Moción Relativa á Transición Cara Un Modelo de Urbanismo Participativo

download Moción Relativa á Transición Cara Un Modelo de Urbanismo Participativo

of 2

Transcript of Moción Relativa á Transición Cara Un Modelo de Urbanismo Participativo

  • 8/16/2019 Moción Relativa á Transición Cara Un Modelo de Urbanismo Participativo

    1/2

    Vilalbaberta 

    MOCIÓN RELATIVA Á TRANSICIÓN CARA UN MODELO DE URBANISMO

    PARTICIPATIVO

    Ao Pleno do Concello de Vilalba

    D. Modesto Renda Santiso con DNI 33550924L, en calidade de Portavoz de Vilalba

    Aberta e Coportavoz do Grupo Municipal Mixto no Concello de Vilalba, ao amparo do

    disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das

    Entidades Locais e con domicilio a efectos de notificación en Rúa da Pravia 46 2ºB;

    formula a seguinte MOCIÓN en base á seguinte

    EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

    A realidade á que chegamos logo do fracaso do modelo económico que marcou o

    desenvolvemento urbano de Vilalba durante os anos da “burbulla”, obriga a esta

    administración, aos técnicos, así coma ao conxunto da veciñanza a reconsiderar o noso

    futuro coma Concello. As políticas urbanísticas levadas a cabo durante as últimas

    décadas puxeron o noso territorio e nosos núcleos urbanos ao servizo dunha

    maquinaria que necesitaba dunha frenética actividade a fin da xeración de dividendos.

    O estalido desta dinámica, fai pois, imposible a continuidade destas políticas,

    evidenciándose no noso Concello a necesidade de artellar novas políticas urbanas máis

    sustentables baseadas na resolución das necesidades concretas dos veciños/as e aconsecuente e desexable mellora das súas condicións de vida.

    Nuns momentos de crise, nos que con máis frecuencia se reproducen conflitos entre

    administracións que en gran parte manteñen as lóxicas do período anterior, e os

    intereses dos veciños, “supostos” beneficiarios dos proxectos; cómpre asumir a tarefa

    de promover na política urbanística o entendemento entre gobernantes e gobernados,

    mediante canles efectivas de participación similares ás que xa se están a aplicar

    noutras cidades e vilas do País e do conxunto do Estado

  • 8/16/2019 Moción Relativa á Transición Cara Un Modelo de Urbanismo Participativo

    2/2

    Neste sentido, a determinación das necesidades e obxectivos das novas políticas

    urbanísticas non deben quedar exclusivamente en mans da administración e dos

    equipos técnicos, senón que se debe dar voz e poder de decisión sobre a súa contorna

    a quen mellor coñecen os seus problemas: isto é: o conxunto dos veciños e as veciñas.

    Os retos a enfrontar polo urbanismo durante os próximos anos son complexos: a

    sustentabilidade ambiental, o consumo enerxético, os espazos de traballo ou

    comercio, o uso das vivendas, solares ou locais baleiros, a revitalización dos espazos

    público... En definitiva, unha serie de situacións concatenadas cuxa solución require

    dun esforzo político ambicioso de detección de necesidades, obxectivos, solucións e

    ideas.

    Algo que tan só será posible mediante a participación efectiva dos cidadáns neste

    proceso, co devandito fin de por en marcha iniciativas que supoñan unha solución aos

    problemas existentes en toda a súa complexidade.

    Por isto, e por todo o anteriormente exposto; Vilalba Aberta, a través da súa

    coportavocía no Grupo Municipal Mixto PROPÓN AO PLENO DO CONCELLO DE

    VILALBA A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS: 

    1º A implantación por parte do Concello de sistemas de participación cidadá efectiva,

    tanto presencial como telemática, co fin de coñecer as necesidades dos distintos

    barrios e parroquias e cuxas conclusións constitúan os obxectivos a resolver

    mediante obras, actuacións ou plans urbanísticos que se realicen.

    2º O sometemento a información pública de toda obra cun orzamento superior aos

    100.000 euros, dando publicidade na páxina web municipal e informando de forma

    directa das súas características, orzamento e empresas concursantes aos veciños

    directamente afectados. En caso de existir unha oposición significativa, someterase a

    proposta a consulta vinculante, dando publicidade tamén á posición dos grupos da

    oposición na páxina web municipal.

    3º A creación dun Consello Local do Urbanismo para formular e expor criterios e

    alternativas de ordenación a curto, medio e longo prazo, principalmente en relacióná elaboración e seguimento de plans xerais, parciais e especiais.

    En Vilalba, a 26 de Maio de 2016

    Fdo.: Modesto Renda Santiso

    Concelleiro / Coportavoz do Grupo Municipal Mixto