MU Manual de usuario Plug-in Word - Inicio - Xunta de...

18
Manual de usuario Plug-in Word Versión en galego Equipo de desenvolvemento MU

Transcript of MU Manual de usuario Plug-in Word - Inicio - Xunta de...

Page 1: MU Manual de usuario Plug-in Word - Inicio - Xunta de Galiciaficheiros-web.xunta.gal/gaio/documentos/GAIO_Manual... ·  · 2013-05-30DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 4

Manual de usuario Plug-in Word

Versión en galego Equipo de desenvolvemento

MU

Page 2: MU Manual de usuario Plug-in Word - Inicio - Xunta de Galiciaficheiros-web.xunta.gal/gaio/documentos/GAIO_Manual... ·  · 2013-05-30DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 4

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

NOME DO DOCUMENTO: Manual plug-in MS Word VERSIÓN: 1.0

COD. DO DOCUMENTO:

ELABORADO POR: Equipo de desenvolvemento DATA: 16/05/2013

VALIDADO POR: Amtega DATA:

APROBADO POR: Amtega DATA:

REXISTRO DE CAMBIOS

Versión Causa da nova versión Data de

aprobación

1.0 Versión inicial 16/05/2013

Datos básicos do proxecto

Nome do proxecto

Tradutor Gaio

Código do proxecto

TGaio

CLÁUSULA DE CONFIDENCIALIDADE Este documento é propiedade da AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia). Deberá empregar este material exclusivamente para os servizos que foron acordados coa AMTEGA e que requiren necesariamente da súa utilización. Está prohibida a reprodución parcial ou total, por calquera medio ou método, dos contidos deste documento para calquera outro uso non acordado coa AMTEGA .

Page 3: MU Manual de usuario Plug-in Word - Inicio - Xunta de Galiciaficheiros-web.xunta.gal/gaio/documentos/GAIO_Manual... ·  · 2013-05-30DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 4

DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 3 de 18

PT_v.03.00

Índice

1. INTRODUCIÓN ........................................................................................................................................ 4

2. PRESENTACIÓN DO SISTEMA.............................................................................................................. 5

2.1. Requisitos de hardware e software ............................................................................................ 5 2.2. Perfís de usuario ......................................................................................................................... 5

3. FUNCIONALIDADES DO SISTEMA ........................................................................................................ 6

3.1.1. Instalación do Gaio WordToolBar ............................................................................. 6 3.1.2. Traducir utilizando o plug-in de Gaio WordToolBar .................................................. 8 3.1.3. Axuda do plug-in...................................................................................................... 13 3.1.4. Desinstalar o plug-in ................................................................................................ 14

4. PREGUNTAS FRECUENTES DO SISTEMA ........................................................................................ 16

5. LISTA DE MENSAXES DE ERRO ......................................................................................................... 17

6. ANEXO I: GLOSARIO DE TERMOS ..................................................................................................... 18

Page 4: MU Manual de usuario Plug-in Word - Inicio - Xunta de Galiciaficheiros-web.xunta.gal/gaio/documentos/GAIO_Manual... ·  · 2013-05-30DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 4

DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 4 de 18

PT_v.03.00

1. INTRODUCIÓN

O obxectivo deste documento é explicar o proceso de instalación e utilización do plug-in para Microsoft

Word do tradutor Gaio.

Este plug-in pode ser obtido desde o apartado de descargas do frontal de tradución de Gaio

(http://gaio.xunta.es).

O plug-in estará dispoñible para os usuarios que fagan uso do sistema de tradución automática.

Para levar a cabo a tradución, o plug-in conéctase cos servizos web de tradución, polo que é moi

importante que o uso deste se realice desde un equipo conectado á rede da Xunta de Galicia.

Page 5: MU Manual de usuario Plug-in Word - Inicio - Xunta de Galiciaficheiros-web.xunta.gal/gaio/documentos/GAIO_Manual... ·  · 2013-05-30DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 4

DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 5 de 18

PT_v.03.00

2. PRESENTACIÓN DO SISTEMA

Gaio WordToolBar utilízase para realizar traducións automáticas de textos desde o editor do Microsoft Word. É unha ferramenta que supón unha diminución considerable do tempo de realización de traducións de texto, xa que non é necesario realizalas desde internet. Esta nova ferramenta é de axuda para todos aqueles usuarios que utilicen de maneira frecuente o editor de textos do Microsoft Word no seu traballo diario ou mesmo para aquelas persoas que estean interesadas na tradución automática de textos.

2.1. Requisitos de hardware e software

Gaio WordToolBar ten os seguintes requisitos:

Librería SOAP Toolkit 3.0: no caso de non tela instalada poderá atopar unha copia no cartafol de

instalación baixo o nome soapsdk.exe.

Conexión á rede da Xunta de Galicia: permisos para acceder aos servizos web de tradución

automática.

Unha versión compatible de Microsoft Office instalada (2007 ou 2010).

Habilitar execución de macros no Word Office 2007, 2010.

Instalar o Acrobat Reader para poder visualizar a axuda en PDF.

2.2. Perfís de usuario

Usuario con acceso á rede da Xunta de Galicia.

Page 6: MU Manual de usuario Plug-in Word - Inicio - Xunta de Galiciaficheiros-web.xunta.gal/gaio/documentos/GAIO_Manual... ·  · 2013-05-30DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 4

DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 6 de 18

PT_v.03.00

3. FUNCIONALIDADES DO SISTEMA

3.1.1. Instalación do Gaio WordToolBar

O plug-in para realizar a tradución automática desde o Microsoft Word está dispoñible no apartado de descargas do frontal de tradución (http://gaio.xunta.es). En primeiro lugar, cómpre descargar o ficheiro GaioWordToolBar.zip. Unha vez finalizada a descarga, debemos proceder a descomprimir o ficheiro nun cartafol do noso equipo. Debemos comprobar que dispomos no noso equipo dos elementos de software indicados no apartado 2.1. Posteriormente, débese lanzar o programa soapsdk.exe que nos permitirá facer a conexión do plug-in cos servizos web de tradución. Unha vez descomprimido o ficheiro, deberemos lanzar o programa de instalación, denominado InstaladorGaioWord.exe.

O proceso de instalación é sinxelo e guiará o usuario durante todo o proceso de instalación do plug-in do Word no seu equipo.

Page 7: MU Manual de usuario Plug-in Word - Inicio - Xunta de Galiciaficheiros-web.xunta.gal/gaio/documentos/GAIO_Manual... ·  · 2013-05-30DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 4

DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 7 de 18

PT_v.03.00

A seguinte pantalla indícanos que o proceso de instalación se completou de forma correcta.

Page 8: MU Manual de usuario Plug-in Word - Inicio - Xunta de Galiciaficheiros-web.xunta.gal/gaio/documentos/GAIO_Manual... ·  · 2013-05-30DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 4

DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 8 de 18

PT_v.03.00

Gaio WordToolBar é un plug-in que permite traducir textos nun ou varios idiomas desde o Microsoft Word.

As súas características principais son:

Permite seleccionar entre todos os pares de idiomas que o cliente ten instalados no seu sistema de

tradución automática.

Ofrece varias opcións de tradución tales como:

traducir o texto seleccionado e substituílo;

traducir o texto seleccionado e incorporalo debaixo;

traducir o texto seleccionado e colocalo no portapapeis.

Acceso ao manual de axuda.

O funcionamento do plug-in é moi sinxelo: o usuario é o encargado de seleccionar os idiomas orixe e

destino da tradución, así como a forma na que o texto vai ser traducido. A continuación, mediante unha

chamada ao servizo de tradución, o texto será traducido, reenviado ao editor de texto do usuario e

incorporado ao mesmo.

3.1.2. Traducir utilizando o plug-in de Gaio WordToolBar

A continuación mostraremos as diferentes posibilidades de tradución do plug-in de Gaio WordToolBar. Esta ferramenta ofrece varias posibilidades de tradución de textos:

tradución do texto seleccionado e substitución do mesmo;

tradución do texto seleccionado e incorporación debaixo do texto seleccionado;

tradución do texto seleccionado e envío do texto traducido ao portapapeis do editor.

Page 9: MU Manual de usuario Plug-in Word - Inicio - Xunta de Galiciaficheiros-web.xunta.gal/gaio/documentos/GAIO_Manual... ·  · 2013-05-30DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 4

DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 9 de 18

PT_v.03.00

Cando lanzamos o Word por primeira vez, despois de facer a instalación do plug-in, aparecerá unha mensaxe como a que podemos ver na pantalla seguinte:

O Word mostra unha advertencia de seguridade para indicarnos que se deshabilitou a execución de macros. Para que funcione o plug-in debemos premer o botón Habilitar contenido. Para realizar calquera tradución de texto hai uns pasos xerais que o usuario ten que seguir, tales como a selección do idioma orixe do texto de tradución e o idioma destino ao que vai ser traducido.

Ilustración 1: selección do idioma orixe da tradución.

Page 10: MU Manual de usuario Plug-in Word - Inicio - Xunta de Galiciaficheiros-web.xunta.gal/gaio/documentos/GAIO_Manual... ·  · 2013-05-30DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 4

DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 10 de 18

PT_v.03.00

Ilustración 2: seleccionando o idioma destino da tradución.

3.1.2.1. Traducir e substituír

A continuación atopámonos coa opción de traducir e substituír o texto. Para realizar correctamente a tradución, o usuario ten que realizar os seguintes pasos:

seleccionar os idiomas orixe e destino de tradución,

seleccionar o texto do documento que se debe traducir,

premer a opción de traducir e substituír.

Tras realizar estes pasos, o propio plug-in realizará a lectura, o envío dos textos e a recepción dos textos traducidos de maneira totalmente automática.

Ilustración 3: tradución con reemprazo do texto.

Na seguinte imaxe podemos observar o resultado do proceso de tradución.

Page 11: MU Manual de usuario Plug-in Word - Inicio - Xunta de Galiciaficheiros-web.xunta.gal/gaio/documentos/GAIO_Manual... ·  · 2013-05-30DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 4

DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 11 de 18

PT_v.03.00

Ilustración 4: resultado da tradución con reemprazo.

3.1.2.2. Traducir e colocar debaixo

A opción de traducir e colocar debaixo é a segunda que aparece no menú de tradución do plug-in. Para realizar correctamente a tradución, o usuario ten que realizar os seguintes pasos:

seleccionar os idiomas orixe e destino de tradución;

seleccionar o texto do documento que se debe traducir;

premer a opción de traducir e colocar debaixo.

Tras realizar estes pasos, o propio plug-in realizará a lectura, o envío dos textos e a recepción dos textos traducidos de maneira totalmente automática.

Ilustración 5: opción de traducir e colocar debaixo.

Page 12: MU Manual de usuario Plug-in Word - Inicio - Xunta de Galiciaficheiros-web.xunta.gal/gaio/documentos/GAIO_Manual... ·  · 2013-05-30DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 4

DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 12 de 18

PT_v.03.00

Como mostra a imaxe superior, o texto orixe non só foi traducido senón que ademais se colocou debaixo.

3.1.2.3. Traducir e colocar no portapapeis

En último lugar, temos a opción de traducir e substituír o texto. Para realizar correctamente a tradución, o usuario ten que realizar os seguintes pasos:

seleccionar os idiomas orixe e destino de tradución;

seleccionar o texto do documento que se debe traducir;

premer a opción de traducir e colocar no portapapeis.

Page 13: MU Manual de usuario Plug-in Word - Inicio - Xunta de Galiciaficheiros-web.xunta.gal/gaio/documentos/GAIO_Manual... ·  · 2013-05-30DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 4

DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 13 de 18

PT_v.03.00

Ilustración 6: copia do resultado no portapapeis.

Tras realizar estes pasos, o propio plug-in realizará a lectura, o envío dos textos e a recepción dos textos traducidos de maneira totalmente automática. O plug-in colocará o texto traducido no portapapeis do editor de texto e o usuario será o encargado de situalo no documento.

Ilustración 7: a tradución pégase no Wordpad.

3.1.3. Axuda do plug-in

O segundo dos menús do plug-in é o relacionado coa axuda da aplicación. Esta axuda está formada polos seguintes apartados:

axuda de Gaio WordToolbar (o presente documento PDF);

acerca de Gaio WordToolbar.

Page 14: MU Manual de usuario Plug-in Word - Inicio - Xunta de Galiciaficheiros-web.xunta.gal/gaio/documentos/GAIO_Manual... ·  · 2013-05-30DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 4

DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 14 de 18

PT_v.03.00

3.1.4. Desinstalar o plug-in

Para levar a cabo a desinstalación do plug-in, abonda con acceder ao menú de inicio do sistema operativo Windows. Aí poderemos ver o grupo de programas de GaioWordToolBar. Como podemos ver na imaxe seguinte, abonda con premer a opción Desinstalar. Isto lanzará o proceso de desinstalación do software do noso equipo. É importante ter os programas Microsoft Office (Word, Excel, etc.) pechados antes de levar a cabo a desinstalación.

Ilustración 8: grupo de programas do plug-in de Gaio para Word.

Unha vez lanzado o proceso de desinstalación, aparecerá unha pantalla como a que podemos ver a continuación.

Page 15: MU Manual de usuario Plug-in Word - Inicio - Xunta de Galiciaficheiros-web.xunta.gal/gaio/documentos/GAIO_Manual... ·  · 2013-05-30DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 4

DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 15 de 18

PT_v.03.00

Ao premer o botón Desinstalar, confirmamos que queremos levar a cabo o proceso.

Ilustración 9: pantalla que indica que o proceso de desinstalación se completou correctamente.

A pantalla anterior indica que o proceso se completou de forma correcta e polo tanto abonda con premer o

botón Pechar para finalizar.

Page 16: MU Manual de usuario Plug-in Word - Inicio - Xunta de Galiciaficheiros-web.xunta.gal/gaio/documentos/GAIO_Manual... ·  · 2013-05-30DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 4

DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 16 de 18

PT_v.03.00

4. PREGUNTAS FRECUENTES DO SISTEMA

Porque non funciona a tradución por medio do plug-in?

O plug-in chama os servizos web de tradución, polo tanto deberemos asegurarnos de facer uso do mesmo

cando esteamos conectados á rede da Xunta de Galicia.

Con que versións de Microsoft Office funciona o plug-in?

O plug-in está preparado para funcionar coas versións 2007 e 2010 de Microsoft Office. En versións

posteriores non está probado.

Page 17: MU Manual de usuario Plug-in Word - Inicio - Xunta de Galiciaficheiros-web.xunta.gal/gaio/documentos/GAIO_Manual... ·  · 2013-05-30DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 4

DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 17 de 18

PT_v.03.00

5. LISTA DE MENSAXES DE ERRO

Código Descrición Gravidade Solución

101 Dirección de idioma non soportada Media Comprobar que o sentido de

tradución que está solicitando

o usuario está soportado polo

sistema de tradución.

105 Fallo durante o proceso de validación Media Verificar o nome de usuario e

contrasinal que emprega o

usuario para chamar o

servizo web de tradución.

Comprobar que o usuario

está habilitado no frontal de

Administración.

E_WSDL Non é posible realizar a conexión co servizo web de

tradución

Media Comprobar que os servizos

web están operativos.

Comprobar que o usuario

está na rede da Xunta e ten

acceso aos WSDL

A librería MSSOPAP30.DLL non está instalada.

Proceso de instalación cancelado.

Media O plug-in necesita a librería

indicada para poder

establecer a comunicación

cos servizos web de

tradución. O usuario debe

primeiro instalar a librería e

despois volver a lanzar o

proceso de instalación.

O Word estase a executar, pécheo antes de continuar

co proceso de instalación

Baixa O usuario debe ter o Word

pechado para poder instalar o

plug-in. Deberá pechar o

Word e lanzar de novo o

proceso de instalación.

O Word estase a executar, pécheo antes de continuar

co proceso de desinstalación

Baixa O usuario debe ter o Word

pechado para poder

desinstalar o plug-in. Deberá

pechar o Word e lanzar de

novo o proceso de

desinstalación.

Page 18: MU Manual de usuario Plug-in Word - Inicio - Xunta de Galiciaficheiros-web.xunta.gal/gaio/documentos/GAIO_Manual... ·  · 2013-05-30DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 4

DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 18 de 18

PT_v.03.00

6. ANEXO I: GLOSARIO DE TERMOS

(Conceptos e termos que se empregan no documento e que son importantes para comprender a

funcionalidade do mesmo)