Mulleres con mérito e sen fama

54
MULLERES CON MÉRITO E SEN FAMA Bibliochivite (8 Marzo 2012)

description

Actividade para conmemorar o día Internacional da muller

Transcript of Mulleres con mérito e sen fama

Page 1: Mulleres con mérito e sen fama

MULLERES CON MÉRITO E SEN FAMA

Bibliochivite (8 Marzo 2012)

Page 2: Mulleres con mérito e sen fama

A historia está chea de mulleres famosas e con mérito e eu vou falar dunha delas que aínda que non ten fama, para min ten moito mérito.

Rosa Martina Villanueva Losada naceu o 13 de maio de 1939 en Albarellos de Monterrei. Agora ten case 73 anos. É a maior de tres irmás: Rosa Martina, Puri e Camila. Os seus pais Amador Villanueva e Camila Losada eran agricultores; tiñan moitas leiras e algunha horta que herdou miña avoa. A súa infancia foi coma a de calquera nena de aldea. Estudou no centro escolar da localidade e despois no colexio María Inmaculada. Pero na súa infancia ocorreu unha desgraza xa que o seu irmán maior, ó meterse na cociña caeulle unha pota de auga fervendo e desafortunadamente morreu. Na súa mocidade, ela e máis as súas irmás adicáronse a axudar ós seus pais no campo e mais na casa. Anos máis tarde coñeceu un mozo chamado Emiliano López Rodríguez e pouco despois casaron o 22 de febreiro de 1962, fai pouco que celebraron as súas Vodas de Ouro. En setembro de 1963 nace a miña nai, e ó pouco tempo marchan a Alemaña, pero dous anos máis tarde volven a España, porque botan de menos a súa familia. En marzo de 1970 nace a sús segunda filla, Eva, que é profesora de galego. Aínda que non é moi maior, a miña avoa ten moi mala saúde. Dende hai uns anos padece da espalda e camiña moi encorvada. Atópase así porque durante 50 anos ou máis traballou moi duramente no campo. Tantos anos cargando pesos, coidando dos seus vellos pais, criando as súas dúas fillas e gobernando a casa, deterioraron a súa saúde.

A miña avoa Rosa Martina é para min unha muller de moito mérito por todo o que ten traballado e como nos ten coidado e atendido a todos. Por iso, aínda que non ten fama eu penso que debería ter un pequeno anaco da galería da fama mundial.

Alejandro de Lorenzo López (1ºESO A)

ROSA MARTINA VILLANUEVA LOSADA

Page 3: Mulleres con mérito e sen fama
Page 4: Mulleres con mérito e sen fama

A miña bisavoa, que naceu no 1923, chamábase Ángela Rodríguez Villarino, e vivia nunha aldea chamada Escornabois co seu marido Manuel Pousa Pousa.Tivo dous fillos que son Bernardino Pousa Rodríguez e Germán Pousa Rodríguez, Bernardino era o meu avó e tivo unha muller.

A miña bisavoa traballaba moito e tiña animais, vacas, coellos, un burro...Ela sempre estaba traballando nun bar que tiñan e alí vivían os meus avós. A miña bisavoa e o meu bisavó vivían no alto do pobo e os meus avós vivían na casa de abaixo. Ela tiña moitas amigas e sempre falaba con elas, e co seu marido que a axudaba moito e estaban sempre xuntos.

Ela cando se puña mala non nos dicía nada pero nós dabámonos conta de que estaba mala, e nós sempre a estabamos convencendo para que fora ó médico. Ela e o seu marido tiñan tres netos e dous bisnetos que se chaman Susana, Ángeles e Javier. A

Javier Domínguez Pousa (1ºESO A)

Javier e Michel, que somos os fillos da Angeles, que é a miña nai, a súa avoa e o seu avó coidáronnos moi ben. Ela morreu no ano 2007.

ÁNGELA RODRÍGUEZ VILLARINO

Page 5: Mulleres con mérito e sen fama
Page 6: Mulleres con mérito e sen fama

Doña Juliana Fernández Alonso (coñecida como Julia) nace o 20 de outubro de 1936 en Vilar (Ourense).

A VIDA DA MIÑA AVOA

Cando naceu caeu á corte. Criouse cunha tía, que a mandou os seis anos a traballar de criada nunha casa de pobo, ía cos animais o monte e facía os traballos do fogar.Tivo esta vida ata que casou ós 20. Despois tivo que emigrar

con catro fillos, durante oito meses, e o ano seguinte, en 1965, tamén tivo que marchar a Alemaña durante un ano deixando os fillos co meu avó. Volveu a España porque botaba de menos os fillos. Traballou facendo limpezas nas casas dos ricos de Verín e levando a súa casa con oito fillos. Criou os seus fillos e tamén a seis netos; o último cando tiña 65 anos. A miña avoa non sabía ler nin escribir porque non foi á escola. Con 40 anos foi aprender a ler e a escribir co meu avó e despois con 45 anos intentou sacar o carnet de conducir, despois de tres anos consecutivos, con 48 anos conseguiuno. O meu avó non conducía e era miña avoa quen o facía. Meu avó morreu en 1994 porque tiña cancro de colon, un mes antes de xubilarse os 65 anos; a miña avoa nunca puido gozar da xubilación do meu avó, despois de toda unha vida de traballo, do meu avó e máis ela.A miña avoa máis que unha mai coraxe foi unha avoa coraxe. ela sempre ten a súa casa aberta para os seus fillos, netos e agregados da familia. Nós querémola moito, gaña moi pouquiño de pensión de viuvidade pero sempre nos regala 20 euros en Reis.

Miguel Alves Blanch (1ºESO A)

por causas económicas a Suíza en 1964

JULIANA FERNÁNDEZ ALONSO

Page 7: Mulleres con mérito e sen fama
Page 8: Mulleres con mérito e sen fama

Miña bisavoa paterna, chamábase Carmen Souto quintairos, naceu no ano 1910 e viviu en Vences no concello de Monterrei. Casou con Modesto Rodríguez Souto e tiveron unaha filla que é a miña avoa, chamada Josefa.

Era unha xente que vivía no rural e subsistían co que producían e o seu marido era carpinterio, gañaba pouco diñeiro, polo que facían un troco, é dicir, cambiar unhas cousas por outras. Ademáis facían o seu propio pan, tecían a la coa que facían xerseis, camisas, gorros... pero outra roupa tíñana que comprar. Sementaban liño e plantas de tabaco para despois veder as follas.

Ela coidaba as nenas, coidaba tamén do gando e facía as cousas da casa. Isto todo facíao ela soa porque daquela había moito machismo.

Na época de coller froitos colllían uvas, mazás, cereixas, figos, peras...Destes froitos os que non comían íanos vender a Xinzo, unha localidade a 30 km. Como apenas había transporte ían polo monte cun burro cargado cos froitos. Acostumaban saír pola noitiña e camiñaban toda a noite para estar á mañá en Xinzo. Tamén adoitaban traer semente de pataca. Co pouco que tiñan e con moito traballo e imaxinación puideron saír adiante.

Avelino Carnero Pérez

CARMEN SOUTO QUINTAIROS

Page 9: Mulleres con mérito e sen fama
Page 10: Mulleres con mérito e sen fama

Josefa García Martínez naceu o 24 de setembro de 1950. Aos 21 anos emigrou o día 6 de outubro de 1971, costoulle moito emigrar porque deixou ao se fillo de seis meses cos pais dela para que ela poidese conseguir un futuro mellor para o seu fillo e para a súa familia.

Emigrou a Colonia (Alemaña) e cando ela e máis o seu marido chegaron alí non sabían nada de alemán, pero un home que falaba español estábaos esperando para levalos ao hotel onde se ían instalar e tamén traballar alí.

O marido de Josefa tivo que ir ao colexio para poder defenderse falando alemán.

Estiveron alí 11 anos, despois volveron a España e co diñeiro que gañaron alí en Colonia, fixeron unha casa en Estevesiños e poideron sacar cara adiante ao seu filo e máis a súa familia.

Belén André Borrajo (1ºESO A)

JOSEFA GARCÍA MARTÍNEZ

Page 11: Mulleres con mérito e sen fama
Page 12: Mulleres con mérito e sen fama

Ángela Gallego Salgado naceu en 1918 en Osoño. Cando tiña dous meses morreu a súa nai e criárona as súas irmáns.

Con quince anos marchou para Madrid.Traballou de criada na rúa Arenal. Estando alí estalou a guerra Civil e no portal do edificio estoupou unha bomba e foi alcanzada pola metralla. Levárona para o hospital e estivo alí varios días, por sorte non tivo ningunha lesión grave.

Os homes tiveron que ir ao frente e os tranvías quedaron sen cobradores, entón ela empezou a traballar alí. Cando rematou a guerra, con vinte anos volveu para Osoño. A súa andaina madrileña rematou para sempre, aínda que eses non eran os seus plans.

En Osoño casou e tivo catro fillos (tres homes e unha muller). Con trinta anos quedou viúva, e con moita pena e sacrificio sacou os seus fillos adiante. O segundo dos seus fillos era moi intelixente e estudou para sacerdote pero antes de rematar abandonou e marchou para Madrid a estudar e traballar coma avogado. Un tráxico accidente no Paseo do Prado acabou coa súa vida con vinte e sete anos. Este duro golpe marcou a súa vida.

Anos máis tarde, cando xa era avoa, o seu fillo maior perdeu a vida nun accidente laboral con corenta e nove anos. Pero se todo isto era pouco, no ano 2003 o seu fillo máis novo morreu na República Dominicana á idade de cincuenta e catro anos, os seus restos mortais ficaron alá e ela non lle pudido dar o su último adeus.

O resto dos seus días pasounos lembrando eses tres fillos e ese marido o que nunca deixou de querer.Rodeada do cariño da xente que a quería morreu en maio de 2007 despois de que no derradeiro mes e medio da súa vida sufríu unha trombosis.

Ánxela Blanco (1ºESO A)

ÁNGELA GALLEGO SALGADO

Page 13: Mulleres con mérito e sen fama
Page 14: Mulleres con mérito e sen fama

Ós oito anos a miña avoa empeza a escola e vai catro anos. Aprende a restar, sumar a multiplicar e algo de dividir. A súa irmá con 11 anos amarcha para Barcelona a traballar de criada.

Os seus pais tiñan unha cantina e ían polas festas e tamén traballaban no campo. Ela dende pequeniña ía coas vacas, e traballaba no campo cos seus pais, apenas tiña roupa e moitas veces os calcetíns eran feitos de mantas vellas. As plantillas eran de cartón e só tiña dous traxes, un era para os domingos e outro era para diario, tamén tiña algunha que outra roupa, pero vella.

Comían o que había: ovos, caldo, polo, coello...pero nunca sobraba nada, poucas veces plátanos e os iogures nin sequera existían, fame, fame non pasaban, pero moita cousa non había.

Cando era algo máis grande empezou a bordar e ten un montón de sábanas preciosas.

Máis tarde coñeceu a amado, o seu futuro marido, casou con 18 anos e os 20 ten a súa primeria filla, Rosa.A vida non era fácil e non se ganaba un duro, aínda que o meu avó traballaba de ferreiro e ela ía ao pobo os días de feira, os cuartos non lles chegaban.

Entón decidiron emigrar, e así foi, marcharon a Lipestad (Alemaña), pero á miña avoa non a deixaron pasar porque tiña anemia. Marchou o meu avó e ao cabo de 6 meses marchou a miña avoa deixando á súa filla pequena coa súa avóa.Traballaron durante 4 anos nunha fábrica de coches facendo faros, e despois de 10 horas traballando, miña avoa ía traballar nun hotel facendo a limpeza.Di que foron os mellores anos da súa vida porque traballaba, tiña marido e cobraba, aínda que tivera a sús filla en España.Despois deses anos, o seu marido quedou alí mentres que miña avoa volveu a España porque a súa nai non se atopaba ben. Non volveu a Alemaña,pero seguiu trraballando no campo ata hoxe.

Con 62 anos, un fillo máis e tres netos que lle alegran moito a vida, segue tendo ovellas, un cabalo, galiñas...Todo o que pasou foi difícil aínda que hoxe está recompensado.

María Pérez Fernández (1º ESOC)

Naceu en Tintores o 29 de Novembro de 1949. Os seus pais son Mamerto Castro e Dorinda Fernández.

Ten un irmán chamado Manuel e unha irmá chamada Olimpia, que é a súa melliza.

ROSA CASTRO FERNÁNDEZ

Page 15: Mulleres con mérito e sen fama
Page 16: Mulleres con mérito e sen fama

Naceu o 10 de Marzo de 1934 e tiña catro irmáns. Ela era a máis nova. todos eles tiveron a sorte de ir á escola porque había mestre no pobo. A

Ao volver da escola axudaba ós pais levando a pastar ás vacas e facendo as cousas da casa.

Cando era moza foi a Bilbao onde estaba o irmán maior para traballar nunha casa onde coñeceu ao seu home Manuel Fernández Rodicio. Alí casaron e tiveron tres fillos: Asunción, José e Manuel.

O seu home emigrou para traballar, máis tarde ela tamén emigrou para traballar nunha fábrica de Opel, póndolle as gomas ás portas dos coches pero os seus filllos quedaron en Ourense con familiares. Cando xa pasaran tres meses dende que emigrara María recibirá unha mala noticia que era que o seu fillo Manuel morrera por unha enfermidade. María e Manuel volven para Galicia e despois do ocorrido volveron emigrar para Alemaña. Os seus filos prepararon os estudos na capital (Berlín).

Aínda que o aleman é moi idifícil porque escríbese dunha maneira e lese doutra, María tivo forza de vontade para aprendelo, escribilo e comunicarse con él.

María e a súa familia volveron para Ourense e montaron un negocio dun bar que a María costoulle traballo facelo progresar.

Cando se xubilou María volveu para a súa aldea A Pedrosa. María, ademáis de facer todo o que se propuxo, fixo case todo pola súa familia.

Adrián Lorenzo Fernández (1º ESO C)

lí aprenderon a ler e a escribir.

Morreu o 10 de Outubro de 2002.

MARIA PALOMANES RODRÍGUEZ

Page 17: Mulleres con mérito e sen fama
Page 18: Mulleres con mérito e sen fama

No mundo hai moitas mulleres con mérito e sen fama como a miña tía:

A miña tía era unha muller que fixo algo moi bo polos seus fillos.

Cando os meus curmáns tiñan cerca de doce meses morreu o meu tío, e a miña tía quedou soa. Vivía nun pobo e na súa casa so estaban ela, o meu tío e os nenos.A miña tía chamou a ambulancia pero xa era demasiado tarde.

Ás veces pensaba por qué lle pasou isto xusto cando naceran os nenos, choraba, pero sen abandoar criou aos meus curmáns sen axuda de ninguén, fixo todo o que pudo, sempre sen mirar atrás.

Ás veces non tiña leite, roupa, calzado para os nenos porque só traballaba o meu tío e sen él estaba moi soa pero traballou gañando diñeiro e criando os seus fillos.

Morreu cando os fillos xa tiñan uns doce anos. Ata agora toda a familia estivo orgullosa dela e coidaron aos seus filllos.

Zinat Batool (1ºESO)

Page 19: Mulleres con mérito e sen fama
Page 20: Mulleres con mérito e sen fama

A miña bisavoa era moi traballadora, ela naceu en Portugal e alí permaneceu toda a vida.

Tivo oito fillos dos cales dous morreron estando ela en vida.

Daquela non había electrodomésticos e tiña que ir lavala roupa a un estanque que había na aldea, daba igual que fixera frío ou calor, fixera sol ou chovera, sempre había que ir cando tocaba. Cando ela estaba ocupada coas tarefas os irmáns máis grandes tamén coidaban aos máis pequenos.

Meu bisavó traballaba fóra da casa por iso miña bisavoa tiña que facelas tarefas da casa.

Ela quedou viúva moi pronto, así que tivo que esforzarse másis nos coidados da casa e dos seus fillos.

Roberto Alexander Campos Vieira (1ºESO A)

Page 21: Mulleres con mérito e sen fama
Page 22: Mulleres con mérito e sen fama

Miña avoa Carmen estivo traballando en Hannover (Alemaña) nunha fábrica de conxelados moi coñecida “Iglo”. Estivo dous anos e volveu porque tiña dous fillos, ela volveu para estar cos seus fillos que agora son a miña nai e o meu tío; tamén volveu o meu avó que se chamaba Amaro, e que traballaba nunha empresa automobilística.

A miña avoa cobraba moi pouco na fábrica aínda que o meu avó cobraba bastante máis. Cos ingresos compraron un coche propio deses anos, un Renault 4L que non podía superar os oitenta quilómetros por hora.

O meu avó tivo un problema nas costas e non podía andar moi ben, o meu avó non podía facer moitas cousas e non puido volver a Alemaña. Debido a escaseza de cartos , a miña avoa tivo que ir a traballar aos dous sitios e os da fábrica de coches dixeron que non

Cando volveu as ganancias foran escasas e tívolle que axudar a súa irmá a sair adiante con dous fillos e cun honme inválido.

Pablo Alberdi Vilela

cobraría tanto coma o se u home, aínda así ela foi dous anos máis que estivo soa.

MIÑA AVOA CARMEN

Page 23: Mulleres con mérito e sen fama
Page 24: Mulleres con mérito e sen fama

A miña bisavoa chamábase Rosa González Penelas.

Naceu en Tintores e aos catro anos quedou sen nai. O seu pai marchou a Brasil e ela quedou coa súa avoa.

Logo o seu pai, regresou, coñeceu unha muller e casou con ela. Tiveron dous fillos, con tan mala sorte que a muller do seu pai convenceuno para que non lle deixara a herdanza.

Cando ela se fixo moza, nammorouse dun home pobre, pero o pai non llo quixo e buscoulle un home rico. Cando estaba todo preparado para casar a miña bisavoa decidiu casar co home pobre, e o pai botouna da casa. Dese matrimonio naceron sete fillos. Para crialos pasaron moitas miserias, pois o meu bisavó marchou traballar fóra, quedando todos con ela. Sempre tivo tan mala sorte, que ata a pouca facenda que tiña morría.

Cando o meu bisavó regresou, ós dous anos colleu cancro ao estómago e morreu. Logo tamén lle morreu un fillo con 21 anos.

Cando os fillos lle eran mociños, marcharon traballar, cinco deles a Barcelona, e pasado un tempo levárona a ela tamén.

A pesar de toda a tristeza na súa vida, sempre fou unha muller de carácter alegre, que se facía querer e nunca agochou a cabeza a todos os problemas que tiña.

Os tres meses do verán viña pasalos coa súa filla (a miña avoa) e durmía coa miña nai. Todas as noites rezaba e dicíalle á miña nai que pedía que Deus non a deixara inútil, con tan mala sorte déronlle dúas embolias e estivo dez anos nunha cadeira de rodas e logo morreu.

Ana Regueiro González (1ºESO C)

ROSA GONZÁLEZ PENELAS

Page 25: Mulleres con mérito e sen fama
Page 26: Mulleres con mérito e sen fama

A miña nai é moi traballadora. Traballa fóra e dentro da casa. Ela fai as tarefas da casa: fai as camas, pasa a aspiradora, limpa toda a casa, fai a comida para que poidamos comer, lava a roupa, pasa o ferro, vai ó supermercado para comprar e ademáis traballa fóra.

Érguese moi cedo e deitase moi tarde para poder ter a casa en orde e que nós poidamos estar ben.

A miña nai é unha muller traballadora que se dedica ó fogar e máis a traballar fóra. Por eso debiamos unha vez ó ano facerlle unha homenaxe a todas as nais do mundo por coidarnos e traernos diñeiro para casa, para poder comer e vestir.

Denis Alonso

A MIÑA NAI, MARÍA DEL MAR

Page 27: Mulleres con mérito e sen fama
Page 28: Mulleres con mérito e sen fama

A miña bisavoa naceu o ano da guerra, 1936, o trinta de agosto, nunha familia humilde, con dous irmáns máis, e nun país cheo de fame e miseria. Dende moi pequecha traballou nos labores do campo, pois, como ela di, foi á escola para aprende-lo necesario, ler, escribir, sumar e restar. Naquel tempo non había os adiantos de hoxe en día, ían lavar ó río, levaban as vacas ó monte, traballaban as viñas, as leiras... Dí que tiña unha cana feita dun pau calquera coa que pescaba no río mentres as vacas pastaban.

Gustábanlle as festas, pero as que máis, a matanza e a malla, porque se

xuntaba toda a familia e seica era cando había máis para comer!!! Como era a irmá máis pequena, tamén axudou a coida-los sobriños, pois seu irmán emigrou e viñan mellizos.

Cando tiña vinte anos casou co meu bisavó, Ángel, ou como todos o alcuman “Chilo”, mentres non fixeron a casiña, vivían todos “ó xunto”.Coma tódalas mulleres daquel tempo, deu a luz, na casa, na cama, coa axuda dunha parteira veciña do pobo. Conta unha historia moi divertida da primeira noite que foi para a súa casa, que só tiña unhas pardes que apenas sostiñan unhas tellas, e zoaba tanto o vento que parecía que as ía arrincar. Tiñan unha lareira que era onde cociñaba, cunha tixola vella que lle dera súa nai. Aquela noite cando estaba a cea feita, miña bisaboa marchou para a cama chorando porque non había máis para comer. Pero o Chilo, collleu os ovos, limpoulles a cinsa, e comeron os ovos. Conta sempre a mesma historia para qe vexamos que duro e dificil era manter unha casa naqueles tempos onde os traballos eran duros, os medios moi enxebres e a fame moita. Ela di que nunca pasou fame, porque sempre tiveron moito campo que labrar, pero moito esforzo custou levanta-la casa e facer outra meirande aínda que nunca viviron nela, foi consulta do médico, e cando casou a filla foi a súa casa, e agora vivo eu.

Toda a vida traballou no campo, nunca coñeceu outra cousa, vivían de vende-las uvas e o viño, vendía leite, e facía queixo caseiro,. Tivo dous fillos, criou os netos, miña nai, viviu con ela varios anos, e conta que se levantava moi cedo e encendía a cociña económica e púñalle a roupiña nó carón pois non había calefacción e ía moito frío na casa. Cando xa eran dous netos, ía tódalas mañás ben cediño, noite pecha ,ata a casa camiñando para coidalos e logo traíaos con ela a face-las tarefas do campo. coidou tamén de súa nai e súa sogra cando enfermaron, unha de cancro e a outra de Alzheimer.

Miña nai, súa neta, sempre lle lembra:”e logo sempre dicías que nunca ías acordar os bisnetos e xa te dous” cousa da que sempre fechandea coas veciñas!!! “mira xa imos catro xeracións!!!”

Miña bisavoa Feliciana, ten setenta e cinco anos ,e segue facendo as mesmas cousas, érguese a atende-la facenda, traballa na horta, nas leiras, nas viñas, coida de nós de cando en cando. Fachendeamos de bisavoa, porque a pesar dos anos, dos traballos, da fame e das penurias, ela segue a facer o mesmo porque como ela dí:” eu non sei facer outra cousa”

Miña bisaboa Feliciana naceu no ano da guerra, e aínda segue dando guerra!!! Moitas grazas, “avoa dos cocós”.

Javier Méndez Quintos (1ºESO C)

FELICIANA BORJA MARTÍNEZ

Page 29: Mulleres con mérito e sen fama
Page 30: Mulleres con mérito e sen fama

A miña avoa naceu o 29 de xuño de 1935. Era filla de D. Ramón García Danoz e de Socorro Gallego Danoz. Tiña dous irmáns, Estanislao que morreu con 15 anos e Ramón que viviu ata os 61 anos.

A miña avoa ós dez anos quedou orfa de pai e viviu coa súa nai e co seu avó ata os 22 anos cando casou, o 29 de xuño, que era o día do seu cumpreanos, co meu avó Evaristo Priteto Prieto. Xuntos tiveron dez fillos, cinco homes e cinco mulleres, dos cales nove naceron na casa da aldea e o máis cativo naceu no hospital de Ourense.

Era unha muller moi traballadora xa que toda a súa vida traballou no campo, ademáis de atender a casa e criar os seus fillos varios anos ela soa, xa co meu avó tivo que emigrar a Alemaña para que na casa non faltara un cacho de pan.

O día 31 de agosto de 1991, chamouna o Señor para o seu lado, e só sinto non tela coñecido porque era moi boa e moi querida no pobo.

Brais Prieto (1ºESO C)

LUCÍA GARCÍA GALLEGO

Page 31: Mulleres con mérito e sen fama
Page 32: Mulleres con mérito e sen fama

Naceu no ano 1973, pero no DNI ten como se nacera no ano 1976, porque a rexistraron cando tiña tres anos.

Ao nacer, cando só tiña quince días a súa nai morreu de cancro, viviu cos seus avós toda a súa infancia, pero os seus seis irmáns vivían co seu pai,. Pasados uns anos o seu pai tamén morreu por cancro. Cando tiña sete anos, todo o mundo a criticaba por ser moi branca de pel e de pelo, e así fixo unha barreira ao redor dela, ela pegáballe a todos os que se metían con ela e foi así ata os quince anos, pero era moi boa estudante.

Con vinteún anos tivo a miña irmá maior e decidiu chamala Jeniffer. Ao pouco tempo de ter a Jeniffer tivo que deixar a Universidade para traballar e gañar diñerio para substentala e darlle de comer. Cando tiña vintesete anos nacín eu, e dicidiu chamarme Eulalia. Cando eu tiña cinco anos, miña nai veu a España por mor do traballo, pero volveu a Brasil cando eu tiña sete anos, par levarnos á miña irmá e a min a España. Ao pouco tempo de chegar aquí enterouse que estaba embarazada de trillizos pero un morreulle na barriga, cando tivo ós mellizos decidiu chamalos Carlos Eduardo e Pedro Augusto.

Na actualidade ten 39 anos, está casada e ten catro fillos.

Eulalia Oriot

MARÍA SOLAGE CAPISTRANO

Page 33: Mulleres con mérito e sen fama
Page 34: Mulleres con mérito e sen fama

Miña avoa emigrou no ano 1954 para Alemaña (Düseldorf), ten 65 nos e naceu en Verín.

Traballou en moitos hoteis e fábricas.

Viñeron para Verín e casou co meu avó. A miña avoa ten moito mérito, sempre imos dar un paseo ela e eu xuntos e axúdame a facer os deberes, xa que foi profesora de matemáticas.

Ela é a que me fai comprender que a miña nai tivera unha enfermidade moi grave, sóubome coidar cando eu era pequeno porque os meus pais foron a Estados Unidos.

A miña avoa ten familia nun lugar que se chama Medeiros.

É moi boa conmigo e quéroa moito.

Ela tivo tres fillos: un deles é a miña nai e os meus tíos Pedro e Xosé Luis.

Iván Pérez Navarro (1ºESO C)

CONSUELO AFONSO LINCE

Page 35: Mulleres con mérito e sen fama
Page 36: Mulleres con mérito e sen fama

Para min a muller da miña familia con máis mérito aínda que moitos non o recoñezan é a miña avoa Lela.

Naceu nos tempos da fame, dunha familia de cinco irmáns. Quedou orfa de pai e a súa nai ,como era a maior dos irmáns, botouna servir con oito anos a casa do Crende unha familia rica da nosa vila. Os reais que lle daban eran para axudar na casa. Non puido ir á escola pero aprendeu co que lle ensinaba o señorito da casa.

Namorouse e casou con vinte anos con Ramón, o meu avó, un rapaz moi apuesto e traballador, él sempre quixo á miña avoa Lela e dáballe moito amor e cairño.

Emigraron a Francia a traballar, alí tiveron catro fillas, a máis nova é hoxe miña nai.

Volveron a Galiza á cidade de Vigo onde mercaron un piso. A miña avoa a pesar de ter catro fillas seguiu traballando cando nós estabamos na escola e tamén cando o meu avó viña para a casa, ela saía e seguía.

As fins de semana viñan á aldea, a miña avoa axudaba á súa nai nas tarefas do campo e meu avó facía, mellor dito, restauraba a casa que era da súa nai que xa morrera tamén nova.

O meu avó Ramón enfermou e viñeron vivir á aldea deixando a cidade. faleceu tan só con sesenta naos. A miña avoa sempre me lembra cousas do meu avó, sufriu con él a súa longa enfermidade e a pena da súa ausencia.

Agora a miña avoa coida da súa nai sen terlle en conta que a ela era á única que obrigaba a traballar dende que era tan cativa ata o día de hoxe sen recibir afecto por parte dela nin dos irmáns.

Tania Calvo Ferreira

Page 37: Mulleres con mérito e sen fama
Page 38: Mulleres con mérito e sen fama

Filla de Lorenzo Blanco Rodríguez e Concepción Pérez Álvarez (labradores), desa relación naceu María Agustina o 3 de marzo de 1948 en Ourense, nun parto moi difícil tremendo por a súa vida ato o punto de bautizala o mesmo día na igrexa de Santa Eufemia, pero grazas a Deus salvouse.

Ós seis anos comezou a escola no seu pobo Queirugas, estivo estudando ata os quince anos, pero deixouno porque non había medios para saír a estudar fora. Tivo que dedicarse a traballar no campo, coma os seus pais e un día na semana ía aprender a coser a Verín pero como non tiñan medios para ir ían camiñando . Naqueles anos colleu un traballo no que so iba tres días o mes, os días de feira, e estaba moi contenta co seu traballo.

Pouco a pouco foi pasando o tempo, ían as festas ós pobos de cerca e alí facían moitos amigos, pero tamén encontrou un noivo, Elías, e pouco a pouco chegaron ata o día da boda convertíndose en marido e muller. Ese día pasárono moi ben cos convidados.

Pasaron uns meses, e como aquí non había traballo o meu avó emigrou a Suiza e a miña avoa tivo que quedar á fronte da casa, axudarlle aos seus pais a traballar no campo e por se fora pouco estaba preñada. Ela seguia facendo os traballos e cada seis meses viña o meu avó. A última vez que veu díxollle que podía marchar con él pero ela non quixo deixar ós seus pais sos.

Pasaron os anos e o meu avó veu de Suiza, a miña nai xa era grandiña e despois de sete anos naceu a miña madriña. A miña avoa seguía traballando igual, mandaba ás fillas a escola e coidaba dos pais e dos animais. A miña avoa quería que as fillas seguisen estudando pero elas non quixeron e puxéronse a traballar.

Despois dalgúns anos a filla maior casou e nacín eu, fomos vivir á nosa casa e a miña avoa seguiu traballando e sempre coidando de nós.Seguidamente faleceu o seu pai, que estaba moi ben, pero ela quedou coa súa nai que xa empezaba con algo de Alzheimer. despois a filla máis nova xuntouse coa súa parella e foron vivir xuntos fóra.

A miña avoa a día de hoxe séguenos axudando a todos, tennos un plato de comida quente e está moi pendente de nós.

Anque o traballo máis grande é coidar á súa nai que leva con Alzheimer 16 anos e por si fóra pouco encamada 10 anos. Non se move da cama e non come ela soa, ten que lle facer a miña avoa todo. Por iso anque a miña avoa non emigrou penso que levou, leva e levará un traballo ou máis cos que emigraron.

Eu penso que a miña avoa está moi orgullosa da familia que ten, e nós dela.

Moitas grazas, avoa

Tania López Rúa (1º ESO C)

e volvían

MARÍA AGUSTINA BLANCO PÉREZ

Page 39: Mulleres con mérito e sen fama
Page 40: Mulleres con mérito e sen fama

Naceu na Salgueira (Monterrei) o día 6 de decembro de 1925.

Era dunha familia privilexiada porque na súa infancia foi ao colexio e aprendeu a ler e a escribir.

Ós 25 anos a vida deulle un xiro, casou e tivo oito fillos, con tan mala sorte que cando tiña 49 anos quedou viúva e tivo que sacar os catro fillos menores de idade adiante, traballando nas tarefas do campo e as da casa; tivo que exercer de pai e da nai ó mesmo tempo.

Como boa traballadora no campo, cotizou á agraria e xubilouse aos 65 anos, a partir de aí dedicouse a vivir en compañía de seus fillos, netos, bisnetos e demáis familia.

Ó día de hoxe con 87 anos aínda se desenvolve por ela mesma.

Uxía lamas Álvarez (1ºESO C)

ROCÍO BÓO FERREIRO

Page 41: Mulleres con mérito e sen fama
Page 42: Mulleres con mérito e sen fama

Miña bisavoa Felisa naceu en 1918, en Montederramo, Ourense. Tiña 12 irmáns e os seus pais eran labregos. Xa dende pequena tiña que ir traballar ao campo, sachaba, cortaba leña, atendía á orta e daba de comer aos animais.

A o s 1 4 a ñ o s enviárona a Barcelona, a traballar de serventa. Alí estivo traballando ata os 25 anos, servindo na casa dun médico.

Coñeceu a un Garda Civil en Barcelona que se chamaba Vicente, e casou con él.

Mais tarde tivo un f i l l o c h a m a d o X o s é . Despois fóronse de Barcelona a Tui. Alí o marido traballaba vixiando a fronteira.

Aos 35 anos quedou viúva, e como a maior parte dos seus irmáns emigraron a Arxentina, ela decidiu ir tamén.

Cando chegou púxose a traballar de cociñeira nun restaurante e o seu fillo de camareiro no mesmo. O primeiro ano, como non tiñan nada, o dono do restaurante deixounos durmir no sótano, así que alí improvisaron unhas camas. Despois, cando conseguiron diñeiro, mercaron unha habitación. Alí estivo traballando ata os 65 anos, logo o seu fillo decidiu volver a España e ela tamén.

O resto da súa vida viviuna co seu fillo e sempre atendendo á cociña da casa.

Diego Casanova Cardoso (1ºESO A)

Page 43: Mulleres con mérito e sen fama
Page 44: Mulleres con mérito e sen fama

Naceu o día 1 de marzo de 1967 en Tamicelas, unha aldea de Laza. Vivía alí cos seus irmáns e pais ata o ano 1989. Máis adiante mudouse a vivir a Verín.

Antes de ir a Verín, en Tamicelas, cando ela era pequena xogaba cos seus irmáns ao carón da súa casa. Pouco a pouco foi crecendo, facíase maior e a estaba concienciada do que ía facer na súa vida.

Coñeceu a meu pai nunha festa de Laza. Daquela casaron e viñeron vivir a Verín. No 1963 tiveron un cativiño chamado Gonzalo. Pasaron 6 anos e naceu Isabel, que son eu.

Debemos darlle mil grazas por criarnos. ela deunos a vida, deunos unha boa educación e ensinounos a non cometer erros. ensínounos que na vida non todo é fácil de conseguir e que hai que loitar polo que se quere.Encima, miña nai, traballa día a día, non posa un segundo; fai a comida, fai cada día as tarefas da casa e traballa día e tarde nunha tenda.

Ás veces penso en qué faría eu sen ela. Quen me daría de comer? quen me lavaría a roupa? quen? quen?

Douvos un pequeno consello: axudade ás vosas nai nas tarefas, porque nai, só hai unha!

Isabel Alonso Dosantos (1ºESO A)

Page 45: Mulleres con mérito e sen fama
Page 46: Mulleres con mérito e sen fama

A miña avoa naceu o 1 de novembro de 1933, en Feces de Abaixo, a terceira de oito irmáns. Casouse aos dezasete anos co meu avó Manuel e nos primeiros anos traballaban no campo.

Despois, aos dezanove anos, tivo o seu primeiro fillo, e de seguido tivo dous máis.Cando tiña aos tres fillos decidiu emigrar a Alemaña e deixalos a eles coa súa sogra Pilar. Estivo alí tres ou catro anos e decidiu regresar a España.

Tivo os dous últimos fillos e construíu unha casa na Vaquería, na que viviu uns dezaseis anos Mentres vivía alí construíu unha casa ao lado da aduana, onde se foi a vivir porque alí tiña o seu negocio: un bar e un comercio.Tamén comprou un taxi e andaba co meu avó por moitos lugares de copiloto.

Cando todos os seus fillos empezaron casar ela montoulles os negocios sempre ao seu carón.

Ela traballou toda a vida ata que se xubilou hai uns doce anos.

Ela sempre axudaba aos seus fillos en canto podía, e índa o segue facendo agora.

Noelia Adegas Diz

MARÍA RODRÍGUEZ

Page 47: Mulleres con mérito e sen fama
Page 48: Mulleres con mérito e sen fama

Conta o meu avó que era unha muller calada, traballadora, con poucos estudos coma case todos naquela época, pero moi intelixente e xenerosa. Ela soa sacou adiante como puido unha familia ben numerosa.

Na época da guerra, o exército nacional presentouse na súa casa e escolleu os mellores cabalos que había nas cortes. Dicían que era para servir á patria, e a súa familia?, como ía sair adiante?. O seu home Miguel era carreteiro, e a partir de agora que ía tirar dos carros? como ían traballar o campo? Foi un duro golpe e Miguel enfermou en tan só quince días..

María quedou soa cos seus cinco fillos e poucos recursos, pero o peor aínda estaba por chegar. Un día trouxeron unha carta do exército para o seu fillo maior (17 anos), tiña que partir cara Valladolid a loitar nun rexemento de infantería. O único que podía axudar na casa por idade tamén partía. Mamá María, como así lle chamaban, cada vez estaba máis triste, pero tiña unha familia que sacar adiante e como puido aguantou os 32 meses de ausencia do seu fillo, ata que conseguiu volver para axudar na casa.

Aínda despois de tanta calamidade, a bondade de mamá María era inmensa, e no ano 1946 acolleu na súa casa durante 11 meses a unha nena de Viena, para axudarlle a superar os traumas que vivira na II Guerra Mundial e mentres o seu país se recuperaba un pouco.

O meu avó recorda esa época na casa con moita ledicia, volveran as risas e a alegría despois de tanta penuria. Unha nena máis na casa á que non lle entendían nin palabra pero que agradecía cada xesto de carriño que lle daban. Xa todo rematara e agora había que esquecer e axudar á nena saír adiante, igual que o fixeran eles.

Iván Jiménez Franco (1ºESO C)

A BISAVOA MARÍA

Page 49: Mulleres con mérito e sen fama
Page 50: Mulleres con mérito e sen fama

Naceu no ano 1945 o día 27 de febreiro, en Vilarello da Cota (Vilardevós).

Foi unha nena que ós sete anos quedou sen nai, cun irmán pequeno e o pai (que foi á Guerra Civil) e axudabaa da forma que podia, ela criouse coa súa avoa.

Converteuse nunha muller valente e tivo que marchar para Alemaña (xa casada con 18 anos con Fidel Núñez Aguieiras). Traballou en varios lugares:

primeiro facendo metros, despois fabricando tapas de zapatos, logo forrando correas de coches na Continental, despois na Osmit elaborando salchichas, seguidamente na Iglo envasando peixe, finalmente volveu á Continental e volveu para Galicia a traballar no campo e coidar á familia.

Tivo seis nenos dos cales lle morreron tres, pero ela nunca desestimou ata sacar os tres fillos adiante.

Cando voltou de Alemaña co seu diñeiriño aforrado para vivir aquí e mellor, o seu marido tivo un catastrófico acidente de tractor e todo o que aforrara gastouno en médicos, e grazas a Deus,saliu adiante. A trancas e barrancas tivo que voltar a comezar a súa vida dende cero e adicarse so a o campo para poder criar ós seus fillos vivindo humildemente.

Noa Pérez Núñez

ANA GARCÍA GARCÍA

Page 51: Mulleres con mérito e sen fama
Page 52: Mulleres con mérito e sen fama

A miña nai naceu en Manresa o día 23 de febreiro. Cando naceu tivérona que operar porque tiña espiña bífida, pasou máiis tempo no hospital que no colexio porque ela a parte de ter o lombo mal tamén tiña mal o pé.

Aos 18 anos tivo ao meu irmán, aos 26 tívome a min e dez anos despois tivo ao meu irmán pequeno.

Cando a miña nai estaba no colexio tiña que ir cada dous por tres ao hospital e non conseguiu acabar a ESO.

A miña nai aínda que lle costou conseguiu sacarnos adiante e eso é un mérito porque ela está moi mal de saúde pero co noso apoio conseguiuno.

Melani de Toro Prado (1º ESO A)

A MIÑA NAI

Page 53: Mulleres con mérito e sen fama
Page 54: Mulleres con mérito e sen fama

A miña avoa traballou moito toda a súa vida e empezou dende pequena. Aos oito anos comezou a coidar nenos na casa dunha señora e ós dez anos volveu para casa e comezou a gardar un rabaño de ovellas dun veciño ata ós doce anos porque non lle gustaba gardar as ovellas.

E uns anos mási tarde foron ela e a nai a un pobo para coidar dunha persoa maior para gañar diñeiro para comprar comida para ela e para os seus irmáns.

Despois uns anos máis tarde contratárona para plantar pinos no monte, pero ese traballo duroulle pouco e despois volveu para casa e empezou a traballar no campo e coñeceu ó meu avo. Casaron e tiveron fillos. Ela seguiu traballando toda a súa vida e tamén criou ós fillos.

Cando morreu o meu avó vendeu todo e foi para onde a miña mai para axudala a cirarme a min ata o día de hoxe e agora coida a miña nai dela.

Tiago Bastos Fernandes

A MIÑA AVOA