Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia...

24
Cerne O xornal da Terra de Melide Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta EMPRESA Estudantes da EFA coñecen con Asetem a realidade empresarial P5 ENTREVISTA G. Penas, Pulpería Taboada P23 MELIDE O Concello busca ampliar a oferta da escola de idiomas do instituto P12 COMARCA Un obradoiro de emprego forma a vinte persoas en xardinería P13 Once anos de cárcere polo secuestro do madeireiro A Audiencia Provincial condena aos irmáns Mejuto Paredes, de Boimorto, e a outros dous veciños de Toques polo secuestro de Abel Diéguez en 2104. P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre a visita á illa que realizou unha delegación de melidenses no marco dun programa europeo. P12 Asinan o convenio para construír o novo centro médico de Melide Logo de reiteradas pro- mesas incumpridas a Xunta de Galicia semella tomar en serio unha das máis vellas reivindica- cións de Melide e dá un paso en firme para iniciar as obras do novo ambula- torio. A tal efecto o Con- selleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, e a alcal- desa de Melide, Dalia García, veñen de asinar un convenio de coopera- ción no que se recollen as responsabilidades que terá cada parte no pro- ceso de construción. P11 ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS TERRA DE MELIDE 26 anos ao teu servizo, 150 socios que fan medrar a comarca Tfno: 981 50 61 88 - [email protected] Lino Sexto Sánchez, 9 Baixo - 15800 MELIDE (A Coruña) furcisiculo.net

Transcript of Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia...

Page 1: Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre

CerneO xornal da Terra de MelideNº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta

EMPRESAEstudantes daEFA coñecencon Asetem a realidadeempresarial P5

ENTREVISTA

G. Penas, PulperíaTaboadaP23

MELIDEO Concellobusca ampliar aoferta da escolade idiomas doinstituto P12

COMARCAUn obradoirode empregoforma a vintepersoas en xardinería P13

Once anos de cárcere polosecuestro do madeireiro

A Audiencia Provincial condena aos irmáns MejutoParedes, de Boimorto, e a outros dous veciños deToques polo secuestro de Abel Diéguez en 2104. P13

A viaxe do Concello a Siciliachega ao parlamento galego

PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detalladasobre a visita á illa que realizou unha delegación demelidenses no marco dun programa europeo. P12

Asinan o convenio para construíro novo centro médico de Melide

Logo de reiteradas pro-mesas incumpridas aXunta de Galicia semellatomar en serio unha dasmáis vellas reivindica-cións de Melide e dá unpaso en firme para iniciaras obras do novo ambula-torio. A tal efecto o Con-selleiro de Sanidade,Jesús Vázquez, e a alcal-desa de Melide, DaliaGarcía, veñen de asinarun convenio de coopera-ción no que se recollenas responsabilidades queterá cada parte no pro-ceso de construción. P11

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS TERRA DE MELIDE

26 anos ao teu servizo, 150 socios que fan medrar a comarcaTfno: 981 50 61 88 - [email protected]

Lino Sexto Sánchez, 9 Baixo - 15800 MELIDE (A Coruña)

furcisiculo.net

Page 2: Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre

2 Opinión Cerne 122. Marzo 2016

COMUNICADOPULPERÍA EZEQUIEL

Ante a falsa noticia difundida pormedio de WhatsApp o pasado xoves28 de febreiro de 2016, consistente nunha fotografía na queaparecía eu mesmo, Jorge Pereiro Torres (xerente de PulperíaEzequiel), e debaixo en letras vermellas e subliñado como sefose unha noticia de prensa: “Deteñen en Melide ao donodunha pulpería por presunto tráfico de drogas”, informo:

1º- Que a noticia difundida por medio de WhatssAppo pasado xoves 28 de febreiro de 2016 É ROTUNDAMENTEFALSA, e que se trata dunha fotomontaxe con aparencia denoticia xornalística.

2º- Que Jorge Pereiro Torres NON FOI DETIDO NINÉ OBXECTO DE NINGUNHA INVESTIGACIÓN POLICIAL porningún concepto.

3º- Que por estes feitos, tanto Pulpería Ezequiel deMelide como Jorge Pereiro Torres fan expresa reserva deaccións civís e penais contra o autor de dita fotomontaxe.

4º- Que se formulou denuncia contra o autor da foto-montaxe e contra a persoa que a difundiu.

Pulpería Ezequiel de Melide e Jorge Pereiro Torres queremosagradecer a todos os nosos clientes, amigos e público en xerala confianza depositada na nosa casa e no noso traballo durantemáis de 50 anos.

Jorge Pereiro Torres

Xerente de Pulpería EzequielMembro da xunta directiva

de Asetem

Cerne Edición dixital en www.asetem.com

Publicación mensual de distribución gratuíta

REDACCIÓN: Iván G. BlancoEDICIÓN: Asociación de Empresarios Terra de

Melide (ASETEM-CCA)ENDEREZO: R/ Lino Sexto Sánchez 9, Melide

Telf.: 981 506 188 - [email protected]ÓNS:

Xosé Núñez López, Vanessa Martínez IglesiasAGRADECEMENTOS:

Pilar López, Adolfo Álvarez, Sandra VázquezIMPRESIÓN: Publicaciones Tameiga S.L.

DEPÓSITO LEGAL: OR / 57 / 84

Cerne non se responsabiliza das opinións manifestadas polos seus colaboradores

Cazando fakesMarcus Fernández, webmaster de Código Cero

Os fakes, bulos, trolas ou dixomedíxomesson informacións falsas transmitidascomo veraces normalmente entre indivi-duos, de xeito que se dificulta o seu con-traste, o que fai que cando nos comentenunha suposta nova que poida resultar sos-peitosa, sexa preciso contrastala, procu-rando atopar a súa fonte.

Comento isto a raíz dunha imaxe quecirculou días atrás por WhatsApp na queclaramente se acusaba de narcotráfico aosresponsables da polbeira Ezequiel, empre-gando para iso unha fotografía de mala ca-lidade da páxina web de La Voz de Galicia.Varias son as pistas que nos podían levara pensar que estabamos ante un fake:

- A fotografía tiña moi pouca cali-dade, o que dificulta a súa verificación.

- Non viña acompañada por unhaligazón (se querían dar conta dunha novada web de La Voz, por que non remiten ápropia páxina web en vez de mandar sóunha fotografía dun titular?).

- A nova ía acompañada por unhafotografía publicada en La Voz no ano2011 (cando o xornal saca fotografías noestablecemento varias veces ao ano).

- Resultaba imposible atopar in-formación ao respecto a través de Googlee do buscador da web de La Voz.

- O máis descarado de todo é queunha nova sobre narcotráfico figurase nasección de gastronomía.

Se con todos estes detalles alguén nonestá convencido de que se trata dun fake,

en menos dun minuto pode demostrarseo doado que é parir unha peza así. Chegacon visitar a web do xornal dende Chrome,ir á Inspeccionar e darlle a editar nos con-tidos dunha nova en concreto. Logo sáca-selle unha fotografía á pantalla para queninguén poida descubrir o truco e distri-búese por plataformas como WhatsApppara dificultar que se atope a orixe. Parademostralo collín unha fotografía de meuirmán con Terry Porter e así, no encabe-zado do texto, vese o doado que é o conto:

O caso en cuestión tráeme sen coi-dado, pero quería aproveitar este sucesopara advertir que debemos contrastar asinformación que recibimos, buscandosempre un medio solvente como fonte,xa que, en caso contrario, podemos come-ter o erro de redistribuír unha falsidade,sen ser conscientes de que poderiamosestar a cometer un delito (xa que pode

considerarse tan culpable ao que crea aimaxe calumniosa como os que difundena información que dana a honra dun cida-dán). Aquí a barreira entre cometer ounon un delito está en se resulta claro quese trata dunha broma, e neste caso eu nonlle vexo a graza. Ou sexa, que hai que serprudente antes de replicar informaciónnon contrastada.

Page 3: Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre

Empresa 3Cerne 122. Marzo 2016

Ademais dos tradicionais sor-teos para clientes, Mercame-lide acolleu na súa últimaedición un acontecemento ex-traordinario cos máis cativoscomo protagonistas. Tratouseda entrega de agasallos (librose material escolar) ao alum-nado dos tres colexios deMelide que participou no con-curso de debuxo “O comercioda túa vila”. Este certame foiorganizado por Asetem encolaboración coas Anpas

dende o convencemento deque “cómpre coñecer dendecativos as vantaxes do comer-cio de proximidade e a impor-tancia que ten no desenvol-vemento de calquera vila”,indican dende a patronal.

Na entrega de agasallosparticiparon o presidente e axerenta de Asetem, ManuelVázquez e Pilar López, xuntocoa alcaldesa de Melide e aconcelleira de Benestar, DaliaGarcía e Chus Mourón.

Mercamelide “segue compensando”malia a baixada de vendas deste ano

O 17º Mercamelide, que secelebrou na súa edición deinverno os pasados días 20 e21 de febreiro, non foi o mellordos posibles para os 25 nego-cios que nel participaron.

A sensación xeral dos co-merciantes, en comparacióncon anos anteriores, é quedesta volta houbo menosxente e se gastaron menos car-tos. “Non vin bolsas”, resumegraficamente a responsabledunha tenda de roupa que ase-gura ter feito bastantes vendasmenos: “non me desfixen demercancía coma outros anos”.Quizais parte da explicaciónestea no que apunta unhacompañeira de sector: “boteide menos a avalancha de xentee de compras que sempre seproducía en momentos deter-minados”. Nun stand próximoapuntan que o problema nonestivo tanto na afluencia dexente, “que foi bastante”, se-nón en que “remexían peronon compraban”.

Dende os establecementosparticipantes enumeran variosfactores á hora de explicar abaixada de vendas nesta edi-

ción. Por unha banda apuntaná data: “en fin de mes non haicartos e ademais coincidiu moipegado ao Entroido e ao Na-dal”, explica unha tendeira asi-dua á feira de saldos. Por outraparte tamén atribúen partede culpa ao tempo, cunha finde semana soleada e con tem-peraturas agradables logo devarios días de choiva: “o anopasado facía frío e cansei devender parcas, este ano foroncontadas as que vendín”, di apropietaria dunha tenda téxtil.Tamén hai quen remite aocontexto económico: “está todomáis parado do que parece,no Mercamelide e fóra del”.

Con todo, os comerciantescoinciden á hora de sinalarque “segue compensando”participar no Mercamelide eson partidarios de seguir cele-brando como ata agora a feirade saldos. “Na tenda non íafacer os cartos que fixen estesdous días no Mercamelide ninía sacar a mercancía que sa-quei”, explican dende unhatenda que participou na feirapor primeira vez, “quedamoscon ganas de repetir”.

Clientes premiados no sorteo de vales

Josefa Carril (Melide) e Dalia García Isabel Carreira (Melide) e Manuel Vázquez Jesús (Cospeito), M. Vázquez e Pilar LópezJavier Parrado (Melide) e Luis Arias

“O comercio da túa vila”Entrega de agasallos

Os comerciantes atribúen o menor número de ingresos á data escollida, ao tempo e ao contexto xeral de parálise

O presidente de Asetem, a alcaldesa de Melide e a dir. xeral de Comercio no posto de La Cortina

500 € 80 € 80 € 80 €

Page 4: Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre

4 Publicidade Cerne 122. Marzo 2016

Praza da Herba, 10 - MELIDE

Tlf.: 661 81 59 76Rúa do Convento, 2 - MELIDE

María Sánchez QuintásVíctor Pereiro Cagide

Tlf.: 982 50 71 94Rúa do Convento, 16 - MELIDE

Ronda de Pontevedra, 6115800 Melide

(A Coruña)Telf. 881 956 394

[email protected]

Tlf.: 657 435 699

Avenida de América, 3 MELIDE

Calzados

BrozRonda da Coruña, 24

981 81 56 19MELIDE Tlf.: 981 506 358

Avda. de Lugo, 4315.800 MELIDE

Esther Bouzo

MODA HOME - MULLER

Mercedes Abad LeónTfno.: 981 50 63 70 - 610 75 78 84

Rúa do convento, 1515800 MELIDE

Descubre os nosos grandes descontos!

C/ Martagona, 13 MELIDE

981 50 79 64 - 662 55 11 [email protected]

Camiño de Ovedo, 13981 50 51 60

MELIDE

LIQUIDACIÓN

COMERCIO DE MELIDETes de todo

Page 5: Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre

Empresa 5Cerne 122. Marzo 2016

Alumnado da EFA Piñeiralvisitou o pasado 15 de marzo asede da Asociación de Empre-sarios Terra de Melide (Ase-tem) para coñecer en primeirapersoa, e a través do traballodiario que se fai dende a pa-tronal, a realidade empresa-rial da comarca. En concretona visita participou unhavintena de estudantes matri-culados no ciclo superior deXestión Comercial e Marke-ting e no ciclo medio de Co-mercio, ámbolos dous impar-tidos en dito centro concer-tado de formación profesio-nal, radicado en Arzúa.

Na charla interviñerono presidente e a xerenta dapatronal, Manuel Vázquez ePilar López, que falaron dasorixes da asociación e enume-raron todas as campañas quese poñen en marcha dendeAsetem e os servizos que se lleofrecen aos seus membros.Mais, especialmente, incidi-ron na importancia de contar

O alumnado visitou tamén varios comercios de Melide (arquivo)

Estudantes da EFA achéganse de mande Asetem á realidade empresarial

na comarca cunha asociaciónempresarial e nos beneficiosde asociarse, tanto a nivel in-dividual como colectivo.

Nunha segunda parte davisita o alumnado achegouseao día a día na xestión dun ne-gocio a través da experienciapersoal de Rodrigo Fernán-dez, profesional do sector dosseguros, socio de Asetem emembro da xunta directiva en

calidade de vicepresidente.Durante a intervención Ro-drigo Fernández centrouse naparte máis comercial do seutraballo e achegou algunhasdas claves para establecerunha relación de éxito cocliente a través da profesio-nalidade, o trato e unha co-rrecta imaxe empresarial. Aoremate os estudantes pui-deron formular preguntas.

Baixo o epígrafe “Come bien y vive mejor”, Tenda Xebre, esta-blecemento asociado a Asetem, deu inicio o 26 de febreiro aunha serie de iniciativas relacionadas coa alimentación sauda-ble. “Ese é un dos nosos principios”, explicou Minia Varela,unha das dúas socias do negocio, na introdución da primeiracharla, na que se abordou a produción e consumo de produtosecolóxicos. “Ademais de vender queremos facer pedagoxía ali-mentaria para que a xente saiba o que consume”, concluíu Va-rela antes de dar paso a Santiago Liñeira, produtor de leiteecolóxico que se encargou de dirixir a primeira das charlas. Amaiores celebrouse na tenda o pasado día 12 un obradoiro deplantas aromáticas e elaboración de queixos especiados.

Pedagoxía sobre produtosecolóxicos en Tenda Xebre

Santiago Liñeira e María Iglesias momentos antes da charla

A Asociación de EmpresariosTerra de Melide (Asetem) re-toma en 2016 a cea anual deconfraternidade, unha celebra-ción que pretende ser á vez ho-menaxe e punto de encontropara os preto de 150 socios esocias que integran a entidade.

O banquete será o venres1 de abril ás 21:30 no HotelCarlos 96. Cada socio ten á súadisposición dúas invitaciónsgratuítas que xa pode pasar arecoller nas oficinas da patro-nal. Todas as persoas que, amaiores, desexen asistir, po-derán facelo aboando o prezodo prato.

En base ás cifras de anosanteriores e ao número de res-

Un grupo de socios na cea de confraternidade de 2014

Preto de 200 persoas asistirán á ceaanual de confraternidade de Asetem

postas positivas xa recibidas,dende a organización estimanque asistirán ao ágape pretode 200 persoas. Entre elasagárdase contar coa presenzado Conselleiro de Economía eIndustria, Francisco Conde, áespera de confirmación. Ta-mén dos presidentes das fede-racións galega e provincial decomercio, José María Seijas eMiguel Agromayor. Do mesmo

xeito foron convidados os al-caldes dos catro concellos queintegran a comarca: Melide,Toques, Sobrado e Santiso.

En 2015 non se organizoucea de confraternidade. Aderradeira ocasión na que secelebrou un evento semellantefoi en maio de 2014, con mo-tivo dunha ocasión especial:o 25º aniversario da fundaciónde Asetem.

Cada socio dispónde dúas invitacións

gratuítas para o ágape, que será o

día 1 de abril

Cursos formativos do Concello

O Concello de Melide, a través do Servizo de Orientación La-boral, está a organizar dúas xornadas formativas para o mesde maio. A primeira delas versará sobre a mobilización e coi-dado de persoas dependentes. Celebrarase o día 13 en hora-rio de 16:30 a 20:30 na aula CEMIT do Edificio Multiusos.Será impartido por profesionais cualificados do Hospital Clí-nico de Santiago e está dirixido a pacientes, familiares e coi-dadores de persoas dependentes. O segundo dos cursosabordará os primeiros auxilios e celebrarase o día 25 nomesmo lugar e co mesmo horario. Hai 25 prazas para cadaunha das xornadas formativas. As persoas interesadas xa po-den anotarse no Concello ou no 981 50 50 03, extensión 121.

Comercio: soben as vendas

As vendas do comercio minorista galego aumentaron un1,3% en xaneiro en relación co mesmo mes do 2015 e enca-dean 17 meses consecutivos de crecementos interanuais,segundo os datos publicados a principios de marzo poloInstituto Nacional de Estatística (INE). A cifra de negociodo comercio en Galicia non rexistrou ningún descenso nataxa anual dende agosto de 2014. Pola súa banda, a ocu-pación no sector experimentou no primeiro mes do anoun crecemento do 1,1 %. No conxunto do estado as vendasrepuntaron algo máis ca en Galicia, un 2% e o empregoaumentou un 1,8% polo que xa suma 21 meses consecutivosde ascensos.

Page 6: Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre

6 Empresa Cerne 122. Mazo 2016

RADIOGRAFÍA DO SECTOR EMPRESARIAL DA COMARCA (III)

Os datos de afiliación á Segu-ridade Social na Terra de Me-lide revelan o peso específicodo sector servizos, que se per-fila como motor económico dacomarca malia ser esta emi-

AFILIACIÓNS EN ALTA LABORAL (decembro de 2015. Fonte: IGE)SANTISOMELIDE TOQUES SOBRADO

Homes

Socias e socios de Asetem asis-tiron o pasado día 15 a unhacharla informativa sobre oabano de posibilidades queofrece para os seus negocios omundo dixital.

A conferencia, que se cele-brou no salón de actos da pa-tronal, correu a cargo de Foga,unha compañía con sede enCompostela especializada naachega de solucións integraispara Pemes, autónomos e ad-ministracións públicas.

A disertación, impartidapor José Ramón Porto, profe-sor titular da Universidade deSantiago e responsable dodepartamento de marketingde Foga, centrouse nas plata-formas de comercio electró-nico como mellor xeito a día

Tarde ou cedo todas as pemes terán que dar o salto ao e-commerce

Xornada de inmersión no comercioelectrónico para socios de Asetem

de hoxe para a venda de pro-dutos ou a xestión de reservas,no caso da hostalería. A charlafoi organizada co obxectivo decontribuír a que o empresa-riado e o sector comercial dacomarca tivese unha visiónmáis actual do que o comercioelectrónico e as ferramentasdixitais poden facer por eles,dando sempre prioridade áatención ao cliente. En rela-

ción con isto tamén se abor-daron os cambios de hábitose comportamentos que expe-rimentaron os consumidoresnos últimos tempos.

Segundo datos publicadospola Comisión Europea, o 22%dos internautas españois rea-liza algunha compra online to-das as semanas e gasta unhamedia de 816 € ao ano a travésdesta canle.

Profesionais da empresa Foga

impartiron unhacharla na patronal

A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca) or-ganiza para o próximo 21 de marzo un curso manipulador dealimentos. Realizarase no salón de actos da patronal a partir das16:00 horas. As persoas interesadas en obter o carné de manipu-lador poden inscribirse ata o día anterior á realización do cursochamando ao 981 50 61 88. O prezo da inscrición é de 30 eurospara o público en xeral e de 10 euros para os socios de Asetem.O temario abordará aspectos como a conservación de alimentos,o seu transporte e almacenaxe, normas de hixiene ou controldas augas. É unha obriga das empresas do sector alimentario ehostaleiro poñer no mercado alimentos inocuos e formar aosseus traballadores de cara á correcta manipulación dos mesmos.

Asetem organiza un cursoManipulador de Alimentos

A hixiene alimentaria será un dos temas a tratar

Mulleres Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres Total

AFILIACIÓN POR SECTORES PROFESIONAIS

1.489 1.196 2.685 235 184 419 296 232 528 380 270 650

Agricultura

Industria

Construción

Servizos

Contratos iniciaisrexistrados

364 (13,5%)

275(10,2%)

259 (9,6%)

1.782(66,7%)

2.166

Agricultura

Industria

Construción

Servizos

Contratos iniciaisrexistrados

165(39,5%)

24(5,8%)

48(11,5%)

180 (43,2%)

150

Agricultura

Industria

Construción

Servizos

Contratos iniciaisrexistrados

191(36,4%)

64(12,2%)

50(9,5%)

220(41,9%)

76

Agricultura

Industria

Construción

Servizos

Contratos iniciaisrexistrados

208(32,1%)

85(13,1%)

48(7,4%)

307(47,4%)

200

nentemente rural. En todos osconcellos é o primeiro sectoren número de afiliacións, des-tacando o caso de Melide,onde acapara máis do 66%,deixando a construción, a

agricultura e a industria en ci-fras case residuais; datos acor-des coa natureza destemunicipio, sempre moi ligadoao comercio e cabeceira de co-marca. Nos outros tres conce-

llos a actividade agrícola egandeira concentra a máis tra-balladores/as, con valorescomprendidos entre o 32% e o39% do total, pero aínda así ascifras non conseguen superar

ás do sector servizos que, porexemplo no caso de Sobradoestá próxima ao 50%. A co-marca ten un total de 4.282afiliados/as, dos que o 56%son homes e o 44% mulleres.

Page 7: Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre

Empresa 7Cerne 122. Marzo 2016

EMPRENDEDORAS ENMELIDE

-California 66 celebra enmarzo o seu primeiroaniversario. Como foronestes doce meses?-Cristina Louzao (C.L.):Estou contenta. Os comezossempre son duros e houbo me-ses difíciles, pero tivemos moiboa acollida por parte da xentee non me podo queixar. Cando

abrín tiña peores expectativas.Foime mellor do que pensabae este ano pasou voando, o calé un bo síntoma.

-Cambiou a tenda nestetempo con respecto aoconcepto inicial? -C.L.: Si, bastante. Introducínmoita máis mercancía. Agora

que xa levo un pouco de tempovou sabendo o que a xentequere e iso permíteme abrirnovos camiños. A tenda cam-bia en función do que vaidemandando a clientela. A díade hoxe hai máis onde elixiren roupa de festa, incorporeias tallas grandes e estou em-pezando a traballar taménalgo de calzado.

-A xestión do negocio, odía a día, é como vostedepensaba? -C.L.: Dende fóra vese tododistinto. Pensaba que ía sermoito máis fácil do que é, averdade. Traballei sempre ennegocios deste tipo peroestaba detrás do mostrador;chegaba a roupa, vendía enada máis. Pero agora a cousacambiou; teste que mover, tes

que buscar a roupa... peronada que non se dea levado.

-Que é o que lle resultamáis complexo? -C.L.: Elixir provedores é omáis difícil. Nós fomos a úl-tima tenda en abrir e témonosque mover moito máis paraofrecer algo novo e distinto áliña que xa teñen definida oresto de comercios de roupa.

-De que se sente máissatisfeita? -C.L.: Eu son de aquí de todaa vida e a xente coñéceme peronon sabía se a tenda ía ter boaacollida. Estou contenta porter conseguido facerme unoco. Quen vén, repite.

- Xa ten na tenda a roupade primavera-verán. Que

CRISTINA LOUzAO BARREIRO, “CALIFORNIA 66” (R/ Rosaleda, nº 5)

“A tenda cambia en función doque vai demandando a clientela”

vai vir esta tempada?-C.L.: Apostamos moito polorosa pau, que vai vir con forza,as raias e os estampados, ade-mais dos clásicos de sempre.

-É difícil coñecer os gus-tos da clientela? -C.L.: Si, moito. Aquí tardanmáis en chegar as modas, écomo se necesitaramos ver asúltimas tendencias en moitossitios antes de atrevernos apoñelas. Pasou cos pantalónspitillo nos mozos, que tar-daron bastante en decidirsea mercalos a pesar de que xalevaban tempo de moda. So-mos máis ben conservadores áhora de vestir. En California66 procuramos innovar e terroupa para todo tipo de xente:para quen quere o de sempree para quen quere ir á última.

R/Rosaleda, nº 5 Tlf.: 687 77 64 36

19 DE MARZO,

-20%descontos

en todas as prendas

δ

Anúnciate no

Cerne

981 50 61 [email protected]

Page 8: Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre

8 Empresa Cerne 122. Marzo 2016

DIRECTORIO - SOCIOS/AS DE ASETEM

CC XestiónFlorentino Cuevillas, 2881 97 33 07Norbrok SegurosAvda. Habana, 3 - 1º981 50 74 44Seguros BilbaoRda. de Pontevedra, 113678 05 59 42

Canteras PrebetongBrasil, 56, Vigo981 50 55 76Canteras RichinolArenal, 64, Lalín981 50 55 04

BlangarCtra. Lugo km 46, Melide981 50 54 18Carpintería LayaRua Palas de Rei, 8981 50 52 83Maderas Ovidio LeivaBelmil, Santiso608 58 74 47

Aceiteiro Rda. da Coruña, 34981 50 50 13Bodejas MejutoRda. de Pontevedra, 74981 50 77 62 California 66Rosaleda, 5687 77 64 36CalitexGalicia, 4981 50 51 54Calzados BrozCamiño de Ovedo, 13981 50 51 60Cárnicas GarcíaRda. da Coruña, 14981 81 54 00Carola Moda 2000Alexandre Bóveda, 16981 50 51 49Casa JuanitoMateo S. Bugueiro, 39981 50 51 03Casa SantosAvda. de Lugo, 8981 50 53 96Centro ComercialAresRda. da Coruña, 27981 50 50 53Cociñas M. BujánAvda. de Lugo, 99981 50 74 21

Colorín ColoradoRda. da Coruña, 10881 97 85 60Cooperativa MelisantoAgüeros, s/n, Melide981 50 60 26Deportes LópezAvda da Habana, 5981 50 54 25Distribuciones MellaXoán XXIII981 50 60 68EkatéCantón de San Roque,11881 97 74 17ElectrosanMartagona, 13981 50 79 64Estanco AngarelaProgreso, 9981 50 60 96Electricidade VilelaAvda de América, 34981 50 59 00El mundo del pintorAvda. Lugo, 43981 50 90 77EspomasaCtra. Melide-Toques,km 8, Toques981 50 59 71EstablecimientosEl MuebleRda. Pontevedra, 2981 50 50 89Estación de Servicio CorredoirasCorredoiras, 14, Boimorto981 51 60 04EurocadenaCantón de S. Roque, 9670 29 29 17Floristería MaruConvento, 9981 50 75 80Floristería StrelitziaCantón S. Roque, 46881 81 91 01Floristería TarríoAmador Rguez, 7981 50 61 64Froitas OlgaAvda. da Habana, 1607 36 53 69Frutas NatiPol. Ind. A Madanela600 44 80 92Fuciños RivasRda. da Coruña981 50 50 47Galaica BisuteríaRúa San Pedro, 8981 50 75 49ImaxinaFlorentino Cuevillas, 4881 95 70 87Imprenta MeligrafRúa Galicia, 26 981 50 62 56Jim Sports Technology Madanela S/N 981 50 64 34José XaneiroAvda. Toques, 57981 50 53 35

Joyería Oro LeyRúa de San Pedro, 14981 50 54 68Joyería SilvelaRda. da Coruña,40981 50 59 97La CortinaAvda. Lugo, 43981 50 63 58Lácteos Terra deMelideOrois, Melide981 80 80 09Laia ZapateirosPraza Convento, 4626 25 20 54Leiva MotosportRda. da Coruña, 52981 50 73 34Librería CousasAvda. da Habana, 29981 50 57 75Librería VictorioTaboada Roca, 1981 50 50 55M&M ModaRda. da Coruña, 58981 94 24 15MarviRúa do Convento, 16981 50 71 94MelimáticaOtero Pedrayo, 6981 50 78 81Mis mejores laboresAvda. América, 3657 43 56 99Mobles AresRda. da Coruña,62981 50 55 64Modas El DándoloConvento, 15981 50 63 70Muebles PaulaCrta. Lugo, km 46, 981 50 57 34Muxica Tenda XovenRúa do Convento, 36981 50 63 66Óptica AbalRda. da Coruña, 16981 50 60 97Óptica MelideRúa do Convento, 17981 50 54 67Óptica NovaluxRda. da Coruña, 20981 50 51 99Ortopedia OrtosaúdeRda. Pontevedra, 16981 50 78 74Panadería e Pastelería ToquesAvda. de Lugo, 31981 50 51 81Pastelería EstiloRúa do Progreso, 6981 50 51 53Pastelería TriskelNovoa Santos, 32981 50 50 98Perfumería LyssRda. da Coruña, 44981 50 76 84Pescados e Mariscos ManoloRosaleda, 10629 81 20 29

Ramón CabadoAvda. Toques, 30981 50 51 37Ramón PampínBangoRda. de Pontevedra,105981 50 75 26Recambios SandoAvda. de Lugo, 10981 50 54 19Recambios VulcanoAvda. de Lugo, 99981 50 62 18RibeiraoConvento, 12981 50 50 18Romero ZapateríasRda. da Coruña, 29981 50 53 56Sanoguera FotografíaA Casilla, 1 - Moldes622 22 28 10SisukaSan Pedro, 5881 97 58 62Sport ModaCantón de S. Roque, 38981 50 76 17StardemodaSan Pedro, 10626 56 49 02Suministros Industriales Cire Pol. Ind . A Madanela,parc. 22981 50 79 54Supermercados GómezAmador Rodríguez, 3981 50 70 27Susana EstéticaRúa do Progreso, 27666 12 37 40Tu BoutikRda. Pontevedra, 61881 05 63 94Zapatería PequeniñosSan Pedro, 4 981 50 79 66XebreRúa de San Pedro, 16981 50 57 23Xoiería RovalAlexandre Bóveda,12981 50 54 31

Barreiro Lodeiro, J.Baltar, Melide981 51 53 86Const. M. EspiñoConcepción Arenal, 5 981 50 77 29Const. Leonardo MiguélezSanta María, Melide981 50 52 73Const. Pichel Hnos.Avda. Estación, 2, Lalín986 78 07 59Costoya Varela, J.Rda.Pontevedra,51 1º Iz.981 50 70 89

Cubiertas Hermanos BlancoPol. Ind. A Raña, rúa 7.O Barco de Valdeorras988 33 52 94Excavaciones ParadelaRibeiro,s/n 981 50 55 92Hijos de Casal MariñoE. Álvarez Carballido, 1981 50 53 10Hormigones Carral Sta. María de Veira, As Travesas, Carral981 50 50 25Hormigones MyhnorPol. Ind. A Madanela,Parcela 30981 17 36 16Intres FotografíaAvda. de Toques, 2881 97 42 24Marmolería MelideGosenxe, Ribadulla,Santiso981 50 55 18Química IndustrialProquintasPol. Ind. A Madanela981 50 53 00Revestimientos RiferAvda. de Lalín, 26981 50 71 16

Bodega CurrosRda. de Pontevedra,18981 50 59 68Casa AlongosCamiño Vello Stgo. s/n619 22 93 34Café ChaplinCantón de S. Roque,17981 50 53 55Cafetería ArraigosCantón de San Roque, 9Cafetería CristalAlexandre Bóveda, 20981 50 90 09Cafetería LodeiroTaboada Roca, 3620 21 95 91Cafetería M40Cantón de S. Roque, 40981 50 73 44Cafetería StopRúa da Cátedra, 1Esquina San AntonioEspectáculos Ángel SeoaneAvda. da Habana, 15981 50 53 28Hotel Carlos 96Avda. de Lugo, 119981 50 76 33Novo ContinenteLuis Seoane, 8981 50 61 82Parillada O CarburoVillamor, Toques981 50 49 07

Parrillada RúaAvda. de Lugo, 50981 50 60 76Pazo de EidiánEidián, 5 Agolada986 68 25 45Pulpería EzequielCantón de S. Roque,46981 50 52 91Pulpería TaboadaAvda. Lugo, 22981 50 74 26Xamonería GarceirasGaiteiros Garceiras, 1608 975 776

Academia BesbelloRúa San Antón, 5981 50 52 52Albergue VilelaRúa San Antón, 2616 01 13 75Annic DifusiónRda. Pontevedra, 63981 94 38 94Avogados Ana Pernas& Miguel FernándezLuis Seoane, 2981 506 455Fisio-VidaFlorentino Cuevillas,16981 50 70 47Clínica Dental AnaMarcos CardoRda. da Coruña, 31-1º B981 50 57 05Clínica Dental KarimRda. Pontevedra, 32981 50 62 44Eva Novás abogadaRúa San Antón, 5981 50 72 17Extractores VillamorCantón de S. Roque, 8648 25 31 33Gasolineira Bocelo Avda. de Lugo981 50 62 50Hardgalicia - “R”Rúa do Convento, 4693 77 88 66Skala PeluquerosAlmirante Brown,19-21981 50 59 03Parafarmacia CantónCantón de S. Roque, 28981 93 73 50Perruquería Santín & AmoCantón de S. Roque, 38Entrechán650 43 63 75Perseidas EditorLuis Seoane, 2981 50 64 55TecnamelideA Madanela, parc. 80981 50 63 88Intermax TechnologyRúa Folicheiro, 20902 908 737

ServinetVitiriz, s/n697 89 24 66

Autos MarPol. Madanela, 8-9981 81 53 36Desguaces LualO Coto (Melide)981 50 73 52Motor MelidePol. Ind. A Madanela981 50 70 31Neumáticos MelideAvda. Lugo, 129981 06 57 00Talleres LeivaMadanela, Melide981 50 52 11Talleres MejutoSta. María, Melide981 50 59 99

Mª Carmen Carreira SimónRda. da Coruña, 50 - 1º981 50 52 80

La CaixaAlexandre Bóveda, 1881 03 08 20

Banco SabadellRúa do Convento, 13981 50 52 50

Cabado Rguez, J.R.Pezobrés s/n, Santiso981 51 77 89Nutripor S.A.Pol. Madanela, 18-19981 50 64 70Rey Sánchez S.L.Emilio Campoamor, 2981 50 60 29Transportes SierraPol. Ind. Madanela,parcela 79981 51 58 18Transportes ZasPalas de Rei982 18 34 04

Javier López LópezRúa Xosé Ramón Fdez.Castro, 6981 50 54 82

CONSTRUCIÓN

SOCIO COLABORADOR

HOSTALERÍA

ASESORÍA

CANTEIRAS

COMERCIO

ENXEÑERÍATÉCNICAAGRÍCOLA

SERVIZOS

TRANSPORTES

CARPINTERÍA

TALLERES

Page 9: Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre

Empresa 9Cerne 122. Marzo 2016

EMPRENDEDORAS ENMELIDE

-Por que te decantachespor unha zapatería infantilcomo saída profesional?-Rocío Mejuto (R.M.): EnMelide non había unha zapa-tería exclusiva para nenos eera algo que facía falta. Ade-mais este é un traballo que megusta. Encántame o trato coaxente, é algo vocacional. Can-

do te arriscas a montar un ne-gocio e a facer un investimentoconsiderable, ten que ser por-que che gusta tanto o traballocomo o sector. De non ser así,é preferible non facer nada.

- E supoño que tamén te-ñen que gustar os nenos...é difícil o público infantil?

-R.M.: Quizais é máis compli-cado có adulto. Vender paranenos implica que lle ten quegustar a eles e tamén a seuspais. Pero ao mesmo tempo émáis gratificante porque secrea na tenda un ambientemáis divertido, alegre, menosserio... e os nenos son moiagradecidos.

-Como foi a acollida datenda entre a clientela? -R.M.: En principio moi ben.A tenda gusta e o feito de quesexa exclusiva de nenos ta-mén. Creo que vimos cun za-pato un pouco diferente, queen Melide non se traballabapolos motivos que fosen. Ade-mais do calzado de sempretemos uns zapatos que nonse ven en todos os sitios; máisorixinais, máis atrevidos...

-Que rango de númerostraballades? -R.M.: Hoxe por hoxe traba-llamos dende o número 18 atao 39. Para a campaña de in-verno xa teremos as badanas,que son os zapatos sen sola,que empezan na talla 15. Paradaquela traballaremos dendeo número 15 ata o 40, polo queaquí poden atopar calzadotanto bebés como incluso per-soas adultas. De feito, xa tivenalgunha mamá que mercouaquí para ela. E eu, que levoun 38, tamén me calzo aquí.Os zapatos para nenas maio-res xa se considera que nonson infantís e hai moitosque pode levar perfectamenteunha persoa adulta.

-De cara a esta primavera,que tipo de zapato se pode

ROCíO MEJUTO, “PEQUENIñOS zAPATERíA INFANTIL” (R/ San Pedro, nº 4)

“Vender para nenos é gratificante,danlle á tenda un ambiente alegre”

atopar en Pequeniños? -R.M.: Tocamos un poucotodos os estilos: para cerimo-nia, que é máis de vestir, tra-ballamos lonetas para o día adía e tamén o tipo de zapatoque está nun punto interme-dio e vale para todo. Intenteiabarcar un rango de estilos,dende o formal ata o sport,para cada tipo de neno.

- Á hora de mercar, queelixen os pais para os seusfillos e fillas?-R.M.: En principio elixen ca-lidade, pero o zapato sempreten que gustar. Os cativos ta-mén teñen criterio e se a elesnon lles gusta é raro que ospais os leven. Quizais porquesaben que despois teránque pelexar todos os días coneles para que os poñan...

δ

Rúa San Pedro, nº 415800 MELIDE

Tlf.: 981 50 79 66

Page 10: Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre

10 Publicidade Cerne 122. Marzo 2016

- Fotos antigas do Catastro de Melide e Toques- Concentración parcelaria- Legalización de pozos, traídas de auga, etc...

PERITOS MELIDEJavier López López - ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA - Colexiado 1049

- Partición de herdanzas (partixas)- Informes periciais e valoracións- Proxectos agrícolas

Tfno./ Fax: 981 50 54 82 - Móbil 639 82 00 24 - E-mail: [email protected]úa Xosé Ramón Fdz. Castro, 14 - 15.800 MELIDE (A Coruña)

peritosmelide.blogspot.com.es

- Medición de terreos- Catastro- Segregacións e agrupacións- Imposto de sucesións

- SALÓN SOCIAL con capacidade para 50 persoas, WIFI e equipos multimedia

- SERVIZO DE RESTAURACIÓN

- XARDÍN E PARQUE INFANTIL

- BIBLIOTECA

- CALEFACCIÓN CENTRAL E INDIVIDUAL

Vilariño (San Breixo). Palas de Rei. 27203 LugoTelf.: 982 37 41 35 / Fax.: 982 37 40 98

Web: www.balnearioriopambre.com

Page 11: Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre

Melide 11Cerne 122. Marzo 2016

A alcaldesa de Melide, DaliaGarcía, considera necesariodarlle un impulso á escola deidiomas que funciona no insti-tuto, tanto no que á ampliaciónda oferta de linguas se refirecomo ao niveis de ensino quese imparten.

Esta pretensión chegou xaaos despachos da Conselleríade Educación e Cultura e aosoídos do seu titular, RománRodríguez, a quen a rexedoralle solicitou incorporar novosidiomas e seguir ampliandograos no que xa hai; o inglés.Segundo explicou a rexedoraen declaracións á radio muni-cipal, Melide “é unha vila conmoita entidade, e polo tanto osmozos e adultos que así o dese-xen deben ter as ferramentas

O Concello quere potenciar con novaslinguas a escola de idiomas do IES

necesarias para desenvolversenunha terceira lingua”.

A prioridade, o chinésUnha das primeiras propostasque a alcaldesa lle formulou aoConselleiro de Educación foi ochinés, a cal xustificou “poloseu impacto no mundo empre-sarial e polo discorrer do Ca-miño de Santiago por Melide”.Xa como opcións secundariasestarían “outras máis clásicas”

como o alemán ou o francés. De incorporarse algunha

lingua máis, o ensino sería se-mipresencial, polo que o alum-nado tería que asistir periodi-camente a titorías, tal e comosucede agora na escola quefunciona no IES, dependenteda Escola Oficial de Idiomas daCoruña. Non obstante, DaliaGarcía non descarta que a en-sinanza puidese ser “incluso”presencial.

Os proxectos enerxéticos para Melideenfrontan a populares e socialistas

Están de acordo en que sonproxectos beneficiosos paraa vila pero non no xeito enque se informou á veciñanzasobre eles. A chegada a Me-lide de Gas Natural e darede de calor con biomasaprovocou un novo enfronta-mento entre o goberno po-pular de Dalia García e aoposición socialista.

Foi o PSOE quen lanzoua primeira pedra para acu-sar ao executivo municipalde “deixación de funcións”pola “ausencia de informa-ción oficial” sobre “dousproxectos de enorme enver-gadura e impacto para opobo”. A xuízo de José An-tonio Prado, voceiro dossocialistas, o Concello debe-ría resolver as dúbidas quequedaron despois das pre-sentacións públicas feitaspolas empresas promotorasdos proxectos e responder“as preguntas que están narúa”. Entre elas, se son pro-xectos complementarios ou

excluíntes, como se van re-alizar as obras, cantas vecesse van abrir as rúas ou ondeestarán ubicadas as plantasde almacenaxe e caldeiras.

En resposta a estas críti-cas, a alcaldesa de Melide,Dalia García, emitiu un co-municado no que manifes-tou a súa “sorpresa polaineficacia do PSOE á horade facer oposición”. Acusouaos socialistas de faltar áverdade e asegurou que sedeu “cumprida informa-ción” dos dous proxectos.No caso da biomasa, porparte dos enxeñeiros redac-tores, “que responderon atodas as preguntas do pú-blico”. No caso de Gas Na-tural recorda que o proxectoestivo exposto ao público efoi publicado na prensa.

A rexedora asegura que“onde o PSOE ve escuran-tismo non hai máis ca trans-parencia” e recorda que aúnica obriga do Concello écumprir a lei.

O edificio administrativo daConsellería de Sanidade, nosantiagués barrio de SanLázaro, acolleu o 14 de marzoa sinatura dun convenio decooperación entre o ServizoGalego de Saúde e o Concellode Melide para a execucióndas obras de construción dunnovo centro de saúde no mu-nicipio.

O convenio foi asinadopolo conselleiro de Sanidade,Jesús Vázquez Almuíña, epola alcaldesa de Melide,Dalia García Couso. No actotamén estiveron presentes aconselleira do Medio Rural,Ánxeles Vázquez, xunto co xe-rente e a directora de recursoseconómicos do Sergas.

En dito convenio recólleseque é necesaria a construcióndun novo centro médico enMelide para dar resposta aosproblemas de saúde da veci-ñanza mediante unha aten-ción asistencial máis rápida.

Sanidade comprométese por escrito a construír o novo centro de saúde

No documento o Concellocomprométese a realizar to-dos os trámites urbanísticosque sexan necesarios a fin deposibilitar a cesión patrimo-nial ao Sergas dunha parcelalibre de cargas e gravames,sen ningunha reserva e coaclasificación de uso sanitario,e comprométese a obter os

permisos e autorizacións queforan necesarios para execu-tar as obras de construción donovo centro.

Pola súa banda, a Conse-llería de Sanidade compro-métese á elaboración, super-visión e aprobación do pro-xecto técnico, así como acontratar, dirixir e executar

Ánxeles Vázquez, Jesús Vázquez, Dalia García e Lourdes Vilachán

O chinés foi unhadas linguas que ogoberno local llepropuxo á Xunta

O chinés ten cada vez máis presenza no ámbito empresarial

as obras de construción concargo aos seus orzamentos.

Servizos previstosNa actualidade o Sergas tenelaborado un plan funcionalno que se recolle a previsióndos espazos máis importantesa futura instalación. Así, naárea de medicina xeral e deenfermería, o centro disporíade cinco consultas de medi-cina xeral, outras cinco de en-fermería, unha consulta dematronas, unha sala de educa-ción maternal, unha consultade farmacia, dúas de odonto-loxía, unha sala de fisiotera-pia, unha sala de extracciónse dúas salas polivalentes.

Na área de pediatría, oplan funcional recolle unhaconsulta de medicina e outrade enfermería pediátrica. Poloque respecta á área de urxen-cias, contémplase unha con-sulta de medicina, unha deenfermería e unha sala de re-animación. O centro taménterá a correspondente áreade administración, arquivo,despachos e outros servizoscomúns.

Máis cartos paraa normalización

lingüística

O Concello de Melide re-cibirá este ano da Deputa-ción 12.000 euros parasufragar os gastos do ser-vizo de normalización lin-güística. Esta cantidadesupón o dobre da recibidano exercicio anterior eresponde á decisión doorganismo provincial detriplicar o orzamento xe-ral destinado aos servizosde normalización. O mon-tante total ascende a432.000 euros, fronte aos150.000 que se destina-ron no ano 2015. Este in-cremento permitirá crearsete servizos novos naprovincia e reforzar osdas tres cidades. A inicia-tiva permitirá taménmanter os outros 26 ser-vizos de normalizaciónque xa estaban operando.

Page 12: Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre

12 Melide Cerne 122. Marzo 2016

PSOE e BNG levan ao Parlamentogalego a viaxe do Concello a SiciliaAcusan ao goberno local de “querer ocultar” datos sobre avisita e esíxenlle á Xunta que dea explicacións detalladas

Dalia García (4ª pola esquerda) en Sicilia co resto de representantes europeos no acto de irmandade

“O Concello de Melide non pagou ningúngasto de desprazamento nin estancia”

Antes de chegar ao Parlamento de Galicia, os socialistasde Melide presentaron 11 preguntas ante o pleno municipalrelacionadas coa viaxe do Concello a Sicilia. O goberno localcontestou a todas elas con respostas de entre tres e cincopalabras na maioría dos casos. A máis longa, de 12 palabras,foi para explicar que “o Concello de Melide non pagouningún gasto de desprazamento nin estancia”. Porén, nonse aclara que institucións aboaron fondos para a viaxe, seé que foi sufragada con fondos públicos.

Sobre os criterios seguidos para conformar a delegacióndesprazada a Sicilia, respondeu o goberno local que foron“os esixidos ante o ente organizador”. Foi tamén “o enteorganizador” quen seleccionou as persoas que finalmenteviaxaron a Italia, cuxa vinculación co voluntariado é “a fi-xada polo programa europeo” e cuxos nomes non se podenrevelar porque se trata dunha cuestión “suxeita á Lei deProtección de Datos”. Nas súas respostas o goberno localasegura descoñecer onde se poden consultar as bases departicipación e selección deste programa e conclúe queacudiu a Sicilia para “potenciar a cidadanía europea”.

A Asociación SocioculturalBombeiros de Galicia, en cola-boración co Motoclub MillíRiders, organizou en Melideunha xornada de Soporte Vitale Técnicas de Traumatoloxía.Ou o que é o mesmo: técnicasbásicas de primeiros auxiliosque lle poden resultar degrande utilidade aos motoris-tas para axudarlle aos seuscompañeiros ante calqueraincidencia ocorrida nas estra-das. Os membros do clubaprenderon a realizar correc-tamente a reanimación cardio-pulmonar, a empregar undesfibrilador semiautomático,controlar hemorraxias, inmo-bilizar feridos ou atender apersoas inconscientes.

A Asociación SocioculturalBombeiros de Galicia naceuco fin de formar en técnicasde rescate e establecer o usode técnicas homologadas.

Ademais de bombeiros, estáformada por persoal que tra-balla no mundo das emer-xencias, como nadadores derescate ou sanitarios.

O 30 de setembro de 2015unha delegación de veciños deMelide, encabezada pola agoraalcaldesa e entón concelleira deXuventude, Dalia García, par-tiu rumbo á localidade sicilianade Santa Teresa di Riva paraparticipar, en representacióndo goberno galego e no marcodun programa europeo de vo-luntariado, nun acto de irman-dade coa localidade letona deAmata e a francesa de Fuveau.

Sobre dita viaxe, que durouunha semana, só se tivo coñe-cemento a través de informa-cións aparecidas na prensa efotos publicadas en perfís pri-vados de Facebook, o que cau-sou sorpresa e malestar entreos partidos da oposición (BNGe PSOE), que non dubidaronen solicitarlle información aogoberno local sobre o custo, ofinanciamento, os participan-tes e o motivo da mesma, entre

outras cuestións. As respostas resultaron in-

suficientes e pouco aclaratoriaspara socialistas e nacionalistasque ven “intención de ocultar”por parte do executivo munici-pal, motivo polo que decidirontrasladar o asunto ao Parla-mento de Galicia co obxectivode conseguir máis datos ao res-pecto. “A falta de informacióndo goberno local do PP fainosinvestigar a legalidade ou non

do proceder municipal, porquea inmoralidade xa está clara”,sinalou o voceiro do PSOE,José Antonio Prado, nun co-municado público no que serecolle, literalmente, que “o es-curantismo do goberno muni-cipal acrecenta as sospeitas deque os criterios empregadospara a viaxe non deberon seros axeitados, aparentando quepode haber un proceder muni-cipal baseado presuntamenteno amiguismo para designaraos representantes”.

O BNG foi máis alá nas súasacusacións e denunciou a tra-vés das redes sociais que aspersoas que participaron na

viaxe eran “simpatizantes doPP”. Xa no mes de novembroos nacionalistas rexistraronpreguntas ante a mesa do Par-lamento Galego para “esclare-cer a escuridade arredor destaviaxe” e agora acaba de facer opropio o PSOE, que presentouunha batería de 12 preguntaspara a súa resposta oral naComisión de Política Social eEmprego.

Entre outras cuestións, ossocialistas preguntaron polocusto da viaxe, que organismosa financiaron, cantas persoasviaxaron, a relación que tiñanco voluntariado e os criteriosseguidos para seleccionalas.

A ROTONDA QUEDOU SEN FAROLCOÑECEMENTOS QUE PODEN SALVAR VIDAS

A rotonda que regula o tráfico no cento urbano de Melide quedousen o farol que ilumina o cruce da N-547 coa AC-840 a causa doimpacto dun vehículo que chocou frontalmente contra el, deixán-doo tirado no chan. Non houbo feridos. O Concello reclamarallea reparación dos danos á aseguradora do turismo.

Page 13: Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre

Comarca 13Cerne 122. Marzo 2016

O Concello de Santiso dispóndende o pasado día 4 de marzodun tanatorio para a presta-ción de servizos funerarios. Oedificio foi inaugurado polo al-calde, Manuel Adán, o párrocode Arcediago, Luis Fernández,e os responsables da empresapromotora: Valiño MosteiroS.L, unha funeraria con sede enSobrado que investiu no pro-xecto 200.000 euros, dos cales61.000 foron achegados poloFondo Europeo de Desenvol-vemento Rural ao abeiro doPrograma Leader 2007-2013.

O inmoble localízase nunhaparcela de catro ferrados si-

Entra en funcionamento o tanatoriode Valiño-Mosteiro en Arcediago

tuada xusto a carón da casaconsistorial, en Arcediago. Tenunha superficie útil de 204 me-tros cadrados e alberga dúassalas-velorio de 32 metros ca-drados cada unha, outra salade preparación, expositor deféretros, aseos, oficinas e unporche exterior. O proxectocontemplaba inicialmente aconstrución dun aparcadoirona parte traseira, algo queaínda está pendente de execu-tar e que Valiño Mosteiro S.L.prevé habilitar no medio prazo.

Trala bendición realizadapolo reverendo Luis Fernán-dez, o alcalde tomou a palabra

para felicitar á veciñanza pordispoñer dun novo servizo nomunicipio: “hoxe é un bo díaporque temo un servizo máispreto”, dixo Manuel Adán, “etamén é un bo día porque osxerentes da empresa son per-soas formais, algo que tamén énecesario neste ámbito da vida.É unha tranquilidade saber queimos quedar en mans de xentecon esas virtudes”.

Pola súa banda Jesús ValiñoLea, un dos socios da empresapromotora, quixo agradecerlleao Concello e á veciñanza “a co-laboración prestada en todomomento” e asegurou estar

“encantado de ter feito aquíeste investimento”.

Á inauguración do tanatorioasistiron tamén os alcaldes deSobrado e Curtis, Lisardo San-

tos e Javier Caínzos, responsa-bles do GDR Ulla-Tambre-Mandeo, membros do equipode goberno e arredor de mediocento de veciños e veciñas.

Penas de 11 anos de cárcere paraos cinco veciños da comarca que secuestraron a un empresario

Ademais deberán indemnizar á vítima con 200.000 euros

Unha historia de películacon protagonistas locais

Os irmáns Mejuto Paredes, de Boimorto, xunto co “guardia”e “o chatarras”, veciños de Toques, foron os protagonistaslocais dunha historia con ingredientes propios da mellor no-vela negra que comezou o 18 de xaneiro de 2014 co secuestrodo madeireiro de Cambre Abel Diéguez nos montes deAranga e rematou seis días despois cunha liberación feliz enLalín. Unha historia de película que conmocionou a comarcae que atopou nela non só a parte dos seus actores principais,senón tamén importantes escenarios.

Un deses escenarios foron as estradas secundarias dacomarca, polas que os secuestradores percorreron máis de100 Km antes de chegar á aldea de Xar, en Lalín, onde o em-presario pasou cinco días encerrado nun cortello de 4 metroscadrados e por cuxa liberación pediron 70.000 euros. Ini-cialmente barallaron agochalo en Villamor, na casa do “guar-dia”, pero descartado ese destino pasaron a primeira noitede cativerio nunha casa ruinosa de Setefontes (Palas de Rei),antes de desprazarse a Lalín. Tralo rescate do madeireiropola Garda Civil, os secuestradores déronse á fuga. Foron de-tidos 7 horas máis tarde nunha pista de Nogueira (Sobrado).

Jesús Mejuto Paredes(Boimorto)

Cargos: secuestro e tenencia ilícita de armas

Pena: 11 anos

Manuel Mejuto Paredes(Boimorto)

Pena: 11 anos

Ramón Mosquera(Toques)

Pena: 11 anos

Miguel Mejuto Rivera(Boimorto)

Pena: 11 anos

Manuel Miguélez(Toques)

Secuestro / armas

Pena: 11 anos

Esther Silva Taboada

Pena: 6 anos

Miguel Martínez

Pena: 6 anos

Cargo: secuestro

Pena: 9 anos

Isabel Martínez Silva(Lalín)

Corría xaneiro de 2014 e aTerra de Melide non saía doseu abraio ao coñecer a im-plicación de cinco veciños dacomarca no secuestro de AbelDiéguez, un empresario damadeira residente en Cambre.

Dous anos e dous mesesdespois a Audiencia Provincial

da Coruña acaba de ditar sen-tenza e condena a 11 anos deprisión por secuestro e tenen-cia ilícita de armas a Manuel eJesús Mejuto Paredes, veciñosde Dormeá (Boimorto), ao fillodeste último, Miguel Mejuto, etamén a Manuel Miguélez eRamón Mosquera, naturais da

parroquia de Villamor, en To-ques. Xunto con eles condenatamén a 6 anos de cárcere porseren cooperadores necesariosao matrimonio de Lalín for-mado por Esther Silva e Mi-guel Martínez, que cederon uncortello da súa casa para ago-char durante seis días ao em-

presario. Pola súa banda a filladestes, Isabel Martínez, pare-lla sentimental de Jesús Me-juto, pasará no cárcere 9 anos.

Ademais, todos os conde-nados deberán indemnizarcon 200.000 euros por danosmorais ao madeireiro, quecomo consecuencia dos feitossofre un trastorno de estréspostraumático.

Segundo recolle a sentenza,os oito acusados acordaron osecuestro durante unha co-mida dominical. A pesar dasevidencias amosadas duranteo xuízo, ningún deles asumiua súa culpa. Jesús Mejuto,considerado o cabecilla, dixo

que non pretendía secuestrarao empresario, senón “só dar-lle unha paliza” porque os es-tafara na compra da madeiradunha finca. Manuel Mejutodeclarou que todo o que fixofoi por medo a que seu irmáno matara e o mesmo argu-mento deron os dous veciñosde Toques, Manuel Miguélez“O de Casimiro” e RamónMosquera “O guardia”. Men-tres, Isabel Martínez e seuspais afirmaron que non sabíanque un home estaba secues-trado na súa finca. Pensaban,segundo declararon, que omadeireiro estaba no cortellopor vontade propia.

Cargos: cooperadores necesarios

(Lalín) (Lalín)

Manuel Adán, alcalde, e Luis Fernández, párroco de Arcediago

Page 14: Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre

14 Comarca Cerne 122. Marzo 2016

Vinte persoas da comarca aca-ban de saír ao mercado laboralcoa formación necesaria paradesenvolverse profesional-mente no sector da xardinería.Son os alumnos, dez homes edez mulleres, que participaronno obradoiro de emprego es-pecializado en actividades au-xiliares en viveiros e xardínsque durante os últimos seismeses se impartiu nos conce-llos de Toques e Melide.

Cunha duración de 960 ho-ras, sete mestres traballaronna capacitación do alumnado

Clausuran o obradoiro que formou20 persoas no sector da xardinería

tanto para manter xardíns,parques e zonas verdes comopara a produción de plantas enviveiros. As prácticas incluíronactuacións nalgúns espazosde ámbolos dous municipios:en Melide traballouse na Prazadas Universidades, nos xar-díns das vivendas comuni-tarias e na área recreativa deFurelos. En Toques, nas con-tornas da casa consistorial, apiscina, a aula da natureza e oslocais sociais de varias parro-quias, ademais da área recrea-tiva de Pontequeimadas.

A clausura do obradoiro ea entrega dos certificados deprofesionalidade tivo lugar o29 de febreiro no edificio mul-tiusos de Souto, en Toques. Oalcalde do municipio, José Án-gel Penas, coincidiu coa rexe-dora melidá á hora de sinalarque a formación servirá “paraunha futura inserción laboral”e anunciou que vai solicitarconxuntamente con Curtis,Mesía e Sobrado un novoobradoiro, neste caso especia-lizado en atención sociosani-taria a persoas dependentes.

Alumnado do obradoiro cos mestres e representantes políticos de Toques e Melide

O Concello de Sobrado noncesa no seu empeño por atoparunha saída para a escola in-fantil da Galiña Azul, actual-mente en desuso: “temos unproblema con ese edificio, queao estar pechado se vai dete-riorando, e unha solución hai-lla que buscar”, recoñece oalcalde, Lisardo Santos.

As posibilidades son dúas;conseguir que volva abrir coafunción de gardería para a quefoi creado ou lograr que o Con-sorcio Galego de Benestar, en-tidade que xestiona o centro,lle ceda o seu uso ao Concellopara así poder destinalo a ou-tras actividades.

De momento os esforzos

Sobrado busca fórmulas para que agardería volva abrir o próximo curso

concéntranse na primeira op-ción e por iso o goberno localconvocou recentemente a unhareunión aos pais e nais confillos menores de tres anos. Oobxectivo é “intentar impulsarque unha vez que abra o prazode matrícula poñan como op-ción principal a gardería deSobrado e non outras como ade Curtis ou Arzúa”, sinala orexedor, quen lle explicou ásfamilias que tampouco seríaconveniente “matricular aosnenos por matricular” nin “porfacerlle un favor ao pobo”, xaque dese xeito a reapertura dagardería “non sería en firme”.

Lisardo Santos aseguraque “houbo interese” por parte

das familias que asistiron áreunión e amósase optimistasobre a posibilidade de que aGaliña Azul volva funcionar opróximo curso, tendo en contaademais que “o consorcio nonten un número mínimo dealumnos para abrila”.

Sobre isto engade que “oano anterior puxeron pegaporque a maioría dos nenosque había querían ir a mediaxornada e a Xunta xa tiña con-tratadas as empregadas a xor-nada enteira”, explica, “peroeste ano aínda non teñen feitaa contratación e entón inclusopodería abrir a media xornada,pero iso é unha decisión quesó depende do Consorcio”.

A Consellería do Medio Rural, que dirixe a melidense ÁnxelesVázquez, comprométese a rematar este ano a concentraciónparcelaria de Grixalba, en Sobrado. Iso foi o que se lle comu-nicou ao alcalde, Lisardo Santos, e a varios veciños desa pa-rroquia no transcurso dunha reunión en San Caetano.Vázquez asegurou que previsiblemente este mes de marzoa Consellería fará unha achega de 22 millóns de euros pararematar concentracións parcelarias en toda Galicia e que entreelas estará a de Grixalba.

Por outra banda, pero sen asumir compromiso ningúnneste caso, Ánxeles Vázquez manifestoulles que valorará aposibilidade de arranxar a estrada que vai de Sobrado a Me-lide pasando polo Bocelo.

Medio Rural promete cartos pararematar a parcelaria de Grixalba

O equipo de goberno de Santiso desprazouse o 3 de marzo ataA Coruña para manter unha reunión co presidente da Depu-tación, o socialista Valentín González Formoso, e trasladarlleas principais necesidades do municipio. Unha das cuestiónsque os mandatarios locais puxeron enriba da mesa foi a posi-bilidade de obter axuda do goberno provincial para potenciare desenvolver un parque empresarial no concello, máis concre-tamente en Visantoña, que terá un enlace directo coa futuraautovía Santiago-Lugo. Precisamente con esta idea, e nesamesma parroquia, xa se reservou solo industrial no PXOM,aprobado o ano pasado. Alcalde e concelleiros argumentaronque sería unha boa fórmula para xerar emprego e fixar poboa-ción. Por outra banda reiteraron a petición xa formulada paraconstruír unha senda peonil en Arcediago e outra en Visantoña.

Piden apoio na Deputación paraimpulsar un polígono en Santiso

Page 15: Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre

Publicidade 15Cerne 122. Marzo 2016

Tfno.: 981 506 392 Móbiles.: 619 229 334 / 686 312 851 www.casaalongos.com - [email protected]

AVOGADOS

!∀#∃%&!∀∋#()∗∀∋+∋,

−).+%∗#/%&!0!1%2#345%2

R/ Luis Seoane, 2 - 2”Tlf. 981 506 455 � Móbil 661 58 00 04

!∀#∃!

C. 1678

C. 711

# #

# #

R/ Luis Seoane, 2 - 2”Tlf. 981 506 455 � Móbil 661 58 00 04

!∀#∃!

C

# #

# #

� Móbil 661 58 00 04

HERDANZAS

# #

# #

� Móbil 661 58 00 04

# #

# #

� Móbil 661 58 00 04

# #

# #

� Móbil 661 58 00 04

MELIDE

Ana Pernas VilasusoC. 1678

Miguel Fernández LópezC. 711

# #

# #

� Móbil 661 58 00 04

R/ Luis Seoane, 2 - 2ºTlf.: 981 506 455 - 661 580 004

Zamburiñas

Propostas

ricas

e diferentes

Camiño Vello de Santiago - MELIDE

Burguer Pulpo“Casa Alongos”

Vieiras “Casa Alongos”

Hamburguesa

vegana

de cereais,

sementes,

verduras

e algas

Croquetas caseirasde cocido e bacallau

Page 16: Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre

16 Publicidade Cerne 122. Marzo 2016

`xÄÄÉÜ vÉÇ yÄÉÜxá

Rúa do Convento, nº 9 - MELIDETlfs.: 981 507 580 - 607 507 579

[email protected]

MELIDE

• Produtor de toda clase de flores

• Preparamos:Ramos de noiva, coroas, ramos,palmas, centros, etc..

• Estamos ao seu servizo en:

R/ Amador Rodríguez, 7Tfnos: 981 50 61 64 / 981 50 59 86

666 49 38 49 / 666 49 38 50

Avenida de América, 3 MELIDETlf.: 657 435 699

Page 17: Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre

Cultura e lecer 17Cerne 122. Marzo 2016

MELIDENSES NO EXTERIORδ

PABLO GARCíA, PRESIDENTE DA CASA DE GALICIA EN SANTURTzI

Pablo García naceu na parroquia de Ordes, en Toques, perocomo moitos veciños da comarca botou raíces no exterior;nunha bonita aldea, como di a canción, chamada Santurtzi.Alí entrou en contacto coa Casa de Galicia, da que leva

sendo socio sete anos. Agora, por petición dos seus compa-ñeiros, acaba de asumir o cargo de presidente co reto desumar a xuventude ao proxecto cultural que desenvolvene conservar a esencia de Galicia fóra das súas fronteiras.

“Para a morriña non hai antídoto, pero éo que nos impulsa para loitar polo noso”

XUNTA DIRECTIVA DA CASA DE GALICIA EN SANTURTZI

2016 - 2018

Mª Jesús FernándezVicepresidenta

Belén GarcíaTesoureira

Iñaki GorrotxateguiSecretario

Teresa de la SernaVicesecretaria

José Luis RodríguezVogal de RR.PP.

Isabel MuruxosaVogal de Folclore

Paz LodosVogal de Cultura

Manuel VaqueiroVogal de Festexos

Magín RodríguezVogal de Xuventude

Benedicto MéndezVogal Contador

Lutgarda PérezVogal de Biblioteca

Florencio CarroVogal de Locais

Pablo García Álvarez, presidente da Casa de Galicia en Santurtzi

- Por que decidiu dar opaso de optar á presi-dencia da asociación?-Pablo García (P.G.): O deser presidente foi algo queeu non tiña pensado pero em-pezaron a animarme os com-pañeiros de xunta directivae aquí estou. Espero estar á

altura desta sociedade.

- Que cambios ou proxec-tos ten previsto impulsarnos próximos dous anos?-P.G.: Non hai que facergrandes cambios xa que casetodos os membros da direc-tiva levamos o mesmo tempo

rexendo o destino da socie-dade. Sempre hai cousas no-vas que facer pero enprincipio o noso cometidoé seguir desenvolvendo asactividades habituais e conti-nuar divulgando a nosa cul-tura alá por onde esteamos.Tamén apoiar a nosa xuven-tude e animala a que sigaadiante coa Corxa, que é ovalor máis grande que temos.

- Cales son as principaisdificultades coas que seatopa a asociación?-P.G.: As máis importantesestán no terreo económico xaque as axudas das instituciónsson cada vez menores. No quese refire a materiais e infraes-truturas aínda se van com-portando ben, polo menosdende o Concello. En temascomo os locais de ensaio ou anivel de colaboración nos dis-tintos festexos que facemos,non temos queixa.

- Resulta difícil manter osentimento galego nasnovas xeracións, os fillose netos de emigrantesgalegos en Euskadi? -P.G.: Neste caso temos bas-tante sorte cos rapaces e rapa-zas que temos. Implícansebastante, sobre todo coaCorxa, que é onde eles gozan.O folclore é o seu, son unsartistas, pero a verdade é queé bastante difícil manter ovencello porque xa estamosfalando en moitos casos deterceiras e cuartas xeracións,así que hai que seguir loi-tando, non queda outra.

- Que actividades se estána realizar na actualidadedende a Casa de Galiciaen Santurtzi?-P.G.: As principais son dúas;por unha banda a Corxa, onde

integramos as diferentes dis-ciplinas da música tradicional,e por outra banda a edición darevista anual Nova Andaina,na que non só se reflictenas actividades que se fan aolongo do ano, senón queconsta tamén de artigos es-critos por socios da casa ecolaboradores externos. A súapublicación é posible grazasaos anunciantes de Santurtzipero tamén quero destacar anosa unión coa comarca deMelide, xa que tamén colabo-ran moitos establecementoscomercias da zona anuncián-dose nela. Ao longo do anotemos bastantes actuacións ecolaboramos moito con todasas asociacións do pobo e contodas as actividades que se or-ganizan, que non son poucas.

- Cantas persoas formanparte de Airiños GalegosDoce Albor? Teñen pre-vista algunha actuaciónno futuro próximo?-P.G.: Somos arredor de 40persoas. Actuacións temosbastantes: comezaremos ce-lebrando en maio as LetrasGalegas, que é a festa máisimportante que facemos nós,ademais do VIII CertamenCoral Manuel Garcia Soto“Cartiloxo”, que faremos odia 22 do mesmo mes coa par-ticipación de catro coros. Afeira organízase no Parquede Guernika cun polbeiro, ca-setas con artesáns galegos etamén de Euskadi. Da zona deMelide esperamos contar coaPanadería Toques e co artesánQuique Instrumentos Musi-cais. Por esas mesmas datasactuaremos nos festexos queorganiza o Centro Galego deBizkaia en Barakaldo, o maisantigo do mundo despois dode Montevideo. No mes dexuño celébrase o Día de Gali-

cia en Euskadi, no que par-ticipan os dez centros quecompoñen a Irmandade deCentros Galegos de Euskadi.Estas serían as actuaciónsmáis eminentes.

- Contaremos tamén esteano coa súa presenza naFoliada de Melide?-P.G.: Iso nin se pregunta.Para nós é unha das citas máisimportantes. Este ano estare-mos cun grupos de 25 ou 30persoas. Non a perdemos pornada, á xuventude encántalle:os cantos de taberna, a festapolos bares, o serán da noite...todo!

- O labor da Casa de Gali-cia é o mellor antídotocontra a morriña? Tencura?-P.G.: A morriña dos galegosque estamos fóra da terra nonten antídoto nin cura, peroé o que nos fai fortes e o quenos impulsa para loitar polonoso. O que nós intentamos éfacer cousas para que a xentesinta esa morriña, porque isoé unha cousa que non se podeperder, xa que se sentes esamorriña sempre tes ganas deir a Galicia. Á nosa xuventudeencántalle ir, por iso facemostodos os anos un intercambiocultural cun grupo de Galicia,procurando que sexa sempreun sitio diferente pra poderaprender as diferentes clasesde cultura que hai na nosaterra.

Page 18: Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre

18 Publicidade Cerne 122. Marzo 2016

- COMPRA E VENDA DE VEHÍCULOS- CHAPA E PINTURA

- RODAS

- GRÚA 24 HORAS- MECÁNICA

Estrada de Lugo - O Coto15800 MELIDE

Tlfs.: 981 50 73 52 - 629 31 84 [email protected]

- MENÚ DO DÍA

Santa María

MELIDE

Teléfonos:

981 50 76 17606 59 04 46

ESPECIALISTAS EN PARRILLADAS

- OS VENRES, COCIDO- CAZA POR ENCARGA

- COMIDAS PARA EVENTOS

Page 19: Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre

Cultura e lecer 19Cerne 122. Marzo 2016

O 12 de marzo foi un día deteatro en Melide, pero dunteatro diferente; no que nonexisten barreiras de cristal en-tre actores e espectadores, noque os escenarios son múl-tiples e se poden tocar e ulir,no que o público camiña, falae pregunta, no que se implicandiferentes colectivos da co-marca, persoas de todas asidades e agrupacións de di-ferentes provincias.

O Festival de Teatro Esco-lar de Melide é cousa de moitaxente, tanto na súa organiza-ción (á fronte da que estáno instituto, Metátese Teatroe o Concello), como na súaexecución, na que participanasociacións (Herba Grileira,Asociación Galega do XogoPopular e Tradicional) e aulasde teatro de cinco concellosdiferentes. O resultado detoda esa mestura é un pro-xecto peculiar e culturalmenteintegrador que se basea no in-tercambio de experiencias in-terxeneracionais e que afondana tradición propia.

Así o foi no seu nacemento,o ano pasado, e repetiu filoso-fía na segunda edición. A xor-nada comezou ben cedo polatarde coa actuación na Casada Cultura das aulas de teatrodo IES da Estrada, o CPI deTouro e do obradoiro muni-cipal de teatro de Palas. Doescenario foron fluíndo temá-ticas do máis diversas: dendeas relacións amorosas, a vio-lencia ou a incomunicaciónnun mundo globalizado ataas problemáticas propias daadolescencia.

Logo o espectáculo trasla-douse ás rúas do casco vello deMelide, onde o alumnado deTeiroa, a aula de teatro do IES,representou pezas curtas inte-ractuando co entorno e fa-cendo fincapé no Camiño deSantiago e en oficios tradicio-nais como o dos zapateiros ouas costureiras. No percorridopolo casco histórico tamén pu-xeron a nota musical as pan-dereteiras do instituto e aescola de música e baile tradi-cional Herba Grileira. Tam-pouco faltou a poesía.

Aprendendo sobre oficios tradicionais con Laia zapateiros

Colectivos e xeracións reunidas baixo o paraugas común do teatro

O festival organizado polo IES e o Concello implica a toda vilanunha xornada con música, xogos, poesía e aprendizaxes

Os xogos populares tamén formaron parte da programación

Para o peche o foco ilumi-nou de novo o salón de actosda Casa da Cultura, onde Tei-roa e a Escola Municipal deTeatro de Laxe interpretaron

“Na corda frouxa”. A aula deteatro do IES proseguirá agoraa súa programación con actua-cións en Galicia e intercam-bios con escolas de Portugal.

Música tradicional no roteiro realizado polas rúas da zona vella

A cantante melidense FátimaLea, representante de GaliciaCentro no concurso “Recantos”do Luar, realizou o pasado día4 a súa terceira actuación coobxectivo de dar un paso máiscara á final. E conseguiuno,malia non ser o seu mellor díanin realizar a súa mellor inter-pretación como consecuenciadun proceso gripal.

A artista local clasificouseautomaticamente para a ter-ceira fase do concurso, na quesó quedarán oito participantes,logo de interpretar unha ver-sión persoal do bolero “Amor,amor, amor”, popularizadopolo cantante portorriqueñoLuis Miguel. Dita versión nonconvenceu en demasía ao xu-rado, que a cualificou de “total-mente equivocada”. A respectodisto Tania Fuegho argumen-

Fátima Lea accede á terceirafase do concurso “Recantos”

Momento da actuación de Fátima Lea no programa Luar da TVG

tou que o ton non foi o co-rrecto: “faltoume que o can-taras máis doce, non me trans-mitiches ganas de acariñar”.Na mesma liña se pronunciououtro dos membros do xurado,Xosé Manuel Piñeiro, quennon obstante recoñeceu queFátima Lea “é unha das gran-des voces do concurso e iso éalgo indiscutible”. Máis con-forme se amosou Manuel deAndrade, que cualificou de “pe-culiar” a versión realizada polacantante de Melide e loou quelevara o tema ao seu estilo.

Con todo, o xurado outor-goulle a Fátima Lea 25 puntos,sete máis que a súa contrin-cante ese día, a representanteda Mariña, que obtivo 18. Trassumar outros cinco puntos davotación popular quedou á ca-beza da clasificación.

“Os 21 do Camiño” convocan o I Concurso de Carteis Anunciadores

A cuarta edición da mediamaratón entre Palas e Me-lide, “Os 21 do Camiño”, xaestá en marcha e dá os seusprimeiros pasos cun con-curso de carteis anuncia-dores que a organizacióndecidiu convocar este anopor primeira vez.

Os traballos deberánpresentarse antes do día1 de abril no [email protected] ou demaneira física na seguintedirección: Rúa do Convento21 baixo, Melide (Hardgali-cia). Deberán ser creaciónsorixinais e poderán reali-

zarse con materiais e técni-cas libres. Cada autor ouautora poderá presentar unmáximo de tres carteis. Oxurado valorará especial-mente a creatividade, o im-pacto visual e a relación coafilosofía do evento.

A elección dos premiadosrealizarase o domingo 3 deabril. Haberá un premio de120 euros para o cartel ga-ñador, outro de 50 para osegundo e un de 30 para oterceiro clasificado. Todasas pezas presentadas seránexpostas na liña de saída ede chegada da carreira.

José Manuel Pérez Paredes

José Manuel Pérez Paredes

Page 20: Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre

20 Cultura e lecer Cerne 122. Marzo 2016

Sobrado será denovo escenario

de rally

Sobrado será o punto dechegada final e de entregade premios do RallyTerras do Mandeo 2016,que é valedoiro para oCampionato de Españade Rallies de Terra e quese celebrará os días 13e 14 de maio con perco-rridos polos concellos deCurtis, Aranga e Guitiriz,ademais de Sobrado.

O día 12 de abril faraseun avance da presenta-ción do evento no CentroEtnográfico “Río Man-deo” de Teixeiro e o 4 demaio será a presentaciónoficial ante os medios decomunicación no Balnea-rio de Guitiriz. A organi-zación avanza que nestaterceira edición, ademaisdos mellores pilotos na-cionais, haberá “algunhasorpresa internacional”.

Poucos meses hai máis com-prometidos coa defensa e pro-moción da lingua propia ca ode febreiro, no que se celebrao Día da Lingua Nai e tamén oDía de Rosalía. Con motivodestas dúas efemérides e paraque o uso do galego non sexasó cousa de días sinalados,chegaron a Melide dous es-pectáculos promovidos polaXunta para animar aos cativosmenores de cinco anos a em-pregar “unha lingua moi bo-nita, que temos que falar nasnosas casas, no colexio, cosnosos amigos e na que temosque cantar...”.

Así llo transmitiu o Secre-tario Xeral de Política Lin-güística, Valentín García, aosescolares de Melide que asis-tiron á representación na Casada Cultura de Gatuxo, un es-pectáculo que fusiona a mú-sica, as cantigas, o teatro, oscontos, o clown e mesmo oclaqué e que representa a me-táfora do crecemento dunhacrianza e do descubrimento

Gatuxo e Rosalía animan aos cativos a seguir falando “a lingua máis bonita”

do mundo dende unha pers-pectiva artística.

O 24 de febreiro, con mo-tivo do 179º aniversario donacemento de Rosalía de Cas-tro chegou a Melide A viaxede Rosalía, unha obra na que,empregando monicreques ela-borados especificamente paraa representación e as ferra-mentas da narración oral, se

dan a coñecer as pasaxes davida e algúns do poemas daescritora padronesa.

Da man da actriz LarraitzUrruzola, polo escenario daCasa da Cultura pasou a Rosa-lía nena e outra máis adulta,ademais doutras personaxescomo a galiña do poema Teñotres pitas brancas, a madriña,o segador ou o neno Ignotus.

Un momento da representación de Gatuxo

A Coral Polifónica de Melide celebrou o pasado 4 de marzoasemblea xeral ordinaria para facer un balance das actividadesrealizadas durante o último ano, no que a corda dos baixos levouo temón da agrupación. En total realizáronse 85 ensaios e 11actuacións en diferentes puntos de Galicia, aínda que o proxectomáis destacado de todos os que se desenvolveron foi a postaen marcha do Festival de Habaneras no Camiño. Así o explicao presidente da Coral, Guillermo González, quen asegura quea directiva xa está inmersa na organización da segunda edicióndeste encontro musical. Ao mesmo tempo prepáranse as actua-cións máis inminentes, que serán nos Ánxeles (Melide) o díada Pascua e en Culleredo o 23 de abril. Tampouco no capítuloeconómico foron mal as cousas no último ano, pois a Coralpechou o exercicio cun superávit de 3.915 euros.

Foi chegar e encher. Participaban por pri-meira vez e conseguiron chegar ao máis altodo podio. A parella formada por Amancio eAlejandro, veciños do Concello de Oroso,proclamouse campioa do torneo de tenis de

Uns debutantes de Oroso vencenno torneo de tenis de Toques

O pavillón compostelán de Santa Isabel acolleu o 12 de marzoo campionato galego de loita olímpica. Ata alí se desprazou unnutrido grupo de deportistas en categoría escolar e junior. AEscuela Ayude de Melide fixo o propio e acudiu á cita con seteloitadores que despois de enfrontamentos moi disputados con-seguiron traer para a casa 7 ouros, dúas pratas e un bronce.Na disciplina de loita grecorromana os ouros foron para DiegoVázquez, Marcos Villamor e Aron Ayude, mentres que NahumAyude conseguiu un bronce. En loita libre olímpica repetironouros Diego e Marcos. Arón Ayude ganou a prata. En libre femi-nina, Sabela Cabado e Nerea Iglesias conseguiron cadanseu ouro.

Os de Ayude volven con 7 ouros do autonómico de loita olímpica

A directiva da Coral fai balance

Juan Luis Rúa

Campións e finalistas do torneo

Toques que sedisputou o 12 demarzo na modali-dade de dobres.Venceron na finalpor 9-6 ao dúoformado por Mi-guel e Diego, deArzúa. Taménhoubo recom-pensa en formade final de conso-lación para osque foron caendonas roldas pre-vias. Nesta casoos vencedores fo-ron Xoel e Iván,de Melide, que seimpuxeron por 9-4 a Mauro e Pa-blo, de Toques. O torneo dispu-touse dende as 9da mañá ata amedia noite e nelparticiparon 10parellas. Alumnos/as de Escuela Ayude participantes no torneo

Page 21: Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre

Publicidade 21Cerne 122. Marzo 2016

1º PREMIO: 500 € + lote de produtos da repostaría tradicional da Terra de Melide

2º PREMIO: circuíto termal para dúas persoas no Bal-neario Río Pambre + lote de produtos de repostaría.

3º PREMIO: lote de produtos da repostaría tradicional da Terra de Melide.

PARTICIPANTES: mairores de 15 anosTEMÁTICA: o melindre e a repostaría tradicional da Terrade MelideCARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:- Material e técnica: libre- Formato: vertical- Tamaño: 50x70 cmROTULACIÓN:XV Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terrade Melide - 7 e 8 de maio de 2016. Festa de InteresTurístico de Galicia

PRAZO: luns 4 de abril de 2016

Consulta a totalidade das BASES na web www.concellodemelide.org ou no departamento de cultura do Concello de Melide

Page 22: Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre

22 Colaboracións Cerne 122. Marzo 2016

Historia e mito de “María la portuguesa”Xosé Núñez López, escritor

A lectura no Cerne de febreirosobre o grande éxito da meli-dense Fátima Lea interpre-tando a canción María la Por-tuguesa no concurso Recantosdo Luar faime pensar que podeser interesante falar da apaixo-nante historia desta fermosacanción para todas aquelaspersoas que non a coñezan.Aquí quedan os datos que eutiña recollidos dende hai anose que son os seguintes: nanoite do día 5 de xaneiro doano 1985, cando un barco deHuelva se atopaba pescandolagostinos fronte á localidadeportuguesa de Castro Marim,sen autorización e polo tantode maneira ilegal, un cabo dosguardinhas portugueses, ape-lidado Nunes, fixo algúns dis-paros cara ao barco. Resultoumorto o mariñeiro españolJuan Flores, de 35 anos, ca-sado e pai de dúas nenas de8 e 4 anos de idade.

Avisada que foi a familia

en España, presentouse alí unirmán do falecido, chamadoManuel Flores, con algúns ou-tros familiares que se fixeroncargo do cadáver. Pola mañáfoi embarcado no transbor-dador que unía Castro Marimcon Ayamonte (Huelva), postoque daquela aínda non existíaa ponte que dende 1991 uneos dous pobos.

Manuel, o irmán do fale-cido, denunciou o feito ante ogoberno portugués, porque seuirmán morrera a consecuenciados disparos da Guardinha ereclamou unha indemnizaciónpara a viúva e as fillas de dousmillóns de pesetas. Celebradoo xuízo, o goberno portuguéssó lles abonou a cantidade de200.000 pesetas, que era amoeda de entón.

Ata aquí a historia real.Agora vén a parte na que nonsabemos canto hai de verdadee canto de lenda, porque pasa-dos algúns anos as novas de

que andaba unha misteriosamuller polo medio desteasunto, chegou a coñecementodun periodista da AxenciaEFE. Este entrevistou ao talManuel Flores, irmán do fale-cido, quen lle contou o se-guinte: cando el chegara aPortugal, xunto ao cadáver deseu irmán, estaba a carón delunha muller vestida de negro eduns 45 anos de idade que sólle dixo que era portuguesa, sendarlle ningunha outra explica-ción de porqué estaba alí. Nonse apartaba do falecido, ata opunto de que cando embarca-ron o cadaleito no transborda-dor ela tamén quixo embarcar,algo que lle impediron ao nonsaber quen era. Mais, candodesembarcaron en Ayamonte,ela xa estaba alí esperando noporto, sen saber por onde nincomo puidera pasar ao outrolado. Seguiunos sen apartarsedo ataúde ata que, cando xa íancamiño do cemiterio, desapa-

receu durante uns intres e re-tornou cunha coroa de florespara continuar detrás do cada-leito ata a sepultura, onde adeixou xunto cas coroas dafamilia e das amizades. Neseintre desapareceu e nunca máisse soubo dela, tan só que al-guén dixera que se chamabaMaría.

O autor do publicado naprensa é o periodista EnriquePrieto e anos despois foi ocantante Carlos Cano quencompuxo a famosa canción

María la Portuguesa baseán-dose nesa historia, convenien-temente adobada con certadose de lenda. Ayamonte débe-lle moitísimo á canción de JoséCarlos Cano Fernández (Gra-nada 1946-2000). Segundo tendito o alcalde desta localidade,son innumerables as visitas deturistas e xentes curiosas que,a partires de facerse tan popu-lar e co seu algo de misterio,quixeron visitar os sitios poronde se di que ocorreron osfeitos contados e cantados.

EFE

O día de tódolos díasVanessa Martínez Iglesias, xornalista

Carme levántase todas as ma-ñás e faille o almorzo ós fillosmentres o home aproveita unsminutos máis de cama. Des-pois a traballar, cada paxaro ásúa pola, ata que dan as 14h.Daquela sae do seu traballo,que ten en xornada reducida,porque ten que ir buscar osrapaces á escola. Cando o

home chega xantar, ela xa tenun durmindo, outro comendo,e a mesa posta para dous.

Isabel estudou. Os paistiñan claro que polo menoshabían estudar un dos fillos, efoi a rapaza a que sempre foimáis aplicada nos libros. Isa-bel estudou unha carreira eposicionouse ben nunha em-

presa na que era peza impor-tante. Chegandiño aos trintacasou e encargou un neno. Aoregreso da súa baixa por ma-ternidade, da súa carreira nonquedaba máis ca un amargorecordo. Amargo porque sem-pre amargan as cousas boasque o tempo nos sitúa lonxe.Agora vólvese incorporar ás

oito horas do seu choio, cunollo posto no reloxo porquesabe que, se non sae en punto,a rapaza que lle coida o cativocobraralle unha hora máis, ouque cando chegue, se cadra,xa o rapaz durme.

Cristina é a máis nova decatro irmáns, todos os demaishomes. O día da festa preparao xantar, sirve a mesa, recolle,frega, e prepara a louza para odía seguinte, cun ollo posto nosnenos que enredan na eira,mentres seus irmáns e os seuscuñados xogan a partida. “Cris-tina!!! Seica non hai unhasgotas?”, oe dende a cociña.

Elena aprendeu nos últi-mos meses que o Sintrom émáis ca o nome dun medica-mento. É un novo ritmo devida que se asentou na de súanai, e na súa, nos últimosanos. O pai de Elena ten unalzheimer que avanza a pasosaxigantados, tanto que xa nonpodían vivir sós. Así que Elenatróuxoos para a súa casa, encontra da vontade deles, quenon querían saír de onde sem-pre viviron. Pero só así podelevantarse de madrugada apoñerlle a el o conexo para quemexe tres ou catro veces nanoite, cando dende o cuarto dolado o sente remexerse. Súa

nai, coas rodillas operadas ecorroídas pola reuma mala-mente se dá valido para cha-mar por ela cando a precisan.Tantas veces. Ás 07.30h o es-pertador de Elena toca todolosdías para lembrarlle que, des-pois de cambiarlles o pañal,darlles o almorzo aos pais,deixar listo o do home, acen-der o lume e aprontar algode comida para ter feita aoxantar… despois diso, ten quemarchar traballar. Pola fiestrada cociña asexa para confir-mar que xa vén a rapaza queatenderá aos pais durante amañá, e pode marchar tran-quila. Vai tarde.

No xornal din que é o 8de marzo, día da muller. NoCongreso unhas pancartasvioletas din que é o día da mu-ller, e na televisión fanse pro-gramacións especiais. Destelado da vida, do lado dasbragas, e das saias, segueparecendo incrible que o 50%da poboación non se decatede que toda canta vida haisaíu dunha muller, e de quetodos están aquí porquetiveron unha nai. E mentres,darredor da mesa, os homesrin entre eles e din que xa estásendo demais tanta igual-dade… Onde imos ir parar!

Page 23: Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre

Entrevista 23Cerne 122. Marzo 2016

GUTIER PENAS TABOADA, PULPERíA TABOADA

“Fomos incorporando novos pratos a medida que os demandaba a xente”“Ás veces soño coas feiras e coas comidas”, recoñece Gutier Penas aofalar sobre a súa actividade profesional. Non é para menos, pois ademaisde xestionar unha empresa de catering que organiza eventos para ata 3.000persoas, este mozo emprendedor encárgase tamén do día a día do negocio

que hai un ano abriu na melidense Avenida de Lugo. Pulpería Taboadacelebra o 19 de marzo o seu primeiro aniversario coa satisfacción deter feito un oco entre a clientela da hostalería local e de incorporar novaspropostas á súa carta, entre elas o chuletón de boi certificado á pedra.

“Moita xentevén comer aquísó por probar acarne á pedra,

unha das nosasespecialidades”

“Organizamoscomidas para

bautizos, vodas,comuñóns e

festas con ata 3.000 persoas”

- En marzo cúmprese unano dende que PulperíaTaboada abriu as súasportas. Que balance fai?-Gutier Penas (G.P.): Paraser o primeiro ano, foi bo. Oscomezos son bastante difícilese a pesar de que eu xa traba-llaba na hostalería, semprecosta empezar algo novo. Omáis complicado aquí en Me-lide son os meses de inverno.Faise costa arriba.

- Os primeiros meses ta-mén son un período deprobas. Cambiou moito onegocio con respecto aoque era hai un ano?-G.P.: Algo cambiou, si. Ini-cialmente queriamos centraro local só no pulpo e no chu-rrasco, pero logo fomos vendoque a xente demandaba taménoutro tipo de comida e nontardamos en incorporar novospratos, algúns moi diferentesaos previstos inicialmente.Por exemplo, os pementos re-cheos, que están tendo moitoéxito. Tivemos que ir orien-tando a carta sobre a marcha.A pesar diso, hai outras cousasque non cambiaron: intro-ducimos pratos novos peroseguimos apostando por unhaforma tradicional de cociñare por unha comida caseira.

- Cales foron as principaisnovidades?-G.P.: Os pementos recheos,que comentaba, o revolto depulpo, o secreto ibérico ágrella, o chuletón de boi, ascroquetas de cocido…. Taménintroducimos algúns cambiosnos menús do día. Antes tiña-mos un e agora temos tresdiferentes: un de 9 euros, outrode 11 e outro de 15, con catroprimeiros e catro segundos aescoller en cada un. Isto débesea que a xente pedía algo depulpo ou algo de carne á pe-dra… pero como en xeral non

se pode comer á carta todosos días, buscamos a maneira deincorporar eses pratos máisdemandados ao menú.

- Ao principio apostastespola carne á pedra comoun dos pratos distintivosdo negocio? Que tal resul-tou? Tivo boa acollidaentre a clientela? -G.P.: Si, seguímola facendo e,de feito, é un dos pratos quemáis se pide. Xa empezamos aser coñecidos por iso e temosconstancia de que moita xentevén comer aquí só pola carne ápedra. É unha especialidadena que estamos tratando demellorar aínda máis. Hai cousadun mes incorporamos o chu-letón de boi certificado, o quenos dá garantía de máximacalidade. Case toda a carne vénde fóra, aínda que digan que éde aquí, pero coa certificaciónnon hai lugar para o engano

porque sabes onde foi criado oanimal, o que comía, canto pe-saba… todo. Cada peza é única.Tamén lle garante ao clienteque vai comer boi de verdadee non vaca vella, que é o quedan en moitos restaurantes.

- Vexo que traballa moitoas redes sociais...-G.P.: Si porque cada día cha-man por máis xente. Co casodo chuletón de boi certificado,foi subir a foto ao Facebook een menos dunha semana viñe-ron oito persoas a propósitopara probalo. Eu tamén traba-llo con catering e pola infor-mación que imos subindo aonoso perfil chámanme de fórapara facer comuñóns e outroseventos, só polas fotografíasque ven no Facebook. As redessociais van mover cada vezmáis xente. Agora mesmo es-tamos deseñando tamén unhapáxina web.

- Como se organiza paraxestionar vostede só apulpería e a empresa decatering? De onde saca otempo?-G.P.: É difícil. Na pulperíaabrimos de luns a domingo e ásveces ata soño coas feiras ecoas comidas. O catering poloinverno dame un respiro e anon ser que haxa unha festaconcreta ou algunha celebra-ción, é raro que se traballe polasemana. Pero o resto do anomovémonos por toda Españaorganizando comidas para gru-pos de 50 persoas como mí-nimo ata 3.000; Salamanca,León, Barcelona, Albacete,Madrid… En época de máximoapoxeo somos 25 persoas atraballar. Na pulpería estamostres pola semana e seis na finde semana.

- Parece que sábados e do-mingos se traballa ben…

-G.P.: Si, nas fins de semanaestamos sempre ao tope. Du-rante a semana a afluencia émáis variable: tanto podes tero comedor cheo como virchepouca xente. O menú do díavai tirando bastante ben e acurto prazo penso que vai termáis tirón, mentres constrúana autovía. Unha vez que estearematada… creo que vai levarmáis clientes dos que traia.Aínda que é certo que dendeque se abriu todo o tramo deLugo a Palas, vén máis xentecomer o pulpo a Melide. Su-poño que é porque xa temosa fama. De todos os xeitos,penso que a hostalería vaiseguir funcionando mentresfuncione o peregrino.

Pulpería TaboadaTlf: 981 50 74 26

Avenida de Lugo, 22

Gutier Penas cos premios conseguidos no último concurso de tapas de Asetem

Page 24: Nº 122. Marzo 2016. Distribución gratuíta Asinan o ... · P13 A viaxe do Concello a Sicilia chega ao parlamento galego PSOE e BNG esíxenlle á Xunta información detallada sobre

CERNE Cerne 122. Marzo 2016

al comprar tus mógraduadas

con

GRATIS2

77€

asgafas

Ronda de A Coruña, 2015800 MelideA Coruña

www.multiopticas.com