Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita...

24
Cerne o xornal da terra de Melide Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta EMpRESa Mercamelide terá vehículos de ocasión na edición do 27 e 28 de agosto EntREVISta Electrosan P23 MELIDE Piden man dura cos propietarios de fincas sen rozar próximas a vivendas P11 CoMaRCa A renda per capita de Toques está entre as 10 máis baixas de toda España Remata a concentración parcelaria de Visantoña O proceso durou vinte e catro anos e serviu para redu- cir as 7.534 fincas iniciais a 1.497. Feijóo entregou os títulos de propiedade en Vilar de Ferreiros. P14 Entra en competición o Melide fútbol sala feminino Está integrado por trece mozas da vila e competirá na categoría sénior da Liga Provincial. O seu grito de guerra é “ninguén dixo que fose doado”. P17 San Roque´16: Melide volve ter as mellores festas de Galicia O listón quedou moi alto o ano pasado e parecía difícil de superar pero o cartel da presente edición volveu sorprender de novo pola súa calidade e variedade. As orquestras máis demandas da actua- lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días de troula nos que se agarda unha afluencia masiva de xente. Non son festas para contalas, son festas para vivilas. Co- meza a conta atrás. P9 ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS TERRA DE MELIDE 26 anos ao teu servizo, 150 socios que fan medrar a comarca Tfno: 981 50 61 88 - [email protected] Lino Sexto Sánchez, 9 Baixo - 15800 MELIDE (A Coruña) Turismo Melide

Transcript of Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita...

Page 1: Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días ... Logo chegaría

Cerneo xornal da terra de MelideNº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta

EMpRESaMercamelideterá vehículosde ocasión naedición do 27 e 28 de agosto

EntREVISta

ElectrosanP23

MELIDEPiden man duracos propietariosde fincas senrozar próximasa vivendas P11

CoMaRCaA renda percapita de Toquesestá entre as 10máis baixas detoda España

Remata a concentraciónparcelaria de Visantoña

O proceso durou vinte e catro anos e serviu para redu-cir as 7.534 fincas iniciais a 1.497. Feijóo entregouos títulos de propiedade en Vilar de Ferreiros. P14

Entra en competición oMelide fútbol sala feminino

Está integrado por trece mozas da vila e competirána categoría sénior da Liga Provincial. O seu gritode guerra é “ninguén dixo que fose doado”. P17

San Roque´16: Melide volve teras mellores festas de Galicia

O listón quedou moi altoo ano pasado e parecíadifícil de superar pero ocartel da presente ediciónvolveu sorprender denovo pola súa calidade evariedade. As orquestrasmáis demandas da actua-lidade e a actuación deMaldita Nerea, EfectoPasillo e Merche son ospratos fortes de oito díasde troula nos que seagarda unha afluenciamasiva de xente. Non sonfestas para contalas, sonfestas para vivilas. Co-meza a conta atrás. P9

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS TERRA DE MELIDE

26 anos ao teu servizo, 150 socios que fan medrar a comarcaTfno: 981 50 61 88 - [email protected]

Lino Sexto Sánchez, 9 Baixo - 15800 MELIDE (A Coruña)

Turismo Melide

Page 2: Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días ... Logo chegaría

2 Editorial Cerne 127. Agosto 2016

Cerne Edición dixital en www.asetem.com

Publicación mensual de distribución gratuíta CooRDInaCIÓn E REDaCCIÓn: iván G. blanco

EDICIÓn: Asociación de Empresarios Terra de Melide (ASETEM-CCA)EnDEREZo: R/ Lino Sexto Sánchez 9, Melide (A Coruña)

Telf. e Fax: 981 506 188 E-mail: [email protected]ÓnS: Xosé Núñez, iria buxán, Silvia Pena

aGRaDECEMEntoS: Pilar López, Adolfo Álvarez, imprenta MeligrafIMpRESIÓn: Publicaciones Tameiga S.L.

DEpÓSIto LEGaL: OR / 57 / 84

Cerne non se responsabiliza das opinións manifestadas polos seus colaboradores

-EdiTORiAL..................................2-EMPRESA.....................................3-MELidE........................................9-COMARCA...................................13-CULTURA E LECER....................17-COLAbORACióNS......................22-ENTREViSTA..............................23

ÍnDICE

Editorial Tribuna de opinión

Desprotexidos ante o poder Manter as distancias Xunta Directiva de aSEtEM-CCa

Un home de 75 anos faleceunas estradas de Melide ao ca-erlle a pola dun eucalipto en-riba do coche que conducía.Sen dúbida a mala fortuna foia principal causante destadesgraza, pero quizais se po-dería ter evitado de gardar-mos as distancias mínimas deplantación con respecto ásestradas, que a Lei de Montesde Galicia fixa entre os 4 eos 10 metros dependendo daespecie da que se trate.

Certo é que o noso clima fa-vorece que as árbores medrenmesmo nas pedras, pero nonresulta menos certo que candoé o humano quen as plantaaproveita ata o último centí-metro de terra. Así que é que

temos árbores ata case nas cu-netas das estradas. E paréce-nos normal a pesar do perigoque representan, tanto en casode inclemencias meteorolóxi-cas como nas saídas de vía. Asdistancias que marca a lei res-péctanse en contados casos.

Non acontece o mesmocoas distancias respecto doscondutos eléctricos e das in-fraestruturas de tendidos. Senós non as respectamos xa seencargan as compañías eléc-tricas de que o fagamos víacortas periódicas ao seu cargo.Será porque as árbores podencausar prexuízos económicos.Os cartos importan. As vidastamén. Sexamos responsablese respectemos as distancias.

O Concello de Sobrado acolleurecentemente a proxección deFrankenstein 04155, un docu-mental elaborado polo galegoAitor Rei no que se afonda so-bre as causas que provocarono accidente do tren Alvia aquelxullo de 2013 en Santiago, noque faleceron 80 persoas eoutras 140 resultaron feridas.

Poderíase definir como odocumental que as esferas dopoder non queren que vexa-mos. É incómodo porquebusca ofrecer a verdade quenunca se contou. Molesta por-que pon en evidencia a travésdun descomunal traballo deinvestigación de 4.000 horasque houbo máis responsablesque o maquinista e o exceso develocidade. Provoca temorporque saca á luz documentosque nunca antes a viran e quedeliberadamente non se dei-xaron chegar aos medios decomunicación co obxectivo defabricar unha verdade sobre oaccidente. Proe porque achegadatos que resultaron determi-nantes para que a Unión Euro-pea concluíse que a investi-gación do Ministerio de Fo-mento sobre o sinistro non foiindependente.

O propio título do docu-mental condensa en si amagnitude da tropelía. Fran-kenstein era o nome co que os

propios ferroviarios bautizaronese tren, definido como “unaborto da enxeñería” e cons-truído a cachos, adaptandopezas doutros trens, para po-der reunir os requisitos necesa-rios e botar a andar a tempopor unhas vías cuxo trazadose modificou oito meses antesdunhas eleccións. A promesaelectoral da alta velocidade aGalicia.

Logo chegaría a falta de se-guridade do trazado e a falta dosistema de freado automático.Logo o accidente e logo a fabri-cación da realidade por partedas cúpulas do poder para evi-tar algo tan básico como asu-mir as responsabilidades dunmesmo. Máis tarde viría a loita

dos familiares das vítimas porcoñecer a verdade: “somos ciu-dadanos con nuestros recursosluchando contra el aparato delestado, contra todo su podery contra el dinero que tiene”.

Frankenstein 04155 apelaao sentimento do espectador,pero non a través das emo-cións de lágrima fácil, senón através dos datos e da rigorosi-dade. Fai que nos sintamos in-significantes, que dubidemosda xustiza e que pensemos noimperfecta que é a nosa demo-cracia. Fai que recordemos oYak 42 ou o accidente do me-tro de Valencia. Os mesmos“protocolos”. Vexan o docu-mental e sentiranse despro-texidos ante o poder.

Page 3: Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días ... Logo chegaría

Empresa 3Cerne 127. Agosto 2016

- Fotos antigas do Catastro de Melide- Concentración parcelaria- Legalización de pozos, traídas de auga, etc...

JAVIER LÓPEZ LÓPEZENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA - Colexiado 1049

- Partición de herdanzas (partixas)- Informes periciais e valoracións- Proxectos agrícolas

Tfno./ Fax: 981 50 54 82 - Móbil 639 82 00 24 - E-mail: [email protected]úa Xosé Ramón Fdz. Castro, 14 - 15.800 MELIDE (A Coruña)

peritosmelide.blogspot.com.es

- Medición de terreos- Catastro- Segregacións e agrupacións- Imposto de sucesións

O comercio despega a medio

gas en Galicia

As vendas no comerciominorista de Galicia subi-ron un 4,4% en xuño conrespecto ao mesmo mesdo ano pasado segundo osúltimos datos publicadospolo iNE. Este incrementoé 1,6 puntos inferior ámedia española e sitúa aGalicia no terceiro postopola cola. Só Extremadura(+3,3) e Andalucía (+3,2)rexistraron aumentos infe-riores ao galego. Os maiorrepunte foi o da Comuni-dade Valenciana (+8,5). Ascifras son máis similaresao analizar o comporta-mento no que vai de ano:as vendas aumentaron enGalicia un 4,6% e no con-xunto de España un 4,7%entre xaneiro e xuño.

Os datos, non obstante,son positivos e tradúcensenunha maior ocupación nosector do comercio mino-rista en Galicia: medrouun 1,1% na taxa interanual,por debaixo tamén doavance estatal (+1,7). Osdous indicadores, vendase emprego, acumulan 22meses consecutivos de cre-cemento na comunidade.

Por sectores, as grandessuperficies aumentaron assúas plantillas un 1,8% eas grandes cadeas un 4%mentres que as pequenascadeas e as empresas uni-localizadas elevaron a súaforza laboral un 0,9% nosdous casos.

asetem anima a crear espazos cardioprotexidoscoa instalación de desfibriladores en empresas

O Pazo de Eidián (Agolada), socio de Asetem, é o primeiro pazo rural cardioprotexido de Galicia

A busca da excelencia naprestación e servizos aocliente é unha máxima cons-tante para calquera esta-blecemento hostaleiro. Nesesentido o Pazo de Eidián, si-tuado no veciño concello deAgolada e socio de Asetem,acaba de dar un paso adiantecoa instalación dun desfibri-lador semiautomático conasistencia médica e GPS inte-grados que fan del o primeiropazo de turismo rural cardio-protexido de toda Galicia.

deste xeito o Pazo deEidián convértese nun esta-blecemento pioneiro en ma-teria de seguridade anteriscos sanitarios e tamén nunexemplo que a patronal me-lidense tentará estender aoutros negocios e empresasda comarca tendo en contaque este tipo de equiposaumentan nun 90% as posi-bilidades de supervivenciaante unha parada cardíaca eque son un dos medios máisefectivos para paliar un dosinconvenientes do medio ru-ral; a distancia dos centroshospitalarios.

Nesa liña Asetem xa ini-ciou conversas coa empresab+Safe, unha das distribui-doras de desfibriladores enGalicia, para, á volta do ve-rán, organizar charlas infor-mativas para asociados eanimar a crear espazos car-dioprotexidos, especialmenteno polígono industrial.

o tempo é vitalNo caso do Pazo de Eidián,

situado nun entorno naturalprivilexiado pero afastado degrandes núcleos de poboa-ción, foi precisamente a loca-lización un dos motivos quelevou á xerencia do complexoa instalar o desfibrilador: “lasituación geográfica hacedifícil la pronta llegada delos servicios de emergencia”,recoñece isabel blasco, cons-ciente de que o tempo é unhacuestión vital nun caso deparada cardíaca. A marxe dereacción para salvar a unhavítima non vai moito máisaló dos 4 ou 5 minutos, coagravante de que cada mi-nuto perdido supón un 10%menos de probabilidade desupervivencia.

Agora di sentirse máissegura, tendo en conta ade-mais que o do Pazo de Eidiáné un desfibrilador opera-cional conectado. isto queredicir que está dotado de tele-asistencia, telecontrol e xeo-localización as 24 horas dodía. Ao collelo salta unhaalarma na central, onde unespecialista atende ao usua-rio ao tempo que se activa oprotocolo de emerxencia co112 e se envía unha ambu-lancia á localización exactaque indica o GPS incorpo-rado no equipo. “Ahora tene-mos a cualquier hora y encualquier lugar del pazo ysus jardines el apoyo directode personal de emergencias

y la garantía de que nos loca-lizarán sin problemas”, ex-plica a xerenta do pazo.

Un longo camiñoA presenza de desfibrila-dores en lugares con moitotránsito de xente ou afasta-dos de hospitais é cada vezmaior en España pero as ci-fras seguen a situarse aíndamoi por debaixo da maioríade países europeos.

Segundo un estudo rea-lizado pola empresa b+Safe,só o 29% dos hoteis das 12principais capitais españolascontan cun equipo destascaracterísticas. En Españafalecen preto de 100 persoasao día por parada cardíaca.

Page 4: Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días ... Logo chegaría

4 Publicidade Cerne 127. Agosto 2016

al comprar tusmó progresivasalta gama

GRATIS2

197€

asgafas

Ronda de A Coruña, 2015800 MelideA Coruña

www.multiopticas.comTabora

REXCE ÓPTICA: E-15-001238REXCE AUDIO: E-15-001241

Page 5: Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días ... Logo chegaría

Empresa 5Cerne 127. Agosto 2016

O Pazo de Congresos e Exposi-cións acollerá na fin de semanado 27 e 28 de agosto unha novaedición do Mercamelide, a dé-cimo oitava, que chega na súaversión de verán cunha impor-tante novidade: a participacióndo sector do automóbil, quedespois dunha presenza efé-mera hai tres anos regresa paraformar parte da variada ofertaque poderán atopar os visi-tantes da feira de saldos.

Será a segunda vez quehaxa automóbiles á venda noMercamelide. A primeira foino ano 2013, tamén nunhaedición de verán, máis daquelaa iniciativa non conseguiucallar e perpetuarse no tempo.Agora o sector volve con forzae, a falta de varios días parapechar o prazo de inscricióne das últimas confirmacións,contarase cando menos coapresenza de catro concesiona-rios da vila. Ofrecerán cochesde ocasión, de segunda man etamén marcas con rebaixas.

dende Asetem animouseespecialmente aos concesiona-rios asociados a participar na

Mercamelide recupera os vehículosde ocasión para a súa XVIII edición

feira de saldos; xa non só porfacela máis variada e atractivapara o cliente, senón taménpor considerar que é un exce-lente escaparate para darllepublicidade a un sector xaasentado pero con gran poten-cial en Melide. “Moita xenteaínda non é consciente dasposibilidades que ofrece a vilaá hora de mercar un vehículosen necesidade de desprazarseás cidades. Queremos faceriso visible”, apuntan dende a

directiva da patronal.

Grandes saldos e sorteosÁ marxe das novidades, o Mer-camelide ofrecerá “de todopara todos”, como vén sendotradicional, con rebaixas noprezo que poden chegar ata o70% nalgúns casos. Ao igual caen edicións anteriores taménse mantén o reparto de rifaspor cada compra realizada paraparticipar no sorteo de valespor valor de ata 500 €.

as empresas usuarias do viveiro municipal só pagarán 90 € ao mes

Axudas para os titulares de explotacións leiteiras

A Consellería do MedioRural acaba de sacar unhaliña de axudas para explo-tacións leiteiras que es-tean en dificultades finan-cieiras derivadas da súaactividade.

Poderán ser beneficia-rios destas axudas as per-soas titulares de explota-cións de vacún de leite queestean en algúnha dasseguintes situacións:

- Que teñan cotas ven-cidas e impagadas ou em-bargos de préstamosconcedidos para a mellorada súa explotación.

- Que modifiquen ascondicións de créditosconcedidos (refinancia-ción, ampliación de prazode pagamento ou períodode carencia do capital).

- Que posúan débedascon provedores da explo-tación gandeira vencidas enon pagadas con un prazode máis de tres mesesdende o vencemento.

Entre as obrigas esixi-das ao percibir a axudaestá a de exercer a activi-dade agraria polo menosdurante cinco anos dende

o pagamento de dita axudae acreditar nun mes dendeo pago da mesma que oimporte foi destinado aosconceptos subvencionados.O prazo de solicitude re-mata o 29 de agosto.

outras axudas da administración galega

- Axudas económicas des-tinadas a fomentar o aso-ciacionismo e a parti-cipación das mulleres.Prazo: ata o 29 de agosto.

- Subvencións para o re-mate de fachadas e cu-bertas, rehabilitación e re-construción de edificios evivendas no ámbito rural,histórico e do camiños deSantiago. Prazo: ata o 8de setembro.

- Axudas para a adquisi-ción de materiais e pezasde mobiliario de cociña ebaño. Prazo: ata o 15 deoutubro.

- Axudas para a adquisi-ción de taxis adaptados apersoas con mobilidadereducida. Prazo: ata o 14de outubro.

O prezo inclúe a utilización dos despachos e o acceso a servizoscomo a análise de proxectos ou o asesoramento xurídico e laboral

Rematadas as obras e apro-bada definitivamente a orde-nanza que regulará o seu uso,ao viveiro de empresas habili-tado no Edificio Multiusos deMelide tan só lle resta abrir assúas portas e comezar a aco-ller emprendedores e novosproxectos empresariais.

Polo uso das instalaciónsas empresas que nun futuropróximo resulten adxudicata-rias pagarán cada mes 90 eu-ros máis iVE. Ese é o prezoestablecido polo Concello paraa ocupación de cada un doscinco despachos cos que contao centro (que poderán ser uti-lizados por un prazo máximode dous anos) e para o accesoaos servizos que se prestarán

a través da Cámara de Comer-cio de Santiago: tutelaxe dosproxectos e asesoría xurídica,fiscal e laboral.

dita taxa cobre tamén asubministración de auga,calefacción, electricidade e alimpeza dos espazos comúns.Non así a dos despachos, daque serán responsables osusuarios. Tampouco se in-clúen nos servizos prestadosas comunicacións telefónicas,material de oficina e o servizode fax ou fotocopiadora, quetamén correrán por conta dosusuarios. Pola utilización dasala de xuntas, das salas deformación ou dos espazos co-múns haberá que pagar igualque se fai polo uso das insta-

lacións deportivas e culturaisdo concello de Melide.

O viveiro nace coa voca-ción de favorecer a creaciónde novas empresas, diversi-ficar a estrutura produtivalocal e xerar emprego non sóen Melide, senón tamén noresto da comarca. de feitoentre os potenciais usuariosdo centro inclúense os em-prendedores dos concellosde Sobrado, Toques, Santiso,Arzúa, boimorto e Vilasantar,tal e como se recolle no conve-nio asinado entre o concellode Melide e a cámara de co-mercio compostelá.

Poderán ser beneficiariosos titulares de empresas quecomecen actividade ou da-

quelas de nova creación queteñan unha antigüidade má-xima de 24 meses. Tamén osemprendedores que precisenespazo para preparar unproxecto. Neste caso só terándispoñibles as instalaciónsdurante un prazo de tres me-ses. A selección de beneficia-

rios realizarase mediante con-vocatoria pública.

O viveiro de empresasconta cunha superficie útil de241 metros cadrados e dá ca-bida a cinco despachos, aulasde formación con capacidadepara 21 persoas, zona de des-canso, aseos e zonas comúns.

As instalacións do viveiro, no Multiusos, xa están rematadas

Os coches ofertáronse por primeira e única vez na Xii edición

Page 6: Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días ... Logo chegaría

6 Empresa Cerne 127. Agosto 2016

SUBVENCIÓNS PARA EMPRESAS

InCEntIVoS Á CREaCIÓn DE EMpREGo E InCREMEntoDa EStaBILIDaDE LaBoRaL. ConVoCatoRIa 2016- beneficiarios: empregadores e empresas privadas, calquera que sexaa forma xurídica.- Prazos de Solicitude:

Para as contratacións subvencionables realizadas entre o01/01/2016 e o 14/07/2016, ata o 14/09/2016.

Para as contratacións subvencionables realizadas entre dendeo 15/07/2016, ata o último día do segundo mes seguinte á data decontratación; como máximo, ata o 30/09/2016.- Liñas de axuda:

1. InCEntIVoS Á ContRataCIÓn InDEFInIDa InICIaLContratacións indefinidas iniciais realizadas entre o 01/01/2016 e o30/09/2016, a tempo completo ou parcial (xornada mínima do 50%),con desempregados maiores de 30 anos que esgotasen as prestaciónspor desemprego. A contratación ten que supoñer un incremento docadro de persoal fixo da empresa e do emprego neto da empresa, conrespecto á media dos 3 meses anteriores.- Contías: entre 5.400 euros e 7.590 euros (a xornada completa).- Obrigas, entre outras: manter no cadro de persoal aos traballadoressubvencionados, así como o número de persoas traballadoras fixas,durante 2 anos dende a contratación.

2. InCEntIVoS Á tRanSFoRMaCIÓn DE ContRatoStEMpoRaIS En InDEFInIDoSTransformacións en indefinidos dos contratos de prácticas, formacióne aprendizaxe ou substitución por anticipación da idade de xubilación,realizada entre o 01/01/2016 e o 30/09/2016, cando se produza aoremate da duración inicial da contratación temporal. A contrataciónten que supoñer un incremento do cadro de persoal fixo da empresarespecto á media dos 3 meses anteriores.- Contía: 2.000 euros (a xornada completa).- Obrigas, entre outras: manter no cadro de persoal aos traballadoressubvencionados, así como o número de persoas traballadoras fixas,durante 2 anos dende a transformación.

3. InCEntIVoS Á ContRataCIÓn tEMpoRaLCalquera modalidade de contratación temporal de duración mínimade 6 meses, realizada entre o 01/01/2016 e o 30/09/2016, con persoasdesempregadas que esgotasen as prestacións por desemprego. A con-tratación deberá supoñer un incremento do emprego neto da entidaderespecto á media dos 3 meses anteriores.- Contía: 200 euros por cada mes completo de duración do contrato,ata un máximo de 12 meses (20 euros mensuais adicionais, no casode que a persoa contratada sexa unha muller).- Obrigas: manter no seu cadro de persoal a persoa traballadora con-tratada polo período de duración do contrato obxecto de subvención.

4. InCEntIVoS Á ContRataCIÓn DE pERSoaS DESEM-pREGaS En SItUaCIÓn oU RISCo DE EXCLUSIÓn SoCIaLContratacións indefinidas iniciais e contratacións de carácter temporalrealizadas entre o 01/01/2016 e o 30/09/2016, con persoas desem-pregadas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social, citadosna orde da convocatoria (duración mínima 6 meses); e a persoas de-sempregadas perceptoras da RiSGA (duración mínima 7 meses).Coacontratación indefinida inicial ten que incrementarse o cadro de per-soal fixo da empresa respecto aos 3 meses anteriores á contratación.- Contías:

.- Contratacións indefinidas iniciais: 10.000 euros.

.- Contratacións temporais: entre 2.500 euros e 5.000 euros.- Obrigas, entre outras:

.- Contratación indefinida inicial: manter entre o persoal fixo aostraballadores subvencionados durante 2 anos dende a contratación.

.- Contratación temporal: Manter no cadro de persoal a persoa tra-balladora polo tempo que dure a contratación obxecto da subvención.

Información elaborada por CC Xestión

dairylac, o proxecto emprendidoconxuntamente pola empresa meli-dense Lasurgal, as cooperativasiCOS e Codeira e a Xunta a través deXesgalicia poñerá no mercado nosvindeiros meses novos produtos lác-teos de alto valor engadido baixo amarca deleitar. En concreto, comer-cializará nata, queixo mascarponee queixo crema, leite pasteurizadoe manteiga.

O lanzamento destes produtos,destinados fundamentalmente áhostalería e a obradoiros, formaparte da primeira das tres fases deexpansión que contempla levar acabo a empresa e das que deu contaa finais de xullo, e precisamente naplanta de Lasurgal na Madanela,o presidente do consello de adminis-

Comeza a expansión da planta de Lasurgal enMelide coa fabricación de novos produtos

tración, Jaume Llopis.A segunda fase do proxecto de

dayrilac pasa por desenvolver unhaliña de queixos, obxectivo para o quexa presentou unha oferta por dúasqueixerías, unha de Santa Comba eoutra do Pino, que están en concursode acredores. A terceira fase da ex-pansión consiste en construír unhatorre de secado e deshidratado deleite e de soro para a elaboración deprodutos de alimentación infantil. Oproxecto ten un custo aproximadode 20 millóns de euros, dos que 5serían achegados pola Consellería doMedio Rural. A empresa xa dispóndos permisos necesarios para empe-zar a construír a torre este mesmoano nunha parcela situada a carónda planta de Lasurgal.

En 2015 tres conselleiros desembarcaron nas instalacións de Lasurgal naMadanela para anunciar o apoio ao proxecto cun investimento de 1,9 millóns

MELIDE E PALAS ABREN AS PORTAS DO MERCADO LABORAL A MOZOS/AS ENTRE 14 E 18 ANOS

Deseñando o teu futuro é o nome doprograma que están a poñer en mar-cha conxuntamente os concellos deMelide e Palas de Rei para que mo-zos e mozas con idades comprendi-das entre os 14 e os 18 anos entrenen contacto co mercado de traballo.

Non obstante, o proxecto nonpretende que os participantes se po-ñan a traballar, senón que realicenvisitas ou estadías a empresas dacomarca para coñecer de primeiraman a realidade laboral. ditas es-tancias terán unha duración de 6días por participante, cunha xor-nada diaria de 6 horas. durantetodo ese tempo os mozos e mozasestarán guiados por persoal das em-presas e a súa evolución tamén será

supervisada por parte de persoal téc-nico dos dous concellos. Ao rematerecibirán un diploma acreditativo.

Pola realización desta actividadeformativa os participantes non reci-birán ningunha remuneración, agás6 euros diarios para cubrir gastos detransporte. As estancia tampouco im-plicará ningún tipo de relación labo-ral. Pola súa banda as empresas teránprohibido cubrir postos de traballo doseu cadro de persoal cos participantesda actividade formativa.

Poderán acollerse a Deseñandoo teu futuro un total de 22 mozos/as,11 de cada municipio. Os interesadosen participar deberán cubrir un for-mulario e presentar unha solicitudenos seus respectivos concellos.

Page 7: Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días ... Logo chegaría

Publicidade 7Cerne 127. Agosto 2016

2º ANIVERSARIO

XaneiroO mellor da tradición e a innovación hostaleira

en MELIDE

38ANOS

Cafetería-Pensión

Page 8: Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días ... Logo chegaría

8 Publicidade Cerne 127. Agosto 2016

REBAIXAS

California 66

Rosaleda, 5

Tlf.: 687 776 436

Moda home-muller

Síguenos en

Ronda de Pontevedra, 6115800 Melide

(A Coruña)Telf. 881 956 394

[email protected]@blogspot.com

C/ Avda. de América, 3 MELIDE

San Pedro, 4

MELIDE

Tlf:981 50 79 66

R/ Alexandre Bóveda, 2981 50 17 87

MODA HOME - MULLER

Mercedes Abad LeónTfno.: 981 50 63 70 - 610 75 78 84

Rúa do convento, 1515800 MELIDE

- VENDA DE EQUIPOS INFORMÁTICOS- CENTRO DE FORMACIÓN

- DESEÑO WEBR/ Rosaleda, 10MELIDE

Tlf.: 981 50 71 69www.infor-byte.com

Avenida de América, 3 MELIDE

R/ San Pedro, 10626 56 49 02 MELIDE

Page 9: Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días ... Logo chegaría

Melide 9Cerne 127. Agosto 2016

Queridos veciños/as e visitantes de Melide,

É para min unha gran satisfacción dirixirme porprimeira vez como alcaldesa a todos/as vós medianteo tradicional saúdo da Alcaldía con motivo das Festasde San Roque 2016. É o meu desexo e o de toda aCorporación Municipal que presido que todas e todosas/os melidás e melidaos e aqueles/as que nos visitencompartan estes días tan merecidos de lecer, ocio ediversión. Son datas moi emotivas e especiais paratodos/as nós. O San Roque non é unha festa máis.Ten un fondo saudoso. É unha festa de encontro,de encontro cos familiares queridos, cos amigos dainfancia, cos que están fóra durante todo o ano, cosnosos emigrantes que materializan o seu desexo deretorno, de voltar á Terra Nai. Unha festa sentidacomo algo consubstancial á propia vila.

Quero felicitar e agradecer á Comisión deFestexos pola elaboración dun programa que unhavez máis constitúe unha referencia dentro do pano-rama de festexos de Galicia. Felicitación que fagoextensíbel a todos/as os que dun xeito ou outro cola-boraron na organización dos distintos actos queas festas xeran. Haberá actuacións e actividades paratodos os públicos: percorrido musical polas rúas eprazas da vila, agrupacións de música tradicional,concertos de pop-rock, feira medieval, as melloresorquestras e bandas de Galicia, e moitos outros actose actividades que de seguro vos satisfarán e gostarán.

Quero tamén aproveitar este saúda para dese-xarvos unhas felices festas e animarvos a que desfru-tedes o máximo posíbel destes días coas actividadesprogramadas e que a hospitalidade, tolerancia, soli-dariedade e cariño que nos caracterizan se plasmennas nosas rúas e prazas.

Por último, non quero esquecerme daquelaspersoas que, por un motivo ou outro, non poderánestar entre nós mais seguro que teremos no nosorecordo e corazón.

Dalia García CousoAlcaldesa do Concello de Melide

SAN ROQUE 2016

Un cartel “de primeira división” auguraunhas festas multitudinarias en Melide

bomba, Marbella, Metrópolis,Nueva Fuerza e Caramelo. Nonobstante este ano cobran máispeso as actuacións de cantan-tes e grupos sobradamente co-ñecidos no panorama musicalespañol. En concreto serántres os pratos fortes desta edi-ción: a cantante gaditana Mer-che, os canarios Efecto Pasilloe Maldita Nerea.

Precisamente este grupode pop-rock murciano encar-garase de dar o pistoletazo desaída do San Roque 2016 noplano musical, xa que o arran-que oficial, que tradicional-mente tiña lugar cun concertoda Orquestra Sinfónica de Me-lide, correrá este ano a cargoda Conselleira do Medio Rural,Ánxeles Vázquez, quen seencargará de pronunciar opregón. Será o sábado 13 ás23:30 horas no Cantón de

San Roque. de todos os xeitos o am-

biente festivo comezará xa nodía previo coa inauguración doMercado Medieval Peregrino,que vai pola súa quinta edicióne que se asocia xa á programa-ción do San Roque. Serán ca-tro días, ata o 15 de agosto, nosque o casco histórico retroce-derá varios séculos e nos queas rúas se encherán de acti-vidade con actuacións practi-camente cada media hora.

A todo isto hai que sumaras actuacións dos grupos demúsica tradicional da vila, asbandas, a Coral de Melide, opercorrido do Conservatorio etodas as actividades relacio-nadas con dous días moi segui-dos pola veciñanza: o do río eo do neno. Non son festas paracontalas, son festas para vivi-las. Comeza a conta atrás.

Melide volve presumir de fes-tas. O listón quedou moi alto oano pasado e parecía difícil desuperar pero o cartel do SanRoque 2016 volveu sorprenderde novo pola súa calidade e va-riedade. É pouco probable quenon se repita o éxito da ediciónanterior a xulgar polos comen-tarios que non deixan de escoi-tarse dende que se fixo públicoo cartel e que asocian o nomeda vila a unhas das melloresfestas do panorama galego.

O San Roque 2016 ten uncartel “de primeira división”.Así o definiu durante a presen-tación do mesmo a alcaldesade Melide, dalia García, quenquixo agradecer a implicaciónda comisión de festas e o es-forzo realizado por facer davila “o epicentro do ocio musi-cal e cultural de toda Galicia”.Pola súa banda os trece mem-bros da comisión do San Ro-que aseguran afrontar o seusegundo ano á fronte da orga-nización coa responsabilidadede intentar cumprir coas ex-pectativas xeradas. Tamén coorgullo de levar o nome de Me-lide e as súas festas “a todos osrecunchos” de conseguir quesigan sendo “unhas das máisgrandes de Galicia”. Así o ex-presaron a través do saúdodo libro do San Roque, no quese dirixiron a toda a cidadaníapara solicitar unha única con-trapartida ao seu esforzo: “par-ticipar, divertirse e disfrutarde cada acto programado”. Asatisfacción de melidenses evisitantes será, aseguran, “amellor recompensa que po-demos obter”.

nove días de festadende o 12 ata o 20 de agostoa actividade será frenética enMelide. A aposta programáticapasa de novo en 2016 polasmellores orquestras do mo-mento: Combo dominicano,París de Noia e Panorama re-petirán actuación no Cantóndo San Roque, onde o ano pa-sado conseguiron congregar amiles de persoas. A elas suma-ranse outras cinco orquestras:

Page 10: Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días ... Logo chegaría

10 Melide Cerne 127. Agosto 2016

No 2016 cúmprense 25 anosdun San Roque que supuxo unpunto de inflexión e que mar-cou o inicio do camiño cara ásfestas de Melide tal e como asentendemos hoxe en día.

Foron varias as singulari-dades dos festexos daquel ano,que duraron cinco días. Entreas máis relevantes estivo ocambio nos espazos de cele-bración, motivado pola che-gada por primeira vez á vila deorquestras con escenarios mó-biles, nomeadamente a da Te-levisión de Galicia, que naquelmomento era unha das máiscotizadas. Ese avance técnicosupuxo que se abandonase oxardín do Cantón de San Ro-que como lugar para instalar oescenario e que por primeiravez se cortase a estrada nacio-nal para situar nela as orques-tras e que os veciños puidesengozar mellor das actuacións.“Tradicionalmente os palcospoñíanse debaixo das árborespero alí as boas orquestrasnon lucían”, explica EmilioAres, un dos membros da co-misión de festas naquel entónxunto con Fernando blanco,ignacio Castro, Luis ManuelMejuto, Ramón Pardo, AurelioVázquez, Roberto Mejuto, Ela-dio Miguélez e Roberto Pardo.

O San Roque de 1991 taméndeixou un momento para ahistoria pois ese ano, concreta-mente o 17 de agosto, estreouseo Himno de Melide, que se

Vinte e cinco anos do San Roqueque marcou un antes e un despois

encargaron de interpretar con-xuntamente a banda de Músicade Lalín e a de Celanova.

FestilandiaOutra das herdanzas que nosdeixa o San Roque de 1991 éo día do Neno, que se seguiucelebrando dende aquela atachegar á actualidade comounha das xornadas máis agar-dadas polos cativos da vila. Seagora normalmente se reservapara o peche dos festexos, na-quela primeira edición o díado Neno serviu como inaugu-ración. Celebrouse o 15 deagosto baixo a denominaciónde “Festilandia” e a progra-mación incluíu un parque deatraccións, bonecos, regalos,caramelos e unha actuacióninspirada en barrio Sésamo, o

programa infantil que naquelaépoca triunfaba en TVE. Averbena, co grupo bella Época,foi dedicada tamén aos nenose houbo ademais un concursode bailes con premios.

Un pequeno sustoAquel San Roque de hai 25anos tamén tivo os seus con-tratempos: houbo un dos díasno que as tracas dos fogos deartificio saíron defectuosas eo combustible derretíase aoestoupar caendo sobre a xente.“Queimou os traxes e as cha-quetas dunhas 50 ou 60 per-soas”, recorda Emilio Ares.Naquel momento a compañíaaseguradora fíxose cargo dosestragos e hoxe en día, pasadoo tempo, aquel incidente que-dou nunha anécdota.

A Romería internacional marcou os San Roque dos anos 90

Concerto da banda Municipal nun San Roque de principios dos 90

Programación do día do Neno, celebrado o 15 de agostoAs bandas de Lalín e Celanova interpretaron o Himno de Melide

En 1991 estreouse o Himno de Melide, instaurouse o día do Nenoe por primeira vez cortouse a estrada para tocaren as orquestras

Museo da Terra de Melide

Museo da Terra de Melide

Page 11: Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días ... Logo chegaría

O Concello de Melide viuse naobriga de modificar o proxectode mellora da Alhóndiga, ou oque é o mesmo, a segunda fasedas obras da rúa San Antón.O motivo, dar cabida ás reco-mendacións realizadas ao res-pecto pola dirección Xeral dePatrimonio, que entendeu quea transición coa Praza do Con-vento e o Camiño de Ovedonon era de todo correcta e quese debía realizar doutro xeito“para respectar o máximoposible a estética”.

En concreto, os cambiosafectan á disposición do ado-quinado, que inicialmente seprevía colocar formando undebuxo en forma de espiral.Agora, tendo en conta que aárea afectada pola reforma “éunha zona de tránsito”, a capade rodadura levará adoquínscolocados lonxitudinalmentee o espazo restante lousas degranito.

Estas directrices recóllensenun informe que Patrimonio

O pavimento non poderá ir colocado en forma de espiral

patrimonio insta a cambiar a estética da segunda fase da rúa San antón

ten a obriga de elaborar aoafectar as obras a unha área ca-talogada como casco histórico.dito documento foille remitidoao Concello a principios domes de xullo e malia informarfavorablemente sobre o con-xunto do proxecto, incidiu nascuestións estéticas para evitaro impacto visual ao transitardunha rúa a outra.

Os cambios xa foron apro-bados en sesión plenaria eagora darase inicio ao expe-diente de contratación dasobras, nas que se investirán99.733 euros procedentesdo Plan de Aforro e investi-mentos (PAi) da deputación.Os traballos teñen que estaradxudicados antes do día 30de novembro.

Melide 11Cerne 127. Agosto 2016

o pSoE pídelle ao goberno local que apliqueman dura cos propietarios de fincas sen rozar

Nun dos veráns máis secosdos últimos anos as fincassen rozar convértense nocombustible perfecto en casode producírense incendiosforestais. Partindo disto edos riscos que implican, es-pecialmente cando se tratade soares de natureza urbanaou parcelas próximas a vi-vendas do medio rural, os so-cialistas acusan ao gobernolocal de actuar con poucacontundencia naqueles casosen que os propietarios in-cumpren co deber de manteras súas parcelas saneadas.

Neste sentido o PSOE re-mítese ao bando publicadono mes de maio polo propioexecutivo popular, no queinstaba á poboación a aco-meter a limpeza de soares eadvertía de posibles sancións

en caso de incumprimento,entre elas cargar subsidiaria-mente cos custos dos traba-llos que tivese que facer oConcello en caso necesario.

Ao respecto o voceiro doPSOE, José Antonio Prado,sinala que “o primeiro en nonactuar conforme ao bando é opropio goberno local, que nonfai ningunha comprobacióndos incumprimentos e tam-pouco actúa a pesar dosrequirimentos de veciñosafectados por situacións deelevado risco, alegando quenon hai tempo nin medios”.

trámites complexosA alcaldesa, dalia García,argumenta que o Concello“sempre” inicia expedientessancionadores ao recibir no-tificacións de veciños afecta-

dos por fincas sen limpar.“imos actuar, pero ningunhamaquinaria pública pode en-trar nunha finca privada sencumprir antes todo un pro-ceso de trámites que non sonnada sinxelos e que hai querespectar, porque doutroxeito estaríamos incorrendonunha ilegalidade”, apuntaa rexedora. dalia García en-

A maioría de parcelas abandonadaspertencen a herdeiros sen identificar

gade que ese proceso se com-plica porque a maioría defincas abandonadas “son deveciños non empadroados enMelide ou de herdeiros senidentificar, polo que as noti-ficación chegan de volta”.

Para o PSOE é unha cues-tión de “desidia” porque asfincas, din, “son todos osanos as mesmas”.

Manter as fincas limpas diminúe o risco de incendios

As festas do San Roque deixan grandes beneficios na vila perotamén algúns inconvenientes inevitables derivados da masivaafluencia de xente á vila. Entre eles están os malos oloresprovocados polos ouriños dos mozos contra as paredes.O Concello está disposto a minimizar este ano o impactodese problema e por iso incluíu no dispositivo especial quese deseñou con motivo dos festexos unha medida específica:procederá ao pintado das fachadas “de determinados puntossensibles” cunha pintura especial que producirá “un efectorepelente en todo aquel que ouriñe nas paredes”. Esta pin-tura, que se utiliza xeralmente en barcos, está a ter cada vezmáis aceptación nas zonas de movida. Crea unha barreirasobre a superficie que se aplica e non deixa penetrar a urinaque, ao tocar a capa de protección, rebota contra o home.

Pintura anti mexo para os “puntos sensibles” do San Roque

O Concello editaun rueiro para

peregrinos

Os albergues dos camiñosFrancés de Primitivo situa-dos no municipio de Me-lide recibiron de xeito gra-tuíto un rueiro que acabade editar o Concello paraser repartido entre os pere-grinos. Con esta iniciativaa concellería de Turismoquere “promocionar osprincipais monumentos davila e sitios de interese tu-rístico” e deste xeito “poñeren valor o casco antigo emonumental”. dito rueiro,dirixido tamén a visitantes,contén ademais informa-ción e teléfonos de interese.

Á marxe desta inicia-tiva e tendo en conta “oimpacto económico e so-cial” que o Camiño ten navila, o Concello está taména traballar na mellora dasinalización, tanto na ver-tente francesa como naprimitiva.

Antes Despois

Page 12: Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días ... Logo chegaría

12 Melide Cerne 127. Agosto 2017

O xerente do Consorcio Galego de igualdade e benestar, Per-fecto Rodríguez, anunciou durante unha visita á residencia daterceira idade que no mes de setembro se iniciará a posta enservizo das 36 novas prazas creadas tralas obras de ampliaciónque acometeu a Xunta no centro. Farase, segundo indicou, deforma progresiva, de xeito que “inicialmente” só se poñeránen funcionamento 14 desas prazas. Cando entren en servizo as22 restantes o centro disporá dun total de 52 prazas.

O anuncio do Consorcio chega pouco tempo despois dasqueixas formuladas polo PSOE ao respecto, que criticaba atardanza en habilitar as prazas creadas toda vez que as obrasde ampliación se remataron en 2015 e a Xunta xa anunciaraque estarían funcionando a pleno rendemento a principios dopresente ano.

Os factores humanos, ben sexao exceso de velocidade, undespiste ou unha conduciónnon apropiada para as condi-cións da estrada acostuman aestar detrás da maioría dos ac-cidentes de tráfico. Pero haiocasións nas que só é cuestiónde mala fortuna, de estar nolugar equivocado no momentoequivocado.

Tal foi o que lle aconteceua un matrimonio de septuaxe-narios de Antas de Ulla ao quelles caeu enriba do coche unhapóla de eucalipto de grandesdimensións cando circulabapola AC-840 ao seu paso porMelide. O suceso produciusepouco despois do campo defútbol municipal (en direcciónAgolada) na mañá do 22 dexullo. O impacto da póla es-magou a parte dianteira dovehículo e foi tan brusco queprovocou a morte do condutorno instante.

O coche seguiu avanzandosen control preto de 400 me-tros a carón do quitamedos elogo saíu da vía para percorreroutros cincuenta metros máis

Seguen sen estar claros os motivos polos que caeu o eucalipto

perde a vida tras caerlle unha póla deeucalipto sobre o coche que conducía

polo monte e acabar chocandocontra unha árbore. A mullerque viaxaba de acompañanteapenas sufriu danos, aíndaque foi atendida polo persoalsanitario do 061, que se des-prazou ata o lugar xunto conefectivos de Protección Civilde Melide, axentes de Tráficoe os bombeiros de Arzúa.

Un misterioA día de hoxe segue sen estarclaro que foi o que motivou a

caída da póla sobre o vehículo,pois as condicións climatolóxi-cas eran favorables ese día, nonse rexistraron ventos de impor-tancia nin se estaban a realizarlabores de corta. dende Protec-ción Civil de Melide apuntanque “é un misterio” e barallancomo posible hipótese que aárbore estivese podre e que acorrente provocada polo pasodun camión ou outro tipo detransporte pesado contribuísea desestabilizala.

durante o mes de xullo a casa-museo de Furelos, situada enpleno Camiño francés, recibiua visita de 4.234 persoas, un62% máis ca no mesmo mes doano pasado, cando rexistrou2.613 visitantes.

do total de persoas que pa-saron polo lugar o 98% foronperegrinos, dos cales a maioría(65%) eran españois. destacanespecialmente os de orixe an-daluza, que fan o Camiño habi-tualmente “en grandes gruposde excursións organizadas”,segundo explican as técnicasdo punto de información queacolle a casa-museo. Séguenosde preto os madrileños, queadoitan peregrinar “en peque-nos grupos ou en familia”. En-tre os camiñantes estranxeiros,o país prioritario de proceden-cia é italia, seguido de EstadosUnidos e Alemaña.

Na casa-museo de Furelos

Bombeiros Arzúa

A casa museo é punto habitual de parada para os peregrinos

aténdense entre 150 e 200 visi-tantes diarios, que preguntansobre todo por cuestións re-lacionadas co aloxamento enMelide, a gastronomía e o pa-trimonio. Moitos entran sópara cuñar as súas credenciais,momento no que as técnicas

do punto de información apro-veitan para “involucralos navida do concello” e promocio-nar as actividades de ocio e oseventos que teñen lugar na vila.

Só un 2% dos visitantes domuseo son turistas, principal-mente de Galicia e Euskadi.

Xullo rexistra un incremento do 62%nas visitas á casa-museo de Furelos

Yolanda Pérez, nova concelleira do PP

Yolanda Pérez pasará a formarparte proximamente da corpora-ción melidense. Farao como con-celleira do PP e en substitucióndo edil Rolando Mejuto, falecidorecentemente. Técnica deportivade profesión e número 10 da listacoa que os populares concorreronás eleccións, tomará posesión novindeiro pleno municipal.

Benestar abrirá en setembro 14 das 36 novas prazas da residencia da 3ª idade

Page 13: Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días ... Logo chegaría

Comarca 13Cerne 127. Agosto 2016

Corría o ano 2008 cando Eu-lalia Frade, unha veciña doConcello de Santiso, decidiudenunciar as obras de reformae ampliación que o concelleirode urbanismo do PP (naquelentón no goberno local) estabaa realizar na súa vivenda. Con-sideraba que se estaban infrin-xindo “todas as normas” e queademais “se estaba facendouso dun cargo público parabeneficio propio”.

Previamente presentara unescrito solicitando informa-ción no Concello, que tardoucatro meses en instar á para-lización das obras, o que paraa denunciante supoñía unhaclara actitude de pasividade.Por iso na súa cruzada persoalEulalia Frade levou o asunto áXunta de Galicia que, tras rea-lizar a correspondente inspec-ción das obras emitiu a travésda Axencia da Legalidade Ur-banística un informe demo-ledor no que se conclúe queos traballos realizados nonson legalizables e que se debeproceder á súa demolición.

os tempos da cuestión urbanística

dito informe tamén instaao Concello a que tramite a re-posición da legalidade no queafecta ás súas competencias;isto é, no referido á constru-ción dunha caseta, dun murode contención e dun muro depeche na parcela.

Complot políticoA partir deste punto é candoos tempos de Eulalia Frade eda administración local come-zan a correr a velocidades dis-tintas. En opinión desta veciñatodos os partidos políticos egobernantes que ocuparona alcaldía de Santiso dendeentón “incumpriron as súasobrigas legais” e “atrasarondeliberadamente” a reposiciónda legalidade no caso que eladenunciou “para non actuar”.Acúsaos ademais de “taparseuns aos outros”.

A este respecto sinala que“ningún cidadán normal podedixerir que un concelleiro deurbanismo salte todas as nor-mas cando el é o responsablede facelas cumprir e que iso

se consinta”. A isto engade que“para uns veciños hai lei e paraoutros non”, en alusión á sen-tenza que obrigou a derrubara parte alta da súa casa debarazón Pequeno logo de serdenunciada por realizar obrasde reforma sen licenza.

Cuestión de prioridadesO actual alcalde de Santiso,Manuel Adán (bNG) nega ro-tundamente que se estea aignorar o asunto de formaintencionada: “aquí medimosa todo o mundo coa mesmavara e ese caso e outros máisaínda non se solucionaronporque temos problemas nasecretaría, moitas cousas en-riba da mesa e hai que priori-zar”. Nesa liña engade que asprioridades son aquelas quebenefician “ao conxunto de ve-ciños”, como por exemplo oPlan de Obras e Servizos 2015,que aínda está sen executar: “émáis importante iso ca outrosasuntos, que tamén teñen asúa importancia pero parapersoas concretas”.

Unha veciña de Santiso acusa ao Concello de atrasar “deliberadamente” a

reposición da legalidade nunhas obras con infraccións que ela denunciou

Medio Rural non quere que haxa dúbidas sobre o que se podee o que non se pode facer nos espazos afectados pola RedeNatura. Tampouco que concellos e habitantes destas zonas deprotección ambiental operen constantemente na inseguridadexurídica. É por iso que a consellería acaba de remitirlle denovo aos municipios destas áreas os criterios comúns sobreos usos permitidos nos terreos de actividade agropecuaria(agrícola,gandeira e forestal) en zonas de Rede Natura.

de xeito resumido, permítese a rexeneración e man-temento de terreos dedicados ao uso agrícola ou gandeiroe a aradura de fincas agrícolas abandonadas hai menos de10 anos ou despois dunha concentración parcelaria. Pódeserozar maleza en montes de eucaliptos e piñeiros sempre queas copas das árbores cubran máis do 50% da superficie doterreo. Tamén se permite renovar os prados e manter en boascondicións as pistas, camiños, peches de fincas ou cortalumes.

Con respecto ás reforestacións, só se permiten se existeunha planificación ao respecto. O mesmo ten que pasar parapoder cortar plantacións de eucaliptos ou piñeiros.

A Xunta aclara os usos permitidosnos terreos da Rede Natura

O mes de agosto co-mezou traxicamenteen Santiso, onde fale-ceu afogado un veciñode Melide tras mergu-llarse co seu vehículonas augas do encorode Portodemouros.

O suceso produ-ciuse o día 1 sobre as10:30 horas candoJ.J.P.P. descendeu coseu coche do ferri noque se subira en Vilade Cruces para cruzarata beigondo. Trascompletar a manobrade desembarque con-tinuou conducindopola rampla de cemento caraás augas do encoro ata mer-gullarse completamente.

Mobilizado o servizo deemerxencias do 112, os pri-meiros en chegar ao lugarforon os bombeiros de Arzúa,

Falece tras mergullarse co seu cocheno embalse de portodemouros

que non puideron máis queconfirmar a presenza do homedentro do vehículo e sinalizaro punto exacto no que se ato-paba o automóbil; na beirado embalse pero a unha pro-fundidade aproximada de 7

metros. O seu traballo facili-tou a intervención do equipode buzos do Grupo Especialde Actividades Subacuáticas(GEAS) da Garda Civil, que foio que finalmente rescatou ocadáver do home e o vehículo.

dezaseis mozos e mozas da comarca remataron con éxito ocurso de Horta Ecolóxica que tivo lugar dende o 16 de xuñonun espazo do centro de día de Melide. A iniciativa, que sedesenvolveu ao abeiro da Estratexia de inclusión Social 2014-2020 da Xunta de Galicia e a través do equipo de inclusión deArzúa, tivo unha duración de 50 horas, das cales 40 foronprácticas. Como obxectivo prioritario o curso perseguiu pre-parar aos asistentes para desempeñar unha ocupación pro-fesional e tamén permitir que incorporasen experiencia aoseu currículo e traballar as aptitudes para o autoemprego. Naentrega de diplomas participou o xerente do Consorcio Galegode benestar, Perfecto R. Muíños, e a alcaldesa de Melide.

Prácticas na horta ecolóxica comopunto de partida ó autoemprego

Rober Amado

Unha unidade especial da Garda Civil rescatou o cadáver e o coche

Page 14: Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días ... Logo chegaría

14 Comarca Cerne 127. Agosto 2016

a Banda de Visantoña volve collerfolgos grazas ao forte apoio social

Máis de 100 persoas participan na cea solidaria organizada pararecadar fondos e garantir a continuidade da súa escola de música

“Grazas aos socios a escolapode continuar. Se non fosepor isto sería moi difícil”. Ob-xectivo conseguido; a Asocia-ción Cultural banda-Escolade Música de Visantoña volverespirar. Con estas palabraso certificaba daniel Roibás,membro da xunta directiva, nomomento de agradecer a cola-boración de todas as persoasque acudiron á chamada daentidade e participaron na ceasolidaria organizada o pasado5 de agosto no Pazo de Vilar deFerreiros co obxectivo de reca-dar cartos para poder mantera actividade da escola de

música e da banda á que dásoporte a asociación.

Socios, veciños e músicosde diferentes idades quixerondarlle apoio ao baluarte cul-tural dunha parroquia, Visan-toña, cuxa historia recentexa non se entende sen a súabanda (que en 2017 cumprirá140 anos) e na que non hai fa-milia nin casa na que algúndos seus membros non teñapasado por dita agrupaciónmusical. Así quedou patenteno momento en que a direc-tiva da asociación obsequioucon medallas, e a xeito de ho-menaxe, “ás persoas impor-

tantes” que permitiron quea banda chegase ata a actua-lidade: os músicos. A entregacomezou polo alumnado daescola Eugenio Pazos Reyes econtinuou polas persoas pre-sentes na cea que algún díaformaron parte da banda.

Mención especial recibirono director do Pazo de Vilar deFerreiros, Jesús Camba, e ogrupo que o xestiona, RutaJacobea, pola “excepcionalcolaboración con todas as aso-ciacións de Santiso e especial-mente coa nosa”, destacoudaniel Roibás durante a en-trega dunha placa conmemo-

rativa que, ao seu xuízo, “émoito menos do que mere-cen”. Tamén a recibiu XoséNúñez, presidente de honrada banda.

do mesmo xeito houbo unrecoñecemento para aquelasentidades, empresas e persoasque colaboran ou colaboraronnalgún momento coas activi-

dades da asociación: imprentaMeligraf, Autos Suárez, Xoie-ría Roval, o xornal Cerne eSoqui Cea.

A velada completouse coaactuación do grupo musicalSon Remolino que, tratándosedun acto solidario, quixo ache-gar o seu gran de area e actuougratuitamente.

Cunha renda per cápita media de 11.497 euros, os habitantesde Toques están entre os galegos con menor capacidadeadquisitiva. Tan só o municipio de Cervantes (Lugo), cunharenda bruta media de 11.061 €, evita que os toqueses sexano pechacancelas do ranking galego. Estes dous concellos nonsó comparten o dubidoso honor de estar á cola de Galicia,senón que tamén están entre os dez municipios de todaEspaña con menor nivel de renda.

Así se deduce a partir dos datos publicados recentementepola Axencia Tributaria logo de analizar os ingresos polos queos residentes dos municipios de máis de 1.000 habitantes(288 en Galicia) tributaron ao longo do ano 2013 en conceptode iRPF. O resto de concellos da Terra de Melide tampoucosaen moi ben parados, pois ningún deles se achegan ninde lonxe á renda per cápita media de Galicia (21.394 euros).Melide, cabeceira de comarca, é o único que consegue situarsena parte media da clasificación autonómica (posto 128).O ranking encabézano Oleiros, As Pontes, A Coruña, Nigrán,Santiago, bergondo, Cabanas, Teo, Vigo e baiona.

Toques está entre os dez concellosmáis pobres de toda España

Visantoña tivo que agardar 24 anospara ver rematada a concentraciónVeciños e veciñas da parroquiade Visantoña (Santiso) reco-lleron o pasado 18 de xullo demans do presidente da Xunta,Alberto Núñez Feijóo, e daconselleira de Medio Rural,Ánxeles Vázquez, os títulos daconcentración parcelaria. Oacto de entrega , celebrado noPazo de Vilar de Ferreiros,puxo fin a un proceso que du-rou 24 anos e no que se actuousobre 992 hectáreas de terreopara pasar das 7.534 fincasiniciais ás 1.497 actuais.

O titular da Xunta referiuseao proceso de reestruturaciónde terras como unha ferra-menta útil para seguir apos-tando polo futuro do ruralgalego e aludiu á concentraciónparcelaria como “a clave paradarlle máis oportunidades”. Nasúa intervención Núñez Feijóosubliñou que neste momentoa administración autonómicaestá a traballar en 137 zonasque suporán 129.000 hectáreasconcentradas que serán entre-gadas nun prazo de entre trese catro anos e que suporán “unantes e un despois no rural”.A Xunta dedicou este ano 30millóns ás parcelarias. Feijóo e Vázquez entregáronlle os títulos aos veciños/as

Un momento da entrega de medallas

Concello Renda bruta media

Posto rankingautonómico

Posto rankingnacional

Oleiros

Melide

Santiso

Sobrado

Toques

Cervantes

38134.698 €

1.99412816.375 €

2.79026813.243 €

2.84227912.898 €

2.95528711.497 €

-288 (último)11.061 €

Page 15: Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días ... Logo chegaría

Publicidade 15Cerne 127. Agosto 2016

AVOGADOS

!∀#∃%&!∀∋#()∗∀∋+∋,

−).+%∗#/%&!0!1%2#345%2

R/ Luis Seoane, 2 - 2”Tlf. 981 506 455 � Móbil 661 58 00 04

!∀#∃!

C. 1678

C. 711

# #

# #

R/ Luis Seoane, 2 - 2”Tlf. 981 506 455 � Móbil 661 58 00 04

!∀#∃!

C

# #

# #

� Móbil 661 58 00 04

HERDANZAS

# #

# #

� Móbil 661 58 00 04

# #

# #

� Móbil 661 58 00 04

# #

# #

� Móbil 661 58 00 04

MELIDE

Ana Pernas VilasusoC. 1678

Miguel Fernández LópezC. 711

# #

# #

� Móbil 661 58 00 04

R/ Luis Seoane, 2 - 2ºTlf.: 981 506 455 - 661 580 004

VIVIENDAS - CHALETS - BAJOS - SOLARES

Tlf.:982 28 61 00

PISOS EN FOZ Y MELIDE

CHALETS Y SOLARES EN MELIDE

ALQUILER - VENTA

ALQUILER CON OPCIÓNA COMPRA

Page 16: Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días ... Logo chegaría

16 Publicidade Cerne 127. Agosto 2016

MVesón

isantoña

˃ Comida caseira˃ Bocadillos, pizzas,hamburguesas, sandwiches...˃ Karaoke˃ Wifi

Seoane - VisantoñaTlf.: 981 51 07 65

Page 17: Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días ... Logo chegaría

Cultura e lecer 17Cerne 127. Agosto 2016

Volve o Melide Fútbol Sala Feminino

As trece xogadoras do Melide Fútbol Sala Feminino e o adestrador do equipo, Fran Monterroso

O equipo, integrado por 13 mozas da vila, debutará á volta do verán na categoría sénior da liga provincial. “Ninguén dixo que fose doado” é o seu lema

Forxaron as súas calidadesfutbolísticas durante anos agolpe de talento e ilusión nasescolas deportivas do Conce-llo. A pasada tempada tiveronunha primeira toma de con-tacto nunha liga pequena ecurta que soubo a pouco maliadeixar bo sabor de boca.Agora, moito antes do agar-dado, toda esa bagaxe cristali-zou no Melide Fútbol SalaFeminino, que volve ser unharealidade máis de dúas déca-das despois da primeira efallida intentona.

Á volta do verán o con-xunto saltará ás canchas paracompetir na liga provincial sé-nior cun equipo integrado portrece mozas da vila: dolores,Xanaia, María, Anabel, Ale-

xandra, dulce, Elisa, inés, An-drea, Nerea, Elvi, Aroa e Patri.

A experiencia será todoun reto, non só por tratarse da

primeira incursión nunha ligalonga con equipos xa moi con-solidados como opoñentes,senón tamén por unha simple

cuestión de idade: “xogaremosnunha liga sénior con rapazasde 12 a 15 anos, algunhas dascales aínda poderían competir

en categoría infantil”, di JoséMaría Valcárcel, pai dunhadas xogadoras e parte pro-motora deste proxecto, “in-corporamos unha mozamaior que nos dará un plusde tranquilidade e experien-cia pero aínda así seguensendo moi novas”.

Ese será o principal hán-dicap a xuízo de Fran Mon-terroso, o adestrador, quetamén por primeira vez sepon á fronte dun equipo de

fútbol sala: “elas non lle teñenmedo a nada pero son nenase a condición física non é amesma dunha muller”. Sexa

como sexa os retos están parasuperalos, e máis nun equipoque ten por grito de guerra olema “ninguén dixo que fosedoado”.

“As rapazas o que querené xogar”, comenta José Mª Val-cárcel, “se vemos que isto é undesastre deportivamente valo-raremos outras alternativaspero facemos as cousas por bene cremos que hai unha sementede fútbol sala en Melide”. Oobxectivo é que esa sementeprenda e se consolide, algopara o que tamén resulta fun-damental o bo clima que se res-pira no equipo: “somos comounha pequena familia”, di FranMonterroso dende a experien-cia propia, “é raro chegar a unclub e que haxa tan boa sinto-nía dende o principio”.

A ilusión, o traballo e asboas intencións dificilmentechegan a porto en proxectoscoma este sen un soporte eco-nómico. Nese aspecto o equipo,á marxe do apoio que siga reci-bindo do Concello e das sub-vencións da deputación, aspiraa reunir pola súa conta os6.000 euros necesarios paracustear os gastos de despraza-mentos, arbitraxes, inscriciónse fichas das xogadoras. Asfontes de financiamento sonfundamentalmente dúas: porunha banda a captación desocios, que vai “a bo ritmo”, epor outra a colaboración de 11empresas da vila (as que acom-pañan este texto) e de JimSports como patrocinador.

Todos os elementos estánenriba da mesa. Falta ver o re-sultado. Ninguén dixo que fosedoado. Tampouco imposible.

Page 18: Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días ... Logo chegaría

18 Publicidade Cerne 127. Agosto 2016

CAFÉ - BAR

TAPERÍA

RUTA MOTERA

APERTURA !!ESTRADA DA AGOLADA , MELIDE

- PRATOS COMBINADOS

- HAMBURGUESAS

- BOCADILLOS- RACIÓNS

Page 19: Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días ... Logo chegaría

Hai pouco máis dun mes a Asocia-ción Charamela recibía a Medalla deOuro de Melide. Entre outros moitosmotivos que xustificaron dito recoñe-cemento estaba o feito de seren capa-ces de implicar a diferentes xeraciónse veciños de todas as idades no seufacer cultural.

A máxima expresión desa filosofíacobrou corpo coa celebración o pa-sado 6 de agosto do Vii Encontro in-terxeracional “O abrazo das idades”,

“O ABRAZO DAS IDADES”, CONVIVENCIA E ENTRETEMENTO ARREDOR DA CULTURA

unha xornada de convivencia e entre-temento para todos os públicos arre-dor da cultura. O concurso “Ti si quevales”, que goza de grande aceptación,contou coa actuación de dúas carascoñecidas do panorama televisivo:Suilma e Uma, nai e filla participantesdo programa “Levántate” de Tele 5. Oencontro tivo tamén teatro, coa estreada obra “Vaiche boa”, mostra de foto-grafías, obradoiros de cociña e tempopara homenaxear á Coral Polifónica.

Hai pouco máis dun ano que MªLuisa Pereiro retomou o que para elaé ao mesmo tempo profesión e afec-ción: a costura e o deseño. As redessociais foron o seu trampolín de lan-zamento e dende elas presentouse ásociedade como a profesional quequería ser: á modista de sempre ávangarda da moda.

Agora algunhas das súas crea-cións, prendas únicas e exclusivas,pasaron dos manequíns do seu taller

LUISA PEREIRO EXPÓN UNHA SELECCIÓNDOS SEUS DESEÑOS NA CASA DA CULTURA

e dos armarios das clientas á sala deexposicións da Casa da Cultura, ondeata o vindeiro 15 de agosto se amosaunha selección de 8 vestidos (entreeles dous de noiva) que representanoutros tantos estilos de deseño econfección. “Contenta” e “algo abru-mada” pola boa acollida que tivoa súa volta á profesión, Mª LuisaPereiro asegura que despois dunpequeno descanso axiña volverá con“novas ideas”.

Cultura e lecer 19Cerne 127. Agosto 2016

Melide converteuse o pasado6 de agosto no escenario docampionato de caza por exce-lencia en Galicia; o de SanHuberto. Ata os montes dobocelo desprazáronse algúnsdos mellores cazadores dacomunidade para participarna 29ª edición desta proba eloitar polo pase ao campionatonacional.

Na categoría masculinaparticiparon 27 deportistas: 21deles previamente clasificadosnos seus respectivos campio-natos provinciais ademais docampión da edición anteriore outros cinco clasificados através da Copa Galicia. Trasunha mañá de probas baixo unsol de xustiza proclamousecampión o cazador AntonioOliveira co seu can dino dasFontiñas. Os dous estarán nocampionato de España tras re-alizar unha moi boa actuaciónque lles valeu 92 puntos, 13máis có segundo clasificadoe 24 máis có terceiro.

Antonio Oliveira, campión, estará no campionato de España

o campionato de San Huberto reúne enMelide ós mellores cazadores de Galicia

Na categoría feminina, deinscrición libre, participaroncatro cazadoras, sendo a me-llor Nicolasa González e o seucan Congo. No que se refire ádisciplina Springer, como sedenomina á dos cans levanta-dores, impúxose José Sanmar-tín acompañado por Pum.

Rematada a proba proce-deuse á entrega de premios e

posterior xantar na ParrilladaEl Molino, ata onde se des-prazou a alcaldesa de Melide,dalia García, para premiar aosganadores xunto cos presiden-tes das entidades organizado-ras do campionato: JavierNogueira, da Federación Ga-lega de Caza e Juan ManuelGonzález, da Sociedade deCaza de Melide.

Xa está en marcha a trixésimo sexta edición do Torneo deFúbol Sala Concello de Melide que cada verán organiza oCire. dende o 1 de agosto vinte e sete equipos sénior están acompetir por chegar á final e facerse con algún dos premiosen metálico reservados para esta categoría: 600 euros para ocampión é 300 para o segundo clasificado. Tamén hai com-petición nas categorías feminina, prebenxamín, benxamín,alevín, infantil e cadete. A entrada aos partidos, que sedisputan no pavillón municipal, é gratuíta. O día da final,que será o venres 26 de agosto, cobraranse 2 euros. Ese díaos partidos comezarán ás 17:00 polas categorías inferiorese rematarán ás 23:00 horas coa final sénior masculina.

26 de agosto, finais do XXXVI Torneo de Fútbol Sala do CIRE

Page 20: Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días ... Logo chegaría

20 Cultura e lecer Cerne 127. Agosto 2016

Melide foi un dos 20 concellos deGalicia nos que recalou o espectá-culo “Palabras máxicas”, unha dasmáis recentes propostas de GaliciaCulturea, o programa de activi-dades lúdicas posto en marchaeste verán pola Xunta para levar ogalego a máis de 160 concellos dopaís a través de 600 propostasculturais en diferentes formatos epara diferentes públicos. ducias depersoas gozaron deste espectáculode maxia na Praza do Convento.

“PALABRAS MÁXICAS” PARA O LECER DO VERÁN

Ata o 15 de agosto poderasevisitar no Museo da Terrade Melide a exposición doartista local Xosé ManuelQuiñoy, composta por dezcadros feitos en óleo, acrí-lico e pastel nos que recreaalgunhas das paisaxes e mo-numentos da comarca. Amostra pódese visitar deluns a sábado en horario demañá e de tarde. Tamén odomingo dende as 11:00 ataas 14:00 horas.

QUIÑOY EXPÓN NO MUSEO DE MELIDE

ALECRÍN ORGANIZA UNHA CEADEDICADA AOS EMIGRANTES

Verán tras verán regresan puntuais a Melide a ao resto de conce-llos da comarca para reencontrarse cos familiares e coa terra daque un día tiveron que marchar. Son os emigrantes; moitos homese mulleres que nos acompañan nestas datas e que este ano, porprimeira vez, terán unha cea dedicada enteiramente a eles.

Organízaa a Asociación de Mulleres Rurais Alecrín tras deca-tarse de que “nunca se tivo en conta facer unha xuntanza pensadapara estas persoas nin para a xente que xa retornou despois deemigrar a outros países”. Celebrarase o día 13 de agosto nun res-taurante de Melide e a ela poden asistir tamén persoas de Santiso,Toques e Sobrado, concellos aos que dá cobertura Alecrín.

Con esta iniciativa a asociación de mulleres rurais suma unhaactividade máis á xa longa lista das que leva desenvolto no seuano e media de vida: bailes de salón, charlas, viaxes e cursos defotografía, maquillaxe, cociña ou zumba son algunhas delas.

douscentos corenta mozos emozas de entre 12 e 17 anospasarán ao longo deste veránpor Furelos dentro da cam-paña de verán que cada anopon en marcha a Conselleríade Política Social. Farano encatro quendas diferentes ebaixo unha temática deno-minada “Natureza no Ca-miño” que inclúe actividadesde bicicleta, orientación, sen-deirismo, tiro con arco, kaiak,

240 MOZOS/AS NOS CAMPAMENTOS DE FURELOSbiomergullo fluvial, longboarde xeocaptura.

Outros tantos mozos emozas participan no campa-mento de Palas de Rei, que tendúas actividades diferentes:“Multiaventura” para idadescomprendidas entre os 12 e os14 anos e “Aventura-T” para otramo de 14 a 16 anos.

A todos eles visitounos adirectora xeral de Xuventudee Voluntariado, Cecilia Váz-

quez, quen explicou que noconxunto de Galicia están aparticipar na campaña de ve-rán un total de 9.046 mozose mozas, o que representa un6% máis ca o ano pasado. Odepartamento autonómicoinviste 2,6 millóns de eurosna posta en marcha destasactividades, que permitironcontratar a 900 persoas entremonitores e directores detempo libre.

Como parte da programación das festas doSan Roque regresa a Melide o MercadoMedieval Peregrino, que acada xa a quintaedición e vai forxando unha identidadepropia ao tempo que gana visitantes anotras ano.

durante os días 12, 13, 14 e 15 de agostomáis de 70 postos inspirados en oficios daidade Media, farán viaxar no tempo ocasco histórico da vila decorado especial-mente para a ocasión. Poderanse atoparprodutos do máis variado, a maioría delesde factura artesá: xoias, roupa, enfeites ou

xoguetes serán os máis comúns. A gastro-nomía tamén estará presente, xa non sónos postos, senón tamén nos lugares habi-litados para xantar ou cear ao máis puroestilo medieval.

O mercado cobrará vida o venres 12 ás18:00 horas e nas tres xornadas sucesivasterá actividade polas mañás de 11:00 a14:00 e polas tardes de 18:00 a 23:00con espectáculos de malabarismo e lume,actuacións musicais, shows de maxia erepresentacións teatrais que se sucederánpracticamente cada media hora.

REGRESO Á VIDA MEDIEVAL

Turismo Melide

Page 21: Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días ... Logo chegaría

Cultura e lecer 21Cerne 127. Agosto 2016

Calzados

Ronda da Coruña, 24

Broz981 81 56 19

MELIDE

Camiño de Ovedo, 13 981 50 51 60MELIDE

C/ Progreso, 6Tfno.: 981 505 153 MELIDE

Verán de traballo e recoñecementospara a Coral polifónica de Melide

A agrupación organizou por segundo ano o Festival de Habanerase foi homenaxeada por Charamela no Encontro interxeracional

Con 34 anos de historia ássúas costas a Coral Polifónicade Melide segue sementandonovos proxectos ao que tempoque recolle os froitos de todo otraballo realizado.

Así está sendo este verán,no que a agrupación foi reco-ñecida no marco do Encontrointerxeracional organizadopola Asociación Charamelacomo un exemplo de integra-ción de toda a veciñanza arre-dor dun proxecto común ede transmisión de “valores,vivencias e experiencias” entrexeracións.

Nun emotivo acto no quese repasou a traxectoria daformación a través dun perco-rrido fotográfico a presidentade Charamela, Mary Gómez,destacou a capacidade da Co-ral Polifónica para construírun discurso de unidade ao

longo destes anos a través damúsica: “soubestes integraras voces de todos, construístesa coral dun pobo”. A isto enga-diu que é un orgullo paraMelide ter unha coral inte-grada por persoas “que dan omellor de si” e que souberon“transmitir o sentimento damúsica a través do mellorinstrumento que hai; a vozhumana”.

Rematada a intervenciónprocedeuse á entrega dunhafigura de Sargadelos con formade árbore cuxas pólas simbo-lizan as diferentes xeracións.Recolleuna o presidente daCoral, Guillermo González,quen asegurou que o recoñece-mento dá ánimo “para seguircara adiante como ata agora”.

traballo constanteEse camiñar cara adiante

implica que a actividade noncese. A Coral non se detén eunha mostra diso é a últimainiciativa que se puxo en mar-cha dende a entidade: o Festi-val de Habaneras no Camiño,que este ano celebrou a súasegunda edición o día 23 dexullo conseguindo ateigar dexente a Praza do Convento,nunha mostra da boa acep-tación que ten este xénero mu-sical na vila de Melide.

Nesta ocasión subíronseao escenario, ademais da anfi-trioa, a Coral Atalaia de Laxe,o Orfeón de Castrillón (Astu-rias) e a Coral Polifónica debetanzos. Todas as actuaciónsforon gravadas co obxectivosde editar un disco no que serecolla o concerto.

Pasado o verán a Coral em-barcarase nunha nova ediciónda Semana da Música.

A Coral de Melide no ii Festival de Habaneras

Page 22: Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días ... Logo chegaría

22 Colaboracións Cerne 127. Agosto 2016

Novas tecnoloxías: adaptarse ou morrer Silvia Pena, xornalista

Mándamo por wasup. Non meetiquetaches. Vinllo no Face-book. Faille un retuit. Súbeaao instagram. Todas estas re-ferencias eran alleas ao nosovocabulario hai só uns poucosanos. A día de hoxe están pre-sentes en boa parte das nosasconversas, cos nosos pais, cosnosos amigos, cos nosos fillos.Os problemas coa batería domóbil, a ausencia de coberturaou a falta de wifi poden provo-car verdadeiros dramas entre apoboación, non só cando nosreferimos aos adolescentes.Comprobamos que vaiamoster wifi no hotel no que noshospedamos, revisamos a co-bertura do noso móbil cadaquince minutos e os disposi-

tivos electrónicos compartenmantel cos garfos e culleres entodas as mesas do país.

Hai quen se resiste a for-mar parte dese mundo que deuen chamarse 2.0 e que algúnsxa teñen rebautizando como3.0 ou 4.0. Pero xa non é posi-ble, hai que desenganarse.Agora contan os datos, osmegas, os me gusta, as vecesque se comparte un contido, onúmero de seguidores e ata onúmero de pokemons que unconsegue cazar. Existen aplica-cións para abaratar as nosasviaxes en coche, para pedira compra ao supermercado,para comunicarse cos políticosde altura de xeito directo eata para atopar ao amor da

túa vida ou simplemente pasarun anaco divertido, segundoo que busque cadaquén.

Podes pedir unha citamédica a través do teléfono,consultar as túas contas banca-rias, mirar o tempo que vai fa-cer mañá ou comunicarte coatúa familia de América á queantes non vías en anos. Podesincluso axudarlle ao teu filloque vive na República domi-nicana a facer o polbo á feiracomo se o tiveras ao lado. Etodo iso tan só cun móbil eunha tarifa de datos relati-vamente barata.

Os pais reciben as notasdos seus fillos a través do wa-sup, comunícanlles as faltasno momento exacto no que se

“Á xente gústalle sentir, sexa oque sexa". Esta é unha sabiafrase que nos deixou a grandenovelista e escritora británicaVirxinia Woolf, que explicabatal afirmación do seguintexeito: “sentir porque outrossenten; gritar porque outrosgritan; aplaudir porque outrosaplauden; levantar as mansporque outros as levantan, parafacer o mesmo; e todo iso aíndaque non se saiba por que segrita, por que se aplaude, ninpor que se levantan as mans”.

Sobre o de copiar instin-tivamente sen saber moi beno porqué, contoume un amigomeu que el sempre viu comoalgo esaxerado a actitude dasmasas dando vivas a Franco eaplaudindo freneticamente aopaso do xeneral nos tempos daditadura. Un día, estando elnas inmediacións da catedralde barcelona, chegou Francoen visita. Cando se viu entre amultitude que gritaba “Franco,Franco, Franco”, sen sabercomo e case sen darse de conta,fixo o mesmo cós demais, aíndaque despois se avergoñara pordeixarse influír pola masa.

En canto ao de que todo secopia, eu quixera facer fincapéen que o copiar pode exercerinfluencia ata nos peores feitosque hoxe en día abundan noseo familiar, como a violencia

de xénero e os suicidios. Ex-cepto nos casos de enfermidademental, estes feitos poden serproduto de mentes que pensannese intre que a súa acción cri-minal será soamente unha maisdas tantas que se dan case a co-tío, desgraciadamente. Por tersido axente da Policía Xudicial,en canto aos suicidios podo di-cir que tamén existe a fórmulade copiar, xa que polo xeral seproducen de forma similar enfunción das zonas e comarcas.

dende que me tocou coñe-cer moi de cerca algúns casos,tiven a teima de crer que os sui-cidios son un acto de covardía,xa que como di o refrán: "todoneste mundo ten solución, me-nos a morte". Se un se atopanunha grave situación persoal(que posiblemente creou sennecesidade) hai que facerllefronte coa valentía da que nosfala o sabio refrán castelán “a lohecho, pecho”. Aínda que sexaduro escribir isto, dá a impre-sión de que existen persoas quese esquecen da xente que asrodea e escollen a soluciónmais "cómoda", "quitarse domedio" polo camiño curtocomo se desa maneira deixaransolucionado o problema.

Neste sentido, penso queos medios de comunicacióndeberían de ser máis respon-sables nas súas informacións.

Todo se copiaXosé Núñez, escritor iria buxán, politóloga e emprendedora

Europa, o TTIP e o teu día a día

A pesar de que Españateña un saldo negativo na ba-lanza comercial cos EE.UU.,si se constatou a existenciadun gran potencial da súa ca-pacidade exportadora grazasao aumento da actividade co-mercial dos últimos anos,aínda que, a apreciación doEuro fronte ao dólar ten re-ducido a competitividade dasexportacións europeas. Poroutra banda, as sancións apli-cadas pola Unión Europea aRusia, a raíz da xestión doconflito en Ucraína, traducí-ronse desde xullo do 2013 enperdas millonarias para a UE,

Canadá, EE.UU. e Noruega. Mentres queRusia, a sancionada, se beneficiou grazas a“mercados substitutivos” en América Latina.Rusia tamén está a liderar un proceso de in-tegración coñecido como a Unión Econó-mica Euroasiática no que xa hai asinado untratado constitutivo con outros países da súacontorna e no que convida á Unión Europeaa iniciar os contactos para formar parte desazona de libre comercio que son, ou debenser, considerados como os mercados “natu-rais” de Europa fronte ao TTiP con EE.UU,segundo declaracións rusas.

Europa debe tomar moitas decisiónsque marcarán o seu rumbo e decidir o quequere ser e a onde e con quén quere ir,xa que as sancións á Rusia teñen sidocontraproducentes para a nosa economíaao tempo que o TTiP está a ser cada vezmáis contestado por parte de gobernos eda cidadanía europea.

O TTiP - Tratado Transatlántico para o Co-mercio e o investimento- entre os EE.UU. ea Unión Europea está máis preto ca nunca,pero o feito de estar fronte a un acordo des-tas dimensións do cal, a día de hoxe, aíndahai un gran descoñecemento, xera certa-mente un grao de desconfianza importante.O acordo, que se caracterizou desde os ini-cios polo escurantismo que envolveu o pro-ceso de negociacións, expón, entre outros, aasimilación mutua das antagónicas políticasque veñen defendendo os EE.UU. e Europaen materia de protección medioambiental eao consumidor, polo que, podería estar aabrir as portas a produtos americanos quecompetirían en igualdade de condicións enEuropa, onde contamos cuns estándares decalidade máis altos. Ademais, o acordo tenprevisto que as discrepancias se resolvan através de órganos de arbitraxe en vez de polavía xudicial en tribunais nacionais.

producen, como para non ir!Tamén se pode medir o que unanda ou as calorías que perdeou gaña con ten só ter un mó-bil de última xeración. Ao kitdo viaxeiro vense de incorpo-rar un trebello que deron en

chamar pau selfie co que a fa-milia enteira pode saír na foto,non hai que sacrificar a nin-guén. Podemos evitar a novaterminoloxía, pero escapardeste mundo tecnolóxico xanon é posible.

Page 23: Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días ... Logo chegaría

Entrevista 23Cerne 127. Agosto 2016

MANUEL SÁNCHEZ E MARY LóPEZ, ELECTROSAN

“Diferenciámonos dende o principio por vender calidade ó prezo máis barato posible”Electrosan é o exemplo de que todo é posible cando o tesón e o traballoincansable son os piares de ideas que a priori teñen pouco percorrido. Oque comezou como “unha aventura” nun baixo sen reformar converteuseen tan só cinco ano nun establecemento con 300 metros cadrados de expo-

sición no que se venden mobles, colchóns e electrodomésticos de todas asmarcas do mercado a prezos moi accesibles. Este é precisamente o aspectono que marca a diferenza Electrosan, no que Manuel Sánchez e MaryLópez continúan traballando día a día co obxectivo de seguir mellorando.

Manuel e Mary levan cinco anos á fronte de Electrosan

- acaban de celebrar o seuquinto aniversario. Comorecordan os comezos deElectrosan?-Manuel Sánchez (M.S.):A verdade é que foi unha aven-tura. Todo comezou despoisdunha estancia de varios anosen Valencia. O mundo doselectrodomésticos non me eradescoñecido de todo e ao che-gar aquí empezamos a anun-ciar uns poucos por internet.Vendéronse moi ben e axiñativemos que traer máis. O pro-blema era que os tiñamos nunbaixo que non daba moi boaimaxe...

- E foi cando deron o saltoao local da Martagona.-M.S.: Exactamente. Tiña-mos este baixo baleiro e habíaque facer algo. Pintámolo nós,amañamos un anaco pequenoe comezamos con catro col-chóns nun recuncho. Axiñaquedou todo pequeno porquea xente viña mercar un col-chón e pedíanos un cabezal,unha mesiña... entón amplia-mos outros 80 metros cadra-dos. Logo empezáronnos apedir sofás e outro tipo decousas e así fomos ampliandoe ampliando... comezamoscon 120 metros cadrados e unano despois xa tiñamos 300.

- todo foi moi rápido. Sig-nifica iso que tamén foidoado?-M.S.: Houbo que traballarduro. Eu dediquei moitos díase moitas horas a coller o cochee visitar sitios buscando pro-duto, marcas novas e persoasque me orientaran. Pecháron-seme moitas portas e inclusome dixeron que non tiñafuturo ningún. Moitas vecesvolvía desesperado pero copaso do tempo empecei arecibir chamadas. O que forasementando comezou a dar oseu froito.

-Mary López (M.L.): Ás ve-ces na vida haise que arriscare dándolle forma a ideas queparecen unha loucura, pódesechegar a bo porto.

- Como conseguiron facerun oco no mercado?-M.S.: dende o principio qui-xemos ofrecer algo diferente.Non tería sentido montar unhatenda e ofrecer o mesmo ca ou-tras que levan moitos anos nomercado… Entón decidimosdiferenciarnos polo prezo,obtendo menos marxe de bene-ficio e vendendo os electrodo-mésticos máis baratos.

-M.L.: O boca a boca é a me-llor publicidade que existe.Pero funciona se hai algo quedicir. No noso caso non sódicimos que temos moitoselectrodomésticos, senón ta-mén que están a moi bo prezo.Procuramos ter os mellores

prezos ata onde podemos che-gar e niso competimos inclusocoas grandes superficies.

-M.S.: En electrodomésticoscon pequenos defectos osclientes poden aforrar nalgúnscasos máis do 50%. Hai poucovendemos por 450 euros unhalavadora de encastre que valíaorixinalmente preto de 1.200.É un mercado que ten moitademanda.

- a día de hoxe que produ-tos venden na tenda?-M.L.: Temos colchóns, so-mieres, canapés, algúns arma-rios, sofás, conxuntos desalón, televisións... e en elec-trodomésticos practicamentede todo, aínda que non ex-posto na tenda por cuestiónsde espazo. Pero se pides hoxeun aspirador ou o que sexaao día seguinte está aquí, ouincluso no mesmo día. Vende-

mos por catálogo e por páxinade fábrica, o que nos dá accesoa todas as marcas do mercado.

-M.S.: Se un cliente, porexemplo, quere unha neveiraque non temos exposta, con-sultamos as páxinas de fábricados nosos provedores e podenaparecer máis de 50 modeloscon características e prezos di-ferentes dos que o cliente podeescoller o que máis se axusteás súas necesidades.

- Dise dos electrodomés-ticos que traen data decaducidade. É un mito?Depende da calidade e douso que se lles dea?-M.S.: Todo inflúe. Mito noné porque o estamos vendo; oselectrodomésticos veñen condata de caducidade, indubida-blemente. despois, iso si, gas-tando máis e collendo unhagama máis alta, é outra histo-

ria. incluso algúns traen dezanos de garantía. Pero é certoque non duran o que duraban,afortunadamente para os quenos dedicamos a isto (ri).

- a marca inflúe ou ocliente déixase guiar poroutros factores? -M.S.: A gran maioría pide omáis barato. O prezo é deter-minante, inflúe moito. Paraiso están as exposicións, paraver as cousas e comparar un-has con outras. Primeiro pre-guntan polo prezo e logo polamarca. Hoxe en día case todasson coñecidas, o cliente xa nonse limita só ás tres ou catro detoda a vida.

- Seguirá Electrosan conampliacións e novidades? -M.L.: día a día hai que reno-varse e mellorar. En Electro-san esforzámonos sempre porofrecer o que o cliente vaidemandando. Así foi dende onacemento da tenda; o clienteé o que nos marca as pautasa seguir. A pesar dos temposque vivimos, dende Electro-san agradecemos a boa aco-llida que tivo o noso estable-cemento tanto en Melidecomo na comarca, algo poloque nos sentimos máis cabendicidos.

Electrosan

Tlf: 981 50 79 64R/ Martagona, 13

“Temos acceso atodas as marcas

do mercado etamén vendemos

a través decatálogo”

Page 24: Nº 127. Agosto 2016. Distribución gratuíta San Roque´16 ... · lidade e a actuación de Maldita Nerea, Efecto Pasillo e Merche son os pratos fortes de oito días ... Logo chegaría

CERNE Cerne 127. Agosto 2016