nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade...

40
abril 2019 nº 4 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro A tradicional cita será o 14 de abril. Pax. 25 Manifestación pola sanidade A CIG convoca unha folga de Atención Primaria para os días 9, 10 e 11 de abril e súmase ás concentracións pola saúde pública da Mariña O sindicato nacionalista, CIG Saúde A Mariña, apoia e par- cipará de xeito acvo na folga da que é convocante, entre ou- tras organizacións, para os días 9, 10 e 11 de abril pola digni- dade da Atención Primaria. O novo plan presentado polo Pardo Popular non responde ás demandas dos diferentes colecvos da Sanidade Pública. O pasado 28 de marzo concen- tráronse en Burela centos de persoas co lema A Mariña pola sanidade pública, aquí, agora e sempre, donde esixiron ao Goberno da Xunta a elimina- ción dos recortes, rematar coa situación marxinal da Atención Primaria e a recuperación da área sanitaria roubada. Pax. 4 Un momento da manifestación do 28 de marzo A Semana Santa viveiren- se é unha das celebracións máis antigas de Galicia, nes- ta conmemórase a paixón, morte e resurrección de Xe- sús de Nazaret a través dos diferentes actos, celebra- cións e procesións que rea- lizan as confrarías. Ademais do seu carácter relixioso, é tamén considerada coma un acontecemento cultural, popular e de atracción turís- tica. É un dos principais re- clamos da localidade conse- guindo ano tras ano atraer a miles de visitantes que che- gan chamados polo carácter único destas celebracións relixiosas. Pax. 6 A Semana Santa de Viveiro congregará a centos de persoas lourenzá. Concentra- ción de vehículos clásicos na Semana Santa. Pax. 26 a pontenova. Nova edi - ción da Festa da Troita e do Concurso Popular. Pax. 23 burela. Herminia Pernas, nomeada cronista oficial a proposta do PSOE. Pax. 13 ribadeo. A Romaxe das Cruces xa é Festa de Interese Turísco Galego. Pax. 15 mar. O sector pesqueiro reúnese para analizar o reparto da xarda. Pax. 33 foz. O PSdeG esixe á Xunta labores de mantemento no Centro de Saúde. Pax. 9 barreiros. O parque em- presarial presenta numero- sas deficiencias. Pax. 22 Festa do Polbo da Pedra de Xove O Xoves Santo comezará a nova edición. Pax. 28 Nova ruta das tapas de Alfoz Xa é a quinta edición da cita gastronómica Pax. 25 A Deputación anunciou que xa están listos os convenios, regulamentos e ordenanzas, así como os PIA das residen- cias de Trabada, Pol e Riba- deo. Os centros mariñaos contan xa coas prestacións de limpeza, cociña e asistencia básica contratadas. Os popu- lares acudiron á xusza para presentar recursos conten- ciosos administravos pedin- do a paralización inmediata das residencias. Pax. 29 Alcaldes culpan ao PP de non abrir as residencias EXEMPLAR GRATUÍTO

Transcript of nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade...

Page 1: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

abril 2019 nº 4

Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

A tradicional cita será o 14 de abril. Pax. 25

Manifestación pola sanidadeA CIG convoca unha folga de Atención Primaria para os días 9, 10 e 11 de abril e súmase ás concentracións pola saúde pública da Mariña

O sindicato nacionalista, CIG Saúde A Mariña, apoia e parti-cipará de xeito activo na folga da que é convocante, entre ou-tras organizacións, para os días 9, 10 e 11 de abril pola digni-dade da Atención Primaria. O novo plan presentado polo Partido Popular non responde ás demandas dos diferentes colectivos da Sanidade Pública. O pasado 28 de marzo concen-tráronse en Burela centos de persoas co lema A Mariña pola sanidade pública, aquí, agora e sempre, donde esixiron ao Goberno da Xunta a elimina-ción dos recortes, rematar coa situación marxinal da Atención Primaria e a recuperación da área sanitaria roubada. Pax. 4 Un momento da manifestación do 28 de marzo

A Semana Santa viveiren-se é unha das celebracións máis antigas de Galicia, nes-ta conmemórase a paixón, morte e resurrección de Xe-sús de Nazaret a través dos diferentes actos, celebra-cións e procesións que rea-lizan as confrarías. Ademais do seu carácter relixioso, é tamén considerada coma un acontecemento cultural, popular e de atracción turís-tica. É un dos principais re-clamos da localidade conse-guindo ano tras ano atraer a miles de visitantes que che-gan chamados polo carácter único destas celebracións relixiosas. Pax. 6

A Semana Santa de Viveiro congregará a centos de persoas

lourenzá. Concentra-ción de vehículos clásicos na Semana Santa. Pax. 26

a pontenova. Nova edi-ción da Festa da Troita e do Concurso Popular. Pax. 23

burela. Herminia Pernas, nomeada cronista oficial a proposta do PSOE. Pax. 13

ribadeo. A Romaxe das Cruces xa é Festa de Interese Turístico Galego. Pax. 15

mar. O sector pesqueiro reúnese para analizar o reparto da xarda. Pax. 33

foz. O PSdeG esixe á Xunta labores de mantemento no Centro de Saúde. Pax. 9

barreiros. O parque em-presarial presenta numero-sas deficiencias. Pax. 22

Festa do Polbo da Pedra de Xove

O Xoves Santo comezará a nova edición. Pax. 28

Nova ruta das tapas de Alfoz

Xa é a quinta edición da cita gastronómica Pax. 25

A Deputación anunciou que xa están listos os convenios, regulamentos e ordenanzas, así como os PIA das residen-cias de Trabada, Pol e Riba-deo. Os centros mariñaos contan xa coas prestacións de

limpeza, cociña e asistencia básica contratadas. Os popu-lares acudiron á xustiza para presentar recursos conten-ciosos administrativos pedin-do a paralización inmediata das residencias. Pax. 29

Alcaldes culpan ao PP de non abrir as residencias

EXEMPLAR GRATUÍTO

Page 2: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

actualidade2 abril 2019

Viesgo foi a primeira compañía en im-plantar en toda a súa rede eléctrica a ins-pección de liñas desde helicóptero. Con-seguiuno grazas á integración de varios sistemas de última xeración cos que ve-rifica o estado da instalación e consegue unha análise máis obxectiva dos datos.Durante o voo, ademais, revísase a proxi-midade da vegetación respecto de as li-ñas, de maneira que os labores de talla e poda realízanse de forma máis espe-cífica, segundo as necesidades reais das preto de 20.000 hectáreas de terreo que son inspeccionadas cada ano con este sistema.Viesgo realiza un gran esforzo para man-ter as súas liñas en condicións óptimas e mellorar continuamente a calidade de fornezo e a seguridade. A iso destina en Galicia 3,5 millóns de euros anuais. Dentro destes plans, é primordial o labor de inspección para a previsión de fallos e minimizar a posibilidade de averías ou incidencias.En 2017, a compañía realizou un proxec-to piloto de revisión de 800 quilómetros de rede utilizando tecnoloxía de moi alta precisión montada sobre helicóp-teros, mediante a que queda rexistrado digitalmente cada centímetro das liñas. Comprobados os excelentes resultados, adoptouse esta nova metodoloxía para o proceso integral de inspección de todas as instalacións de distribución da com-pañía.Así, os traballos que ata entón rea-lizaban a pé os inspectores nove meses ao ano foron substituídos pola inspec-ción con helicóptero, que, por exemplo, permite revisar 990 quilómetros de liñas eléctricas en Galicia en poucas semanas.

Viesgo realiza a inspección de toda a súa rede eléctrica desde helicóptero

A MARIÑA

O Executivo da Deputación aprobou a contratación das prestacións de asisten-cia básica, manutención e limpeza nos centros de maiores de Trabada e Ribadeo baixo a dirección pública de Deputación e senllos Concellos como responsables da xestión de servizos sociais nas residen-cias e centro de día.Presentáronse 4 ofertas. A que obtivo máis puntuación foi a de Mensajeros de la Paz debido ás melloras presentadas e á redución no custo, pois a adxudica-ción a este colectivo exime á Deputación do pago do 4% do IVE, aforrando case 160.000 euros.O investimento para estas prestacións no centro de maiores de Trabada é de 1.867.903 euros en 4 anos: 423.855 eu-ros en 2019, 576.502 en 2020, 588.684 en 2021 e 278.861 en 2022. Na resi-dencia de Ribadeo, con máis capaci-dade, o investimento é de 2.114.266 euros: 479.769 en 2019, 653.133 en 2020, 665.681 en 2021 e 315.681 en 2022.Sobre as melloras ofertadas nestas prestacións, destacan que os maiores contarán con 78 horas mensuais de ac-tividades. Por exemplo, programas de animación sociocultural, de integración social a través das TICs, interxeneracio-nais cos colexios da zona, de participa-ción cidadá ou convivencia. Os usuarios contarán con atención especializada en áreas fundamentais como nutrición, respiración, hidratación, hixiene persoal, mobilidade ou trasladados, entre outras moitas; ademais de gozar doutros servi-zos complementarios e gratuítos como

sesións mensuais de peluquería, barbe-ría ou podoloxía.Todos os menús estarán adaptados ás necesidades específicas de cada maior, supervisados polo persoal sanitario e elaborados por nutricionistas. Por exem-plo, comidas específicas para maiores con diabetes, intolerantes ao gluten ou á lactosa, baixas en sal, para persoas con dificultades para a mastigación… Tamén haberá pratos especiais e fóra dos ho-rarios habituais en citas especiais como aniversarios, celebracións ou visitas de familiares, que poderán comer cos seus maiores.Os pratos elaboraranse con produ-tos de tempada, con certificación de denominación de orixe, procedentes de agricultura e gandaría sostible, e, unha cuestión moi importante para a dinamización económica da zona, mercados en establecementos da pro-vincia. Nestes casos, especialmente en Concellos da Mariña como Traba-da, Riotorto, Lourenzá, Foz, Ribadeo ou A Pontenova, especificados xa na oferta de Mensajeros de la Paz. Sobre a prestación de limpeza subliñar que, evidentemente, esta será continúa, empregaranse produtos non nocivos para o medio ambiente e farase reci-claxe, separando residuos orgánicos, envases de plástico, aceites usados… A prestación de lavandería tamén será continua, con produtos biodegradables e, entre outras cousas, inclúe os traba-llos de xastrería que sexan necesarios. A día de hoxe, nos centros de maiores de Trabada e Pol estase a instalar o equipa-

mento necesario para ofrecer nas pro-pias instalacións os servizos de cociña e lavandería. A Deputación contratou en semanas pasadas este equipamento porque os edificios non o tiñan. Ribadeo conta con el. Os centro de Trabada, Riba-deo e Pol dende hoxe contan coas pres-tacións de limpeza, cociña e asistencia básica. A semana próxima, contrataranse as necesarias para o da Fonsagrada que, a diferenza das anteriores, está á espe-ra de que a Xunta conceda o PIA. Están contratados e traballando como persoal da Deputación os traballadores sociais e os psicólogos. A semana próxima terán lugar os procesos de selección pública de terapeutas ocupacionais e fisiotera-peutas, e rematará o de administrativos. Resolto isto, as residencias poderán abrir en abril e maio, sempre que non se admi-

tan as medidas cautelares que os 5 Con-selleiros do PP e o non adscrito pediron á xustiza coa presentación de contenciosos administrativos.Veñen de abrirse as solicitudes para as 200 prazas que ofrecen os 4 centros de maiores. Teñen prioridade de acceso pri-meiro os veciños destes Concellos, logo os da Comarca e seguidamente lucenses en xeral. Os prezos son en función da ca-pacidade económica de cada usuario e sempre lle quedará libre o 25% dos seus ingresos para o día a día. Deputación fi-nancia aos lucenses as prazas nun 75% e, no caso de ser necesario, nunha maior porcentaxes nos municipios de menos de 5.000 habitantes por teren menos recurso. Deste xeito, garántese o acce-so universal ás mesmas aos maiores da provincia.

Aberto prazo de solicitude para as residencias de Ribadeo e Trabada

O voceiro da Deputación anunciando a apertura do prazo de solicitude

A Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense presentou o seu novo logo, imaxe na que teñen protagonismo a costa e o interior da comarca. O logo que se deu a coñecer representa á Man-comunidade e ao xeodestino da Mariña.O presidente da Mancomunidade, Al-fredo Llano, explicou que “na Mariña somos 16 concellos, dos cales 8 están no litoral e 8 no interior, polo tanto teñen que estar representados a montaña e o mar e as singularidades que se poidan introducir. Isto era case unha necesida-de porque levábamos moito tempo co logo anterior e sempre é bo renovar e aportar algo novo para dinamizar e fa-celo máis vistoso”.Alfredo Llano engadiu que “nos últimos catro anos intentamos dinamizar o máxi-mo posible os servizos da Mancomunida-de. Agora mesmo temos en marcha dúas cousas que me parecen moi importan-tes: unha delas é o plan integrado de em-prego, que está tendo un éxito extraordi-nario coa xente que está aí traballando; e tamén estamos co programa Catuxa,

polo que levamos un premio da Xunta e no que estamos traballando en conxun-to con todos os concellos e con todos os institutos e colexios da Mariña para unha maior integración é igualdade, que ta-mén é importante. No plano do turismo, dentro das nosas atribucións, estamos facendo o que podemos, pero penso que

se está notando unha mellora. Agora te-mos á xerente, Tania Hermida, e nótase a súa presenza. Estamos intentando dina-mizar e poñer no mapa A Mariña, xa se vai notando, estivemos en Fitur e imos a todas as feiras que podemos, todo pen-sando no que é mellor para os concellos que conformamos A Mariña”.

A Mancomunidade de Municipios da Mariña presentou o seu novo logo

A Federación de Comercio A Mariña acordou na última xuntanza realizar unha campaña para promocionar e darlle visibilidade ao comercio local du-rante o mes de xuño. Segundo explica o presidente da FCAM, José Carlos Paleo, “esa campaña, que presentaremos nos últimos días do mes de maio, estará nas redes sociais, na prensa, na radio, no cine e tamén na televisión. Imos facela coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Lugo”.A FCAM tamén agradeceu e valora de xeito positivo a colaboración do xor-nalista Pedro Madera na reportaxe realizada para a revista Marca Motor, publicada este mes de abril, “e na que achegou a nosa comarca a máis de 100.000 persoas. Madera fixo un per-corrido entre Ribadeo e O Vicedo no que propón a visita a diferentes lugares de interese da Mariña como a Basílica de San Martiño, os portos de Nois, Bu-rela, Celeiro ou O Vicedo. Fala da faba

de Lourenzá e alude a establecementos comerciais como Panadería Torviso, Casa Damián, A Lonxa, Casa Chao ou Galipizza”. Pedro Madera realizou outra reportaxe para mylifeplanet.com con saída desde o río Eo e remate en Estaca de Bares. O xornalista define a costa de Lugo como “una colección de lugares donde la vida se disfruta con otro ritmo”. Desde a Federación de Comercio A Mariña José Carlos Paleo indica que “está pendente de publicarse a nivel nacional tamén outra reportaxe por Pedro Madera sobre as autocaravanas e as áreas de estacionamento e servi-zos cos que contamos para este tipo de turismo, que vai en alza, na Mari-ña”. Na FCAM consideran “importante facer promoción do noso comercio e das nosas posibilidades turísticas aquí na Mariña, pero tamén é importante vender as nosas excelencias a nivel au-tonómico ou estatal”.

A Federación de Comercio lanza unha campaña para visibilizar o comercio local

Presentación do novo logo da Mancomunidade

Page 3: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

abril 2019actualidade 3

A esperanza de vida ao nacer su-perou por primeira vez en Galicia a barreira dos 83 anos, segundo se desprende do último informe sobre indicadores demográficos publicado polo Instituto Galego de Estatística (IGE).A publicación de indicadores de-mográficos enmárcase nas análi-ses da poboación que realiza o IGE cada ano que permiten establecer comparacións temporais e tamén a nivel territorial. Ademais, estes indicadores desagregados por sexo a ata o nivel municipal achegan in-formación acerca da estrutura da poboación, a fecundidade, a mor-talidade ou mesmo a nupcialidade.En canto á esperanza de vida ao nacer, é dicir, a estimación media

de anos que viviría unha persoa no caso de que as condicións de mortalidade se mantivesen cons-tantes e semellantes ás actuais, acadou no ano 2017 en Galicia os 83,3 anos. En comparación co ano 2016, a esperanza de vida sobe en ambos sexos e chega aos 86,3 anos nas mulleres fronte aos 86 no 2016, e aos 80,2 no caso dos homes fronte aos 79,5 do ano an-terior.En canto á esperanza de vida aos 65 anos, entendida como a media de anos que lle queda por vivir a unha persoa que alcanza esa ida-de, situouse en Galicia nos 21,6 anos. Este indicador volve ser máis elevado no caso da mulleres (23,7) que no dos homes (19,4).

A esperanza de vida en Galicia supera a barreira dos 83 anos

A deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, manti-vo un encontro cos usuarios do Centro Ocupacional de Aspanane (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual), no Concello de Viveiro. Xunto coa Directora deste colectivo, Elena Santos, e membros da Asocia-ción, comprobou, de primeira man, os obradoiros e actividades que realizan nun dos centros desta asociación, que atende a un total de 55 usuarios dos Concellos de Ourol, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo e Foz.Durante o encontro, López Izquierdo puxo en valor o traballo deste colectivo social sen ánimo de lucro, co que cola-bora o organismo provincial, posto que “ten un papel fundamental á hora de derrubar barreiras para lograr a igual-dade, real e efectiva, das persoas con capacidades diferentes que integran a asociación”.Aspanane conta cun equipo formado por 19 profesionais nos dous centros de atención especializada a persoas con discapacidade intelectual: o Cen-tro de Día que conta con 18 usuarios e o Centro Ocupacional, no que prestan atención a 37 persoas. Proximamente,

o Concello de Viveiro contará coa úni-ca residencia na comarca mariñá para persoas con discapacidade intelec-tual.Esta asociación ofrece a veciños con discapacidade intelectual unha atención profesional diaria, tanto aos propios afectados como as súas fami-lias. Neste senso, prestan servizos de asesoramento e información a todas as familias que o necesiten; realizan actividades deportivas como ximna-sia; visitas culturais e lúdicas, talleres de tampografía ou obradoiros relacio-nados co mundo artístico como clases

de teatro ou canto, entre outros.Ademais, as persoas usuarias do Cen-tro Ocupacional conviven en horario de 09:30 a 17:15 horas da tarde e realizan, por grupos, obradoiros de carpintería, serigrafía e cerámica, nos que practican e constrúen mobles, figuras, broches, lámpadas, chaveiros ou traballan rea-lizando impresións en bolsas ou pren-das de roupa. Este colectivo social, que conta cun total de 226 socios, trata de integrar socialmente ás persoas con dis-capacidade intelectual a través de nu-merosas e diversas actividades.

Aspanane presta atención a 55 usuarios da Mariña Lucense

O candidato do PSOE pola provincia de Lugo ao Senado, César Mogo, a vicese-cretaria de Relacións Institucionais da Executiva Provincial e Alcaldesa de Vi-veiro, María Loureiro, e o Secretario Xe-ral do PSdeG, Gonzalo Caballero, xunto a outros compañeiros, mantiveron un encontro con traballadores da planta de Alcoa en San Cibrao. César Mogo explicou que “como fixemos sempre, hoxe estamos apoiando aos traballadores de Alcoa, escoitándoos e explicándolles a posición e o traballo que estamos a levar a cabo dende o PSOE. Queremos seguir falando con eles e intercambiando opinións porque enten-demos a súa inquietude aínda que sabe-mos que non está en cuestión a viabili-dade da planta de Alcoa de San Cibrao”. “Todos os nosos esforzos, empezando polo Goberno Central, estiveron enfoca-dos nos traballadores e en salvar os seus empregos. Todas as medidas que se re-firen ás fábricas da Coruña e Avilés, bus-cando novas inversións ou paralizando o ERE, son produto da nova política indus-trial do Executivo do Estado”. “Estamos nunha fase moi importante, o estatuto dos consumidores electrointen-sivos. O PSOE no Goberno Central ofrece respostas realistas ás crises industriais

que se plantexan e que teñen que ver cos avances e a revolución tecnolóxica”. “O Partido Popular está intentando sacar rédito político dos problemas industriais polos que non fixo nada. É máis, a súa pa-sividade mentres estivo no Goberno Cen-tral foi esencial e clave para que a crise se agudizara e no caso dalgunhas plantas chegaran a situacións comprometidas. Os traballadores de Alcoa están sufrindo as consecuencias da inacción do Partido Popular. En cambio, o Partido Socialista seguirá ao carón deles como fixo dende o primeiro día”, remarcou o candidato socialista ao Senado. María Loureiro denunciou “o dobre xogo do PP, que agora esixen solucións pero durante 7 anos no goberno central non fixeron nada, non tiveron a decencia nin de reunirse cos traballadores. En cambio, o PSOE no Goberno de España tivo sem-pre a man tendida a escoitar as peticións e as demandas dos traballadores de Al-coa. E agora estamos desenvolvendo o estatuto, un documento fundamental para conseguir a estabilidade que nece-sitan as máis de 200 familias da Mariña que viven dos empregos de Alcoa. Sem-pre estivemos e estaremos a carón dos traballadores, estando no goberno ou non. O PSOE da a cara”.

ANA PONTÓN. O BNG vai presentar alegacións ao Estatuto de consumidores electrointensivos xa que considera que o borrador presentado polo Goberno do Estado non acaba coa discriminación a Galiza, con miles de empregos directos e indirectos na picota polos custes ener-xéticos pese a ser este un país produtor neto de electricidade.Así o anunciou a portavoz nacional, Ana Pontón, na visita a planta de Alcoa en San Cibrao onde miles de familias “teñen o corazón nun puño” ao igual que na Coru-ña e noutras empresas electrointensivas, mentres o presidente da Xunta está “en modo precampaña instalado no canto peor mellor para o PP” actuando de “pal-meiro” nos mitins do candidato popular Pablo Casado.“Casado non tivo nin unha soa proposta para garantir o emprego en Alcoa, a úni-ca proposta en emprego que fixo foi ofre-cerlle un posto de ministro a Feixóo supo-ño que para pagarlle a súa submisión de ter posto os intereses do PP sempre por diante dos intereses de Galiza, pero nin unha soa solución para os miles de em-pregos que, directa ou indirectamente, están en xogo en Alcoa”, salientou.“Que non veñan falarnos de sentidiño e morriña. Os galegos e as galegas non

temos ningún tipo de morriña polos go-bernos do PP que puxeron en marcha un modelo enerxético que está fracasando en ALCOA, do que é tan responsable como agora o PSOE, non temos morriña de quen traizoa os nosos intereses e é incapaz de dar a cara para defendelos”, argumentou, “pero creo que si teñen morriña de que exista unha voz propia que nos defenda en Madrid”.Por iso, avanzou, o BNG asume un com-promiso ante a cidadanía de cara ás eleccións do 28 de Abril: “Un ou catro deputados e deputadas do Bloque van condicionar o goberno do Estado para que haxa unha solución ao emprego en ALCOA e para que teñamos unha tarifa eléctrica propia que nos faga mirar con optimismo o futuro”, indicou.Na reunión co cadro de persoal desta fac-

toría en San Cribrao, a dirixente naciona-lista explicou que o Bloque vai presentar alegacións ao borrador de Estatuto para consumidores electrointensivos, e pediu ao presidente galego que renda contas pola súa incompetencia á hora de defen-der os intereses do país.“Feixóo ten que explicar porqué o go-berno nacionalista de Euskadi conseguiu unha rebaixa de 23 euros por megavatio para as súas empresas electrointensi-vas e aquí o Goberno do estado deixa a rebaixa en 4,10 euros por megavatio”, interpelou, “isto pasa é porque non te-mos un presidente que actúe como tal”. Ao mesmo tempo, reclamou do xefe do Executivo que encabece a negociación bilateral co Estado “para conseguir para Galiza cando menos o mesmo que xa ten o País Vasco para as súas empresas”.

PSOE e BNG súmanse ás peticións dos traballadores de Alcoa

A alcaldesa de Viveiro e Álvaro Santos, na concentración de Alcoa en Madrid

A deputada, visitando o centro de Aspanane

Page 4: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

4 abril 2019 actualidade

O sindicato nacionalista, CIG Saúde A Mariña, apoia e participará de xeito ac-tivo na folga da que é convocante, entre outras organizacións, para os días 9, 10 e 11 de abril pola dignidade da Atención Primaria. ”A Atención Primaria atópase nunha grave situación de perigo provo-cado pola sobrecarga de ter que atender cada vez máis pacientes, que cada vez son máis complexos, con menos recur-sos” aseguran dende o sindicato. No ano 2007 a administración sanitaria acordara con sindicatos e profesionais da Atención Primaria a posta en marcha do Plan de Mellora, que pretendía dotar de recursos materiais e humanos á Atención Primaria para que puidera facer fronte a un dos grandes retos do futuro, o incremento da esperanza de vida e a xestión dos pacien-tes con patoloxías crónicas. No ano 2009 este Plan de Mellora foi paralizado sen chegar a consolidar as prazas de profe-sionais xa orzamentadas. A partires deste momento comezou un cambio na política sanitaria que mar-xinou á Atención Primaria, chegando a desaparecer a súa estrutura de dirección coa creación das Estruturas Organizativas de Xestión integrada (EOXI) claramente centradas na atención hospitalaria. A re-cente modificación da Lei de Saúde non fixo máis que consolidar este modelo. A central nacionalista asegura que o novo plan presentado polo Partido Popular “non responde ás demandas urxentes” reclamadas por diferentes colectivos da Sanidade Pública galega e engade que está trufado de “ambigüidades e non concreta prazos” para a súa execución.

Por outra parte, tampouco prevé a re-cuperación das xerencias de Atención Primaria con capacidade de “decisión, re-solución e orzamentos necesarios” para a aplicación das 175 medidas e propón, exclusivamente, un director con funcións de coordinación.O sindicato ten cinco grandes puntos a reivindicar e irrenunciables: o aumento progresivo do orzamento para a Aten-ción Primaria, co obxectivo de acadar o 25% do orzamento total da sanidade pú-blica (excluído o gasto farmacéutico) en 4 anos; a modificación das actuais EOXIs creando unha Xerencia de Atención Primaria con capacidade de planificar e xestionar o orzamento e os recursos humanos propios, en pé de igualdade coa Atención Hospitalaria, recuperando as áreas sanitarias suprimidas; poñer fin á política de precariedade laboral de persoal, imprescindible para garantir a calidade da asistencia (nesta liña esixen modificar para mellorar o modelo de contrato acordado na mesa sectorial e denominado “Nomeamento Estatutario Eventual de Continuidade no ámbito do SERGAS”); solucionar o actual conflito dos PACs, garantindo unha prestación asistencial segura e de calidade tanto para pacientes como para profesionais, apoiando as reivindicacións recollidas na súa convocatoria de folga; e reclamar máis persoal en varias categorías como poden ser matronas, odontólogas, fisio-terapeutas, PSXs... VIVEIRO. Pola súa banda, veciños e per-soal do centro de saúde e PAC de Viveiro concentráronse outro martes máis dian-

te do edificio para esixir solucións a Xun-ta de Galicia ante a precaria situación da atención primaria no municipio mariñán. A Vicesecretaria e Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, acompañada do compañeiros do goberno e do partido, participaron na manifestación e reclama-ron ao goberno galego do PP “que deixe de mirar cara outra lado e atenda dunha vez as demandas dos máis de 15.000 ve-ciños de Viveiro”.Loureiro García explicou que “os vivei-renses levamos máis de 3 meses concen-trándonos todos as semanas para que a Xunta de Galicia de Feijóo escoite as no-sas reclamacións. Non imos quedarnos quietos. Dende o Concello seguiremos loitando para que se cubran as necesida-des dos nosos veciños, defendendo unha sanidade pública, gratuíta e de calidade. Xa nos suprimiron a área sanitaria e ago-ra, pouco a pouco, están desmantelando a atención primaria. ¿Esta é a atención primaria adecuada ao século XXI que di a Consellería de sanidade que quere ofrecer?. O único que está conseguindo o Partido Popular é que a xente do rural viva peor porque teñen menos servizos debido aos continuos recortes”. A rexedora socialista censurou que a Xun-ta de Galicia non cubre as baixas xustifi-cadas dos profesionais, “provocando que os veciños queden moitas veces sen ser atendidos. Isto non o podemos permitir. Están xogando coa saúde das persoas. A semana pasada estivemos sen unha mé-dico polas mañás e esta semana igual”. Neste eido, a socialista explicou que os veciños chegan a agardar ata 7 días por

unha consulta polo feito de non cubrir as baixas médicas. Ademais os facultativos vense na obriga de traballar máis horas das establecidas e de atender a unha media de 50 persoas diarias pola falta de persoal sanitario. O Punto de Atención Continuada (PAC) leva meses sen 2 médicos porque os profesionais están en folga con servizos mínimos. Non hai facultativos suficien-tes para atender aos veciños de Viveiro, O Vicedo e Ourol, ao ser este o PAC de referencia destes Concellos. Os veciños de Viveiro, O Vicedo e Ourol tamén ven como unha prestación básica como a pediatría vese afectada pola pasi-vidade do goberno galego do PP. “Unhas 2.000 familias pasaron de ter 2 espe-cialistas a ter tan só 1 e algunhas veces ningún, como sucedeu a pasada ponte. Todo isto nun servizo no que é funda-

mental facer un seguimento continuo para atender con todas as garantías á poboación infantil” denunciou Loureiro.

BURELA. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña celebrou o pasado martes unha gran manifestación en Burela con saída dende o hospital da Mariña para rematar na plaza do Conce-llo. A mobilización respondeu ao lema A Mariña pola sanidade pública, aquí, agora e sempre, en clara alusión ao lema que ilustran as camisetas solidarias que este colectivo comercializa, e que fan re-ferencia “á sanidade de proximidade que reclamamos para a comarca, en concreto polos recortes especialmente na aten-ción primaria”. Cada martes na maioría dos centros de saúde realízanse paros pola falta de medios e polos recortes.

Convocada unha nova folga pola Sanidade entre o 9 e o 11 de abril

Manifestación celebrada o xoves pasado na Mariña

A Xunta de Goberno aprobou este venres as bases das axudas de 280.000 euros da Deputación para asociacións culturais lucenses. Na páxina web da Deputación, www.deputacionlugo.gal, habilitarase un banner con toda a información, así como a documentación para que as asociacións poidan concorrer a estas subvencións. Son axudas de entre 300 ata 3.000 euros para pro-gramacións de música, baile, tea-tro, o fomento da lingua ou a po-tenciación do patrimonio cultural.As bases das subvencións de con-correncia competitiva para enti-dades asociativas culturais da pro-vincia contemplan axudas para a realización de actividades culturais no 2019. Concretamente para a di-namización socio-cultural e cultural en todas as súas vertentes; poten-ciar a historia, a música, as tradi-cións de Galicia o uso do idioma galego, así como iniciativas de po-tenciación do patrimonio material e inmaterial do pais, entre outras. O prazo de execución de activida-de será dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2019.Primase os criterios socias nas bases destas subvencións. Pun-tuarase favorablemente os proxec-

tos que fomenten a igualdade de xénero, actividades dirixidas á terceira idade, á persoas con capa-cidades diferentes, e que fomen-ten valores interxerenacionais, entre outros. Ademais, terase en conta a dispersión territorial e poboacional para primar aque-las programacións que se leven a cabo en pequenas localidades, especialmente no rural. O prazo para presentar a conta xustificati-va desta achega económica rema-ta o 31 de marzo de 2020.

Na pasada edición o Goberno da Deputación achegou 309 axudas a entidades culturais para financiar outras tantas actividades de carác-ter cultural en 57 municipios lu-censes, cun valor total de 280.000 euros da Deputación. Trátanse das axudas que o Goberno Provincial puxo á disposición do tecido aso-ciativo lucense en réxime de con-correncia competitiva no 2018. Son colaboracións que van dende os 300 aos 3.000 euros.

Aprobadas as axudas da Deputación para asociacións

O presidente da Deputación, Dario Campos

O BNG propuxo na Cámara unha batería de medidas para facilitar o uso do galego na Administración de Xustiza que a Xunta debería implementar no prazo máximo dun ano, posto que se trata de desen-volver o Plan Xeral de Normalización da Lingua.Entre esas propostas, elaborar un pro-grama de normalización específico en colaboración co Ministerio de Xustiza, establecer un órgano de referencia para fomentar o uso do galego por medio de medidas de promoción profesional e prestixio dos funcionarios que a vaian usando. Verter ao galego os programas informáticos de xestión e os formularios de uso cotián e garantir a súa presenza en todos os órganos xudiciais de Galiza. “É incrible que non exista”, salientou o deputado Luís Bará.Igualmente, deseñar campañas de infor-mación sobre os dereitos lingüísticos dos cidadás nas súas relacións coa Adminis-tración de Xustiza e establecer que nos tribunais antes do inicio de calquera pro-cedemento se pregunte de oficio cal é a lingua habitual do cidadán para que sexa o idioma de toda a actuación. “Algo tan de sentido común como pre-guntar nos tribunais de xustiza cal é a lingua do administrado e que esa sexa o idioma de actuación en todo o proceso tanto oral como na escrita”, alegou.

O feito de que haxa que reclamar a apli-cación dunha normativa aprobada en 2004 é para o deputado unha proba do retroceso en materia lingüística que su-puxo a chegada de Feixóo á Xunta, “e o que ven da man das hordas da dereita que se concentra na Praza de Colón!”, alertou.Son medidas necesarias e moi positivas, salientou Bará, que contrarrestarían a actual discriminación que soporta o idio-ma propio do país na Administración de Xustiza.“Porque claro, estamos nunha situa-ción similar a que se daría se a alguén lle preguntan se quere ir de Santiago a Pontevedra en tren ou andando. A xente vai en tren e iso é o que lle están dicindo vostedes á xente, se quere ir en castelán en tren ou se queren ir andan-do no galego”, explicou, “hai unha dis-criminación evidente, chámenlle como queiran pero é así e provoca a perda de galegofalantes”.Bará incidiu no aspecto “centralista” da Administración de Xustiza, “distante, afastada e antigalega” ao tempo que co-minou ao PP a aproveitar a oportunidade de apoiar o que recolle o PNL de 2004, “non é o programa do BNG”. “Nin creen, nin senten o noso idioma, por iso votan en contra”, concluíu en relación ao voto en contra do PP.

O PP veta no Parlamento unha serie de medidas do BNG para fomentar o galego na xustiza

Page 5: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

abril 2019 5actualidade

A portavoz de Educación do BNG, Ola-lla Rodil, pediu á Xunta que modifique as cargas horarias das materias de libre configuración e inicie accións para su-primir a materia de Relixión no currí-culo escolar.Na súa intervención, na comisión de Educacion e Cultura, ex-plicou que a distribución horaria das materias de bacharelato recollida no Decreto 86/2015 estabelece o currícu-lo de secundaria e Bacharelato, xunto coa carga horaria fixada para as mate-rias de libre configuración autonómi-ca que alumnado debe cursar, “dúas materias troncais de opción e míni-mo dúas máximo de tres específicas”.Tendo en conta que a relixión, dixo, ten unha carga horaria dunha hora dentro das materias específicas e

que o estudantado debe cursar como mínimo dúas desta modalidade, aquel que opta por Antropoloxía, Robóti-ca ou coeducación, está abocado, en moitos centros galegos, a elixir Relixión católica aínda que o centro teña unha materia de libre configuración dunha hora. A parlamentaria utilizou o exem-plo dun estudante de 1º de BAC que elixe cursar como materia específica, debuxo artístico (3 horas) e Coeduca-ción de libre configuración (2h) pero debe elixir obrigatoriamente Relixión (1h) porque é a única específica dun-ha hora e non hai outra combinación posible polo que asegurou, “estamos diante dunha situación que conculca os dereitos do alumnado que se ve obri-gado a cursar unha materia en contra

da súa vontade, unha materia de ca-rácter puramente confesional”.No curso 2019/2020 que comezará coa oferta da materia Coeducación, esta situación chega a un extremo aín-da máis perverso obrigando ao alum-nado que quere formarse en perspec-tiva de xénero e feminismo a cursar a materia de Relixión, “materias asenta-das en principios diverxentes e contra-ditorios entre si”.Para o BNG o “ensino debe ser galego, público, científico, feminista e laico” e calquera tipo de confesión relixiosa debe quedar á marxe do ámbito público. A nosa posición é clara e taxativa, afirmou Rodil, “profesar calquera crenza relixio-sa é unha cuestión estritamente privada e debe estar fóra das aulas”.

O BNG pide á Xunta que suprima a relixión do currículo escolar

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, avanzou que o orga-nismo provincial promoverá a recupe-ración da Vía Rexia do Norte, unha ruta de peregrinación que atravesa 8 con-cellos da provincia de Lugo e de Astu-rias, concretamente dende Castropol a Lugo. O primeiro documento existente sobre esta ruta de peregrinación data do 1240, o que a converte na ruta máis antiga da provincia. Fíxoo nun encontro con representantes de varios destes Concellos no que informou do inicio este mesmo ano do proxecto para o estudo e recuperación deste vía, que abrangue aos Concellos de Meira, A Pontenova, Riotorto, Pastoriza, Castro de Rei e Lugo así como 2 asturianos, Vegadeo e San Tirso de Abres.A pesares de que a Vía Rexia do Norte non é unha ruta recoñecida oficialmen-te, conta cada vez con máis camiñantes pola provincia de Lugo. Tendo en conta esta situación, a Deputación e os Con-cellos implicados, buscan establecer no-vas medidas para recuperar, protexer e promover a ruta, co fin de que sexa, nun futuro, recoñecido oficialmente.As actuacións enmarcadas dentro desta iniciativa arrancan este mesmo ano cun-ha primeira fase de estudo global para recuperar o trazado histórico, co fin de respectar ao máximo o camiño orixinal para, no 2020, realizar labores de sina-lización tanto da propia Ruta como dos itinerarios culturais, medioambientais e arquitectónicos da zona.Tal e como avanzou o presidente, o que se busca é recuperar esta vía, e os itine-rarios de cada un dos Concellos que in-tegran a Vía Rexia, co fin de conseguilo antes do Ano Xacobeo 2021.

ACTUACIÓNS. Este proxecto arranca coa fase de delimitación do trazado da Vía Rexia. A primeira das actua-cións é a delimitación do trazado orixinal mediante o estudo previo de documentación existente sobre os tramos históricos, que permanecen en uso con características tradicio-nais, e sobre aqueles camiños que se perderon fisicamente pero dos que quedan vestixios históricos do-cumentados. A continuación, reali-zaranse bases cartográficas dos Con-cellos polos que pasa a Vía Rexia, así como de toponimia.De seguido, e nunha segunda etapa, búscase a mellora e reforma dos ca-miños existentes, co fin de sinalar este percorrido que arranca en Castropol e Lugo, que enlaza tamén con outros

itinerarios do Camiños de Santiago. Ademais de iniciar a recuperación do trazado orixinal peonil, tamén se identificarán todos os puntos no que é necesario realizar obras, e farase un profundo estudo de bens patrimoniais e dos lugares integrados nesta ruta.No acto de presentación deste proxec-to en impulso da Vía Rexia partici-paron o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, o alcalde de Meira, Antonio de Dios, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López; alcalde de Castro de Rei, Francisco Ba-lado; o alcalde de Pol, Lino Rodríguez Ónega, o alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, o alcalde de Vegadeo, Cesar Álvarez, e a alcaldesa de San Tirso de Abres, Goretti Quintana.

A Deputación dirixe o proceso de recuperación da Vía Rexia

Un momento da presentación do proxecto na Deputación

O portavoz socialista de Gandaría, José Manuel Pérez Seco, denunciou hoxe a “falta de atención por parte da Xunta aos accidentes de tráfico causados po-los xabarís”. No debate dunha pregunta oral no Ple-no do Parlamento, sinalou que en 2018 rexistráronse en Galicia máis de 4.800 accidentes de tráfico causados pola fau-na salvaxe en, 2.500 deles provocados polos xabarís.O parlamentario socialista lamentou o desleixo do goberno galego diante desta situación, que “abarca case todo o territorio galego, converténdose nun dos principais problemas de seguridade viaria”.Pérez Seco amosou a súa preocupación polos danos materiais que estes acci-dentes están a causar, afectando tanto ás vías secundarias como ás autoestra-das. Ao producirse pola noite, Explicou,

aumenta o risco vital dos cidadáns debi-do á escasa iluminación e o corto perío-do de tempo que teñen os condutores para percibir a presenza do xabaril e evitar o impacto.O portavoz socialista advertiu de que a mala xestión das poboación de xabarís por parte do goberno está ocasionando “problemas tamén para agricultores ao provocar desfeitas nas colleitas e a ero-sión no solo, derivando en malas collei-tas para os agricultores, e diminuíndo a actuación de outras especies como os pequenos roedores ou as aves”.Para os gandeiros está sendo tamén un problema, amosou o deputado, debido ao “enorme gasto que teñen que facer en alimentación para o seu ganado, xa que os xabarís destrozan as súas plan-tacións para poder alimentar o gando, ocasionando máis custes e polo tanto menos beneficios”.

Os socialistas acusan á Xunta de desleixo ante os accidentes provocados polos xabarís

Está aberto ata o 2 de agosto o pra-zo de solicitude do Bono Coidado, un programa que inclúe axudas di-rectas para contratar a unha persoa coidadora da filla e fillo ante nece-sidades puntuais.O programa posto en marcha en 2016, presenta como principal no-vidade na convocatoria deste ano que as nais e pais solicitantes pode-rán destinar esta axuda económica a pagar o custe dun servizo de coi-dado infantil non continuado, como por exemplo as ludotecas e outros espazos infantís, a diferenza do que acontecía ata o de agora que se li-mitaba exclusivamente a servizos domiciliarios.O Bono Coidado conta cun orza-mento inicial de 1,2 millóns de eu-ros (ampliables para atender todas as solicitudes que se reciban) e del poderán beneficiarse as persoas con nenos e nenas menores de 12 anos que residan en Galicia e que conten cunha renda da unidade fa-miliar que non supere os 45.000 eu-ros ou os 13.500 euros per cápita.Subvencionaranse un máximo de 80 horas por familia para o totalidade do período de vigor da convocato-

ria, que cubrirá os servizos recibi-dos entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de novembro de 2019. O nú-mero de horas incrementarase un 15% por cada nena ou neno menor de doce anos.A contía da axuda estará determi-nada por tramos segundo a renda per cápita familiar, ata os 3.750 eu-ros obterán unha axuda de 14 euros por hora de servizo a contratada, ata os 7.500 euros será de 11 eu-ros por hora, as familias con renda per cápita ata os 10.000 euros terán unha achega de 9 euros por hora de coidador e para aquelas de máis de 10.000 euros, e sempre que non supere o tope establecido, a subven-ción por hora de servizo de coidador contratada será de 7 euros. Ade-mais, as mulleres vítimas de violen-cia de xénero recibirán en todo caso a contía máxima da axuda.O abono da axuda farase efectivo logo de achegarlle á xefatura terri-torial da Consellería de Política So-cial correspondente a solicitude e as facturas orixinais da contratación do servizo acompañadas do xustifi-cante bancario que acrediten o seu pagamento.

Abre o prazo para solicitar as axudas do Bono Coidado

Page 6: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

actualidade6 abril 2019

A Semana Santa 2019 de Viveiro cele-brarase do 4 ao 21 de abril. Centos de fieis congregaranse un ano máis na vila lucense para gozar cunha das mellores celebracións de Semana Santa de Gali-cia. A festa está declarada como Festa de Interese Turístico Internacional.O 12 de abril será o Venres de Dores e ás 21:30 sairá a Procesión da Virxe das Dores desde a Igrexa de San Francisco e serán 1741 pasos.O 13 de abril terá lugar o Sábado de Paixón que comezará ás 18:00 co con-certo X Aniversario da Banda Nosa Se-ñora da Misericordia de Viveiro no Con-vento das Nais Concepcionistas.Ás 20:30 horas será o pregón no Tea-tro Pastor Díaz a cargo de José Manuel González-Páramo, doutor e doble Máster en Economía pola Universida-de de Columbia de Nova Iorque e será presentado por Luis de Carlos Bertán. Pechará o acto a Coral Polifónica Albo-rada de Viveiro.O 14 de abril, Domingo de Ramos, ás 12:00 horas comezará a Procesión da Entrada triunfal de Xesús en Xerusalén tamén chamada da Borriquita con saída da parroquia de Santiagodesde a Igrexa de San Francisco. O paso será a Entra-da triunfal de Xesús en Xerusalén (José Rivas-1948).Ás 20:00 horas chegará a Procesión do Ecce-Homo con saída desde a Igrexa de San Francisco. Os pasos serán o Ecce-Homo dos franceses (s. XV), Coronación de espinas ou O Sentado (s. XV), Cristo da Beira Cruz (s. XV) e a Virxe Inmacula-da dolorosa (s. XVIII).O 15 de abril ou Luns Santo ás 21:00 ho-ras chegará a Tamborrada polas rúas de Viveiro con final na praza Maior organi-zado pola Xunta de Confrarías Semana Santa.O 16 de abril ou Martes Santo ás 21:00 horas realizarase o Vía Crucis de Mulle-res con saída da Igrexa de San Francis-co cos pasos do Cristo da Beira Cruz (s. XV), e recóllese en Sta. María a imaxe de María ao pé da Cruz (Modesto Quilis – 1908).O 17 de abril, Mércores Santo, ás 22:00 horas sairá o Vía Crucis de Homes da Igrexa de San Francisco co paso do Cris-to da Agonía (José Rivas – 1946). Acom-páñao 14 penitentes coa Cruz ao lombo.O 18 de abril é o Xoves Santo e ás 19:30 horas haberá a Procesión da Última Cea con saída da Igrexa de San Francisco cos pasos da Cea ou Os Apóstolos (Juan Sarmiento – 1808); A Oración do Horto (escola de Gregorio Fernández – s. XVII; Imaxe do Anxo de Juan Luís Otero – 1968). A Flaxelación ou O Cristo da Columna, (José Tena – 1908); o Ecce-Homo ou O Cristo da cana, (José Rivas – 1950) e a Santísima Virxe das Dores (1741).

Ás 22:00 horas será a Procesión do Prendemento organizada pola Irman-dade do Prendemento na que colabora a Confraría O Nazareno dos de Fóra. Os pasos serán O Prendimiento ou O Bico de Xudas (José Rivas – 1947), As Ne-gaciones de S. Pedro (Antonio Bernal Redondo – 2010/2012), o Ecce-Homo Corazón de Xesús (s. XVII), o Noso Pai Jesús Nazareno (Francisco Romeu Zafra – 2012) e a Virxe das Dores (principios s. XX).O 19 de abril é o Venres Santo comezará coa á procesión do Encontro que terá lugar ás 10:00 horas na Praza Maior e o adro de Santa María. Os pasos que sai-rán serán Xesús coa Cruz ao lombo ou O Cristo que cae, (s. XV), San Xoán e A Verónica (Juan Sarmiento – 1775) e A Dolorosa (1741).Ás 12:00 horas chegará o Sermón das Sete Palabras na Igrexa de San Francisco na que participa a Coral Polifónica Albo-rada de Viveiro.Ás 18:30 horas é o Descendemento ou tamén chamado Desencravo cos pasos de Cristo do Desencravo (s. XVII), A Do-lorosa (s. XX) e o de San Xoán (s. XX). Sairá desde o adro de Santa María e está organizada polo Ilustre e Venerable Confraría do Stmo. Rosario.Ás 19:30 horas sairá a Procesión do Santo Enterro con saída desde a Igrexa de Santa María. Os pasos que proce-sionarán Abre filas a Cruz Procesional (Pedro Rodríguez – 1562), A Magdale-na (José Tena – 1916), San Juan (José Tena – 1909), Santísimo Cristo Yacen-te (José Tena – 1908) custodiado por catro anxos que portan os atributos da Paixón (Rodríguez e Ponte 1955), escoltado por unha garda romana. E o da Virxe da Soidade (José Rivas – s. XX).Ás 22:00 horas comezará a Procesión da Paixón con saída da Igrexa de San Francisco, na que colaboran as Irman-dades do Prendemento, das Sete Pa-labras e da Santa Cruz. Os pasos serán O Prendemento (José Rivas – 1947), O Calvario (José Rivas – 1946/1949, Ro-dríguez e Ponte – 1952), Stmo. Cristo da Piedade (José Rivas – 1945), acom-pañado da Banda Romana de tambo-res da Cofradía, que fará un pasarrúas unha hora antes. E por último o paso de María ao pé da Cruz (Modesto Qui-lis – 1908).Xa por último ás 00:00 horas será a vez do Sermón da Soidade desde a Igrexa San Francisco. E ás 00:30 horas sairá a Procesión da Soidade tamén chamada Dos Caladiños cos pasos da Verónica (Juan Sarmiento – 1775), San Xoán (Juan Sarmiento – 1808) e a Virxe da Soidade (1741). Á súa finalización, ante a Venerada Imaxe da Virxe Dolorosa, canto popular do Salve na Igrexa de

San Francisco.O 20 de abril é Sábado de Gloria e co-mezará coa procesión da Esperanza da Resurrección que comezará ás 19:30 ho-ras con saída da Igrexa de San Francisco, e o paso da Nosa Señora da Esperanza (Francisco Romeu Zafra – 2010).O 21 de abril é o Domingo de Resurrec-ción que comezará coa procesión do Encontro de Resurrección que comeza-rá ás 12:00 horas, con saída da Igrexa de San Francisco, e os pasos San Juan (s. XX) e Nosa Señora do Sagrado Cora-zón (Francisco Font – 1880). Na Praza Maior terá lugar o Encontro de Resu-rrección.Ás 19:30 horas será a vez da Procesión do Vía Lucis con saída de San Francisco cos pasos da Resurrección (Leopoldo Rodríguez – 2005/2008) e Nosa Señora do Camiño da Luz (Antonio Espadas – 2013). Está organizada pola Irmandade das Sete Palabras.

ACTOS LITURXICOS. O 11 de abril ás 20:30 celebrarase o Sacramento da Reconciliación da Unidade Pastoral de Viveiro (Confesións). O 14 de abril será a tradicional bendición dos Ramos, ás 13:00 e ás 19:00. O Xoves Santo, ás 17:00, terá lugar a celebración da Cea do Señor. Ao día seguinte, Venres San-to, a Acción litúrgica da morte do Señor será ás 17:00 horas. O 20 de abril é o Sábado Santo e a partir das 12:00 terá lugar o acompañamento na oración á Virxe da Soidade. Ás 22:30 será a Solem-ne liturxia da Vixilia Pascual. Por último, o Domingo de Resurrección; entre ás 11:00 e ás 19:00 horas, toca eucaristía e rezo do Via Lucides ás 18:00 horas.

SANTA MARÍA. Do 9 ao 17 de abril será a Novena á Virxe da Soidade. O 14 de abril ás 11:00 haberá bendición dos ramos, procesión e eucaristía. O 18 de abril, ás 17:30 horas, será a ce-lebración da Cea do Señor e ás 21:00 o Sermón das Negacións de San Pedro, a cargo do Padre Rufino Callejo de la Paz, dominico de Santo Domingo El Real de Madrid. O 19 de abril será a Acción Litúrxica da morte do Señor ás 17:30 horas. O 20 de abril é o Sábado Santo e a partir das 21:30 será a so-lemne liturxia da Vixilia Pascual. Por último, o 21 de abril é o Domingo de Resurrección que celebrará a eucaris-tía ás 13:00.

CONCEPCIÓN. O 14 de abril ás 10:00 é a bendición dos ramos, procesión e eu-caristía. O 18 de abril, o Xoves Santo ás 16:30 horas será a celebración da Cea do Señor e ás 22:30 a Vixilia da oración ante o Santísimo. O 19 de abril terá lu-gar a Acción Litúrxica da morte do Señor ás 16:00 horas. O 20 de abril a partir das

20:30 será a solemne liturxia da Vixilia Pascual.

BETANIA. O 14 de abril, ás 10:00, é a bendición dos ramos, procesión e eucaristía. O 18 de abril será o Xoves Santo ás 17:00 horas e terá lugar a celebración da Cea do Señor. O 19 de abril, toca na programación a Acción Litúrxica da morte do Señor ás 16:00 horas. O 20 de abril a partir das 20:30

oficiarase a solemne liturxia da Vixilia Pascual.

ORDE TERCEIRA. Do 4 ao 12 de abril ás 19:00 é a Novena á Virxe das Dores, rosario e novena e ás 19:30 horas a eu-caristía.O 12 de abril ás 11:00 horas será a eu-caristía, e despois a exposición do San-tísímo ata os cultos da tarde e xa, pola tarde, ás 20:30 a solemne eucaristía.

Semana de paixón viveirense A cidade do Landro prepárase para recibir a miles de persoas durante as procesións e actos litúrxicos de prestixio internacional

Unha imaxe do ano pasado e o cartel da presente edidión

viveiro

Page 7: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

abril 2019actualidade 7

Tralo anuncio de fai un mes de que se esgotaron os abonos do festival Resu-rrection Fest para esta edición do 2019, e despois de que moitas persoas están sen entrada, a organización do festival sacou a venda 500 abonos máis.Así que este ano será o maior festival da historia deste tipo de música xa que están a traballar para que sexa tamén o máis espazoso e cómodo que nunca, con máis metros útiles e máis decoración. Debido a cambios no recinto, decidiron sacar unha última remesa de 500 abonos para todos os que non puidron comprar antes a súa entrada. Xa saíron á venda o vindeiro luns 1 de abril ás 11:00 na súa web e será a última oportunidade.Os organizadores do Resurrection Fest anunciaron novos grupos para o festival deste ano 2019. A súa edición número catorce terá lugar os días 3, 4, 5 e 6 de xullo en Viveiro, como vén sendo habi-tual, e a súa organización está traballan-do desde fai meses nun gran cartel que permita superar os 81.000 espectadores que asistiron á súa edición de 2018. Nas trece edicións que leva celebradas, a súa

organización demostrou que se pode crecer non só en número de asistentes e concertos, tamén en calidade da organi-zación e programación musical.Desde que no mes de setembro o seu cartel inaugurásese coas confirmacións de Parkway Drive, Trivium, Kvelertak, Testament e While She Sleeps días antes de que se puxesen á venda os primeiros abonos, moitos nomes sumáronse xa. Entre eles Slipknot como rechamante ca-beza de cartel xunto a bandas non menos atractivas como Lamb of God ou Slayer.A organización tomando boa nota das peticións dos seus seguidores, na recta final do 2018 fixo pública unha tanda de confirmacións que inclúen a Berri Txarrak na súa xira de despedida, a banda france-sa Gojira, que farán o único concerto en España, tamén traerán de Suecia o death metal melódico de Arch Enemy e o punk rock de Millencolin, e xa tirando para casa as bandas nacionais Crisix, Close to the Sky, Dagla, KITAI, Cathexia, Perpetual Night, Control de pragas, Neila, Cabeza de Cabalo, Cordura, Back In Town ou Ar-quivo Adxunto.

O Resurrection Fest saca unha remesa de 500 abonos

No Boletín Oficial da Provincia do día 20 de marzo de 2019 publicouse o anuncio polo que se establece un novo prazo dun mes para a presentación de solicitudes de subvención para a rexe-neración e renovación urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro (Fase XVI). Este prazo come-zará a contar dende a publicación do anuncio do presente acordo no Boletín

Oficial da Provincia de Lugo. A presen-tación de solicitudes realizarase con arranxo á convocatoria publicada no BOP do 26 de decembro de 2018 .O prazo de presentación de solicitudes remata o día 21 de abril de 2019.Para máis información pódese acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco His-tórico de Viveiro ou chamar ó telefono 982 562 968.

Amplíase o prazo das axudas para a rehabilitación do Casco Histórico da vila

Dende Viveiro celebran que o Teatro Pastor Díaz cumpre cen anos, unha efeméride pola que se sinten profun-damente orgullosos e que queren ce-lebrar organizando un acto que serva para conmemorar e poñer en valor tan importante aniversario e que será anunciado proximamente. Con motivo do seu centenario, quérese aproveitar a ocasión para difundir unha breve re-seña da historia de tan emblemático edifico.O Teatro Pastor Díaz, está situado no casco antigo de Viveiro, entre rúas es-treitas, sen a monumentalidade dos grandes teatros da época, confundín-dose no seu entorno. A parcela onde se construiu é trapezoidal entre as rúas Constanza de Castro e Luis Trelles.A súa contrución foi entre 1918 e 1919 como iniciativa particular de Nemesio Barreiro Casal. O proxecto foi redacta-do por Mario Páez Suárez (arquitecto da Deputación Provincial de Lugo entre os anos 1911 e 1920).O edificio ademais dun teatro con am-bigú e a vivenda do empresario, tiña unha chocolatería, colindante con ou-tro edificio do mesmo promotor. Pasou por varios propietarios ata que foi ad-quirido polo Concello o 29 de decem-bro de 1988. Estivo pechado oito anos para súa rehabilitación que foi reinau-gurado o 28 de setembro de 2001. O custo da rehabilitación foi de 200 mi-llóns de pesetas.Nese momento o teatro volve incor-

porarse á vida social de Viveiro, e é o centro onde se realizan a maioría das actividades culturais da vila, tanto organizadas polo concello como por calquer colectivo do municipio que o solicite.Componse de tres zonas: a primeira ten planta trapezoidal apoiada na rúa Constanza de Castro, cun frente de 11 metros sobre o que se elevan tres plan-tas. A segunda zona corresponde ao salón de espectadores, que ten forma de U, cos seus palcos arredor do patio de butacas. O espazo interior segue os esquemas dos clásicos dos teatros italianos. A terceira zona corresponde ao escenario sobre a rúas Luis Trelles, hoxe en día e despois da rehabilatación debaixo do escenario, están os came-rinos. A fachada principal que dá á rúa

Constanza de Castro ten tres ocos a cada altura, cuxa única decoración son unhas máscaras representativas do teatro clásico e as ménsulas dos bal-cóns con dous escudos. Na parte alta do escenario están gravados os rostros de Rosalía de Castro e Pastor Díaz.

Arriba, unha imaxe do interior do teatro Pastor Díaz e, abaixo, a fachada

O Concello de Viveiro organiza o Mercado Renacentista, que nesta edición terá lugar do 11 ao 14 de xullo, ambos incluídos.Este ano preténdese dar continui-dade á enfoque cultural que dende o ano pasado se conseguiu dar a este evento, incluíndo na progra-mación exposicións, concertos e outras actividades que se desenvol-verán ao longo de toda semana e que contribuirán a enriquecer esta cita, que xa se consolicou como un dos referentes socioculturais da Mariña Lucense.

O mercado soe reunir a diferentes sectores representativos da épo-ca como o do metal, a orfebrería, o textil, a artesanía, a cerámica, a gastronomía, ou os produtos natu-rais e ecolóxicos. Tamén poderá ha-ber talla da madeira, e un posto con ungüentos.Un ano máis, espérase que o con-cello de Viveiro conte cunha gran afluencia de visitantes nesta cita, que é un guiño ao pasado da vila e que ten un atractivo especial para todos os visitantes da Cidade de Landro.

O tradicional Mercado Renacentista terá lugar do 11 ao 14 de xullo

O aniversario da culturaO teatro Pástor Díaz de Viveiro celebra o seu primeiro século de historia

Page 8: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

actualidade8 abril 2019

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, afirma que chegou o momento de pro-ceder á reforestación do parque Pernas Peón. A rexidora fixo este anuncio para contestar aos veciños que se manifes-taron para pedir información sobre os plans municipais e a instalación no mes-mo dunha pista multideporte.Segundo indican dende o equipo de Go-berno, a situación na que se atopaban as árbores do parque era coñecida polo equipo. “Cando dende o Concello de Vi-veiro adoptamos a decisión de talar unha parte importante dos eucaliptos e piñei-ros deste parque fixémolo conscientes de que era unha medida necesaria por cuestións de seguridade; a nosa postura é a máis difícil, pero o tempo deunos a razón e confirmouse que as árbores es-taban en moi mal estado e que existía un risco grave e real de que puideran caer”, explica.Afirma María Loureiro que dende que se realizou a tala, o parque nunca estivo pa-rado nin desatendido. “Ao longo destes meses viñemos realizando os labores ne-cesarias para a súa recuperación e para garantir, en todo momento, a seguridade dos usuarios. Neste tempo levamos a cabo unha serie tarefas necesarias e pro-gramadas, en ningún caso improvisadas e previas ás labores que a partir de agora se poidan executar de cara ao seu uso fu-turo”, aclara.Trala tala houbo que realizar o empacado dos restos de cortezas e ramaxe e, máis tarde, foi preciso rastrillar e eliminar os restos que quedaron despois de empa-car. Posteriormente, vendo que os euca-liptos que quedaban presentaban pólas en mal estado, realizouse unha poda en altura. O seguinte labor consistiu na reti-rada dos tocóns dos eucaliptos e dos pi-ñeiros; primeiro retiráronse os eucaliptos -hai uns cinco meses-, e máis tarde -hai uns dous meses- sacáronse os tocóns da zona do piñeiral, na parte máis próxima ao instituto, que non puideran ser reti-rados nun primeiro momento por pre-cisar dunha maquinaria distinta. Unha vez eliminados todos estes elementos, executáronse as labores de xardinería consistentes na limpeza da zona dos to-cóns, no fresado da terra e na plantación da herba. A pasada semana trouxéronse

doce camións de terra vexetal para ali-sar a parte na que estaban os eucaliptos coa intención de aboar e plantar herba; debido ás chuvias dos días pasados, esta labor houbo que pospoñela.“A día de hoxe o parque está en perfec-tas condicións para realizar a súa repo-boación e, sobre todo, para ser usado sen ningún tipo de perigo para os seus usua-rios. Consideramos que agora que estas labores están rematadas é o momento de dar explicacións e o momento de dar conta das diferentes tarefas levadas a cabo no parque, non antes. Con todo, cómpre aclarar que todo o traballo leva-do nos últimos meses foi público, nunca se ocultou nada e calquera veciño que se achegase ao parque puido ver como, pouco a pouco, foi retomando forma ata chegar ao estado actual. Foron unhas labores evidentes que o concello nunca escondeu, pero que tampouco necesita vender nin anunciar cada un dos pasos, sobre todo atendendo á época na que estamos, nós continuamos traballando día a día, respondendo ás preguntas for-muladas ao respecto polos medios de comunicación sobre o estado do parque ou, incluso, explicando no pleno muni-cipal, onde poden ir todos os veciños e veciñas. Agora que está acabada esta pri-meira fase de preparación, é o momento de deseñar a reforestación”, recalca.“Dende o Concello de Viveiro respec-tamos, como non podía ser doutra ma-neira, as opinións que sobre o futuro uso do parque poidan ter calquer veciño ou colectivo, pero entendemos que debe manter a súa esencia e uso tradicional, un espazo natural dentro do núcleo ur-bano destinado o uso e disfrute de dis-tintas xeracións, nenos, maiores…, un lugar para desfrutar en familia, un punto de encontro e de xogos, un lugar onde comer, etc”, din.O equipo de goberno reuniuse con al-gúns colectivos, como é o caso dalgunha agrupación deportiva, para coñecer as súas ideas e barallan algunhas propos-tas que fixeron chegar algúns veciños e colectivos culturais; “por suposto, segui-remos escoitando a todos aqueles que queiran achegar as súas ideas en benefi-cio de Viveiro e do Parque Pernas Peón”, engade.

A alcaldesa anuncia que empezan os traballos de reforestación no Pernas Peón

Un momento da concentración no parque Pernas PeónA alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, destacou que “grazas as xes-tións feitas polo equipo de goberno desbloqueamos o proxecto de sanea-mento da ría de Viveiro e temos o com-promiso de Augas de Galicia de que se vai a licitar neste 2019. Agardamos que sexa verdade e non unha mentira máis por parte do PP. Os veciños de Viveiro levamos case 10 anos escoitando pro-mesas incumpridas por parte da Xunta de Galicia asegurando que van a iniciar os traballos para solucionar o proble-ma dos vertidos pero nunca fixo nada”. Loureiro destacou que “para o Conce-llo sempre foi unha prioridade o sanea-mento da ría e por iso levamos moito tempo traballando. Dende o goberno fixemos todas as xestións necesarias para que o proxecto saíra a diante. Mantivemos reunións en Madrid con Costas e en Santiago con Augas de Gali-cia para que chegasen a un acordo e se iniciaran xa os traballos. Hai 5 meses, acadamos o compromiso da Directora de Augas de Galicia de que no 2019 comezarían as obras. Xa pasaron 3 me-ses e non temos ningunha noticia máis ao respecto. Agardamos que desta vez cumpran e non deixen na estacada aos viveirenses”. A alcaldesa de Viveiro detallou que as actuacións previstas son dotar a Celeiro dunha estación de bombeo, un depósi-to de retención e pretratamento, a opti-mización da depuradora e a instalación dun emisario submarino de 858 metros. A alcaldesa de Viveiro advertiu de que “non sería a primeira vez que a Xunta de Galicia di que vai acometer os tra-ballos de saneamento e logo non o fai. Xa o fixo no 2010, cando a Unión Europea esixiu o saneamento da ría de Viveiro e o executivo galego anunciou que estarían executados os traballos en 2015, cun investimento de 5 millóns de euros. No 2016, un ano despois da data prometida, dende o Concello de Viveiro asinamos o convenio con Augas de Galicia, cunha rebaixa na inversión inicial de 2 millóns, quedando só 3 para a totalidade das obras. Nese momento a Xunta de Galicia asegurounos que es-taría para o 2019, un prazo que dende o Concello agardamos que se cumpra”.María Loureiro lamentou que “o señor Olano, durante todos estes anos de De-putado no Congreso e de Concelleiro en Viveiro, non fixo ningunha xestión para avanzar no proxecto de sanea-mento da ría, capital para o noso mu-nicipio e para toda a Mariña. É curioso que agora veña a Viveiro criticando a xestión do goberno municipal cando el non tivo nin a decencia de pedirlle

aos seus compañeiros de partido que axilizaran o proceso e atenderan unha débeda histórica cos nosos veciños”. AUGAS DE GALICIA. Por outra banda, o Concello de Viveiro remitiu un escrito a Augas de Galicia no que se lle indica que non conta “cos medios nin cao capaci-dade necesaria para executar as obras propostas no plan de xestión do risco de enchente do río Xunqueira, que incluían o aumento da sección do curso do río no tramo urbano, unha actuación que cren que debería ser responsabilidade da admistración autonómica.O documento propón diferentes me-didas de protección para minimar o impacto de futuras enchentes. Unha delas é a naturalización do curso co seu ensanche. Ha parte alta do barrio es-treitaríase mentres que na zona entre o edifico de Regal Cerámica e o Cmaiño da Fonte dábanse tres alternativas e dúas delas implicaban que a auga ocu-pase todo o espazo entre edificacións que se resolvería cunha pasarela.O Concello afirma que non dispón dos cartos necesarios para unha obra de tal magnitude e pide Augas de Galicia que asuma as obras.

BNG. O membro do BNG de Viveiro Seve Salgueiro, acompañado da eu-rodiputada Ana Miranda, acudirán ao parlamento europeo para “poñer solu-ción” ao saneamento da ría de Viveiro.O viveirense Seve Salgueiro, que levou moi de cerca o tema do emisario e o saneamento integral da ría de Viveiro, ve con preocupación xunto con toda a equipa do BNG, a posible perda de fondos Feder europeos destinados ao saneamento da mesma que perigan si non se executan as obras dentro do prazo acordado, un importe que suma un total de 2,7 millóns de euros que poden perderse por culpa duns trámi-tes que o Concello aínda non deu xes-

tionado en dous anos e medio.A actividade do BNG neste asunto foi continuo, rexistrando en xuño de 2017 unha petición de información sobre o estado do convenio asinado por Con-cello e Xunta de Galiza, sen obter res-posta por parte do Goberno Municipal como de constume, tal e como ocorreu cando preguntamos que ían facer co parque Pernas Peón ou en tantas pro-postas presentadas polo BNG nos últi-mos anos. Ademais de formular cues-tións no Parlamento Galego e Europeo, realizouse un mural reivindicativo e unha recollida de sinaturas na que par-ticiparon unha treintena de colectivos viveirenses. A participación de Seve Salgueiro nesta semana nas xornadas sobre a auga no Parlamento Europeo, xunto coa eurodiputada polo BNG, Ana Miranda, será unha nova oportunidade para esixir solucións, amosar a preocu-pación da veciñanza de Viveiro e deixar ben claro novamente que “a ría de Vi-veiro non é un vertedoiro”.A situación do saneamento de Vivei-ro esixe, sen dúbida, dunha serie de actuacións urxentes e resolutivas que deteñan a degradación que está a su-frir a ría. O saneamento e a calidade da auga é primordial non só pola im-portancia medioambiental e na saúde, tamén para a actividade pesqueira e marisqueira.O BNG organizará na Eurocámara unha xornada sobre a Execución dos fondos europeos para o saneamento de auga en Galiza. Seve Salgueiro, participará nestas xornadas en Bruxelas represen-tando ao BNG de Viveiro, amosando a súa preocupación polo perigo de perda dos 2,7 millóns destinados ao sanea-mento de Viveiro, procedentes dos Fondos FEDER Galicia 2014-2020 debi-do á súa falta de execución en prazo; e denunciando os reiterados verquidos na nosa ría incumprindo a normativa europea sobre augas residuais.

PSOE e BNG esixen á Xunta actuacións urxentes sobre a ríaA Concello solicita a Augas de Galicia que asuma o custe das obras de ensanchar o río Xunqueira para evitar as enchentes

Os representantes do BNG do Concello de Viveiro

Page 9: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

abril 2019actualidade 9

foz

O equipo de goberno do Concello de Foz presentará a vindeira semana, aos partidos que forman parte da Corporación Municipal, o proxecto de orzamento para 2019. O capítulo de ingresos ascende a máis de 8 millóns de euros e o de gastos sitúase nos 7.100.000 euros. O alcalde, Javier Cas-tiñeira, explica que se trata dun presu-posto condicionado polo plan econó-mico financeiro. Aínda así o equipo de goberno plantexará dúas opcións ás outras formacións políticas, co obxec-tivo de que os orzamentos poidan saír para adiante. Unha opcións pasaría por dar cumprimento rigoroso ao plan económico financeiro e a outra incre-mentaría a partida de gastos para po-der executar algúns proxectos.O rexedor focense dixo que “dende o equipo de goberno queremos infor-mar a todos os veciños que na sema-na que ven presentaremos o borrador dos orzamentos do ano 2019. Son uns orzamentos que veñen condicionados e son complexos, posto que estamos dentro dun plan económico financei-ro, que se aprobou o ano pasado, ben rigoroso e que condiciona as contas, especialmente as partidas de gastos”.Javier Jorge Castiñeira explicou que “en números totais, o orzamento de ingresos se estima que pode roldar os 8.016.371,43 euros, incorporando a esa partida os 500.000 euros polo canon do novo contrato da auga e que vai dentro do plan económico financeiro. A partida de gastos está establecida en 7.147.520,16 euros, limitado tamén cunha partida de gas-to non dispoñible de 140.000 euros ademais dese superávit que son case 900.000 euros, que é a diferenza entre ingresos e gastos. É un superávit obri-gado polo plan económico financeiro e tamén polas restricións da lei do Mi-nisterio de Facenda que regula o teito de gasto do noso Concello”.O alcalde manifestou que “estamos moi limitados porque o superávit non satisfai a ninguén e hai que establecer unha serie de prioridades que nosou-tros entendemos que son: unha par-tida de gasto de 200.000 euros para esas axudas de emerxencia ao acceso da residencia que imos abrir en pou-cos días, unha partida no capítulo de

persoal para asumir esa nova RPT que hai pactada cos traballadores e que suma 55.000 euros máis á partida de persoal, e hai que sumar tamén unha nova praza de asistente social, posto que necesitamos duplicar este servi-zo. Con esas limitacións entendo que é fundamental priorizar esas tres cir-cunstancias”.Para Javier Castiñeira “redúcese moito a partida de inversións que irán basi-camente no Plan Único da Deputación e soamente se contemplan os proxec-tos tanto da rúa do Pilar como tamén da rúa do Cemiterio, e a parte propor-cional que ten que poñer o Concello para ese convenio que ten coa Depu-tación para financiar a canceira, que son 30.000 euros aproximadamente, que ten que poñer o Concello xunto aos 100.000 euros que puxo a Depu-tación”.O rexedor focense subliñou que “ante esas circunstancias, o equipo de go-berno propón que haxa dúas alternati-vas, unha é a restritiva e outra é baixar o superávit, cinguirnos a cumprir non moi pulcramente o plan económico financeiro, aumentar esa partida de gastos para que se puideran facer o plan de emprego e o plan verán, como se fixo o ano pasado, e ademais incluír 90.000 euros para a compra dos te-rreos da depuradora. Esa alternativa terá que decidila a Corporación, na que nosoutros tamén estaríamos de acordo. Entendemos que o superávit non beneficia a ninguén, pero si que é certo que estaríamos incumprindo parte do plan económico financeiro”.Javier Jorge Castiñeira indicou que “esas dúas opcións son as que se lles van presentar aos compañeiros da Corporación. Entendemos que hai un bo clima, e eu creo que é necesario aprobar eses orzamentos porque hai moitas persoas pendentes dos mes-mos para levar adiante as súas cou-sas cotiás, como son todas as persoas que van solicitar a axuda de emer-xencia para acceder á residencia. Es-peremos que para a semana que ven poidamos chegar a acordos, como se fixo nestes últimos anos, e contemos cuns orzamentos que polo menos dean satisfacción a todas estas nece-sidades de Foz”.

O Concello presenta uns orzamentos de algo máis de 8 millóns de eurosOs socialistas focenses consideran prio-

ritario que se destinen recursos para cubrir as carencias de persoal faculta-tivo, enfermeiros ou pediatras no siste-ma sanitario, porén, din que non poden deixar de observar o deficiente estado do edificio que alberga o Centro de Saú-de de Foz, que aseguran “presenta un estado deplorable e unha falta de man-temento escandalosa”.Dende a súa construción e posterior ampliación, no exterior do edificio non se realizou ningunha labor de limpeza e mantemento. “Á vista es-tán os desperfectos e a insalubridade por verdin e mofos, que invaden o exterior da edificación, incumprindo as mais mínimas condicións de orna-to que debe presentar calquera edifi-cio público”.“Xa que o goberno de Feijóo, como acaba de anunciar, vai investir mais de medio millón de euros, nunha ob-viedade tal como poñer rótulos que definan como públicos diferentes hospitais, mais prioritario debería ser, facerse cargo de manter os edi-

ficios existentes que, como no caso do Centro de Saúde situado na vila de Foz, necesitan labores urxentes de mantemento” comentan dende a formación socialista.Estes motivos leváronos a presentar unha moción, que foi aprobada no

pasado pleno da corporación munici-pal, para esixirlle á Xunta de Galicia unha valoración das deficiencias que presenta presenta o edificio despois do paso dos anos, instándoa a que efectúe as labores de mantemento necesarias.

O PSdeG esixe á Xunta labores de mantemento no Centro de Saúde

Estado no que se atopa o centro de saúde

O Instituto de Secundaria de Foz recibe esta semana a alumnado dun centro francés (o Collège Lucie Aubrac, de Loi-ret, que está cerca de París) co que reali-zan un intercambio, no que tamén parti-cipa o IES Illa de Sarón, de Xove.Doce alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES focense recibiron este pasado domingo “aos seus correspondentes da rexión dos castelos do Loira, que duran-te esta semana están visitando A Mariña costeira e de interior ademais doutros lugares como Santiago de Compostela, participan en actividades deportivas (surf, sendeirismo,…) así como na vida escolar do IES de Foz. E dentro dun mes os alumnos e alumnas desta zona serán acollidos polas familias dos seus compa-ñeiros franceses de Villemandeur”, expli-cou a xefa do Departamento de Francés do centro focense, Elena Méndez.

O IES recibe a alumnado dun centro francés de intercambio

Ioga tibetano. A próxima semana comezará a súa andadura na Mariña lucense Marta Looz, profesora de cábala hebrea e de ioga tibetano e intérprete da árbore da vida persoal. Tras un pasado exitoso no mundo da moda en Lugo alá pola década dos 90, como Marta Lastra, decidiu darlle un xiro á súa vida e agora dedícase a ler a árbore da vida e a impartir clases de ioga tibetano por medio mundo. Lucense e amante da Mariña decidiu apostar por esta comarca para dar continuidade á actividade que vén desenvolvendo noutros lugares de Galicia como Santiago, Rías Baixas, Ferrol ou Lugo. Ofrece dous tipos de consulta: presencial ou online a través da web www.tuarbolde-vida.com As citas poden concertarse no seguinte número de teléfono 644 559 165 e tamén a través da dirección de correo electrónico [email protected] As consul-tas presenciales realizaranse no nº 2 da Rúa Fiallega, en Foz.

Page 10: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

actualidade10 abril 2019

Grande éxito do Festival en Beneficio da Loita Contra o Cancro

Dous momentos do festival focense

Desde a Delegación Local de Foz da Asociación Española Contra o Cancro agradecen aos veciños que arrouparon os grupos Mar Aberto e Rondalla Latexos durante o Fes-tival en Beneficio da Loita contra o Cancro. “Recollemos esa mensa-xe que nos pide reforzar o esforzo e atención en apoio psicolóxico, máis atención social, tanto en orientación socio-laboral como en residencias gratuítas e en caso de desprazamentos fóra do lugar de residencia e, sobre todo, máis vo-luntariado formado para acompa-ñar a pacientes e familiares alí onde sexa necesario”, comentan dende a asociación.No festival celebrado na Sala Bahía participou o grupo Mar Aberto, un grupo de veciños que fixo esquecer coas súas voces os malos tragos da vida, que deleitaron ao público asis-tente co seu estilo especial.

Tamén acompañou ó anterior grupo a Rondalla Latexos, unha rondalla histórica de Foz, que durante moi-tos anos mostran as súas compo-sicións e outras cancións acordes á musica de corda, que traslada aos oíntes aos anos universitarios. Mención especial lle fan dende a Asociación a Lela, a serenata escrita por Castelao que pasou dunha obra de teatro, aos cantos das rondallas e tunas e xa é unha canción case tradicional do repertorio galego.As dúas agrupacións anteriores fixeron unha actuación conxunta onde mostraron as súas mellores cancións, e deron paso a unha me-renda solidaria por xentileza de Pas-telería Anduriña, Pastelería Ama-rena, Pastelería Xoima, Panadería Baía, Panificadora de Eo, Supermer-cados Gadis e Concello de Foz.Viviuse na Sala Bahía de Foz un festival ao grande cunha participa-

ción aproximada dunhas duascen-tas persoas e unha recadación que rolda os mil euros, algo que dende asociación non poden deixar de agradecer ós veciños de Foz.

AGRADECEMENTO. Desde a Dele-gación Local de Foz da Asociación Española Contra o Cancro agrade-cen o xesto solidario de todos os colaboradores e tamén aos veciños, seguidores e amigos que participa-ron con eles nesta tarde solidaria.“Non queremos que ningún veciño se sinta só, queremos que todos saiban que alí onde estea a Asocia-ción Española Contra o Cancro sem-pre haberá un voluntario disposto a axudar, acompañar e a orientar buscando sempre a mellor solución. Grazas veciños de Foz, grazas ami-gos, socios e colaboradores porque sen vós isto non sería posible.”

O Concello de Foz destina máis do 80 por cento dos 410.000 eu-ros que lle corresponden do Plan Único da Deputación Provincial a mellorar accesos a núcleos de po-boación das parroquias de Cangas, Nois, Fazouro, San Martiño e Santa Cilla.O alcalde da localidade, Javier Jorge Castiñeira, explica que “dos 410.000 euros que lle correspon-den ao Concello de Foz do Plan Úni-co da Deputación e que o equipo de goberno decide a que se destinan, máis do 80 por cento dos investi-mentos van para accesos a diferen-tes núcleos de poboación de parro-quias. Entendemos que é necesario seguir con ese plan de mellora dos accesos das nosas parroquias, que levamos desenvolvendo nos últi-mos anos, e facelo coas mellores garantías, neste caso apostamos polo aglomerado en quente, que ao final dá moita máis calidade”. O rexedor municipal especificou que algunhas das vías que se van mellorar son a estrada de Alem-parte a Vilamor, en Cangas; en Nois actuarase en dúas, a que vai de Cabanas a Lamallada e a do Apea-dero a Carpacide; en Fazouro a de Bargado a Lousada; en San Marti-

ño a estrada que vai por Xinzo, que sube de Río ata do alto do Carme; e tamén o acondicionamento dunhas estradas en Santa Cilla.Javier Castiñeira deu a coñecer que tamén se inclúe “a reforma do alumeado na rúa Eduardo Pondal, a petición da nova asociación, no núcleo urbano de Foz, con practica-mente 48.000 euros. Vai na liña que leva o equipo de goberno nestes úl-timos anos de mellorar os alumea-dos do concello. E tamén dentro do Plan Único van as partes proporcio-nais de investimentos en cultura, deportes, turismo e fomento do emprego, con 37.652 euros”.O alcalde rematou comentando que “son en total 421.496,78 eu-ros, dos cales o Concello de Foz ten que aportar 11.412,60. Estamos contentos porque é unha aposta polas necesidades básicas das pa-rroquias, onde está practicamente o 45 por cento da nosa poboación e practicamente un 80 por cento do noso territorio. É moi necesa-rio porque é tamén unha forma de apostar pola xente que vive no rural, que non está nos núcleos ur-banos, pero contribúe exactamen-te do mesmo xeito que o resto dos veciños”.

Os cartos do Plan Único da Deputación irán para mellorar accesosO pavillón polideportivo focense Tor-

ques, de Marzán, acollerá unha velada de kickboxing o día 20 deste mes, sábado, a partir das 20:30 horas. Este evento foi presentado cun acto no que participou o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira.Ademais destacan que “a velada deste ano contará con varios alicientes: será sede da Liga Galega de Kickboxing; pode-remos ver 8 combates, entre os que te-remos a dous loitadores focenses, Pablo Rey e Aaron Cortés, ademais de Iago Ríos e Beni Córdoba, tamén pertencentes ao club Foz Contact Ari. De Foz sairán 3 campións da Liga Ga-lega e gozaremos das modalidades de Lowkick, K1 e Full Contact. E non só iso, a nosa campioa galega de Lowckick, Va-nessa Ares, protagonizará un combate internacional contra Ceu Maceda. “Nece-sitamos o alento e os ánimos dos veciños e veciñas de Foz para que sexa unha gran noite para os nosos”, din na organización. Ademais, de 16:30h a 19:30h o noso pavillón terá portas abertas para que todas as persoas que o desexen poidan ver pequenos combates, así como unha exhibición dos máis pequenos do club local. As entradas anticipadas estarán á venda desde mañá, martes, 2 de abril, na cafetería Húcar, de Barreiros, e na Casa da Xuventude de Foz. Os prezos serán: 12 euros na grada e 14 euros en cadeira. O mesmo día da velada tamén se poderán adquirir no pavillón, a 14 euros na grada e 16 euros en cadeira”.

O pavillón Torques de Foz acollerá unha velada de kickboxing o 20 de abril O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira,

fai unha valoración moi positiva do ple-no da corporación municipal celebrado o 28 de marzo porque se aprobou a nova RPT cunha ampla maioría e así valóran-se xustamente os postos de traballo que hai no Concello. Por outra parte quedou enriba da mesa o presuposto para 2019 por iniciativa de FPF, aínda que puido ser aprobado co voto de calidade do alcalde.“Desde o equipo de goberno do Concello de Foz facemos unha valoración moi po-sitiva do pleno de onte porque se apro-bou definitivamente a RPT do Concello de Foz cunha ampla maioría. É unha RPT consensuada cos traballadores, co bene-plácito dos seus representantes, e tamén cos grupos da corporación, que traballa-ron en paralelo co equipo de goberno. A verdade é que hai que destacar o clima amable nestes meses de negociación e cremos que con elo sacamos unha RPT xusta para o Concello e tamén para os traballadores, que corrixe aqueles defec-tos que quedaron da RPT aprobada no 2009 e valora xustamente os postos de traballo que hai no noso Concello”, expli-ca o rexedor municipal.Javier Castiñeira sinala que “a masa sa-larial do noso Concello representa cerca dun 40 por cento dos custes totais que teñen os orzamentos do Concello, está na media e incluso por debaixo doutras administracións. E desde logo era nece-sario equilibrar esas circunstancias e que os traballadores non estiveran desfavo-recidos, como viñan estando ata estes últimos anos. Con elo este equipo de go-berno, en oito anos, actualizou a RPT do

ano 2009 máis agora volve aprobar outra actualización e mostra un compromiso importante cos seus traballadores”.Por outra parte, o alcalde de Foz co-mentou: “tamén estamos contentos de que Foz Plataforma de Futuro mostrase novamente a vontade de negociar os orzamentos municipais deste ano. Es-tivemos de acordo en deixalos enriba da mesa porque cremos na boa vonta-de de Foz Plataforma de Futuro e así o demostrou no ano 2018 aprobando os orzamentos de mínimos desa anualida-de, máis aprobando tamén o plan eco-nómico financeiro, que ao final permitiu que hoxe en día se abrise a residencia. Polo tanto con ese voto de confianza, aínda que se podían aprobar co voto de calidade os orzamentos, debido á falta de tres concelleiros da oposición, nós entendemos, desde o equipo de gober-no, que é máis importante que os orza-mentos vaian ben elaborados e consen-suados. Imos citar a Foz Plataforma de Futuro para traballar neses orzamentos un pouquiño máis, e se se chega a un acordo levar a un pleno extraordinario o novo orzamento xa consensuado, tendo en conta que con elo tamén estaríamos respectando a vontade da maioría da corporación. Creo que uns orzamentos importantes, como son os deste 2019, non deben ser aprobados só con cinco votos a favor e co voto de calidade do alcalde posto que penso que debe estar máis traballado e consensuado. Polo tanto abrimos esa porta e merécenos a confianza Foz Plataforma de Futuro por-que así nolo ten demostrado”.

A corporación aproba a nova RPT para os empregados municipais

Page 11: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

abril 2019actualidade 11

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, e o candi-dato do PSOE á alcaldía de Foz, Francisco Cajoto, xunto a outros compañeiros do partido, mantiveron un encontro cos veciños deste Concello mariñán para coñecer de primeira man a súa opinión sobre as actuacións por valor de 2,7 mi-llóns de euros que os socialistas levaron a Foz, converténdose nos principais inves-timentos públicos cos que contaron os case 10.000 focenses.Santos Ramos explicou que “o PSOE dende o Goberno Provincial achegamos aos veciños de Foz máis de 2,7 millóns dos seus fondos públicos na Deputación para mellorar a súa calidade de vida, re-habilitando infraestruturas e dotacións públicas, ofrecéndolle servizos sociais e xerando novos empregos, así como co-laborando en actividades que dinamicen social e economicamente o Concello. Estes fondos permitiron o financiamen-to de máis de 30 obras, de 9.000 horas de atención profesional co SAF Básico e para non dependentes e a Teleasistencia gratuíta a máis de 50 maiores, ademais da celebración de ducias de actividades para potenciar o turismo, a cultura e o deporte. Somos os socialistas os que achegamos aos focenses os principais e case únicos investimentos reais que re-percuten na mellora e no progreso do seu Concello”.O candidato do PSOE á alcaldía de Foz, Francisco Cajoto, agradeceu “o compro-

miso e a implicación amosada dende o primeiro momento polos compañeiros da Deputación para achegar iniciativas que logo se fan realidade”. O socialista lamentou que a Xunta de Galicia do PP “non colabore da mesma maneira”. Nes-te eido, censurou que o único proxecto levado a cabo polo goberno galego foi crear unha oficina de turismo. “Iso si, anunciaron que dotarían a Foz dunha depuradora e dun auditorio pero aínda estamos esperando a que poñan un euro para empezar os traballos”.Os socialistas aproveitaron a visita para supervisar as obras se están realizando de rehabilitación do parque infantil e das pistas deportivas da zona das Torres, así como a renovación do alumeado do campo de fútbol de Malates, cun inves-timento provincial de máis de 215.000 euros. Santos Ramos e Cajoto destacaron os 90.000 euros para a construción do re-fuxio de animais abandonados, que terá capacidade para 40 cans e gatos e que prestará servizo a Concellos da Mariña. “Foi o PSOE o que sempre apostou por unha nova canceira para a protectora de animais para atender as actuais necesi-dades da comarca” apuntaron.Estes fondos engádense aos 700.000 euros que tamén levou o Executivo do PSOE na Deputación para humanizar e reordenar o tráfico na Avenida Álvaro Cunqueiro; aos 253.000 para o acondi-cionamento de ducias de accesos rurais; aos 200.000 para mellorar instalacións

deportivas como o estadio Martínez Otero; aos case 115.000 para arranxar estradas como a LU-P-2010 de Bao a Ver ou a LU-P-2009 de Peirao de Foz ao Bispo Santo por Marzán; aos 100.000 para o novo hangar de piraguas e aos preto de 100.000 euros para novo alumeado nas rúas Illanova e avenida Breogán.Os 220.000 euros que achegan os so-cialistas permiten atender a máis de 50 maiores de Foz a través do SAF Básico e para non dependentes, así como coa teleasistencia gratuíta. Con dito investi-mento, xeráronse 9 empregos con pro-gramacións como o Ben Empregado e DepuEmprego.

Santos Ramos destacou que os socialis-tas converteron á Deputación na princi-pal patrocinadora da maioría de citas tu-rísticas, deportivas e culturais celebradas en Foz, achegando case 230.000 euros. Entre elas, destaca o Concurso Interna-cional de Baristas, a Festa do Berberecho, a Travesía Ría de Foz ou o Festival Voces Xóvenes.O Goberno da Deputación destinará ou-tros 410.000 euros co Plan Único 2019 para novos investimentos, financiar o SAF Básico ou Servizo a Domicilio a per-soas non dependentes, políticas de em-prego ou actividades turísticas, deporti-vas e culturais no Concello de Foz.

Os socialistas achegaron aos veciños 2,7 millóns para mellorar os servizos públicos

Pista de skate situada na zona das Torres

O municipio de Foz, enmarcado na comarca da Mariña Lucense, non ten claro se celebrará a festividade da Se-mana Santa durante o mes de abril. Xa que a “Confraría Do Desenclavo está baixo mínimos e aínda están analizan-do se se fará algún acto ou procesión dos que se facían en anos anteriores ademais dos actos liturxicos que si se farán”, engade o párroco da Unidade Pastoral de Foz Antonio Valín.

De momento non hai programa da Semana Santa de San Martiño de Mondoñedo

A oficina de turismo A Mariña Virtual, de Foz, abrirá nesta vindeira Semana Santa do 15 ao 20 de abril e a basílica de San Martiño poderá visitarse de martes a do-mingo. O horario da oficina de turismo A Mariña Virtual do 15 ao 20 será de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas. E a basílica de San Martiño poderá visitarse de mar-tes a sábado de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, e o domingo de 10:30 a 13:00 horas. Hai que contactar previamente coa guía, a través dos telé-fonos 982 13 26 07 ou 620 623 592.

A oficina de turismo A Mariña Virtual de Foz abrirá nesta vindeira Semana Santa

Page 12: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

actualidade12 abril 2019

Os actos do programa da Semana Santa de Burela empezaron o 3 de abril co pre-gón a cargo do párroco de Foz, Antonio Valín Valdés seguido do viacrucis do Ven-res de Dores. A procesión do Domingo de Ramos par-tirá da praza dá Mariña ás doce menos cuarto da mañá e, a continuación, será a misa na igrexa parroquial.O Martes Santo 16 de abril serán as con-fesións e o Mércores Santo 17 de abril haberá vía crucis ás oito menos cuarto da tarde. A procesión do Xoves Santo sairá da igrexa ás nove da noite, trala celebra-ción do lavatorio de pés. Os Caladiños sairán o 19 de abril ou Venres Santo ás dez da noite. O Sábado Santo procesionará a virxe da Esperanza a partir das cinco e media e ás dez e media da noite será a vixilia pascual. Finalmente, o Domingo de Re-surrección sairá a procesión do Encontro ás once da mañá.Xa para rematar o 28 de abril será a Se-mana Santa infantil.

PATRONAIS. Por outra banda, a comi-sión organizadora das festas patronais de Burela anima á veciñanza a enviar fotos e textos sobre estes festexos. Os mello-

res formarán parte do libro deste 2019. Desde a comisión explican que “o que lle pedimos á xente do noso pobo é que nos envíen fotos das festas patronais de Burela e tamén os animamos a escribir voluntariamente un texto, cun máximo de 400 palabra, sobre as festas ou sobre a nosa vila”.Este material debe remitirse por correo electrónico a [email protected] ou vía mensaxe privada ao

facebook das festas patronais burelesas. O prazo de envío remata o 15 de abril. A comisión organizadora subliña que “en-tre todas as fotos e os textos que reciba-mos nas vindeiras semanas elixiremos as mellores para seren publicadas no libro deste 2019”.Do programa das festas deste ano, xa se sabe que as festas serán do 31 de maio ata o 3 de xuño.A comisión dos festexos comenta que o programa está pensado para que pú-blico de todas as idades poida desfrutar das patronais, que se celebran na honra da Virxe do Carme e San Xoán Bautista.A organización adiantou xa que as or-questras que animarán as noites da festa serán Finisterre e París de Noia o venres 31 de maio; Israel e Garibaldi, o sábado 1 de xuño; Ritmo Joven e Combo Domini-cano o domingo 2; finalmente, Trébol e Panorama amenizarán a noite do luns 3.A programación comezará previsible-mente ás nove da noite, coa misa na honra da Virxe do Carme e a baixada da igrexa da Vila do Medio. Ademais destacará na programación a tradicional procesión marítima, que sem-pre é un dos grandes reclamos de público desta cita.

Trala lectura do pregón, a Semana Santa continuará o Domingo de Ramos

A Concellería de Medio Ambiente re-partiu esta semana entre os centros de ensino unha publicación sobre un ben tan prezado como é a auga. Noelia Mª Ben subliñou que “o obxectivo pasa por concienciar á poboación da importan-cia que ten que fagamos un consumo responsable porque unha pinga é tan importante coma un océano”.A edil socialista explicou que “para con-memorar o Día Internacional da Auga, que se celebrou o pasado 22 de marzo, desde o Concello de Burela distribuímos esta semana entre os centros de ensino un libro sobre un ben tan prezado como

é a auga. Titúlase En Burela amamos a auga e a través deste manual de bos usos trátanse temas sobre o abastece-mento e saneamento da auga no noso pobo, canalizacións, fontes, ciclo hidro-lóxico, pegada hídrica e importancia do seu aforro e coidado”.Noelia Mª Ben sinalou que “a acción do ser humano é a principal causa dos pro-blemas relacionados coa auga: hábitos insustentables de consumo, aumento da poboación mundial, escaseza, cam-bios de clima e contaminación”. No acto de entrega de libros participaron a con-celleira e o alcalde de Burela.

O Concello reparte a escolares o libro ‘En Burela amamos a auga’

O alcalde e a concelleira visitando un centro de ensino da vila

A Concellería de Inmigración e Cooperación organizou varias ac-tividades para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial.O programa deu comezo coas xorna-das de difusión da cultura cabover-diana que se desenvolveron no Ceip Virxe do Carme, en colaboración co grupo Batuko Tabanka. O obxectivo foi sensibilizar ao alumnado sobre a diversidade cultural e a realidade do fenómeno migratorio dun xeito lúdico a través da música.Ademais o alumnado de 3º de prima-ria dos CEIPS Vista Alegre e Virxe do Carme participa na actividade deno-minada Ocainmigrante, coa colabora-ción da aula de Medio Ambiente Gaia. A finalidade é sensibilizar aos máis novos sobre esta temática e ensinar-lles a ver o mundo dende outra pers-pectiva, así como facelos conscientes das necesidades existentes. Mediante distintas probas, realizadas na hora de recreo, van coñecendo aspectos

como o racismo, inseguridade e des-amparo, acollida, pobreza, toleran-cia, respecto, guerras, marxinación, rexeitamento, integración e inxustiza, entre outros.A concelleira de Inmigración e Coo-peración, Angélica Gómez, sinala que “ao longo destas xornadas hai un libro de sinaturas, na entrada da Casa do Concello, no que se pode deixar escri-to algo ilustrativo sobre o tema”.A edil burelesa lembrou que “o Con-cello de Burela ten convocado o VI Concurso de Lemas e Debuxo e Pin-tura polo Día Internacional para a eliminación da discriminación racial co obxectivo de transmitir, a través de mensaxes curtas ou debuxos, a importancia da educación en igual-dade e a necesidade de eliminar a discriminación racial, así como a súa prevención. As bases para poder participar nestes concursos póden-se obter na Casa do Concello o una sede electrónica da páxina web do Concello de Burela”.

Organizan actividades para celebrar o Día da Eliminación da Discriminación Racial

burela

A compañía de teatro Malasombra Producións representará o venres 12 de abril no Auditorio Municipal de Burela o seu espectáculo O caso é ter saúde, unha comedia reco-mendada para maiores de 16 anos escrita por José Luis Prieto, dirixida por Marcos Orsi e protagonizada por Jouse García, Xoque Carbajal, Patricia Rodríguez, Celia González e Carlos MosqueraO caso é ter saúde, cunha duración aproximada de 70 minutos, narra as vivencias de Miki un 22 de Decembro, día da Lotería Nacional. Lola, a súa parella, abandonao repentinamente despois de 20 anos de relación e pou-cos minutos despois o seu décimo resulta premiado con 400.000 euros do gordo. Desde o ton humorístico a obra non deixa de falar da condición humana, da súa ambición polo diñei-ro e do que a xente é capaz de facer con tal de acumular riqueza.A función terá lugar ás 21:00 horas e as entradas en billeteira custarán 4 euros.

A compañía de teatro Malasombra Producións leva a Burela ‘O caso é ter saúde’

O I Foro Económico da Mariña reuniu no hotel Nordés, de Burela, a unha ampla representación do sector pesqueiro da comarca, entre os que se atopaban pro-dutores, comercializadores e distribuido-res dos portos de Burela e Celeiro.A organización cualifica de éxito de con-vocatoria este primeiro encontro, orga-nización pola asociación Foro Económico da Mariña.Durante a mañá tratáronse diferentes temas relacionados co sector coma o Brexit, as novas formas de comercializa-ción ou as problemáticas relacionadas coas cotas de pesca da Unión Europea, así como da seguridade alimentaría, en especial na loita contra o anisakis. Miguel Neira e Eduardo Míguez, representantes de Absa e Puerto de Celeiro fixeron fin-capé na necesidade de unión entre as di-ferentes empresas para unha estratexia conxunta de visibilización dos produtos

do mar que se distribúen dende a Ma-riña.Sergio López e Tito Sixto, representantes da OPP de Lugo e de Adexmar, produ-tores e exportadores respectivamente, concluíron que é moi importante diferen-ciar a calidade do produto fresco do mar con respecto á produción da acuicultura, onde os países nórdicos apostaron por potenciar a marca país fronte aos loca-lismos que caracterizan ás empresas do noso entorno. A mesa redonda foi mode-rada polo economista Antonio Dorrego.Os membros do Foro Económico agra-deceron a participación e acollida desta primeira actividade e valoraron de forma moi positiva a afluencia tanto de produ-tores como de comercializadores.En vindeiras semanas a asociación infor-mará das próximas convocatorias que te-rán lugar en diferentes vilas da comarca da Mariña.

Éxito do primeiro Foro Económico da Mariña

Un momento da sesión, celebrada no hotel Nordés de Burela

Page 13: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

abril 2019actualidade 13

No Pleno do Concello de Burela, celebrado o último xoves de marzo, a Corporación aprobou, coa absten-ción do Partido Popular, o nomea-mento de Herminia Pernas como cronista oficial de Burela.Tamén foron aprobadas as obras incluídas no Plan Único da Deputa-ción, entre as que figuran a humani-zación de rúas como Rosalía de Cas-tro ou Lamestra, melloras na pista multideportiva do parque Rosalía de Castro e na pista de pádel, o plan de emprego 2019 e diferentes investimentos en materia de axuda no fogar, cultura, deportes, turismo ou administración electrónica.O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “no que é o último Pleno des-ta lexislatura, levamos unha serie de puntos que para min son moi importantes, e o primeiro deles é o nomeamento da cronista oficial do Concello de Burela. Falecido o cro-nista anterior, don Benjamín, pasa-mos a facer a suxestión de ter unha nova cronista oficial e fixemos a proposta de Herminia Pernas, que é unha persoa coñecida e recoñecida no noso concello pola súa forma de facer as cousas, e polo interese his-tórico que amosa cada vez que ten ocasión. Creo que é a persoa agora mesmo ideal para que se faga cargo deste nomeamento para continuar a labor dos seus predecesores e facer un bo traballo no aspecto de promoción cultural e histórica do noso concello”.O rexedor sinalou que “outro pun-to é sobre a xestión das condicións administrativas do uso das augas. Temos que facer unha xestión, así o acordamos entre Cervo e Burela, para o consorcio que levan os dous Concellos. O consorcio de augas agora mesmo está repartido entre a Xunta e os Concellos de Cervo e Burela. No futuro queremos facer unha mancomunidade para levar a xestión das augas de Cervo e Burela, polo tanto imos facer a cesión ad-ministrativa para aquelas cuestións que poidan ser aproveitadas para o

consorcio, pensando no futuro que é facer unha mancomunidade de municipios para levar a xestión das augas que nos corresponden aos dous Concellos”.Alfredo Llano engadiu que “outro punto se aprobou foi o plan norma-tivo municipal para o ano 2019, e outro punto importante, que imos levar, son as obras do Plan Único. Este plan que nos concede a De-putación a todos os Concellos da provincia e que se pode repartir en varios apartados. Imos facer unha inversión de 226.000 euros aproxi-madamente nos que van obras como a humanización de Rosalía de Castro, a pista multideporte que temos no parque Rosalía de Cas-tro e á que lle imos dar un cambio importante adaptándoa ás novas posibilidades deportivas. Tamén se van mellorar as pistas de pádel de A Marosa, que imos dotalas de mellor luz e mellor pavimentación. Ade-mais imos rehabilitar o firme da rúa Lamestra e a praza Antonio Garelli, nas casas baratas, que penso que son unhas obras moi importantes e necesarias para o pobo”.O alcalde dixo que “presentamos o programa do servizo de axuda no fogar, cunha inversión de 80.000 eu-ros da achega da Deputacion, o pro-grama de actividades culturais que

van ser 19.000 euros, o programa de actividades deportivas que van ser 9.800 euros, e o programa de actuacións de eventos turísticos que van ser 8.500 euros. Tamén leva-mos o programa de administración electrónica e protección de datos no que imos investir máis de 11.000 euros, e imos facer un investimento no plan de emprego duns 80.000 eu-ros aproximadamente, co que imos ocupar os mesmos postos que o ano pasado. Imos intentar aproveitar ao máximo posible no noso concello este Plan Único da Deputación”.

O Pleno nomea a Herminia Pernas cronista oficial a proposta do PSOE

O Concello programa catro Xeorutas que se desenvolverán na Semana San-ta, os días 17, 18, 20 e 21 de abril, e que percorrerán as zonas do Cantiño, O Perdouro e A Marosa. Esta iniciativa foi presentada esta tarde polo alcalde, Alfredo Llano, polo o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, pola concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, e por Fran Canosa, o guía que comentará as Xeorrutas aos asistentes.O rexedor salientou que “unha das po-sibilidades moi atractivas para visitar Burela, dunha maneira extraordinaria, é realizar unha das Xeorutas que temos e que están tendo moi bo resultado porque permite ver Burela dunha das formas máis bonitas”.Alfredo Llano explicou que “imos co-mezar o día 17 de abril coa Xeoruta do Cantiño, que é extraordinaria e permite ver o porto e as singularidades da pai-saxe. O xoves santo, 18 de abril, tere-mos a Xeoruta do Perdouro e o sábado, 20 de abril, teremos esta mesma ruta, pero un pouco máis alongada. Final-mente o domingo, 21 de abril, será a Xeoruta da Marosa”.

O alcalde quixo “invitar a todo o mundo que estea por aquí a participar nalgun-ha destas Xeorutas porque vai ser unha forma de aprendizaxe e desfrute. Pen-so que é unha forma extraordinaria de visitar Burela nestas datas. Tamén esta-mos preparando a Semana Santa para que sexa atractiva, e se está bo tempo poderán visitarse todas as praias e degustar os pratos do noso peixe nos restaurantes do noso concello. Así que entre as Xeorutas e o resto pensamos que é case imprescindible visitar Burela nesta Semana Santa”.A Xeoruta do Cantiño desenvolverase o 17 de abril en horario de 16:30 a 19:30 horas. A Xeoruta de Perdouro, progra-mada para os días 18 e 20 de abril, terá un horario de 10:30 a 13:30 horas. E finalmente a Xeoruta da Marosa, pre-vista para o domingo 21 de abril, será entre as 10:30 e as 13:30 horas. A saída efectuarase dende a Oficina de Turis-mo, no porto de Burela.As inscricións poden realizarse no Con-cello de Burela, na Oficina de Medio Ambiente, ou nos seguintes números de teléfono 982 586 000 e 982 580 867.

Novo programa das XeoRutas durante a Semana Santa

O Concello de Burela, arriba, e Hermina Pernas, abaixo

Page 14: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

actualidade14 abril 2019

O Concello de Burela inclúe varias re-presentacións teatrais e unha proxec-ción de cine infantil na súa programa-ción cultural para este mes de abril.O venres, día 5, a compañía Volta e Da-lle presentará Falar por falar. Será a par-tir das 21:00 horas e o prezo da entrada será de 4 euros.O 12 de abril a compañía MalaSombra Producións porá en escena a obra O caso é ter saúde. A representación dará comezo ás 21:00 horas e o prezo da en-trada será de 4 euros.O 21 deste mes continuará o ciclo Bu-rela de Cine cunha película infantil a

partires das 18:30 horas. E o 27 de abril rematará a programación cultural deste mes coa obra teatral Saaabor que pre-sentará a compañía Cultura Activa. Será ás 18:00 horas e o prezo da entrada será de 2´50 euros.O Concello de Burela organiza estas actividades coa colaboración da Xunta de Galicia, Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios. A programación desenvolverase na Casa da Cultura.A axenda cultural do Concello burelés completarase cos actos da Semana San-ta que se desenvolverán dos días 14 ao 21 de abril.

Programación cultural de Burela para o mes de abril

O Servizo de Medio Ambiente do Concello de Burela pon en coñece-mento que foi publicado no tabolei-ro de anuncios da sede electrónica desta administración local, así como no da Casa do Concello, o bando in-formativo relativo ás obrigas que lles impón a normativa de aplicación en materia de conservación, mantemen-to, limpeza e prevención e defensa contra os incendios, aos propietarios, ou titulares do dereito de aproveita-mento, das parcelas e fincas sitas no termo municipal.Aínda que no bando se concretan as obrigas con maior detalle, estas cir-cunscríbense, entre outros extremos, a que antes do 31 de maio deste ano, as persoas físicas ou xurídicas propie-tarias das parcelas e fincas clasifica-das como solo urbano (incluidas as que teñen consideración de soar) ou urbanizable sitas no termo municipal do concello de Burela deberán xestio-nar a biomasa vexetal, executando na totalidade da superficie do terreo os traballos de roza que sexan precisos; proceder á corta e retirada das espe-cies arbóreas sinaladas na Disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa con-tra os incendios forestais de Galicia, nos termos establecidos en dita nor-ma legal; e mantelas limpas, libres de residuos e nas debidas condicións de hixiene, salubridade, seguridade e or-nato público -esta obriga inclúe a esi-xencia de desratización e desinfección das devanditas parcelas e/ou fincas-.

Tamén antes do 31 de maio e en refe-rencia ás parcelas e fincas que teñen a consideración de monte ou terreo forestal -ou que están situadas nas zonas de influencia forestal-, sitas no termo municipal do concello de-berán xestionar a biomasa vexetal e proceder á retirada das especies ar-bóreas, no ámbito das redes de faixas secundarias de xestión de biomasa, nos termos da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia; ta-mén á corta e retirada das especies arbóreas sinaladas na Disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Ga-licia, no ámbito das redes de faixas secundarias de xestión de biomasa e nos termos establecidos en dita nor-ma legal; adecuar as masas arbora-das existentes e as novas plantacións, ás distancias mínimas establecidas no Anexo II da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de Montes de Galicia.O concello informa tamén que as persoas interesadas poderán formu-lar calquera consulta ou solicitude de información adicional sobre a materia referida ante o Servizo de Medio Ambiente do Concello de Burela, chamando ao número de teléfono 982 58 60 00, remitindo un correo electrónico a [email protected], ou, no seu caso, presentando o oportuno escrito nos rexistros administrativos legalmente habilitados.

Publicadas as obrigas para os propietarios e titulares de fincas urbanas e forestais

A academia A Mariña organiza o I Foro de Liderado, Motivación Persoal e Profesional, que se celebrará en Bure-la o próximo 23 de abril. Trátase dun proxecto pioneiro, que por primera vez se celebra na comarca mariñá. No evento participarán 3 coach de alto nivel, que pertencen ó International Coaching Community. Raquel Hermi-da, da academia A Mariña, explica que “é a primera vez que veñen a un even-to destas características e a esta zona”.O I Foro de Liderado, Motivación Persoal e Profesional dará comezo ás 16:00 horas coa intervención de Mario López Guerrero sobre Comunicación e xestión do tempo. A continuación Da-niel Álvarez Lamas falará sobre Como liderar ese animal chamado equipo. Será ás 17:00 horas. E Marcela Parga pronunciará unha charla sobre Conci-liación e rendemento laboral a partir das 18:00 horas. Tras un pequeno descanso chegará o turno para os ta-lleres de comunicación, de motivación no trabajo e de conversacións de alto rendemento, que impartirán os tres expertos que acudirán a este I Foro de Liderado, Motivación Persoal e Profe-sional.Raquel Hermida destaca que “este foro está destinado principalmente a persoas que queiran mellorar no seu día a día e no seu traballo: traballado-res en xeral, empresarios, docentes, persoas desempregadas, pais, nais, orientadores, estudantes, xestores de equipos. As prazas son limitadas”. As persoas interesadas en asistir deben dirixirse á academia A Mariña no te-léfono 982 58 50 98 ou á siguiente di-rección de correo electrónico [email protected]

Burela acollerá o 23 de abril o I Foro de Liderado

A Concellería de Inmigración e Coo-peración organiza un curso formativo para axudar a acadar un bo grado de integración ás persoas estranxeiras. Desenvolverase do 8 ao 15 de abril, no Concello burelés, e terá unha duración de 24 horas.Segundo explica a edil Angélica Gó-mez “uhna novidade no novo regula-mento de estranxeiría é a emisión dos informes de esforzo de integración que poden ser válidos para as renova-

cións de autorizacións”. A Concellería de Inmigración e Cooperación tamén realizará un breve un cursiño para axudar a preparar a proba de coñece-mentos constitucionais e sociocultu-rais de España para a adquisición da nacionalidade española. As persoas interesadas en asistir a estes cursi-ños poden solicitar máis información sobre ambas actividades na Casa do Concello ou chamando ao teléfono 982 586 000.

Burela organiza cursos para a integración das persoas procedentes da emigración

O Concello vén de contratar unha avogada e unha mediadora que traballarán ata o día 30 do vindeiro mes de outubro. A avogada é espe-cialista en temas de estranxeiría e atenderá as dúbidas que teñan as persoas de nacionalidade estranxei-ra do municipio. A mediadora esta-rá nos colexios Virxe do Carme e Vista Alegre para resolver os pro-blemas de adaptación que poidan ter os nen@s e as súas familias.A concelleira de Inmigración e Coo-peración, Angélica Gómez, explica que “a avogada estará no Concello, en horario de dez da mañá a tres da tarde, e cando haxa o cambio de horario, no que o centro peche ás dúas, será de nove a dúas. É unha avogada licenciada en estranxeiría que estará para atender todos os problemas e dúbidas que teñan os estranxeiros que viven en Burela”.Angélica Gómez engade que “a me-diadora vai estar nos colexios traba-llando en conxunto co Concello de Burela. Será unha persoa de contac-to para levar os temas complicados

que se atopan nos colexios. Estará nos CEIP Virxe do Carme e no Vista Alegre. Traballará coa mediadora do Concello, Noelia, e coa técnica Conchi Pernas. A súa oficina está situada na Capitanía para que estea preto do Concello, pero para que teña privacidade. Estará para to-dos os temas complicados que nos atopamos en Burela como nenos e nenas que non se adaptan ben no colexio, con problemas na familia, que van sen asearse ou non levan comida. Tamén atenderá aos pais e ás nais aos que lles custa integrarse para achegalos un pouco á adapta-ción e á integración”.

Burela contrata a unha avogada para atender aos estranxeiros A localidade de Burela acolle nos me-

ses de abril e maio un curos do forma-ción de árbitros organizado pola Real Federación Galega de Fútbol na Mariña lucense baixo o nome Non quedes fóra de xogo.O curso consta de formación teórica e práctica e ademais proporcionarán a equipación deportiva completa e a acreditación para entrar en todos os campos de fútbol.Este curso terá unha retribución econó-mica e seguro de accidentes e lesións deportivas.A clases impátense todos os xoves do meses de abril e maio en horario de tarde e o prazo de inscrición está aínda aberto xa que os que o desexen pode-rán ir incorporándose á formación can-do desexen.O interesados en inscibirse poden fa-celo nos teléfonos 981 908 600 en ho-rario de tarde ou no 678 411 636, co coordinador de árbitros da provincia, Gabriel Carzón.As calses impártense por profesionais na seda da Federación Galega de Fút-bol en Burela.

Burela acolle un curso de iniciación á arbitraxe da Federación

O servizo está no Concello

Page 15: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

abril 2019actualidade 15

A Mesa de Traballo constituída para aca-dar a declaración de Festa de Interese Turístico Galego para a Festa Romaxe das Cruces recibiu con agrado a distinción.A Mesa de Traballo constituída, en maio de 2017, para acadar a declaración de Festa de Interese Turístico Galego para a Festa Romaxe das Cruces, formada por representantes da Asociación de Veciños/as o Formigueiro, o presidente, Javier González López, a secretaria, Azu-cena González Loredo, o párroco Carlos Miranda Trevín, o historiador especialista na Romaxe Emilio López Piñeiroa, a téc-nica municipal de turismo, Begoña García López, e os/as voceiros/as dos grupos con representación na Corporación Munici-pal Ana María Martínez Fernández, Jesús López Penabad, Aurora González Ginzo e Marta María Saiz García, e coordinada pola Delegación Municipal de Turismo do Concello de Ribadeo, recibiu con agrado a declaración institucional por parte da Xunta de Galicia desta distinción.E lembran que “así, tras o traballo de in-vestigación elaborado por dita mesa, foi presentada unha moción para ser trata-da no pleno municipal do 1 de xuño do 2017, adoptando o acordo unánime de iniciar o procedemento de solicitude por

parte do Concello de Ribadeo á Xunta de Galicia para a declaración de Festa de In-terese Turístico Galego”.Ademais subliñan que “é unha festa ca-paz de xuntar 7 parroquias de dous Con-cellos diferentes (Ribadeo e Trabada), reflexo da forza e unión da veciñanza na defensa da colectividade, con máis de 200 anos de antigüidade se ven cele-brando de maneira ininterrompida gra-

zas aos veciños e veciñas, abandeirados pola Asociación de Veciños O Formiguei-ro e a Comisión de Festas, verdadeiros ar-tífices deste evento, e da que poderemos disfrutar novamente o 10 de xuño (luns de Pentecostes)”. Con esta declaración o Concello de Ribadeo conta xa con dúas Festas de Interese Turístico Galego: a Xira de Santa Cruz e a Festa Romaxe das Cru-ces da Ponte de Arante.

A Romaxe das Cruces de Arante xa é Festa de Interese Turístico Galego

A concelleira de Comercio, Ana Martínez, lembra que dende o 4 de abril pódense canxear nas oficinas de ABanca en Ribadeo 30 euros por 40 panchas para poder gastar nos establecementos adheridos á cam-paña da moeda local. As panchas poderán empregarse entre o 5 de abril e o 5 de maio. Son 1.000 packs os que se poñen en circulación. Ana Martínez anima ao comercio local a inscribirse, aín-da poden facelo ata este mércores e invita tamén á xente de Ribadeo e de fora da vila a participar nesta importante campaña que moverá 40.000 euros para gastar no comer-cio local durante un mes.A edil dixo que “dende o Concello de Ribadeo queremos lembrar que nesta semana, a partires do xoves 4 se poderán adquirir en ABanca, os packs da Pancha, a nosa moeda local, que estará en curso desde o 5 de abril ata o 5 de maio, por un valor total de 40.000 euros para poder gastar no comercio local de Ribadeo, e que se poñerán á venda

nun total de 1.000 packs”.Ana Martínez subliñou que “serán unicamente 1.000 packs os que es-tarán dispoñibles, que no momento que se esgoten xa non se poderán adquirir máis, e polo tanto eu penso que é interesante que a xente que

estea pensando en como adquirir esta moeda o vaia tendo en conta. A partires do día 4, xoves, nas ofici-nas de ABanca estarán dispoñibles os 1.000 packs nos que cada un de nós pagaremos 30 euros e pode-remos recibir 40 panchas. Son 10 euros de regalo que se adquiren ao comprar as panchas. Como digo poderá facerse en ABanca, estarán dispoñibles ata que se esgoten e poderán gastarse desde o venres 5 de abril ata o 5 de maio, nos máis de 50 comercios adheridos ata día de hoxe en Ribadeo. Aínda hai esta-blecementos que están a piques de adherirse, polo tanto entendo que a cifra será superior”.A concelleira de Comercio e Turis-mo quere “animarvos a que estea-des xa preparando esa posibilidade de adquirir a Pancha e a vir a Riba-deo a gastar e comprar no mellor comercio local”. Esta campaña está organizada polo Concello coa cola-boración de Acisa e ABanca e nos primeiros días xa tivo moitos adep-tos e participantes.

Arrinca a campaña da Pancha, a moeda que circulará ata maio

Unha imaxe da romaxe do ano pasado

ribadeo

Colexio Sagrado Corazón. O colexio ribadense Sagrado Corazón de Je-sús celebrou o pasado venres a carreira solidaria Gotas para Níxer, coa que se recadaron 1.362 euros para Unicef Galicia. Nesta actividade, que se desenvol-veu no Cantón dos Moreno, participaron 516 alumnos e alumnas do centro organizador: 96 de Infantil, 260 de Primaria e 160 de ESO.

Empresas de diversos sectores están solicitando continuamente ao CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, traballa-dores de ciclos formativos nos que hai pouco alumnado ou incluso xa non se imparten actualmente no centro por falta de matrículas. Polo tanto non hai estudantes suficientes para cubrir a demanda de emprego en determina-das ensinanzas como Electricidade ou Carrozaría. Esta situación foi dada a coñecer polo director dous profesores do centro: o director, Isidro Berdeal, e o xefe do departamento de Electricida-de, Benito Fernández.Benito Fernández explicou que “a pro-blemática que estamos notando desde hai xa varios anos é que hai un descen-so no número de alumnos das familias tradicionais da Formación Profesional, como Mecánica, Electricidade, Ca-rrozaría ou Albanelería, estudos que son os oficios tradicionais, que son as primeiras familias profesionais que se montaron na FP. Mentres que noutras especialidades de nova implantación si hai moita demanda de matrículas, de 30 alumnos e máis, incluso con lista de espera, pero non teñen tanta saída laboral, resulta que as nosas familias profesionais tradicionais non teñen alumnos. Hai unhas boas dotacións, que se conseguiron ao longo de moi-

tos anos que levan funcionando nos centros de FP, e non hai alumnos”. Engade tamén que debido ao amento da demanda, estanse atopando con que grandes e medianas empresas de instalacións eléctricas en liña, de mon-taxe, de mantemento de centros de transformación, de estaleiros, constru-ción de barcos, fábricas que aumentan a súa produción, piden profesionais “e non hai a quen mandarlles”. “Temos algunha empresa que nos chama todas as semanas para que lles mandemos alumnos en prácticas e outros xa para traballar. Temos in-cluso ciclos de formación profesional ocupacional para xente desempre-gada, por exemplo o ano pasado demos un curso onde practicamente todo o alumnado acabou encontran-do emprego. Igual ocorre cos ciclos formativos, temos pouca demanda de alumnos e moita demanda de postos de traballo. Precisamente agora estamos dando un curso de megafonía e de circuíto cerrado de televisión, que segundo a Consellería de Traballo é un dos que máis saídas ten. Hai unha rama que ten bastan-tes alumnos como é Electromecáni-ca, pero por exemplo para Carrozaría non hai alumnos pero si ten deman-da”, explica.

Varias empresas solicitan traballadores ao Porta da Auga

Page 16: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

actualidade16 abril 2019

O Concello rematou as obras realizadas nas rúas Carlos III e Sor Pilar de León, nas que investiu 34.000 euros de fon-dos propios. O alcalde, Fernando Suá-rez, explicou que os traballos se fixeron cando menos podían molestar e enga-diu que toda esa zona xa está aberta ao tráfico rodado.O rexedor explicou que “acabamos de rematar as obras de aglomerado e de acondicionamento do entorno das rúas Carlos III e Sor Pilar de León, na zona do colexio Sagrado Corazón. Estas obras fo-ron financiadas polo Concello con fon-dos propios, con 34.000 euros, e fíxoas a empresa Deymet”.Fernando Suárez subliñou que “estive-mos planificando esas obras cando me-

nos podían molestar, dado que é unha zona moi concorrida, especialmente polo colexio, aínda que tamén polo di-ferente tráfico que a utiliza como saída da autovía ou como a unión coa aveni-da importante que é Rafael Fernández Cardoso”.O alcalde sinalou que “agora, elimina-dos os problemas que había de fochan-cas, todos os problemas que había ta-mén de pluviais en canto ás augas que non daban boa saída e anegaban varias casas cando chovía moito, esperemos que toda esta obra serva para facer máis agradable o paso e o paseo por esa zona tan importante de Ribadeo. Polo que queda totalmente restableci-do e aberto ao tráfico nesas rúas”.

Rematan as obras nas rúas Carlos III e Sor Pilar de León

Rúa Sor Pilar de León, xa remodelada

O Concello vén de solicitar unha sub-vención de 40.000 euros á Xunta de Galicia para proceder á renovación do pavimento da rúa Pintor Fierros. O in-vestimento total ascenderá a 100.000 euros, dos que o Concello aportará de fondos propios 60.000.O alcalde ribadense, Fernando Suárez, explicou que “esta rúa é moi importan-te porque é un acceso ao centro de Ri-badeo desde as parroquias do interior, que acaba entrando o tráfico que ven delas principalmente por esta rúa Pin-tor Fierros e tamén comunica coa ave-nida de Galicia, que é unha das arterias principais da vila. Ao mesmo tempo nesta rúa ubícase a piscina municipal de Ribadeo e tamén está moi próximo o campo municipal de fútbol”.O rexedor dixo que “agora, nestes últi-mos anos, hai que ter en conta que o pavimento de rego asfáltico está moi deteriorado polo paso do tempo, e ta-mén porque novos servizos como gas, telecomunicacións, saneamento, etc…, provocaron baches e é polo que se fai necesario renovar o pavimento na súa integridade por outro novo de aglome-rado asfáltico, cun proxecto que, o téc-nico municipal, establece en 100.000 euros con ive incluído”.Suárez Barcia contou que “para esta obra acabamos de pedir, hai uns días, unha subvención á Xunta de Galicia, dentro dunha orde de convocatoria para a mellora de infraestruturas por importe de 40.000 euros. Pedímoslle á Xunta de Galicia que nos dea o 40%, sabendo que o 60% o pon o Concello de fondos propios”.

Piden unha axuda para o arranxo da rúa Pintor Fierros

Ata o 12 de abril está aberto o prazo para participar no III Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo. Establécense tres modalidades: relato curto, poesía e debuxo. E haberá un pre-mio de 500 euros por categoría. O Cer-tame foi presentado esta tarde no salón de plenos polo concelleiro de Cultura, Farruco Graña.O edil nacionalista dixo que “un ano máis vén a primavera tamén para o mundo das letras e por terceiro ano o Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas do Concello de Ribadeo ve a luz. É un pracer ademais facelo diante desta imaxe tan preciosa que resultou gañadora o ano pasado, a edición anterior”.Farruco Graña indicou que “pouco a pouco vai collendo forma e queremos animar aos mozos e mozas de Ribadeo, por suposto, e de toda A Mariña luguesa a que participen neste terceiro Certame Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo porque é a mellor ocasión para dar a coñecer as súas habilidades tanto literarias como plásticas. E poderán face-lo, coma sempre, enviando as súas obras ao Concello de Ribadeo. Hai un prazo ata o 12 de abril de 2019 para enviar a súa obra e para consultar máis polo miúdo as bases do certame, que apenas mudan con respecto ás do ano pasado salvo ob-viamente as datas, poden facelo na sede electrónica do Concello de Ribadeo na sección de anuncios porque aí vén todo explicado polo miúdo. E ademais, por

suposto, no muro de facebook da Conce-llería de Cultura tamén poden consultar toda a programación cultural en xeral do Concello e nesta ocasión tamén poden consultar as bases deste terceiro Certa-me Literario de Artes Plásticas Concello”.Para o concelleiro de Cultura “non hai que perder a oportunidade, hai que fa-cer ese pequeno esforzo desas vivencias, esas sensacións, eses sentimentos que se levan dentro plasmalos por escrito ou mediante cores e figuras. Así que mozos e mozas dos institutos da Mariña luguesa animádevos a participar. O ano pasado houbo compañeiras vosas que o fixeron e tiveron a ocasión de ver premiada a súa obra. Así que qué mellor ocasión que participar e facermos entre todos cultura e apoiar o mundo das letras e das artes plásticas deste xeito”.Graña engadiu que “a franxa de idade que abrangue este concurso é entre 16 e 30 anos, pero como sempre hai que po-ñer un límite concreto poden participar neste concurso todos aqueles mozos e mozas que naceran entre o 1 de xanei-ro de 1988 e o 31 de decembro do ano 2002. E dito graficamente, por niveis, a xente que agora está facendo Bacha-relato ou un ciclo formativo ata os 30 anos, un pouco como a idade simbólica do paso da adolescencia á idade adulta. É unha convención, pero é a que se uti-liza habitualmente para estas cousas. Así que mozos e mozas de entre 16 e 30 anos non deixedes de participar”.

Aberto o prazo de presentación para o III Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas

O 2018 pechouse cun resultado po-sitivo para o Concello de Ribadeo de 1.300.000 euros e na actualidade o remanente líquido de tesourería acu-mulada ascende a máis de 2.100.000 euros. O alcalde, Fernando Suárez, considera que as cousas se están a facer ben e que iso permite realizar modificacións de crédito para acome-ter obras como as que se realizarán no estadio municipal Pepe Barrera e para as que se reservou a correspon-dente partida presupostaria.O rexedor ribadense declarou: “debo dicir con orgullo e satisfacción que este é un dos últimos plenos que te-mos do mandato desta Corporación, foi moi intenso, con moitísimos pun-tos, con 16 puntos importantes máis dúas mocións, e todo foi aprobado practicamente por unanimidade. Nal-gún punto puido haber algunha abs-tención puntual dalgún concelleiro, pero todos os puntos concitaron un acordo, que é moi importante para o ben de Ribadeo”.Fernando Suárez salientou que “hai que ter en conta que moitos asuntos eran de transcendencia económi-ca, como puido ser a liquidación do ano 2018 no que, outro ano mais, o Concello de Ribadeo dá síntomas de seguir facendo ben as cousas, dado

que o resultado orzamentario é posi-tivo en 1.300.000 euros, quere dicir que os recoñecementos de dereitos son superiores ao recoñecemento das obrigas en 1.300.000 euros, e que o remanente líquido de tesoure-ría acumulada é de máis de 2 millóns de euros, concretamente 2.100.000. ¿Significa isto que sexamos avarentos e que non gastemos todo? Non. Sig-nifica que imos facendo ben as cou-sas con prudencia e iso danos moitas veces marxe para facer determinadas modificacións de crédito para novas infraestruturas, complementar novas rúas, novos camiños ou novas actua-cións”.O alcalde seguiu a relatar que “unha delas é precisamente o estadio Pepe Barrera, no que ten que ver co campo de fútbol, despois de que a Deputa-ción se comprometese a financialo nun terzo, o Concello tamén asume o mesmo reto que a Deputación de financialo noutro terzo, e a Xunta se-gue con esa teima de seguir dando practicamente un 3%, e esperemos que caia da burra e que por favor faga o que se estima e o que esperan os cidadáns de Ribadeo que Xunta de Galicia poña, polo menos, o mes-mo que pon o Concello e que pon a Deputación. En todo caso o Concello

aprobou nunha modificación de cré-dito reservar o crédito total posible para iniciar o procedemento de licita-ción e de trámite administrativo para que isto poida ser unha realidade este verán. Hai outras modificacións de crédito que darán lugar á nova mellora de camiños, de rúas e de di-ferentes infraestruturas”.Fernando Suárez engadiu que “ta-mén destinamos estas modifica-cións de crédito para impulsar unha relación máis estreita coa asocia-ción de comerciantes, con Acisa, para unha actividade vinculada ao pequeno comercio, que daremos a coñecer mañá, e que entendemos que vai ser un revulsivo importante para o comercio local, sobre todo nestes momentos baixos que poden ser antes do verán e nos que as ven-tas non son demasiado elevadas. Ao mesmo tempo levamos adiante, tamén unanimemente, unha mo-dificación da ordenanza de medio ambiente de cara á hostalería, os bares e os pubs, para que poidan salvar esta circunstancia complica-da que están padecendo en moitos concellos no que ten que ver coas posibles actuacións con música, amplificada ou non, dentro dos seus establecementos”.

O Concello pechou 2018 cun resultado positivo de 1,3 millóns de euros

O candidato do Partido Popular á Al-caldía de Ribadeo, Daniel Vega, propón rehabilitar o edificio do Xulgado de Paz para manter nel as dependencias deste servizo. “Seguimos acreditando a falta de compromiso e de traballo do señor Suá-rez. Estes días puidemos ler na prensa que un sindicato dicía que o edificio do Xulgado de Paz atópase nun abandono absoluto. O Partido Popular non é a primeira vez que di que ten unha proposta clara para o edificio. Nós consideramos que as ofi-cinas do Xulgado de Paz teñen que estar no actual edificio, despois de rehabilitalo por completo. Isto é propoñer e concre-tar medidas, o resto son desculpas, ao que estamos acostumados por parte do señor Suárez, que sempre lle bota a cul-pa a todas as administracións ou el non sabe ou non pode facer”, explica Daniel Vega.O alcaldable do PP ribadense considera que “non podemos seguir así porque as cousas pódense resolver e concretar, pero hai que tomar medidas. Polo tanto eu pídolle ao señor Suárez que expli-que que quere facer co actual edificio Xulgado de Paz, porque eu non coñezo ningunha proposta deste goberno sobre este asunto. Nós xa o dixemos: hai que conservar, rehabilitar e seguir coas ofici-nas do Xulgado de Paz no actual edificio. Pedímoslle que nos explique que quere facer con este edificio. E de paso que diga tamén que fai co pavillón polideportivo municipal que está na rúa Alfredo Dea-ño e coa Casa da Ría. Son tres edificios de titularidade municipal que se atopan

nun abandono absoluto. Señor Suárez, explique que quere facer con eles”.

CASA DA RÍA. Por outra banda, Daniel Vega denuncia o “absoluto abandono” no que se atopa a Casa da Ría, inmoble municipal situado na área recreativa de Santa Cruz que está sen actividade desde hai anos, e propón convertela nun centro de educación ambiental.Daniel Vega explica que “na Casa da Ría chove dentro igual que nunha cesta rota. Esta frase foi pronunciada polo ex con-celleiro Horacio Cupeiro e acredita unha realidade: doce anos de abandono, doce anos sen proxecto para a Casa da Ría. O señor Suárez deulle as costas á política de educación ambiental porque a Casa da Ría foi construída na etapa do Partido Popular e tiña unha vocación, a defensa e o traballo sistemático pola educación ambiental. As visitas dos colexios e do alumnado das universidades e tamén volver a esa época onde o profesorado viña á Casa da Ría a formarse en educa-ción ambiental con cursos homologados pola Consellería de Educación é traballar, isto é defender un edificio municipal que foi construído con diñeiro público”.Vega engade que “abandonar outro edificio municipal é faltarlle ao respecto aos ribadenses porque foi construído con cartos públicos. Así, o señor Suárez demostra un desprezo polos ribadenses, porque non se pode permitir que un edificio que foi construído con diñeiro público estea hoxe abandonado. Nós imos volver a utilizar ese telescopio para observacións astronómicas”.

O PP propón a rehabilitación do edificio do xulgado de paz e denuncia o estado da Casa da Ría

Page 17: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

abril 2019actualidade 17

O Concello realiza estes días tarefas de pintado de rúas como Amador Fernán-dez e as Avenidas de América, Rosalía de Castro e Rafael Fernández Cardoso. O alcalde ribadense, Fernando Suárez, sinala que estes traballos poderían pro-vocar pequenas retencións e algunha molestia, polo que pide desculpas. O rexedor agarda que estas obras estean rematadas antes da vindeira Semana Santa.O rexedor lembrou que “hai xa uns me-ses pintamos todos os pasos de peóns da vila e hai moi poucas semanas, por mor das obras de acceso a Ribadeo, pintamos e sinalizamos toda a avenida da Ría de Ribadeo”.Fernando Suárez explicou que “agora queremos seguir reforzando a seguri-dade daquelas outras que poden ser arterias principais, estes accesos a Ri-badeo tanto de entrada como de saída,

como poden ser Armador Fernández, Avenida de América, Avenida Rafael Fernández Cardoso ou Avenida Rosalía de Castro”.O alcalde dixo que “queremos que se vaian repintando todos estes espazos públicos porque é certo que hai anos que esa pintura está vella, en moitos casos non se ve, e pode xerar algún tipo de perigo para identificar cal é a liña continua, a liña descontinua, etc.“.Suárez Barcia engadiu que “segura-mente provoquemos, nestes próximos días, algunha retención puntual de tráfico e algunha molestia, pero quere-mos que todo estea listo e preparado antes da Semana Santa dado que se espera unha grande afluencia de visi-tantes e era conveniente ter todo isto en perfecta orde e en perfecto estado de revista”

O concello realiza traballos de pintado das rúas de acceso

Un dos accesos á vila tralo repintado

Do 22 de marzo ao 5 de abril estará aberta a inscrición para participar no XIV Ribadeo de Tapeo, que se celebrará do 11 ao 19 de maio. O formato do con-curso será o mesmo dos últimos anos, segundo explicou a concelleira de Turis-mo e Comercio, Ana Martínez. Haberá un xurado profesional e o público tamén elixirá a mellor tapa. E o prezo destas miniaturas da cociña será de 1,50 euros.Este ano as datas de celebración serán dende o 11 ata o 19 de maio. Todos os establecementos interesados en partici-par deberán inscribirse e poden facelo a partires de mañá mesmo, 22 de marzo, ata o 5 de abril, no Concello de Ribadeo. Poderán atopar toda a información para tal fin na sede electrónica da páxina web do Concello, ribadeo.gal, ou chamando á Oficina de Turismo ao 982 128 689”.Ana Martínez salientou que “o Ribadeo de Tapeo é un dos grandes atractivos dentro da programación do Concello de Ribadeo, quizais un deses eventos que tamén busca apoiar e potenciar o noso sector servizos, a hostalería ribadense, e

durante un mes non moi forte no tema de ventas e eventos como pode ser o mes de maio, previo xa á tempada es-tival”.A concelleira cre que “tamén é un dos mellores escaparates para a hostalería porque si é certo que moitos estable-cementos durante todo o ano xa están ideando con que deleitarnos, con ese pequeno bocadiño que ano tras ano nos presentan nos seus establecementos. O formato de selección vai ser similar aos últimos anos. Haberá dous tipos de xu-rado, o xurado profesional ao que po-derán optar voluntariamente ou inscri-birse os establecementos e o xurado do público, que somos cada un de nós que imos polos establecementos probando as súas tapas e que a modo de pasapor-te levamos esa tarxetiña onde se nos vai selando, e logo nós depositamos, ao final do concurso, nunha das urnas que están nos propios establecementos para indicar cal é no que máis no gustou a súa tapa e a súa barra, e poder así ta-mén agasallalos co premio do público”.

Abre o prazo de inscrición para participar no Ribadeo de Tapeo

Presentación da ruta Ribadeo de Tapeo

Máis de 600 persoas foron atendidas no Servizo de Orientación Laboral do Concello ribadense nos últimos cinco meses, desde o pasado outubro de 2018.Desde a Concellaría de Desenvolve-mento Local explican que “o Concello de Ribadeo é un centro colaborador da Consellería de Economía, Empre-go e Industria da Xunta de Galicia. O servizo de orientación laboral vai dirixido a mellorar a empregabilida-de e a cualificación profesional das persoas desempregadas mediante a información, o diagnóstico, asesora-mento, motivación e acompañamen-to nos procesos de busca e cambio de emprego”.E engaden “neste servizo aténdense tanto ás persoas citadas a través do Servizo Público de Emprego de Gali-cia coma ás persoas que voluntaria-mente se achegan de cara a solicitar

información para mellorar a súa em-pregabilidade e formación”.O Servizo de Orientación Laboral, dependente da Concellaría de Des-envolvemento Local, conta tamén cunha Bolsa de Emprego, na que es-tán inscritas más de 500 persoas. A finalidade desta Bolsa de Emprego “é dar servizo tanto ás persoas des-empregadas, que acoden voluntaria-mente a inscribirse na mesma, coma ás empresas que solicitan persoas traballadoras”.Outra das medidas que ten en mar-cha a Concellaría de Desenvolvemen-to Local é unha páxina de Facebook, ADL Ribadeo, onde diariamente se informa sobre ofertas de emprego, formación,axudas para a contrata-ción e sobre todos aqueles temas que se consideran importantes tan-to para as persoas desempregadas como para empresas e autónomos.

Máis de 600 persoas pasaron polo Servizo de Orientación

O salón de plenos do Concello acolleu o pleno extraordinario no que lle foi concedida a distinción de fillo predilecto de Ribadeo a título póstumo ao artista Suso Peña. A sesión deu comezo coa benvida do alcalde, Fernando Suárez, aos asistentes a este solemne acto. A continuación o secretario, José Ro-dil, deu lectura ao acordo plenario no que se aprobou a concesión do devandito título a Suso Peña. O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, foi o encargado de dar lec-

tura á Laudatio sobre Jesús Ma-nuel Peña Rego.A viúva de Suso Peña recibiu de mans do alcalde e do concelleiro de Cultura o diploma acreditati-vo e tamén un pin conmemora-tivo. Ela agradeceu aos amigos e asociacións que impulsaron este recoñecemento e ao Concello de Ribadeo a súa concesión. Ao actos asistiron artistas, veciños e veciñas ribadenses así como re-presentantes das asociacións que solicitaron esta distinción para Suso Peña.

O Pleno concede o título de fillo predilecto da vila a Suso Peña

A viúva de Suso Peña recibe o título de mans do alcalde

A CIG gañou de novo as eleccións sindicais celebradas este mércores no Concello de Ribadeo, renovando así a maioría absoluta que tiña no comité de empresa. A candidatura da CIG obtivo catro dos cinco dele-gados/as que se elixían entre o per-soal laboral, mentres que a lista da CSIF (que só presentou candidatura no colexio de especialistas) logrou un representante.A representación da CIG no Concello de Ribadeo subliña a alta participa-ción nestas eleccións e agradece o apoio e a confianza depositada polas traballadoras e traballadores á can-didatura da central nacionalista, que segue a ser a forza máis votada entre o persoal laboral.Neste senso, os delegados e delega-das da CIG amosan a súa satisfacción polo resultado obtido, xa que se in-crementou a porcentaxe de votos recibidos con respecto a procesos anteriores en máis de dez puntos (pasando do 74% no ano 2015 ao 86% deste 2019), o que avala a liña de acción sindical e o labor desenvol-vido nestes últimos catro anos. Estes resultados tamén reforzan o compro-miso da CIG na defensa e mellora dos dereitos das empregadas e empre-gados do Concello e na loita por un servizo público de calidade.

A CIG gaña as eleccións sindicais no Concello

Xa están operativos os vestiarios e as duchas da Casa das Algas, tralas obras costeadas polo Concello con fondos propios. Unhas melloras das que se beneficiarán as rapazas e os rapaces que practican remo en Ribadeo. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que “por fin e despois de semanas de traballo xa están operativos todos es-tes aseos, que o Concello con fondos propios decidiu construír na Casa das Algas, aquí na Vilavella, para dar un maior e mellor servizo a todos estes rapaces e rapazas de Ribadeo e da contorna que están agora impulsan-do o remo en Ribadeo”.O rexedor lembrou que “se trata dun deporte que foi moi potente nos anos 80, pero que logo decaeu ata hai uns cinco ou seis anos, momento no que volveu tomar impulso e onde temos ultimamente campioas de España, de Galicia e temos moita xente moi potente, que si a seguimos apoiando desde as administracións lograrán grandes fazañas”.Para Suárez Barcia “unha fazaña moi importante é que puideran ter auga quente para ducharse, que era o que non tiñan”.

Rematadas as obras dos aseos e vestiarios na Casa das Algas

Page 18: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

actualidade18 abril 2019

O Ministerio de Fomento vén de apro-bar o proxecto promovido polo Con-cello de acondicionamento de tres parcelas para aparcadoiro na travesía Casas Novas, 3, ao que destinará un orzamento de 131.174,47 euros.As fincas obxecto da intervención atópanse dentro do solo urbano do Concello e ocupan unha superficie total de 3.976,33 metros cadrados. Son fincas que están en desuso, xa que perderon a actividade agrícola hai tempo. Con este proxecto o Goberno local pretende eliminar o aparcamen-to de vehículos nas rúas do conxunto histórico, máis despois de limitar o estacionamento nas rúas do centro e na Praza da Catedral. O proxecto per-mitirá incrementar en 100 as prazas de estacionamento na cidade.Proponse un patio axardinado no que permitir o aparcamento de vehículos, baixo os emparrados dunha pérgola natural axardinada con especies arbó-reas, que é o único elemento constru-tivo planeado. Este elemento ocultará os coches desde o punto de vista visual desde o atrio da igrexa nova. Conser-varase a vexetación ornamental e o arborado existente.

As obras afectarán a tres parcelas e le-varanse a cabo de maneira que tanto as vías de circulación como as prazas de estacionamento teñan o menor impac-to visual posible. A circulación será nun-ha única dirección, realizándose con fir-me de zahorra estabilizada, baixo a que se disporá dunha capa de macadam. As prazas proxéctanse con lousa de céspe-de sobre firme de zahorra e asentada sobre capa de area de mina.A intervención complétase co axar-dinamento e plantación de todos os espazos libres con especies de árbores caducifolias autóctonas, propios do bosque atlántico, serval de cazadores, castaño, cerdeira brava, carballo e a instalación de elementos de alumeado público. Inclúese tamén a necesaria sinalización vertical de información, desde os accesos á cidade ata o apar-camento, así como de regulación de circulación no interior do mesmo. A urbanización complétanse coas nece-sarias obras de recollida de pluviais e alumeado público.O tempo preciso para realizar as obras é de cinco meses. Previamente o Con-cello levou a cabo traballos de limpeza e acondicionamento das parcelas.

Fomento investirá 130.000 euros no novo aparcamento de Casas Novas

mondoñedo

A Semana Santa de Mondoñedo está organizada pola Fraternidade Local da Venerable Orde Terceira de San Francisco, fundada en Mon-doñedo, o 24 de febreiro de 1734, coa que colaboran o Concello, Pro-tección Civil, entidades locais e os veciños e voluntarios.O programa comezará o ven-res, 12 de abril, coa procesión de Nosa Señora das Dores dende a Igrexa Nova. Será as 22:00 horas. O sábado 13 de abril, será a lectura do pregón, ás 20:45 horas, na Casa da Xuventude e que pronunciará o Reverendo Padre Don José María López García. Actuará o coro Mes-tre Pacheco de Mondoñedo.O domingo de Ramos, 14 de abril, ás 11:30 horas iniciarase a proce-sión na Igrexa de Santiago ata a Catedral, onde se celebrará a Misa da Paixón do Señor e a Bendición de Ramos. Preside o Sr. Bispo Don Luís Ángel de las Heras. Ás 19:00 horas na Capilla da Alcántara celebrara-se o Viacrucis e ás 19:30 horas é a Procesión do Ecce Homo.O mérco-res Santo, 17 de abril, é o Vía Crucis de Penitencia con saída da proce-sión ás 19.00 horas do Santuario de Nosa Señora dos Remedios, Capela de San Blas aos Picos.O xoves Santo, 18 de abril, ás 17:00 horas, na Catedral será a celebra-ción da Cena do Señor, presidida polo señor Bispo; ás 21:00 horas,

é a Procesión do Prendimiento, dende os Muíños. Ás 23:00 horas, na Catedral, é o acto de Adoración Eucarística.O venres Santo, 19 de abril, ás 10:30 horas, é a procesión do San-to Encontro, que se celebra na zona da Fonte Vella. Ás 12:00 horas, Via Crucis no claustro da Catedral. As 17:00 horas, misa da Celebración da Paixón do Señor e, ás 18.00 horas, procesión do Santo Enterro, que sae da Catedral; mentres que ás 21:00 horas, é a Procesión da Soedade, que tamén sae da Catedral e duran-

te a cal se pode escoitar o Plorans do Mestre Pacheco, que soamente se pode executar en Mondoñedo e na Capela Real de Madrid.O sábado Santo, ás 23:00 horas, na Catedral a celebración litúrgi-ca comprende bendición do fogo novo e procesión co Cirio Pascual, ademais do canto do Pregón Pas-cual, Bendición da Auga, e cele-bración da Eucaristía.O domingo de Pascua, día 21 de abril, misa de Re-surrección na Catedral ás 12 horas, que preside o Bispo.

A Semana Santa arrincará o venres, 12 de abril, coa procesión das Dores

Nacho Jorge, vicepresidente da Fe-deración Galega de Montañismo e Quico Jorda, técnico da Escola de Montaña, están estudando as po-sibilidades de cara a crear zonas de escalada en Mondoñedo.Na reunión valorouse a idea de im-plementar deportes de montaña en Mondoñedo, nomeadamente a escalada. Así, estudarán diferen-tes emprazamentos para colocar este tipo de áreas, como unha for-ma de dinamizar o turismo activo.Desde a Federación Galega de Montañismo comprometéronse a presentar unha memoria sobre as mellores zonas para practicar esta modalidade deportiva en Mondo-ñedo, así como o seu impacto para a economía local ou o medio am-biente.Nacho Jorge e Quico Jorda trasla-dáronlle á rexedora as posibilida-des iniciais que ofrece o Concello en relación coas zonas de escala-da. Así o Concello prestaría a súa colaboración para a adecuación de sendeiros ou a limpeza da maleza nos sitios elixidos.Ademais a Confederación Españo-la de Espeleoloxía e Canóns (CEC) celebrará a súa asemblea xeral o próximo 4 de maio en Mondoñe-do, data que os seus representan-tes aproveitarán para inaugurar o Centro Español de Documentación Espeleolóxica, que estará situado en Pazo de Santo Tomé, o Centro Comarcal, un edificio de titularida-de municipal.O novo centro de documentación reunirá no espazo cedido polo Concello a biblioteca da Federa-ción Galega de Espeleoloxía, así como as memorias de todas as ex-ploracións que se fixeron no noso

país e a documentación da antiga Federación Española.Como explica o presidente da Fe-deración Galega e secretario da Confederación Española, Francisco Manuel Martínez, preto de 3.000 volumes serán organizados nunha primeira fase para, nun futuro, po-der ser dixitalizados.A Confederación de Espeleología y Cañones (CEC) celebrará a súa asemblea xeral o vindeiro 4 de maio en Mondoñedo, data que aproveitarán para abrir as portas do Centro Español de Documen-tación Espeleolóxica, que vai estar emprazado no Pazo de Santo Tomé, Centro Comarcal, de titularidade municipal. No acto participarán os presidentes de todas as federa-cións autonómicas e das dúas aso-ciacións presentes na CEC.O Centro de documentación aglu-tinará no espazo cedido polo Go-berno local a biblioteca da Fede-ración Galega de Espeleoloxía, así como as memorias de todas as exploracións que se fixeron en España e a documentación da an-tiga Federación Española. Son, tal e como explica o presidente da Federación Galega e secretario da Confederación Española, Francisco Manuel Martínez García, preto de 3.000 volumes que serán organiza-dos nunha primeira fase para, nun futuro, poder ser dixitalizados.Martínez García precisa ademais que varias federacións autonómi-cas amosaron o seu interese por achegar novas publicacións, que pasarán a formar parte do cen-tro. Toda a documentación estará á disposición dos federados, así como do público en xeral baixo so-licitude previa.

A Federación Galega de Montañismo estuda crear zonas de escalada no Concello

Mondoñedo contará co programa de 4º ciclo para maiores de 50 anos Camiños de Coñecemento e Expe-riencia. Será grazas á Universidade de Santiago de Compostela, logo de que a alcaldesa da localidade o acordase coa responsable da USC, Teresa Rodríguez López.A alcaldesa amósase satisfeita por dito acordo, pois contribúe a au-mentar a oferta educativa que xa ofrece esta localidade na actuali-dade, ao tempo que supón unha al-ternativa para aquelas persoas que, cunha idade algo máis avanzada, desexen recibir formación univer-sitaria.Neste senso, a rexedora adianta que, dende a entidade local, están buscando posibles emprazamentos para impartir dita titulación, sen-do o Seminario a opción que colle máis forza para elo. E é que, deste xeito, segundo indica a titular mu-nicipal, “ademais de incrementar as opcións educativas que xa temos en Mondoñedo e, por extensión, na Mariña, contribuiríamos a que o Seminario recuperase a actividade docente, da man do selo da Univer-sidade de Santiago”.

Mondoñedo contará co programa de 4º ciclo para maiores de 50 anos

Xa está aberta ao tráfico a rúa que comunica a avenida San Lucas e a Alameda dos Remedios que conta cun mellorado e renovado aspecto. As obras consistiron no acondicionamento da subida á Alameda, un dos accesos principais á mesma, cuxo espazo presentaba un pavimento en mal estado de conservación. A rúa de acceso non dispuña de ningún tipo de servizo, polo que se fixeron ademais obras de saneamento e abastecemento.

Page 19: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

abril 2019actualidade 19

O BNG mindoniense pedirá no pleno que se vai celebrar mañá venres, que o concello inste a Consellería do Me-dio Rural a que, antes da entrega de actas definitivas de reorganización da propiedade das concentracións parce-larias da Zona Norte de Mondoñedo e Sasdónigas, se rematen todos os tra-ballos pendentes de mellora e acondi-cionamento de fincas.Segundo explicou o voceiro do BNG no concello de Mondoñedo, Eloi Ca-banas, na actualidade hai en marcha dous procesos de concentración par-celaria no concello de Mondoñedo, un na parroquia de Sasdónigas, de-clarado de utilidade pública xa no ano 1967 e que afecta a 252 propietarios, e outro denominado Zona Norte, de-clarado de utilidade pública no 1991 nas parroquias de Masma, Vilamor e Couboeira e que afecta a 761 propie-tarios.Ámbalas dúas concentracións teñen superada xa a fase de aprobación do acordo de reestruturación parcelaria e só faltaría a entrega das Actas de Reorganización da Propiedade.Hai fincas sen acondicionar, sen en-trada e estradas asfaltadas dentro das novas fincas de substitución que im-piden e dificultan o cultivo dos novos predios.Eloi Cabanas apunta que no caso da concentración parcelaria da Zona Nor-te, no ano 2012, fíxose un proxecto

de acondicionamento de fincas por-que o persoal técnico da Consellería considerou que era necesario, pero segundo as informacións que teñen os nacionalistas, estas melloras non se van levar a cabo e vanse entregar as actas de reorganización da propieda-de sen executar o proxecto de acondi-cionamento tal e como marca a lei de concentración, ”moitos propietarios e propietarias non poden acceder as súas fincas como é debido xa que as entradas non están acondicionadas”.O BNG recoñece que son procede-mentos lentos e burocráticos pero de-

nuncian que non é de recibo ter que esperar tanto tempo para o remate da concentración parcelaria nestas dúas zonas afectadas e lamentan que a al-caldesa de Mondoñedo non cumprira a promesa de axilizar canto antes es-tes dous procesos de reestruturación daquela que entrou no goberno, “isto demostra que a reunión mantida en-tre a alcaldesa e o Conselleiro do me-dio Rural o pasado 9 de xaneiro só ser-viu para facerse unha fotografía con el e tentar facer crer aos mindonienses que consegue algo beneficioso para Mondoñedo”, conclúe.

O BNG presentou unha moción no pleno sobre concentración parcelaria

Eloi Cabanas, concelleiro do BNG, na zona afectada

Como resultado das denuncias pre-sentadas polas asociacións Adega e Mariña Patrimonio, a Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural enviou un documento ao Concello de Mondoñedo onde se in-forma que “con motivo das dilixencias informativas abertas por explotación de canteira no lugar de Vilamor” esta canteira “ocupa terreos do ámbito protexido do xacemento Castro da Trinidade, alterando substancialmen-te o terreo e subsolo, sen que dita in-tervención teña amparo dunha auto-rización desta Administración”. Neste mesmo documento recoñécese que dita explotación ocupa tamén “super-ficie do territorio histórico do Camiño de Santiago do Norte”.Por outra parte, Patrimonio sinala que este ben patrimonial está cata-logado e que en 1997 establecéran-lle límites á canteira para protexer a mencionada zona arqueolóxica.Esta documentación da Subdirección Xeral de Patrimonio baséase nos in-formes realizados por arqueólogos da Dirección Xeral de Patrimonio de Santiago. Uns informes que contras-tan, contradín e mesmo deixan en evidencia os elaborados polo Servizo de Patrimonio Cultural de Lugo. Des-de o Servizo provincial pretendíase demostrar a inexistencia do sitio arqueolóxico, así como xustificar as

desfeitas provocadas por Canteras Santa Cecilia, argumentando que se trataba dunhas “antigas remocións de terras” nunha “canteira hoxe abandonada”.Cómpre lembrar que o Servizo de Patrimonio de Lugo mesmo tiña solicitado a descatalogación deste sitio arqueolóxico; descatalogación e desprotección que non se chegou a materializar porque o Servizo de Lugo posiblemente non tiña segui-do os procedementos legais para conseguilo. A descatalogación do xacemento conlevaría uns beneficios económicos moi elevados para a em-presa propietaria da canteira e lega-lizaría a posible situación irregular, derivada da ocupación e explotación dunha zona arqueolóxica protexida.En 2018 Adega e Mariña Patrimonio denunciaban perante a Fiscalía a po-sible ocupación e destrución do sitio arqueolóxico pola canteira, así como o intento de desprotección do xace-mento por parte do Servizo de Pa-trimonio de Lugo, achegando ambas asociacións probas que contradín os informes elaborados por este Servizo. Agora é a propia Dirección Xeral de Patrimonio a que achega probas dos posibles danos no Castro de Trinidade e no Camiño de Santiago, deixando en evidencia o Servizo de Patrimonio Cultural de Lugo.

Unha canteira ocupou zonas protexidas dun castro e do Camiño de Santiago

O Concello de Mondoñedo colabora coa empresa xestora Artisplendore en relación ás visitas culturais e turís-ticas guiadas á Catedral e lanza unha promoción vixente durante a vindei-ra fin de semana (5 a 7 de abril) que inclúe unha redución no prezo das entradas.Esta colaboración entre a administra-ción local e a empresa xestora das vi-sitas turísticas culturais implica que o prezo da entrada normal, que abarca visita á Catedral e ao Museo Catedrali-cio e Diocesano, con audioguía incluí-da, será de 3,5 euros, cando o custo habitual é de 4,5 euros.O horario de visitas de luns a sábados é de 10:00 a 14:30 horas e de 15:30 a

19:00 horas. Os domingos de 13:00 a 20:00 horas. Esta promoción ten lugar durante unha fin de semana na que se celebran outros eventos que atraerán un importante número de persoas á localidade como son a iniciativa de-portiva Toxiza Gran Trail e o macrofes-tival de tributo á verbena.A colaboración entre o Concello e a empresa busca deste xeito xerar novos atractivos para que os visitantes coñe-zan a Basílica da Asunción, declarada Patrimonio Mundial pola Unesco e principal emblema do conxunto histó-rico artístico de Mondoñedo. Ademais de que esta promoción se fai coinci-dindo cos dous eventos co obxectivo de compaxinar ocio e cultura.

O Concello establece descontos nas entradas á catedral

As Quendas é unha das celebracións máis antigas, tradicionais e populares de todas as festas que se celebran no municipio de Mondoñedo, e remón-tase ao século XVI. Este ano a festa celebrarase desde o 29 de abril ata o 1 de maio coa actuacion destacada de Blas Cantó.Esta celebración será unha das primei-ras do ano na zona da mariña ademais de ser unha feira de referencia, no gando cabalar. A asociación xa adianta-ra que o programa para este ano inte-grará actividades para todos os gustos pensando sempre en que o principal protagonista é o cabalo, que ten o seu día grande, e que se completará con ac-

tividades culturais e artísticas”. Os actos previstos para estes días darán comezo o luns 29 de abril ás 20.30 horas co pre-gón no Auditorio Municipal.O martes 30, as orquestas Ritmo Jo-ven e Tekila amenizarán a festa, habe-rá espectáculos de títeres na praza do Concello e o concerto de Blas Cantó pola noite.O mércores 1 de maio, o día grande das Quendas, terá lugar no Campo dá Feira a apertura da Feira Tradicio-nal de Gando Cabalar. Tamén será a II Xuntanza de Vespas, Lambrettas y Mo-tos Clásica, o Mercado de Produtos do Campo e a VI edición de Mondoñedo é Poesía evento que terá lugar pola

tarde no Auditorio Municipal. Ao re-matar haberá un concerto da Banda da Loba ás 20:00 horas. Ao longo do día os asistentes poderán gozar coa Festa da Empanda, con degustación de empanada nos locais hostaleiros, ademais do obradoiro de amasado como anos anteriores.Tamén neste día celebrarase unha nova edición do certamen VI Mondo-ñedo é Poesía, evento que terá lugar a partir das 18.30 horas no Auditorio Municipal. Para finalizar este gran día, veciños e visitantes poderán deleitarse coa gran verbena fin de festa a cargo da orquesta Principal e o Combo Dominicano.

Volven As Quendas, que contarán coa actuación de Blas Cantó

Page 20: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

20 abril 2019 publirreportaxe

A presenza do Plan Único na Mariña

Os dezaseis concellos da comarca recibiron un total de 4,9 millóns de euros

O 50% dos fondos teñen que ser destinados a obras

Dos fondos asignados, deberán destinarse un mínimo para o Servizo de Axuda no Fogar

CONCELLO TOTAL

Alfoz 268.158,30 euros

Barreiros 269.857,07 euros

Burela 361.693,72 euros

Cervo 286.904,29 euros

Foz 410.084,18 euros

Lourenzá 248.714,26 euros

Mondoñedo 301.862,80 euros

Ourol 300.918,94 euros

Pontenova (a) 268.743,11 euros

Ribadeo 430.058,60 euros

Riotorto 234.354,98 euros

Trabada 248.838,69 euros

Valadouro (o) 282.708,15 euros

Vicedo (o) 251.292,22 euros

Viveiro 500.000,00 euros

Xove 271.772,67 euros

Totais 4.935.961,98 euros

CONCELLO TOTAL

Alfoz 23.062,85 euros

Barreiros 21.018,43 euros

Burela 16.588,84 euros

Cervo 10.472,60 euros

Foz 19.314,74 euros

Lourenzá 21.018,43 euros

Mondoñedo 21.699,90 euros

Ourol 26.470,22 euros

Pontenova (a) 21.359,16 euros

Ribadeo 20.677,69 euros

Riotorto 22.040,64 euros

Trabada 22.040,64 euros

Valadouro (o) 23.062,85 euros

Vicedo (o) 21.699,90 euros

Viveiro 22.722,10 euros

Xove 19.655,48 euros

Totais 332.904,47 euros

Page 21: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

abril 2019 21publirreportaxe

Unha das actividades do Mercado Medieval de Alfoz

>A PONTENOVAA Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova que se celebra en decembro e unha cita de interese pois espéranse superar os 8.000 visitantes. A Queima dos fornos é unha das festas populares máis importantes do municipio tras finalizar a época estival.Dotouse de novos puntos de luz no acceso ao polígono industrial, así como nasparroquias de Conforto, Goyos, Villaoudriz e Vilaboa cun investimento de 18.000 euros.

>ALFOZO Mercado Medieval reune arredor de 4.000 persoas para desfrutar das preto de 20 actividades que o compoñen. Faise unha achega de preto 5.500 euros. Tamén se achegou mais de 23.000 euros para promover iniciativas turísticas e culturais como o Entroido, a publi-cación de libros, teatro , maratón de pintura, cine e exposicións...

>FOZA Deputación achegou 3.000 euros para a celebración Festa do Chí-caro de Foz. Trátase dunha cita gastronómica importante.Dotouse a As Torres de pista de skate, rocódromo e a renovación dos xogos infantís, todo cun investimento de 140.000 euros.

>LOURENZÁA Festa dá Faba cada ano atrae a miles de visitantes.As Escolas deportivas recibiron 8.000 euros ademais da celebra-ción doutros eventos deportivos como o Día da Bici, a Carreira Val das Fabas, a Marcha Cicloturista ou a Milla Popular Concello de Lourenzá.

>VIVEIRONa vila amañaronse a rúa Rego da Fonte, paralela a Igrexa de Ce-leiro, cun investimento de 187.500 euros. E a renovación integral da rúa Lodeiro, con 162.000 euros. O Executivo Provincial achegou 33.000 euros para crear unha nova rede de alumeado público en Pénjamo.

>RIBADEOO Ribadeo Indiano conta co principal patrocinio da Deputación cunha achega de 6.000 euros. Esta é unha cita coa que ademais de promover turisticamente a zona, impulsase a economía local e xeramos riqueza.

>VALADOUROO Mercado Tradicional de Primavera no que os veciños caracteri-záronse con roupa tradicional, como as zocas, é unha sinal de iden-tidade deste sinalado mercado, e rememoraron o pasado labrego da vila. Adquirironse terreos para un futuro poligono industrial cunha ache-ga de 131.538 euros.

RESULTADOS

Un momento do Ribadeo Indiano

Celebración da Festa da Faba de Lourenzá

Queima dos Fornos da PontenovaMellora da rede de alumeado en Pénjamo, Ribadeo

O Plan Único é un plan pro-pio de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal, en cuxa elabo-ración deben participar os concellos da provincia. O plan deberá conter unha memoria xustificativa dos seus obxectivos e dos cri-terios de distribución dos fondos, criterios que en todo caso han de ser obxec-tivos e equitativos e entre os que estará a análise dos costes efectivos dos ser-vizos dos concellos. Pode-rá financiarse con medios propios da Deputación, as achegas municipais e as subvencións que acorden a comunidade autónoma e o Estado con cargo aos seus respectivos orzamentos.

Page 22: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

actualidade22 abril 2019

“O parque empresarial de Barreiros presenta numerosas necesidades, así como moitas deficiencias nos servizos públicos de competencia municipal que alí se prestan ou deberan prestarse.” Segundo o Bloque Nacionalista Galego, esta foi a situación notificada polos em-presarios alí ubicados hai máis dunha semana, a través dun escrito dirixido a toda a corporación solicitando unha reunión urxente co alcalde e con todos os grupos políticos municipais.En dito escrito, enuméranse moitas das carencias da zona industrial de Barreiros, tales como a necesidade de dispoñer de fibra óptica; o deficiente alumeado, que se suple en moitos ca-sos coa iluminación das propias naves; a recollida de lixo; a rede de sumidoiros; a sinalización e pintado das rúas; limpe-za das parcelas que están sen edificar; sistemas de vixianza… “A todos estes problemas pódenselles buscar solu-ción, se hai vontade política de facelo. E para iso, o primeiro que hai que facer é atender as peticións que fan e reunirse coas persoas afectadas”, afirmou Ana Ermida, concelleira e portavoz do BNG en Barreiros.No escrito dirixido á corporación, as persoas titulares das empresas apos-

tan tamén pola efectiva realización da obra que permita un acceso directo do polígono coa autovía, tal e como solici-tou o BNG en días pasados, logrando acordo unánime da corporación ao respecto para presentar alegacións ao proxecto da A-74 para que se inclúa esta modificación.O BNG entende que esta zona industrial de Barreiros é de primordial importan-cia, non só para este concello senón para toda a contorna, pola estratéxica ubicación desta área. Neste sentido, desde a formación nacionalista recor-

dan que no pleno do pasado 28 de xaneiro se aprobou por unanimidade a proposta do BNG de solicitar a Fomen-to un enlace directo ao polígono desde a futura A-74, que enlazará coa A-8. “Sería o polígono mellor comunicado da zona, e non podemos permitir que se deixe sen realizar este enlace, cando só está a 100 m da rotonda de conexión da A-8 e a A-74. Pensando no futuro de Barreiros, o polígono industrial é clave para o desenvolvemento social e eco-nómico do noso concello” afirmou Ana Ermida.

A raíz da proposta do BNG, o concello de Barreiros remitiu ao Ministerio de Fomento, o pasado día 1 de febreiro a correspondente alegación ao proxecto de trazado da autovía A-74 de A Mari-ña, tramo Barreiros-Foz.

PRAIAS. O BNG de Barreiros acusa á al-caldía do abandono ó que é sometido o material que se utiliza nas praias duran-te a época estival.Xa hai catro meses, exactamente, o 19 de novembro, comentan, o grupo na-cionalista publicaba nas súas redes so-ciais fotografías que deixaban ver o ma-terial de socorrismo e saneamento das praias, tirado diante dunha nave muni-cipal, completamente á intemperie e sufrindo as inclemencias do tempo.A día de hoxe o material segue alí tira-do, e o BNG pide que o alcalde diga se é esta a imaxe de excelencia turística que pretende dar aos visitantes, ou se lle vai seguir a botar a culpa da mala imaxe do concello á oposición. Ana Hermida, can-didata do BNG á alcaldía, preguntoulle ao alcalde no último pleno da corpora-ción municipal se estes elementos foran retirados e postos a cuberto, e o alcalde contestoulle que non, que seguían sen ser recollidos.

Exemplo do estado dos materiais das praias

barreiros

A asociación barreirense Mar e Monte fará unhos roteiros para gozar das viaxes culturais. Comezarán o sábado 6 de abril coa ruta das Praias de Barreiros, con saí-da ás 10 horas do Hotel Ría do Masma; o sábado 13 será a quenda do Territorio Luis Trigo Chao con saída do Café Bar Mo-derno ás 10:00 horas; e o venres 19 será a Ruta Río Masma saindo do Café Bar Moderno ás 09:00 horas.O sábado 20 tocará a ruta do Monte Cor-nería, o sábado 27 o de Santo Estevo a Celeiros e o domingo 28 farán a de Porcía Costeira, as tres con saída do Café Bar Moderno ás 10:00 horas.

Os sábados de abril haberá roteiros polo concello

O BNG insta ao Concello a facer unha reunión coas empresas do polígono

O Concello de Barreiros ven de sumarse a esta iniciativa que agrupa a milleiros de gobernos locais, que de forma voluntaria comprométense a implantar os obxecti-vos da UE en materia de clima e enerxía e que é o maior movimiento mundial de autoridades para loitar contra o cambio climático. A Xunta de Galicia, Coordina-dora do Pacto dos Alcaldes para Galicia, promove esta iniciativa europea ofrecen-do apoio aos Concellos para que poidan cumprir os compromisos adquiridos a través deste pacto.

O Concello súmase ao Pacto dos Alcaldes polo clima e a enerxía

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, man-tivo un encontro con compañeiros do partido en Barreiros no que abordaron o proxecto dos socialistas para ofrecer servizos públicos aos veciños e a posta en valor deste Concello.Santos Ramos, acompañado da voceira municipal, Carmen Veiga, subliñou que os socialistas son os principais e case os únicos que achegan investimentos públicos para os preto de 3.000 veciños de Barreiros. Foron máis de 2 millóns de euros que o Executivo do PSOE da Deputación levou ao Concello como o arranxo da contorna do centro de San Miguel de Reinante, onde se celebra a Festa do Emigrante, está localizado un dos campos de fútbol, a pista de padel e onde teñen a maioría de colectivos so-ciais do Concello os seus locais.“Facemolo porque a Xunta de Galicia do PP ten totalmente abandonados aos barreirenses e nós, dende o Goberno Provincial, non o imos permitir. Por iso, os socialistas seguiremos impulsando iniciativas que busquen mellorar a cali-dade de vida das persoas, dinamizando a economía a través de sectores tan importantes para Barreiros como o tu-rismo”, subliñou o Secretario Provincial.Carmen Veiga puxo en valor os investi-

mentos e iniciativas levadas a cabo po-los socialistas no Concello de Barreiros e instou á Xunta de Galicia a facer o mes-mo e “comprometerse cos barreiren-ses”. A voceira municipal censurou que “levamos moitos anos esperando pola nova EDAR, tan necesaria para acabar cos continuos problemas de vertidos á praia de San Miguel de Reinante. O PP non cumpre coa súa responsabilidade, no goberno galego, de conservar os es-pazos naturais de Barreiros, un dos no-sos reclamos turísticos”. Durante a reunión coa agrupación de Barreiros, Santos e Veiga, aproveitaron para comprobar o resultado dalgún dos

proxectos financiados integramente polo Goberno socialista na Deputación, como por exemplo no centro de San Mi-guel de Reinante. Os traballos, aos que os socialistas des-tinaron 51.000 euros, consistiron na renovación das beirarrúas, por ambos lados da LU-P-0608, debido ao deterio-ro das mesmas. Santos Ramos destacou que con estas melloras “aumentamos a seguridade dos viandantes desta es-trada provincial, ao tempo que damos resposta a unha necesidade moi de-mandada polos veciños de San Miguel de Reinante, un dos centros neurálxicos de Barreiros”.

O PSOE financia con 2 millóns melloras no termo municipal O actual rexedor do Concello de Barrei-

ros, Alfonso Fuente Parga, formaliza o seu reingreso no Partido Popular co anuncio da súa afiliación do que se dará conta na xunta directiva desta tarde. As-pira a renovar a confianza dos veciños e veciñas que o apoiaron con maiorías absolutas nas tres últimas citas coas ur-nas ao liderar de novo a candidatura dos populares no municipio.Fuente Parga asegura que “tanto veciños coma afiliados e simpatizantes pedíron-me que volva a encabezar a lista do Par-tido Popular para seguir traballando por Barreiros no novo mandato para sacar adiante proxectos xa preparados”. Nese sentido, o candidato popular quere agra-decer “as mostras de apoio dos barrei-renses durante o proceso xudicial do que agardabamos a sentenza absolutoria que foi ditada nas últimas semanas”.O candidato popular á Alcaldía avanza que “tras traballar nos últimos anos na elaboración do PXOM, está preparado para someter á súa aprobación inicial a comezos do vindeiro mandato”. Igual-mente, está prevista a humanización de distintos núcleos do concello.Fuente Parga aposta por “seguir traba-llando na prestación de servizos aos ve-ciños e veciñas despois de incrementar a axuda a domicilio ao alcanzar a vintena de persoas que prestan este demandado servizo”.

Alfonso Fuente volve ao PP como candidato á Alcaldía

Visita do deputado Álvaro Santos ás obras de San Cosme

Como cada ano pola Semana Santa, che-ga a cea-baile do Iberia CF na noite do Xoves Santo, que este ano é o 18 de abril, que se celebrará na Sala O Metro de San Miguel de Reinante. Un evento que toda a familia branquiazul agarda con gran expectación. Dende a dirección din ca mellor forma de colaborar co equipo que facelo disfrutando ademais dunha boa cea e dunha boa festa. A música correrá, un ano máis, a cargo de Lecer, que son xa parte da gran familia do Iberia. As entra-das custarán 30 euros adultos e 15 nenos e poden mercarse no bar A Dulcería de San Miguel de Reinante ou contactando con calquera membro da dirección.Tamén a Asociación Folclórica O Arco da Vella de San Miguel de Reinante organiza o II Xantar Foliadeiro o sábado 4 de maio nos Colexios Vellos da vila. O xantar es-tará amenizado con música en directo e posteriormente haberá unha foliada libre na que poden participar todos os asistentes que o desexen, polo que den-de a organización recordanlles ás persoas que asistan ó evento que leven os seus instrumentos para tocar.Despois de comer, pola tarde, haberá servizo de bar e tamén se fará unha cho-colatada gratuíta. O prezo II Xantar Folia-deiro será de 22 euros para os adultos e 12 euros para os nenos.

Dous eventos sociais para colaborar co Iberia e Arco da Vella

Page 23: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

abril 2019 23actualidade

a pontenova

O alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, asinou este mar-tes a escritura dos terreos de máis de 2.200 metros cadrados onde se situará a residencia de maiores para os veciños deste municipio. Trátase dun espazo no contorno urbano, preto do río e rodeado de zonas verdes, que leva por nome a Chousa de Vilaudriz.Na sinatura tamén participou o Vicepresidente da Deputación, Ar-gelio Fernández Queipo, pois este espazo está a disposición da Depu-tación para construír o centro de maiores. Campos Conde explicou que nos vindeiros días se presen-tará o proxecto e seguidamente se licitarán as obras para comezar a executalas.Deputación e Concello asinaron un convenio de colaboración para a adquisición dos terreos e as obras de construción. O Concello xa abo-nou ao organismo provincial preto de 95.000 euros pola compra de parte deste espazo, posto que va-

rias hectáreas foron directamen-te doadas polos que eran os seus propietarios.A Deputación ten comprometida unha partida inicial de 1,2 millóns de euros para as obras e o Con-cello outra de 200.000 euros. O centro ofrecerá unhas 50 prazas:

30 de residencia e 20 de centro de día.Terán preferencia de acceso os veciños da Pontenova. O seu pre-zo será en función da capacidade económica dos usuarios para ga-rantir aos maiores o acceso uni-versal ás mesmas.

Darío Campos, como alcalde da Pontenova, firmando coa Deputación

O Concello reserva un espazo para a construción da residencia

O 20 de xullo será o primeiro descenso de carrilanas da Pontenova, proba de-portiva pertencente ao Campionato fe-derado Galego. Haberá categoría local e o seus correspondentes premios.Comezará arredor das 16:00 a 19:30 dependo do número de participantes, aínda que as verificacións comezarán xa pola mañá na praza dos Fornos.A primeira baixada será a de entrenos, e as dúas seguintes son as mangas oficiais. Se dá tempo faranse dúas baixadas de exhibición. Pola noite haberá entrega de trofeos e unha cea para os asistentes. Nesta sesión a parte musical estará a cargo dos Piñeiros Band e unha discoteca mómil. A organización do evento lembra que xa están as autorizacións para que os máis pequenos e menores de idade poi-dan correr coa súa carrilana pero os que desexen máis información poden poñer-se en contacto coa directiva do club Mo-toreo A Pontenova.Os concellos de Abadín, Alfoz, Meira e A Pontenova unénse para colaborar na organización desta primeira edición das carrilanas. Abadín acollerá a XVIII edición do seu famoso descenso, facéndoa coin-cidir coa de Alfoz, que será o seu segundo ano. Meira fará o seu primeiro descenso 21 de xullo e A Pontenova o 20 de xullo.

Convocado para o 20 de xullo o descenso de carrilanas

O municipio da Pontenova acollerá o día 30 de abril a celebración da XLI Festa da Troita que está decla-rada de interese turístico, e o día 1 de maio o XLI Concurso Popular, declarada tamén competición de interese deportivo e nacional. To-dos os asistentes a estas xornadas poderán gozar cos actos programa-dos.O día 30 a partir do mediodía os presentes poderán gozar coa se-sión vermú que amenizará a XLI Festa dá Troita. Máis tarde entre-garanse as Troitas de Ouro a David García Ferreras, campión do mun-do de pesca a mosca; a Fundación North Atlantic Salmón; o proxecto Arca; a Leonardo de la Fuente e a Manuel Gómez.Ás 20:00 horas a actriz e presenta-dora Isabel Branco realizará a lec-tura do pregón, acto que dará paso ás 22:00 horas á apertura da caseta de degustación. Haberá un acto de homenaxe pública aos membros das anteriores directivas do CIT. Ta-mén actuará a Escola de Música da Pontenova.Para participar no XLI Concurso Po-pular deberán inscribirse e acceder aos tramos de pesca sinalizados. A cuota da inscrición é de 40 euros por concursante e dá dereito ao xantar. Os acompañantes deberán facer tamén unha reserva previa de 25 euros antes do 26 de abril.O sorteo dos dorsais será o mesmo día do concurso que comezarán o

1 ás 07:30 horas coa concentración na praza dos Fornos e co inicio dos concursos de pesca (lance, salmón e mosca).No acto do pesaxe, a puntuación será 250 puntos por peza válida, 1 punto por gramo acumulado das pezas, haberá tamén puntos por bonificación dos acumulados po-los cupos dos concursantes. Pola tarde, levarase a cabo a entrega de trofeos no salón de actos da Casa dá Cultura.Esta festa xurdiu a través do Centro de Iniciativas Turísticas, CIT, o cal para promocionar a vila da Ponte-nova, organizou o citado concurso de pesca, que se leva celebrando desde o ano 1978.

A Pontenova celebrará a Festa da Troita o 30

A localidade da Pontenova ecollerá o 27 de abril a que será xa a segunda edición do Encontro de Música e baile tradicional da Pontenova será o 27 de abril na praza dos Fornos. Comezará ás 11:00 horas con obradoiros de iniciación e perfección do baile con Xabi Iglesias, e ás 16:30 come-zarán os de canto e pandeireta con Blan-ca Villares que terá un prezo de 5 euros para os non socios. A mesma hora será o obradoiro de billarda con Troitas Bravas.O xantar popular será ás 13:00 horas que comezará cunha sesón vermú amenizada por Nela de Bres e compañeiros, e xa ás 14:30 horas comezará oficialmente, e constará de empanada, xamón cocido, paella, sobremesa, viño, auga, refrescos e café, e todo por un prezo de 18 euros.As actuación comezarán ás 19:00 co Gru-po Tradicioonal Marbadas da Escola Mu-nicipal de Ribadeo, Airiños de Orbazai, A Chocolateira e Foliadeiros da Ponte A.M. Eco das Minas. Máis tarde será a quenda de Tumba e Dalle. Para reservar hai que chamar a Casa da Cultura 696 97 18 56, a San Briz 982 34 23 89 ou a A.M. Eco das Minas 610 94 77 38.

A vila acollerá o 27 o II Encontro de Música e baile tradicional

O 21 de xullo terá lugar na Pontenova unha nova edición da Xuntanza motei-ra organizada pola Asociación Moteira Motoreo A Pontenova. Aínda que o pro-grama está sen rematar, estímase que a xuntanza dará comezo ás 9:00 horas coa apertura de inscricións para o xantar. Ás 10:30 sairá a ruta que contará cunha parada e pinchos. Ás 15.00 será a sesión vermú a cargo dos Piñeiros Band, e a con-tinuación tocará xantar no que se prevé que haberá xamón cocido, cachelos e polbo. Haberá tamén un espectaculo de maxia para os máis cativos.

Concentración moteira o 21 de xullo

A Escudería Pontenova organizará os días 6 e 7 de xullo a VIII edición da Su-bida á Pontenova, puntuable para os Campionatos e Trofeos de Galicia de Rallyes, Copa Propulsión Carcross e Copa Pirelli de Montaña. A proba está centralizada na localidade de Ponteno-va que lle dá nome, coas verificaciones o sábado día 6 pola mañá e as primei-ras mangas de competición pola tarde.O tramo de subida está localizado na estrada LU-4803, entre os puntos ki-lométricos 0.45 e 5.25, con 4,8 kms de lonxitude, cun formato de 6 pasadas, dúas de adestramento e 4 oficiais se-gundo o programa horario de máis abaixo. As inscricións estarán abertas previsiblemente ata unhas semanas antes da subida.

A Subida, os días 6 e 7 de xullo

As confrarías do Cristo da Agonía e a Confraría da Esperanza teñen prepara-do xa o programa de Semana Santa des-te ano. Por primeira vez, estas confrarías irmandáronse coa confraría de Nosa Se-ñora do Pedregal de Meira, que conme-mora este ano o seu décimo aniversario, e celebrarán de forma conxunta Semana Santa. De feito, os actos repartiranse do seguinte xeito, os meiregos visitarán A Pontenova o Xoves Santo e os ponteno-veses acudirán a Meira o Venres Santo.Para celebrar a popular Semana Santa na Pontenova abrirase a programación o 14 de abril, Domingo de Ramos, coa bendición dos ramos na Capela de San Briz ás 12:15 da mañá e seguidamente a procesión da Burriquiña, unha pro-cesión marcada polo seu simbolismo, na que un veciño da vila se despraza a lombos dun burro ou unha mula desde a Capela de San Briz ata a Igrexa Parro-quial da Pontenova simulando a entrada de Xesucristo en Xerusalén. Posterior-mente celébrase a eucaristía na igrexa da Pontenova.O 18 de abril, Xoves Santo, haberá misa ás 19:30 horas. A continuación, a Con-fraría Nosa Señora do Pedregal parti-cipará na procesión, acompañando ás confrarías pontenovesas e á banda de música. A Confraría do Cristo da Agonía sacará os pasos das figuras da Virxe Do-lorosa e o Cristo da Agonía e a Confraría da Nosa Señora da Esperanza a imaxe da Virxe da Esperanza.O Venres Santo terá lugar o Vía Crucis que dará saída ás 16:00 horas da Pra-za dos Fornos, organizado por Manuel

García Paje, que fora sacerdote, entre outras, da Parroquia do “Sacro Cora-zón de Xesús”, e chega ao Santuario de Santa María de Conforto. A este Vía Crucis acode gran cantidade de xente, achegándose en ocasións ao milleiro de participantes. Ás 17:00 horas tamén no Conforto celebrarase a Paixón.Ese mesmo venres en Meira ás 20:30 horas celebración da Paixón e a conti-nuación Procesión do Santo Encontro coas imaxes da Virxe das Dores, o Cristo Nazareno e o Cristo Crucificado, na que participan máis de 300 persoas, a Banda Municipal de Música, Banda Municipal de Gaitas e as Confrarías da Pontenova (Confraría do Cristo da Agonía e Confra-ría da Esperanza).Paralelamente aos actos relixiosos, ha-berá unha exposición na igrexa de Mei-ra dende o domingo 14 ao domingo 21, dos 10 anos de historia da confraría, así como imaxes das procesións, hábitos dos confrades, carteis, etc.

O Irmandamento coa confraría de Meira marca o programa da Semana Santa local

Page 24: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

actualidade24 abril 2019

A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental “A Mariña” celebrará o vindei-ro sábado, 4 de maio, unha gala bené-fica para celebrar os seus vinte anos de vida, baixo o lema “XX Anos Compro-metidos coa Saúde Mental”.O evento, que terá lugar nunha car-pa instalada na Praza dos Campos en San Ciprián, a partir das 20:00 horas, foi presentado pola Directora Técnica Xeral de “A Mariña”, María José Nó-voa, polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, pola edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, polo presidente da enti-dade, Jorge Manchado, e pola familia ao conxunto da Unidade Residencial de Cervo.Nóvoa quixo agradecer especialmente ao Concello de Cervo a súa colaboración para que esta Gala, na que estamos a depositar tantas ilusións, sexa unha reali-dade “contribuíndo sempre coa súa sen-sibilidade a visibilizar a este colectivo e as enfermidades mentais, e a loitar contra un estigma social que aínda se detecta hoxe na nosa sociedade”.Pola súa banda, Villares quixo poñer en valor o gran traballo que están a desenvolver desde esta Asociación cuxa unidade residencial está ubicada en Cervo, na Bidueira “desde o Conce-llo non podemos máis que poñernos sempre á súa disposición e colaborar en todo o que estea na nosa man, é un orgullo para nós ver como as persoas usuarias forman parte activa da vida de Cervo, contribúen xenerosamen-te a dinamizar o noso municipio, e se implican e participan en todas cantas actividades se programan”.Armada tamén quixo animar a toda a xente da Mariña a que participe nesta Gala Benéfica para colaborar co colec-tivo; para a que xa están á venda os tic-kets nos Centros de Rehabilitación Psi-

cosocial e Laboral de Burela e Ribadeo, na Unidade Residencial de Cervo (en horario de 10-14 h), no Restaurante O Noso Lar (San Ciprián), na Farmacia O Parque (Burela), en Calzados Tomás (Burela) e na Casa da Cultura de San Ciprián .As entradas para adultos teñen un pre-zo de 30€ e poderán recollerse ata o 25 de Abril. Así mesmo, haberá ticket infantil por 10 euros. Unha parte do custo da cea será destinado integra-mente ao labor realizado nos distintos dispositivos da Asociación.A Gala, que comezará ás 20:00 ho-ras, estará amenizada por Arume, A Rebolaxe, Acordeonistas da Mariña, Tapy Öka, Foolmakers (formado por catro psiquiatras do Hospital de Lugo con formación musical que se xunta-ron cun profesor de baixo da escola de música Fábrica de Sons para tocar, nun principio, nas Jam Sessions que a escola organizaba no Club Clavicémba-lo. O grupo neses momentos quedou formado por Paula Cores, voz, Luís Vila,piano, Luís González, guitarra e voz, Isidro Gómez batería, e Carlos Do-val, baixo. En Xaneiro de 2019 o guita-rrista foi remprazado por Sergio Abuín. No 2018 sacaron o disco chamado Un polbo en San Froilán) e Izquierdo Sis-ters (formado polas actrices Lucía Vei-ga e Marita Martínez, especialistas en traballo teatral coa técnica de impro e nos beneficios de esa técnica para o desarrollo mental; unha maneira de facer comedia e humor moi especial).O encargado de elaborar e de servir o menú -a base de empanada caseira, lagostinos, carrilleiras, torta de San Marcos, viño, refrescos e café- será o Restaurante O Noso Lar. No transcurso da gala tamén haberá sorteos e máis sorpresas.

A Asociación A Mariña recadará fondos cunha gala

cervo

San Cibrao acollerá o sábado 13 de abril a VI Foliada Nordestía cun progra-ma completo e variado pensado para todos os públicos.A cita, organizada por A Rebolaxe e que conta coa colaboración do Conce-llo de Cervo, foi presentada pola edil de Cultura, Dolores García Caramés, e por varios membros deste grupo.O programa comezará ás 12:30 horas con Cantos de Taberna, ás 15:15 horas está previsto un xantar popular e xa pola tarde haberá xogos infantís e un obradoiro de baile.Como broche de ouro da xornada, ás 21:30 dará comezo o Festival que contará coa actuación dos grupos A Rebolaxe, Son do Xabre, Os Carecos e A Compañía o Ruído; non faltarán os callos e a queimada.

A VI Foliada Nordestía terá lugar o 13 de abril en San Cibrao

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, visitou acompañado de técnicos muni-cipais e de profesionais da industria do aeromodelismo, as obras da pista expe-rimental de aterrizaxe e despegue que vén de comezar a construír o Concello no Polígono de Cuíña, e que supón un inves-timento superior aos 40.000 euros.Tal e como explicou o rexedor “a nova infraestrutura, froito dun contacto cons-tante que vimos mantendo con empre-sas e técnicos do sector, permitirá situar a Cervo á cabeza en Galicia deste tipo de voos non tripulados, xa que é a primei-ra pista destas características a carón do mar, que permitirá nun futuro facer probas e utilizar drones para transporte”.Villares precisou que desde o Concello “cremos e apostamos por este innova-dor proxecto desde o primeiro momento porque vimos nel unha gran oportunida-de de futuro para o noso municipio”.

Comeza a construción dunha pista para aeromodelismo

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, reu-niuse en Santiago de Compostela co in-vestigador Chema Leal e co catedrátido de Historia das Institucións Económicas, Xoán Carmona, para definir a programa-ción dunhas xornadas divulgativas que vai organizar o Concello de Cervo en co-laboración coa Universidade de Santiago, neste verán.Tal e como explicou Villares “tanto Leal como Carmona coñecen en profundi-dade a historia do noso Concello, son grandes especialistas e estudosos dela, e vemos que esta colaboración pode ser unha oportunidade única para poñer en valor todo ese rico patrimonio, de sacalo á luz para que que toda a veciñanza poida entrar tamén en contacto co noso pasa-do”. As xornadas, a falta de pechar a data definitiva, desenvolveranse no Conxunto

Histórico de Sargadelos, durante dous días, nos que participarán poñentes de renome como o Licenciado en Xeografía e Historia e conservador do Centro de Interpretación do Camiño de Mondoñe-do, Juan Ramón Fernández Pacios, e os propios Chema Leal ou Xoán Carmona; entre outros. As sesións máis teóricas terán lugar en horario de mañá, e xa pola tarde programaranse diferentes saídas de campo, nas que se farán percorridos polas diferentes industrias, tanto de salga como de conserva, que foron aparecen-do pola Mariña; abordaranse os proble-mas que había para a súa comercializa-ción polos perigos que viñan polo mar (ataques de corsarios) e de como se facía necesario un sistema defensivo costeiro para salvagardar o comercio da sardiña; entre outros aspectos.

A USC fará unhas xornadas sobre a historia do municipio

A hostalaría de San Cibrao presenta a súa proposta culinaria para os xoves de abril. A esta iniciativa están adehe-ridos oito locais, que serviron o día 4 e servirán o día 11 de abril a partir das 19:30 horas, unha tapa diferente, ela-borada, a un prezo de 2 euros.Os clientes terán a posibilidade de participar nun sorteo de tres vales, de 250 euros, de 150 euros e de 100 euros, para gastar nos locais partici-pantes; que se celebrará cada dous meses.As propostas para o xoves anterior fo-ron unha Mini hamburguesa do Faro do Bar O Faro; Saquiño de carne do Mesón A Bodega; Liñas barbacoa da Cervecería Nordesía; Salteado de ma-carróns e marisco do Bar Maruxaina; Tosta de lacón con grelos de Pizzería O Trasgo; Croquetas arco da vella da Cervecería Las Titas; Xarda á prancha do Bar O Pulgas; Fingers de polo con salsa tártara da Terraza O Noso Lar.As propostas para este xoves 11 de abril son Saquiños de morcilla de León con marmelada do Faro do Bar O Faro; Volcán a bodega do Mesón A Bodega; Fajitas de polo da Cervecería Nor-

desía; Raxo ao roquefort do Bar Ma-ruxaina; Picadillo con ovo de Pizzería O Trasgo; Polo ao allo da Cervecería Las Titas; Polbo a feira do Bar O Pul-gas; Chocos en salsa con arroz blanco da Terraza O Noso Lar.Para máis información e para facer un seguemento das tapas que se servirán cada semana habilitouse a conta de facebook @sancitapeando.

O día 11 remata SanciTapeando, a ruta das tapas dos xoves

García Porto presentou un novo folle-to ilustrado adicado a Luis Seoane que está a disposición de todos os visitan-tes do Museo Provincial, e que conten información ampla e detallada sobre a vida e obra deste artista excepcional. A Real Academia Galega de Belas Artes dedicou o Día das Artes Galegas 2019 ao polifacético artista Luis Seoane. “Por iso, desde o Museo Provincial de Lugo, ao tempo que nos sumamos ao recoñecemento ao ilustre personaxe, aproveitamos para convidar aos no-

sos visitantes a coñecer as súas obras que o Museo Provincial expón nas súas salas ou conserva nos seus almacéns”, avanzou a deputada Pilar García Porto.Esta presentou o novo folleto ilus-trado adicado a Seoane que está a disposición de todos os visitantes do Museo Provincial, e que conten infor-mación ampla e detallada elaborada polo departamento de Belas Artes da Deputación sobre este artista, ao que este ano se lle adica o Día das Artes Galegas 2019.

O Museo lembrou a obra de Luís Seoane no Día das Belas Artes

O Bloque Nacionalista Galego en Cervo anuncia a presentación do candidato á Alcaldía para as eleccións munici-pais que se celebrarán o próximo mes de maio. Trátase de Diego Fernández Martínez, nacido en Lieiro en 1987, traballador no peirao da factoría Alcoa, presidente do Comité de Empresa de CYRGASA, e moi vinculado ao deporte.Coa proposta de Diego Fernández, a for-mación nacionalista continúa no camiño da renovación das súas caras visíbeis, nunha aposta pola mocidade combina-da coa experiencia, que xa iniciara fai catro anos e continúa nesta ocasión, coa elaboración dunha candidatura ampla e plural, que presentará ao completo en próximas datas.Democracia e participación, recupera-

ción demográfica, habitabilidade, po-lítica social, e dinamización cultural e deportiva son as cinco ideas chave da proposta da formación nacionalista para gobernar o concello de Cervo.

Para Diego Fernández, “os 20 anos de goberno do Partido Popular en Cer-vo non serviron par mellorar a vida da xente, nin tampouco para asentar bases para frear a constante caída poboacio-nal, a degradación da actividade econó-mica e comercial, a ausencia de servizos básicos como o saneamento integral do concello especialmente no rural, ou a inexistente ordenación territorial coa aprobación dun PXOM que impulse de xeito decisivo, ordenado, e homoxéneo o medio rural e urbano do municipio”.“O BNG buscar darlle a volta a estas ca-rencias, e para isto conta coas ideas cla-ras e as persoas para facelo, e tamén coa participación imprescindíbel da xente á que se lle dará capacidade de decisión no día a día”, dín.

O BNG presenta a Diego Fernández como candidato a Alcaldía

Diego Fernmández

Page 25: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

abril 2019actualidade 25

alfoz

Todos os sábados de abril a partir das 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz terán lugar as VI Olimpiadas In-terparroquiais.As parroquias estarán representadas por equipos mixtos de 5 compoñen-tes como mínimo e 10 como máximo. As probas seguirán a modalidade de eliminatorias, comezando por cuartos de final, seguidas de semifinais e final, polo que se realizará un sorteo antes de cada unha delas.Trala primeira xornada, o sábado 6, coas probas deportivas, continuará o sábado 13 coas probas culturais. O 20 de abril será a proba artística e o 27 serán os xogos populares.Como cada ano existirán novidades respecto de edicións pasadas, que fo-ron debatidas cos capitáns das distintas parroquias nunha reunión. Entre as no-vidades pódese destacar que no apar-tado deportivo este ano haberá catro probas polo que se dará a posibilidade de participar a xogadores de distintas disciplinas.

Tamén haberá novidades nas probas dos xogos populares, onde en anos an-teriores se introduciu o tradicional xogo de patio do brilé. Como indican dende a Área de Cultura do Concello de Alfoz, “a idea é que cada ano se poidan ir rotan-do diferentes xogos, facendo o evento máis aberto, divertido e imprevisible”.Nas Olimpíadas poderán participar to-dos os veciños das diversas parroquias de Alfoz que estean ou estiveran empa-droados ou sexan naturais do concello, ou ben que teñan parentesco en pri-meiro grao con estes.As inscricións realizaranse, a través dos capitáns de cada parroquia, na Biblio-teca Municipal, indicando nome e ape-lidos, proba na que participa e grao de relación coa parroquia.Para máis información sobre as VI Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz ponse a disposición dos participan-tes o email [email protected] e o teléfono 647570025.

Alfoz inicia o seu mes de Olimpíadas Interparroquias

Coincidindo coa aprobación do Real Decreto de convocatoria das eleccións locais, a nova Dirección Executiva de VIA ALFOZ, presidida por Efigenia Ma-seda, reuniuse o pasado 29 de marzo de 2019, para designar o cabeza de lis-ta de cara aos comicios do 26 de maio. A persoa escollida para tal cargo foi Xabier Pardiñas, que obtivo a totalida-de dos votos da Executiva.Desde a Dirección executiva de VIA in-dican que “a elección foi moi pensada e nela pesou a eficaz labor realizada durante estes catro anos ao fronte da tenencia de alcaldía do Concello de Alfoz, a pesar das limitacións que tivo polos socios de goberno en forma de falta de cooperación e atribuíndose a paternidade de todo o desenvolvido por VIA”.Na reunión da executiva, na que non se atopa o propio Xabier Pardiñas por motivos laborais, decidiuse encargar ao novo candidato a confección da lis-

ta electoral, continuando as negocia-cións que nas últimas datas se levaron a cabo con diferentes persoas a incluír na candidatura.Pardiñas, candidato nas pasadas elección pola agrupación de electo-res Veciños Independentes de Alfoz, é o actual Tenente de Alcalde do Concello de Alfoz e Concelleiro de Desenvolvemento Local. Tras coñe-cer a súa elección, asegurou que se presenta “con moita ilusión e cons-ciente da responsabilidade do en-cargo que me confían os meus com-pañeiros”. Respecto á candidatura indica que se confeccionará unha lis-ta “con xente comprometida, ilusio-nada co proxecto de VIA e preparada para gobernar”.Así mesmo, a Dirección Executiva de VIA Alfoz aprobou a presentación dun-ha candidatura Eleccións Europeas, probablemente en coalición con ou-tros partidos.

Xabier Pardiñas é designado cabeza de lista por VIA Alfoz

O Concello de Alfoz contará un ano máis, e xa son cinco, coa Ruta das Ta-pas, que terá lugar a fin de semana do 19, ao 21 de abril coincidindo coa Se-mana Santa. Esta cita está organizada polo Concello de Alfoz.A ruta desenvolverase desde o ven-res 19 de abril ata o 21. Nesta edición participarán un total de cinco estable-cementos compostos pola Cafetería Trébol, Casa Pereiras, Bar Rodolfo, Bar San Pedro e Restaurante A Naranxa.As tapas participantes son Malo será e Primavera; da Cafetería Trébol; De-licias Pereiras e Tapa Salvaxe en Casa Pereiras; Mexillóns tigre e Guiso de pulpo en Bar Rodolfo; Mexillón de primavera e Brocheta de pulpo á feira en Bar San Pedro; e Crocante de lan-gostino con guacamole e Escalope con mostaza e mel en A Naranxa.Os participantes nesta ruta entrarán no sorteo de 200 euros en vales de compra no comercio local de Alfoz.

Para optar ao sorteo, os participantes deberán selar a tarxeta de participa-ción en todos os establecementos participantes en polo menos dúas das tres xornadas da ruta. As tarxetas es-

tarán a disposición dos participantes en todos os establecementos perten-centes á ruta.Estas tapas que se poderán degustar nesta ruta serán gratuitas e serán va-loradas polos participantes, habendo un premio á mellor tapa.Ás degustacións nos locais, súmase a visita o sábado 20 ao ecomercado no que tamén se ofrecerán bocados aos visitantes.Como en anos anteriores, o sábado 20 haberá un autobús para facer o perco-rrido polos bares, animados con can-tos de taberna.Esta edición da ruta de tapas coinci-dirá na fin de semana da celebración das probas artísticas das VI Olimpia-das Interparroquiais de Alfoz, un ali-ciente máis para visitar as terras de Alfoz. Os premios entregaranse na úl-tima xornada das Olimpiadas Interpa-rroquiais que se celebrarán o próximo 27 de abril.

Unha nova ruta das tapas terá lugar en Semana Santa

O concello de Afoz ven de adherirse ó Programa de Vivendas baleiras que permitrá destinar vivendas sen habi-tantes de propiedade pública ou pri-vada ó alugueiro social por parte de familias con menor dispoñibilidade de recursos. As vivendas que se incorporen a este programa terán asegurado e sen cus-te para os propietarios un seguro multirrisco do fogar, polo que queda-rán cubertos todos aqueles danos su-fridos pola vivenda durante a vixen-

cia do arrendamento e un seguro da garantía do cobro da renda nas men-sualidades impagadas e a asistencia e defensa xurídica dos arrendadores nos procesos de desafiuzamento ou reclamacións de cantidade por im-pago de rendas. A garantía do cobro das rendas impagadas non poderá superar o período máximo de doce mensualidades. Estas coberturas se-rán efectivas durante o tempo en que as vivendas permanezan arrendadas ao abeiro deste programa.

O Concello adhírese ao programa vivendas baleiras

riotorto

O Concello de Riotorto organiza unha excursión a Porto que se desenvolve-rá os días 4 e 5 de maio. A actividade está organizada polo Concello e di-rixida a todas as persoas empadroa-das, tendo preferencia as inscritas nas actividades dos centros veciñais. A organización estableceu un límite de 50 prazas e a inscrición deberá fa-cer no teléfono 608 897 418. A excursión, que ten un prezo de cen euros, sairá ás 7:30 horas de Riotor-to con parada en Santiago ás 9:00 e chegada a Porto ao mediodía para xantar.Pola tarde haberá unha visita guiada pola cidade do Douro e unha cea nun restaurante local. Ao día seguinte está previsto un paseo en barco polo Douro e degustación de viño nas ade-gas locais. Tras comer na vila, á tarde visitarán Valença do Miño volvendo a Riotorto sobre a medianoite.

O Concello organiza unha viaxe a Porto para o mes de maio

A Feira da Artesanía do Ferro de Rio-torto, que chega este ano a súa edi-ción número XIII, terá lugar o domingo 14 de abril. Esta festa está organizada pola Asociación de Ferreiros en co-laboración co Concello de Riotorto e subvencionada pola Deputación Pro-vincial e a Xunta de Galicia. Non deixa de ser unha das celebracións de máis trancendencia en Riotorto acollendo todos os anos unha gran cantidade de visitantes que se achegan a ver traba-llar a estes artesán en directo.A organización do evento xa ten pre-parado todos os promenores dunha celebración única e fixo público o pro-grama, que arrincará o sábado pola noite, ás 22.00 horas, cunha comida popular co polbo como protagonista. A propia feira terá lugar o domingo e abrirá as súas portas ás 11.00 horas comezando xa de seguido coas de-mostracións de oficios, nas que habe-rá pirogravado, torneado de madeira, cestería, alfarería e cristal tallado.Trala presentación do libro A idade do Ferro, de Xosé Salgado, terá lugar a actuación do Coro de Riotorto, xus-to antes da inauguración, que será ás 12:15 horas. Neste acto principal par-ticiparán os representantes das distin-tas administracións xunto ao alcalde da localidade, Clemente Iglesias.A continuación terán lugar as de-mostracións en vivo da artesanía

do ferro, acto central do día e que causa unha gran atracción pola súa espectacularidade. Estas demostra-cións estarán a cargo de ferreiros de Riotorto e da Fonsagrada así como do Centro de Interpretación de la Forja (Navarra) e de Forxa Chago, de Santiago de Compostela. Estarán tamén os traballos individuais de Alberto Leis, Friedich Brasmsteidl e Antonio do Corgo.A continuación, dará comezo un obradoiro infantil do ferro a car-go do ferreiro astríaco Griedrich Brasmsteidl animado pola actuación da charanga Louband, que realizará unha animación itinerante co espec-táculo realizado por Pepe Penabade.Este mesmo espectáculo será o en-cargado de abrir, ás 16.30 horas, as actidades da tarde.Tralas novas demostracións en vivo da tarde, que darán comezo ás 17.00 horas, un espectáculo infan-til no adro da igrexa, sobre as 19.00 horas, porá o punto e final. A orga-nización lembra que haberá anima-ción musical durante todo o día cos Gaiteiros de Riotorto e a propia cha-ranga Louband.O recinto feiral estará cuberto con carpa e haberá degustación de pol-bo e outros pratos de comida.O Concello anima a todos a achegar-se a presenciar este espectáculo.

Riotorto celebrará a XIII edición da Feira do Ferro o día 14

O vindeiro 11 de maio arrincará a unha nova edición dos Cantos de Ta-berna de Riotorto. Trátase da cuarta edición do evento, no que haberá actuacións de diversos grupos. O Concello organiza esta iniciativa, que ten por costume rematar cunha gran foliada de todos os grupos par-ticipantes a partires da medianoite.Para poder inscribirse haberá que chamar ao 657010208.

Haberá Cantos de Taberna o 11 de maio

Page 26: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

actualidade26 abril 2019

lourenzá

O Executivo da Deputación aprobou en Xunta de Goberno os proxectos para mellorar 5 vías municipais no Concello de Lourenzá, así como ini-ciar a súa contratación. Son actua-cións para as que se achega un máxi-mo de 127.000 euros. As actuacións consistirán na reposición do firme dun total de 1,2 quilómetros.As actuacións de rehabilitación rea-lizaranse en 200 metros da Travesía da Mariña - Avenida Mondoñedo, tamén coñecida como o Cantón, que discorre por diante da praza principal de Lourenzá; 135 metros

da Avenida Calvo Sotelo que disco-rre por diante dun grupo de viven-das sociais e vai cara a costa da Ma-riña; 235 metros da rúa Secretario Luís Iglesias - Carlos Peregrín Otero. É a estrada que comunica co recinto da Feira de Mercado Rural Gandei-ro; 300 metros do Camiño de Ma-derne, na zona rural do Norte do Concello de Lourenzá, que dá saída cara á localidade de A Cazolga; e 400 metros no núcleo rural da Veiga de Santo Adrao, na zona Sur do mu-nicipio e que da servizo a Parroquia de San Adrao.

A Deputación aproba os proxectos para rehabilitar 5 vías municipais

Lourenzá acollerá unha concentración de scooters, motos e coches clásicos o día 18 deste mes, Xoves Santo. Esta actividade está organizada pola aso-ciación VespaFaba&Clásicos Lourenzá coa que colabora o Concello.O presidente do colectivo orga-nizador da Reunión Amigos de VespaFaba&Clásicos, Fran Rivas Dasilva, explica que “este é o cuar-to ano que se fai en Xoves Santo e nesta ocasión coincide co torneo de baloncesto, ao que virá xente de di-ferentes puntos da Península, e vai ser un aliciente moi bo mesturar o terreo do deporte cos clásicos. Enci-ma a asociación Conde Santo tamén se implica e fai unha sesión vermú e verbena á noite, na que actuará incluso a orquestra Panorama. En-tón eu creo que vai ser un día moi interesante, a ver se nos acompaña o tempo e creo que imos pasalo moi ben. Xa temos xente que vai vir de diferentes puntos de Galicia e de As-turias, en coches e motos. Ademais o ano pasado empezamos cos cole-gas de Vespa Lugo Equipo de Resca-te, que é o noso club de Vespas da provincia de Lugo, a facer as xinca-nas de scooters, e imos repetir esta actividade porque nos gustou moito, pásase moi ben coas Vespas nos obs-táculos e nun trampolín que temos, polo que é recomendable para cal-quera que queira velo. “Comeremos no Campo da Feira, que é onde fan a festa os da asociación Conde Santo”.Fran Rivas engade que “xuntamos

motos e coches clásicos e todos os que sexan afeccionados a este mundo que nos acompañen, están invitados, tanto se queren inscribir-se como se non. Se alguén quere acercarse e por calquera circunstan-cia non quere apuntarse pode estar igual con nós, non hai ningún proble-ma. E para inscribirse temos o telé-fono 689 00 80 73, ao que se pode chamar ou vía whatsapp”.Os organizadores da 4ª Reunión Ami-gos de VespaFaba&Clásicos esperan xuntar uns 50 ou 60 vehículos.A alcaldesa de Lourenzá, Rocío Ló-pez, comenta que “o Concello apoia unha vez máis, igual que noutras ocasións, esta concentración de VespaFaba&Clásicos que terá lugar o 18 de abril, coincidindo coa Semana Santa. Esta quedada traerá ó noso concello xente chegada doutras loca-lidades que virán gozar desta ponte festiva a Lourenzá. É unha Semana Santa que acollerá tamén, un ano máis, o Torneo de Basket Feminino Lourenzá en Xogo, no que participan equipos chega-dos de distintos lugares de España e Portugal. Vai ser unha ponte chea de actividades, na que tampouco faltará o toque de festa da man da orques-tra Panorama o xoves 18 deste mes, evento organizado pola comisión de festas do Conde Santo. O Concello colabora, igual que fai sempre, na organización de todas as actividades incluídas na programación da Sema-na Santa laurentina”.

A Semana Santa contará cunha concentración de vehículos clásicos

A asociación de veciños Terras de Tovar de Santo Tomé en Lourenzá celebrará o domingo 14 de abril, Domingo de Ramos, no Pavillón de Santo Tomé o xa tradicional Xantar de Confraternidade.As actividades do día comezarán coa bendición dos ramos e a cele-bración da misa ás 13:30 horas na Igrexa parroquial. Logo da celebra-ción relixiosa, ás 14:30 horas dará comezo a sesión vermú e posterior-mente, o xantar. A comida estará a cargo do Cátering Chao dos Navais,

e o menú constará de entrantes (empanada, xamón e queixo), polbo con ameixas en salsa, costela asada con guarnición, doce e tarta xeada e café e chupito.Rematará a xornada cun baile ame-nizado polo dúo Epo-KO prezo por persoa será de 25 euros para os so-cios e de 28 euros para os non socios, sendo gratuito o Xantar de Confrater-nidade para os nenos de ata 11 anos. As tarxetas estarán dispoñibles para a súa compra no Hostal Baos e en Casa Gayoso ata o 10 de abril.

Xantar de confraternidade o Domingo de Ramos na parroquia de Santo Tomé

As festas da Nosa Señora da O en Ca-nedo, Lourenzá celebraranse o terceiro fin de semana de maio, os días 17, 18 e 19. O venres haberá verbena, que dará comezo cunha pulpada e churrascada servida polo Catering Rochela e ame-nizada polas orquestras Claxxon e New York.O sábado haberá misa solemne segui-da de procesión e sesión vermú coa orquestra Palladium. Pola noite habe-rá verbena tamén coa Palladium á que acompañará o grupo Tekila.Este último será o encargado de dar fin ás celebracións da Nosa Señora da O o domingo 19 de maio cunha sesión vermú que terá lugar despois da misa solemne e a procesión. Tódolos actos se celebrarán baixo carpa para prever as inclemencias do tempo que se pui-deran presentar.

As festas da Nosa Señora da O celebraranse do 17 ao 19 de maio

trabada

O vicepresidente de relacións insti-tucionais e área social da Federación Galega de Atletismo, Jesús Vázquez, precisou que “hai un proxecto técnico elaborado na Voltiña, zona de con-fluencia entre Mondoñedo e Louren-zá“. Nesta zona o Concello de Lourenzá ofreceu terreos e un estudo económico para unha instalación deportiva e Váz-quez sinala que “os dous gobernos lo-cais mostraron moi boa predisposición e toca valorar o financiamento que poida chegar doutras administracións”.

Buscan axudas para un proxecto deportivo na Voltiña

A asociación de sendeirismo Trabada, paso a paso continúa co seu perco-rrido polo Camiño Norte de Santiago que están a realizar por etapas todos os domingos dos meses de marzo, abril e maio. Este percorrido iniciouse o 3 de marzo co tramo desde Abres á Cadeira e xa pasou por Mondoñedo, Gontán e Vilalba.No mes de abril, tocará en primeiro lugar a etapa de Vilalba a Baamonde, para continuar o 14 de abril coa de Ba-amonde a Friol. No seguinte domingo, que coincide con Semana Santa, será a de Friol a Sobrado e finalizarán o mes coa de Sobrado a Arzúa.No mes de maio continuarán coas dúas últimas etapas. O 12 de maio to-cará a de Arzúa ao Pedrouzo e xa por último a do Pedrouzo a Santiago para o día 19 de maio.

Continúan as etapas do Camiño Norte organizadas pola asociación Trabada, paso a paso

O Concello de Trabada prepara para o 5 de maio a festa da Enfa-riñada, onde se poderá degustar este tradicional prato a partir das 12 horas na praza do Concello. Esta festa está adicada ao prato tradicional trabadense elaborado con torreznos, ovos, fariña e auga.Celebran esta cita coa finalidade de dar a coñecer e atraer visitan-tes a degustar o prato típico de Trabada. O evento dará comezo sobre as 12 horas, e contará con varios postos de artesanía e cunha demonstra-ción de cestaría.A partir do medio día poderase

degustar a enfariñada, tal e como facían as nosas avoas, lentamente e co cariño das cociñeiras de Traba-da. Aínda non se coñece o progra-ma das festas, pero os habituais xa están preparando as súas axendas para non faltar a este evento.

A Enfariñada remata a programación cultural do semestre

O desfile do Entroido de Trabada pe-chou a tempada desta celebración na Mariña repartindo 3.000 euros en pre-mios. Os premiados nesta edición fo-ron na categoría de socios Zipi y Zape; na categoría infantil o primeiro premio foi para Mil y una noches, seguido de Pio, pio naceu o poliño e Nereonas. Na categoría individual gañou La Fiera, seguido de Zombie e El rey del hielo. En parellas o primeiro premio foi para Embaixadores da Antártida, seguido de Volando Voy e Como entrenar a mi dragón. Nos grupos os mellores disfra-ces foron os de Os Estacionarios, Os de Barres e Volando Voy.Na categoría de charangas os premia-dos foron Mucha en Grease, De Quen Ves Sendo e La Banda de Pancho Villa. Por último, na categoría das carrozas o primeiro premio foi para Os Revoltosos con KingKong, Tanto me tén e a Arca de Noé; e nas comparsas os mellores foron Folixa, Habelas Hainas e Choca.

Éxito no desfile de Entroido

Page 27: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

abril 2019actualidade 27

Servizos Sociais de Ourol convoca esta-días de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas. Son ata un máximo de 90 prazas para mulleres con fillas ou fillos ao seu cargo, residentes en Galicia. As es-tadías terán unha duración de entre 7 e 10 días, en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais de xuño e principios de xullo. Os gastos de aloxa-mento, en réxime de pensión completa, traslado de ida e volta desde o concello de residencia, equipo de monitoras e ac-tividades complementarias serán gratuí-tos para as persoas beneficiarias.Para asistir ao programa, as mulleres irán acompañadas dos seus fillos menores ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo e con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos, ambos inclusive, na data de presentación da solicitude. O prazo de solicitud remta o 2 de maio.

Convocadas estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourol, adxudicou as obras dunha nova instalación eléctrica no centro social de Bravos por case 12.000 euros. Con esta obra, trátase de emendar os defectos detectados pola empresa distribuidora Begasa, polo que os traballos previsi-blemente comezarán este mes de abril. Dende o Concello apostase, para que os centros públicos, teñan unhas instala-cións dignas, e cumpran coa normativa vixente. A Corporación municipal, con-tinuará, desta maneira, co seu plan de mellora dos barrios e das infraestrutu-

ras, atendendo as necesidades, que lles transmiten os veciños e veciñas.A Xunta de Goberno Local do Concello, adxudicou as obras dunha nova instala-ción eléctrica no centro social de Merille por case 7.000,00 euros. Esta mellora, únese a outras que se levaron a cabo nos últimos meses, como foron a substitu-ción completa da cuberta, a reforma dos aseos, a colocación dunha fosa séptica e a eliminación de parte do talude traseiro do edificio, por importe de case 90.000 euros. Con esta inversión esperase mello-rar a rede eléctrica do centro, dentro da

aposta clara de que os centros públicos do Concello, teñan unhas instalacións dignas. A Corporación municipal, conti-nuará, de esta maneira, co seu plan de mellora dos barrios e das infraestruturas, atendendo as necesidades que lles trans-miten os veciños e veciñas.O Concello, adxudicou as obras de subs-titución dos caleiros, que rodean todo o edificio do Centro Social do Sisto, mailas baixantes, xa que observaron que esta-ban podres e picados, repercutindo no interior do edificio. Esta actuación era necesaria para os usuarios do centro.

O Concello adxudica obras no centro social de Bravos por 12.000 euros

ourol

Edificio multiusos. O Goberno local do Concello de Ourol, vén de acordar, co construtor do edificio Multiusos, levar a cabo as obras de eliminación das filtracións de agua, existentes actualmente na cuberta do edificio, sen custe para as arcas mu-nicipais. Trátase dunha obra importante e demandada en distintas ocasións polas veciñas e veciños, que ven obrigada por un erro construtivo.

o valadouro

O BNG do Valadouro presentou unha monción no Concello sobre a recolli-da do testamento vital no Hospital da Mariña. O grupo municipal solicita da Consellaría de Sanidade que redoble os esforzos de divulgación da existencia desta posibilidade de manifestar a últi-ma vontade de cara a ter unha morte digna a través da sinatura do documen-to de instrucións previas.Ademais, solicitan tamén que habilite unha Unidade do Rexistro Galego de Instrucións Previas no Hospital da Ma-riña a fin de facilitar a entrega deste do-cumento para equiparar a área sanitaria con calquera outra do país no referido ao tema do testamento vital. Desde xuño de 2015, a lexislación galega regula os derei-

tos e garantías da dignidade das persoas enfermas terminais. Para que esta situa-ción, caso de non poder ser afrontada en plena consciencia, os profesionais sani-tarios deben ter o suficiente apoio legal, a suficiente formación e os intrumentos legais que lles permitan respectar as últi-mas vontades.É por iso que cómpre coñecer que o que o desexe poida deixar expresadas as úl-timas vontades a través dun testamento vital no que, ademais de indicar que non desexe prolongar innecesariamente a súa vida para evitar sufrir inutilmente, tamén poida facer referencia á posible doazón de órganos, etc., sempre, claro, respectando a propia autonomía e os valores de cada persoa.

O testamento vital é a única garantía que ten unha persoa de que os seus úl-timos desexos ante unha enfermidade terminal sexan cumpridos. A importan-cia deste documento radica no feito de que é o único medio de garantir o des-tino final dos órganos dunha persoa, posto que a posesión dunha tarxeta de donante deixa en mans dos familia-res a decisión ante un falecemento. A maiores, é un documento totalmente aberto xa que os firmantes poden en-gadir todo o que desexen, a condición de que as súas propostas non sexan contrarias á lei vixente. Ata poden facer constar supostos futuros, como que se lles aplique a eutanasia no caso de que sexa aprobada.

O BNG reclama á Xunta atención sobre o testamento vital

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Alcalde do Valadouro, Ed-mundo Maseda Maseda, mantiveron un encontro cos 40 arqueiros que, grazas ao club de tiro con arco Castelarco, partici-pan no curso de Monitor de Tiro con Arco no ámbito autonómico da Comunidade de Galicia. O curso consta de 26 horas de formación presencial, práctica e teórica e é necesario para poder exercer como instrutor infantil.Esta formación, realizarase durante este último fin de semana de marzo e o pri-meiro de abril, os participantes deben de ter cumprido a maioría de idade e levar federados un mínimo de dous anos.Rivera Capón explicou que “o deporte cada vez require unha maior tecnifica-ción, e a formación constante é o mellor

medio para que os clubs poidan mellorar. Ademais, desde a o Goberno da Deputa-ción apostamos por que todos os veciños da provincia poidan acceder a práctica deportiva de calidade e con variedade para atender aos seus intereses e esta formación forma parte deste compro-miso”.Castelarco leva desde 2007 anos fomen-tando a práctica do tiro con arco, na ac-tualidade, preto de 20 arqueiros partici-pan no club: “ao obter este título teñen a posibilidade de crear escolas deportivas para que os máis pequenos tamén poi-dan achegarse a este deporte como par-te da súa formación integral, pois serve, ensinándolles a importancia da concen-tración e a paciencia entre outros valo-res” asegurou Rivera Capón.

A Deputación forma a 40 arqueiros como monitores

O deputado de Deportes, nunha visita ao curso

No Mercado Tradicional de Primavera do concello do Valadouro os veciños e visitantes caracterizanse con roupa tradicional, como as zocas, unha sinal de identidade deste sinalado merca-do, e rememoran o pasado labrego da vila. Nesta ocasión celebraron o 125 aniversaario da declaración de vila.Unha das actividades máis remarca-bles do Mercado é o desfile-concurso tradicional, do que hai 13 categorías, dos que resultaron gañadores nas ca-tegorías masculinas, Oscar Veiga en

zoco, Pedro Balseiro en zoca, Antonio Cuba en indumentaria; nas categorías femininas, Miriam Vivero en zoco, Cristina Fernandez en zoca, María José Santos en vestimenta. Nas cate-gorías infantís, por unha banda as dos nenos, nas Mateo Vázquez gañou na categoría de zocas e de vestimenta tradicional; e as das nenas, nas que do apartado de zocos a gañadora foi Lola Rodríguez, Safira Maseda en zo-cas e Valeria Balseiro en vestimenta tradicional.

Concedidos os premios do desfile tradicional do Mercado de Primavera

Celebración do Mercado de Primavera de 2019

Page 28: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

actualidade28 abril 2019

xove

O próximo 18 de abril, Xoves Santo, a partir das 12:00 horas nos locais de hostalaría de Xove poderase de-gustar o polbo preparado en varias especialidades: á feira, en empana-da, ao alliño, á brasa, en vinagreta, con queixo de San Simón, á mari-ñeira, con mollo de allo, en pizza, ou revolcón.A ración ronda os 10 euros aínda que hai especialidades que poderán custar menos ou máis desta canti-dade.Dende o día 2 e ata o 28 de abril permanecerá aberta en horario de 10:00 a 21:00 horas na Sala de Exposicións do Salón de Actos do Concello de Xove unha mostra que aborda a vida e o ecosistema deste cefalópodo.O xoves 18 ás 12:00 horas as máis pequenas e pequenos da casa po-derán asistir ao espectáculo de monicreques Ariadna da compa-ñía ‘Mircromina Teatro de Títeres’, unha compañía que dirixe as súas actuacións ao público infantil e fa-miliar, apelando ao humor, á inteli-xencia e á consciencia, creada por Ton Arenas en Mondoñedo.

Tamén visitarán a exposición de O Polbo e o seu Ecosistema a través dun obradoiro no que realizarán un cefalópodo con diferentes ma-teriais.A XVIII Festa do Polbo da Pedra de Xove enmárcase dentro do proxecto Construir o Futuro de Xove Miran-do ao Mar financiado polo Galp

Mariña-Ortegal, que organizará ta-mén este ano a Festa do Percebe, as Xornadas Gastronómicas e o Tapeo do Mar e as Visitas Guiadas en Em-barcación á Illa de Ansarón.Trátase dun proxecto impulsado desde o Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Con-cello de Xove e promovido por 3 entidades: unha do Sector Público, o propio Concello de Xove, unha do Sector Social, Asociación a Medo-rra, e unha do Sector Económico, a ACIAM.Ten como principais obxectivos dinamizar turística, social e eco-nomicamente Xove e a zona da Mariña-Ortegal, dar a coñecer os produtos do mar procedentes da zona Mariña-Ortegal, aumentando o seu valor engadido e potenciando o seu consumo, logrando que isto poida repercutir nun aumento do valor económico dos produtos pes-queiros e dotar ao sector hostaleiro de Xove das ferramentas necesarias para desenvolver os elementos di-ferenciadores que lles permitan ser máis competitivos, fomentando así o crecemento económico.

A IV Romaxe Viquinga do Vicedo terá lugar o 27 de xullo na praia de Area Grande de San Román como principal escenario. Malia non haber aínda pro-grama, a tarde do venres celébrase na Casa dá Cultura o pregón. Tras el, habe-rá unha serie de charlas sobre o asen-tamento de Os Moutillós, os costumes viquingos e as novidades nas prospec-cións arqueolóxicas. Noutras ocasión proponse un evento gastronómico rela-cionado coa Romaxe acompañado polo despregue de pasacalles, exhibicións e actividades recreativas das agrupacións viquingas que acoden á celebración desde diferentes puntos de Galicia e España.O sábado, xa na praia de Area Grande, a media mañá producirase o tradicional desembarco viquingo, unha recreación na que participa unha pequena em-barcación Normanda que trae a Olaf

Haraldsson I surcando as augas ata che-gar a Os Castelos para conquistar estas terras, o que non será un obxectivo fá-cil pois a poboación castrexa opoñerá resistencia. Este espectáculo soe estar acompañado por actuacións musicais teatralizadas. Paralelamente tamén hai campamentos viquingos onde se re-crearán oficios e costumes da época coa colaboración de asociacións de recrea-ción histórica. Outros anos amenizouse a xornada con diferentes actividades de elaboración de runas nórdicas, traballos en madeira e coiro, pintacaras, forxa de armas e ferramentas e diferentes pro-postas gastronómicas.Tamén soe haber combates, xustas e charlas explicativas sobre costumes e usos viquingo ata a caída do sol, mo-mento no que un espectáculo de mú-sica, lume e luz poñerá o broche á ce-lebración.

A Romaxe Viquinga será o 26 e 27 de xullo

O concello de Xove ten coñecemento de que existen tanto no núcleo urbano coma en diversos núcleos rurais do ter-mo municipal, parcelas que inclumpren o establecido na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e as súas modificacións posteriores, no relativo á xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas.A alcaldía recórdalle a todos os propie-tarios e propietarias de parcelas que

non están cumprindo a normativa exis-tente, que teñen a obriga de xestionar a biomasa vexetal (franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, núcleo rural e urbanizable, así como arredor de edifi-cacións e vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras, parques e instalacións industriais), inclui-da, se fora precisa, a retirada de especies arbóreas prohibidas (eucaliptos, piñeiros, acacias...), antes de que remate o mes de maio do presente ano.

Lembran a obriga de cumprir coa prevención de incendios

O Departamento de investigación social de Xove organiza unha xor-nada de conferencias sobre o pa-trimonio subacuático do concello.Xove conta cun patrimonio suba-cuático de enorme importancia, co pecio documentado máis antigo de Galicia, o Honor, afundido nas costas do municipio no ano 1544. Os relatorios comezarán ás 17:30 horas, co nomeado Os naufra-xios na costa de Xove, seguirao ás 18:20 horas Honor: o pecio máis antigo de Galicia, afundido en Lago no 1544.Continuará o relatorio ás 19:25 horas coa charla As pezas do pecio de Lago e a súa conservación, un conxunto extraordinario de peltres de orixe flamenga, que evidencian o comercio dunha mercadoría de

gran calidade e alto prezo na me-tade do século XVI, que analizara-se con Diana Blanco Patiño, exper-ta en restauración e conservación.Finalizará coa última disertación ás 20:10 horas, Espolio: os peri-gos do patrimonio somerxido, un grande problema que lle afecta ao patrimonio subacuático de todo o estado.Por este motivo, dende o Depar-tamento de Investigación Social do Concello de Xove, convidaron a prestixiosos profesionais da Ar-queoloxía Náutica e Subacuática, da Conservación, e da Función Pú-blica, para impartir os relatorios desta Xornada, con entrada libre e gratuíta para todos aqueles intere-sados na materia.

Unha charla falará sobre os naufraxios nas costas xovenses

A XVIII Festa do Polbo da Pedra celebrarase o Xoves Santo

Xa está aberto dende o día 25 de marzo o prazo para efectuar as solicitudes de praza de novo ingreso na Escola Infantil de Xove para o curso 2019/2020, que permanecerá activo ata o día 26 de abril. Xunto ao modelo de solicitude facilitado no Departamento de Servizos Sociais, de-berase presentar documentación acredi-tativa da situación familiar, da situación laboral ou de cursar estudos oficiais e tamén documentación acreditativa da situación económica. No caso de nenos con discapacidade ou necesidades edu-cativas especiais, serán precisos informes do Equipo de Valoración e Orientación das Xefaturas Territoriais da Consellería competente na materia ou da Unidade de Atención Temperá segundo proceda.Se non se está censado no concello onde estea a escola, pero algún dos proxenitores ou representante legal da crianza teñan os seus postos de traballo no municipio en que se localice aquela, achegarase o certificado da empresa

ou da institución correspondente, e de estar censado nun concello limítrofe a aquel onde radique a escola, certificado de empadroamento do concello do que procede.Se algún membro da unidade familiar está afectado de discapacidade física, psí-quica ou sensorial, ou enfermidade que requira de internamento periódico ou padeza enfermidades crónicas ou outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar tamén se deberá pre-sentar a certificación correspondente.Haberá que entregar tamén outros documentos que se consideren ne-cesarios, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais sus-ceptibles de puntuación no baremo. Informe dos Servizos Sociais do Con-cello ou da administración autonómica nos supostos de que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou pola situación especial en que viva a unidade familiar.

Xa se pode solicitar praza na escola infantil municipal

o vicedo

O Concello do Vicedo amañará a estra-da da praia de Abrela, con un encargo á empresa Carferlo, onde as raíces das árbores orixinan elevacións na estrada e que ocasionaron danos a un vehículo.Desde o Concello din que descoñecían a titularidade de dita estrada, e pensa-ban que pertencía a Deputación como o resto do vial. Tamén aclarán que a pintura que hai no chán é spray flúor que pintou a Garda Civil ao vir facer o atestado dun accidente.Xa son varias as elevacións que pre-senta o vial pero tan só se ve como perigo grave o que hai na curva xa que para esquivala hai que invadir o carril contrario, polo que se pode ocasionar un accidente. Con todo isto, desde o Concello encargaron a Carferlo o seu arranxo e engade que este non é o úni-co acceso para ir ao Fuciño do Porco.

XUBILADOS. Portos de Galicia fará realidade a promesa que lle fixo aos xubilados mariñeiros que cada día se reúnen no peirao do Vicedo para com-partir vivencias. Ao fin conseguiron que lles instalasen unha marquesina que lles librará de estar sentados a in-temperie.Xa se asinou a acta de reformulo e, de non haber imprevistos, nestes días xa terán onde cobixarse. Non haberá máis reunións á intemperie para eses vete-ráns que a diario se reúnen no porto do Vicedo.

O Concello amañará a estrada da praia de Abrela

Page 29: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

abril 2019actualidade 29

O presidente da Deputación, Darío Cam-pos Conde, e os alcaldes da Fonsagrada, Pol, Ribadeo, Trabada, Pedrafita do Ce-breiro e Ribas de Sil denunciaron conxun-tamente este xoves que “o Partido Popu-lar non quere que abran as residencias” e “está a empregar fondos públicos para tentar paralizalas de xeito inmediato, posto que presentou recursos contencio-sos nos que reclaman medidas cautela-res en contra dos centros, cargando isto ás arcas de Suplusa. Por moito que lle pese ao PP, imos a seguir coa nosa folla de ruta e co noso traballo para abrir en-tre abril e maio as primeiras residencias”.“Sempre que a xustiza non diga o con-trario, autorizando ditas medidas caute-lares, en abril e maio poderán abrir os centros de maiores de Trabada, Ribadeo, Pol e A Fonsagrada. Pois xa arrancaron os procesos de solicitude das prazas das residencias de Trabada e Ribadeo que precisamente están a desenvolver os tra-balladores sociais da Deputación recen-temente contratados para os centros de maiores xunto aos dos concellos. A día de hoxe, a residencia de Trabada conta con 10 posibles usuarios e a de Ribadeo con 16”, explicou.Trabada e Ribadeo conta coas presta-cións de limpeza, cociña e asistencia básica contratadas. Tamén aprobarase a compra de sábanas, toallas, babeiros…é dicir, todo o material de lencería que se require. Ademais de traballadores so-ciais, a Deputación conta con psicólogos e ATS para as residencias. A vindeira se-mana, terán lugar os procesos de selec-ción pública de terapeutas ocupacionais e fisioterapeutas, e rematarán os de administrativo, tendo deste xeito todo o persoal público da Deputación necesario para o funcionamento dos centros. Están os convenios, regulamentos e ordenan-zas, así como os PIA das residencias de Trabada, Pol e Ribadeo. Agárdase que a Xunta conceda o da Fonsagrada. “Se todo transcorre con normalidade, é dicir, se as intencións do PP fracasan e non se admiten as medidas cautelares, non hai problemas relativos ás contra-

tacións que estamos a facer e a Xunta nos conceden o PIA da Fonsagrada, poderíamos abrir estes 4 centros entre abril e maio con 200 prazas de residen-cia e centro de día, facendo realidade un proxecto pioneiro, pois institucións locais poríamos a disposición dos nosos maiores servizos públicos de residencia e centro de día nas súas localidades ou Comarcas, con prioridade de acceso para lucenses e con prezos en base a súa ca-pacidade económica para que todos, con independencia da súa situación, poidan contar con estas prestacións sociais”, ex-plicou Campos Conde.Presidente e alcaldes explicaron que “o Partido Popular, facendo uso da súa maioría absoluta no Consello de Admi-nistración de Suplusa, a que lle outorgan os deputados e tamén alcaldes do PP en Mondoñedo, Begonte, Outeiro de Rei, Guntín, ademais do alcaldable popular en Sarria, autorizo a presentación do pri-meiro recurso contencioso administrati-vo, pedindo a paralización inmediata das residencias de Pol e A Fonsagrada. Che-garán novos contenciosos, posto que o Partido Popular xa aprobou presentalos tamén contra a apertura das residencias de Trabada e Ribadeo e as obras de cons-trución da de Guitiriz, que imos a poñer en marcha seguidamente logo de contra-talas o pasado venres. Previsiblemente, farán o mesmo coas residencias de Pe-

drafita do Cebreiro, Ribas de Sil, Meira e Navia de Suarna, posto que xa reclama-mos a Suplusa, é dicir, ao Partido Popular que ten a maioría absoluta neste organis-mo no que unha soa persoa nada pode facer, que as entrega á Deputación para poder poñelas en marcha respectando a autonomía dos concellos”. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, destacou que “vexo que os con-celleiros do PP en Ribadeo votan que si unanimemente a todos os acordos so-bre a residencia para xestionala dunha maneira conveniente e baixo amparo legal e logo vexo como persoas do PP na Deputación pretenden desmontar todo isto. É unha total incongruencia. En Riba-deo máis aínda cando a residencia nunca tivo que ver con Suplusa e agora acordan isto. Non teñen lexitimidade. Parece que lles doa que o poder local entre conce-llos e Deputación saquemos adiante sen axuda ningunha da Xunta este pioneiro proxecto”.A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, explicou que “dentro dunhas semanas vai aflorar todo o traballo que fixemos durante todo este mandato den-de a Deputación e os concellos: acabar as obras, equipar as residencias, tramitar PIA, elaborar ordenanzas, regulamen-tos… todo o que nos vai a permitir ofre-cer un bo servizo e con garantías para os nosos maiores”.

Alcaldes da provincia culpan ao PP de non abrir as residencias

DEPUTACIÓN

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou que o Gober-no Provincial levou unha proposta ao Pleno para incrementar en 1,6 millóns os investimentos do Orzamento de 2019 na provincia mediante a incorpo-ración de remanentes. A proposta, aprobada na sesión plena-ria só cos votos dos deputados do PSOE, supón 100.000 euros para reeditar o Plan de Recuperación de Terras Aban-donadas e 1,5 millóns para mellorar servizos públicos nos concellos en base ás súas necesidades.Campos Conde explicou que “o Plan de Recuperación de Terras Abandonadas foi todo un éxito, pois máis de 350 gan-deiros da provincia recibiron axudas das anteriores convocatorias desta progra-mación e puxeron en produción 2.000 hectáreas que estaban baldías. Os 100.000 euros que destinamos agora permitirán recuperar outras 200 hectá-reas, poñendo en valor o noso territorio

e contribuíndo á actividade gandeira”.Sobre os 1,5 millóns de euros de trans-ferencias aos concellos, o presidente apuntou que, ao igual que se fixo cos remanentes de 2018, estes fondos des-tinaranse á mellora de servizos públicos nos municipios, atendendo ás necesi-dades trasladadas, “que son moitas e que xa nos gustaría poder atendelas a todas”. A única determinada ata o mo-mento é o arranxo do campo de fútbol Pepe Barrera de Ribadeo.O destino destes fondos apróbanse en Xunta de Goberno, unha información que é pública e está a disposición de todos os interesados nunha ligazón específica en www.deputacionlugo.gal. Tal e como se pode comprobar, os remanentes do ano pasado destináron-se a melloras diversas en distintos con-cellos como por exemplo en Guitiriz, onde se melloraron os servizos de auga e alumeado no polígono, entre outras actuacións.

Incrementan en 1,6 millóns os investimentos do Orzamento de 2019

O presidente da Deputación e os alcaldes implicados

A sesión ordinaria do Consello Provincial de Turismo aprobou as bases do novo premio Lugo Cambia, enmarcado dentro do Plan Estratéxico de Turismo, que cons-tará de dúas modalidades; ao turismo e á gastronomía lucense. Con estes galar-dóns, que se convocarán o vindeiro ano, recoñecerase o traballo de persoas, enti-dades ou institucións a prol do fomento da promoción turística da provincia, así como actuacións innovadoras na gastro-nomía lucense.Presentouse o proxecto de implantación de sinalización intelixente a través dun-ha APP de tódolos recursos turísticos da provincia, que xa esta a punto de adxudi-carse. No que se refire à posta en valor dos nosos recursos, participouse en Fitur en colaboración co APEHL, na revista “E para comer Lugo”, realizouse un curso de enoturismo, participouse nas xornadas Estase Cocendo, e impulsouse o micotu-rismo e turismo científico no xeodestino Ancares-Courel.Ademais, o Executivo Provincial conti-núa coa súa programación de impulso ás candidaturas do Xeoparque Mundial

da Unesco de Montañas do Courel e a da Ribeira Sacra. Tamén se puxo en marcha a web de tu-rismo da Deputación, realizáronse folle-tos informativos sobre os xeodestinos e a gastronomía da provincia. E impul-sáronse as redes sociais coa celebración e promoción de eventos turísticos, gas-tronómicos e culturais. E definiuse unha nova estratexia de comunicación en re-des sociais, a través de facebook, tuiter, instagram e youtube, así como a creación dun calendario de eventos da provincia.A maiores, o Goberno da Deputación da man dos 67 Concellos da provincia, participou nas feiras e eventos turísti-cos máis relevantes do panorama tu-rístico, tanto nacionais como autonó-micas. Concretamente estivo presente en Fitur; no Salón Internacional de Gastronomía e Turismo- Xantar en Ou-rense; no Festival Marítimo de Pasaia e no Fairway, III Forum do Camiño de Santiago. E tamén está prevista a par-ticipación en Expo-cidades en Braga, Expo-vacacións en Barakaldo e Terma-talia en Ourense.

O Consello de Turismo aproba os premios Lugo Cambia ao turismo e á gastronomía

A Deputada de Cultura, Pilar García Por-to, presentou no Centrad os 9 cursos de iniciación de artesanía, que comezan dende abril ata novembro, e que ofrece o Goberno da Deputación con 72 prazas dispoñibles. Coiro, xoiería, vimbio, foto-grafía artesanal, tapizaría, bordados de traxes tradicionais, son algúns dos cursos que se impartirán no Centrad e na aula do Centro de Cestería do Río Rato, cun total de 488 horas.Esta convocatoria está aberta ao público en xeral, é convertese nunha oportunida-de única para achegarse e coñecer oficios

tradicionais como cestería, coiro e tapiza-ría, ou descubrir outros máis innovado-res como xoiería ou fotografía. No mes de abril comezan os cursos de cestería tradicional galega, complementos en coi-ro para preparar pezas para o Arde Lucus e tamén un Obradoiro de reprodución de refaixos bordados que imparte Traxadai-na. No mes de maio tamén haberá tres cursos de xoiería técnicas básicas, ela-boración de pezas en fibra de roten e un curso de iniciación á tapizaría. No mes de xuño a programación inclúe dous cursos, un de elaboración de figuras con vimbio

e un curso de fotografía artesanal. E por último no mes de outubro un curso de xoeira creativa. Os interesados deben inscribirse a través da web da Deputa-ción, onde haberá un banner habilitado, e onde se indica a matrícula a pagar en cada curso. Para consultar ou recibir información sobre esta programación esta dispoñible o teléfono 982 21 00 66. Os participantes nestes obradoiros deberán indicar os seguintes datos; nome e apelidos, teléfono de contacto e indicar en cal das programacións quere participar.

Os novos cursos de iniciación á artesanía comezarán en abril

Page 30: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

actualidade30 abril 2019

DEPORTES

A Casa de Galicia, en Madrid, acolleu a presentación da IX Carreira de Montes de Viveiro Camovi 2019, que terá lugar o vindeiro 27 de abril no municipio da Ma-riña Lucense, co apoio da Deputación e do municipio viveirense.Concello e Deputación achegan 8.000 euros para a celebración deste evento deportivo, que se ten convertido no referente das carreiras por montaña de Galicia e que reunirá, na súa nove-na edición, a preto dun millar de par-ticipantes. En total haberá 6 probas, con diferentes percorridos, adaptados a todos os públicos e idades.A alcaldesa de Viveiro, María Lourei-ro García, explicou que “estamos moi satisfeitos de poder estar hoxe aquí, en Madrid, e concretamente nesta Casa de Galicia, para presentar un dos eventos deportivos máis des-tacados do noso concello. Debido ao éxito que ten acadado a Camovi, decidimos, por primeira vez, facer a presentación fóra de Galicia e esco-llemos este escenario para que acade a maior proxección posible. Quere-mos que nesta novena edición veña a participar e a coñecer o espectacu-lar entorno de Viveiro xente de toda España, pois estamos seguros de que quedarán con ganas de repetir”.A Carreira de Montes de Viveiro con-tará con 6 probas aptas para todas as idades: C42k (42 quilómetros), C21K (21 quilómetros), C10K (10 quilóme-tros), C45 relevos (45 quilómetros por equipos), CamoviKids e unha an-

daina popular de 11 quilómetros. O prezo da andaina é de 5 euros, que serán doados á Asociación Española Contra o Cancro.A CamoviKids contará con tres probas en función da idade dos nenos: de 0 a 6 anos (200 metros); de 7 a 10 anos (390 metros), e de 11 a 15 anos (550 metros) con diferentes desniveis. Sai-rán a partir das 11:00 horas da Praza Maior de Viveiro.Os interesados poden atopar toda a información na web www.camovi.org e as inscricións xa están abertas en www.championchipnorte.com, a falta dun mes para a cita, xa hai máis de 200 inscritos.Previamente á celebración das pro-bas deportivas da Camovi, nos últimos meses tiveron lugar 3 adestramentos solidarios, non competitivos, para que os participantes poidan coñecer os per-

corridos desta carreira polos Montes de Viveiro. Os fondos recadados coas ins-cricións teñen unha finalidade benéfica, pois serán entregados integramente á Asociación Española Contra o Cancro de Lugo para o desenvolvemento da súa importante labor social.No primeiro adestramento realizado o 20 de xaneiro, os participantes saíron da Praza Maior de Viveiro regresando ao mesmo sitio percorrendo 15 quiló-metros. O 10 de febreiro, tivo lugar o segundo con saída tamén desde Viveiro e chegando a Feira de Galdo despois de percorrer 11 quilómetros. O terceiro, o 3 de marzo, con saída de Feira de Galdo cara a Viveiro o recorrido foi de 13 qui-lómetros. O 14 de abril, xa previo á ce-lebración deste evento deportivo, será o derradeiro adestramentos solidario cun percorrido entre Naseiro e Viveiro de 21 quilómetros.

A Camovi reunirá en Viveiro a preto dun millar de persoas

O deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto co presidente da Federa-ción Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea García, e o Delegado Provincial da Federación, Martín Carballo Méndez, presentaron a IX Liga Provincial de Pi-ragüismo, que terá lugar en Lugo, San Cibrao, Ribadeo, Viveiro e Foz, posto que cada regata estará organizada por un dos seis clubs participantes na Liga.Esta novena edición comezará o día 1 de maio, coa regata organizada polo Club de Piragüismo Cidade de Lugo e rematará en Foz o 7 de setembro coa proba organizada polo Club Kayak. En cada cita competirán máis de 200 pa-dexeiros de todas as categorías, desde prebenxamíns a veteráns nas moda-lidades individuais de Kayak e Canoa

(K-1 e C-1) tanto femininas como mas-culinas.As regatas disputaranse con tres dis-tancias, adaptándose ás categorías, así os prebenxamíns, benxamíns e alevíns percorrerán 1.500 metros, a proba de infantil terá 3.000 metros e o resto das categorías (cadete, xuvenil, sénior e ve-terano) realizarán unha proba de 5.000 metros. Tralas regatas do 1 de maio e 16 de xuño en Lugo, o 23 dese mesmo mes as probras chegarán a San Cibrao or-ganizadas polo CD San Ciprián. O 13 de xullo estarán a cargo do CP Altruán. O 18 de agosto será a quenda de Viveiro e o Club Piragüismo Viveiro e o remata-rán o 7 de setembro en Foz a cargo do Club Kayak Foz.

Foz, Viveiro e San Cibrao acollerán a Liga de Piragüismo

O CD Alfoz conseguiu o ascenso a Se-gunda Autonómica tralo remate da Liga en Terceira. O conxunto mariñao logra o cambio de categoría tras finalizar como líder do grupo Norte por diante do Muimenta, que malia ascender, tamén perdeu o primeiro posto da táboa en favor do Alfoz tras liderala case toda a tempada.O Alfoz retorna a Segunda tras un ano nesta categoría e tras unha gran tem-pada na que sumou 16 vitorias, tres empates e tres derrotas. O conxunto puido festexar o ascenso unha semana antes de rematar a Liga.Outro equipo mariñao, o Celta Barreiros, fíxose coa última praza dispoñible para disputar os play off de Terceira Autonómica do grupo Norte tras derrotar pola mínima e tras un intenso e igualado partido ao Rioaveso (3-2).O Celta foi o primeiro en adiantarse no marcador pero o Riaveso non o deixou ir en ningún momento. Finalmente o gol de Aaron foi o que lle valeu o pase. Catro Roldas, Milagrosa e Matela disputarán ao equipo da costa un posto máis para Se-gunda. En Segunda, o Folgueiro conserva unha semana máis o liderado do grupo

Norte a falta de catro xornadas para o remate da Liga e agarda poder festexar o antes posible o paso a Primeira. A outra das prazas de ascenso é neste momento para o Lourenzá, que se impuxo no Viñas da Veiga ao Mondoñedo. Os equipos mariñaos na categoría con-tinúan en postos de seguridade, como é o caso do propio Mondoñedo, Iberia

e Candelaria. O Valadouro, pola súa conta, deberá impoñerse nos próxi-mo encontros para evitar o descenso. En Primeira Autonómica Burela, Xove Lago e Riotorto teñen xa asegurada practicamente a súa continuidade na categoría mentres que o Pontenova é xa equipo descendido e mentres que San Cibrao está na corda frouxa.

O CD Alfoz ascende a Segunda

Celabración do Alfoz tralo encontro que lle deu o ascenso

O deputado de Deportes, Pablo Rive-ra Capón, o concelleiro de Deportes de Lugo, Miguel Fernández Méndez, o xefe provincial de Deportes, Ma-nuel Otero Méndez, o xogador de Álex Llorca, e o director deportivo da AX Sagrado Corazón, Rubén Engroba, presentaron no Pazo de San Marcos, a cuarta edición do Campus Álex Llorca, que se celebrará na capital luguesa do 8 ao 14 de xullo.O campus está organizado pola Aso-ciación Xuvenil Sagrado Corazón e celebrarase no Pazo dos Deportes de Lugo e nos pavillóns anexos. Ata a data, xa hai máis de 50 inscritos pro-cedentes de todas as provincias de Galicia, así como de Castela e León, Madrid e Barcelona.Rivera Capón, agradeceu a Álex Llorca pola súa aposta decidida polo balon-cesto e sinalou que “contribuímos a facer posible este campus que ten a capacidade de difundir valores, é un encontro deportivo moi proveitoso para os nenos xa que combina múlti-ples actividades”.Pola súa parte, Álex Llorca agradeceu a colaboración de Deputación e Con-

cello e apuntou que “os nenos intere-sados en participar poden apuntarse a través da web do campus na que exis-ten tres rexistros de inscrición”.

INSCRICIÓN. O campus está dirixido aos rapaces nacidos entre o ano 2001 e 2011, terán a posibilidade de inscri-birse baixo tres modalidades: réxime externo, semiexterno ou interno. O campus conta con oito pistas cuber-tas de parqué flotante para nenos. Como Residencia para internos e lugar para comidas e ceas empregaranse as instalacións do CE Santa María. Así mesmo, o concello de Lugo pon a disposición dos participantes as pis-cinas municipais para os momentos de lecer. O director técnico é Mateo Rubio, primeiro adestrador do equipo júnior do Fútbol Club Barcelona. Toda a información irase publicando nas redes sociais do campus e na web do mesmo www.campusalexllorca.com, onde ademais poderán inscribirse xa e sumarse aos preto de medio centenar de prescritos que xa se apuntaron. En total hai preto de 120 prazas dispoñi-bles.

A Deputación convoca o Campus Álex Llorca

Presentación da Camovi 2019, que será en abril

Page 31: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

abril 2019actualidade 31

Club Atletismo de Ribadeo. O Club de Atletismo de Ribadeo presen-tou a súa nova equipación nas últimas horas. Fíxoo nas inmediacións do Pazo de Ibáñez. Xunto a membros e directivos do club ribadense estiveron tamén os seus patrocinadores: Caixa Rural e Seguros AXA. O Club de Atletismo de Ribadeo, creado no ano 2006, está composto por medio cento de deportistas. Desde a directiva subliñan que “aquelas persoas amantes do atletismo, que poidan estar interesadas en formar parte do club ribadense, poden contactar con nós a través do noso face-book”. A nova equipación do Club de Atletismo de Ribadeo estreouse con éxito no Campionato Galego de Atletismo Máster.

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, acordaron fi-nanciar a partes iguais a rehabilitación integral do campo municipal Pepe Ba-rrera e solicitar á Xunta de Galicia, que é a administración coas competencias directas na materia, que cando menos faga o mesmo.Este acordo contempla a achega de 140.000 euros por parte de cada admi-nistración, sumando entre as dúas un investimento de 280.000 euros. Solici-tan polo tanto que o Goberno Galego destine os 140.000 euros restantes, co obxectivo de acadar o orzamento de 420.000 euros necesarios para a exe-cución destes traballos. Deste xeito, as 3 administracións públicas participarán a partes iguais neste proxecto (33%).Así o explicaron Campos Conde e Fer-nández Barcia no acto de presentación do proxecto básico para a rehabilita-ción do terreo de xogo desta infraes-trutura municipal, no que participaron os representantes da Sociedade De-portiva Ribadeo e do Ribadeo Fútbol Club, e ao que non asistiu ningún re-presentante da Xunta de Galicia.O campo de fútbol municipal Pepe Barrera é unha dotación deportiva em-pregada de xeito habitual por máis de 150 deportistas que adestran e xogan os seus partidos neste espazo. A tra-vés deste proxecto, búscase realizar unha rehabilitación integral do terreo

de xogo para evitar, principalmente, as acumulacións de auga que impiden que se poida empregar o campo con normalidade.Para elo, executaranse traballos de drenaxe cos que mellorar o desau-gue do terreo e nivelarase o chan, poñendo fin á diferenza de case un metro que existe entre as esquinas do campo. O terreo dotarase de herba natural. Ademais, o proxecto contempla actuacións de mellora dos vestiarios e das gradas.Pola súa banda o deputado e can-didato popular Daniel Vega, de saír elixido como alcalde, compromé-tese a facer realidade a mellora do estadio municipal Pepe Barrera no segundo semestre deste ano.Vega asegura que os deportistas locais usuarios do estadio non me-recen seguir soportando unhas ins-talacións que levan anos en malas condicións esquecidas polo actual Goberno local, que só parece reac-cionar cando quedan poucos meses para as eleccións.Para o candidato o Concello non necesita agardar máis para iniciar o proceso de contratación desta obra (licitación e adxudicación) e sina-la que existen recursos suficientes para acometer estes traballos.Vega asume este compromiso co conxunto da veciñanza de Ribadeo pero moi en particular coa SD Ribadeo.

A Deputación e o Concello chegan a un acordo para o arranxo do Pepe Barrera O domingo 17 de abril celebrarase en

Xove o Campionato Comarcal de Bád-minton. O evento, no que participarán as categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete, terá lugar no Pavillón do Colexio Pedro Caselles, a partir das 16:00 horas. A competición está organizada pola Aso-ciación Cultural-Deportiva de Xove e nela participarán o alumnado da Escola de Bádminton.

Campionato Comarcal de Bádminton en Xove

O CRAT Coruña fíxose co título de Cam-pioas de Liga da División de Honra de rugby feminino, a máxima categoría do rugby nacional, no partido disputado contra o INEF L’Hospitalet en Madrid. Unha das xogadoras deste equipo é a ribadense Ana Iglesias que forma parte da selección Galega de Rugby VII que se concentrará en Ribadeo para preparar o Campionato de España. O Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Rugby Feminino celebrarase en Ribadeo o 29 e 30 de xuño. Nel participarán 16 seleccións de entre 15 e 18 integrantes entre as que se atopan a maior parte das xogadoras da Selección Española, actual Campioa de Europa.

Ana Iglesias, campioa na División de Honra de rugby co CRAT Coruña

O 21 de abril terá lugar en Barreiros a VII Carreira Popular das Praias. O evento foi presentado por varios organizadores e afeccionados ao atletismo popular.A carreira comezará ás 11.00 horas na praia de Altar en Barreiros (Lugo). As carreiras infantís serán todas no propio areal con distancias adaptadas en cada categoría, mentres que a absoluta terá a saída na praia de Arealonga (Reinante) e percorrerá todas as praias de Barreiros ata rematar en Altar. Trátase dunha dis-tancia aproximada de 10 quilómetros.A entrega de dorsais será en Punta An-guieira, diante do Hotel Ría do Masma, habilitando a organización un servizo de autobuses para o traslado de parti-cipantes dende a zona de meta á saída.

Ao remate da carreira será a entrega de trofeos e haberá tamén uns pinchos para os participantes e acompañantes.A Carreira Popular das Praias está con-firmada como unha das máis fermosas de Galicia por tratarse dunha proba fora do común e polas paraxes polas que discorre. Así mesmo os organizadores confían en consolidala en participación nesta 7ª edición, tratando de fomentar o deporte na zona ao mesmo tempo que dar máis a coñecer as fabulosas praias de Barreiros.As persoas interesadas en participar nesta cita poden atopar toda a infor-mación e realizar as inscricións están na web www.carreirapopulardaspraias.jimdo.com.

Barreiros organizará en abril unha nova Carreira Popular das Praias

O presidende da Deputación e o alcalde, no campo municipal

Alberto Pigueiras. O pira-güista do Clube de Piragüismo de Viveiro, Alberto Pigueiras Leal, aca-dou a medalla de bronce no Cam-peonato de España de Inverno de Piragüismo que se disputou en Se-villa fai unhas semanas.

O Pádel Club Ribadeo acollerá o III Open de Pádel Balpersa Volvo, que se celebrará do 18 ao 21 de abril nas instalacións do clube ribadense.Neste torneo establécense varias catego-rías: 1ª, 2ª e 3ª masculina, 1ª e 2ª femini-na e mixta. Os premios para os finalistas consistirán en material deportivo.As persoas interesadas poden facer as súas inscricións en www.mistorneoson-line.es, no número de teléfono 650 624 350 e na recepción do Pádel Club Riba-deo. O precio da inscrición, que estará aberta ata o 15 de abril, é de 18 euros máis 10 euros cada categoría adicional.O III Open de Pádel Balpersa Volvo está organizado polo Pádel Club Ribadeo e patrocinado por Balpersa Volvo.

III Open de Pádel en abril en Ribadeo

Club Atletismo Lourenzá. O veciño de Ribadeo Pablo Fernández García, do Club Atletismo Lourenzá, conseguiu unha medalla de bronce na categoría M-50 do campionato galego de 5 quilómetros en ruta celebrado nas Pontes.Pablo Fernández finalizou a proba cun tempo de 17 minutos e 35 segundos, o que lle permitiu conseguir o seu segundo metal nun campionato galego, tralo bronce nos 3.000 metros lisos que lograra en Ourense o pasado día 3 deste mes. Cada vez máis adeptos na localidade mariñá.

San Cibrao acollerá o II Campus de Balon-cesto EntreNos entre o 30 de xuño e o 6 de xullo. Na actividade deportiva pode-rán participar todos os mozos e mozas nacidos entre o 2002 e o 2009 (ambos incluídos); e a inscrición permanecerá aberta ata o 15 de xuño.O principal distintivo deste Campus é que xogadores e xogadoras en activo de primeiro nivel convivirán e adestrarán coa mocidade participante día tras día; polo que é unha oportunidade única para compartir charlas e intercambiar experiencias con profesionais deste de-porte. A organización puxo en funcio-namento a web http://campusbasket-sanciprian.com/ onde dan cumprida conta de todo canto rodea ao Campus.

II Campus de baloncesto EntreNos en San Cibrao

Vinte e nove equipos de Cataluña, Euska-di, Valencia, Asturias, Canarias, La Rioja, Portugal e por suposto tamén de Galicia, divididos en 4 categorías daranse cita en Vilanova dende o xoves 18 de abril ata o sábado 20, acollidos polo equipo anfi-trión Terras da Mariña Lourenzá. O cam-pionato está dividido entre as categorías infantil, cadete, junior e senior. O xoves comezará coa fase inicial de grupos, o venres a fase final de grupos e o sábado 20 serán as eliminatorias e as finais.

O Lourenzá en Xogo de basket feminino será do 18 ao 20 de abril

Page 32: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

actualidade32 abril 2019

AGRO

A partires de hoxe, día 25 de marzo, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais en Galicia. Isto implica que quedan tamén en sus-penso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez dende o momento da prohibición.A decisión tomouse tras avaliar a evo-lución da situación do tempo e unha vez analizados polo miúdo os diferen-tes indicadores técnicos que inciden no risco de lume en tempada de alto risco. Tamén tendo en conta que a nor-mativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á

regulación de aproveitamentos e repo-boacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e de-nuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que desde mañá e ata novo aviso non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal. Ademais, a consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Quedan prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais

Comeza o período de alerta por incendios

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación anunciou que última a actualización da norma de calida-de do mel obrigará a identificar os países de orixe do mel. Para Coope-rativas Agro-alimentarias de España esta proposta é un paso adiante e responde á petición do sector de poñer en marcha un etiquetado realmente claro e útil para os con-sumidores.A nova norma inclúe no etiquetado a relación de países de orixe en sen-tido descendente e a incorporación da porcentaxe de cada un deles. Con iso preténdese evitar que legal-mente se utilice o nome e prestixio do mel español, producido baixo os maiores estándares de calidade do Modelo Europeo e que contribúe á conservación do medio ambiente grazas aos efectos da apicultura, en produtos que presentan unha pro-porción de mel de orixe española insignificante.Esta normativa coloca a España na vangarda europea e mundial no eti-quetado de orixe do mel, xa que, aínda que outros países europeos desenvolveron normativa neste sentido, ningún o fixo de forma tan clara e útil para os consumidores.España é o principal productor da Unión Europea, por este motivo era necesario situarnos tamén como punta de lanza da trasparencia no que se refire á información que se dá aos cidadáns sobre a orixe do mel que están consumindo.

A nova norma do mel obrigará a identificar no etiquetado a orixe

A Comisión de Agricultura do Parla-mento aprobou unha Proposición non de Lei para reclamarlle ao goberno galego que tome medidas eficaces co obxectivo de incorporar á mocidade ao rural. O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Raúl Fernández, presentou esta iniciativa para urxirlle á Xunta a tomar medidas fronte ao despoboamento do rural, o paulatino abandono de terras e a súa desertiza-ción.Fernández explicou que un territo-rio como o de Galicia, no que o rural supón ata o 80 por cento do terri-torio e só acolle ao 20 por cento da poboación, ten ao 80 por cento da súa poboación residindo no medio urbano, que ocupa tan só o 20 por cento do territorio. Reclamou “políti-cas activas, claras, efectivas e avalia-bles que promovan a incorporación

da mocidade para facilitar o relevo xeracional”.Advertiu que as políticas do goberno galego postas en marcha ata o momento na que o propio Fei-jóo deu en bautizar como “a Lexis-latura do rural” teñen demostrado que “non foron capaces de fixar po-boación” neste entorno. Presentou esta iniciativa parlamentaria para darlle unha chamada de atención na procura dun rural “dinámico e multi-funcional” e para “atallar a dinámica negativa e promover políticas que su-peren esta situación”.Apuntou ás oportunidades do medio rural en materia de emprego, trans-formación láctea ou aumento do peso dos produtos agrarios e gandeiros na cadea de valor, que precisan dun es-forzo de modernización e adaptación das estruturas agrogandeiras e dos recursos humanos.

Aprobada a proposta do PSOE que impulsa a incorporación da mocidade ao rural

Os agricultores de hortalizas da Comuni-dade de Madrid están a tratar de impul-sar un cambio no sistema de envases co que trasladan as súas mercadorías aos intermediarios e almacenistas, na súa inmensa maioría radicados en Mercama-drid. A organización agraria UPA Madrid reclama ao Concello da capital e aos res-ponsables desta plataforma loxística ali-mentaria que aproben un sistema “máis lóxico e máis sustentable”.Na actualidade, os agricultores vense obrigados a adquirir envases de plásti-co no que introducen as súas hortalizas e trasládanas a Mercamadrid. Estes en-vases deben ser novos e estar en per-fecto estado, lembran desde UPA, “se

hai calquera problema cunha soa des-tas caixas, Madrid Saúde –o organismo que revisa o estado sanitario de todas as mercadorías– pode rexeitar todo un palé, sufrindo o agricultor as perdas”, explicaron.Os agricultores e agricultoras asumen todo o custo destes envases, o que tendo en conta os baixos prezos das hortalizas no campo prexudica considerablemente a súa rendibilidade. Os produtores apos-tan por implantar un sistema de caixas reutilizables, que cun procesado de la-vado e higienización poidan utilizarse va-rias veces, aproveitando as viaxes que os agricultores e cooperativas realizan para levar os seus alimentos.

Agricultores estudan eliminar o plástico do sistema de envasado

No Día Mundial da auga, a Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros (UPA) lembrou o papel crucial dos produtores de alimentos na xestión da auga, así como no aproveita-mento deste recurso para xerar vida e emprego nas zonas rurais. “A auga é vida, di o tópico. No mundo rural, lonxe de ser un lugar común, é a pura realidade”, defenderon.“Innovación e tecnoloxía deben ser os aliados dos agricultores na pro-cura de solucións para adaptarnos aos recursos hídricos ao noso alcan-ce”, así se manifestaron desde a or-ganización agraria UPA con motivo da celebración hoxe, 22 de marzo, do Día Mundial da auga.“En España sobran os exemplos de que é factible producir cantidade e calidade coa auga da que dispoñe-mos”, lembraron desde UPA. Para iso, é “imprescindible” investir en novas infraestruturas e na moder-nización das existentes. Ademais de facilitar que os avances tecno-lóxicos que permiten aforrar auga cheguen ás explotacións pequenas e medianas de carácter familiar.

UPA lembra o papel dos agricultores cos recursos hídricos

Os agricultores da zona tampón esta-blecida para controlar a expansión da couza guatemalteca da pataca teñen de prazo dende mañá ata o vindeiro 31 de maio para presentar as súas de-claracións de cultivo de tubérculo. Así o establece unha resolución da Con-sellería do Medio Rural que publica o Diario Oficial de Galicia (DOG).En virtude desta resolución, prorróganse tamén todas as medidas fitosanita-rias establecidas para a erradicación e control con respecto a este orga-nismo de corentena e en concreto a expresa prohibición do cultivo de pataca nas zonas infestadas ata que

transcorran dous anos desde o último insecto capturado nas trampas.No DOG lémbrase que a día de hoxe os concellos infestados na provincia de Lugo son: Abadín, Alfoz, A Pontenova, A Pastoriza, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Ribadeo, Rio-torto, Trabada, Viveiro e Xove.Por outra banda, está considerada zona tampón na provincia de Lugo unha franxa de 5 km limítrofe cos concellos infestados, que afecta a parcelas dos concellos de Xermade, Muras, Vilal-ba, Cospeito, Castro de Rei, Pol, Mei-ra, Ribeira de Piquín e A Fonsagrada.

Os afectados pola couza teñen ata o 31 de maio para declarar os cultivos

O portavoz de Gandaría do Grupo So-cialista, José Manuel Pérez Seco, urxiu ao goberno galego a “facer máis e me-llorar a xestión” na loita contra a praga da eiruga procesionaria. O responsable socialista presentou unha proposición non de Lei en Comisión para reclamarlle á Xunta que colabore coa universidade e os centros de investigación para avanzar na investigación para erradicar e contro-lar esta especie.Pérez Seco alertou de que, se ben polo momento a Thaumetopoea Pityocam-pa, tamén coñecida como procesionaria, resulta un risco para persoas e mascotas polos seus pelos urticantes. O simple contacto provoca reaccións alérxicas, picor ou escozor, e son especialmente perigosas para as mascotas, chegando a ser mortais. As situacións climatolóxicas actuais teñen provocado a temperá apa-rición desta especie, que ata o momento se limitaba aos meses de febreiro, marzo e abril, e xa se ten observado no pasado nadal nos concellos de Ares, Cabanas, Guitiriz, Begonte, Vigo, Ferrol ou na co-

marca do Lérez. Malia que o goberno galego ten aplicado tratamentos fitosani-tarios e trampeo, é urxente “facer máis e mellorar a xestión” para adopta os avan-ces científicos e o investimento en I+D+i.O parlamentario considera “imprescindi-ble” que o goberno poña en marcha un plan de investigación científica a través dun convenio coa universidade e os cen-tros de investigación para colaborar no desenvolvemento de medidas axeitadas para erradicar e controlar a praga.

Os socialistas reclaman máis investigacións para erradicar a praga da procesionaria

Niño de procesionaria

Page 33: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

abril 2019actualidade 33

A Feira Náutico Pesqueira Expomar será presentada en Santiago o vindei-ro 10 de abril, segundo deu a coñe-cer hoxe o presidente da Fundación Expomar e alcalde burelés, Alfredo Llano. O rexedor dixo que “estamos esfor-zándonos en facer unha Feira Expo-mar realmente importante, con moi-tas novidades, moitos expositores, moitas marcas e dinamismo en todos os aspectos, no comercial e nas xor-nadas técnicas. Estamos traballando sobre iso e queremos facer unha fei-ra importante para o sector náutico pesqueiro e que sexa unha referencia clara en todo o estado español. Imos facer unha presentación en Santiago o día 10, na sede de ABanca. Vainos acompañar a conselleira do Mar, Rosa Quintana. Será a primeira pre-sentación oficial, pero haberá algun-ha máis”.O presidente da Fundación Expomar lembrou que “antes tíñamos una ocupación aproximada de 3.500 me-tros e este ano houbo que ampliala a 4.000 metros, o que quere dicir que hai interese. Polo tanto imos facer todo o que poidamos, tanto desde o Concello como desde Expomar para isto sexa un éxito. A cita será dos días 9 ao 12 de maio”.

A feira Expomar presentarase en Santiago o día 10 de abril

MAR

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Ro-dríguez, reuníronse cos presidentes e os secretarios das federacións provinciais e galega de confrarías de pescadores para estudar os criterios e argumentos a de-fender por Galicia en relación ao repar-to das posibilidades pesqueiras da xarda no caladoiro Cantábrico Noroeste. A Xunta convocou este encontro cos representantes do sector de Galicia despois de que onte o Goberno cen-tral anunciase creación dun grupo de traballo para estudar futuras opcións para o reparto da cabala durante unha reunión que a secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Ali-mentación mantivo con representantes do sector e do Goberno asturiano. Unha xuntanza bilateral que tivo lugar trala dimisión de 17 dos 18 patróns maiores das confrarías de pescadores asturianas. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, explicou que o obxectivo da reunión co sector galego convocada pola Xun-ta é “analizar os datos dispoñibles e as posibilidades dos diferentes criterios que poden favorecer á mellor xestión da pesqueira da xarda” de cara a próxi-ma reunión que convoque o Ministerio

de Agricultura, Pesca e Alimentación e que anunciou ao resto das comunida-des autónomas tras terse reunido con Asturias.A titular de Mar explicou que Galicia realiza este traballo respectando a pre-misa de lealdade que sempre mantivo co Goberno central e co resto das admi-nistracións autonómicas do Cantábrico en relación aos criterios de reparto da xarda que foron anteriormente acorda-dos e que están actualmente en vigor. Este reparto foi realizado contando coa base fundamental dos datos históricos de capturas desta especie, outorgán-dose maiores posibilidades de pesca a aquelas frotas que viñeron centrando a súa actividade nesta especie durante máis anos e a través do cal Galicia saía beneficiada nas especies das que foi tradicionalmente dependente, coma o caso do xurelo.Non obstante, de cara a posible modifi-cación dos criterios de reparto de cotas de xarda para artes menores no Cantá-brico suxerida polo Goberno central, a conselleira entende o novo escenario que abre este ano a entrada en vigor da obriga de desembarque, pero esixe que Galicia sexa tida en conta e que non se primen a unhas frotas sobre outras.

O sector pesqueiro reúnese coa Xunta para tratar o reparto da xarda

A Comisión de Pesca do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para pedirlle á Xunta que repita as mostraxes sobre a poboación de ourizo de mar na Mariña. A portavoz de Marisqueo, Patricia Otero, presentou esta iniciativa coa proposta das confrarías de Lugo logo de ter auto-rizado a extracción mediante mergullo, que pon en perigo esta especie.A responsable socialista presentou hoxe na Comisión de Pesca do Parlamento as peticións das confrarías fronte aos plans de xestión de recursos específicos en Ga-licia, publicada o pasado 20 de decembro habilitando a explotación do equinoder-mo pola empresa Aresmar. As confrarías, explicou, presentaron alegacións que foron desatendidas pola Xunta xa que entenden que a autorización deriva dun informe “de parte” a raíz de mostras nos lugares sinalados pola empresa.De acordo coa proposta aprobada hoxe, o goberno galego deberá facer unha nova mostraxe, desta vez aleatoria e cos seus medios propios, e a partir dos resul-tados valorar de novo a autorización da extracción do equinodermo mediante mergullo con subministro de aire dende a superficie.Otero reclamoulle ao PP “coherencia” coas declaracións do propio José Manuel

Balseiro, cando era deputado do PP en 2011 e 2012, quen alertara do impacto negativo na especie das novas fórmulas de mergullo. A parlamentaria socialista explicou que o ourizo hoxe non se atopa en perigo, pero vén de sufrir etapas de peche, e a autorización desta modalida-de de extracción pode esgotalo e prexu-dicar aos mariscadores a pé.Hoxe hai 29 mariscadores a pé que teñen un tope de extracción de 50 quilos dia-rios, e que retiran 1.480 quilos ao ano, ademais de que dependen ademais das mareas e da situación atmosférica. Sen embargo, hai 2 lanchas con 4 mergulla-

dores que ademais de que non depen-den das mareas e son menos sensibles ás condicións atmosféricas, poden retirar 80 quilos diarios por persoa, o que eleva a extracción a 6.480 quilos ao ano.A parlamentaria da Mariña sinalou que “non estamos a pedir que se prohiba esta modalidade de extracción, senón que se faga unha mostraxe obxectiva e, en función dos resultados, decidan se a autorización de mergullo é factible ou non”. Reclamoulle ademais ao PP que “expliquen por que agora autorizan unha modalidade de recollida da especie que antes criticaban”.

Aprobada a proposta socialista sobre a poboación do ourizo

A Xunta vén de intensificar o seguimento e as medidas preventivas tralo afundi-mento do mercante Grande América o pasado 12 de marzo fronte ás costas de Francia. O Goberno autonómico activou onte en fase de alerta o Plan Territorial de Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Camgal) como medida preventi-va coa finalidade de estar preparados e dar resposta de xeito áxil no suposto caso de que os restos de fuel do mercante se achegasen ás costas de Galicia.Expertos están a realizar un seguimento exhaustivo da deriva do fuel vertido por este mercante atendendo ás predicións dos modelos de deriva da Prefectura Marítima do Atlántico de Francia e á meteoroloxía. Ademais, o Servizo de Gar-dacostas de Galicia desprazou o buque polivalente Sebastián de Ocampo para Celeiro (Viveiro) para actuar en caso de que sexa preciso e o helicóptero Pesca 2 e a patrulleira Punta Promontoiro realiza-rán comprobacións pola zona durante os seus labores rutineiros.Estes labores súmanse aos que está a realizar Salvamento Marítimo por toda a costa cantábrica e o buque Ría de Vigo, do Servizo de Gardacostas de Galicia e da Axencia Europea de Seguridade Maríti-ma, na zona do naufraxio para controlar e recoller os restos de fuel e adoptar ou-tras medidas en caso necesario.

Intensifican as medidas preventivas tralo afundimento na costa francesa

O marisqueo submarino pode esquilmar a poboación de ourizo de mar

Doce empresas galegas particparon na feira Seafood Expo North América 2019, que se celebrou en Boston no mes de marzo. O posto galego neste evento tiña como obxectio promocionar os produtos do mar e de buscar novas oportunidades de negocio. Nesta edición da feira estiveron Pescados Rubén, Fesba, Pescados Hermanos Lijó, Cassua, Frigoríficos Botana, Congelados Noribérica, Pasteurizados Cíes, Conge-lados Videmar, Isidro 1952, Nagreen Group, Salgado Congelados e Oversea Atlantic Fish. Ademais, tamén estiveron presentes na feira con posto propio ou-tras entidades galegas como ADM Ga-licia, Cabomar, Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, Grupo Ibé-rica Congelados, Ingeniería de Proyectos Marinos (Inpromar), Rotogal, Stolt Sea Farm, World Wide Fishing Company e, a través das súas filiais estadounidenses, Nueva Pescanova, Profand e Mascato.Galicia participa neste certame desde o ano 2015 e nesta edición fíxoo cun pos-to de 165 metros cadrados que acolle ás empresas galegas coexpositoras dos sectores do conxelado e dos produtos do mar procesados. Este posto tamén contou cunha zona destinada a centro de negocios na que as empresas poden manter reunións co obxectivo de esta-blecer lazos comerciais e de buscar novos clientes.

Empresas mariñás participaron no Seafood de Boston

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, xun-to ao concelleiro de Obras, Ramiro Fer-nández Rey, e o xefe provincial de Cos-tas, supervisaron esta mañá as obras que este departamento está a realizar na praia do Cabaliño. Ademais analiza-ron outras actuacións a acometer na praia da Marosa e no seu espigón.O rexedor declarou que “hoxe pola mañá tivemos a visita do responsa-ble de Costas na provincia de Lugo. Estivemos vendo unha serie de obras que xa estaban comprometidas. Unha desas obras é unha escaleira que se vai colocar para o acceso á praia do Cabaliño. Pensamos que vai quedar perfectamente integrada na-quela paisaxe con materiais de ma-

deira e pedra. Vai ser unha actuación útil e era moi reclamada polos usua-rios e usuarias dese areal”.O alcalde engadiu que “tamén es-tivemos mirando unha mellora na praia da Marosa, no paseo maríti-mo, porque hai unha greta. Procu-raremos tamén adecentar esa zona para que quede como un miradoiro. Máis adiante faremos unha obra no espigón da praia da Marosa porque todos os anos, debido ao empuxe do mar, vaise deteriorando e vaise facer en pouco tempo. Imos apala-bralo para que as praias de Burela queden listas para a época estival e que a xente de fora e do pobo poida disfrutar delas”.

O concello de Burela supervisa as obras da praia do Cabaliño

O alcalde de Burela, supervisando as obras

Page 34: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

34 abril 2019 opinión

COLABORACIÓNS

N o artigo de xaneiro fa-lamos da importancia de que cada cliente tivese o seu patrimo-nio traballando a tra-

vés dunha planificación financeira. Pero, que é a planificación financei-ra? A planificación financeira con-siste en distribuír o patrimonio en varios horizontes temporais (día a día, corto prazo, 1-3 anos; me-dio prazo, 4-9 anos; longo prazo, máis de 10 anos). Esta distribución temporal ten que facerse ligada ós obxectivos e necesidades de cada cliente. Un exemplo podería ser: a curto prazo, vacacións; a medio prazo, cambio de coche; a longo

prazo, a xubilación. Estas necesida-des/obxectivos soamente as coñece o cliente e debe ser precisamente el quen lle indique á persoa na que confía para xestionar os aforros ca-les son as súas prioridades. Deste xeito, o asesor deberá estudar que servizos bancarios son os idóneos para o cliente, segundo o seu perfil e no horizonte temporal no que se sitúa cada unha das necesidades.Pero, por que un cliente de banca debe beneficiarse desta maneira de xestionar o seu patrimonio?Os motivos son varios, pero o máis importante é o que lle preocupa a meirande parte dos usuarios da banca: a seguridade financeira. Moita xente pensa que tendo o patrimonio en contas correntes de varias entidades financeiras está máis seguro; outros pensan que por ter o patrimonio na conta dunha soa entidade que está adherida ao

fondo de garantia de depósito (que asegura ata 100.000€ por titular de conta) xa teñen o seu patrimonio asegurado. Dende fai uns anos ta-mén se comercializan uns produtos nos que se intenta “vender” que a seguridade se atopa en produtos “garantizados”, “estruturados”, etc. ainda que estes non garantizan o capital que neles se invirten, isto queda para outro artigo. A planifi-cación financeira dálle seguridade ao patrimonio de cada persoa por-que cumpre cos 5 puntos básicos da diversificación, que é onde se atopa a seguridade real do patrimonio. Estes 5 puntos da diversificación son: 1º Diversificación temporal: ao ter as necesidades en varios horizontes temporais xa se está a cumprir e, desta maneira, disponse de servizos bancarios orientados a cada horizonte. 2º Diversificación en títulos: canto maior sexa a can-

tidade de títulos que teña en cada servizo bancario que axude ás ne-cesidades, e cantos máis teña no total da planificación, máis seguro estará o patrimonio. Un exemplo desta diversificación é que o patri-monio está máis seguro nun servizo bancario que invirta en accións de 50-100 compañías, que o patrimo-nio do que invirte en accións dun-ha soa empresa. 3º Diversifacación Xeográfica/Sectorial: hai servizos bancarios que permiten ter o pa-trimonio en compañías de todo o mundo e de todos os sectores, isto é que como ninguén sabe de antemán que países ou sectores van xerar máis riqueza ou van estancar, ao ter esta diversificación, o patrimonio ten tamén seguridade. 4º Diversifi-cación por potencial de crecemento: unha parte pequena do patrimonio debe tamén estar en compañías dos países coñecidos como emerxentes,

xa que estas economías medran máis que a media e son as que van permitir que o noso patrimonio au-mente tamén un pouco máis. 5º Di-versificación en tipoloxía de produ-tos: cantos máis produtos bancarios teña contratados o cliente (sempre que el os necesite), maior segurida-de ten o seu patrimonio.Poñer o patrimonio a traballar cum-prindo estas dúas regras (planifica-ción financiera e os 5 puntos bási-cos da diversificación), é a forma na que o teu patrimonio está máis se-guro, que é o máis importante. Se a esta maneira de ter o patrimonio se lle axuda co factor tempo, e o clien-te ten a un profesional que realice un traballo personalizado a o seu perfil e efectúe un seguimento real e activo, o cliente poderá favorecer-se de que o seu patrimonio medre e lle axude a conseguir os seus obxec-tivos.

Rubén Castro

A importancia de ter unha planificación financeiraPOR UNHA BANCA DIFERENTE

A pesar de que a couce da pataca xa chegou a Galiza no ano 2015 é unha praga que aínda nos sigue afec-tando. Entón so había tres

concellos afectados, pero como desde aquel ano a Xunta de Galiza, a consella-ría de Medio Rural e os seus amanuen-ses, asubiaban e miraban para outro lado, na vez de denuncialo uns e poñer os medios necesarios os outros para combatela, agora xa son moitos os con-cellos galegos nos que non se vai poder sementar a pataca este ano, nin durante uns anos mais.Esta praga é unha mais das que feren de morte ao noso xa maltratado rural, tanto aos que a producen para a venda como os que a sementan para o seu autocon-sumo, pois a produción da pataca non é unha tradición, como dixo a daquela Con-selleira de Medio Rural, María Ángeles Vázquez, pois os paisanos non sementan as patacas por amor o arte, nin por darlle gusto a ela, senón porque é un comple-mento necesario para moitas familias que, debido á situación actual do agro, ven nelas unha axuda a súa economía moi necesaria para a súa subsistencia.Pero esta non é a única praga nin tam-pouco a mais grave, xa que a verdadeira praga, a que maltrata os nosos labregos, mariñeiros e gandeiros, son os sucesivos

gobernos que durante tantos anos esti-veron na Xunta de Galiza lexislando con-tra os intereses desas clases populares e a favor das grandes multinacionais do sector leiteiro, das grandes explotacións mineiras como a de Erimsa, na comarca de Ordes, que pon en risco a existencia de 200 granxas con 500 empregos direc-tos, para crear so 8 postos de traballo; privatizan o mar onde sempre pescaron e mariscaron os nosos mariñeiros para entregárllelo como agasallo ás grandes empresas de acuicultura.Os membros desa banda de cleptómanos, prepotentes, irresponsables e mentireiros compulsivos, son os que afirmaban antes que eran os de esquerdas e os naciona-listas os que querían quitarlle as terras ós labregos e agora son eles quen nolas rouban para regalarllas aos seus amigue-tes das multinacionais para que fagan minas e deixen todo contaminado, cheo de velenos e porcalladas. A súa irrespon-sabilidade ó administrar o diñeiro público viuse ben no caso de Nova Caixa Galicia, á que despois de saneala con mais de nove mil millóns de euros do erario público, re-galáronlla ao capó venezolano Juan Carlos Escotet por mil tres millóns, para que co noso diñeiro siga apoiando a violencia da oposición golpista contra o goberno elixi-do democraticamente de Nicolás Maduro, na vez de crear unha banca pública galega para dar os créditos necesarios e mellorar a nosa economía.Esta é a verdadeira praga do agro gale-go, pero ten solución: Está na nosa pa-peleta o rematar con esa peste.

Raul Río

A couza da pataca, a Xunta de Galiza e outras pestes no agro galegoFAÍSCAS QUE ESPALLA O VENTO

U nha reportaxe televi-siva sobre o despo-boamento achegounos un “concejo” asturiano chamado Yernes y Ta-

meza, con cento corenta habitan-tes censados, pero con pouco máis de trinta os que relamente viven a diario. Nese lugar só hai un menor de idade, ó cal lle preguntaban ca-les eran as súas actividades habi-tuais. Adrián, así é o seu nome, de trece anos, explicaba que unha vez de volta do instituto, tras xantar, axúdalle ó seu pai na explotación gandeira familiar. Primeiro, tirar o cucho –esterco-, e logo a atención ás vacas. Traballar e traballar, re-petía ante a cámara con ese acen-to tan caracerístico dos nosos veci-ños, tendo como amigo o seu can, sen as distraccións típicas doutros rapaces da súa idade. Pero a frase pola que o simpático de Adrián se fixo viral nas redes sociais en cues-tión de horas foi, á pregunta de se non botaba en falta outros nenos

do seu tempo, que estaba moi a gusto el só, “sin que nadie me to-que los cojones”. Así, literalmente, sen rodeos de ningunha clase, con toda naturalidade e contundencia. O que nun primeiro momento se podería pensar sobre el, que é un maleducado e que esa expresión é impropia dun cativo de trece anos, derivou de contado nunhas reac-cións positivas, maioritariamen-te, xerando unha empatía cara a súa persoa, recibindo polo xeral loubanzas á forma no que dixo o que dixo. Adrián amosou neses se-gundos de conversa un absoluto apego pola terra e un amor pola vida no rural, sen ningún tipo de complexo nin vergonza. Esa fra-se, pronunciada por este bandido, como lle di seu pai, está chea de forza, de orgullo e de dignidade. Porque non é unha simple arrou-tada na boca dun adolescente que percorre máis de vinte quilómetros en autobús tódolos días para ir a clase, senón que reflicte a triste realidade desas áreas xeográficas que se baleiran, entre as se ato-pan tamén as nosas bisbarras do interior, unha tendencia que dura décadas e semella non cambiar. Galicia, Asturias, Aragón, Estrema-

dura, Castela… sufrimos un mesmo mal no campo, despoboamento e avellantamento da poboación, onde non existe o tan necesario recambio xeracional para garan-tir a continuidade das comunida-des. Adrián, con ese razoamento de home adulto, é un exemplo da proximidade das relacións interxe-racionais que se deron sempre nas aldeas, onde a convivencia entre as diferentes idades era real e efec-tiva. De aí que este pequeno fale como o faría seu pai ou un dos ve-ciños cos que trata no seu entorno, os cales son os seus referentes, non personaxes falsos e cheos de hipo-cresía que contemplamos nalgúns programas televisivos. O guaje Adrián aspira a aprender mecánica, coma o seu tío. A boa fe que o conseguirá. O tempo dirá se a súa vida continúa entre esas paraxes montañosas de extraordi-naria beleza ou por outros lares. Mentres, a espontaneidade e ho-nestidade das súas palabras que-darán gravadas na nosa memoria. A Adrián non lle gusta que llos to-quen. O problema é que ó rural non só llos levan tocando, senón que tamén apretan ata case afogar.

Pablo Veiga

Adrián e a súa frase viralCOA NOSA VOZ

Page 35: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

abril 2019 35opinión

Ola un mes máis lectores, desta vez falaremos so-bre a alimentación na xestación, non é a pri-meira nin a segunda vez

que escoito as nais xestantes decir “cando dé a luz teño que poñerme a dieta xa que agora non podo” , ese pensamento é un erro , nesta etapa da vida é unha das etapas nas cales é mais necesario coidarse para así sufragar todos os requerimientos nu-tricionais que o feto e a nai xestante necesitan .Antes de nada considero oportuno decir que unha nai xestante non de-bemos de tratala como a unha per-soa enferma, salvando pequenas particularidades a dieta de una nai xestante non disipa demasiado da dieta de unha persoa normal, iso de que unha nai xestante debe co-mer por dous ou de que si non se lle cumplen os antoxos o bebé nacerá

con manchas na pel ou que o bebé pode nacer con problemas son nin máis nin menos que mitos e pensa-res equívocos.É importante empezar un plan nu-tricional antes de quedar embara-zada , pois en función do peso que partimos faremos a valoración da ganancia de peso a realizar durante dito proceso, decir tamén que hai un maior número de riscos asociados nunha nai xestante que parte de sobrepeso ou obesidade que nunha nai xestante que parte de normope-so pero que fixo unha ganancia de peso superior a programada, cada vez son máis recurrentes os casos con diabestes xestacional, o 50% dos casos podrían remediarse con unha alimentación ben pautada.Realizar un plan nutricional antes de quedar en cinta é importante tanto si se parte de sobrepeso xa que en es-tes casos a baixada de peso deberá realizarse sempre antes de quedar en cinta xa que non se debe baixar peso unha vez embarazada así como tamén é importante realizar un plan nutricional antes de quedarse embarazada as nais que parten de normopeso xa que hai certos nutr-intes como o iodo ou a vitamina b9 (ácido fólico) que son fundamentais durante as primeriras semanas de xestación e que se corremos o risco de non garantizalos si a dieta non

está ben programada.Non se recomenda baixar peso du-rante a xestación , baixar peso é señal de que a dieta é insuficiente calóricamente falando e iso vai a xerar maior cantidade de corpos

cetónicos, os corpos cetónicos son o producto que se obtén trala combus-tión da graxa, una dieta hipocalórica xera ditos corpos que poden provo-car problemas no desarrollo do feto provocando incluso una morte fetal.A dieta de una nai xestante debe ser unha dieta equilibrada, unha dieta non restrictiva na que se atopen todos os macronutrientes (graxas, proteínas , hidratos) e tódolos micro-nutrintes (vitaminas e mineráis) , os hidratos de carbono son fundamen-táis nesta etapa da vida , iso si , de-beremos recurrir a hidratos integrais como arroz integral, quinoa, trigo sa-rraceno, centeno así como tamén de-beremos recurrir a graxas boas como aceite de oliva virxe, froitos secos, peixe azul , aguacate etcDebemos prestar especial atención ao omega 3 e 6 , ao ferro, ao iodo, a vitamina B9 , debemos limitar o con-

sumo de mercurio , moito ollo a abu-sar de peixes de tamaño grande xa que presentan maior concentración de mercurio, mellor recurrir ao con-sumo de peixes de tamaño pequeño como sardiñas, meigas, lirios etcos lácteos sempre pasteurizados para así evitar patóxenos, evitar o consumo de patés e evitar o consu-mo de comida procesada (risco de contaxio alimentario)No consumir ovo crudo nin alimen-tos elaborados con ovo crudo.Non consumir fiambres como por exemplo o xamón serrano ata des-cartar toxoplasmosis salvo que an-tes fose conxelado , non podemos comer carne pouco pasada así como tamén hai certas infusións que non son seguras como por exemplo a menta poleo ou a manzanilla xa que teñen un componente ateroxénico que pode xerar malformacións no feto, realmente hai poucas infusións seguras e serían as seguintes: té verde, té negro, té rooibos, jengibre , ortiga , menta e palla de avena.Si vos gustou o post aconséllovos que visualicedes na miña páxina de facebook : Noel López pinín – Nutri-ción- o video que comparto sobre alimentación na xestación, en dito video profundizamos moito máis na materia de forma conxunta coa miña compañeira lidia lestegás (ma-trona).

Noel López Pinín Centro de Bienestar

Alimentación na xestaciónNUTRICIÓN

Na primavera do 2018 sóubose que Facebook filtrara os datos de aproximadamente 90 millóns de usuarias e

usuarios da rede social. Moitas per-soas pensaban ata ese momento que esta e outras aplicacións semellantes eran inocuas e que a súa privacidade estaba garantida. Aqueles que man-tíñamos un discurso crítico desde a aparición de FB, dubidabamos da súa seguridade e opinabamos que a rede podía ser potencialmente peri-gosa, ademais de adictiva, eramos tachados de conspiranoicos, atra-sados e ignorantes. Polo menos, así me tratou unha amiga, experta en comunicación na internet, cando ex-presei abertamente as miñas dúbidas sobre a bondade de Facebook. Recor-do mesmo campañas de organismos públicos, por exemplo dun centro cul-tural español nunha afastada illa ca-ribeña que non citarei, é dicir, paga-das cos nosos impostos, para afiliar a nativos e compatriotas a Facebook, alá polo ano 2011. E todos felices e contentos.De feito, para a maioría da xente, o asunto da filtración de datos de FB no 2018 non pasou do nivel da anécdota sen consecuencias, un feito totalmen-te desconectado da súa realidade po-lítica. Con todo, xusto agora, un ano despois, decatámonos de que a com-pañía de Zuckerberg xa sabía en set-embro de 2015 que esta información estaba a ser utilizada por outra em-presa radicada en Londres, Cambridge Analytica, con fins algo máis sinistros: definir perfís psicolóxicos mediante a aplicación de algoritmos e crear campañas políticas manipuladoras ou de desinformación, utilizando para iso mensaxes adaptadas aos devan-ditos perfís e mesmo noticias falsas difundidas a través das redes. As fake news son difíciles de detectar e impo-sibles de parar, precisamente porque se distribúen de modo selectivo aos perfís idóneos seleccionados pola súa permeabilidade, e de aí multiplícan-se masivamente utilizando vías como WhatsApp.Cambridge Analytica sumouse con resultados máis que notables ao ma-nexo dos big data, o negocio estrela do que a economista Shoshana Zuboff denomina o Capitalismo de Vixilancia no seu último libro The Age of Survei-llance Capitalism. Ela defíneo como unha mutación do sistema económi-co que emprega como materia prima os datos reais que proporcionamos gratuitamente ás corporacións que xestionan as redes sociais, sen saber ou considerar que están a ser monito-rizados e que serán utilizados. O seu tratamento permite a estas empresas dirixir e “personalizar” as mensaxes e a publicidade que nos lanzan, orien-tando tendencias nas redes, modelan-do a percepción que as persoas temos da realidade e tentando inducirnos a comportamentos controlados. En definitiva, falamos de empresas que

buscan determinar as nosas opinións e conduta, algo moito máis alá que a mera estimulación de pautas de con-sumo.De feito, o Capitalismo de Vixilancia é totalmente sinérxico cunha nova e emerxente orde política totalitaria ba-seada na tecnoloxía, no que a relación da cidadanía co poder estará cada vez máis mediatizada a través das máqui-nas, e este será máis elusivo que nun-ca porque non terá nome ou rostro visible: o Tecnofascismo. Pódense ato-par referencias ao concepto en Illich, Wolin, Gorz, Russell e outros, ademais dos coñecidos ecos literarios en Orwell e Huxley.Como chegamos aos limiares do Tec-nofascismo? Pois a través da promo-ción despreocupada das novas tecno-loxías como símbolo de prosperidade e status, asociadas a un modelo de desenvolvemento insostible e depre-dador, pero presentado ao gran pú-blico pola nosa clase política e empre-sarial como a única opción posible. Ademais, as distintas administracións públicas, os bancos e negocios de telefonía, enerxía e outros sectores crave impuxeron o uso obrigatorio de aplicacións informatizadas argumen-tando que melloran a eficiencia ou a comodidade e accesibilidade. Os no-sos sucesivos gobernos, lonxe de po-ñer límites a estas tendencias garan-tindo o dereito de todas as persoas, mesmo daquelas que non dispoñen da internet, de ser atendidas por in-terlocutores humanos, sumouse ale-gremente ás mesmas nun proceso que aumenta a brecha tecnolóxica e xera exclusión social. E todas e todos somos responsables de tecnoloxizar a infancia, regalando aparellos, tablets e móbiles á xente miúda sen pensar nas consecuencias, porque mentres están enganchados cos xogos on- line non nos esixen atención. Hoxe a xes-tión informatizada aprópiase de to-dos os ámbitos da nosa vida, mesmo daqueles nos que non é en absoluto necesaria, e xeneralizouse a implan-tación de aparellos sofisticados de telecontrol da poboación “pola nosa seguridade”, algo impensable un-has décadas antes. A sociedade foi baixando a súa prevención e limiares de permisividade á intromisión das empresas e do Estado na vida priva-da. De feito, incluso a televisión fixo da vida privada un espectáculo a tra-vés dos reality shows, que gozan de ampla audiencia.Todo isto viuse acompañado de pro-fundos cambios na cultura de albores do século XXI. A tecnoloxía exerce unha gran fascinación porque produ-ce un espellismo de exactitude e infa-libilidade nun un contexto que se per-cibe como cambiante e incerto. Está ao alcance de practicamente todo o mundo e ofrece a ilusión de control perfecta para quen sente difusamen-te que deixou de levar o temón da súa propia vida porque hai demasiados factores externos que a determinan e contra os cales parece imposible loitar. Ademais, o Tecnofascismo xera consumidores de tecnoloxía, que retroalimentan o Capitalismo de Vixilancia porque se xeneralizou o mandato cultural da conectivida-de permanente: estar acotío e desde

calquera lugar en conexión con todo o mundo. Dispoñer da tecnoloxía de última xeración e actualizar os com-promisos de resposta que xeran as redes sociais é nos.nosos días case un traballo a tem-po completo, que demanda aten-ción constante. Se as persoas non o asumen, aos poucos van quedando relegadas ao esquecemento. Un cir-culo infernal que xera máis e maior descontento, frustración, ansiedade e finalmente medo nas persoas, que no proceso, perden a intimidade das súas vidas. Os exemplos de mozos que se suicidan polo acoso nas redes, e de adolescentes obsesionados pola popularidade no mundo virtual son unha manifestación diso.A comunicación humana nunca é emocionalmente neutral e as em-presas como Cambridge Analytica sábeno. A impotencia, o medo, a ira…. son emocións hábilmente uti-lizadas para inserir e enraizar nelas mensaxes políticas que crean inimi-gos accesibles: inmigrantes, femi-nistas, ecoloxistas, “rojos”… todo o que é diferente ou diverso da aliena-ción propia convértese nun inimigo ao que se pode combater con toda a agresividade que permite o apa-rente anonimato das redes sociais, e por suposto coa mentira: o caldo de cultivo perfecto para o Fascis-mo. A empresa que está detrás das campañas electorais “democráticas” (pero moi posiblemente hackeadas) que levaron á presidencia a Trump en Estados Unidos, a Bolsonaro en Brasil e que xeraron o Brexit en Gran Bretaña é, adiviñémolo: Cambrid-ge Analytica. E o xefe da campaña electoral de Trump e antigo vicepre-sidente de Cambridge Analytica é: Steve Bannon, un curioso personaxe que na actualidade asesora a líderes e partidos europeos de extrema de-reita, entre eles a Vox en España.Ante os riscos do Capitalismo de Vixi-lancia e do Tecnofascismo, son moi recomendables os antídotos máis tradicionais, pero non por iso me-nos eficaces: a lectura, a procura de información en diversas fontes para contrastala e xerar opinións pro-pias, o achegamento á natureza e a desconexión do móbil para dedicar tempo á xente real: amizades, fami-lia, e sobre todo á xente miúda, que parece estar a se esquecer de como xogar sen aparellos tecnolóxicos. A elección de relacións humanas e comunicacións de calidade en lugar de primar a cantidade, o goce de ac-tividades diversas que non requiran de medios sofisticados para desen-volverse. Non podemos eliminar as novas tecnoloxías das nosas vidas, pero en lugar de deixar que elas nos utilicen a nós (como naquel conto de Cortazar no que a persoa era rega-lada para o aniversario do reloxo) podemos usalas razoablemente, por exemplo para asinar a actual cam-paña on-line de Avaaz que esixe a FB que retire e rectifique todas as noticias falsas que se publicaron na súa rede (avaaz.org). Ah!... E a miña amiga, a da internet, dime en pri-vado que xa non pensa que son tan conspiranoica, ignorante e atrasada, aínda que non o diga nas redes.

Capitalismo de vixilancia e tecnofascismo

Katova

POLA OUTRA BANDA

Page 36: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

36 abril 2019 sociedade

A Comparsa Habelas Hainas de Barreiros tivo un entroido con alegrías e bos momentos, e por pri-meira vez decidiron acabar o entroido en Castropol.

Os xogadores do club de bolos de Xove ó finalizar a liga de Tiro de Bolo Tradicional onde Miguel For-moso gañou a liga sénior, Julia López a liga feminina e Javier Alonso quedou primeiro na liga sub16.

A Asociación Amigos das Viaxes fixeron unha viaxe a Isla, Laredo, Pozalagua e Santander.Actividade educativa e ambiental sobre o ourizo de mar na que participou o alumnado de primaria do CEIP Península da Paz.

A veciña de Xove Josefa Domínguez veciña de Morás, cumpriu cen anos e fixeronlle entrega dun ramo de flores e unha tarta.

O Concello de Ourol organizou unha comida para conmemorar a III Xuntanza de mulleres.

O IES Ribadeo Dionisio Gamallo fixeron unhas actividades coa delegación alemá que participa nun intercambio cun proxecto europeo cofinanciado polo programa Erasmus+.

A galería Terra Branca de Ribadeo, acolleu a presentación do úl-timo libro de Pepe Peinó titulado A fuxida.

Page 37: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

abril 2019 37sociedade

Alfoz fixo a quinta ofrenda floral pola semana da muller, na que se leu un manifesto e se depositaron doce caraveis brancos.

En San Cibrao celebraron a Cea da Muller, que tivo lugar onte no restaurante Buenavista e na que participaron 118 mulleres.

A Escola de Mergullo Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo, or-ganizou unha nova xornada de bautismo de mergullo na Piscina Olímpica.

Con motivo da celebración do día da árbore varios colexios de Burela organizaron un xogo denomi-nado Qué árbore é, onde os rapaces tiveron que adiviñar de que árbore se estaba a falar.

O rexedor de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada, entregaron os diplomas ás 32 mulleres que participaron no seminario de defensa persoal.

O restaurante Marinero de Ribadeo fixo unha cata comentada de viños, coincidindo coa celebración do 40 aniversario da bodega.

Douscentos escolares do colexio Gregorio Sanz realizaron un treito do Camiño Norte, entre Porci-llán e Ove, dentro das actividades do obradoiro Ribadeo co Camiño.

O MasterChef infantil da Festa do Ourizo de Cervo tivo uns 30 participantes, guiados polos catro chefs do Showcooking.

En Burela tivo lugar unha recepción a un grupo de alumnos do Rosal que se atopaban de visita no IES Perdouro.

Page 38: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

38 abril 2019 cultura

Os artigos de opinión publicados reflicten unicamente posturas persoais dos seus autores. O contido dos artigos será responsabilidade do seu autor. Este medio non se responsabiliza das opinións e ideas incluídas no mesmo.

AXENDA DA MARIÑA

IV SEMANA DO DEPORTEDo 3 ao 7 de abrilBurela

MACRO VERBENA5, 6 e 7 de abrilMondoñedo

SEMANA SANTADo 12 ao 21 de abrilMondoñedo

FOLIADA NORDESTÍA13 de abrilSan Cibrao

FEIRA DO FERRO14 de abrilRiotorto

XEORUTASDo 17 ao 21 de abrilBurela

III OPEN DE PÁDELDo 18 ao 21 de abrilRibadeo

VII CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS21 de abrilBarreiros

CAMOVI27 e 28 de abrilViveiro

EVENTOSCONCERTO DE BLAS CANTÓ30 de abrilMondoñedo

CONCETRACIÓN DE MOTOS3 ao 5 de maioO Valadouro

TEATRO4 de maio Castrapo 5 de maio Sainetes e poesía escénicaViveiro

TEATRO4 de maio Oé, oé, oéTrabada

EXPOMAR9, 10, 11 e 12 de maio Burela

RIBADEO DE TAPEO11 ao 19 de maio Ribadeo

TRAIL DO CAOLÍN19 de maio O Vicedo

PATRONAIS DE BURELA31 de maio ata o 3 de xuñoBurela

CAMPUS DE BASKET ENTRENOSDo 30 de xuño ao 6 de xulloSan Cibrao

CURSOSCURSO DE CARPINTERÍA12, 13 e 14 de abrilSan Cibrao

CURSO INFORMÁTICAAbrilAula CeMit de Barreiros

CURSO DE BAILE DE SALÓNAta o 9 de xulloBurela

TERAPIA DE ESPALDAMartes e xoves na Casa da XuventudeRibadeo

TELÉFONOS DE INTERESE

Os artigos de opinión publicados reflicten unicamente posturas persoais dos seus autores. O contido dos artigos será responsabilidade do seu autor. Este medio non se responsabiliza das opinións e ideas incluídas no mesmo.

Máis eventos en:www.amariñaxa.com

BARREIROSConcello: 982 12 40 02Garda Civil: 982 12 41 94Centro de Saúde (cita previa): 982 12 41 05

LOURENZÁConcello: 982 12 10 06Garda Civil: 982 52 19 05Centro de Saúde (cita previa): 982 12 20 29

FOZConcello: 982 14 00 27Policía Local: 982 13 36 40Garda Civil: 982 14 04 44Centro de Saúde (cita previa): 982 13 23 85Agencia Tributaria: 982 13 35 12

CERVOConcello: 982 55 77 77Policía Local: 615 52 10 52Garda Civil: 982 58 57 05Centro de Saúde (cita previa): 982 55 75 25

XOVEConcello: 982 59 20 01Centro de Saúde (cita previa): 982 59 24 24

VICEDO, OConcello: 982 59 00 02Garda Civil: 982 59 01 81Centro de Saúde (cita previa): 982 59 03 51

RIBADEOConcello: 982 12 86 50Policía Local: 982 12 86 50Garda Civil: 982 12 80 48Centro de Saúde (cita previa): 982 13 01 43

OUROLConcello: 982 55 91 09Garda Civil: 982 56 10 39Centro de Saúde (cita previa): 982 55 90 62

VIVEIROConcello: 982 56 01 28Policía Local: 982 56 29 22Policía Nacional 982 56 17 11Policía Nacional cita DNI 060/ 982 57 06 62Centro de Saúde (cita previa): 982 56 12 01

MONDOÑEDOConcello: 982 52 40 03Policía Local: 982 50 70 40Garda Civil : 982 52 19 05Centro de Saúde (cita previa): 982 50 74 52

RIOTORTOConcello: 982 34 62 22Garda Civil: 982 34 22 22Centro de Saúde (cita previa): 982 34 66 63

TRABADAConcello: 982 13 50 11Garda Civil: 982 34 22 22Centro de Saúde (cita previa): 982 13 53 00

PONTENOVA, AConcello: 982 34 22 77Garda Civil: 982 34 22 22Centro de Saúde (cita previa): 982 34 24 00

VALADOURO, OConcello: 982 57 40 00Garda Civil: 982 57 40 30Centro de Saúde (cita previa): 982 57 43 12

ALFOZConcello: 982 55 85 81Garda Civil: 982 57 40 30Centro de Saúde: 982 55 86 97

Emerxencias: 112Urxencias Sanitarias: 061

Incendios Forestais: 085Garda Civil: 062

TELÉFONOS DE INTERESE

www.amariñaxa.com

BURELAConcello: 982 58 60 00Policía Local: 982 58 62 11Garda Civil: 982 58 57 05Centro de Saúde (cita previa): 982 58 51 29Hospital da Costa (centraliña): 982 58 99 00Capitanía Marítima: 982 57 51 53

Page 39: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

abril 2019 39cultura

RECOMENDACIÓNS

a elección de...

Daniel CaxigueiroArtista e director do Espazo Caritel

un libro un disco

En construcióno blog de Eduardo Estévez

Fast carde Tracy Chapman

unha película unha personaxe histórica

Apocalypse Now Leiras Pulpeiro

un lugar para visitar un sitio onde vivir

Bhadgaon,Nepal Mondoñedo

unha comida unha bebida

Ensalada rusa Zume de laranxa

que visitar?

A Cova da Doncela é unha galería subterránea ubicada no interior do foxo dun posible castro na punta oeste da ría de Viveiro. É un lugar moi coñe-cido a nivel local, pero, sorprendentemente, non fóra da comarca. E sen

embargo, para quen lle gustan os vellos lugares que non contan todo o que son de primeiras, é un lugar marabilloso.

Esta galería, estreita ao principio por mor da acumulación de terra, condu-ce despois duns metros cara un sorprendente balcón sobre o mar, do que

está pendurada, e alí podemos ver unha paisaxe de furnas e cantís.

Cova da DoncelaO Vicedo

que ler?

que ver?

Elisa e Marcela, dúas mestras galegas, protagonizaron en 1901 un dos primeiros ma-trimonios entre persoas do mesmo sexo. Elisa Sánchez Loriga, convertida en Mario, e Marcela Gracia Ibeas casaron na igrexa de San Xurxo da Coruña o 8 de xuño dese ano. Unha vez descuberto o matrimonio sen home, foron obxecto dunha persecución que as obrigou a buscar refuxio, primeiro en Portugal e logo na Arxentina. Neste libro relátase a súa historia. En palabras do escritor Manuel Rivas, “temos un libro que é algo máis que un libro. Aquí está a novela de Elisa e Marcela que non foi quen de escribir dona Emilia Pardo Bazán”. O autor ilumina dúas vidas unidas pola amizade e o amor, reconstrúe a actuación das autoridades académicas e xudiciais e analiza a repercusión pública dos fei-tos. Tamén achega novos datos sobre a andaina de Elisa e Marcela por terras arxentinas.

Elisa e Marcela, amigas e amantesNarciso de Gabriel, 2019t

que escoitar?

Marea, a formación de Berriozar integrada por Kutxi Romeu, á voz; David Díaz Kolibrí e César Ramallo, ás guitarras; Edu Beaumont ‘Piñas’, ao baixo, e Alén Ayerdi, á batería, verán publicado o seu novo disco o próximo 12 de abril. O álbum titularase El Azogue, e será publicado por Warner Music.El Azogue, é o sétimo traballo de estudo de Marea, que verá a luz tras permanecer a banda en barbecho desde finais de 2012

El AzogueMarea, abril 2019

Stan, Steve Coogan; e Ollie, John C. Reilly, coñecidos en España como O gordo e o fraco, embárcanse na súa xira de despedida agora que a súa época dourada parece quedar ancorada no pasado. Coa axuda das súas respectivas mulleres, Lucille, Shirley Henderson; e Ida, Nina Arianda, ambos logran conquistar ao público das salas de Reino Unido grazas ao seu peculiar xeito de interpretar e de entender o mundo. Este biopic afonda na personalidade de ambos personaxes e nas circunstancias persoais que lles converteron en figuras cómicas de lenda.

El Gordo y el Flaco (Stan & Ollie)Jon S. Baird

Page 40: nº 4 abril 2019 Manifestación pola sanidade foz.amariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMC_ABRIL... · 2019. 4. 9. · nº 4 abril 2019 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

publicidade40 abril 2019