Nadal 15 1º ciclo recomendacións lectora

2
BIBLIOMRIVERO NADAL 2015 Recomendacións lectoras 1º2º primaria Despois da chuva Fábula moderna. Un diluvio inunda o bosque e os seus habitantes terán que saír adiante nun improvisado refuxio. Un pequeno raposo ofrecerase para buscar comida e auga, pero o grupo non cre nas súas capacidades -nin nas súas intencións e encomenda esas tarefas Colección Isto é ... Esta colección presenta, cunha mirada brillante e cargada de encanto, un percorrido polas principais cidades europeas. Gozarán con ela tanto os pequenos como os maiores pola exposición directa e sinxela dos El papiro del César Esta aventura trancurrirá na Galia, mantendo a tradición de toda a colección de alternar un álbum onde a parella de galos viaxan a outro país con outra na que non se moven da súa terra. Mantendo o segredo de sempre, ademais do título e

description

Recomendacións lectoras Nadal 2015

Transcript of Nadal 15 1º ciclo recomendacións lectora

Page 1: Nadal 15 1º ciclo recomendacións lectora

BIBLIOMRIVERO

NADAL 2015

Recomendacións lectoras 1º2º primariaDespois da chuva Fábula moderna. Un diluvio inunda o bosque e os seus habitantes terán que saír adiante nun improvisado refuxio. Un pequeno raposo ofrecerase para buscar comida e auga, pero o grupo non cre nas súas capacidades -nin nas súas intencións e encomenda esas tarefas a outros animais.

Miguel Cerro EDIT KALANDRAKA

Colección Isto é ...

Esta colección presenta, cunha mirada brillante e cargada de encanto, un percorrido polas principais cidades europeas. Gozarán con ela tanto os pequenos como os maiores pola exposición directa e sinxela dos textos e as súas, sempre sorprendentes ilustracións.

El papiro del César

Esta aventura trancurrirá na Galia, mantendo a tradición de toda a colección de alternar un álbum onde a parella de galos viaxan a outro país con outra na que non se moven da súa terra. Mantendo o segredo de sempre, ademais do título e o escenario, haberá novos personaxes, e ¡como non!, haberá poción e romanos.

Page 2: Nadal 15 1º ciclo recomendacións lectora

BIBLIOMRIVERO

NADAL 2015Carlos e a súa familia acaban de mudarse á vila.Almas de algodónLluch, Enric

Todo é novo para el: a escola, os libros, os compañeiros de clase. Os seus pais e os mestres intentarán facilitarlle a integración, pois Carlos é un neno con discapacidade intelectural. Pero quen conseguirá axudalo será un misterioso vello chamado Tobías. Con este curioso personaxe, Carlos e os seus novos amigos aprenderán a facer maxia, a ler cos ollos pechados, mais, sobre todo, a entender as limitacións e valorar as virtudes que todos temos.

CANTAROLA

Anisia Miranda (texto)Xosé Neira Vilas (ilustración)Leandro Lamas (ilustración)

Outra volta sobre un clásico entrañable da Literatura Infantil e Xuvenil galega, con poemas -musicados, algúns deles- que evocan os campos, o bulir da fauna dos bosques e dos ríos, e a vida cotiá da infancia no medio rural.

“EL MONSTRUO DE COLORES”

AUTOR: Ana Llenas. EDITORIAL: Flamboyant

RESUMO: O monstro fíxose un lío coas súas emocións e terá que buscar as cores que lle axuden a identificalas.