naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden...

59
CONCELLO DE NARÓN FOLIO_________ ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, CELEBRADA CON CARÁCTER ORDINARIO O VINTESEIS DE NOVEMBRO DE DOUS MIL QUINCE SRES/AS ASISTENTES: SR ALCALDE-PRESIDENTE: D/Dª JOSE MANUEL BLANCO SUAREZ SRES/AS CONCELLEIROS/AS: D/Dª MARIAN FERREIRO DIAZ D/Dª GUILLERMO SANCHEZ FOJO D/Dª MANUEL ANTONIO RAMOS RODRIGUEZ D/Dª M.DEL MAR GOMEZ CASAL D/Dª NATALIA HERMIDA RICO D/Dª JUAN PABLO MAURIZ ROMERO D/Dª ROMAN ROMERO FRANCO D/Dª MERCEDES TAIBO REY D/Dª JOSE IBAN SANTALLA BORREIROS D/Dª LAURA PENA FERNANDEZ D/Dª MARCOS LOPEZ BALADO D/Dª PATRICIA ANEIROS FREIRE D/Dª ESTHER CARBALLEIRA REGO D/Dª PABLO VILLAMAR DIAZ D/Dª TERESA JESUS SABIO RODRIGUEZ D/Dª CATALINA MARIA GARCIA BLANCO D/Dª OCTAVIO ALEJANDRO DOPICO PEREZ D/Dª ANDRE ABELEDO FERNANDEZ D/Dª ALFONSO CASAL PITA NON ASISTE: D/Dª HIPOLITO FARIÑAS SOBRINO SRA. INTERVENTORA XERAL: D/Dª MARIA DEL PILAR CANZOBRE MÉNDEZ SR. SECRETARIO XERAL: D/Dª ALFONSO DE PRADO FERNÁNDEZ- CANTELI Na casa do Concello de Narón, ás 19:00 do vinteseis de novembro de dous mil quince, baixo a presidencia do Sr. alcalde, JOSÉ M. BLANCO SUÁREZ, reúnese o Concello Pleno para celebrar sesión ordinaria. Asisten os/as corporativos/as que se sinalan á marxe. Actúa de secretario ALFONSO DE PRADO FERNÁNDEZ-CANTELI, O SECRETARIO XERAL. Aberta a sesión de orde da presidencia adoptáronse os acordos seguintes: 1º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR Dada conta da acta da sesión anterior, o Concello Pleno, deulle a súa aprobación. 159 CONCELLO DE NARÓN Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Transcript of naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden...

Page 1: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

ACTA DA SESIÓN DO CONCELLO PLENO, CELEBRADA CON CARÁCTER ORDINARIO O VINTESEIS DE NOVEMBRO DE DOUS MIL QUINCE

SRES/AS ASISTENTES:

SR ALCALDE-PRESIDENTE:D/Dª JOSE MANUEL BLANCO SUAREZ

SRES/AS CONCELLEIROS/AS:D/Dª MARIAN FERREIRO DIAZD/Dª GUILLERMO SANCHEZ FOJOD/Dª MANUEL ANTONIO RAMOS RODRIGUEZD/Dª M.DEL MAR GOMEZ CASALD/Dª NATALIA HERMIDA RICOD/Dª JUAN PABLO MAURIZ ROMEROD/Dª ROMAN ROMERO FRANCOD/Dª MERCEDES TAIBO REYD/Dª JOSE IBAN SANTALLA BORREIROSD/Dª LAURA PENA FERNANDEZD/Dª MARCOS LOPEZ BALADOD/Dª PATRICIA ANEIROS FREIRED/Dª ESTHER CARBALLEIRA REGOD/Dª PABLO VILLAMAR DIAZD/Dª TERESA JESUS SABIO RODRIGUEZD/Dª CATALINA MARIA GARCIA BLANCOD/Dª OCTAVIO ALEJANDRO DOPICO PEREZD/Dª ANDRE ABELEDO FERNANDEZD/Dª ALFONSO CASAL PITA

NON ASISTE:D/Dª HIPOLITO FARIÑAS SOBRINO

SRA. INTERVENTORA XERAL:D/Dª MARIA DEL PILAR CANZOBRE MÉNDEZ

SR. SECRETARIO XERAL:D/Dª ALFONSO DE PRADO FERNÁNDEZ-CANTELI

Na casa do Concello de Narón, ás 19:00 do vinteseis de novembro de dous mil quince, baixo a presidencia do Sr. alcalde, JOSÉ M. BLANCO SUÁREZ, reúnese o Concello Pleno para celebrar sesión ordinaria. Asisten os/as corporativos/as que se sinalan á marxe.

Actúa de secretario ALFONSO DE PRADO FERNÁNDEZ-CANTELI, O SECRETARIO XERAL.

Aberta a sesión de orde da presidencia adoptáronse os acordos seguintes:

1º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR

Dada conta da acta da sesión anterior, o Concello Pleno, deulle a súa aprobación.

2 º.- PROPOSTA PARA PARTICIPAR NO PLAN DE ACCIÓN SOCIAL (PAS) 2015.. – Neste punto, como habíamos quedado na Xunta de Portavoces, e dado que non chegou a tempo, retíroo da Orde do Día e virá no próximo pleno extraordinario, antes do 18 de decembro.

Queda retirada esta proposta da orde do Día.3 º.- PROPOSTA DE APROBACIÓN DE CONVENIO DE COLABORACIÓN FERROL-NARÓN PARA ACTUACIÓNS CONXUNTAS DE EXECUCIÓN E DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE DA CIDADE.. -Lida polo secretario xeral a proposta que di así: Visto o informe da Xefa de servizo de Organización e RRHH que textualmente dí: INFORME-PROPOSTA .- ANTECEDENTES .-O Concello Pleno de data 29 de

139CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 2: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

outubro de 2015, aprobou a autorización a alcaldía-presidencia para solicitar axudas no programa urban xunto co Concello de Ferrol. O Boe de dazasete de novembro de 2015, publica a convocatoria para a selección de estratexias de desenvolvemento urban sostible e Integrado cofinanciadas mediante o programa operativo Feder de crecemento sostible 2014-2020 (Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembreNORMATIVA DE APLICACIÓN

Artígo 25.2 letra m; 47.2 e 57 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases del Réxime Local

Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre (boe 17 /11/2015) Artigo 62 da Lei 30/1992 de 26 de noviembre, Lei de réxime xurídico e Procedemento

administrativo común INFORMEAs actuacións en materia de urbanismo e ordenación do espazo urban, son competencia dos Concellos segundo se determina na letra m do artigo 25. 2 da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora de bases de réxime local. “…2. O Municipio exercerá, en todo caso, competencias, nos términos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, nas seguintes materias: ….d) Ordenación, xestión, execución e disciplina urbanística; promoción e xestión de vivendas; parques e xardís, pavimentación de vías públicas urbanas e conservación de camiños e vías rurais.Por medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible dentro do programa operativo do Feder 2014-2020. A citada orden establece no apartado sexto o ámbito territorial de actuación: Ciudades o áreas funcionales. 1-. Las Estrategias DUSI deberán desarrollarse en las ciudades o áreas funcionales urbanas “ e no apartado séptimo – entidades beneficarias, se incluen Concellos ou entidades supramunicipais, preexistente ou de nvoa constitución representantes de áreas funcionais Os convenios de colaboración teñen como nota característica, contribuir a un fin común de interés público nos que hai unha cooperación conxunta entre entidades públicas.Na presente proposta de convenio ambos Concellos actúan no ámbito das súas propias competencias para a consecución dun fin común, podemos determinar, desde este momento, que se trata dun convenio de colaboración dos regulados polo articulo 6 e seguintes da Lei 30/1992 da LRJ-PAC e no artigo 57 da Lei 7/1995 de Réxime Local que se refire aos convenios administrativos como vía para encauzar a cooperación económica, técnica e administrativa entre a AdministraciónO Concello Pleno de Narón, ten manifestado a súa de vontade de concurrir conxuntamente co Concello Ferrol nas convocatorias destinadas a programa urban mediante o acordo de data 29 de outubro de 2015, e dada a apertura do prazo de convocatoria do citado programa, e sen perxuizo do que deba informar a Intervención Municipal respecto aos aspectos económico-financeiros, a funcionaria que suscrebe emite o seguinte INFORME-PROPOSTA

1. Aprobar o texto do Convenio de Colaboración entre o Concello de Ferrol e o Concello de Narón, nos términos do anexo I ao presente informe-proposta

2. Notificar o presente acordo áo Concello de Ferrol e aprobar a concurrencia conxunta á convocatoria do programa desenvolvemento urban sostible dentro do programa operativo do Feder 2014-2020

3. Autorizar a alcaldía-presidencia para a realizar todas as xestión necesarias para a dar cumprimento ao convenio proposta e concurrir á convocatoria do programa indicado na parte expositiva

239CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 3: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

Esta alcaldía, en uso das atribucións que lle confire a lei e visto o ditame favorable, por unanimidade, da Xunta de Portavoces de data 24-11-15, ven en propoñer a ese Concello Pleno a adopción do seguinte acordo :

1. Aprobar o texto do Convenio de Colaboración entre o Concello de Ferrol e o Concello de Narón, nos términos do anexo I ao presente informe-proposta

2. Notificar o presente acordo áo Concello de Ferrol e aprobar a concurrencia conxunta á convocatoria do programa desenvolvemento urban sostible dentro do programa operativo do Feder 2014-2020

3. Autorizar a alcaldía-presidencia para a realizar todas as xestión necesarias para a dar cumprimento ao convenio proposta e concurrir á convocatoria do programa indicado na parte expositiva

RATIFICACIÓN INCLUSIÓN NA ORDE DO DÍA.- O Concello Pleno, por unanimidade e en votación ordinaria, aprobou a inclusión deste punto na Orde do Día.VOTACIÓN E ACORDO.- O Concello Pleno, por maioría e en votación ordinaria, aprobou a proposta transcrita:TEGA: A favor 10PP: A favor 4PSdeG-PSOE: A favor 2BNG: A favor 2GRUPO MIXTO MUNICIPAL: A favor 1 (EU) En contra 1 (E.N.E.)

4 º.- DAR CONTA DA INFORMACIÓN REMITIDA AO MINISTERIO DE FACENDA E ADMÓNS PUBLICAS DO ESTADO DE EXECUCIÓN ORZAMENTOS 3º TRIMESTRE 2015.. – Dase conta do seguinte informe: DAR CONTA DA INFORMACIÓN REMITIDA AO MINISTERIO DE FACENDA E ADMINISTRACIÓNS PUBLICAS EN CUMPRIMENTO DO ESTABLECIDO NO ART. 16 DA ORDEN HAP/2105/2012

ESTADO EXECUCIÓN ORZAMENTOS 3.º TRIMESTRE 2015AO CONCELLO PLENO

A Interventora Xeral da conta ao Concello Pleno da información comunicada ao Ministerio de Facenda e Administracións Publicas en cumprimento do establecido no art. 16 da orden HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministración de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, do 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira, correspondente ao estado de execución dos Orzamentos a remates do 3.º trimestre do exercicio 2015, efectuada pola Intervención Municipal (art. 4.1.b) utilizando os medios electrónicos e formularios do sistema habilitado polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (art. 5.1).O Concello Pleno, deuse por enterado.

5 º.- DAR CONTA DO INFORME DE MOROSIDADE CORRESPONDENTE AO 3º TRIMESTRE DE 2015. – Dase conta do seguinte informe: INFORME DE TESOURERÍAASUNTO: INFORME DE MOROSIDADE CORRESPONDENTE AO TERCEIRO TRIMESTRE DO EXERCICIO 2015I.- ANTECEDENTESO artigo 4 da Lei 15/2010, de 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operación comerciais, determinou a obriga das Corporacións Locais de elaborar e remitir aos órganos competentes do Ministerio de Economía e Facenda e, no seu ámbito territorial aos das Comunidades Autónomas que, de conformidade aos seus Estatutos de Autonomía, teñan atribuída a tutela financeira

339CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 4: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

das Entidades locais, un informe sobre o cumprimento dos prazos previstos legalmente para o pago das obrigas de cada entidade. A Orde Ministerial HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de suministro de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostenibilidade Financeira, é a que determina o procedemento a seguir para a súa remisión no seu artigo 5. A remisión da información efectuarase por medios electrónicos a través do sistema que o Ministerio de Facenda ou Administracións Públicas habilite ao efecto e mediante firma electrónica.A mediados do mes de maio de 2011 estableceuse un modelo normalizado de informe e a correspondente aplicación informática para a súa grabación e presentación telemática a fin de facilitar o cumprimento de dita obriga e con efectos de homoxeneizar a mesma para o seu tratamento.II.- LEXISLACIÓN APLICABLE

- Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operación comerciais.

- Lei 15/2010, de 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, de 29 de decembro.- Orden Ministerial HAP/2105/2012, de 1de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de

suministro de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostenibilidade Financeira.

- Real decreto-lei 4/2013, de 22 de febrero, de medidas de apoio ao emprendedor e de estímulo do crecemento e da creación de emprego.

- Lei Orgánica 9/2013, de 20 de decembro, de control da débeda comercial no sector público.- Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sostenibilidade da administración local.- Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable

de facturas no Sector Público.- Orden HAP/2082/2014.- Texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real decreto Lexislativo

3/2011, de 14 de novembro.

III.- INFORME1.- O disposto no presente informe é de aplicación a todos os pagos efectuados como contraprestación nas operación comerciais entre empresas e a Administración desta Entidade Local, de conformidade co disposto no Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro.2.- Así, o artigo 216.4 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP) de forma esquemática, establece as seguintes regras en relación ao cómputo dos prazos de pago:- obriga de pago dentro dos trinta días seguintes á data de aprobación das certificacións ou documentos que acrediten a conformidade.- obriga de aprobar os anteriores documentos dentro dos trinta días seguintes á entrega efectiva dos bens ou á prestación do servizo, salvo acordo expreso en contrario establecido no contrato ou en algún dos documentos que rixan a contratación.En caso de demora nos prazos previstos anteriormente a Administración deberá abonar ao contratista os intereses de demora así como a indemnización polos custos do cobro nos términos previstos na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operación comerciais.3.- Os tesoureiros, ou no seu defectos os interventores, son os obrigados á elaboración trimestral dun informe sobre o cumprimento dos prazos previstos para o pago das obrigas de cada Entidade Local e dito informe debe remitirse ao Ministerio por medios telemáticos antes do derradeiro día do mes seguinte á finalización de cada trimestre do ano.O informe de trimestral de morosidade correspondente ao terceiro trimestre de 2015 remitiuse ao Ministerio con data 30 de outubro de 2015, cumpríndose en consecuencia o prazo de remisión legalmente establecido. 4.- O informe refírese ao cumprimento dos prazos previstos na Lei para o pago das obrigas da Entidade Local, e inclúe o número e contía global das obrigas e xustificantes pendentes nas que se esté incumprindo o prazo. Éstos refírense ás pendentes de recoñecer e de pago que se imputan aos capítulos 2 e 6 do orzamento de gastos da entidade, aos que resulta de aplicación os prazos establecidos no TRLCSP.5.- Os datos enviados ao Ministerio e que se inclúen de forma resumida no presente informe e de forma completa no Anexo que forma parte deste, obtivéronse do programa de contabilidade UNIT4 implantado nesta Entidade. Os datos referidos á Empresa mixta COSMA foron remitidos polo seu Xerente e os do Padroado de Cultura pola súa Xerente.O informe estructúrase de conformidade co indicado na Guía elaborada polo Ministerio de Economía e Facenda do seguinte xeito:

439CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 5: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

A) PAGOS REALIZADOS NO TRIMESTRE

Código deEntidad Entidad Tipo de

Contabilidad

Pagos realizados en el periodo

Periodo MedioPago (PMP) (días)

Pagos Dentro PeriodoLegal Pago

Número de Pagos Importe Total Número de Pagos

11-15-054-AA-000 Narón Limitativa 40,17 535 2154898,6611-15-054-AP-001 Cosma, S.A. Empresarial 58,77 236 219108,9811-15-054-AV-001 P. Cultura Limitativa 11,22 134 288319,12

B) INTERESES DE DEMORA PAGADOS NO TRIMESTRE

Código deEntidad Entidad Tipo de

Contabilidad

Intereses de DemoraPagados en el Periodo

Número de Pagos Importe Total Intereses

11-15-054-AA-000 Narón Limitativa 0 011-15-054-AP-001 Cosma, S.A. Empresarial 0 011-15-054-AV-001 P. Cultura Limitativa 0 0

C) FACTURAS OU DOCUMENTOS XUSTIFICATIVOS PENDENTES DE PAGO AO FINAL DO TRIMESTRE

Código deEntidad Entidad Tipo de

Contabilidad

Facturas o Documentos Justificativos Pendientes de Pago al Final del Periodo

Periodo MedioPago Pendiente (PMPP) (dias)

Dentro Periodo Legal Pagoal Final del Periodo

Número de Operaciones Importe Total

11-15-054-AA-000 Narón Limitativa 55,00 498 1326248,3011-15-054-AP-001 Cosma, S.A. Empresarial 30,49 59 197844,4211-15-054-AV-001 P. Cultura Limitativa 7,79 13 14930,48

D) DETALLE DO PERÍODO MEDIO DE PAGO GLOBAL A PROVEEDORES E DO PERÍODO MEDIO DE PAGO MENSUAL E ACUMULADO A PROVEEDORES

Periodos de PMPincluidos PMP (días)

Tercer trimestre 2015 15,19

6.- Do presente informe así como do contido dos datos remitidos ao Ministerio debe darse ao Pleno na primeira sesión que se celebre.O Concello Pleno, deuse por enterado.

539CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 6: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

6 º.- MOCIÓN DO GRUPO MIXTO MUNICIPAL (E.N.E.) A FAVOR DE SOLICITAR A TRANSFORMACIÓN DA ROTONDA DA ESTRADA DE CASTELA EN FREIXEIRO EN TURBO-ROTONDA.. -Lida polo secretario xeral a moción que di así: A organización política Eliximos Narón Electores, pertencente o Grupo Mixto Municipal de Narón, en base ao disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta diante do Pleno da Corporación esta MOCIÓN, en base á seguinte:EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:Turbo-rotondas: un invento holandés que se está estendendo por España.

España é un país invadido polas rotondas, ese dispositivo que pretende ofrecer sinxeleza e seguridade, pero que como case ninguén cumpre as súas regras de uso, moitas veces acaba sendo máis un estorbo que unha verdadeira axuda para o tráfico.

As rotondas rápidas, turbo-rotondas ou turbo-glorietas son un sistema de circulación que, desenvolvido en Holanda, foise estendendo por toda Europa. En España estreouse por primeira vez en Asturias en 2009 e actualmente estanse adoptando en moitas cidades e pobos españois.

Estas turbo rotondas, que nun principio teñen un aspecto semellante, difiren das glorietas clásicas principalmente por non presentar o mesmo número de carrís en todo o seu trazado, e pola sinalización horizontal que guía o tráfico desde antes de entrar nela, de forma que o condutor debe tomar un carril ou outro con antelación, en función do seu destino. Os carrís teñen como finalidade guiar ao condutor ao longo de todo o seu traxecto sen ter que cambiar de carril.

Aínda que ao principio poden parecer complicadas, dada a actual costume da maioría dos condutores de empregar sempre o carril dereito para entrar nas rotondas, resultan máis fáciles de usar cando se selecciona de partida o carril correcto polo que se debe entrar.Quen desexe tomar a primeira saída, deberán circular polo carril da dereita, podendo virar sen medo de atopar ningún vehículo na súa traxectoria, xa que este carril quedará separado por unha liña continua que impedirá o acceso dende o carril interior.Para os que deban tomar outra saída distinta á primeira, deberán entrar na rotonda polo carril da esquerda que discorre polo interior de túrbo-rotonda, e a liña continua anterior será de novo a encargada de impedir que se acurte o percorrido atravesando

639CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 7: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

os carrís. Unha vez visualícese a saída desexada (sempre unha que non sexa a primeira), só deberase indicar a manobra debidamente e saír da glorieta.

A implantación dunha turbo-rotonda aconsella unha mellora na sinalización xa que require do condutor coñecer con antelación a saída pola que pretenda abandonala.

Probablemente o funcionamento deste novo sistema requirirá dun pequeno período de adaptación por parte dos condutores, que deberán atender ás indicacións da sinalización instalada en cada entrada da rotonda para saber cal dos dous carrís deberán tomar, en función da dirección que sigan. En caso de dúbida pode entrarse polo carril da esquerda e dar máis dunha volta á rotonda.

As turbo-rotondas evitan accidentes por impactos laterais entre vehículos ocasionados polos condutores que utilizan exclusivamente o carril exterior das rotondas, independentemente da saída que vaian tomar.

As súas principais vantaxes son:

Facilidade de uso. Mellora da seguridade e redución da

sinistralidade (onde están en marcha, a estatística fala dun 75% menos de golpes).

Distribúe mellor o fluxo de vehículos fomentando un tráfico máis áxil ao redistribuílo por todos os carrís.

Mellora a capacidade do tráfico, fronte ás rotondas tradicionais, reducindo o número e a gravidade dos atascos. Valórase que pode chegar a ser un 35% maior que a dunha rotonda convencional de dous carrís.

739CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 8: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

A configuración das turbo-rotondas varia bastante en función do número de carrís de entrada saída de cada rúaque accede á rotonda, do número de carrís interiores a mesma e tamén na forma en que nacen os carrís interiores, que nalgúns casos como amosa a seguinte figura fano moi abruptamente, o cal dificulta dar mais dun xiro completo a turbo-rotonda en caso de errar a entrada/saída a mesma.

A rotonda da Estrada de Castela en Freixeiro.

Aínda sen presentar un tráfico moi elevado é frecuente ver colas na rotonda da estrada de Castela en Freixeiro, especialmente en horas punta, e principalmente son debidas ao mal uso que se fai dela. Esta é probablemente e a rotonda de maior tráfico de Narón e é unha candidata óptima á transformación a unha turbo-rotonda dado que o seu trafico presenta múltiples orixes e destinos, xa que esta e unha condición para que a turbo-rotonda sexa mais eficiente que a rotonda normal, pois nunha intersección onde a maioría dos traslados fanse dun dos puntos a outro, o efecto sería o contrario.

Na figura anterior márcanse as modificacións propostas para a transformación da rotonda. Como pode verse consiste basicamente nun repintado da mesma, aínda que para este caso apostamos por completala funcionalidade da mesma cun novo carril de saída dende a rotonda da autopista recortándolle e asfaltando unha parte a unha dos illotes, unha obra de baixo custe que mellora a funcionalidade da mesma.Na seguinte figura amosase a circulación a través da turbo-rotonda en todas as súas combinacións.Creemos que se debe dar este paso para avanzar na seguridade viaria e no aproveitamento das nosas infraestruturas viarias.

839CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 9: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

Esta pode ser a primeira das turbo-rotondas en Narón e permitirá poñer a proba a tanto a súa resposta fronte a conxestións como avaliar a resposta dos condutores á mesma.

Por todo elo a coalición Eliximos Narón Electores solicita do Pleno a adopción do seguinte acordo:

Instar o goberno a realizar os pasos necesarios para implantar unha turbo-rotonda na actual rotonda da estrada de Castela en Freixeiro.Narón, a 5 de novembro de 2015Alfonso Casal PitaE visto o ditame desfavorable, por maioría, con 6 votos en contra (4 TEGA+1 BNG+1 PSdeG-PSOE) , 2 abstención do PP e 1 voto a favor do Grupo Mixto Municipal da Comisión Informativa de Obras, Urbanismo e Servicios de data 16-11-15, o seu presidente propón ao Concello Pleno, a adopción do ditame nestes mesmos termos.

VOTACIÓN E ACORDO.- O Concello Pleno, por maioría e en votación ordinaria, aprobou o DITAME DESFAVORABLE da moción transcrita: TEGA: A favor 10PP: A favor 4PSdeG-PSOE: A favor 2BNG: A favor 2GRUPO MIXTO MUNICIPAL: A favor 1( 1 EU) En contra 1 (E.N.E.)

939CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 10: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

7 º.- MOCIÓN DE GRUPO MIXTO MUNICIPAL (E.U.) CIDADE LIBRE DE CIE.. -Lida polo secretario xeral a moción que di así: A presente moción responde á vontade de xerar mecanismos municipais de cumprimento do principio de igualdade e de non discriminación entre todas as persoas que viven e residen no Estado español. Entendemos que os concellos e entes locais son, para principios de proximidade e subsidiariedade, as institucións co potencial de garantir estes principios. Así, as ciudades e vilas convértense en espacios políticos de proximidade entre os cidadáns/ás e as institucións que permiten o desenvolvemento da democracia e a igualdade de dereitos.Na liña de garantir a igualdade e a non discriminación entre as persoas que residen no Estado español, a lexislación española prohíbe claramente a discriminación. Concretamente, no artigo 14 da Constitución garántese a igualdade ante a Lei, sen que poida darse ninguna discriminación de razón de “nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social”. Tamén na mema Constitución, no seu artigo 13.1, enténdese a igualdade a todas as persoas extranxeiras e concrétase a vixencia dos instrumentos de dereitos humanos, e o cumprimento obligatorio dos tratados internacionais e rexionais ratificados polo Estado español.Entendendo os concellos como institucións mais próximas á cidadanía, é necesario que se sitúen no caso de que haxa prácticas ou lexislacións que vulneren dereitos protexidos polo dereito internacional dos dereitos humanos.No conxunto da Unión Europea, unha das actuacións que viola de forma más directa o principio de igualdade e de non discriminación é a actuación policial baseada nos perfis raciais. A Comisión Europea contra o Racismo e a Intolerancia do Consello de Europa (ECRI pola súas siglas en inglés) definiu a realización de redadas por perfis raciais como “o uso por parte da policía, sen xustificación obxetiva u razoable, de criterios como a raza, a cor, a lingua, a relixión, a nacionalidade ou a orixe nacional ou étnica para actividade de control, vixilancia ou investigación.Son estas redadas no espazo público, ou nas redes de transporte, unha das portas de entrada das persoas en situación irregular nos Centros de Internamento de Extranxeiros (CIE). Estes espazos son, en si memos, espazos de vulneración de dereitos humanos, na medida na que privan de liberdade a persoas que están en situación irregular (só unha falta administrativa) ou a persoas ás que se lle computan penas de prisión, sufrindo a chamada dobre discriminación (condena polo delito que cometeron e condena por estar nunha situación de irregularidade administrativa). A privación de liberdade por estancia irregular en CIE confronta co dereito á liberdade e á seguridade persoais proclamados no art. 3 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e o art.9 do Pacto Internacional dos Dereitos Civís e Políticos. En concreto, a detención en CIE foi denunciada por tratarse dunha medida lexislativa desproporcionada e incompatible co art.5 da Convención Internacional sobre a Eliminación de todas as formas de Discriminación Racial. Con todo, en España a constitucionalidade do internamento foi avalada polo Tribunal Constitucional, pero condicionada a unha serie de requisitos de excepcionalidade, control xuriscional e suposto carácter non penitenciario dos centros, que non se corresponden á realidade.Neste sentido, os CIE, separadamente de ser espazos que vulneran dereitos humanos básicos, son dispositivos que non compren s función para a que fin creados (o internamento como medida cautelar para asegurar a deportación), xa que menos da metade das internas e internos que pasan polos CIE españois son deportados. Así, os CIE deveñen mecanismo de chantaxe, ferramentas de presión e manipulación para a poboación migrante, que sofre a amenaza permanente do internamento na súa vida cotiá.En terceiro lugar, cabo destacar que, na actualidade, a maior parte das deportacións. Estanse levando a cabo sen respectar o dereito fundamental á tutela xudicial efectiva (art.25CE) debido a o corpo de Policía Nacional está levando a cabo deportacions exprés nas que os cidadáns e cidadás son detidos e devoltos ao seu país no marco de 72 horas dunha detención, sen que se avise na

1039CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 11: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

maior parte dos casos ao seu representante legal e sen que poidan realizarse unha revisión xurisdicional da orde de expulsión, a cal pode estar vixente desde hai varios anos, incluso completamente desactualizada.Dita práctica de deportacións exprés producense cunha maior intensidade cando o Ministerio de Interior ou a axencia europea Frontex teñen previsto fletar un avión ad hoc de deportación a un país determinado. A contratación de devanditos voos colectivos de deportación vulnera a prohibición de realizar deportacións colectivas presentes no Convenio Europeo de Dereitos Humanos, ademáis de fomentar os controis policiais baixo criterios de perfil racial e as deportacions sen garantías.Os antecedentes descritos recomendan a redacción da presente moción e a aprobación dos seguintes acordos por parte do pleno municipal.ACORDOS(Previo) Manifestar o compromiso do Concello en traballar pola erradicación do racismo na Cidade e a igualdade de dereitos e oportunidades para todos e todas os seus cidadáns e cidadás.Primeiro.-Manifestar o compromiso de emprender medidas municipais en base á legalidade e competencias existentes e os efectos que sinala esta moción, co obxetivo de garantir que ninguna persoa será identificada e detida por cuestión raciais e privada de liberdade polo feito de atoparse en situación administrativa irregular. En base a iso, comunicarase aos, diferentes corpo policiais que actúan na Cidade, de forma escrita e mediante os organismos de coordinación existentes, a posición deste Concello á identificación baseada en perfil racial, a detención e traslado aos CIE de ningún veciño ou veciña do municipio.Segundo.- Instar á Xunta de Galicia a que nos convenios coas empresas adxudicatarias para o transporte público incluiase a garantía do dereito á movilidade de todas as persoas mediante un uso das redes de transporte público que non se vexa perturbado por identificacións raciais. Neste sentido, que inste expresamente ao persoal contratado para o desenvolvemento dos servicios de transporte a non realizar identificacións baseadas en perfil racial así como, no caso das persoas sen documentación conforme a súa situación administrativa regularizada, non dar aviso aos corpos policiais.Terceiro.- Instar á Xunta de Galicia e ó Goberno do Estado español a que se inicie un proceso que leve ao peche dos Centros de Internamento de Extranxeiros.Cuarto.- Instar ao Goberno a que cesen as deportacións exprés, mediante as cales a policía deporta a vecinos e veciñas do municipio baixo un rexime de detención de 72 horas, sen que medie ningún tipo de asistencia letrada.Quinto.- Instar ao Ministerio de Interior para que derogue, por vulnerar os dereitos fundamentáis de vecinos e veciñas do municipio, o Protocolo de Deportacións da Policía Nacional de 2007 que permite, entre outras medidas vulneradoras de dereitos, a sedación forzosa, atar con correas ás persoas que van ser deportadas, así como ser inmovilizadas cunha camisa de forza.Sexto.- Instar ao Ministerio de Interior para que non se realicen deportacións en voos colectivos nos que se constatou un gran número de situación de vulneración de dereitos, tanto no procedemento que leva encher os mesmos así como nos propios voos.Narón, 03 de Novembro de 2015Asdo. André Abeledo FernándezDNI: 32674033AVoceiro de Grupo Municipal de Esquerda Unida”

E visto o ditame favorable por maioría , con 7 votos a favor (4 TEGA, 1 PSOE, 1 BNG, 1 GRUPO MIXTO ) e 2 abstencións do PP da Comisión Informativa de Actividade Social e Igualdade de

1139CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 12: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

data 17-11-15, o seu presidente propón ao Concello Pleno, a adopción do ditame nestes mesmos termos.VOTACIÓN E ACORDO.- O Concello Pleno, por maioría e en votación ordinaria, aprobou a proposta transcrita:TEGA: A favor 10PP: En contra 4PSdeG-PSOE: A favor 2BNG: A favor 2GRUPO MIXTO MUNICIPAL: A favor 2

8 º.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR PARA PROPOÑER A ADHESIÓN DOS ESPAZOS ESCÉNICOS DO PADROADO DE CULTURA DO CONCELLO DE NARÓN Á TARXETA-BONO CULTURA GALEGA.. -Lida polo secretario xeral a moción que di así: EXPOSICIÓN DE MOTIVOSA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ven de anunciar recentemente a posta en funcionamento da Tarxeta-Bono Cultura Galega. Con esta iniciativa, dirixida a mozas e mozos de entre 18 e 30 anos, a Xunta de Galicia mobilizará en torno a 300.000 euros no sector editorial e das artes escénicas, cunha política directa de estímulo do consumo cultural entre os máis novos. En total poderán adquirir este produto arredor de 6.000 persoas que, cunha achega de 33 euros, poderán realizar un gasto por valor de 50 euros.

Está trátase dunha acción en prol da difusión e coñecemento da cultura galega e producida na lingua propia de Galicia. Non en balde, a tarxeta-bono dará acceso a libros escritos en galego, en papel, incluíndo traducións doutras linguas ao galego; e mais a mercar entradas para espectáculos de artes escénicas levados a cabo na comunidade autónoma galega. No suposto de representacións teatrais, estas deben ser en idioma galego.

Xa está aberto o prazo para que os establecementos se adhiran á iniciativa.

PROPOSTAAdherir os espazos escénicos do Padroado de Cultura do Concello de Narón á Tarxeta-Bono Cultura Galega.En Narón, a 06 de noviembre de 2015.Asinado: Marcos López BaladoVoceiro Municipal do Partido Popular”

E visto o ditame desfavorable por maioría, con con 7 votos en contra (4 TEGA, 1 PSOE, 1 BNG, 1 GRUPO MIXTO ) e 2 votos a favor do PP da Comisión Informativa de Actividade Social e Igualdade de data 17-11-15, o seu presidente propón ao Concello Pleno, a adopción do ditame nestes mesmos termos.VOTACIÓN E ACORDO.- O Concello Pleno, por maioría e en votación ordinaria, aprobou o DITAME DESFAVORABLE da moción transcrita:TEGA: A favor 10PP: En contra 4PSdeG-PSOE: A favor 2BNG: A favor 2GRUPO MIXTO MUNICIPAL: A favor 1 (EU) Abstención 1 (ENE)

1239CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 13: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

9 º.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE PARA INSTAR AOS GOBERNOS DE ESPAÑA E DA XUNTA DE GALICIA A INCLUIR A VACINA CONTRA A MENIXITE- B NO CALENDARIO VACINAL.. -Lida polo secretario xeral a moción que di así: O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta diante do Pleno da Corporación esta MOCIÓN, en base á seguinte:EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:A invención da primeira vacina, a da varíola, realizada por Edwuard Jenner aló polo ano 1796 supuxo un fito na loita contra a enfermidade. A partir dese momento, foron xurdindo vacinas para as enfermidades mortais ou con graves secuelas tales como tifo, tétanos, difteria, tosferina, tuberculose, poliomelite, etc …, o que proporcionou unha batería de ferramentas moi valiosas para poder loitar contra estas enfermidades e as súas devastadoras consecuencias. Estas novas armas á disposición dos médicos, deron como consecuencia unha importante diminución da mortalidade infantil e un aumento da esperanza e calidade de vida, pero só estaban dispoñibles para un pequeno sector da poboación, aquel que tiña os recursos suficientes para sufragalo gasto económico destas vacinas. Co transcorrer do tempo, en España iniciáronse campañas de vacinación que non foron de carácter obrigatorio ate os anos 20 por mor dunha epidemia de varíola, despois desta etapa de campañas, nos anos 70 impleméntanse os calendarios vacinais, incidíndose na prevención temperá ao realizala naqueles grupos de maior risco como son os nenos/as dende case o nacemento. En España, estas vacinacións sufragadas polo erario público, supuxeron un gran avance non só en saúde e diminución drástica da mortalidade infantil, senón en igualdade de oportunidades, posto que calquera familia tiña ao seu dispor, de xeito gratuíto, a oportunidade de inmunización ou polo menos de minimizalos riscos e secuelas de moitas enfermidades.A Constitución Española, no artigo 43 de protección da saúde, no seu punto primeiro recoñécelle aos cidadáns españois o dereito á protección da saúde e no segundo, establece que compete aos poderes públicos organizar e tutelar a saúde pública a través de medidas preventivas e das prestacións e servizos necesarios.O Convenio sobre os Dereitos do Neno, aprobado pola ONU e ratificado por España, establece no artigo 6, que os Estados asinantes recoñecen que tódolos nenos teñen dereito intrínseco á vida e garantirán na máxima medida posible a supervivencia e o desenvolvemento do neno.Existe dende fai meses un colectivo denominado “Plataforma de Cidadáns pola Saúde - Vacina XA”, que se mobiliza para recordarlle aos poderes públicos os deberes de protección que teñen coa cidadanía e en especial na protección da saúde e a prevención da enfermidade e esixen destes poderes, que introduzan a vacina contra a meninxite B de xeito universal e gratuíto para tódolos cidadáns, tendo en conta que neste ano xa morreron dous veciños de Arteixo e outro en Boiro. Dende esta plataforma son conscientes de que o eido municipal non ten case competencias a nivel sanitario e que a Xunta de Galicia non é quen de modificar unilateralmente o calendario vacinal, pero recórdanos que os Grupos Municipais dos concellos, están formados por veciños e veciñas, e son os representantes políticos da administración máis próxima á cidadanía, por iso nos piden que sexamos os valedores da súa causa ante os Gobernos da Xunta de Galicia e o Goberno de España, propoñendo, para aprobar polo pleno municipal, os seguintes ACORDOS:

Instar ao Goberno de España para que curse orde ao Ministerio de Sanidade para que a vacina da Meninxite B, sexa incluída de xeito inmediato no calendario vacinal.

1339CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 14: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

Instar á Xunta de Galicia para que, no caso de que o Ministerio de Sanidade non acepte a inclusión inmediata da vacina contra a Meninxite B, instaure unha nova experiencia piloto coa implantación da vacina da Meninxite B.

Narón, 16 de novembro de 2015Catalina García BlancoDNI: 32653535KVoceira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE”E visto o ditame favorable por maioría, con 7 votos a favor (4 TEGA, 1 PSOE, 1 BNG, 1 GRUPO MIXTO ) e 2 abstencións do PP da Comisión Informativa de Actividade Social e Igualdade de data 17-11-15, o seu presidente propón ao Concello Pleno, a adopción do ditame nestes mesmos termos.VOTACIÓN E ACORDO.- O Concello Pleno, por maioría e en votación ordinaria, aprobou a moción transcrita:TEGA: A favor 10PP: En contra 4PSdeG-PSOE: A favor 2BNG: A favor 2GRUPO MIXTO MUNICIPAL: A favor 2

10 º.- MOCIÓN DO GRUPO DE GOBERNO MUNICIPAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO E A PROL DA CREACIÓN DO ESTATUTO DO FEMINICIDIO.. -Lida polo secretario xeral a moción que di así: EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: A violencia machista é un dos problemas máis graves aos que se ten que enfrontar a nosa sociedade. Nas últimas décadas fíxose máis visíbel grazas aos múltiples movementos de mulleres denunciando o drama que isto sup ón.A loita contra a violencia de xénero ha de ser unha prioridade política. Para iso, é imprescindíbel que as leis vixentes (a orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e a 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e tratamento integran da violencia de xénero) se desenvolvan e se doten dos orzamentos precisos para seren levadas a cabo. Os recortes e o pouco interese na loita contra a violencia de xénero amosados polos gobernos central e autonómico fai que siga vixente e mesmo se sufran retrocesos no que a esta lacra se refire. Compre avanzar e dar pasos cara adiante que melloren os marcos legais ao mesmo tempo que se fai un labor preventivo, traballando en todas as etapas educativas, na formación específica en igualdade, na afectivo-sexual e na prevención da violencia de xénero. A resposta ante este problema vese claramente insuficiente, polo que é preciso avanzar no apoio económico, psicolóxico e social das mulleres e das crianzas, e corresponde á administración local, por ser a institución máis próxima á veciñanza, ser referente para combater este problema, polo que é preciso dotala dos recursos necesarios. Moitas veces, as mulleres non se atreven a denunciar porque iso aínda resulta máis perigoso para elas e as súas crianzas, polo que para atender a unha muller vítima de violencia de xénero debe abondar un informe dos Servizos Sociais. Débese pór en marcha, nos xulgados de Violencia de Xénero, o acompañamento xudicial personalizado para facer accesíbel ás vítimas a información sobre o procedemento máis seguro dende o momento en que poñen a denuncia, e servirlles de apoio no complicado proceso que as agarda trala denuncia. Ante a gravidade do problema, consideramos fundamental a inclusión de feminicidio, como forma de terror propio que sofren as mulleres, que sirva de base para a elaboración dun estatuto de vítima

1439CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 15: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

de Feminicidio, entendendo como tal o asesinato de mulleres motivado polo odio, o desprezo e o sentido de posesión dos homes que as asasinan polo feito de seren mulleres; eles séntense superiores e con dereito a rematar coa súa vida.

ACORDO: O Concello de Narón comprométese a seguir traballando a prol da igualdade e contra a violencia de xénero, polo que insta á Xunta de Galiza e ao Goberno central a:1. Mellorar os servizos de atención psicolóxica, información e inserción laboral recollida na lei galega 11/2007 do 27 de xullo. 2. Garantir que o 016 de atención ás mulleres estea operativo con medidas reais as 24 horas todos os días do ano. 3. Modificar a lei orgánica 1/2004 de 28 de decembro, introducindo o termo Feminicidio para iniciar os traballos para o desenvolvemento do Estatuto de Vítima do Feminicidio. 4. Pór en marcha nos xulgados de Violencia de Xénero o acompañamento xudicial personalizado para facer accesíbel a información á muller. 5. Previr, protexer e reparar o dano a menores vítimas de violencia de xénero. 6. Establecer a obrigatoriedade de dotar os xulgados de violencia de xénero do persoal necesario e de que xuíces, avogados, forenses, equipos psico-sociais e policías que traballan nestes xulgados estean axeitadamente formados. 7. Dotar os Concellos dun fondo que impulse e reforce o papel que deben seguir desempeñando os Servizos Sociais dos Concellos. Narón, 16 de novembro 2015.

Marián FerreiroVoceira do Grupo Municipal de TERRA GALEGA

Pablo Villamar Voceiro do Grupo Municipal do BNG

Catalina Mª García Voceira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE”

E visto o ditame favorable por maioría, con 7 votos a favor (4 TEGA, 1 PSOE, 1 BNG, 1 GRUPO MIXTO ) e 2 abstencións do PP da Comisión Informativa de Actividade Social e Igualdade de data 17-11-15, o seu presidente propón ao Concello Pleno, a adopción do ditame nestes mesmos termos.VOTACIÓN E ACORDO.- O Concello Pleno, por maioría e en votación ordinaria, aprobou a proposta transcrita:TEGA: A favor 10PP: En contra 4PSdeG-PSOE: A favor 2BNG: A favor 2GRUPO MIXTO MUNICIPAL: A favor 2

11 º.- MOCIÓN DO GRUPO MIXTO MUNICIPAL (E.N.E.) PARA A ACTUALIZACIÓN DO PROXECTO DO CENTRO DE DINAMIZACIÓN SOCIO-CULTURAL DE PEDROSO.. -Lida polo secretario xeral a moción que di así: A organización política Eliximos Narón Electores, pertencente o Grupo Mixto Municipal de Narón, en base ao disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta diante do Pleno da Corporación esta MOCIÓN, en base á seguinte:

1539CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 16: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:Trala paralización do proxecto do centro de dinamización socio-cultural de Pedroso por incumprimento das normativas e ante a baixa calidade do proxecto inicial debemos de reiterar a modificación do proxecto para dotalo dunhas prestacións dignas para o fin ao que vai dedicado.

1. A tipoloxía e o derribo dunha parte do edificio.

O proxecto contempla a demolición dunha parte do edificio existente, e segundo a Memoria Descritiva:

Se pretende la reducción de altura total, eliminando el segundo piso, al no ser una tipología del mundo rural un edificio de bajo más dos plantas, y que al mismo tiempo limitaría el uso, con lo que se reduce a una altura total de 7 m. en aleros.

Esta proposta, que causou o rexeitamento de parte da veciñanza, no se ve suficientemente xustificada dado que:

A edificación encontrase nun area con mais construcións de esta altura e concretamente cun edificio de dúas vivendas por planta a uns 60 metros de distancia.

O edificio tratase dunha construción de mais de 80 anos e perfectamente integrada na paisaxe.

Non se entende que limite o uso, senón que aporta utilidade o conxunto de centro.

Debido a súa construción de mampostería, o custo da demolición 624 euros segundo o orzamento do proxecto.

2. Propostas de cambios para o proxecto.

Aproveitamos a ocasión para facer propostas ao proxecto por distintos motivos:

a. Acceso con escaleiras e ascensor ata último andar.Proponse un cambio do espazo de accesos (corredor, escaleiras e ascensor)e aseos a cara Oeste do edificio, o que levaría a colocar os talleres 1 e 2 xunto co almacén e sala técnica polo lado sur.

Este cambio presenta as seguintes vantaxes:

o Permitir a chegada de escaleiras e ascensor a todas as plantas.

o Que o acceso se faga sempre desde esta nova construción evitando a ocupación do espazo no interior do edificio principal, o que levaría a liberar uns 10 m² en cada planta.

o Dispoñer de un dobre aseo en todas as plantas.

o Mellorar a seguridade fronte os incendios.

o Permitirque a cuberta se faga a dúas augas, coa mesma tipoloxía que a do edificio principal que é a típica do mundo rural.

b. Anexo para talleres.Segundo a proposta anterior a localización do anexo para talleres na cara sur podería facerse de dúas formas:

i. Con cuberta plana transitable.Este tipo de cuberta permitiría:

Ter unha terraza para distintas actividades en espazo aberto sobre unha base ríxida sen ocupar outras superficies da parcela.

ii. Con cuberta inclinada a 33,6º.

1639CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 17: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

Este tipo de cuberta permitiría:

Ter unha tipoloxía similar as construcións da zona.

Ofrecer unha superficie para a colocación de placas solares coa inclinación óptima para as nosas latitudes.

Ofrecer unha impermeabilización da cuberta mais sinxela e segura.

Habilitar un espazo baixo a cuberta para distintos usos (pequenos locais de reunións, almacenamento de material, etc.

c. Illamento térmico.

o Modificar os proxecto para obter una clasificación enerxética de nivel A.

o Emprego de illamento exterior tipo fachada ventilada ou SATE1 uniformando todas as fachadas para:

Eliminar os pontes térmicos principalmente de frontes de forxados.

Gañar moita inercia térmica ao integrar toda a masa dos muros exteriores da casa orixinal.

Eliminar as filtracións de humidades das fachadas.

Eliminar a necesidade de quitar o morteiro exterior e así aforrar un custe de 1.567 euros.

o Carpintería de portas e xanelas exteriores en carpintería de PVC de maior illamento térmico, e situadas no remate da parte quente da fachada co fin de reducir as transmisións.

o Introducir sistemas de renovación por aire forzado con intercambiador de calor de alto rendemento no lugar de micro ventilación.

d. Illamento acústico.Introducir illamento acústico entre locais e especialmente entre plantas mediante falsos teitos illados con fibras, dado que as diferentes actividades sociais son xeradoras de moito ruído de forma que unhas interfiren en outras se non se illan adecuadamente os locais.

e. Humidades.

o Drenaxe o redor da construción debería acadar maior profundidade a fin de aliviar a presión hidrostática e as forzas de capilaridade do terreo, especialmente no contorno da casa orixinal xa que polo seu método de construción facilita a subida das humidades polas paredes. Por todo elo se propón que o tubo de drenaxe o redor da construción acade profundidades de entorno a 1 metro con respecto a actual planta do edificio, e darlle una pendente os tubos de entorno a o 2‰de forma que todos os tubos leven a auga do centro do edifico a o lados do Este e Oeste para logo baixala cara o Sur aproveitando a pendente natural do terreo e finalmente continuar con dous tubos (un polo lado Este e outro polo Oeste) para a saída da auga cara as partes mais baixas da finca no lado Sur.

o Cambiala pedra da cuberta transitable, que he moi porosa, por material impermeable como o porcelánico.

f. Instalacións.

o Uso de iluminación led en lugar de baixo consumo para reducir o consumo.

o E moi recomendable duplicar ou triplicar os enchufes en despacho, salas etalleres co fin de evitar o uso e abuso de alargadeiras e regretas multiplicadoras de bases de enchufes.

1 Sistema de Aislamiento Térmico Exterior.1739

CONCELLO DE NARÓNPraza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 18: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

o Tubaria de calefacción en cobreou material plástico adecuado en lugar de aceiro que ten moita menor vida útil.

o Incluír a instalación completa da calefacción.

o Incluír un falso teito e unha instalación de ventilación polo falso teito.

g. Cociña e barra.

o Non se prevé a instalación dun frigorífico ou combi alto na cociña, solo seria posible un pequeno baixo a encimera, o cal parece moi insuficiente.

o Non se prevé a instalación dun lavalouzas na cociña, e aínda que si se contempla na barra do bar parécenos que pode ser insuficiente e que deberíase polo menos deixar previstos a billa e desaugadoiro por si logo que quere poñer.

o Cambiar a porta da cociña por outra de tipo corredoira e pasala a parte sur da mesma parede e tamén pasar o acceso a barra para a súa proximidade de forma que se reduce o mínimo a zona de paso e se pode aproveitar toda a parte da parede norte para mobles e estantes.

o O interior da cociña e barra non e moi accesible, e aínda que non se formulen como zonas de traballo para persoas con cadeira de rodas entendemos que si deberían ser accesibles e mais amplas para mellorar a comodidade e capacidade de traballo.

o Creemos que a cociña debería ter a capacidade para cociñar para un pequeno número de comensais e para quentar e preparar comida que veña xa elaborada. Axúntase debuxo coa cociña actual e unha proposta mais completa.

1839CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 19: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

h. Outros temas.

o Habilitar na zona sur un aparcamento cuberto para motos e bicicletas.

o Facer as portas centrais da fachada Este nas plantas superiores totalmente accesibles para permitir a entrada e saída de mobles o outras cargas voluminosas coa axuda da maquinaria adecuada.

o Especificar o solo como porcelánico e co grado de acabado antiescorregadizo necesario segundo as zonas.

Por todo elo a coalición Eliximos Narón Electores solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte

ACORDO:

Instar o goberno a revisar o proxecto para a introdución de melloras nos aspectos de:

a. Manter todas as plantas do edificio principal, e dicir, non proceder o derribo da última planta como recolle o proxecto.

b. Permitir o acceso con escaleiras e ascensor ata último andar.

c. Proceder a instalación de dous aseos por planta (un para homes e outro para mulleres).

1939CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 20: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

d. Facer a cuberta do arrimo dos talleres ou plana transitable ou con cuberta inclinada 33,6ºe paneis solares, para que sexa aproveitable a mesma para actividades o aire libre ou para habilitación de espazos baixo cuberta respectivamente.

e. Introducir melloras no illamento acústico, térmico e conta humidades por capilaridade.

f. Mellorar as instalacións coa instalación de iluminación led, a instalación completa do sistema de calefacción e a inclusión dun sistema de ventilación.

g. Ampliar o espazo para cocina e barra co fin de facelas mais accesible e posibilitar a instalación de lavalouzas e frigorífico na cociña.

Narón, a 16 de novembro de 2015E visto o ditame DESFAVORABLE , por maioría, con 6 votos en contra (4 TEGA, 1 BNG, 1 PSdeG-PSOE) , 2 abstencións do PP e 1 voto a favor do Grupo Mixto, da Comisión Informativa de Contratación, Persoal e Especial de Contas de data 19-11-15 , o seu presidente propón ao concello Pleno a adopción do ditame nestes mesmos termos.VOTACIÓN E ACORDO.- O Concello Pleno, por maioría e en votación ordinaria, aprobou o DITAME DESFAVORABLE da moción transcrita:TEGA: A favor 10PP: En contra 4PSdeG-PSOE: A favor 2BNG: A favor 2GRUPO MIXTO MUNICIPAL: Abstención 1 (EU) En contra : 1 (E.N.E.)

12 º.- MOCIÓN DO GRUPO MIXTO MUNICIPAL PARA INSTAR AO GOBERNO MUNICIPAL A ELABORAR OS PLANS EN MATERIA DE ACCESIBILIDADE.. -Lida polo secretario xeral a moción que di así: A organización política Eliximos Narón Electores, pertencente o Grupo Mixto Municipal de Narón, en base ao disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta diante do Pleno da Corporación esta MOCIÓN, en base á seguinte:EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:O artigo 49 da Constitución Española de 1978 establece que os poderes públicos levarán a cabo unha política de prevención, tratamento, rehabilitación e integración das persoas con discapacidade, ás que prestará a atención especializada que requiran e ás que amparará especialmente para o goce dos seus dereitos. Nos últimos tempos a sociedade actual foi experimentando cambios profundos no modo de conceptualizar, visibilizar e abordar a discapacidade, tanto no plano político, legal como operativo. Estes cambios reflíctense na introdución do enfoque dos dereitos humanos no tratamento e atención da discapacidade e tamén nas accións para abordar as desigualdades. Os modelos evolucionaron desde a visión tradicional da persoa con discapacidade como paciente (ou usuaria de servizos) cara a unha visión integradora dos factores biolóxicos, psicolóxicos e sociais que afectan a persoas con discapacidade na súa actividade e na súa participación social. É moi importante coñecer o enfoque que se lle da a este concepto no momento actual, sobre todo se se ten en conta que todas as persoas poden sufrir algún tipo de discapacidade, transitoria ou permanente, nalgún momento da súa vida, xa sexa por cuestións accidentais ou polo envellecemento. A partir da elaboración da Clasificación Internacional do Funcionamento, da Discapacidade e da Saúde (CIF 2001, OMS), a Organización Mundial da Saúde constrúe un novo concepto de discapacidade que se sustenta na conexión entre as distintas dimensións que interveñen na discapacidade: a biolóxica, a persoal e a social, para incidir de maneira complementaria sobre cada unha delas.O funcionamento dunha persoa enténdese como unha relación complexa ou interacción entre a condición de saúde e os elementos contextuais (ambientais e persoais). Os elementos contextuais interactúan coa persoa cunha condición de saúde e determinan o nivel e a extensión do seu funcionamento. Baséase na integración

2039CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 21: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

de dous modelos utilizados para definir a discapacidade: dunha banda, o modelo rehabilitador, que considera a discapacidade como unha situación da persoa directamente causada por unha enfermidade, trauma ou condición de saúde, e que require dunha intervención médico-profesional. Neste caso, o énfase está na persoa e na súa “deficiencia”, caracterizada como unha anomalía patolóxica que impide á persoa realizar actividades que si poden realizar a maioría das persoas. Doutra banda, o modelo social da discapacidade, segundo o cal esta ten un orixe social e debe tratarse como un asunto centrado na completa integración das persoas na sociedade. A discapacidade non é un atributo da persoa, senón un complicado conxunto de condicións, moitas das cales son creadas polo contexto ou o medio social. Segundo isto, non son as limitacións individuais a raíz do problema, senón as limitacións da propia sociedade para prestar servizos axeitados. Polo tanto, é fundamental a intervención social sendo responsabilidade colectiva da sociedade realizar as modificacións ambientais necesarias que permitan a participación plena das mulleres e dos homes con discapacidades en todas as áreas da vida social. En definitiva, dentro deste novo modo de explicar a discapacidade e as súas implicacións, o contexto social é un factor indispensable para posibilitar ou impedir que a persoa desenvolva ao máximo o seu potencial de capacidade e goce dos mesmos dereitos e oportunidades que o resto da cidadanía.A Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade incardínase neste novo enfoque, ao superar o modelo rehabilitador e incorporar os modelos social e da diversidade. En concreto, no seu preámbulo, sinala que a discapacidade é un concepto que evoluciona e que resulta da interacción entre as persoas con deficiencias e as barreiras debidas á actitude e ao contorno que evitan a súa participación plena e efectiva na sociedade, en igualdade de condicións coas demais persoas. O modelo social pretende poñer de manifesto que os obstáculos aos que se deben enfrontar as persoas con discapacidade teñen a súa orixe nas limitacións da sociedade para prestar servizos apropiados e para asegurar adecuadamente que as súas necesidades sexan tidas en conta dentro da organización social. O modelo da diversidade, relacionado co social, incide no valor das persoas con discapacidade por si mesmas, en tanto que a súa presenza nas sociedades representa un verdadeiro factor de enriquecemento.Para iso é preciso, en consonancia con estes novos modelos, unha nova orientación das políticas que deben desenvolver os poderes públicos, para que as persoas con discapacidade dispoñan dos medios e condicións necesarias que posibiliten o seu pleno desenvolvemento en todos os ámbitos da vida, para lograr a súa máxima autonomía persoal na comunidade, posibilitar o exercicio do seu poder de decisión sobre a súa propia existencia e participar activamente na vida da súa comunidade, conforme ao dereito ao libre desenvolvemento da personalidade (vida autónoma).3. ESTRATEXIA GALEGA SOBRE DISCAPACIDADE PARA O PERÍODO 2015-2020.O pasado día 5 de novembro o consello de goberno da Xunta de Galicia aprobou a ESGADI 2015-2020 (Estratexia Galega Sobre Discapacidade) que consigna 800 millóns de euros para a posta en marcha de 478 actuacións coas que afondar na atención social, laboral e sanitaria que reciben as persoas que padecen algún tipo de discapacidade.O Plan dirixe os seus esforzos cara aos aspectos considerados clave para avanzar na consecución da igualdade real das persoas con discapacidade e a súa inclusión social, e para promover que as persoas con discapacidade poidan gozar dunha vida autónoma e independente.A ESGADI estrutúrase en seis liñas estratéxicas coas que se pretende gañar en operatividade, claridade e sinxeleza para articular as políticas de intervención en materia de discapacidade para os próximos anos:

1. Accesibilidade, 2. Autonomía persoal,3. Educación,4. Formación e emprego,5. Saúde,6. Servicios sociais.

Estratexia susténtase nunha serie de liña transversais con vocación de impregnar o conxunto de actuacións que se desenvolvan ao seu abeiro:

2139CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 22: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

A) Accesibilidade : coa finalidade de asegurar a accesibilidade universal das persoas con discapacidade aos contornos físico, social, económico, político e cultural para o pleno exercicio dos seus dereitos e liberdades fundamentais.

B) Participación;C) Investigación, innovación e a calidade;D) Igualdade de xénero.

Como se pode comprobar, o consenso en canto a relevancia da accesibilidade para a vida das persoas con discapacidade é tal que na ESGADI, ademais de constituír unha das seis liñas estratéxicas que a integran, a súa presenza é transversal.

Así, incluíronse obxectivos operativos e actuacións nas restantes liñas especificamente dirixidos á supresión de todo tipo de barreiras que impiden o acceso en igualdade de condicións para as persoas con discapacidade. Deste xeito, en todos os ámbitos (educativo, sanitario, servizos sociais, emprego, …) cómpre avanzar na accesibilidade universal e o deseño para todas as persoas, a través de actuacións que garantan a súa utilización por todas e por todos (xa se trate de planificación de contornos, servizos, bens, actividades ou procesos en xeral), na maior extensión posible, tendo en conta que existen persoas moi diversas e que todas teñen dereito a utilizar e beneficiarse dese ben ou servizo.

Dentro do ESGADI, vanse poñer en marcha novos programas de axudas con financiamento europeo que suporán o vindeiro ano unha dotación orzamentaria de 6,5 millóns de euros, e onde unha aposta importante é o fomento da accesibilidade para o cal se habilitará unha liña de achegas dirixida á supresión de barreiras en infraestruturas sociais e espazos públicos, así como tamén un sistema de préstamo de produtos de apoio e axudas técnicas.

Ademais poñeranse en marcha novas medidas entre as que queremos salientar as “Liñas de axudas a concellos para mellorar a accesibilidade dos recursos turísticos”.

A través das liñas de financiamento do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020 e do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020, está previsto levar cabo accións para establecer a accesibilidade universal como elemento fundamental das infraestruturas sociais e dos espazos públicos, ben adaptándoos, ben utilizándoos como espazos de formación, capacitación, investigación e sensibilización de sectores de poboación con necesidade de accesibilidade aos servizos. Un exemplo neste sentido son as liñas de axudas públicas dirixidas ás entidades locais galegas para a execución de obras de mellora e adquisición de equipamentos que garantan a accesibilidade.

Por outra parte, está previsto tamén avanzar no desenvolvemento dos recursos e sistemas relacionados coa sinalización e a información para garantir o acceso das persoas con discapacidade ao contorno físico (contornos urbanos, arquitectónicos e naturais).

Considerar a accesibilidade universal como materia transversal a toda a Estratexia tradúcese na súa necesaria incorporación á práctica cotiá da administración galega, como elemento a ter en conta na elaboración e aplicación de normativas, contratación pública, servizos etc., o que cómpre levar a cabo sen esquecerse da importancia do seu fomento no marco da actividade privada, outro dos obxectivos operativos que tamén se inclúe nesta liña estratéxica. A supresión de barreiras arquitectónicas en establecementos comerciais, hostaleiros, … ademais das relacionadas coa comunicación en moi distintos ámbitos como o cultural, servizos de lecer, comercio, banca … deben ser tamén obxecto de impulso para a súa asunción no ámbito da iniciativa privada.

4. Lexislación.

2239CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 23: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

O Real Decreto Lexislativo 1/2013, de 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, fixa condicións básicas de accesibilidade e non discriminación, e concretamente no Artigo 23 fala das condicións básicas de accesibilidade e non discriminación, destacando:

2. Las condiciones básicas de accesibilidad y no discriminación establecerán, para cada ámbito o área, medidas concretas para prevenir o suprimir discriminaciones, y para compensar desventajas o dificultades. Se incluirán disposiciones sobre, al menos, los siguientes aspectos:

a) Exigencias de accesibilidad de los edificios y entornos, de los instrumentos, equipos y tecnologías, y de los bienes y productos utilizados en el sector o área. En particular, la supresión de barreras a las instalaciones y la adaptación de equipos e instrumentos, así como la apropiada señalización en los mismos.

e) Planes y calendario para la implantación de las exigencias de accesibilidad y para el establecimiento de las condiciones más favorables y de no discriminación.

O artigo 25 fala destas condicións no ámbito de los espazos públicos urbanizados e edificación:

1. Las condiciones básicas de accesibilidad y no discriminación de las personas con discapacidad para el acceso y utilización de los espacios públicos urbanizados y edificaciones serán exigibles en los plazos y términos establecidos reglamentariamente.

No obstante, las condiciones previstas en el párrafo anterior serán exigibles para todos los espacios públicos urbanizados y edificaciones, de acuerdo con las condiciones y plazos máximos previstos en la disposición adicional tercera.1.

A disposición adicional terceira (Exigibilidad de las condiciones básicas de accesibilidad y no discriminación) di:

1. Los supuestos y plazos máximos de exigibilidad de las condiciones básicas de accesibilidad y no discriminación, en todo caso, son los siguientes:

b) Para el acceso y utilización de los espacios públicos urbanizados y edificaciones:

Espacios y edificaciones nuevos: 4 de diciembre de 2010.

Espacios y edificaciones existentes el 4 de diciembre de 2010, que sean susceptibles de ajustes razonables: 4 de diciembre de 2017.

O artigo 30, de medidas para facilitar o estacionamento de vehículos, di:

Los ayuntamientos adoptarán las medidas adecuadas para facilitar el estacionamiento de los vehículos automóviles pertenecientes a personas con problemas graves de movilidad, por razón de su discapacidad.

O artigo 34, de outras medidas públicas de accesibilidade, di:

1. Las administraciones públicas habilitarán en sus presupuestos las consignaciones necesarias para la financiación de las adaptaciones en los inmuebles que de ellos dependan.

2. Al mismo tiempo, fomentarán la adaptación de los inmuebles de titularidad privada, mediante el establecimiento de ayudas, exenciones y subvenciones.

3. Además, las administraciones competentes en materia de urbanismo deberán considerar, y en su caso incluir, la necesidad de esas adaptaciones anticipadas, en los planes municipales de ordenación urbana que formulen o aprueben.

2339CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 24: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

4. Los ayuntamientos deberán prever planes municipales de actuación, al objeto de adaptar las vías públicas, parques y jardines, a las normas aprobadas con carácter general, viniendo obligados a destinar un porcentaje de su presupuesto a dichos fines.

A Lei 10/2014, de 3 de decembro, de accesibilidade no Artigo 5. Accesibilidade en espazos públicos urbanizados, di:

4. As vías públicas, os parques e os demais espazos de uso público existentes, así como as respectivas instalacións de servizos e mobiliario urbanos, deberán ser adaptados gradualmente, de acordo cunha orde de prioridades que terá en conta a maior eficacia e a concorrencia ou o tránsito de persoas e as regras e condicións previstas regulamentariamente, e sen prexuízo dos prazos establecidos na normativa básica estatal de aplicación.

Para tal efecto, os entes locais terán que elaborar plans especiais de actuación para adaptar as vías públicas, os parques e os demais espazos de uso público ás normas de accesibilidade. Con esta finalidade, os proxectos de orzamentos dos entes públicos deberán conter, en cada exercicio orzamentario, as consignacións específicas para o financiamento destas adaptacións, dentro das dispoñibilidades orzamentarias.

No Artigo 37. Acceso aos bens e servizos das administracións públicas de Galicia, di:

1. Forman parte do obxecto desta lei a accesibilidade e o deseño para todos no ámbito do acceso aos bens e servizos das administracións públicas, especialmente no referido aos recursos humanos e materiais e ás oficinas de atención ao público, así como no relacionado co acceso electrónico da cidadanía aos servizos públicos e ao desenvolvemento da Administración electrónica na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. As administracións públicas de Galicia adoptarán as medidas necesarias para garantir a efectiva accesibilidade universal de calquera persoa nas súas relacións coa Administración, de acordo co marco normativo aplicable.

Na Disposición adicional primeira. Adaptación e supresión de barreiras existentes, di:

As administracións públicas de Galicia, no ámbito das súas competencias, elaborarán os plans de adaptación e supresión de barreiras previstos nesta lei, respectando os prazos establecidos no Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.

As administracións públicas de Galicia establecerán anualmente, segundo as súas dis-poñibilidades orzamentarias, fondos para investimentos destinados ao cumprimento das condicións básicas de accesibilidade e non-discriminación.

Na Disposición adicional segunda. Plans de evacuación e seguridade, di:

Determinaranse regulamentariamente os plans de evacuación e seguridade dos espazos, edificacións e servizos de concorrencia ou uso público, co fin de garantir a súa adecuación ás necesidades das persoas con mobilidade reducida.

Por todo elo a coalición Eliximos Narón Electores solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguintes

ACORDOS:

2. Instar ao goberno municipal a elaborar os plans e programacións necesarios para cumprir coa normativa vixente en materia de accesibilidade.

2439CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 25: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

3. Instar ao goberno municipal, de acordo coa normativa vixente, a establecer os fondos necesarios para o cumprimento dos citados plans de accesibilidade.

4. Instar ao goberno municipal a que informe ao pleno de ditos plans e programacións unha vez elaborados.

Narón, a 9 de outubro de 2015 Alfonso Casal Pita

D.N.I.: 32640748EE visto o ditame DESFAVORABLE con 4 votos en contra (2 TEGA+1 PSdeG-PSOE+ 1 BNG) e 2 abstencións (1 PP+ 1 GRUPO MIXTO) da Xunta de Portavoces de data 24-11-15, o seu presidente propón ao Concello Pleno, a adopción do ditame nestes mesmos termos.VOTACIÓN INCLUSIÓN NA ORDE DO DÍA.- O Concello Pleno, por unanimidade e en votación ordinaria, aprobou a inclusión deste punto na Orde do Día.

VOTACIÓN E ACORDO.- O Concello Pleno, por maioría e en votación ordinaria, aprobou o DITAME DESFAVORABLE da moción transcrita:TEGA: A favor 10PP: En contra 4PSdeG-PSOE: A favor 2BNG: A favor 2GRUPO MIXTO MUNICIPAL: Abstención 1 (EU) En contra 1(E.N.E.)

13º.-MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE PARA PEDIR A DEROGACIÓN DA LEI 27/2013, DO 27 DECEMBRO (LRSAL) OU, NO SEU DEFECTO, A DEVOLUCIÓN ÁS ENTIDADES LOCAIS DAS COMPETENCIAS EN MATERIA DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS E PROMOCIÓN E REINSERCIÓN SOCIAL.. -Lida polo secretario xeral a moción que di así: O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta diante do Pleno da Corporación esta MOCIÓN, en base á seguinte:EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:A Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local veu reformar a Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, poñendo en xaque a base do municipalismo e o modelo que garantiu a cohesión social do noso país durante os últimos trinta anos.A reforma exposta priva ás entidades locais das competencias en materia de prestación dos servizos sociais e de promoción e reinserción social, así como en sanidade, consumo, igualdade, políticas activas de emprego, etc.A nova Lei consagra unha visión exclusivamente economicista das funcións mesmas do Estado, e en especial das Entidades Locais, ao citar a estabilidade orzamentaria como principio reitor que debe presidir as actuacións de todas as Administracións públicas no canto de situar a atención ós cidadáns/as e a calidade na prestación de servizos no centro da reforma.Desde o principio, o PSOE opúxose frontalmente a esta reforma porque ataca e dana á raíz mesma do goberno municipal, recorta competencias aos concellos e abre o camiño á desaparición ou á privatización dos servizos sociais que prestan os concellos. O texto é, ademais, un ataque á Carta Europea de Autonomía Local. Tamén se opuxeron o resto dos grupos da oposición e alcaldes de toda España, incluídos moitos do Partido Popular.

2539CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 26: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

Por iso, os Grupos Parlamentarios Socialista, Esquerda Plural, Unión Progreso e Democracia, e Mixto (BNG, CC-NC-PNC e Compromís-Q) presentaron un recurso de inconstitucionalidade contra esta Lei. O mesmo fixeron algunhas Comunidades Autónomas. Igualmente, máis de 3.000 concellos de toda España, que representan a máis de 16 millóns de cidadáns e cidadás, presentaron un conflito ante o Tribunal Constitucional en defensa da autonomía local constitucionalmente garantida. Tanto os recursos como o conflito presentados foron admitidos a trámite polo Tribunal Constitucional e están pendentes de tramitación e sentenza.Hoxe de novo, reafirmamos o noso compromiso de derrogar esta lei en canto o PSOE chegue ao Goberno. Un dos principais ataques ao municipalismo da LRSAL é un cambio profundo na organización do sistema público dos Servizos Sociais, que afecta a repartición e a relevancia da Administración Local no conxunto das actuacións do Estado, desposuíndoa de todas as súas facultades de acción neste ámbito, un dos máis importantes para construír unha comunidade, e onde é esencial a proximidade para a prestación dos servizos. Calcúlase que cando o 31 de decembro entre en vigor a previsión de cesión das competencias de servizos sociais municipais ás CCAA, máis de 8,5 millóns de cidadáns veranse afectados.Desta maneira créase unha situación crítica para a continuidade do sistema público de Servizos Sociais en España que se foi construíndo desde os anos 80, sobre a base do marco constitucional, e dos Estatutos de Autonomía. En desenrolo do marco constitucional foise consolidando o actual sistema público de Servizos Sociais, baseado na cooperación entre administracións e que permite a aplicación do Plan Concertado de Servizos Sociais.Esta reforma creba a estrutura xa consolidada e limita extraordinariamente as funcións de prestación dos servizos sociais e de promoción e reinserción social dos consistorios á mera "avaliación e información de situacións de necesidade social, e a atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social", desnaturalizando por completo o sistema actual. Ademais, isto lévase a cabo nun momento en que as cifras de pobreza en España son cada día máis dramáticas. Na actualidade, 1 de cada 5 persoas viven no noso país por baixo do limiar de pobreza. 2,8 millóns de nenos, o 33,8 por cento da poboación menor de idade, están en risco de pobreza. A taxa de cobertura por desemprego baixou até deixar desatendidas á metade das persoas en paro, mentres que ter un traballo, xa non garante saír da pobreza en España.Nun contexto como o actual, é necesario potenciar os servizos aos que a cidadanía recorre en primeiro lugar para obter información e atención social e laboral, pero paradoxalmente, o Goberno do PP, no seu afán de reducir a mínimos a protección social, consumou o desmantelamento da Rede Pública de Servizos Sociais de proximidade, con recortes orzamentarios (64% no Plan Concertado) que, ademais de deixar sen protección a miles de cidadáns en plena crise, supuxo a destrución de máis de 10.000 postos de traballo do sector público local.Tamén se marxina aos cidadáns que viven no medio rural ao eliminar calquera servizo social dos pobos con menos de 20.000 veciños (incluso os servizos sociais de asistencia inmediata deixan de ser de carácter obrigatorio nos municipios pequenos) en aras dunha pretendida maior rendibilidade, e para traspasar ditas competencias directamente ás deputacións provinciais.En definitiva a LRSAL suporá para millóns de persoas perder a atención social que reciben dos seus Concellos. Por iso, a Xunta de Goberno da FEMP pediu unha moratoria da súa entrada en vigor e a posterior derrogación da mesma.Por todo o exposto o PSdeG-PSOE de Narón, somete para o seu debate e a súa aprobación se procede, a adopción dos seguintes ACORDOS:Dirixirse ó Goberno do Estado para:

a) Derrogar a lei 27/2013, de 27 de decembro de racionalización e sustentabilidade da Administración Local.

2639CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 27: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

b) Mentres tanto, se comprometa a tramitar, de forma inmediata, unha modificación lexislativa que devolva urxentemente ás Entidades Locais as competencias en materia de prestación dos servizos sociais e de promoción e reinserción social, reafirmando a autonomía municipal constitucionalmente garantida, entendida como a capacidade de decisión en todos os ámbitos da vida cidadá, sen prexuízo da necesaria coordinación de competencias entre administracións, baixo os principios de calidade do servizo, proximidade e subsidiariedade.

Narón,  16  de novembro de 2015Catalina García BlancoDNI: 32653535KVoceira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOEE visto o ditame favorable, por maioría, con 5 votos a favor ( 2 TEGA+1 PSdeG-PSOE+1 BNG+ 1 GRUPO MIXTO) e 1 voto en contra do PP da Xunta de Portavoces de data 24-11-15, o seu presidente propón ao Concello Pleno, a adopción do ditame nestes mesmos termos.VOTACIÓN DA INCLUSIÓN DO PUNTO NA ORDE DO DÍA .- O Concello Pleno, por unanimidade e en votación ordinaria, aprobou a inclusión deste punto na Orde do Día.VOTACIÓN E ACORDO.- O Concello Pleno, por maioría e en votación ordinaria, aprobou a moción transcrita:TEGA: A favor 10PP: En contra 4PSdeG-PSOE: A favor 2BNG: A favor 2GRUPO MIXTO MUNICIPAL: A favor 2

14 º.- DECLARACIÓN INSTITUCIONAL PARA A PROMOCIÓN DO ANO 2016 COMO

ANO DAS IRMANDADES DA FALA.. -Lida polo secretario xeral a Declaración Institucional

que di así: EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Hai case cen anos, figuras históricas como a de Antón Vilar Ponte traballaban a prol da creación dunha organización

que situase no primeiro termo a importancia do idioma galego. Así, o 18 de maio de 1916 nacía na Coruña a

Irmandade dos Amigos da Fala, posteriormente coñecida para a historia como Irmandades da Fala. Co obxectivo da

defensa, o cultivo e a promoción da lingua do noso país, ao nacemento da Irmandade da Coruña seguiron o doutras

localidades onde homes e mulleres comprometidas traballaron pola dignificación da nosa identidade.

A aparición e difusión das Irmandades supuxo un avance para a cultura de noso, situando a nación galega como o

suxeito fundamental da produción cultural da época. Promoveron a elaboración de gramáticas, dicionarios e estudos

lingüísticos sobre a nosa fala, reivindicando tamén para ela aqueles espazos dos que tiña sido desterrada, desde a

administración ao ensino.

No vindeiro 2016 cúmprense 100 anos dunha peza fundamental na configuración do que hoxe somos como pobo e

cultura, por iso é fundamental garantir o compromiso das institucións públicas coa súa celebración, difundindo o

coñecemento do seu legado histórico e apoiando a declaración oficial de 2016 como Ano das Irmandades da Fala.

Por estas razóns, a Corporación de Narón somete a debate e aprobación polo pleno do Concello esta declaración

institucional propoñendo a adopción do seguinte

2739CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 28: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

ACORDO

Consonte o acordo unánime do Parlamento de Galiza de 29 de abril de 2015, acórdase instar ao

Goberno Galego a declarar 2016 "Ano das Irmandades da Fala", establecendo para iso un programa

de actividades conducentes a divulgar a toda a sociedade galega o coñecemento do encomiábel labor

desta organización, animada polo propósito de traballar pola consecución dunha Galiza máis culta,

libre, xusta e comprometida consigo mesma, e a dotar os fondos necesarios nos orzamentos da Xunta

de 2016 para executar ese programa.

Comprometemos ao noso Concello a colaborar coa administración pública e coas asociacións,

organizacións, colectivos e entidades da contorna para difundir a historia das Irmandades da Fala e o

seu contributo ao traballo pola lingua e culturas galegas.

Marián Ferreiro

Voceira GM

Terra Galega

Catalina García

Voceira GM

PSdeG-PSOE

Pablo Villamar

Voceiro GM

Bloque

Nacionalista

Galego

Marcos López

Voceiro GM

Partido Popular

André Abeledo

Voceiro Grupo

Mixto

Narón, 18 de novembro de 2015

E visto o ditame favorable, POR UNANIMIDADE, da Xunta de Portavoces de data 24-11-15 proponse ao Concello

Pleno a adopción do ditame nestes mesmos termos.

VOTACIÓN E ACORDO.- O Concello Pleno, por unanimidade e en votación ordinaria, aprobou a Declaración Institucional transcrita.

15 º.- ACTIVIDADE DE CONTROL DO PLENO: MOCIÓNS URXENTES

A/ MOCIÓN DE TEGA, PSdeG-PSOE, BNG E GRUPO MIXTO DE APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS E MIGRANTES EN EUROPA.. -Lida polo Sr.alcalde a moción que di así: EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Estamos a vivir, xusto ás portas de Europa e no propio continente, unha crise humanitaria sen precedentes desde a II Guerra Mundial. A magnitude da traxedia debe impelir unha actuación urxente da Unión Europea e da comunidade internacional, para derrubar novos muros que deixen do lado de fóra a miseria e a dor provocada por eles propios.

Con efecto, a dimensión que está a alcanzar a actual crise de persoas refuxiadas e migrantes ten a súa orixe na rapina imperialista comandada polos Estados Unidos (EUA). Os EUA e os seus aliados europeos non dubidaron en levar a guerra, a morte, a destrución e a miseria a diversos países con tal de alcanzar os seus obxectivos xeoestratéxicos e espoliar os seus recursos naturais, particularmente o petróleo.

Primeiro foi o Afganistán, o Iraq, despois Libia. Agora é a Siria o albo do imperialismo. Os EUA, co inestimábel apoio de Israel e a colaboración de diversos estados europeos, organizaron, armaron

2839CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 29: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

e alentaron o terrorismo na Siria, incluído o chamado Estado Islámico, que agora sinalan como principal inimigo e utilizan como máis un pretexto para a súa politica intervencionista na zona. Cando non, como no caso da Turquía, como punta de lanza contra o movimento de liberación nacional do Curdistán.

As vítimas desta deshumana política imperialista son as poboacións civís destes Países. É o pobo de Iraq, de Afganistan, de Libia, de Siria, do Curdistán, tamén de Palestina. Non pode sorprender, por tanto, a vaga imensa de persoas refuxiadas -fundamentalmente sirias- que escapan da guerra e de migrantes que foxen da miseria xerada igualmente pola rapina neocolonial no Oriente Próximo e en África, coa inestimábel colaboración das elites locais.

Tampouco sorprende, infelizmente, a resposta da Europa capitalista. A grande preocupación desa Unión Europea ao servizo da oligarquía non é resolver o drama humano nin os problemas sociais, económicos ou políticos que están na súa xénese. A preocupación principal é blindarse para deixalos fóra. Utilízase o Mediterráneo como un grande foxo para defender o castelo europeo sen se preocupar, na realidade e para alén dos lamentos de rigor, cos millares de persoas mortas cada ano tentando cruzalo en condicións infrahumanas. Agora, fronte á vaga de persoas refuxiadas, levántanse novos muros. Hungría vén de fechar con rolos de arame farpado 175 quilómetros da súa fronteira con Serbia para impedir a entrada de persoas refuxiadas e migrantes. No entanto, non será esta tipo de medidas as que freen o problema.

Un dos exemplos máis evidentes do desinterese inicial da UE por resolver esta dramática situación está o facto de, após de máis dunha semana de crise humanitaria, deciden o 30 de agosto convocar unha reunión de urxencia do Consello de Ministros de Interior para o día 14 de setembro. Entre tanto, millares de persoas refuxiadas continúan a se agolpar en condicións penosas nas fronteiras ou achan a morte no Mediterráneo. Máis unha vez o capitalismo non ten alma, ten apenas carteira.

No entanto, este drama que parece deixar indiferentes os gobernos europeos, atinxe directamente a conciencia dos pobos. A xente, institucións de todo tipo e o nacionalismo galego, desde a súa consubstancial praxe internacionalista, sente como propio o drama humano, social e político que representa esta crise e por iso non podemos ficar indiferentes nin pasivos. O grupo de goberno de Narón exixe da Unión Europea mudar de forma radical e urxente as políticas de blindaxe por outras de axuda e acollida digna ás persoas refuxiadas e migrantes.

Aliás, os grupos municipais de Terra Galega, PSdeG-PSOE, Bloque Nacionalista Galego e Grupo Mixto queren denunciar abertamente as políticas imperialistas e de intervención militar que están detrás desta situación e defende:

Pór fin á intervención occidental na Siria en apoio dos chamados rebeldes e promover activamente o fin do conflito militar.

A retirada de todas as forzas militares norteamericanas e estranxeiras dos países de Oriente próximo e norte de África.

Respecto á soberanía dos pobos e de resolución política dos conflitos.

Unha política de paz, solidariedade e cooperación entre todos os pobos.

O dereito do pobo Curdo á liberdade e á soberanía e o respecto dese dereito por parte de todos os Estados actualmente ocupantes do Curdistán.

O dereito do pobo palestino á paz e á liberdade no seu propio Estado independente.

2939CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 30: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

A solidariedade internacionalista e a acción antiimperialista en toda a Europa e en todo o mundo.

Consecuentemente, diante da traxedia que están a vivir as persoas refuxiadas e migrantes, solicitamos do pleno da corporación municipal a adopción do seguinte

ACORDO

1.- Instar á Xunta de Galiza a que demande do Goberno do Estado que asuma as súas responsabilidades con urxencia na crise humanitaria que están vivindo as persoas refuxiadas e migrantes en Europa e na contorna do Mediterráneo e que promova, no marco das institucións europeas, un xiro nas políticas de asilo e de cooperación cos países empobrecidos, e tamén demandar que rompa co coñecido como Protocolo de Dublín.

3.- Así mesmo, instar á Xunta de Galiza a que asuma as súas responsabilidades e participe facilitando os recursos e servizos necesarios para a acollida temporal de persoas refuxiadas en Galiza.

4.- Iniciar contactos coa FEGAMP e organizacións non gobernamentais que están traballando sobre esta problemática en Galiza para impulsar a creación dunha rede galega de concellos de acollida, que permita recoller a iniciativa cidadá e darlle apoio e organización e ofrecer soporte técnico.

5.- Impulsar no seo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade o estabelecemento de liñas de traballo e de axudas en colaboración cos concellos para facilitar o acollemento de persoas refuxiadas.

6.- Xestionar a mobilización e disposición de créditos orzamentarios para axudar as persoas refuxiadas ou migrantes asentadas no noso concello.

7.- Trasladar este acordo ao presidente do goberno do Estado e da Xunta de Galiza.

Narón, 16 de novembro 2015

E visto o ditame favorable por maioría con con 5 votos a favor ( 2 TEGA+1 PSdeG-PSOE+1 BNG+ 1 GRUPO MIXTO) e 1 abstención do PP da Xunta de Portavoces de data 24-11-15, o seu presidente propón ao Concello Pleno, a adopción do ditame nestes mesmos termos.VOTACIÓN DA URXENCIA.- O Concello Pleno, por unanimidade e en votación ordinaria, aprobou a urxencia da moción transcrita.

VOTACIÓN E ACORDO.- O Concello Pleno, por maioría e en votación ordinaria, aprobou a moción transcrita:TEGA: A favor 10PP: En contra 4PSdeG-PSOE: A favor 2BNG: A favor 2GRUPO MIXTO MUNICIPAL: A favor 1 (EU) Abstención 1 (ENE)

B/ MOCIÓN EN APOIO AO FUTURO DOS ESTALEIROS DE NAVANTIA NA RÍA DE FERROL.. -Lida polo secretario xeral a moción que di así: A grave situación pola que atravesa o sector naval da ría de Ferrol, segue, logo de más de tres décadas, nun proceso de progresivo desmantelamento; constituíndo en contraposición ao papel que lle correspondería como sector estratéxico na economía comarcal e galega, un dos elementos que máis está a contribuír ás

3039CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 31: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

elevadas taxas de desemprego (as máis altas de Galicia), emigración e índices de emerxencia social e pobreza no entorno dos concellos da comarca.A aguda crise que atravesan os estaleiros de Navantia Fene- Ferrol, sen novos contratos que incrementen, a practicamente inexistente, carga de traballo e as súas consecuencias en forma de destrucción de empresas e de emprego na industria auxiliar, é motivo de alarma para os axentes económicos e sociais e para a sociedade en xeral. Esta xa ten manifestado a súa inqueanza con mobilizacións masivas e de non variar a situación intensificaranse, pois está en perigo un sector estratéxico para o presente e o futuro das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.As Corporación Municipais, advertimos da necesidade de novos contratos, que garantan a plena ocupación nos estaleiros da Ría e a súa División de Reparacións. Esiximos un compromiso firme de todas as Institucións para dotar de medios técnicos e humanos o estaleiro de Fene e a garantía de Navantia de facer efectivo xa o levantamento do veto a Construcción Naval Civil. Entendemos básicas estas demandas que, de non ser atendidas, derivarían nunha seria ameaza para o futuro do naval, un sector estratéxico e fundamental na economía das nosas comarcas.Os alcaldes de Ferrolterra, Eume e Ortegal, en representación das nosas Corporacións, sumámonos ás lexítimas demandas dos axentes sociais e facemos un chamamento a todas as Institucións a comprometerse, na resolución inmediata das devanditas demandas, que enumeramos a continuación:1.Mantemento da titularidade pública de todos os centros de traballo de Navantia na Ría de Ferrol.2.-Defensa do sector naval civil e militar, potenciación de Reparacións e Turbinas, fabricación de bens de equipo, produción en offshore e enerxías renovables. Defensa destas actividades como sector estratéxico en Galicia.3.Dotación inmediatamente de carga de traballo aos estaleiros da Ría, garantindo a colocación de sendas quillas nas gradas de Ferrol e Fene.Construcción do Dique, orde de execución urxente do mesmo.4.Plan de futuro, que asegure o sostemento da compañía e o seu reforzamento a medio e longo prazo, coa participación dos representantes dos traballadores/as.

Incorporación de xóvenes que garanta a continuidade de todos os centros de traballo, dotándoos de plantilla suficiente para afrontar calquera tipo de proxecto, evitando a liquidación de postos de traballo, a precarización das condicións laborais e a merma da capacidade produción.

Industria Auxiliar, como complementaria para Navantia, non como mecanismo de abaratamento de custes.

Demanda de contratación propia como no resto de Administracións e eliminación da precariedade equiparando as condicións laborais e salariais.

Capitalización e posta en marcha dun Plan de Investimentos, que modernice os estaleiros e potencie a I+D-I en todas as áreas.

5. Descentralización da xestión, en especial os departamentos de Compras /Aprovisionamentos.6. Esixencia ás organizacións políticas do cumprimento e seguimento destes obxetivos.7. Reunión urxente co Presidente da Xunta de Galicia, a Dirección de Navantia e os Comités de

Empresa de Navantia Fene-Ferrol, coa presenza conxunta dos Sindicatos, da Universidade, e de representantes púbicos e económicos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal

E visto o ditame favorable por maioría con con 5 votos a favor ( 2 TEGA+1 PSdeG-PSOE+1 BNG+ 1 GRUPO MIXTO) e 1 abstención do PP da Xunta de Portavoces de data 24-11-15, o seu presidente propón ao Concello Pleno, a adopción do ditame nestes mesmos termos.

3139CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 32: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

VOTACIÓN DA URXENCIA.- O Concello Pleno, por unanimidade e en votación ordinaria, aprobou a urxencia da moción transcrita.VOTACIÓN E ACORDO.- O Concello Pleno, por maioría e en votación ordinaria, aprobou a moción transcrita:TEGA: A favor 10PP: En contra 4PSdeG-PSOE: A favor 2BNG: A favor 2GRUPO MIXTO MUNICIPAL: A favor 2

C/ MOCIÓN DE GRUPO MUNICIPAL POPULAR PARA PROPOÑER UNHA REBAIXA NO TIPO DO IMPOSTO DE BENS INMOBLES E PARA INICIAR UN PROCEDEMENTO DE REVISIÓIN DO VALOR CATASTRAL.. -Lida polo Sr.alcalde a moción que di así: O Grupo Municipal do Partido Popular de Narón con CIF: G70068895, e o amparo do establecido nos arts. 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta para o seu debate a Pleno a seguinte Moción:

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR PARA PROPOÑER UNHA REBAIXA NO TIPO DO IMPOSTO DE BENS INMOBLES E PARA INICIAR UN PROCEDEMENTO DE REVISIÓN DEL VALOR CATASTRAL

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Imposto de Bens Inmobles en Narón actualmente ten fixado un tipo impositivo do 0,70 e recentemente acábase de aprobar unha redución do mesmo ata o 0,66 para o ano 2016. Con todo, debido á aplicación anual do 10% da revisión dos valores catastrais do ano 2008, a previsión para o ano que vén é que o recibo continúe experimentando subidas, aínda que de forma máis moderada que nos últimos anos.A valoración dos valores catastrais efectuada no ano 2008 reflicte uns valores moi superiores aos que actualmente poden considerarse reais ou de mercado, o que tamén reforza que o recibo de Narón estea entre os máis altos da provincia.PROPOSTA1º Instar ao concello a rebaixar o tipo do imposto ata o 0,60 para o ano 2016.2º Instar ao concello a iniciar un procedemento de revisión dos valores catastrais ante a Dirección Xeral do Catastro, de acordo co procedemento legalmente establecido.3º Instar ao concello a aplicar as modificacións necesarias nos vindeiros anos no tipo impositivo para evitar subida algunha mentres se tramite o procedemento de revisión dos valores catastrais.

En Narón, a 24 de novembro de 2015Asinado: Marcos López BaladoE visto o ditame desfavorable por maioría con con 4 votos en contra ( 2 TEGA+1 PSdeG-PSOE+1 BNG) , 1 abstención do GRUPO MIXTO e 1 voto a favor do PP da Xunta de Portavoces de data 24-11-15, o seu presidente propón ao Concello Pleno, a adopción do ditame nestes mesmos termos.

VOTACIÓN DA URXENCIA .- O Concello Pleno, por unanimidade e en votación ordinaria, aprobou a urxencia da moción transcrita.VOTACIÓN E ACORDO.- O Concello Pleno, por maioría e en votación ordinaria, aprobou o DITAME DESFAVORABLE da moción transcrita:TEGA: A favor 10PP: En contra 4

3239CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 33: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

PSdeG-PSOE: A favor 2BNG: A favor 2GRUPO MIXTO MUNICIPAL: En contra 2

D/ PROPOSTA SOBRE CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE OS CONCELLOS DE NEDA, FENE, FERROL E NARÓN PARA A ORGANIZACIÓN DA PROBA DEPORTIVA "MEMORIAL ADOLFO ROSS-VOLTA Á RÍA".. -Lida polo secretario xeral a proposta que di así: Visto o Informe proposta redactado pola Interventora, que literalmente di:

“De conformidade co que se establece no artigo 175 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, a tal respecto se formula o seguinte INFORME PROPOSTA:

ANTECEDENTES- Convenio de colaboración entre os concellos de Neda, Fene, Ferrol e Narón para a organización da proba deportiva denominada “Memorial Adolfo Ros-Volta á Ría” do 21/10/2015.- Informe proposta do Administrador-Xerente do Servizo de Deportes do 05/11/2015.- Proposta do Concelleiro de Deportes do 24/11/2015.- Informe de fiscalización da Intervención municipal do 24/11/2015.

NORMATIVA Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais (TRLRFL). Real decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenrola o capítulo I do Título VI da Lei 39/1988, do 28 de decembro, que regula as facendas locais (RD 500/90). Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL). Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia. Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

INFORME

Logo de ver o Convenio de colaboración entre os Concellos de Neda, Fene, Ferrol e Narón para a organización da proba deportiva denominada “Memorial Adolfo Ros-Volta á Ría” do 21/10/2015, asinado polos concelleiros delegados de deportes dos respectivos concellos.

Logo de ver que a cláusula terceira do citado convenio prevé unha duración para o convenio que comprende dende o 01/11/2015 ata o 31/10/2019, o que implica cinco exercicios orzamentarios.

Considerando que no exercicio 2015 a organización da proba deportiva lle corresponde ao Concello de Narón, así como tamén lle corresponderá no ano 2019.Logo de ver o informe de fiscalización da Intervención municipal do 24/11/2015 que obra no expediente.

Considerando que neste caso estamos ante unha transferencia corrente de carácter plurianual cuxo número de anualidades é de cinco e que atopa encaixe dentro do suposto previsto no artigo 174.2 e) do TRLRFL “Transferencias correntes”.

3339CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 34: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

Considerando que resultan de aplicación os límites porcentuais previstos no artigo 174.3 TRLRFL (70%, 60%, 50% e 50%). Pero no caso deste gasto plurianual estes límites non se cumpren, segundo os compromisos de gasto previstos no convenio, pois non existe crédito na bolsa de vinculación xurídica que resultaría de aplicación (34100.46), ao non existir a dita bolsa de vinculación, tal e como está establecida na Base nº 9 das Bases de execución do orzamento do ano 2015, xa que no ano 2015 a organización correspóndelle ao Concello de Narón, polo que os ditos gastos impútanse ao capítulo 2 do estado de gastos do orzamento do ano 2015.

Considerando que o artigo 174.5 TRLRFL permite que o pleno, con carácter excepcional, poida elevar as porcentaxes que se establecen no apartado 3º do dito artigo, na medida en que non existe crédito na bolsa de vinculación xurídica que resultaría de aplicación (34100.46), ao non existir a dita bolsa de vinculación, tal e como está establecida na Base nº 9 das Bases de execución do orzamento do ano 2015.

De acordo co que se determina na cláusula 2º do convenio e tendo en conta a previsión de organización que figura no informe proposta do Administrador-Xerente do Servizo de Deportes do 05/11/2015 e na proposta do Concelleiro de Deportes do 24/11/2015, as anualidades do gasto plurianual serían as seguintes:

EXERCICIO IMPORTE ANUALIDADE (€)

2015 0,00

2016 4.198,16

2017 4.198,16

2018 4.198,16

2019 0,00

Tendo en conta todo o anterior, a Intervención municipal emite o seguinte INFORME PROPOSTA á alcaldía para a súa aprobación polo pleno do concello:

PRIMEIRO. A ratificación do convenio de colaboración subscrito con data do 21/10/2015 por Don Román Romero Franco, concelleiro delegado de Deportes, cos concelleiros delegados de Deportes dos Concellos de Neda, Fene e Ferrol para a organización da proba deportiva “Memorial Adolfo Ros-Volta á Ría”.

SEGUNDO. A aprobación do gasto plurianual correspondente á transferencia corrente que se deriva do Convenio de colaboración asinado cos concellos de Neda, Fene e Ferrol para a organización da proba deportiva “Memorial Adolfo Ros- Volta á Ría”, de acordo co seguinte detalle:

EXERCICIO IMPORTE ANUALIDADE (€)

2015 0,00

2016 4.198,16

2017 4.198,16

2018 4.198,16

2019 0,00

3439CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 35: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

TERCEIRO. A aprobación da elevación dos límites porcentuais previstos no apartado 3º do artigo 174 do TRLRFL, na medida en que non existe crédito na bolsa de vinculación xurídica que resultaría de aplicación (34100.46), ao non existir a dita bolsa de vinculación, tal e como está establecida na Base nº 9 das Bases de execución do orzamento do ano 2015, xa que no ano 2015 a organización correspóndelle ao Concello de Narón, polo que os ditos gastos impútanse ao capítulo 2 do estado de gastos do orzamento do ano 2015.Narón, 24 de novembro de 2015A interventora xeralMaría del Pilar Canzobre Méndez.”Esta Alcaldía, visto o ditame favorable por unanimidade da Xunta de Portavoces de data 24-11-15, propón ao Concello Pleno a aprobación deste informe proposta nos mesmos termos.VOTACIÓN DA URXENCIA.- O Concello Pleno, por unanimidade e en votación ordinaria, aprobou a urxencia da proposta transcrita.VOTACIÓN E ACORDO.- O Concello Pleno, por unanimidade e en votación ordinaria, aprobou a proposta transcrita.

E/ MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.. -Lida polo Sr.alcalde a moción que di así: O Grupo Municipal do Partido Popular de Narón con CIF: G 70068895, e o amparo do establecido nos arts. 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta para o seu debate a Pleno a seguinte moción:MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNEROEXPOSICIÓN DE MOTIVOSA violencia de xénero é a máxima consecuencia dun sistema baseado no sexismo e na desigualdade de mulleres e homes. A escola pode contribuir á transformación de relación de poder entre o alumnado realizando os cambios necesarios para asegurar unha socialización igualitaria que respecte a deversidade de identidades existentes e permita o desenvolvemento persoal tanto das alumnas coma dos alumnos.A escola é un lugar privilexiado para inciar grandes transformacións, non obstante, ela soa non pode abordar esta tarefa. Necesita a colaboración máis formal doutras institucións e axentes sociais, así como o apoio directo da súa comunidade educativa máis próxima.Todas as formas de violencia de xénero, nas súas diferentes manifestacións, aliméntanse dos mesmos problemas de valores, dos mesmos estereotipos caducos e dos mesmos mitos enganosos e que desgraciadamente a poboación máis nova parece estar reproducindo de maneira preocupante ese sexismo e eses estereotipos de xénero que criamos erradicados.Ante esta situación temos que seguir actuando con medidas específicas. E, sobre todo, a xuventude e a poboación adolescente deben contribuír de xeito singular á fin da violencia contra a muller, sendo necesario que os mozos e as mozas identifiquen e rexeiten condutas sexistas que ás veces, se toleran ou xustifican.Por todo o anterior, o Grupo Municipal do Partido Popular ven a facer as seguintes PROPOSTAS:1.- O Concello de Narón comprométese a levar a cabo actuacións de coeducación en colaboración cos centros educativos do municipio enfocadas á prevención e sensibilización da violencia de xénero entre o alumnado.2.- O Concello de Narón insta á Xunta de Galicia a elaborar un plan de Igualdade no ámbito educativo, co obxectivo de que sirva de referente a toda a comunidade educativa en materia de coeducación e prevención da violencia de xénero, dende unha perspectiva estrutural, integral e transversa.----------------------------------------------------------------------------------------------------------------

3539CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 36: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

EMENDA A ESTA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO DE GOBERNO:O grupo de goberno presenta unha emenda na que solicitamos que no punto un desta moción onde pon: “ O Concello de Narón comprométese a levar a cabo actuacións de coeducación” se poña “O Concello de Narón comprométese a continuar levando a cabo actuacións de coeducación”, para axustarse así á realidade, xa que se están desenvolvemdo ao longo do ano varias actividades nos centros educativos no marco do Plan de Igualdade Municipal.

Estamos de acordo co punto segundo da moción e pedimos que se engada un terceiro punto no que conste que: “ O Concello de Narón insta á Xunta de Galicia e ao goberno central a dotar de máis orzamento ao Concello de Narón co fin de destinar partidas específicas procedentes das administración supramunicipais a Educación e actividades encamiñadas á loita contra a violencia de xénero”, para complementar deste xeito as partidas que anualmente se reservan no orzamento municipal para estes fins. Así mesmo, urxir o desenvolvemento da Lei integral de violencia de xénero tanto a nivel estatal como autonómico.-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------O Grupo Municipal Popular acepta estas emendas quedando a MOCIÓN DEFINITIVA do seguinte xeito:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOSA violencia de xénero é a máxima consecuencia dun sistema baseado no sexismo e na desigualdade de mulleres e homes. A escola pode contribuir á transformación de relación de poder entre o alumnado realizando os cambios necesarios para asegurar unha socialización igualitaria que respecte a deversidade de identidades existentes e permita o desenvolvemento persoal tanto das alumnas coma dos alumnos.A escola é un lugar privilexiado para inciar grandes transformacións, non obstante, ela soa non pode abordar esta tarefa. Necesita a colaboración máis formal doutras institucións e axentes sociais, así como o apoio directo da súa comunidade educativa máis próxima.Todas as formas de violencia de xénero, nas súas diferentes manifestacións, aliméntanse dos mesmos problemas de valores, dos mesmos estereotipos caducos e dos mesmos mitos engañosos e que desgraciadamente a poboación máis nova parece estar reproducindo de maneira preocupante ese sexismo e eses estereotipos de xénero que criamos erradicados.Ante esta situación temos que seguir actuando con medidas específicas. E, sobre todo, a xuventude e a poboación adolescente deben contribuír de xeito singular á fin da violencia contra a muller, sendo necesario que os mozos e as mozas identifiquen e rexeiten condutas sexistas que ás veces, se toleran ou xustifican.Por todo o anterior, o Grupo Municipal do Partido Popular ven a facer as seguintes PROPOSTAS:1.- O Concello de Narón comprométese a continuar levando a cabo actuacións de coeducación en colaboración cos centros educativos do municipio enfocadas á prevención e sensibilización da violencia de xénero entre o alumnado.2.- O Concello de Narón insta á Xunta de Galicia a elaborar un plan de Igualdade no ámbito educativo, co obxectivo de que sirva de referente a toda a comunidade educativa en materia de coeducación e prevención da violencia de xénero, dende unha perspectiva estrutural, integral e transversa.3.- O Concello de Narón insta á Xunta de Galicia e ao goberno central a dotar de máis orzamento ao Concello de Narón co fin de destinar partidas específicas procedentes das administración supramunicipais a Educación e actividades encamiñadas á loita contra a violencia de xénero”, para complementar deste xeito as partidas que anualmente se reservan no orzamento municipal para

3639CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 37: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

estes fins. Así mesmo, urxir o desenvolvemento da Lei integral de violencia de xénero tanto a nivel estatal como autonómico.VOTACIÓN DA URXENCIA.- O Concello Pleno, por unanimidade e en votación ordinaria, aprobou a urxencia da moción transcrita.VOTACIÓN E ACORDO.- O Concello Pleno, por unanimidade e en votación ordinaria, aprobou a moción transcrita.

16º.- ACTIVIDADE DE CONTROL DO PLENO: DACIÓN DE CONTA RESOLUCIÓN

ÓRGANOS DE GOBERNO

DAR CONTA DO NOMEAMENTO DE PORTAVOZ E DE REPRESENTANTES NAS

DISTINTAS COMISIÓNS INFORMATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO

POPULAR

1/

D.Marcos López Balado, con NIF 32679176V, Dna. Laura Pena Fernández, con NIF 32682099L , Dna. Patricia

Aneiros Freire, con NIF 32671709W e D.Hipólito Fariñas Sobrino, con NIF 32630742 K,membros do Grupo

Municipal do PP no Concello de Narón, aprobaron por unanimidade as seguintes designacións, na reunión mantida aos

efectos o día 5/10/15:

-Voceiro: D.MARCOS LÓPEZ BALADO

-Voceira Adxunta: Dna.LAURA PENA FERNANDEZ

Sinálase que tamén participou nas deliberacións e Dna. Esther Carballeira Rego, que está á espera de tomar posesión

como concelleira, cando a Xunta Electoral remita a documentación correspondente e o Pleno de Narón o ratifique, e

que tamén asina esta comunicación.

E para que cosnte aos efectos oportuno, asinan a presente en Narón, a 6 de outubro de 2015.

Marcos López Balado Laura Pena Fernández Patricia Aneiros Freire

Hipólito Fariñas Sobrino Esther Carballeira Rego

2/ D. MARCOS LOPEZ BALADO, na sua calidade de voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Narón, con CIF: G70068895.

EXPÓN:3739

CONCELLO DE NARÓNPraza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 38: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

Reunidos todos os membros do Grupo Municipal do Partido Popular de Narón, aprobaron a seguinte organización, que se propón para a sua ratificación polo Pleno do Concello de Narón:

Comisión informativa de obras, urbanismo e servizos

Laura Pena Fernández Patricia Aneiros Freire

Comisión informativa de desenvolvemento da actividade social e igualdade Laura Pena Fernández Esther Carballeira Rego

Comisión informativa de contratación, persoal e Especial de contas Marcos López Balado Hipólito Fariñas Sobrino

Xunta de Portavoces Marcos López Balado Laura Pena Fernández (suplente)

Padroado de Cultura Patricia Aneiros Freire Esther Carballeira Rego (suplente)

Padroado de Deportes Esther Carballeira Rego Patricia Aneiros Freire (suplente)

Comisión de seguemento do PXOM Marcos López balado

Comisión de Deslindes Marcos López balado

Consellos Territoriáis: General: Laura Pena Fernández A Gándara: Laura Pena Fernández Castro: Laura Pena Fernández O Alto do Castiñeiro: Esther Carballeira Rego Santa Icía: Patricia Aneiros Freire O Val: Patricia Aneiros Freire Santa Rita: Hipólito Fariñas Sobrino Freixeiro: Marcos López Balado Piñeiros: Marcos López Balado

3839CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es

Page 39: naron.esnaron.es/web/docs/actas-pleno/Pleno_ord_26 de_novembro... · Web viewPor medio da Orden HAP/2427/2015 de 13 de noviembre, se convocan axudas para o desenvolvemento urban sostible

CONCELLO DE NARÓN

FOLIO___________

San Mateo: Esther Carballeira Rego Sedes: Hipólito Fariñas Sobrino Pedroso: Hipólito Fariñas Sobrino O Couto: Esther Carballeira Rego Doso: Patricia Aneiros Freire San Xiao: Hipólito Fariñas Sobrino

E para que conste aos efectos oportunos, firman a presente todos os membros do Grupo Municipal Popular en Narón, a 16 de novembro de 2015.

Marcos López Balado Laura Pena Fernández Patricia Aneiros Freire

Hipólito Fariñas Sobrino Esther Carballeira Rego

17º.- ROGOS E PREGUNTAS

E non habendo máis asuntos que tratar, a Presidencia levanta a xuntanza, sendo as 21:23 horas da data indicada na cabeceira, en proba de todo o que se estende a presente acta que é asinada polo Sr. alcalde comigo o secretario xeral que DÁ FE.V. e pr.

O ALCALDE-PRESIDENTE O SECRETARIO XERAL

Asdo.- JOSÉ M. BLANCO SUÁREZ Asdo.- ALFONSO DE PRADO FERNÁNDEZ-CANTELI

3939CONCELLO DE NARÓN

Praza de Galicia, s.n. · 15570 · Narón · A Coruña · CIF: P 1505500 G · Tel.: 981 337700 · Fax: 981337701 · www.naron.es