Natural do Barco de Valdeorras (1953). Realiza estudios de Educa … · 2019. 7. 31. · tro,...

12
RICARDO GURRIARÁN RODRÍGUEZ Natural do Barco de Valdeorras (1953). Realiza estudios de Educa- ción Física no INEF de Madrid. Unha vez licenciado nesta disciplina se incorpora á docencia no Instituto Xelmírez de Santiago. Participa en experiencias de innovación educati- va.Afeizoado á historia, en particular á de Valdeorras e á da pedagoxía, imparte varias charlas destes temas. Publicou tres libros: Aportación de La Institución Libre de Enseñanza a la Educación Física del Siglo XIX. Ed. Tórculo, Santiago, 1996; FLO- RENCIO DELGADO GURRIARÁN. Vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista. Ed. Do Cas- tro, Sada-A Coruña, 1999; e Da pre- rromanización ao wolfram: apun- tamentos históricos da minería en Valdeorras. Ed. Tórculo, Santiago, 2000. Actualmente está a realizar a tese na Facultade de Historia da Uni- versidade de Santiago, no Departa- mento de Historia Contemporánea.

Transcript of Natural do Barco de Valdeorras (1953). Realiza estudios de Educa … · 2019. 7. 31. · tro,...

Page 1: Natural do Barco de Valdeorras (1953). Realiza estudios de Educa … · 2019. 7. 31. · tro, Sada-A Coruña, 1999; e Da pre-rromanización ao wolfram: apun-tamentos históricos da

RICARDO GURRIARÁN RODRÍGUEZ

Natural do Barco de Valdeorras

(1953). Realiza estudios de Educa-

ción Física no INEF de Madrid. Unha

vez licenciado nesta disciplina se

incorpora á docencia no Instituto

Xelmírez de Santiago. Participa en

experiencias de innovación educati-

va.Afeizoado á historia, en particular

á de Valdeorras e á da pedagoxía,

imparte varias charlas destes temas.

Publicou tres libros: Aportación de

La Institución Libre de Enseñanza

a la Educación Física del Siglo XIX.

Ed. Tórculo, Santiago, 1996; FLO-

RENCIO DELGADO GURRIARÁN.

Vida e obra dun poeta valdeorrés,

republicano e galeguista.Ed.Do Cas-

tro, Sada-A Coruña, 1999; e Da pre-

rromanización ao wolfram: apun-

tamentos históricos da minería en

Valdeorras. Ed. Tórculo, Santiago,

2000. Actualmente está a realizar a

tese na Facultade de Historia da Uni-

versidade de Santiago, no Departa-

mento de Historia Contemporánea.

Page 2: Natural do Barco de Valdeorras (1953). Realiza estudios de Educa … · 2019. 7. 31. · tro, Sada-A Coruña, 1999; e Da pre-rromanización ao wolfram: apun-tamentos históricos da

21~

F L O R E N C I OD E LGA D O

G U R R I A R Á N , P O E TA V A L D E O R R É S

N O E X I L I O M E X I C A N O

Ricardo Gurriarán

Ilustracións do libro “Florencio Delga-do Gurriarán. Vida e obra dun poeta

valdeorrés, republicano e galeguista”,Ediciós do Castro, 1999.

i t e r a t u r a

Antecedentes familiares e comezo dunhaconcienciación política nacionalista:

Florencio é fillo dunha familia valdeorresa de clasemedia, propietaria agraria. Nace en Córgomo de Val-deorras en 1903. Por mor da profesión do seu pai,perito agrónomo, vese obrigado a continuos trasla-dos pola xeografía española, desde que tiña seisanos: Ourense, Palencia e Valladolid. Nesta últimacidade comeza os seus estudios universitarios deDereito nun período de máxima axitación política,o chamado trienio bolchevique, ao que os estu-diantes non permanecen alleos, trasladándose o con-flicto ás aulas, nestes momentos do declinar restau-racionista. Este sería o punto de partida do com-promiso social de Florencio adubado cun espertarnacionalista por correspondencia ao ler o xornal ANosa Terra,o voceiro das Irmandades da Fala,do calera suscriptor, como se dun emigrante galego enAmérica,do tempo,se tratase.Estamos a falar do trei-to que vai desde 1918 a 1924, momento no que

remata a carreira. Con anterioridade lera a Rosalía eCurros, que espertaran a súa vocación poética, ini-ciada por este tempo.

No ano 1928 retorna a Valdeorras. Entre lecturas e“empape” da súa terra, á que tan só acudía nosveráns, e que estaba desexoso de degustar, buscoufacerse un sitio na profesión a través dunhas infini-tas preparacións de oposicións para Rexistros. Nes-te retorno comeza a súa obra poética publicada endiferentes xornais e revistas:El Heraldo de Galicia,A Nosa Terra...Ao tempo de vencellarse nas estruc-turas locais de Córgomo: organizaba festas, promo-vía actividades culturais e levaba pleitos dos veciños,pois traballaba de pasante nun bufete do Barco.

Tamén, nesta altura, comezaría a actividade proto-política organizada, se se me permite, de Florencio,unha vez que Risco dera o pistoletazo de saída paraorganizarse politicamente nas Irmandades, a travésdas páxinas de A Nosa Terra, en febreiro de 1930,

Esta ponencia foi presentada no Congresodo Exilio celebrado en Pontevedra do 25 ao27 de xaneiro de 2001.

Page 3: Natural do Barco de Valdeorras (1953). Realiza estudios de Educa … · 2019. 7. 31. · tro, Sada-A Coruña, 1999; e Da pre-rromanización ao wolfram: apun-tamentos históricos da

22~

logo de seren superadas controversias entre políticose apolíticos,nun momento propicio organizativo e deamplo sentido antidictatorial para a articulación polí-tica de todo signo, aínda que tardío por parte donacionalismo

1.A unificación do nacionalismo galego

daríase na VI asemblea da Coruña, de abril de 1930.Entre os puntos da mesma figuraría a creación deIrmandades en diferentes lugares de Galicia.

Froito deste acordo crearíase a Irmandade Gale-guista Valdeorresa da que Florencio formaba par-te en calidade de representante de Córgomo.Na súaconstitución remarcábase o seu carácter intercla-sista.Da man de Otero Pedrayo acudiran a unha xun-tanza organizativa previa en Ourense, o 15 de abril–supoñemos que preparativa da asemblea da Coru-ña que tivera lugar o día 27 dese mes,co fin de reca-bar adhesións e apoios de irmandades preconstitu-ídas, como era a valdeorresa–. Formalmente a orga-nización de Valdeorras constituírase neses días dadoque aparece como tal no nº 271 de A Nosa Terra de1 de maio de 1930. Xa nese ano comezaría a cele-brarse en Valdeorras a “Diada de Galiza”, tal e comoasí denominarían este festexo nacionalista.Nesa pri-meira celebración correría unha folla voante asina-da pola Xuventude Autonomista que contiña a poe-

sía de Curros “A emigración” ao tempo de chamar áloita pola redención de Galicia:Yrmans, loitade pol-a ¡GALIZA GRANDE!.Redimira GALIZA e obra da xuventude y-o agro. ¡Loitadexuntos pol-a libertá da nosa terra.

Ao tempo editaran un manifesto defendendo a lin-gua.Terían lugar varios actos en diferentes sitios dacomarca, entre eles un banquete de fraternidade enVilamartín, no que repartiría o folleto de CuevillasPol-a fala, e un acto literario na Rúa, que remataríacoa lectura do poema de Cabanillas “Galicia”.

Chega a República: comezan as actividadespolíticas organizadas

Florencio, desde a trastenda, organiza unha candida-tura para o Concello de Vilamartín, ao que pertencíaCórgomo,encabezada polo seu tío Manuel,vello “fon-taneiro”político de Bugallal na Restauración,que ago-ra se enfronta ao cacique local,Don Demetrio Macía,antigo compañeiro das forzas conservadoras, refor-zado politicamente na Dictadura de Primo de Rivera

2.

Nesta candidatura do 14 de abril ían integrados algúnsgaleguistas, Florencio actuaría como interventor.

1. Chegara o momento de converter as actitudes do galeguismo cultural en propostas políticas diante dun réxime caduco, por medio das Irman-dades, de xeito unificado, logo de manter esta discusión durante moitos anos, e que froito dela dera lugar a divisións dentro do nacionalismo (verBERAMENDI e NÚÑEZ SEIXAS, O nacionalismo galego, Ed. A Nosa Terra, 1995; e “O galeguismo a través das aulas” en Instituto Xelmírez: pasa-do e presente, VARELA F. Ramom, Ed. da Deputación da Coruña, 1997, páxs.123-173).2. Este tipo de candidaturas plurais dérase en Valdeorras no 14 de abril, e o que é máis paradóxico, nas alianzas posteriores nas que se vían mes-turados elementos reaccionarios cos da coalición azañosocialista (ver GURRIARÁN 1999: 37-40, 50-52 e 56-57).

Excursión ó campoda familia Gurria-rán.Abaixo, Araceli.Na segunda fila, deesq. a dta.: Teresa,Charin e María, irmáde Florencio. Na filasuperior: Gonzalo,Rocío, Florencio, undescoñecido, Maruxa,e a tía, Berta. (Ca.1919).

Page 4: Natural do Barco de Valdeorras (1953). Realiza estudios de Educa … · 2019. 7. 31. · tro, Sada-A Coruña, 1999; e Da pre-rromanización ao wolfram: apun-tamentos históricos da

23~

De seguida a organización valdeorresa adhírese aorecén creado Partido Nazonalista Republicano deOurense, de Otero Pedrayo. O contacto con este erapermanente, e a adscrición ideolóxica católico con-servadora nacionalista do grupo de Ourense ligabaperfectamente coa dos valdeorreses

3.Sucedéronse as

visitas e mitins de Otero a Valdeorras, fundamental-mente na campaña ás municipais de finais de maio,e ás lexislativas de finais de xuño.

Tiñan de man o xornal La Zarpa, o seu cronista val-deorrés era un galeguista, Miro Villagómez, que detempo en tempo sacaba referencias do galeguismoorganizado en Valdeorras. O propio Florencio signi-ficara que na súa aldea eran preto de 60 ou 70 osgaleguistas organizados que había daquela

4.

Florencio envía unha nota de adhesión á VII AsembleaGaleguista de Pontevedra,ao que acudira un grupo doBarco, da que xurdiría o Partido Galeguista. No ano1931, escribiría poemas de contido sociolingüísticocomo “Opinión sobre o galego” e “Carta de Guan dela Era al Doutor Nuevo Campito”, e políticos como:“Xuntanza”;ao tempo de facer o traballo en prosa:“Oque din os rumorosos”, dos poucos que fixera nestexénero, de ton redencionista, facendo unha acre crí-tica da política caciquil e centralista.Neste artigo con-creta abertamente a forma política desexable paraGalicia, baixo o seu punto de vista: Galicia indepen-dente, autónoma, unión dos pobos da Península,mais sen materializar. Máis adiante Florencio optaríapor unha ampla autonomía cun recoñecemento abso-luto da personalidade galega como nación, dentrodunha España federada –mellor confederada, segun-do el–, na que collera tamén Portugal: unha Confe-deración Ibérica dentro da Confederación Europea.

Durante o período republicano foi unha constante a loi-ta que por medio da pluma Florencio levou a cabo publi-cando no Heraldo de Orense e en A Nosa Terra.Por estarazón citamos os poemas e artigos desta época,que tiñan“vocación crítica”sociolingüística ou política.Logo dunano en Madrid para preparar as nunca consumadas opo-sicións a Rexistros, retorna a Valdeorras.Á volta, afíliaseao Partido Galeguista coincidindo coa derrota goberna-mental nas eleccións de novembro de 1933. Os gale-guistas valdeorreses participaran activamente nesta cam-paña electoral. Don Ramón e Bóveda viñeran a dar unmitin ao Barco,e logo a participar nun acto organizadopola Mocedade Galeguista.A este evento electoral osgaleguistas presentáranse sós, e supuxera unha estrepi-

tosa derrota ao quedárense sen parlamentarios.Logo daseleccións,os galeguistas valdeorreses replican cun arti-go no Heraldo a outro que fixera o Grupo Galeguista deOurense analizando os resultados electorais, co que osvaldeorreses discrepaban,achacando estes a derrota aocaciquismo. Neste artigo nótase a man de Florencio,coma noutro que aparecera uns días despois conme-morando a morte de Pardo de Cela,asinado por uns gale-guistas de Portela-Córgomo,no que,entre outras cousas,pídese liberdade para a terra.A finais de 1933, de novoos galeguistas valdeorreses volven á carga en A NosaTerra cun furibundo ataque ao caciquismo local com-parando a situación actual á de tempos pasados da dic-tadura primorriverista. O artigo estaba asinado por ungaleguista valdeorrés.

A principios de 1934 publica o poema “Fala Galiza”,onde de novo se recrea na crítica política,neste casocentrado nos radicais e na CEDA que acababan deacceder ao poder, aínda que non deixaba de lado aCasares e a Prieto.

A finais do mes de xaneiro Florencio acode á IIIasemblea anual do Partido Galeguista en Ourense,enrepresentación da Xunta Direitiva do grupo de Cór-gomo-Portela. Aquí coñece a Castelao, e é ondecomeza a haber disensións no partido entre esquer-das e dereitas. Os valdeorreses asumen a liña de“esquerdas” que nesa altura abandeiraba Castelao

5.

Sería esta unha etapa de expansión do partido en Val-deorras. Organización de actos, constitución denovas agrupacións na comarca,presentación de esta-tutos, nomeamento de corresponsal do xornal ANosa Terra, participación en manifestacións conrepresentación partidaria,entre outras, foran as acti-

3. Foran da man ata a chegada da Fronte Popular de febreiro do 36. Nesta altura, en Valdeorras, Florencio e algúns galeguistas máis separáran-se da facción galeguista de dereitas, apoiando á Fronte Popular. Obterían representación no Concello de Vilamartín: a proporcional (¿), negocia-da, que aquelas circunstancias permitiron (as xestoras municipais). 4. En gravación feita a Florencio por Dolores Pla, do Arquivo da Palabra, da UNAM, de México.5. Entrecomiñamos esquerdas, dado que non consideramos como tal a liña do partido ata a aposta decidida pola fronte popular.

Carné do Partido Galeguista.

Page 5: Natural do Barco de Valdeorras (1953). Realiza estudios de Educa … · 2019. 7. 31. · tro, Sada-A Coruña, 1999; e Da pre-rromanización ao wolfram: apun-tamentos históricos da

24~

vidades dos galeguistas valdeorreses en 1934. O 25de xullo lanzarían unha folla alusiva ao día, no quedestacan a confederabilidade como forma de rela-ción dos pobos do Estado.

Neste período sería de destacar o unitarismo de gale-guistas e comunistas no concello de Vilamartín, fun-damentalmente liderados por Florencio e SantiagoÁlvarez,sendo un elemento esencial para esta empre-sa o talante aberto de ambos. Xuntos levarían a cabotarefas de concienciación política a través do asocia-cionismo cultural por diferentes aldeas do concello.

Logo dos acontecementos de Asturias,como se sabe,Castelao e Bóveda sufriron desterro fóra de Galicia.Os galeguistas valdeorreses acompañarían aos repre-saliados no tren que viaxaban, desde Monforte ata asaída de Galicia,por Valdeorras.Tamén en Valdeorras,con motivo das penas de morte consecuencia dossucesos de Asturias, encetaríase unha campaña derecollida de sinaturas pedindo o indulto, con moitaresonancia na prensa galega.Desde este momento ataa guerra civil sería pouca a producción literaria deloita de Florencio, tan só dous traballos, un sociolin-güístico:“Falan castelán”, un dos poemas de Floren-cio máis publicados; e outro, que era o comezo dunnovo subxénero, a crítica política en prosa curta, conome de “Miudezas”, no Heraldo de Galicia. Estetipo de artigo ía ter periodicidade semanal,pero final-mente só publicou un –descoñecemos as razóns–.

Coma en toda Galicia, o apoio á Fronte Popular supu-xo en Valdeorras unha escisión do partido, ou mellordito, a materialización das divisións internas do Parti-do Galeguista plasmáronse unha vez que decidiranapoiar á Fronte Popular. En febreiro de 1936, Floren-cio e os que seguiron no partido como tal, con moti-vo da campaña electoral, trouxeron a Bóveda ao Bar-co a dar un mitin.A Fronte Popular,pese a colleitar moibos resultados na comarca, non obtivo ningún repre-sentante frontista en Ourense, ao contrario, saíranpracticamente todos dereitistas.Tamén acudiría Bóve-da a Valdeorras á manifestación de celebración dotriunfo da Fronte Popular, que percorrería todo o val,o 5 de abril. Sería moi concorrida a que se celebrarao 1º de Maio dese ano,con forte presencia galeguista.

En xuño comezaría a campaña do Estatuto, na queos galeguistas e os comunistas tiveran un destacadopapel. Nesta altura confluiría a Dereita Galeguistaorganizada de Valdeorras, sumándose a prol do Esta-

tuto cunha folla voante que pedía o voto afirmativo.O chamamento viña asinado polo outrora compa-ñeiro de Florencio no Partido Galeguista, Miro Villa-gómez, co pseudónimo Xan das Cousas.

O comezo da Guerra Civil

Tras uns primeiros momentos de incertidume:detención de varios alcaldes valdeorreses, enfronta-mentos coa garda civil, represión física nas aldeas...Florencio fuxe ao monte, e logo refúxiase en dife-rentes casas familiares. Despois escóndese en Por-tugal, e logo de moitas peripecias, pasa a Franciapara a continuación asentarse en Cataluña,en xanei-ro de 1938. Incorporaríase ao Exército Republicano,no Estado Maior, no Servicio de Información Perifé-rico, co grao de tenente.

No terreo das responsabilidades políticas, Florencioforma parte da Executiva do Partido Galeguista, asu-mindo a Secretaría de Propaganda, en setembro de1938

6.Aínda que logo retomemos estes dous temas,

diremos que neste tempo volveu a coller o seumellor fusil, a pluma, para atacar á sublevación fas-cista. Colabora en Nueva Galicia con seis poemas,un deles,“Home pequeño-Fol de veneno”,no que serecrea na francofobia, é dos máis coñecidos da súaautoría. Os outros:“Amencer”,“Ía a misa de doce”,“Levan a Cristo por fora”, “A un vello falanxista”,“Foliada para o día da victoria”.A algúns deles muda-ríalles o nome en publicacións posteriores

7.

Dentro das actividades político-militares que o Ser-vicio de Información Periférico lle encomendara aFlorencio, estaba a responsabilidade de trasladar dazona “nacional”e de Portugal e Galicia a aqueles queestando en zona inimiga se quixesen incorporar aoExército da República, segundo explicara o propioFlorencio, refrendado polo daquela ComandanteEsturao, que estaba na fronte do Ebro

8. Florencio

coñecía ben os itinerarios desde Portugal,pois esco-llera esta ruta para a súa fuxida.

Cos datos que temos, e sendo este un período pou-co estudiado polos historiadores galegos no querespecta á preparación da marcha ao exilio desdeFrancia e á breve estancia e vicisitudes dalgúnsgalegos no país veciño, entendemos que para oscombatentes e o mando, en xaneiro de 1939, datada marcha de Florencio a Francia, pese aos des-

6. Compartía tarefas directivas con: Suárez Picallo, que era Secretario Xeral; Valenzuela, de Organización; Valín, Administrativo; López Durá, Polí-tico. Entre as vocalías estaba Elixio Rodríguez. Entre estes, tres deles voverían logo a estar xuntos no exilio mexicano realizando labor política gale-guista: López Durá, Valín e Elixio Rguez., que viaxarían xuntos no barco Ipanema, con destino a México.7. “Amencer” por “¡Fora popes das sombras!”, e a “Foliada para o día da victoria” por “Guerrilleiro”, este último por razóns obvias.8. En varias conversacións gravadas con Ramón Esturao, que aínda vive en Guadalajara (Jalisco), íntimo amigo de Florencio co que convivira desde 1938.

Page 6: Natural do Barco de Valdeorras (1953). Realiza estudios de Educa … · 2019. 7. 31. · tro, Sada-A Coruña, 1999; e Da pre-rromanización ao wolfram: apun-tamentos históricos da

25~

exos de triunfo, e a posible conexión coa II Gue-rra Mundial, pois Hitler ocupara Austria en Marzode 1938, e algún xesto bélico á desesperada –ocu-pación temporal da parte sur do Ebro–, a derrotaestaba consumada e na mente de todos

9. Por esta

razón, podemos considerar que a marcha de Flo-rencio a Francia debeu cambiar de intención: pre-parar a evacuación cara ao exilio dos galegos que,tras a inminente derrota, irían pasando ao paísveciño, pois as asociacións que traballaban nestesmesteres, a SERE e a JARE, estaban controladas porelementos do Goberno e, fronte a debilidade dospartidos pequenos, como era o caso do PartidoGaleguista, ao non ter demasiado espacio de inter-vención, terían que buscarse a vida.

Por esta razón, habendo datos que poden afortalaresta hipótese, como é a presencia de Mosteiro nafronte do Ebro no verán de 1938 –Mosteiro era estu-

diante de medicina en Santiago ao principiar os anostrinta,e representante en España das Sociedades His-pano Confederadas,e fora a Cataluña con motivo dehacer listas dos galegos que alí estaban combaten-do, a dicir de Esturao–, entendemos que, ligandocabos, todo o anteriormente exposto ten relación.Hai cartas neste sentido de Florencio a Mosteiro, aValenzuela,e a Tobío indicando o novo cometido,ou,ao menos, podemos deducilo claramente.

Unha vez en Francia,Florencio tiña mobilidade,poisdispuña dun pasaporte concedido polas autorida-des republicanas. En Francia tamén estaban Valen-zuela,galeguista que pertencía tamén ao Servicio deInformación Periférico e Suceso, mais cada un en

9. Significamos que Castelao, aínda que tiña dúbidas no triunfo, non perdía as esperanzas de que a guerra se prolongara. Non nos atrevemos atraducir o sentimento de Castelao. ¿Era verdadeiramente certo que aínda pensaba gañar a guerra? ¿Ou era un xeito de motivar aos galegos queloitaban na fronte para ver se coa concentración de tropas en Madrid aínda se podía facer algo, logo da caída de Cataluña? (en carta de Caste-lao a Florencio, desde La Habana, de 19 de febreiro de 1939, reproducida totalmente en GURRIARÁN –1999: 414 e ss.-). Na mesma carta fala-ba con secretismo dunha organización por el denominada S : Fixemos orgaización da S. En toda Cuba (...) Agora eu penso que a orgaización daS. cobra un novo intrés e sexa cal sexa o resultado da guerra, a S ficará viva. O que ten de segredo é o que lle dá máis intrés e forza, de modoque o segredo será a ialma da orgaización.¡Non sabedes como gusta o segredo por estas terras! Velahí o trunfo. Non podemos afirmar a queorganización se refire Castelao, puidera ser a Solidaridade Galega Antifeixista que se creara en Valencia, á que prestarían os galeguistas máxi-ma atención (ver Galicia, Buenos Aires de 25 de setembro de 1938, que resume os acordos da dirección do Partido Galeguista), ou unha organi-zación para preparar a evacuación dos galegos, coa colaboración das Sociedades Hispano Confederadas, coas que Castelao e Soto estaban eníntimo contacto e das que recababan apoio económico (segundo Elixio Rguez., que era Secretario da Solidaridade Galega Antifeixista, as Socie-dades Hispano Confederadas pagaran a viaxe do Ipanema, fundamentalmente con galegos, a México –Matádeo mañá: 227-)

A familia Gurriarán ó completo na casa do Barco, celebrando o nadal de 1931. (Foto Blanco Pacual)

Page 7: Natural do Barco de Valdeorras (1953). Realiza estudios de Educa … · 2019. 7. 31. · tro, Sada-A Coruña, 1999; e Da pre-rromanización ao wolfram: apun-tamentos históricos da

26~

sitios diferentes.Florencio exercería labores de coor-dinación entre eles e as Sociedades Hispano Confe-deradas, desde París.

Unha vez consumada a derrota, collerían o Ipanemadesde Burdeos con destino a México, en xuño de1939, con un gran continxente de galegos en direc-ción cara o exilio. Como dicía Florencio: Xoguei eperdín, calei e marchei...

A chegada a México e os comezos da activida-de política

Logo de moitos avatares, avaría incluída con paradana Martinica, chegarían ao porto de Veracruz. Traspoucos días nesa cidade e por mediación de CarlosVelo, que traballaba na SERE, trasladaríanse a MéxicoD.F., posibilitándolles tamén un posto de traballo. Naaterraxe desta “colonia”galega en México non se ato-parían núcleos asociativos antifascistas vertebrados,como no caso de Arxentina, agás casos aillados, aocontrario, a colonia galega máis ben era franquista, esen posibilidades de conexión solidaria,en principio.

No terreo político funcionarían de xeito unitario,fundamentalmente en plataformas empurradas poloPartido Comunista, da man do activismo de Soto.Aprimeira delas foi a Alianza Nazonal Galega,onde esta-ban xuntos a Comisión Galega do Partido Comunis-ta, os socialistas non prietistas, a UGT galega, a CNT,Esquerda Republicana Galega, intelectuais indepen-dentes e as dúas pólas do Partido Galeguista.Foi unhaconstante a división dos galeguistas no exilio mexi-cano.Dunha banda estaban os chamados dereitistas,liderados por Roxelio Rguez.de Bretaña,alias “Reque-té”, que non quería saber nada dos comunistas. E aoutra permeable ao traballo cos comunistas,entre osque estaba Elixio Rodríguez. Florencio sempre trata-ría de non aliarse con ningunha delas,é máis sempresería o mediador entre as liortas que tiñan. Tan sónun momento, ao principiar os anos 60, Florencioestivo á marxe,enfrontado con Soto polo papel xoga-do por este en relación á revista Vieiros.

A Alianza tería o seu órgano de expresión: Galicia,que comezaría a saír no ano 1943, mais cunha vidaefémera, pois morrería no ano 1946.A carón destaorganización vertebrarían outras con sentido cultu-ral,entre outras cousas,para tratar de enganchar aosgalegos emigrantes para a causa republicana: Lar eo Ateneo de Galicia en México, esta última presidi-da polo vianés Amancio Bolaño Isla.

A primeira iniciativa en solitario que acometeran osgaleguistas en México sería a revista Saudade, aíndaque deran entrada a socialistas como Marcial Fdez.,Porteiro Viñas e Búa Rivas.O grupo promotor estabaformado por:Velo,Ramiro Illa,Ramón Cabanillas fillo,Andrés Valín, Xermán Rañó –aínda que non figurabaentre os responsables na contracapa– e Florencio,con Xosé Caridad Mateos en calidade de editor res-ponsable –no subtítulo constaba:editado polo grupoSaudade e a Irmandade Galeguista, ao igual que figu-raba na cabeceira do xornal A Nosa Terra–. Contarí-an coa colaboración do exilio mexicano e do restode América. Entre as plumas destacadas que contri-buíron neste proxecto estarían: Castelao, BlancoAmor, Rey Baltar, Luís Seoane, Rafael Dieste, LuísTobío,Ramón Martínez López,Arturo Cuadrado,Suá-rez Picallo, Sebastián González G. Paz, Álvarez Galle-go..., entre outros. Na segunda andaina, nos anos 50,tamén contarían con importantes plumas do exiliointerior. Utilizarían o medio escrito como instru-mento de loita como ben reflicte o editorial do pri-meiro número que saíra o 25 de xullo de 1942.Enten-demos que foi o primeiro paso emancipativo e deacción política escrita do Partido Galeguista en Méxi-co. Sairían catro números nun ano, morrendo aquíesta primeira andaina. Precisamente nesta publica-ción,Florencio iniciaría unha nova faceta poética:ospoemas mestizos, que tanta sona tiveran.

Nesta etapa de activismo sociopolítico,e de ediciónsde publicacións militantes, podemos inscribir a apa-rición do Cancioneiro Da loita Galega.A dicir dosespecialistas da literatura galega no exilio,como Alon-so Montero: (...) Aí está o volume con 158 páxinase un mollo de poemas, case todos excelentes naque-la situación e para aquela ocasión, e algúns, cal-quera que sexa a situación do lector, interesantes.Hai, por se fose pouco, un nome preclaro da nosapoesía e dúas ou tres voces certamente valiosas;tamén hai algunhas páxinas pseudónimas –aíndanon descifradas– que non son desdeñables (...)

10

Polo azar puidemos descifrar algúns destes pseudó-nimos. Unha carta de Florencio ao responsable decoordinar a publicación coa imprensa que ía editaro libro, Xan García, e outra de Búa Rivas a Florenciodescifran a maioría destes pseudónimos

11.

Aparecería o 25 de Xullo de 1943 e ía subtitulado:Pubricación do Partido Galeguista, Tomo Primei-ro, nº 1. Desgraciadamente non habería máis núme-ros. Florencio cumpriría un papel importante napublicación deste libro de poemas, testemuño disto

10. Cancioneiro Da Loita Galega. Ed. facsimilar. Ed. do Castro, Sada-A Coruña, 1996. Prólogo de Xesús Alonso Montero. Páx. 9.11. GURRIARÁN (1999: 178 e ss). Tamén prestaría axuda o epistolario de Paz Andrade, labor de Charo Portela.

Page 8: Natural do Barco de Valdeorras (1953). Realiza estudios de Educa … · 2019. 7. 31. · tro, Sada-A Coruña, 1999; e Da pre-rromanización ao wolfram: apun-tamentos históricos da

27~

son os orixinais manuscritos por el gardados, coasúa letra na corrección de textos. Alonso Monteroatribúelle a responsabilidade literaria.A publicacióncontén poemas, fundamentalmente rendéndollesunha homenaxe aos mortos galeguistas da pasadaguerra. Un total de dezaseis poemas aportaría Flo-rencio ao cancioneiro –unha canción entre eles–,dos que sete eran novos. Destaca a lembranza quefai de valdeorreses asasinados pola barbarie fascis-ta:“Un guerrilleiro”, dedicado a Antón Arias “Clavel”e “Segundo García”. Tamén contén dous epicediosdedicados a Alexandre Bóveda, da súa autoría.

O galeguismo mexicano, en 1944, toma pulo naacción política ao negociarse o pacto Galeuzca,pou-co antes de que o Estatuto se discutira, de novo, ese puxera a trámite nas Cortes celebradas en Méxi-co.Tamén nesa altura, a constitución do Consello deGaliza déralles aos galeguistas certas posibilidadesde intervención en México, pois as posibilidades deentrar no campo político eran escasas ao haber moi-ta competencia e moita desunión

12.Nestas tres posi-

bilidades de intervención, Florencio tería un papeldestacado: participou xunto a López Durá na redac-

ción do pacto Galeuzca, formaría parte da Delega-ción do Consello de Galiza de México, e participa-ría nas reunións previas ás Cortes con Castelao,Alon-so Ríos e Picallo, amén doutros galeguistas “mexica-nos”. Practicamente aquí remata a actividade políti-ca en solitario dos galeguistas exiliados de Méxicoen 1945. Testemuñalmente, Roxelio Rguez. de Bre-taña ostentaría a Presidencia do Partido desde 1945ata os anos 80. Froito das actividades que o PartidoGaleguista protagonizara neste tempo, de 1942 a1945, é de supoñer que mediatizara o carácter uni-tario que nun principio despregaran xunto aosoutros partidos do exilio. Deste xeito observamostres anos de máximo esplendor, ao menos publici-tario,para logo caer nun pozo do que non sairían atapracticamente a metade dos anos 50.

Ao rematar a II Guerra Mundial as posibilidades deintervención internacional na España franquistaesvaíanse, a derrota do fascismo non tería ningunharepercusión no réxime imposto polo “Caudillo”. Aactividade política dos galeguistas esmorecería aonon verse motivados,caíndo por un tempo na hiber-nación ao non ter un horizonte claro, o seu labor

12. É significativa a carta de Alonso Ríos a Florencio, o 16 de xullo de 1951 (carta cedida por Marcelo de Santiago do Consello da Cultura Gale-ga), na que nun intento revitalizador deste organismo, o Consello de Galiza, indica a conformación dunha nova estructura coa creación de subco-misións, nova orientación conforme a situación da terra, e algúns acordos como: a creación dun fondo patriótico e estender a representación a Euro-pa (Plácido R. Castro, en Londres, e César Alvajar en París) e designar un observador nas Nacións Unidas (Álvarez Gallego). Florencio sería o encar-gado de trasmitir estas novas aos galeguistas mexicanos que foran enviadas polo secretario do Consello, Alonso Ríos. Nesta carta, este desculpá-base polas múltiples actividades conmemorativas que impediran poñerse en contacto cooas diferentes delegacións (sería esta: a conmemoración dedatas, unha das tarefas nas que máis gastou o tempo o Consello). É fácil de entender a dificultade que entrañaba a dinamización dunha estructuradestas características, fundamentalmente polas distancias, e ao tempo por ser unha instancia permeable a que outras organizacións se puideran facercoa dirección, como máis adiante acontecería da man dos comunistas. Por outro lado, teima coa que sempre os galeguistas actuaron.

Xutanzarepublicana

no Barco (ca.1934). Floren-

cio é o pri-meiro dadereita a

carón do seucurmán Gon-

zalo.

Page 9: Natural do Barco de Valdeorras (1953). Realiza estudios de Educa … · 2019. 7. 31. · tro, Sada-A Coruña, 1999; e Da pre-rromanización ao wolfram: apun-tamentos históricos da

28~

quedaría reducido á celebración do Día de Galicia.Florencio dedicaríase máis de cheo á poesía, e aunha nova actividade poética: a traducción e a pará-frase de poetas consagrados,ao galego.Por estes tra-ballos sería galardoado polo Centro Galego de Bue-nos Aires, xunto a Tobío e Plácido Rguez. Castro, en1946. Logo entraría en contacto cos exiliados dointerior,da man de Fdez.del Riego.Froito destes con-tactos Florencio e a súa obra comezarían a saír naprensa, nas revistas especializadas, e nos primeirostratados literarios galegos.

Ao principiar a década dos 50, Florencio marcha avivir a Guadalajara sen perder contacto coa capitalmexicalina. Os galeguistas encetan de novo o laborcultural con fondo sociopolítico, outra volta concarácter unitario.

Esta vez os galeguistas permitirían que Saudade forao bandeirín de enganche, dando a entrada a comu-nistas como Soto e a socialistas galeguistas que xacolaboraran na etapa anterior: Porteiro Viñas e Mar-cial Fdez., este como director, xunto a galeguistasconsagrados como Roxelio Rguez. de Bretaña,Velo,Tomé e o propio Florencio, que non se excluía deningunha empresa deste tipo. Entendemos que estesería o xermolo de importantes accións sociocultu-rais con vertente política que virían logo, como oPadroado da Cultura Galega do México e Vieiros.

O primeiro número desta segunda xeira de Sauda-de sairía o 5 de xullo de 1952. Colaborarían os dele-gados do Consello de Galiza en países americanos:Álvarez Gallego,de Cuba;Sebastián González,en Por-to Rico; e López Durá, de México. Desta volta conta-rían cos galegos do interior, incorporarían a vellosamigos ourensáns de Florencio, como Otero Pedra-yo e Cuevillas,novos valores poéticos como Pura Váz-quez.Cunqueiro e Ben-Cho-Shey tamén colaborarían.

A segunda andaina de Saudade, como case todos osproxectos deste tipo no exilio, sería efémera; tan sóduraría un ano e sairán tres números. En xullo nací-an,e en xullo morrían.No último deles,Florencio asu-miría tarefas directivas e o editorial estaba dedicadoao peche de Galaxia; tamén se facía un repaso á situa-ción das libertades en Galicia.Florencio enxuizaría asíesta publicación: Todos nós, de moi diversos mati-ces políticos e sociais dentro do campo republicán;todos, liberais, ou marxistas, tiñamos un denomi-nador común: o amor a Galicia, ao galego, e are-labamos a autodeterminación para o povo galego.En canto o tono político de SAUDADE, feble segun-

do o amigo Soto, transcribireilles algúns anacos doseditoriais da revista, para que poidan vostedes facerun xuicio direito e, sen dúbida imparcial

13.

O adeus de Saudade estaría conectado no tempocoa constitución do Padroado da Cultura Galegado México. Un dos principais artífices desta asocia-ción sería Roxelio Rguez. de Bretaña, que ocuparía aSecretaría.A primeira directiva estaba composta, nasúa maior parte por militantes galeguistas, adubadoscon Soto nunha vocalía,o socialista Porteiro,Palaciá,e Dopico, o violinista, na Presidencia –estes últimosde militancia non galeguista–. De seguida, dos 44membros iniciais pasaron a máis de 300.Entre outrasactividades puxeron en marcha un programa radio-fónico semanal.Ao ano de funcionamento editaríanos contidos radiofónicos nunha publicación. Aíndapasaría un tempo para que o Padroado botara aandar o seu buque insignia: a revista Vieiros.

Florencio,a dicir dos máis próximos,xogou un papelmoderador importante no Padroado. Problemas depersonalismo, políticos... estaban á orde do día; oanticomunismo visceral de Rguez. de Bretaña e oactivismo de iniciativas doctrinarias de Soto choca-ban a diario, con repercusión nos demais compo-ñentes desta instancia. No enfrontamento que man-tiveran a metade dos 50 saíra perdedora a militanciagaleguista, pois Soto poría a Vázquez Humasqué naPresidencia, acompañado de Velo na directiva, afínsa el. Soto, co seu traballo político, aglutinaría no seuentorno a diferentes persoas doutros ámbitos polí-ticos, que configurarían unha rede de adherentesfronteira externa que apoiaban as súas propostas. Oescenario era lícito, as artes non as sabemos, maispodemos intuílas. Os galeguistas, dada a nova situa-ción en Galicia:consolidación da dictadura e poucasexpectativas,consideraban necesaria a intervencióndunha ampla plataforma cultural con calado políti-co, sen que se notase demasiado. E os comunistaspretendían que o ton dos voceiros emanados destaplataforma fosen menos descafeinados no contido,por dicilo dalgún xeito, e ser un referente políticoconectado cos referentes internacionais do comu-nismo do momento.A verdade é que os galeguistasmilitantes, nos últimos dez anos, circunscribiran assúas actividades a conmemorar o día 25 de xullonun xantar, e pouco máis.Elixio Rodríguez era unhapersoa que coñecía ben a Soto e a Florencio,pois tra-ballara con eles en todos os “negocios” sociopolíti-cos e culturais; esta memoria viva do exilio, aíndatransterrado, como dicía o filósofo SÁNCHEZVÁZQUEZ,enxuizaba así a estes dous membros des-

13. En carta de Florencio ao director da revista Teima, en 7 de setembro de 1977, logo da publicación dunha entrevista con Luís Soto na que til-daba a Saudade de conter feble tono político e cultural.

Page 10: Natural do Barco de Valdeorras (1953). Realiza estudios de Educa … · 2019. 7. 31. · tro, Sada-A Coruña, 1999; e Da pre-rromanización ao wolfram: apun-tamentos históricos da

29~

tacados do exilio: Florencio era un tipo moi espe-cial no sentido de que todo o mundo o quería enon tiña roces con ninguén: Ás veces enfadábaseun pouco cos comunistas, porque os comunistaseran moi aborazados, tiñamos un proxecto dealgo e os comunistas sempre querían a auga ó seurego. Entonces Florencio, eu recordo nalgunhaxunta que tiñamos, que se enfadaba, e chegouseincluso a enfadar con Soto ó que admiraba moi-to. Por outro lado, Florencio era un home moicorrecto, era destes que agrupaba á xente, máisque dividía, era un home bondadoso...Soto eraperigoso, onde se metía non había quen competi-se con el. Merecíao, porque era un home moi tra-ballador, Soto era un tipo extraordinario, organi-zador, loitador nato, entonces aí, había que facero que decía Soto, se non, non había sociedade,escarallábaa.Eso é, tiña moi boas cualidades Soto,pero tiña eso, lle gustaba controlar todo

14

No ano 1959 sairía o mellor producto literario quese fixera no exterior, e posiblemente no interior: arevista Vieiros. Florencio asumiría tarefas directivasnos dous primeiros números, compartidas con Sotoe Velo.No terceiro sería substituído polo tamén gale-guista militante, Xosé Caridad Mateos, en 1965. Esterecambio xurdiría por desavenencias entre eles, fun-damentalmente pola liña editorial que lle imprimiraSoto.A división fixérase efectiva e nese ano ía haberdúas celebracións do Día de Galiza.Unha convocadapolo Padroado e outra pola Irmandade Galeguista.Florencio escribía a Roxelio: Coido que debedes epodedes celebrar nesa o DÍA DAS LETRAS GALE-GAS. Eu estaría de acordo con que, por ista vega-da, tivérades un armisticio e celebrárades todosxuntos para conquerir o meirande brilo na cele-bración.Todo sería para ben de Galicia, das nosasLetras e para honrar a memoria da nosa primei-ra figura literaria. De tódo-los xeitos, ben de acor-do cos demáis ben sós, é indispensabre facer algo...Póde mans á tarefa. Ista é unha emposta únicapara dar sinais de vida. Contade conmigo

15.

Florencio, por medio de Del Riego, convertiríasenunha especie de embaixador das “consignas” deGalaxia, tratando por todos os medios de que se hon-rara a Rosalía, tal e como propuxeran “os do inte-rior”. Pouco despois, Florencio insistía, esta vez aHoracio Casas: Díme o amigo Esturau que lle fala-ches por teléfono para invitarnos ó xantar queides celebrar coa emposta do Día de Galiza. Dóu-volas gracias a ti máis aos irmáns de México e sin-to non poder estar con vosoutros en data tan

esgrevia.Sinto tamén que, por causas nas que nonquero profundar, haxa dúas celebracións do nosoDía... A realidade é que, coma sempre, nós, quelevamos o nome de irmáns, seguimos desvence-llados o mesmo que un feixe sen biorta. E todopor falla de comunicación regular.Insisto na miñateima de sempre. Escribide, comunicade con tem-po as cousas; non vos limitedes a falar dos vososprobremas aproveitando as miñas, ou vosas via-xes; contestade cando eu vos escribo (...) Mentiríase dixera que non me preocupa o voso silenzo.Ogallá que, de hoxe en vante, perdades isa nuga-lla creoula que vos caraiteriza e procedades comogalegos espi l idos e traballadores , que vossodes.Tamén quixera que para o ano 64, se nonestamos xa na Terra (¡queirao Deus!) ou debaixodela (¡non o queira Deus!), se celebrara un ver-dadeiro DÍA DE GALIZA coa xuntanza de tódolosgalegos, mesmo vellos residentes. E prégovos que

14. En gravación feita a Elixio Rodríguez, na súa casa de México D. F. En 14 de febreiro de 1999.15. En carta de Florencio, desde Guadalajara, de 17 de maio de 1963, a Roxelio Rguez. de Bretaña, en México D.F.

Paseando co seu irmán Edmundo (Ca. 1936).

Page 11: Natural do Barco de Valdeorras (1953). Realiza estudios de Educa … · 2019. 7. 31. · tro, Sada-A Coruña, 1999; e Da pre-rromanización ao wolfram: apun-tamentos históricos da

30~

non vexades nisto unha refuga á dupricidade dexantares diste ano (vosos motivos teredes), senóna expresión dun sincero desexo para o porvir

16.

Significamos o respecto de Florencio pola posturaque manteñen os galeguistas oficiais, independen-temente de que manifestase a súa opinión en cantoá división.Ao tempo, o interese de vencellar ao res-to da colonia non exiliada.Tamén verte críticas aobaixo nivel de militancia,e aos dimes e diretes,e aossilenzos, que achaca á nugalla creoula

17.

En 1964, de novo trataríase de revitalizar o Consellode Galiza, nese momento por interese dos comunis-tas arxentinos que controlaban a súa dirección des-de Arxentina. Quixeron facer o mesmo en México, easí Velo, que era presidente nomeara, sen contar conel, a Florencio para a Directiva da Delegación mexi-cana.Este respostaría que sen contar coa decisión daIrmandade Galeguista non aceptaría

18. Soto de segui-

da sería nomeado Secretario do Padroado.Nese tem-po Soto estaba artellando unha opción política nacio-nalista de corte marxista, logo de saír do PartidoComunista,utilizando,segundo el mesmo di,o fichei-ro que fixeran para Vieiros de máis de 5.000 rexis-tros.Referente ao Padroado comentaría:Arelabamospolitizar, e polo tanto nacionalizar, o celme destasentidades, para que tódalas súas labouras se pro-xectasen sobor da Terra represaliada cruelmente eque necesitaba tódalas axudas, en tódalas facetaseconómicas, culturais, etc. deste xeito surxíu oPadroado da Cultura Galega do México

19. Non

esquezamos que Vieiros era o voceiro do Padroado.

A idea desta revista xurdira nunha cea, en 1957, naque estaban Soto,Velo, Elixio e Florencio. De segui-da este asumiría o compromiso encomendado, aoser nomeado codirector.Entraría en contacto cos deGalaxia por medio de Del Riego, axiña mandaríanove traballos asinados polas mellores plumas dointerior. O éxito foi rotundo, tanto en presentacióncomo en contido. Como xa dixemos aparecería noverán de 1959, o segundo número non sairía ata oano 1962.Neste segundo número a colaboración deFlorencio é morna dado que o seu descontento égrande.Logo de mandarlle Soto moitos recados paraque enviase colaboracións, Florencio contestaríalle:(...) Quixera que precisaras unha data para amiña viaxe a isa. Comprenderás que, sendo codi-

reitor, é xusto que, polo menos asista ao parto donoso VIEIROS que, inda que sexa máis fillo voso,é tamén afillado meu, polo menos. Non concibo ocárrego de direitor (co) sin saber qué traballos sevan pubricar, sin coñecer os liñamentos da edito-rial, sin ter máis que os datos que ti e máis Velome dades. Certo é que somos bós amigos e queestamos identificados no que toca ao galeguismoe amor á terra, mais as cousas debémolas de facerseriamente e, dende logo che digo que sin ir abotar a miña ollada, non me considerarei máisque colaborador e non codireitor de VIEIROS, xaque me daría vergoña enfeitarme con adubíosalleos.Agardo pois, unha data fixa. Lémbrate que,cando pubricamos o primeiro nº me tivestesmellor informado. Aínda conservo o proieto queme enviates, agora só me dis xeneralidades

20.

Foi directamente ao grao,o feito é que desde ese des-encontro, Florencio apartaríase discretamente daresponsabilidade editorial da revista. Velo, sabedordos problemas que había con Florencio, dirixiríasea el nos seguintes termos, tratando de recuperalo ede que rectificara a súa decisión: Inda que a des-tempo, tiven a ledicia de saber a túa construitivaaititude no gallo das xenreiras tradizoales ante osgalegos dista cidade de Máxico.Cousa que me fixoconversas co irmán Horacio Casas, arranxandodunha vegada as diferencias artificiaes, froito deescuras intenciós e de envexas personales, que renserven a nosa causa. E ti fuche o home a quén sedebe esta súpeta craridá. Ogallá co novo tratoentre a Irmandá e o Padroado, no sexa somentespor un Día de Galicia, cando a Nosa Terra, preci-sa de unidade de esforzo, todolos DÍAS de Galicia,que son 365 de angurias e aldraxes por ano, e ...¡inda máis, cando sexa bisiesto!

21.

Tampouco nese ano de 1964 irían xuntos os gale-guistas do exilio mexicano.Velo culparía a RoxelioRguez. de Bretaña, entre outros: Dunha beira amala leite do requeté, que xa é tradizoal, doutraas aviesas intencións de Xxterre, e inda máis, afalla de ovos dos dirixentes da Irmandade, fixe-ron unha fenada do Día de Galiza

22. A división

permanecía aberta e Florencio temporalmentesepararíase do Padroado e, por suposto, de Viei-ros: de forma voluntaria, tal e como aparecía nonúmero tres da revista. Mantívose á marxe e non

16. Carta de Florencio, desde Guadalajara, a Horacio Casas, en México D. F., de 24 de xullo de 1963.17. En canto ao nivel de militancia, Casas queixábaselle a Florencio de que non estaban facendo nada, debido ás múltiples ocupacións do tra-ballo, exceptuando a Valín (ver GURRIARÁN 1999: 252).18. Ver GURRIARÁN 1999: 254 e ss.19. En Castelao, a U.P.G. e outras memorias. Ed. Xerais, Vigo 1983: 139.20. Carta de Florencio, desde Guadalajara, a Luís Soto, en México D.F., de 10 de maio de 1962.21. Carta de Carlos Velo a Florencio, de 17 de xullo de 1964.22. En carta de Velo a Florencio, de 8 de agosto de 1964.

Page 12: Natural do Barco de Valdeorras (1953). Realiza estudios de Educa … · 2019. 7. 31. · tro, Sada-A Coruña, 1999; e Da pre-rromanización ao wolfram: apun-tamentos históricos da

31~

colaboraría neste, aíndaque tiña traballos prepara-dos

23. Unha vez amainados

os problemas internos dosnúcleos galeguistas, Flo-rencio colaboraría de novo na revista,no seu núme-ro catro, na primavera de 1968. Nese tempo, en1964, vería a luz o segundo libro de poemas: Gali-cia Infinda, editado por Galaxia en Vigo, no que serecolle a súa poesía mestiza desde que comezaraesta serie ao principiar os anos 40. Na saída destapublicación influiría a boa relación que Florenciomantiña co grupo Galaxia.

No ano de 1968 faría a primeira das súas viaxes áterra, das tres que fixo. De aquí en diante a activida-de política e cultural dos galeguistas mexicanos doexilio quedaría reducida ás consabidas celebraciónsdo chamado Día de Galiza. A segunda visita de Flo-rencio a Galicia sería no 1976,xa co Dictador morto.Nesta última entraría en contacto cos círculos gale-guistas, froito deles sería o seu ofrecemento para cal-quera intervención, e o uso do seu nome para revita-lizar o vello Partido Galeguista, logo do primeiro bata-cazo electoral que sufrira o nacionalismo en 1977,aoir separados.Fai xestións en México para levar á prác-tica esta idea, mesmo confecciona un manifesto uni-tario para aglutinar aos galeguistas.Reúne á vella mili-tancia e induce aos galegos de aquí a refundar o vellopartido.A asemblea de Galicia constituíuse a finais de1978, da man, entre outros, de Pousa Antelo, co queFlorencio cruzara correspondencia. Diferentes cau-sas, que por falta de espacio non podemos analizaraquí,imposibilitaron que a tentativa tivera éxito,entreoutras a non incorporación de galeguistas históricosde Galicia ao proxecto. O Partido Galeguista remata-ría en 1983 a súa andaina, indo en coalición nas elec-cións municipais coa UCD.

Con este honroso acto de tratar de reactivar a mili-tancia e a presencia política do PG, desde México,

23. No Arquivo Soto de Ourense, aparecen varios artigos de Florencio para ser publicados neste número, mais seguramente deu orde de excluílos.

remataría a actividade galeguista do longo exiliomexicano.

Concluímos significando:• Que as actividades políticas dos galeguistas enMéxico víronse condicionadas polo prolífico marcode forzas que recalaran no país do golfo, que mer-marían a capacidade de intervención do minoritarioPartido Galeguista por:1. Posuír menos elementos militantes que os outrospartidos, que xa tiñan un campo de intervenciónsen solución de continuidade co labor que estabanlevando na España republicana, cos seus líderes enMéxico.2. Estar os galeguistas moi disgregados na AméricaLatina e, en moita menor medida, Europa.3. Non teren unha apoiatura da colonia emigrante,politicamente desvertebrada, como non era o casodoutros países.4.Ter fracasado algunhas propostas lanzadas desdeo núcleo dirixente que estaba na Arxentina, politi-camente falando:Consello de Galiza,Galeuzca...Aín-da que se acadara temporalmente a presencia deCastelao no Goberno do Exilio.• Que o escenario político levou aos galeguistas aestableceren instancias unitarias para ter presenciaactiva, fundamentalmente a carón dos comunistas edoutras persoas con sensibilidade nacionalista, conmilitancia noutras formacións políticas.• De xeito principal, utilizarían as empresas edito-riais como medio de acción política, entre outras.• Pese as dificultades externas e externas acadarí-an importantes logros na articulación da opcióngaleguista e o seu espallamento por medio de: Sau-dade, Padroado da Cultura Galega do México,Vieiros...

Foto de feira. con Pipa ádta. Ramón Cabanillas

fillo. Florencio no medio.(Ca. 1942)