Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña...

104
NAVEGANTE SILANDEIRO Obdulio Vaquero Galindo

Transcript of Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña...

Page 1: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

NAVEGANTE SILANDEIRO

Obdulio Vaquero Galindo

Page 2: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A
Page 3: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A
Page 4: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A
Page 5: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

NAVEGANTE SILANDEIRO

Obdulio Vaquero Galindo

Page 6: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A
Page 7: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

Composición dos textos: Manuel Fiaño Sánchez

Deseño gráfico: Luis Otero Sánchez e Miguel Gayoso Barreiro.

Depósito Legal: C 1503-2012

Imprime Vazmar

José Algueró Penedo, 5 Bajo - 15300 Betanzos (A Coruña).

C Herdeiros de Obdulio Vaquero Galindo

Edita: Sociedade cultural, recreativa e Deportiva Fillos de Ois.

Fontelo 37. Santa María de Ois. 15316 Coirós (A Coruña)

www.fillosdeois.org

Edición conmemorativa do 30 aniversario da SCRD Fillos de Ois.

Agosto 2012.

[email protected]

Queda prohibida a reprodución total ou parcial desta publicación, por calquera medio ou procedemento, sen para iso contar coa autorización previa, expresa e por escrito dos herdeiros de Obdulio Vaquero Galindo.

S.C.R.D. FILLOS DE OIS

Page 8: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A
Page 9: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

Obdulio Vaquero foi o mestre que pronunciou no ano 1933 o discurso inaugural da escola do Fontelo, construída pola Sociedad Hijos de Ois, cando esta empezou a albergar nenos e nenas nas súas aulas. Despois dunha longa vida profesional, á súa xubilación dedicouse a escribir poesía, deixando unha extensa obra escrita, a maioría inédita. En vida publicou tres poemarios: Desacougo aceso (1983), Versos para nenos (1986) e Espigas de mi rastrojo (1986).

A Sociedade Fillos de Ois, herdeira e continuadora da labor da Sociedad Hijos de Ois, cumpre neste ano 2012 o seu trinta aniversario. Con este motivo publicamos unha escolma de poemas que Obdulio escribiu en lingua galega.

Chama a atención que unha persoa que naceu en Valladolid mostre tal dominio da nosa lingua e que exprese nela os seus sentimentos máis íntimos, as súas inquedanzas e mesmo cante ás nosas letras e a Galicia, terra que o acolleu e que el sentiu tamén como súa.

En Navegante silandeiro, os versos de Obdulio achégannos ás súas observacións, reflexións e dúbidas existenciais, levándonos con el nunha viaxe poética polos recantos da vida.

Miguel Gayoso.

Presidente da S.C.R.D. Fillos de Ois.

Page 10: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A
Page 11: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

7

Polas campías da almaandan pombiñas voando;revoan como pantasmasdoutras almas emigrados.

Son visións alumiadasde antergos voos esquecidosque por vieiros frolidosse renovan e axigantan.

Pombas miudas de morriñamollándose no relembrodaquelas horas lediñasdaqueles lediños tempos.

Pombas como aladas frolesnun xardín de velaíñasque se afogaron na noitede negras malenconías.

Pombas con boiantes niñosen brancas lúas inzadosnos que chilran paxariñospolo mencer espertados . . .

Baixo de azuis noviñosandan mil soños voando.

Polas campias

Page 12: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

8

Seique me fireu a Lúaó caladiño na noitenamentras eu unha a unhaía catando as estrelasfermosashomildosasaló no alén do lonxe.

Polo canle das arelasrubo ó curuto do ceoe bebo o engado do soñoata bicar as estrelascon beizos dos meus anceios.

E as brancas azas cinguidaspola cincenta morriñacrébanse cal frol de toxoaló nos cumes ergueitosonde chegan meus antoxos.

A Lúa rise de míndende o espello do regueirono que xoga cas ondiñasás que chegou dende alíonde se farta de rirdestas arelanzas miñas.

Seique me . . .

Page 13: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

9

A noite quedou durmidano colo das súas sombrasnamentras os vagalumescolleitanluces de lúas e estrelascon que alumear as horassen apreixar o tempo que nos fuxe.Todo durme coa noite na paisaxe;nembargantesquediñamente soavea brisa longa a roita da súa estradae vaise

vaisevaise

cobizosa de alénsvaleiros de pantasmasa esbarecer polo lombo das espranzas.Baixa á realidade xusta-escuridade fonda sen lóstregos de soños-e o meu xardín particular percorroabrindo o peito a tódalas lembranzas.

A noite quedou . . .

Page 14: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

10

Ando a escoitar a música do ventoque os piñeirais dirixencoa batutiña das ponlase que os paxaros apraudencoas azas ó revoar.Hai torrenteiras de sonsque abrangan todo o lugare choutan intre tras intreco a sua propia outomar.Tenta rubir con outos azaneose derrúbase fráxil sobor do seu fervertrocando o seu tremar en soitarios ecosque aló no lonxe erran cal volvoretasbaixo os ceos azuis de vastas soedades.Os piñeirais apousan as suas inquedanzasmentres en mín no ámeto do abrenteo corazón se abrea maresías da vida no canle das espranzas.

Ando a escoitar

Page 15: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

11

Navegante silandeiropolos recantos da vidavexo soles vexo lúasvexo loces vexo sombrasvexo mastros vexo escumasvexo abertas maresíasnestas outomares miñas.Vexo gueivotas no abrenteapousadas nos roquedose arredores esplendentesnos que frolecen a eitosoedades arumadase “cómaros de lembranzas”que se acugulan no peito.Caladamente navegocal volvoreta no árnunha dorna de espranzaque poucas a poucas vaiamoreando no tempocobiza de un mais alá.

Navegante silandeiro

Page 16: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

12

Nun senlleiro recantodo sentimentoaniñou ao caladoo salaio dun versonon acabado.

Quixera na colleita-colleita leda-de sorriso e cantigasacanear as froles-froles de amores-da roseira da vida.

E os intres de tenrurados acaneosespallados da almaalumeadapor balbordos de lúafeitos xa versos.

Con todos elesfacer un niñode melros e carrizosque no recantodo sentimentoacalaran salaiosque agora sintode un verso inacabadodrento do peito.

Nun senlleiro

Page 17: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

13

Polas congostras do tempovou camiña que camiñacara un lonxe que revoana abidueira da vida.

Xa sinto en mín a canseirae non sei onde o camiño fica;fráxil estou coma o áre loito balbordante coa morriña.

Ferido de saudade non acougona roite coa que loito cada díae acorralado vou por dúbidas que atoponeste meu camiñar que chaman vida.

Mais os pulos da inquedanzabaten en mín con choiva de sorrisase todas elas nas roitas enliñadasfanme ter por verdade o que é mentira.

Polas congostras

Page 18: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

14

No meu mencer rebuldeirovexo estrelas fuxidías,sinto melros que asubíane aluma un sol garuleiro.

Hai rocíos que rebrilanpolas herbas espallados,vagalumes apagadosnas noitebras molecidase hai soños acochadosno colo da pantasía.

Hai cobizosas abellaszoando seu zoar mornosobor das roseiras ledas;hai tamén pétalos lourosó desfollarse o abrentesementando no ambentefidalgas luces de ouro.

Hai no mencer tantas cousasque un romántico sosegobica os orballos da almacon beizos cheos de azuisque miudean do ceo.

No meu mencer

Page 19: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

15

O meu corazón latexa como latexa o ventoaza sen presa turrando nas escumasda maruxía intemporal da vida.

Rube ou baixa; baixa ou rubepolas escadas do tempocoma unha cantiga vivaacugulada nos beizosdunha estrela que escintilasen folgos aló no ceo.

Ledicias e tristurasvéñenme tremar no peitoe nas lembranzas dibuxandesacougos e inquedanzasque van deixando na almaronseles dos seus latexos.

Vai marchando silandeirocoma gueivota tremantenos outonares do tempo;vai na vida navegantepola fráxil soedadecara un intre derradeiro.

Latexa o meu corazóncoma unha constelaciónque alumeara no peito.

O meu corazón

Page 20: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

16

Atópome soio escoandodende o cumio dos anosdeica o val largacíono que xermola a vida.Esbaro aberto a todalas feridasensoñando ou levandocomigo os seus misterioscara o iñoto lonxeno que xurde a chamadaque latexa no peitocoma un ecodo aló inescusabre que me agarda.Eu ben sei que o balbordo latexanteque soa na distancia dende sempredebrúzase sen maisna aperta da escoanzapola que vou caendo esmorecendodeica o silenzo vellosoque me atrae e que me abafa.

Atópome soio

Page 21: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

17

Cheo de anguria e tristuraalónxome pola vidacara un alén sen ningunhaespranza pois, penduradado meu solpor, soio é cinza.

Chégome a Tí, meu Señor,nos meus doores illadonestes intres de ventos abondososque sopran no presente do pasado.

Neste tempo tristeiro e chuviscosono que me atopo esperto e dooridochégome a Tí, Señor, coma neniñoque a seu pai se chegaá percura de acougo cando chora.

Eu son carne, Señor, de fonda penaprisioneiro de mín na escura vida;por éso a Tí me chego ca ferida-alporizada en mín- que levo aberta.

Cheo de anguria

Page 22: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

18

Eu non sei si a vos vos pasapero a mín na noite pechachéganse voces antergasque endexamais escoitara.

Son voces do alén do tempoen noites de lúa crara;voces longas en desertoscoma marmurios de nenosnunha cidade lonxana.

Voces no tempo perdidasde todos abandonadasxirando nun ceo abertocheo e farto de añoranzas.

E direivos mais; son verbasdun falar que non coñezopero que a luz das estrelasdíme que é un falar eternoo de esas voces antergas.

Voces vellas arquivadasmesturadas e insegurasque ás veces son soio escumasrindo ou chorando en segredonas noites de lúa crara.

Eu non sei . . .

Page 23: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

19

Eu ben sei sen que mo diganque son moi facilón para o silenzo;paréceme abondo xao canto da paspalláe os choriqueos da vida.

A coral rica e vivazensaiando cada díariba do solar do tempoas monótonas canciónsdo vivir longo e falazabondan pra me calarenliñado ó meu silenzo.

A falsa espontaneidadedo cantigar dos relembrosfaime ser na intimidadeunha lumeirada ardendodo tempo na escuridadesen laparadas ao vento.

Deixo que falen; eu calonamentras vou camiñandopercorrendo ceibe e ledoas alamedas do temposen falar; soio escoitando.

Eu ben sei

Page 24: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

20

Polo areal dos miolosa mareira das ideiasven a se deitar mainiñana craridade mesta do mencer.

Hai nas escumas preguiza;hai canseira nos anceiospor se deitar cara a lúaadurmiñada no ceo.

As ideias van ou veñenremoendo nas lembranzascomo as augas das mareiraspolos areais da praya.

Das duas nengunha acouga;ambalasduas son no seu devalosombra que se derruba no albedríoá busqueda de algo asoballadoao decorrer do tempo de cotío . . .

Espertei dos meus soños alongados-preguizas e canseiras xa na beirados areais da vida e da nostalxia-ao ir enchendo os valeiros infinitoscoa impracabre presencia de futurosnesta noite no tempo encaixonada.

Polo areal

Page 25: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

21

¿Cada día? . . .Un anaquiño da vidaque se nos perde no tempo.¿Cada intre? . . . Un anaquiño de tempoque se nos vai para sempre.

¿O tempo? . . .Algo que nos van doandoe que nos imos perdendo.O un aquel inexpresabreque nos fai e nos desfaidunha maneira impracabre.

¿Antes, agora, despois? . . .nomes, somentes nomesdesta ledicia da vidaque me cingue estrelecéndome.¿Hoxe, onte, antonte? . . .Ronseles que imos deixandona estrada pola que andamosó encontro coa morte.E ¿mañán? . . .O lisquiño dunha espranzaacochado na lonxanzaque índa teñamos que andar.A isto se reduce a vidaque intre a intre día a díaestamos a debalar.

¿Cada día?

Page 26: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

22

Fragas, soutos, piñeirais, orballosnos que tórnase a cor do tempo quedo;nos que os ollos se enchen de quietude e silenzo.Regueiriño que a solaspelegrinando andabicando as herbasceibe vai fendendo o tempofío branco a tecer luares belas.Apousa un pouquiñoapousacoroadiño de follasbebendo estrelas na noiteata que chega a mañán.Latexa o sol nas túas augas;ronsel deixas ó pasare febre dun milagre levateu magoante cantar.Fragas, soutos, piñeirais, orballos,regueiriño preguiceiroehí estades ao caladoalumeando como fachosas parolas dos intres derradeirosnestes solpores que con vos comparto.

Fragas, soutos, . . .

Page 27: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

23

A Natureza é un poema;cada eixistencia unha estrofa;os intres son soio versosdas estrofas da eixistencia.Ao vivir imos rimando;non fai falta ser poetapois somentes a eixistenciaxa nos vai versificando.Cada quén as suas estrofasao vivir vai recitandosen comelo nin bebelo;e ó ir ficando nas horasno seu ronsel vai deixandoanacos das suas estrofas.O tempo vainas xuntandoe das suas augas mornasfai un fío alporizadoque da vida nas fervenzasvai os intres derrubandoata rimar o poema.

A Natureza

Page 28: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

24

Hoxe as néboas e a choivaquítanme de ver as lonxaníasnas que o maxín acadaa sensación do meu porvir que morre.Acougada no corredor do tempoaquesta néboa mestaquítame os azos de petar no díaa conquerir sen pausa os novos hourizontes.Así é que estou en mínsen mais compañaque o río de lembranzasque un día me dixeran“adeus que o tempo pasa”Son tantas

tantastantas

que ó lonxe guindo aíndaunha longa cadea no vieiropor onde sen querer eu vou andandocamiño como elas do esquenzo.

Hoxe as néboas . . .

Page 29: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

25

Do ár limpo da mañánchegame o nídio frescoró abrir a fiestra dos ollosá verdade do seu esplendor.A paisaxe durme aínda os seus relembroscó pranto dos orballos no seu lomboe os sucos nos que medran os centeosasiña volven a páxina do día.O novo sol mencidovótase a andar polos azuis ledosenchendo o tempo de luz mais de ledicia.Unha pomba doente por se chegar moi lonxeérguese cara ó ceo coma un pregoque chegarse quixera onde non cheguenos cumios alodados dos outeiros.E todo volve a ser o que denantes foracando a mañán rexurde limpa e frescaa se dourar de sol nos intres puroscomo a bris alcendida dun poema.

Do ár limpo . . .

Page 30: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

26

Rebulen os paxaros;¿ónde estarán os niños?Hai festa polos agrose brila un sol mainiño.Volvoretas revoanpolas roseiras¡qué ledicia dá velasdarlle ás azas inquedas!.Renxe o tempo na tardiña;abanean os piñeiros;solfas soan das cantigasneste serán maieiro.E nas silveiras os melrosandan catando as amorasnamentras que silandeirosacougan en col das sombras.Un neno de rir tristeirovai remoendo relembrosdeitado sobor das herbasque na tardiña refrexanas tardiñas doutros tempos.Hai festa polos agros;loce un sol madrugueiro.

Rebulen

Page 31: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

27

Ainda que non estéseu lémbrome de tídende o complexo cosmosdo meu pequeno ser.Vives nun reino para mín iñotolonxe dos ollos que denantes víane dende aquela se quedaron cegosvaleiros das olladas xa perdidas.

¡Ohou estas soedades de inquedanzas cheas,das olladas valeiras e xa cansasque morren sen ronseles nas vereaspolas que ledizosas camiñaban!.

Hoxe lonxe de tí eu sigo camiñandoos antergos carreiros e congostrassempre soio comigo relembrandoaqueles tempos idos xa sen volta.Nun alonxarte sen finó ir indo deixaches na verearonsel das tuas ausenzase hoxe fora de tí no teu silenzoestás perto de mín feita relembro.

Nai

Page 32: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

28

Ai, as sombras que latexane a noite teimosas cegan.Ai, o vento que acaneaas froliñas nas roseiras.Ai, os piñeirais no boscodurmíndose recelosos.Ai, a noctébrega curuxaque a noite, agoreira, embruxa.Ai, os vagalumes ledosos seus fachos alcendendo.

Ai, os cumios dos outeiroslitúrxicos e tristeiros.Ai, que a mañanciña chegatras de acoitelar as tebras.Ai, que o sol garuleirocamiña xa polo ceo.Ai, os folguiños da vidaque pouquiño a pouco fican.

Ai, as sombras

Page 33: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

29

Unha dorna pratexadapor lúas de branca escumavai bogando nas estradasdas augas sen marusíaspolo vento acaneadas.

Dende os mastros as brisas asubíanagarimando as guedellasda cabeleira do tempoadurmiñadano colo das lembranzas e os misterios.

A dorna boga incansabrecoma folla polo ár abaneadaque latexa ó fuxir cara hourizonte imensonunha fuxida longa por paisaxesnos que o solpor de luarenta craridadepingue inmortais azuis dende o ceo.

Unha dorna

Page 34: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

30

Cando as doces cantigasdos tempos idosvolvan a che voarnos teus ouvidos . . .

Cando as pingas de sombrasvolvan a se mollarnas lagoas dun soñoe as mapoulas das horasrecenda ó durmir nas soedades . . .

Cando se afundannos beizos dos relembrosas canseiras deitadasno areal dos mioloscamiño dos esquenzos . . .

Cando un mencer mainiño-ás costas dos escuros-tatexe nas congostrasque levan á rutinaen que perduro . . .

Nos cons do novo díalareterán as verbasó ruar deica as novaslabaradas ispidasnas que xurde o poema.

Cando as doces cantigas

Page 35: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

31

Vaise o tempo sen medidaindo sen folgo en silenzonamentras que medra a vidacun xesto novo e antergo;

aló onde o chán bica o ceoperdido na lonxanía;alóonde afogan os relembrosó irse facendo esquenzosno cadaleito dos días;

alóonde agroman os proxectose no caravel dos beizosxurden bicos voandeirosque antes non rexurdiran;

nese alóno que ollamos nos sen vermundos novos iñoradosque se poidan deprender . . .

Nese aló¿será real ou irrealese abaneo de soñospolos que a vida se vai?.

Vaise o tempo

Page 36: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

32

Cando o facho costeirose espreguizano solsticio da noitee aluma os arrepíosdos sombrizos insomnes . . .

Cando o mencer se chegadalgún lonxe inocentee as lufadas escurasdo equinocio do tempofai soar as absurdasmarteladas do vento . . .

Cando o sol madrugueirolimpa de escuridadesa inocencia das sombrase rachando os aramiosda sua terquedadeabre as fiestras todas . . .

Daquelao río caudalosodas inquedanzas tolasvai enchendo os valeirosrilando no silenzoo espertar das presenciasque durmían suspensasdo sospiros do cosmos.

Cando o facho . . .

Page 37: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

33

Todo respira silenzona noite pechainda que alumiñe o ventotodo aquelo ao que se chega.

Se somos silenzo ou ventoque abaneasolpor ou mencer en nossen dúbida somos tempoque ó irse facendo terranin é lúa nin é sol.

Neste nouturno sen regoagroman tépedas verbas;unhas durmen, outras velaná espera do día abertono que enliñar os segredosbarrocos dalgún poema.

Algunhas fitan e acertan;outras nembergantes errannos currunchos do incerto;cecais nas escuras tebrasmedren alguns sortilexiosque en dúbidas pestanexan.

Todo respira

Page 38: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

34

Son un anaco de terraergueito sobor de mín;medro en intres sen certezaentre proxectos sen fin.

Cecais soio sexa un soñona noite do meu vivirsulagado no meu corpoque poucas veces sorrí.

Sei que me asento en costumesque ás poucas van moldeandoos orixinais que xurdenó ir os intres achegando.

Aló vai o tempo mortofacendo historia do antergo;levando sobor do lombode vidas idas milleiros.

Son anacos esquencidosdunha eternidade en tebrasque coma mín fan camiñopola nada ó ir por ela.

Son un anaco

Page 39: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

35

Ando carrexando tempoxunguido á morna utopíamentras que abanea o ventoa persistencia da vida.Eu ben sei que non son nadaapousado en labaradasde raios de luz allea.Vou buscando nas lagoasde ceos aluaradosun mencer que alumea as horasno meu tempo axionllado.Nas mañanciñas abertasaos azuis luxuriososamósome nas xanelasa ollar do tempo os arrolos.Despois fito a bruxeríada odisea da paisaxexunguido sempre á utopíae ó seu reto sen piedadea pendurancia da vida.

Ando carrexando

Page 40: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

36

Estás a vivir en mínvella imaxe daquel tempo;tempo que se foi sen voltao mesmo que fai o vento.

Paseniñamente a vidaen dornas de liberdadevogou mais aló do lonxea ningures de vastas soedades;

un ningures de silenzoonde os corpos feitos cinzafican no cramor do tempoe nas fiestras do eternofai plans de ledicia infindaa alma en vaivens do esquenzo.

Que a vida é unha oquedadeda que cadaquén a se ceibar desertacatando xa o enchente de saudadena maruxía do seu enrolo nela.

E queda a vivir en mína imaxe do tempo ido;tempo que si coñecínen mín frolece xa coma un sospiro.

Estás a vivir

Page 41: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

37

Choven miudiño, chovenmais ben que de moita falaarelas de ben falar.

Falares tenros de vidae non fungares de ventossenón doces armuñíascando deixan de troular.

Non barballadas de ponlapor furacáns aldraxadassenón alalás de brisascando bican ó pasar.

Nin feras cancións do mardescompoñendo os feitizosnas noitiñas de luarsenón arrulos de pombasou cantos de rapaciñasnos serans primaverais.

Choven miudiño, chovenmais ben que de moita falaarelas de bon falar.

Día das letras galegas

Page 42: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

38

Xa non estás en mín;o vento xa espallouo teu recordo.Non sei qué te achegounin sei quén te levouferindo o meu relembro.

Eu quixera rubiró cumio das ausenzase atopar nos almarios da morriñao latexo de tíbrumando nas entranas.

Mais digamos adeusao xermolar dos soñoscon arrolos de lúanas noites de nostalxiae no colo do tempoabaneemos xuntosas cousas xa pasadas.

Porque todo é un soñode anceio estrelecidoque lumiña o camiñoda miña pantasíanas horas da nostalxia.

Cousas da fantasía

Page 43: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

39

As escumas azuisdos chilros dos paxarosficaron masturadascas néboas do solpor.Quedaron revoandonos perfis da paisaxecomo un bico de pombanamorado da lúa.

Un marmurio sen xeitofoi vagando nun mundode sombras e tristurae o ceo antes valeirofoise enchendo de estrelas.A noite paseniñoveuse chegando mornapercurando nas tebrasfacer edéns nouturnosdas barbaries alleas.

Pouco a pouco os balbordostrocouse en agarimocomo un canto de berceque adurmiñara a Terra.E a Lúa xa alcendidafoi crarexando a tristuraabrangando os azuiscós seus bicos de ensoño.

As escumas azuis

Page 44: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

40

As lenes follasna penumbra mornachora grimoiros vivosque xermolan na sombra.

Nas escuras orelasdas sombrizas que durmenescoan como fumeos pólipos da brétema.

Anda ás apalpadasesbarando no arrolodas aciñas do ventoque rola polas chairas.

Peneiradas as follaspor abalos de brisaalumiña a luz novado abrente do díaas mesturadas horasque se perden no tempo.

E un arrecendo rubepolos cumios do árata a donda ansiedadepola que a vida rola.

As lenes follas

Page 45: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

41

Os meus prantos non son choros;son sorrisos finxidosque o tempo entolecidome fai cos seus arrolos.Os marmurios da vidame xunguen sen acougoás tolemias sombrizasque me apreixan nos soños.

Hai recunchos nas veasnos que vai esbaeandomainamente a tolemiados soños espallados.

E así xurden os prantosque endexamais son choros;son somentes orballosnas umbrías dos ollos.

Son sopros transparentesdunha bris que aloumiñaos soños que doentesfuxen a se perdereno ár da lonxanía.

Os meus prantos

Page 46: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

42

O río do meu silenzolévame a longa distanciaalén dos soños que soño.

Pomba son de voar outonos ceos do meu mencerabrindo sucos no tempode morte e vida ronsel.

Ben sei que agromando verbasxiro na noite dos versos;mais vou por ela ás escurasá percura de poemasna dorna dos meus anceios.

Polas bandas do meu ríoás veces ruben as neboascegándome a pantasíaonde agromaban as verbas.

É así como os meus versosquedan no fondal do ríoe as augas entolecidasasulagan os poemasque nascen no meu silenzo.

O río do meu silenzo

Page 47: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

43

Ando fuxindo de tíoutono leniño e mornoando fuxindo de tíesborrexendo, no canledo teu río de sombras e silenzo.Trouxeches das lagoas mais lonxanasmareas de chovieiras enliñadasna fartura de nubes mais de vento.Perto de tí o vento brua e chorae o seu sopro espalla as poucas follasque aínda quedan nos árbores ispidos.Trouxeches no teu colo sementes abondosasde días curtos e de noites longascon poucos brilos de lúas mais de estrelasxa que as nubes abrangan todo o ceopeneirando no ár balbordos de tristuras.Vou fuxindo de tí outono mourocoas pálpebras abertas ao relembrode primaveiras de ledas contesturas.

Ando fuxindo

Page 48: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

44

Aló no alén da almateño un curruncho valeiroque quero encher e non podo.Somentes pouquiño a poucounha folliña douradado albre do sentimentovai vertendo no currunchogasallos lenes de versos.Con eles poucas a poucasvai enchendo o meu valeiroinda que ás veces as cousasnon sallan moi a o dereito.Vai esbarando o ensoñopor un río de luces vagantíodunha lonxana soedá sen fondodun xiro sen retorno peleriño.E así sen mais moi en segredovai deixando seus gasallos no valeironun xermolar de versos largacío.

Aló no alén

Page 49: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

45

Enchense as herbas de orballo;o tempo chove silenzose as horas están molladaspor chovieiras a eito.Os piñeiros abaneanen loita cos ventos irtose nun ceo sen estrelasbrila un luceiros estrevido.Esquéncese o sol da noitee amósase a medio mundoás poucas sen que se coidedas néboas e seus currunchos.E vaise esbarando mainosobor de azuis ardentesbebendo as pingas de orballocós xeitos seus de sempre.Quedan así as herbas ceibese o sol todo o atafeganamentras medra o abrentealumando media Terra.

Énchense as herbas

Page 50: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

46

A sombra doume unha apertacando a noite xa ficaba;eu perdínme polas ruasdas froles e dos poetas.Os paxaros revoabane unha pomba namoradasulagóuse nos adeusesda noite que esgotaba.Xa non acougan as cousasnas augas das sombras mestas;a luz agarima as horasdun novo mencer sen tebras.Sinto perto de míno sopro da lediciados ramaxes, dos verdesmais das sombrizasó baixar dos outeirosa luz noviñapeneirada en silenzopola campía.Nas roseiras agroman os recendose nas froles parolan as abellas;o sorriso do sol faise de aceiroe a terra toda no seu colo apreixa.Cando a noite xa ficabaa sombra doume unha aperta.

A sombra doume . . .

Page 51: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

47

Volto a soñar relembros esquecidosesbarando nas brétemas do tempo.Son moitos os vieiros fuxidíosó rente dos miolos cada intrena percura de querencias esvaídasque roldan nas estradas miudiñasfacendo cóchegas nos soños cobizosos.Guinda o maxín no ronsel de cada ontedando voltas nos soños e as lembranzas;antergas cousas de esquenzos orballados,arrecendos de vida derrubados,cadencias invisibres de cantos de labercas.Eche un prantiño calado e medoñento,un eco inmorredeiro da existencia,un senso, un asubío, unha tristuranas escumas do tempo e do maxín sedento.

Volto a soñar

Page 52: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

48

Polas rúas do tempovou camiñandosen atopar os eidosque ando buscando.

Matino, sinto e vivoabalado polos soñosque por mares largacíosna dorna da vida escoo.

Un bafo de morte rubehora a hora día a díadeica unha chamada doceque por mín decote guinda.

Bate nos cumios dos soñoso doente zoar da pantasíadeixando ronseles roxosnos que todo soño xira.

Coas acrobacias do tempoa pantasía toleae fai que miolos ermosagromen ceos na terra.

Polas rúas

Page 53: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

49

Aló pretiño do marando peneirando versosrexeitando contos vellosa carón do enferruxar.

Polo vento chegan;polo vento van.

É por eso que cecaischeiran as follas dos pinosda tardiña do serán.

Son sementes entaladasna terra de viño e pane donde o canto do cucoenceta sempre a mañán.

Son lembranzas doutros temposque hoxe xermolan nos beizossen se deter a escoitaros contos de tempos novossen ollos con que fitar.

Ando peneirando versosmiudos preto do marcon axéuxeres bermellosdo mais íntimo bicar.

Aló pretiño do mar

Page 54: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

50

Nos ronseles arelantes dos azuisestrelas fusidías xa sen rumboalónganse da noite con tristuranun romántico acougo silandeiro.

Xira a noite nas alburas da mañáe faise anacos na vertical ergueitada luz dun novo día entalicadona estructura do tempo e do seu ritmo.

Hai chamadas do alén a se ceibar no sempre;son as voces antergas dos séculos pasadosmergulladas baixo os cegos vieiros dos esquenzosque ruben polas rúas valeiras das lembranzas.

Aínda as augas ridentes do presenteandan bulindo no canle dos miolose xa as ledas viravoltas das ideiasbulen contra corrente polo mar da vida.

Todo apeas é un soño -unha arelanza-mais cando o día xurde das tebras medoñentaso sono vaise o mesmiño que estrelas fuxidíaspara tornar despois feito relembrosnos aramios do tempo enguedellados.

Nos ronseles

Page 55: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

51

E os séculos pasadoscoroados de tempoxacen eu non sei óndecoas soedades mestos.

Seus xuntoiros ó redor do esquenzomedran e medran a eitovellos

murchosdespenados

nas augas dun río eterno.

A sua xuntanza é xerga-enxebre xerga que desborda a vida-aló nas fazañas muasen lonxanías sen vozno envés da súa eixistencia.

Tempos idos,tempos irtos

que foron e xa non son;tempos murchos polo esquenzo;tempos de saudade e mortetempos do eterno a carón.

Son os séculos pasadosque xacen eu non sei óndecos esquenzos mesturadossen augas ou ventos que os choren.

E os séculos . . .

Page 56: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

52

A tarde vaise caendo;a noite vense chegando;ambalasduas teimosas;ambalasduas me chaman e ós días empuxa o tempo.

Os intres se alongan;repinican os ouvidosos derradeiros chilrose as espiñosas silveirasabalan os seus espiños.

Tebras outas, tebras baixas;nas fiestras dos azuis-riba do ár- as estrelase os vagalumes caladosvan acendendo os seus farospara alumear as herbas.

Lúa chea,noite pechanamentras eu ao caladofito as froles das roseiras.

A tarde vaise

Page 57: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

53

Ando choutando nos versoscomo neniño nun prado;bican as roseiras ventosque andan rubindo e baixandopolas escadas do inverno.

Ando palpando senlleiroas duras mais as maduraso mesmo con clara lúaque con furacáns mareiros.

Ando tamén moi mainiñoalcendendo trovas novascomo paxaro noviñoque pra facer o seu niñoxunta palliñas e follas.

E ando escribindo escribindosen me ceibar de escribircomo macho de estorninoque baixo estrelas fai niñopara ter onde durmir.

Mais eu non durmo que soñobuscando un abrente outoque troque as pedras por ouroou estrelas que xamais vin.

Ando choutando

Page 58: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

54

Levo xa moitos anospercorrendo unha roita esmorecenteroita de ida sen voltasempre ollando lonxaníascon olladas miudiñas -quedamente-.

Esbaro nas escoitas das chamadasque me fan dende aléns da miña arelaperdida no valeiro do iñotoacochado nas brétemas do eterno.

Adeprendín do tempo a ollar ó lonxeaínda que todo pete nas miñas cercaníase coñecín as cóchegas da vidarente do mouro percorrer da morte.

É fermoso choutar ó ir medrandoe alongarse nos intres mentras fuxenguindando sempre ó lonxe sen cobizade entelequias nos cumios da eixistencia.

Mais xa son moitos anos os que levoa xugar nos recendos invisibresda roseira da vida esprendorosaagarimando soños nos solporespolos que esbaro lene e vagantíode soles e de lúas aos crarores.

Levo xa moitos anos

Page 59: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

55

O bico fíxose pombaa revoar na noite dos meus soñosque endexamais se enche de saudadesen buracos sen fonda nin acougos.

Nun ligoaxe de tebras mais de arelasas azas no seu vóo fálanme docesde lúas e de estrelas namoradasde berros silandeiros nos escurose soedades de menceres novos.

As azas ceibes de lembrares tenrospétanme nos conxuros de aquel bicocomo un sopro de luz na sombra pechaxermola polas tebras mainos raiosa alumear na alma fontes vivasde augas frolidas na paisaxe miña.

Augas sen canle que tamén me bicansignando a alma con luar de gozoarrexuntando nela tódalas raiolasdun sol esconxurado que alumeatódalas roitas e tódolos anceiose os bébedos adeuses nos que vivopreso no meu solpor do bico dos teus beizos.

Aquel biquiño

Page 60: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

56

A traveso dos devanceiros sucosvou sementando o balbordante folgodos latexos lonxanos e os reflexosda desfeita levián feita folerpasque traspasa o tapiz dos tempos idos.

Nas suas rúas os relembros esvaídosagroman como bágoas que me chorancun apertado adeus esmorecidoollando a eito o medrar das perguntassen atopar respostas que abranguen o esquecido.

E nos cumios das arelas nas que vivobaten recendos de esquenzos nos que morrotratando de fender nas tebras fondasa terca escuridade que me cinguefacéndome ver noite donde hai día.

Asi é que o balbordante folgoestructura o zoar das inquedanzasporque sinto que me chaman nos escurosantergas voces cal cantos de sireasdeica o xermen de mín sopro de nada.

A traveso dos devanceiros

Page 61: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

57

O cordame da vidaaínda que non o parezaé un decir de cotíoadeus adeus adeus.Que a vida somentes évieiro con intres feitoque arrinca en menceres novose fica en calquer solporaxotado quedamentepolo valeiro das horase arelas doutro mencer.Nas arquivoltas do sole viraventos da lúaconta días conta noitese fai moreas de tempona palleira dos esquenzosarrexuntando os adeuses.Mais a pesares de todoa vida-sempre bela e degoxada-é albre ben frolecidodo que somentes son froitoque ao amolecer o temponalgún díanunha ingrávida carreirabulirá a se perder apodrecidona fonda fraga dunha morte certa.

O cordame da vida

Page 62: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

58

Vaite noite; pomba na sombraque vas petando nas horascon azas de tempo abertas.

Vaite noite; berce de soños belidosarrolado polos mainostitileo das estrelas.

Noite; noite; cinza molladadunha lumeirada morna;pálpebras tébedas -pechas-dun torvo guindar que pasanas mainas mainiñas ondasdo mencer que logo chega.

Noite, noite; berce, pombade voar mouro no tempoenxergado no celme dos meigallossen antes nin despois nos que xermolanas niñadas de soños e segredos.

Vaite noite; vagalume silandeiradeitada sobor das herbas;libélula voadorade tatexante voar;lagoa de sombras mestascon rebrilos de luar.Noite; noite que fuxes a te perdernas ondas de luces crarasdo mar dun novo mencer.

Vaite noite

Page 63: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

59

Un pequeno curruncho, un currunchiñopara quedar en mín sen mais compañae soñar nos valeiros alcendidossoños de pombas senlleirasvoando isoladas fragas.

Soños de roupa en farraposna que soio haxa valeirosnos ceos dun hoxe opaco.

Ou mellor soñar roseirasnun paradiso de estrelasmatinando ceos azuisno que non xerminan tebras;viravoltas de abeleiras,tamén de anduriñas ledas,ritmos de chilros de melrosque asubían nas silveiras . . .

Un pequeno curruncho -un currunchiño-sen nengunha outra compañapara soñar de cotíonunha soedade plenaentrañabres trapalladas.

Un pequeno curruncho

Page 64: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

60

E vai abrindo sucos nos miolosesta arela ricaz que arrinca verbasnos eidos do silenzo que me cingueamolecendo os froitos nos peiraos do tempo.

Síntome ergueito en mín sobor de todoa fitar no arredor das miñas tebrasonde choutan mensaxes e feitizosabranxando os recendos mariñánsdo mar alporizados das ideias.

E o abaneo delas alóngase nas praiascobizoso da luz dos faros irtosque alumean a noite entelecidana que alumiña latexante a vida.

Xira ó redor de mín estructuradaa perguntar perguntas sen respostae deixa seus ronseles nos miolosa se perder no ritmo e servidumedas acrobacias da verdade ispida.

Eu soño e soño nas escuras noites;e as cóchegas do vento nas fiestrasfan sorrir as ideias nos miolosnamentras sinto un quentor segredoagarimar o lume entebecendo os versos.

E vai abrindo . . .

Page 65: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

61

No silenzo valeirodo caer do solporhai tristuras que medranó espallarse das sombraspolo doce aloumiñoda bris que escoa por ríos sen orelas.

A noite soña aínda os seus segredoslonxe de mín fitando sen que o seipaos ramallos de luz da lúa novae os vieiros inquedos onde medranas sombras e os lostregos de augas murchasnas que afoganinquedanzas azuisesquenzos ou relembrosqie asoballan os soños estrevidosata morrer nas viravoltas negrasda noite feita pomba.

Pomba a voar cara ó abrentecoas azas pechas sobor de vagalumese orballos sen cancela escagalladospor marmurios mainiños acinchadosaos medoñentos derrubados verdes.

Así as tristuras fondaspechadas nos faiados do silenzomedran

medrane asoballan

o maino rebrilar do azul do ceo.

No silenzo valeiro

Page 66: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

62

Sobor de todo e de todosa primaveira chegou;nin fríos

nin choivasnin ventos

arredraron seu anceiode frolecer as roseirascó biquiño dos seus beizos.

Deixou os seus degoiros nas escumasdo inverno mais das lúas terecidase agromou nas ponliñas con namorodende a seiva dos albres cobizososdun recender sedento de verdoresmais de ceibes vexetais ensoños.

A primaveira chegou con resoanzas lenesde brisas e de chilros de paxaros ledosa se perder nos cumios eternaisde azuis inasequibres aos mortaissen lostregos de soños nin latexosnas augas ledizosas que a primaveira trae.

Sobor de todo

Page 67: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

63

Hoxe o sol ao caladiño ergueuse poucas a poucaspechando da noite as sombrasno arrepío do mencer.

Foi husmando no ár tan cobizosoque os escuros illotes das sombrizasfuxiron pola donda quietude do silenzocara o quente locir da amañecida.

A lúa e as estrelas coitadiñasacadaron oníricas paisaxesonde o infindo agarimar do tempoabranga o verde folgo que o mencer apreixano noiturno despois dun fuxir valeiro.

Tódolos verdes dos árbores do boscoábrense ó sol de acougos enxergadosen ronseles azuis de raiantes belezasde froles e paxarosesbarando no seo das silveirasnun turxente ramallode raiolas en danza e zoar das abellas.

Hoxe o sol ao caladiñoabreu as suas fiestrasaos silentes belos chilrosaos verdes novos das follase ao falar mudo dos niños.

Hoxe o sol . . .

Page 68: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

64

Non é o tempo quen pasa;somos nos os que pasamos;él somentes é unha estradapola que nos camiñamos.

Non;non é o tempo quen pasa;el somentes é un valeiroó que nos imos enchendocara algún lonxe iñoradoque nos ha facer relembro.

Ringleira de curtos intresós que nos chamamos horas;río sen canle polo que esbaramosata un segredismo alénnunha lonxanía iñota.

O tempo así vai quedandosacudíndose o ronselque ao pasar imos deixando.

Nossomentes un intre somosenristrado na cadeade menceres e solporese fungos que nos soterran.

Non é o tempo

Page 69: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

65

Bulen azuis no ceo;achegouse a primaveira;ficou o doente invernodenizando as suas tebras.

Na sua larganza xeadaacoróanse os relembrosenchidos de soedadessulagadas nas sieiraspaisaxes do esquecemento.

Hoxe sorrín as anguriasdo tempo que ten pasadoe na cachafunda dondaos cores vai trasucandonun cotián lusco fusco.

As suas lampadas a vidaacende sobor dos murosde vindeiras auroriñaspara alumear buruxosnos que agromenpérolas brancas e fráxilese colgarexos de lucescós que engalánase o mundo.

Bulen . . .

Page 70: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

66

Caen os días, caen as noitescomo pingas de tempo -choiva morna-que nos molla e asulagapoucas a poucas no folgoou nos latexosdo río do vivir que leva á morte.

Améstanse as suas augas mourascoa chamada dun alén que vai queimandoos beizos que nos bican e agarimannos meandros do mencer de cada día.

Eu sei que esa chamada é como fumena lumeirada de cada unha das escadasque imos facendo nos cas ecoanzasde aquelo que acadamos ó ir vivindoesgallando nas ponlas tatexantesdo albre de cada quén no boscaxe do mundo.

Fican días, fican noitescara un mañán incerto e desexado;como elas nos caímos dende o cumio de nos deica o fondal do tempo largacíono que todo escomenza e arremata.

Caen os días

Page 71: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

67

A roda xira que xira;como ela rolamos nos;como ela rola o tempo;como ela rola o ventoqueirase xirar ou non.

Disque tamén xira a Terra;disque tamén xira o sol;hai invernos, primaveiras;hai menceres, hai solpores;viravoltas e sazóns.

Todo xira e se revolve;vaise o día, vaise a noite;todo nasce e todo morre;todo se espalla ou recolle;todo ten o mesmo son.

Fanse mozos os neniños;fanse vellos os homiños;todos o mesmo camiñovan andando paseniño;todo é un quita e pon.

A roda xira

Page 72: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

68

Enceta a roseira o díaamosando o sorriso dos seus verdescara a un sol que alumeaos caladiños espertares lenes.

Ollade as ponlas dos albres,as soedades núas das herbiñas,o primeiriño voo das aves,as pinguiñas de orballo nas pedriñas.

E nas roseiras guindadeo bico da bris nas froles;ollade tamén ó lonxeas cousas todas no ordeda natureza enteiriña.

Todo anda a encetar o díae aló no alén valeiroonde as brétemas e as choivasfuxen no tren derradeirodunha esmorecente roitacada cousiña é quen ésen envexa unhas das outras.

Enceta a roseira o díae mesmo ó encetala escoitazoar de abellas que libanfamentas e cobizosasfresco arrecendo de vida.

Enceta a roseira o día

Page 73: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

69

Namentras que imos vivindoo tempo vainos ferindoe ficamos sendo un soñoque caseque non é nadaxa que os soños se desfollanno colo dunha esperanza.

Ás veces unha impávida tristurana pesadume do tempotrae aos miolos relembrosque vanse facendo adeusesna cinza dunha nostalxia.

E adéntranse nas ispidasturxencias dun quente soñoa percorrer as estradasdos lostregos vixiantesnos neboeiros da alma.

Daquelaos íntimos agarimosacenden poucas a poucasdos soños as lumeiradase nos quentámonos nelassen catar que o tempo irtovainos ferindo a modiñoa prol dunha morte crara.

Namentras que . . .

Page 74: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

70

Cando o mar esbufa embaixocontra dos rochedos rexo,cando ventea o nordése ven bruando de lexos . . .revoando no traballocantigan os mariñeiros

¡Ai, que abalaque abalaque abalao pedroucho grandeda Virxe da Barca!

Cando se chegan de lonxecabo da ermida os romeirospara improrar de xoellosós pés da Santa e se volvenna soma da tarde ledosvan cantigando sin dores

¡Ai, que abalaque abalaque abalao pedrón que forabarquiña dourada!

Hoxe ventos e rochedosxemen, laian e non cantannin muxiáns nin romeirosporque a sua pedra-barcaxa non abalaxa non abala.Fendéuna un raioe hoxe a cantigatrocóuse en laio.

A pedra d´abalar

Page 75: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

71

Camiñarei.Alongarei os meus brazose apreixarei distanciasAbrangarei ca miña olladacanto poidae os meus ollosencheránse de brétema.Mil cousas esquecidasergueránse de súpetona alacea cincentada miña acordanzae un pais iñoradorexurxirá da sombraderrubados os murosda noite do meu corpo.Berrarei e os meus beizospodrecerán abertosnun derradeiro berroque ninguén escoitará.E eu ireime lonxepor iñotas vereasnamentras aló embaixoa ferruxe do tempoesmigalla as cadeasda miña lembranzae o meu anceioafoga insatisfeitoafamado de estrelas.

Camiñarei

Page 76: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

72

Sinto perto de mín as outas lonxaníase un enxamio de ventos aluadosven polo bosco adiantezoando antre ponlas novasunha inquedanza morna.Estame esta saudade estrelecendona penumbra da alma xordamentecoma un cachoupo ardendo.Estame afatando,agromando en anceios infindos;estame atouzandocunha longa milagre de arripíos.Estame alansando no “horreo do peito”coma erba que nunca se murchara.E os anos que revoan coma pombasdenizan antre brumas as lembranzase deixan a inquedanza sin respostas.

Sinto perto de min

Page 77: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

73

É unha ledicia o Souto-pequena selva virxe dos meus eidos-ó ver refolear os ameneiroscó vento do serán no lusco e fusco;ó adrentarse no peito a dor caladadas follas murchas enchidas de silenzocaidas unha a unha na beiriña da noite;ó se quedar prendidanas ponliñas marelas dos salgueirosa música lonxana dos piñeirales outosque axexan abalando as primeiras estrelas;ó se sentir asolagado na lagoa das sombrascando abanean nas ondas do sonoas ensarriñadas acordanzas de ninguén.É unha ledicia o Soutono recanto senlleiro da tardiñacando o verde indeciso dos piñeirosdespecha nas beiriñas dos carreirosos cadaleitos brancos do luar.

É unha ledicia

Page 78: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

74

Peleriño perdidovou diante dos meus pasospolo longo camiñoda vida que se vai . . .

Lonxe da noite,lonxe do díavou camiñando¿perto da morte?¿perto da vida?

Os ecos que lonxanos“quentan as ondas do ár”esfarelados ficane escorren ó pasar.Sobor da lapa apertadade tebras e furacásda vida albeira e lanzal.

Lonxe da noite,lonxe do díavou camiñando¿perto da morte?¿perto da vida?

Hai un ensoño douradono canso peleriñarcoma un rumor de cantigasó espertar da mañán . . .

Lonxe da noite,lonxe do díavou camiñando¿perto da morte?¿perto da vida?.

Peleriño

Page 79: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

75

Ei, mareiriña de verde nos trigos,ei, laparada de sol polas agras,ei, gargalladas dos nenos nos xogos,ei, o marmurio das ondas nas praias,ei, o solpor que se torna meigallo,ei, unha escada de estrelas nos ollos,ei, unha canle de soños nas sombras,ei, nas sombras dos piñeiros longos.Ei, ei, froleceu a púdia,ei, ei, abroxou o día,ei, ei, que se urizan os montesó chagalos a luz derradeiraarrolada no berce da noite.

Tardiña

Page 80: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

76

¿Quén me arrincará do peitoa pena que me asoballa?Eu namoreime da Lúa-que a Terra me puxo medo-;un neboeiro cubréumae a sua negrura crebóumetodo o degaro das azas . . .¿Quén me arrincará do peitoa pena que me asoballa?Eu namoreime dun soño-obnubilación da alma-;pro no crarexo do abrentefuxíu a ilusión a eitoe o soño trocóuse en nada . . .¿Quén me arrincará do peitoa pena que me asoballa?Eu namoreime dun ventoque me quentóu as intranas;mais os ronseles do tempoque me angurian abraiantestéñenme callada a alma . . .¿Quén me arrincará do peitoa pena que me asoballa?Eu namoreime do díae a noite apezóu de somaa sua longa distancia;todo quedóu xa sin corna roita da miña andaina . . .¿Quén me arrincará do peitoa pena que me asoballa?

¿Quén?

Page 81: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

77

Iste soar senlleiroprisioneiro nas redes do meu peitovéñoo ouvindo mainamenteenguedellado en intres de relembros.Eu son un debecer -xa o teño dito-;un debecer dun algo que me fallae está perto de mín porque ó presinto.Faise de conta de que son xanelana que petan de noite mais de díaas azas das pombiñas dos meus soñosque voan na penumbra dos anceios.Algo entobado está neste meu seocoma un anxo durmido nas estrelas.Algo que está por vir e que se cheganese silencio mestono que xurden os versos arelantes;algo drento de mín que non me deixamadurece sin presas axexante;algo rebule drento sen acougocon vougos lindesque esbaran pouco a pouco.

Inquedanza

Page 82: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

78

Asulagárono en terra-duas cuartas abondaron-e chovéu sobor dél a brétema da vida.

Quedóu soterrado o beixo da luze os vermes tiveron unha festa rachada;de tal xeito á tiveron que hoxe é ceibesin máns e sin ollossin carne e sin osos.

Somentes lembranzaque rube inmorrenteesqueiras na alma.

Pra un amigo morto

Page 83: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

79

Olleite, Lúa, no ronsel da noite.Tiña sede de luza na moura sombrae enchín o vaso coa tua luz griseira.Montós de estrelas furaban o ceoe todo estaba quedo acó na Terra.Somentes eu espertoremexínme nun leito de inquedanzas.Namentras tí -de rúa-íaste acochando nos canles da belezapechando nas nubes o teu lumear.Eu quedei agardando o despois,o saudoso mencer envolto en tempoá espreita de facerme mundocando tí fuxas e veñan as raiolas,as primeiras e vírxenes raiolas.

Lúa . . .

Page 84: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

80

É noite. Peleriñanos intres de silencioas rúas garimosascheas de señardá.

Tan . . . , tan . . . , tan . . .as doce badaladas dan.

Os homes loitarondoentes cá pedra,e as pedras trocáronse en fontes,en santos, en edras,en monstros ous cás . . .

Tan . . ., tan . . ., tan . . .as doce badaladas dan.

Érguense do sonoque durmen na morteas xentes sin nomeque foron cibdá . . .

Tan . . ., tan . . ., tan . . . as doce badaladas dan.

Sementaron vitaesraigames de Historiae agardan na covaouvir a respostaque as de hoxe lles dan . . .

Sant – Yago

Page 85: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

81

Terra do meu querer, da miña anguria,torno a tí nesta lembraza miñadesde esta lonxanía na que vivo;endexamais do corazón boteite;donde queira que fun fuches comigo;inda que non te vira mais -terra amantiña-sempre coidei que non adormentarao pálpito segredo da tua ausencia.

Outras foron as roitas e os camiñosque o vivir me acadóu pra que andiverapro sempre fun cangado có teu peso-é certo que oufegante-e nada nin ninguén conquerir poidoborrar a tua lembranza do meu peito.

Si poidera tornar . . .¡ai, Terra, Terra!,andaría a palpar a sombra antergaque en tí deixei por sempre de min mesmo.

Morriña

Page 86: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

82

E caen decontra o chán as follas lenesque o vento espalla polo ár cincento.Unha delas navega coma barco feridoarrolada nas ondas do regueiro que funga.

Aló vai escoando no marmurioancestral do salgueiral frolidoaloumiñada polo bico dondoda luz recén nacida.Leva no seo a livián nostalxiado

re-fo-

leo-ver-

denas ponlas do salgueiro,e garda no silenzo a súa cantigaronsel irreverente de saudade.

Ninguén coñecerá da súa tristuracando arribe na escuma dun recantoe apodreza esvaída en soedade“iñorada dos mais e de sí mesma”.

E caen decontra

Page 87: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

83

As nubes veñen do aló.Do mais aló esborrallando os montes.Hai un silencio mouro derrubado no lonxeperdido polas gáveas contra todo.

Xurde o lóstrego,e o trono estoupa drento do corazón das nubes.E elas choran no colo do horizonte.

Namentras,esmoecido e mollado trema o díae no cunco das horas acóuchase doídocoma un pombo feridoque ven morrer no cómaro da noite.

Ninguén sabe dónde veñenas bágoas que as nubes choran.

No mar da noite vénse boiando a sombra;a auga fai caneiros polas rúase gurgullan no peito as fontes da saudadecando o tempo adormexa envolto en néboa.

Chove

Page 88: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

84

Estes días de choiva teimosaagromou na roseira da almaunha frol noviña

xeitosabelida

limpa como a bágoa primeira dun nenoque a nai adormece co seu agarimo.

Eche a frol dunha nova amistadeque ei coidar como coidan as avesas crías do niño. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ¿Quén enxerta as amistadesque fán das xentes hirmánssin levar o mesmo sangue?Onde aniñan os seus gromostan branquiños como a neve?Onde atopan tan asiñao arrecendo que reverten?Quén lles engueta eses córesque antes ningúen coñecía?

Eu ¡qué sei! O certo éque teño unha frol noviña.Unha mais na roseira da almaantre as espiñas da vida,que ei coidar con meirande agarimocoma coida o anceio das avesas crías do niño.

Estes días . . .

Page 89: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

85

¿Ónde se cravará o meu verso?¿Cabalgará no día nas raiolas do solou durmirá no noite acochado na Lúa?

¿Erguerase tan outo coma os cumes dos montesou morrerá esquecido no profundo do val?¿Qué música lle poñerán ó atopaloos que soñan envisos coma mín?

Sempre, sempre, cando se quedan soiosnin o meu aloumiño na xeada do mundo,sempre, sempre, ouvirán entre a brétemaa chamada do esquenzo na sua soedade.

¿Por qué daquela este bulir inquedopor sair tan asiña dos recantos da alma?Xa non terán despois cando os alonxe o tempoo recendo emotivo dun corazón abertono mundo atristurado como herba sin brisa.

Agardarán calados, apreixados no libro,o intre delizoso de ver a luz do díacando unha mao amiga despeche a sua furnae uns ollos anguriosos busquen neles consolo.

¿Por cal camiño fuxirán os versos meus“sen alento e sin ár” coma unha voz cansadade berrar nun deserto onde ninguén escoita?

¿ . . . . . . .?

Page 90: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

86

Nin troula de rapacesnin vellos nas lareiras . . .a aldea valeira.

Nin gatos nas cociñasnin oubeos nas eiras . . .a aldea valeira.

Nin muxidos nas cortesnin esterco nas leiras . . .a aldea valeira.

Nin rodeiras de carrosnin melros nas silveiras . . .a aldea valeira.

Nin de noite aturuxosnin gaita nas festas . . .a aldea valeira.

Nin cregos nos adrosnin xente na igrexa . . .a aldea valeira.

Pedras -pedras mofosas-apreixadas nas edras . . .a aldea valeira.

Hoxe tornei á aldea

Page 91: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

87

Xa se deitou a noite no faiado da sombra.O sapo faise o parvo ca súa canseira ás costase sae do oco mouro da cova en que durmía.

Vai de ruada lenta polas herbiñas núassin presas e sin pausas buscando seu xantar.

As horas rolan se alongan se aboianno porto do silencio con mareiras de tebrase furan nas toupeiras abríndose camiñoas teupas medoñentas con calada tarefa.

Os cans ouvean ás pantasmas nouturniasbuscando por ningures sua incorpórea presenciamentres os agros todos sementados de orballoagardan con debezo o reencontro co día.

Hai un inquedo latexo acugulado en todoque vai trocando en vida o que era mortee vai carregando lus dende moi lonxeata fartar de azúes o limpísimo abrente.

Ergue os ollos sin mais cun lecer novoque vivir ou morrer é a mesma cousa“sinxela ou compricada ingrata ou nobre”.

Ergue os ollos . . .

Page 92: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

88

Galiciatoda deitada.Galiciatoda enrugadabaixo as néboastoda ela.¡Cómo te firen!.¡Cómo te aldraxan!.E ti esperas.E ti agardascaladasempre calada.¿Por qué non xurdesGalicia,moza garrida,e arrincas as inxusticiasdos teus eidos e as túas agras?.Galicia, sempre durmida,agardandoque outros che veñan traero que estás necesitando.Hai que ganalo, Galicia,que non o dan choricando.

Galicia

Page 93: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

89

A mau preme a maceira.O loro renxe.A rella da arabezavai mudamenteabrindo, rachando, fendendoa codia da terra . . .Unha cantiga mais,un xuramento,os bois bafexan.“Ei, Marelo”.. . . . . . . . . . . .Así hora tras hora-a carón da tarefa-soma a soma,rego a regodeixa escritoseu hinoo labrego.De paz, d´esforzo, de constancia,de xenerosidade e d´espranzavai dibuxando as liñasos sulcos do pentagrama.Despois o sol, os ventos,o roncón da seravia,as chuvias e os lóstregosorquestarán con notas aloadas,lufadas de alalás e son de gaitasa letra que o traballo escribeu polos eidos.

O hino do labrego

Page 94: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

90

Ulo aquel inesquecido tempoque todo era lediciae todo gozo?Eu espalecíame cos xogosdos fillos que eran nenoscon degoros de mozos.Ulo aquel acougo que na casa había?Fuxíu pra sempre antre negrurascoas ilusións de loita pola vida.Agora m´atormenta a triste cargad´iste vivir en soedá escura.E mal pensan de mín; creenme un ogroe soio son un doorido enfermoque pretendo esquencer e non o logroaqueles anos de dita xa pasadacos fillos e a muller, sin as espiñasd´estas miñas lembranzas que se cravanno peito magoado e que desexoarrincarme das entranas feridas.Añoiro aqueles tempos; non m´afagoa releixarme deles; érguese acedano peito, ardente e malencónica, a lumerada acesa e pezoñentaque abranga como agoiro o corazón do bardoe o abura dos recordos no borrallo.A dita que pasou nunca máis volvee vivo no degoiro e no sofrir decote.

Lembranza

Page 95: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

91

Un onte de tristura,un hoxe sin comento,un mañán de perguntasá sabencia do temposin ter respostas certasa teimas tan diversos.Onte, hoxe, mañán;ponlas que se desgaxando albre vello do tempo.Onte, mañán ou hoxe;follas que leva o ventoruando quén sabe óndepolos roteiros dos díase as longas sombras das noites;sementeira de pisaresregoados de desenganostraballos e acariñares;ecos de perto e de lonxeque espertan risas ou prantos;onte, mañán; mañán, hoxe:partes do infindo bulrandoa nadería dos homes;cadeas con que me apreixannestes anacos de terraa cada intre escoando.

Onte

Page 96: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

92

Tirei do camiñoe hastra eiquí cheguei;cincoenta anos foronos que camiñei.Non camiñei soio;camiñou comigoa miña muller.Daquela era mozoledo e garuleiro;hoxe son un velloe ¿qué lle hei facer?Os anos pasaron,a xuventud foise,perdeuse no tempopra nunca volver.Pro fun recollendocolleita belidanos eidos da vidaque antes sementei.Tiven oito fillos,unha boa mullere vintadous netos¿qué mais pedir hei?Un pouco de vidapara velos medrarfelices e ledostodos irmandadose despois morrer.

Bodas douro

Page 97: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

93

Vaise o ríoollando o mar lonxano e as augas van ispindoas miñas horas ermasfeitas versos, rolando.Ó longo da ribeirapaseio a miña sombracansa, chea, solerma,pola beira das augasrolantespatexantescó seu rosel de arelasonde a corrente segaas raiolas do sol, esfiañadopor sombras de amenedosde bidos e carballose os intres de denoitecon luares valeiros e calados.Apois a sua voz escuravaise pola espesuralongamente alonxandoe quédame a tenrurado silenzoe a señardá xemendono soedoso peito.

Xunta o río

Page 98: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

94

Namentras absortoremovo e escoitoo silenzo que hai drento de mína ollada da Lúase pousa no orballoda noite xa cheade pasos estranosque alonxan as tebrasalén do livor;os hombros da sombrasosteñen a noiteque xa sin prestixiose amosa mais lenemais murcha e sotil.Eu vivo namentraspor sobor do tempoforxando na menteun mundo segredoque sexa mellor . . .E o tempo moendosaquetas de horasde luz e de sombrasolpor tras solpor.

Espertar

Page 99: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

95

Vou debullando lembranzascoma o mar debulla escumasna praia longa e lonxana.Me nascen no pensamentomais debrúzanse no esquenzoe esvánense no fume dos meus soños.Son xa moi andado; as tebrascon devalar vagorosofan na memoria regaíñae van fuxindo dos labresas ideias fadigadasque se alonxan e camiñancoma sombras de nubes.As lembranzascecais creian ser algo sin ser nada.

Lembrando

Page 100: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

96

Maxino mares riseiros,maxino fresqueira areade praias que ollan pra o mar.Maxino regueiros fríos,risadas de foscos ventos,rumores de escuros ríos,luces que afoxentan medos,sospiros que van para o ár.Maxino lastras de rúasesborralladas e núas,alongamentos de sombras,luares que espertan brilos,refrexos nas augas fondas,roquedos cacarañados,noites cheas, negras, longas,aceso abrente orballado,pranto de voces doidas,fiaños que fan billardosde chuvia soante e fría.Maxino maus que consoan,luz do serán derradeira,griseiras néboas nos soillos,paixós de mulleres vellas,queixumes de pino enxoito,mañás de domingo ledas.Maxino, sempre maxino.Maxino si vou ou veño.Maxino si estou esperto.Maxino si estou durmindo.

Maxinando

Page 101: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

97

Gustoume ser Mestre-¿o serei? ¿sereino?-pra ensinar ós nenosensinos de marescon puntos de encaixena escuma branquiña.Eu quisin ser Mestrepra ensinar ós nenosensinos de xogos,ensinos de risas,ensinos de soñoscon lúas e estrelasque poñan o ceioó rente da terrano calmo mainiñodas augas das rías.Eu quisin ser Mestre-Mestre de meniños-pra ensinar somentesfaces sorridentesque acoube ista vida.As outras facianas-as amarguexadas-xa se ven soiñas.

Vocación

Page 102: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A
Page 103: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A
Page 104: Navegante silandeiro - S.C.R.D. Fillos de Ois · E as brancas azas cinguidas pola cincenta morriña crébanse cal frol de toxo aló nos cumes ergueitos onde chegan meus antoxos. A

S.C.R.D. FILLOS DE OISS.C.R.D. Fillos de Ois. Santa María de Ois - Coirós - www.fillosdeois.org