Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización...

28

Transcript of Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización...

Page 1: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación
Page 2: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación
Page 3: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Índice

Introdución

O espazo Europeo do Ensino Superior: máis alá de Boloña

A Mesa de Universidades

Necesidade dunha lei do Sistema Universitario Galego

Outras melloras nas condicións de traballo

Promoción da Igualdade de Xénero

Normalización Lingüística

Candidatura Universidade de Santiago de Compostela

Candidatura Universidade da Coruña

Páxina 4

Páxina 10

Páxina 18

Páxina 19

Páxina 20

Páxina 22

Páxina 23

Páxina 24

Páxina 26

Page 4: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Programa Electoral / p.4

INTRODUCIÓN

A Confederación Intersindical Galega do Ensino (CIG-Ensino) na Universidade vén desenvolvendo un labor continuado en defensa dunha universidade pública galega de calidade e na procura da mellora das condicións profesionais e labo-rais do profesorado universitario galego.

Durante estes anos, estivemos presentes nas negociacións desenvolvidas na Mesa Sectorial de Universidades do Ministerio de Educación, abordándose neste ámbito, entre outras, a negociación da Lei da Ciencia, do Estatuto do PDI e dos documentos de traballo sobre financiamento universitario. A CIG-Ensino mantivo sempre a perspectiva de defensa da Universidade Pública e da mellora das condicións de traballo do Persoal Docente e Investigador, o que fixo moi difí-cil chegar a acordos globais nestes ámbitos, pero axudou a mellorar parcialmente textos, en xeral, sumamente defectuosos e mesmo contrarios ás liñas programá-ticas de CIG-Ensino.

En relación á Lei da Ciencia, a CIG-Ensino mantivo unha frontal oposición ao anteproxecto presentado polo goberno, defendendo un modelo científico basea-do no carácter aberto e colaborativo. En consecuencia, no puidemos apoiar un texto que recolle unha inspiración excesivamente mercantilista e produtivista do feito científico e unha orientación precarizadora do eido laboral, que contrasta coa posición estratéxica de CIG-Ensino a favor dun sistema de contratación no ámbito científico que prima a seguridade no traballo, así como as posibilidades de promoción persoal dos investigadores/as.

As razóns da nosa oposición e as nosas posicións concretas ao respecto foron as seguintes:

- A ausencia dunha verdadeira aposta polo financiamento da investigación pú-blica das Universidades pretende ser solucionada pola procura de financiamento privado.

- O anteproxecto non estabelece ningún tipo de restricións que garantan a reali-zación das misións docente-investigadoras, que son as esenciais da Universida-de, mais fomenta un tipo de investigación con enfoques exclusivamente empre-

Page 5: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Programa Electoral / p.5

sariais, non interesados no apoio á investigación básica e á ciencia crítica.

- Aposta pola moda do emprendemento a costa do compromiso co servizo pú-blico universitario. Favorece que o profesorado universitario abandone as activi-dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación de empresas de todo tipo, mesmo a aquelas que non impliquen a aplicación dos resultados de investigación ou patentes propias. Non prevé tampouco o esta-belecemento duns beneficios mínimos desa actividade privada para as propias Universidades.

- Promove que empresas privadas estabelezan escolas de doutoramento nas Universidades, mediante unha modificación do texto da LOU.

- Aposta por un réxime propietario e privatizador dos resultados da investigación (as patentes), socavando as bases da ciencia aberta. Non estabelece garantías para que os resultados do coñecemento obtidos con fondos públicos sexan de acceso aberto e universal para a sociedade no seu conxunto.

- Lonxe de resolver os problemas de captación e estabilidade dos investiga-dores e investigadoras:

• Crea un contrato-lixo (o contrato predoutoral), con baixas retribucións e sen garantías laborais

• Deseña contratos de investigador/a distinguido/a, sometidos exclusivamente á vontade das partes e con posibilidade de despedimento libre.

• Mostra unha escasa ambición na configuración dun sistema de investigación máis amplo e diversificado, o que leva a sobrecargar as Universidades cos obxec-tivos que deberían cubrir outras partes do sistema. Esta decisión acaba provo-cando distorsións no funcionamento e xestión de recursos nas Universidades

• Estabelece “pasarelas” automáticas para que os investigadores e investiga-doras (CSIC) accedan aos corpos docentes universitarios, sen someterse aos requisitos de acreditación con avaliación das funcións propias da Universidade (investigación e docencia), que se lle esixe ao conxunto do profesorado, e sen un trato recíproco para o profesorado universitario que poida querer prestar servizos nun OPI.

• Fixa un modelo de carreira investigadora rexido pola promoción interna con sim-ple avaliación periódica de méritos, cando, ao mesmo tempo, na negociación do Estatuto co PDI, o goberno négalle esta posibilidade ao profesorado universitario e exíxelle a realización de novos concursos para o acceso a cada categoría.

• Estabelece unha nova regulación que permite que o profesorado universitario poida compatibilizar contratos a tempo parcial en distintas institucións, abrindo unha vía á precarización do emprego.

• Esquécese do persoal de apoio á in-vestigación e dos/as tecnólogos/as nun-ha clara mostra da falta de visión da uni-dade do sistema de ciencia e innovación e da importancia do seu labor

• Modifica a regulación do PAS das Uni-versidades, eliminando a referencia ao Estatuto Básico do Empregado Público

Page 6: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Programa Electoral / p.6

para o PAS laboral e á lexislación autonómica para todo o PAS, o que pode supor un retroceso dos dereitos laborais do PAS.

A nosa actuación na interminábel negociación do Estatuto do PDI foi moi semellante á da Lei da Ciencia. A CIG-Ensino foi a única forza sindical que asumiu a defensa das condicións de traballo do profesorado universitario e das condicións que permitan unha universidade pública de calidade e comprometida coa sociedade. En cambio, o texto resultante do acordo, entre CCOO e UGT (fóra do eido da mesa sindical) consagra un modelo baseado na flexibilidade laboral, na precarización e segmentación do traballo universitario, e na degradación da Universidade pública sen que, nin sequera, se acadasen unhas mínimas contra-partidas en forma de mantemento do poder adquisitivo do profesorado.

Con carácter xeral, a CIG someteu o seu apoio ao texto á regulación dun marco xurídico que impedise a precarización do emprego público, e evitase medidas

que supuxesen un deterioro do ensino público, á existencia de previsións claras de financiamento das medidas que contén e ao freo do deterioro do poder adquisitivo do PDI. En con-creto, algúns dos puntos de discre-pancia co texto

proposto do Estatuto foron: a compatiblidade de prestacións laborais en univer-sidades públicas e no sector privado (incumprindo a lexislación de incompatibli-dades), e a regulación da mobilidade a spin-off por riba dos prazos previstos na LOU e sen unha definición clara do que se considera empresa de base tecno-lóxica; a estratificación do profesorado en orientacións diversas, sen garantías de que esta decisión sexa individual e voluntaria; a compatibilidade do exercicio a tempo parcial co desenvolvemento de cargos unipersoais; a multiplicación de avaliacións á actividade do profesorado, sen correspondencia coa elevación das súas remuneracións ou o peso que se concede á transferencia mercantil de resul-tados, sen garantía de que supoñan avances ao coñecemento científico.

A CIG-Ensino considera irrenunciábel o mantemento dos pactos acadados en relación á determinación da xornada laboral (cómputo e ítems incluídos en cada un dos aspectos da xornada) e o nivel asignado aos corpos docentes, en relación á necesidade de concreción, autoavaliación e baremo da carreira horizontal, nun marco que impida modificacións unilaterais, por parte da Administración, que desvirtúen os acordos acadados.

Levamos a cabo diferentes negociacións coa Consellaría de Educación, como a relativa aos criterios de avaliación de ACSUGA, dos complementos auto-nómicos, pagas extras, plan de financiamento, etc. Neste ámbito, novamente, a CIG-Ensino foi unha garantía da defensa dos traballadores/as do ensino universi-tario, aínda que non sempre cos resultados apetecidos, dada a deriva de degra-dación do servizo público que a crise económica e os intentos de superación da

Page 7: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Programa Electoral / p.7

mesma, de marcado carácter neoliberal, están a impoñer os gobernos español e galego.

Conseguimos asinar o 2º convenio para os PDI laboral, co que se profundou na homologación das condicións de traballo dos/as docentes laborais e funcio-narios/as, acadáronse significativas subas salariais para os chanzos máis baixos da escala de profesores/as e incluíronse os dereitos laborais dos investigadores/as. Estivemos tamén presentes nas Xuntas de PDI e nos comités de empresa das tres Universidades galegas, exercendo a presidencia da Xunta de PDI da USC, do Comité de Empresa da UDC e a presidencia e secretaría da Xunta de Persoal do PDI da UVIGO, así como as secretarías da Xunta de PDI da UDC, e dos Comités de Santiago, Lugo e Pontevedra. Promovemos e participamos, sempre que foi posíbel, en accións conxuntas con outras centrais sindicais. Na negociación do plan de financiamento universitario, a CIG-Ensino defendeu a necesidade dun modelo de achega económica, por parte dos poderes públicos, ao sistema universitario galego que fose suficiente para cubrir as súas funcións docentes, investigadoras e de compromiso coa sociedade, así como para per-mitir a evolución e expansión das mesmas, tan necesarias nunha sociedade en que o coñecemento ocupa un posto central nas relacións interpersoais e intere-conómicas. Non é preciso dicir que o noso rexeitamento frontal ao proposto pola Xunta de Galiza vén marcado pola non inclusión destes obxectivos, substituídos pola contracción no gasto e, por conseguinte, na presenza da Universidade na vida económica e social; polos recortes salariais para o profesorado e pola dimi-nución dos cadros de persoal –curiosamente nunha etapa de expansión como consecuencia da posta en marcha dos novos Graos.

No ámbito da Universidade da Coruña, a CIG-Ensino apoiou e participou nos diferentes plans de promoción, postos en marcha pola Vicerreitoría do profeso-rado, como son os relativos ao persoal acreditado e ao persoal investigador, que teñen dado como resultado a promoción dun número significativo de profesores/as e investigadores/as. Do mesmo xeito, participou e favoreceu as políticas de deseño das actividades/as do profesorado, a través do recoñecemento ás ac-tividades de xestión e de investigación, á hora da confección do POD, como un paso previo para outro máis amplo que abranga toda a actividade docente, investigadora e de xestión no deseño da xornada laboral, de xeito que se remate coas actividades voluntaristas do persoal docente e investigador que non teñen un recoñecemento explícito na carga de traballo.

Na Universidade de Compostela, a CIG-Ensino defendeu que o proceso de implantación dos novos graos non se pode facer a “custe cero”. Por iso, recla-mou que a USC e a Xunta de Galicia adoptaran as medidas de acompañamento financeiro precisas na implantación do EEES. Interpuxo un recurso xudicial con-tra a decisión da USC de fixar un cómputo do encargo docente de 900 horas anuais para o curso 2009-10, por entender que superaba amplamente o fixado na normativa vixente de 240 horas de docencia (teórica e práctica) e 180 horas de titorías.

Loitamos pola aprobación das prazas comprometidas dentro do denominado “plan de choque” para que as áreas máis deficitarias desta Universidade pui-deran afrontar as necesidades docentes e ofrecer unha docencia de calidade. Defendemos que estas prazas do plan de choque se adxudicaran computando o conxunto do encargo docente das áreas (graos e posgraos oficiais) e que ser-viran para corrixir os elevados desequilibrios no encargo docente entre áreas.

Page 8: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Programa Electoral / p.8

Loitamos porque o profesorado de todas as áreas de coñecemento dispuxera de tempo para realizar axeitadamente docencia e investigación. Por iso, exiximos que o cómputo do esforzo investigador poida ser descontado por todo o profe-sorado, xa que hai moitos profesores/as que non están podendo computar a súa dedicación investigadora polo elevado déficit docente das súas áreas.

Reclamamos accións de mellora e profesionalización da xestión do labor de apoio á docencia e investigación. Nesta liña, a CIG considera preciso a adopción de medidas urxentes de profesionalización dos procesos de xestión dos Mestrados

Oficiais e da actividade investi-gadora. En reunións coa Xeren-cia, a CIG, como organización de representación maioritaria do PDI, reclamou medidas para que se corrixa esta situación que provoca a insatisfacción do pro-fesorado co crecente labor de xestión ao que se ve sometido.

Reclamamos que a actividade de fixación de procedementos aca-démicos e de uso de ferramen-tas virtuais na xestión académica teña en conta a opinión dos seus usuarios e usuarias no deseño, para evitar as disfuncións que se producen con frecuencia.

Defendemos, con carácter xeral e en casos concretos, a aplicación de medidas de conciliación familiar, especialmente no que toca á elección de docencia. As nosas emendas melloraron a normativa de permisos e licenzas da USC.

Propiciamos avances na equiparación entre Campus (Santiago e Lugo) no que atinxe á cobertura de servizos para membros da Comunidade Universita-ria con fillos/as menores de 3 anos (Cheque infantil). Seguimos traballando para que a equiparación sexa total e real coa creación dunha escola infantil tamén no campus de Lugo. Por outra banda, acadamos a equiparación da carga docente dos TEUs cos TUs (demanda histórica na Universidade de Santiago) Seguimos traballando para que sexa máis real que formal, de xeito que non se faga depen-der da capacidade docente do departamento. Tamén contribuímos a mellorar a normativa de mobilidade inter-campus para garantir que sexa un dereito dos traballadores/as, cunhas condicións obxectivas de aplicación.

O traballo realizado pola CIG-Ensino na Universidade de Vigo, nestes catro anos, estivo marcado por tres obxectivos no eido do PDI laboral: dunha ban-da, consolidar os comités de empresa de Pontevedra e de Ourense; doutra, au-mentar o grao de representatividade do PDI-laboral nos órganos de goberno da universidade e, por último, atender ao profesordo nas cuestións que nos foron presentando : carreira profesional, excedencias, permisos e complementos retri-butivos. Por iniciativa ou co impulso da CIG, conseguiuse que a Reitoría aceptase negociar o Plan Especial de Promoción, o Plan de reasignación de prazas por Campus ou o Plan Concilia, e, ademais, rebaixamos a vinculación da concesión dos complementos docentes ás avaliacións docentes etc. Esta acción continua

Page 9: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Programa Electoral / p.9

materializouse na constitución formal dunha Mesa de Negociación da Universi-dade de Vigo que comezará a súa actividade neste mes de febreiro. Ademais, conseguiuse representación no Consello de Goberno da Universidade e estamos traballando para acadar representación na Comisión de Organización Académica e Profesorado (COAP), na Comisión de Reclamacións e na Comisión de Investi-gación.

A CIG-Ensino tivo e ten como un dos obxectivos fundamentais a busca da esta-bilización do PDI laboral nunha situación máis vulnerábel. Así, liderou a reivindi-cación de inserción na carreira profesional do profesorado axudante, incluíu na mesa de negociación a laboralización do profesorado asociado e apoia a conso-lidación e a asignación de prazas a campus do persoal investigador acreditado. Tamén, vimos participando nos procesos selectivos de todo o PDI-Laboral, con especial atención a aqueles nos que os candidatos e candidatas solicitan a nosa presenza.

Participamos, igualmente, no Comité de Saúde Laboral e Prevención de Riscos con dúas delegadas e participamos na negociación do II Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Sistema Universitario Galego. Defendemos nos órganos com-petentes, no momento de realización de regulamentos e normativas, o dereito de promoción individual do persoal laboral con vinculación permanente acreditado a prazas de funcionario/a, así como a consideración para todos os efectos do per-soal laboral con vinculación permanente nos mesmos termos que o profesorado titular de universidade.

Coidamos que cómpre planificar coherentemente os concursos de profesorado futuros, para que sexan acordes ás necesidades da Universidade sen impedir po-sibilidade de desenvolver unha carreira académica e investigadora das persoas que se incorporan a esta.

Temos rexeitado e reclamado no seo da Mesa Paritaria do Convenio Colectivo a inexistencia de información da aplicación do recorte salarial. Así mesmo, temos reclamado ás universidades que informasen individualmente a cada traballador das consecuencias do recorte nas súas respectivas nóminas, demanda non sa-tisfeita, de momento.

Por outra banda, a Xunta de PDI, por iniciativa da CIG ou co seu apoio, aprobou una serie de reivindicacións, entre as que salientan as derivadas do artellamen-to dun plano de saúde laboral, a esixencia da mellora salarial dos contratados (trienios) e a percepción das pagas extras, así como diversas medidas de acción social (financiamento de actividades formativas extra-curriculares, vantaxes para períodos de vacacións, etc.) e relativas ás condicións de traballo (mitigar a impor-tancia das avaliacións para os quinquenios, p.ex.). Logrouse constituír o Comité de Saúde laboral, mellorouse o plano de formación do profesorado, esixiuse a prórroga dos contratos que remataban no ano 2008 – non aceptada pola Univer-sidade - e dos Asociados A3T3. Apoiamos tamén os planos de promoción de investigadores e do profesorado, co obxectivo de que, cando menos, o 70% do PDI teña nun futuro próximo carácter estábel.

En definitiva, a CIG colaborou para que se constituíse a Mesa de Negociación. Nela demandará prioritariamente: un equilibrio nos cadros de persoal dos distin-tos departamentos e das distintas áreas, as pagas extras íntegras e o desvence-llamento dos quinquenios das enquisas.

Page 10: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Programa Electoral / p.10

O ESPAZO EUROPEO DO ENSINO SUPERIOR: MÁIS ALÁ DE BOLOÑAEste labor continuado en defensa dunha universidade pública galega de calidade tamén tivo en conta necesariamente a implantación do Espazo Europeo de Ensino Superior (EEES). O proceso de mercantilización do servizo público da educación superior que corresponde á Universidade, iniciado coa progresiva implantación do EEES, implica a mudanza do deseño das titulacións (mediante o estabelecemento dun sistema comparábel de titulacións asente en dous ciclos) e da organización da docencia (coa implantación do sistema de créditos European Credit Transfer System [ETCS]).

O EEES implica unha nova organización da educación superior na que haberá dous niveis de estudos (os estudos de primeiro nivel ou de grao e os estudos de segundo nivel ou de posgrao). Propíciase, deste xeito, a imposición dun mo-delo único para todas as titulacións que ignorará as singularidades de cada un dos estudos universitarios -tamén as especificidades do país onde tales estudos se imparten- e que prevalecerá a profesionalización no marco dunha visión utilitarista do coñecemento, dado que se trata de que a Universidade teña como única finalidade a de pórse ao servizo das empresas, atendendo só á formación dos profesionais demandados polas mesmas, a través da adaptación do estudantado -coas habilidades, destrezas e competencias necesarias- ás ne-cesidades do mercado. Esta visión utilitarista determinará a progresiva elimina-ción ou reconversión en posgraos daquelas titulacións que non se acomoden ás exixencias das empresas e dos «mercados» laborais, impedindo que nacións como Galiza poidan contar con titulacións universitarias centradas na resolución dos seus verdadeiros problemas.

Ten, loxicamente, repercusións sobre o persoal docente e investigador, se se ten en conta o sometemento da docencia e da investigación ás lóxicas e ás ne-cesidades do mundo empresarial, especialmente en cinco concretas cuestións. Desde a perspectiva sindical do persoal docente e investigador das universida-des, hai que alertar do seguinte: En primeiro lugar, do risco de reconversións do profesorado afectado polas mudanzas nas titulacións, sen esquecer, ademais,

que a eliminación de titulacións e a creación de titulacións novas van propiciar un incremento da mobi-lidade horizontal do profesorado (profesorado que imparta materias afíns, distintas daquelas para as que opositaron). En segundo lugar, da reciclaxe pedagóxica obrigatoria, tanto en contidos como en metodo-loxías de aprendizaxe baseadas nas novas tecnoloxías da información e comunicación (TIC), para a adapta-ción ao sistema de créditos ECTS. En terceiro lugar, da posibilidade de que o profesorado non sexa valo-rado polos seus méritos docentes e investigadores, senón pola súa capacidade de adaptación ás novas

Page 11: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Programa Electoral / p.11

tecnoloxías de información e comunicación. En cuarto lugar, da reforma da es-trutura ocupacional do profesorado, na que o labor de titoría personalizada do estudante, derivada do sistema ECTS, obrigará a diminuír as ratios profesorado/estudantado en estudos masificados, obrigando, igualmente, a unha reforma das relacións de postos de traballo e dos plans de organización docente, ademais dun financiamento económico adicional. E, por último, do aumento de traba-llo burocrático do profesorado (programación, temporalización, fichas, guías docentes, etc.), sempre en detrimento do tempo dedicado á investigación que é precisamente unha das actividades máis esenciais da Universidade, se se ten presente que a boa docencia universitaria debe ter como un dos seus referentes principais a investigación.

Por outra banda, a política de posgrao, promovida dende a Xunta de Galiza, durante a etapa anterior e, nomeadamente, agora, trala asunción do Goberno por parte do Partido Popular, coa aplicación do mal chamado “custe cero” para a implantación e mantemento das titulacións de mestrado –en realidade, investi-mento cero, xa que o custe é asumido polo profesorado nun aumento non sem-pre recoñecido da súa carga docente– aceptado como inevitábel polas Univer-sidades, leva consigo o perigo real de que o sistema Universitario Galego perda unha das características de calquera ensino superior que se gabe de tal, é dicir, a formación especializada e para a investigación. A falla dunha aposta clara por estabelecer un mapa de titulacións de posgrao, acorde coas necesidades da sociedade galega e coas posibilidades reais do Sistema Universitario, leva consigo o perigo de que o mantemento das titulación de mestrado re-caia na posición voluntarista de parte do profesorado. Tal situación é previsí-bel que se vexa acentuada coa posta en marcha das Escolas de doutoramento, se non existe unha aposta clara no noso país –en termos de recoñecemento da carga de traballo e, en consecuencia, financeiros para dotar de profesorado e medios– pola formación de posgrao. Nesta situación, Galiza veríase privada dun verdadeiro sistema universitario que cumprise de xeito integral con todas as súas funcións e, en consecuencia, vería reducida a calidade dos seus estudos univer-sitarios e acentuado o seu carácter dependente e periférico con respecto aos sistemas universitarios españois e europeos.

En consecuencia, dende a CIG-Ensino, entendemos imprescindíbel que a carga de traballo do profesorado teña en conta todas estas circunstancias de xeito que

•Se computen dentro das horas de dedicación docente todas as actividades que, máis alá da presencialidade, son necesarias para a implantación dos méto-dos docentes previstos nos novos graos, sen que toda esta actividade extraordi-naria repercuta na ocupación investigadora do profesorado.

•Á hora de acordar medidas de mobilidade horizontal do profesorado, se teña en conta como elemento primordial o mantemento da calidade docen-te. Deste xeito, deben evitarse que as políticas de contracción salarial e de con-tratación impostas ás universidades deriven nunha xeneralización das afinidades que provoquen unha mingua na formación do estudantado e obriguen o profeso-rado á impartición de materias para as cales non está cualificado.

• A configuración dos grupos docentes se faga de xeito que o seu tamaño sexa acorde cos novos métodos de ensino e se evite unha masificación contraria ao espírito destes.

Page 12: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Programa Electoral / p.12

• Se ofreza ao profesorado a axeitada formación, tanto durante o período de incorporación á carreira docente e investigadora como de xeito continuado du-rante a mesma, con programas axeitados ás diferentes disciplinas e de acordo coas prácticas docentes de cada titulación.

• O recoñecemento da docencia impartida en mestrados e doutoramentos sexa absolutamente equiparábel á dos graos.

No entanto, o proceso de reforma universitaria non ten rematado coa introdución dos novos graos, senón que a axenda de reformas continúa e é ambiciosa, tal e como se desprende de documentos como a Estratexia Universidade 2015 do Ministerio de Educación, segundo a cal “as universidades individualmente, pero tamén colectivamente como sistema autonómico e como parte do sistema uni-versitario español, deben aproveitar a actual situación económica e financeira para promover accións de austeridade e aforro, así como para planificar e ace-lerar cambios estruturais, mellorar a eficacia e eficiencia na xestión académica e económica e finalmente, prepararse para contribuír á promoción do novo modelo social e económico. A EU2015 persegue que as universidades estean academi-camente máis preparadas, sexan máis eficientes e estean máis internacionali-zadas para afrontar o futuro; unhas universidades que presten maior atención á colaboración interuniversitaria, á agregación estratéxica con outras institucións e axentes; unhas universidades máis recoñecidas socialmente e máis valoradas e mellor financiadas polas correspondentes administracións e pola sociedade. Todo isto sen esquecer o contexto necesario de austeridade que debe guiar a súa actividade no momento presente e sen perder de vista a busca da máxima efi-ciencia e o seu obxectivo último: preparar e formar ás novas xeracións de mozos e a afrontar unha nova etapa histórica”

Cando esta declaración de intencións se contrasta coa realidade lexislativa, cos documentos de traballo e coas presións que os mecanismos de tutela do mer-cado veñen facendo aos poderes públicos e que os gobernos galego, español e europeo aceptan non só sen crítica, senón apoiándoos con fervor e entusiasmo, pódense enxergar algúns dos desafíos aos que o profesorado universitario se enfronta no futuro próximo:

- A GOBERNACIÓN. Semella que un dos ataques previstos á universidade pública que se achega vai vir pola banda da xestión. A profesionalización desta e o aumento da eficiencia semellan coartadas para unha substitución do sistema democrático por un de corte xerencial, no que as posibilidades de influencia do profesorado universitario no goberno da institución, a través dos

Page 13: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Programa Electoral / p.13

órganos colexiados e unipersoais, sexan substituídas pola imposición das de-cisións de goberno por “comités de sabios” ou “representantes da sociedade”, onde a presenza dos mecanismos de tutela do mercado obriguen ás universida-des a cumprir co que delas se agarda por parte destes e, en consecuencia, “cum-pran coa misión” agardada, sen posibilidade de ineficiencias nin desvíos de corte científico ou social. Desde a CIG-Ensino, entendemos que a participación do persoal docente e investigador na toma das decisións estratéxicas nas uni-versidades a través dos órganos de goberno e representación é un dereito irrenunciábel ao que non se poden opoñer coartadas como as “eficiencias” ou “austeridades”, que non deixan de ser pantallas tralas que agochar “pri-vatización” e “precariedade.

- A SEGMENTACIÓN E A PRECARIZACIÓN LABORAL. Tal e como xa que-dou reflectido na LOU e, novamente, no Estatuto do PDI, un denominador presente e futuro do traballo do Persoal docente e investigador é a multiplicación das figuras e a segmentación entre estas, a través de mecanismos, en prin-cipio, ligados á produtividade. Nestes momentos, os investigadores/as predo-utorais desenvolven o seu traballo nas universidades – programas propios das Universidades, programas autonómicos, programas estatais– investigadores/as posdoutorais Ramón y Cajal, Juan de la Cierva, Parga Pondal; investigadores/as vinculados/as a proxectos, axudantes, axudantes doutores/as, profesores/as vi-sitantes, profesores/as asociados/as, profesores/as interinos/as de substitución, profesores/as colaboradores, contratados/as doutores/as, profesores/as titulares de escola, profesores/as titulares, catedráticos/as, etc., e aínda, dentro destas úl-timas figuras, existe unha nova segmentación a través de quinquenios, sexenios, carreira horizontal con tres niveis ordinarios e un de excelencia (tal e como se prevé no Estatuto do PDI). Como ben sabemos, esta segmentación non sempre responde a unha diferenza nas funcións, senón que se propón como unha promo-ción persoal á que non sempre se ten acceso, a pesar de cumprir os requisitos, pola arbitrariedade das axencias de acreditación e polas barreiras orzamentarias e doutro tipo, impostas dende as Universidades. Dende a CIG- Ensino, enten-demos que esta situación non é beneficiosa para o profesorado, xa que unha homoxeneización de funcións debería levar a unha homoxeneización de réximes de traballo e xurídicos. A segmentación leva a perder de vista a comunidade de intereses entre o persoal docente e investigador, e provoca conflitos difíciles de xestionar. Por outra banda, tales conflitos prodúcense, en moitas ocasións, entre as figuras con alto grao de precariedade. Non se pode esquecer que gran parte do traballo universitario, nomeadamente o ligado á investigación –pero tamén á docencia–, descansa sobre figuras de persoal cun alto grao de precariedade.

Non se pode obviar que, moitas veces, diante dun tal panorama, resulta difícil para a universidade contar cos mellores profesionais que permitirían aumentar a calidade e o rendemento desta, sobre todo se se ten en conta que, pese a saltar todas as barreiras que ao PDI se lle poñen diante, as recompensas, en termos profesionais e salariais, deixan moito que desexar, cunha constante perda de poder adquisitivo.

En consecuencia con esta análise, a CIG-Ensino propón:

- O deseño dunha carreira docente e investigadora clara que permita seguri-dade dende o comezo ás persoas que decidan emprender a mesma.

- O estabelecemento de mecanismos de seguridade laboral para a contrata-ción de investigadores/as, sen que a dependencia do financiamento por proxec-

Page 14: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Programa Electoral / p.14

tos provoque que, neste ámbito, a precariedade laboral sexa a norma.

- A creación de sistemas de promoción ligados aos méritos do persoal do-cente e investigador, de xeito que esta sexa o máis automática posíbel, unha vez que se van acadando as diversas acreditacións, sen que a mesma se faga depender de limitacións orzamentarias ou de pretensións de mantemento da pi-rámide académica.

- A revisión dos mecanismos de acreditación e avaliación, de xeito que se homologuen, evitando a multiplicidade de sistemas de avaliación que comportan un esaxerado es-forzo burocrático por parte do PDI, e a eliminación das arbi-trariedades nos mesmos.

- A homologación das condi-cións laborais e dos réximes xurídicos do PDI, de xeito que se deseñe a carreira universi-taria no sentido de ir eliminan-do a segmentación das figuras de profesorado.

- A suba de poder adquisitivo do PDI. Tal obxectivo foi mantido durante a negociación do Estatuto do PDI e progresivamente abandonado polas res-tantes centrais sindicais presentes na negociación. É un dos puntos princi-pais polos que a CIG-Ensino se negou a apoiar esta normativa. Fronte ao ataque desapiadado que estamos a ver contra o emprego público, cómpre defender a dignidade do mesmo e a necesidade de ofrecer condicións de traballo atractivas que permitan o desenvolvemento, con carácter exclusivo, das funcións docentes e investigadoras do profesorado das Universidades públicas, e que estas ofrezan unha oportunidade atractiva ás persoas que poidan estar interesadas en iniciar unha carreira docente e investigadora e cuxa presenza na mesma redunde nun aumento da calidade universitaria. Isto pasaría por eliminar os recortes sucesivos ao emprego público que veñen realizando o goberno central e autonómico.

- A suba salarial do profesorado universitario debe realizarse a través dun aumento xeneralizado das remuneracións –suba de niveis, recoñecemento económico á necesaria titulación de doutor/a, compensación das sucesivas per-das de poder adquisitivo, etc.– eliminando a multiplicidade de complementos de produtividade, cuxo uso debe ser residual e resultado de verdadeiras políticas de incentivación á mellora da calidade docente e investigadora.

- O dereito á negociación colectiva para o profesorado funcionario sobre a re-novación salarial anual. Como mínimo, suba lineal automática igual ao IPC galego con cláusula de revisión salarial.

- O nivel 30 de complemento de destino para C.U., T.U. e C.E.U.; o nivel 28 para T.E.U. e o nivel 25 para os/as Mestres/as de Taller. O complemento espe-cífico deberá ser incrementado garantindo a plena equiparación cos funcionarios e funcionarias de igual nivel.

- Pagas extraordinarias completas. Para defender esta proposta, interpúxose unha demanda de conflito colectivo e tentamos que se recoñecese na Mesa ga-

Page 15: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Programa Electoral / p.15

lega de Universidades. Grazas á nosa intervención, figura recoñecido o 100% do complemento específico no borrador do Estatuto do PDI.

- O cómputo real dos períodos que hai que avaliar nos complementos de docen-cia e investigación, e sen límite no número dos mesmos.

- O recoñecemento da antigüidade para o profesorado contratado e o aceso aos complementos de avaliación da docencia e da investigación, así como da futura carreira horizontal.

- A revisión do salario dos/as axudantes e do profesorado en formación, que en ningún caso será inferior ao do profesorado interino do ensino secundario.

- En caso de enfermidade de longa duración, que as Universidades asuman a diferenza até completar o 100% do salario.

- A equiparación do compoñente xeral do complemento específico dos/as Titula-res de Escola ao dos/as catedráticos/as de ensino secundario de Galiza.

- O recoñecemento dos sexenios docentes non universitarios a todo o profesora-do que se incorpore como funcionario á Universidade, de xeito que se computen todos os anos traballados no ensino secundario.

- A recuperación, de forma automática, do sexenio investigador denegado na primeira avaliación global, cando se obteñan dúas avaliacións positivas poste-riores.

- Creación dun complemento de estímulo á especialización dos titulares de Es-cola Universitaria.

- A UNIVERSIDADE-EMPRESA. Unha parte importante das políticas de mer-cantilización da Universidade, emprendidas dende a LOU e intensificadas coa implantación do EEES e da Estratexia Universidade 2015, veñen referidas a unha incentivación para o profesorado universitario co obxecto de que desenvolva ta-refas en principio alleas ás misións clásicas da institución, baixo a etiqueta de “transferencia de resultados”. Moitas veces esta transferencia agocha a necesi-dade das universidades e dos profesores/as de captar fondos financeiros no mer-cado a través da prestación de servizos, para o cal se utilizan os recursos públi-cos para desenvolver tarefas con ánimo de lucro, privatizando os seus resultados e sen que en moitas ocasións respondan a unha necesidade real de espallamento universal do coñecemento e da ciencia. A proliferación de empresas de base tec-nolóxica e o recoñecemento do labor dedicado a estas, así como a multiplicación de convenios de innovación con entidades privadas, provoca que a transferencia á sociedade dos resultados da investigación non responda, a un deseño acor-de con políticas públicas que revertan na sociedade de xeito global, senón que responden aos intereses das empresas que explotan tales resultados e se apro-pian do produto das mes-mas. Como consecuencia, parte do profesorado uni-versitario deriva tempo e esforzo cara a estas acti-vidades, en detrimento da

Page 16: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Programa Electoral / p.16

dedicación á docencia e á investigación propiamente dita, que son relegadas, na práctica, ao persoal en formación e en réxime de precariedade, coa conseguinte mingua da calidade das funcións tipicamente universitarias. Por outro lado, a xeneralización destes mecanismos incide na segmentación do profesorado, ao diferenciar entre aquel que pode rendibilizar economicamente a súa investigación e a prestación de servizos do coñecemento, fronte a aquel cuxo traballo non é

mercantilizábel no curto ou medio prazo. Dende CIG-Ensino, entendemos que a transferencia de resultados de investigación e, en xeral, a comunicación entre Universidade e Sociedade debe ir máis alá da disposición dos re-sultados da investigación e do traballo universitario ás forzas do mercado, para responder ás necesidades sociais no seu conxunto. Esta razón, entre outras, provocou o noso rexeite frontal a parte do proposto nos proxectos de Lei da Ciencia, de Economía sostíbel e ao Estatuto do PDI, entre outros.

Como medidas concretas neste ámbito, a CIG-Ensino propón:

- A creación de empresas de base tecnolóxica debe ir ligada ás políticas xerais das Universidades, sen que a súa utilización sirva para derivar as res-ponsabilidades propias das institucións de ensino superior. A utilización des-ta forma xurídica non debe ir ligada ao financiamento universitario nin a aumentos salariais ou de cadros de persoal encubertos, senón que deben responder a un xeito óptimo de desenvolver resultados de investigación.

- A transferencia de resultados non debe ter como vehículo exclusivo a pri-vatización do coñecemento adquirido na universidade, a través das diversas figuras de propiedade industrial e intelectual. A necesidade de que a investi-gación universitaria redunde no ben da sociedade en xeral debe levar a fórmulas abertas de disposición pública dos saberes universitarios. Trátase de desenvolver un modelo de ciencia aberta, fronte aos modelos de funcionamento baseados no mercado e na mentalidade mercantil.

- Cómpre desenvolver fórmulas de translación da investigación á sociedade que non se baseen no lucro nin na relación mercantil, senón na cooperación en pé de igualdade.

- O financiamento universitario. A diversificación das fontes de financiamen-to é unha das pedras de toque do novo modelo universitario que se está a

Page 17: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Programa Electoral / p.17

deseñar. Esta diversificación pretende implicar unha redución da importancia das achegas públicas, ao tempo que a súa configuración muda para aumen-tar a importancia daquelas que van condicionadas á obtención de determinados resultados, para aumentar a achega das familias e a captación de recursos fi-nanceiros no mercado, por parte das Universidades. Tal estratexia supón unha privatización “de facto” do sistema universitario, tendo como consecuencias inmediatas, a financiarización do estudo e a conseguinte barreira de acceso ao mesmo para parte da mocidade, o condicionamento na elección dos estudos á perspectiva de devolución de préstamos e de “rendibilización da inversión” e, en fin, na transformación da educación superior nunha mercadoría cuxa adqui-sición fica suxeita ás leis da oferta e da demanda, perdendo a súa configura-ción de dereito de vocación universal. Por outra banda, condiciona as políticas universitarias e fainas satélite das súas fontes de financiamento, condicionando a autonomía universitaria e levando a ideoloxía de mercando ao cerne mesmo do sistema universitario.

Dende CIG-Ensino, defendemos o necesario esforzo financeiro das admi-nistracións públicas no sistema universitario, no entendemento de que a súa gratuidade e universalidade supón, de facto, unha axeitada política redistri-butiva e garante o acceso do estudantado ao mesmo. Neste sentido, defen-demos tal perspectiva na anteriormente sinalada negociación do plan de finan-ciamento, comprobando que o Goberno da Xunta de Galiza se posiciona coas políticas neoliberais de privatización da Universidade, na liña estabelecida pola estratexia Universidade 2015 e acorde coa praxe doutros gobernos europeos, que están a aproveitar a conxuntura de crise económica actual para socavar os alicerces da Universidade pública. A ausencia dun axeitado financiamento públi-co redundará nun empeoramento das condicións de traballo do PDI, no aumento da carga docente – como xa estamos comezando a comprobar -, imposibilitará os diversos plans de promoción, a incorporación de novos cadros docentes e investigadores ás universidades e, en xeral, situará as universidades galegas nun chanzo inferior das institucións de estudos superiores a nivel estatal e europeo.

Page 18: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Programa Electoral / p.18

A MESA DE UNIVERSIDADES A nivel especificamente galego, o panorama, como xa se sinalou, non é moito máis alentador. A pesar da constitución da Mesa galega de Universidades, o seu funcionamento durante a anterior lexislatura e, de xeito aínda máis acusado, trala chegada á consellería de educación do Partido Popular non pode ser máis decepcionante. Sen vontade real de chegar a acordos, vén funcionando como un simple foro de debate que se reúne esporadicamente.

Despois da creación, por parte da Xunta, dos escasos e non negociados com-plementos autonómicos, mantemos a nosa exixencia dunha negociación dos mesmos, partindo das premisas de que se trata dunha medida conxuntural que, sen renunciar aos principios expostos respecto das nosas reivindicacións sala-riais, sirvan para contribuír á recuperación da perda de poder adquisitivo de todo o profesorado. Esta negociación deberá atender, amais da súa contía, a univer-salidade dos mesmos e que todos eles sexan consolidábeis. A CIG considera que se debe partir da posición acordada xa no ano 2003, coas outras centrais sindicais, para o estabelecemento de tres bloques de complementos no que o primeiro, “complemento básico de recoñecemento á dedicación universita-ria”, supoña como mínimo o 50% do total, teña carácter xeral e unha contía duns 6.000 euros/ano, pretendendo con el recuperar, en parte, a perda de poder adquisitivo no salario do profesorado universitario.

Pero, ademais dos problemas herdados coa chegada á Xunta do PP tense pro-ducido unha ofensiva en toda regra contra a universidade pública. Ademais do relativo ao plan de financiamento, xa comentado, e aos recortes no gasto dedicado á educación superior, é especialmente preocupante a política de inves-tigación que se está a deseñar. As cativas convocatorias predoutorais e post-doutorais (Parga Pondal), a incerteza que está a afectar ao actual persoal investigador, a ausencia dunha decidida aposta pola investigación universitaria e a substitución prevista por incentivos económicos á innovación no sector pro-dutivo – confundindo lamentabelmente investigación con innovación tecnolóxica ou produtiva – fan prever un futuro escuro neste ámbito.

Page 19: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Programa Electoral / p.19

NECESIDADE DUNHA LEI DO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGOO anuncio, en 2007, da inminencia dunha Lei do sistema Universitario Galego está totalmente esquecido. Deste xeito, seguimos sen poder contar cun mar-co xurídico que desenvolva, dende unha perspectiva propia, unha universi-dade pública verdadeiramente galega. Do mesmo xeito, fican pendentes un novo decreto do profesorado, un regulamento para o persoal de investigación e unha revisión a fondo dos criterios de avaliación e do funcionamento da ACSUG. A existencia dunha Axencia Galega de Calidade só cobra auténtico sentido se se rexe por criterios propios que permitan avaliar correctamente tamén os traballos docentes e investigadores realizados desde Galiza e para Galiza, que non é posíbel valorar adecuadamente se se utilizan só indicadores estándar. Esta normativa debería incluír, no entender de CIG-Ensino:

• Plans de Promoción e Estabilidade que garantan a culminación da carreira docente principiada.

• A transformación automática dos/as actuais contratados/as en funcionarios/as no momento no que cumpran os requisitos estabelecidos na normativa base.

• O estabelecemento de normas básicas, comúns para as tres universidades, do procedemento de selección do profesorado contratado.

• A creación de programas que faciliten a formación docente e investigadora de todo o profesorado, especialmente dos/as axudantes e profesores/as axudan-tes doutores/as, mediante a redución horaria e axudas para a mobilidade.

• A dedicación a tempo completo con carácter xeral do profesorado contratado permanente.

• Complementos retributivos de igual contía para o profesorado contratado e funcionario.

• O estabelecemento claro da incompatibilidade de impartir docencia nas univer-sidades públicas e nas privadas

Dende CIG-Ensino, entendemos fundamental apostar por unha carreira in-vestigadora en Galiza que permita o inicio nestas funcións aos titulados que o desexen en condicións dignas e previsíbeis, de xeito que se garanta o nece-sario relevo xeracional nos cadros de PDI das universidades. O contrario suporá novamente aumentar o carácter periférico a nivel estatal e europeo dos sistema universitario galego, cuxos titulados irán a formarse no desenvolvemento das funcións investigadoras a centros fóra do noso eido, coa conseguinte perda de capital humano e intelectual que o noso país non se pode permitir. Por outra ban-da, a ausencia de “canteira” investigadora propia implicará a aterraxe nas nosas universidades daqueles/as profesionais que non consigan situarse nas univer-sidades “de prestixio”, co conseguinte empobrecemento intelectual e científico para o noso sistema, .

Page 20: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Programa Electoral / p.20

OUTRAS MELLORAS NAS CONDICIÓNS DE TRABALLOA CIG-Ensino defende a urxencia de potenciar o ensino universitario público. Para isto, é necesario a mellora do financiamento público, que este reverta nas instalacións da infraestrutura e dos servizos e, sobre todo, na formación e nas condicións laborais do profesorado.

A calidade docente e investigadora non pode lograrse sen os medios económicos e humanos necesarios e as infraestruturas adecuadas: bibliotecas, hemerotecas, centros de documentación e teledocumentación, laboratorios, acceso ás novas tecnoloxías, dotación de persoal auxiliar, administrativo e técnico, etc.

Como elemento basilar para desenvolver unha investigación de calidade, debe existir unha infraestrutura mínima para que cada profesor/a, dentro das especi-ficidades de cada área de coñecemento, poida traballar en condicións dignas. É imprescindíbel o reforzo do apoio á investigación en todos os ámbitos científicos e este debe contemplar, entre outras medidas, a ampliación do persoal adminis-trativo e mais o asesoramento especializado.

Para promover a calidade da investigación, non só se debe fomentar os progra-mas dedicados a favorecer a mobilidade e a promoción dos/as investigadores/as, senón que, coordinadamente, a Administración galega e as Universidades, deben deseñar programas I+D+I que favorezan o desenvolvemento da sociedade galega.

Xubilación

Incentivar a xubilación voluntaria co 100% do salario, aos 60 anos. Negociación dun acordo coa Universidade que signifique que o profesorado que se xubile an-ticipadamente perciba unha gratificación que, sumada á pensión que vai percibir, supoña o 100% das retribucións que tería este en activo.

Redución progresiva (como mínimo dun terzo) de horario lectivo a partir dos 55 anos de idade.

Page 21: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Programa Electoral / p.21

Saúde laboral

As condicións nas que se desenvolve o traballo poden condicionar, e mesmo provocar, o padecemento de determinadas patoloxías. Por isto, reivindicamos a elaboración dun cadro de enfermidades profesionais dos/as docentes e investi-gadores/as e o recoñecemento das mesmas a todos con efectos legais. Cómpre elaborar unha normativa que estabeleza a posibilidade de adaptar a actividade laboral para o profesorado que, por razóns de saúde, se vexa imposibilitado para iso, sen mingua das súas retribucións.

A existencia de factores de risco específicos ligados á función docente e investi-gadora, como poden ser, entre outros, a utilización da voz ou a postura ergonómi-ca, fai preciso un programa de formación do persoal docente e investigador para o control destes factores de risco.

Os Comités de Seguridade terán, ademais dos dereitos e competencias recolli-dos na Lei de Prevención de Riscos Laborais 31/1995, como mínimo, os seguin-tes dereitos e funcións:

• Completar a elaboración dos Plans de Autoprotección dos diferentes centros.

• A implantación dos Plans de Emerxencia, fomentando a participación dos/as docentes e investigadores/as de forma especial na realización de simulacros.

• A regulamentación do dereito de todo o profesorado a recibir todas as facili-dades necesarias para poder facer fronte ao tratamento de doenzas graves que precisen atención específica.

• Programar a formación do persoal docente e investigador para o control destes factores de risco.

• Implicación das Universidades na atención ás doenzas derivadas destes facto-res específicos de risco (problemas derivados do uso da voz, afeccións muscu-lares, etc.).

Política de acción social- Posta en marcha dunha política social para o profesorado e os restantes com-poñentes da comunidade universitaria.

- Política crediticia e de anticipos.

- Constitución da Comisión de Asuntos Sociais.

- Política de actividades culturais, sociais e deportivas.

- Creación dun Fondo de Acción Social que signifique o 1% dos orzamentos.

Page 22: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Programa Electoral / p.22

Conciliación da vida familiar e laboral

Cómpre poñer en funcionamento políticas activas de conciliación da vida lavoral coa persoal de todas as traballadoras e traballadores da sistema universitario galego. Entre outras, coidamos imprescindíbeis:

• A ampliación do número de días dos permisos retribuídos polo nacemento de fillas e fillos (pasando a ser de 52 semanas), morte, accidente, doenza grave ou enfermidade de longa duración, hospitalización, así como os casos de adopción e acollemento.

• A elaboración dunha normativa específica sobre licenzas e permisos que aten-da as particularidades do sistema educativo universitario e que contemple a asis-tencia a familiares dependentes, fillas e fillos, etc.

• Incremento da dotación das escolas infantís e outros servizos sociais ligados ás Universidades.

PROMOCIÓN DA IGUALDADE DE XÉNERODefendemos a posta en marcha de plans de acción positiva para o fomento da igualdade de xénero en todos os ámbitos da vida universitaria. Así, consideramos que a creación de Oficinas ou Áreas de Igualdade nas tres universidades é só un primeiro, aínda que fundamental, paso cara á consecución da igualdade real. Neste sentido, insistiremos de modo especial en:

• Fomentar a introdución da perspectiva de xénero nos distintos sectores do coñecemento, moi especialmente no ámbito docente.

• Desenvolver accións de sensibilización arredor deste tema.

• Impulsar accións que garantan condicións igualitarias para o acceso e promo-ción de mulleres e homes na actividade docente, laboral e representativa no seo das universidades.

• Detectar e, de ser o caso, mediar nos casos de conflitos por discriminación de xénero na actividade académica e laboral.

• Ir progresivamente igualando os permisos de paternidade e maternidade, de xeito que se acade unha verdadeira posibilidade de compartir a crianza dos fillos e fillas por ambos membros da parella.

Page 23: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Programa Electoral / p.23

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICAA normalización do idioma galego en todos os ámbitos da vida universitaria debe conseguirse a través do efectivo desenvolvemento dos plans de normalización lingüística xa aprobados en cada unha das universidades, procurando actuacións coordinadas cando estas foren posíbeis.

Como medidas de carácter xeral, a CIG-Ensino, propón:

• O cumprimento das normas que declaran o galego como idioma propio das universidades en todos os seus ámbitos de actuación.

• En consecuencia, a galeguización de toda a súa burocracia administrativa e de comunicación que aínda non está en galego.

• A exixencia do coñecemento do idioma galego nos concursos para dotación de prazas de persoal de administración e servizos, así como nos concursos de promoción interna de todo o persoal.

• A valoración dos coñecementos do idioma galego para o acceso a prazas de profesorado, procurando paulatinamente a convocatoria de determinadas prazas con perfil lingüístico para a súa impartición en lingua galega.

• A elaboración de programas de formación do profesorado para alcanzar a com-petencia suficiente para impartir as aulas en galego, de cara a favorecer unha maior presenza do galego como lingua vehicular do ensino.

• A elaboración e difusión de material didáctico que facilite e favoreza o proceso de galeguización da docencia, dirixido tanto ao profesorado como ao alumnado.

• O apoio ás publicacións divulgativas e de traballos de investigación en lingua galega.

• A reclamación, perante os organismos competentes, para que, nas avaliacións da investigación, os traballos realizados en lingua galega non resulten penaliza-dos na práctica.

• Potenciación dos servizos de normalización lingüística das tres universidades, mediante as dotacións orzamentarias e de persoal necesarias.

Page 24: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Programa Electoral / p.24

Candidatura Universidade de Santiago de Compostela

PDI funcionariado

1. Alba Nogueira López Facultade de Dereito. Profesora Titular2. Xose Manuel Pardo López Escola Técnica Superior de Enxeñaría. Profesor Titular3. Montserrat Valcarcel Armesto Escola Politécnica Superior. Profesora Titular4. Gumersindo Feijoo Costa Escola Técnica Superior de Enxeñaría. Catedrático5. Teresa Moure Pereiro Facultade de Filoloxía. Profesora Titular6. María Luísa Chas Amil Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Profesora Titular7. Benigno Ruíz Nogueiras Escola Politécnica Superior. Profesor Titular8. Esther Martínez Piñeiro Facultade de Ciencias da Educación. Profesora Titular9. Bernardo Valdês Paços. Escola Politécnica Superior. Profesor Titular EU10. Eduardo Moscoso Mato Facultade de Filoloxía. Profesor Titular11. Rubén Lois González Facultade de Xeografía e Historia. Catedrático12. Eva Cernadas García Facultade de Matemáticas. Profesora Titular13. Xose Anxo Fernández Canosa Facultade de Xeografía e Historia. Profesor Titular14. Laura Carballo Piñeiro Facultade de Dereito. Profesora Titular15. Marcelino Maneiro Maneiro Escola Politécnica Superior. Profesor Titular16. Irene Doval Reixa Facultade de Filoloxía. Profesora Titular17. Agustín Montes Martínez Facultade de Medicina. Profesor Titular18. Ana Isabel García Arias Escola Politécnica Superior. Profesora Titular EU19. Eduardo Rico Boquete Facultade de Xeografía e Historia. Profesor Titular20. J. Ignacio Rodríguez Martínez Escola Universitaria de Óptica. Profesor Titular EU21. Marta López Alonso Facultade de Veterinaria. Profesora Titular22. Xosé Manuel Domínguez Castiñeiras Facultade de Ciencias da Educación. Profesor Titular23. Felisa Rodríguez Prado Facultade de Filoloxía. Profesora Asociada LRU24. Antón Costa Rico Facultade de Ciencias da Educación. Catedrático25. María do Carme García Negro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. Profesora Titular26. Antón Figueroa Lorenzana Facultade de Filoloxía. Catedrático27. Manuel Rey Méndez Facultade de Bioloxía. Catedrático28. Esther Gómez Forneas Escola Politécnica Superior. Catedrática EU29. Xose Ramón Pousa Estévez Facultade de Ciencias da Comunicación. Profesor Titular30. Xose María Masa Vázquez Facultade de Matemáticas. Catedrático31. Ramón Sánchez Rodríguez Facultade de Ciencias da Educación. Catedrático EU32. Dolores Vilavedra FernándezFacultade de Filoloxía. Profesora Titular33. Xavier Vence Deza Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Catedrático34. María Xosé Agra Romero Facultade de Filosofía. Catedrática35. María do Carme Hermida Gulías Facultade de Ciencias da Comunicación. Profesora Titular36. Xoan Xulio Carmona Badía Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Catedrático37. Margarita Ledo Andión Facultade de Ciencias da Comunicación. Catedrática38. Alfredo Campos García Facultade de Psicoloxía. Catedrático

Page 25: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Programa Electoral / p.25

PDI laboral do Campus de Santiago

1. Óscar Rodil Marzábal. Fac. CC. Económicas. Prof. Contratado Doutor2. Marta Carballo Fidalgo. Fac. Dereito. Prof. Contratada Doutora3. Xosé Antón Gómez Fraguela. Fac. Psicoloxía. Prof. Contratado Doutor4. Julia María Crespo Comesaña. ac. CC. Educación (Sur). Prof. Axudante Doutora5. Carlos Pérez Varela. Fac. Filoloxía. Prof. Colaborador6. X. Manuel Outeiriño Gallego. Fac. CC. Comunicación. Prof. Contratado Doutor7. María del Carmen Sánchez Carreira. Fac. CC. Económicas. Prof. Contratada Interina8. Luís Carlos Cachafeiro Chamosa. Fac. CC. Educación (Norte). Prof. Asociado Univ. LOU9. María Álvarez De La Granja. Fac. Filoloxía. Prof. Contratada Doutora10. Alfredo Macías Vázquez. Fac. CC. Económicas. Investigador Programa Parga Pondal 11. Marta Irene Lois González. Fac. CC. Políticas. Prof. Contratada Doutora12. Xesús Prieto Blanco. E.U. Óptica e Optometría. Prof. Colaborador13. Elisa Fernández Rey. Fac. Filoloxía. Prof. Contratada Doutora14. Gonzalo Rodríguez Rodríguez. Fac. CC. Económicas. Prof. Contratado Doutor15. Alberte Xabier Arauxo Vilar. Fac. Medicina. Prof. Asoc. CC. Saúde LOU16. Manuel González López. Fac. CC. Económicas. Prof. Contratado Doutor17. Xosé Nogueira Otero. Fac. Xeografía e Historia. Prof. Contratado Doutor18. David Rodeiro Pazos. Fac. CC. Económicas. Prof. Contratado Doutor19. Vítor Vaqueiro Foxo. Fac. CC. Comunicación. Prof. Asociado Univ. LOU20. Manuel Cao Fernández. Fac. CC. Económicas. Prof. Contratado Doutor

PDI laboral do Campus de Lugo

1. Duarte Santamarina RíosFacultade de ciencias. Profesor Contratado Doutor2. Mª do Mar Pérez FraEscola Politécnica Superior. Profesora Contratada Doutora3 . José Mª Álvarez CastroFacultade de Veterinaria. Investigador. Programa Parga Pondal4. Luís Castañón LamasFacultade de Administración e Dirección de Empresas. Profesor Contratado Doutor5. Ana Cabana IglesiaEscola Politécnica Superior. Profesora Contratada Doutora6. Mª Xesús Nogueira PereiraFacultade de Humanidades. Profesora Contratada Doutora7. Avelino Núñez DelgadoEscola Politécnica Superior. Profesor Contratado Doutor8. Francisco Candia DuránEscola Universitaria de Formación do Profesorado de E.X.B. Profesor Colaborador9. David Miranda BarrósEscola Politécnica Superior. Profesor Contratado Doutor10. Mª Carmen Rodríguez GacioEscola Politécnica Superior. Profesora Interina11. Andrea Ferreiro FernándezEscola Politécnica Superior. Contratada F.P.U.12. Manuel Antonio Rodriguez GuitiánEscola Politécnica Superior Profesor. Contratado Doutor13. Francisco Javier López GonzálezEscola Politécnica Superior. Profesor colaborador

Page 26: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Programa Electoral / p.26

Candidatura Universidade da Coruña

PDI funcionariado

1. Carme Fernández Pérez-SanjuliánFaculdade de Filoloxía. Profesora titular2. Alberte Martínez LópezFaculdade de Económicas. Catedrático3. Vicente Gambau PinassaFac. CC. do Deporte e a Edu. Física. Profesor titular4. Xosé Manuel Sánchez ReiFaculdade de Filoloxía. Profesor titular5. Xabier de Salvador GonzálezFac. de CC. da Educación. Profesor titular6. Ánxeles Saavedra PlacesFacudade de Informática. Profesor titular7. Xosé Antonio López ReiFaculdade de Socioloxía. Profesor titular8. Gustavo Rego VeigaFaculdade de Económicas. Profesor titular9. Neves Arza ArzaFac. de CC. da Educación. Profesora titular10. Marcelino Ladra GonzálezEU Politécnica. Profesor titular11. Goretti Sanmartín ReiFaculdade de Filoloxía. Profesora titular12. Plácido Lizancos MoraETS Arquitectura. Profesor titular13. Carlos Platas IglesiasFaculdade de Ciencias. Profesor titular14. Mercedes Regueiro DiehlFaculdade de Filoloxía. Profesora titular15. José María Cardesín DíazFaculdade de Socioloxía. Profesor titular16. Rafael Santos CouceiroETS de Náutica e máquinas. Profesor asociado17. Alberto Oro ClaroFac. CC. do Deporte e a Edu. Física. Profesor titular18. Laura Tato FontaíñaFaculdade de Filoloxía. Profesora titular19. Xosé Ramón Paramá GabíaFacudade de Informática. Profesor titular20. José Antonio Seijas MacíasFaculdade de CC. Económicas e Empresariais. Profesor titular21. Xan Casabella LópezETS Arquitectura. Profesor titular22. Mª Antonia Pérez RodríguezFaculdade de Humanidades. Profesora titular23. David Esteban GómezFaculdade de Ciencias. Profesor titular24. José Ángel Brandariz GarcíaFaculdade de Dereito. Profesor titular25. Juan M. Moreno GonzálezFaculdade de Filoloxía. Profesor titular26. Luís Andrés González AresFaculdade de Informática. Profesor titular27. Xosé Manuel Martínez FilgueiraFaculdade de CC. Económicas e Empresariais. Profesor titular28. Josefina Cerviño LagoFaculdade de Humanidades. Profesora asociada29. Carlos Campoy VázquezFaculdade de Ciencias. Profesor asociado30. Xosé Ramón Freixeiro MatoFaculdade de Filoloxía. Catedrático31. Luís Hermida GonzálezETS Arquitectura Profesor titular de EU32. Manuel Ferreiro FernándezFaculdade de Filoloxía. Catedrático33. Narciso de Gabriel FernándezFac. de CC. da Educación. Catedrático34. Jurjo Torres SantoméFac. de CC. da Educación. Catedrático35. Manuel Soto CastiñeiraFaculdade de Ciencias. Profesor titular36. Carlos Paulo Martínez PereiroFaculdade de Filoloxía. Catedrático37. Teresa López FernándezFaculdade de Filoloxía. Profesora titular

Page 27: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

Programa Electoral / p.27

PDI laboral1. Xulio Xosé Ferreiro BaamondeFaculdade de Dereito. Profesor contratado doutor2. Alfonso Castro MartínezFaculdade de Informática. Profesor contratado doutor3. Antía Pérez CaramésFaculdade de Socioloxía. Profesora contratada doutora4. Ramón José Muiño BoedoFaculdade de Ciencias. Profesor contratado doutor5. Xosé Manuel Malheiro GutiérrezFaculdade de CC. da Educación. Profesor contratado doutor6. Antonio Rodríguez CastroFaculdade de Ciencias. Investigador Programa Parga Pondal7. Juan de Dios Rodríguez GarcíaEU Politécnica. Profesor colaborador8. Isabel Ruíz BolañosFaculdade de Ciencias. Profesora contratada doutora9. Jesús Mirás AraújoFaculdade de Económicas.Profesor colaborador10. Ana Iglesias GaldoFaculdade de CC. da Educación. Profesora contratada doutora11. Antonio Couce CasanovaEU Politécnica. Interino12. Ana Insua PomboFaculdade de Ciencias. Profesora contratada doutora13. Luís Pena MosqueraETS de Camiños. Profesor contratado doutor14. Cristina López VillarFac. CC. do Deporte e a Edu. Física. Interina15. Xoan Carlos Pardo MartínezFaculdade de Informática. Profesor contratado doutor16. Nuria Fernández RodríguezFaculdade de Ciencias. Investigadora Programa Parga Pondal17. Cilla Lourenzo ModiaFaculdade de Filoloxía. Interina18. Carlos Piñeiro SánchezFaculdade de Económicas. Profesor contratado doutor19. Luz Puente AbaFaculdade de Dereito. Profesora contratada doutora20. Miguel Ángel Talavera ValverdeFaculdade de Ciencias da Saúde. Profesor asociado21. Leticia Eirín GarcíaFaculdade de Filoloxía. Profesora axudante22. Óscar Pedreira FernándezFaculdade de Informática. Profesor axudante doutor23. Olga Osorio IglesiasFaculdade de Cc. da Comunicación. Profesora asociada24. Xoan Luís López ViñasFaculdade de Filoloxía. Profesor axudante25. Vreixo Formoso LopezFacultade de Informática. Profesor axudante26. Antonio Manuel Castro CastroFaculdade de Ciencias. Profesor contratado doutor27. Roberto López-Iglesias SamartínFaculdade de Filoloxía. Interino

Page 28: Índice - CIG Ensino · 2017. 10. 14. · Promoción da Igualdade de Xénero Normalización Lingüística ... dades docentes e investigadoras, con reserva de praza, en favor da creación

15703 SantiagoMiguel Ferro Caaveiro, 10

Tel: 981 576 800. Fax: 981 575 839www.cig-ensino.com

[email protected]