ÍNDICE DE CONTIDOS - Galicia...Na táboa de estado lístase o planeamento xeral vixente nos...

13
Edificio Administrativo San Lázaro s/n 15781 Santiago de Compostela ÍNDICE DE CONTIDOS 1.INTRODUCIÓN......................................................................................................................2 1.1.O Sistema de Información de Ordenación do Territorio e Urbanismo (SIOTUGA) de Galicia ................................................................................................................................................ 2 2.MANUAL DE USO..................................................................................................................3 2.1.Navegadores web compatibles..........................................................................................3 2.2.Panel de inicio.................................................................................................................... 3 2.3.Ordenación do territorio....................................................................................................4 2.4.Urbanismo.........................................................................................................................6 2.5.Inventario de planeamento municipal...............................................................................7 2.6.Visor GIS............................................................................................................................8 Versión 2.0.0

Transcript of ÍNDICE DE CONTIDOS - Galicia...Na táboa de estado lístase o planeamento xeral vixente nos...

Page 1: ÍNDICE DE CONTIDOS - Galicia...Na táboa de estado lístase o planeamento xeral vixente nos concellos galegos, coa información relativa ao código INE do concello, o nome do mesmo,

Edificio Administrativo San Lázaro s/n15781 Santiago de Compostela

ÍNDICE DE CONTIDOS

1.INTRODUCIÓN......................................................................................................................2

1.1.O Sistema de Información de Ordenación do Territorio e Urbanismo (SIOTUGA) de Galicia................................................................................................................................................2

2.MANUAL DE USO..................................................................................................................3

2.1.Navegadores web compatibles..........................................................................................3

2.2.Panel de inicio....................................................................................................................3

2.3.Ordenación do territorio....................................................................................................4

2.4.Urbanismo.........................................................................................................................6

2.5.Inventario de planeamento municipal...............................................................................7

2.6.Visor GIS............................................................................................................................8

Versión 2.0.0

Page 2: ÍNDICE DE CONTIDOS - Galicia...Na táboa de estado lístase o planeamento xeral vixente nos concellos galegos, coa información relativa ao código INE do concello, o nome do mesmo,

1. INTRODUCIÓN

1.1. O Sistema de Información de Ordenación do Territorio e Urbanismo(SIOTUGA) de Galicia

O portal do Sistema de Información do Ordenación do Territorio e Urbanismo de Galicia(SIOTUGA) plantéxase como a evolución da anterior Web de Información Urbanística deGalicia.

Ponse a disposición do público a información relativa aos instrumentos de ordenación doterritorio e dos de planificación urbanística.

Page 3: ÍNDICE DE CONTIDOS - Galicia...Na táboa de estado lístase o planeamento xeral vixente nos concellos galegos, coa información relativa ao código INE do concello, o nome do mesmo,

2. MANUAL DE USO

2.1. Navegadores web compatibles

O SIOTUGA emprega as últimas tecnoloxías web (html5, css3), polo que únicamente estánsoportados navegadores modernos.

Esta aplicación está optimizada para Mozilla Firefox 30+, Google Chrome 37+ e Safari 5. Écompatible con Internet Explorer 10+, aínda que non se recomenda o seu uso por cuestión derendemento da aplicación.

2.2. Panel de inicio

O panel de inicio permite acceder aos contidos principais do portal.

1. Ordenación do territorio2. Urbanismo3. Inventario municipal4. Visor5. Lexislación6. Manual de usuario

Page 4: ÍNDICE DE CONTIDOS - Galicia...Na táboa de estado lístase o planeamento xeral vixente nos concellos galegos, coa información relativa ao código INE do concello, o nome do mesmo,

Urbanismo. Páxina de información do estado e consulta dos instrumentos de ordenación doterritorio en Galicia.

Urbanismo. Páxina de información do estado e consulta do planeamento urbanístico enGalicia.

Inventario municipal. Páxina que permite consultar os instrumentos de ordenación doterritorio máis o planeamento urbanístico por concello.

Visor. Visualizador xeográfico da información cartográfica do planeamento xeral por concellos.

Lexislación. Acceso á base de datos de lexislación relativa a ordenación do territorio eurbanismo.

2.3. Ordenación do territorio

Nesta páxina amósase a información relativa aos instrumentos de ordenación do territorio (IOT,en adiante) definidos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio deGalicia.

Inclúe dúas seccións: unha primeira co estado da ordenación do territorio, e unha segunda coformulario de busca dos IOT.

Page 5: ÍNDICE DE CONTIDOS - Galicia...Na táboa de estado lístase o planeamento xeral vixente nos concellos galegos, coa información relativa ao código INE do concello, o nome do mesmo,

O estado da ordenación refléxase en forma de mapa de Galicia coa densidade de IOT porconcello e en forma de gráfico coa distribución do número de tipos de instrumentos.

A busca de IOT realízase mediante un formulario sobre un ou varios dos criterios de buscaseguintes:

• Nome do expediente

• Tipo de instrumento

• Ámbito territorial

• Rango de datas de aprobación definitiva

Faga clic no botón “buscar” para realizar a consulta. A aplicación devolverá unha táboa coalista de resultados coincidentes. Para cada resultado achégase a seguiente información: códigoidentificador, título do instrumento, tipo de instrumento, data de aprobación definitiva, data depublicación en diario oficial e enlace de consulta á ficha do IOT

Facendo clic no enlace ábrese a ficha descritiva do IOT

Faga clic no enlace para descargar a documentación completa do expediente.

Page 6: ÍNDICE DE CONTIDOS - Galicia...Na táboa de estado lístase o planeamento xeral vixente nos concellos galegos, coa información relativa ao código INE do concello, o nome do mesmo,

2.4. Urbanismo

Nesta sección amósase o estado do planeamento xeral urbanístico dos concellos de Galicia, asúltimas aprobacións publicadas e un enlace ás normas subsidiarias provinciais deplaneamento.

No mapa de estado, pode consultarse a información do planeamento xeral vixente facendo clicno concello de interese que se amosará nunha táboa á dereita do mapa. O último campo datáboa [ ] é un enlace á páxina do inventario do concello en cuestión, que se abrirá nunhanova pestana.

A gráfica de estado resume o estado do planeamento agrupando os concellos en 8 clasessegundo a súa adaptación ás diferentes normas urbanísticas e antigüidade, indicando onúmero total de concellos incluídos en dita clase.

Na táboa de estado lístase o planeamento xeral vixente nos concellos galegos, coa informaciónrelativa ao código INE do concello, o nome do mesmo, a figura de planeamento xeral vixente, a

data de aprobación definitiva, a clase de estado á que pertence, un enlace á páxina de

inventario municipal e un enlace ao documento de capacidades do servizo xeoespacial de

visualización de mapas segundo o protocolo Web Map Service .

Page 7: ÍNDICE DE CONTIDOS - Galicia...Na táboa de estado lístase o planeamento xeral vixente nos concellos galegos, coa información relativa ao código INE do concello, o nome do mesmo,

A táboa permite a ordenación e filtrado das filas. Faga clic nas cabeceiras [ ] para ordenarsegundo o campo desexado. Introduza o texto que desexa buscar no texto do filtro “Buscar”.

2.5. Inventario de planeamento municipal

Nesta páxina amósase por concello o seu planeamento urbanístico e os instrumentos deordenación do territorio con incidencia nel. A busca realízase seleccionando o concello dodespregable e premendo o botón de busca:

Existe un método de acceso directo ao inventario dun concello especificando na URL oparámetro do código INE do concello sobre o que se desexa realizar a consulta. Por exemplo,para acceder directamente ao inventario do concello de Coirós (código INE 15027), debeescribirse o seguinte enderezo na barra de direccións do navegador:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/inventario?inv=1&idconcello=15027

onde:

idconcello=15027 é o parámetro co código INE do concello

inv=1 é un parámetro adicional para indicar que devolva directamente o inventariomunicipal

A aplicación devolve a información organizada en seis seccións: (1) Datos xerais do concello (2)Instrumentos de ordenación do territorio con incidencia no concello (3) Planeamento xeral; (4)Planeamento de desenvolvemento; (5) Planeamento histórico; (6) Delimitacións de solo denúcleo rural.

Page 8: ÍNDICE DE CONTIDOS - Galicia...Na táboa de estado lístase o planeamento xeral vixente nos concellos galegos, coa información relativa ao código INE do concello, o nome do mesmo,

Pode filtrar e ordenar os resultados do mesmo xeito que o descrito no punto anterior. Facendo

clic no enlace ábrese a ficha do documento.

2.6. Visor GIS

O visor permite a visualización e consulta da información espacial relativa ao inventario deplaneamento urbanístico municipal superposta sobre unha cartografía base. O visorestrutúrase nas seguintes áreas:

1. Panel de contidos2. Barra de ferramentas3. Canvas

Page 9: ÍNDICE DE CONTIDOS - Galicia...Na táboa de estado lístase o planeamento xeral vixente nos concellos galegos, coa información relativa ao código INE do concello, o nome do mesmo,

1. Panel de contidos.

Inclúe os formularios de busca, a lista de capas xeográficas dispoñibles e a pestana de mapasde base.

1.1 Formularios de busca: permite consultar a información espacial segundo tres criterios debusca: (a) referencia catastral, (b) coordenada UTM (ETRS89-fuso 29) e concello.

1.1.1 Ao facer a busca por concello [1], a aplicación devolve os documentos de planeamentoxeral vixentes que se poden consultar [2]. Deberase seleccionar no despregable odocumento de interese e facer clic no botón de busca.

1.1.2 Ao facer a busca por referencia catastral ou por coordenada UTM, a aplicacióndetermina o concello ao cal corresponde. No caso de que exista un concello cargadopreviamente, establece un diálogo co usuario para preguntar si se desexa cargar oplaneamento deste concello.

Page 10: ÍNDICE DE CONTIDOS - Galicia...Na táboa de estado lístase o planeamento xeral vixente nos concellos galegos, coa información relativa ao código INE do concello, o nome do mesmo,

Feita a busca, a aplicación crea unha árbore coa lista das capas dispoñibles paravisualización. As capas agrúpanse en tres bloques: planeamento xeral, modificaciónspuntuais de planeamento xeral e planeamento de desenvolvemento.

O bloque de planeamento xeral inclúe, nesta versión, dúas capas: (1) a capa de recintosvectoriais de ordenación do termo municipal e (2) a capa raster dos planos deordenación do termo municipal dilixenciados e xeorreferenciados. A visibilidade decada unha contrólase facendo clic no checkbox . A opacidade da capa contrólase

facendo clic na icona de opacidade que abre un slider para axustar a

transparencia da capa. A lenda pode consultarse facendo clic na icona . Para a capa

de recintos vectoriais existe unha ferramenta de filtrado por clase e categoría de

solo.

O bloque de modificacións puntuais de planeamento xeral inclúe unha capa de puntos

co emprazamento das mesmas. Facendo clic sobre o punto obtense información

e accédese ao documento.

Page 11: ÍNDICE DE CONTIDOS - Galicia...Na táboa de estado lístase o planeamento xeral vixente nos concellos galegos, coa información relativa ao código INE do concello, o nome do mesmo,

O bloque de planeamento de desenvolvemento inclúe unha capa de puntos co

emprazamento dos mesmos. Facendo clic sobre o punto obtense información eaccédese ao documento de xeito semellante ao caso anterior.

1.2 Panel de mapa de base. Permite elixir o mapa de fondo de entre un conxunto de Web MapService dispoñibles.

2. Barra de ferramentas.

Barra cos controis principais de navegación e consulta do visor.

Page 12: ÍNDICE DE CONTIDOS - Galicia...Na táboa de estado lístase o planeamento xeral vixente nos concellos galegos, coa información relativa ao código INE do concello, o nome do mesmo,

De esquerda a dereita:

Zoom de caixa / achegarse

Afastarse

Encadre anterior

Encadre seguinte

Para desprazarse polo mapa facendo clic e arrastrando, e máis para achegarse e

afastarse facendo uso da roda do rato.

Medición de distancias. Faga clic seguindo o traxecto desexado. Con cada clic

amosarase a distancia lineal acumulada. Finalice a medición con dobre clic. Con tecle “Shift” +botón dereito do rato trázase unha poliliña a man alzada.

Medición de superficies. Faga clic seguindo o traxecto desexado. Con cada clic

amosarase a superficie (m2) acumulada. Finalice a medición con dobre clic.

Selección de elementos das capas de modificacións puntuais de planeamento xeral e

planeamento de desenvolvemento.

Información urbanística. Devolve a información urbanística do recinto seleccionado e

permite descargar o plano de ordenación. Dende o panel de resultados accédese aodocumento do modelo de datos de planeamento .

Page 13: ÍNDICE DE CONTIDOS - Galicia...Na táboa de estado lístase o planeamento xeral vixente nos concellos galegos, coa información relativa ao código INE do concello, o nome do mesmo,

Enlace de descarga da información. Debe facer clic sobre o mapa no punto de interese.

A aplicación devolverá un menú coa posibilidade de descargar a folla orixinal de ordenacióncorrespondente a ese punto ou ben un ficheiro zip cos datos xeoespaciais dispoñibles (planosde ordenación xeorreferenciados en formato JPG e recintos vectoriais en formato ESRIShapefile).