New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender...

24
1 IES CONCEPCIÓN ARENAL DEPARTAMENTO DE LATÍN CULTURA CLÁSICA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE ESO CURSO 2019-2020

Transcript of New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender...

Page 1: New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer,

1

IES CONCEPCIÓN ARENAL DEPARTAMENTO DE LATÍN

CULTURA CLÁSICA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

3º DE ESO

CURSO 2019-2020

Page 2: New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer,

2

Índice

1. RELACIÓN CON OUTRAS ÁREAS E CONTIDOS TRANSVERSAIS ....................................3

1.1. RELACIÓN CON OUTRAS ÁREAS ...........................................................................................3 1.2. CONTIDOS TRANSVERSAIS ......................................................................................................3

2. OBXECTIVOS ........................................................................................................................4

2.1. OBXECTIVOS XERAIS ..........................................................................................................4 2.2. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS PARA 3º DE ESO .............................................................. ......5

3. COMPETENCIAS CLAVE PARA A ÁREA DE ESO ……………………………........................6 4. CONTIDOS .......................................................................................................................................9

4.1. CONTIDOS MÍNIMOS .....................................................................................................9 4.2. CADRO DE OBXECTIVOS, CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN, ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E COMPETENCIAS CLAVE DE CADA TEMA.......................................................9 4.3. DISTRIBUCIÓN TEMPORAL DOS CONTIDOS....................................................……… ..........15 4.4. CONTIDOS PROCEDEMENTAIS ……………………………………………………................. 17

4.5.CONTIDOS ACTITUDINAIS …………………………………………………………...................17

5. METODOLOXÍA .........................................................................................................................17 6. AVALIACIÓN ..................................................................................................................................18

6.1. CRITERIOS XERAIS ..................................................................................................................18 6.2. CRITERIOS ESPECÍFICOS ......................................................................................................19 6.3. AVALIACIÓN DE CONTIDOS ....................................................................................................19 6.4. AVALIACIÓN DAS COMPETENCIAS CLAVE...……………………………………………….20 6.5. AVALIACIÓN DE SETEMBRO......................................................... ...........................................22 6.6. ALUMNOS QUE DESEXEN CAMBIAR DE OPTATIVA DURANTE O CURSO………….......22

7. PLAN DE REFORZO.........................................................................................................................22

8. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE..........................................................................................................22 9. ALUMNOS REPETIDORES...............................................................................................................23 10. OUTRAS ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO.......................................................................... 23 10.1.PLAN LECTOR...................................................................................................................................23 10.2 EXCURSIÓNS E OUTRAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES....................................... .......24

Page 3: New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer,

3 1. RELACIÓN CON OUTRAS ÁREAS E CONTIDOS TRANSVERSAIS

1.1. RELACIÓN CON OUTRAS ÁREAS

Área de linguas. Aínda cos conceptos lingüísticos cos que se traballa en Cultura Clásica s son elementais, non deixan de ter a súa utilidade para un mellor coñecemento das linguas romances do currículo (galego, castelán, italiano ou francés) e tamén do inglés. O traballar con conceptos como composición e derivación, evolucións fóneticas e morfolóxicas do latín ao galego e castelán, etimoloxías, cultismos, expresións latinas e gregas de uso actual... resulta evidentemente enriquecedor para perfeccionar o manexo das demais linguas. Área de historia e arte. Aparte de axudar ao coñecemento da historia de Roma e das características das súas etapas (Monarquía, República e Imperio) e da historia de Grecia, a achega máis importante desta materia e a valoración da intrahistoria, é dicir, de todos os aspectos da vida cotiá (educación, familia, diversións, comidas, vestido e peiteado, relixión, mitoloxía...) que axudarán, sen dúbida, a unha mellor comprensión global do mundo grecolatino e a súa influencia no mundo actual. Por outra banda, ao traballar con fotos, películas, diapositivas e documentais o alumnado terá contacto coas distintas expresións artísticas da Antigüidade, sempre presentes neste tipo de documentos. Área de ciencias e tecnoloxía. Neste apartado a materia axudará a comprender mellor a terminoloxía tecnolóxico-científica na que abondan vocábulos que proceden directamente do grego e tamén, aínda que en menor medida do latín. Así mesmo, o coñecemento de como se facían as casas, estradas, pontes, campamentos, máquinas de guerra... pode ser útil na área de tecnoloxía sobre todo se se comprenden as dificultades e o enxeño que despregaron os antigos para superalas.

1.2. CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación para a paz. A partir da comparación dos conflitos armados da Antigüidade e os actuais, o alumno deberá comprender a inutilidade da violencia como medio para a resolución de conflitos e de cómo, antes e agora, o diálogo e o respecto poden aportar mellores soluciones. Educación para a igualdade.

- De raza: meditar sobre os conflitos raciais no mundo greco-romano e o actual, percibindo as semellanzas e diferenzas na natureza deses conflitos, para reflexionar sobre a incoherencia do racismo.

- De sexos: tras o estudo da situación da muller en Grecia e Roma, valorar os avances que houbo até agora e a loita que as mulleres levaron e levan a cabo para conseguir a igualdade de dereitos. Reflexionar tamén sobre a homosexualidade e a súa consideración na Antigüidade en comparación coa de hoxe en día.

- De culturas: valorar, coñecer e respectar, sen prexuízos, ás distintas culturas en todas as súas manifestacións: sociedade, arte, lingua, relixión...

- De clases: comparar os distintos estamentos sociais na Antigüidade e no mundo actual e valorar a loita e os avances cara a igualdade pero tamén concienciarse dos anacronismos aínda existentes.

Educación para a participación e a democracia: Coñecer e comparar os distintos sistemas políticos de Grecia e Roma ( Atenas / Esparta, República romana / Imperio...) e valorar a importancia de poder participar no goberno e nas decisións que nos afectan a todos. Comprender por medio da participación nos debates de aula o valor que teñen tanto as nosas opinións e suxestións como as dos demais e tomar conciencia de que a participación non atinxe só ao feito de votar ou opinar, senón tamén no contacto con asociacións de todo tipo: culturais, deportivas, ONGs...

Page 4: New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer,

4 Educación para a mellora do medio ambiente: xa que o centro participa no proxecto Axenda 21 o departamento comprométese a apoialo, na medida do posible, non só cos consellos de reciclaxe ou limpeza nas aulas que implica o dito proxecto, senón tamén por medio de lecturas ou traducións de textos clásicos relacionados coa natureza, o medio ambiente e de como facían no antigo mundo clásico co problema da recollida de residuos nas grandes cidades e tamén coa canalización e aproveitamento da auga. Educación para a liberdade: Valorar por medio de exemplos, que dabondo hai no mundo antigo, os efectos que supón a coacción da liberdade dun individuo e considerar na súa xusta medida a importancia que ten o poder expresarse e vivir segundo as regras de cada un, sempre respectando as dos demais. Pero isto non afecta só a liberdade individual; sabemos e podemos comprender, analizando a historia antiga, os efectos que pode causar unha dominación pola forza dun pobo sobre outro, por iso, cabe tamén valorar o dereito dos pobos para elixir o seu propio destino.

2. OBXECTIVOS

2.1. OBXECTIVOS XERAIS

A educación secundaria obrigatoria contribuirá a desenvolver nos alumnos e nas alumnas as capacidades que lles permitan: a) Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo, afianzando os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática. b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo, como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal. c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación de violencia contra a muller. d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os conflitos. e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para adquirir novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación. f) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en materias, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas en diversos campos do coñecemento e da experiencia. g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades. h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua castelá, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, na lectura e no estudo da literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural. Coñecer mulleres e homes que realizaran achegas importantes á cultura e á sociedade galega, ou a outras culturas do mundo. m) Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o das outras persoas, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais, e incorporar a educación física e a

Page 5: New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer,

5

práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o medio ambiente, contribuíndo á súa conservación e á súa mellora. n) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das manifestacións artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación. ñ) Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia, participar na súa conservación e na súa mellora, e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito. o) Coñecer e valorar a importancia do uso da lingua galega como elemento fundamental para o mantemento da identidade de Galicia, e como medio de relación interpersoal e expresión de riqueza cultural nun contexto plurilingüe, que permite a comunicación con outras linguas, en especial coas pertencentes á comunidade lusófona.

2.2. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS PARA 3º de ESO

A materia de Cultura Clásica ten como obxectivo xeral, tal como aparece exposto no Deseño Curricular Base, o coñecemento daqueles aspectos que conforman a nosa cultura herdados da cultura greco-latina. Este obxectivo xeral deberase manifestar tanto no relativo aos coñecementos como nos valores e actitudes que dos primeiros se deriven. A lingua e a cultura non son produto do azar, senón dunha tradición de séculos, e a meirande parte dos esquemas culturais que rexen no noso entorno máis próximo teñen unha explicación no pasado. Pretendemos acadar que os coñecementos derivados do estudo desta materia non só teñan un fin en si mesmos, senón máis ben, un carácter interdisciplinar:

! Comprensión do mundo clásico:

" Situación xeográfico- temporal da cultura greco-latina. " Coñecer e valorar as características máis relevantes da vida cotiá no mundo clásico. " Recoñecemento das características máis relevantes da gramática latina. " Comprensión e identificación dos elementos máis importantes da mitoloxía clásica.

! Influencia do mundo clásico na cultura occidental:

" Recoñecemento no espazo e no tempo daqueles fenómenos especialmente relevantes da cultura clásica que permanezan vivos no entorno e que sexan facilmente discernibles e situables.

" Recoñecemento da débeda lingüística do galego e castelán coas linguas grega e latina no ámbito dos topónimos, cultismos, tecnicismos, fraseoloxía...

" Recoñecemento da débeda gramatical do galego e castelán co latín. Presenza das linguas clásicas noutras áreas do currículo: identificación e comprensión da terminoloxía específica de cada área que teña orixe greco-latina.

" Recoñecemento da influencia da mitoloxía clásica na cultura actual, fundamentalmente no ámbito literario, artístico e relixioso.

Todos estes obxectivos baséanse nos indicados na programación na que tamén se fai referencia á súa especificidade e profundidade de acordo co nivel esixido para cada un dos temas.

Page 6: New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer,

6

3. COMPETENCIAS CLAVES PARA A ÁREA DA ESO As competencias sinalan un marco xeral, que logo se concretará nuns obxectivos, uns contidos (conceptuais, procedementais e actitudinais) e nuns criterios de avaliación específicos para cada unidade. Nalgúns casos, e dada a conexión entre os distintos temas da materia, repetirase o enunciado de ditas competencias nas diferentes unidades.

A. COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA (CCL)

Esta competencia refírese á utilización da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita, ás normas de comunicación á comunicación coas outras linguas. Neste marco desenvolvemos as seguintes habilidades:

" Recuperar, interpretar, organizar e comprender a información dun texto escrito ou oral a

información dun texto facendo reflexión sobre ela. " Manter unha actitude positiva cara a lectura. " Expresarse oralmente con corrección, adecuación e coherencia. " Utilizar o vocabulario adecuado, as estructuras lingüísticas e as normas ortográficas e gramaticais

para elaborar textos escritos e orais " Compoñer distintos tipos de textos de forma creativa con sentido literario. " Respectar as normas de comunicación en calquera contexto: quenda de palabra, escoitar

atentamente ao interlocutor..... " Manexar elementos de comunicación non verbal, ou en diferentes rexistros, nas diversas

situacións comunicativas. " Entender o contexto sociocultural de la lingua, así como a súa historia pera un mellor uso da

mesma. " Manter conversacións noutras linguas sobre temas cotiás en distintos contextos. " Utilizar os coñecementos sobre a lingua para buscar información e ler textos en calquera situación. " Producir textos escritos de diversa complexidade para o seu uso en situacións cotiás ou en

materias diversas.

B. COMPETENCIA DIXITAL (CD)

Con esta competencia preténdese un achegamento do alumnado ás fontes principais de información e a súa aplicación no proceso de aprendizaxe, especialmente en todo o relativo ás novas tecnoloxías como instrumento para a busca de información específica sobre aspectos concretos do mundo antigo. Para desenvolver esta competencia se traballarían as seguintes habilidades:

" Recollida de fontes, destacando a recollida de información en Internet. " Análise de distintos tipos de fontes: primarias e secundarias; escritas, materiais, iconográficas e

orais. " Comparación de fontes e análise de contradicións e diverxencias " Análise de distintos niveis de información: implícita e explícita; relevante e non relevante;

obxectiva e subxectiva. " Análise crítica de información. " Valoración de fontes: a súa utilidade; o seu obxectivo; o grao de fiabilidade e manipulación. " Utilizar as distintas canles de comunicación audiovisual para transmitir informacións diversas. " Comprender as mensaxes que veñen nos distintos medios de comunicación

Page 7: New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer,

7

C. COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER (CAA) Trátase de manexar correctamente a información mediante unha serie de técnicas organizativas da mesma (elaboración de esquemas, subliñado de textos, confección de mapas e organigramas...), para potenciar que o alumnado adquira certa autonomía en relación coas fontes ás que se poda enfrontar en cursos posteriores. Isto farase asumindo unha serie de habilidades entre as que se atoparían as seguintes:

" Traballar con distintas fontes de información. " Redactar un texto descritivo. " Realizar mapas conceptuais. " Subliñar ideas principais e secundarias " Elaborar resumes. " Confeccionar traballos por escrito coas súas partes ben diferenciadas " Elaboración de temas de carácter biográfico-mitolóxico. " Distinción de factores determinantes dunha situación: causas, desenvolvemento, consecuencias.

D. COMPETENCIA DO SENTIDO DE INICIATIVA E ESPÍRITO EMPRENDEDOR (CSIEE)

Trata da potenciación de valores importantes no ser humano como son o autocontrol, a autoestima e a creatividade que permitan ao alumnado formarse como persoa e enfrontarse a diferentes situacións na vida. As habilidades que habería que potenciar son, pois, as seguintes:

" Elixir con criterio propio. " Tomar decisións. " Imaxinar proxectos de futuro de forma realista e ambiciosa. " Criticar posturas ou defender argumentos propios " Planificar e executar o planificado. " Imaxinar como tería podido cambiar unha situación se se variara unha das causas que a

produciron. " Xerar novas e diverxentes posibilidades desde coñecementos previos dun tema. " Encontrar posibilidades no entorno que outros non aprecian. " Xestionar o traballo en grupo coordinando tarefas e tempos e contaxiando entusiasmo por esas

tarefas " Optimizar o uso de recursos materiais e persoais para a consecución de obxectivos. " Mostrar iniciativa persoal para iniciar ou promover accións novas.

E. COMPETECIA MATEMÁTICA E COMPETENCIAS BÁSICAS EN CIENCIA E TECNOLOXÍA(CMCCT)

Trátase de promover o coidado do entorno medioambiental e dos seres vivos e a vida saudable; de comprender a importancia da ciencia no día a día e de manexar elementos matemáticos. As habilidades nesta competencia serían:

" Interactuar co entorno natural de forma respectuosa, comprometéndose co uso responsable dos recursos naturais para promover un desenvolvemento sostible.

" Respectar e preservar a vida dos seres vivos do entorno " Tomar conciencia dos cambios producidos polo ser humano no entorno natural e as repercusións

cara a vida futura. " Desenvolver hábitos de vida saudable en canto á alimentación e o exercicio físico. " Recoñecer a importancia da ciencia na nosa vida cotiá. " Aplicar métodos científicos para mellorar a comprensión da realidade. " Manexar coñecementos de ciencia e tecnoloxía para solucionar problemas comprender o que

sucede no noso arredor e responder preguntas. " Coñecer e utilizar os elementos matemáticos básicos. " Comprender e interpretar a información presentada en formato gráfico. " Expresarse con propiedade nona linguaxe matemática.

Page 8: New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer,

8

F. COMPETENCIA DE CONCIENCIA E EXPRESIÓNS CULTURAIS (CCEC)

Trátase de promover no alumnado a utilización da obra de arte como fonte de información ao tempo que se promove o respecto pola herdanza cultural e do patrimonio histórico-artístico do mundo clásico e posterior, estimulándoo para a formación do seu espírito estético. As habilidades que se desenvolverían nesta competencia serían:

" Interpretar planos de monumentos antigos. " Analizar obras de arte para extraer información histórica e social. " Valorar a importancia do patrimonio cultural doutras épocas. " Análise da permanencia do pasado no presente, investigando en concreto as pegadas artísticas no

mundo clásico no entorno máis inmediato. " Interpretar o simbolismo nas obras de arte. " Adquirir un vocabulario específico. " Comparar obras de arte de distintos estilos. " Apreciar os valores culturais do patrimonio natural e da evolución do pensamento científico. " Apreciar a beleza das expresións artísticas e as manifestacións de creatividade e gusto no ámbito

cotiá. " Elaborar traballos e presentacións con sentido estético.

G. COMPETENCIAS SOCIAIS E CÍVICAS (CSC) A través do estudo da sociedade e da política no mundo antigo potenciarse mediante esta competencia as habilidades que persigan a participación activa na vida cívica e a reflexión sobre os cambios sociais. Estas habilidades serían as seguintes:

" Reflexión crítica sobre os conceptos de democracia, liberdade, solidariedade, corresponsabilidade, participación e cidadanía, con especial atención aos dereitos e deberes, tanto no pasado como no presente.

" Exercicio de diálogo. " Traballos en grupo. " Participación en debates non que se expresen as propias ideas e se escoiten as dos demais. " Utilización do xuízo moral para elixir e tomar decisións.Evidenciar preocupación polos máis

desfavorecidos e respecto aos distintos ritmos e potencialidades " Valoración dos intereses persoais e os do grupo á hora de tomar decisións. " Involucrarse ou promover accións cun fin social.

Page 9: New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer,

9 4. CONTIDOS

4.1. CONTIDOS MÍNIMOS PARA 3º DE ESO

Estes contidos serán os mínimos esixibles para que un alumno poda superar os cursos, o que non implica que nas probas regulares , loxicamente, sexan máis amplos. Serán, non obstante, os que se respecten nas probas de setembro e de pendentes. Se o departamento considera que , por algún motivo, estes contidos deben variar, terá que expoñer os cambios no taboeiro do departamento e informar a todo o alumnado con suficiente antelación.

! Cultura:

" As civilizacións grega e latina e o seu marco xeográfico. Periodización da historia de Grecia e Roma.

" Mitoloxía. Deuses e heroes. Os mitos nas artes plásticas e na literatura. " Actividades lúdicas en Grecia e Roma: as loitas de gladiadores, as carreiras de carros, os xogos

olímpicos, o teatro. " Relixión: oráculos, sacerdotes, sacrificios. O culto aos mortos. " Organización da vida cotiá: vestiario, comidas, distribución da xornada, as termas. " Arquitectura: teatro, anfiteatro, circo, as estradas, os acuedutos. A vivenda. " Sociedade: a xornada cotiá no mundo clásico. A presenza e papel da muller en Grecia e Roma. As

clases sociais e os seus conflitos. Actividades lúdicas e deportivas na Antigüidade.

! Lingua:

" Indoeuropeo, latín e linguas romances. " O alfabeto: orixe e pronunciación. Os números romanos.Pronunciación e acentuación do grego e do

latín. " Do latín ao galego e castelán: principais cambios fonéticos vocálicos e consonánticos. " Epigrafía latina. Expresións latinas de uso actual. " Formación de palabras: composición e derivación. Etimoloxías. " A influencia do latín e o grego na linguaxe tecnolóxico-científica. " Principais conceptos gramaticais do grego e do latín.

4.2. OBXECTIVOS, CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN, ÉSTANDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS CLAVE DE CADA TEMA O curso dividirase en tres unidades de tres meses de duración cada unha. Esta distribución temporal pode ser flexible dependendo da marcha do curso é das necesidades que o profesor crea convenientes. Nos contidos conceptuais, cada unidade estará dividida en dous bloques, un de cultura e outro de lingua.

Cultura Clásica. 3º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

Bloque 1. Xeografía

# f # o

# B1.1. Marco xeográfico das civilizacións grega e romana.

# B1.1. Localizar nun mapa fitos xeográficos e enclaves concretos relevantes para o coñecemento das civilizacións grega e romana.

# CCB1.1.1. Sinala sobre un mapa o marco xeográfico en que se sitúan en distintos períodos as civilizacións grega e romana, delimitando o seu ámbito de influencia, establecendo

# CMCCT # CD # CAA

Page 10: New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer,

10

Cultura Clásica. 3º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

conexións con outras culturas próximas e situando con precisión puntos xeográficos, cidades ou restos arqueolóxicos coñecidos pola súa relevancia histórica.

# f # o

# B1.1. Marco xeográfico das civilizacións grega e romana.

# B1.2. Describir os marcos xeográficos en que se desenvolven as civilizacións grega e romana ao longo da súa historia.

# CCB1.2.1. Enumera aspectos do marco xeográfico que poden ser considerados determinantes no desenvolvemento das civilizacións grega e latina, e achega exemplos para ilustrar e xustificar as súas formulacións.

# CSC # CD # CAA

Bloque 2. Historia

# e # ñ

# B2.1. Marco histórico da civilización grega: das civilizacións minoica e micénica ao mundo helenístico.

# B2.2. Marco histórico da civilización romana: Monarquía, República e Imperio.

# B2.1. Identificar, describir e explicar o marco histórico en que se desenvolven as civilizacións grega e romana.

# CCB2.1.1. Sabe enmarcar determinados feitos históricos nas civilizacións grega e romana e no período histórico correspondente, póndoos en contexto e relacionándoos con outras circunstancias contemporáneas.

# CAA # CMCCT # CD # CSC

# CCB2.2.1. Distingue con precisión as etapas da historia de Grecia e Roma, nomeando e situando no tempo os principais fitos asociados a cada unha delas.

# CSIEE # CMCCT # CD # CSC

# CCB2.2.2. Explica o proceso de transición que se produce entre as etapas da historia de Grecia e Roma, describindo as circunstancias que interveñen no paso de unhas a outras.

# CMCCT # CAA # CSC

# CCB2.2.3. Elabora eixes cronolóxicos en que se representen fitos históricos salientables, consultando ou non fontes de información.

# CD # CMCCT # CSC

# f # e # g # ñ

# B2.1. Marco histórico da civilización grega: das civilizacións minoica e micénica ao mundo helenístico.

# B2.2. Marco histórico da civilización romana: Monarquía, República e Imperio.

# B2.2. Coñecer as principais características de cada período da historia de Grecia e Roma, e saber situar nun eixe cronolóxico feitos históricos.

# CCB2.2.4. Sitúa dentro dun eixe cronolóxico o marco histórico en que se desenvolven as civilizacións grega e romana, sinalando períodos e identificando en cada un as conexións máis importantes que presentan con outras civilizacións.

# CMCCT # CD # CSC

# CCB2.3.1. Explica a romanización de Hispania e Gallaecia, describindo as súas causas e delimitando as súas fases.

# CCEC # CAA # CSC # CCL

# ñ # o

# B2.1. Marco histórico da civilización grega: das civilizacións minoica e micénica ao mundo helenístico.

# B2.2. Marco histórico da civilización romana: Monarquía, República e Imperio.

# B2.3. Coñecer as características fundamentais da romanización de Hispania e Gallaecia.

# CCB2.3.2. Enumera, explica e ilustra con exemplos os aspectos fundamentais que caracterizan o proceso da romanización de Hispania e Gallaecia, sinalando a súa influencia na historia posterior do noso país.

# CSC # CAA # CCEC # CCL

Bloque 3. Mitoloxía

# b # B3.1. O panteón grego e romano. # B3.1. Coñecer os principais deuses da mitoloxía grecolatina.

# CCB3.1.1. Pode nomear coa súa denominación grega e latina os principais deuses e heroes da mitoloxía grecolatina, sinalando os trazos que os caracterizan, os seus

# CD # CCEC # CCL

Page 11: New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer,

11

Cultura Clásica. 3º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

atributos e o seu ámbito de influencia, explicando a súa xenealoxía e establecendo as relacións entre os diferentes deuses.

# CCB3.2.1. Identifica dentro do imaxinario mítico deuses, semideuses e heroes, e explica os principais aspectos que os diferencian.

# CCEC # CD # CCL

# CCB3.2.2. Sinala semellanzas e diferenzas entre os mitos da antigüidade clásica e os pertencentes a outras culturas, comparando o seu tratamento na literatura ou na tradición relixiosa.

# CAA # CSC # CCEC # CD

# CCB3.2.3. Recoñece e ilustra con exemplos o mantemento do mítico e da figura do heroe na nosa cultura, analizando a influencia da tradición clásica neste fenómeno e sinalando as principais semellanzas e diferenzas que se observan entre ambos os tratamentos, asociándoas a outros trazos culturais propios de cada época.

# CCEC # CMCCT # CD # CSC

# e # a # b # ñ

# B3.2. Mitos grecolatinos. Os heroes. # B3.2. Coñecer os mitos e os heroes grecolatinos, e establecer semellanzas e diferenzas entre os mitos e os heroes antigos e os actuais.

# CCB3.2.4. Recoñece referencias mitolóxicas nas artes plásticas, sempre que sexan claras e sinxelas, describindo, a través do uso que se fai destas, os aspectos básicos que en cada caso se asocian á tradición grecolatina.

# CCEC # CD

# l # ñ

# B3.3. Relixión grega. # B3.3. Coñecer e comparar as características da relixiosidade e da relixión grega coas actuais.

# CCB3.3.1. Enumera e explica as principais características da relixión grega, póndoas en relación con outros aspectos básicos da cultura helénica e establecendo comparacións con manifestacións relixiosas propias doutras culturas.

# CSC # CMCCT # CCEC

# b # B3.4. Relixión romana: culto público e privado.

# B3.4. Explicar os fundamentos da relixiosidade romana e distinguir a relixión oficial das manifestacións do culto privado.

# CCB3.4.1. Distingue a relixión oficial de Roma dos cultos privados, e explica os trazos que lles son propios.

# CSC # CMCCT # CCEC

Bloque 4. Arte

# CCB4.1.1. Recoñece os trazos básicos da arte clásica nas manifestacións artísticas antigas e actuais.

# CD # CCEC

# l # b

# B4.1. Fundamentos da arte clásica. # B4.1. Coñecer as características fundamentais da arte clásica e relacionar manifestacións artísticas actuais cos seus modelos clásicos.

# CCB4.1.2. Realiza eixes cronolóxicos e sitúa neles aspectos relacionados coa arte grecolatina, asociándoos a outras manifestacións culturais ou a fitos históricos.

# CMCCT # CD # CCEC

# l # B4.2. Arquitectura en Grecia e Roma: tipos de edificios e ordes arquitectónicas.

# B4.2. Identificar as características máis salientables da arquitectura grecorromana en relación cos edificios máis singulares.

# CCB4.2.1. Recoñece as características esenciais das arquitecturas grega e romana, identificando en imaxes a orde arquitectónica á que pertencen distintos monumentos, para razoar a súa resposta.

# CCEC # CMCCT # CD

# l # B4.3. Escultura en Grecia e Roma: # B4.3. Coñecer as manifestacións escultóricas da arte grega e romana ao

# CCB4.3.1. Recoñece esculturas gregas e romanas en imaxes,

# CCEC

Page 12: New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer,

12

Cultura Clásica. 3º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

etapas, estilos e temáticas. longo da Antigüidade e identificar a súa temática.

encádraas nun período histórico e identifica nelas motivos mitolóxicos, históricos ou culturais.

# CMCCT # CD

# l # ñ

# B4.4. Enxeñería romana: obras públicas e urbanismo. Vías romanas.

# B4.4. Coñecer as creacións urbanísticas romanas, así como a súa rede viaria.

# CCB4.4.1. Describe as características, os principais elementos e a función das grandes obras públicas romanas, explicando e ilustrando con exemplos a súa importancia para o desenvolvemento do Imperio e a súa influencia en modelos urbanísticos posteriores.

# CSC # CMCCT # CD # CCEC

# e # ñ

# B4.5. Herdanza clásica no patrimonio artístico.

# B4.5. Coñecer e saber localizar os principais monumentos clásicos do patrimonio español e europeo.

# CCB4.5.1. Localiza nun mapa os principais monumentos clásicos do patrimonio español e europeo, identificando a partir de elementos concretos o seu estilo e súa cronoloxía aproximada.

# CAA # CD # CCEC # CMCCT

Bloque 5. Sociedade e vida cotiá

# a # B5.1. Organización política en Grecia e en Roma.

# B5.1. Coñecer as características das principais formas de organización política presentes no mundo clásico, e establecer semellanzas e diferenzas entre elas.

# CCB5.1.1. Nomea os principais sistemas políticos da antigüidade clásica e describe, dentro de cada un, a forma de distribución e o exercicio do poder, as institucións, o papel que estas desempeñan e os mecanismos de participación política.

# CSC # CCL

# CCB5.2.1. Describe a organización das sociedades grega e romana, explicando as características das clases sociais e os papeis asignados a cada unha, relacionando estes aspectos cos valores cívicos da época e comparándoos cos actuais.

# CSIEE # CSC # CCL

# g # h # ñ

# B5.2. Sociedade en Grecia e Roma: clases sociais.

# B5.2. Coñecer as características e a evolución das clases sociais en Grecia e Roma.

# CCB5.2.2. Describe as principais características e a evolución dos grupos que compoñen as sociedades grega e romana.

# CCL # CSC # CCL

# c # ñ

# B5.3. A familia en Grecia e Roma. # B5.3. Coñecer a composición da familia e os papeis asignados aos seus membros.

# CCB5.3.1. Identifica e explica os papeis que desempeña dentro da familia cada un dos seus membros, identificando e explicando a través deles estereotipos culturais e comparándoos cos actuais.

# CSC # CCL

# CCB5.4.1. Identifica e describe os tipos de vivenda, o modo de alimentación, os hábitos de hixiene e a vestimenta en Grecia e Roma.

# CD # CAA # CSC # CMCCT # CCL

# m # B5.4. Vida cotiá en Grecia e Roma: vivenda, hixiene, alimentación, vestimenta e traballo.

# B5.4. Coñecer os trazos máis salientables da vida cotiá en Grecia e Roma.

# CCB5.4.2. Identifica e describe formas de traballo e relaciónaas cos coñecementos científicos e técnicos da época, e explica a súa influencia no progreso da cultura occidental.

# CAA # CMCCT # CSC # CCL

# d # B5.5. Espectáculos públicos en Grecia e Roma.

# B5.5. Identificar as principais formas de lecer da antigüidade.

# CCB5.5.1. Describe as principais formas de lecer das sociedades grega e romana, analizando a súa finalidade, os grupos aos que van dirixidas e a súa función no desenvolvemento da identidade social.

# CSIEE # CAA # CSC # CCL

Page 13: New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer,

13

Cultura Clásica. 3º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

# ñ # B5.5. Os espectáculos públicos en Grecia e Roma.

# B5.6. Relacionar e establecer semellanzas e diferenzas entre as manifestacións deportivas da Grecia Clásica e as actuais.

# CCB5.6.1. Explica a orixe e a natureza dos Xogos Olímpicos, comparándoos e destacando a súa importancia con respecto a outras festividades deste tipo existentes na época, e comenta o seu mantemento no mundo moderno, establecendo semellanzas e diferenzas entre os valores culturais aos que se asocian en cada caso.

# CD # CAA # CSC # CCL

Bloque 6. Lingua e literatura

# e # B6.1. Historia da escritura. Signos e materiais.

# B6.1. Coñecer a existencia de diversos tipos de escritura, distinguilos e comprender as súas funcións.

# CCB6.1.1. Recoñece tipos de escritura, clasifícaos consonte súa natureza e a súa función, e describe os trazos que os distinguen.

# CD # CCEC # CCL

# e # B6.2. Orixe do alfabeto. O alfabeto grego e o alfabeto romano.

# B6.2. Coñecer a orixe do alfabeto e distinguir os tipos de alfabetos usados na actualidade.

# CCB6.2.1. Nomea e describe os trazos principais dos alfabetos máis utilizados no mundo occidental, diferenciándoos doutros tipos de escrituras, e explica a súa orixe.

# CAA # CCEC # CCL

# f # B6.2. Orixe do alfabeto. O alfabeto grego e o alfabeto romano.

# B6.3. Recoñecer a presenza de elementos dos alfabetos grego e latino nos alfabetos actuais.

# CCB6.3.1. Explica a influencia dos alfabetos grego e latino na formación dos alfabetos actuais, e sinala nestes últimos a presenza de determinados elementos tomados dos primeiros.

# CD # CMCCT # CCEC # CCL

# CCB6.4.1. Enumera e localiza nun mapa as principais ramas da familia das linguas indoeuropeas, sinalando os idiomas modernos que se derivan de cada unha e os aspectos lingüísticos que evidencian o seu parentesco.

# CMCCT # CD # CSC

# f # ñ # o

# B6.3. As linguas do mundo. O indoeuropeo e as súas familias lingüísticas.

# B6.4. Coñecer a orixe común das linguas indoeuropeas.

# CCB6.4.2.Describe a evolución das linguas romances a partir do latín como un proceso histórico, explicando e ilustrando con exemplos os elementos que evidencian do xeito máis visible a súa orixe común e o parentesco existente entre elas.

# CCL # CCEC

# l # ñ # o

# B6.4. As linguas romances. # B6.5. Identificar as linguas europeas romances e non romances, e localizalas nun mapa.

# CCB6.5.1. Identifica as linguas que se falan en Europa e en España, diferenciando pola súa orixe as romances e as non romances, e delimita nun mapa as zonas onde se utilizan.

# CSC # CD # CCL # CCA

# CCB6.6.1. Recoñece e explica o significado dalgúns dos helenismos e latinismos máis frecuentes utilizados no léxico das linguas faladas en España e doutras linguas modernas, e explica o seu significado a partir do termo de orixe.

# CCL # CCA

# h # ñ # o

# B6.5. Composición e derivación culta de orixe grega e latina.

# B6.6. Identificar a orixe grecolatina do léxico das linguas de España e doutras linguas modernas.

# CCB6.6.2. Explica o significado de palabras a partir da súa descomposición e da análise etimolóxica das súas partes.

# CCL # CCA

# e # ñ # o

# B6.6. Latinismos, palabras patrimoniais, cultismos e semicultismos.

# B6.7. Distinguir e identificar latinismos, cultismos, semicultismos e termos patrimoniais.

# CCB6.7.1. Identifica e diferencia con seguridade cultismos, semicultismos e termos patrimoniais, en relación co

# CCA # CCL

Page 14: New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer,

14

Cultura Clásica. 3º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

termo de orixe sen, necesidade de consultar dicionarios nin outras fontes de información.

# CCB6.7.2. Coñece o significado das principais locucións latinas de uso actual.

# CD # CCL

# CCB6.8.1. Explica os procesos de evolución dalgúns termos desde o étimo latino ata os seus respectivos derivados nas linguas romances, describindo algúns dos fenómenos fonéticos producidos e ilustrándoos con outros exemplos.

# CCL # CCA

# f # l # ñ # o

# B6.7. Principais regras de evolución fonética do latín ao galego e ao castelán.

# B6.8. Facer evolucións desde o latín ao galego e ao castelán, tendo en conta os fenómenos fonéticos.

# CCB6.8.2. Realiza evolucións do latín ao galego e ao castelán aplicando as regras fonéticas de evolución.

# CCA # CCL

# f # B6.8. Léxico grecolatino na linguaxe científica e técnica.

# B6.9. Coñecer e utilizar con propiedade terminoloxía científico-técnica de orixe grecolatina.

# CCB6.9.1. Explica a partir da súa etimoloxía termos de orixe grecolatina propios da linguaxe científico-técnica e sabe usalos con propiedade.

# CCL # CCA

# h # ñ # o

# B6.9. Presenza das linguas clásicas nas linguas modernas.

# B6.10. Constatar o influxo das linguas clásicas en linguas non derivadas delas.

# CCB6.10.1. Demostra o influxo do latín e o grego sobre as linguas modernas servíndose de exemplos para ilustrar o mantemento nestas de elementos léxicos morfolóxicos e sintácticos herdados das primeiras.

# CCL # CCA

# l # B6.10. Xéneros literarios grecolatinos: autores e obras principais.

# B6.11. Coñecer as principais características dos xéneros literarios grecolatinos e a súa influencia na literatura posterior.

# CCB6.11.1. Describe as características esenciais dos xéneros literarios grecolatinos e recoñece a súa influencia na literatura posterior.

# CCEC # CCL # CCA

# l # B6.10. Xéneros literarios grecolatinos: autores e obras principais.

# B6.12. Coñecer os fitos esenciais das literaturas grega e latina como base literaria da cultura europea e occidental.

# CCB6.12.1. Nomea aos autores máis representativos da literatura grecolatina, encádraos no seu período histórico e cita as súas obras máis coñecidas.

# CCEC # CCL

Bloque 7. Pervivencia na actualidade

# l # n # ñ

# B.7.1. Civilización grecolatina nas artes e na organización social e política actual.

# B7.1. Recoñecer a presenza da civilización clásica nas artes e na organización social e política.

# CCB7.1.1. Sinala e describe algúns aspectos básicos da cultura e a civilización grecolatina que perviviron ata a actualidade, demostrando a súa vixencia nunha e noutra época mediante exemplos.

# CCL # CAA

# l # n # ñ

# B7.2. Mitoloxía e temas lexendarios nas manifestacións artísticas actuais.

# B7.2. Coñecer a pervivencia da mitoloxía e os temas lexendarios nas manifestacións artísticas actuais.

# CCB7.2.1. Demostra a pervivencia da mitoloxía e os temas lexendarios mediante exemplos de manifestacións artísticas contemporáneas nas que están presentes estes motivos.

# CAA # CCEC

# l # ñ

# B7.3. Historia de Grecia e Roma e a súa presenza no noso país.

# B7.3. Identificar os aspectos máis importantes da historia de Grecia e Roma e a súa presenza no noso país e recoñecer as pegadas da cultura romana en diversos aspectos da civilización actual.

# CCB7.3.1. Enumera e explica algúns exemplos concretos nos que se pon de manifesto a influencia que o mundo clásico tivo na historia e as tradicións do noso país.

# CCL # CSC

# b # e

# B7.4. Traballos de investigación sobre a civilización clásica na nosa cultura.

# B7.4. Realizar traballos de investigación sobre a pervivencia da civilización clásica na contorna, utilizando as tecnoloxías da

# B7.4.1. Utiliza as tecnoloxías da información e a comunicación para recabar información e realizar traballos de investigación acerca da pervivencia

# CD # CAA

Page 15: New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer,

15

Cultura Clásica. 3º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

información e a comunicación. da civilización clásica na nosa cultura.

4.3. DISTRIBUCIÓN TEMPORAL DOS CONTIDOS

Unidade I

! Localización espazo-temporal da civilización grega e romana ! Cultura: a vida privada

# O nacemento. O nome. A familia: gens e familia. O pater familias e a matrona. O matrimonio. # A educación. Aulas. Instrumentos didácticos: táboas enceradas, plumas e tinta. Os libros: papiros e

pergamiños. O programa de estudos. Lecturas públicas e bibliotecas. A educación física. # O calendario. O sistema primitivo. Divisións do ano, do mes e do día. A reforma. As datas. # A xornada dun romano. As ocupacións. O lecer. As profesións. # As comidas. A mesa dos ricos e a dos pobres. Cando e como comían. Os banquetes. # A casa. A casa da cidade: tipos: domus, insulae et villae. Estrutura e partes. Evolución. O mobiliario.

Iluminación e calefacción. A vila rústica (villae): útiles de labrego. Os cultivos. # As termas. O baño. Os baños públicos. Estrutura e partes das termas. Termas famosas. # O vestido. Os mantos. O vestido feminino. O peiteado. Xoias e orfebrería.

! Lingua

# Do indoeuropeo ao grego e o latín. Do latín ás linguas romances. # O alfabeto. Orixe do alfabeto grego e latino. Estudo particular do alfabeto grego. # Principais prefixos e étimos gregos utilizados hoxe en distintas áreas (medicina, ciencia, lingüística,

filosofía...) Só os máis comúns. # A lingua latina. Descrición das súas categorías gramaticais. Semellanzas e diferenzas coas linguas

romances. # A formación de palabras: composición e derivación.

Unidade II ! Cultura: a vida pública.

# A relixión: Os deuses. Os sacrificios e os sacerdotes. Novas crenzas. Astroloxía. Filosofía. Relixións

orientais. O Cristianismo. Supersticións. # A cidade.Trazado dunha cidade romana. Zonas da cidade: as murallas, o foro, principais edificios

públicos. A auga nas cidades antigas: acuedutos, encoros, fontes. Un exemplo de cidade: Pompeia (historia, escavacións, principais edificios, a pintura pompeiana).

# Os espectáculos. O anfiteatro: as loitas de gladiadores, naumaquias, venationes. O teatro: os ludi scaenici. O circo: os ludi circenses.

Page 16: New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer,

16

# As viaxes. Estradas e vehículos. As vías romanas. Como viaxaban. Hóspedes e hospedaxes. Prendas de viaxe. O correo. As viaxes por mar: grandes rotas, as naves romanas, os portos.

# Mitoloxía: cosmogonía.

! Lingua

# Epigrafía latina. Frases latinas de uso actual. Etimoloxías. # Do latín ao galego e castelán: principais evolucións fonéticas das vogais: - As vogais breves tónicas en posición interior. - Evolución das vogais en sílaba final. # Toponimia de Galicia e do resto da Península

Unidade III

! Cultura: as institucións

# As clases sociais en Grecia e Roma: as clases sociais en Atenas; cidadáns romanos; escravos e libertos. Dereitos dos cidadáns: extensión dos dereitos de cidadanía.Conflitos sociais.

# A carreira política. Principais institucións e o seu funcionamento na Atenas democrática. As maxistraturas en Roma: os seus poderes, maxistrados ordinarios e extraordinarios. As asembleas e as eleccións. O Senado.

# O exército: recrutamento e composición do exército; efectivos, unidades e mandos; o campamento e a marcha; o asedio e as máquinas de guerra; a vida do soldado; a flota.

# O dereito romano: o dereito para o romano, supervivencia do dereito romano; o costume, as leis; plebiscitos, senadoconsultos e deliberacións.

# Mitoloxía: deuses e heroes. A mitoloxía na literatura, nas artes plásticas e no cine. ! Lingua

# Do latín ao galego e castelán: principais evolucións fonéticas das consoantes:

- As consoantes –s e –x en posición interior. - Evolución do –p latino en posición interior. - O –h das palabras procedentes do latín. - O –d e o –z ao final das palabras do galego e castelán procedentes do latín. - O –c e o grupo –cc de palabras galegas e castelás procedentes respectivamente dos grupos latinos –ti

e –cti. - A grafía dos fonemas palatais (ll / y) iniciais e interiores de palabras procedentes do latín. - O –j diante de –e e de –i en termos galegos e casteláns procedentes do latín. - A grafía galega e castelá do fonema velar fricativo xordo (g / j) diante de –e e –i. - Sonorización de labiais velares e das dentais en palabras patrimoniais fronte á súa conservación nas

palabras cultas. - Etimoloxías e expresións latinas de uso actual.Cultismos e tecnicismos das ciencias histórico-sociais

e físico-matemáticas - Xeneralidades da flexión nominal e verbal do grego e do latín.

4.4.Contidos procedementais.

" Lectura de textos clásicos motivadores e de interese acerca dos contidos conceptuais propostos. " Recoñecemento do vocabulario greco- latino, con explicación previa da súa evolución posterior,

relacionado co temario.

Page 17: New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer,

17

" Comparación entre a vida privada, a vida pública e as institucións clásicas e as da actualidade: semellanzas e diferenzas.

" Visualización de diapositivas, transparencias e vídeos que completen e axuden a comprender os contidos.

" Utilización de planos de Roma, Pompeia e de plantas de edificios. Utilización de mapas das redes viarias.

" Identificación dos fenómenos astronómicos nos que se basea o calendario 4.5. Contidos actitudinais.

" Curiosidade por coñecer a pervivencia da cultura clásica nas manifestacións da cultura occidental. " Respecto polo patrimonio do pasado. " Interese pola lectura dos textos clásicos como medio de aproximación á nosa cultura. " Reforzo da propia identidade cultural latina que nos asemella e nos une a outros países europeos. " Interese e respecto por todas as culturas e linguas que delimitan e dan contido ao concepto de

“Europa”. " Interese e respecto pola democracia e as súas institucións.

5. METODOLOXÍA Neste apartado as liñas xerais veñen marcadas polo exposto nos contidos procedementais. En principio tratarase de que o alumnado participe activamente no proceso de aprendizaxe, sendo o profesor o guía e o referente de consulta, de aí que as actividades que se programen na aula teñen que ser dinámicas e altamente participativas. Utilizarase o libro Cultura Clásica da editorial Santillana, para Terceiro e Cultura Clásica (edición Galicia) de Anaya para Cuarto como textos de cabeceira. O cambio de libro de texto en Cuarto débese a que este ano a materia ten que impartirse en galego neste curso pero non supón cambios significativos no desenvolvemento global da materia. Estes libros non serán máis que un apoio de referencia e consulta para o alumnado e o seu deseño non se ten porque cumprir estritamente. No caso que o departamento decidise cambiar o libro de texto, o alumnado será informado coa suficiente antelación. Basicamente o traballo na aula, individual ou colectivo, será a base para a adquisición de coñecementos, para isto o profesor contará co material de apoio seguinte: - Libros de lectura, ben de autores clásicos, ben doutros autores. Cremos que a lectura de textos e o seu comentario é se suma importancia para entender o mundo clásico. Os textos serán sempre contextualizados previamente e o seu contido non ha de ter moitas complicacións. - Vídeos ou DVDs de películas ou documentais referidos ao mundo clásico. Sobre todo en determinados temas (vivenda, construción de pontes, estradas, murallas, edificios públicos...) as imaxes audiovisuais son moi necesarias para a comprensión dos contidos. As películas, por suposto comentadas, tamén axudan a reter determinados conceptos e a provocar un debate participativo na aula. - Traballo con diapositivas. O departamento posúe unha colección de diapositivas nas que se explica a mitoloxía a través das súas manifestacións artísticas, greco-latinas ou non. O traballo con elas é, polo tanto, moi útil non só para comprender o mundo dos deuses e heroes senón tamén para valorar a súa importancia dentro do mundo das artes. - Traballo sobre mapas. Importante para situar con precisión do marco da cultura grecolatina - Xogos (encrucillados, sopas de letras, oca...) referidos á cultura clásica e disponibles no departamento. Estes xogos son beneficiosos non só para a adquisición e afirmación dos coñecementos, senón tamén para fomentar a participación. - Consultas guiadas en internet. - Saídas a lugares onde queden pegadas da cultura clásica para obter in situ información de primeira man. Por sorte as viaxes non teñen que ser moi longas xa que os temos en moitos puntos da comunidade, e incluso no contorno do propio instituto.

Page 18: New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer,

18 Como se poder ver a metodoloxía aplicada vai encamiñada á adquisición de coñecementos desde un punto de vista crítico e tamén a fomentar a participación. Todas as actividades poden facerse de modo individual, en grupos de traballo ou a nivel colectivo. Obviamente o profesor e quen de valorar a rendibilidade dos métodos de aprendizaxe e cambialos ou innovalos cando o considere oportuno.

6. AVALIACIÓN

6.1. CRITERIOS XERAIS A avaliación irá enfocada cara dúas direccións: - Avaliación cara ao alumnado: valorar se os alumnos e alumnas conseguiron cumprir os obxectivos prefixados - Avaliación cara ao proceso ensinanza- aprendizaxe: valorar se este proceso é o adecuado segundo os

resultados, para poder modificalo se fose necesario. O proceso avaliativo terá tres puntos de referencia en cada unha das unidades:

1. Avaliación diagnóstica. Farase ao comezo de cada un dos tres ciclos avaliativos e proporcionará a información necesaria sobre o rendemento do proceso. Mentres que no segundo e terceiro ciclo axudará ao profesor a verificar o rendemento do alumnado e do proceso ensinanza-aprendizaxe para tomar as medidas oportunas se fose necesario (exercicios de reforzo, cambios na metodoloxía...), no primeiro servirá para sondar o nivel escolar (coñecementos, expresión oral e escrita, situación social e familiar...) de cada alumno e alumna en particular e do grupo en xeral. Trátase de que todo o alumnado parta dun nivel semellante para garantir o éxito individual e colectivo. 2. Avaliación formativa. Controlará, partindo da base da avaliación diagnóstica previa, o rendemento do alumnado e de todas as partes do proceso ensinanza-aprendizaxe (contidos,competencias curriculares, metodoloxía, avaliación ) para poder modificalo se se considera oportuno. A avaliación formativa implica un seguimento individual de cada alumno (comportamento na aula, participación, interese, probas de coñecementos específicas..) e tamén un seguimento do grupo. A súa función consiste en favorecer o éxito do proceso por medio das adaptacións curriculares oportunas, ben sexa a nivel individual ou colectivo. Como os grupos de Cultura Clásica non soen ser numerosos, é bastante doado facer un seguimento individualizado na aula sen necesidade de clases de reforzo que, por outra banda, non temos oficialmente. A avaliación é continua o que implica que os contidos xa aprendidos servirán de base para a sistematización dos novos, de aí que é importante conseguir os requisitos mínimos en cada ciclo avaliativo. 3. Avaliación sumativa. Partindo da base das outras dúas avaliacións, outorgarase a cada alumno e alumna unha cualificación que reflicta o seu grao de coñecemento segundo o nivel esixido para cada un dos ciclos avaliativos. Os criterios da avaliación sumativa especificaranse máis adiante no apartado 5.3. (avaliación dos contidos) e terán en conta a valoración tanto dos contidos conceptuais como os procedementais e actitudinais e as competencias clave.

Page 19: New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer,

19 6.2. CRITERIOS ESPECÍFICOS A avaliación, terá en conta, ademais das probas concretas, as actividades realizadas polo alumnado na clase e os seus progresos ao longo de todo o curso, baseándose na rigorosa observación por parte do profesorado e nas anotacións efectuadas no rexistro persoal de cada un. Será conveniente, ao rematar cada unidade, a realización dun test de preguntas que sirva tanto para controlar como para recapitular os coñecementos adquiridos. Os criterios específicos de avaliación para cada estándar de aprendizaxe xa están detallados no cadro do apartado 4.2. En xeral a valoración de cada estándar (coñecemento e aplicación de contidos, e competencias clave) suporá un 80% da nota final, valorando de 1 a 8 o grao de de adquisición de cada un deles. O 20% restante será a valoración dos contidos procedimentais e actitudinais que abaixo se detallan máis adiante.

.

6.3. AVALIACIÓN DOS CONTIDOS Os criterios de avaliación dos contidos (conceptuais, procedementais e actitudinais) e os das competencias curriculares non diferirán dun curso a outro; o que sí variarán serán o nivel e contidos das cuestións das probas para valorar o grao de coñecemento do alumnado. Estas cuestións e o seu grado de dificultade dependerán do exposto na periodización dos contidos para cada un dos cursos no apartado anterior. A avaliación dos contidos actitudinais e procedementais, e das competencias curriculares tamén seguirá os mesmos criterios xerais para ambos os dous cursos e basearase tamén nos expostos para cada un dos cursos no apartado anterior.

6.3.1 Avaliación dos contidos conceptuais.

Farase mediante probas individuais e seguindo os criterios específicos sinalados. En ditas probas formularanse preguntas xerais no que o alumno deberá expoñer un tema máis ou menos amplo, preguntas máis específicas sobre cuestións que é necesario memorizar e algún comentario de texto. Trátase non só de ver o nivel de coñecemento senón tamén a capacidade expresiva que determina en boa parte a comprensión ou non dos conceptos adquiridos. Poderanse inserir outro tipo de preguntas, todas elas, non obstante, adecuadas ao nivel respectivo e non moi diferentes as actividades realizadas na aula. O número de preguntas será as que o profesor decida e o seu valor cuantitativo dependerá da entidade das mesmas. Considerarase que un alumno ou alumna superou a materia cando se vexa que manexa con soltura os contidos mínimos especificados para cada curso.

6.3.2. Avaliación dos contidos procedementais. A avaliación dos contidos procedementais será moi útil non só para cualificar ao alumnado senón tamén para que o profesor valore a efectividade dos medios metodolóxicos utilizados, e os varíe se o considera necesario para facilitar a consecución dos obxectivos determinados para cada unidade e para cada curso. Neste apartado valorarase, tamén, a relación da materia coas outras areas e, en certa medida, a aplicación das competencias currclaves. Os criterios de avaliación serán os seguintes:

" Valorar o grao de aceptación e efectividade dos criterios metodolóxicos. " Valorar a participación do alumnado nas actividades da aula e o seu grao de compromiso con elas. " Valorar o grao de coñecementos por medio de exercicios como o comentario de textos, de vídeos ou

diapositivas. Estes exercicios permitirán tamén coñecer até que punto o alumnado vai mellorando o seu nivel de expresión na lingua propia.

" Valorar o grao de motivación, individual e colectiva, do alumnado con respecto ás actividades programadas.

" Valorar, por medio de exercicios ad hoc, a consciencia por parte do alumnado da relación da cultura clásica coas outras materias do currículo, no plano cultural e lingüístico.

Page 20: New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer,

20

6.3.3. Avaliación dos contidos actitudinais. Neste apartado, entrará tamén, pola súa interrelación, a avaliación dos contidos transversais e a das competencias claves. O medio para posibilitar estas valoracións, aparte dos exercicios e actividades pertinentes, será a observación diaria do alumnado na clase e os comentarios que realicen sobre determinados temas. Os criterios serán os seguintes:

" Valorar nivel de comportamento e respecto do alumnos e alumnas cara o resto dos compañeiros, o profesor e a propia materia.

" Valorar o seu grao de interese por medio das súas preguntas, comentarios... " Valorar o seu grao de respecto polas distintas culturas, linguas, razas e sexos. " Valorar o seu compromiso coa democracia, tanto a nivel xeral como na propia aula. " Valorar o grao de participación e implicación tanto nas actividades da aula como nas que se realicen fóra

dela. A avaliación dos contidos procedementais e actitudinais poderá repercutir na nota final, positiva ou negativamente, até un máximo de dous puntos.

6.4 AVALIACIÓN DAS COMPETENCIAS CLAVE

A avaliación das competencias básicas está practicamente recollida nos tres apartados anteriores aínda que se pode especificar un pouco máis.

Comunicación lingüística " Valorar se o feito de estudar a lingua latina e grega nos seus aspectos básicos supuxo para o

alumnado unha mellora no uso do galego e o castelán así como un enriquecemento do seu vocabulario en ditas linguas.

" Valorar se o alumnado e capaz de aplicar os contidos adquiridos para a comprensión e tradución de textos latinos sinxelos.

" Valorar se o alumnado comprende e respecta , tras o estudo do latín, a importancia das linguas como vehículo de expresión cultural dos pobos.

Competencia dixital

" Valorar se o alumnado sabe utilizar fontes primarias e secundarias para conseguir información sobre

os temas tratados. " Valorar se o alumnado sabe aplicar técnicas de síntese, a identificación de palabras clave e a

distinción entre ideas principais e secundarias. " Valorar se o alumnado sabe utilizar as novas tecnoloxías para a busca de información.

Competencias sociais e cívicas

" Valorar se o alumnado comprende a historia de Roma e de Grecia e a súa influencia na posteridade e,

tamén, se comprende o valor da democracia fronte a réximes totalitarios. " Valorar se o alumnado comprende a necesidade e importancia da igualdade de sexos, respecta as

distintas opcións sexuais e rexeita a discriminación racial. " Valorar se o alumnado comprende e valora a importancia dos distintos traballos ou oficios para o bo

funcionamento da sociedade. " Valorar se o alumnado e capaz de entender e comparar a vida cotiá e as diversións no mundo clásico

coas actuais. " Valorar se o alumnado comprende que o diálogo e sempre mellor que a violencia.

Page 21: New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer,

21

" Valorar se o alumnado asimilou os cambios políticos e sociais ao longo da historia de Roma e, tras comparalos coa situación actual, xulgalos de forma crítica.

" Valorar se alumnado comprendeu o concepto de “ocio” a través do seu estudio na Antigüidade Clásica.

" Valorar se o alumnado comprendeu a importancia do estudio do vocabulario e da gramática como vehículo de comunicación na sociedade.

" Valorar se o alumnado asimilou os avances en igualdade (de sexos, clases e razas) desde o mundo antigo até a actualidade.

Competencias de aprender a aprender e de sentido de iniciativa e espírito emprendedor

" Valorar se o alumnado adquiriu destrezas para organizar a súa aprendizaxe e se, por medio desas

destrezas, logra unha maior autonomía persoal para afrontar a aprendizaxe por se mesmo. " Valorar se o estudo do vocabulario greco-latino e das etimoloxías serven para que o alumnado gañe

destreza no uso do galego e castelán e, polo tanto, unha maior seguridade en se mesmo e unha maior autonomía persoal.

" Valorar se o alumnado sabe utilizar os coñecementos adquiridos para formar opinións críticas sobre distintos temas.

Competencias de conciencia y expresiones culturais

" Valorar se o alumnado sabe situar no tempo e no espazo a civilización greco-latina e os personaxes

relevantes estudados no curso, " Valorar se o alumnado sabe situar no tempo e no espazo as distintas provincias de Hispania e as

pegadas máis importantes (vías de comunicación, edificios...) que se conservan hoxe en día. " Valorar se o alumnado comprende, recoñece e asimila a pervivencia na actualidade do legado artístico

greco-latino " Valorar se o alumnado comprende as lendas e a mitoloxía romana e o seu legado na cultura artística e

literaria posterior. " Valorar se o alumnado comprende a iconografía dos distintos mitos tratados no curso ao longo das

súas representacións artísticas. " Valorar se o alumnado descubre e respecta o patrimonio cultural clásico nas distintas provincias de

Hispania. " Valorar se o alumnado mellorou o seu vocabulario referido as artes con termos procedentes do latín e

grego.

Competencia matemática y competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

" Valorar se o alumnado asimilou a importancia dos avances no campo das matemáticas da ciencia e da tecnoloxía producidos tanto na civilización grega como na latina.

" Valorar se o alumnado e capaz de descubrir e comprender a importancia da influencia deses avances na actualidade.

" Valorar se o alumnado recoñece a vixencia e importancia na actualidade da lingua latina e grega nos ámbitos científico-tecnolóxico e matemático.

" Valorar se o alumnado mellorou o seu vocabulario referido e eses ámbitos con termos procedentes do latín e grego.

Obviamente, a avaliación das competencias farase ao longo de cada unidade e segundo as traballadas en cada unha delas, xa especificadas. Para facelo, o docente apoiarase nas actividades e probas xa indicadas, nos apartados de metodoloxía e avaliación, pero tamén utilizará textos, vídeos, traballos no PC ou outros materiais non necesariamente vinculados ao mundo clásico, pero que lle podan servir para valorar que os coñecementos da cultura e a lingua latinas adquiridos foron útiles para a mellora de ditas competencias

Page 22: New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer,

22 6.5. AVALIACIÓN DE SETEMBRO A proba de sembro basearáse nos contidos mínimos e as cuestións non diferirán das preguntadas nos exames ordinarios do curso. En principio o exame constará de cinco preguntas cun valor cuantitativo de dous puntos cada unha, aínda que este modelo pode variar e o valor cuantitativo dependerá sempre da entidade das cuestións, non superando, non obstante, un máximo de tres puntos e un mínimo de un por pregunta. O Departamento dará información sobre os contidos mínimos avaliables e os criterios de avaliación e axudará ao alumnado que o solicite a preparar a materia, ofrecéndolle os recursos necesarios e resolvendo calquera dúbida que se lle presente. Criterios de avaliación

Non difiren dos aplicados no curso ordinario. Especificamente son os seguintes:

" Situar no tempo e no espazo as civilizacións grega e latina. Recoñecer os principais centros políticos e culturais.

" Identificar os principais deuses e heroes da mitoloxía clásica e as súas actuacións máis representativas. Pegadas da mitoloxía antiga na cultura de hoxe.

" Coñecer as distintas actividades lúdicas, culturais e deportivas coas que pasaban o tempo de lecer no mundo clásico; comparalas coas actuais.

" Comparar as vida cotiá dos antigos gregos e romanos coa actual. " Recoñecer os principais restos arquitectónicos do mundo antigo. Identificar as principais construcións

romanas de Galiza e España.

6.6 Alumnos que desexen cambiar de optativa durante o curso Aos alumnos que desexen cambiar de optativa xa iniciado o curso escolar e cursar Cultura Clásica, se lles proporcionará o material didáctico adecuado e se lles prestará a atención necesaria para que podan acadar o nivel do resto de compañeiros o antes posible. Queda ao criterio do profesor a posibilidade de realizar unha proba de nivel para certificar se o alumnado acadou os obxectivos correspondentes. 7.Plan de reforzo Se algún alumno non logra acadar os obxectivos , o profesor poderá modificar calquera dos elementos (obxectivos, contidos, metodoloxía ou criterios de avaliación) desta programación didáctica para dar resposta as diferentes necesidades educativas dos alumnos e das alumnas, sempre de acordo coa orde da Consellería de Educación do 6 de outubro de 1999 pola que se regulan as adaptacións do currículo nas ensinanzas de réxime xeral. Esta adaptación terá que ser, en todo caso, individualizada, tendo en conta non só a capacidade do alumno ou a súa puntual inadaptación a algún dos elementos do currículo, senón tamén o seu entorno familiar e social. As medidas de reforzo teñen que ser pois individualizadas e diversas (poden ser exercicios, lecturas, redacción, comentarios, exposicións orais...) dependendo das necesidades de cada alumno e, sobre todo, atendendo ás competencias clave que o alumno en cuestión non logre acadar.

8. Atención á diversidade Neste apartado o Departamento se compromete a seguir as directrices marcadas para cada caso en colaboración co titor/a do grupo e o Gabinete de Orientación do Centro.

Page 23: New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer,

23 9.Alumnos repetidores Neste apartado o Departamento considera que se poden dar tres situacións: -Que o alumno repetidor afronte o curso cunha actitude máis positiva que o anterior e supere a materia con normalidade. -Que o alumno repetidor afronte o curso con actitude positiva pero que non logre acadar o nivel esperado. Entón aplicaránselle as medidas de reforzo indicadas no apartado 7. - Que o alumno repetidor non afronte o curso con actitude positiva por diferentes motivos. Entón o profesor seguirá as directrices marcadas para cada caso en colaboración co titor/a do grupo e o Gabinete de Orientación do Centro.

10. Outras actividades do Departamento

10.1. Plan Lector O Departamento decidiu colaborar co Plan Lector do Centro propoñendo as seguintes lecturas que serán seleccionadas segundo o nivel do curso: - Textos breves relacionados coa mitoloxía. - Fragmentos da novela de Eduardo Mendoza Pomponio Flato.

- Fragmentos do libro Última Lexión. - Selección das Fábulas de Fedro e dos Epigramas de Marcial - Gabinete de curiosidades romanas, de J.C.McKeown (ed.Crítica). Enlaces: http://www.culturaclasica.com/ http://www.luduslitterarius.net/ http://www.iesfuente.org/departamentos/latin/index.htm http://www.chironweb.org/wiki/index.php/Portada http://recursos.cnice.mec.es/latingriego/Palladium/_comun/esmapa.php# http://www.aplicaciones.info/latin/lagrama.htm http://platea.pntic.mec.es/anilo/mitos/00indice.htm

Os textos serán escollidos pola súa temática (relacionados con cuestións do mundo clásico como a mitoloxía ou vida cotiá), polos seu enfoque acerca de temas éticos ou relixiosos e pola súa amenidade, procurando alternar a prosa e verso e os distintos xéneros literarios. Para traballar sobre eles seguirase o modelo que nos proporcionarán os responsables do Plan Lector.

Page 24: New Prog. CuCa.3º ESO 2019-2020 · 2019. 11. 25. · PLAN DE REFORZO ... literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer,

24 10.2. Excursións e outras actividades extraescolares Como case todos os anos o Departamento ten pensado facer unha excursión a Lugo con motivo do festival de teatro clásico, viaxe que se aproveitará para ver as pegadas romanas da cidade. As demais actividades iranse facendo segundo a oferta e as posibilidades do Departamento e do Centro.

Ferrol, 1 de outubro de 2019

Os membros do Departamento Asdo. Ana Vizoso Benavente Asdo. Carlos Ovidio Rivera Rodríguez Xefe de Departamento