Nieves Fariza Alonso
-
Upload
miirlopeez -
Category
Education
-
view
47 -
download
2
Transcript of Nieves Fariza Alonso
1
LINGUA E LITERATURA
Luns, 23 de febreiro de 2015
Nieves Fariza Alonso
2
Táboa de contido
Luns, 23 de febreiro de 2015
Páx. 3, 4 e 5 → BIOGRAFÍA
Páx. 6 → HOMENAXE
Páx. 7 → BIBLIOGRAFÍA
3
Biografía
Nieves Fariza, en plena posguerra, rachou dun xeito rotundo e
decididamente revolucionario cos estereotipos sexistas, traspasando a
barreira que delimita o público do privado e superando simultaneamente
as limitacións propias da época en que lle tocou vivir. Configurouse como
unha auténtica pioneira na loita pola igualdade.
Boa mostra do seu comportamento precoz e transgresor atopámolo na
súa etapa de mestra por terras de Celanova, cando non dubidou en
amosar a súa oposición á Igrexa católica negándose a impartir clases de
relixión. Deste peculiar xeito de posicionarse derivaría a súa persecución e
condena a morte e, con elas, a necesidade de emprender a vía da fuxida e
o acubillo, non sen antes esquivar á Falange. Para isto fixo uso dunha
estratexia combinada de valor e enxeño que, paradoxalmente, a levaría a
implorar axuda para salvar a vida do seu fillo pequeno aos mesmos que a
buscaban para pórlle fin á súa propia existencia.
Posteriormente volvería experimentar este mesmo tipo de actitudes
inflexibles cando (rebelándose contra a inxustiza inherente á explotación
dos operarios do ferrocarril e, por conseguinte, contra as miserables
condicións en que se vían obrigados a sobrevivir coas súas familias) se
ergueu resolta contra os representantes das elites empresariais e políticas
da capital. Da súa poderosa dialéctica derivaría unha sensible mellora nas
condicións salariais dos obreiros ao lograr que se lles aboase o
desprazamento ata os seus postos de traballo. Gaña deste xeito o
sobrenome de «A dos quilómetros».
Luns, 23 de febreiro de 2015
4
A este cualificativo engadiríaselle tamén o de «A desenterramortos», de
resultas do seu enfrontamento cos empresarios de MZOV para esixirlles o
pago de pensións dignas ás viúvas dos carrilanos que, afectados pola
silicose (o mesmo que lle acontecera ao seu marido), carecían de
seguridade social.
Este último alcume ilustra graficamente o labor de convencemento que
tivo que desenvolver con aquelas mulleres para que permitisen exhumar
os cadáveres dos que foran os seus compañeiros e realizarlles a autopsia,
único xeito que tiñan de reclamar a correspondente pensión, unha vez
diagnosticado o seu falecemento polo «mal da vía» e que este foi
admitido como doenza profesional.
Novamente o seu acto de rebeldía convértea en obxecto de persecución
polos mesmos empresarios que se viran na obriga de compensar ás
viúvas, os cales non dubidan en denunciala por exercer de laboralista sen
estar en posesión do título e mandala á cadea. Foi esta unha etapa
particularmente dura na que, de entre todos os avogados aos que vai
recorrer a súa filla Marisa na procura de axuda, só o ourensán Luis Pérez
Colemán accederá a representala diante dos tribunais.
Recuperada a súa liberdade, Nieves encargarase de obter a titulación
requirida para evitar novas represións e, asociándose co que fora o seu
defensor, abrirá na rúa do Paseo de Ourense un consultorio social en cuxa
denominación queda recollida a súa actitude vital e profesional:
«Adelante».
Luns, 23 de febreiro de 2015
5
O bufete habería ter continuidade unha vez rematadas as obras do
ferrocarril nas sucesivas sucursais que se foron abrindo posteriormente en
diversos puntos de Galicia, na conca mineira asturleonesa (de onde
derivaría o sobrenome de «A Pasionaria Branca») e incluso na capital do
Estado.
A loita de Nieves, que non a súa pegada, só se viu freada pola morte,
acontecida en 1975.
Luns, 23 de febreiro de 2015
6
Homenaxe
En marzo de 2008, tivo lugar un homenaxe organizado pola Concellalía de
Igualdade, Xuventude e Voluntario do Concello de Ourense, en
colaboración con Carrileiros e Foula. O acto celebrouse no parque de San
Francisco, situada encima dun túnel. No que asistiron representantes do
Concello, de Carrileiros de Foula, Agromadas, Algaravía e os familiares de
Nieves, entre os que se encontraba o seu fillo Jose Emilio Martinez Fariza.
Bibliografía
Luns, 23 de febreiro de 2015
7
Internet:
www.culturagalega.org
www.Iespugaramon.com
www.carrileiros.com
www.mulleresourensas.blogspot.com.es
www.ctsfariza.es
Luns, 23 de febreiro de 2015