Noite de defuntos

12
NOITE DE DEFUNTOS

Transcript of Noite de defuntos

Page 1: Noite de defuntos

NOITE DE DEFUNTOS

Page 2: Noite de defuntos

A S O R IX E S C E L T A SO 1 de novembro, os celtas celebraban o samahaim, festa que daba inicio ao inverno e, con el a un novo ciclo vital. Nesta época, a comunicación co mundo dos espíritos era moito máis próxima e, para os celtas, representaba unha concentración dos poderes sagrados. Nos seus mitos este era o momento no que se produciran os grandes acontecementos cósmicos, e cando tiñan lugar as grandes cerimonias e rituais que recordaban a orixe do mundo. Nesta festa, que coincidía co final das colleitas do verán, calmábanse con comida, bromas e agasallos os poderes do outro mundo e propiciaban unha abundancia de colleitas para o vindeiro.

J. de Vries, La religion des Celtes

Page 3: Noite de defuntos

A s s a t u r n a is r o m a n a s

Tamén ao comezo de Novembro “cando a terra se fecunda coa sementes que se derraman sobre ela” (Ovidio, Les fastes, lib. I, vv. 657-664 ), celebraban os romanos as festas na honra de Saturno (deus do averno e os espíritos. Nese momento o mundo dos espíritos abríase e as almas accedían a este mundo. Para calma a súa fame depositábanse pratos de comida sobre as tumbas.

Page 4: Noite de defuntos

O CRISTIANISMO

No ano 998, San Odilon, abade do Mosteiro de Cluny, no sur de Francia, instaurou para o día 2 de novembro, a festividade de Tódolos Fieis Defuntos na orde benedictina. No século XIV Roma aceptouno e extendeuno a toda a cristiandade.

Page 5: Noite de defuntos

A A CULTURA GALEGAEGA

O campesiño galego nega que a morte sexa o fin. Cre que vivirá eternamente no Alén e cre nun tránsito ininterrompido, sen rupturas, entre esta vida e a outra (MARIÑO FERRO:439).

O imaxinario popular non dubida de que as ánimas dos mortos ós que aínda lles quedou algo pendente por facer ou algunha pena que expiar seguen presentes entre os vivos. Entre outras actuacións xa se mencionou que viñan para advertir da morte dun conveciño, pero fan máis. Hainas que buscan axuda para restaurar algún dano que causaran en vida, ou para insistir ante os seus familiares que cumpran as mandas que deixaron ó morreren..

Page 6: Noite de defuntos

A víspera do día de defuntos a ánimas que vagan polo mundo (Compaña) poden entrar á Igrexa, stio reservado para os vivos. Esa noite a Igrexa permanece aberta en moitas parroquias de Galicia

A noite de defuntos é o momento do ano en que o inframundo da morte e o mundo dos vivos están tan preto que a comunicación cos mortos é posible.

Page 7: Noite de defuntos

Cabazas iluminadas e caveiras, sitúanse ás portas das casas para afastar e asustar aos espíritus que se achegan ao mundo dos vivos. Én xeral para protexer as casas e vila.As bromas, cancións e sustos que son típicos desta celebración (usualmente entre os nenos) son un rito de familiarización coa morte como una consecuencia natural da vida.

O ritual de usar cabazas ocas, ten a súa orixe nas caveiras ocas dos enimigos que se usaban para espantar o medo á morte, manifestando así o valor e o poder sobre a mesma morte e aos propios inimigos do castro. Na zona de Quiroga, sécase a cabaza esculpida en "Defuntos" para usala como máscara en entroido

Page 8: Noite de defuntos

O lume deixase prendido toda a noite e a mesa posta, para que os defuntos que se achegan á casa comas e repousen se facer dano aos vivos.

A tradición manda enender esta noite o primeiro lume do ano, que xa non deixará de arder ata a vindeira estación. A tradición xunta esta primeira fogueira do ano, coa fogueira que se fai no solsticio de inverno, cando o Sol comeza de novo a medrar. Desta forma símbolizase o período “morto” da natureza, que agarda con esperanza a vida dunha nova resurrección da vida na primaveira. Os magostos están vinculados a este ritual. Este costume ten relación coas festas de purificacion do lume como o Imbloc celta.

Page 9: Noite de defuntos

¡O defunto vai na igrexa,a muller queda apenada,vamos bebendo e comendo, con chorar non se fai nada.

A comida ten unha importancia fundamental en todas as celebracións nas que se festexa o triunfo ou reivindicación da vida fronte á morte. Neste día a comida compártese cos mortos e cos vivos. De día cómense froitos ou preparacións que simbolizan as almas dos mortos, antepasados aos que aceptamos (catañas, osos de defuntos, doces con forma de caveira…) De noite a mesa é para os defuntos aos que se lles deixa comida, auga e luz como símobolo de ofrenda en lugar da vida que deixaron.

As castañas e outros froitos secos, formaron parte da alimentación dos pobos castreños como fonte de enerxía e vitaminas durante o período invernal, cando menos ata o século XVII coa introducción do millo e a pataca.

Page 10: Noite de defuntos

• Os encargados da conservación da capela das ánimas levaban para as almas en pena, castañas asadas.

• Alguns magostos facíanse nos cemiterios, nos cruces de camiños, e outros lugares relacionados cos mortos.

Xa sopra o vento¡chegou o momento!Cun amplo sorrisoRegaña o ourizoVen Santos chuviosoCon moitos magostos¡As ricas castañasquentiñas asadas!- - -Co negro tizón¡vaia diversión!Tiznareiche a cara¡despois a lavala!

• Existía a crenza de que as las ánimas baixaban a quentarse ao carón do lume do magosto.

• Cada castaña que se comía era un alma en pena que deixaba de vagar polo mundo.

Page 11: Noite de defuntos

O magosto (asado tradicional de castañas compartido comunalmente) realizaba dúas funcións fundamentais: a comunión da comunidade coa natureza nunha época do ano en que o mundo da vida e da morte estaban moi próximos, e un tempo de excepción que permitía (do mesmo xeito que as festas da primavera) a transgresións da normas ríxidas do “tempo social”. Os magostos, que se realizaban nos montes, permitían aos mozos certas liberdades que durante a vida cotiá non se tiñan. A bebida, as bromas, os escarceos sexuais, e todo aquello que reivindicaba a vida eran o centro da festa. Os mozos e mozas tiznaban a cara para camuflarse co entorno natural, de forma análogo a como se fai no entroido.

Durante os magostos, os vivos invaden o espazo salvaxe dos mortos, do mesmo xeito que os mortos poden invadir o espazo dos vivos durante a noite de defuntos.

Page 12: Noite de defuntos

O costume das cabazas e o culto á morte en Galicia, semellase ás tradicións irlandesas. Foi desde Irlanda que eses costumes se trasladaron a Norteamérica gracias aos emigrantes irlandeses de finais so século XIX e principios do XX. Nos EE.UU. esta festividade, que se celebra co nome de Halloween, adquire actualmente un sentido estrictamente comercial e carnavalesco, en ocasións vinculado a aspectos escuros e malignos que non estaban presentes nas tradicións orixinais.

All Hallows' Eve[