Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con...

44

Transcript of Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con...

Page 1: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se
Page 2: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se
Page 3: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

Non fagas tratoco maltrato

PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓNSOBRE O MALTRATO ENTRE IGUAIS

Page 4: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se
Page 5: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

1 As relacións entre iguais ..................... 5

2 ¿Que é o maltratar? ............................. 7

3 ¿Como recoñecer… ........................... 15

… se está sendo unhapersoa maltratada? ............................ 15

… se es ti a persoa que maltrata? ..... 18

… se es ti unha persoaespectadora do maltrato? .................. 21

4 Aprende a protexerte ......................... 23

Desenvolve habilidades sociais ......... 24

Practica os valores positivos ............. 25

Fomenta a autoprotección ................ 26

5 Atrevete a denunciar o maltrato: ....... 27

Diferenza entre segredos bos esegredos malos ................................. 27

¿Que é ser unha persoa “chivata”? ... 33

Habilidades de pescuda de axuda ..... 36

Índice

Page 6: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se
Page 7: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

5

As relacións entre iguais son as que se establecencoas persoas da mesma aula, do mesmo centro ede idades similares. Teñen unha grande importanciano proceso de desenvolvemento persoal e social.

Poucas veces nos paramos a pensar o que supónpara nós como persoas, ter amigos e amigas,compañeiros e compañeiras. Compartir segredos,ter as mesmas afeccións, axudármonos,prestármonos cousas, comprobar que te valoran ete queren… axuda a sentirse ben e a desfrutardesa relación.

Non obstante, non sempre as relacións cos demaisson doadas, senón que, ás veces, están cheas deconflitos. Pódense dar casos nos que te atopes con

As relaciónsentre iguais 1

Page 8: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

situacións prexudiciais. En determinados momentospodes sentirte intimidado ou maltratado por algunhapersoa coa que convives na aula, no centro ou encalquera outro lugar. É un tipo de violencia difícil dedetectar para quen non a padece e complicada dedemostrar, que permanece oculta para as persoasadultas e que condiciona de forma importante asrelacións cos teus iguais.

Nas páxinas que seguen ofrecémosche algunhaspistas para que poidas identificar as situaciónsde maltrato, así como para que saibas que faceren caso de que as padezas, as vexas ouparticipes nelas.

6

Page 9: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

7

Debes saber que o maltrato entre iguais consisteen que un alumno, unha alumna ou un grupodeles ataca, amola, molesta… a outro compañeiroou compañeira unha e outra vez, de maneirareiterada, con intención consciente de causarlledano ou medo, aproveitándose do desequilibriode forza entre eles e tratando de que as persoasque poden axudar a vítima non se dean de conta.Normalmente, nestes casos de maltrato, a vítimanon provoca ao agresor ou agresora, e non podeou non sabe defenderse, porque se sente débilfísica e moralmente.

¿Que é maltratar? 2

Page 10: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

8

Situaciónde maltrato

Conduta agresivacon intención defacer dano

Esa condutaé habitual e repetitiva

O agresor ouagresora é máis forte

A vítima nonadoita provocar,e non pode ou nonsabe defenderse

Page 11: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

9

Xa que logo, fálase de maltrato entre iguais candoun rapaz ou unha rapaza, ou un grupo, pega,intimida, acosa, insulta, exclúe, ignora, abusa,ameaza, chantaxea, etc., a outro rapaz ou rapazade forma repetida e durante un tempo prolongado,coa intención de facerlle dano, e ocultándose dequen pode amañar a situación (profesorado, familia,etc.). Estes feitos ocorren nos mesmos lugaresonde estudamos ou xogamos, diante doutroscompañeiros e compañeiras sen que os que oobservan fagan nada por evitalo, cortalo ou paralo.

Hai que ter claro que o maltrato entre iguaisnon se trata dunha pelexa ou discusión esporádicacon outro compañeiro ou compañeira, nin decambadelas, empurróns ou patadas que seproducen ocasionalmente practicando algúndeporte ou xogo, ou certos episodios nos que selle toma o pelo a alguén como parte de bromasentre iguais.

Page 12: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

Os casos de maltrato presentan moitas e variadasformas que se describen a continuación, casesempre combinadas unhas coas outras.

l Físico

w Directo: dar patadas, puñazos, agresiónscon obxectos…

w Indirecto: agachar cousas, cambialas desitio, roubalas…

l Verbal

w Directo: vocear, burlarse, insultar,poñer alcumes…

10

Page 13: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

11

w Indirecto: falar mal de alguén ás súas costasinsistentemente, facer que escoite de“casualidade”, pintadas no encerado,enviarlle cartas ou mensaxes ao móbil…

l Relacional

Son accións encamiñadas a rebaixar a persoa efomentar a sensación de inseguridade e temor.

w Directo: exclusión deliberada de actividades,impedir a súa participación…

w Indirecto: deixar a vítima soa no patio,facer parellas ou grupos na clase sen contarcon esa persoa…

Page 14: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

12

Maltrato é…

Cando un rapazou rapaza se metehabitualmente conoutra compañeiraou compañeiroinsultándoo,burlándose, poñéndollealcumes… (“catroollos”, “mu” parachamarlle vaca).

Cando un grupode alumnos ealumnas lle din aosdemais que non falencon outro rapaz ourapaza para que nonteña amizades

Insultarocasionalmente nomedio dunha rifa.

(É inadmisible,pero, se é de formaesporádica nonpodemos chamarllemaltrato).

Estar un día enfadadaou enfadado cunamigo ou amigaou con varios.

(Son esas cousas quese amañan entrenenos e nenas…).

Maltrato non é…

Page 15: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

13

Maltrato é…

Cando nos cambios declase, nos servizos, noautobús… hai un nenoou nena que “tropeza”sempre co mesmocompañeiro oucompañeira, lle atrancao paso cunha perna,poñendo o brazo…

Cando alguénabusa da súa forza,e atemoriza a unou máis compañeirase compañeiros,ameazándoos se nonfan o que quere:darlle o bocadillo,facerlle os deberes,deixarllos copiar…

Tropezar sen querer eberrar: “¡Aparta!”

(Non é de boaeducación, o correctosería dicir “perdón”).

Copiar nos exames,alterar as clases conintervenciónsinadecuadas…

(Mal feito…).

Maltrato non é…

Page 16: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

14

Maltrato é…

Cando un grupo denenos e nenas esperapremeditamente nasaída da escola ou doinstituto a alguén paraabusar del.

Todas aquelassituacións que tipoidas contar oupensar nelas…

Tropezar sen querer eberrar: “¡Aparta!”

(Non está benfeito, é violenciainnecesaria…).

Maltrato non é…

Page 17: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

15

… se estás sendo unhapersoa maltratada?

Para saír dunha situación de maltrato, debesempezar por recoñecer que, aínda que parezaincrible, che está sucedendo a ti. Debes de teren conta que toda actitude individual ou de grupoque te faga sentir mal (tanto de xeito verbal comofísico ou de exclusión social) pode supoñer unhasituación de maltrato e pode estar influíndonegativamente na túa formación como persoa.Se non lle pos remedio pronto, a túa vida persoale de relación pode sufrir severos trastornos.

¿Como recoñecer… 3

Page 18: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

Es unha persoa maltratada se as mesmas persoasche fan algunhas destas cousas de xeito repetido:

l Insúltante ou búrlanse constantemente de ti.

l Falan mal de ti ou difunden rumores falsossobre a túa persoa.

l Empúrrante, péganche ou ameázantefisicamente.

l Escóndenche, rómpenche ou róubanchecousas de forma continuada.

l Ignórante ou desprézante.

l Rexéitante en calquera circunstancia epor calquera motivo.

16

Page 19: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

17

l Non te deixan participar nas actividadesdo grupo.

l Obrígante a facer cousas que ti non queres.

l Acósante sexualmente.

Ti non tes culpa do que che está pasando e élóxico que te sintas mal. De feito, iso é o quequeren as persoas que te maltratan. Non podesfacer como se non pasara nada. Pide axuda paraafrontar esa situación e saír dela.

Page 20: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

… se es ti a persoaque maltrata?

Debes darte de conta axiña do que estás afacer e poñer os medios para cambiar as túasactitudes. O teu temperamento e a túa necesidadede dominio non deben ser motivo de intimidacióne agresión cara ás demais persoas. As relaciónsinterpersoais que establezas deben ter un carácterde igualdade. A túa conduta pode levarte asituacións persoais de inestabilidade e inadaptaciónsocial que te prexudicarán e, ademais, é posibleque lles causes un grave dano á persoa oupersoas das que abusas.

18

Page 21: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

19

Es unha persoa que maltrata cando con frecuencia:

l Insultas, falas mal e difundes rumores falsosdos teus compañeiros e compañeiras.

l Te identificas con situacións de intimidacióne violencia cara ás demais persoas.

l Estás meténdote de forma continuada costeus compañeiros e compañeiras e actúasordinariamente con violencia nas túasrelacións cos demais.

l Molestas e incomodas a aquelas persoasque teñen algunha particularidade ou unhaaparencia física diferenciada.

l Obrigas aos demais a facer cousas quenon queren.

Page 22: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

l Rexeitas ou non deixas participar a outraspersoas en actividades do grupo.

l Desfrutas coa intimidación e co maltrato ásoutras persoas.

l Acosas sexualmente.

As relacións cos iguais teñen que estar presididaspolo respecto mutuo. É preciso que, se es unhapersoa que maltrata, recapacites e cambies deactitude. Non sigas polo mesmo camiño. Tes unproblema que irá a máis. Non serás feliz.

20

Page 23: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

21

… se es ti a persoaespectadora do maltrato?

Nunha situación de maltrato entre iguais casesempre hai persoas que son testemuñas e que nonaxudan a vítima. Observan, pero non actúan nadefensa do máis débil. E mesmo algunhasparticipan activamente, por medo ou por imitación,neses actos de intimidación e violencia.

Ti es unha persoa espectadora do maltrato cando,con frecuencia:

l Asistes a un acto de intimidación e non fas nadapara evitalo.

l Non recoñeces que o que lle están facendo ávítima non está ben e pensas que ten merecidoo que lle pasa.

Page 24: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

l Tes medo a actuar na defensa da persoamaltratada. Cres que mentres se metan conela non se meterán contigo.

l Incluso chegas a participar ou animar nasituación de abuso con risas, xestos, etc.

Se é así, debes ter en conta que se non actúas enon dis nada, colaboras indirectamente na situaciónde maltrato. Sé valente. Recoñece que es unhapersoa espectadora e que non estás a actuaraxeitadamente. Racha con esa situación e axuda.

22

Page 25: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

23

Para previr o maltrato entre iguais é necesariotomar conciencia do dano que causa, xa que nonse trata de algo divertido nin intranscendente paraquen o sofre. Por iso debes esforzarte en aprendertoda unha serie de habilidades e estratexias queche sirvan para relacionarte cos demais de formanon violenta.

A continuación atoparás unha serie derecomendacións que debes ter presentes paraprevir o maltrato entre iguais.

Aprende a protexerte 4

Page 26: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

Desenvolve habilidades sociais

l Expresálles os teus sentimentos e emociónsás túas amizades, familia, profesorado ou áspersoas da túa confianza. Isto hache axudar ater máis seguridade persoal.

l Mantén un bo nivel de comunicación cosdemais. Procura non pecharte, participa eexpresa de forma respectuosa as túas opinións,sen temor a ser rexeitado ou a recibircomentarios negativos por facelo.

l Analiza como se senten outras persoas candoestán tristes ou teñen algún problema. Ponte noseu lugar, isto axudarache a entendelas.

l Colaborar na resolución de conflitos. Non teinhibas, procura achegar posturas e contribúe aque as disputas se resolvan de forma pacífica.

24

Page 27: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

25

Practica os valores positivos

l Sé dialogante. O diálogo é a mellor forma deresolver as diferenzas entre persoas.

l Respecta as normas, tanto as do centro comoas do grupo. Facilitan a convivencia.

l Sé tolerante. Respecta as persoas,independentemente das súas ideas, crenzasou formas de manifestarse.

l Practica a solidariedade. Todas as persoasnecesitamos dos demais.

l Sé xusto na valoración dos feitos que observes.Sé imparcial.

Page 28: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

Fomenta a auto protección

l Afronta positivamente as situacións que cheprovocan unha certa tensión. Busca estratexias:usa o sentido do humor, fai que non escoitas,pide axuda…

l Aprende a dicir que non cando esteasconvencido da túa postura, así como axustificar a túa opinión. Prepárate para soportaras presións do grupo ou de compañeirosindividualmente, cando non esteas de acordoen algo.

l Practica a convivencia pacífica. Non recorrasá violencia ou á agresividade en momentosde tensión.

26

Page 29: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

27

O maltrato entre iguais está oculto porque moitasveces rexe “a lei do silencio” imposta por quenabusa. Á persoa que maltrata convenlle que non sesaiba para poder seguir intimidando as persoas máisdébiles e porque parte da súa diversión é ver omedo que produce na vítima.

Diferenza entre segredos bose segredos malos

Todas as persoas temos segredos, algúns moiíntimos que non lle contamos a ninguén, outros quecompartimos cun irmán, unha amiga ou amigo.

Atrévete a denunciaro maltrato 5

Page 30: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

Tamén esas persoas que nos estiman nos contanos seus segredos e debemos ser discretos e noncomentalos para que poidan seguir a confiar ennós, pero, ¿teñen a mesma importancia todos ossegredos? ¿Hai que gardalos sempre?

Pois depende, hai segredos que non debemosgardar, son malos segredos, poden prexudicara alguén.

É doado distinguir os bos dos malos segredos.

28

Page 31: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

29

Este segredo é…

O teu avó cóntache osanos que ten, peropídeche que non llodigas a ninguén. MALO

¿Atréveste a xogar a distinguirentre bos e malos segredos?

1

A túa mellor amigacóntache que nota queun coche branco apersegue sempre ao saírda escola e que non ocomentes con ninguén.

2

BO

MALOBO

Page 32: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

MALOBO

MALOBO

30

Este segredo é…

Sabes quen roubou amochila dun compañeiroe que van castigar aquen non o fixo.

3

Preparas co teu irmánun regalo moi especialpara a festa deaniversario da túa nai.

4

Page 33: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

31

MALOBO

MALOBO

Este segredo é…

Na túa panda hai tresrapaces que se retan acruzar a calzada cosemáforo en vermello.

5

(Busca ti outros segredos…)

6

Page 34: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

MALOBO

MALOBO

32

Este segredo é…

7

8

Page 35: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

33

Que é ser unha persoa “chivata”

Seguro que lle oíches a alguén “soprón”,“chivata”… para referirse a algún compañeiro oucompañeira que contou un segredo, que se foi dalingua. Pero algunhas veces o adxectivo non estáben usado, porque xa falamos antes de que se éun mal segredo nunca debe gardarse, así que apersoa que o desvela nunca é unha acusona.

No caso do maltrato entre iguais, á persoa queabusa interésalle que ninguén lles conte a súaactuación ás persoas adultas, e por iso fai funcionar“a lei do silencio” entre o grupo (tal como veríasque sucede nas películas sobre a mafia) co fin depoder seguir intimidando ás vítimas.

Page 36: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

¿Que ocorre se alguén coñece un mal segredo enon llo conta a ninguén?

l Que a persoa maltratada non pode recibir axuda.

l Que está a ser cómplice dunha agresión,porque a persoa que agride pode pensar que aespectadora aproba o que está a facer

l Que, como a persoa agresora ve que o seumaltrato queda impune, pode repetilo con máiscompañeiras ou compañeiros.

Cando alguén se atreve a denunciar un maltratooculto, a contarlle a algunha persoa adulta deconfianza o que lle ocorre, non está a ser “chivato”:

l Está sendo moi valente e responsable, porquecoa súa denuncia evita que se continúe a facer.

34

Page 37: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

35

l Actúa con compañeirismo e defende os dereitosfundamentais das persoas.

l Axuda a mellorar a convivencia, porque aspersoas adultas poden intervir para solucionaro maltrato.

l E beneficia a persoa que agride, porque estánunha situación prexudicial para ela mesma enecesita axuda para cambiar.

Por todas estas razóns, se es vítima dun maltrato outes algunha compañeira ou compañeiro que o estáa padecer NON O SILENCIES, non sexascómplice. Non o ignores, ti podes axudar.

Page 38: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

Habilidades de pescuda de axuda

É comprensible que teñas medo do que chepoida ocorrer se denuncias un maltrato queestás a padecer ou que observas. Tes que actuarcon prudencia.

No caso de que ti sexas a vítima, non carguescon todo ese peso: fala, busca axuda, non sufrasen silencio. Pero, sobre todo, recoñece e expresao que estas a sentir: teño medo, teño vergoña,necesito…

Serache útil fuxir das situacións ou lugaresonde se produce habitualmente o maltrato, enunca respondas ás agresións, porque pode serpeor para ti.

Podes falar primeiramente con compañeiras oucompañeiros que te entendan ben, sempre queteñas todas as garantías de confidencialidade;

36

Page 39: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

37

pero despois tes que falar cunha persoa adulta datúa confianza (da familia ou da escola).Ela saberá o que hai que facer.

Se non te atreveses a falar ti directamente do queche pasa, busca a alguén que o denuncie por ti,escribe unha carta anónima contando o caso efailla chegar á persoa titora…

Se ti es a persoa que maltrata, debes saber quetes un grave problema e que precisas axuda.Búscaa nalgunha persoa adulta que cha poidaproporcionar (profesorado, departamento deorientación…).

Pero ao tempo tenta facer un exercicio de empatía,ponte no lugar da persoa que maltratas:¿gustaríache que actuasen contigo do mesmo xeito?¿Que che parece que pode sentir esa compañeiraou compañeiro de quen ti abusas?

Page 40: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

Pensa que, coa túa actitude, podes ser unha persoatemida, pero tamén non querida. Convenche intentarcontrolarte nas situacións de conflito. Aprende arelaxarte e rexeita tanto aquelas situacións nas quereaccionas de xeito agresivo como as compañíasque te incitan a facelo.

Por último se ti es a persoa espectadora domaltrato e estimas que o caso é leve podes usarestas estratexias:

l Fala coa vítima e móstralle o teu apoio ecomprensión.

l Comparte con outras espectadoras ouespectadores do maltrato estratexias de axudaá vítima.

l Fala coa persoa agresora e coméntalle que seestá “pasando” e que sería bo que se puxera nolugar da vítima antes de continuar.

38

Page 41: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se

39

Pola contra, se che parece que é un caso demaltrato grave:

l Ten coidado, non te metas en pelexas.

l Fala, o antes que poidas, cunha persoa adulta:nai, pai, profesorado, orientadora ou orientador…na que confíes. Pídelle información e orientaciónsobre o que podes facer.

l Apoia a vítima.

TRATA SEMPRE AS COMPAÑEIRAS ECOMPAÑEIROS COMO CHE GUSTARÍAQUE TE TRATASEN A TI

Page 42: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se
Page 43: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se
Page 44: Non fagas trato - IES Rafael Puga Ramón...non se trata dunha pelexa ou discusión esporádica con outro compañeiro ou compañeira, nin de cambadelas, empurróns ou patadas que se