Non hai escapatoria e outros contos marabillosos

26
Non hai escapatoria e outros contos marabillosos TIM BOWLEY ÓSCAR VILLÁN

description

Colección 7 leguas

Transcript of Non hai escapatoria e outros contos marabillosos

Page 1: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos

Non hai escapatoriae outros contos marabillosos

TIM BOWLEY ÓSCAR VILLÁN

Page 2: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos
Page 3: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos
Page 4: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos
Page 5: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos

Non hai escapatoriae outros contos marabillosos

Page 6: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos
Page 7: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos

TIM BOWLEY ÓSCAR VILLÁN

Non hai escapatoriae outros contos marabillosos

Page 8: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos
Page 9: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos

A muller espírito ................................7

A herdanza .......................................15

O papagaio hiraman ........................19

Non hai escapatoria .........................27

Pel de foca .......................................29

A morte do corcovado .....................35

A tsarina ...........................................45

Conn-Eda .........................................53

O lindworm ......................................63

O rei pastor ......................................73

Índice

Page 10: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos
Page 11: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos

7

Cando morreu a súa fermosa muller, o home quedou a cho-

rar ao pé da tumba. Non se sentía capaz de vivir sen ela e

decidiu seguila ao mundo espiritual: a Terra dos Mortos. Fixo

moitos paus de oración e espallou pole de millo sagrado.

Colleu unha suave pluma de aguia e coloreouna con terra ver-

mella, e entón sentou a agardar ao lado da tumba. Ao caer a

noite, o espírito da súa muller defunta saíu da tumba e sen-

tou ao seu lado. Ela díxolle que non estivese triste e que non

chorase, pois simplemente estaba abandonando unha vida

por outra.

–Non podo deixarte marchar –dixo o mozo–. Ámote tanto

que vou seguirte á Terra dos Mortos.

A súa muller espírito quedou horrorizada e tentou disua-

dilo, pero ao comprobar a súa determinación acabou acce-

dendo.

–Se queres seguirme, tes que saber que serei invisible aos

teus ollos mentres o sol brille, conque terás que suxeitarme

A muller espírito

Page 12: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos

8

esta pluma de aguia vermella no pelo, e así poderás seguir a

pluma cando non me poidas ver.

O home suxeitoulle a pluma no cabelo e comezaron a viaxe.

Efectivamente, cando a luz do día comezou a subir polo ceo,

a muller foi esvaecéndose ata que o único que se viu dela era

a pluma vermella botando polo aire, en dirección ao oeste.

Canto máis avanzaba, máis dificultade tiña o home para

seguirlle o paso, pois parecía aboiar serenamente e sen esfor-

zo, mesmo ao atravesar os terreos máis abruptos, mentres

que el tiña que andar con dificultade. Logo quedou esgotado

e díxolle:

–Miña querida esposa, agarda! Non te podo seguir máis.

Déixame descansar un pouco.

A pluma vermella detívose e agardou por el, pero así que o

home a alcanzou, empezou a flotar outra vez e, por moi

canso que estivese, tivo que seguila. A viaxe continuou

durante moitos días, co home perseguindo a pluma polo día

e descansando pola noite. Ás veces, a muller espírito apare-

cíaselle para darlle azos, e outras veces el sentía a súa presen-

za dunha maneira indefinible. Con cada día que pasaba, a

senda ía tornándose máis escarpada. As xornadas de viaxe

alongábanse, as noites de descanso acurtábanse e o home ía

cada vez máis canso.

Un día, a senda conduciunos ata un abismo que parecía non

ter fondo. A pluma da muller espírito aboiou por riba do

Page 13: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos

9

baleiro e desapareceu ao outro lado, mentres que o home que-

dou abandonado á beira do precipicio. Desesperado, comezou

a descender pola parede vertical coa esperanza de chegar ao

fondo e despois rubir ao outro lado. En pouco tempo quedou

parado, agarrado coas puntas dos dedos a un pequeno salien-

te, incapaz de subir ou baixar. Resignouse a deixarse caer e

morrer, pero xusto nese intre apareceu un esquío.

–Home necio! –berroulle o esquío–. Xamais darás atrave-

sado o abismo ti só. Agarda un momento, que te vou axu-

dar.

O esquío sacou unha semente de dentro da fazula, mollou-

na con saliva e meteuna nunha fenda da roca. Despois púxo-

se a cantar e, de súpeto, da semente agromou unha planta

que rapidamente lanzou un gallo ata o outro lado do abismo.

O home agarrouse á planta e impulsouse ata o outro lado do

precipicio.

Ao chegar á outra beira, atopou a pluma á espera del,

aboiando no aire. Pero así que chegou, a pluma volveu arran-

car a unha velocidade tremenda e o home pensou que había

de morrer no intento de seguila. Por fin chegaron á beira dun

lago; a pluma botouse á auga e desapareceu. Entón soubo

que a Terra dos Mortos estaba no fondo do lago, pero, como

ía seguir? Día tras día agardou na beira, mais a muller non lle

aparecía e, totalmente desesperado, botouse a chorar.

Máis tarde oíu unha voz que lle dicía suavemente «uh, uh,

uh», e sentiu un suave bater de alas nas costas. Ao alzar a

Page 14: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos

10

vista descubriu que había un enorme bufo voando sobre a súa

cabeza.

–Por que choras? –preguntoulle o bufo.

–Porque a miña querida esposa está no fondo do lago, na

Terra dos Mortos, e non a podo seguir ata alá –respondeu.

–Ai, coitado home –dixo o bufo–. Xa sei. Ven á miña casa,

que está nas montañas, e alí hei de dicirche o que tes que

facer. Se segues o meu consello, todo ha de saír ben e has de

reencontrarte coa túa amada.

O bufo guiouno ata unha cova das montañas. Na cova había

moitos homes-bufo e mulleres-bufo, que lle deron unha cáli-

da benvida e o convidaron a comer e descansar. O vello bufo

que o trouxera despoxouse da súa roupaxe de bufo e mos-

trouse como un espírito humano. Colleu un fardo da parede

e dixo:

–Vouche dar isto, pero primeiro teño que explicarche o que

debes e o que non debes facer.

O home, ansioso, botoulle a man ao fardo, pero o espírito

axiña o apartou e dixo:

–Home necio, como podes ser tan toleirán! Se non podes

aprender a agardar, esta menciña non che vai valer para nada.

–Desculpa –dixo–, prometo que terei paciencia.

–Moi ben –dixo o espírito-bufo–, pois atende. Isto é a men-

ciña do sono. Cando a tomes, adormecerás profundamente e,

ao acordares, estarás noutro lugar. Camiña cara ao luceiro da

Page 15: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos

11

mañá e continúa por ese camiño ata chegares a un sitio onde

hai tres formigueiros. Atoparás a túa muller-espírito a carón

do formigueiro do medio. Ao saír o sol, ela acordará e mos-

trarache un sorriso. Entón levantarase; xa non será un espíri-

to, senón de carne e óso, e poderedes vivir felices xuntos. Iso

si, recorda que tes que ter paciencia. Non debes abrazala nin

tocala de maneira ningunha mentres non cheguedes á vosa

aldea, porque se a tocas, perderala para sempre.

Dito isto, o espírito-bufo soprou un pouco da menciña

sobre a cara do home e este adormeceu decontado. Entón,

todos os espíritos-bufo puxeron as roupaxes de bufo, levan-

taron o home no aire e voaron con el ata o principio do cami-

ño que conducía ao formigueiro do medio, onde o pousaron

baixo unha árbore. Despois voaron ata o lago e, coa axuda da

menciña do sono e os paus de oración, mergulláronse ata che-

garen ao fondo e entraron na Terra dos Mortos. Unha vez alí,

adormeceron os gardiáns de tan misterioso país empregando

a menciña do sono e, con moita reverencia, pousaron os paus

de oración sobre o altar do inframundo. Axiña deron coa

esposa do home e levárona ata a superficie do lago. Unha vez

de volta no mundo dos vivos, colocárona sobre as súas alas e

voaron con ela ata o lugar onde o marido durmía.

Foi el o primeiro en acordar. Ao abrir os ollos, o primeiro

que viu foi o luceiro da mañá, despois viu o formigueiro do

medio e por fin a súa fermosa muller deitada ao seu lado.

Cando espertou, ela sorriulle e díxolle:

Page 16: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos

12

–O teu amor ten que ser moi grande, máis grande que nin-

gún outro, ou non estariamos aquí.

Rapidamente comezaron a viaxe de volta ao seu país e o

home non esqueceu a advertencia do home-bufo de que

deberían evitar todo desexo mentres non estivesen na aldea.

Viaxaron durante catro días, cada vez máis cerca do seu

mundo, máis cerca da salvación.

Cando xa albiscaban a aldea, a muller detívose e dixo:

–Meu home, vou tan cansa que non podo seguir. Deitémo-

nos aquí a repousar un pouco, e así entraremos na aldea des-

cansados. O marido accedeu e ela deitouse a durmir. Estaba

tan fermosa alí deitada que o home se viu superado polo

desexo e, sen pensalo, tendeu a man para acariñala. No

momento en que a man a tocou, ela acordou sobresaltada e

exclamou:

–Que fixeches? De verdade que me amabas moito, pero non

o suficiente; se fose así, agardarías. Agora terei que morrer

outra vez.

Ante os seus ollos, a muller esvaeceuse e el quedou no chan

desesperado, mentres o vello bufo ouleaba:

–Que mágoa! Que mágoa! Que mágoa!

A partir de entón, o home andou pola terra coma un fantas-

ma, coa ollada fixa, a mente perdida, sen consolo.

Se chega a controlar o seu desexo un pouquiño máis, se non

a chega a tocar, se chega a aguantar con paciencia unhas hori-

Page 17: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos

13

ñas máis, entón vencería a morte, non só para a súa muller,

senón para toda a humanidade e non habería loito polo pasa-

mento dos seres queridos.

Pero, nese caso, se non houbese morte, o mundo estaría tan

ateigado de xente que non quedaría sitio para moverse, e

habería disputas por cada palmo de terreo, por cada anaco de

comida, de xeito que talvez o que sucedeu foi boa cousa.

Page 18: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos
Page 19: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos

15

Era unha vez un labrego que, sendo mozo, viaxara fóra do

país, ninguén sabía a onde. Ao volver, había algo nel que le-

vara a xente a pensar que, malia vivir unha vida sinxela, trou-

xera un gran tesouro consigo. O labrego tiña un fillo que non

mostraba interese ningún nin polo campo nin por ningunha

outra clase de traballo. O fillo cría nos rumores sobre o ouro

enterrado, e estaba convencido de que o seu agarrado pai

había de revelarlle onde estaba antes de morrer, e por iso foi

vivir a unha vila próxima á espera do día en que puidese reci-

bir a súa herdanza.

Por fin tivo noticia de que o vello estaba no leito de morte,

e preguntaba por el. Moi esperanzado, o mozo foi correndo á

ruinosa casa, subiu as escaleiras ata o cuarto do pai e colleu-

lle a man finxindo todo o afecto que podía. O vello abriu os

ollos con dificultade e conseguiu apertar debilmente a man

do fillo. Cun terrible e derradeiro esforzo, díxolle:

–Meu fillo, o ouro está enterrado...

A herdanza

Page 20: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos

16

E entón morreu sen dicir máis nada.

Así que rematou o funeral, o mozo púxose a buscar o ouro.

O máis probable era que estivese dentro da casa, conque por

aí empezou. Arrincou as táboas do sobrado, escachou o xeso

das paredes, rebuscou polo faiado e pola bodega, pero non

atopou nada. Cando rematou, a casa estaba patas arriba e os

seus curiosos veciños andaban xa a murmurar, ou mesmo lle

preguntaban directamente que estaba a facer. Tiña medo de

que, se lles confesaba que andaba á busca do ouro, intenta-

sen roubarllo, de maneira que dixo que estaba a arranxar a

casa porque quería vivir nun sitio decente, e que se vira obri-

gado a gastar na reforma os aforriños que tiña. Curiosa-

mente, descubriu que lle gustaba bastante o traballo e que,

ademais, tiña un inesperado talento para facelo. Tanto era así

que en pouco tempo tivo unha casa que, non sendo luxosa

exactamente, si que era moito mellor e moi cómoda.

Cando por fin lle quedou claro que o ouro non estaba na

casa, comezou coa horta. Día tras día cavaba e cavaba, sem-

pre coa esperanza de oír o clanc da pa ao bater co cofre, que

seguro que estaba alí enterrado. Escavou ata o último palmo

de terreo arredor da casa, e nada.

–Teño que plantar algo de verdura –díxolles aos veciños–.

Non sei como o vello puido deixar este lugar así de abando-

nado.

Unha vez plantada a horta, sacou o arado do alpendre e

enganchouno ao vello cabalo.

Page 21: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos

17

–É tempo de sementar o trigo –díxolles aos veciños, que

asentiron sabiamente e se puxeron tamén eles a arar e semen-

tar os seus labradíos.

Na primeira leira non atopou nada. Na segunda leira, nada; e

tampouco achou nada do que andaba a buscar na terceira

e cuarta leiras que arou, achandou e sementou. Chegou o día

en que acabou de arar ata o último recanto da última leira, e

xa non lle quedaba máis onde buscar. Abatido, volveu andan-

do á casa, preguntándose unha e outra vez onde puidera sote-

rrar o seu pai o tesouro. De volta na casa, lavou a suor da xor-

nada, puxo roupa limpa, serviuse un zume fresco de froitas

que atopara aquel mesmo día e saíu á pequena solaina que

construíra cando traballara na casa e na horta. Daba ao poñen-

te, e era un fermoso lugar para sentar a descansar no serán.

Sentou no banco dando un suspiro de satisfacción. Era estra-

ño, pero despois de buscar por todas as partes, xa non estaba

desesperado, senón que experimentaba unha sensación de

benestar despois dunha xornada de duro traballo. Contem-

plou a froita e as verduras da horta, que xa estaban en sazón.

Mirou máis lonxe e viu como se estendían as súas terras ben

traballadas. A medida que o sol ía póndose no horizonte, a luz

foi caendo sobre o trigo maduro que sementara primeiro e de

súpeto todo o campo quedou inundado por un resplandor

dourado. Entón por fin o entendeu. Sorriu con ironía, despois

botouse a rir e brindou co seu defunto pai, que, ao enganalo,

tamén o salvara.

Page 22: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos

Título orixinal en inglés: The Master, the Servant and the Death and other tales

Colección SETELEGUAS

© do texto: Tim Bowley, 2009

© das ilustracións: Óscar Villán, 2012

© da tradución: Carlos Acevedo, 2012

© desta edición: Kalandraka Editora, 2012

Italia, 37 - 36162 PontevedraTelf.: 986 860 [email protected]

Deseño dos logotipos da colección: Óscar Villán

Impreso en Gráficas Anduriña, PontevedraPrimeira edición: xuño, 2012ISBN: 978-84-8464-792-8DL: PO 244-2012Reservados todos os dereitos

Page 23: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos
Page 24: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos
Page 25: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos
Page 26: Non hai escapatoria e outros contos marabillosos

Tim Bowley é un dos grandes contadores

que percorre as vilas e cidades de Galicia, España e Portugal.

Viaxa dende hai anos espallando as súas palabras inglesas

por todos os recunchos do país. Os seus contos ficaron gravados

na memoria de moitas persoas, maiores e pequenos.

Neste libro Tim preséntanos unha selección dos seus mellores contos,

que non nos han deixar indiferentes. O humor, a tenrura, o medo

e o terror, mais tamén a alegría, poboan cada unha destas historias

que nos van permitir viaxar por todo o mundo:

fragas espesas, vales fondos, cumes altísimos, aventuras trepidantes,

personaxes inauditos…

Contos marabillosos, contos do mundo que nos agasallan sabedoría.