Normas técnicas para as enxeñarías da EUP: guía de busca

13
NORMAS TÉCNICAS PARA AS ENXEÑARÍAS DA ESCOLA UNIVERSITARIA POLITÉCNICA DA UDC: GUÍA DE BUSCA AS NORMAS TÉCNICAS BUSCAR NORMAS NO CATÁLOGO DA BUDC BUSCAR NORMAS NA BASE DE DATOS AENORmás BUSCAR NORMAS NA BASE DE DATOS IEEEXplore CATÁLOGOS EN REDE DE ORGANISMOS NORMALIZADORES ATOPAR NORMAS EQUIVALENTES AS NORMAS E OUTROS DOCUMENTOS TÉCNICOS Actualización 13 xaneiro 2017

Transcript of Normas técnicas para as enxeñarías da EUP: guía de busca

Page 1: Normas técnicas para as enxeñarías da EUP: guía de busca

NORMAS TÉCNICAS PARA AS ENXEÑARÍAS DA ESCOLA UNIVERSITARIA POLITÉCNICA DA UDC: GUÍA DE BUSCA

AS NORMAS TÉCNICAS

BUSCAR NORMAS NO CATÁLOGO DA BUDC

BUSCAR NORMAS NA BASE DE DATOS AENORmás

BUSCAR NORMAS NA BASE DE DATOS IEEEXplore

CATÁLOGOS EN REDE DE ORGANISMOS NORMALIZADORES

ATOPAR NORMAS EQUIVALENTES

AS NORMAS E OUTROS DOCUMENTOS TÉCNICOS

Actualización 13 xaneiro 2017

Page 2: Normas técnicas para as enxeñarías da EUP: guía de busca

 

 

Unha norma técnica é… A norma UNE-EN 45020:2007. Normalización y actividades relacionadas. Vocabulario general (Guía ISO/IEC 2:2004) establece a seguinte definición: “Documento, establecido por consenso e aprobado por un organismo recoñecido, que proporciona, para un uso común e repetido, regras, directrices ou características para actividades ou os seus resultados, co fin de acadar un grao óptimo de orde nun contexto dado. As normas deberían estar baseadas nos resultados consolidados pola ciencia, a técnica e a experiencia e estar dirixidas á promoción dun beneficio óptimo para a comunidade”. É importante saber que… Buscar normas non sempre resulta unha tarefa doada, en boa medida debido á dispersión dos recursos onde atopalas. Aínda que as opcións de busca non son idénticas en cada un dos recursos, si hai criterios comúns e cuestións que resulta de utilidade coñecer: Ademais do título, cada norma ten o seu propio código de referencia que a identifica e a diferencia das demais. Os

elementos que compoñen este código son os seguintes: o Siglas do tipo de norma, ex. UNE, ISO, IEC o Número da norma o Número da parte o Ano de publicación

As normas europeas, normas EN elaboradas polo CEN, o CENELEC ou o ETSI, obrigatoriamente han de ser adoptadas como normas nacionais idénticas. Isto significa que necesariamente se publicará como norma UNE.

A adopción das normas internacionais do ISO e do IEC é potestativa para cada un dos países integrantes destas organizacións, logo pode, ou non, haber as equivalentes UNE.

Un organismo normalizador é unha entidade recoñecida con funcións de elaboración, aprobación ou adopción de normas, ex. AENOR, CEN, ISO, DIN

O Technical Committee ou Comité Técnico Normalizador (TC/CTN) é o responsable das normas relativas a un campo ou sector determinado.

ICS son as siglas de International Classification for Standards, código numérico de clasificación de normas elaborado pola ISO.

Page 3: Normas técnicas para as enxeñarías da EUP: guía de busca

    AS NORMAS TÉCNICAS  

   

Onde buscar normas… Os organismos normalizadores cobran polas normas técnicas que editan. A biblioteca ofrece unha selección destes documentos en papel así como coleccións especializadas en distintos soportes (impresas, en DVD e CD-ROM). Ademais a biblioteca da UDC está subscrita a bases de datos desde as que a comunidade universitaria pode descargar o texto completo. Antes de iniciar a busca resulta conveniente determinar: se nos interesa unha única norma ou o conxunto relativo a unha materia se buscamos referencias ou o texto completo

Recursos onde buscar:

Catálogo da biblioteca. Localiza as normas adquiridas pola biblioteca. Bases de datos subscritas pola biblioteca: AENORmás e IEEE Xplore. Acceso ao texto completo. Catálogos en rede dos organismos normalizadores. Amosan as referencias das normas que tamén venden.

Buscar normas equivalentes… En moitos casos as normas elaboradas por un organismo (ex. ISO) son ratificadas e adoptadas por outros (ex. AENOR). Descubre as normas equivalentes. En que se diferencia unha norma doutros documentos técnicos? No caso de non atopar as normas… Se a biblioteca non dispón da norma que buscas e tampouco as bases de datos susbscritas che ofrecen o texto completo, ponte en contacto co persoal da biblioteca e solicita a súa compra.

Page 4: Normas técnicas para as enxeñarías da EUP: guía de busca

 

      

BUSCAR NORMAS NO CATÁLOGO DA BIBLIOTECA DA UDC

A colección da biblioteca dispón de normas soltas e tamén de coleccións de normas en distintos formatos. Para atopalas só necesitas consultar o catálogo. Como buscalas?

I. Se che interesa unha soa norma e coñeces o seu código, escríbeo no campo título: ex. ASTM C297/C297M-04 ; ISO 11357-6 ; UNE 20540.

II. Busca por palabra clave cando non saibas con exactitude o código ou o título da norma. Selecciona palabras significativas para reducir o número de resultados (ex. siglas da norma + susbstantivos do título + a palabra “normas” : UNE bobinas normas).

III. Se queres atopar as normas que afectan a un tema determinado ou unha compilación de normas sobre o dito tema, busca

polo campo materia. Lembra que para describir estes documentos o termo da materia aparece acompañado do vocablo “Normas” (ex. Bobinas eléctricas Normas).

IV. Se non obtés ningún resultado, proba coas bases de datos. 

 

Page 5: Normas técnicas para as enxeñarías da EUP: guía de busca

AENORmás é a base datos de AENOR que ofrece o texto completo das normas españolas e tamén das europeas e outras

internacionais adoptadas como normas UNE (ex. UNE, UNE-EN, UNE-EN ISO, UNE-ISO/IEC, UNE-IEC/TR …)

ACCESO

O acceso está restrinxido aos equipos conectados á rede da UDC. Localízase a través de:

1. A web da Biblioteca da UDC, apartado Biblioteca dixital. Picar en Bases de datos e logo seleccionar AENORmás.

2. A web da biblioteca da EUP, baixo o epígrafe Consultar : elixir Biblioteca dixital e picar en Acceder a … Bases de datos,

Normas UNE, AENORmás

OPCIÓNS DE BUSCA

AENORmás ofrece as seguintes opcións de busca:

Page 6: Normas técnicas para as enxeñarías da EUP: guía de busca

AENORmás

Estado de las normas: por defecto aparece seleccionado Todas pero pódese escoller entre Vigentes, Anuladas ou Todas.

Código: introducir únicamente o número da norma (omitir siglas, guións e ano. Ex. 9001).

Título: permite buscar termos significativos que aparecen no título da norma e combinalos mediante os operadores

booleanos AND, OR, NOT e AND NOT. Tamén se pode usar o truncado, o símbolo % substitúe cero, un ou máis caracteres

dos ditos termos (cable% busca cable, cables e cableado). As frases exactas recupéranse mediante o uso das comiñas. E

moi importante poñer o til a aquelas palabras que o levan, xa que de non facelo non as recuperará.

ICS: International Classification for Standards. Recupera as normas segundo o código numérico da clasificación elaborada

pola ISO. Ao picar na lupa situada á dereita da caixa de busca ábrese unha nova ventá

con tres opcións:

1) Seleccionar o código de clasificación. Picar en e logo . (Por

exemplo, “27-Ingeniería de la energía y de la transmisión del calor”, “29-Electrotecnia”

ou “ 31-Electrónica”).

2) Escribir o número do Código. Picar e , finalmente

3) Escribir os termos da Descripción. Picar e , finalmente

CNT: serve para buscar as normas redactadas por cada Comité Técnico de Normalización de AENOR., ex. “AEN/CTN 207

Transporte y distribución de energía eléctrica”. Os criterios son os mesmos que para buscar polo ICS.

Novedad: normas UNE publicadas, aproximadamente, nos últimos 30 días.

Fecha de: limita os resultados pola data de edición ou anulación da norma.

Premer no botón Buscar para lanzar a busca e descender pola barra de desprazamento para ver os resultados.

Page 7: Normas técnicas para as enxeñarías da EUP: guía de busca

AENORmás

RESULTADOS

AENORmás permite visualizar o texto completo das normas vixentes e das anuladas. Só hai que picar no símbolo na

marxe dereita.

Para ver unha descripción completa da norma hai que picar no seu

código. Móstrase información de moita utilidade como o código de

clasificación ICS ao que está asignada, o comité normalizador, as

equivalencias con outras normas internacionais, a norma á que anula

ou pola que é anulada,... así como un estracto do seu contido.

SAÍR DA SESIÓN

Premer “Desconectar” (marxe superior dereita) ao rematar a consulta.

Page 8: Normas técnicas para as enxeñarías da EUP: guía de busca

IEEE Xplore Digital Library contén a literatura científica e técnica sobre enxeñaría eléctrica e electrónica publicada polo

IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers) e polos seus socios editoriais. Ainda que non se trata dunha base de

datos especializada en normas técnicas, si inclúe un buscador específico para este tipo de documentos (obxecto desta guía).

ACCESO

O acceso está restrinxido ao equipos conectados á rede da UDC (desde fóra da Universidade hai que acreditarse). Localízase

a través de:

1. A web da Biblioteca da UDC, apartado Biblioteca dixital: picar en Bases de datos e logo seleccionar IEEE Xplore.

2. A web da biblioteca da EUP, baixo o epígrafe Consultar: elixir Biblioteca dixital e picar en Acceder a … Bases de

datos, IEEE Xplore.

OPCIÓNS DE BUSCA

As buscas de normas técnicas en IEEE Xplore pódense realizar como calquera outra búsqueda desde a páxina principal ou

desde Advanced search. Logo habería que limitar os resultados polo polo tipo de documento (seleccionar Standards e picar

en ).

IEEE Xplore Digital Library contén unha páxina para buscar só as

normas IEEE incluídas na base de datos. Para acceder hai que

seleccionar Standards na pantalla de inicio.

Este buscador recolle tamén a colección de normas do SMPTE (Society of

Motion Picture & Television Engineers).

Page 9: Normas técnicas para as enxeñarías da EUP: guía de busca

IEEE Xplore Digital Library

1. A busca By collection permite:

buscar polo número da norma ou por palabras do título da norma

recuperar as normas asociadas ás correspondentes categorías

2. A opción de busca By number presenta dúas alternativas:

Search by keywords …: serve para buscar directamente polo número da

norma (ex. 575) ou por palabras do título da norma (en inglés). Pódense

usar as comiñas para buscar frases exactas e o truncado ( * ) para

substituír cero, un ou máis caracteres das ditas palabras (ex. cabl*

recupera cable, cables e cabling).

Browse standard range: agrupa as normas polo seu número e recupera

aquelas que pertenzan á secuencia elixida.

3. A etiqueta By topic recupera agrupadas as normas que responden a cada

unha das 15 materias da clasificación temática.

4. A alternativa By ICS Code ordena as normas segundo a International

Classification for Standards elaborada pola ISO

Page 10: Normas técnicas para as enxeñarías da EUP: guía de busca

IEEE Xplore Digital Library

RESULTADOS

A subscrición da Biblioteca da Universidade da Coruña inclúe as normas IEEE e, polo tanto, a comunidade universitaria pode

descargar e imprimir o texto completo das ditas normas. As normas do SMPTE están excluídas da dita susbcrición.

Os resultados móstranse ordeados polo número da norma. Tamén hai a opción

de ordear da máis recente á máis antiga. [1]

Os resultados pódense limitar polo estado da norma (vixentes, anuladas,

borradores,…), polos “tipos de norma” (documento de norma, libro branco, …),

pola data de publicación, ou pola materia (este último filtro está disponible nas

opcións de busca By collection e By number). [2]

Para acceder ao texto completo, ao resumo ou ás sucesivas versións dunha

norma hai que picar en . [3]

SAÍR DA SESIÓN

Preme en Sing out situado na parte superior da pantalla.

[2]

[3]

[1]

Page 11: Normas técnicas para as enxeñarías da EUP: guía de busca

 

      

ORGANISMOS NORMALIZADORES

 

Asociación Española de Normalización y Certificación

  

Association Francaise de Normalisation

  

American National Standards Institute

  

British Standards Institution

  

European Committee for Standardization

  

European Committee for Electrotechnical Standardization

  

Deutsches Institut für Normung

  

International Electrotechnical Commission

  

International Organization for Standardization

 

Page 12: Normas técnicas para as enxeñarías da EUP: guía de busca

NORMAS EQUIVALENTES

Como saber se unha norma IEC foi adoptada como norma UNE? O Buscador de normas de AENOR permite descubrir que normas elaboradas polos distintos organismos normalizadores teñen o seu equivalente UNE. A diferenza de AENORmás, este buscador é de acceso libre. Só hai que:

Entrar na web de AENOR e seleccionar apestana Normas y Publicaciones. Abrirase aventá do buscador. Picar a opción Búsqueda denormas, avanzada.

Escribir o número da norma, sen siglas, na caixaEquivalencia, número. (ex. de busca IEC61821). Darlle a .

Na pantalla de resultados, picar no código danorma (UNE-EN 61821:2011) e confirmar aequivalencia.

Para visualizar o texto completo da norma hai que acceder a AENORmás e buscar polo código da norma UNE equivalente.

Page 13: Normas técnicas para as enxeñarías da EUP: guía de busca

 

   

EN QUE SE DIFERENCIA UNHA NORMA DOUTROS DOCUMENTOS TÉCNICOS?

Cando escoitamos a palabra norma o primeiro “obstáculo” co que nos afrontamos é o carácter polisémico do termo. Norma tanto pode ter o significado de regra á que axustar as tarefas ou actividades como o significado de precepto xurídico. É por isto que falamos de normas técnicas.

Hai normas técnicas con carácter legal? Como veremos, no eido técnico e industrial, existen termos e documentos relacionados cuxo significado convén delimitar para saber cando unha norma técnica é de obrigado cumprimento.

Especificación técnica é aquel “documento que especifica os requirimentos técnicos que debe satisfacer un produto, proceso ou servizo. Unha especificación técnica pode ser unha norma1, parte dunha norma ou ser independente de unha norma”2.

Regulamento técnico “especificación técnica relativa a produtos, procesos ou instalacións industriais, establecida con carácter obrigatorio a través dunha disposición, para a súa fabricación, comercialización ou utilización”3. O regulamento técnico é de obrigatorio cumprimento pois o responsable da súa aprobación é o lexislador4. Porén a norma técnica ten per se carácter voluntario xa que é un organismo normalizador o responsable da elaboración e ou aprobación desta. Os regulamentos técnicos complétanse con instrucións técnicas complementarias e guías técnicas (ex. REBT).

As instruccións técnicas complementarias (ITC) que amplían os regulamentos técnicos establecen a obligatoriedade da aplicación de normas técnicas como as UNE.

As guías técnicas ofrecen aclaracións que axudan a interpretar e a aplicar na práctica as prescripcións dos regulamentos e das ITC. Son elaboradas polo organismo correspondente segundo mandato legal mais teñen carácter non vinculante.

                                                            1 Véxase a definición de norma que aparece ao inicio desta guía 2 UNE‐EN 45020:2007. Normalización y actividades relacionadas. Vocabulario general (Guía ISO/IEC 2:2004) 3 Lei 21/1992, de 16 de xullo, de Industria 4 Busca deste  tipo de documentos en bases de datos espacializadas en lexislación como Iberlex, Tirant online e Westlaw (Aranzadi).