Nós, Tamén nº41

28
Publicación realizada polo EDLG do IES Saturnino Montojo Nº 41 Curso 2014-2015 13/14 E rematamos o curso namorados de Ferrol Cantabria Londres Pontevedra Roma As nosas aprendizaxes van moito máis aló das aulas

description

 

Transcript of Nós, Tamén nº41

Page 1: Nós, Tamén nº41

Publicación realizada polo EDLG do IES Saturnino Montojo Nº 41 Curso 2014-2015 13/14

E rematamos o curso namorados de Ferrol

Cantabria

Londres

Pontevedra

Roma

As nosas aprendizaxes van moito máis aló das aulas

Page 2: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

Para todos os que participastes activamente en Namorando de Ferrol.

Para Mª Xosé Martínez, Fran e Celia, que deixaron a súa pegada nos

nosos corazóns.

Para a calidade do pavillón, dos vestiarios e das mesas de pimpón.

Para os que usan os encerados dixitais.

Para o magnífico traballo das limpadoras que manteñen limpo o instituto.

Para os concursos de Dinamización.

Para as actividades complementarias e a actuación de Lilí Berlín, por

exemplo.

FEL FEL FEL FEL FEL FEL FEL para os profesores que nos esixen demasiado, cama se só nos tivésemos que ocupar da

súa materia

FEL para os compañeiros que molestan aos demais e non respectan o material de todos.

FEL para os adictos ás tecnoloxías: viven só por e para as máquinas!

FEL para os exames pola tarde.

FEL para os borradores que están feitos un noxo e para as persianas que non abren.

FEL para os que non manteñen limpos e coidados o instituto e a cidade.

FEL para o incumprimento da hora de lectura por parte dalgúns profesores

FEL para a herba das pistas que está sen cortar e cando cae un balón é difícil de ver.

DESPEDIDA Rematou o curso e os membros do Equipo de Dinamización Lingüística queremos agradecer a colaboración a todos os integrantes da Comunidade educativa que participaron connosco, sen eles o noso labor sería practicamente imposible. Estamos moi satisfeitos do resultado da maioría das actividades que se realizaron e que axudaron a darlle visibilidade á nosa lingua de maneira interdisciplinar e globalizada, pois nunca contamos coa colaboración de tantos departamentos. Ademais das actividades xa clásicas de visita de escritores, cine, teatro, saídas culturais, recitados, club debate, exposicións, xogos... este ano desenvolvemos dous proxectos novos : Namorando de Ferrol e Correspondentes xuvenís que nos permitiron navegar en galego en novos mares e enrolar na nosa tribulación a novos “ mariñeiros da linguaxe” como dicía Celso Emilio. O achegamento á nosa cidade e a información de primeira man sobre todos os temas de interese para os rapaces foron os eixos sobre os que rodaron estes proxectos. O curso que vén seguiremos bogando con ilusión e esperamos seguir contando convosco.

Feliz verán!

Dirección: EDLG (Carme Fernández e Corona Tato) e equipo redactor (Irene Arto, Mateo Buján, Sandra Díaz, Darío García, Sara González, Laura Lage, María Prieto Saavedra, Mª Prieto Solano, Marta Rodríguez, María Suárez e Nerea Teijeiro) Colaboradoras imprescindibles: Mª José Beceiro, Mª Xosé Martínez, Victoria Piñeiro, Mª Ríos, Fran e Jose, Montse. SUMARIO:

PORTADA MELES E FELES MÚSICA CINE

COLABORACIÓNS ARTE E DESASTRE ENTREVISTAS NAMORANDO DE FERROL

PERSOEIROS QUEN É QUEN AS VIÑETAS DE FRAN DESPEDIDA

Moitas grazas a todos os colaboradores e colaboradoras de Nós, Tamén. Seguimos contando convosco.

Page 3: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo Montojo

Adeus a dous colaboradores deste xornal e das nosas actividades

de Dinamización lingüística.

Fran só levaba tres cursos connosco, pero foron suficientes para

deixar unha profunda pegada no instituto, porque ademais de ser un

profesional eficiente e responsable, é unha persoa polifacética,

creativo e participativo en todas as actividades do Centro. Deulle un

estilo propio ás súas tarefas e facilitou o traballo de todos:

- Converteuse en colaborador da Revista Nós, Tamén coa súa sección

de viñetas.

-Dinamizou os recreos seleccionando música para todos os gustos.

-Foi nun apoio inestimable á hora de preparar a megafonía, canóns,

ordenadores, mezclas.... En calquera acto que se celebraba no centro.

- Colaborou coas súas habilidades musicais e plásticas nas actividades

do Departamento de Plástica: Flash Movie, A instalación artística do

proxecto Namorando de Ferrol...

- Foi paciente con alumnos e profesores e atendeu as nosas peticións

sempre cun sorriso, aínda que chegaramos con toda a présa do mundo

a facer fotocopias.

Todos estamos de acordo en que Fran enriqueceu o noso Equipo de

Dinamización coas súas impagables contribucións e por suposto ao

noso instituto en xeral.

A outra colaboradora que nos deixa é Mª Xosé Martínez , ela é unha especie chave no noso traballo

de Dinamización e tamén no instituto, pola súa valía , pola súa capacidade

de comunicar, por ser a mellor compañeira , pola súa xenerosidade, honradez,

humildade e pola súa boa disposición a axudar aos demais.

É certo que os alumnos aprecian a Mª Xosé, conectan con ela e a buscan,

incluso para falarlle de temas persoais polos que están preocupados, pero

é que Mª Xosé ten unha vocación innata e unha conexión con eles que

consegue sacar o mellor de cada un. É capaz de emocionalos, de interesalos,

de motivalos... E iso é tan importante!

Por iso todos os alumnos deberan ter por lei o dereito a gozar dunha

profesora como Mª Xosé, porque non só ensina Lingua Galega, ela contribúe

a desenvolver a personalidade e a intelixencia emocional dos rapaces como

moi poucos poden facelo.

En definitiva o labor de Mª Xosé nas aulas contribúe a facer máis felices ao

nosos rapaces e máis responsables e sensibles aos futuros adultos.

Tamén os compañeiros imos botar de menos a Mª Xosé, porque persoas coma

elas son irremprazables, e non nos referimos só a súa participación en tantas

actividades docentes : no departamento, no Consello Escolar, nas actividades

complementarias, na tarefa da dinamización lingüística na que traballou

arreo, referímonos a súa calidade humana, a súa personalidade

independente que lle permite analizar os problemas desde todos os ángulos

e que respecta e mellora a liberdade dos demais. Dicía Nelson Mandela que unha boa cabeza e un bo

corazón son sempre unha combinación formidable e cremos que é unha frase perfecta para definir a

Mª Xosé.

Page 4: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

Este ano a Sociedade Filarmónica Ferrolana tivo a xentileza de

convidarnos aos seus concertos no Teatro Jofre. Incorporámonos no 4º concerto da

tempada co pianista cubano Cecilio Tieles. E o que parecía unha empresa imposible,

asistir a todos os concertos fóra do horario lectivo, fíxose realidade. Para algúns dos

alumnos era a primeira vez que asistían a un concerto ou escoitaban unha orquestra en

directo e nalgún momento da nosa tempada de concertos ata houbo lista de espera. De

feito tivemos que completala coa asistencia a dous concertos no Conservatorio de Ferrol,

tamén en horarario non lectivo. Moitas grazas a Sociedade Filarmónica por permitirnos

vivir esta experiencia e achegarnos a músicas e espazos musicais da nosa cidade

descoñecidos para moitos de nós. A que unha sinfonía ten varios movementos e non se

pode aplaudir no medio? Podedes ler os comentarios dalgúns dos asistentes.

Mércores 26 de febreiro

Cecilio Tieles – Piano

Obras de Chopin, Moussorgski e compositores cubanos

(Cervantes, Vitier, Lecuona e White)

Venres 28 de marzo

Real Filharmonía de Galicia – Piero Lombardi (director)

Obras de Mendelsshon, Haydn e Mozart

Xoves 3 de abril

Orquesta Sinfónica de Galicia – Dima Slobodeniouk (director), Julian Steckel (cello)

Obras de B. Bartok, Dutilleux e Schumann

Luns 28 de abril

Khowoon Kim – Piano

Obras de Bach, Martin, Granados e Beethoven

Luns 12 de maio

Camerata Boccherini – Massimo Spadano (director)

Obras de Haendel e Vivaldi

Page 5: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

O concerto foi moi completo, parécenos que o pianista ofreceu una interpretación moi coidada e cun matiz moi persoal de todas as pezas. Destacaríamos os matices e un sentido do ritmo moi libre.

Clara, Álvaro e Iago – 1º A ESO Moussorgski

Esta experiencia e distinta ás que estamos acostumados a ter. Ademais de ser entretido, aprendemos como é un concerto de música clásica en estado puro. E temos un punto máis na materia ;-) Estamos desexando volver.

Ángela, Lucía, Isabel e Alejandra – 3º C ESO

Haydn e Mozart

Schumann

A segunda metade do concerto foi impresionante xa que houbo moita percusión e notas moi graves. Á saída un personaxe pintoresco de Ferrol (canta na rúa cunha guitarra) preguntoulle a Victoria se era a directora da orquestra e por que non marchaba no bus co resto dos músicos!

Antonio e María – 3º C ESO

Bach e Beethoven

Sorprendeunos moito o rápido que podía tocar o piano, con esa elegancia e durante tanto tempo. Víase moita expreriencia e ofreceu unha grande actuación. A pesar da complexidade e duración do programa fíxose ameno, xa que non había moitas repeticións e si moitos cambios rítmicos. Chamounos a atención o cambio de vestiario.

Álvaro, Nacho, Patricia e Sara – 4º B/C ESO

Haendel e Vivaldi

Sorprendeume porque nos gustou moito, nunca asistiramos a ningún. As pezas eran animadas e moi rápidas, non cansabas de escoitalas. Sempre é unha experiencia positiva asistir a un concerto nun escenario como o do Teatro Jofre. Notábase moito o traballo e a calidade dos músicos. Gustounos especialmente a solista, que debutaba ese día; era moi nova e tocaba marabillosamente o violín.

Manuel, Carmen e Sonia – 4º C/D ESO

Page 6: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

Un ano máis vestímonos de gala para celebrar as Letras

Galegas e os grandes espectáculos achéganse a nós. O

martes 20 de maio ofrecéronse dúas representacións do

Cabaret Lilí Berlín no Salón de Actos do Centro para todos os

alumnos. Blanca Cendán, actriz de teatro, cine e televisión, é

unha grande coñecedora do xénero, sendo directora do CDG

levou aos escenarios de boa partes da xeografía española “A ópera dos tres reais”, unha

adaptación da obra de Kurt Weill, con Luis Tosar dando vida a Mackie da Faca e na que

tamén participaba Suso Alonso, pianista e compositor, gañador do premio María Casares

no ano 2009 á mellor música orixinal por “OBRA no Comment”.

Ese mesmo día os alumnos de 1º de BAC convertéronse nos animadores e

moderadores do concurso “Litelingua”, no que participaron varios alumnos de 1º de ESO.

Blanca Cendán métese na pel de Lili Berlín, unha diva extemporánea e algo tola, que

é, tamén, testemuña privilexiada dos séculos nos que asenta a cultura e expresión

contemporánea europea. Esta amante de Chopin que, firma un pacto co demo para

permanecer inmortal xunto ao seu músico Berg, logo de ser eclipsada polo estrelado e a

fama da Dietrich, percorre os cabarés de medio mundo, fuxindo dos poderes establecidos

que a perseguen alá onde se instala. As

mellores músicas da Europa de

Entreguerras (composicións de Kurt Weill,

Lilí Marlene, La vie en rose…) acompañan a

nosa diva no seu periplo europeo ata que

decide cruzar o charco. Os tangos de Gardel

ou as referencias a Marilyn Monroe

marcarán a súa aventura americana ata

volver a Alemaña dos anos 80 co techno de

Kraffwert.

Da fonte inesgotable do cabaré bebe o espírito deste espectáculo, «que medra na

ironía, no humor, na militancia libertaria, na improvisación, na ambigüidade e na crítica

Page 7: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

política e social que fixo do xénero a arma de combate dos

intelectuais alemáns fronte ó nazismo», segundo palabras

dos seus produtores.

A posta en escena é tamén herdeira deste espírito e

os momentos de improvisación e interacción co público

foron memorables, esa charla en alemán cun alumno que

pasou parte da súa infancia en Suíza; os momentos nos

que a diva percorría o patio de butacas, sementando o

pánico, a busca dunha nova vítima ou os nosos alumnos interpretando aos parteneres da

cantante. Inesquecible! Por non falar do momento en que, para deleite dos alumnos, se

recrea unha taberna portuaria na que se pode montar bulla!!

Blanca, ou Lilí, canta en galego, alemán, inglés, francés…

no rexistro que mellor lle acae as cancións de Weill,

situando a súa Lili no ronsel de divas como a Dietrich ou

Lotte Lenya, sobre un leito de arranxos musicais no que

se albiscan as mans de Alonso. Unha homenaxe as

Letras Galegas e a todas as Letras, á cultura e á música.

Lili Berlín Cabaret avala súa traxectoria con máis de 200 representacións pola

península Ibérica, Portugal, Mozambique, Croacia… Tamén estiveron con nós, grazas!!!

Lembrades que no número anterior desta revista apostábamos

por Berrogüetto e o TAC para os I Premios Galegos da Música?

Acertamos! As dúas formacións levaron o premio nas súas

categorías, folk e música clásica e contemporánea, respectivamente.

Nesta primeira edición participaron máis de cincocentos proxectos

repartidos nas trece categorías do certame. Noraboa!!!

Pero temos unha mala noticia, Berrogüetto, despois de dezaoito

anos de éxitos, premios, concertos… e sobre todo boa música, está a realizar a súa

derradeira xira nas principias cidades galegas. Dende aquí o nos cariño, sempre!, a nosa

admiración, incondicional!!, pero sobre todo o noso

agradecemento por terse convertido nunha das

mellores bandas de música do seu tempo e no

referente para a música folk galega. Ata sempre!!!

Page 8: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

Este ano a cita é do 17 ao 20 de xullo. Un ano máis a vila

ortegana volverá a encher as súas rúas de música, baile e

diversión.

A Royal Burgh of Renfrew Pipe band, banda escocesa de

Glasgow, estará no festival dende o xoves.

The Chieftains, Milladoiro, Bellón Maceiras Quinteto ou o

espectáculo dos bretóns Bagad Kemper e Red Cardell son

algunhas das apostas desta edición.

WOMEX, a máis importante feira profesional de ‘world music’ do mundo, segundo a

UNESCO, e que inclúe músicas de raíz, folk, étnica, tradicional, alternativa e da diáspora,

celebrará a súa vixésima edición en Santiago de Compostela do 22 ao 26 de outubro de

2014, tendo unha programación especial precisamente por esta efeméride.

Cidades como Berlín, Bruxelas, Estocolmo, Rotterdam, Copenhague, Tesalónica ou

Cardiff acolleron edicións anteriores e dous

lugares arquitectónica e culturalmente

únicos: a cidade histórica de Compostela e a

Cidade da Cultura de Galicia, albergarán o

Womex 14.

Womex Day: Tradefair, films, premios, conferencias, networking... A feira

profesional que reúne a máis de 2.000 delegados celebrarse no recinto do Museo

Centro Gaiás da Cidade da Cultura.

Womex Night: DJ Summit e Showcases: Os 60 showcases que se celebrarán

durante as tres noites do WOMEX repartiranse por diferentes recintos e prazas da

ciudade: Praza da Quintana, Teatro Principal, Salón Teatro, Auditorio NovaGalicia

Banco e Sala Capitol.

Page 9: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

O venres 23 de maio celebrouse no Salón de Actos do

IES Saturnino Montojo a graduación dos alumnos de 2º de

Bacharelato. Un ano máis o salón de Actos ficou pequeno,

había xente ata no corredor. O discurso do noso director

Luis López Bergantiños abriu o acto, animandoo aos

alumnos cos seus futuros estudos sen deixarse influenciar

polo panorama actual. O momento máis emotivo chegou coa mención ás profesoras Celia

Fernández Cebreiro e Mª Xosé Martínez Bengoa, que se despiden de nós este curso, deixando

unha pegada imborrable.

Pablo Macho, Marta Plumed e Ricardo Lara agasallaron

aos seus titorandos cuns discursos entrañables nos que se

falou da vida, do futuro... pero tamén da amizade! E chegou o

momento das lembranzas e anécdotas vividas no Saturnino

Montojo nestes anos...

conservade esa memoria!

O compoñente artístico puxéronno os propios alumnos con tres

brillantes actuacións: Mario Balsa e Daniel Portas interpretaron

ao piano unha sonatina de Diabelli; seguindo co piano a catro

mans, pero engadindo á cálida voz do oboe con Ángel Couselo

ofreceron unha adaptación da canción “O amor é algo marabilloso”; e o

broche de ouro veu da man de Victoria Martínez cantando “Vivo por

ella” co acompañamento de Daniel Portas. Este ano os alumnos

elaboraron unha montaxe

de vídeo para a súa

presentación. Victoria Piñeiro, a vicedirectora,

preparou unha selección de fotografías da vida

escolar desta promoción que deu paso á entrega de

orlas.

Este ano os pinchos trasladáronse ao ximnasio por

mor do tempo e coma todos os anos, insuperables! Fran encargouse de que non faltara a música e

do remate da festa, un karaoke no que os maís atrevidos demostraron a potencia das súas gorxas.

A noite non facía máis que comezar!! Sorte a todos!!!

Page 10: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

NOS TAMÉN APOIAMOS O CINE

Os alumnos de 1º de ESO recomendan películas actuais e outras xa convertidas e clásicos

dos nosos tempos.

MALÉFICA É unha película impresionante, versión da Bela Adormecida na que a bruxa que

obriga a rapaza a pincharse cunha agulla, é boa. O malo é o pai. No tráiler,

aínda que a bruxa semelle mala , cóllelle cariño á súa afillada. Por iso desvélalle

o seu segredo: as outras fadas bótanlle un meigallo para que ela se volva mala

ata que queira a alguén coma un igual…

A película é unha aprendizaxe sobre a vida: pódense facer moreas de cousas e chegar a coñecer milleiros de persoas, malia os problemas, as enfermidades que se poidan ter… Aínda que non encaixes… Se o queres, conséguelo.

Álex Fonticoba Formoso Hai que salientar a valentía e a forza do personaxe: fai o que se propón e non lle importa o que digan os demais.

Ángela Fernández Pita

O que máis me gustou foi a orde cronolóxica da película: a aprendizaxe inicial do cabalo co rapaz, a perda e a separación, o reencontro despois de tantos anos sen verse e de tanto sufrimento Fai apreciar a vida, cada un dos seus momentos, dos seus segundos…

Álex Fonticoba Formoso

Gustoume moito porque me encantan os cabalos, malia a dor que sentín polo sufrimento ao que someteron ao cabalo: tratábano como se os cabalos non tivesen

sentimentos. Aí, na guerra, matábanos cando xa non podían máis, obrigábanos a tirar dos tanques… Debían castigalos a todos por maltratar aos pobres cabalos…

Ángela Fernández Pita

É unha película de acción que me permitiu coñecer personaxes da historia grega como Patroclo, Príamo, Menelao ou Agamenón. O heroe máis admirable é Héctor, que deu a súa vida por salvar a súa patria e defendeu ao seu pobo ata o final. Os personaxes máis rexeitables son Agamenón e Menelao porque só pensan en conquistar outras terras e saquealas. O momento máis emocionante e tráxico é o combate entre Héctor e Aquiles.

Sandra Díaz

O heroe máis admirable é Aquiles porque, malia ser grego, namora dunha troiana.

Ángela Fernández Pita

Page 11: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo Montojo

O VELEIRO. Hai algúns anos, este pareceríame un conto de nenos pequenos, deses que che contaba a túa nai antes

de durmir e ti ilusionábaste con eses trasnos, meigas, xigantes...

Ben, eu sitúo esta historia na fermosa Galicia, cos seus regatos, árbores, aldeas, gando, etc.

Eu vivía alí, na miña aldea, cos meus pais e os meus amigos e coñecidos. Debería falar da miña familia posto que é o

máis importante do mundo. Pero esta historia implícaos máis a eles, a María, a Xoán e a Pedro; aos meus compañeiros de aventura,

os meus amigos.

Un pode dicir que ten moitos amigos, pero non sempre pode dicir que sexan de verdade. Eu non podía dicir iso dos meus amigos

ata aquel día, o día do veleiro.

Quedaramos na casa de Xoán para ir dar unha volta coas bicis. Cando tiñamos todo preparado ocorréuseme a idea de fabricar

barquiños de papel e logo lanzalos por un río no alto da montaña. Aquel río era interminable e perdíase polo bosque adiante. Tamén

era moi perigoso, as súas augas eran turbulentas e espumosas.

Pero eramos nenos, non pensabamos no perigo, só na aventura. Así dispuxémonos a fabricar os barquiños.

Quedaron preciosos: o de Xoán era azul, coma os seus ollos grandes e penetrantes; o de Pedro era verde, e demostraba o afán que

tiña pola natureza; o de María era vermello, coma o seu carácter forte e imperturbable; o meu era amarelo, coma unha margarida

fermosa pero sinxela.

Collemos as bicis e as mochilas e emprendemos o camiño. Despois dalgunhas horas por fin chegamos. Agora había que buscar un

lugar ao sol para comer. Levounos un tempo pois as frondosas árbores non deixaban que pasara a luz do sol. Pero finalmente

encontramos un sitio para dar boa conta dos bocatas que as nosas nais nos fixeron con moito cariño.

Despois de comer era a hora de despedirnos dos veleiros, de dicirlles adeus e contemplar como desaparecían na infinidade do río.

O primeiro foi Xoán, e no momento no que o soltou o barquiño saíu disparado polas turbulentas augas. A segunda foi María que nin

sequera esperou a ver como navegaba antes de darse a volta. O seguinte foi Pedro que dubidou:

-Isto está ben? Estamos contaminando o río-dixo.

-Non digas parvadas, isto é biodegradable. O río debe de estar ben contento cos nosos barcos.-contestou María dunha forma moi

brusca.

-Pedro, non pasa nada, son só catro barquiños. Que dano poden facer?-dixen eu cun ton máis amable.

Ao final decidiu lanzalo. Despois do de Pedro só faltaba o meu. O último, o derradeiro, despois dese xa poderiamos marchar. E

sabedes que pasou?

Pois que tropecei e... CAÍN! Caín ao río! De todas as cousas que me podían pasar tiven que caer nese maldito río. Atravesei as augas

turbulentas con moitos golpes e feridas. As rochas desgarrábanme a pel e a roupa. Tentaba non afundirme, pero a auga metíaseme

pola boca e impedíame respirar. Pensei que morría, que aquel era o meu fin, alí ía acabar todo.

Pero de súpeto oínos. Eran Pedro, María e Xoán berrando o meu nome, nun intento de localizalos erguín a cabeza por enriba das

augas e vinos correndo coma tolos cara a min. .

Pedro foi buscar unha póla longa. Mentres Xoán e María colocáronse un en cada beira do río nun tramo onde as augas estaban ao

mesmo nivel da beira.

Cando Pedro atopou a póla lanzóullela a Xoán e María que a puxeron en perpendicular ao río, un suxeitándoa por un lado e o outro

polo outro lado. Entón Pedro saltou! Saltou a por min, endexamais pensara que alguén fose capaz de tirarse a un río cunha morte

case asegurada por min. Colleume do brazo e levantou a cabeza para ver onde estaba a póla. Finalmente agarrouse fortemente.

Estabamos salvados.

Non recordo máis nada, só oín o son da ambulancia e logo espertei no hospital cos meus pais e os meus amigos aos pés da miña

cama. Iso si que é a verdadeira amizade. Rocío Carpinteiro 2ª ESO A

Os profesores de 4º -B

Page 12: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega]

IES Saturnino Montojo Montojo

CERTAME LITERARIO COCACOLA

Por segundo ano consecutivo un dos nosos alumnos de 2º

de ESO pasa á final no Certame de Relatos de Cocacola.

Este é o relato de Hugo Paz, ganador da zona de

Ferrol, que foi agasallado cunha tablet.

O ruxido das canalizacións.

A billa non paraba de pingar, plic, plic, plic…

O son tensábao en exceso e, como el non sabía de billas, decidiu chamar ao

fontaneiro. Cando chegou, decatouse de que non era o fontaneiro doutras veces; este era máis novo,

tiña un matiz malvado na cara e era estranxeiro. Si señor!, era iso o que lle fixera sospeitar dende o

principio, xa que, á súa mente xenófoba iso lle asustaba. Ademais, o modo no que chegou, entrando á

casa como se fora a súa, non axudou a caerlle ben ao propietario. E a música…, esa música que levaba

posta nas orellas a todo volume anoxábao ata o límite. O fontaneiro rematou o seu traballo unha hora

despois. El estaba a ler no sofá e, cando o fontaneiro rematou, díxolle:

-Son 20 euros, señor.

Mentres cubría o talón todo estivo silencioso, e cando se foi, aínda máis. Xa non había ruídos que

interrompesen a súa apracible lectura.

Foi cear e, cando rematou, foi lavar a vaixela. Estaba a fregala cando, de súpeto oíu un son dende os

tubos. Era un ruidiño moi tenue e o primeiro que pensou foi:

-Ese fontaneiro… a ver se deixou un buraco nalgunha parte de tubo e agora se oe aos veciños.

Chamou a un veciño e díxolle o do seu problema cos ruídos nas canalizacións. A resposta do veciño foi:

-Eu non oio nada.

O que non dixo foi que era un pouco duro de oído.

Foi lavar os dentes, convencido de que eran alucinacións. Ía xa a gardar o cepillo e ir á cama cando

voltou escoitar uns ruídos nos tubos. Eran una especie de ruxidos. Iso asustouno, pensou, non metería

aquí unha bomba o fontaneiro! A verdade é que tiña pintas de ser árabe e cos árabes nunca se sabe…

Pensou que eran parvadas e decidiu arranxar a desfeita do fontaneiro (non tiña diñeiro para pagarlle

a outro).

Mirou e argallou e deu sacado a billa, pero non chegou aos tubos. Tras desmontar a billa oíase máis

forte o ruído. Derrotado e canso, arremeteu a golpes cos tubos, de súpeto oíu un pii, pii, pii… Pensou

rápido e tirouse pola ventá.

-É unha bomba! – berrou.

Pero antes de chegar ao chan escoitou.

-Son as once.

O que xa non puido pensar foi que, a golpes, acababa de sintonizar a Radio Galega, na radio somerxible

do fontaneiro.

Hugo Paz. 2º de ESO A

Page 13: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

CALIGRAMAS REALIZADOS POLO ALUMNADO DE 3º DE ESO

Piruetas no aire

sobre as puntas rosadas

como un cisne

como unha fada

Coa música se desliza

o tutú vaporoso

xira, xira, xira, xira

dando un salto fermoso

Clara Mariana

Síntome utilizado,

só cando chove son

usado.

Acaso do sol

non podo protexer?

ou a unha vella

axudar a non caer?

Se puidese falar,

todo sería diferente,

mais, mentres tanto

quedarei como son,

un ser inerte.

Lucía Huergo Pita –

Énchese de luz o ceo,

os pulmóns de ledicia tamén,

voa, voa o papavento

co vento que vai e vén.

Piruetas executa no aire,

voa, voa atolondrado,

fai debuxos imposibles...

Axiña cae desmaiado.

Ángela Costas Eimil – 3ºA

Page 14: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo Montojo

NEIRA VILAS: EXEMPOL DE VIDA Os alumnos de 1º de Bacharelato tiveron a sorte e o pracer de escoitar a un dos nosos grandes escritores, D. Xosé Neira Vilas. O motivo do encontro foi o aniversario do seu coñecido e internacional libro Memorias dun neno labrego, pero o faladoiro foi moito máis alá da literatura e produciuse unha auténtica conexión entre o personaxe que leva ás súas costas moita experiencia e sabedoría e os rapaces que non deixaron de atender nin un só instante. Foi unha lección de vida, de historia, de ánimo para afrontar as adversidades e levar sempre aceso o motor propio para conseguir as metas na vida. Aos seus 86 anos D. Xosé Neira Vila é un auténtico sabio da historia e capaz de transmitir, desde a experiencia, o seu saber, pero con humildade e moito sentido do humor. Despois da conferencia e a sinatura de libros concedeu aos nosos correspondentes unha entrevista. Velaí vai unha pequena mostra das preguntas que os alumnos lle fixeron no coloquio que seguiu á conferencia.

Hai algún truco para ser un grande escritor? -Para destacar en algo hai que poñer a andar o motor propio, pois o futuro está en cada un de nós. Tes que loitar polo que queres aínda que o camiño sexa duro. O que leva luz consigo, con frecuencia queda só, pero segue adiante acompañado do seu saber científico. Pois está claro que serás o que deberás ser, ou non serás nada.

Que influencia ten a súa longa estancia en Arxentina e Cuba na súa traxectoria profesional? -Para min a emigración foi unha apertura ao mundo. Deume a posibilidade de estudar, de acceder á literatura universal, de poder cursar música no conservatorio.... En España estaba todo prohibido e non se dispuña de medios económicos. Por que escolleu o galego como lingua para a súa literatura? - Comecei a escribir en Lingua Galega porque era a lingua que coñecía. Eu non entrei en contacto co castelán ata que cheguei á escola na que existía a orde de impartir todo en castelán. Na aldea os rapaces non querían que se lles escoitara falar en castelán, porque iso era sospeitoso, non era natural. Os que falaban castelán era os representantes da xustiza ou os que viñan embargar unha leira. Máis tarde fago uso do galego de maneira consciente. O feito de escribir en galego dáme dobre estímulo: enriquecer a nosa literatura e cultivar a miña vocación galeguista. Nunca, nin antes, nin agora podo separar a miña vocación literaria da miña vocación galeguista. Na emigración a nosa lingua era como unha bandeira, como o DNI que nos diferenciaba. Eu anotaba moitas palabras para non esquecelas. Os complexos co galego téñenos galegos que están aquí, nunca os que están fóra, que o recoñecen e o valoran. Hai complexos que veñen de lonxe! Que consellos lles dá aos mozos que teñen que marchar para atopar un futuro? -Eu creo que o mundo é de todos, e todos temos o dereito e o deber de progresar. Pero considero que emigrar é prexudicial para o país, pois marchan homes e mulleres sans, con iniciativa e en idade de traballar. Ademais a emigración de hoxe é

Page 15: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo Montojo

moito máis prexudicial cá doutrora. Antes eran os campesiños e xornaleiros os que marchaban, hoxe son os mozos e mozas máis formados polo que a perda para o país é moito maior. Desde o punto de vista persoal claro que todos temos dereito a emigrar para mellorar a nosa vida e para atopar as oportunidades que se nos negan. Canto ten de autobiográfico o personaxe de Balbino? -Pois eu son Balbino e á vez non o son. As miñas circunstancias persoais non eran as de Balbino exactamente, pero todo o que o rodea si que o temos en común: os costumes, as relacións na aldea, as festas, a escola, as relacións dos nenos... Algunha vez pensou en quedar fóra e non regresar nunca á terra? -Sempre tiven afán de retorno e emulando a Castelao podo dicir que vivín sempre en Galicia, e traballei sempre en galego: publicacións, libros, colaboracións. Moitos emigrantes non volveron, ou ben porque non xuntaron cartos para facelo ou porque fixeron novas familias. Eu tiña claro que un día volvería e miña muller quixo vir. O difícil é retornar cando a familia se instala no país de acollida. Que lle parece a situación do periodismo en galego hoxe en día?

-Pois con moito camiño por percorrer. No meu caso, malia as proposicións que me fixeron para escribir en castelán , eu unicamente fago periodismo en galego, pois é a maneira de non traizoar o meu labor de tantos anos a prol do galego. O idioma basicamente é oral, o seu futuro depende de nós. Hoxe o que máis vale en Galicia é o idioma que temos, pois é a máis grande creación do noso pobo. Tede en conta que a nosa lingua vale na medida en que a falemos, pois o uso oral é o máis valioso dun idioma. Que o que máis lle inspira á hora de escribir?

-A idea está de antes. O peor é non ter nada que dicir, pero ese non é o meu problema. Teño moitos proxectos, tantos que non me chegaría o tempo aínda que vivira ata os 100 anos. Lembrade o que dicía Edison : "Calquera obra humana precisa o un por cento de inspiración e o resto de transpiración”. É lícito ser ambicioso, pero sobre todo ser tenaz e perseverar no esforzo. Aproveitar todo o que vos rodea, pero sobre todo o voso propio motoriño. Cambiou moito a vida dun neno como Balbino na rural galega? -É moi diferente. O pensamento dun neno de hoxe vai moito máis alá: accede a escola, aos libros, ao teléfono e aos ordenadores que lle abren unha órbita inesgotable. Un Balbino de hoxe conta con moita información para trazar o seu futuro. Actualmente ten unha fundación en Gres, cal é o seu labor fundamental? - Doei a casa de meus pais antes de saber que ía vir para Galicia; a Xunta restaurouna e actualmente acolle unha biblioteca pública e un museo etnográfico.

Un dos nosos correspondentes, Mateo, non se resistiu a facerlle a seguinte pregunta, coa que concluímos, moi agradecidos, esta entrevista: Cal é o truco para vivir tanto e poder seguir transmitindo paixón polo que se fai? -Para vivir moitos anos hai que manter o sentido do humor e cantar algo todos os días. Meu dito, meu feito. Antes de írmonos, D. Xosé Neira Vilas contounos un chiste que nos fixo rir a todos. Sen dúbida xa contribuíu a facernos mellores persoas e máis lonxevos.

Page 16: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

E outra vez máis estamos aquí con esta nova edición de

comentando todos os apartados de arte que vimos este curso.

Comezamos co máis próximo aos alumnos: os debuxos da aula de plástica, a

pequena exposición do día da muller e a exposición da Fundación Novacaixa

Galicia, así que agora, na recta final deste curso 2013-2014, saudámosvos e á

vez, despedímonos ata quen sabe cando. Feliz Verán!

Na nosa aula de plástica, varios alumnos de Montse, que están na ESO

fixeron una serie de magníficos debuxos a carboncillo da famosa estatua do

corpo dunha muller.

Día da muller

O pasado día 8 de Marzo, foi o día da muller, día no que se conmemora a loita da muller pola súa

participación, en igualdade co home, na sociedade

e no seu íntegro desenvolvemento coma persoa. E

no IES Saturnino Montojo quixemos

conmemorar a todas esas mulleres, tanto a aquelas

que loitaron polos nosos dereitos coma as que hoxe

nos rodean na nosa vida, dunha maneira un tanto

peculiar, coma sempre, cunha exposición que estivo exposta na cafetería do noso

instituto e que todos puidemos ver.

Page 17: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

Exposición Namorando de Ferrol

É curioso o que sucede cando vives nunha

cidade toda a túa vida, ao estarmos acostumados a

velo sempre, non nos decatamos dos sitios

magníficas paisaxes fermosos que hai, das

que podemos contemplar ou das múltiples

actividades que podemos realizar na nosa cidade, así

que co gallo de todo o despregamento para

achegar aos ferroláns a Ferrol e namoralos del, os

alumnos de toda a ESO fixeron máis de 600

barquiños de papel, podédes imaxinar

O motivo foi que na Fundación Caixa Galicia

fixemos unha exposición con obras dos alumnos de

4º da ESO, os nosos profesores Montse Gutiérrez e Alberto Toval e o noso agora

exconserxe, Fran Pereira. Todos eles nos achegaban

as súas persoais visións da nosa cidade, tanto da

sociedade coma dos nosos edificios, mesturando

imaxes actuais e outras máis antigas, todo isto

amenizado co ritmo dun famoso grupo de ferroláns,

sóanvos?

Los Limones

Entón quedou unha magnífica exposición con todo tipo de arte, dende

debuxos ata caricaturas.

“A vida enteira é arte...arte que nace e morre nun mesmo.”

Page 18: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo Montojo

O noso correspondente Manuel Bujan desde a UNIVERSIDADE DA CORUÑA:

Cando desde o Equipo de Dinamización do Montojo me

propuxeron colaborar no Xornal Nós , tamén, eu díxenlle que si, que non había

problema ningún. Mais, foi no momento de poñerme a escribir cando, de súpeto, chegaron todos xuntos. Voulles contar que a Universidade non é tan bonita como a pintan? Dígolles que tamén nós, os universitarios, nos queixamos arreo? Tampouco é para poñerse así, non vou ser tan negativo; a Universidade tamén ten cousas boas. Eu estou estudando o Grao en Inglés na Universidade

da Coruña. A nosa facultade está no alto do Campus da Zapateira, que non é para nada un campus

semellante ao que ten a UDC en Ferrol. A parte mala é que estamos lonxe do resto das facultades, e rodeados de monte, toxos e liñas de alta tensión; mais a boa é que temos as mellores vistas de toda a cidade. Para chegar á nosa facultade, o intrépido visitante terá que subir, sen esaxerar moito, por unha zona de empinadas curvas pechadas. Somos poucos alumnos e os corredores da facultade están bastante baleiros; pola tarde semella unha facultade fantasma. Como boa facultade de letras que somos, temos unha das máis grandes bibliotecas de todos os campus e por iso en época de exames, xente doutras carreiras sobe para estudar na “nosa” biblioteca.

Debido ao Plan Bolonia temos sesións de clases grandes, medianas e pequenas. Nas pequenas, dependendo do día, podemos chegar a ser só tres ou catro persoas. Expoñer en clase, poucas veces significa facelo diante dunha morea de xente descoñecida, pois nunca somos moitos e todos nos coñecemos. Nas sesións grandes, os días que máis xente hai, seremos uns 60.

Claro que non todo son aspectos positivos. Moitas veces os profesores e as profesoras non son todo o bos que poden ser, e cando chega a hora dos exames atópaste cun temario que non esperabas, ou

dáste de conta de que simplemente non sabes que é o que realmente entra. Noutras ocasións semella que todos se poñen de acordo para mandar os traballos importantes nas derradeiras semanas de clase. Tampouco hai moita coherencia á hora de publicar as notas e en vez de subir as táboas ao Campus Virtual, moitos profesores unicamente as colgan nos taboleiros da facultade e temos que subir expresamente para miralas. Se temos sorte e funciona o sistema, as veces as notas chégannos ao móbil.

O emprego das novas tecnoloxías é moi irregular por parte do profesorado. Iso por non falar da inestabilidade do sistema, pois xa van dúas veces que caen os servidores do Moodle cando máis falta fan: ou en época de exames ou cando empeza o curso; mais semella que xa está arranxado . Pouco a pouco vaste adaptando a todo, pero o peor chega cando cres que te equivocaches de carreira, e tes moitas dúbidas. Estas adoitan ser pasaxeiras e xurdir, na meirande parte, en época de exames, no meu caso. Pero creo que é algo natural, xa que falando así entre clases, á outra xente tamén lle pasa. A carreira non sempre é como un agarda que sexa, non todo son materias que te interesan e moitas veces tés clases que preferirías non recibir.

Algo moi interesante na universidade son as amizades que un fai. Agora coñezo xente de lugares que antes nin sabía que existían. Podemos estar tomando algo nun bar xente das catro provincias galegas e outros tantos de fóra de Galicia. Na miña clase hai xente de (anímovos a sinalar algún destes concellos nun mapa) Melide, Vimianzo, Castroverde, Guitiriz, Neda, Santiago, Camariñas, Celanova, Monfero, Vigo, Ponferrada… Isto faiche ver o mundo doutra maneira, eu creo que é das cousas máis importantes da universidade, pois sempre aprendes moitas cousas novas, e ademais as amizades, polo menos as que eu fixen, son impagábeis.

Uns traballiños por aquí, exame por alá, uns puntos de asistencia e participación e listo, xa temos a nota final. A isto témoslle que engadir unhas partidas na cafetería para pasar as horas mortas; algún que outro xoves, venres ou sábado de troula; excursións ao cine ou a parques da cidade e xa está, xa temos a nosa experiencia universitaria lista un curso máis.

Page 19: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

En Ferrol, un día calquera

Estou deitado no sofá, ao pé da cheminea na que estala o lume. Teño unha copa na miña man dereita. Coa man esquerda, caída con descoido, acariño a cabeza do meu can... ata que me decato de que non teño can. De súpeto, un calafrío percorre o meu corpo de pés a cabeza. Consigo manter a calma. Non sei o que estou acariñando en realidade, pero non podo mover a miña cabeza xa que podería ser a causa da miña morte. O lume continúa estalando. Despois duns segundos de extremo terror, comezo a levantar a

miña man, lenta e coidadosamente daquela... cousa ou ser que se encontra baixo o meu repousabrazos, ao mesmo tempo que que lle dou un sorbo ao licor da miña copa. Consigo pousar a man na miña perna e, de súpeto, escoito o son da radio, unha canción de música clásica, pero non lenta. O pánico apodérase de min. Comezo a perder o control do meu corpo avellentado ao son daquela melodía. Cun xiro brusco de pescozo, consigo apreciar cos meus ollos aquela cousa que con tanto desinterese e confianza estivera acariñando hai uns intres. O recordo do que pasara vén á miña mente... E alí, sentado no meu sofá, bebendo unha copa do mellor licor que tiña e escoitando a miña canción preferida, estaba eu acariñando o fermoso e suave cabelo da miña amada veciña, Ana. Dende aquela posición, escoito os choros e gritos da súa nai ao encontrar o seu delicado corpo de pel rosada, decapitado na súa cómoda cama. Candela Carballeira Riobó. 2º ESO B

VIAXE POR UN AMIGO

Alicia era unha das mulleres máis guapas de Ferrol, unha cidade ao norte de España. Todo isto contoumo meu avó antes de morrer. A única herdanza que me deixou foi unha caixa chea de fotografías dos lugares que visitara cando traballaba na Mariña Mercante. Dentro dese tesouro, vin unha que me chamou a atención : “Alicia Estévez, rúa do Sol, nº 23, Ferrol Voltarás a min”. O meu avó quería dicirme algo con esa nota e, nese momento, comprendín o significado : “vai a Ferrol e atopa a Alicia”. Como última vontade, decidín que nuns día iría alí. Reservei un billete e cheguei ata Santiago, dende onde fun en autobús cara a cidade onde debía buscar ao amor do meu mellor amigo, agora que xa non estaba. Mentres me dirixía á dirección indicada, na praza do Concello cruceime cunha muller “cuns ollos da cor do mar do Caribe”. Si, ela era a muller pola que eu viaxara ata alí. Perdoe, sinto molestala pero, é vostede Alicia Estévez? Si, son eu, que precisas? Son o neto de Javier Bélez, de Cádiz. Non pode ser, pero... Dixo xusto antes de caer ao chan. Sara González Veiga nº10 1ºBAC B

Page 20: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

MANUEL NÚÑEZ SINGALA

O noso admirado autor Núñez Singala cun ritmo pausado e envolvente, propio de quen sabe o que ten que dicir e non ten présa por dicilo, falounos das súas obras O achado do castro e Comedia bífida. Nun interesante relatorio, dos máis aplaudidos no noso centro, disertou sobre a arte de facer teatro, as diferentes interpretacións das súas obras –entre as que salientou a realizada polo grupo de teatro do noso instituto hai uns anos- e tamén da situación do galego, que trata acotío nas súas obras.

Comentou que o límite da nosa lingua é o límite do noso universo. Insistiu na importancia da diversidade cultural e en que nunca debemos limitar o coñecemento das linguas, porque nos engrandece.

Mateo Buján

ANDREA MACEIRAS: NUBES DE EVOLUCIÓN A xove escritora Andrea Maceiras visitou o noso centro e durante una hora achegounos as súas ideas, como naceu o libro, como crea aos personaxes… Andrea era una estudante que pasaba moito tempo na estación de autobuses para coller o bus de regreso a casa. Durante estas longas esperas, a súa mente viaxaba a outro mundo, o mundo da imaxinación, neste mundo naceu Uxío (o mozo loiro), Luis (o profesor) e Amanda (a protagonista).

Con esta historia, Andrea pretendía facernos ver a situación de cada personaxe: Amanda: unha nai adolescente que traballa todo o día e non ten

tempo nin para ela nin para a súa filla. Uxío: un mozo que está metido en problemas. Luis: o típico profesor que tras unha gran perda non volve a ser o

meso.

Os tres personaxes están unidos porque non atopan un lugar na sociedade e pola famosa pintada ( When will those clouds all disappear).

PELOS NA LINGUA Hai unhas semanas, os alumnos de 3º da ESO do IES Saturnino Montojo asistimos á representación da obra Pelos na Lingua, no teatro Jofre. A obra trataba sobre a nosa lingua, o galego, e incitaba ao público a reflexionar sobre os prexuízos lingüísticos que aínda perviven na actualidade e o desprezo que reciben os seus falantes. A interpretación corría a cargo de tres actores, unha moza e dous mozos, que representaban varias situacións comúns de xente que se avergonza de falar o galego. Algúns exemplos do ridículo da situación son as escenas nas que un pai traducía ao castelán as indicacións que un adestrador lle facía ao seu fillo, ou aquela na que un home quería operarse a lingua para sacar o galego. E, coma estas, moitas outras absurdas situacións. A verdade é que a obra foi moi entretida reflectindo unha realidade que non debería ser real, a dos desprezos que sofre a nosa lingua e que por desgraza seguen existindo na actualidade.

Isabel Gundín 3ºESO C

Page 21: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

“FERROL, FERROL, FERROL: ONDE EU NACÍN” --- SIRO LÓPEZ Recibimos no instituto, dentro do programa NAMORANDO DE FERROL a Siro López, caricaturista e xornalista ferrolán. Nace en 1943 na nosa vila, Ferrol. Combina durante toda a súa vida laboral o xornalismo co humor e caricatura política na voz de Galicia durante 30 anos. Neste tempo, tamén publica 14 álbumes de temática variada, entre

os que desatacan na década dos 90 “Cuentos de la mitología griega” da editorial Ediciones de la Torre, deseña a Praza do Humor da Coruña ou o editado en 2004 sobre a antropoloxía en relación cun proxecto. As súas exposicións estiveron presentes en lugares como a tenda de Sargadelos en Barcelona, a Casa de Galicia en Madrid ou no Palacio Municipal da Coruña. Actualmente, obras deste autor están en edificios de gran importancia coma o Parlamento Galego, o Ministerio de Sanidade e o Congreso dos Deputados. Dos contidos da súa páxina web (siroartista.es), convén salientar a entrada que lle dedica a Díaz Castro con motivo do día das Letras Galegas, destacando a importancia que ten para el o seu

libro “Nimbos” tanto no terreo persoal coma no profesional. Outro apartado importante é o que titula “Ferrol, Ferrol, Ferrol: onde eu nacín”. Algunhas destas caricaturas explican a orixe da súa paixón polo debuxo: o seu traballo de delineante na Bazán. Tamén me gustou moito unha frase extraída dun texto no cal explica que a pintura é o seu gran pasatempo, pero que unha imaxe non sempre é suficiente para expresar o que se sente, polo que precisa compleméntalo coa escritura. Os problemas chegaron coa publicación de certas caricaturas en 1974, polas cales o xulgaron dúas veces. En 1975, outra case lle custa o cárcere e un Consello de Guerra, do cal o indultou Juan Carlos I en 1976. Nas súas caricaturas están retratados todo tipo de personalidades pero tras a do gran músico Paul Mccartney, hai unha historia que conta na súa páxina, polo que se queredes coñecela, visitádea!

O

premio máis recente que posúe é a “8ª paleta de ouro” da asociación SAF (Sociedade Artística Ferrolá) entregada polo alcalde de Ferrol o 1 de marzo deste ano. Esta entrevista xurdiu cando Magdalena (a profesora de latín) nos suxeriu a idea dun traballo sobre mitoloxía e a súa presenza aquí, como colaboración no programa Namorando de Ferrol. Establecín o contacto con Siro e, cando llo comentei a Carme, comezamos a argallar todo isto, a contrarreloxo a causa da semana de exames vivida en 1º de BAC. Como o obxectivo do programa é mostrarlles aos propios ferroláns as cousas tan fermosas que hai na nosa cidade, pensamos que Siro López é o mellor exemplo para facernos conscientes disto. SARA GONZÁLEZ- 1º BAC

Page 22: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo Montojo

O paseo pola ría e a visita ao Castelo de San Felipe e ao porto exterior foi unha das

actividades que máis nos axudou a namorarnos de Ferrol.

A ría de Ferrol ademais dunha beleza incomparable reuniu

sempre as características ideais para que ao seu abeiro medrase

unha florecente industria naval e para que Ferrol se convertese

nun lugar estratéxico desde o punto de vista militar.

“Castelo de San Felipe prepara a artillería, que se achegan os

ingleses pola boca da ría", cantaban os ferroláns en 1800 logo

de vencer á poderosa flota inglesa na batalla de Brión.

Hoxe en día as fortificacións e as baterías de canóns do castelo

de San Felipe que servían para defender o

porto de Ferrol, apoiados co castelo da

Palma na beira de enfronte, xa non teñen

esa función. Agora son testemuña da

historia da nosa cidade e lugar privilexiado

para gozar da paisaxe e da natureza.

Navegamos nun día de sol de verán,

mentras unha guía nos explicaba o

significado das fortificacións, a historia dos

pequenos pobos mariñeiros, a importancia dos castelos…. ata chegar ao

porto exterior. Despois da parada no Castelo regresamos repasando a historia dos estaleiros e dos buques que se

atopaban neles: gaseiros, petroleiros, fragatas… que malia a crise, seguen sendo a base da economía da nosa cidade.

Foi unha interesante

experiencia, moi

próxima, pero que

moitos de nós vivimos

por primeira vez.

(Engadir algo dos

alumnos de Mª Xosé )

NAMORANDO DE FERROL COAS MATEMÁTICAS.

O martes día 10, mentres os alumnos de 1º de ESO e BAC navegaban pola

ría, os de 2º de ESO, acompañados polas profesoras Julia e Teresa , facían

un achegamento á cidade poñendo en práctica os seus coñecementos

matémáticos: o barrio da ilustración, a Praza de Armas, Herrera... serviron

para calcular áreas e distancias, aplicar teoremas... Resultou interesante

descubrir que todo na vila ten aspectos matemáticos: rúas, prazas, árbores,

sombras...

Foi unha actividade creativa, práctica e divertida.

Page 23: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo Montojo

Namorando de Ferrol cumpriu sobradamente as súas expectativas. Estamos moi satisfeitos, pois este curso a nosa Comunidade Educativa embarcou neste proxecto, dirixido polo Equipo Dinamización Lingüística, con moita ilusión e traballo. Proximamente aparecerá na páxina web unha memoria con todas as actividades. Parabéns e agradecementos a todos os que o fixeron posible. Estas foron algunhas das actividades:

CERTAME FOTOGRÁFICO : O Dep. de

Laboratorio de Imaxe montou unha exposición fotográfica que se inaugurou o martes, día 3 de xuño na sala de exposicións da Biblioteca da Praza de España. A profesora do ciclo, Mar Regueiro, e os alumnos de fotografía son os artistas e realizaron un interesante traballo.

O SECTOR NAVAL José Manuel Mouriz desde o Dep. de Economía elaborou una magnífica unidade didáctica que permitiu aos seus alumnos abordar as consecuencias do baixo nivel de actividade no sector naval na economía de Ferrol.

Estudaron as consecuencias sociais, humanas e económicas que o desemprego produce nas persoas que o padecen.

Ademais visitaron o extraordinario Museo da construción naval que deu aos alumnos unha visión histórica do sector.

Exponav é un museo abraiante, único no

mundo, realmente importante para a nosa

cidade, pois permite coñecer e sentirnos

orgullosos da nosa realidade industrial.

Atópase nun impresionante edificio do século

XVIII restaurado. A exposición inclúe unha

importante colección de desde o século XVIII

ata o presente. Coñecemos o desenvolvemento

da arquitectura e da construción e materiais.

Finalmente houbo unha mesa de debate, no noso Instituto, na que contamos con Carlos Agulló, director da Voz de Galicia en Ferrol, Roberto Calvo, representante do Comité de Empresa de Navantia e Antonio Tostado, presidente da Cociña Económica de Ferrol.

Déronnos unha visión moi preocupante da realidade económica da nosa cidade, pero tamén insistiron na

responsabilidade das novas xeracións para cambiar o rumbo.

Page 24: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo Montojo

FERROL: Un paseo pola mitoloxía grecolatina Desde o Departamento de Latín e Grego realizaron un magnífico traballo

consistente na búsqueda de pegadas da mitoloxía grecolatina en Ferrol: o

alumnado quedou abraiado, pois hai moitas que nos pasan desapercibidas en

lugares estratéxicos da nosa cidade.

A presentación que expoñerán o próximo venres 20 de xuño no salón de actos

parte de un laborioso traballo de campo e de investigación: buscaron e

fotografaron os monumentos e acompañáronos de lendas informativas.

Como exemplo temos a Vitoria de Asorey: Colocouse no 1949 e foi realizado

por Francisco Asorey. O monumento consiste nun obelisco de 15m de altura,

rematado nunha Vitoria de bronce. No pedestal, de granito, hai catro releves

de bronce e unha placa conmemorativa dedicada aos ferroláns que morreron

nas campañas de África.

A Vitoria é un símbolo que se remonta á Antiga Grecia, onde recibía o nome de Niké ou Nice.( …. )Era a

encarnación do triunfo. Agardamos que simbolice tamén a vitoria da nosa cidade sobre esa crise que parece

asolagarnos. Unha cidade que recoñece o legado do berce cultural occidental merece un futuro

prometedor.

TORRENTE BALLESTER E FERROL. O Departamento de Lingua Castelá participou no programa “Namorando de Ferrol” a partir da lectura e análise, por parte dos alumnos de 1º de BAC, da novela de Torrente Ballester, La boda de Chon Recalde. Trátase dun percorrido literario pola nosa cidade desde a visión do escritor ferrolán. Nós engadímoslle unha

perspectiva persoal que nos serviu para afondar no coñecemento, ás veces esvaecido, do noso espazo vital. Así, o noso esquema de traballo se estableceu da seguinte maneira: • Achegarse á figura de Torrente Ballester como persoeiro literario da cidade. • Recoñecer e valorar o espazo urbano de Ferrol e a súa bisbarra. • Analizar e interpretar a configuración da

súa sociedade e os seus trazos caracterizadores. • Valorar La boda de Chon Recalde como un espazo literario e as súas implicacións de notoriedade para a cidade de Ferrol (exemplos doutras cidades literaturizadas polos seus autores). O xogo dos topónimos. • Salientar algún trazos lingüísticos da novela e de Ferrol, que caracterizan e distinguen a fala da cidade coma un universo único. • Semellanzas e diferenzas entre o mundo ficticio e o real. Contraste entre a realidade que se describe na novela e o momento actual. Conseguimos o propósito: namorar de Ferrol e coñecela. Agora sabemos que a cidade presenta aspectos, en moitas ocasións ocultos, que paga a pena descubrir. Traballamos en equipo, colaborando con ilusión e sen desfalecer… Si… Namoramos…

Page 25: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

Neste número de Nós, Tamén entrevistamos aos escritores D. Xosé Neira Vilas e Manuel Núñez Singala, a actriz Blanca cendán e a nosa querida Mª Xosé Martínez Bengoa. (Comproba se acertaches no taboleiro de EDLG).

Preguntas Personaxe 1 Personaxe 2 Personaxe 3 Personaxe 4

A mellor cidade Venecia Nova York A Habana Berlín

A película favorita Brave hearth Il Messaggero Z ou unha de Buñuel O guateque.

Blake Edwards

Un grande actor José María Rodero Tommy Lee Jones Robert Deniro e

Cándido Pazó Fernando

Fernán Gómez

Unha peza musical especial

Without you Calquera de Soul Negra sombra Cabalgata das

Walkirias. Wagner

A obra literaria preferida

Memorias dun neno labrego

El Tunel

Memorias dun neno labrego

Salomé. Oscar Wilde

Unha actividade de lecer

Viaxar, ler, nadar, pasear.

Vela Ler e escoitar música Senderismo

Escolla unha prenda de vestir

Pantalón

Pantalón Chaqueta Vestido

Deporte preferido Baloncesto Vela Baloncesto Natación

A comida que máis lle gusta

Rodaballo Patacas fritas con

ovos Variada, peixes e

vexetais Arroz con bogavante

Un persoeiro histórico

salientable Castelao

Eratóstenes: matemático, astrónomo e

xeógrafo.

Ernesto Cheguevara Marx

Cal é a súa mellor

virtude e o seu peor defecto?

Empatía/ Excesiva

vehemencia

A Virtude é a constancia.

O Defecto é ser un pouco bocazas.

Tenacidade/ Crer demasiado en persoas que non o

merecen.

Virtude: A ilusión

Defecto: A desesperación

Se puideses pedir un desexo a unha meiga xenerosa, cal sería?

Un mundo máis solidario e xusto.

Se o pedira para el sería deixar de

fumar. Para todos pediría

mil primaveras máis para a lingua galega.

Vivir moitos anos para escribir.

Paz e traballo para todos

Un consello para a mocidade

Que conserven a ilusión e loiten por mellorar o mundo.

Que aproveite o tempo.

Dous: que lean moito e que axuden na

casa.

Capacidade de reflexión e de

crítica

Recomendaríanos aos mozos e mozas escoller a súa

profesión?

Non , cada un debe facer o que lle

guste. Si

Si, sempre que sexa vocacional.

Sí por suposto; é moi

enriquecedora para a alma

Page 26: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

CORRESPONDENTES XUVENÍS 3.0: A INFORMACION AO NOSO ALCANCE

Correspondentes xuvenís 3.0 é un proxecto mediante o que, desde a Dirección Xeral de

Xuventude e Voluntariado, se nos envía información de interese para a mocidade, co fin

de difundila entre a nosa comunidade educativa.

Estar informado e aprender a aproveitar as oportunidades que se nos ofrecen para completar a nosa formación é clave para acadar as nosas metas. No noso centro habilitamos o taboleiro do corredor máis transitado para ir despregando a información relevante, despois de formatela para que fose sinxela de interpretar. Ademais, na biblioteca creamos un espazo de información xuvenil, dotado dun ordenador no que está toda a información dispoñible, ademais de acceso directo ás páxinas máis importantes, entre as que destaca: http://xuventude.xunta.es Tamén na páxina web do centro : www.ies.saturnino.montojo.es aparece información actualizada.

O equipo formado por Irene, Sara, Laura, Sandra, María, Nerea, María, Darío e Mateo (1º BAC),

dirixido por Carme e Corona, foi o encargado de servir de “antenas informativas”.

Nunca antes os meus compañeiros e mais eu formaramos parte dunha iniciativa coma esta. Correspondentes 3.0 constituíu un gran proxecto no que melloramos o noso traballo coma equipo buscando información, colocándoa, elaborando taboleiros… Foi unha grata experiencia que axudou a manexarnos mellor en moitos ámbitos diversos e variados. Foi unha vivencia diferente ás outras que levaramos a cabo coma membros do equipo de Dinamización Lingüística, pero totalmente satisfactoria e que non dubidaría en volver a experimentar.

Irene Arto

CLUB DEBATE: DICIMOS ADEUS A UNHA ETAPA Non podemos deixar de contarvos unha vez máis o marabillosa que resultou a experiencia do Club debate na que xa levamos tres cursos participando. Este curso gañamos a fase local e quedamos finalistas na xeral. Traballamos arreo para compaxinar as tarefas de clase con esta actividade, pero estamos moi satisfeitos coa experiencia. Ao longo dos anos, malia que no grupo cambiaron algunhas persoas ( unha aperta para Lucía e Simón) fomos madurando e medrando á hora de enfrontarmos cos temas

que debatemos, e á vez gozando cada vez máis da experiencia de investigar, debater, refutar....

Page 27: Nós, Tamén nº41

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

Page 28: Nós, Tamén nº41

NAMORANDO DE FERROL

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo Montojo

Cunqueiro quería mil primaveras máis para a nosa lingua e Nós, Tamén , pero ademais

queriamos outras tantas primaveras para a nosa cidade, para Ferrol que pasa por

momentos tan difíciles! Por iso entrelazamos a lingua e a cidade , a cooperación e o

traballo, a creatividade e a ilusión, e de toda esa sinerxía naceu o noso proxecto

Namorando de Ferrol.

Cando comezamos a traballar non podiamos imaxinar o ben que ía funcionar, a

cantidade de ideas que se foron unindo ás iniciais, a resposta entusiasta de profesores,

alumnos , dirección e persoal non docente, os descubrimentos que fixemos na nosa

cidade a través de exposicións, roteiros, paseos pola ría, conferencias, mesas

redondas... Sen esquecer o apoio do Concello de Ferrol que nos axudou na organización

e financiación de moitas das actividades.

Cremos que cumprimos co noso obxectivo de namorar de Ferrol, porque para que a nosa

lingua e a nosa cidade medren saudables temos que querelas, e para querelas temos que

descubrir a súa forza, o seu poder e a súa beleza.

Roteiros pola vila

A mesa redonda sobre o futuro do naval

A foto gañadora do Certame Namorando de Ferrol

Cruceiro pola ría e visita ao Castelo de S. Felipe

A instalación artística