NotaPrensa_AplicacionesMoviles

2

Click here to load reader

description

Nota de prensa de Amtega sobre #faladoirosDIX de Aplicaciones Móviles (Santiago, 25 de noviembre)

Transcript of NotaPrensa_AplicacionesMoviles

Page 1: NotaPrensa_AplicacionesMoviles

INFORMACIÓN AOS MEDIOS

Comunicación dá Xunta de Galicia 1 San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41 Correo-e: [email protected]

A AMTEGA CELEBRA EN SANTIAGO A PRIMEIRA XORNADA DE CASOS DE ÉXITO DA INICIATIVA “FAITE DIXIT@L”, QUE MOSTRARÁ A EVOLUCIÓN DAS APLICACIÓNS MÓBILES AO SERVIZO DA CIDADANÍA § Terá lugar o próximo día 25 no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)

poderá ser seguida vía streaming nas webs da CeMIT, http://cemit.xunta.es/, do CDTIC https://cdtic.xunta.es/, en Twitter con el hashtag #faladoirosDIX e en Facebook, www.facebook.com/faitedixital

§ Participan cinco expertos que compartirán as súas experiencias ao redor da creación e desenvolvemento de aplicacións móbiles

§ A xornada é aberta ao público en xeral ata completar o aforamento da sala Santiago, 20 de novembro de 2014.- Como lograron facer do uso das novas tecnoloxías a clave do seu éxito, como superaron as dificultades á hora de desenvolver e publicar nun store unha aplicación móbil e que beneficios reportan as súas aplicacións á cidadanía, e o futuro da creación de aplicacións móbiles, son os aspectos que se abordarán os relatores da xornada “As aplicacións móbiles ao servizo da cidadanía”. Trátase do cuarto Faladoiro Dixital do proxecto “Faite Dixit@l!’, que organiza a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con Fundetec. Celebrarase o vindeiro martes 25 de novembro, en Santiago de Compostela. Lugar de celebración e inscricións A xornada, na que tras a exposición dos expertos celebrarase un debate sobre o futuro das aplicacións móbiles e ata onde pode chegar o seu impacto social, celebrarase entre as 18.30 e as 20.30 horas nas instalacións do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), con entrada libre e gratuíta ata completar o aforamento da sala. A inscrición ao evento pode realizarse a través da seguinte ligazón: http://www.faitedixital.es/castellano/participa/formulario-casos-de-%C3%A9xito-apps-cas/ Os relatorios poderán ser seguidas a través das canles das redes sociais de ‘Faite Dixit@l!’ (Twitter -@faitedixital- e Facebook –www.facebook.com/faitedixital). Na páxina web de Faite Dixit@l! (http://www.faitedixital.es) pode solicitarse máis información sobre esta xornada e sobre o resto dos Faladoiros Dixitais que se celebrarán nas próximas semanas. Os relatores Eva Elorrieta, codiseñadora de Pictoson, unha aplicación que asocia Pictogramas con audios e grafías on e offline, en 22 idiomas con fins alfabetizadores, que foi premiada por http://www.appstoempower.org/. Avelino Correa e Antonio Escudeiro, fundadores de Creappcuentos, empresa que desenvolve apps para a contorna infantil e educativa. O seu primeiro proxecto chámase Creappcuentos, unha App para tablets que permite crear contos únicos e diferentes en moi poucos pasos e en calquera idioma co obxectivo principal de fomentar a creatividade, a imaxinación, a aprendizaxe de idiomas e a interacción entre nenos e pais ou titores. Pablo Gajino, socio fundador e CEO de Possible Inc, start-up galega que desenvolve aplicacións móbiles e produtos software e hardware a medida para os seus clientes e para

Page 2: NotaPrensa_AplicacionesMoviles

INFORMACIÓN AOS MEDIOS

Comunicación dá Xunta de Galicia 2 San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41 Correo-e: [email protected]

os seus propios proxectos. Na actualidade desenvolveron internamente Likethis e Garagapp, esta última acelerada por Galicia Openfuture/Telefónica , que permite controlar as portas de garaxe desde o móbil. Manuel González, membro fundador da Asociación Galega de Artesáns e presidente da asociación profesional de ámbito estatal: Oficio e arte, Organización dos Artesáns de España, que agrupa a 30 asociacións de ámbito autonómico, local, rexional ou sectorial. Dirixe e coordina o desenvolvemento da APP www.talleresabiertos.com, un localizador xeográfico de proximidade para talleres artesanais e puntos de interese abertos ao público. Fran Gago, CEO en Gamifik Lab, empresa dedicada ao desenvolvemento de solucións móbiles para fidelizar aos clientes e fans das súas marcas grazas a unha flexible e potente plataforma de gamification. Faladoiros Dixitais O ciclo de Faladoiros Dixitais de ‘Faite Dixit@l!’ comprende cinco eventos, un sobre innovación social dixital desenvolvido baixo metodoloxía ‘PechaKucha’, celebrado o pasado 28 de outubro (ligazón ao vídeo do evento: http://cemit.xunta.es/gl/node/6019), dous seminarios de expertos e dúas xornadas de exposición de casos de éxito una delas a que nos ocupa e outra sobre marca persoal. Faite Dixit@l ‘Faite Dixit@l’ é un proxecto posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) o pasado mes de setembro, desenvolvido a través dos centros da Rede CeMIT, e dirixido a propiciar o empoderamiento dos usuarios en materia tecnolóxica para favorecer a súa empregabilidade coa tecnoloxía e a sociedade da información como base. 'Faite Dixit@l! ofrece máis de 1.800 prazas para a participación nas 140 actividades programadas. Ademais, ata o 28 de novembro permanecerá aberto o prazo a inscrición o ‘Primeiro Concurso ‘Faite Dixit@l’ de aplicacións móbiles, que busca recoñecer a creatividade na creación de ferramentas tecnolóxicas que melloren a dispoñibilidade de recursos para a cidadanía e fomenten o uso da tecnoloxía de código aberto neste proceso creativo. SAÚDOS, COMUNICACIÓN DÁ XUNTA DE GALICIA