Nova universo5
-
Upload
lauralauritis -
Category
Documents
-
view
221 -
download
1
Transcript of Nova universo5
![Page 1: Nova universo5](https://reader030.fdocuments.es/reader030/viewer/2022020110/55bae461bb61ebe2508b45dd/html5/thumbnails/1.jpg)
Vehículo 'Curiosity', listo para partir cara Marte
ALICIA RIVERA - Madrid - 11/11/2011
O Curiosity é un vehículo todoterreo da NASA para desprazarse pola superficie de Marte. Despegará o próximo 25 de novembro nun foguete Atlas V dende a base de cabo Cañaveral (Florida, EUA)
O planeta vermello e a Terra neste momento están nunhas órbitas moi próximas. Esa oportunidade prodúcese aproximadamente cada dous anos terrestres, e agora toca.
Está previsto que o Curiosity chegue a Marte en agosto de 2012 e descenda no cráter Gale para explorar a zona durante un anos marciano (case dous anos terrestres). O obxectivo é investigar se as condicións ambientais foron algunha vez favorables alí para o desenvolvemento de vida microscópica. A NASA investiga se en Marte puido haber vida.
O vehículo ten ordenadores, equipos de comunicacións e un xerador de radioisótopos para proporcionar enerxía a todos os sistemas. Un mastro de dous metros de altura que leva as cámaras e un aparato laser. Tamén leva un brazo articulado para coller obxectos. Leva unha estación meteorolóxica fabricada por astrónomos españois.
1
Ilustración 1: Curiosity en Marte.
Ilustración 2: O foguete Atlas V e o planeta vermello.