NOVELAS AMBIENTADAS EN GALICIA DURANTE O · PDF fileGurrilleiros e patrullas da Garda Civil...

7
NOVELAS AMBIENTADAS EN GALICIA DURANTE O FRANQUISMO A agonía do león (Carlos G. Reigosa). O autor enfoca con sobriedade e sen apriorismos o drama dos escapados, centrado na peripecia vital do guerrilleiro berciano Manuel Girón Bazán, que actuou por terras de León e Galicia até 1951. A cidade dos alemáns (Xosé Domínguez). Gardas civís, militares alemáns, presos políticos, guerrilleiros e paisanos conviven nas Trevincas, na frontera entre Ourense, Zamora e León, posuídos pola febre do wolfram. A encrucillada da torre (Xosé ramón González Álvarez). Gurrilleiros e patrullas da Garda Civil peitean os montes galegos mentres a vida dos rapaces alterna entre a escola e os traballos do campo. Antón e os inocentes (Xosé Luis Méndez Ferrín). Vigo, anos cincuenta. Alegato socio-político da posguerra a través dunha de universitarios. Arraianos (Xosé Luis Méndez Ferrín). Historias da fronteira Galicia-Portugal entre as que hai algunhas referidas á violencia falanxista nos inicios da posguerra e a captura de militantes antifranquistas nos anos 60.

Transcript of NOVELAS AMBIENTADAS EN GALICIA DURANTE O · PDF fileGurrilleiros e patrullas da Garda Civil...

Page 1: NOVELAS AMBIENTADAS EN GALICIA DURANTE O · PDF fileGurrilleiros e patrullas da Garda Civil peitean os montes galegos ... O anarquismo non ... mozos galegos moi afectados polo trauma

NOVELAS AMBIENTADAS EN

GALICIA DURANTE O FRANQUISMO

A agonía do león (Carlos G. Reigosa). O autor enfoca con

sobriedade e sen apriorismos o drama dos escapados, centrado na

peripecia vital do guerrilleiro berciano Manuel Girón Bazán, que

actuou por terras de León e Galicia até 1951.

A cidade dos alemáns (Xosé Domínguez). Gardas civís, militares

alemáns, presos políticos, guerrilleiros e paisanos conviven nas

Trevincas, na frontera entre Ourense, Zamora e León, posuídos pola

febre do wolfram.

A encrucillada da torre (Xosé ramón González Álvarez).

Gurrilleiros e patrullas da Garda Civil peitean os montes galegos

mentres a vida dos rapaces alterna entre a escola e os traballos do

campo.

Antón e os inocentes (Xosé Luis Méndez Ferrín). Vigo, anos

cincuenta. Alegato socio-político da posguerra a través dunha de

universitarios.

Arraianos (Xosé Luis Méndez Ferrín). Historias da fronteira

Galicia-Portugal entre as que hai algunhas referidas á violencia

falanxista nos inicios da posguerra e a captura de militantes

antifranquistas nos anos 60.

Page 2: NOVELAS AMBIENTADAS EN GALICIA DURANTE O · PDF fileGurrilleiros e patrullas da Garda Civil peitean os montes galegos ... O anarquismo non ... mozos galegos moi afectados polo trauma

As armas delicadas (Estro Montaña). Relatos de maquis e fuxidos

nos inicios da posguerra, de fanáticos obsesionados con eliminar

toda resistencia contra o fascismo.

As horas rotas (Chelo Suárez). Historia dos soños tronzados dunha

muller e dun guerrilleiro antifranquista galego que compromete a

súa vida na defensa dunha causa xusta.

As rulas de Bakunin (Antón Riveiro Coello). O anarquismo non

tiña cabida no novo réxime franquista e Camilo ten que fuxir ao

monte, pero a soidade faino regresar. Fatal decisión.

Atuado na braña (Xavier Quiroga). Narración cargada de intriga

nun ambiente de persecución dos guerrilleiros durante a posguerra.

Código morse (Xavier Alcalá). Código Morse é un a relato

ambientado nunha ladea galega desde os tempos da Guerra Civil e a

posguerra, con guerrillas e fuxidos, chegando ata os nosos días.

Como en Alxeria (Xosé Ramón Pena Sánchez). Relato no que a

historia mundial dos anos 60 mestúrase cos proxectos dun grupo de

mozos galegos moi afectados polo trauma da guerra e da inmediata

posguerra que lles dificulta a toma de decisións.

Page 3: NOVELAS AMBIENTADAS EN GALICIA DURANTE O · PDF fileGurrilleiros e patrullas da Garda Civil peitean os montes galegos ... O anarquismo non ... mozos galegos moi afectados polo trauma

Contos de familia (José Ángel Xesteira). As vellas cociñas de aldea

eran o lugar idóneo para lembrar historias, neste caso as

relacionadas coas madriñas de guerra dos presos de San Simón ou os

suicidios da torre do pazo.

Crónica de nós (Xosé Luis Méndez Ferrín). Episodios

entremesturados da historia de Galicia entre os que hai uns

dedicados a varios aspectos do franquismo.

Curuxás. O guerrileiro que non cazou Franco (Carlos Parrado).

Ramón Varela, O Curuxás, foi dos que non se rendeu aos militares que aplicaron o terror no 36. Fuxiu en armas ao monte para evitar unha morte

segura e foi un membro máis da guerrilla que lle fixo fronte á ditadura.

Dios sentado en un sillón azul (Carlos Casares). Historias que lle

contaron e historias vividas polo autor de maquis e gardas civís.

Elipsis e outras sombras (Xosé Luis Méndez Ferrín). Fantasía e

realidade mesturadas, denuncias da barbarie franquista contra

republicanos e guerrilleiros.

Era por setembro (Xabier Quiroga). Ao asistir ao enterro dun

familiar, unha ministra do goberno democrático rememora a súa

adolescencia de 30 anos atrás, os conflitos co seu pai polos

primeiros amores cun escritos vixiado polo réxime…

Page 4: NOVELAS AMBIENTADAS EN GALICIA DURANTE O · PDF fileGurrilleiros e patrullas da Garda Civil peitean os montes galegos ... O anarquismo non ... mozos galegos moi afectados polo trauma

Expediente Artieda (Luis Rey Núñez). Historia de Artieda, un

militante comunista que en 1959, na Coruña, debe facer xustiza cun

delator causante da morte de varios camaradas. Nesta situación,

pensa na posibilidade de matar a Franco aproveitando a súa estadía

veraniega na cidade.

Era tempo de apandar (Ramón Valenzuela). Posguerra, represión,

fuxidos…historias construídas en gran parte con material

autobiográfico.

Escapados nos eidos das Foucellas (Andrés Mariño Sanmartín).

Lembranzas da nenez do autor vinculas á detención de Foucellas e

das historias que se contaban á beira do lar sobre os fuxidos.

Guerrilleiro contra Franco, guerrilleiro contra el olvido (Francisco

Martínez López). Relato sobre a loita armada da resistencia

antifranquista na zona de Galicia e León entre 1936 e 1952.

Intramundi (Carlos G. Reigosa). Historia da evolución dun pobo

que viu como se transformaba a súa forma de ser e producir,

especialmente desde que quedou por unha estrada que o cacique non

quería que se fixese.

Iria (Anxo Angueira). A resistencia antifranquista organizada desde

o nacionalismo nos anos 60 mestúrase coas protestas dos obreiros na

construción dun canal de regadío sen sentido na terra da choiva.

Page 5: NOVELAS AMBIENTADAS EN GALICIA DURANTE O · PDF fileGurrilleiros e patrullas da Garda Civil peitean os montes galegos ... O anarquismo non ... mozos galegos moi afectados polo trauma

Medea dos fuxidos (Manuel Lourenzo). Unha reescritura política

levada no ámbito dos fuxidos nas montañas de Galicia.

Memorias dun neno labrego (Xosé Neira Vilas). Escrito en 1960, o

autor describe como era o estilo de vida na Galicia rural dos anos

corenta.

Nas catacumbas (Xavier Alcalá). Historia centrada nos inicios da

posguerra, entre a guerrilla e o estraperlo, os nazis en Vigo e a

intolerancia relixiosa, partindo de feitos reais.

No ventre do silencio (Xosé Luis Méndez Ferrín). Novela

ambientada en Compostela nos anos cincuenta, unha época

dominada polo escurantismo, o dominio da igrexa e o fanatismo

político.

Noite de voraces sombras (Agustín Fernández Paz). O

descubrimento dun fato de papeis permitirá á protagonista descubrir

unha historia de amor e desamor entre dous mestres republicanos

que se produciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da

posguerra.

O Lobo guerrilleiro (Bento da Cruz). Historia de André Lobo, fillo

de labradores de Barroso, que transcorre entre amores, intrigas,

contrabandistas e guerrilleiros.

Page 6: NOVELAS AMBIENTADAS EN GALICIA DURANTE O · PDF fileGurrilleiros e patrullas da Garda Civil peitean os montes galegos ... O anarquismo non ... mozos galegos moi afectados polo trauma

O silencio redimido (Silvio Santiago). Crónica novelada dunha parte

moi importante da súa propia vida e dos galegos e españois que

viviron a contenda civil e os posteriores anos do terror fascista, que

censurou a súa publicación.

O tempo en ningunha parte (Xosé Manuel Martínez Oca). Triste

historia de amor nos últimos tempos no movemento guerrilleiro en

Galicia.

Palabras de pan (Blanca Álvarez). Un soldado republicano retorna

a Galicia logo de loitar na Segunda Guerra Mundial para loitar

contra a ditadura franquista.

Pepe Velo: pensador, soñador e mestre revolucionario (Antonio

Piñeiro). Crónica dos singulares feitos que o protagonista realizou

en 1961 á fronte dun comando secuestrando un barco portugués para

protestar contra as ditaduras de Franco e Salazar.

Quen matou a Inmaculada de Silva? (Marina Mayoral). Etel quere

ser escritora e decide comezar investigando a misteriosa morte

dunha antepasada, Inmaculada da Silva, e Antón del Cañote, un

destacado maquis.

Todas las huellas (Gualberto Baña). A acción desta novela

desenvólvese en dúas frontes: a da emigración entre os anos 1946 e

1953 e a dunha vila costeira galega onde quedou parte da familia e

os amigos, entre eles un colaborador da guerrilla.

Page 7: NOVELAS AMBIENTADAS EN GALICIA DURANTE O · PDF fileGurrilleiros e patrullas da Garda Civil peitean os montes galegos ... O anarquismo non ... mozos galegos moi afectados polo trauma

Xente de inverno (Xosé Lois García). Un dos 15 relatos centra a

atención na matanza de guerrilleiros a mans de falanxistas.

Xoguetes para un tempo prohibido (Carlos Casares). Retrato da

xeración dos anos 60, de mozos universitarios soñadores nos

sórdidos anos de posguerra co contrapunto da utopía revolucionaria

non alcanzada.

Cartas de republicanos galegos condenados a morte. 1936-1948 (Xesús Alonso Montero). Aínda que non unha novela, incluímos

nesta selección esta obra que recolle cento vinte cartas de

republicanos galegos escritas despois de que recibisen a

confirmación oficial da súa condena a morte. Ningún xénero

literario expresa con máis emoción o drama da Guerra C e das súas

consecuencias que este tipo de cartas escritas por republicanos no

momento en que perderon toda esperanza de sobrevivir.