NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DO … · ... (Henry Kamen). ... (Ford Madox Ford). Historia da vida...

12
NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DO RENACEMENTO Ana Bolena y la pastelera real ( Suzannah Dunn). Visión da historia da Corte de Henrique VIII desde un punto de vista orixinal: as cociñas e os dormitorios dos personaxes que rodean á parella real. Copérnico (John Banville). Biografía novelada do gran científico e das dificultades para que se aceptase a teoría heliocéntrica. Cristóbal Colón. Rumbo a Cipango (Edward Rosset). Historia deste mariño e das dificultades que tivo que superar para poder levar a cabo o seu proxecto, así como das que se lle presentaron no goberno e administración das terras descubertas. Don Carlos, príncipe de tinieblas (Bernardo Montagud Pierra). O arresto e morte en prisión do infante Carlos, fillo de Filipe II, deixa sen aclarar moitas preguntas sobre as verdadeiras razóns que levaron a seu pai a impoñer tan severo castigo. El alquimista holandés (Isabel Abenia). Maxia, alquimia, historia son elementos que formaron parte da vida do gran pintor coñecido como O Bosco.

Transcript of NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DO … · ... (Henry Kamen). ... (Ford Madox Ford). Historia da vida...

NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DO RENACEMENTO

Ana Bolena y la pastelera real ( Suzannah Dunn). Visión da historia

da Corte de Henrique VIII desde un punto de vista orixinal: as

cociñas e os dormitorios dos personaxes que rodean á parella real.

Copérnico (John Banville). Biografía novelada do gran científico e

das dificultades para que se aceptase a teoría heliocéntrica.

Cristóbal Colón. Rumbo a Cipango (Edward Rosset). Historia deste

mariño e das dificultades que tivo que superar para poder levar a

cabo o seu proxecto, así como das que se lle presentaron no goberno

e administración das terras descubertas.

Don Carlos, príncipe de tinieblas (Bernardo Montagud Pierra). O

arresto e morte en prisión do infante Carlos, fillo de Filipe II, deixa

sen aclarar moitas preguntas sobre as verdadeiras razóns que levaron

a seu pai a impoñer tan severo castigo.

El alquimista holandés (Isabel Abenia). Maxia, alquimia, historia

son elementos que formaron parte da vida do gran pintor coñecido

como O Bosco.

El aventurero de Dios, Francisco Javier (Pedro Miguel Lamet).

Relato das viaxes e empresas de san Francisco Xabier na

cristianización de Asia.

El bastardo de la reina (Robin Maxwell). Unha pregunta estaba no

ambiente da época: tivo un fillo a raíña inglesa Elizabeth I? Tratndo

de dar unha resposta, o autor traza un completo panorama da Corte

inglesa e española.

El caballero de las dos banderas (Pedro Miguel Lamet). Relato da

axitada vida de Ignacio de Loiola, o fundador da Compañía de

Xesús.

El corazón del océano (Elvira Menéndez). Aventuras pasadas pola

primeira expedición de mulleres españolas a América para casar con

conquistadores.

El diamante de la reina. El amor francés de Felipe II ( Mari Pau

Domínguez). O rei máis poderoso do mundo trata de gañar o amor da

xoven esposa cun impresionante regalo: un soberbio diamante tallado

expresamente para ela.

El enigma de Copérnico (Jean-Pierre Luminet). Biografía novelada

do científico polaco na que se reflicten as múltiples dificultades que

tivo para que se aceptase a súa teoría heliocéntrica.

El enigma de El Escorial. El sueño de un rey (Henry Kamen). Este

edificio que mandou construir o máis poderoso monarca do seu

tempo, o rei de España Filipe II, suxire numerosas preguntas que o

autor da obra trata de contestar a través do vínculo que uniu o

edificio, o seu creador e a época na que se edificou.

El galeote de Argel (Bartolomé Bennassar). Visión da vida no

Mediterráneo a finais do século XVI a través da vida dun prisioneiro

convertido en rico pirata.

El Gran Capitán (Juan Granados). Historia deste gran militar do

século XVI ao servizo dos Reis Católicos.

El hereje (Miguel Delibes). A través das aventuras do protagonista, o

autor traza un espléndido retrato das xentes e costumes de Valladolid

na época de Carlos V.

El informe Manila (Pepón Bouzas). Filipe II recibe un informe que

conta a historia de Isabel Barreto, a muller que dirixiu unha

expedición de conquista do novo mundo.

El libro de los remedios del corazón (Regina O´Melveny). Relato

das dificultades que unha muller do século XVI tiña que superar para

poder exercer a medicina.

El manuscrito de piedra (Luis García Jambrina). Na Universidade

de Salamanca é asasinado un catedrático de Teoloxía a na

investigación xorden tensións entre razas, culturas e relixións, todo

elo no contexto do Humanismo renacentista.

El médico hereje (José Luis Corral). Relato do proceso e execución

na fogueira do médico Miguel Servet en 1553 por defender teorías

contraías á opinión da igrexa católica.

El médico judío (Pedro Gargantilla). Novela ambientada no norte de

España na que se mesturas asasinatos, misterios, conspiracións… que

deben resolven un médico xudeu e o seu axudante.

El pergamino de la seducción (Gioconda Belli). Realmente, a raíña

Xoana, toleou por amor ou foi vítima de traizóns e loitas polo poder?

Será o que trate de resolver unha historiadora.

El retrato (Nacho Ares). Historia na que se mesturan influentes

personaxes do reinado de Filipe II cos desexos dos ingleses de

coñecer os planes españois de organizar unha grande expedición de

conquista da illa.

El sueño del comunero (Esther Soto). En Toledo, e tras a derrota dos

comuneiros en Villalar, a viúva dun dos seus líderes, María Pacheco,

continúa enfrontándose ao poderoso emperador Carlos V.

El sueño de la razón (Juan Miguel Aguilera). Aventuras, maxia,

intrigas e misterio na Francia do século XVI.

El último hijo de Juana la Loca (Arsenio Lope Huerta). Fernando, o

derradeiro fillo de Xoana, foi criado en España e seu avó intentou

que reinase en lugar do seu irmán Carlos, pero tivo que marchar a

Gante.

El último Judío (Noah Gordon). O decreto de expulsión dos xudeus

de España obriga ao protagonista, Yonah Toledano, a abandonar o

seu fogar e buscar un novo lugar no que asentarse sen renunciar ás

súas crenzas. Para iso terá que recorrer ao seu inxenio para

salvagardar o seu secreto cambiando de oficio e personalidade. A súa

vida pasa por momentos de gran pobreza ata conseguir sona de

reputado médico.

Esa dama (Kate O´Brien). Historia de Ana de Mendoza, princesa de

Éboli, intrigante muller na corte de Filipe II identificada polo parche

que lucía para ocultar a falta dun ollo.

Florentius (Fernando Lalana). A novela describe a viaxe que

realizaron os príncipes Xoana de Castela e Filipe de Habsburgo desde

Bruxelas a Toledo en 1501.

Francisco Pizarro, crónica de una locura (José Luis Olaizola).

Relato da vida deste conquistador español do imperio dos incas.

Inés del alma mía (Isabel Allende). Unha moza estremeña vai ao

Novo Mundo en busca do seu marido, ao que encontra morto, pero

alí encontra un amor apaixonado, o do conquistador Pedro Valdivia.

Juana la loca (José Luis Olaizola Sarria). Xoana de Castela, unha

raíña vítima do seu trastorno e das intrigas e loitas de poder que se

desenvolveron ao seu arredor.

Juana la loca. Una mujer marcada (Guillem Viladot). Visión

intimista que fai de Xoana un personaxe entrañable e universal polas

penas e paixóns que tivo que pasar.

Juana la loca: la cautiva de Tordesillas (Manuel Fernández

Álvarez). Documentada evocación desta pobre raíña, que morreu soa

e afatadas dos seres que máis quería, seus fillos.

Juana la reina loca de amor (Yolanda Scheuber). Vida novelada da

raíña enferma de celos e das intrigas e turbias manipulacións tecidas

ao seu arredor.

La agonía y el éxtasis (Irving Stone). Vida, traballo, aventuras e

intrigas arredor da vida do xenio renacentista Miguel Anxo.

La aventura equinoccial de Lope de Aguirre (Ramón J, Sender).

Historia do conquistador Lope de Aguirre que soñaba con localizar o

mítico reino de O Dourado.

La comunera de Castilla (María Teresa Álvarez). María Pacheco,

viúva do comuneiro Juan Padilla, non admite a derrota e continúa a

loita contra Carlos I, pero acaba derrotada e, para escapar da morte,

terá que exiliarse a Oporto.

La comunera. María Pacheco, una mujer rebelde (Toti Martínez de

Lezea). Historia de a leoa de Castela, como é coñecida esta valente

opositora ao desmedido poder do rei Carlos V e dos nobres.

La conjura del Greco (Manuel Ayllón Campillo). A novela revela a

existencia dunha conspiración da organización secreta Fraternitas

Charitatis para derrocar a Filipe II e coroar no seu lugar a Xoán de

Austria.

La dama de la reina Isabel (César Vidal). Novela inspirada na vida

da raíña Isabel I de Castela a través da lembranza dunha das súas

damas.

La leyenda del ladrón (Juan Gómez Jurado). Libro de aventuras

épicas na Sevilla do século XVI.

La mano de fátima (Ildefonso Falcones). Rebelión e derrota dos

mouriscos nas Alpujarras en 1568. Un dos superviventes debe

aceptar a nova situación pero non renunciará ao amor da valorosa

Fátima.

La otra orilla (Carlos Villanes). O irmán menor dos mariñeiros Niño,

propietarios dunha das naves do descubrimento, embárcase como

grumete na Santa María e faise amigo de Colón.

La quinta reina (Ford Madox Ford). Historia da vida de Catarina

Howard, a quinta esposa do rei Henrique VIII de Inglaterra.

La reina comunera: Juana la loca y la revuelta de los comuneros.

La historia que pudo ser (Jorge García Abad). A novela narra os

intentos dos comuneiros para que Xoana se poña á fronte da revolta e

as accións os axentes de seu fillo Carlos para impedir a operación.

La reina de las dos lunas (José Manuel García Marín). Historia

sobre dous personaxes reais –un escravo cristián e unha das mulleres

dun sultán- que se coñeceron en Fez e viviron en Mijas no século

XVI.

La ruta de las estrellas (Ignacio Merino). Biografía noveladas do

navegante e cartógrafo cántabro Juan de la Cosa.

La ruta perdida. Historia secreta del descubrimiento de América

(Luis Miguel Guerra). A pesar do moito que s eleva escrito sobre este

feito histórico, poden aínda formularse hipóteses, tales como as que

presenta o autor: é posible que a traxectoria do descubridor fose unha

impostura desde o momento en que xurdiu a idea de buscar novas

rutas? Que papel xogou a orde do Temple no descubrimento?

La visita en el tiempo (Arturto Uslar Pietri). Biografía novelada de

Juan de Austria, o irmán bastardo de Filipe II, o heroe de Lepanto.

Las hogueras del rey (Pedro Casals). Os ingleses envían a un espía

portugués para matar ao rei Filipe II e a través da súa visión reflíctese

a España do século XVI.

Las damas del rey (María Pilar Queralt del Hierro). Relato sobre as

fillas menos coñecidas dos Reis Católicos, María e Sabela, raíñas en

Portugal e, como as outras irmás, moeda de cambio político para os

intereses de estado.

Leonor de Habsburgo (Yolanda Scheuber). Reconstrución da vida da

raíña Leonor, consorte de Portugal e de Francia, filla de Xoana, unha

vida de obediencia ao servizo dos intereses políticos do seu irmán

Carlos.

Loca de amor (Catherine Hermany-Vieille). Crónica novelada de

Xoana de Castela, a herdeira do maior imperio da época, viviu 46

anos recluída no castelo de Tordesillas, apartada da familia.

Lope de Aguirre, la aventura de El Dorado (Blas Matamoro). Vida

e aventuras deste temperamental conquistador español na súa loita

por conseguir o mítico reino de ouro.

María das Batallas (Alfredo Conde). Historia centrada en María Pita

organizada en tres momentos: o cerco inglés de 1589, a viaxe de

Drake a Portobello a bordo do Defiance en 1596 e Sigrás en 1643 con

recordos da filla de María Pita.

Matar a Lutero (Mario Escobar). As ideas de Lutero son perseguida

e a súa cabeza ten prezo, polo que debe refuxiarse e, no seu retiro,

traduce a Biblia ao alemán. Mentres, as conxuras para matalo

continúan.

Memorias del Nuevo Mundo (Homero Aridjis). Mestura de

personaxes reais e ficticios na viaxe do descubrimento e inicios da

conquista americana.

Memorias de un hombre de palo (Antonio Lázaro). Inventos e

proxectos no século XVI en Toledo e un moi especial: un soldado

autómata invencible coñecido como o home de palo.

Mi huída del auto de fe de Valladolid (Anónimo). Novela histórica

centrada nos tempos da Inquisición española do século XVI.

Mi padre el Greco (Mariano Serrano Pintado). A modo dun diario, o

Greco lembra recordos da súa vida e obra mentres está no cárcere de

Toledo.

Orovia. Una mujer judía en la España del siglo XV (Yael Guiladi).

Historia da vida dunha muller xudía durante o reinado dos Reis

Católicos, das dificultades que tivo que superar debido á

intransixencia que contra os da súa relixión decretaron os monarcas e

que executaron personaxes tan crueis como Torquemada.

Quattrocento (Susana Fortes). A partir do feito real do atentado

contra os Medici, a autora, mesturando ficción e realidade, presenta a

trama da complexa investigación para tratar de averiguar a identidade

dos posibles implicados.

Rebelión en Nueva Granada (Luis Leante). Relato das dificultades

que tivo que pasar na travesía do Océano a filla dun capitán destinado

en América para reunirse con seu pai e o seu prometido.

Relato de las aventuras de Inés Saldaña (Vicente García Oliva).

Relato imaxinativo no que Inés, farta da intransixencia paterna,

enrólase con Colón baixo o nome de Rodrigo de Triana.

Serás reina del mundo (Alexandra Lapierre). Novela que narra as

aventuras de Isabel Barreto, esposa do navegante Álvaro de

Mendaña, a primeira muller que dirixiu unha expedición e tivo a

categoría de almirante.

Sobra un rey (José García Abad). Tras a morte de Sabela I de

Castela, disputan o reino seu viúvo, Fernando de Aragón e seu xenro,

Filipe de Habsburgo. Todo está permitido para conseguir o obxectivo

de reinar en Castela.

Taras Bulba (Nicolás Gogol). Historia deste caudillo cosaco do

século XVI na súa continua loita contra os polacos e todos os

inimigos da liberdade do seu pobo.