O alumnado de 4º de ESO

7
O alumnado de 4º de ESO OPINA sobre a representación teatral de Cousas da compañía Os Quinquilláns do 23 de febreiro no Pazo Emilia Pardo Bazán Sanxenxo. EDLG IES DE VILALONGA

Transcript of O alumnado de 4º de ESO

Page 1: O alumnado de 4º de ESO

O alumnado de 4º de ESO OPINA sobre a representación teatral de Cousas da compañía Os Quinquilláns do 23 de febreiro no Pazo Emilia Pardo Bazán Sanxenxo. EDLG IES DE VILALONGA

Page 2: O alumnado de 4º de ESO

Antónde 4ºA opinaA representación d’Os Quinquilláns foi, dende o meu punto

de vista, fantástica; para a nosa idade e este tipo de literatura, que en ocasións resulta un pouco complicada de comprender, esta adaptación teatral é perfecta para axudarnos á súa comprensión.

Aínda que non o pareza, encántame este libro, de verdade. Expresa tan ben a vida da época que te envolve. A pesar de que é un pouco difícil e fai falta dedicarlle tempo, que non teño, penso volver a lelo. É un dos mellores libros que lin, que non son moitos. Encantoume.

Page 3: O alumnado de 4º de ESO

Sabela Ara de 4º A opinaA representación de Cousas dos Quinquilláns gustoume moito. Foi moi

interesante a forma de mesturar as distintas cousas en cinco lances, facendo referencia ós dous lances de “Se eu fose autor...”.

Ao ler o libro antes, era sinxelo recoñecer as cousas no teatro e saber cando estaban mesturando relatos que no libro eran independentes; como, por exemplo, o da chegada do pai de Migueliño e o do pintor Antón que facía os retratos só con ollar un par de veces a persoa a retratar. Da mesma maneira fixeron co da Marquesiña, que na obra se converte na nai de Migueliño, e con outras cousas nas que aparecían homes que emigraran a América e que na obra fan o papel dos homes que Migueliño pensaba que eran o seu pai.

Na adaptación tamén se incluíron feitos que no libro non aparecían, como a morte do pai de Migueliño tras volver de América, e datos sobre a vida de Castelao, incorporados no lance do burro e no lance do pai de Migueliño.

Pareceume que a obra estaba moi completa e que para ser só dous actores fixeron moitos personaxes. A parte que máis me gustou foi cando representaron a cousa dos mariñeiros que falaban francés e inglés e que resultaron ser galegos.

Page 4: O alumnado de 4º de ESO

Sandra Rey Méndezde 4º A opinaNa representación teatral os actores relacionaron

moi ben todas as “Cousas” do libro de forma que ninguna perdese o seu sentido ou cambiase demasiado, e iso foi algo que me permitiu comprender mellor a obra de Castelao e diferenciar as historias, ou os fragmentos que aparecesen delas, sen learme ou confundirme, e entendelas máis facilmente, como no caso do Rifante, da caveira…

Page 5: O alumnado de 4º de ESO

Nerea Barreiro Arechedenade 4º A opinaNa obra teatral, Os Quinquilláns fixeron unha mestura de

certos capítulos de Cousas que me pareceu moi entretida.

Algúns dos relatos representados foron o do burro, que ademais ás veces facía de narrador, o capítulo da luz eléutrica da escoadra inglesa, o do Rifante, o relato de Bieito e o ichaviño e o de Martiño. Así como tamén o da peneira de San Cibrán, que se viraba para alí ou para acolá, que me pareceu moi gráfico e entendino moi ben.

Tamén incluíron o relato de Migueliño, mesturado co da Marquesiña, xa que aparecía como a súa nai.

Grazas ao teatro, puiden entender moito mellor o libro de Castelao.

Page 6: O alumnado de 4º de ESO

Sara García de 4ºA opinaA min gustoume moito a obra teatral, xa que grazas a ela puiden entender

mellor algúns dos relatos que xa lera pero que non me quedaran de todo claros. A comprensión do libro custoume un pouco polas palabras afastadas da normativa que ten, aínda que ao velo na obra de teatro entendino facilmente.

En canto á representación, pareceume moi enxeñosa a idea de empregar ao burro do conto de Castelao para presentar o resto dos relatos, e ademais moi animado. Tamén houbo algún momento no que estaba un pouco perdida, porque ó mesturar as “cousas” non sabía exactamente de cal se trataba. Houbo momentos moi divertidos coma cando esmagaron o rato, pero tamén tivo momentos, para min, un pouco pesados, coma cando estiveron coa peneira, que se fixo moi repetitivo.

Penso que é unha obra moi recomendable e que realmente axuda a entender o libro.

Page 7: O alumnado de 4º de ESO

I. O. C. de 4º A opina

Para ser sincero, lin o libro despois de ver a obra teatral, e recoñecín ben as cousas que se amosaban. Os Quinquilláns introduciron algúns cambios xa que a súa intención era facelo un pouco máis divertido e ameno porque, na miña opinión, o libro en si custa lelo, non polo tamaño, senón pola lingua empregada que se afasta da que estamos acostumados a ler.