O can que non morde 2013 2014

75

description

O can que non morde 2013 2014 Revista Escolar do IES Sanxillao de Lugo

Transcript of O can que non morde 2013 2014

Page 1: O can que non morde 2013 2014
Page 2: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

1

Page 3: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

2

Cando se achega o fin de curso, no mes de xuño, xa

medio pasados os agobios dos exames, aparece de novo

O Can que non morde, o noso resume posible dun curso

cheo de angueiras, de cambios, de preocupacións, de

ilusións, etc. (xa todos /as coñecedes...)

Como case todo o tanxible vén dado polo vil metal,

non queda máis remedio que esta edición dixital (non hai

pecunia e hai que axustarse). Como sempre, miraremos

cara o horizonte e quedaremos co bo, co que é de calidade,

coas colaboracións, con entusiasmo e co “savoir faire”.

Analizaremos as novidades do Centro; especialmente

a apertura do comedor para o alumnado que non é de

ciclos. Quen pode comer un prato do día nun comedor

escolar con toda a elaboración, cerimonia e presenza feito

por uns/unhas futuros profesionais da hostalaría?

Tamén, e como cousa novidosa, intercambiamos

dous artigos coa publicación irmá do IES Nosa Señora

dos Ollos Grandes Tempus das letras.

Agardamos que vos guste!!!

Redacción

Page 4: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

3

Ana Huerta Fernández

Ana Neira Hermida

Aroa Millares Tallón

Carmen Valiño Verdes

Damián Cobas Sánchez

Estrela Fernández Arias

Jessica Teijo Lastra

Lara Munín García

Lucía López Fouz

Miguel Vázquez Peña

Sara Castro Seara

Sara Mena Fiaño

Uxía Betanzos Morán

Departamento de Hostalaría

Departamento de Artes Plásticas

Page 5: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

4

Non teño moita idade nin tampouco moita

experiencia, pero podo observar que ultimamente o tempo

anda un pouco tolo.

Unha mañá de febreiro érgueste cunha temperatura de

9 graos que acada os 22 no punto máis soleado do día, e tres

días despois resulta que as temperaturas caen ata os 12

graos de máxima. E eu, aínda que non teño a sabedoría dun

avó ou a experiencia dunha avoa, doume conta de que no

mes de febreiro non é o normal.

O inverno lucense deste ano foi algo estraño. Eu que

son nativa de Santiago non coñecía moi ben o clima de aquí,

pero todos me dicían: “ Abrígate que por Lugo vai moito frío”

“ Leva roupa de abrigo que por alí neva dabondo”. Máis, xa

entrada a primavera, leveime un chasco porque non foi un

inverno frío. Eu que esperaba atoparme as rúas nevadas pola

mañá, correr as contras, mirar pola fiestra e ver as rúas

cubertas dunha saba branca... E o único que atopei foron

chuvias.

Os maiores que pasean ao amencer mentres camiñas

cara o Instituto, os profesores e mesmo os propios

compañeiros, comentan que este inverno choveu moito, que

nunca chovera tanto en Lugo como o fixera este ano. Eu para

servos sincera, para min non é algo atípico porque en

Santiago non fai outra cousa que chover. Pero hei de dicir

que mesmo os santiagueses queixáronse que a cantidade de

auga que caeu nos meses de xaneiro e febreiro foi para

Page 6: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

5

recoller no libro dos récords Guinness. E cando escoitas a

todo o mundo falar de que o tempo está tolo, de que estas

non son temperaturas propias para esta época, e que mesmo

un se dá conta, que non sabe que roupa gardar no rocho nin

cal non, por mor que a volva precisar. De que a xente ponse

enferma con catarros, gripes e infeccións de garganta a

causa dos cambio de temperatura, lévame a reflexionar sobre

o porqué destes sucesos.

Ás veces pregúntome se son eu a única que se decata

destas cousas, se son a única que se

pregunta o que estamos facendo co noso planeta e polo

tanto coas nosas vidas. Seguro que non, pero mostramos

una indiferenza ante isto que mesmo asusta. Con esta

pequena reflexión espero e quero facer cavilar ás persoas,

que se decaten de que se o tempo anda revolto é porque

especie humana está a influír negativamente nel.

Lara Munín

1º BAC de Artes A

Page 7: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

6

Chova, vente ou faga frío,

Galicia, terra prezada,

Terra de monte, terra de auga,

Ti es a miña namorada.

Neste pequeno paraíso,

Despaciño, moi amado,

as follas déixanse caer,

facendo alfombras no outono.

E cando chega o inverno,

Ás montañas vén a neve,

E a xente das aldeas,

Prende o lume para que quente.

A primavera é a máis bonita

Pois nacen todas as flores:

Margaridas, lilas, narcisos...

Enchen os prados de olores.

E por fin chegou o verán.

No alto do ceo quenta o sol,

É o tempo de ir á praia,

De aproveitar a calor.

Pero hai algo que non cambia:

Sexa inverno ou verán,

Os regatos sempre corren

E as árbores verdes están.

Pero Galicia non é só paisaxe,

É cultura e é historia,

É tradición e é pasado,

É presente e é memoria.

Cando falo de Galicia,

Penso na súa música popular,

Muiñeira con gaita e pandeireta,

Que consegue emocionar.

Pero tamén penso en monumentos,

Como a catedral compostelá,

A Muralla que rodea Lugo,

Ou as terras ourensás.

Yessica Teijo Lastra

4º ESO A

Page 8: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

7

O goberno aproba un retroceso de 30 anos.

Interromper o embarazo deixará de ser un dereito para a muller.

Esta nova normativa chamarase “Lei de protección da vida do concibido

e dos dereitos da muller embarazada .”

As razóns

O ministro de Xustiza asegura que esta lei se fixo para protexer os

concibidos e os non nacidos, afirman que e unha lei de interese para a

muller.

A lei vixente aprobada polo PSOE en 2010 e recorrida polo PP (que

di que esta lei e inconstitucional xa que non protexe os nasciturus, nas

primeiras 14 semanas de embarazo).

En contraposición

O PSOE e outros grupos como o PNV, o ERC etc. , maniféstanse

en contra e deixan constancia que esta lei producirá mortes por abortos

realizados na clandestinidade.

Puntos que se recollen neste proxecto

1. A malformación fetal non será motivo de aborto.

2. Existirá dereito a aborto por dano psicolóxico pero con máis

obstáculos.

3. O informe que acredite o “grave risco” para a saúde psíquica da

muller será acreditado por médicos alleos a clínica.

4. O prazo de información a embarazada será verbal e pasará de 3

a sete días de reflexión.

Page 9: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

8

5. As menores de 16 e 17 anos non poderán abortar sen permiso

paterno,

6. Todos os traballadores que colaboren na realización dun aborto

teñen dereito a obxección de conciencia.

7. Só haberá castigo para o médico en caso de aborto realizado

ilegalmente.

Sara Castro Seara

1º BAC Artes A

Page 10: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

9

Esta noite de febreiro de 1960 é a primeira dunha nova era

sen Santa Compaña e outras pantasmas alimentadas pola

escuridade. Esta noite escóitanse músicas vidas de lonxe, mozas

e mozos bailan arredor da lareira

mentres nenos e nenas entran e

saen metendo un resío que a xente

de máis idade sente nos ósos, esta

noite inesquecible a festa é para

celebrar a chegada da luz eléctrica.

Mesmo unha muller nova ten que

marchar porque está a piques de dar

a luz a un fillo que xa non vivirá nas

tebras.

Amence cedo, de súpeto

séntese un ruxido que vai a máis ata

que case non deixa falar, é a máquina que está chamando a xente

para a malla. A escena vese a medias pola poeira que se ergue

a eito, especialmente no pano da aira. A imaxe que máis

impresiona a esta hora é a meda impoñente que semella chegar

ao ceo e que mostra no pico uns rapaces que desfán os vencellos

dos viortos cos que as atadoras teñen atados os mollos. A palla,

ceibe, vai parar ao taboleiro onde se estende e onde o

maquinista, co pano atado ao pescozo e cos ollos aneboados,

vaina achegando ao bombo que a envolve e a fai desaparecer

aínda que ás veces atragóase é daquela séntese por enriba de

todo o petar do motor que, non lonxe da malladora, loita por

Page 11: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

10

manter en marcha a correa que os une. As

espalladoras apertan agarimosamente os

brazados de palla que depositan na marca, alí

unha ringleira de mozos agardan, a ver quen

carga máis, enchendo as colmeiras e

manténdoas dereitas ata chegar ao palleiro no

que, por entre a palla, se ven dous homes, xa de

idade, responsables da simetría e da

impermeabilidade daquela obra en colaboración

cos outros palleireiros que, dende abaixo,

informan da súa evolución e coidan da estética

exterior. Nunha zona máis tranquila séntese o

lento “teque-teque” da máquina de limpar, rodeada de xente, xa

non moza, que atende á limpeza da gra e a encher os sacos,

brancos, que dous rapaces carretan para a casa e envorcan na

tulla ou na paneira, que das dúas maneiras lle chaman.

Aínda é noite nesta

noite de inverno; os

parentes van chegando cos

coitelos envoltos en fundas

de palla, a auga no caldeiro

está a ferver, todo está

disposto… O almorzo

tómase sen moita gaña,

case de pé, alguén di “imos

aló que fai falla o tempo”

cando o que quere dicir é “imos aló para rematar axiña o primeiro

acto”. Os cinco porcos son grandes, se cadra cento oitenta quilos

en canal, compren cinco persoas para deitalos no banco de

sangrar onde un a un van deixando a vida de maneira tan rápida

como grande é a pericia do matachín. O baño de madeira fumea,

Page 12: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

11

as linguas, antes remisas, agora sóltanse a falar e os porcos van

quedando pelados e limpos para poñerlles os chambricos e

colgalos no celeiro. No río a auga vén fría, cada quen busca unha

pedra onde poder rascar as tripas que se van cortando e

baleirando (para enchente das troitas), hai que deixalas ben

limpas, mañá os crespos han estar saborosos. Porque mañá é o

día das frebas, dos callos e da carne asada, se cadra as filloas

quedan para a Noiteboa pero a festa está anunciada e a friaxe do

tempo faina prever gorentosa.

Nesta noite de febreiro de 2014 a Santa Compaña ten

desaparecido definitivamente, xa hai ben tempo que as faíscas

que alumaban alá polo 1960 se teñen transformado en lámpadas

de diversos deseños e a potencia viu multiplicarse os seus vatios,

pero o que sacou a procesión dos mortos, dos camiños, foi o

alumado de rúas e corredoiras. O meniño que estaba a piques de

nacer destinado a non coñecer a escuridade, remataría

combatendo contra as tebras da ignorancia e da alienación que,

en 2014, lonxe de teren desaparecido semellan estenderse con

renovada enerxía. En 2014 non se sentirá a máquina de mallar,

non se precisa, pero tampouco non sería efectiva porque na aldea

non quedan mozos nin mozas que fagan o traballo que aquela

esixe. Pola mesma razón os porcos adoitan ir ao matadoiro onde,

polo demais, abondan as condicións de hixiene.

Ah, esquecía contar que a electricidade matou á estrela da

vida nocturna da aldea, a ruada.

Xosé Ramón Cando Vázquez

Profesor

IES “Nosa Señora dos Ollos Grandes ”

Page 13: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

12

O recreo é tempo de ocio. É importante que os alumnos

teñan algúns minutos para descansar, e por un momento,

desconectar das tarefas escolares.

Principalmente o recreo é o punto de encontro entre os

mozos/as do Centro. Durante a súa duración poden falar

tranquilamente sen que ninguén os reprenda por interromper a

explicación. Tamén se xuntan con xente doutras clases.

Para os que queiran tomar un aperitivo está a cafetaría do

Instituto, onde poden comprar unha ampla variedade de

lambetadas e bocadillos.

E para aqueles que queiran empregar o seu tempo en algo

que non sexa soamente falar ou comer existen outras actividades.

A Biblioteca está sempre aberta con profesores dispostos a

axudar en caso de que alguén o necesite. Hai unha ampla

variedade de libros de todas as materias que se poden ler alí ou

levar para casa. Por outro lado pódense ollar revistas de animais,

científicas, informáticas, noutros idiomas... Tamén hai dispoñibles

para o alumnado tres ordenadores que se poden utilizar para

buscar información ou para que aqueles que non teñan conexión

na casa, poidan conectarse. Ademais moitos alumnos usan as

mesas da biblioteca para estudar, sobre todo en época de

exames.

Para os alumnos interesados no deporte tamén hai

interesantes actividades. Aqueles aos que lles guste xogar ao

fútbol poden formar equipos entre os que se disputará a liga

Page 14: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

13

interna. Se en lugar de fútbol prefiren outro deporte, poden

anotarse nas ligas de voleibol e brilé.

Como no recreo están abertos tanto o Ximnasio coma o

Polideportivo, ademais da cancha exterior, os que queiran, poden

xogar eventualmente ao deporte que prefiran, sen necesidade de

entrar en ningún equipo.

E se ningunha destas actividades é do agrado dos

mozos/as, estes teñen a simple opción de pasear polos arredores

do Instituto ou sentar tranquilamente nalgún recuncho do centro.

Outra alternativa para os estudantes de Bacharelato e

Ciclos formativos é saír do Instituto. Aínda que deben estar no

Centro para cando toque o timbre que marca o inicio das clases,

poden dar unha volta pola rúa ou ir a algún bar ou supermercado

para comprar algo de comer antes de reincorporarse ás clases.

En calquera caso, calquera actividade é boa para esquecer

por un anaco as obrigas estudantís.

Jéssica Teijo Lastra

4º ESO A

Page 15: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

14

Cando falamos de lusofonía, referímonos ao conxunto de

países que teñen como lingua oficial o portugués. Hai que ter en

conta que existen outros

países nos que, se ben non

é a lingua oficial, esta é

utilizada como lingua

materna debido a

diferentes vínculos

históricos con Portugal.

Tamén é importante

salientar a significativa

vinculación do mundo

lusófono co noso propio

idioma, o galego, pois son

moitos os lingüistas que

consideran a Galicia parte

da lusofonía.

A proposta, por parte da nosa titora, de facer as primeiras

xornadas gastronómicas da lusofonía pareceunos unha idea moi

interesante, e deste modo, comezamos unha viaxe de busca de

novos sabores, novas técnicas culinarias e, en definitiva, das

nosas propias raíces. Foron cuantiosos os pratos elixidos durante

a nosa investigación sobre esta gastronomía, tendo que deixar

moitos deles no tinteiro; aínda así, a nosa proposición final foi rica

e variada, pasando por diferentes países, e polo tanto, por

diferentes culturas. Descubrimos deste modo que, non importaba

o lonxe ou preto que estivesen os países elixidos, entre si tiñan

un interesante denominador común, unha grande riqueza

Page 16: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

15

gastronómica, rica, complexa e diferente, tanto na variedade de

ingredientes coma nas súas propias preparacións.

Finalmente, os pratos elixidos foron os seguintes:

As famosas Coixinhas de Brasil e tamén de Portugal,

consistentes en peituga de polo desmigada envolvida nunha

masa, empanada e fritida. Adóitaselles dar forma de coxa de polo

( de aí o seu nome, xa que logo coixinha ). Sóese servir

acompañada dunha salsa picante.

Chamuças de Goa, pequenos triángulos dunha masa

rechea dunha mestura composta por galiña, cenoria e pementos,

fritida e lista para servir.

Vau- tan de Timor Leste, carne de tenreira con brotes de

soia envolvida tamén por unha masa.

Camarao guineense de Guinea Bissau, camaróns con

cebola e cogombro aderezado con salsa piripiri, zume de limón,

sal e pementa.

Peixe á lumbo de Moçambique, exquisito prago con cebola,

tomate e pementos, acompañados por camaróns e todo adobiado

co senlleiro sabor do leite de coco.

Xerém tradicional con Dendém de Angola, atún con millo

cociñado en leite de coco.

Polbo á Santo Tomé de Santo Tomé e Príncipe, polbo

confeitado lentamente en aceite con tomate e cebola,

acompañado de salsa piripiri.

Hap- soup de Macau, parrulo adobado con xenxibre, allo,

aceite e sal, cociñado en wok con cebola. Para comelo enrólase

o parrulo nunha folla de leituga.

Page 17: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

16

Bifes con molho de amendoín de Moçambique, filetes de

tenreira cociñados con allo, cebola e tomate, para despois

engadir unha mestura de cacahuetes con auga, deixar reducir e

servilo con patacas doce cocidas.

Como se pode aprezar, os pratos foron moi variados en

canto a ingredientes e sabores, pois quixemos indagar e

experimentar na cociña portuguesa. Esta nos achega dun xeito

especial ás nosas raíces, xa que, supuxo un fito de extrema

importancia na evolución da gastronomía europea, que viviu un

momento revolucionario a partir da xeneralización na distribución

e utilización das especias na cociña, nos séculos XV e XVI. Son

elas as que transforman definitivamente o xeito de entender a

cociña, co que permiten iniciar novas formas de exploración de

diferentes sabores e outras maneiras de combinar os variados

produtos aos que a partir dese momento se empezaba a ter

acceso.

Este proceso de busca de novos horizontes gastronómicos,

no que a gastronomía lusófona tivo un papel fundamental, ten a

súa culminación nos últimos anos, coa aparición de novas

tendencias que pretenden levar a preparación dos alimentos a

unha nova forma de expresión artística. Achéganos a novos

sabores, texturas, cores, e aplicacións dos produtos tradicionais

e, en definitiva, a novas experiencias culinarias, que nos

aproximan á idea da cociña como arte; e é na cociña, na que o

ser humano pode combinar dun xeito máis perfecto traballo e

imaxinación, tradición e innovación.

A gastronomía, neste sentido igual que outras formas de

expresión humana, como a literatura, a pintura, a música...

inscríbese, dentro dos modos de transmisión cultural de toda

Page 18: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

17

sociedade, e como elo da nosa cultura, forma parte da nosa

educación e das nosas raíces.

Podemos considerar pois, que a cociña ten unha función

social e artística determinante, xa que, ao ser a cociña unha das

máis importantes manifestacións culturais de toda sociedade, nos

permite superar os nosos propios límites sociais e descubrir

novos mundos de sabores a través da constante reelaboración e

interpretación das distintas culturas gastronómicas. Achéganos

novas ideas á hora de satisfacer unha necesidade básica como é

a de comer, de maneira que poidamos entender que, todo o que

corre, voa ou nada é, como dicía o coñecido antropólogo, Marvin

Harris, Bo para comer.

A experiencia para nós foi moi enriquecedora e esperamos

que esta sexa a primeira xornada das moitas que se realicen no

Instituto Sanxillao, posto que, aínda que a nosa gastronomía ten

unha grande riqueza e é variada, sempre está ben coñecer

outras, sexan de onde sexan, diferentes ou parecidas e que

poidan achegar novos sabores e novas formas de cociñar. Á fin e

ao cabo, a cociña non é outra cousa que a perfecta selección,

combinación e preparación dos distintos alimentos que temos ao

noso alcance.

2º CURSO DIRECCIÓN DE COCIÑA.

(Colaboración do IES Sanxillao

na revista do IES Ollos Grandes)

Page 19: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

18

Algunhas receitas:

Vau-Tan

Timor Leste

Ingredientes:

Para o recheio:

30 grs de rebentos de soja 1 cebola 250 grs de carne de vaca ou outra picada estufada 2 colheres de sopa de molho de soja sal q.b. 5 colheres de sopa de óleo

Para a massa:

2 ovos 250 grs de farinha água q.b. óleo q.b.

Para o molho:

2 limões 8 dentes de alho 1 dl de molho de soja sal q.b. piripiri q.b.

Confecção:

Primeiro o recheio: Num tacho leva-se ao lume o óleo e a cebola picadinha. Deixa-se refogar um ouco até a cebola aloura. Junta-se a carne picada, o molho de soja, os rebentos de soja e tempera-se com sal e pimenta. Misture tudo muito bem.

A massa: Mistura-se a farinha com os ovos e amassa-se muito bem. Adicione golinhos de água e amasse até formar uma massa consistente. Estende-se com o rolo o mais fino possível e corta-se aos quadrados. Põe-se no canto de cada quadrado uma colher de chá de recheio. Enrola-se sobre o recheio e

Page 20: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

19

unem-se as duas pontas, que se molham com água para colar. Fritam-se em óleo quente. Sirva com o molho.

O molho: No almofariz pisam-se o sal e os dentes de alho. Adicione o sumo dos limões e o molho de soja. Tempera-se com piripiri.

fonte: Felicia Sampaio - Editora Culinária do Roteiro Gastronómico de Portugal

Polvo à S. Tomé

Ingredientes:

2 cebolas 1 kg de polvo fresco 0,5 dl de vinagre piripiri q.b. sal q.b. 1 dl de óleo de palma 1 folha de louro 1 tomate maduro

Confecção:

Em primeiro lugar sova-se um pouco o polvo para amolecer. Depois lava-se muito bem para tirar toda a viscosidade. A seguir corta-se o polvo aos bocados. Leva-se um tacho ao lume com o óleo-de-palma, a cebola picada, o tomate sem peles nem sementes também picado, a folha de louro, piripiri pisado e o polvo. Tapa-se o tacho e deixa-se cozer em lume brando mexendo de vez em quando. Depois de cozido adiciona-se o vinagre, deixa-se ferver mais um pouco com o tacho tapado. Retire o tacho do lume e rectifique os temperos. Sirva acompanhado com Papas de Farinha de Mandioca (ver receita).

Page 21: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

20

fonte: Felicia Sampaio - Editora Culinária do Roteiro Gastronómico de Portugal

Page 22: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

21

Page 23: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

22

A V Olimpíada de Xeoloxía é una

actividade convocada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza da Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos.

Nesta edición da Fase Galega patrocinan e colaboran a Facultade de Bioloxía de Santiago, Escola Politécnica Superior de Lugo, E.T.S.E de Minas de Vigo e Facultade de Ciencias de Ourense e as probas realizaranse simultaneamente nestas catro sedes.

DEPARTAMENTO ORGANIZADOR: Bioloxía e Xeoloxía. INSCRICIÓN: As probas tiveron lugar o martes 18 de febreiro de 2014, entre as 11:30 e as 18:30 horas, na Escola Politécnica Superior (Lugo) PARTICIPANTES: Os alumnos participantes fomos: Andrea Cupeiro Regueiro, Ismael Martínez Carregal, Miriam Prado Rodríguez, Jesús Seijas Cerceda e José Manuel Varela Fernández. Curso: 1º BAC-B

PROBAS: Durante a xornada realizamos dúas probas de xeoloxía: 1º Unha proba de contido práctico, por grupos. 2º Unha proba teórica, individual.

Aproveitamos esta ocasión para coñecer a Escola Politécnica Superior, visitar os talleres, os departamentos e informarnos das ofertas educativas. Comemos todos xuntos na cafetería de Veterinaria, invitados polo noso Centro. Cremos que foi unha visita interesante e un día ben aproveitado.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR PARA O VINDEIRO CURSO!

Page 24: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

23

Unha das cousas máis bonitas que se pode facer nunha excursión é tomar fotografías. Con só un clic poderás ter o encanto dunha cidade e mesmo os mellores momentos cos teus amigos gardados na memoria da túa cámara ou teléfono. Non fai falta ser un experto para sacar boas fotos, só hai que ter en conta unha serie de indicacións.

En primeiro lugar, é esencial levar sempre contigo a túa cámara, vale mesmo a cámara do móbil ou do iPad. Non importa que sexa dunha marca demasiado cara ou moi profesional, o realmente importante é que saibas manexala e poidas tela sempre a man.

Feito isto, o seguinte é ir sempre pendente das paisaxes, dos monumentos, das escenas... para poder atopar unha boa instantánea.

Unha vez que teñas fixado o obxectivo, asegúrate de que a imaxe estea ben enfocada e non dubides en disparar.

Para rematar, é importante dar un pequeno consello, e é que sempre leves a cámara cargada ou que leves contigo un cargador, pois o peor que lle pode pasar a un fotógrafo é atopar a instantánea perfecta e quedar sen batería.

E lembra isto: cantas máis fotos fagas, máis posibilidades hai de que esas fotos sexan boas.

Esta é unha moi boa forma de ter sempre gardados as lembranzas desas excursións que posiblemente nunca esqueceremos.

Uxía Betanzos Morán 4º ESOA

Page 25: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

24

Lembraba ben eses contos que seu avó lle contara había anos. En todos eles estaba presente a noite, a escura e , tamén, brillante noite, na que tiñan lugar miles de feitos fantásticos relacionados sobre todo coa Santa Compaña.

Xosé nunca crera niso, non eran máis ca historias que a Igrexa inventara para amedrentar aos infelices campesiños. Nunca niso crera, pero.... Agora estaba no camposanto a altas horas da noite, déralle por matinar nisto que a outras horas serían contos de vellos.

Cando chegara a casa íao escoitar súa nai... Por que o tiña que mandar a esas horas vixiar o camposanto?

El era un rapaz de dezaseis anos, forte e valente. O medo non tiña cabida no seu pensamento. Non pasaba minuto que non lembrara e maldixera a aqueles maleantes que levaban varios días facendo das súas nese lugar sagrado e que eran os causantes de que el se atopara alí. El tamén os entendía, eran tempos difíciles. Había dous anos que rematara a terrible guerra que enfrontara e arrasara España e os cartos non lles sobraban a ninguén.

En Galicia apenas houbera guerra e menos na aldea na que se criara. Bretoña era un lugar ben fermoso a pesar da mala sona que collera logo da matanza da Santa Cruz.

Que culpa tiñan os britonienses da falta duns poucos? Ben de veces oíra Xosé esa historia que arreo se repetía pola fonda ferida

que deixara nas conciencias da súa vila natal. Era precisamente a do asasinato da Santa Cruz do Valadouro. Xosé non sabía se a debía lembrar; a verdade é que sempre lle tivera respecto aos asasinatos máis se estaba rodeado de lápidas. Mais o medo non era un sentimento propio del . Armouse de valor e comezou a lembrar todo, tal e como llelo narraran milleiros de veces os seu avó Luís. El sempre comezaba co seu relato co “ Era aló polo ano 1888, cando eu aínda era un mozo...” Logo cuspía unha serie de adxectivos cos que pretendía salientar as súas calidades físicas e continuaba do seguinte xeito:

“Era un día coma outro calquera. Un 22 de novembro. Erguérame pouco antes das oito e andaba pola aira dando brincos, cando apareceu unha parella da Garda Civil, probablemente as persoas ás que máis temía daquela, mais para a miña sorte non se dirixían á nosa casa; encamiñábanse cara a dos nosos veciños. De alí a uns minutos ollei como Manuel do Pito saía escoltado por eles. Como tal feito non lle era indiferente a ninguén, as malas linguas logo comezaron a falar. Sóubose que o meu veciño e outros cinco da parroquia foran os autores dun cruel asasinato aló no Valadouro, as vítimas foran un cura, Manuel Neira Murado e tres dos seus criados. O móbil do crime resultara ser o dos cartos, concretamente 970 pesetas da época.

Page 26: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

25

Poucos días despois, os veciños de Bretoña implicados no crime xa estaban detidos e custodiados no cárcere de Mondoñedo á espera de xuízo do que resultaría a sentenza que chegou o 1 de abril de 1889.

Foi deste xeito como Manuel Luxilde Castrillón “O Pito”, Xosé García Braña, Ramón Seivane Bouza, Xosé Lindín Seco, Sidro e Ramón María Seco Castro foran condenados a pena de morte na vila mindoniense. Ninguén o podía crer. Manuel e máis eu viviamos porta con porta e aos demais víraos milleiros de veces nas feiras e nas celebracións da vila. Semellaban xente ben normal.

O día 29 do mesmo mes, teus bisavós e máis eu acudimos á execución dos ladróns e asasinos, que se faría no Campo dos Remedios. Todo estaba disposto. Miles de persoas estabamos amoreados, os seis reos en Capela e o patíbulo con seis postes montados no Campo da Feira xunto á igrexa dos Remedios. Daba xenio...!

Sabíamos que tanto o Goberno como a Raíña rexente, María Cristina, andaban a facer xestións en pro dos condenados. Así, pouco antes da execución chegaba, para sorpresa de todos, un telegrama polo que se conmutaba a pena de morte de cinco dos asasinos pola cadea perpetua, que debería cumprir no cárcere de Ceuta.

Non tivo a mesma sorte o “cabecilla “ Manuel Lugilde, que foi condenado a morrer no garrote vil a mans do Verdugo da Audiencia de Valladolid. Que experiencia tan arrepiante! É verdade que máis crueis aínda foron os seus actos... A morte tan brutal daquela xente inocente á que martirizaron ata a agonía; asfixiándoas con trapos, batendo neles con fungueiros, machetes e eu que sei con cantas cousas máis.

O conto non morreu aquí. Desde aquel momento a nosa aldea non ten boa sona en ningures. Mesmo se teñen negado a darnos pousada en canto mencionabamos a nosa vila natal. Este foi un dos crimes que máis soou ata hai algúns anos. Espero que ti non acordes ningún tan cruel, Xosé.”

Page 27: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

26

Con estas verbas remataba seu avó esta triste historia. Logo, o rapaz sempre lle plantexaba un milleiro de preguntas ás que el respondía con gusto.

O tempo pasáraselle voando lembrando este conto. Escoitou unha voz que o chamaba. Era súa nai. A quenda de vixilancia xa rematara.

María Neira Hermida

4º ESOB

Page 28: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

27

Page 29: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

28

Page 30: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

29

Page 31: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

30

Page 32: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

31

Ano 2014. Marzo. Media noite do domingo 23. Un número demasiado elevado de adolescentes - máis dos que é recomendable xuntar en calquera situación - achégase a un enorme autobús xunto cos seus pais, dispostos a ver mundo. E que mellor mundo que a Bella Italia?

Tres valentes - ou temerarios, segundo como se mire - homes acompáñanlles, as súas caras sorrintes demostran que pola súa banda tamén están emocionados.

O autobús sae cando xa entrou o luns 24, data acordada por todos para comezar a excursión, e todo o mundo se encamiña cara á capital do Estado para voar á terra da pasta e os romanos - facendo uso dos clixés... que son absolutamente reais -.

O plan dende un principio fora conseguir que os mozos fosen durmindo durante o traxecto a Madrid, pero a adrenalina - e o feito de que todos durmiramos de marabilla as últimas horas - facíao unha tarefa canto menos difícil.

Parada en Benavente e volta ao camiño. Por sorte a noite mantiña os rapaces e rapazas relativamente tranquilos e todo o mundo chegou san e salvo a Barajas, demasiado cedo pola mañá.

E entón empeza a primeira crise, no aeroporto: As maletas. Tamaños, pesos, facturadas ou non facturadas. Ata cunha orde perfecta esa crise nerviosa que todos sufrimos non podía ter sido evitada.

Pero por sorte, antes de que calquera puidese decatarse, xa estabamos sentados nos nosos asentos no avión con eses ultra seguros cintos de seguridade abrochados e contando ata os

Page 33: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

32

segundos para chegar á cidade que nos vería 'nacer' na península Itálica: Pisa.

Pisa e a súa torre, e a súa xente que falaba en italiano, e os seus sinais en italiano, e as súas cartas cheas de pasta. Todos elevando os nosos colos para imaxinarnos unha foto máis orixinal coa torre que as se ven normalmente, nós tiñamos que ser especiais. Mellor colgados que empurrando, ou soprando, ou amarrándoa. Dá igual, seguramente non exista unha foto que nesa vella e inclinada edificación non se fixese algunha vez.

E de aí a Florencia, Firenze. Marabillosa cidade, fogar do David, con máis estatuas das que seguramente calquera -exceptuando os Fiorentinos - estea afeito a ver. Algunhas das cales chegan mesmo a asustar ao mesmo tempo que a súa beleza chama a atención, imaxinádevos senón unha estatua sendo decapitada por si mesma.

Pero non todo eran estatuas, hai que lembrar a catedral, tan vistosa e adornada – e tamén bonita - que a súa limpeza exterior dura 15 anos, e ao rematar xa teñen que volver comezar de novo coas partes que foron limpadas primeiro.

E a ponte Vecchio, sobre o río Arno, chea de xoiarías e de xente paseando por ela, sentíndose parte da propia historia do lugar.

Florencia, un lugar marabilloso que nos deu fogar durante 2 longas noites. Ata que o noso bus nos levou a Roma. A 'cidade en ruínas'. Completamente certo, pero cada unha das súas ruínas fana mesmo máis preciosa do que xa pode chegar a ser por si soa.

Sería imposible describir todo o que a capital nos foi ensinando, o seu tesouro interior: Os foros, as fontes, o Coliseo, o Panteón - e a súa construción impresionante cun enorme burato na cúpula -, o mercado de Constantino, as Termas... Tantos

Page 34: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

33

lugares que o único que podes facer para describir o moito que marabillan é contar que o teu terceiro desexo na Fonte di Trevi é volver. Volver a lugares que namoran. Por moito que haxa que camiñar - moito, moito, moito -, e polo complicado que sexa ás veces comer algo que nos traia un pouco á casa e sacarse do infinito número de pastas que son presentadas.

E é que despois de sentirte máis español que nunca ao ir a outro país, despois de aprender palabras en italiano e intentar descifrar por que din 'prego' para todo, despois de camiñar por cada pequena rúa dunha cidade chea de historia, e

de gozar dos artistas da rúa, o único que queda por dicir deste lugar é que non desmerece para nada a súa fama, aínda que esta sexa a de estar en ruínas.

Á fin e ao cabo, que cabe esperar dunha cidade que é capaz de albergar un país no seu interior?

País con seguramente un do museos máis asombrosos do mundo, cos seus 8 km de percorrido, coas obras mestras de autores como Miguel Ángel. Un país pequeno pero con moita forza, como é o Vaticano. Que nos recibiu coas portas abertas - despois de todos os controis - nun dos nosos últimos días alí. E entón tivemos que volver, non se pode dicir que de mala gana, posto que doadamente se bota de menos a tortilla despois de tantos macarróns. Ademais das tremendas ganas de durmir que nos ían asediando a todos pouco a pouco.

Page 35: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

34

Ano 2014. Marzo. Tarde do sábado 29. O mesmo número de adolescentes - por sorte - cos seus respectivos tres profesores, volvían encamiñarse no camiño inverso cara á bonita España. Só que cun pequeno cambio, Iberia non é Ryanair e a angustia das maletas non foi un problema para ninguén dende que chegamos alí. Aínda que claro, a nova compañía non nos librou das chuvias e as turbulencias da viaxe ata Madrid. Por sorte a somnolencia facía que as neuronas non estivesen o suficientemente activas como para cuestionar a nosa seguridade, o cinturonciño protexeríanos.

Das seguintes 6 horas de autobús non podo comentar grande cousa. Non lembro con que soñaba cadaquén. Só que ás 6 da mañá - o cambio horario arrebatounos unha hora - estabamos a baixar do autobús para encamiñarnos de novo ás casas. Fogar, doce fogar.

E só queda por dicir, igual que se fose o mesmo día e a despedida tivese que ser curta, para ser menos dolorosa: Arrivederci Roma

Lucía López Fouz 4º da ESO A

Page 36: O can que non morde 2013 2014
Page 37: O can que non morde 2013 2014
Page 38: O can que non morde 2013 2014
Page 39: O can que non morde 2013 2014
Page 40: O can que non morde 2013 2014
Page 41: O can que non morde 2013 2014
Page 42: O can que non morde 2013 2014
Page 43: O can que non morde 2013 2014
Page 44: O can que non morde 2013 2014
Page 45: O can que non morde 2013 2014
Page 46: O can que non morde 2013 2014
Page 47: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

46

Tiña nove cando me subín por primeira vez nun kayak. Eu non

coñecía a ninguén que practicase piragüismo, e na miña familia non había

afección a este deporte. Nese tempo eu xogaba a vólei, pero xa rematara

a tempada e os meus pais querían terme entretido no verán antes de

marchar de vacacións,

así que no mes de xullo

apunteime aos cursiños

de piragüismo do Club

Fluvial, do que a miña

familia é socia.

Deseguida

decateime de que iso

era o meu; sempre me

sentín moi a gusto na

auga e as clases eran

moi divertidas, con moitos xogos e continuos chapuzóns, porque os

primeiros días non facía máis que envorcar. A pesares de empezar a

remar nun piragüín, sen asento, o difícil é manter o equilibrio. Aprender a

padexar tamén me levou o seu tempo, pero cando acabaron as catro

semanas do cursiño xa tiña claro que eu quería continuar. E así

convertinme en membro do equipo do Fluvial.

Outro feito que fixo medrar a miña afección por este deporte é que

adoito pasar parte das miñas vacacións nun pobo de Cangas chamado

Aldán. Alí naceron e se formaron, campións olímpicos como Teresa

Portela, Carlos Rial “Perucho” ou David Cal. Coñecelos persoalmente e

ter a oportunidade de remar coa xente do seu club no verán é unha grande

motivación.

A miña primeira regata, apenas un par de meses despois de

comezar a remar, non foi moi brillante. Envorquei na saída e rematei entre

os últimos. Afortunadamente, e grazas aos duros adestramentos, o meu

Page 48: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

47

rendemento mellorou. Non me lembro xa do número de regatas nas que

participei, pero síntome especialmente orgulloso dalgúns resultados como

o 7º posto no Campionato de España (cadete B), 2º no Campionato

Galego de Maratón (cadete B) . Na tempada pasada como cadete A fun

2º no Campionato Galego de Maratón, 8º na distancia de 5000 m no

Campionato de España e 10º na distancia de 2000 m, e xa competindo

en K2 1º na distancia de 200 m co meu compañeiro Noé Vila e 2º nas

distancias de 5000 e 1000 m.

Na actualidade adestro a diario, agás os luns, durante dúas horas

e media, e só descansamos durante o mes de outubro. O noso

adestramento diario consiste en exercicios no ximnasio (pesas, circuítos,

exercicios de autocarga e kayakhergómetro) natación, atletismo e remo.

Pero non sempre se pode saír a remar, especialmente en Lugo porque o

inverno é moi longo e duro. Ás veces non podemos porque o río leva

demasiada auga e é

perigoso, así que temos

que ir adestrar ao

encoro de Portomarín.

Outro motivo que está

facendo complicado

remar en Lugo é a

desfeita que a

construción da nova

ponte sobre o río deixou en Lugo; a rotura dun caneiro á altura do

balneario (que nin Deputación, nin Concello, nin Ministerio de Fomento

parecen ter interese en arranxar) fai que o caudal de auga diminúa no

verán e vemos sensiblemente reducida a nosa zona de adestramento. Por

último, outro dos nosos inimigos son as algas, que no verán, co caudal

máis baixo, enrédanse nos temóns e impiden o remo.

As probas nas que participamos comprenden tanto fondo (maratón,

2000 m e 5000 m) coma velocidade (1000, 500 e 200 m), e as

competicións son tanto a nivel provincial (Copa Deputación), galego

(Campionatos galegos de verán e inverno) coma nacionais (Campionato

de España de inverno e Copa de España). Especialmente divertidas son

Page 49: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

48

as probas de descensos de ríos como o Eume, o Miño (en Lugo, Tui) e

no Barco Valdeorras, o Sil. Os dous últimos anos gañei o descenso do

Miño en Lugo na categoría de K2 cos meus compañeiros Omar Rouco e

Noé Vila.

Aínda que o piragüismo non é un deporte de masas somos moitos

os que o practicamos, especialmente na provincia de Pontevedra, onde

en todos os pobos costeiros adoitan ter clubs deste deporte. As regatas

convértense nunha festa na que nos reunimos centos de persoas, así

que, malia que este é un deporte individual (agás as competición de k2 e

k4), temos a sensación de sermos un gran equipo e as competicións son

unha grande oportunidade para coñecer xente, para relacionarte e

compartir a ilusión que esperta este deporte.

Por último, gustaríame animarvos a que probedes este deporte.

Non fai falta ser especialmente forte, nin un equipamento custoso, só

saber nadar e ter ganas de gozar na auga. En especial este chamamento

vai dirixido ás mozas, porque en Lugo son poucas as que practican este

deporte, e non é certo que sexa un deporte para rapaces. No resto de

Galicia son moitas as mozas que o practican e con grande éxito; así que

xa sabedes: ANIMÁDEVOS!

Alejandro Cuadros Otero

1º BAC B

IES “Nosa Señora dos Ollos Grandes”

Page 50: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

49

Por primeira vez, todos os luns ás 14:15, moitos alumnos de ESO

do Sanxillao utilizan o servizo do comedor. Para algúns é un dos mellores

momentos do día, onde descubrir e comer novos pratos.

Mentres baixas pola

escaleira xa ves a marea de

alumnos que se arremuíñan

diante das portas do comedor.

Ata que todos se calman non se

pode entrar, pero a fame pode

co alboroto. Unha vez

sentados, os camareiros poñen

auga, moi aplicados, (tanto,

que rematas por beber de máis)

e pouco despois, outros

aparecen con pratos de

deliciosa comida e moi ben

presentada. Aínda que sabes o

menú de cada mes, non

comprendes de todo de que vai

o prato ata que o tes diante. E é, como di o xefe do comedor, que a comida

é de restaurante de cinco estrelas. Ademais, aprendes moitas cousas,

como nomes de pratos que descoñecías ou nalgún caso que a comida se

come con cubertos e non coas mans. E todo por un módico prezo, é unha

ganga que moitos aproveitan. Están os que repiten todos os días e non

dubidan en felicitar ao cociñeiro mentres atacan o prato. Non obstante,

moitos nin sequera o proban. Enténdese que cada un ten as súas manías

á hora de comer, pero por probar non perdes nada. Que descoñezas un

prato non significa que estea malo. A gastronomía é parte da formación e

a cultura.

Page 51: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

50

Unha norma que hai no comedor é que aqueles que non comen,

non teñen sobremesa. Esta regra chantaxista, case nunca funciona. Aos

que a incumpren non só lles dan sobremesa, senón que tampouco a

comen. E eu pregunto: Trátase de mala educación ou ignorancia?

Ana Huerta Fernández

4º ESO A

Page 52: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

51

Este curso 2013/2014 destacou para os grupos de 4ºde ESO e 1º

de BAC polas importantes excursións ao estranxeiro que se realizaron

para os devanditos cursos. Unha das actividades das que formei parte foi

o intercambio cos alumnos alemáns de Landau. Primeiro eles viñeron a

Lugo, aquí recibímolos cos brazos abertos. Eles sorprendéronse da nosa

benvida, o que aínda non comprendo, porque eles formaron parte de

moitos máis intercambios, ao contrario de nós, que era o primeiro. En

Lugo todo transcorreu con normalidade, aínda que as relacións aínda

eran moi frías porque nos acababamos de coñecer.

Levámolos a visitar Galicia, e a gran maioría non se esperaba a

paisaxe, a comida ou nosa forma de ser. Crían que España era só

flamenca, sol, paella e festa. O mesmo nos pasou aos alumnos do IES

Sanxillao xa que criamos que Alemaña era todo cervexa e xente fría. Pero

como en todos os lugares: hai de todo! En Lugo todo transcorreu con

normalidade, aínda que as relacións aínda eran moi frías porque nos

acababamos de coñecer. Viron máis ou menos o que tiña Galicia as súas

praias, os seus bosques e as cidades máis destacadas como A Coruña

ou Santiago cos seus respectivos museos. Unha das cousas máis

curiosas que lles

sorprendeu foi, que o

noso prato típico, o

polbo, nin se lles

pasaba pola cabeza

comelo cocido, e case

ninguén do seu grupo o

probara, só un ou dous,

atrevéronse a probalo,

algunha vez cociñado á

prancha.

O que ninguén esperaba era que tras a súa marcha os botásemos

tanto de menos. Pasaron algúns meses e entón os alumnos españois

fomos a Landau. O que pasou alí foi unha experiencia única: novos

Page 53: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

52

lugares, xente distinta, pero á vez todo moi acolledor. Alí o tempo pasou

voando, pero nesa curta estancia coñecemos un novo país, novos

costumes e sobre todo deixamos alí unha segunda familia que nos tratou

como na casa. Para nada nos imaxinabamos unha xente tan aberta

porque como sempre os clixés de cada país nos marcaban.

Un dos clixés que si se cumpriu era a gran variedade de carne en

forma de salchicha que había. O que nos quedou aínda máis claro é que

en Alemaña hai moitos castelos. Na miña opinión non cambiaría nada

desta actividade xa que ademais de darnos un pouco máis de cultura

sobre o país e axudarnos co inglés, permitiunos ter amigos no estranxeiro.

Actividades como esta terían que ser obrigatorias e gratuítas para que

todo o mundo puidese ver máis alá de España e establecer unha bonita

amizade con alguén que a dicir verdade tampouco está tan lonxe.

Carmen Valiño Verdes

4º ESOA

Page 54: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

53

Neste curso escolar, os alumnos de 3º, 4º de ESO e 1º de BAC,

realizamos un intercambio cultural co centro alemán Eduard Spranger

Gymnasium, na pequena vila de Landau.

Foi unha experiencia inolvidable para todos nós, pois tivemos a

oportunidade de coñecer lugares, persoas doutro país con costumes

diferentes, outros horarios, un idioma distinto...

En novembro de 2013, os nosos compañeiros alemáns chegaran á

nosa terra. Os dous grupos de estudantes axiña conectamos e formamos

un grupo “GALEMÁN” moi xeitoso. Visitamos Lugo, onde nos dirixiu unhas

palabras José López Orozco, alcalde de Lugo. Acudimos xuntos ás clases

no IES Sanxillao; viaxamos a Santiago, onde fixemos unha visita á

Televisión de Galicia; na Coruña entramos no Acuario e na Domus;

viaxamos ás praias lucenses e mesmo fomos ao Club Fluvial de Lugo

para facer un pouquiño de deporte. Os estudantes alemáns levaron unha

boa impresión de Galicia, así como da súa xente, e pódense destacar as

palabras dun dos profesores que os acompañaba: “Deixástedes o nivel

moi alto; vai ser difícil superalo”.

Page 55: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

54

Chegou abril e con el a desexada viaxe a Landau. A nosa estancia

coas familias estranxeiras estaba programada para que durase 7 días,

pero tivemos a mala sorte de topar cunha folga na compañía aérea.

Pasamos unha noite en Madrid e ao día seguinte embarcamos divididos

en dous grupos en dous voos diferentes. Aínda así, pasámolo moi ben na

capital.

Unha vez alí, as familias

recibíronnos con gran

entusiasmo. Alá, fixemos

diversas actividades:

disfrutamos de tempo coas

familias, visitamos a vila

monumental de Heidelberg, un

bonito castelo e pasamos un día

nun balneario. Por último,

recibiunos o alcalde de Landau, e ese mesmo día tivemos que

despedirnos dos nosos compañeiros e das súas familias.

Foi unha despedida moi emotiva, pero volveremos a coincidir.

O intercambio ensinounos que hai máis mundo fóra de Galicia, un

mundo inmenso ao que algún día poderemos saír e no que seremos moi

benvidos.

Ana Huerta Fernández

4º ESO A

Page 56: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

55

Rosalía, dous séculos atrás, xa falaba de emigración nos seus

poemas “Adios ríos, adiós fontes”, “Airiños, airiños aires” e ”Castellanos

de Castilla”.

Pasaron os anos, e no mundo actual, teoricamente Primeiro Mundo,

e con plenos gobernos sociais, a mocidade non atopa saída. As cifras de

paro na poboación xuvenil son tremendas. O noso futuro e presente ao

rematar as nosas carreiras é moi escuro, tamén aqueles rapaces que

fixeron ciclos formativos.

Novamente algo que parecía soterrado está latente, é o que máis

preocupa e non ten solución inmediata. Segundo as enquisas de

poboación é o problema que máis preocupa no país. É unha cifra

significativa o preocupante aumento de emigración nos últimos cinco anos

que pasou dos 383.599 aos 479.558 actuais. Hoxe en día, como hai dous

séculos, os galegos seguimos preferindo como destino de traballo

América latina e o 77,7% do total que habitan no estranxeiro “cruzaron o

charco”.

Ante esta situación abórdanme diferentes cuestións:

- Por que algo que vén de séculos atrás non está resolto hoxe

en día?

- Podemos confiar en xente con “capacidade” ao servizo dos

gobernos que non prevé estes problemas?

- Que resposta se lle pode dar a un rapaz formado e

sobradamente preparado para o mundo laboral, e que non atopa traballo?

- Ata onde nos pode levar esta situación?

Page 57: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

56

Debemos reflexionar sobre esta problemática que nos está a

afectar, intentando buscar un cambio de dirección cara un futuro máis

esperanzador.

Estrela Fernández Arias

1ª BAC Artes

Page 58: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

57

Como cada ano no IES Sanxillao, unha mañá do terceiro trimestre

convértese nun ir e vir de alumnos e profesores que acoden

entusiasmados ao buffet dos almorzos do Departamento de Hostalaría.

Esta actividade ten como obxectivo poñer a proba os

coñecementos adquiridos polo alumnado deste ciclo formativo, que actúa

por un día coma se fosen traballadores cualificados dun hotel de luxo.

A proba compete tanto a profesores coma a alumnos, pois serve

para demostrar as ensinanzas dos primeiros e a aprendizaxe adquirida

polos segundos ao longo do curso, que terán que demostrar nesta proba

práctica.

En primeiro lugar, os futuros profesionais da restauración deben

procurar que o comedor luza un aspecto impecable, co que decoración,

mobiliario, cobertaría, vaixela, ambiente... cóidanse ao máximo. A orde e

a limpeza resultan imprescindibles, así como o trato amable aos clientes

que acoden ao comedor por quendas que se suceden cada media hora.

Page 59: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

58

Todo está preparado para cando chegan os primeiros e todo debe quedar

perfecto para dar un bo servizo ao resto dos comensais. Os camareiros

serven e atenden as mesas observados polos seus profesores, que van

tomando nota dos seus acertos e fallos.

Por outra parte, da cociña e elaboradas polos mesmos aprendices,

saen todo tipo de viandas, tanto propias dun almorzo tradicional coma da

bolería máis elaborada, todo iso acompañado de zumes e froitas

perfectamente colocadas a xeito de decoración. Os cociñeiros saben que

a hixiene, presentación e sabor dos alimentos son primordiais no seu

traballo, así que se esmeran ao máximo en conseguir os mellores

resultados. Os alimentos están colocados a xeito de buffet e distribuídos

segundo sexan doce ou salgados; isto fai que o aspecto sexa digno dun

bo restaurante e que todo resulte moi agradable á vista e tamén ao padal.

Da perfección e exquisitez da xornada depende non só a nota dos

estudantes senón tamén o entusiasmo co que os seus compañeiros de

Instituto acudan ao ano seguinte a tan orixinal encontro; de feito, ata o

momento foi todo un éxito e a comunidade educativa ve con bos ollos a

celebración dunha actividade destas características.

Con toda seguridade, deste centro sairán grandes profesionais da

hostalaría e xente que saiba valorar e respectar o seu traballo.

Ana Huerta Fernández

4º ESOA

Page 60: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

59

Page 61: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

60

Page 62: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

61

Page 63: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

62

Page 64: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

63

A excursión de galego dos alumnos de 4º de ESO do IES

Sanxillao deste ano 2014, foi o día 2 de xuño.

Nesta viaxe arredor da Costa

da Morte galega visitamos en

primeiro lugar, o fogar do poeta

Eduardo Pondal en Ponteceso, o que

xa visitaramos o ano pasado nesta

excursión.

Seguidamente con sorte de non

perdernos, fomos descubrir o Castro

de Borneiro, o cal non atopáramos o

ano pasado.

Antes de comer, chegamos ao faro de Camariñas, a visitar

una zona belísima e unha paisaxe difícil de esquecer…

Page 65: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

64

No mediodía, xantamos nunhas

rochas preto do mar de Camariñas e ao

rematar visitamos o Cemiterio dos ingleses

que alí se atopaba.

Visitamos tamén a conserveira de Camariñas, de atún e

sardiñas. Alí preparábase o peixe que pescaban os mariñeiros e

envasábano logo, ao rematar a visita polas instalacións

agasalláronnos con mostras dos seus produtos.

Page 66: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

65

Como destino, pasamos por Fisterra , lugar que crían o fin

do mundo os romanos e onde finalizan os peregrinos o seu longo

camiño.

Finalmente, antes de volver para casa, probamos as praias

de Fisterra con gran entusiasmo, e cansos por un longo día de

viaxe pola nosa terra.

Sara Mena Fiaño

4º ESO A

Page 67: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

66

No Bierzo, en León, atópanse as Medulas, un entorno paisaxístico español

formado por unha antiga explotación mineira a ceo aberto de ouro romana.

Antes de que chegaran os romanos, neste lugar atopábase unha gran

montaña habitada polos castrexos. As tropas romanas decidiron escavar estas

terras ao sospeitar que podía haber ouro.

O derrubamento da montaña conseguíase con auga que traían as canles

polas pendentes ata as galerías que escavaran anteriormente, arrastrando os restos

da montaña ata o río Sil.

Son un Ben Histórico Cultural e forman parte do Patrimonio Histórico de

España.

Dende as Medulas, pódese ir á área recreativa do lago de Carucedo ou tamén

ao castelo de Cornatel.

O día 3 de xuño, a nosa profesora de Xeografía e Historia levounos, xunto con outros

profesores, ás Medulas (León). Partimos dende o colexio as nove menos cuarto no bus, Íamos

todos os primeiros do I.E.S. Sanxillao. Tras unha longa viaxe chegamos ao noso destino,

ensináronnos un vídeo sobre as Medulas e explicáronnos un pouco como se formaran, logo de

acabar fomos dar unha volta por alí, sacamos moitas fotos e vimos dúas covas moi grandes: " La

Cuevona" e " La Encantada".

Cando baixamos fomos ao lago Carucedo e entramos nunha especie de museo no que

nos explicaron unhas normas sobre o tratado do lago e as especies que habitaban nel.

Comemos na área recreativa do lago e ao acabar fomos para o castelo de Cornatel, vímolo

e déronnos unha serie de actividades para facer: cota de malla, tiro con arco, esgrima...Estivemos

alí case toda a tarde.

Á volta paramos no Cebreiro, déronnos un traballo para facer sobre os peregrinos, as

chozas, a igrexa e outras curiosidades, logo de terminar deixáronnos comprar na tenda de

recordos.

Aroa Millares Tallón

1º ESO B

Page 68: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

67

“No bus a viaxe foi entretida e pasou axiña o tempo porque estivemos cos

nosos amigos e tamén podías observar pola fiestra as fermosas paisaxes.

A nosa chegada ás Medulas fomos directamente a un museo no que nos

dividiron en grupos para explicarnos de dúas formas diferentes o que son as

Medulas.

Despois tivemos unha visita guiada por elas, en cada tramo explicábanos un

pouco máis sobre elas para que désemos a coñecer pouco a pouco o que son.

As Medulas eran realmente bonitas porque podiamos prezar ese bonito

contraste entre a cor vermella das montañas e o verde da vexetación.

Ao volver ao punto de partida leváronos a outro museo para explicarnos

sobre a relación que ten as Medulas co lago Carucedo.

Exhaustos e famentos chegamos ao lago onde comimos; e ao rematar

deixáronos facer o que levabamos tempo desexando: pasear, correr, xogar...

Máis tarde leváronos ao castelo de Cornatel onde nos ensinaron diferente

cousas sobre os señores feudais e ao rematar podías facer diferentes actividades,

entre elas: tiro con arco, esgrima e taller de pulseiras.

De camiño ao Instituto paramos no Cebreiro onde nos entregaron unha ficha

que por parellas tíñamos que solucionar coa axula da xente do lugar.

A nós gustaríanos que esta actividade se realizara todos os anos, porque é

interesante, educativa e unha boa oportunidade de relación cos compañeiros/as.

Carmen González Grandío

Lara García Pena

1º ESO C

Page 69: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

68

“Gustounos moito a viaxe que fixemos o martes 3 de xuño cos outros

primeiros, porque aprendemos moitas cousas e foi moi interesante.

Unha das cousas que máis nos gustou foi o lago Carucedo cando o vimos

desde o mirador. Deixáranos dar un paseo arredor do lago e xogar. Tamén nos

gustou O Cebreiro porque fixemos unha actividade na que tiñamos que preguntar á

xente de alí as solucións a unhas preguntas que viñan na ficha que nos deran. Foi

moi divertido.

As Medulas tamén nos gustaron, pero menos, porque houbo moi pouco

tempo para facer fotos, para disfrutar da paisaxe... Gustounos o castelo de Cornatel

polo interesante que era esa época, pero había poucas persoas para atender as

actividades.

A viaxe foi longa e á vez moi divertida xa que íamos todos xuntos e falabamos

e ríamos. En xeral pasámolo ben. Foi unha experiencia que nos gustaría repetir.”

Noa Fernández López

Lidia Fernández Rodríguez

1º ESO C

Page 70: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

69

Ildara de Courel

de Manuel Murguía

¡Ildara de Courel! sombra querida,

dulce como el cantar de los cantares,

¿Qué nuevo canto te volvió a la vida?

¿De quien la voz que cuenta tus pesares?

Vivías cual paloma solitaria

en los pasados tiempos sin memoria

envuelto en melancólica plegaria

el triste fin de tu doliente historia.

¿Quién amó como tú? ¿Quién era pura

como Ildara lo era en su martirio?

Semejaba en tu siglo su hermosura,

en desierto cual cárdeno lirio.

Tu queja es como brisa gemidora,

tu llanto como gotas de rocio,

del cielo es el amor que te enamora

y es de los cielos tu dolor bien mío.

¡Ildara de Courel! Flotante maga

envuelta en delicadas vestiduras

que allá del Cabe, entre ondas vaga

gimiendo sus eternas desventuras.

Pobre y amante, atormentada esposa

entre el amor y el deber luchando

volviste a Díos los ojos temerosa

santo remedio a tu dolor buscando.

Y en torno de tu frente inmaculada

los ángeles sus alas desplegaron

y un rayo de la célica morada

Sobre tu mártir frente reflejaron.

Y con himnos, y músicas, y flores

y voces de otros mundos diferentes

arrullaron castísimos amores

que en tu seno nacían sonrientes.

Quien con amarga voz tu historia cuenta

y de tu amor eterno la pelea,

y con tus penas su pesar aumenta

y llora tu dolor, ¡bendito sea!

Quien levanta tu nombre del olvido

y otro pasado mundo alienta y crea

y con su dulce canto nunca oído

nueva vida te da, ¡bendito sea!

Page 71: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

70

Este fermoso poema romántico é obra de Manuel Murguía. Si! do afamado escritor e

historiador, pai do nacionalismo galego, que estivo casado coa escritora Rosalía de Castro.

Publicouno García Acuña, en 1934, no Boletín de la Real Academia Gallega ,tomo XXI, páxs. 177

e 178.

Murguía como gran estudioso e compilador de romances populares galegos, seguramente

escoitou a historia desta muller que, posiblemente, na Alta Idade Media (anos 400-1000) viviu no

Caurel.

Algúns anacos desta historia-lenda quedan aínda na memoria dalgúns dos nosos maiores,

e sitúana no Castelo do Carbedo; que posiblemente sexa o máis antigo de Galicia. Esta fortaleza,

hoxe derruída e abandonada, foi outorgada no ano 1181 á Orde de Santiago por Nuño Peláez e a

súa dona Alda. Incluso, hai quen asegura que nel viviu, de neno, o rei Afonso II o Casto (759 –

842).

Tamén dende os Eidos, Uxío Novoneyra lembra:

VENTANA de Doña Ildara

Prá banda da tara!

Castelo do Carbedo

Sólo prá tarde no bico do penedo!

Dende o Caurel, prégase a quen oíra ou lera sobre esta muller se poña en

contacto con nós. Recordade que Ildara, Ilduara, Induara, Alda, Adara, Aldara, ...... son

variantes do mesmo nome de orixe xermánica.

Orlando Álvarez

Profesor

BIBLIOGRAFÍA:

- García Acuña.: “Ildara de Courel” de Manuel Murguía. Publicado en 1934 no Boletín de la Academia

Gallega, tomo XXI, p. 177-178.

- Uxío Novoneyra.: “Os Eidos”, 2ª edición completa,1985, p. 20. Ed. Xerais de Galicia S.A.

- Julio Vázquez Castro.: “El Castillo de o Courel y la arquitectura militar de la Orden de Santiago en

Galicia”. Servicio de publicaciones de la Diputación Provincial de Lugo, 1996.

Page 72: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

71

O IES Sanxillao dispón dunha ampla oferta formativa en distintas

especialidades

ENSINANZAS. Artes plásticas, deseño e imaxe, artes escénicas,

música e danza son parte da oferta formativa para alumnos de

BAC. Tamén ofrece ciclos formativos medios e superiores en

hostalaría, cuxos alumnos poden dispoñer de bolsas Erasmus

para realizar prácticas.

Máis de medio millar de alumnos realizan os seus estudos no IES

Sanxillao. Este instituto lucense, no que se pode cursar tanto ESO

como Bacharelato, posibilita tamén formarse nos Ciclos

Formativos de grao Medio e Superior de hostalaría, así como

realizar o Programa de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) de

servizos en restauración.

SECUNDARIA. Os alumnos poden iniciar a súa formación no

centro xa dende a ESO, onde poderán elixir entre o francés e o

alemán como segunda lingua estranxeira. Ademais, entre as

materias optativas dispoñibles, ofértanse materias tan diversas

como Cultura Clásica, Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras

ou Iniciación Profesional á Hostalaría. Pola súa banda, os

alumnos do primeiro ciclo da ESO tamén poden beneficiarse do

Plan PROA (Programas de Reforzo, Orientación e Apoio), que se

ofrece de forma gratuíta de luns a xoves.

BACHARELATO. A oferta deste centro é do máis extensa. Entre

as distintas posibilidades existentes, os alumnos do IES Sanxillao

poden cursar: Artes escénicas, Música e Danza e o de Artes

Page 73: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

72

Plásticas de deseño e imaxe. Ademais, “somos o único centro de

Lugo no que se pode cursar Bacharelato Musical, onde os

alumnos con estudos de 5º de grao profesional validan as

materias específicas”, sinala Ángela Gómez Doval, directora do

centro. Os estudos superiores vinculados ao Bacharelato

complétanse coas ramas de Ciencias e Tecnoloxía; e o de

Humanidades e Ciencias Sociais.

CICLOS FORMATIVOS. O IES Sanxillao oferta ciclos formativos

de grao medio de Servizos en Restauración e de Cociña e

Gastronomía. Para acceder a eles é necesario que o alumno teña

o graduado en ESO, posuír un título de técnico auxiliar, ter

aprobado 2º de BUP ou superar as probas de acceso, ou ben,

superar o exame de acceso unha vez concluído o primeiro ano de

PCPI. No caso do ciclo formativo de grao superior de Dirección

de Cociña, o alumno pode acceder de forma directa en caso de

ter o título de Bacharelato, ter superado o COU, posuír outro título

de Técnico Especialista Superior ou unha titulación universitaria.

Así mesmo, tamén se pode acceder mediante unha proba de

acceso. Outra das ensinanzas que se ofertan no centro é o Ciclo

de grao Superior de Dirección de Servizos en Restauración

(oferta Modular), oferta enfocada ao réxime de educación de

adultos, en horario de tarde polo que resulta máis compatible o

estudar e traballar. O alumno pode acceder de forma directa en

caso de ter o título de Bacharelato, ter superado o COU, posuír

outro título de Técnico Especialista Superior ou unha titulación

universitaria, ou ben cunha experiencia laboral superior a dous

anos. Así mesmo,tamén se pode acceder mediante unha proba

de acceso. Os alumnos do Ciclo Superior, poderán realizar as

Prácticas no estranxeiro. Este curso escolar xa realizaron

prácticas en Londres e Lyon, tras ser beneficiarios de mobilidades

Erasmus. Ademais hai a posibilidade de cursar o PCPI de

Page 74: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

73

servizos de restauración, reservado para alumnos con idades

comprendidas entre os 16 e 19 anos.

OFERTA EDUCATIVA

Ensinanza Secundaria Obrigatoria(ESO)

Bacharelato:

Artes plásticas

Artes escénicas

Humanidades e Ciencias Sociais

Cientifico-tecnólogico

Ciclos formativos:

CM Cociña e gastronomía.

CM Servizos en restauración

CS Dirección de Cociña

CS Dirección de servizos en restauración (

Oferta Modular)

PCPI Servizos de Restauración

Page 75: O can que non morde 2013 2014

O can que non morde 2013-2014

74