O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil...

34
Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño PROXECTO TIC: “CREAMOS CONTIDOS DIXITAIS” - Páxina 1 -

Transcript of O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil...

Page 1: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

PROXECTO TIC:

“CREAMOS CONTIDOS DIXITAIS”

CEIP O PiñeiriñoCódigo: 36015652Rúa Adolfo Pedrido Morla, 136611 - Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)Teléfonos: 986 504 366 / 636 245 211FAX: 986 504 366Email: [email protected]

- Páxina 1 -

Page 2: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

ÍNDICE

Ánálise da situación do centro .............................................................. 3

Outros Proxectos de Innovación nos que está inmerso o colexio ......... 6

O noso proxecto TIC ............................................................................. 8

Obxectivos para o curso 2009/10 ......................................................... 9

En relación co profesorado do centro ............................. 9 En relación co alumnado ................................................ 10 En relación con toda a Comunidade Educativa ............. 10

Actividades .......................................................................................... 11

Orzamento previsto .............................................................................. 15

Temporalización ................................................................................... 16

Relación coas Competencias Básicas ................................................. 17

Avaliación ............................................................................................. 19

ANEXO I: Relación de mestres implicados no proxecto ...................... 20

ANEXO II: Coordinador do proxecto ................................................... 25

- Páxina 2 -

Page 3: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

ANÁLISE DA SITUACIÓN DO CENTRO

O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil e Primaria no concello de Vilagarcía de Arousa. Pertence a un medio urbano ou suburbano. Aínda que non está no centro mesmo do concello atópase a tan só 1 ou 2 kilómetros. Moitos alumnos e alumnas posúen xa ordenadores nos seus fogares e acceso a internet co cal a función do colexio non vai ser tan só de alfabetización nas TICs senón tamén de formación dos nenos e nenas para un uso máis racional. En canto a infraestructuras, o centro conta cunha liña ADSL da Xunta quen recentemente nos dotou doutra liña inalámbrica para chegar a todo o colexio. Temos problemas fundamentalmente coa liña telefónica e coas dimensións dos corredores que fai que exista dificultades de cobertura nas aulas máis distantes do punto wifi, deficiencia que contamos solucionar nun curto espazo de tempo. Contamos cunha aula de informática en funcionamento desde hai mais de dez anos con 14 puntos de acceso a internet. Como a liña non é suficiente para toda a aula suplimos esa falta coa conexión inalámbrica. Posuimos ademais dous ordenadores por ciclo que están instalados nas aulas. Incrementaremos este número en posteriores dotacións que se realicen no centro para chegar cando menos a ter un ordenador por aula. Posuimos ademais un ordenador nas aulas de Inglés, Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe. Temos dous equipos na Biblioteca (un para uso do mestre encargado da mesma e outro para uso e consulta dos alumnos), dous na Sá de Mestres e os equipos precisos para o Equipo Directivo.

A aula de informática ten un horario semanal estable para cada clase. O encargado de levar aos alumnos e programar a sesión é o titor de cada grupo. Anteriormente pasamos por outras fases: - Nun primeiro momento había un grupo de mestres que se encargaban de levar aos nenos e darlles esa sesión semanal con contidos curriculares de acordo co titor.

- Páxina 3 -

Page 4: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

- Posteriormente a responsabilidade de esta sesión foi compartida entre o mestre con formación TIC e o titor (a idea era que algúns titores fosen familiarizándose e “perdendo o medo” estas novas ferramentas). Nos casos que non era preciso non se realizou este apoio técnico e foi o mesmo titor o único encargado da sesión.- Na actualidade , como dicíamos anteriormente, é o profesor titor o encargado de levar aos seus alumnos. De todos os xeitos poden contar co asesoramento dos Dinamizadores TIC para cuestións de índole pedagóxica, búsqueda de recursos, instalación de programas, realización de copias,.... Tamén dispoñen dun libro con partes de incidencias para que poidan rexistrar calquera cuestión que estimen oportuna deixando constancia do equipo obxecto da consulta e o elemento a arranxar ou mellorar. Así, o Dinamizador TIC pode tomar as medidas que estime oportunas. Mentras non atopemos un sistema económico e eficaz para o mantemento dos equipos informáticos, conxugamos os seguintes soportes:

o O Departamento de Dinamización TIC para cuestións sinxelas (instalación de programas, eliminación de virus, formateo de equipos,…)

o UAC (para os equipos en garantía ou subministrados en partidas da Consellería de Educación).

o Empresas de mantemento externas ao centro para aqueles ordenadores mercados polo propio centro ou Departamento, ou ampliacións de hardware .

As horas restantes do horario da aula de informática poderán ser adxudicadas a clases dunha especialidade concreta ou quedar o oco libre para ser ocupado por quen o precise nun momento concreto. Terase tamén en conta deixar cando menos unha sesión semanal libre para cuestións de mantemento coincidindo cos algunha das dúas horas de Dinamización TIC.

- Páxina 4 -

Page 5: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

Durante os recreos a aula de informática funciona tamén como un cíber baixo a supervisión dun mestre encargado. Dous mestres se turnan para esta labor. O Cíber-recreo pode ser utilizado libremente polos alumnos de 3º a 6º (cada curso terá un día fixo á semana). Haberá nel un profesor de garda. Os alumnos poden poden utilizar xogos lúdicos seleccionados para tal fin (e evitando aqueles que sexan catalogados de violentos ou sexistas), enciclopedias, programas de debuxo, procesadores de texto para traballos,… Non está permitido o uso de Internet se non é para un traballo escolar concreto e baixo a supervisión do mestre encargado.

Desde o curso 2003/04 (hai máis de 5 anos) o centro conta cun blog feito por nenos e nenas: “O redactor dixital” (http://redactor.blogspot.com ). Posiblemente un dos primeiros blogs en galego feitos por nenos e desde un colexio. O blog creouse como unha canle de expresión dos traballos que facían na hora semanal na aula de informática. Nel os nenos e nenas facían de xornalistas e contaban todo o que lles pasaba polo maxín (unha nova de actualidade, contar un conto, falar do seu actor/actriz/cantante favorito, unha visita, unha entrevista, realizar debuxos, fotografías,...). Como surxiu a idea de crear un blog?: Con frecuencia os nosos alumnos e alumnas amosan desmotivación e falta de interese cando lles propoñemos realizar unha redacción ou composición escrita sobre algún tema. Sen embargo observamos como cando son eles os que libremente escollen tema, momento de facelo, extensión do escrito, deciden se queren ilustrar o que acaban de escribir ou non,... a motivación aumenta. Cal é o xeito de traballar en clase?: Hai dous momentos nos que os alumnos poden redactar os seus posts: na clase de informática (tódolos grupos do centro contan cunha hora semanal de informática) ou durante os recreos (cada nivel ten un día da semana reservado no que poden utilizar xogos distintos aos utilizados na clase de informática). Na pantalla de cada ordenador hai un cartafol cunha plantilla en formato word na que os alumnos que queiran contar algo na bitácora deberán poñer o seu nome, idade, curso, título, texto, algunha ligazón relacionada co tema, e un debuxo (feito xeralmente co Paint ou Drawing for Children) ou foto que copiaron dalgunha páxina de internet (permítese que a foto e o debuxo se entreguen en papel, para o cal deberemos escanealas).O encargado de subir estes posts e debuxos é o profesor e só se correxirán as faltas de ortografía, nunca cuestións de estilo. Tamén é o encargado de eliminar aquelas contestacións aos posts que poidan considerarse ofensivos ou de mal gusto (sinalar que ata o día de hoxe só se eliminaron dúas ou tres).

Este blog foi finalista do I Premio Espiral de Edublogs como “Mellor blog de aula”.

Neste curso está previsto crear un novo blog para os alumnos de educación infantil que servirá de canle de expresión dos máis cativos do colexio e de comunicación coas familias. Tamén potenciaremos o que xa temos intentando implicar a máis compañeiros e alumnos.

- Páxina 5 -

Page 6: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

Igualmente desde hai máis de dous anos o colexio conta cunha páxina web en http://centros.edu.xunta.es/ceipopineirino . Foi feita por mestres e mestras a través dun Grupo de traballo no ano 2005/06 e posteriormente no Seminario permanente ”Unha web con recursos” no 2006/07 onde se lle dotou de contido. Nel temos actividades educativas en formato dixital feitas por mestres do centro creadas con Hot Potatoes, Clic e JClic, LIM, Proxecto “Xogamos?”, Mapas, Powerpoints, Galerías de Imaxes, Fórmula 20, Eclipse Crossword, Web Quests, ... así como un repositorio de fichas descargables en formato .doc para as áreas de lingua galega, lingua castelá e matemáticas. Na actualidade contamos con máis de 6000 vistas en tan só dous anos e medio.

Coa participación nesta convocatoria pretendemos continuar coa filosofía do Seminario Permanente levado a cabo no curso 2007/08 que levaba por título “Unha web con recursos” : que os docentes sexamos non tan só consumidores de información e tecnoloxía senón e sobre todo creadores.

OUTROS PROXECTOS DE INNOVACIÓN NOS QUE ESTÁ INMERSO O COLEXIO

Nestes últimos anos o colexio participou e sigue traballando nos seguintes proxectos de innovación:

Plan Valora de Igualdade: Temos un completo proxecto con actividades e obradoiros de periodicidade fixa con todos os alumnos do colexio desde Educación Infantil ao Terceiro Ciclo de Primaria. Contamos así mesmo cun apartamento con cama, cociña,.... para realizar tarefas domésticas. Aparte de recibir un Valora de Igualdade a

- Páxina 6 -

Page 7: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

Concellería de Igualdade do de Vilagarcía concedeunos o primeiro premio pola nosa laboura.

Premio de Innovación Educativa para a sostibilidade (Temas Transversais) por un traballo sobre Os Incendios Forestais.

Voz Natura: Levamos varios anos realizando proxectos medioambientais.

Plan Proa: Apoio para os alumnos e alumnas do terceiro ciclo de primaria.

Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares de Galicia (Plambe). Este curso é o cuarto ano no que levamos con este Plan mellorando a nosa biblioteca.

Proxecto de Intercambios deportivos cos colexios de Vilaxoán, A Escardia e Arealonga (todos do concello de Vilagarcía): Levamos máis de dez anos realizando unha actividade de convivencia e deporte baseada na máxima de "Todos xogamos con todos" con periodicidade quincenal. A filosofía dos intercambios e o disfrute e a non competicón entre os centros, por eso os equipos están formados por nenos e nenas de todos os colexios.  Participan os rapaces e rapazas de 2º e 3º ciclo de primaria. No ano 2003 esta iniciativa mereceu un recoñecemento público da Asociación Galega de Deporte para Todos (AGDPT) recibindo en Ferrol o Premio á Promoción dos Valores do Deporte para Todos.

- Páxina 7 -

Page 8: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

O NOSO PROXECTO TIC

As Tics son unha excelente oportunidade para axudar a liberarnos dunha vez por todas da esclavitude que supoñen os libros de texto. Son o complemento ideal para metodoloxías de traballo baseadas en filosofías máis abertas e constructivistas e para o traballo por proxectos, algo que nunca conseguiremos se seguimos apoiando a nosa ensinanza en solucións prefabricadas como son os CDs comerciais pensados para uns alumnos standard que non temos e para unha realidade completamente axena á nosa. Como a nosa cualificación técnica non é suficiente para crear complexos xogos en flash, java ou calquera outra tecnoloxía similar, recurriremos ás chamadas “Ferramentas de autor” , é dicir: programas informáticos sinxelos e moi gráficos que nos permiten aos docentes crear as nosas propias actividades educativas en formato dixital partindo de coñecementos básicos ou non moi avanzados de informática. Procuraremos atender a todos e cada un dos distintos ciclos que se imparten no noso colexio (desde infantil ao terceiro ciclo de primaria) e a todas as materias, para o que contamos con mestres de todos os mencionados ciclos e especialidades. Crearemos materiais coas seguintes Ferramentas de autor: LIM (Libros Interactivos Multimedia), Ardora, Hot Potatoes, Notebook (para a pizarra dixital), Imaxes Interactivas e co Proxecto “Xogamos?”. Desenvolveremos así mesmo estratexias de investigación utilizando a rede: Web Quests, Mini Quests ou Cazas do Tesouro (Treasure Hunts) para os máis novos.Para a difusión de todo o material creado usaremosa páxina web do colexio http://centros.edu.xunta.es/ceipopineirino así como o blog que temos desde o curso 2003/04 “O redactor dixital”: http://redactor.blogspot.com ademáis de outros que está previsto poñer en funcionamento. Así mesmo, para aqueles equipos sen acceso a internet realizaremos CDs autoexecutables co material creado.Construiremos uns carros dotados de ordenador portátil, videoproxector e pantalla para poder utilizar estos materiais en calquera dependencia do centro ou clase.

- Páxina 8 -

Page 9: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

OBXECTIVOS para o curso 2009/10

En relación co profesorado do centro

o Capacitar ao profesorado do centro no uso de ferramentas de autor para a creación de materiais educativos en formato dixital.

o Empregar as TICs de xeito normalizado nas diferentes áreas e niveis educativos.

o Adquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas Tecnoloxías na nosa labor diaria como ensinantes.

o Fomentar a autoformación e a formación entre iguais dentro do equipo de Novas Tecnoloxías.

o Adquirir a competencia técnica para actualizar e subir contidos á páxina web do colexio así como aos blogs.

o Apoiar e asesorar técnicamente dende o Equipo de Novas Tecnoloxías a toda a Comunidade Educativa (profesorado, alumnos, ANPA,...).

o Integrar de xeito efectivo o Encerado Dixital Interactivo (EDI) dentro do traballo de clase.

- Páxina 9 -

Page 10: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

o Desenvolver estratexias de investigación utilizando a rede (WebQuests e MiniQuests para os cursos superiores e Cazas do Tesouro para os máis novos).

o Realización dun boletín trimestral con suxestións e recomendacións sobre as TICs na nosa práctica docente.

o Promover actividades encamiñadas a promocionar o software libre con solucións informáticas substitutivas das propietarias ou privativas (OpenOffice para as solucións ofimáticas, Audacity para a edición de son, 7Zip para a compresión/descompresión de arquivos,...).

En relación co alumnado

o Desenvolvemento da Competencia para o tratamento da información e a Competencia dixital mediante a integración efectiva das TICs.

o Tomar conciencia da complexidade da rede e espertar a capacidade crítica diante dos contidos que ofrece.

o Procurar unha integración efectiva do alumnado con NEE e Inmigrante a través do uso das TICs con actividades dixitais creadas ad hoc.

o Formar a alumnos dos cursos superiores para a creación de contidos dixitais como unha nova canle de expresión e interacción.

o Crear un podcast a xeito de radio escolar realizada polos alumnos do colexio.

En relación a toda a Comunidade Educativa

o Mellorar a comunicación coas familias a través da web de colexio e blogs.

- Páxina 10 -

Page 11: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

o Crear unha sección fixa na web destinada á ANPA do centro.

o Achegarnos ao entorno e á realidade onde estamos inmersos.

o Establecer canles de comunicación fixas entre os Equipos de Novas Tecnoloxías dos demáis centros da comarca coa finalidade de intercambiar experiencias.

o Participar de forma estable nas revistas que o Departamento de Normalización Lingüística publica anualmente coincidindo co Día da Paz e Día das Letras Galegas cunha sección fixa con Consellos e recomendacións sobre as Novas Tecnoloxías.

ACTIVIDADES

Crearemos actividades educativas en formato dixital con ferramentas ou linguaxe de autor

Decidiremos a ferramenta de autor en función da necesidade concreta e actividade que queiramos crear. De todos os xeitos faremos actividades con:

LIM (Libros Interactivos Multimedia): A versión 3.2 permítenos crear libros con 51 tipos de páxinas diferentes, todas elas con moitas posibilidades de ser aplicadas en Educación Infantil e Primaria. Hai profesores no centro con experiencia nesta ferramenta o que facilitará e formación entre iguais e a creación de distintos grupos de traballo.

Ardora: A súa utilización vai a ser máis restrinxida que no caso anterior. Pensamos realizar actividades no 2º ou 3º Ciclo de Primaria. Un mestre posúe formación sobre esta ferramenta e fará de titor para o resto de membros.

Hot Potatoes: Crearemos Unidades Didácticas con esta suite de programas no 2º e 3º Ciclo de Primaria e nas linguas. Un mestre do proxecto recibiu tres premios de Innovación Educativa con traballos feitos con estas ferramentas, así mesmo realizou a primeira tradución dos programas ao galego no ano 1999. Formará aos mestres do proxecto que o precisen.

Notebook: Realizaremos distintas actividades para a Pizarra Dixital Interactiva (EDI) pensando preferentemente nos alumnos

- Páxina 11 -

Page 12: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

de Infantil e no 1º Ciclo de Primaria. Unha mestra do equipo posúe formación sobre o seu uso.

Imaxes Interactivas: Darémoslle interactividade a diversas imaxes con esta ferramenta o que nos permitirá o traballo con videos, textos, fotos, sons, animacións flash,... Un mestre do equipo é coautor de esta ferramenta.

Proxecto Xogamos?: Crearemos xogos interactivos de pregunta-resposta tipo trivial con este conxunto de ferramentas. Faremos xogos para todos os niveis educativos. Tamén faremos xogos sobre as distintas celebracións anuais (magosto, nadal, ...) e sobre o autor homenaxeado no Día das Letras galegas (neste Caso D. Uxío Novoneyra). Un dos mestre do proxecto é coautor de esta ferramenta e dará formación aos compañeiros.

Non descartamos utilizar outras ferramentas en función das necesidades educativas se estas se axustan máis aos obxectivos perseguidos (como Eclipse Crossword, Fórmula 20, JClic,...).

Utilizaremos a páxina web do colexio como almacén de recursos e canle de expresión e comunicación de toda a Comunidade Educativa

En tres anos de vida a web do CEIP O Piñeiriño convertiuse nun referente de toda a Comunidade Educativa (mestres, pais, alumnos,...) pero tamén doutros colexios que utilizan os múltiples recursos dos que contamos creados polo profesorado de este centro. Neste momento é precisa unha revisión da web en cuestións importantes como son a accesibilidade e usabilidade. Tamén compre formar a máis docentes para facilitar as actualizacións da mesma de xeito fluido e contínuo.

De tódolos xeitos a web seguirá sendo ese escaparate no que compartiremos con toda a Comunidade Educativa os recursos que creamos.

- Páxina 12 -

Page 13: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

Revitalizaremos o blog dos alumnos e crearemos blogs específicos nas áreas e niveis que o demanden

Os blogs teñen a ventaxa de poder actualizarse con máis rapidez e inmediatez que unha páxina web normal (non creada cun CMS) como é o noso caso, co cal conviven perfectamente coa web que deixaremos para cuestións máis formais ou de maior elaboración como recursos educativos en formato dixital.

O blog dos alumnos “O Redactor Dixital”: http://redactor.blogspot.com en funcionamento dende hai máis de 5 anos (dende o curso 2003/04) é un dos primeiros edublogs en galego onde os alumnos son os únicos autores. É o momento de revitalizalo e buscarlle novas orientacións explorando outras posibilidades máis acordes coa Web 2.0. Continuaremos utilizando o programa Drawing for Children para ilustrar os posts. Crearemos un parche para engadirlle novas galerías de imaxes vectoriais e estampacións para darlle máis posiblidades aos traballos dos nosos alumnos.

Temos previsto, así mesmo, poñernos en contacto cos blogs educativos de mestres e alumnos dos centros da comarca para o intercambio de experiencias.

Deseñaremos estratexias de investigación utilizando a rede: WebQuest, MiniQuest e Cazas do Tesouro

Co obxectivo dunha utilización máis racional da rede por parte dos nosos alumnos deseñaremos e plantexarémoslles estratexias de investigación tipo WebQuest (recurso creado por Bernie Dodge en 1995) onde a maior parte da información que precisan está nas webs que lles facilitamos. Estas actividades pola súa complexidade deseñarémolas para alumnos do terceiro ciclo de primaria. Para o segundo ciclo deseñaremos Miniquests nas que a tarefa a realizar é máis sinxela, e para os do primeiro

- Páxina 13 -

Page 14: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

ciclo Cazas do Tesouro (Treasure Hunts) con preguntas obxectivas e menor traballo intelectual.

Sinalar que nas WebQuest os alumnos son os que en verdade constrúen o coñecemento que logo van a aprender.

Organizaremos os recursos de software da aula de informática

Aparte dos materiais que crearemos neste proxecto é preciso inventariar e organizar o que xa temos. Precisamos de mobiliario para poder clasificar e sistematizar todos estes recursos.

Levaremos a tecnoloxía a todos os recunchos do colexio

Construiremos ou mercaremos uns mobles ou carros portátiles que contarán cun ordenador portátil e videoproxector, así mesmo mercaremos pantallas lixeiras para poder levalas sen problemas a onde se precisen.

O obxectivo é contar cun destes carros portátiles para cada andar do colexio (en total tres andares).

Mercaremos un ou dous portátiles de uso exclusivo do Departamento das TICs para a utilización do profesorado implicado no proxecto para poder crear os recursos e materiais que plantexemos.

Elaboraremos un Boletín TIC trimestral

Contará con suxestións e recomendacións sobre as TICs na nosa práctica docente. Difundiremos o boletín entre os mestres do noso centro e da comarca. Terá versión en pdf e versión en formato papel, aínda que co tempo pretendemos só realizala en formato dixital.

Así mesmo, colaboraremos cunha sección fixa na revista escolar “O Redactor” da que realizamos dous números anuais coincidindo co Día da Paz e Día das Letras Galegas.

- Páxina 14 -

Page 15: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

Promocionaremos o software libre e en galego

Consideramos necesario promocionar o software libre con solucións informáticas substitutivas das propietarias ou privativas (OpenOffice para as ferramentas ofimáticas, Audacity para a edición de son, 7Zip para a compresión/descompresión de arquivos,...). Cando non atopemos unha solución de software libre recurriremos a programas freeware ou gratuitos os cales se non están en galego procuraremos colaborar na súa traducción.

Creación dun audioblog ou podcast

A máis longo prazo realizaremos un audioblog ou podcast a xeito de radio escolar, é dicir un edublog onde o contido sexa presentado fundamentalmente en forma de arquivos de audio. Utilizaremos para elo o programa de edición de audio libre e en galego Audacity. Os arquivos serán alonxados no espazo web que nos reservou a Consellería para a páxina web do colexio ou no servizo gratuito goear ou similar. Por cuestións temporais é posible que esta actividade non chegue a materializarse neste curso académico 2009/10. De ser así deixarémolo para o vindeiro pero deixando a base para que así sexa formando aos alumnos e mestres nestas ferramentas.

ORZAMENTO PREVISTO

No caso de ser aceptado este proxecto e dependendo da cantidade que puidese concedérsenos, o orzamento previsto para levalo a cabo é:

GASTO CUANTÍA ESTIMADA3 carros portátiles con ordenador portátil, videoproxector e pantalla

2200€ X 3 = 6600€

Mobiliario: Armario clasificador de CDs con software para a aula de informática

1000€

Portátil para uso compartido do equipo de Novas Tecnoloxías

800€

Equipo de son: micro, auriculares (con calidade suficiente para gravacións para o podcast)

200€

CDs para editar os contidos creados e memorias USB para o traballo diario dos membros de este equipo, así como outro material funxible que fose preciso.

400€

- Páxina 15 -

Page 16: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

TOTAL 9000€

Estes gastos axustaranse finalmente en función da cantidade concedida.

TEMPORALIZACIÓN

1º Trimestre Organización da aula de informática e adquisición

dun moble para clasificar o software e xogos dispoñibles

Ferramentas de autor: LIM e Imaxes Interactivas Dinamizar o blog do colexio e crear os que se

demanden para niveis ou áreas concretas Actualizar e mellorar a accesibilidade e usabilidade

da páxina web do colexio 1º Boletín TIC trimestral Avaliación do cumprimento dos obxectivos para

este 1º Trimestre e propostas de mellora

2º Trimestre Construcción ou adquisición dos carros portátiles

para cada andar do colexio con portátil, videoproxector e pantalla.

Ferramentas de autor: Ardora (ou JClic pois utililzan a mesma tecnoloxía) e Hot Potatoes.

Creación de actividades educativas co Notebook para o EDI.

2º Boletín TIC trimestral Avaliación do cumprimento dos obxectivos para

este 2º Trimestre e propostas de mellora

- Páxina 16 -

Page 17: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

3º Trimestre Realizar estratexias de investigación utilizando a

rede: WebQuests, Miniquests ou Cazas do Tesouro.

Ferramentas de autor: Crearemos xogos de pregunta-resposta co “Proxecto Xogamos?”.

3º Boletín TIC trimestral Avaliación do cumprimento dos obxectivos para

este 3º Trimestre e propostas de mellora

RELACIÓN COAS COMPETENCIAS BÁSICAS

As competencias son, de acordo co artigo 6 da Lei 2/2006, Orgánica de Educación, un elemento esencial do currículo.

Identificamos 8 competencias:

Comunicación Lingüística

Matemática

Coñecemento e interacción co mundo físico

Tratamento da información e competencia dixital

Social e cidadá

Cultural e artística

Aprender a aprender

Autonomía e iniciativa persoal

Competencia en Comunicación Lingüística

- Páxina 17 -

Page 18: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

Coas TICs desenvolveremos esta competencia dende múltiples perspectivas, pero, de xeito especial na escritura en blogs. Traballaremos asemade vocabulario específico das Novas Tecnoloxías.

Competencia matemática

Son evidentes posibilidades que as ferramentas de autor teñen no referente á creación de actividades matemáticas. Traballaremos especialmente a comprensión e razonamento lóxico. LIM é a ferramenta óptima para a creación de este tipo de actividades.

Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico

Internet é unha excelente oportunidade para profundizar no coñecemento do entorno que nos rodea e de achegarnos a outras realidades máis ou menos lonxanas. En relación a esta competencia cabe destacar o emprego de estratexias de investigación utilizando a rede como son as WebQuests, Miniquests ou Cazas do Tesouro onde o alumno non só precisa asimilar unha serie de coñecementos senón que o importante é o descubrimento guiado mediante a súa interacción co medio.

Tratamento da información e Competencia dixital

O alumnado ten que ser quen de atopar a información usando as TIC: bases de datos, procesadores de texto, tratamento da imaxe, utilización de internet como ferramenta de busca... Debe amosar un dominio básico de diferentes linguaxes (icónica, visual, sonora, gráfica...) e un coñecemento dos tipos de información, das súas fontes, das súas posibilidades e da súa localización.

Debemos desviar o centro actual da ensinanza, onde prima a acumulación de datos, cara un novo centro onde se dé maior importancia á obtención, comprensión, interpretación e utilización dos mesmos.

É preciso diminuir o volume de datos que o alumno debe aprender, para poder incrementar a súa capacidade de obtención autónoma de esos mesmos datos, de análise e resolución de problemas por medio de esta información.

Competencia social e cidadá

As TICs poñen en funcionamento unha complexa dinámica de relacións que as fan especialmente axeitadas para a educación en habilidades sociais.

Cun axeitado enfoque metodolóxico e didáctico, faranse grandes achegas a esta competencia: a busca de obxectivos grupais no traballo cooperativo, o diálogo e a toma de decisións compartidas, a comunicación... son un medio eficaz para facilitar a relación, a integración, o respecto, a cooperación e a solidariedade.

- Páxina 18 -

Page 19: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

Competencia cultural e artística

A mellor forma de entender as manifestacións culturais e artísticas é interactuar con elas. Coas TICs expresarán esta interacción e á vez convertiranse en creadores e recreadores da mesma. Faremos unha cultura viva e actual pero valorando a importancia do pasado.

Aprender a aprender

O logro de esta competencia ten relación coa metodoloxía e coa maneira de presentar as tarefas na organización do proceso de ensino-aprendizaxe.

Aprender a aprender por medio das actividades cooperativas, en que o grupo-clase ten que buscar a colaboración e as achegas de todas as persoas que o compoñen, favorecendo o diálogo, a busca, o consenso, o razonamento e a comprensión das ideas achegadas polos demais.

Unha vez máis, as estratexias de investigación utilizando a rede (tipo WebQuests) son unha boa oportunidade para traballar esta competencia.

Autonomía e Iniciativa persoal

Con este proxecto pretendemos incrementar o nivel de habilidades e de capacidades coas TICs de todo o alumnado e profesorado participante. Faremos fincapé na titoría entre iguais e na autoformación como forma efectiva de aprendizaxe.

AVALIACIÓN

Realizaremos o proceso avaliativo en tres momentos:

Unha avaliación inicial ou diagnóstica cando iniciemos o proxecto no que o equipo TIC do centro valorará o estado da implantación das TIC en profundidade.Avaliación continua de caracter formativo durante o curso, na que revisaremos como evoluciona o traballo, se se cumpren os obxectivos ou deben ser revisados ou rectificados.Unha avaliación final ao remate do curso, a partir da cal extraeremos conclusións prácticas para o proxecto do curso seguinte.

- Páxina 19 -

Page 20: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

Atenderemos especialmente os seguintes CRITERIOS na avaliación:

Grado de coñecemento das ferramentas de autor empregadas por parte do profesorado.

Calidade dos materiais producidos. Grado de implicación do profesorado participante. Incidencia do uso das TICs na práctica docente. Extensión do proxecto a toda a Comunidade Educativa. Atención aos intereses e motivacións dos alumnos.

ANEXO I

RELACIÓN DE MESTRES

- Páxina 20 -

Page 21: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

IMPLICADOS NO PROXECTO

- Páxina 21 -

Page 22: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

Relación de docentes implicados no proxecto

Implicámonos neste proxecto 24 mestres dun total de 30 que formamos o claustro: hai mestres de todos os ciclos educativos e de todas as especialidades.

- Páxina 22 -

Page 23: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

ANEXO II

COORDINADOR DO PROXECTO

- Páxina 23 -

Page 24: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

COORDINADOR

Vicente Rodríguez, Xosé Antón

Formación en TICs:

Licenciado en Ciencias da Educación (Especialidade Organización e Dirección de Centros) pola UNED .

Foi membro de lapisdecores (a sección educativa de galego21.org) e actualmente é un dos coordinadores de Edugaliza  edugaliza.org (Portal con contidos educativos en galego).

É o responsable da versión galega de Primewares http://primewares.com/category/Galician_language (unha base de datos internacional con programas gratuitos traducidos ao galego). Anteriormente era coñecida como Freeware World Team.

Participou na tradución de programas educativos ao galego como o Hot Potatoes, JClic, Caderno de Mates, Atnag, Drawing for Children, Mouse Trainer, Keyboard Explorer,... así como outros programas non específicamente educativos pero de utilidade nun centro como o Audacity ou o Format Factory.

Recibiu diversos premios de Innovación Educativa da Consellería de Educación por traballos en contorno web.

o Coidamos o colexio, coidamos o mundo (coautor) – Accésit a galerías de imaxes. (Ano 2003)

o A vida e obra de Xaquín Lorenzo (Xocas) – Premio ao desenvolvemento de materiais educativos curriculares en contorno web - Unidade didáctica feita en Hot Potatoes – Accésit - Premio ao desenvolvemento de materiais educativos curriculares (ano 2003)

o Problemáticos - Unidade didáctica feita en Hot Potatoes – 4º Premio ao desenvolvemento de materiais educativos curriculares en copntorno web (Ano 2003)

o Etnonet 1.0 – Descubre Galicia - Unidade didáctica feita en Hot Potatoes – Accésit (Ano 2004)

o Vial-Test – “Comproba os teus coñecementos en Educación Vial” - 1º Premio Innovación Educativa sobre Transversalidade

- Páxina 24 -

Page 25: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

(Educación Vial) no ano 2005 - Unidade didáctica feita en Hot Potatoes

o Os incendios forestais (coautor) – 1º Premio Innovación Educativa para a Transversalidade (Sostibilidade) no ano 2006. Incluía unha webquest.

É coautor das ferramentas de autor "Proxecto Xogamos?" e "Imaxes Interactivas" (que recibiron o 1º Premio da Sociedade da Información á mellor Ferramenta de autor das Consellerías de Innovación e Industria e da de Educación nos anos 2007 e 2008 respectivamente).

É autor de diversos blogs educativos desde o ano 2004 e da páxina “Recursos para docentes”: http://www.antonvicente.es

Realizou diversos artigos sobre TICs en revistas especializadas (entre elas Saudiña ou a Revista Galega de Educación).

Impartiu numerosos cursos nos Cefores, Consellería e Asociacións de Ensinantes relacionados fundamentalmente coas ferramentas de autor e as TICs no ensino así como da Competencia dixital.

É un dos autores e titor do curso do Platega : "LIM e o Proxecto Xogamos - Aplicación didáctica".

Cursos relizados en relación coas TICs:

Programa NMAI: Área de elaboración de materiais de apoio. 1º Ciclo: Uso dos medios informáticos

I Xornadas para a elaboración de materiais de aula con aplicacións informáticas

Aplicación das Novas Tecnoloxías na Educación Física. Encontros: Primeiros encontros de innovación educativa. GT: Deseño da páxina web do CEIP O Piñeiriño GT: Flash para a educación Aventuras na web: As Webquest como modelo de traballo cooperativo

en internet. Internet como recurso na área de lingua galega SP: Unha web con recursos Software libre na educación (Platega) ENTRANS. A lingua galega e a traducción do software libre para Galicia

(Platega) Software libre como ferramenta de traballo no ámbito educativo

(Platega) VIII Inforensino Elaboración de materiais multimedia: uso educativo Creación de actividades en liña con Ardora. Uso didáctico (Platega) Internet como recurso didáctico (Educared e MEC) I Obradoiros de Accesibilidade Web 2008 (Tadega) Curso: Informática (Forga)

- Páxina 25 -

Page 26: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

Curso: Informática II (Forga) Curso: Internet (Forga) Deseño de Páxinas Web (Forga) Enblogs 06: Encontro de Blogs de Galicia e Portugal (Consello da

Cultura Galega) Uso didáctico dos medios Audiovisuais. I Xornadas de Software Libre na Educación en Galicia (AGNIX) Curso: Xestión de Bibliotecas. Programa Meiga

Ponencias como relator en relación ás TICs:

GT: A Interculturalidade e as TIC (Recursos na rede para traballar a Interculturalidade) (4 horas)

GT: Ensinar integrando as Novas Tecnoloxías (Libros Interactivos Multimedia) (3 horas)

GT: A Igualdade de xénero a través das TIC (LIM) (6 horas) GT: LIM: Coñecendo a Laxeiro (Recursos didácticos dun Blog) (4 horas) CURSO de Galego para profesorado en prácticas (Galego on-line:

ferramentas e recursos multimedia para o ensino en galego) (6 horas) GT: Educación Multicultural a través das TIC con soporte web (6 horas) PFAC: Desenvolvemento da Competencia lingüística mediante as TIC

(LIM) (8 horas) PFAC: Os alimentos do entorno a través das TIC (LIM) (2 horas) GT: A Competencia Lingüística a través do tratamento integrado das

linguas (os Libros Interactivos Muiltimedia e o ensino das linguas) (2 h) CURSO: A educación artística como instrumendo de integración

intercultural e social (LIM – Uso diáctico) (9 horas) Profesor Titor no CURSO PLATEGA: LIM e o Proxecto Xogamos? –

Aplicación didáctica (10 horas) CURSO: Programa PALE, Fase C (Xogamos?: Ferramenta de autor

para a creación de contornas multimedia como ferramenta no ensino de idiomas) (12 horas)

CURSO de Galego para profesorado en prácticas (Galego on-line) – Pontevedra 2008 (6 horas)

CURSO de Galego para profesorado en prácticas (Galego on-line) – Lalín 2008 (6 horas)

CURSO de Galego para profesorado en prácticas (Galego on-line) – Vilagarcía de Arousa 2008 (6 horas)

CURSO: Internet como recurso na área de lingua galega (Internet como recurso na práctica docente) (3 horas)

CURSO: “Uso de ordenadores para docentes: Aplicación didáctica da informática – III (Elaboración de materiais educativos) – Sanxenxo (3 horas)

CURSO: “Uso de ordenadores para docentes: Aplicación didáctica da informática – III (Elaboración de materiais educativos) – O Grove (3 horas)

CURSO: “Introducción ó manexo de ordenadores (Nivel 1) (Apliacións básicas) - Sanxenxo (3 horas)

- Páxina 26 -

Page 27: O CEIP O Piñeiriño é un centro de Educación Infantil …centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/proxecto/recursos/... · Web viewAdquirir unha actitude positiva cara o uso das Novas

Proxecto TIC: “Creamos contidos dixitais” – CEIP O Piñeiriño

CURSO: Aplicación didáctica da informática – III (Elaboración de materiais educativos – Poio ( 3 horas)

CURSO de galego para profesorado en prácticas (Uso de recursos educativos multimedia en galego) – Cambados 2007 (6 horas)

CURSO de galego para profesorado en prácticas (Rrecursos educativos multimedia en galego) – Cambados 2007 (6 horas)

CURSO de galego para docentes (galego on-line: recursos para a docencia en galego) – Pontevedra 2007

CURSO de galego para profesorado en prácticas (galego on-line: recursos multimedia para o ensino en galego) – Pontevedra 2007

CURSO de galego para profesorado en prácticas (galego on-line: recursos multimedia para o ensino en galego) – Pontevedra 2007

CURSO de galego para profesorado en prácticas (galego on-line) – Vilagarcía de Arousa 2008

CURSO: Elaboración de materiais multimedia: Uso educativo (3 horas)

- Páxina 27 -