o certame - culturagalega.gal

22

Transcript of o certame - culturagalega.gal

Page 1: o certame - culturagalega.gal
Page 2: o certame - culturagalega.gal

� o certame

O Certame Audiovisual Internacional Liceo Casino de Vilagarcía é o festival

de cine máis antigo de cantos teñen lugar en Galicia. Celébrase en Vilagarcía de Arousa in-

interrumpidamente dende 1973. A deste ano, polo tanto, é a 36ª edición dun certame

que apostou pola difusión e promoción dun formato menos convencional de facer cine sen

renunciar aos seus principios:

� Ser unha plataforma na que facer visible a calidade, diversidade e riqueza

da produción audiovisual do estado español e do panorama internacional máis recente, en

xéneros tan diferentes como a ficción, o documental ou a animación...

� Ser un espacio de convivencia e diálogo entre o cine e outras mani-

festacións artísticas.

Ademais das proxeccións da Sección Oficial de Competición, á que se su-

ma o Premio Novos Realizadores, o festival conta con outras seccións, como a adicada

ás retrospectivas (Re-visións), panorámicas sobre outras cinematografías (Outras Lati-

tudes) e unha escolma destacada de traballos de producción ou con participación galega

que destacan pola sua calidade ( Made in Galicia).

A sección de actividades complementarias En Paralelo completa a progra-

mación deste certame con premiers e avances de longametraxes e documentais, filmes

concerto, xornadas, mesas redondas, etcétera.

Page 3: o certame - culturagalega.gal

� a edición 2008

� SECCIÓN OFICIAL

Selección de curtas que entran en concurso e serán proxectadas nos días do festival.

�� Categorías:

1. Mellor Audiovisual.

2. Animación.

3. Premio Galicia (curtas rodadas en galego).

4. Novos Realizadores (realizadas por estudiantes de centros de ensino galegos).

5. Liceo Casino (realizadas por persoas do Salnés)

� RE-VISIÓNS�� 100 anos de Manoel de Oliveira.

- Proxección de dúas curtas: Romance de Vila do Conde e O Vitral e a Santa Morta.

- Mesa redonda. Con Antonio Pedro Pita e Xurxo González (estudosos da obra deOliveira) .

�� Especial Festival de Curtas de Vila de Conde.

- Proxección dunha selección de curtas do palmarés das súas 16 edicións presen-tadas polo seu director Miguel Dias.

�� Homenaxe a Jesús Méndez Méndez.

�� Proxección de catro documentais de este afeccionado ao Super 8 de Caldas deReis, un dos históricos participantes do Certame do Liceo Casino.

� OUTRAS LATITUDES�� Proxección do documental “Made in L.A.” de Almudena Carracedo (gañador dopremio Emmy 2008 na categoría de mellor cobertura dunha noticia en formato delonga duración).

�� Proxección do documental “Noshinto Shamporo” de Tita Portela

� MADE IN GALICIA

� EN PARALELO�� "Cómo facer unha curta sen medios e non fracasar no intento".

Marcos Nine plantaralles cara a máis de 300 rapaces de bacharelato e

desvelaralles a súa fórmula para facer unha curtametraxe sen ter un peso.

Page 4: o certame - culturagalega.gal

10.00

18:00

19.00

20.00

21.00

22.30

Obradoiro intrépido: "Como facer unha curta sen medios e non fracasar no in-tento", polo director Marcos Nine.

Sección oficial [curtas en competición].

Re-visións. Pioneiros do Certame.Homenaxe a Jesús Méndez.Exhibición de catro dos seus documentais, tres deles rodados en Súper 8.

Sección oficial [curtas en competición].

Sesión inaugural.Proxección da curta gañadora de ‘Curtas na rede’, “Z”, de Xabier Marqués, e dococumental gañador dun Emmy en 2008 “Made in LA” de Almudena Carracedopresentado por Nada Couñago.

Sección oficial [curtas en competición].

� o programaxoves 13

10.00

18:00

19.00

20.15

21.15

22.30

Obradoiro intrépido: "Como facer unha curta sen medios e non fracasar no in-tento", polo director Marcos Nine.

Sección oficial [curtas en competición].

Re-visións.100 anos de Manoel de Oliveira.Exhibición das curtas: “Romance de Vila do Conde” e “O Vitral e a Santa Morta”. Mesa redonda: Participan: Antonio Pedro Pita, Xurxo González. Modera: AntónMascato.

Re-visións.Especial Festival de Curtametraxes de Vila do Conde (Portugal).Exhibición das curtas: “O pedido de emprego”, “A olhar para cima”, “Cántico dascriaturas” e “Rapace”, todas elas galardoadas no certame portugués. As curtasserán presentadas polo director do festival de Vila do Conde, Miguel Dias.

Sección oficial [curtas en competición].

Sección oficial [curtas en competición].

venres 14

Page 5: o certame - culturagalega.gal

12.00

18.00

19.00

21.00

22.30

Encontro cos medios. Presentación da longametraxe do vilagarcian David Blanco"The shadow of the sun" e do documental “Noshinto Shanporo” da grovense TitaPortela.

Sección oficial [curtas en competición].

Proxección do documental “Noshinto Shanporo” de Tita Portela, presentado polapropia directora e por Tom Kuchraz (Foro Social Mundial).

Gala de clausura do 36 Certame Audiovisual do Liceo Casino de Vilagarcía.Actuación e Tres Azoteas Jazz.

Palmarés Festival. Proxección das películas gañadoras nas diversas categorías.

sábado 15

12.00

17.00

19.00

20.30

Todos os actos desenvolveranse no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa

Encontro cos medios dos gañadores do 36 Certame Audiovisual.

Palmarés Festival. Proxección das películas gañadoras nas diversas categorías.

Proxección da longametraxe “O almorzo do poeta” de Mario Iglesias, presentadopolo propio director.

Filme-concerto. Proxección do filme“Dr Jekyll & Mr. Hyde” (John S. Robertson,1920), acompañado en directo pola música de Cuarteto Ancestral

domingo 16

Page 6: o certame - culturagalega.gal

� CATEGORIA: MELLOR AUDIOVISUAL

� E finita la commediaDirección: Jean Julien Colette, Olivier Tollet

Orixe: Bélxica

Xénero: Ficción

Produción: Anthony Rey (Hélicotronc)

Reparto: Christian Crahay, Cédric Eeckhout

Duración: 13´

Sinopse: Un coche aparcado nun barrio residencial. Dentro del un pai e o seu fillo comezan adiscutir. O amor, o sexo, a nai e a morte. Unha complicidade atípica, unha relación moi próxi-ma. O tempo pasa, as voces elévanse e algúns interrogantes quedan sen resposta: que estánagardando? E sobre todo…que acabarán facendo?

� El talento de las moscasDirección: Laura Sipán

Orixe: Zaragoza

Xénero: Ficción

Produción: Laura Sipán y Roberto Butragueño

Reparto: Mercedes Sampietro, Tomás del Estal, Cristi-na Brugarolas, Daniel Vargas.

Duración: 16´

Sinopse: Verán de 1944. Antoine de St Exupéry, home, piloto, escritor. Un paracaídas, unxardín, unha muller, un neno. Unha historia de amor en tempos de guerra. Un voo. Unha dúbi-da. Unha decisión.

� 18 segundosDirección: Bruno Zacharías, Miguel de Olaso“Macgregor”

Orixe: Santiago de Compostela

Xénero: Ficción

Produción: Ciudadano Frame S.L.

Reparto: Amy Washke, Jack Daniel Stanley

Duración: 6´43´´

Sinopse: Amy e Jack son uns auténticos descoñecidos. Viven en cidades diferentes. Traballan encousas diferentes. Tan sequera teñen gustos semellantes. Pero ambos tardan exactamente osmesmos segundos en facer as mesmas cousas. Hoxe encontraránse por primeira vez.

� sección oficial

Page 7: o certame - culturagalega.gal

� Pasemos al plan BDirección: Paz Piñar

Orixe: Sevilla

Xénero: Ficción

Produción: Jaleo Films

Reparto: Esther Parralo, Fanny de Castro, AlfonsoSánchez, Mercedes Hoyos, Raquel Armayones, OdetteSama, Gloria de Jesús, Joserra Leza.

Duración: 13´

Sinopse: Auxi acode a unha consulta médica pero é incapaz de explicar qué lle doe exactamen-te. Na casa, a súa familia agarda con ansiedade un diagnóstico incerto mentres coidan a unha“invitada” inesperada e enigmática. A intervención dos seus veciños para axudalos nunhasituación cada vez máis extravagante non acaba de solucionar o problema. Tal vez, se algúndeles tivese coñecementos de menciña ou inmigración “non regulada”…

� Porque hay cosas que nunca se olvidanDirección: Lucas Figueroa

Orixe: Madrid

Xénero: Ficción

Produción: LMF Films

Guión: Lucas Figueroa

Reparto: Fabio Cannavaro, Amadeo Carboni, Giulio Bal-dari, Tiziano Scarponi, Víctor Menegas, Nicolo Urbinati,Emiliana Olmedo

Duración: 12´

Sinopse: Nápoles, 1950. Catro amigos de oito anos xogan ó fútbol na rúa. O balón co que xo-gan cae tra-las reixas da casa onde vive “a vella Mala”. Nunca máis poderán xogar con isebalón… A vinganza será terrible.

� AbimboweDirección: Álex Montoya

Orixe: Bilbao

Xénero: Ficción

Produción: Morituri

Reparto: Irene Anula, Aurora Villanueva.

Duración: 3´20´´

Sinopse: Agustina non ve. A rapaza que a coida abriralle os ollos.

� TraumalogíaDirección: Daniel Sánchez Arévalo

Orixe: Donostia

Xénero: Ficción

Produción: Kimuak-Filmoteca Vasca (Txema Muñoz)

Reparto: Antonio de la Torre, Natalia Mateo, JorgeMonje, Raúl Arévalo, Javier Pereira, Quim Gutiérrez, Es-tíbaliz Gabilondo, Hector Colomé

Duración: 22´

Page 8: o certame - culturagalega.gal

Sinopse: Durante a voda de Antonio, o máis vello dunha familia de cinco irmáns, o pai ten un in-farto. A cerimonia interrómpese e toda a familia se traslada ó hospital, onde durante unha lon-ga noite, comezan a sair todos os traumas e miserias.

� El hueco de Tristán BojDirección: Paula Ortiz

Orixe: Madrid

Xénero: Drama

Produción: Secuencias (Raúl García Medrano, Kike Mora)

Guión: Paula Ortiz

Reparto: Álex Angulo, Jorge Rodríguez Gascón

Duración: 19´

Sinopse: Un neno quere unha avioneta que poida chegar ó máis alto do Himalaia. Un títerequere marcharse cunha bailarina, xuntos, moi lonxe. O tren está a piques de partir.. só otitiriteiro sabe que, ás veces, tes que aprender a vivir sen aquello que máis amas.

� No te metasDirección: Pierre Moussarie

Orixe: La Habana, Cuba

Xénero: Ficción

Produción: Espuma de Arroz Producciones

Reparto: Paula Alí, Luis Alberto García, Andy Fornaris

Duración: 10´19´´

Sinopse: Boris, un rapaz que vai á escola, non atopa ideas para a súa redacción. É no bañoonde lle virá a inspiración.

� ¡Nena!Dirección: Luis Segura

Orixe: Barcelona

Xénero: Ficción

Produción: Escándalo Films

Reparto: Ramón Novell, Georgina Avellaneda

Duración: 15´

Sinopse: Un neno e unha nena xogan nun parque a papás e mamás.

� Taxi?Dirección: Telmo Esnal

Orixe: Donostia

Xénero: Ficción

Produción: Kimuak-Filmoteca Vasca (Txema Muñoz)

Reparto: Luis Tosar, Arturo Valls, Marta Etura

Duración: 5´

Sinopse: Os taxistas da cidade veñen de recibir un “cursillo” de amabilidade. Se non dás a talla,non chegarás ó teu destino.

Page 9: o certame - culturagalega.gal

� Las horas muertasDirección: Haritz Zubillaga

Orixe: Donostia

Xénero: Ficción

Produción: Kimuak-Filmoteca Vasca (Txema Muñoz)

Reparto: Nydia García, Zoe Berriatúa, Marián Álvarez, Andrés Gertrudix

Duración: 14´

Sinopse: Catro xoves teñen a súa caravana de aluguer aparcada preto da estrada. Alguénapúntaos cun rifle. Cando o francotirador dispara, todo se tinxe de sangue. Un día de va-cacións convírtese nun macabro pesadelo de horror, sexo e morte.

� CATEGORIA: ANIMACION

� O pintor de ceosDirección: Jorge Morais Valle

Orixe: Vigo

Xénero: Animación (Ficción)

Produción: Jorge Morais Valle

Guión: Jorge Morais Valle

Duración: 25´

Sinopse: Desde a escuridade duns acantilados perdidos, un pintor maníaco marcado polo seupasado tráxico e o seu fiel axudante investigan incansables na procura dun remedio contra asincesantes treboadas. O mar e os anos van devorando pouco a pouco a casa na que habitan,onde ruxe unha caldeira encantada,e rebolen pantasmas atormentadas que os guiarán nasúa loita á procura da luz .

� The werepigDirección: Sam Orti Martí

Orixe: A Coruña

Xénero: Animación (Comedia gore-gastronómica)

Produción: Xosé Zapata

Guión: Sam Orti Martí

Duración: 17´

Sinopse: Dous impertinentes adolescentes estadounidenses aventúranse nunha viaxe en bus Lev-ante-Galicia. O destino levaraos a unha afastada casa na que unha parella de anciáns galegos…

� 1977Dirección: Peque Varela

Orixe: Inglaterra

Xénero: Animación (Experimental)

Produción: Gavin Humprhies, Quarkfilms

Guión: Peque Varela

Duración: 8’

Sinopse: Nunha pequena cidade unha nena medra buscando a súa identidade, batendo contodos os roles que de cotío se asignan a nenos e nenas.

Page 10: o certame - culturagalega.gal

� A revolta dos mousesDirección: David Alejandro Gen

Orixe: Madrid

Xénero: Animación (comedia)

Produción: José Manuel Abeleira

Guión: David Alejandro Gen

Duración: 20´

Sinopse: O choque é inevitable, o bando dos lapiceiros e demais trebellos tradicionais de papeleríacontra os ratos de ordenador. A tradición fronte ás novas tecnoloxías nunha loita corpo a corpo nocampo de batalla. Quen gañará, o exército de ratos ou as desafiantes lanzas dos lapis?

� El empleoDirección: Santiago “Bou” Grasso

Orixe: Buenos Aires (Arxentina)

Xénero: Animación

Produción: Opusbou

Duración: 06’ 19’’

Sinopse:

Un home realiza o traxecto habitual ó traballo inmerso nun sistema no cal o uso das persoascomo obxectos é algo cotidiano.

� My dear grandmaDirección: Marta Abad Blay

Orixe: Holanda

Xénero: Animación

Produción: NIAF

Duración: 4´

Sinopse: O soño de Dolores é ter unha vida apacible xunto coa súa familia. A súa realidade ében distinta. É unha avoa escrava, pero farta de todo e de todos un día decide cambiar...

� LeoDirección: Fernando Cortizo

Orixe: Santiago de Compostela

Xénero: Animación

Produción: Isabel Rey (Artefacto Produccións)

Reparto: Carlos Blanco, Pico, Ernesto Chao

Duración: 13´

Sinopse: Un famoso ventrílocuo, vello e vaidoso, despreza a Leo, ó boneco que o colmou deaplausos. O seu axudante, movido polo seu amor a Leo, fará todo o posible para que este sigasendo repectado.

Page 11: o certame - culturagalega.gal

� CATEGORIA: GALICIA

� O CercoDirección: Martiño Vázquez

Produción: Indipendent Filmes

Reparto : Martiño Vázquez, Xaquín Domínguez, Víctor García, Juanjo Izquierdo

Xénero: Ficción

Duración: 9´36´´

Orixe: Burela-Cervo (Lugo)

Sinopse: Nun entorno bélico, a máis fera das batallas que ten que librar o cidadán 3398-MVBé a da súa propia spique.

� A xinecólogaDirección: Alfonso Camarero

Produción: Professinal Productions

Reparto : Camila Bossa, Estéban Yánez

Xénero: Ficción

Duración: 10´

Orixe: A Coruña

Sinopse: Unha xinecóloga pasa consulta no seu hospidal. A cotidianeidade rómpese coaseguinte paciente. Trátase dun home! A negativa da médica a atendelo vólvese un auténticopesadelo para ela.

� Os señores do ventoDirección: Xurxo González

Reparto : Chacurro e José María

Xénero: Documental

Duración: 10´28´´

Orixe: A Guarda

Sinopse: Eles idearon un sistema para dominar o vento... Dirixiron centos de botellas desafian-do ao ceo... Mais como as botellas a vida tamén dá voltas... Cada vez quedan menos... Elesson... Os señores do vento.

� Mínimo común múltiploDirección: Rubén Coca

Produción: Rubén Coca P.C.

Reparto : Marta Larralde, Rubén Riós, Xoel Fernández,Álex Neira e Lourden San Martín.

Xénero: Ficción

Duración: 10´

Orixe: Ferrol

Sinopse: O mínimo común múltiplo de A e B é o menor dos múltiplos comúns de A e B, é dicir,é o menor elemento do conxunto M (A, B) composto por infinitos elementos.

Page 12: o certame - culturagalega.gal

� 12007Dirección: Diego Torres

Orixe: Pontevedra

Xénero: Ficción

Produción: Contacontos PC, S.L.

Reparto: José María Tamas, Xosé Manuel Esperante

Duración: 19´

Sinopse: Un home sen medios. Un doutor cunha inquedanza. A curiosidade é o único xeito deacadar a liberdade… ¿E se o noso pasado fora o único do que aprender? Haberá evolución na-mentres a imaxinación gañe ó coñecemento?… Somos prehistoria.

� CATEGORIA: NOVOS REALIZADORES

� O HospitalDirección: Iván Seoane

Orixe: Santiago de Compostela

Xénero: Ficción (thriller-terror)

Produción:

Guión: Iván Seoane

Reparto: José Barato, Monti Castiñeiras, AntonioDurán “Morris”, Antonio Mourelos

Duración: 20´

Sinopse: Catro ladróns acaban de roubar un banco. Na fuxida, un deles é ferido de gravidade.Co fin de curalo deciden ir a un antigo hospital abandonado en busca de menciñas. O que elesnon saben é que algo maligno aínda pervive no hospital.

� 45 gradosDirección: Elena López

Orixe: A Coruña

Xénero: Ficción

Produción: Elena López

Reparto: Sergio Nieto Martínez, Noelia Candal, BlancaCáceres

Duración: 4´35´´

Sinopse: O cociente entre a cabeza e o meu ombreiro corresponde exactamente a un ángulo de45 grados, unha proporción normal sería duns 90 grados. Pensei que sería necesario transmitiresta información xenética a algunha criatura, pero conseguir parella non vai ser doado.

Page 13: o certame - culturagalega.gal

� O máis rico (do cemiterio)Dirección: Jorge Fernández

Orixe: Pontevedra

Xénero: Ficción

Produción: Jorge Fernández

Reparto: Avelino González, Anabel Gago, Luis Iglesia,Santi Cortegoso

Duración: 12´´

Sinopse: Rafael traballa nunha funeraria polo que obtén información de primeira man sobre osfalecidos. Información á que lle saca bo partido…

� CoresDirección: Jairo Iglesias

Orixe: Santiago de Compostela

Xénero: Bélico

Produción: Mr Misto Films

Guión: Jairo Iglesias, Mikel Fuentes

Reparto: Vicente de Souza, Alberto Rolán

Duración: 6´

Sinopse: 1936. Boiro. Nun monte dous soldados atópanse fronte a fronte.

� CATEGORIA: LICEO CASINO

� AutomóbilDirección: Andrés Victorero

Orixe: Vilanova de Arousa

Xénero: Ficción

Produción: Andrés Victorero

Reparto: Xavier Estévez, Ricardo de Barreiro, FernandoMorán

Duración: 17´30´´

Sinopse: É venres, Anxo remata a súa xornada laboral, sube ó seu coche novo e conduce ata ogaraxe do seu partamento de luxo. A situación que vivirá alí non a imaxinou nin nos seus peo-res pesadelos.

� Soidade 3Dirección: Marcos Nine

Orixe: Illa de Arousa

Xénero: Experimental

Produción: Marcos Nine

Duración: 4´

Sinopse: O paso do tempo encérranos na nosa propia cadea.

Page 14: o certame - culturagalega.gal

� Funeral afónicoDirección: Rubén Domínguez

Orixe: O Grove

Xénero: Ficción

Produción: Rubén Domínguez

Reparto: Laura Domínguez, Eva Rodríguez, Doa Ocam-po

Duración: 21´

Sinopse: Nova sae do seu lugar de traballo. Atópase cun espello. Recólleo. Regresa á súa casa.Alí unha presentadora de televisión informa sobre os últimos sucesos, sucesos estos que setrasladan logo a un espazo pechado de confusión albergado na cabeza da protagonista eacabarán desencadeando unha total ruptura coa realidade.

Page 15: o certame - culturagalega.gal

� 100 ANOS DE MANOEL DE OLIVEIRA

Cando queda un mes para que se celebre o centenario do seu nacemento, o cine-

ma portugués e internacional homenaxea a Manoel de Oliveira cunha longa serie de activi-

dades arredor da súa obra.

O Certame Audiovisual de Vilagarcía súmase a este movemento universal de con-

memoracións coa proxección de dúas curtametraxes, perfectos exercicios de cinema,

“Romance de Vila do Conde” e “O Vitral e a Santa Morta”, ambas proxectadas no pasado

Festival de Venecia, xunto “Do visível ao invisível”, e que se consideraban perdidas. Como

fondo destas obras, aparece a Vila do Conde e o seu intelectual, poeta e profesor, José Ré-

gio, a quen Manoel de Oliveira define como “home simple, mais complexo, de espírito pro-

fundo, de criterio seguro, non obstante torturado pola dúbida, case sempre incomprendi-

do dentro e fora do seu tempo, amante da verdade como base da verdadeira ética”.

A traxectoria de Manoel de Oliveira que comezou facendo filmografía documental

(“Douro, faina fluvial”, 1931) para pasar logo á ficción na que se mantén fiel a unha estéti-

ca de planos longos, moi marcados pola dramatización, destacan obras como “Aniki Bobó”

(1942), “Amor de perdiçao” (1979), “Os canibais” (1988), “A Divina Comedia” (1971) ou

“Um film falado” (2003), por mencionar só algunhas das diferentes etapas deste fecundo

autor, que cun século vivido continúa filmando novas achegas á súa maneira de entender

as relacións do home co universo.

Oliveira é un creador sen concesións á vulgaridade, sen renuncias comerciais nin

posibilismos degradantes. Sendo o artista portugués de maior proxección internacional,

cunha obra labrada plano a plano, fita a fita, coa perseverancia do que ten como proxecto

o combate pola afirmación estética.

Entroutros galardóns, Manoel de Olveira recibiu en 1985 o León de Ouro no Festi-

val de Cine de Venecia pola película “Lle soulier de satin”. En 2004 recibiu o Premio Vittorio

de Sica de mans do presidente italiano e un León de Ouro pola súa carreira. En 2005, foi

galardoado polo presidente francés co grao de Comandante da Lexión de Honra. En 2008

o Festival de Cannes otorgoulle unha Palma de Ouro por toda a súa carreira.

Tralas proxeccións terá lugar unha mesa redonda en torno a súa figura e o seu tra-

ballo na que participarán o portugués Antonio Pedro e o galego Xurxo González, ambos es-

tudosos da obra de Oliveira.

� re-visións

Page 16: o certame - culturagalega.gal

� ESPECIAL FESTIVAL DE CURTAS DE VILA DO CONDE (PORTUGAL)

O Curtas Vila do Conde é un Festival Internacional de Cinema que ten lugar nunha

pequena cidade costeira do Norte de Portugal, de case sesenta mil habitantes. Este cer-

tame aposta por todo o que a linguaxe cinematográfica pode conter e inspirar: transfor-

mación, evolución, orixinalidade e audacia creativa. Espazo de descobremento de novas lin-

guaxes e expresións artísticas no que se mostra o cinema en tódalas súas variantes,

xéneros e abordaxes.

A programación céntrase na compoñente competitiva aínda que se completa con

outras actividades como monografías, obradoiros ou conferencias.

A edición do 2009 celebrarase do 4 ó 12 de xullo.

O Certame Audiovisual de Vilagarcía presenta este ano catro películas que forman

parte do palmarés das 16 edicións do festival portugués, e que presentadas polo director

do festival de Vila do Conde, Miguel Dias.

� O pedido de emprego (Demanda de emprego)

Dirección: Pedro Caldas

Orixe: Portugal

Ano: 1999

Xénero: Ficción

Produción: Pedro Caldas

Guión: Jorge Silva Melo

Reparto: Sylvie Rocha, Lucinda Loureiro

Duración: 7´30´´

Sinopse: Unha rapaza, Ana, responde a unha entrevista de traballo. Ana esconde un segredodo seu pasado recente. Un segredo non tolerable nesta sociedade. Ela necesita o traballo pre-cisamente para liberarse dese pasado. Pero parece que a entrevista inmiscúese demasiadona súa vida persoal, tanto que o seu segredo corre perigo…

� A olhar para o cime (Mirar para arriba)

Dirección: João Figueiras

Orixe: Portugal

Ano: 2003

Xénero: Ficción

Produción: João Figueiras, Sandro Aguilar (BLACK MARIA Produção Audiovisual)

Page 17: o certame - culturagalega.gal

Guión: João Figueiras

Reparto: Tiago Ávila, Anabela Morais, Vitor Rui Dores, Manuel Aguiar

Duración: 15´

Sinopse: Pedro observa, agochado na igrexa, as rapazas vestíndose os traxes de anxo para aprocesión. Escondeuse para que non lle vistan o seu traxe ridícuo. Pedro desexa con todas assúas forzas que a procesión non se leve a cabo.

� Rapace (Rapaz)

Dirección: João Nicolau

Orixe: Portugal

Ano: 2006

Xénero: Ficción

Produción: Luis Urbano, Sandro Aguilar

Guión: João Nicolau

Reparto: Hugo Leitão, Márcia Breia, Lia Ferreira, Manuel Mesquita

Duración: 25´

Sinopse: Cumpridas as obrigas académicas, Hugo pasa os días na casa descansando acabeza de leituras interminables de autores pouco coñecidos. Dorme moito e a desoras. Asúa única compañía doméstica é Luisa, a empregada do fogar, coa cal mantén unha particularrelación. Ademais escrebe cancións sobre o seu barrio. O plácido diletantismo do protago-nista veráse sacudido por Catarina, unha xove e fermosa tradutora…

� Cántico das criaturasDirección: Miguel Gomes

Orixe: Portugal

Ano: 2006

Xénero: Ficción

Produción: Luis Urbano, Sandro Aguilar

Guión: Miguel Gomes

Reparto: João Nicolau, Mariana Ricardo, Paolo Manera

Duración: 24´

Sinopse: Asís, 2005. Un trovador percorre as rúas da cidade natal de S. Francisco cantando etocando o Cántico das Critaturas. Bosques de Umbría, ano 1212. Durante a súa predicaciónás aves, S. Francisco desfalece subitamente. Reanimado por St. Clara, o santo parece es-trañamente ausente e sen memoria. Cando a noite cae, os animais do bosque cantan en glo-ria a Francisco. Mais ese amor cantado comeza a xerar ciumes entre as criaturas…

Page 18: o certame - culturagalega.gal

� HOMENAXE A JESÚS MÉNDEZ MÉNDEZ

Jesús Méndez Méndez (Godos, Caldas de Reis, 1944) é un histórico do Certame

do Liceo Casino de Vilagarcía, no que ten participado dende as súas primeiras edicións.

Autodidacta, como tantos outros naquel tempo, Jesús Méndez iniciouse na afición

cinematográfica a través dunha cámara de Súper 8 coa que, alá polo ano 1972 comezou

a rodar películas familiares.

En 1975 participa por primeira vez no certame vilagarciano coa película, rodada en

Súper 8, “A pie, a bicicleta y en coche”, na que recolle esceas de carreiras pedestres, ral-

lies e da Volta Cicilsta a España ao seu paso pola localidade malagueña de Ronda.

En 1976 roda o seu primeiro documental, “O mexillón”, no que describe todo o pro-

ceso de producción e comercialización deste producto na Ría de Arousa. “O mexillón” con-

seguiu 8 premios no certame de Vilagarcía, así como o primeiro premio do Festival de

Súper 8 de Santander e outros galardóns en concursos nacionais.

Dende entón Jesús Méndez ten rodado 18 documentais, a maioría deles en Súper

8. Só os últimos están grabados en formato de vídeo. Os temas sobre os que versan as

súas películas van dende o mundo do viño, do leite ou dos cabalos ata a piscicultura, o tra-

ballo dos campaneiros de Arcos ou o dos oleiros de Buño. Practicamente a totalidade dos

seus traballos audiovisuais teñen sido presentados ao Certame de Vilagarcía.

A 36 edición do Certame Audiovisual de Vilagarcía rende unha homenaxe a este pi-

oneiro do audiovisual pontevedrés coa proxección de dúas das súas películas:

� CeibesAno: 1980

Formato: Súper 8

Duración: 25’

Sinopse: Documental sobre a vida dos cabalos en liberdade. Grabado nos curros de Mougás,Valga, Torroña, Barbanza e Sabucedo, así como nunha cacería do lobo.

� Campaneiros de ArcosAno: 1981

Formato: Súper 8

Duración: 29’

Sinopse: Documental que recolle o proceso de creación dunha campá polos campaneiros deArcos da Condesa, seguindo un procedemento tradicional que ven dende 1630. O documen-tal comeza coa fundición do metal co que se elaborará a campá e remata coa súa colcacióncun campanario.

Page 19: o certame - culturagalega.gal

� MADE IN L.A.

Dirección: Almudena Carracedo

Xénero: Documental

Produción: Almudena Carracedo

Duración: 70´

Sinopse: Made in L.A. documenta a extraordinaria historia de tres inmigrantes latinas

(María, Maura e Lupe) costureiras en talleres dunha famosa tenda de roupa en Los Ángeles.

Cámara en man, Almudena Carracedo graba a estas tres mulleres durante cinco

anos dedicados á loita para conseguir proteccións laborais básicas e deixar atrás os abu-

sos ós que son sometidas no seu lugar de traballo (xornadas interminables, soldos por de-

baixo do mínimo, condicións de traballo insalubres…) nun dos países máis ricos da Terra.

Cun estilo directo e intimista, Made in L.A. revela o impacto desta loita na vida das

tres mulleres protagonistas e como esta experiencia as transforma. Conmovedora, sim-

pática e fondamente humana, Made in L.A. é unha historia sobre a inmigración, o poder da

unidade e o valor que se necesita para encontrar a túa propia voz.

A directora

Almudena Carracedo. Afincada en Los Ángeles, cidade á que chegou para realizar

a súa tese doctoral na Escola de Cine da Universidade de California, onde traballou como

Profesora Axudante durante cinco anos. Ademais de Made in L.A. dirixiu o documental

“Welcome, A Docu-Journey of Impressions” que gañou o Primeiro Premio de Curtame-

traxe no prestixioso Silverdocs Documentary Festival.

“Made in L.A.” Premios

� Premio Emmy 2008 á Mellor Cobertura continuada dunha noticia en formato de

longa duración.

� Mención Especial do Jurado, Seminci de Valladolid

� Henry Hampton Award for Excellence in Film and Digital Media, EEUU

� Premio ESTELA, Asociación Nacional de Productores Independientes Latinos.

� Premio ao mellor documental Festival Internacional Mujeres en Dirección de Cuenca.

� outras latitudes

Page 20: o certame - culturagalega.gal

� NOSHINTO SHAMPORO

Dirección: Tita Portela

Xénero: Documental

Produción: Tita Portela

Duración: 48´25´´

Sinopse: Segundo diversas organizacións que estudan aos indíxenas, dos 55.000

asháninkas que habitan en Perú, cerca de 10.000 foron desprazados forzosamente nos

últimos vinte anos pola acción armada, 6.000 faleceron en accións violentas e uns 5.000

estiveron cativos por Sendero Luminoso.

Ademais nos tempos máis duros de Sendero, a finais dos oitenta e principios dos

noventa, tense constatado que desapareceron entre 30 a 40 comunidades asháninka.

O pobo asháninka (selva central do Perú) padece agora a presión feroz das empre-

sas petrolíferas por facerse cos territorios do val do río Ene.

Neste contexto se sitúa o traballo da directora Alberta Portela que documenta a vi-

axe de Elías, xefe nativo asháninka, coa súa filla Shamporo na procura da mellor curan-

deira-evaporadora- que el coñece. Shamporo descobre un mundo novo: as paisaxes do río,

viaxa en bote, avioneta, carro…chega á cidade, e, finalmente, chega ata a María, a curan-

deira que pode instruila no coñecemento de menciñas e ritos para a súa comunidade.

A directora

Tita Portela naceu no Grove no ano 1974. No ano 2001 participoua nun proxecto

educativo intercultural en Mazamari (Selva Central do Perú). Esta experiencia permítelle

entrar en contacto coas etnias locais e de aí surxe a idea de realizar “Noshinto Sham-

poro”, o seu primeiro traballo audiovisual, que ademais de dirixir tamén produce

Page 21: o certame - culturagalega.gal

� OBRADOIRO INTRÉPIDO

�� "Cómo facer unha curta sen medios e non fracasar no intento".

O director grovense Marcos Nine plantaralles cara a máis de 300 rapaces debacharelato e desvelaralles a súa fórmula para facer unha curtametraxe sen terun peso.

� PROXECCIÓNS FÓRA DE CONCURSO

�� Estrea do trailer da longametraxe "The shadow of the sun" do director vilagarcián David Blanco

�� Proxección da longametraxe de Mario Iglesias “O almorzo do poeta”,(estreada hai apenas un mes no Festival de cine de Ourense)

Dirección e Guión: Mario Iglesias

Guión: Mario Iglesias González

Director de fotografía: Mario Iglesias

Directora de produción: Natasha Vázquez

Duración: 90’

Sinopse: Este foi o proxecto que máis modificacións sufriu respecto da idea inicial.Mario Iglesias tiña interese, desde había tempo, en rodar unha historia en Gibara, apequena vila da provincia de Holguín onde se celebra anualmente o Festival de CinePobre. Propúxonos invertir o sentido do “cruzamento de ópticas” e que un galego ro-dase en Cuba. Decidimos aceptar a súa proposta, o que nos obrigou a acelerar ostrámites para que Mario e o seu equipo de 2 persoas voasen a Cuba durante o mesde xaneiro, cos permisos de gravación pertinentes. Nesa tarefa foi fundamental o la-bor de Natasha Vázquez, quen ademáis se encargaría de realizar a parte cubanadeste traballo: un documental sobre o traballo de Mario Iglesias como realizador,tanto na súa experiencia cubana como na súa terra.

� en paralelo

Page 22: o certame - culturagalega.gal

�� Película-concertoProdución: Ancestral Servicios Musicales

Esta formación creouse o ano pasado con motivo doencargo do Are More da musicalización da película“The Kid de Chaplin”. Tralo grande éxito conseguido coneste espectáculo decidiron especializarse neste estilocreando a principios do 2008 a produción “GrandesCómicos do Cinema Mudo”, coa que actualmente estánde xira por distintos puntos de Galicia.

Na presente edición do festival pre-estrearán a bandasonora que elaboraron para a película protagonizadapor John Barrymore, “Dr Jekyll & Mr Hide”, baseada napartitura de Rodney Saber e en composicións propias.

“Dr. Jekyll & Mr. Hyde”

Dirección: John S. Robertson

Xénero: Terror

Ano: 1920

Orixe: EE.UU.

Reparto: Brandon Hurst, Cecil Clovelly, Charles Lane y John Barrymore

Duración: 67´

Músicos: - Alfonso Franco: ciolín & cello

- Alfonso Merino: violín & percusión

- Iago Mouriño: piano

- Felipe Agell: clarinete