O compost
Click here to load reader
-
Upload
charoalonsofdez -
Category
Education
-
view
40 -
download
3
Transcript of O compost
O Compost
Por Saúl, Nuria, Daniel e Paula
Que é?
O compost é un dos mellores abonos orgánicos que se pode obter dunha maneira sinxela para que as plantas medren con máis facilidade.
Para que serve?
Serve para mellorar a composición do chan. Incrementa a cantidade de materia orgánica e proporciona, sobre todo o nitróxeno, o potasio e o fósforo necesarios.
Como se elabora?
Para facer compost podes aproveitar os residuos vexetais do xardín ou do fogar en vez de tiralos ao lixo. O compost é un abono orgánico que servirá para mellorar a terra do xardín e para alimentar ás plantas.
Como se produce?
O compost prodúcese mezclando varias capas de herba con residuos de corteza,ou esterco.O abono serve como activador do compost.
Ingredientes do compost
Residuos que se poden usar: restos vexetais triturados, restos de froita e verdura e comida cociñada (non toda).Residuos que non se poden usar: Excrementos de animais domésticos, elementos metálicos e restos de varrer e aspirar.
Desvantaxes e vantaxes do seu uso
Vantaxes :
- Mellora as propiedades físicas do chan.- Mellora as propiedades químicas.-Aumenta a poboación microbiana (fertilidade do chan).- Pódese almacenar. Non atrae insectos.
Desvantaxes:
- Débese aumentar o volumen da materia orgánica- Emite gases contaminantes á atmosfera
Vídeo sobre o compost
ENLACE: https://www.youtube.com/watch?v=9kbmKh-4_GoEste vídeo non foi realizado polos alumnos do grupo integrante. Está extraído de Youtube.