O covelo novembro 2010

4
O Covelo precisa dun cambio que só é posíbel co BNG Número 1. Epoca 1ª / Novembro 2010 Impreso postal sen enderezo O BNG leva mais de dez anos com- prometido cos veciños e veciñas do Covelo. O Bloque Nacionalista Galego esta en condicións de asu- mir responsabilidades de goberno. O Bloque é a única forza política do Covelo con credibilidade para go- bernar. O BNG comezou fai mais de dez anos a traballar no noso mu- nicipio. Os homes e mulleres que forman parte do nacionalismo no municipio, poñen por riba de todo os intereses dos veciños e veciñas, antes das aspiracións persoais. Isto esta enfrontado co que aconte- ce no PP covelense. Os dirixentes do PP non teñen claro quen vai ser o relevo xeracional e o debate esta aberto entre eles, que só aspiran a ocupar sillón. Á parálise que so- fre o Concello hai que sumarlle as liortas internas do PP. Isto prexudi- ca claramente aos proxectos e ao funcionamento da institución mu- nicipal. Todo isto afecta ao futuro do Cove- lo e prexudica aos veciños e veci- ñas. Diante disto o BNG preséntase con persoas comprometidas nun proxecto de futuro, que non é outro que poñer o Concello ao servizo da xente. O BNG, comprometido e preparado para sacar adiante O Covelo Xosé Manuel Sendín, portavoz do BNG do Covelo www.bng-galiza.org Edita: BNG O Covelo Bloque O Covelo O goberno do PP “enchufa” aos seus amigos no Concello, discriminando a gran maioría dos veciños e veciñas de O Covelo O BNG vén facendo seguimento das contratacións que fai o goberno lo- cal do PP no Concello. Ultimamente fanse convocatorias á postos de traballo á medida de persoas moi próximas ao alcalde. Curiosamen- te membros da candidatura do PP atopan unha vez si e outra tamén acubillo laboral no Concello. As convocatorias fanse tendo o posto a cubrir designado a unha persoa. As persoas que se presentan te- ñen moi difícil acceder a un posto de traballo no Concello. Mesmo a Deputación Provincial segue este xogo, dando preferencia a persoas vinculadas ao PP covelense. O Partido Popular do Covelo fai o de sempre, paga os favores prestados nas eleccións dando traballo aos seuse discriminando a outros que poden demostrar maior capacidade e mérito, e o sen testemuñas, sen a participación do BNG que sería unha garantía de respectar os de- reitos de veciños e veciñas sen tra- ballo ou que queiran aspirar a unha praza no Concello.

Transcript of O covelo novembro 2010

Page 1: O covelo novembro 2010

O Covelo precisa dun cambio que só é posíbel co BNG

Número 1. Epoca 1ª / Novembro 2010

Impr

eso

post

al s

en e

nder

ezo

O BNG leva mais de dez anos com-prometido cos veciños e veciñas do Covelo. O Bloque Nacionalista Galego esta en condicións de asu-mir responsabilidades de goberno. O Bloque é a única forza política do

Covelo con credibilidade para go-bernar. O BNG comezou fai mais de dez anos a traballar no noso mu-nicipio. Os homes e mulleres que forman parte do nacionalismo no municipio, poñen por riba de todo

os intereses dos veciños e veciñas, antes das aspiracións persoais.

Isto esta enfrontado co que aconte-ce no PP covelense. Os dirixentes do PP non teñen claro quen vai ser o relevo xeracional e o debate esta aberto entre eles, que só aspiran a ocupar sillón. Á parálise que so-fre o Concello hai que sumarlle as liortas internas do PP. Isto prexudi-ca claramente aos proxectos e ao funcionamento da institución mu-nicipal.

Todo isto afecta ao futuro do Cove-lo e prexudica aos veciños e veci-ñas. Diante disto o BNG preséntase con persoas comprometidas nun proxecto de futuro, que non é outro que poñer o Concello ao servizo da xente.

O BNG, comprometido e preparado para sacar adiante O Covelo

Xosé Manuel Sendín, portavoz do BNG do Covelo

www.bng-galiza.orgEdita: BNG O Covelo

BloqueO Covelo

O goberno do PP “enchufa” aos seus amigos no Concello, discriminando a gran maioría dos veciños e veciñas de O CoveloO BNG vén facendo seguimento das contratacións que fai o goberno lo-

cal do PP no Concello. Ultimamente fanse convocatorias á postos de traballo á medida de persoas moi próximas ao alcalde. Curiosamen-te membros da candidatura do PP atopan unha vez si e outra tamén acubillo laboral no Concello. As convocatorias fanse tendo o posto a cubrir designado a unha persoa. As persoas que se presentan te-ñen moi difícil acceder a un posto de traballo no Concello. Mesmo a Deputación Provincial segue este

xogo, dando preferencia a persoas vinculadas ao PP covelense. O Partido Popular do Covelo fai o de sempre, paga os favores prestados nas eleccións dando traballo aos seuse discriminando a outros que poden demostrar maior capacidade e mérito, e o sen testemuñas, sen a participación do BNG que sería unha garantía de respectar os de-reitos de veciños e veciñas sen tra-ballo ou que queiran aspirar a unha praza no Concello.

Page 2: O covelo novembro 2010

2

actu

alid

ade

A Lei de Augas de Galiza aprobada polo Goberno do PP substitúe o actual ca-non de saneamento por dous novos tri-butos, o canon da auga e o coeficiente de vertido, coa única intención de au-mentar a recadación por parte do goberno de Feijóo, a costa de familias e particulares.

Mentres o Goberno da Xunta prepara novas rebaixas imposi-tivas para a adquisición de se-gundas vivendas, sen límite de prezo nin de renda dos seus ti-tulares, o PP incrementa de xei-to brutal e desproporcionado a imposición sobre o uso ou con-sumo de auga, nomeadamente para os usos domésticos, que serán os que soporten a maior suba de impostos.

Deste xeito, unha persoa que viva soa e que teña un consumo medio, duns 3 m3. ao mes, verá como a carga tributaria do seu recibo da auga se incrementa en máis dun 363%; e unha familia de tres membros, con ese mes-mo consumo por persoa, terá que soportar un incremento do 171%.

Esta é unha lei que foi elaborada sen consultar aos concellos galegos, sen discusión previa, obviando a realidade local e a grave situación económica que se sofre no país.

Ademais, reducen os consumos asi-milábeis a domésticos, pasando dos 3.000 m3/ao ano actuais a 2.000 m3/ao ano, o que terá consecuencias moi im-portantes na suba que van experimentar colexios, centros de saúde, pequenos negocios, hostalaría, etc.

Impostos para os pozos particulares e as traídas veciñais

Por se fose pouco, o Goberno do PP na Xunta, neste proxecto de lei suprime as exencións existentes na actualidade

para os núcleos de menos de 2.000 habitantes, prexudicando especialmen-te aos veciños e veciñas do rural, que terán que pagar o canon polo aprovei-tamento da auga dos seus propios po-zos, ou de traídas veciñais, do que hoxe están exentos, e ademais aínda que non teñan servizos públicos de abastece-mento de auga ou de saneamento. Só no caso de que non dispoñan de ningún destes dous servizos públicos poderán aplicar a redución prevista na lei, pero aínda non tendo ningún servizo terán

que tributar polo canon da auga.

Este proxecto de lei obriga tamén a instalar contadores homologados nos pozos particulares, baixo a ameaza de multas de até 30.000 euros.

A Lei de Augas do Goberno do PP vén ser outro incremento inxusto da imposición indirecta, que so-portarán os galegos e galegas, in-dependentemente dos seus ingre-sos, que só responde ao interese do goberno do PP que ven de facer recaer o incremento da recadación sobre as familias, mentres conti-núan a permitir a fraude fiscal aos grandes consumidores de auga cunha elevada carga contaminan-te, e néganse no Parlamento gale-go a estabelecer impostos para as grandes fortunas, para as rendas superiores a 1 millón de euros.

Por todo isto o BNG esíxelle ao Goberno do PP que retire esta lei inxusta e antisocial que prexudica á maioría da xente de Galiza, xusto nun momento de grave crise eco-nómica e no que máis de 200.000 galegos e galegas están no paro.

O Partido Popular quere cobrar máis pola auga aos veci-

ños e veciñas do CoveloAnte esta situación, o BNG presentou unha iniciativa no Pleno do Concello do Covelo, coa finalidade de retirar a Lei de Augas. Non obstante, tanto José Cos-ta, alcalde do Covelo como o Partido Popular ignoraron todo isto e votaron en contra da iniciativa presentada polo BNG, para a retirada desta lei tan nega-tiva e inxusta para o rural galego e para os veciños e veciñas do Covelo.

O Goberno do PP sobe o prezo da auga para familias e obriga a pagar impostos polos pozos particulares e traídas veciñaisO PP de O Covelo vota en contra dunha iniciativa do BNG que quere a anulación desta lei

Page 3: O covelo novembro 2010

3

actu

alid

ade

Gabriel Martínez Giraldez, deputado do BNG na Deputación de Pontevedra, reuniuse co portavoz municipal, Xosé Ma-nuel Sendín. A reunión serviu para poñer en coñecemento do BNG do Covelo os investimentos previstos pola Deputa-ción no municipio. O Parque Industrial foi o tema de máis interese, dado o forte atraso que sofre na súa execución.

Gabriel Martínez realizou preguntas sobre o Parque Indus-trial e outras obra comprometidas pola Deputación de Pon-tevedra. Porén, as respostas foron do máis variado, sempre esquivando calquera compromiso de data para realizar as obras. Outro tanto acontece co campo de fútbol de herba artificial, comprometido nas ultimas eleccións municipais. A Deputación aprobou no seu dia un presuposto de 500.000 euros coa finalidade de facer o campo e acondicionar os vestiarios, pero estas obras non están feitas a dia de hoxe.

O deputado provincial do BNG reúnese con Xosé Manuel Sendin

Xosé Manuel Sendín, portavoz do Grupo Municipal e Gabriel Martínez, deputado provincial

Polígono industrial, outro fracaso do alcalde e do PP no CoveloO 26 de xullo do ano 1997 o alcalde do Covelo, José Costa, aseguraba que en dous anos estarían á venda as parcelas do polígono industrial. Pasados os anos o polígono só conta cun valado publi-citario, colocado nas ultimas eleccións municipais, no 2007. O Partido Popular non amosa o máis mínimo respecto polos veciños e ve-ciñas do Covelo, que ven como pasan os anos e o polígono industrial segue sen facerse. O PP só se acorda desta importante obra cando se aproximan as eleccións municipais. Na Deputación responderon a unha pre-gunta presentada no seu día polo depu-

tado do BNG, Gabriel Martínez Giráldez, que o horizonte or-zamentario para facer realida-de do polígono industrial seria para o ano 2011, xusto o ano das eleccións municipais. Na foto pode verse como é abandono que ofrece a par-cela onde estará o polígono industrial. Ao PP só lle inte-resa o polígono industrial nas eleccións Municipais, así apresúrase a limpar a par-cela coa finalidade de dar a sensación de que se está a facer algo.

O campo de fútbol do Covelo precisa o investimento prometidoA Deputación de Pontevedra aprobou un investimento de 500.000 euros nun campo de herba artificial. Fai máis de cinco anos as categorías sénior, xuvenil e cadetes desapa-receron do Covelo. Pablo Castillo era daquela o Concellei-ro responsábel de Deportes e a desaparición do deporte base do Covelo é consecuencia directa da mala xestión do Tenente Alcalde. O investimento está sen executar e o PP do Covelo non é quen de facerse valer na Deputación. Os intereses dos veciños e veciñas do noso concello quedan por baixo dos intereses propios do Partido Popular. Mentres non se exe-cuta o orzamento aprobado, os usuarios e usuarias do campo de fútbol do Covelo padecen uns vestiarios seria-mente deteriorados e un campo en mal estado. Isto obriga aos veciños e veciñas do Covelo a acudir a outros conce-llos próximos a realizar actividades deportivas en instala-cións dignas de uso. O Covelo padece un goberno local do PP inútil e irresponsábel que deixa escapar oportunidades de investimento.

Aspecto de abandono do polígono industrial

Page 4: O covelo novembro 2010

Impreso en papel reciclado

Como contactar co BNG Nacional:Sede Nacional. Avenida Rodríguez de Viguri. 16 baixo. 15703 Santiago de Compostela. 981 555 850 www.bng-galiza.org [email protected]

Como contactar co BNG de O Covelo:Sede Comarcal: Alfonso Vázquez Fraile, 8-baixo36860 [email protected]éfonos 986.644.026 - 986.644.602Correo local: [email protected]

0 de xaneiro de 2009: o candidato do PP á presidencia da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo presenta en Lugo o seu pro-grama de Sanidade: “ningún paciente agar-dará máis de 45 días por unha consulta ou proba nin máis de 60 para unha interven-ción cirúrxica. (....) e espera cero para os pacientes con cancro ou outras patoloxías graves”. Outubro de 2010: dezasete meses de Go-berno do Partido Popular na Xunta levaron á sanidade galega a esta situación:

Galiza ten a terceira peor sanidade do Estado

Afírmao o último informe da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanida-de Pública, onde se conclúe que Galiza é a Comunidade coa terceira peor sanidade do Estado. No anterior informe, de 2009, o último ano do Goberno bipartito, no que tivo participación o BNG, a sanidade públi-ca galega estaba nun posto intermedio, en sétimo lugar. Un ano despois de Goberno do Partido Po-pular en Galiza somos a Comunidade con menor investimento sanitario per cápita e nas que unha persoa ten menos posibilida-de de ter cita co especialista no prazo de 15 días.

Máis persoas e máis tempo en lista de espera

As listas de espera para ser atendidos no SERGAS convertéronse nunha auténtica odisea. Moitas persoas teñen que ir direc-tamente por Urxencias para seren atendi-das porque en moitos casos as consultas para especialistas ou para unha operación tardan até un ano, algo totalmente inadmi-síbel e que dá mostra da incompetencia e irresponsabilidade do Goberno de Feijóo para xestionar algo tan fundamental como é a sanidade pública. Para disfrazar a súa nefasta xestión, o Goberno de Feijóo maquilla e manipula as listas de espera para mellorar os datos e enganar aos galegos e galegas. A isto teríamos que engadir a toda a xente que non ten cita que cada vez é máis e que da que o goberno de Feijóo se nega a facer públicos os datos.

Son casos reais, casos dos que todas e todos temos coñecemento por persoas ve-ciñas, amigas, familiares...

O PP quere privatizar a sanidade galega para entregarlla aos bancos e construtorasPero co Goberno de Feijóo non só temos que esperar máis para ser atendidos na sanidade senón que está sendo privatiza-da. O PP suprimiu o Plan de Infraestrutu-ras Sanitarias do Goberno bipartito, que garantía que os novos hospitais de Vigo, a ampliación do de Montecelo e as melloras

dos restantes, se farían con cartos públi-cos e optou polo sistema de financiamento privado (PFI). Esta é unha forma de privatización encu-berta pola cal as empresas privadas cons-trúen o edificio e logo alúganllo á Xunta a cambio do pago dun canon anual e de que lle entregue ás empresas privadas servizos hospitalarios como cociña, lavandería, lim-peza ou mantemento. Lembras como lle foi a Galiza coa AP-9, a Autopista do Atlántico, pola cal todos os

galegos teñen que seguir pagando peaxe até o 2047? Pois con esta fórmula do Go-berno do PP pasaranos igual coa sanidade: sairanos moito máis caro, será un negocio para bancos e construtoras e, en definiti-va, teremos unha sanidade moito peor e ao servizo non da sociedade, senón do lucro duns poucos. Un exemplo: o Goberno de Feijóo quere construír o novo Hospital de Vigo con esta fórmula PFI. Sabes canto teremos que pagar os galegos e galegas ás empresas privadas? 71,67 millóns de euros durante 30 anos, segundo os datos da propia Con-sellaría de Sanidade. É dicir, 1.433 millóns de euros, 450 millóns máis que co sistema público do Goberno bipartito.

Co Goberno do PP, a sanidade no rural vai a peor

A xente que vive no rural galego xa está su-frindo nas súas carnes a política sanitaria do Goberno do PP: nada máis chegaron á Xunta suprimiron as unidades móbiles de prevención do cancro de mama que lle per-mitían a moitas mulleres do rural realizar unha mamografía sen teren que desprazar-se ás cidades. Ademais, queren suprimir ás áreas sani-tarias ligadas aos hospitais comarcais da Mariña, O Salnés, Valdeorras e Monforte, para facelos depender das cidades. Unha política que fará que os territorios do rural saian prexudicados na distribución dos re-cursos e na capacidade de planificación e xestión. Temos que defender a sanidade pública!

O 21 de novembro manifestación en Compostela

Non podemos aceptar isto! O día 21 de novembro ás 12:00 horas na Alameda de Santiago de Compostela haberá unha mani-festación onde teremos que acudir todos e todas para defender a sanidade pública por ser garantía de benestar para as persoas e o maior instrumento de redistribución da ri-queza, e que o Partido Popular non pode po-ñer en risco por unha mala xestión, prepo-tente e xorda, nin por priorizar por riba deses dereitos cidadáns os intereses económicos de empresas privadas. O BNG naturalmente estará alí. Todas e todos debemos acudir!

O Partido Popular pon en grave perigo a sanidade pública galega