O Druida E A Fada

15
OS NEN@S CONTAN UN CONTO… “O DRUIDA E A FADA”

Transcript of O Druida E A Fada

OS NEN@S CONTAN UN CONTO… “O DRUIDA E A FADA”

Contan que fai moito moito tempo, cando a maxia todavía existía libremente polo mundo, Connla, o do pelo roxo, fillo de Conn, o das Cen Batallas, vivía tranquilamente coa súa familia

Un día Connla estaba no alto dun monte co seu pai…

… cando viu vir unha fada que se presentou

-Ola Connla! Veño do reino dos inmortais. Alí sempre é festa, non existe a morte e somos sempre felices.

O Rei e os que estaban con él quedaron maravillados porque oían a voz pero non veían a ninguén. So Connla podía ver a dama.

O rei preguntoulle:

-Con quen estás a falar meu fillo?

Pero contestoulle a fada:

- Connla fala cunha xoven e fermosa doncela inmortal. Amo a Connla e quero levalo conmigo ao Reino das Fadas. Unha coroa de fada agarda para él e vivirá para sempre.

O rei atemorizado por esas palabras chamou ao druida, de nome Coran.

-Oh Coran, o dos moitos feitizos e a maxia astuta! Necesito a túa axuda!Aquí hai unha muller invisible que quere levar ao meu fillo ao seu reino. Axúdame!.

O druida adiantouse e recitou os seus conxuros…

E ninguén volveu a escoitar a voz da fada porque desapareceu.

Pero, mentras desaparecía, lazoulle unha mazá a Connla.

Durante un mes, a partir de aquel día, Connla non comeu nin bebeu nada, salvo aquela mazá.

A mazá nunca se esgotaba porque volvía a medrar de novo e sempre estaba enteira.

Durante o tempo que Connla só comía a mazá, medrou dentro del unha morriña terrible pola fada.

Ademáis sempre soñaba con ela e dexesaba irse ao seu reino.

Pasado o mes Connla estaba no alto dun monte co seu pai cando…

… veu vir de novo a rapaza hacia él.

E escoitou:

-Connla ven conmigo ao Reino das fadas, todos queren que veñas. Non rechazes a nosa invitación.

O rei mandou chamar de novo ao druida para que se desfixera da moza pero cando éste chegou ela díxolle:

- Coran o poderoso escoita:chegará un momento en que o demo negro, cos seus beizos falsos fará desaparecer da terra a maxia e a sabiduría dos druidas perecerá. Eu viviréi pero ti e a túa especie morreredes para sempre.

- Ven conmigo e salva os coñecementos dos druidas.

Mentras ela falaba Coran tivo unha visión onde comprou que todo ía ser certo.

Deste xeito decidiu acompañar a Connla e a fada.

E así foi como desapareceron río abaixo na súa resplandecente canoa de cristal hacia o reino das fadas, o reino dos inmortais.

E anos máis tarde aconteceu o que a fada dixo, os druidas e a súa sabiduría, desapareceron pois outro deus e outras crenzas ocuparon o seu lugar e quíxose exterminar a maxia da terra.

Pero hai un druida de nome CORAN que existe nun máxico lugar e que cantándolle ao vento transmite as súas ensinanzas para que non se perdan. Só hai que estar atento e saber escoitar…

Non te deteñas e chores sobre a miña tumba.Non estou alí, non estou dormido…Son todos os ventos que soplane o diamante que brilla na neve.Son a luz do sol sobre un gran maduro,son a suave chuvia en outonoe a tenue estrela que trema na noite.Non te deteñas e chores sobre a miña tumba.Non estou alí, eu non morrín…

Oración celta antiga