O elefante dunha soa orella

6
O elefante dunha soa orella Biblioteca CEIP Vales Villamarín

description

historia dun elefante

Transcript of O elefante dunha soa orella

Page 1: O elefante dunha soa orella

O elefante dunha soa orella

Biblioteca CEIP Vales Villamarín

Page 2: O elefante dunha soa orella

O AUTOR

X. H. Rivadulla Corcón naceu no barrio coruñés de Monte Alto no 1962,

a súa familia é da vila de Muxía, o que motivou que a súa infancia e xuventu-

de transcorrera a cabalo entre o barrio de Monte Alto e Muxía.

É escritor de teatro, guións de televisión, poesía e narrativa.

Como autor de teatro escribiu Festa rachada, Praia na noite, O soño de Uli-

ses, O inxenioso cabalo Rocinante da Mancha, Furga Garabela e Salitre.

No terreo audiovisual traballou como xefe de produción da Área da Cultura de

TVG. Dirixiu na TVG os programas Planeta Fantasía, destinado á promoción

da literatura infantil galega, e Caravana de sabores, programa sobre a cociña

popular de Galiza. Os guións dalgúns dos capítulos da serie Pratos

combinados son obra súa.

No 2007 estreou o documental "Os andolios sobre a chaira", sobre o mundo dos afiadores, do que é

guionista e director. Emitido por TVG.

Tamén traballou en radio como guionista e locutor. A día de hoxe dirixe o programa sobre libros na

Radio Galega titulado A Casa do vagabundo e ademais colabora na mesma emisora nos programas As

Quimbambas, A Crónica e Mil Ribeiras.

Ten publicado artigos nos xornais: La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego.

Formou parte da Comisión fundadora da Academia Galega do Audiovisual e na actualidade é Presidente

da Asociación Galega de Guionistas.

Durante o período de 1999 ao 2005, traballou como profesor de produción cinematográfica, produción

teatral e guión audiovisual, na "E.I.S. O Raio Verde".

Como escritor ten publicado literatura infantil e xuvenil, novela, teatro e poesía e ensaio sobre temas

audiovisuais. Sendo a poesía o xénero que el considera como o seu natural, traballando sempre os

demais xéneros dende propostas e conceptos poéticos.

Obras súas son:

O bebé máxico.

¿A que veñen as gaivotas a Santiago?

O sorriso de Claudia.

Do mar é a noite.

E os poemarios:

Igor de Albatros en Selene.

Taberna á deriva.

O adeus do vello mariñeiro.

Page 3: O elefante dunha soa orella

O ELEFANTE DUNHA SOA ORELLA

Esta historia discorre en tres poboacións: Vigo, A Coruña e Muxía. Localízaas neste mapa de Galicia.

Page 4: O elefante dunha soa orella

O ELEFANTE DUNHA SOA ORELLA

No capítulo I o protagonista da historia preséntase e di, entre outras cousas: …

¿Díxenvos que son un elefantiño? Creo que non. Pois iso é o que son, un elefante de peluche. Pero non

como todos os elefantes, algo que as persoas consideran un defecto faime diferente.

Así que son un elefantiño cunha soa orella, e este é o defecto que marcou a miña historia.

A que cres que se deberá que teña unha soa orella? ___________________________________

__________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________

Que pensas que lle pasará ao longo da súa vida? ______________________________________

__________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________

Page 5: O elefante dunha soa orella

O ELEFANTE DUNHA SOA ORELLA

Ao final da presentación o elefante dinos:

Pero a pesar de estar alí, no escuro almacén, pasáronme moitas cousas, máis das que eu podería

sospeitar, e quixera que coñecésedes todas esas cousas que xuntas forman a miña historia.

Pero non só son importantes as cousas que me sucederon a min. Nesta historia pasaron outros

acontecementos que eu non vivín directamente pero que forman parte dela, por iso un grupo de

amigos, moi amables, que si as viviron, vanme axudar a contalas.

Espero que os feitos da miña vida sexan do voso interese e utilidade.

Que lle respondedes ao elefante sobre isto último que vos di?

Page 6: O elefante dunha soa orella

O ELEFANTE DUNHA SOA ORELLA

Na presentación o elefante dinos:

Pero non só son importantes as cousas que me sucederon a min. Nesta historia pasaron outros

acontecementos que eu non vivín directamente pero que forman parte dela, por iso un grupo de

amigos, moi amables, que si as viviron, vanme axudar a contalas.

Cal dos personaxes que aparecen nesta historia vos gustou máis? Por que?