O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE....

35
sindicato nacional de ccoo de galicia gabinete técnico económico 1 DOCUMENTOS O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO gabinete técnico de cc oo de galicia – área económica n.º 123/ xullo de 2008

Transcript of O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE....

Page 1: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 1

DOCUMENTOS

O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO

gabinete técnico de cc oo de galicia – área económica

n.º 123/ xullo de 2008

Page 2: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

© Documento do Gabinete Técnico do S. N. de CC OO de Galicia

N.º 123 / Xullo de 2008

Elaboración:

GABINETE TÉCNICO DO SINDICATO NACIONAL DE CC OO DE GALICIA

Page 3: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 3

ÍNDICE

1. EVOLUCIÓN DO EMPREGO ............................................................................... 5

Estabilidade no emprego ............................................................................ 17

Encadeamento de contratos ........................................................................ 25

Conversión de persoas asalariadas temporais en indefinidas................... 27

2. EVOLUCIÓN DO PARO.................................................................................... 29

3. CONCLUSIÓNS............................................................................................... 34

Page 4: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),
Page 5: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 5

1. EVOLUCIÓN DO EMPREGO

Para coñecer a situación pola que está atravesando o mercado laboral

galego, analizaremos en primeiro lugar a evolución do emprego

segundo distintas variables: nacionalidade, sector de actividade,

ocupación, sexo, tipo de xornada e situación profesional.

Na nosa análise utilizaremos os datos trimestrais que ofrece a Enquisa

de poboación activa (EPA) e centraremos o estudo no último ano.

En primeiro lugar, manexamos a variable da nacionalidade xa que,

aínda que en Galicia o peso da poboación estranxeira é menor que no

resto do Estado, está adquirindo unha importancia crecente nos

últimos anos.

Cadro n.º 1. POBOACIÓN OCUPADA SEGUNDO A NACIONALIDADE

ESPAÑOLA ESTRANXEIRA TOTAL

1.º trimestre 2007 1.116.600 49.400 1.166.000

2.º trimestre 2007 1.146.900 49.400 1.196.200

3.º trimestre 2007 1.164.800 50.300 1.215.100

4.º trimestre 2007 1.146.000 50.100 1.196.100

1.º trimestre 2008 1.135.000 55.000 1.190.000

FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia.

Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de

2008), a poboación ocupada estranxeira acada en Galicia a cifra de

55.000 persoas, das que 28.900 son homes e 26.000 mulleres; o seu peso

Page 6: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

documento 123

6 O emprego no último ano

no total da poboación ocupada galega é do 4,6 % (no mesmo período

do ano 2007 a porcentaxe era do 4 %).

No cadro 2 recollemos a evolución do emprego expresado en taxas de

variación interanual.

As taxas de variación do emprego en Galicia no último ano reflicten

como a desaceleración na actividade económica se traslada ao

emprego, pois dende o terceiro trimestre de 2007 as taxas de

crecemento interanual da ocupación mantéñense constantes, ao pé do

2 %.

Cadro n.º 2. TAXAS DE VARIACIÓN ANUAL DA POBOACIÓN OCUPADA

ESPAÑOLA ESTRANXEIRA TOTAL

1.º trimestre 2007 1,1 % 30,3 % 2,1 %

2.º trimestre 2007 3,4 % 13,3 % 3,8 %

3.º trimestre 2007 1,7 % 9,6 % 2,0 %

4.º trimestre 2007 1,8 % 12,3 % 2,2 %

1.º trimestre 2008 1,6 % 11,3 % 2,1 %

FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia.

A análise da variación do emprego segundo a nacionalidade evidencia

ritmos diferentes. Por un lado, o incremento do emprego das persoas

de nacionalidade estranxeira acada elevadas porcentaxes no período

analizado que, no peor do casos, multiplican case por seis as das

persoas de nacionalidade española. A maior medra do emprego dáse

no primeiro trimestre de 2007 cunha porcentaxe do 30,3 % e a menor

no terceiro trimestre dese ano cun 9,6 %. Por outro lado, só nun dos

trimestres estudados (o segundo de 2007, cun 3,4 %) o emprego das

persoas de nacionalidade española medra por riba do 2 %, mentres que

a taxa máis baixa atopámola no primeiro trimestre do 2007 cun 1,1 %.

Page 7: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 7

Se observamos a evolución das taxas de creación de emprego

comprobamos que, malia rexistraren porcentaxes superiores,

diminúen máis entre as persoas de nacionalidade estranxeira (no

último ano pasa do 30,3 % ao 11,3 %) que entre as persoas españolas

(que nese mesmo período pasa do 1,1 % ao 1,6 % con grandes

oscilacións intermedias).

Polo tanto, os datos semellan indicar que a desaceleración do emprego

está a afectar máis aos homes e mulleres estranxeiros que aos

españois; con todo, non debemos esquecer que —como xa

avanzamos— a taxa de creación de emprego da poboación estranxeira

(11,3 %) no último ano se sitúa moi por riba da dos traballadores e

traballadoras españois (1,6 %). Isto quere dicir que o 23 % do emprego

creado neste período corresponde a traballadoras e traballadores

estranxeiros, que ocupan un de cada catro empregos creados.

A evolución da afiliación á Seguridade Social é outro indicador que

confirma que á economía galega lle custa de máis en máis xerar

emprego, como veremos a seguido.

Cadro n.º 3. EVOLUCIÓN DA AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL

PERSOAS AFILIADAS Á

SEGURIDADE SOCIAL

TAXA DE VARIACIÓN

INTERANUAL

Xaneiro de 2007 1.044.260 4,1 %

Febreiro de 2007 1.050.690 4,1 %

Marzo de 2007 1.057.940 4,5 %

Abril de 2007 1.060.140 3,8 %

Maio de 2007 1.066.760 3,9 %

Xuño de 2007 1.078.620 4,7 %

Page 8: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

documento 123

8 O emprego no último ano

PERSOAS AFILIADAS Á

SEGURIDADE SOCIAL

TAXA DE VARIACIÓN

INTERANUAL

Xullo de 2007 1.086.640 3,5 %

Agosto de 2007 1.080.800 3,0 %

Setembro de 2007 1.085.940 3,2 %

Outubro de 2007 1.076.790 3,1 %

Novembro de 2007 1.081.170 3,1 %

Decembro de 2007 1.071.890 2,9 %

Xaneiro de 2008 1.070.120 2,5 %

Febreiro de 2008 1.075.240 2,3 %

Marzo de 2008 1.075.150 1,6 %

Abril de 2008 1.075.430 1,4 %

Maio de 2008 1.080.570 1,3 %

FONTE: Instituto Galego de Estatística.

Os datos do cadro 3 reflicten con claridade a variación da tendencia na

creación de emprego: durante os tres primeiros meses do 2007, o

emprego medra por riba do 4 %; nos cinco seguintes, por riba do 3,5 %;

de agosto a decembro a taxa sitúase no limiar do 3 %, agudizándose o

descenso nos primeiros meses de 2008 ao baixar desde o 2,5 % de

xaneiro ao 1,3 % de maio.

É dicir, o emprego pasou de medrar a un ritmo do 4,1 % en xaneiro de

2007 a facelo só un 1,3 % dezaseis meses máis tarde. Dito doutro xeito,

en menos de ano e medio, a creación de emprego en Galicia reduciuse

nun 68 %.

Resulta interesante analizar como evolucionou o emprego nos

distintos sectores de actividade, de aí que a seguinte variable que

Page 9: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 9

estudamos sexa precisamente a distribución sectorial do emprego. Os

datos recóllense no cadro 4:

Cadro n.º 4. DISTRIBUCIÓN SECTORIAL DO EMPREGO

PRIMARIO INDUSTRIA CONSTRUCIÓN SERVIZOS

1.º trimestre 2007 103.500 225.800 141.100 695.600

2.º trimestre 2007 107.000 211.100 147.800 730.400

3.º trimestre 2007 104.900 213.800 147.800 748.600

4.º trimestre 2007 97.000 218.700 152.400 728.000

1.º trimestre 2008 97.600 217.600 140.300 734.400

FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia.

Se atendemos á desagregación dos datos do emprego por sectores de

actividade, observamos que os servizos son os que mellor resisten a

desaceleración na creación de emprego.

O emprego no sector industrial acada o seu volume máximo de

ocupación no primeiro trimestre de 2007 con 225.800 ocupados e

ocupadas e, de aí en diante, cae drasticamente (ata un 6,5 % no

segundo trimestre de 2007) para rexistrar unha leve recuperación no

cuarto trimestre de 2007.

O sector da construción medra de maneira considerable entre o

primeiro e o cuarto trimestre de 2007, cando rexistra un volume de

ocupación histórico: 152.400 persoas, que vai seguido dun

derrubamento da ocupación do 8 %.

Os sector dos servizos é o único que crea emprego no último ano

(aínda que o incremento non chega ao 6 %) e o que mellor resiste a

negativa evolución xeral do emprego, xa que non rexistra nin grandes

incrementos nin grandes diminucións no período. No terceiro

Page 10: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

documento 123

10 O emprego no último ano

trimestre de 2007 acada o seu volume de ocupación máis alto con

748.600 persoas, e modera o seu crecemento desde entón.

Pola súa parte, o emprego no sector primario prosegue a súa tendencia

de axuste secular ata o punto de que xa rexistra menos de 100.000

persoas ocupadas.

Podemos concluír, xa que logo, que o sector dos servizos foi a

principal fonte de creación de emprego nos últimos meses pois nos

restantes sectores se destruíu. Pero, como se distribuíu esta creación

de emprego entre sexos?

Cadro n.º 5. DISTRIBUCIÓN SECTORIAL DO EMPREGO POR SEXOS

PRIMARIO INDUSTRIA CONSTRUCIÓN SERVIZOS TOTAL

MULLERES

1.º trimestre 2007 44.200 63.600 9.900 377.500 495.300

1.º trimestre 2008 40.500 65.300 12.100 397.600 515.500

Variación

absoluta

– 3.700 1.700 2.200 20.100 20.200

HOMES

1.º trimestre 2007 59.300 162.200 131.200 318.200 670.900

1.º trimestre 2008 57.100 152.300 128.200 336.800 674.400

Variación

absoluta

– 2.200 – 9.900 – 3.000 18.600 3.500

FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia.

A creación do emprego distribúese de forma desigual entre os sexos:

no último ano, aumenta entre as mulleres en 20.200 empregos (4,1 %)

pero nos homes faino só en 3.500 (0,5 %). A evolución do emprego por

sectores tamén é diferente segundo o sexo: o feminino diminúe só no

sector agrario e aumenta na industria, na construción e nos servizos.

Page 11: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 11

Pola contra, o masculino redúcese en todos os sectores agás nos

servizos. Podemos avanzar que a desaceleración do emprego afecta

aos homes debido, en boa parte, ás ocupacións nas que traballan na

industria e a construción.

O cadro 6 reflicte a evolución do emprego por grupos ocupacionais.

Cadro n.º 6. EMPREGO POR GRUPOS OCUPACIONAIS

1.º TRIMESTRE

2007 1.º TRIMESTRE

2008 VARIACIÓN

ABSOLUTA

Dirección de empresas 86.300 102.200 15.900

Profesionais con titulación universitaria

135.800 150.800 15.000

Persoal técnico e profesionais de apoio

137.500 140.000 2.500

Persoal empregado administrativo

89.000 88.400 – 600

Servizos de restauración, comercio, persoais e de protección

168.100 177.600 9.500

Persoal cualificado en agricultura e pesca

84.600 83.700 – 900

Persoal cualificado en construción e industrias manufactureiras

210.400 198.500 – 11.900

Persoal operador e montador de maquinaria

115.800 112.700 – 3.100

Persoal non cualificado e Forzas Armadas

138.600 136.100 – 2.500

FONTE: Enquisa de poboación activa primeiro trimestre de 2007 e 2008. INE. Elaboración propia.

A distribución do emprego por grupos ocupacionais ofrece unha

fotografía transversal de todas as ramas de actividade que se pode

Page 12: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

documento 123

12 O emprego no último ano

relacionar, ata certo punto, con requirimentos formativos e co nivel

salarial.

Os datos do cadro 6 reflicten que o emprego só aumentou en catro dos

nove grupos ocupacionais, mentres que nos restantes diminuíu. O

dato positivo é que a maior creación de emprego se concentrou nas

dúas actividades máis cualificadas: dirección de empresas e

profesionais con titulacións universitarias. Como dato negativo, hai

que destacar que o maior volume de emprego se concentra nas

actividades onde o emprego é de menor calidade, as cualificacións

requiridas son inferiores e, por conseguinte, os salarios son máis

baixos, como son o persoal da construción e industrias

manufactureiras e os servizos de restauración, comercio e persoais.

A distribución do emprego por grupos ocupacionais segundo o sexo

explica o diferente avance do emprego masculino e feminino.

Cadro n.º 7. EMPREGO POR GRUPOS OCUPACIONAIS E SEXO

MULLERES HOMES

Dirección de empresas 41.300 60.900

Profesionais con titulación universitaria 78.500 72.300

Persoal técnico e profesionais de apoio 62.700 77.300

Persoal empregado administrativo 60.600 27.800

Servizos de restauración, comercio, persoais e de protección

121.200 56.400

Persoal cualificado en agricultura e pesca 35.700 48.000

Persoal cualificado en construción e industrias manufactureiras

19.600 178.800

Persoal operador e montador de maquinaria

23.000 89.700

Persoal non cualificado e Forzas Armadas 72.900 63.200

FONTE: Enquisa de poboación activa primeiro trimestre de 2008. INE. Elaboración propia.

Page 13: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 13

O emprego feminino concéntrase nos servizos e, dentro destes, no

comercio, a hostalaría e os servizos persoais, que se converten nunha

ocupación feminizada —o emprego feminino (121.200) duplica o dos

homes (56.400), como sucede tamén nos empregos administrativos—

onde se crea un importante volume de emprego. Pola contra, o groso

do emprego masculino está na construción e nas industrias

manufactureiras, onde se perde emprego.

O desenvolvemento destas dúas ramas de actividade explica por si

mesmo o diferente avance do emprego masculino e feminino: dos

24.000 empregos creados neste período, 20.300 corresponden ás

mulleres ou, o que é o mesmo, tres de cada catro empregos creados

son femininos. É dicir, sendo certo que se creou máis emprego

feminino ca masculino, tamén o é que o aumento do emprego

feminino se concentrou maioritariamente nas ocupacións menos

cualificadas, ao contrario do que aconteceu entre os homes.

Cómpre resaltar como dato positivo que a presenza das mulleres é

superior nas profesións asociadas a titulacións universitarias: hai

78.500 mulleres ocupadas neste grupo profesional, fronte a 72.300

homes.

No extremo contrario están as ocupacións nas que o acceso da muller

está claramente limitado, como é o emprego cualificado na

construción e as industrias manufactureiras, no que o emprego

masculino supera amplamente o feminino (hai 178.800 homes fronte a

19.600 mulleres). Outro tanto acontece no persoal operador e

montador, no que o emprego masculino case cuadriplica o feminino.

O cadro 8 amosa a evolución do emprego segundo o tipo de xornada.

Page 14: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

documento 123

14 O emprego no último ano

Cadro n.º 8. POBOACIÓN OCUPADA SEGUNDO O TIPO DE XORNADA

COMPLETA PARCIAL TOTAL

1.º trimestre 2007 1.046.200 119.800 1.166.000

2.º trimestre 2007 1.076.400 119.800 1.196.200

3.º trimestre 2007 1.101.300 113.800 1.215.100

4.º trimestre 2007 1.083.000 113.100 1.196.100

1.º trimestre 2008 1.061.300 128.700 1.190.000

FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia.

A análise da evolución da poboación ocupada segundo a xornada

tamén evidencia o cambio de tendencia do emprego: o emprego a

tempo parcial diminúe en todos os trimestres estudados agás no

primeiro de 2008 que aumenta, mentres que o emprego a xornada

completa perde peso no total.

Ademais, a taxa de creación de emprego a xornada parcial (7,4 %) no

último ano sitúase moi por riba da do emprego a tempo completo

(1,4 %). Isto implica que o 37 % do emprego neto creado neste período

é a xornada parcial, aínda que cunha distribución moi desemellante

entre sexos, xa que o cen por cento do aumento neto de emprego

masculino é a tempo parcial e nas mulleres do 26 %.

A seguir, analizamos as diferenzas entre a xornada feminina e a

masculina tomando como referencia os datos correspondentes ao

primeiro trimestre de 2008.

Page 15: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 15

Cadro n.º 9. POBOACIÓN OCUPADA SEGUNDO O TIPO DE XORNADA E O SEXO

MULLERES HOMES TOTAL

Xornada completa 418.800 642.500 1.061.300

Xornada parcial 96.700 32.000 128.700

Total 515.500 674.500 1.190.000

FONTE: Enquisa de poboación activa primeiro trimestre de 2008. INE. Elaboración propia.

A maior parte dos homes e mulleres galegos traballan a xornada

completa, pero as porcentaxes varían notablemente do 81,2 % das

mulleres ao 95,3 % dos homes. É dicir, só un 4,7 % do emprego

masculino está ocupado a tempo parcial fronte a un 18,8 % do

feminino.

Polo tanto, concluímos que o emprego a tempo parcial en Galicia é

feminino, xa que o 75 % das persoas ocupadas con este tipo de xornada

son mulleres (96.700). Aínda que a opción de traballar a tempo parcial

pode deberse a preferencias persoais, a gran disparidade entre sexos

amosa as diferenzas nas pautas de utilización do tempo, pois a muller

asume na maioría dos casos as tarefas de atención ás persoas

dependentes e ten dificultades para compatibilizar o traballo coa vida

privada.

Para completar a análise, centramos a nosa atención na evolución do

emprego segundo a situación profesional.

Page 16: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

documento 123

16 O emprego no último ano

Cadro n.º 10. POBOACIÓN OCUPADA SEGUNDO A SITUACIÓN PROFESIONAL

PERSOAS

EMPRESARIAS E

AUTÓNOMAS

AXUDAS

FAMILIARES

PERSOAS

ASALARIADAS

OUTRAS

1.º trimestre

2007

245.800 21.800 898.000 500

2.º trimestre

2007

246.500 19.500 929.100 1.100

3.º trimestre

2007

245.100 21.300 947.700 1.000

4.º trimestre

2007

258.700 23.300 913.300 900

1.º trimestre

2008

254.300 21.800 913.500 400

FONTE: Enquisa de poboación activa primeiro trimestre de 2008. INE. Elaboración propia.

Aínda que o maior volume de emprego creado nos últimos doce meses

é asalariado (15.500 empregos por conta allea por 8.500 por conta

propia), o crecemento en termos relativos do traballo asalariado (3,5 %)

é maior que o do emprego por conta propia (1,7 %).

Ademais, hai que destacar a importante tendencia á alza do traballo

por conta propia nos dous últimos trimestres, cando o traballo por

conta allea diminúe e provoca que aquel acade o seu volume máximo

con 258.700 ocupados e ocupadas no cuarto trimestre de 2007

(rexistrando unha medra do 4,6 % respecto ao mesmo trimestre do ano

anterior).

Habitualmente, cando a creación de emprego asalariado se desacelera,

increméntanse o emprego por conta propia. Detrás desta tendencia

podería haber unha maior iniciativa empresarial, unha maior

Page 17: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 17

precariedade nas condicións de emprego ou unha combinación de

ambas.

ESTABILIDADE NO EMPREGO

Neste apartado analizamos a evolución da taxa de temporalidade nos

doce últimos meses para afondar na radiografía da situación das

persoas con emprego en Galicia.

Unha primeira avaliación permítenos comprobar que a taxa de

eventualidade diminúe en Galicia: do 34,9 % no segundo trimestre de

2006 ao 29,7 % no primeiro trimestre de 2008, favorecida polo Acordo

para a Mellora do Crecemento do Emprego (AMC) do ano 2006 e o

Acordo sobre Obxectivos e Medidas de Emprego en Galicia asinado en

febreiro de 2007 no marco do diálogo social en Galicia.

Cadro n.º 11. TAXA DE TEMPORALIDADE SEGUNDO O SEXO

MULLERES HOMES TOTAL

1.º trimestre 2007 32,8 % 31,7 % 32,2 %

2.º trimestre 2007 32,6 % 30,8 % 31,6 %

3.º trimestre 2007 33,8 % 30,9 % 32,2 %

4.º trimestre 2007 30,3 % 28,8 % 29,5 %

1.º trimestre 2008 33,1 % 27,1 % 29,7 %

FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia

En concreto, no período obxecto de estudo, a taxa de temporalidade

para o conxunto da poboación asalariada cae en 2,5 puntos ao pasar

do 32,2 % ao 29,7 %. Esta redución explícase pola caída do emprego

temporal e o aumento paralelo do emprego indefinido.

Page 18: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

documento 123

18 O emprego no último ano

A redución da taxa de temporalidade non se dá por igual nos dous

sexos: a taxa masculina diminúe en 4,6 puntos, mentres que a feminina

aumenta en tres décimas. Isto implica que as diferenzas entre ambas

aumenten: no primeiro trimestre de 2007 era só de 1,1 puntos e no

mesmo trimestre de 2008 de 6 puntos.

En consonancia coa peor evolución do emprego, no primeiro trimestre

de 2008 a taxa de temporalidade medra dúas décimas, cun

funcionamento peor para as mulleres, para as que se incrementa en 2,8

puntos, mentres que para os homes diminúe en 1,7 puntos.

Os cadros 12 e 13 reflicten a evolución das taxas de temporalidade

segundo o sexo, diferenciando entre sector privado e sector público.

A primeira conclusión que podemos tirar é que a rebaixa na taxa de

temporalidade reprodúcese indistintamente para o sector público e o

privado, pero cunha incidencia desigual: a taxa no sector privado cae

2,9 puntos e no público só tres décimas.

A explicación está en que no sector público o emprego indefinido

medra nun 9 % e o temporal faino nun 7 %, mentres que no sector

privado todo o aumento do emprego asalariado foi indefinido.

Cadro n.º 12. TAXA DE TEMPORALIDADE NO SECTOR PRIVADO SEGUNDO O SEXO

MULLERES HOMES TOTAL

1.º trimestre 2007 34,0 % 33,9 % 34,0 %

2.º trimestre 2007 33,9 % 33,5 % 33,7 %

3.º trimestre 2007 34,7 % 33,4 % 33,9 %

4.º trimestre 2007 30,6 % 30,5 % 30,5 %

1.º trimestre 2008 33,7 % 29,3 % 31,1 %

FONTE: enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia

Page 19: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 19

No sector privado, a taxa de temporalidade masculina cae en 4,6

puntos e a feminina en tres décimas. En consecuencia, aumenta a

diferenza entre a taxa masculina e feminina: pasa dunha décima no

primeiro trimestre de 2007 a 4,4 puntos no primeiro trimestre de 2008.

Ao analizarmos a evolución do emprego nos doce últimos meses,

observamos que o emprego asalariado temporal diminúe entre os

homes (en 22.900) e medra entre as mulleres (2.200), mentres que o

emprego indefinido medra en ambos os casos.

No primeiro trimestre de 2008, a taxa de eventualidade recupera a

tendencia á alza incrementándose en 0,6 décimas. O seu impacto

afecta exclusivamente á temporalidade feminina: a taxa feminina

medra en 3,1 puntos, mentres que a masculina diminúe en 1,2 puntos.

Cadro n.º 13. TAXA DE TEMPORALIDADE NO SECTOR PÚBLICO SEGUNDO O SEXO

MULLERES HOMES TOTAL

1.º trimestre 2007 29,1 % 20,6 % 25,2 %

2.º trimestre 2007 28,5 % 18,4 % 23,7 %

3.º trimestre 2007 31,0 % 18,9 % 25,3 %

4.º trimestre 2007 29,5 % 20,7 % 25,5 %

1.º trimestre 2008 31,3 % 16,9 % 24,9 %

FONTE: enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia

No sector público, a taxa de temporalidade só diminúe en tres décimas

no período de análise: a masculina baixa en 3,7 puntos e a feminina

aumenta en 2,2 puntos. O resultado é que a diferenza entre ambas

aumenta de 8,5 a 14,4 puntos porcentuais.

Page 20: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

documento 123

20 O emprego no último ano

Igual que acontece no sector privado: créase máis emprego asalariado

feminino (12.000) ca masculino (2.900), pero o 49 % do emprego

feminino creado foi temporal, mentres que entre os homes todo o

aumento neto do emprego foi indefinido.

Á vista dos resultados, concluímos que as mulleres teñen en maior

medida que os homes condicións de emprego proclives a traducírense

en situacións de precariedade laboral.

No primeiro trimestre de 2008, a taxa de temporalidade feminina

(33,1 %) é superior á masculina (27,1 %). Esta diferenza explícase en

parte pola distancia que se observa no sector público, onde a

temporalidade feminina (31,3 %) se sitúa 14,4 puntos porcentuais por

riba da masculina (16,9 %), a pesar do suposto compromiso das

Administracións públicas coa igualdade de xénero e a estabilidade no

emprego, xa que a distancia no sector privado é de 4,4 puntos entre

homes e mulleres.

O cadro 14 amosa a evolución da taxa de temporalidade desagregada

por idades e sexo.

Cadro n.º 14. TAXA DE TEMPORALIDADE POR IDADE E SEXOS

MULLERES HOMES TOTAL

Menores de 30 anos

De 30 ou máis anos

Menores de 30 anos

De 30 ou máis anos

Menores de 30 anos

De 30 ou máis anos

1.º trimestre 2007

54,6 % 23,6 % 57,1 % 21,5 % 56,0 % 22,4 %

2.º trimestre 2007

55,3 % 22,8 % 52,8 % 22,1 % 53,9 % 22,4 %

3.º trimestre 2007

56,7 % 23,6 % 55,7 % 21,3 % 56,2 % 22,3 %

4.º trimestre 2007

48,8 % 23,0 % 51,7 % 20,5 % 50,4 % 21,6 %

1.º trimestre 2008

53,7 % 24,9 % 48,8 % 19,6 % 51,1 % 21,9 %

FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do Gabinete Técnico Confederal de CC OO.

Page 21: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 21

Se analizamos a evolución das taxas de temporalidade desagregadas

segundo a idade, comprobamos que en case todos os trimestres a taxa

de temporalidade das persoas menores de 30 anos multiplica por 2,5 a

das persoas de 30 anos ou máis anos. O dato positivo é que nese

período a taxa de temporalidade da mocidade baixa en 4,9 puntos,

mentres que a das persoas maiores de 30 anos só diminúe en 0,5

puntos.

A situación reprodúcese tanto nos mozos coma nas mozas: a súa taxa

de temporalidade duplica a dos homes e mulleres maiores. A redución

das taxas dáse nos dous sexos aínda que cunha distribución moi

desigual: entre as mozas diminúe en nove décimas e a dos mozos en

8,3 puntos. Isto implica que as diferenzas se incrementen no último

ano: a taxa feminina supera a masculina, cando hai un ano a situación

era a inversa.

Entre as persoas asalariadas de 30 anos ou máis, só se reduce a taxa de

temporalidade en cinco décimas e, ademais, non se traslada por igual:

nas mulleres aumenta en 1,3 puntos e nos homes baixa en 1,9 puntos.

O resultado é que a diferenza entre ambas pasa de 2,1 puntos a 5,3

entre o primeiro trimestre de 2007 e o mesmo de 2008.

No primeiro trimestre de 2008 repunta a taxa de eventualidade dos

mozos (0,7 puntos) en maior medida que a das persoas de 30 ou máis

anos. Por sexos, as mulleres de menos de 30 anos ven como se

incrementa en 4,9 puntos por só 2,9 os homes. Entre as persoas de

máis de 30 anos, a situación tamén favorece máis os homes, cuxa taxa

diminúe un punto cando a das mulleres se incrementa na mesma

contía.

No seguinte cadro recollemos a evolución da taxa de temporalidade

segundo o tipo de xornada.

Page 22: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

documento 123

22 O emprego no último ano

Cadro n.º 15. TAXA DE TEMPORALIDADE SEGUNDO XORNADA

A TEMPO COMPLETO A TEMPO PARCIAL

1.º trimestre 2007 30,2 % 49,5 %

2.º trimestre 2007 29,9 % 46,0 %

3.º trimestre 2007 30,2 % 50,8 %

4.º trimestre 2007 28,0 % 43,4 %

1.º trimestre 2008 27,8 % 46,0 %

FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do Gabinete Técnico Confederal de CCOO.

Segundo os datos do cadro 15, a temporalidade das persoas

asalariadas a tempo parcial case duplica a das persoas asalariadas a

tempo completo. A tendencia de ambas as taxas vai parella: entre

persoas asalariadas a tempo completo baixa en 2,4 puntos e a tempo

parcial faino en 3,5 puntos.

O empeoramento dos datos de emprego no primeiro trimestre de 2008

tamén se plasma na evolución da taxa de temporalidade das persoas

que traballan a tempo parcial, que ven como a eventualidade se

incrementa en case tres puntos, mentres que a das persoas que

traballan a tempo completo se reduce lixeiramente.

Para afondar máis na nosa análise, desagregamos as taxas de

eventualidade, diferenciando entre as persoas de nacionalidade

española e estranxeira.

Page 23: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 23

Cadro n.º 16. TAXA DE TEMPORALIDADE SEGUNDO NACIONALIDADE

ESPAÑOLA ESTRANXEIRA

1.º trimestre 2007 31,2 % 52,1 %

2.º trimestre 2007 30,5 % 55,9 %

3.º trimestre 2007 31,3 % 50,9 %

4.º trimestre 2007 28,9 % 43,0 %

1.º trimestre 2008 28,7 % 51,0 %

FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do Gabinete Técnico Confederal de CCOO.

Os homes e mulleres de nacionalidade estranxeira soportan unha

elevadísima taxa de eventualidade na contratación que afecta a máis

da metade das persoas que traballan por conta allea e que apenas

varía no período analizado.

A taxa de temporalidade dos asalariados/as estranxeiros recórtase en

1,1 puntos, e nas persoas de nacionalidade española faino en 2,5

puntos. Isto implica que as diferenzas entre ambas as taxas se

incrementen, pasando de 20,9 puntos no primeiro trimestre de 2007 a

22,3 puntos no mesmo trimestre de 2008.

O emprego temporal só diminúe entre as persoas de nacionalidade

española; entre as estranxeiras non varía, así que a súa taxa de

eventualidade aumenta. É dicir, que o retraemento do emprego ten un

maior impacto na poboación estranxeira.

En resumo, a evolución da taxa de temporalidade entre homes e

mulleres, sector público ou privado, xornada ou nacionalidade é

positiva en todos os casos agás no para as mulleres, onde medra. É

negativo, non obstante, o valor que acada a dita taxa para a mocidade

Page 24: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

documento 123

24 O emprego no último ano

e para as persoas de nacionalidade estranxeira: acada insoportables (e

socialmente inxustas) valores superiores ao 50 %.

Por último, no cadro 17 analizamos a evolución das taxas de

temporalidade nas distintas federacións ou agrupacións de rama do

Sindicato Nacional de CC OO.

Cadro n.º 17. TAXA DE TEMPORALIDADE POR FEDERACIÓNS

FEDERACIÓNS 1.º TRIM. 2007 1.º TRIM. 2008 DIF. 2008-2007

FCT 33,7 % 27,0 % – 6,7

Minerometalúrxica 33,8 % 29,4 % – 4,4

FECOMA 43,4 % 38,2 % – 5,2

Agroalimentaria 26,2 % 28,1 % 1,9

FITEQA 36,4 % 26,3 % – 10,1

Actividades diversas 32,6 % 28,8 % – 3,8

FSAP 26,6 % 25,1 % – 1,5

FECOHT 30,3 % 31,1 % 0,8

COMFIA 28,0 % 29,5 % 1,5

Ensino 23,7 % 24,9 % 1,2

Sanidade 24,3 % 28,3 % 4,0

FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do Gabinete Técnico Confederal de CCOO.

Por federacións, a taxa de temporalidade aumenta nas de Sanidade (4

puntos porcentuais), Agroalimentaria (1,9) COMFIA (1,5), Ensino (1,2) e

FECOHT (0,8). Pola contra, FITEQA (– 10,1), FCT (– 6,7) e FECOMA (– 5,2)

son as federacións que máis reducen a temporalidade no emprego.

FECOMA, FECOHT e COMFIA rexistran as taxas de temporalidade máis

altas, mentres que Ensino, FSAP e FITEQA presentan as máis baixas.

Entre o primeiro trimestre de 2007 e o mesmo trimestre de 2008, o

Page 25: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 25

emprego temporal medra nas seguintes federacións: Ensino (cun

incremento do 52 %), Agroalimentaria (15 %), COMFIA e Sanidade

(ambas un 12 %) e, por último, FECOHT (4 %).

ENCADEAMENTO DE CONTRATOS

A reforma de 2006 fixo máis clara, e, polo tanto, máis doada de

aplicar, a prohibición de concertar sucesivos contratos dentro dunha

empresa a un mesmo traballador ou traballadora que desempeña

funcións similares.

A EPA permite estimar o número de persoas asalariadas temporais ás

que se lles encadean contratos sucesivos, comparando a antigüidade

na empresa coa antigüidade do contrato en vigor: se a primeira é

maior ca a segunda, dedúcese que existe un contrato previo ao actual

(sucesión de contratos).

No cadro 18 recollemos o número de persoas asalariadas ás que se lles

encadean contratos nas distintas federacións. Como non coñecemos os

datos referentes ao segundo trimestre de 2008 da EPA, para

establecermos unha comparativa cos do mesmo trimestre de 2006

(período anterior á reforma), optamos por utilizar os datos do

primeiro trimestre do período.

Cadro n.º 18. PERSOAS ASALARIADAS TEMPORAIS ÁS QUE SE LLES ENCADEAN CONTRATOS

FEDERACIÓNS 1.º TRIM. 2006 1.º TRIM. 2007 1.º TRIM. 2008 DIF. 2008-2007

FCT 8.900 12.700 12.300 – 400

Minerometalúrxica 14.500 16.000 17.200 1.200

FECOMA 30.000 30.300 25.800 – 4.500

Page 26: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

documento 123

26 O emprego no último ano

FEDERACIÓNS 1.º TRIM. 2006 1.º TRIM. 2007 1.º TRIM. 2008 DIF. 2008-2007

Agroalimentaria 8.700 6.900 8.400 1.500

FITEQA 7.900 5.800 6.000 200

Actividades

diversas

15.000 10.000 8.700 – 1.300

FSAP 11.600 9.500 9.800 300

FECOHT 25.700 22.400 19.400 – 3000

COMFIA 7.300 6.200 7.700 1.500

Ensino 10.400 8.100 11.900 3.800

Sanidade 11.700 11.600 12.200 600

TOTAL 151.500 139.500 139.300 – 200

FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do Gabinete Técnico Confederal de CCOO.

O maior número de persoas asalariadas ás que se lles encadean

contratos eventuais corresponde ás federacións de FECOMA e FECOHT; é

dicir, ás actividades onde máis se utilizan os contratos temporais: a

construción e o comercio mais a hostalaría.

Como xa coñecemos o número de persoas asalariadas ás que se lles

encadean contratos, elaboramos o cadro número 19, que amosa a

porcentaxe de persoas asalariadas ás que se lles encadean contratos

sobre o total de persoas asalariadas temporais.

Cadro n.º 19. PORCENTAXE DE PERSOAS ASALARIADAS TEMPORAIS ÁS QUE SE LLES ENCADEAN CONTRATOS

FEDERACIÓNS 1.º TRIM. 2006 1.º TRIM. 2007 1.º TRIM. 2008 DIF. 2008-2007

FCT 36,8 % 44,5 % 55,7 % 11,2

Minerometalúrxica 56,1 % 51,5 % 59,7 % 8,2

FECOMA 50,2 % 47,0 % 49,1 % 2,1

Agroalimentaria 65,4 % 58,4 % 62,0 % 3,6

FITEQA 70,2 % 39,2 % 68,2 % 29,0

Page 27: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 27

FEDERACIÓNS 1.º TRIM. 2006 1.º TRIM. 2007 1.º TRIM. 2008 DIF. 2008-2007

Actividades

Diversas

48,6 % 35,0 % 36,1 % 1,1

FSAP 48,3 % 48,5 % 51,7 % 3,2

FECOHT 51,7 % 49,7 % 41,2 % – 8,5

COMFIA 57,2 % 34,6 % 38,1 % 3,5

Ensino 56,1 % 60,0 % 58,1 % – 1,9

Sanidade 78,4 % 84,7 % 79,8 % – 4,9

TOTAL 53,2 % 48,3 % 51,3 % 3,0

FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do Gabinete Técnico Confederal de CCOO.

No primeiro trimestre de 2007, a porcentaxe de persoas asalariadas

temporais ás que se lles encadearon contratos era do 48,3 %; un ano

despois aumenta en tres puntos porcentuais, ata se situar no 51,3 % e

afecta a 139.300 persoas asalariadas temporais.

Por federacións, Sanidade (co 79,8 % debido aos contratos de

interinidade) e FITEQA (con 68,2 % polo peso do sector téxtil) son as que

teñen unha maior porcentaxe de encadeamentos e, Actividades

Diversas (36,1 %) e COMFIA (38,1 %) as que menos.

No último ano aumenta a porcentaxe de persoas asalariadas temporais

ás que se lles encadean contratos en todas as federacións agás FECOHT

(– 8,5 puntos porcentuais), Sanidade (– 4,9) e Ensino (– 1,9). Mentres

que en FITEQA (29), FCT (11,2) e Minerometalúrxica (8,2) é onde máis

aumenta.

CONVERSIÓN DE PERSOAS ASALARIADAS TEMPORAIS EN INDEFINIDAS

A Enquisa da poboación activa (EPA) do Instituto Nacional de

Estatística tamén permite estimar o número de persoas asalariadas con

Page 28: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

documento 123

28 O emprego no último ano

contrato indefinido que accederon a esta modalidade contractual a

través dunha conversión dende un contrato temporal.

No cadro 20 recollemos o número de persoas asalariadas cun contrato

indefinido convertido dende un contrato temporal, segundo a

antigüidade do contrato e da empresa.

Cadro n.º 20. CONVERSIÓN DE PERSOAS ASALARIADAS TEMPORAIS A INDEFINIDAS

1.º TRIMESTRE 2006 1.º TRIMESTRE 2007 1.º TRIMESTRE 2008

Antigüidade do contrato

Antigüidade na empresa

Antigüidade na empresa

Antigüidade na empresa

0 a 24 meses

Máis de 24 meses

0 a 24 meses

Máis de 24 meses

0 a 24 meses

Máis de 24 meses

0 a 3 meses 11.100 12.600 15.300 14.500 8.700 10.500

4 a 6 meses 6.100 8.300 6.700 8.900 6.400 9.800

7 a 12 meses 6.600 11.400 9.500 12.500 11.700 12.700

Máis de 12 meses

3.500 213.200 3.500 184.700 3.300 214.500

Total 27.300 245.500 35.000 220.800 30.100 247.500

FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do Gabinete Técnico Confederal de CCOO.

Segundo a enquisa, o 43 % das persoas asalariadas con contrato

indefinido (277.600) accederon ao seu status actual dende un contrato

temporal dentro da mesma empresa no primeiro trimestre de 2008.

Esta porcentaxe aumentou un punto porcentual dende o primeiro

trimestre de 2007 e, pola contra, experimentou un descenso de 4

puntos respecto ao mesmo trimestre de 2006.

Dito doutro xeito, no primeiro trimestre de 2008 hai 641.800 persoas

asalariadas indefinidas, das cales 277.600 proceden da conversión dun

contrato temporal.

Page 29: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 29

O maior volume de conversións de contratos temporais a indefinidos

dáse entre as persoas asalariadas que levan máis de dous anos na

empresa e teñen un contrato superior ao ano.

2. EVOLUCIÓN DO PARO

Por último, estudaremos a evolución do paro porque, xunto coa

precariedade na contratación, é o principal problema do mercado

laboral galego.

En primeiro lugar, hai que destacar que a taxa de paro das persoas

estranxeiras (15,48 %) supera a das persoas de nacionalidade española

(7,97 %) en máis de sete puntos porcentuais. Ante esta situación,

comezaremos analizando a evolución do desemprego por

nacionalidade.

Cadro n.º 21. EVOLUCIÓN DO PARO SEGUNDO A NACIONALIDADE

ESPAÑOLA ESTRANXEIRA TOTAL

1.º trimestre 2007 102.300 10.300 112.600

2.º trimestre 2007 90.300 7.600 98.000

3.º trimestre 2007 78.400 9.100 87.500

4.º trimestre 2007 86.900 9.600 96.500

1.º trimestre 2008 98.300 10.100 108.400

FONTE: Instituto Nacional de Estatística. INE.

No último ano, o desemprego diminúe en Galicia nun 3,7 %. Este

descenso afecta tanto ás persoas de nacionalidade española como ás

estranxeiras, aínda que de maneira desigual: o desemprego baixa nas

persoas de nacionalidade española nun 3,9 % e nas estranxeiras, nun

Page 30: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

documento 123

30 O emprego no último ano

1,9 %. En consecuencia, o peso da poboación parada estranxeira

equivale ao 9,3 % do total da poboación parada en Galicia.

O maior volume de persoas paradas, tanto de nacionalidade

estranxeira como española, dáse no primeiro trimestre de 2007. No

segundo trimestre descende o paro en ambos os colectivos; e, de aí en

diante, o desemprego marca ritmos diferentes dependendo da

nacionalidade. O volume de paro aumenta entre as persoas

estranxeiras nos tres últimos trimestres estudados e entre as de

nacionalidade española nos dous últimos trimestres.

No cadro 22 recollemos a evolución do desemprego expresado en

taxas de variación interanual.

Cadro n.º 22. TAXAS DE VARIACIÓN ANUAL DA POBOACIÓN PARADA

MULLERES HOMES TOTAL

1.º trimestre 2007 – 8,6 % – 15,0 % – 11,2 %

2.º trimestre 2007 – 10,6 % – 8,3 % – 9,7 %

3.º trimestre 2007 – 15,0 % 5,3 % – 6,4 %

4.º trimestre 2007 – 13,1 % 6,6 % – 5,9 %

1.º trimestre 2008 – 20,9 % 23,3 % – 3,7 %

FONTE: Instituto Nacional de Estatística. INE.

O descenso do desemprego estase atenuando. No primeiro trimestre

de 2008, vólvense superar as 100.000 persoas paradas, algo que non

acontecía dende hai un ano. Se a principios de 2007 diminuía o paro

ao 11,2 % respecto ao mesmo trimestre do ano anterior, en 2008 faino

ao 3,7 %. Ademais, considerando as variacións interanuais, dende o

terceiro trimestre de 2007 o descenso do desemprego só afecta as

mulleres, pois entre os homes aumenta.

Page 31: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 31

Nos últimos doce meses, o descenso do paro tampouco ten unha

distribución homoxénea en ambos os sexos: nos homes aumenta un

23,3 % e nas mulleres baixa nun 20,9 %.

A taxa de paro para o conxunto da poboación parada diminúe nos

últimos doce meses en cinco décimas ata situarse no 8,3 %, pero esta

rebaixa non se traslada aos dous sexos: nos homes aumenta en 1,3

puntos e nas mulleres baixa en 2,7 puntos. Isto permitiu recortar en

catro puntos as diferenzas entre a taxa de paro masculina e feminina.

Non obstante, a taxa de paro das mulleres (9,5 %) continua superando

amplamente a dos homes (7,4 %).

A continuación imos analizar a evolución da poboación parada

segundo o sexo e a idade. Os datos aparecen recollidos no cadro 23.

O paro feminino diminúe en todos os grupos de idade, menos no de

maiores de 55 anos, no que aumenta nun 50 %. Os descensos máis

acusados danse nos colectivos entre 16 e 19 anos e entre os 20 e 24

anos. Mantense a situación negativa dun paro feminino (54.400)

superior ao masculino (54.000), que se reproduce para todos os grupos

de idade menos para as persoas menores de 24 anos.

Cadro n.º 23. EVOLUCIÓN DO PARO SEGUNDO O SEXO E A IDADE

16 a 19 20 a 24 25 a 34 35 a 44 45 a 54 55 e máis TOTAL

MULLERES

1.º trimestre

2007

2.400 9.500 24.600 17.800 10.900 3.600 68.800

1.º trimestre

2008

1.100 6.100 20.000 12.600 9.300 5.400 54.400

Variación

absoluta

– 1.300 – 3.400 – 4.600 – 5.200 – 1.600 1.800 – 14.400

Page 32: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

documento 123

32 O emprego no último ano

16 a 19 20 a 24 25 a 34 35 a 44 45 a 54 55 e máis TOTAL

HOMES

1.º trimestre

2007

2.100 4.000 15.900 9.200 6.100 6.300 43.800

1.º trimestre

2008

4.000 10.400 19.200 8.900 7.600 3.800 54.000

Variación

absoluta

1.900 6.400 3.300 – 300 1.500 – 2.500 10.200

TOTAL

1.º trimestre

2007

4.600 13.500 40.600 27.000 17.000 9.900 112.600

1.º trimestre

2008

5.100 16.500 39.200 21.400 16.900 9.200 108.400

Variación

absoluta

500 3.000 – 1.400 – 5.600 – 100 – 700 – 4.200

FONTE: Instituto Nacional de Estatística. INE.

O paro masculino aumenta en todos os tramos de idade, excepto no de

35 a 44 anos e no de maiores de 54 anos. Ese aumento concéntrase

sobre todo nos mozos menores de 24 anos (8.300).

En conclusión: a redución do desemprego dáse entre as mulleres —

pero esta rebaixa limítase ás menores de 54 anos— e entre os homes

que teñen máis de 54 anos e entre 35 e 44 anos.

Para rematar, analizamos a evolución da poboación parada polo nivel

de formación e o sexo. Os datos tomámolos do cadro 24.

Os datos do cadro reflicten que no primeiro trimestre de 2008 hai máis

mulleres desempregadas ca homes nos niveis de formación superior, o

que parece indicar que topan máis dificultades ca os homes para

desenvolveren unha carreira profesional en traballos cualificados.

Page 33: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 33

Cadro n.º 24. EVOLUCIÓN DO PARO SEGUNDO O NIVEL DE FORMACIÓN E O SEXO

SEN ESTUDOS E

FORMACIÓN PRIMARIA

FORMACIÓN

INTERMEDIA

FORMACIÓN SUPERIOR

MULLERES

1.º trimestre

2007

11.700 38.500 18.500

1.º trimestre

2008

6.600 29.700 18.100

Variación

absoluta

– 5.100 – 8.800 – 400

HOMES

1.º trimestre

2007

8.600 23.600 11.600

1.º trimestre

2008

8.000 34.500 11.500

Variación

absoluta

– 600 10.900 – 100

TOTAL

1.º trimestre

2007

20.400 62.100 30.200

1.º trimestre

2008

14.600 64.200 29.600

Variación

absoluta

– 5800 2.100 – 600

FONTE: Elaboración propia a partir de datos do Instituto Galego de Estatística. IGE

No último ano, o desemprego sobre entre as persoas que teñen un

nivel de formación intermedia e redúcese nos niveis extremos de

formación: é dicir, entre as persoas sen estudos e con formación

primaria e, no extremo contrario, entre as que teñen formación

superior.

Page 34: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

documento 123

34 O emprego no último ano

Esa evolución é practicamente igual entre os homes, mentres que entre

as mulleres diminúe o desemprego en todos os niveis de formación,

concentrándose a dita rebaixa nos niveis de formación máis baixos.

3. CONCLUSIÓNS

Os distintos indicadores de emprego reflicten que o mercado laboral

galego está cambiando dende mediados de 2007, nunha dirección

menos favorable que a vivida en anos anteriores:

— O ritmo de creación de emprego desacelérase cada vez máis: a

creación de emprego mantense estancada ao pé do 2 % dende o

terceiro trimestre de 2007.

— A desaceleración do emprego está afectando máis as persoas de nacionalidade estranxeira ca as españolas. Porén, a taxa de creación de emprego das persoas estranxeiras (11,3 %) sitúase moi por riba da das españolas (1,6 %) entre o primeiro trimestre de 2008 e o mesmo trimestre de 2007. Como consecuencia, o 23 % do emprego creado neste período corresponde a persoas estranxeiras.

— Os datos de afiliación á Seguridade Social confirman a negativa evolución do emprego: en menos dun ano e medio a creación de emprego en Galicia reduciuse nun 68 %.

— Os homes vense máis afectados ca as mulleres pola menor creación de emprego debido ao axuste da ocupación na industria e a construción. A moderación no crecemento do emprego masculino (3.500 novos empregos) limita a capacidade de absorber os que se incorporan á actividade laboral (13.800), o que se traduce nun aumento dos parados (10.200).

— A construción e a industria deixan de ser os motores da actividade económica, pois en ambos se perde emprego. Os servizos, que representan o 62 % da ocupación total, explican toda a creación de emprego, xa que pasan de medrar ao 0,1 % a principios de 2007, ao

Page 35: O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO - sanidad.ccoo.es · FONTE: Enquisa de poboación activa. INE. Elaboración propia. Segundo os últimos datos dispoñibles da EPA (primeiro trimestre de 2008),

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 35

5,6 % no primeiro trimestre de 2008. Pola súa parte, o sector primario prosegue a súa tendencia de axuste secular.

— A rebaixa da taxa de temporalidade no último ano explícase pola caída do emprego temporal e o aumento paralelo do emprego indefinido. A súa evolución por sexos, sector público ou privado, xornada ou nacionalidade é positiva en todos os casos agás nas mulleres, que medra. É negativo, non obstante, o valor que acada a dita taxa para a mocidade e para as persoas de nacionalidade estranxeira, pois alcanza insoportables (e socialmente inxustas) valores superiores ao 50 %.

— A taxa de temporalidade feminina (33,1 %) é superior á masculina (27,1 %). Esta diferenza explícase, en boa parte, pola distancia que se observa no sector público, onde a temporalidade feminina se sitúa 14,4 puntos porcentuais por riba da masculina, a pesar do compromiso das Administracións públicas coa igualdade de xénero e a estabilidade no emprego, xa que a distancia no sector privado é de 4,4 puntos.

— O 51,3 % das persoas asalariadas con contrato temporal (139.000) sufriron un encadeamento do seu contrato no primeiro trimestre de 2008, porcentaxe tres puntos superior á do mesmo período de 2007.

— A porcentaxe de persoas asalariadas con contrato indefinido que accederon a esta modalidade contractual a través dunha conversión dun contrato temporal dentro da mesma empresa foi do 43 % no primeiro trimestre de 2008. Esta porcentaxe aumentou nun punto porcentual dende o mesmo trimestre de 2007.

— A taxa de paro do primeiro trimestre de 2008 situouse no 8,3 %, 1,3 puntos máis baixa que a española e cinco décimas inferior á dun ano antes. Non obstante, o descenso do desemprego estase atenuando e xa se superan as 100.000 persoas paradas, o cal non acontecía dende hai un ano.

— Hai máis mulleres desempregadas ca homes nos niveis de formación superior, o que parece indicar que topan máis dificultades ca os homes para desenvolveren unha carreira profesional en traballos cualificados.