O hórreo galego

13
O HÓRREO GALEGO O HÓRREO GALEGO 5º A 5º A 1/13

description

Traballo de investigación elaborado polo alumnado de 5º A sobre os hórreos, como parte do PDI " A lingua sabe a pan". C.E.I.P. Frian - Teis. Biblioteca Escolar. Curso 2012-13.

Transcript of O hórreo galego

Page 1: O hórreo galego

O HÓRREO GALEGOO HÓRREO GALEGO

5º A5º A

1/13

Page 2: O hórreo galego

Índice de contenidoIntrodución.......................................................................................................................................3Estensión xeográfica e denominación..............................................................................................4Situación económica .......................................................................................................................5Chegada do millo ............................................................................................................................6Partes do hórreo...............................................................................................................................7Evolución do hórreo.........................................................................................................................9Situación e clasificación segundo o material.................................................................................10Variantes tipolóxicas......................................................................................................................11CONCLUSIÓN..............................................................................................................................12BIBLIOGRAFÍA...........................................................................................................................13

2/13

Page 3: O hórreo galego

IntroduciónIntrodución

O hórreo é unha construción retangular para gardar e secar o millo e outros froitos. As súas paredes son de pedra ou madeira, con numerosas físgoas que permiten a ventilación do interior. Descansa sobre pés de pedra para protexer o cereal da humidade do chan; estes adoitan rematar nunha lousa de pedra ( tornarratos ou moas ), para evitar que suban os roedores. Ten un tellado de tella que se adorna nos dous extremos con cruces e pináculos.

En Galicia conviven tres tipos de hórreos: o tipo galego, o tipo asturiano e o hórreo de corres.

3/13

Page 4: O hórreo galego

Estensión xeográfica e denominaciónEstensión xeográfica e denominación

O uso do hórreo está estendido pola meirande parte do territorio galego, occidente asturiano e o norte de Portugal. As zonas montañosas do leste de Ourense e do sureste de Lugo non teñen hórreos.

Os hórreos esténdense por todo o territorio das provincias da Coruña e Pontevedra.

Non se empregan hórreos na zona da provincia de Ourense situada ao oriente da rexión da Limia e no cadrante sureste de Lugo, xa que son zonas climáticas máis favorable ao cultivo de cereais de montaña e menos propicios para o millo. A súa denominación varía segundo a zona, no extremo occidental de Asturias é chamado cabazo, polo norte de Portugal é chamado espigueiro, canastro ou caniço. En Galicia recibe o nome de hórreo ou hórrico no centro-norte, cabazo no noroeste da Coruña, cabozo no norte de Lugo, canastro na zona sur, cabaceiro entre o centro e o nordeste de Ourense, en Lugo cabeceiro, cabeceira, cabaceira, entre a ría de Vigo e o río Miño chámanlle canizo, piorno no Salnés, cabana máis no interior, paneira na Península do Morrazo, orno ou órneo no cabo do Morrazo e hórreo ou horro no leste de Lugo.

Como podedes ver é tanta a variedade da palabra HÓRREO, que perdémonos un pouco na súa lectura.

4/13

Page 5: O hórreo galego

Situación económicaSituación económica

Os hórreos mostraban a situación económica do dono: a maior número de pés, maior riqueza do labrador. Os máis grandes corresponden case sempre a igrexas, mosteiros ou pazos.

O hórreo de Carnota é o máis famoso, xunto cos de Araño ( Rianxo ), tamén é o máis grande de Galicia.Ten vinte e dous pares de pés e mide 34,8 m de longo.

CARNOTACARNOTA

RIANXORIANXO

5/13

Page 6: O hórreo galego

Chegada do milloChegada do millo

Ata a introducción do millo o cultivo alternaba o cereal de inverno e o de verán. Os invernais adoitaban ser de trigo ou centeo, o de verán era xeralmente paínzo, cereal de gran miúdo que daba un pan mediocre, polo que se mesturaba con centeo.

A partir do momento da introdución do millo e a pataca a vida campesiña deu enormes cambios, mellorando as súas condicións de vida, pero eso supuxo o abandono do cultivo do paínzo e o desprazamento do centeo ao extenderse a superficie de cultivo do millo.

O millo seméntase a fins de abril ou comenzos de maio e apáñase en outubro. As peculiaridades climáticas de Galicia impiden que o millo complete a súa maduración no campo. As mazarocas apáñanse cun grao de humedade aínda elevado, polo que para conservalo é imprescindible secalo. Por ese motivo almacénanse as mazarocas enteiras, sen debullar.

6/13

Page 7: O hórreo galego

Partes do hórreoPartes do hórreoO hórreo do tipo galego-portugués componse dunha base, unha cámara, un medio de acceso e uns elementos ornamentais e simbólicos.

A base afasta a cámara do chan. A cámara debe poñer o gran en contacto co ar evitando que se molle. O acceso pode facerse a través dunha escada móbil ou unha fixa. Os ornamentos representan o poderío da casa e invocan a protección da divinidade.

En xeral existen tres tipos básicos de soportes: os esteos ou columnas, as cepas ou muros transversais e o celeiro ou base pechada. En todos eles colócase entre os soportes e a cámara unhas pezas de granito, planas e de pouco grosor, chamadas tornarratos, capas, capelas, rateiras,toldas, postas ou moas, para evitar a entrada de roedores e de humidade na cámara.

Os esteos son empregados nas zonas nas que o granito é compacto e resistente.

E corrente que teñan un ensanchamento no extremo inferior para aumentar a superficie maior de apoio contra o chan. Outras veces descansan nunha base de pedra, a soleira, nestes casos úsanse pequenas canles rodeando a base do esteo, chamadas tornaformigas, que ao encherse de auga da chuvia impidelle o paso aos insectos.O número de esteos é sempre un número par.

As cepas empréganse no norte e leste da provincia da Coruña e en case toda a de Lugo e na zona veciña da de Ourense. Empréganse tamén tornarratos. Nas zonas de transición atópanse hórreos que empregan as dúas solucións con cepas nos penais e esteos no tramo intermedio.

A cepa maciza é un pedestal de iguais dimensións que a cámara. Emprégase en zonas escasas e moi localizadas:- Centro-oeste de Lugo e norte da Coruña.

Os elementos que resolven o aceso a cámara do hórreo non deben permitir a entrada de animais. Se o acceso é cunha escaleira fixa ou pasarela, esta detense a unha distancia que garanta o illamento da cámara. Normalmente o acceso é simplemente un elemento móbil, unha escada de man ou un talo de madeira.

7/13

Page 8: O hórreo galego

A situación da porta é variable segundo os tipos e bastante constante dentro do mesmo tipo. Adoita ir nun dos penais, normalmente ten a mesma altura que a propia cámara e a súa apertura é sempre exterior. En casos excepcionais podemos atopar dúas portas, unha no penal e a outra nun costal. Á veces diante da porta hai un patamal, unhas veces como ampliación dun dos tornarratos, outras como prolongación do chan da cámara.A cámara é o recinto no que se almacena o gran. Polo xeral ten planta rectangular e altura, anchura e lonxitude variables. Os hórreos mais longos chegan a superar os 35 metros, como o de Lira, o de Araño ou o de Carnota.Esta formada por un chan chamado lastra, dúas paredes lonxitudinais chamadas costais e dúas transversais chamadas cabaceiras ou penais. Sopórtase todo sobre un bastidor chamado marco composto de dúas trabes chamadas doelas, mesas ou pontóns nos lados longos e dous traveseiros ou cabezas nos lados curtos. Sobre o chan de madeira, unhas columnas chamadas padieiras ou linteis,e as paredes laterais con numerosas fendas de ventilación chamadas pinches e unhas vigas superiores chamadas soleiras. A cámara combina a madeira e a pedra en diferentes proporcións.Os elementos ornamentais forman parte da composición do hórreo que non teñen utilidade práctica. Adornan o hórreo.Sobre o tellado é doado atopar unha gran variedade de elementos terminais:Cruces que son moi frecuentes nos hórreos de pedra e menos nos de madeira.Capiados que son remates cónicos exclusivos do litoral lugués.Tornaventos que suxeitan as tellas.Remates piramidais que se colocan sobre os vértices.Pináculos que acompañan á cruz no pinche oposto.Nos hórreos de madeira e mixtos se atopan poucos remates. Cando os hai son moi variados, por exemplo torres, formas de animais, capelas, campanarios...

A cuberta na maioria dos casos é a dúas augas, aínda que pode ter catro,e máis raramente tres.O material empregado na cuberta a meirande parte das veces e a tella, nas zonas sur e oeste, e a lousa de xisto, especialmente no norte. As cubertas de casqueiros de madeira empréganse case só en edificios moi pobres e están case desaparecidos. A cuberta está soportado polas tesouras e as ripias, e pode ter uns remates chamados sobrepernas ou tornachoivas. Nos tellados a dúas augas os pinchos dianteiro e traseiro van pechados con pimpinelas.

8/13

Page 9: O hórreo galego

Evolución do hórreoEvolución do hórreo

A evolución do hórreo ten sido moi lenta, ten o seu comenzo na prehistoria. O primeiro tipo empregado suponse que sería moi semellante ao actual hórreo de corres, un celeiro-cesto vexetal e lixeiro transportable. As etapas desta evolución serían:

-Romanización: construción do hórreo con madeira, coa adopción da forma rectangular.-Difusión do cultivo do millo: aumento da capacidade de almacenaxe.-Petrificación: emprego da pedra para darlle solidez.

Neste proceso evolutivo o hórreo conservou sempre as súas características estructurais e a súa función, cunha especialización orientada ao cultivo do millo.

9/13

Page 10: O hórreo galego

Situación e clasificación segundo o materialSituación e clasificación segundo o material

A situación do hórreo ten máis relación coa casa e non tanto coa milleira. O ter que levantalo preto da casa, na eira, tíñase que adaptar o hórreo ao tamaño e forma de esta. Por iso pódense atopar sobre os muros das eiras, sobre o portalón de entrada, sobre unha corredoira ou en agrupacións sobre un terreo comunal.

Hai basicamente dous tipos de hórreos segundo o material constructivo empregado: o de pedra e o de madeira. As versións mixtas son numerosas. O emprego dun ou outro material ven determinado pola natureza dos afloramentos rochosos predominantes. Na meirande parte de Galicia son de tipo mixto. Predominan os tipos con menor uso de pedra nas partes norte e oriental da provincia da Coruña e na de Lugo. O uso da pedra aumenta cara ao leste e ao sur con predominio da pedra nas provincias de Ourense e Pontevedra.

O hórreo de cantería predomina na parte occidental da provincia da Coruña e Pontevedra e no norte de Lugo, pero sen chegar a ser exclusivo.

Hórreo de pedra Hórreo de madeira

10/13

Page 11: O hórreo galego

Variantes tipolóxicasVariantes tipolóxicas

A hórrea: difire do hórreo no seu maior tamaño e capacidade. É unha variante pouco desenvolvida e escasamente difundida.

Os hórreos en esquina: teñen a súa planta en L. Esta forma atípica responde normalmente á estreitura do terreo.

Os hórreos combinados: combinan espazos de almacenaxe ao nivel de terra, de secado nun primeiro andar e de cría de pombas nun segundo andar elevado sobre o primeiro.

As agrupacións de hórreos: cando nun lugar habitado non se pode emprazar na eira ou na horta, aparecen agrupacións nos espazos periféricos da poboación. Polo xeral as agrupacións invaden terreos comunais, abertos, ben ventilados e de acceso doado.

Entre as máis sobranceiras están as agrupacións de Combarro, de 30 hórreos de madeira, pedra e mixtos; a de Filgueira, con 15 hórreos mixtos; dúas no concello de Dobro, unha con 20 hórreos mixtos e outra con 15 de pedra; a de Bornalle, con 22 hórreos de pedra; a da Merca, con 33 hórreos de madeira e dous mixtos.

No lugar de Vivenzo atópase unha orixinal agrupación de dez hórreos de corres.

Deixámosvos este interesante slide que atopamos na rede.

http://www.slideshare.net/iesasorey/os-hrreos-galegos-12663471 (vídeo)

11/13

Page 12: O hórreo galego

CONCLUSIÓNCONCLUSIÓN

É un traballo moi interesante, xa que permitíunos aprender cousas dos hórreos que nunca poderíamos imaxinar. Primeiro fixemos entre todos e todas unha especie de guión, logo cada un de nós elaboramos a noso traballo ao noso xeito e xa por último fundimos os traballos en un só. Grazas ao Equipo de Biblioteca pola proposta.

Gustaríanos que non houbera hórreos abandonados.

12/13

Page 13: O hórreo galego

BIBLIOGRAFÍABIBLIOGRAFÍA

Libro 5ºGALEGO-Editorial ANAYA

Galicia espallada

http://www.galiciaespallada.com.ar/arquit_galega_horreos.htm

Wikipedia

http://es.wikipedia.org/wiki/H%C3%B3rreo_gallego

INFORMACIÓN-SLIDE http://www.slideshare.net/iesasorey/os-hrreos-galegos-12663471

13/13