O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición 2021. 1. 9. · O imperio bizantino. De...

12
O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición Xustiniano (527-565) foi o emperador máis ilustre de Bizancio. Procurou reconquistar o vello Imperio Romano coa axuda dos seus xenerais Belisario e Narsés. Tamén actualizou o corpus legal romano, do que fixo un compendio: o Código de Xustiniano. O goberno bizantino se baseaba en: . Emperador ou basileus, xefe político e cabeza da igrexa. . Rede de funcionarios . Exército poderoso . Corpo diplomático Logo da súa morte, e ó compás da aparición do Islam no mundo mediterráneo, o Imperio Bizantino foi reducíndose cada vez máis ata quedar só a súa capital, Constantinopla, que foi tomada polos turcos otománs en 1453. A base económica do Imperio foi, nos seus tempos de esplendor, o comercio. A relixión era a cristiá ordotoxa e abarcaba case todos os aspectos da cultura bizantina. Os seus monxes estenderon esta visión do cristianismo polo territorio dos actuais países eslavos. A lingua, a pesares de ser Imperio Romano de Oriente, non foi o latín, senón o grego. A súa arte era moi rica e suntuosa. Destacan a magnificencia de Santa Sofía en Constantinopla e os mosaicos da Igrexa de San Vital en Rávena (Italia).

Transcript of O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición 2021. 1. 9. · O imperio bizantino. De...

Page 1: O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición 2021. 1. 9. · O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición Xustiniano (527-565) foi o emperador máis ilustre

O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición

Xustiniano (527-565) foi o emperador máis ilustre de Bizancio.

Procurou reconquistar o vello Imperio Romano coa axuda dos seus xenerais Belisario e Narsés.

Tamén actualizou o corpus legal romano, do que fixo un compendio: o Código de Xustiniano.

O goberno bizantino se baseaba en:

. Emperador ou basileus, xefe político e cabeza da igrexa.

. Rede de funcionarios

. Exército poderoso

. Corpo diplomático

Logo da súa morte, e ó compás da aparición do Islam no mundo mediterráneo, o Imperio Bizantino

foi reducíndose cada vez máis ata quedar só a súa capital, Constantinopla, que foi tomada polos

turcos otománs en 1453.

A base económica do Imperio foi, nos seus tempos de esplendor, o comercio.

A relixión era a cristiá ordotoxa e abarcaba case todos os aspectos da cultura bizantina.

Os seus monxes estenderon esta visión do cristianismo polo territorio dos actuais países eslavos.

A lingua, a pesares de ser Imperio Romano de Oriente, non foi o latín, senón o grego.

A súa arte era moi rica e suntuosa. Destacan a magnificencia de Santa Sofía en Constantinopla e os

mosaicos da Igrexa de San Vital en Rávena (Italia).

Page 2: O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición 2021. 1. 9. · O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición Xustiniano (527-565) foi o emperador máis ilustre

INTRODUCIÓN

A partires da crise do século III puxéronse en marcha as forzas que remataría coa unidade

cultural do Mediterráneo.

A unidade económica nunca fora real, xa que, dentro do propio Imperio Romano podían

distinguirse dúas zonas claramente diferenciadas:

• A Oriental, máis desenvolvida e cunha economía baseada no comercio e a

artesanía, articulada polas cidades, herdeira dos antigos reinos helenísticos (Siria,

Exipto, Asia Menor e Grecia)

• A Occidental (Italia, Galia e Hispania) cunha estrutura económica baseada na

agricultura, a gandaría e a minaría.

A primeira separación, de carácter político tivo lugar a finais do século IV, cando o

emperador Teodosio dividiu definitivamente o Imperio en dúas partes entre os seus fillos

(395):

• A Oriental, para Arcadio.

• A Occidental, para Honorio

Esta separación política fíxose definitiva coa desaparición do Imperio de Occidente baixo a

presión dos pobos xermánicos. Con todo aínda houbo unha certa unidade comercial e

algún intento de reconstrución política- Xustiniano.

No século VII, a aparición do Islam desde Siria ata a Hispania rachou definitivamente coa

unidade cultural do Mediterráneo

Page 3: O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición 2021. 1. 9. · O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición Xustiniano (527-565) foi o emperador máis ilustre

IMPERIO BIZANTINO: EVOLUCIÓN

s. V. O Imperio Romano de Oriente comprende os territorios de Siria, Palestina, Exipto, Asia

Menor, Grecia e os Balcáns ata o Danubio.

s. VI. As conquistas dos xenerais de Xustiniano aumentaron as posesións do Imperio sobre

os territorios da Italia dos Ostrogodos, o Norte de África dos Vándalos e o SE de Hispania

dos Visigodos.

s. VII-VIII. A irrupción do Islam priva ao Imperio das súas provincias máis ricas –Siria,

Palestina e Exipto-. O Imperio viuse obrigado a reorganizarse en función das necesidades

militares: as provincias en función dos corpos de exército (themas), mandados por xenerais

(estrategas).

s. IX-XI. As dinastías Isauria e Macedonia logran deter o avance musulmá e liquidar a

ameaza búlgara que chegara desde o Danubio.

s. XII-XIII. A presión dos turcos e a toma de Constantinopla pola Cuarta Cruzada (1204)

deixa moi danadas as bases do Imperio.

s. XIV-XV. O Imperio queda reducido á capital e algúns enclaves no Exeo e no Mar Negro. A

fin do Imperio produciuse pola caída de Constantinopla ante os turcos otománs de Mehmet II

(1453).

Page 4: O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición 2021. 1. 9. · O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición Xustiniano (527-565) foi o emperador máis ilustre

Bizancio, c. 1400Bizancio trala Cuarta Cruzada, 1204

Page 5: O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición 2021. 1. 9. · O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición Xustiniano (527-565) foi o emperador máis ilustre

CONSTANTINOPLA

Era a capital e a cidade máis importante do Imperio.

Fundada por Constantino no 330 sobre a antiga colonia grega de Bizancio, tiña unha situación

xeoestratéxica vital, na beira do Bósforo e no cruce das principais rutas comerciais da época, o que a fixo

monopolizar durante séculos o comercio das especias, a seda e os escravos.

Como cidade de fundación romana tiña todos os servizos propios. Na zona residencial destacaban o

palacio imperial, o hipódromo, Santa Sofía e a Magnaura.

Economicamente tiña unha moeda estable, o sólido de ouro.

Non só era unha cidade de comerciantes, senón tamén de artesáns de alta produción.

A cidade tiña un barrio para os comerciantes estranxeiros ao outro lado do Corno de Ouro, Pera.

Page 6: O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición 2021. 1. 9. · O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición Xustiniano (527-565) foi o emperador máis ilustre

BASE ECONÓMICO-SOCIAL

Ata os séculos VII-VIII a economía era principalmente comercial, con Exipto como centro de

produción agrícola.

Logo das invasións musulmás, en boa parte do territorio pasouse a unha estrutura agraria de

tipo latifundista dentro dun marco de sociedade feudal.

Só quedaron como zonas comerciais e artesanais Constantinopla e algúns enclaves no Exeo

(Éfeso).

TRANSFORMACIÓN POLÍTICA

No século VI, Xustiniano tentara unha renovatio latina, tanto por medio das conquistas como

no feito de manter o latín como lingua oficial así como facer unha recompilación do Dereito

Romano no Corpus Iuris Civilis.

Desde o século VII, a lingua oficial pasa a ser o grego, tendo en conta que esa era xa a

lingua da maioría da poboación.

O imperator pasa a denominarse basileus. Un monarca absoluto, cun poder consagrado

pola Igrexa, que se apoiaba no exército e na burocracia. Tal poder era hereditario.

Os basileus adaptaron os códigos legais ás novas realidades do Imperio.

Con todo, continuaba a haber títulos do Antigo Imperio, como senador ou cónsul, aínda que

con outro significado.

Page 7: O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición 2021. 1. 9. · O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición Xustiniano (527-565) foi o emperador máis ilustre

UN IMPERIO CRISTIÁN

Oriente fora a primeira zona do imperio en cristianizarse.

Dos cinco patriarcas da Igrexa, catro estaban en Oriente: Antioquía, Constantinopla, Xerusalén e

Alexandría.

A Igrexa de Oriente:

• Desenvolveu a tradición bíblica.

• Reuniu os primeiros concilios ecuménicos para a definición da doutrina.

• Creou as primeiras ordes monásticas e evanxelixou a xermanos e eslavos.

Sempre houbo tensión entre a Igrexa e o emperador, tanto porque este tentaba controlala a través do

Patriarca de Constantinopla, ou se enfrontaba ao poder dos mosteiros (querela iconoclasta).

As outras tensións eran coa Igrexa de Occidente que remataron co Cisma do 1054.

ARTE E CULTURA

A súa cultura ver ser unha mestura entre a lóxica, a proporción e o sentido da beleza dos gregos e o luxo

e a aparatosidade de Oriente.

Profundamente cristiá. A literatura e a arte están en función do poder imperial e da Igrexa. Así, se

desenvolve na Corte, Universidades e mosteiros.

A mostra máis espectacular que nos chegou da Arte Bizantina é a basílica de Santa Sofía de

Constantinopla. Arquitectura de grandes proporcións, luxo de medios decorativos –mosaico- e utilización

da cúpula como principal elemento construtivo.

Page 8: O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición 2021. 1. 9. · O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición Xustiniano (527-565) foi o emperador máis ilustre
Page 9: O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición 2021. 1. 9. · O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición Xustiniano (527-565) foi o emperador máis ilustre
Page 10: O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición 2021. 1. 9. · O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición Xustiniano (527-565) foi o emperador máis ilustre
Page 11: O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición 2021. 1. 9. · O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición Xustiniano (527-565) foi o emperador máis ilustre
Page 12: O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición 2021. 1. 9. · O imperio bizantino. De Xustiniano á súa desaparición Xustiniano (527-565) foi o emperador máis ilustre