O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as...

40
O LIBRIÑO DAS FESTAS REVISTA OFICIAL DAS P ATRONAIS DE BURELA

Transcript of O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as...

Page 1: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

O LIBRIÑO DAS FESTASREVISTA OFICIAL DAS PATRONAIS DE BURELA

Page 2: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

2

Publicación propiedade da Asociación Cultural "Festas Patronais de Burela"Licenza Creative Commons CC-BY-NC-ND 4.0

O LIBRIÑO DAS FESTASNº 4 - Venres 24 de Maio de 2019

DirecciónFotografías

Redacción

Maquetación e edición dixitalEdición impresa

Comisión Festas Patronais 2019Lucía RivasJ.C. Fernández de Sousa - "Bany"Paco MedinaLogaideaOutras ColaboraciónsAlfredo Llano GarcíaJose DíazAntonia Eijo SilvosoBríxida Pino LestaoOrg. Alfombras Florais de BurelaAntía YáñezLogaideaXan CarballalHerminia Pernas OrozaOutras ColaboraciónsLorenzo García RiveraGráficas Arfe

Page 3: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

3

A s nosas Festas Patronais son referencia. Sinalan o inicio das grandes festas da

comarca da Mariña. Son as primeiras. Isto obriga a preparar un bo programa, unha boa organización, acadar un orzamento solvente para ofrecer unhas festas de alta calidade e motivar á xente de Burela e foráneos a participar e colaborar en todo aquelo que se ofrece. A comisión traballou moito e ben co propósito de que Burela estea á altura que lle corresponde.

Son referencia por que marcan o inicio da costeira do bonito. As datas de celebración actuais, primeira fin de semana do mes de xuño, puxéronse adrede así para favorecer que a xente do mar tivese a oportunidade de participar nelas coa súa familia e amigos antes de partir en busca do Bonito do Norte que tanto estimamos en Burela. Durante as festas observar a fermosa estampa dos barcos atracados no porto en perfecta formación, adornados e preparados para partir, fan que sintamos emoción e notemos o seu protagonismo nas Festas Patronais.

Somos referencia na realización de alfom-bras florais. Burela é modelo na confección

de alfombras artesanais polos seus orixinais deseños, por ser unha obra de participación colectiva con reparto de tarefas perfecta-mente distribuídas e organizadas, pola calidade dos acabados e pola lonxitude ocupada. Realmente a nosa alfombra é un dos principais atractivos das nosas Festas, concentra unha grande cantidade de xente mentres se elabora, cando se remata, e so-bre todo, cando cumpre a súa misión última de servir como camiño e guía na procesión que traslada a Nosa Señora do Carme da igrexa ata ó porto.

Hai que Prepararse e animarse a tope para desfrutar das Festas Patronais. Son merecidas. E imos a ter a oportunidade de compartir coa familia e amigos uns días singulares, diferentes, cheos de actuacións e sorpresas. Hai que participar e experimentar todo o que se ofrece no programa, que non é pouco, e presumir de pobo, de porto, de procesións, de verbenas, de compañía e de xantares.

Unha aperta

Alfredo Llano García. Alcalde de Burela

SAÚDO DO ALCALDE

Page 4: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

4

D in que o dificil non e chegar sinon manterse. Escribo este texto ao día

seguinte de que o Athlético de Madrid caera en oitavos de final coa Juventus de Turín, tras unha exhibición de CR7. Outra. Con 34 anos mantén as mesmas ganas de triunfar e facer grandes cousas que cando empezou.Non digo que a Comisión de Festas e

Ronaldo sexan a mesma cousa, pero váleme de metáfora. Mentras hai ilusión por facer as cousas ben é posible que saian ben, e iso pasa con esta Comisión, que quere seguir a facer as cousas ben e si se pode mesmo aínda mellor que na edición anterior. O tempo e os erros axudan a aprender se os asimilamos ben. A experiencia é un grado, se di. Os futbolistas cansan física e mental-mente, e os compoñentes dunha comisión de festas tamén. Nunca nada é ao gusto de todos, hai prexuízos, sorpresas inesperadas, sustos, choiva, vento... de todo. Pero as ganas de facer unhas festas o mellores posibles non se perden, cando vaian a menos será o momento de deixar paso a outra xente. É lei de vida. A CR7 ou a Messi tamen lles pasará, seguro.

As cousas que supuxeron unha moderniza-ción das Festas hai que mantelas, e refírome

ao autobús con baños ou ao fío musical coa mesma música para todas as atraccións, por exemplo. As orquestas seguen a ser das 15 mellores de Galicia, e este ano ademais contaremos por primeira vez coas 3 grandes no cartel. As Patronais son un dos grandes atractivos do noso pobo, quizais xunto á Festa do Bonito, e penso que cada pobo ten que explotar os seus filóns. Por suposto sen esquecer aos que non sexan congregadores de masas, pero os que sí o son hai que facelos, na medida do posible, cada vez máis grandes. As alfombras siguen facéndose con esas mesmas ganas ano tras ano, o karaoke xa é parte imprescindible do guión (agora mellorado ao repartilo en dous días), a baixada da Virxe segue a congregar multi-tudes e a marítima segue a transmitir forza e sentimento, grazas en parte ao tempo pois estes últimos anos xogou no noso equipo… Por moitos anos coa mesma forza e coas mismas ganas, Comisión e pobo, todos. Por saber chegar, por saber manterse e por saber irse.

Paz, saude e diversiónJose Díaz, Concelleiro de Cultura, Educación,

Sanidade e Festexos

MANTER O NIVEL

Page 5: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

5

CARTA DA COMISIÓN

C ada ano, cando chega a primavera, arrecende a festa na Mariña. E de

tódalas festas mariñás, as máis madrugadoras son as festas de Burela. Son as que anuncian que está a piques de chegar o verán, que vai a comezar a costeira do bonito, ou que xa remata o curso escolar.

Para toda a xente de Burela, un ano máis, imos prepapar as festas que todos merecedes. Para os traballadores do mar, para as vosas familias, para a xuventude que pelexa polo seu futuro e para cada un dos que axudades a que Burela medre cada día, vai o noso esforzo.

Non escatimamos en traballo nin en tempo para facer un programa de festas que poda satisfacer a todo o pobo. Recollendo opinions na rúa, tentamos organizar unhas festas que satisfagan o gosto dos nenos, dos xóvenes e dos maiores. Tentamos que nadie se sinta excluído e que todo o mundo poda participar e divertirse en calquera dos actos organizados para tal fin.

Queremos un recinto feiral acolledor e agradable, para que as nosas familias se sintan cómodas desfrutando da boa música, das mellores orquestas e das atraccións para os máis novos. Queremos unha Burela ben

alumeada nestas datas, que reflexe a ledicia dunha vila en festas. Queremos que a alfombra floral deste ano se supere en beleza, como ven facendo cada ano, e que sexa o noso orgullo e o mellor espectáculo visual para a xente que nos visita nestes días. Queremos encher as rúas e o porto con xente disposta a desfrutar de cada acontece-mento. Cada concerto, cada pasarrúas, cada verbena, cada procesión, teñen que servir de punto de encontro para festexar e atopar ós amigos e ós parentes que fai un ano que non vemos.

Todos estes desexos vanse cumprir, un ano mais, grazas ó esforzo desinteresado desta Comisión de festas e de todo o pobo. Queremos agradecervos nesta carta, á xente que nos votades una man na organización, e tamén ó Concello, ás empresas, ós co-mercios e ós hosteleiros bureleses polos seus donativos. Aproveitamos tamén para desexarvos a tódolos veciños, que disfrutedes moito destas festas, coas vosas familias, cos vosos amigos e cos visitantes que se acheguen aquí nestas datas.

Vai por ti, Burela!A Comisión de Festas

Page 6: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

6

D ende tempos inmemoriais as socie-dades organizan o tempo dunha forma

cíclica ao longo do ano, segundo determina-dos eixos: o agrario, a relixión, a climatoloxía... e, xa na actualidade, en función do tempo de traballo e de ocio.

En Burela, a primeira parte do ano, diga-mos os seis primeiros meses, témola perfec-tamente marcada; o calendario é implacable. Rematado o Nadal, empezan os preparativos para o Antroido que, pouco a pouco, se fai visible: os escaparates da nosa Vila tínguense de cor, as comidas e os doces son abundantes, o sal e o azucre mestúranse na nosa dieta. O Enterro da sardiña marca o remate de don Carnal e na liturxia católica, co Mércores de Cinza, dá comezo o tempo da Cuaresma. A Igrexa revístese de morado, en sinal de penitencia, e as axencias de viaxes revistense de ofertas para as vacacións de Pascua. En poucos días, o cartel e o programa de Semana Santa fanse públicos, as celebracións relixiosas, os cofrades e os tambores toman

as rúas e chegamos así ao Domingo de Resurrección e á Procesión do Encontro que, para moitos bureleses, xa é un “clásico”.

Podemos dicir que o Luns de Pascua empeza un novo ciclo: o tempo das Festas. Así, en plural, é como denominamos en Burela as festas patronais. Hai anos, os barcos estarían na costeira do bocarte en Cantabria ou no País Vasco, as patacas xa estarían plantadas e sería a época de ir á ribeira por ourizos. Pero eran outros tempos. Na actualidade, para a maioría da poboación do noso pobo comeza a preparación e as conversas sobre as Festas.

O grupo da alfombra floral deseña, traza as liñas do que será este ano a alfombra: que tema?, que motivos terá cada tramo?. En poucos días hai que iniciar a corta do verde, despois xa tocará a labor coas flores. A comisión de Festas ten que ultimar e preparar todos os contratos e negociacións, o cartel, o pregón, as orquestras... e nas conversas o tema é claro: quen virá?, choverá?,

PRESENTACIÓN DAS PREGOEIRAS

Page 7: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

7

teremos nordeste? (porque se non veu, virá), fará sol? que barco levará a Virxe?, cantos barcos sairán este ano?, quen dará o pregón?, teremos exames o martes?, canto imos gastar?...

Estamos xa na última semana de maio, todo ten que estar ultimado. A Santa xa está engalanada na igrexa parroquial, o alumeado adorna as rúas, a explanada do porto repleta de atraccións, os barcos locen as bandeiras do código marítimo, as bandeiras de Galicia e de España ondean nas casas, o alumnado emocionado e excitado nas aulas… É tempo de festa en Burela.

E xa no último día, antes de empezar os tres días grandes das FESTAS, unha mestura de sentimentos impregnan a nosa mente e o noso corazón: a ledicia, a tristeza e as inquedanzas están presentes no noso ánimo e no noso pensamento. Poderán vir todos os bureleses que están fóra?, todo sairá ben?... Recordaremos con ledicia pero tamén con pesar a tódas as persoas que non están

con nós e que outrora fixeron posible e gozaron coa baixada da Virxe ao Porto, coa procesión marítima, coas atraccións, coa misa e a sesión vermut do luns, día de San Xoán.

Non é momento de tristura! É tempo de ledicia, é tempo das nosas FESTAS PATRONAIS!

Queremos facer mención a que o habitual é que o pregón sexa dado por algún residente ou natural da vila que destaque nalgún sector profesional concreto ou que sexa realizado por algunha persoa de renome que, por unhas ou outras circunstancias, manteña unha especial relación co pobo. O noso caso é outro, os nosos méritos son ben poucos, só somos tres mulleres que vivimos e traballamos en Burela pero, iso si, que sentimos paixón polo noso POBO e as súas FESTAS.

BOAS E FELICES FESTAS!Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar

Page 8: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

8

D eixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018,

poñémonos mans á obra para levar a cabo a vixésimo-sexta Alfombra Floral de Burela.

Nesta nova edición, representaremos dous modos de entretenemento popular na moci-dade como son os videoxogos e o cómic ou banda deseñada. Videoxogos populares co-mo o Super Mario Bros, o Pacman (popular-mente coñecido como Comecocos) Sonic, Zelda, Candy Crush… entre outros moitos maioritariamente da década dos 80, e cómic

do ambito nacional e internacional como Super López, Mortadelo e Filemón, Os Bolechas, Asterix e Obelix, Mafalda, Hermanas Gilda, Marvel… e moitos máis que veremos repre-sentados na rúa o sábado das festas.

Ano tras ano tentamos innovar en técnicas, coma o preparado de materiais, fabricación de cores, etc.; sempre sen deixar atrás a esencia da nosa Alfombra Floral e o que nos distingue doutras alfombras florais ou de serrin do ambito nacional, todas elas únicas e exclusivas.

ALFOMBRAS FLORAIS 2019

Page 9: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

9

Foi alá por comezos de ano cando nos xun-tamos e comezamos a poñer as ideas sobre a mesa, a plantexar os debuxos e, inclusive, a ir facendo as plantillas para o dia grande. Polo mes de Maio comezamos co picado do verde e a preparación do material, e é aí onde debemos facer fincapé no relevo xera-cional que debe ter a Alfombra Floral para que teña continuidade por moitos anos.

Cabe destacar que toda esta labor non

sería posible sen a implicación do pobo no dia da confección, así como nas labores previas coma o picado do verde, a prepara-ción da flor, a recolecta de café, virutas e outros materiais; polo que animamos a toda a xente a colaborar e a aportar o seu gran de area para esta fermosa obra de arte.

Desexámosvos unhas felices festas,A organización da Alfombra Floral

Page 10: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

10

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Durante as Festas desenvolveranse diversas actividades deportivas e culturais complementarias á programación eiquí descrita, que serán anunciadas a través da páxina oficial das Festas Patronais no facebook: facebook.com/festasburela.

VENRES 24 DE MAIO · "BAIXADA DA VILA DO MEDIO"21:00h Misa na honra da Virxe do Carme, na Igrexa da Vila do Medio. Ao remate da

mesma (21:30 aproximadamente), baixada da Imaxes en procesión ata a Igrexa Parroquial, acompañada polo Grupo de Música Tradicional da S.C.R. Ledicia.

Estrea do alumeado festivo que ornamentará as rúas do concello durante as Festas Patronais.

SÁBADO 25 DE MAIO · DÍA DO PREGÓN

20:00h PREGÓN no auditorio da Casa da Cultura a cargo de Mulleres do Mar de Burela.

Page 11: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

11

16:30 Ao longo da tarde, FESTA INFANTIL E XUVENIL con hinchables na Praza da Mariña

DOMINGO 26 DE MAIO · DÍA DA INFANCIA

MÉRCORES 29 DE MAIO XOVES 30 DE MAIO

20:30h GRAN KARAOKE! 2019, catego-rías infantil e xuvenil.

21:00h GRAN KARAOKE! 2019, catego-ría sénior.

O Gran Karaoke desenvolverase no auditorio da Casa da Cultura. A categoría infantil abarca ata os 12 anos, a xuvenil dos 13 aos 17 inclusive, e a sénior dos 18 en diante. Premios para os 3 primeiros clasificados en cada categoría, consistentes en trofeos conmemorativos e agasallos. Os ensaios serán das 17:00 ás 19:00, ambos días.

VENRES 31 DE MAIO · VÉSPERA DOS "DÍAS GRANDES"Durante os días grandes contaremos con todo tipo de atraccións no recinto das fes-tas, instalado na explanada portuaria dende o Venres 31 ao Luns 3 (inclusive).

23:00h Verbena coas orquestras FINISTERRE e PARÍS DE NOIA no recinto das festas.

Page 12: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

12

Ao longo da xornada, confección da espectacular Alfombra Floral de Burela, tradición que mantén viva o esforzo titánico de moitas persoas.

12:30 Pasarrúas a cargo do Grupo de música tradicional "A Rebolaxe" (San Cibrao) e da Banda de Música de Foz.

14:00h Sesión Vermú coa orquestra ISRAEL, no recinto das festas.

17:00h Pasarrúas, sesión de tarde, a cargo de "A Rebolaxe" e da Banda de Música de Foz.

21:00h Misa Cantada pola Coral Polifónica de Burela na Igrexa Parroquial de Santa María de Burela.

Ao remate da Misa, procesión de baixada das Imaxes da Virxe do Carme e San Xoán Bautista ao altar instalado na "nave das redeiras" do Porto, coordinada pola S.C.R. Ledicia e acompañada por: A.C.M. Arume, Banda de TT. e CC. Sto. Inocencio de Teixeira, Batuko Tabanka, Batuko Raventola, Coral Polifónica de Burela, e S.C.R. Ledicia.

Espectacular despregue de artificios de pólvora durante o paso da procesión polo peirao, ó son do tradicional saúdo da flota pesqueira á Santa.

23:00h Verbena coas orquestras ISRAEL e GARIBALDI no recinto das festas.

SÁBADO 1 DE XUÑO · DÍA DA "BAIXADA Ó PORTO"

Page 13: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

13

11:00h Pasarrúas a cargo da Banda "Sons e Soños" da Asociación Músico Crisanto.

11:45h Misa cantada polo "Coro de Cervo" no altar sito na "nave das redeiras" do Porto.

Ao remate da Misa, Procesión Marítima na que a Virxe do Carme será portada polo buque pesqueiro "Siempre San Prudencio", acompañada por parte da flota na travesía e da Banda "Sons e Soños" en terra firme.

14:15h Sesión vermú coa orquestra RITMO JOVEN no recinto das festas.

22:30h Verbena coas orquestras RITMO JOVEN e EL COMBO DOMINICANO no recinto das festas.

DOMINGO 2 DE XUÑO · DÍA DA PROCESIÓN MARÍTIMA

Page 14: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

14

LUNS 3 DE XUÑO · DÍA DA "SUBIDA"

12:00h Procesión de subida das Imaxes ata a Igrexa Parroquial de Santa María, acompañada pola Banda de Gaitas Dambara, de Burela.

14:00h Sesión vermú coa orquestra TRÉBOL no recinto das festas.

22:30h Verbena coas orquestras TRÉBOL e PANORAMA no recinto das festas.

MARTES 4 DE XUÑO · DÍA DA OFRENDA

12:00h Ceremonia da Ofrenda Floral no porto, en homenaxe ás persoas que o mar levou, a cargo da embarcación Salvamar Saturno da Cruz Vermella Burela.

Page 15: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

15

Si, por suposto, coa mesma ilusión que o ano pasado

Que desfruten un ano máis das festas con saúde e ilusion

Con nada, todo queda no mar. As flores que adornan a Virxe

depositámolas no mar, nun momento ademáis dos mais

especiais dado que é xusto no que lembramos a todos os que

xa non están con nós...

É a quen nos agarramos nos momentos mais difíciles no mar. Cando hai un problema grave

é a quen temos nos nosos pensamentos, quen nos da

confianza e fe en que o problema, sexa cal sexa, se

resolva. Sentimos como se fose con nós no barco, invisible pero sempre ahí, protexéndonos de

accidentes e outros perigos.(Virxe do Carme, axúdanos! Se

non es ti, quen nos vai axudar?)

Dende cando tedes o barco?

LEVAR A VIRXE

E streamos sección no libriño das festas. Que-

remos coñecer e facervos chegar a todos e todas o sen-

tir dos propietarios dos bar-cos que son elexidos por sorteo para levar a Imaxe da Virxe do Carme na súa nave.

No 2018 o elexido foi O PiFe, e falamos cos seus donos, Julio Fernández López e César Piñeiroa Vázquez.

Dende hai 15 anos

Levárades a Virxe nalgunha outra ocasión?

Non, esta foi a primeira vez

Emocionalmente, cómo vivides a tradicional procesión marítima?(Faltaríamos á verdade se non dixeramos que o brilo dos seus ollos di máis que ningunha palabra, unha expresión entre a devoción e o cariño)

Pois podedes imaxinarvos, é algo moi emotivo, unha emoción moi grande, é unha sensacion

de orgullo poder levar a Imaxe da Virxe un día tan especial e

poder sacala polas nosas costas arroupados por tanta xente no porto e co barco cheo tamén e

engalanado para a ocasión.

Quedades con algun recordo de habela levado? Flores ou algunha outra cousa?

Cal é a impotancia da Virxe do Carme para os mariñeiros?

Volveríades levala?

Hai anos era moita máis a xente que subía nos barcos durante a procesión, agora por seguridade limitouse moito. É mellor así? De feito, a moita xente lle gustaría ir nos barcos...

A verdade había moitos riscos, é facil ter un percance. Dende logo era moito máis especta-cular e a xente sentíase máis

implicada, pero as normativas buscan precisamente evitar

esos posibles problemas e isto supón unha procesión con

menos xente pero máis segura.

Algunha cousa para os lectores do libriño das festas?

Page 16: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

16

A FLOTA PESQUEIRA

EMBARCACIÓNS DE BAIXURA

Sempre Xiana Espadin DousAngel Manuel IAdrialex

Gonruben Costa de AfricaSpr FortunaNvo Villa de Llanes

Mar de Annea Raiña do MarO PadriñoCoral 7

Jormar Costa de LugoAxiñaNovo Estrella

Sapilo O cielitoEstrela da MariñaVirxen do Rocio

Page 17: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

17

PiFe Hermanos Mendaña Virxen da Blanca

O Cantiño Punta do Castro Plaia de Rueta

Faro de Ons Nuevo Bitácora Río Xunco

BUQUES DE ALTURA

Nuevo Eduma A GabeiraDepredador

Cabaliño CarlisCarmiñaCruz y Cristo

Rakali

Page 18: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

18

Raúl Primero Valle Fraga Adviento Uno

Tobalina Smpr. San Prudencio Isami

Nuevo San Juan Pachilan Siempre Perla

Idurre Berria Martinez Quelle Segmon

Galiana Segundo Jesús de GalianaSmpr. Nuevo Angel

Port of Ayr Nuevo LibertadAgorreta

Page 19: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

19

Maria Vidal Ribeira do Mar Franivan

Nuevo Ebenezer Punta dos Xuncos Nvo. Madre Rosaura

Llave de Burela Breogan UnoSiempre Bellavista

Mataleñas Segundo Breso UnoBreogan Tres

Vera Playa do Torno Playa de Ril

Siempre Revuelta Faro de Burela

Page 20: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

20

SECTOR PESQUEIRO E INDUSTRIA AUXILIAR

URBANO ROZAS · PESCADOS RODIL LOZANOPESCADOS MACIÑEIRA · PESCADOS PERONA

PESCADOS DESCAEXPORT · PESCADOS PITEROPESCADOS SANJURJO-BLANCO · PESCADOS PEPA

PESCADOS BLAS PARADELA · TECNAV S.L. EFECTOS NAVALES LATITUD · NOROESMAR

ADEXMAR · MARISCOS REGOMAR

Page 21: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

21

E ste ano non poderei estar en Burela na

fin de semana grande das súas Festas Patronais. Non é a primeira vez: os exa-mes e o traballo xa me privaron deste compromi-so noutras ocasións, inelu-dible na miña infancia e adolescencia. Aínda así, unha nunca remata de acostumarse a non estar aquí, na vila que me veu medrar, en datas tan sinaladas. Cando vivía en Burela, era o acontece-mento do ano. Significaba o adianto do verán, as primeiras saídas nocturnas da adolescencia, o quedar coas amizades para comer-nos o mundo. Ata había compañeiros de clase que poñían a conta atrás no encerado para crear hype, moito antes de que o termo fose acuñado no Youtube. A nosa vila, sem-pre pioneira. Tamén o foi na elección da fin de semana principal das Fes-tas: os mariñeiros querían honrar os seus patróns, a Virxe do Carme e San Xoán Bautista, pero as datas oficiais coincidían coa cam-paña do bonito. Signifi-caba isto que Burela non ía poder celebralo sen ter a meirande parte da familia en alta mar? De ningunha maneira. E así, as Festas Patronais de Burela convertéronse na data que dá inicio a todas as festividades estivais que veñen despois, sendo os seus días grandes a primeira fin de semana de

FAMILIA

xuño. Xusto antes de que os barcos marchen ao bonito. E pásanse en familia, que por algo decidimos que así fose.

Este ano, como xa dixen, non poderei estar nas Festas Patronais. As persoas que si teñan esa sorte celebrarán e lembrarán, xuntas, a xente coma min que non pode estar. E sabendo que, se fose posible, volverían mudar a data para cadrarmos todos e todas na vila. En familia.

Antía Yañez, escritora.

Page 22: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

22

HOSTALERÍA E RESTAURACIÓN

Page 23: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

23

EQUIPO DE PRIMEIRA

P ara o Pescados Rubén Burela FS este é un ano moi especial. O 4 de setembro

cumpriremos a maioría de idade, dezaoito anos de historia cuxos mellores momentos deportivos discorreron sempre rodeados do halo enfeitizado que inunda a vila burelá nas festas patronais, coincindo coa recta final ligueira.

Vivimos o fervor dos play off á daquela División de Honra da LNFS e acollemos a Copa de España Feminina 2011, en plenos festexos. Ademais tivemos o orgullo de brindar o dobrete histórico, co título de campioas de Liga 2012-13 e Copa de España 2013, como ofrenda á Virxe do Carme na emotiva e multitudinaria procesión do sábado. O noso último xesto de comuñón coa celebración máis importante de Burela ao longo de todo o ano vivímolo en 2016; tivemos a honra e privilexio de compartir a inmensa alegría do segundo título feminino de Liga, directamente dende o último partido da tempada, disputado na Rioxa, con centos de mariñáns que nos recibiron noutro dos

días grandes das festas, en pleno domingo, cunha explanada portuaria ateigada que cantou e bailou ao ritmo das Guerreiras Laranxas.

Que máis podemos pedir nesta unión tan especial coas patronais? Pois quizais que algún día o futsal tamén poida formar parte doutro dos grandes momentos das festas, que a maxia do esférico e do Espírito Laranxa poida quedar plasmada nas rúas da vila, nesa obra de arte efémera á que decenas de persoas dedican tantas horas e días previos para que Burela luza a máis Bonita do ano.

A Familia Laranxa deséxalles unhas fermosas festas a burelaos/ás e visitantes, porque como non podía ser doutro xeito o grande evento do ano que inaugura a xira festiva do verán na Mariña volverá deleitarnos co mellor do mellor.

Vémonos no campo da festa e agardá-mosvos a vindeira tempada en Vista Alegre para gozar, de novo por fin, do mellor fútbol sala feminino e masculino na élite.

Porque somos máis de Primeira ca nunca!!!!

Page 24: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

24

HOSTALERÍA E RESTAURACIÓN

BAR ESTACIÓN · DOCE LECER · RESTAURANTE ARENAL · A CASA DA AVOARESTAURANTE MESÓN O POETA

FOGAR, DECORACIÓN, BAZARES

BALTAR TEJIDOS · JOSÉ ANTONIO BURELA S.L. · DECORACIONES O DEDALMERCERÍA PACITA · BURELARTE · SILBE BURELA C.B. · COCIÑAS MASEDA

ELECTRODOMÉSTICOS QUELVI · ELECTRODOMÉSTICOS LESTAOCAPRICHOS · CRISTALERÍA CAO · MERCERÍA CORINA · IDEA DECORACIÓN

FERRETERÍA O PUENTE · FERRETERÍA O PENOURAL

FOGAR, DECORACIÓN, BAZARES

Page 25: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

25

F oi en setembro do ano 1997 cando o Concello de Burela emprendeu o ambi-

cioso proxecto de por en marcha a Escola Municipal de Música de Burela.

A filosofía da escola foi crear, a través da práctica instrumental, un espazo para a formación de agrupacións tanto vogais coma instrumentais que propiciaran unha futura labor de traballo en equipo que permitira levar a cabo diferentes proxectos musicais, nos que todos os membros da escola se viran implicados, creando deste xeito un impor-tante grupo humán que permitiu levar a cabo representacións tan importantes coma a que quero contarlles.

Un dos traballos máis destacados da escola é o curso interdisciplinar que se realiza no mes de Xullo, que ten unha vida de máis de dez anos, que sen restar importancia ao resto de actividades que se realizan ao longo do ano, representa a máxima expresión musical, xa que é cando preparamos obras musicais de creación propia, cun amplo espectro didáctico e formativo, conxugando nelas todas as especialidades instrumentais e vogais que se exercitan no noso centro.

Froito dese traballo e da experiencia destes anos, xurde a idea de dar entidade a eses proxectos e outorgarlles a relevancia que merecen dentro do ámbito académico e musical. Estou a falar da edición do libro-

disco A viaxe de Brandán.O traballo realizado pola orquestra e o

coro integrado por alumnos da Escola de Música de Burela, e alumnos e mestres doutras Escolas de Música da Mariña que colaboraron neste proxecto, coido que merece este recoñecemento de ser editado e difundido, e sería moi positivo que este fose o comezo doutros proxectos futuros.

Neste traballo mestúranse todos os valores que queremos sementar nos nosos alumnos, a dedicación, a constancia , o esforzo, o compañeirismo o traballo en equipo, e que sen darnos conta, foron creando un pouso que conseguiu que todos os intereses persoais se traduciran no interese colectivo, que foi dar o mellor de nos e sacar este traballo adiante con moito cariño e resolución.

Un traballo coma este supón un importante reto para todos, xa que tratamos de conxugar dentro dun marco de calidade, os sentimentos e emocións dos personaxes, dos actores e dos intérpretes, o que pon de manifesto ese grao de madurez que acadou a escola despois destes anos, ao conseguir que o principio polo que foi creada se vexa deste xeito superado e deixando esa semente transversal do culto ao esforzo e ao traballo xeneroso nas xeracións que por ela pasaron.

Xan Carballal. Director da Escola Municipal de Musica de Burela

A VIAXE DE BRANDÁN

Page 26: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

26

SECTOR DA CONSTRUCIÓN E RELACIONADAS

JORDI JORDÁ INSTALACIONES · CONSTRUCCIONES HNOS FRAGA CILLEROELECTROTEL · ELECTRICIDAD VÍCTOR · ALUMINIOS OS CASTROS

ELECTRICIDAD SANTIAGO · ALUMINIOS CRUZ DA VENTAELECTRICIDAD ANTONIO GIL ROUCO "PELÉ" · ALUMINIOS VILLARQUIDEMARMOLERÍA BURELA · CARPINTERÍA PERNAS · REVESPIN CANTÁBRICO

XANELA ARQUITECTURA · FINCAS MÓNICA · PINTURAS XURXOCARPINTERÍA A XANELA DE JUAN

Page 27: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

27

Q ue Burela é moita Burela e existiu desde sempre, diso os burelaos non temos

ningunha dúbida. Mais, é unha esaxeración dicir “desde sempre”? Segundo se mire e con matices.

Os especialistas atrévense a constatar unha ocupación relativamente intensa da nosa franxa litoral, nunha serie de asentamentos como son o castro do Cabo Burela, o castro de Chao do Castro e a Punta de Castrelo. Nesta última localización confirmouse, a teor dos restos descubertos, unha villa a mare, é dicir, un establecemento rural litoral vinculado ao medio mariño circundante, datado na temperá Idade Media (século IV). Quizais puidese ser este o xermolo da nosa Burela mariñeira.

Pero aínda queda por explicar o paso habitacional desde a liña de costa ao inmediato interior. Tense falado tanto de causas climatolóxicas como de ataques externos a través do mar. Despois de varios séculos de escuridade informativa, na segunda metade do século X hai constancia da villa de Burela, situada na ladeira do Monte Aquilar, entre os regatos Torrentes e Pomeda, e de que xa tiña unha economía mixta de

carácter agropecuario e mariño. Completaba o núcleo poboacional unha fortificación nas inmediacións do devandito monte chamada “Castelo Aquilar”. Dedúcese que a súa función podería ser só defensiva (contra as incursións normandas e musulmás) ou tamén que, engadise a esta función, a de actuar como elemento coordinador do territorio circundante.

No decurso do século XII ten lugar unha importante etapa de crecemento económico e social na área mindoniense; e no relativo a Burela, constátase a existencia da igrexa de “Santa María de Burela” e tamén un “villar”, produto dun proceso de ocupación e explotación do espazo periférico. Con estas dúas últimas unidades poboacionais temos xa as catro unidades básicas que, andando o tempo, configurarían os catro barrios característicos de Burela, e que seguindo unha orde cronolóxica son: vila, castelo, igrexa e o vilar.

Na segunda metade do século XV ten lugar outra alteración da fisionomía do entorno coa “aparición” dunha nova edificación: a “casa-torre”, “casa forte” ou “nova fortaleza señorial”. Os estudosos da materia consideran

BURELA, NÚCLEO DE RECENTE FORMACIÓN E SEN HISTORIA?

Page 28: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

28

SAÚDE, EDUCACIÓN, OCIO, MASCOTAS

KIOSKO MOROCHA · DIETÉTICA Y NUTRICIÓN ALBA VILAGINECÓLOGO GARFIA · LIBRERÍA AUMA · FAUNA BURELA

ORTOPEDIA DA MARIÑA · ROSA MARTÍNEZ · NOEL LÓPEZ PINÍNCOME & SANA DIETISTA-NUTRICIONISTA · VERBUM

CENTRO ÓPTICO DA COSTA · TOMÁS ÓPTICO · LIBRERÍA NOBELA LEIRA · GIMNASIO HAWK · AMBULANCIAS BURELA

AUTOESCUELA NÓS · CLÍNICA DAVID MARIÑAPARAFARMACIA ORTOPEDIA BURELA · LORENA DÍAZ

CENTRO DE ESTUDIOS ATENEA · CENTRO EDUCATIVO EUREKAENGLISH SCHOOL · JOSÉ LUIS MOURELLE FERNÁNDEZ

Page 29: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

29

que pode tratarse dunha “baixada ao chan” dos antigos recintos fortificados da Alta Idade Media, construídos entre as “penas bravas e os outeiros” e que agora, no novo período tardo-medieval, xa quedaran obsoletos. É máis que probable que esa casa-torre de Burela de Cabo estivese relacionada co control e coa defensa do porto e a súa actividade económica. Así pois, non parece ser casualidade que a primeira referencia gráfica coñecida do porto burelao se date en 1466, no portolano do cartógrafo italiano Grazioso Benincasa.

Constatados quedan xa os enclaves de Burela de Cabo e de Vilar, faltándonos o entorno da igrexa que foi medrando ao longo dos últimos séculos medievais ata configurar outro núcleo de poboación que, debido á súa localización entre os dous enclaves arriba sinalados, recibiu o nome de “Vila do Medio”.

A comezos do século XVI o porto posúe xa un marcado carácter mariñeiro coas súas casas, casares e casetas de pescadores; testemuñándose a partir de 1527, a captura de baleas. A grande importancia da actividade baleeira obsérvase na configuración dunha

infraestrutura especializada: a atalaia, levantada nun lugar empinado e alto, que servía para que os pescadores puidesen divisar as baleas que pasaban preto da costa, e tamén para rexistrar os ventos e incluso para a fortificación do porto. A caza de baleas combinábase coa pesca costeira da sardiña, polo menos ata finais do século XVII, cando tivo lugar a desaparición dos cetáceos destas augas.

Neste período, a vila de Burela xa se configura como un asentamento unitario que responde á seguinte estrutura polinuclear: Burela de Cabo, que é a sede do poder señorial local, simbolizado na súa torre; a Vila do Medio, que se converte no centro territorial e relixioso; o Porto, que irá canalizando aos poucos a actividade produtiva (Burela naceu mariñeira); e, finalmente, Vilar (o antigo villar tardo-medieval), un enclave periférico que posuía as mesmas características que Burela de Cabo; isto é, un pazo señorial, unha explotación agropecuaria, dous muíños alimentados polo regato de Pomeda e, por suposto, o souto de Cinoche. Eis os catro focos poboacionais que a rede viaria se

Page 30: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

30

ALIMENTACIÓN

CARNICERÍA ENRIQUE · CATERING TWITY · RASCA Y PICAFRUTERÍA MYFRUIT · PANADERÍA TRABADA

CARNICERÍA MONTE CASTELO · O LAGARPANADERÍA HÚCAR · CONGELADOS CÍES

Page 31: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

31

encargou de unir, con maior ou menor fortuna.Conforme avanzaban os séculos da Idade

Moderna, comezaba a darse unha diversificación de funcións na área portuaria onde vivían “persoas de distintos oficios e entre eles tamén labregos e artesáns”. Deste xeito, no ano 1787 contaba a parroquia burelá con 560 habitantes e 28 teares, que daban 3.096 varas de lenzo ordinario e 1.049 de estopilla. Pero como esta produción non abondaba para satisfacer a demanda local, apareceu entón a figura do comerciante ou “traficante en liño" que era importado de Castela. Parece que se trataba de labregos que, ao volveren da seitura en terras castelás, traían para as súas localidades varios cargamentos de liño.

E se nos fixamos agora nos pescadores desa área portuaria, cabe sinalar que durante o século XVIII a pesca principal dos portos mariñaos continuaba a ser a sardiña, practicada coa arte do xeito. Capturábanse tamén outras especies como a pescada e mais o congro e, en menor cantidade, a raia e o rodaballo. Porén, nun informe de 1789 relativo á pesca da sardiña no porto de

Burela, dise que non existen costeiras regulares que dean lugar ao proceso de salgado. As causas eran, por un lado, que se trataba dun porto situado en mar aberto (“no máis vivo da costa”) e, por outro, que a pesca só se practicaba no verán, empregando como cebo certos peixiños denominados gueldo, que había que ir buscar ás rías atlánticas ou a praias afastadas.

Non sucedía o mesmo co congro, o máis afamado da costa galaica segundo Cornide. Este peixe foi o protagonista de abundantes costeiras, que si posibilitaban o seu salgado ou, mellor dito, o seu “salpresado”, e dun importante comercio marítimo entre a Mariña e outros portos de España e de Portugal. Por vía terrestre, arrieiros e maragatos chegaban ata Burela e San Ciprián para cargar as recuas de congro curado con destino aos distintos mercados galegos e casteláns.

A partir do derradeiro cuarto do século XVIII as capturas vanse reducindo, ao tempo que diminúen tamén o número de embarcacións e de mariñeiros ou mareantes, que tal era a denominación que entón se lles daba. Recibían este nome os afiliados á

Page 32: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

32

TALLERES E AUTOMOCIÓN

NEUMÁTICOS MOTOR FE · TALLERES LORENZO ALFOZ · AM MULTIMARCAHERFRAUTO · PITBIKEGP.COM

MENCIÓN ESPECIAL ÁS FLORISTERÍAS

Page 33: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

33

organización gremial denominada Matrícula de mar que permitía o exercicio da pesca. Os que non estaban inscritos nesta organización, pero que alternaban os labores agrícolas coa pesca, chamábanse na linguaxe da época terrestres, existindo entre uns e outros unha rivalidade por facerse cos recursos do mar, que os agremiados reclamaban para si. O marqués de La Ensenada reestruturou durante o seu ministerio (ano 1748) a Matrícula de mar (creada polo ministro Patiño no ano 1737), prohibindo a pesca aos terrestres. Este feito concedía aos pescadores agremiados a explotación exclusiva do mar, pero a cambio debían prestar servizo nos buques de guerra do Estado desde os 17 ata os 60 anos. O masivo recrutamento de pescadores para a Real Armada, xunto co veto imposto aos terrestres, motivou o descenso no número de embarcacións, de mariñeiros e de capturas. En consecuencia, os portos de Foz, Burela e San Ciprián sumíronse nunha crise non só pesqueira senón tamén da industria de salga. As causas foron varias: deficiencias no aprovisionamento do sal –había que

fornecerse en Ribadeo ou en Viveiro, o que ocasionaba gastos considerables–, o mal estado dos camiños e, sobre todo, a falta de artellamento dos mercados galegos. Os mareantes, entre guerra e guerra, limitábanse a pescar por conta de armadores que lles mercaban a práctica totalidade das súas capturas; comercializando eles pola súa conta algunhas partidas de peixe, aínda que se trataba duns excedentes moi escasos debido á exclusión de parte do produto para os dereitos señoriais e os impostos reais.

A falta de brazos que realizasen as actividades pesqueiras e o desabastecemento dos mercados motivou que en toda Galicia, nomeadamente na provincia de Mondoñedo, que era a máis afectada, se erguesen continuas peticións ao Goberno para que levantase o veto imposto aos terrestres. A regulamentación “suavizouse” pola Real Ordenanza de Matrículas de Mar de agosto de 1802 a fin de atenuar a escaseza de mariñeiros para a pesca por mor da Guerra de Independencia, autorizándose en 1805 a admisión de non matriculados.

Ao entrar no século XIX, Burela era un

Page 34: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

34

SECTOR FINANCIEIRO E XURÍDICO-ADMINISTRATIVO

ASESORÍA MONICAR · MERCEDES RUBAL ABOGADA · SEGUROS AXAMARTA MARTÍNEZ PALEO ABOGADA · CARMEN FERNÁNDEZ RIVERANOCEDA ASESORES S.L. · CATALANA OCCIDENTE · 3A CONSULTORES

RODRIGO FERNÁNDEZ VILANOVA ABOGADO · NAIMAR GESTIÓN DE FINCASENCARNA BERNAL MARÍN ABOGADA · CECILIA GONZÁLEZ PITA ABOGADA

PABLO ÁLVAREZ RAMOS AVOGADO

TECNOLOXÍA, COMUNICACIÓN, ESPECTÁCULOS

INFORMÁTICA ELIAS TIMIRAOS · BEEP BURELAVODAFONE BURELA · LUCKIA.ES APUESTAS · COMPUTER 3 S.L.ONLINE INFORMÁTICA · TECNO GALAEQUIA · FOTO MARILÓ

A VAQUIÑA POLO QUE VALE · MARCO ABAD FOTOGRAFÍA

Page 35: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

35

pequeno porto onde a pesca da sardiña podía considerarse en 900 millares anuais e a do congro en 300, e os seus mariñeiros só se dedicaban á pesca cando ía bo tempo. A raíz disto, resulta moi evidente o atraso desta zona con respecto á costa atlántica.

Durante os anos 1879, 1880 e 1881 a pesca da lagosta adquiriu un importante protagonismo nos portos do Cantábrico, verificándose entre os portos do Vicedo e de Burela, nunhas 12 millas de costa marítima; chegando a pagarse por cada peza viva un mínimo de cinco reais. A prensa da época fíxose eco dos graves prexuízos que ocasionaría esta pesca indiscriminada. Despois de continuadas protestas, unha orde do comandante de Mariña do porto de Ribadeo prohibe a pesca da lagosta durante a época de cría (o mes de abril aproximadamente). O detalle anecdótico é que os pescadores locais “andaban á lagosta” única e exclusivamente para vendela aos franceses, posto que no mercado interno non tiña ningunha aceptación. En Burela, durante esta época, chegou a funcionar unha cetaria dedicada exclusivamente ás lagostas. Alí

agardaban estes crustáceos a chegada dos balandros franceses. Non obstante, a principal captura, realizada durante os meses de primavera e de verán, continuaba a ser a sardiña, mentres que o outono e o inverno quedaban para a pesca dos budións.

As embarcacións ancoraban ao abrigo duns escollos naturais que sobresaían do mar, ao comezo da praia. Cando os temporais se intensificaban contra a costa, os mariñeiros acudían para protexer as súas embarcacións sobordándoas na praia. Perante a carencia dun refuxio permanente e seguro, os seus propietarios optaron por levalas a invernar aos portos naturais de Foz e de San Ciprián, abrigados de seu, a diferenza do de Burela que estaba moi metido no mar aberto. Habería que esperar ata o primeiro terzo do século XX para a construción do porto, pero o que importa é que a base mariñeira da nosa vila xa estaba sementada, malia que os nosos mariñeiros non o fosen a tempo completo. Cuestión de agardar.

Herminia Pernas Oroza, doutora en xeografía e historia pola USC e mestra de secundaria

Page 36: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

36

MODA E ESTÉTICA

EL MUNDO DE SOFÍA · CHAMORRO · MARTA BARCALAPELUQUERÍA PEINETES KERSA · NEW STYLE · PELUQUERÍA ROSANA

KAROA MODA · ZALO MODA · FRAGANCES & COLORSPELUQUERÍA ALBORADA · DON ZAPATO · LA 5ª DE CATYCRIS

JATAY SPORT · PELUQUERÍA MARIBEL · 28 BARBERCENTRO DE ESTÉTICA PATRICIA MON · PICHI SPORT

JOYERÍA KESARYS · SABRINA MODA · PELUQUERÍA INNOVACORTENOVO PELUQUEROS · MIMITOS · ZAPATERÍA MERISSELL

NUNA BELLE · ORIENTALIS BURELA · PELUQUERÍA LOLA · ISABELLAPELUQUERÍA ELENA VARELA · JOYERÍA PORTO

PELUQUERÍA NAZA TEIJEIRA · EL Y ELLA · BATTYKANOABELLA JOYERÍA · REINVENT EQUIPO DE ESTILISTAS

Page 37: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

37

A Coral Polifónica de Burela é unha agrupa-ción mixta formada na actualidade por 36 voces. Constituíase o 18 de agosto de 1987 por iniciativa dun entusiasta grupo de afecio-nados ó canto coral. Logo dun intenso ano de duros ensaios tiña lugar a súa presentación ó público no Cine Mon de Burela, o 21 de Maio de 1988. Os seus fins son a difusión e interpretación da música coral nas súas vertentes de Polifonía Clásica, Relixiosa, Folclórica, Popular e Contemporánea.

É moi extensa a súa participación por toda a xeografía Galega e Asturiana, actuando tamén con frecuencia por Castela e León. Son destacables tamén actuacións en Euskadi e nas televisións públicas TVE e TVG.

Entre as súas diversas iniciativas destacan a organización dos Concertos de Zarzuela, onde actúa en conxunto con outras forma-cións de canto e de música; o festival anual “Letras Galegas” en Maio, que coincide co seu aniversario da Presentación ó público; e o clásico anual “As Panxoliñas” en Decembro.

Tamén destaca a presentación dun álbume en formato CD o 14 de decembro do 2007 tiña lugar, editado por Clave Records e gravado en abril do 2006 na igrexa parroquial

de San Román de Vilaestrofe (Cervo).Na celebración do seu XX ANIVERSARIO,

o 3 de Maio de 2008, reúnen por vez primeira nun mesmo concerto a tódalas corais da Mariña Lucense: Coral Polifónica de Ribadeo, Orfeón da Sociedade de Obreiros de Mondoñedo, Coral Polifónica de Foz e Coral Polifónica Alborada de Viveiro; nun acto musical moi importante e sen precedentes.

A Coral Polifónica de Burela estivo dirixida por D. Secundino Rodríguez Pérez ata Outubro de 1989, ano no que se fai cargo da dirección D. Higinio Pérez Bustabad durante dez anos ata Febreiro de 1999. A partir desta data é dirixida por D. Delio Represas Carrera, profesor do Conservatorio de Viveiro. Dende novembro de 2005 ata decembro do 2011 comparten as tarefas de ensaio e dirección D. Delio Represas Carrera e D. Felipe Sánchez Fernández, sendo D. Felipe Sánchez Fernández, matrícula de honra no grao Superior da especialidade de guitarra, quen dirixe a Coral ata Xaneiro do 2018.

A partires desta data e ata a actualidade, a dirección está a cargo de D.  Iván   Vale Fraga.

CORAL POLIFÓNICA DE BURELA

Page 38: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

38

NEGOCIOS ESPECIALIZADOS

ADMINISTRACIÓN DE LOTERÍAS · TINTORERÍA LAVANDERÍA O PARQUEO ZAPATEIRO · TINTORERÍA O FARO · CEREZO BIKES

S.A.T. FERNANDO · FORESTAL VIVARIENSE S.L. · VIAJES ECUADOR

OUTROS AGRADECEMENTOS

A tódalas persoas, asociacións, colectivos, empresas e institucións que axudan, en maior ou menor medida, a levar a cabo as Festas Patronais de Burela 2019; especialmente a aquelas que preferides permanecer no anonimato e a aquelas empresas que por colaborar mediante doazóns non figuran neste libriño.

Sen vós, todo sería moito máis difícil.

PARTICULARES COLABORADORES

ÁNGELES CHAO REGO

Page 39: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

39

REFRANEIRO DO MAR

Non comas lamprea que ten a boca fea Trata en sardiña e comerás galiña

Do mar o salmón e da terra o lacónGolfiños a choutar, acaba o calmo no marAs estrelas a brilar, mariñeiros para o mar

Chuvia de morriña, nin peixes nin fariñaNordés escuro, vendaval seguro

A miñoca é a que engana, non o pescador nin a canaA lancha rota calquera vento lle ven en contra

Cando o capitán fala suave, mal lle anda á naveNéboa no Castelo, sardiña no garabelo

Page 40: O LBRIÑO DAS F · BOAS E FELICES FESTAS! Pregoeiras 2019. Mulleres do Mar. 8 Deixando atrás as celebracións do 25 aniversario que aconteceron no 2018, poñémonos mans á obra

GRANDES PATROCINADORAS