O LIBRO DOS AVÓS

18
PABLO SOAGE OTERO A miña avoa chámase Carmen. Vive en Ardán e ten 77 anos. Durante a súa mocidade traballou moito no campo. Quedou viúva moi nova con 7 fillos. Ten moitos problemas de saúde polo que vive co seu fillo maior. Gústalle moito os animais. LUCÍA PORTELA FERNÁNDEZ O meu avó paterno chámase Ricardo. Ten 54 anos, traballa de torneiro nun taller de Marín. Tamén axuda á miña avoa Mucha no bar. Gústame cando chega a época da vendima, para acompañalo e logo, pisar as uvas, cando imos facer o viño. Os avós son importantes porque ensínannos, edúcannos e tamén nos malcrían con mimos e agarimos.

description

Libro dos avós

Transcript of O LIBRO DOS AVÓS

Page 1: O LIBRO DOS AVÓS

PABLO SOAGE OTERO A miña avoa chámase Carmen. Vive en Ardán e ten 77 anos. Durante a súa mocidade traballou moito no campo. Quedou viúva moi nova con 7 fillos. Ten moitos problemas de saúde polo que vive co seu fillo maior. Gústalle moito os animais.

LUCÍA PORTELA FERNÁNDEZ O meu avó paterno chámase Ricardo. Ten 54 anos, traballa de torneiro nun taller de Marín. Tamén axuda á miña avoa Mucha no bar. Gústame cando chega a época da vendima, para acompañalo e logo, pisar as uvas, cando imos facer o viño. Os avós son importantes porque ensínannos, edúcannos e tamén nos malcrían con mimos e agarimos.

Page 2: O LIBRO DOS AVÓS

ALEXANDRA POUSADA RÍOS A miña avoa chámase Isolina Iglesias Sánchez. É unha muller de 52 anos, de pequena estatura e algo regordecha. É moi boa, cómprame moitas cousas e lévame ao parque. A miña avoa foi moi pouco á escola, antes os rapaces non podían estudar tanto como agora, non tiñan esa sorte. O primeiro traballo que tivo foi o de limpadora dun hotel, alí limpaba as habitacións. A miña avoa sempre se dedicou a limpar: ou casas ou hoteis. Ela, cando eu nacín alegrouse moito e díxome que cando fóra máis maior íame ensinar moitas cousas. O primeiro que me ensinou foi a facer unha cama, despois a lavar a louza para así poder axudar a miña nai. Para min a miña avoa é moi importante porque me quere moito, cómprame moitas cousas e con ela paso momentos moi bos.

HUGO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ Os meus avós Pepe Luís e Matilde dedicábanse a pescar ameixas nunha barca. Os meus avós ensináronme como pescaban, a coidar os animais, a coller ovos, a coller galiñas... Os meus avós son importantes porque xogan comigo, ensínanme cousas, poden coidarme cando mamá e papá non están e porque os quero moito.

Page 3: O LIBRO DOS AVÓS

HUGO GONZÁLEZ COSÍO O meu avó chámase Enrique e traballa na casa arrancando as uvas das viñas, plantando patacas, cebolas, cenorias e pementos e cortando as árbores que están secas na finca. O meu avó ensinoume a arrancar as uvas da viña e a plantar patacas. O meu avó é importante porque cando a miña nai ten que ir traballar, queda comigo e lévame xogar os partidos e porque é moi bo comigo.

CARMEN VILLAR CASTRO As miñas avoas chámanse Teresa e Nieves. Cando era nova, a miña avoa Teresa traballou na fábrica de Alonso e facían conservas; e a miña avoa Nieves traballou no restaurante Simón facendo comidas e coidando nenos. Cando casaron, coidaron dos seus fillos e limpaban a casa. Os meus avós chámanse Salvador e Ramón e os dous empezaron a traballar sendo moi novos no mar para axudar aos seus pais. A miña avoa Teresa ensinoume a xogar ao parchís, á raposa e á escoba. Meu avó Salvador lévame con el a buscar os ovos que poñen as galiñas. O meu avó Ramón tráeme percebes. Os meus avós son moi importantes porque me coidan cando miña nai vai traballar e cando estou enferma. Sempre están preocupados por min e polo meu irmán Dani.

Page 4: O LIBRO DOS AVÓS

MARINA VIDAL DE LA TORRE A miña avoa dende ben cativiña ía pastar coas ovellas. Máis maior foi traballar á fábrica de conservas Massó. Ensinoume a regar as plantas e a aforrar cartos. As avoas son moi importantes porque é son as nais das nosas nais e hai que querelas moito. As avoas tamén nos queren moito e ás veces cando miña nai non pode quedar comigo quedo coa avoíña. Por iso quero tanto á miña avoa Aurora.

FRANCISCO SANTOS CABANELAS A miña avoa traballou na fábrica de conservas Alonso. O meu avó traballou de mariñeiro toda a súa vida. Ensináronme a cortar o peixe e coidar as cousas. Os meus avós son importantes para min porque me axudan a facer deberes, son bos comigo e porque os quero moito.

Page 5: O LIBRO DOS AVÓS

IRIA ESTÉVEZ JUNCAL A miña avoa chámase Carmen. Naceu no ano 1929. Empezou a traballar con 8 anos. Traballou no campo, tamén vendeu peixe na praza e traballou na fábrica de Alonso dende os 13 anos ata os 19. A miña avoa traballou en Brasil, Francia e no País Vasco, logo volveu a Bueu onde montou unha tenda de ultramarinos. Gustoulle moito o seu traballo en Brasil, onde facía tubos para as medicinas. Aínda que o normal era ter xefes no traballo, a miña avoa tivo xefas no Brasil e en Francia. Eu pregunteille a miña avoa cal sería o traballo que lle gustaría facer se volvese traballar e ela díxome que lle gustaría volver traballar no campo. Cando eu era pequena, ela ensinoume a bailar e a cantar e hai pouco ensinoume como estudaba ela as táboas de multiplicar. Eu quérolle moito e gústame estar con ela. É moi boa comigo coa miña irmá, quérenos moito. Para min a miña avoa é moi importante porque me da agarimos e é a única avoa que me queda. Tamén me conta historias e me fala da miña outra avoa e do meu avó.

Page 6: O LIBRO DOS AVÓS

ANTÍA NOVAS ARRIBAS Os meus avós de Bueu traballan na praza e os de Pontevedra nunha librería. A miña avoa Marité tamén chamada Emérita de Bueu, ensinoume a escoller o peixe na lonxa. Loli, a avoa de Pontevedra, ensinoume a debullar o millo e a plantar unha planta. Os avós de Bueu son importantes porque se non fora por eles, estaría soa na casa cando os meus pais estiveran traballando e non comeriamos moito pescado. Os avós de Pontevedra son importantes xa que grazas ao meu avó Ignacio teño moitísimos libros e grazas a Loli non sabería plantar plantas.

MARCOS OTERO VIDAL A miña avoa sempre traballou coidando dos seus fillos e tamén nas fincas. Eu aprendín a rirme con ela. É moi graciosa e cóntame moitas historias. A avoa é moi importante. Coida de min cando fai falta e é unha persoa moi sabia pola vida que levou.

Page 7: O LIBRO DOS AVÓS

PABLO VILLANUEVA ENTENZA Teño un avó e unha avoa. O meu avó chámase Agus e sempre traballou no mar, uns anos nas plataformas e outros nos barcos de pesca. Agora está xubilado, ten 73 anos. El é moi manitas, gústalle facer cousas en madeira, tamén pequenas obras. Cando eu era pequeno ensinoume a martelar e a facer cemento, tamén me deixa facer o viño e probalo co dedo, outras veces vou con el no tractor e me deixa agarrar o volante. A miña avoa chámase Emilia e ten 68 anos. Sempre foi ama de casa e traballaba no campo.

Para min os dous son importantes e cando non están bótoos de menos, sabedes por qué? PORQUE SON OS MEUS AVÓS!!! JULIO PASTORIZA GALLEGO A miña avoa Marisa traballou en conservas Massó. Logo tivo unha tenda de ultramarinos na súa casa. Os meus dous avós foron mariñeiros. A miña avoa Fita traballa na fábrica de conservas Alonso en Castiñeiras. O meu avó Agustín e a miña avoa Marisa ensináronme a labrar a terra, sementar e recoller patacas, debullar o millo, vendimar, plantar tomates... A miña avoa Fita ensinoume a xogar ó burro e a botarlle de comer ós pitos. O meu avó Julio ensinoume a facer nudos cos cabos, a embarcar no barco, a conducir a lancha e a bogar. Os meus avós son importantes porque nos ensinan cousas que non sabiamos e ademais nos coidan e nos queren moito.

Page 8: O LIBRO DOS AVÓS

RAMÓN SEBALD O meu avó é xefe dunha pequena empresa en Alemania. A miña avoa traballa nunha casa con can e piscina. O meu avó ensinoume a pescar peixes e a miña avoa ensinoume a montar a cabalo. Os meus avós son importantes porque xogan todo o día con nós e aprendemos deles, cóntannos contos do pasado. E pola súa idade saben moitas cousas que os máis novos non sabemos.

LUNA MORÁN MANCHEVA A miña avoa traballou durante moitos anos como contable nunha empresa gobernamental. Máis tarde empezou a dedicarse á música como cantante. Ela canta moi ben. Cantaba en bautizos, vodas... A miña avoa Lili ensinoume a facer moitas cousas como por exemplo cociñar “Lutenica” que significa Ketchup feito na casa e “mequici”. Tamén ensinoume como plantar as flores e facer té de rosa. A miña avoa é moi importante para min porque xoga moito comigo e sempre nos divertimos. Tamén me quere moito e me leva a moitos sitios.

Page 9: O LIBRO DOS AVÓS

LÍA MENDUÍÑA OTERO Os meus avós Carmiña e Xosé emigraron de recén casados a Holanda en busca de traballo. Alí estiveron moitos anos e tiveron a miña nai e ao meu tío Mando. Carmiña traballaba limpando as oficinas das “Hoogovens” (Altos fornos) onde o meu avó Xosé traballaba fundindo o ferro para convertelo en placas. Hai uns anos a miña avoa e a miña nai volveron a Galicia, que é onde nacín eu. Como a miña nai traballa, paso moito tempo coa miña avoa Carmiña e o meu avó Luís. Como a miña avoa foi redeira antes de ir a Holanda, ás veces poñémonos a coser xuntas. Encántame pasar tempo cos meus avós, eles quérenme moito, mímanme e danme agarimos.

PABLO E ADRIÁN PIÑEIRO PIÑEIRO O noso avó eran mariñeiro. A nosa avoa ama de casa. A nosa avoa ensinounos a plantar patacas, legumes e coidar os animais.

Page 10: O LIBRO DOS AVÓS

BORJA LÓPEZ MARTÍNEZ O meu avó chámase Manolo. Naceu en Bueu en 1931. Empezou a traballar de mariñeiro co seu pai en Bueu. Estudando moito foi capitán dun barco moi grande. O meu avó ensinoume a xogar ás damas e tamén ás cartas. Facíame unha espada, un tirabolas e un gran barco. Os meus avós son moi importantes porque nos coidan e nos contan historias.

CANDELA ESTÉVEZ TORRES A miña avoa traballou de peixeira, ía a Vigo e tíñase que levantar moi cedo. O meu avó ía pescar e miña avoa vendía os peixes. A miña avoa ensinoume a facer a comida, a dobrar a roupa... É moi importante porque fai ben as cousas e porque lava moi ben.

Page 11: O LIBRO DOS AVÓS

MARTÍN BARCIA OTERO Os meus avós traballaban no mar dende moi novos, marchaban por moito tempo. Era un traballo moi duro pero eles tiñan moita forza para levalo a cabo. O meu avó Manolo preparaba as redes para poder coller o peixe. Meus avós ensináronme a saltar á corda e a ler mellor. Os meus avós son importantes porque axudan aos meus pais, cóntannos historias moi interesantes e apréndennos cousas novas.

ÁNGEL LÓPEZ FIEL A miña avoa é ama de cas porque tivo 6 fillos. O meu avó sempre andou no mar de altura, el era xefe de máquinas. O meu avó ensinoume a levantar o balón. Meus avós son importantes porque son os pais de miña nai, cóidanme e ás veces, como na súa casa.

Page 12: O LIBRO DOS AVÓS

INÉS DA SILVA RIVERO O meu avó Antonio traballou facendo escavacións. A miña avoa Mercedes é ama de casa, ademais de cultivar a horta e criar algún animal. Os meus avós ensináronme a darlles de comer as galiñas a recoller os ovos, algún xogo e cancións. Meus avós son importantes porque me coidan, danme agarimo e xogan comigo.

LUCÍA BARREIRO DOMÍNGUEZ Os meus avós hoxe en día traballan na pesca. A miña avoa traballou na fábrica e a outra na limpeza.

Page 13: O LIBRO DOS AVÓS

INÉS BRIÓN MARTÍNEZ Son unha nena afortunada porque teño os dous avós e as dúas avoas. Os meus avós foron os dous mariñeiros de altura e as avoas traballaron na fábrica de Massó. Paso pouco tempo con eles, pero cando os visito, gústame botarlles de comer aos animais (porcos, galiñas...) Tamén me ensinaron a debullar espigas de millo. Os meus avós son importantes porque o paso ben con eles, fago cousas distintas que o resto dos días e aprendo algo novo.

AITOR BUDIÑO FRANCO Os meus avós chámanse Amalia e Rafael. A miña avoa traballa na finca e traballa na casa, fai comida, limpa, planta patacas, cebolas e coida animais. O meu avó con 11 anos xa traballaba de canteiro co seu pai, tamén cociñaba e aos 20 anos foise á mili. Tamén traballou como padexeiro cunha máquina escavadora e así coñeceu a miña avoa e por último foi traballar a un banco, cando tiña 26 anos. A miña avoa ensinoume a plantar e ensinoume a cociñar. O meu avó ensinoume a regar, a arranxar cousas e facer enxertos nas árbores. Os meus avós son importantes porque me levan a adestrar, cóidanme e danme cariño.

Page 14: O LIBRO DOS AVÓS

BREIXO REY PIEDRAS O meu avó José foi mariñeiro toda a súa vida ata que se xubilou. Comezou a ir ao mar aos catorce anos, traballou na ría un tempo, logo marchou navegar polo mar lonxe. Percorreu moitos países, algúns deles en África, onde atopou fame e miseria. O avó ensinoume dende pequeno a xogar e a falar e tamén lévame de paseo ao monte e collemos castañas e leña. Para min os meus avós son importantes porque me coidan e tamén porque son os pais da miña nai.

HÉCTOR ALDAO AMOEDO O meu avó Manolo traballou na conserveira de Massó e ensinoume a facer viño. A miña avoa Carmen traballou na casa e no campo. Ensinoume a facer viño. O meu avó José traballou de taxista. A miña avoa Mercedes traballa en casa e como costureira. Os meus avós son importantes porque nos coidan e nos queren.

Page 15: O LIBRO DOS AVÓS

MIGUEL GIRÁLDEZ GONZÁLEZ Antes os homes ían traballar moi novos. Meu avó rematou o cole en 5º e tivo que ir traballar de albanel. Despois foi facer pozos con dinamita e con 18 anos fixo náutica e foi ao mar de engraxador. Tamén traballou con camións de construción e autobuses. Agora é bombeiro forestal. Miña avoa foi coser e atendía a casa, os fillos e as tarefas do campo. Os meus avós ensináronme a valorar as cousas que temos porque eles non as tiveron e a facer fariña co millo. Os meus avós son importantes porque sen eles non existiriamos, porque traballaron moi duro para nós vivir mellor e porque sempre están aí para dar consellos.

HUGO FREIRE LORES O bisavó Benito era moi bo. Aos 13 anos comezou a traballar, aos 18 marchou para a guerra de España na que estivo 7 anos ata que o licenciaron. Estivo traballando nun camión de mercancías. Casou aos 30 anos e seguiu traballando. Chegou a ter dous camións. No ano 1968 colleu a distribuidora de butano facendo reparto por moitos sitios. Morreu o 13 de febreiro de 2006.

Page 16: O LIBRO DOS AVÓS

SERGIO MACÍAS PAZOS O avó Fernando era mestre e a avoa Margot era ama de casa. Eles ensináronme a tocar o piano e a debuxar cadros. Os meus avós son importantes porque sen eles non existiría e porque me coidan e me ensinan cousas.

GIOVANNA CASTRO PIÑEIRO O traballo da miña avoa foi encargarse da limpeza da discoteca Paraíso. Ensinoume a cantar e a lavar a man a roupa. Os meu avós son importantes porque son os pais dos meus pais e porque sempre están aí cando os necesito.

Page 17: O LIBRO DOS AVÓS

TANIA BARREIRO GONZÁLEZ O meu avó paterno chamábase Xerardo. Faleceu cando eu era moi pequena e xa non me acordo moito del. O seu traballo sempre foi no mar, pescando. Cando se xubilou facía traballos na casa: ía por leña ao monte ou arranxaba cousas. A miña avoa paterna chámase Concha. Traballou na conserveira de Alonso. Tamén traballou limpando unha casa no campo, plantando patacas, cebolas... Actualmente está xubilada pero aínda segue traballando na horta. O meu avó materno chamábase Xosé. Eu non o coñecín porque faleceu cando a miña nai era aínda unha adolescente. Traballou nun barco de altura como xefe de máquinas, era o encargado de que todo funcionara ben. Botaba moitos meses fóra da casa e cando chegaba gustáballe facer traballos no garaxe, onde tiña todas as ferramentas. A miña avoa materna Carmen traballou cando era nova, ata que tivo a miña nai, na fábrica de Massó. Ela limpaba e lavaba o peixe para poñelo nas latas que despois de tapadas e seladas metíanse nos fornos. Hoxe traballa limpando nunha casa, ademais de traballar na horta e coidando aos netos. A relación máis especial é coa miña avoa materna Carmen porque vivo debaixo da súa casa e me coida dende pequena. Ela ensinoume a facer moitas cousas: leo contos con ela, fago empanadas, preparo a mesa para comer, traballo na horta... Pero todos os avós son importantes porque nos ensinan a convivir en familia, axúdanlles aos nosos pais a coidar de nós e porque nos contan historias vividas por eles.

Page 18: O LIBRO DOS AVÓS

ÁNGELA CASÁS ROMERO A miña avoa Lauri foi carniceira e tivo tamén unha tenda de lambetadas. Coidou de min mentres miña nai ía traballar. O meu avó chamábase Adelino e era mariñeiro. Eu non cheguei a coñecelo, morreu antes de que eu nacera. Os meus avós paternos son José Luis e Mari Luz. O meu avó era mariñeiro e a miña avoa era costureira e ama de casa. Eles ensináronme a comer, andar, falar, traballar, debuxar, pintar, respectar ás persoas maiores, xogar, compartir cos demais...

Os meus avós son moi importantes porque eles danme todo o seu cariño e amor. Cóntanme historias e ensínanme todo o que saben. CRISTIAN FERRADÁS GONZÁLEZ Eu teño catro avós. Os meus avós paternos chámanse Eligio e Belén. O avó Eligio dedícase a pesca de baixura (polbo) e a miña avoa Belén traballaba na fabricación de conservas. Os meus avós maternos chámanse Lola e Rafa. O avó Rafa dedícase a pesca de altura(bacalao) e a miña Lola dedicábase a limpeza dos montes. Cos meus avós aprendín a facer nasas, a manter limpos os montes e comprobei que estes traballos son moi duros. Os meus avós son moi importantes para min porque me dan moito cariño, cóidanme cando meus pais non están, edúcanme...