O magosto. a castaña en Galiza

18
Castañas O Magosto

description

O Magosto. Traballo elaborado polo alumnado de 3º ESO IES Elviña. Curso 2013-2014.

Transcript of O magosto. a castaña en Galiza

Page 1: O magosto. a castaña en Galiza

Castañas

O Magosto

Page 2: O magosto. a castaña en Galiza

Castañas de Galicia

• A denominación Castaña de Galicia resérvase aos froitos obtidos a partir dos cultivares autóctonos galegos do castiñeiro europeo (Castanea sativa, Mill) destinados ao consumo humano e comercializado en fresco ou conxelado.

• Localización: o ámbito espacial da indicación xeográfica protexida comprende o territorio galego que se atopa delimitado ao oeste pola Dorsal Central Galega e pola Serra do Xistral no norte.

Page 3: O magosto. a castaña en Galiza

Souto de Valguaire (Ribeira Sacra) con castaños milenarios

Page 4: O magosto. a castaña en Galiza

• A zona de cultivo e recolección abrangue:

• Provincia da Coruña: a Terra de Melide e os concellos de Arzúa e Boimorto.

• Toda a provincia de Lugo (a excepción da Mariña)

• A totalidade da provincia de Ourense.

• Provincia de Pontevedra: comarcas do Deza e de Tabeirós-Terra de Montes, os concellos de Cotobade, A Lama e Campo Lameiro e Cuntis

Page 5: O magosto. a castaña en Galiza

Castañas de Galicia

• Características: • Pericarpio fino, de cor marrón clara e

brillante.• Epispermo (membrana) fino que

penetra lixeiramente na semente e que se separa facilmente ao pelar a castaña.

• Sabor doce e textura firme non fariñenta.

• Humidade: unha vez colleitado, o froito terá entre o 50 e 60% de humidade.

Page 6: O magosto. a castaña en Galiza

Souto de Valguaire (Ribeira Sacra) con castaños milenarios

Page 7: O magosto. a castaña en Galiza

Castañas na ouriceira

Page 8: O magosto. a castaña en Galiza

O magosto

• Realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas atrasouse ata o día 11, san Mariño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa de outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas.

Page 9: O magosto. a castaña en Galiza
Page 10: O magosto. a castaña en Galiza

O magosto

• Celebrábase tradicionalmente nun claro do mesmo souto, comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas. Facíase unha ou varias fogueiras con paus e frouma para conseguir brasas dabondo para asar as castañas; outras veces era na eira ou nun rueiro amplo, cos vellos na cociña da casa e os mozos na rúa. Era costume que as mozas trouxeran as castañas e os mozos o viño, noutros casos os mozos achegaban todo e as mozas ían convidadas.

Page 11: O magosto. a castaña en Galiza
Page 12: O magosto. a castaña en Galiza

O magosto

• Aínda que había que picar (ou sinalar) as castañas antes de botalas nas brasas, non faltaba quen botaba algunha enteira, para que estoupase na cara de quen as andaba a remexer, cousa que os participantes celebraban lanzando aturuxos. Por fin, no remate da festa, os máis rapaces xogaban a tisnarse coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e adultos cantaban, bailaban e saltaban a fogueira.

Page 13: O magosto. a castaña en Galiza

Souto de Valguaire (Ribeira Sacra) con castaños milenarios

Page 14: O magosto. a castaña en Galiza

O magostoorixes

• Existen varias teorías para explicar a etimoloxía da palabra. Hai quen a fai vir do latín magnus ustus, gran fogueira, dentro dos cultos do lume que, como a noite de san Xoán, marcaban o paso das estacións; outros, de magnus, que signficaría ou ben magno, grande ou ben mago, maxia; e outros do celta mag, campo ou magon (grande luz).

Page 15: O magosto. a castaña en Galiza
Page 16: O magosto. a castaña en Galiza

O magostoorixes

• En calquera caso existe coincidencia en considerar os magostos como unha festa de orixe pagá, relacionada coa fecundidade e o folclore do lume que marca o paso dos ciclos agrícolas, a modo de simbolismo de peche do ciclo solar. Como aconteceu con outras festividades pagás, terminou sendo cristianizada asociándoa ós Santos e Defuntos ou a San Mariño de Tours.

Page 17: O magosto. a castaña en Galiza
Page 18: O magosto. a castaña en Galiza

•As castñas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro•Castañas, noces e viño fan a ledicia de San Martiño•Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño•Fiate nas castañas asadas, que se estoupan sairanche á cara•Polo san Mariño, castañas e viño.•Se o mes de agosto ben claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado poucas castañas e nabos furados.•Acabáronse as vendimas/ e veñen as esfolladas/ para comer coas mozas/ catro castañas asadas.•Non chas quero, non chas quero/ castañas do teu magosto/ non chas quero, non chas quero/ que me cheiran ó chamosco.

Refraneiro e cantigas