O MEDIO INTERNO - edu.xunta.gal · Células sanguíneas: Nós somos a parte sólida do sangue,...

12
O MEDIO INTERNO Estou formado polo conxunto de líquidos que rodean as células do organismo. Encárgome de: Darlle os nutrientes e o osíxeno que necesitan Recoller os refugallos que lles sobran O bo funcionamento das células depende de que me manteña constante, é dicir, de que non varíen as miñas propiedades (composición, temperatura, etc). A este proceso, do que se encargan os distintos aparellos do organismo, chámanlle os científicos homeostase ¡que palabra tan rara!. Debo renovarme continuamente para que non se esgoten os nutrientes e para evitar que os produtos de excreción se acumulen. Isto consígoo grazas ao sangue que é o encargado do suministro e da retirada do que fai falta. Os líquidos que me forman son tres. Eles falarán do seu labor: Plasma intersticial : Estou entre as células. Orixínome a partir do sangue que se filtra a través das finas paredes dos capilares sanguíneos. A miña función é defensiva e nutritiva. Sangue : Son o medio de transporte de substancias que discorren polo interior dos vasos sanguíneos Linfa : Son un líquido formado a partir do plasma intersticial. Circulo polos vasos linfáticos, uns condutos que, despois de percorrer gran parte do organismo, desembocamos nos vasos sanguíneos.

Transcript of O MEDIO INTERNO - edu.xunta.gal · Células sanguíneas: Nós somos a parte sólida do sangue,...

Page 1: O MEDIO INTERNO - edu.xunta.gal · Células sanguíneas: Nós somos a parte sólida do sangue, atopámonos nunha propoción dun 45%. Formámonos na médula vermella, que se localiza

O MEDIO INTERNO

Estou formado polo conxunto de líquidos que rodean as células do organismo. Encárgome de: • Darlle os nutrientes e o osíxeno que necesitan • Recoller os refugallos que lles sobran O bo funcionamento das células depende de que me manteña constante, é dicir, de que non varíen as miñas propiedades (composición, temperatura, etc). A este proceso, do que se encargan os distintos aparellos do organismo, chámanlle os científicos homeostase ¡que palabra tan rara!. Debo renovarme continuamente para que non se esgoten os nutrientes e para evitar que os produtos de excreción se acumulen. Isto consígoo grazas ao sangue que é o encargado do suministro e da retirada do que fai falta. Os líquidos que me forman son tres. Eles falarán do seu labor: Plasma intersticial: Estou entre as células. Orixínome a partir do sangue que se filtra a través das finas paredes dos capilares sanguíneos. A miña función é defensiva e nutritiva. Sangue: Son o medio de transporte de substancias que discorren polo interior dos vasos sanguíneos Linfa: Son un líquido formado a partir do plasma intersticial. Circulo polos vasos linfáticos, uns condutos que, despois de percorrer gran parte do organismo, desembocamos nos vasos sanguíneos.

Page 2: O MEDIO INTERNO - edu.xunta.gal · Células sanguíneas: Nós somos a parte sólida do sangue, atopámonos nunha propoción dun 45%. Formámonos na médula vermella, que se localiza
Page 3: O MEDIO INTERNO - edu.xunta.gal · Células sanguíneas: Nós somos a parte sólida do sangue, atopámonos nunha propoción dun 45%. Formámonos na médula vermella, que se localiza

APARATO CIRCULATORIO Son o encargado de distribuir os nutrientes e o osíxeno por todo o organismo, ao mesmo tempo recollo os produtos de refugallo do metabolismo celular e lévoos deica os órganos encargados de eliminalos. Conto con distintos operarios: 1. SANGUE: Son un líquido viscoso (5,5 litros) de sabor salgado, que percorro o interior dos condutos do aparello circulatorio. Estou formado por:

- Unha parte líquida: o plasma sanguíneo - Unha parte sólida: as células sanguíneas

Plasma sanguíneo: Eu son a parte líquida do sangue, atópome nunha proporción dun 55% e non teño cor vermella senon amarelado. Son:

∗ Auga ∗ Sales minerais ∗ Nutrientes (glicosa, aminoácidos,

vitaminas, etc.) ∗ Substancias de desfeito: urea,

dióxido de carbono, ácido úrico, etc ∗ Proteínas ∗ Hormonas

Células sanguíneas: Nós somos a parte sólida do sangue, atopámonos nunha propoción dun 45%. Formámonos na médula vermella, que se localiza no interior de certos ósos. Somos de tres tipos :

Glóbulos vermellos, eritrocitos ou hemacías: ¡Ola! Somos as células sanguíneas máis numerosas. Nos homes atopámonos nunha cantidade de 5 millóns/mm3 de sangue e nunha muller nun número algo menor. Temos forma de disco. Desde que nos formamos, ao pasar algúns días, perdemos o núcleo e enchémonos dun pigmento, a hemoglobina, que é o que lle da cor ao sangue, (ten ferro na súa composición). Grazas a ela transportamos o osíxeno desde os alveolos pulmonares a todas as células do organismo, para que o empregue na respiración celular

Page 4: O MEDIO INTERNO - edu.xunta.gal · Células sanguíneas: Nós somos a parte sólida do sangue, atopámonos nunha propoción dun 45%. Formámonos na médula vermella, que se localiza

∗ Glóbulos brancos ou leucocitos: Vaia, tócanos presentarnos a nós: Atopámonos no sangue en menor cantidade cós glóbulos vermellos, arredor de 8.000/mm3 de sangue. Somos de varios tipos e todos temos núcleo. A pesar de ser moitos menos levamos a cabo unha misión moi importante: intervimos na defensa do organismo contra os microbios que entran nel

∗ Plaquetas ou trombocitos: Bueno... esto... direino sen mais: en

realidade non somos células (¡xa está dito!) senon fragmentos de células. Atopámonos en número de 200.000 a 300.000 /mm3 de sangue, e ¡!eso si a nosa misión tamén é moi importante: temos substancias que permiten a coagulación do sangue, proceso que impide que este se escape rapidamente e evita, así, hemorraxias mortais. ¿Que facerían sen nós?

SANGUE: As miñas funcións

1. Transporto O2 e nutrientes a todas as células do corpo. 2. Recollo os produtos de desfeito formados no metabolismo celular, principalmente urea

e CO2. 3. Interveño de maneira fundamental na defensa do organismo fronte as infeccións. 4. Controlo as hemorraxias 5. Transporto hormonas. 6. Participo na regulación da temperatura, pois reparto a calor corporal de forma

semellante a un sistema de calefacción, desde as zonas quentes as frías.

Page 5: O MEDIO INTERNO - edu.xunta.gal · Células sanguíneas: Nós somos a parte sólida do sangue, atopámonos nunha propoción dun 45%. Formámonos na médula vermella, que se localiza

2. OS VASOS SANGUÍNEOS

Somos as veas. Conducimos o sangue desde os órganos ao corazón. As nosas paredes son moito máis finas cás das arterias. Somos moi numerosas para poder recoller o sangue de todos os órganos e ímosllo cedendo a veas cada vez mais grosas a medida que nos achegamos ao corazón. Conducimos o sangue a baixa presión, ainda que contamos con axudas:

- Temos válvulas (semilunares) que impiden o retroceso do sangue

- Aproveitamos a contracción dos músculos que nos rodean

- O corazón axúdanos porque succiona durante a diástole

Somos as arterias: Levamos o sangue desde o corazón cara os órganos. As nosas paredes son moi fortes, cunha potente musculatura pero ao mesmo tempo elásticas. Conducimos o sangue a elevada presión. Ao afastarnos do corazón imos ramificándonos e cada vez somos máis finas.

Somos os capilares: Vasos sanguíneos que unimos as arterias e as veas. Temos un pequenísimo diámetro. A nosa parede é moi fina de xeito que permitimos o intercambio de:

- Nutrientes e produtos de desfeito entre o sangue e as células.

- O2 e CO2 entre o plasma sanguíneo e os alvéolos pulmonares

Page 6: O MEDIO INTERNO - edu.xunta.gal · Células sanguíneas: Nós somos a parte sólida do sangue, atopámonos nunha propoción dun 45%. Formámonos na médula vermella, que se localiza

3. CORAZÓN Son un órgano musculoso e oco do tamaño dun puño situado entre os pulmóns. Actúo como unha “bomba” e latexo sen cesar durante toda a vida. Encárgome de impulsar o sangue para que se mova polo aparato circulatorio; de min depende que chegue osíxeno e nutrientes ás células. A miña parede, de tecido muscular, é grosa e chámana miocardio. Estou recuberto internamente por unha fina capa de células, chamada endocardio e externamente por unha dobre membrana, chamada pericardio. Atópome divido por un tabique (septum) en dúas metades, dereita e esquerda, entre elas non hai comunicación. Estas dúas metades bombean o sangue de maneira independente. Cada parte subdivídese en dúas cavidades: • Aurículas: son as cavidades superiores e receptoras do sangue. A elas chegan veas: á

aurícula dereita as veas cavas e á aurícula esquerda as veas pulmonares. • Ventrículos:son as cavidades inferiores e propulsoras de sangue. Do ventrículo dereito

parten as arterias pulmonares e do esquerdo a arteria aorta No medio delas hai unhas válvulas chamadas auriculo - ventriculares, que permiten o paso do sangue desde a aurícula ao ventrículo, pero non á inversa. A válvula da dereita chámase tricúspide e a da esquerda chámase bicúspide ou mitral. Ao comezo das arterias existen unhas válvulas que se chaman sigmoideas. Ao igual que o resto do corpo, necesito unha subministración de sangue que me achegue os nutrientes e o osíxeno. Esta subministración non ma achega o sangue do meu interior, senón un sistema propio de arterias e veas coronarias.

Page 7: O MEDIO INTERNO - edu.xunta.gal · Células sanguíneas: Nós somos a parte sólida do sangue, atopámonos nunha propoción dun 45%. Formámonos na médula vermella, que se localiza

UN CIRCUITO DOBRE SANGUE: son impulsado constantemente polo corazón ao longo do circuíto formado por: arterias, capilares e veas. Este circuito é: • Dobre porque paso dúas veces polo corazón,

esto asegura: - Que me osixene nos pulmóns antes de

dirixirme aos órganos. - Que chegue a todos os órganos coa m

cantidade de osíxeno e nutrientes independentemente do afastados que se atopen do corazón

esma

(Os meus órganos están dispostos en

paralelo) Os dous percorridos son:

1- Maior ou xeral. 2- Menor ou pulmonar.

• Completo: O septum, divide o corazón en dúas

metades, impide que o sangue osixenado da metade esquerda se mezcle co sangue desosixenado da metade dereita.

Circuíto maior ou xeral

Vou osixenado desde o corazón ata os tecidos e volvo desosixenado desde os tecidos ata o corazón. O lado esquerdo do corazón é o responsable desta circulación Saio da auricula esquerda procedente dos pulmóns. Paso ao ventrículo esquerdo a través da válvula mitral. Ao contraerse o ventrículo sigo a través da arteria aorta, que se vai ramificando en arteriolas e, logo, en capilares que chegan a todos os tecidos agás aos pulmóns. Cando chego aos capilares cedo os nutrientes e o osíxeno ás células e retiro destas as substancias de desfeito e o dióxido de carbono. Posteriormente, retorno ao corazón a través de vénulas e veas, ata chegar ás dúas veas cavas que rematan na aurícula dereita.

Circuíto menor ou pulmonar. Vou con moi pouco osíxeno do corazón aos pulmóns e volvo osixenado desde os pulmóns ao corazón. O responsable desta circulación é o lado dereito do corazón Coa válvula tricúspide aberta, sen pararme chego ao ventrículo dereito e diríxome ás arterias pulmonares cara os pulmóns.

Page 8: O MEDIO INTERNO - edu.xunta.gal · Células sanguíneas: Nós somos a parte sólida do sangue, atopámonos nunha propoción dun 45%. Formámonos na médula vermella, que se localiza

Como paso a través dos alvéolos pulmonares nos capilares cedo dióxido de carbono e cárgome de osíxeno. Os capilares orixinan vénulas que se reúnen a súa vez en catro veas pulmonares que chegan á aurícula esquerda, desde onde paso ao ventriculo esquerdo a tráves da válvula mitral. ¡Outra vez volta a empezar o circuito!

O CICLO CARDÍACO CORAZÓN: O meu latexo completo chámase ciclo cardíaco. Consta de fases de contracción ou sístole seguidas de fases de relaxación ou diástole. SÍSTOLE AURICULAR Ao contraer as aurículas abro as válvulas aurículo-ventriculares para que o sangue saia impulsado cara a os ventrículos. SÍSTOLE VENTRICULAR Contraio os ventrículos e co pulo péchanse as válvulas aurico-ventriculares (este peche orixina o 1º ruído cardíaco), abro as válvulas sigmoideas para que o sangue saia polas arterias pulmonar e aorta. DIÁSTOLE Reláxome, así o sangue que ven das veas cavas e pulmonares pode entrar. Pecho as válvulas sigmoideas para que o sangue que expulsei polos ventrículos non retroceda (esto provoca o 2º ruído cardíaco).

Os movementos de sístole e diástole ocorren á vez (as miñas partes dereita e esquerda, funcionan como dúas bombas independentes, ainda así, fano de forma sincronizada), cando as aurículas se contraen (sístole auricular), os ventrículos dilátanse (diástole ventrícular), e cando estes se contraen, as aurículas dilátanse. Así estou bombeando continuamente sen que deixe de haber sangue dentro de min.

Page 9: O MEDIO INTERNO - edu.xunta.gal · Células sanguíneas: Nós somos a parte sólida do sangue, atopámonos nunha propoción dun 45%. Formámonos na médula vermella, que se localiza

Fixéronme un electrocardiograma. Seica estou ben, ¿como se non osoupera?

O QUE ME FAI DANO

Page 10: O MEDIO INTERNO - edu.xunta.gal · Células sanguíneas: Nós somos a parte sólida do sangue, atopámonos nunha propoción dun 45%. Formámonos na médula vermella, que se localiza

O QUE ME SENTA BEN

Page 11: O MEDIO INTERNO - edu.xunta.gal · Células sanguíneas: Nós somos a parte sólida do sangue, atopámonos nunha propoción dun 45%. Formámonos na médula vermella, que se localiza

SISTEMA LINFÁTICO Encárgome de recoller o exceso de líquidos que queda entre as células, devolvéndoo ao sangue, e ademais transporto as graxas que se absorben no intestino.

Son moito máis sinxelo có sanguíneo. Estou formado por:

1. VASOS LINFÁTICOS

Somos tubos colectores de diámetro pequeno; presentamos un gran número de válvulas que impiden o retroceso da linfa. O extremo terminal atópase cerrado en forma de saco. 2. GÁNGLIOS LINFÁTICOS Intercalámonos no traxecto dos vasos linfáticos. Intervimos na defensa do organismo, xa que producimos linfocitos, células sanguíneas con función defensiva, e almacenamos os macrófagos, que fagocitan células malignas e microorganismos patóxenos. Distribuímonos por todo o organismo, estando de forma moi abundante nas axilas, nas ínguas e no colo. 3. COLECTORES TERMINAIS

omos dous: - Conduto torácico:

S recibimos a linfa das tres cuartas partes do corpo e nacemos

nunha dilatación linfática, a cisterna de Pecquet o- Conduto linfático dereit : recollo a linfa do membro superior dereito

ito ás

4.

A linfa retorna ao sistema venoso desde o conduto torácico e o conduto linfático dere

eas subclávias esquerda e dereita, respectivamente. v

LINFA: Vólvome presentar outra vez, para que non vos despistedes: Son un líquido formado a

partir do plasma intersticial, e circulo polos vasos linfáticos, uns condutos que, despois de percorrer gran parte do organismo, desemboca nos vasos sanguíneos.

Page 12: O MEDIO INTERNO - edu.xunta.gal · Células sanguíneas: Nós somos a parte sólida do sangue, atopámonos nunha propoción dun 45%. Formámonos na médula vermella, que se localiza

• A vida media dun glóbulo vermello é de 120 días e de 1 día. Para substituilos a médula vermede glóbulos brancos e 200. 000 millóns de glóbulos

• O aparato circulatorio dos seres humanos está forde capilares sanguíneos, ao poñelos todos xuntos uoutros, estenderíanse ao longo duns 100. 000 quiló

a dun glóbulo branco é lla fabrica cada día 200 millóns

vermellos. mado por varios millóns ns a continuación dos metros.

• circulatorio:

• O corazón latexa unhas setenta veces por minuto, cen mil latexos diarios, máis de dous mil millóns durante unha vida. Soamente dous tecidos están desprovistos de sangue e sistema a córnea do ollo e o tecido cartilaxinoso, entre outros, os cartilaxes do aparello respiratorio. Nas zonas máis extremas do corpo, como nos dedos, a circu•

sanguíneos que existen nelas

• nun só día.

1967 o

lación sanguínea realízase con maior dificultade. Se estas rexións son expostas a baixas temperaturas, a contracción dos vasos impide a correcta irrigación e pode provocar a aparicións de sabañóns. Se un corazón adulto se conectase a un camión-cuba cun depósito de 8000 litros, poderíao encher

• O primeiro transplante de corazón realizouno o 3 de decembro de cirurxián sudafricano Christian Barnard ao tendeiro Lois Washkansky. A supervivencia máis longa dun corazón transplantado foi de 22 anos, 10 meses e 24 días.

• A arteria máis grosa é a aorta, que mide 2,5 cm de diámetro. A vea máis grosa é cava, tamén con 2,5 cm.

• Os glóbulos vermellos sobreviven uns 4 meses e realizan 172.000 voltas arredor do corpo.

• Si se alinearan tódolos glóbulos vermellos dunha persoa adulta, un detrás doutro, os máis de dous billóns de células darían aproximadamente 5, 3

A sida destrúe os glóbulos brancos deixando o corpo sen defensas. As samesugas adhírense con ventosas aos animais e aliméntanse do seu

sangue. Poden beber sangue ata 10 veces o seu peso, e despois están sin tomar nada ata 9 meses.

Unha persoa maior ten 60-80 pulsacións por minuto, mentres que un neno

voltas ao ecuador da Terra.

••

•pode ter o dobre (140).