O misterio da familia Benedite.

7
SOFÍA Mª PENA MARTÍNEZ

Transcript of O misterio da familia Benedite.

Page 1: O misterio da familia Benedite.

SOFÍA Mª PENA MARTÍNEZ

Page 2: O misterio da familia Benedite.

Aquel día Sara non estaba de moi bo humor xa que a súa nai lle comentara que  ía ter que asistir a un campamento de verán debido a que o seu pai tiña que  viaxar a Nova York por motivos de traballo e  on tiña con quen quedar. Axiña ao baixar as escaleiras recibiu unha noticia por parte da súa nai que lle  ía a cambiar a vida.

-Sara, a avoa morreu.Nese momento a protagonista non sabía

que facer: se botarse a chorar, saír  correndo.  A súa nai ao vela con esa face, entregoulle unha carta escrita  de  puño  e letra da súa avoa Milagros que lle dera previamente para cando este momento  chegara. Sara abriuna e  comezou a articular:

“Querida netiña:Escríboche esta carta porque sei que este

día tarde ou cedo ía chegar. Por  isto  e  para que me recordes, deixei un agasallo moi importante para min nun os recunchos desta casa. Como sei que non che gustan a sorpresas so che pido  que recordes tódolos momentos que pasábamos xuntas cando  ras pequena e xa  verás como che vai vir á mente a cousa da que che estou falando. Prégoche que  non esteas triste, que non te quero ver así dende o lugar onde  queira  que  estea  e tamén che pido que sempre recordes que  ocuparás un lugar moi importante no  meu corazón.

                                                              Con todo o cariño da túa  avoa.

                                                                                                 MILAGROS    

O misterio da familia Benedite

Page 3: O misterio da familia Benedite.

Á mañá seguinte e co almorzo comido, Sara tivo que ir ao instituto pois  ese día tiña tres exames finais que eran imprescindibles para as cualificacións finais porque se non aprobaba non podería facer o bacharelato .Cando acabou de ler a  carta, Sara botouse a  chorar .

-Lembra que ela non querería verte así– afirmou a súa nai  Cristina acariñándolle  o pelo.

-Está ben– replicou Sara secando as bágoas.Cando Cristina decidiu deixar soa a Sara no

seu cuarto, esta comezou a lembrar  como se dun filme se tratase, momentos que pasou coa súa avoa cando  era pequeniña (que era o que lle dicía na carta): cando facían galletas con  diversas formas no nadal, cando prantaban rosas na primavera, cando recollían   margaridas no campo ata facer un gran ramo, cando se disfrazaban no entroido, cando pasaban tardes vendo ´´ Cine de Barrio ´´… E a nena estivo así un bo  tempo ata que foi anoitecendo e chegou o momento de ir visitar a casa da avoa . Ao entrar, a Sara non lle parecía a mesma casa sen a súa avoa: a televisión da  cociña apagada, o can fóra da casa porque non tiña con quen estar… A causa  disto á pobre rapaza non lle quedaron folgos para ir na procura dese misterioso  agasallo e, o que fixo foi sentar naquel vello sofá dos anos oitenta onde a súa  avoa adoitaba deitarse mentres vía a tele cando era de noite. Ás  nove da noite, a familia Benedite abandonou o domicilio da avoa. Cando chegou  a súa casa, Sara decidiu deitarse sen nin sequera cear (pese a que non  comera  en todo o día).

Ao entrar no autobús e ver a Sara con ollos chorosos as súas amigas  preguntáronlle que era o que lle ocorrera.

Page 4: O misterio da familia Benedite.

Esta, que aínda tiña á carta da  avoa  nas súas mans, decidiu amosárllela.

-Pobriña – engadiu Marta, unha das mellores amigas da nena, con tristura.

-Non esteas así que me vas facer chorar a min .

-E ademais, a túa avoa non querería verte así, ¿ou non?- preguntou Míriam  intentando animar .

-Si, pero eu estaba moi unida a ela e vouna botar moitísimo de menos - dixo Sara  encolléndose de ombros .

-¡Abonda xa de tanta tristura!, agora o que temos que facer é concentrarnos nos  exames de hoxe, que son moi importantes – exclamou Alba, a máis optimista do  grupo .

Nese momento o vehículo parouse e os mozos baixaron do autobús.

Ese día as clases para a protagonista non se pasaron tan rápido coma outros  días co tema dos exames que, por certo, saíronlle moi ben.

Ao saír do instituto, o pai de Sara estaba agardándoa na porta para levala  directamente á casa e que non se entretivese .

Ao chegar á casa, a protagonista viu que o seu irmán estaba deitado no sofá, sen  gana de nada… e á rapaza pareceulle estraño.

-Sara, deixa ao teu irmán en paz, ou ¿non ves que está enfermo?- berroulle o seu  pai.

-Imos comer e despois temos que ir a casa da avoa por unhas cousas que  precisaremos. E non esquezas que deberás quedarte na casa coidando ao  teu irmán .

Page 5: O misterio da familia Benedite.

Ao entrar na casa da avoa, Sara díxolle ao seu irmán que se deitara no sofá e  que  durmira coa excusa de que  ela  tiña que axudar  aos  seus  pais a coller  unhas cousa  e levalas  para o coche; mais non era así, ela o que realmente  quería era encontrar ese agasallo misterioso sen que ninguén a molestara.

Unha vez  que se  foron os seus pais e o seu irmán estaba durmido, decidiu  empezar pola cociña:

-¡E se a miña avoíña deixoume unha desas vaixelas nas que adoitabamos cear no  Nadal!- pensou Sara.

-Non, non creo. Eu non pasaba a miña infancia pegada a unha vaixela.-recordou.

Entón Sara pensou que na cociña non se atoparía porque non adoitaba estar alí  na súa infancia. Entrou no dormitorio no que había dúas camas e onde adoitaban  durmir ela e mais o seu irmán cando os seus pais non estaban.   Recordou que alí  non había moito mobiliario, mais enriba da súa cama estaba Pepita, a boneca  coa que soía xogar. Decidiu apunta-lo nome nunha lista que tiña para poñer  tódalas pistas que ia descubrindo (na que non había nada importante). Despois  de escribir o nome na listaxe, decidiu entrar no dormitorio da súa avoa, mais  pensouno dúas veces e decidiu saír ao recordar que entrara alí escasas veces  e, cando o fixera, era para ir buscarlle as lentes para ler (e a nena tiña moi claro  que ese non ía ser o misterioso agasallo) .

Page 6: O misterio da familia Benedite.

Por último, decidiu mirar na sala e  lembrou achegándose á ventá que a súa avoa tocaba moi ben o piano. Tamén  apuntou este instrumento na listaxe previamente. Ao acabar coa misteriosa  búsqueda, Sara decidiu ir á cociña por un vaso de auga e logo sentarse no  sofá  para recapacitar sobre cal dos dous obxectos que tiña era o misterioso agasallo . Mentres estaba pensando deuse conta de unha cousa que pasara por alto: ¿Por  que a súa avoa deixou unha herdanza soamente a ela e non ao seu irmán?  Pode ser porque o neno é máis pequeno ca ela pero tamén porque a ela lle  gustaba a música e lle deixou o piano, que era un dos obxectos da súa casa que  máis apreciaba. Nese momento entraron os seus pais e Sara contoulle a súa nai  o que fixera. Esta lle díxolle:

-A túa avoa dende nena sempre foi moi boa música, máis o seu pai(que era o  que mandaba na casa por aqueles tempos) nunca quixo que a súa filla  fose  alguén recoñecido neste mundo por ser muller, senón que quería que a súa filla  fose unha muller digna casada, ama do fogar e con fillos. Aínda que ela  loitou  para facer os seus soños realidade, nunca puido. Cando casou, ela explicoulle ao  seu home que tocaba o piano moi ben e, como xa non dependía do seu  pai, se  este lle daba o consentimento para acudir a unhas clases que ofrecían na  escola  para tódalas idades. Uns anos despois, cando eu xa nacera, o meu pai decidiu  aceptar mais pasados uns anos dende que llo dixera, diagnosticáronlle un cancro  que fixo que a súa curta vida durara tan só dous meses máis. A causa disto e por  riba co consentimento do seu home a túa avoa quitáronselle as ganas de facer o seu soño realidade e exclusivamente adicouse ao meu coidado, debido a que  non teño máis irmáns.

Page 7: O misterio da familia Benedite.

Por iso, ela che regalou isto, para sentir que alguén  na  súa familia se dignou a facerlle caso xa que eu sempre tiven moi claro que quería  facer medicina .

-Mamaíña, agora xa entendo porque nesta casa nunca se fala do avó, de que  non teño máis tíos ca os da familia do meu pai e en que traballaba a  avoa. Pobre, o que tivo que sufrir – engadiu Sara con pena.                                 

-Non o sabes ben miña filla.-Pois vouno facer, vou facer o seu soño

realidade, voume converter nunha gran  pianista.

E así foi. Quince anos despois e grazas a aquela viaxe que tiña que facer o seu  pai a Nova York (que fixo que a familia se trasladara a vivir alí), Sara  converteuse  nunha recoñecida pianista da Orquesta Sinfónica de Nova York .

FIN