O Noso Lar · 2019-07-18 · 5 O Noso Lar ••maiores Maiores voluntarios Falar de voluntariado...

32

Transcript of O Noso Lar · 2019-07-18 · 5 O Noso Lar ••maiores Maiores voluntarios Falar de voluntariado...

SumarioPresentación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 1

PersoeirosMaximino Arias . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 2

O LemaVoluntarios . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 3

MaioresAno novo, vida nova . . . . . . . . . . . . . . . 4Maiores voluntarios . . . . . . . . . . . . . . . . .5

ArteOs retábulos da igrexa deSanta Eulalia de Pascais . . . . . . . . . . .6-7

PastoralProgramación Pastoral curso 2003-04 .8-9

ParroquiasLóuzara, cronoloxía . . . . . . . . . . . . . . . .10Santiago de Zóo . . . . . . . . . . . . . . . . . .11

ActividadesViaxe cultural a León . . . . . . . . . . . . . .12Campamento en Cangas . . . . . . . . . . .13Vacacións-convivencia en Suiza . . . .14-15Viaxe a Cantabria . . . . . . . . . . . . . . . . .16Festa dos maiores . . . . . . . . . . . . . .17-19

OpiniónPresencia en Internet da FundaciónO Noso Lar . . . . . . . . . . . . . . . . . . .20-21

SaúdeZoupadas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .22-23

Hixiene alimentariaVacas tolas e polos griposos . . . . . .24-25

Agricultura e medio ambienteElección dos plásticos para ensilado . . .26

ExperienciasO Nadal non é un conto . . . . . . . . . . . . 27

Boletín de suscrición . . . . . . . . . . . . . . .28

Edita:Fundación O Noso LarSan Román de Lousada27620 SAMOS – LugoTel.- Fax : 982 187004Web: www.onosolar.orgDirector: Miguel Gómez Vázquez

Consello de redación:Saladina Diéguez VillaravizJulio Fernández DovalManuel VarelaAmparo Páramo VázquezMiguel Gómez VázquezJosé Manuel Castro Castedo

Colaboradores:Jaime Delgado GómezJosefa GómezAdela Arias ConejoOscar LópezMiguel SampedroJosé Luis GarzaXulio Pérez PereirasAlba M. Álvarez VergaraConcepción Rodríguez Fdez.Manuel OteroSanty LópezIsabel ChousaCarlos M. Franco AbuínEva Fernández Limeres

Portada e contraportada:Matilde Arrizado

Depósito Legal:LU-229-01ISSN:1579-8909Maqueta: Carlos CampoImprime:GRAFIC-LUGO, S.L.

Contra a nosa vontade e desexo, pero tamén aceptando as nosas limitacións edificultades sae á luz, con retraso, o nº 6 do Boletín O Noso Lar, correspondente ó 2ºsemestre do ano 2003, co lema Voluntarios. Advertir que na enumeración do Boletínvimos arrastrando un erro desde o nº 5 que lle correspondía ser o nº 4. O nº 6 titula−do Fontes de Vida sería o nº 5, correspondente ó1º semestre do ano 2003.

O mundo rural non está a pasar polos mellores dos seus momentos históricos.As serias dificultades que teñen os que nel viven e traballan, froito en gran medida,de desequilibrios estructurais, están agotando paseniñamente a paciencia e minan−do solapadamente a capacidade e a creatividade dos mesmos.

Esta situación, que estamos a vivir con inquedanza e non sen tensión, provocaen nós, a cotío, moitas e inquietantes preguntas. Son éstas as que nos obrigan a ana−lizar as dinámicas culturais nas que estamos inmersos e a repensar, todos, as prác−ticas pastorais, educativas, éticas, sociais e políticas.

Encerrarnos en nós mesmos ou en receitas que nos ofrecen seguridades artifi−ciais agravaría, aínda máis, os efectos negativos desta situación. Este modo de pro−ceder incapacitaríanos para abrirnos a novas experiencias, para descubrir e afrontarcon esperanza os desafíos que a mesma realidade nos vai presentando, e tamén esobre todo, para axudar e acompañar ós outros.

A Fundación O Noso Lar consciente e preocupada por esta realidade, desde asúa orixinal e permanente vocación de servicio á xente da nosa terra, está a aportaro seu gran de area. Sabedora de que non ten ó seu alcance a solución dos pricipaisproblemas que afectan ó mundo rural, intenta ser canle e estímulo para que as per−soas que o desexen se impliquen activa e positivamente na transformación cultural,social e pastoral que se está producindo nos nosos pobos e aldeas.

Neste senso, a participación nas distintas actividades que se organizan ó longodo ano, non deixa de ser significativa e alentadora, tanto para os beneficiarios direc−tos como para o conxunto da poboación. O obxectivo das mesmas é precisamente oenfortecemento do texido social desde o fomento da solidariedade interxeracional.

Tarefa nada fácil debido as dificultades que xa todos coñecemos de dispersión,distancias, envellecemento e despoboación, e tamén a tendencia xeralizada a insta−larse no individualismo. Por outra parte, tarefa apaixoante polo que supón de aper−tura á realidade que nos envolve, de coraxe para entrar dentro da mesma e unha vezdentro aceptar o reto de vivir comunitariamente o noso nobre e profundo instinto soli−dario.

É precisamente esta experiencia comunitaria da solidariedade a que está a con−verter a moitas mozas e mozos nos protagonistas dinámicos da nosa historia, quecontribuien así, eficazmente, á construcción dun futuro máis esperanzado. Estaimportante colaboración e aportación dos máis novos non é froito dun puro volunta−rismo, senón máis ben dunha opción persoal, libre, solidaria e altruísta. Isto é o queos convirte en verdadeiros voluntarios. Para eles, con gratitude, o noso recoñece−mento e apoio

1 O Noso Lar

Presentación

Se tivesemos que definir a Samos cunha soapalabra, seguro que unha das primeiras quepasarían pola nosa cabeza sería "convento".

O convento de Samos, ese edificio enorme quenos impón respecto cando pasamos ó seu ladopola estrada e á vez crea unha estraña sensa-ción por coñecer todo o que garda no seu interior.

Pero, ademais da súa beleza como edificio, oconvento de Samos foi o lugar no que habitaronmoitos pensadores que nos deixaron as súasobras, axudados polo clima de reflexión que alíse respira.

Un exemplo témolo co Padre Maximino Arias,que no ano 1916, con tan só seis anos ingresa nacomunidade benedictina da man do seu tío

Plácido, naquel tempo bibliotecario e arquiveirodo convento. O Padre Maximino foi unha persoaque adicou unha gran parte da súa vida ó estu-dio, mostrando gran interese pola lectura, espe-cialmente pola filosofía. A súa inquietude polaformación e o desenvolvemento intelectual dohome convertérono, xa desde moi novo, einfluenciado positivamente polo seu tío Plácido,nun devorador de libros. Labor moi importantetamén é o de bibliotecario, xa que se hoxe o con-vento de Samos conta con máis de 30.000 volu-mes na súa biblioteca é gracias ó traballo destehome. Despois dun incendio, en 1951, houboque mercar, arquivar e microfilmar boa parte dos

libros e documentos que alí se gardaban.

Gracias ós coñecementos bibliográficos doPadre Maximino, a súa actividade literaria cen-trouse, nun principio, na investigación. En 1970realiza un traballo que titula La vida eremítica enGalicia, un tema que ata esta publicación, estabacase sen tocar e onde convidaba a tódolos lecto-res a comprobar a existencia do fenómenoeremítico na nosa terra.

Nesta liña de reflexión e investigación, céntranseas súas obras, poñendo as bases para que os lec-tores tomen parte da reflexión á que el nos invita.

A súa obra definitiva é Historia del Monasteriode Samos, estudio detallado nun volume. Estaobra rematouna poucos días antes de morrer,sendo a súa derradeira preocupación. Da bocado Padre Maximino saían estas palabras: Mequedan esas ganas de hacer el trabajo bien. Losaños te van centrando y aprendes a ser conse-cuente con tu pensamiento.

Unha moi boa reflexión.

Alba M. Álvarez Vergar

2

persoeiros• •

Me quedan esas ganas de hacer el trabajo bien.Los años te van centrando y aprendes a serconsecuente con tu pensamiento

Maximino Arias Cuenllas

3 O Noso Lar

O Lema• •

A acción voluntaria, aínda que require esforzo,compromiso... é gratificante experimentar quepodes axudar e compartir a túa vida cos demais.

Coma cristiáns, sentímonos chamados a vivir osvalores do Reino, facendo posible no noso entor-no o proxecto de Xesús, un proxecto de Amor. Aacción voluntaria significa:

Dar: tempo, traballo, recursos... e, sobretodo, entrega e amor; pero tamén

Recibir: satisfacción, esperanza, gratifica-ción, experiencia, acollida, formarse, desenvolver-se como persoa con desexos de querer mellorar etransformar a nosa realidade.

Para todo isto é necesario un bo traballo de equi-po. Se desexas colaborar, anímate a participar entódalas actividades que a Fundación "O Noso Lar"vén realizando e outras moitas que, coa axuda demáis persoas, se poden levar a cabo.

¡Vale a pena!Saladina

4 O Noso Lar

Ano novo,vida nova

En cantas ocasións oímos e dicimos esta frase,ano novo, vida nova, e moitas veces sen contido,simplemente como retrouso.

Neste comezo do ano 2004 quero facer unhapequena reflexión que me pode e nos pode, creo,axudar a redescubri-la vida nova que hai en cadaano novo, e sobre todo cando son moitos, moitos,os anos vividos.

Desexo que este saúdoestea cheo de contido e bossentimentos. Que de verda-de sexa unha vida nova paratodos, para os novos e osmaiores. Nova, porque sobretodo queremos que a vidados moitos anos dos nososmaiores estea cargada deamor de esperanza. Amorque damos e recibimos dosque queremos e dos que nosrodean e cos que cada díaconvivimos e compartimos.Esperanza que nace en nósa través das cousas que nosvan acontecendo e todo o boque nelas imos descubrindo.

¡Canta vida nova podentransmitírno-los nosos maio-res!

¡Canto amor e canta espe-ranza! ¡Canta vida nos ofre-cen os maiores a través dosseus moitos anos, aínda queo seu corpo estea xa con achaques, carencias elimitacións!

¡canta experiencia! ¡canta sabedoría!

¡canta humanidade!¡canta comprensión!¡canta tolerancia!¡canta confianza!¡canta firmeza!¡canta entrega!¡canto sacrificio!

¡canto traballo!¡canto esforzo! ¡canta acollida!¡canta escoita!¡canta alegría!¡canta festa!¡canto sufrimento!¡cantas perdas!¡canto loito!¡CANTA VIDA!

Todo isto é sinal de vidae ninguén pode negalo.

Esta vida que ó longodos seus moitos anos osmaiores nos transmiten,os máis novos queremosacollela e agradecérlleladesexándolles un anonovo con moito ben. Quenos sigan axudando atodos a vivir máis en har-monía uns cos outros. E

que o noso mundo sexa cada día máis humano efeliz. Que cada ano e cada día estean cheos denova vida.

Adela

4

maiores• •

5 O Noso Lar

maiores• •

Maiores voluntariosFalar de voluntariado no medio rural pode pare-

cer algo impropio porque aínda despois da xubila-ción, a maioría da xente sempre ten algunha ocu-pación. Pero tamén é certo que hai máis tempodispoñible que cando a vida laboral era máis com-pleta.

Ademais, nas aldeas non é raro atoparse cunveciño especialmente voluntarioso, con gañas decooperar, que se presta a facer algo polos outrosveciños, porque o seu lema é ser útil ós demais.

Se un ten o prexuízo de que os maiores son máisegoístas, pode pensar que tampouco iría con eleso asunto do voluntariado por estoutro motivo. Peroos anciáns en xeral non teñen a necesidade deacaparamento, de adquiri-la última novidade, quehai nos máis xoves, polo que a xente de máisidade pode ser máis desprendidos cá de menos.Os vellos teñen a capacidade para descubrir eactivar valores alternativos ós que sobresaen nanosa sociedade materialista, ofrecendo a gratuida-de dalgunhas das súas actividades, o encontrogozoso e repousado...

Os motivos polos que unha persoa con bastan-tes anos pode entrar no mundo do voluntariadotamén son moitos:

- Un motivo importante son os demais, que nonse van deixar de lado cando necesitan algo que unlles pode facilitar.

- Melloría das relacións persoais. Moita xente fixonovos amigos.

- Pásase a formar parte desa minoría selecta do4% de maiores de 65 anos que é voluntario.

- Os voluntarios maiores fan o seu labor mellorcós xoves, por dispoñer de máis tempo, son máisminuciosos e concienciudos, e tamén máis leais.

- O voluntariado permite volver a pensar que unpode seguir facendo algo polos demais.

- Para estar cunha persoa maior, non está nadamal que o voluntario que o acompañe sexa taménmaior en canto que os temas de conversación pre-feridos son máis coincidentes. - O voluntario, óatende-las carencias doutras persoas, non lle dátanta importancia ás súas propias necesidades.

Ademais, como o labor de voluntariado mellora aconvivencia cos demais, isto fai que se superenmellor as adversidades.

- Hai moitos campos onde face-lo labor volunta-rio: social, político, pastoral, cultural. Os máis axei-tados para os maiores son aqueles nos que seprecisa compañía, presencia, asesoramento.

Hai concellos que procuran a integración dosvellos na vida municipal, e se non é o caso, poisreclamar un Consello Local de Persoas Maiores.Ás autoridades escápanselle aspectos que osmaiores poden ter presentes. Por exemplo, ungoberno local pode estar moi preocupado poracondiciona-lo firme dunha pista, pero os maiorespoden asesorar sobre a diminución do risco deatropelo nalgún punto.

A corresponsabilidade debe levarnos a colaborarna parroquia.

Moitos maiores mostran igrexas e outros monu-mentos do seu lugar ós visitantes.

En fin, hai necesidades non moi visibles (e quenon serán atendidas por ninguén) pero que osmaiores poden detectar. E hai males que non secubren con cousas materiais, senón coa palabra,a comprensión, algo ó alcance das persoas demáis idade.

Manuel Varela

6 O Noso Lar

Os retábulos da igrexade Santa Eulaliade Pascais

A gran parte románica desta igrexa xa foi trata-da nas páxinas 75-80 do IV volume de Concellode Samos: historia das súas parroquias, publica-ción tamén do Noso Lar. Agora resaltarémo-laimportancia dos retábulos.

O retábulo maiorComponse este retábulo de dous corpos dis-

postos en tres rúas. Adáptanse estas á curvaturasemicircular da ábsida románica e á semicúpulaque cobre esta curvatura.

Corpo inferior. As tres rúas deste corpo estánenmarcadas por catro columnassalomónicas (retorcidas). Van deco-radas por uns enroscados sarmen-tos de vides cargados de acios deuvas, nalgúns dos cales peteiranelegantes aves.

Debemos anticipar xa que todaesta abigarrada decoración definecon exactitude a etapa do últimobarroco chamado churrigueresco.Non é este aquí anterior ó entornodo ano 1750 ou, quizais mellor,sexa do terceiro cuarto do séculoXVIII.

En cada rúa hai unha fornacinacoa súa correspondente efixie. Na central está apatrona da parroquia, santa Eulalia. É unha extra-ordinaria talla dun primeiro barroco, quizais da pri-meira metade do século XVII. Parece evoca-lasformas da Inmaculada de Alonso Cano.Probablemente esta imaxe presidía o retábuloneoclásico que logo estudiaremos. Retábulo que

sen dúbida ocupou esta mesma ábsida ata sersubstituído polo barroco actual.

Na rúa norte exhíbese unha preciosaInmaculada de ampulosa roupaxe de 0,80 m. Nasur está a non menos singular, e tamén ampulo-sa, efixie de san Pedro coa chave nunha man eun gran libro na outra; mide 0,85 m.

Podemos supoñer que ámbalas dúas tallas,xunto coa de san Benito, son do mesmo tempo doretábulo e, probablemente, do mesmo taller.

Aséntase este primeiro corpo nun banco, oupredela, e no seu centro un Sagrario moi mutilado

(deberon roubar varios relevos), perode singular interese. A cada lado hai

dúas pilastras decoradas coa típicaramaxe dese estilo, aparecendo nofondo unhas froitas. Este é un motivoque aparece seis veces na mesmapredela. Coincidindo co centro decada rúa lateral, colga unha especiede ménsula decorada con follas eoutros motivos. Sobre cada ménsula,xa nas rúas, repousa un mascarón.Serven estes de peana á Inmaculadae a san Pedro. Igualmente nos extre-

mos desta predela, e coincidindocoas basas das columnas laterais,

exhíbese o rostro dun anxo enmediodunha densa follaxe.

O segundo corpo fai de espléndido remate doprincipal. É voluminosa a decoración vexetal querecobre todo o corpo. Destaca a ornamentacióndas pilastras que se superpoñen ás dúas colum-nas centrais do corpo inferior. Imitan unha colgan-te ramaxe de voluminosos motivos xeométrico-

6

arte• •

Jaime Delgado Gómez

7 O Noso Lar

arte• •

vexetais rematados abaixo cunha especie de tresgrandes piñas. Entre estas pilastras ábrese unhafornacina rectangular. Nela está a xa mencionadaimaxe barroca de san Benito, de 0,80 m. Sostén obáculo abacial na súa man dereita e o libro daRegra na esquerda, tendo a típica mitra ós pés.

Remata este segundo corpo unha especie depequena bóveda que sosteñen dous grandesanxos nus. Apóiana estes cun brazo en alto men-tres que da man do outro brazo colga un redon-deado froito sobre o que se superpoñen aínda asfollas da ramiña.

Unha coroa de decoración vexetal está adosa-da ó cénit da pequena bóveda. Por cada ladoestán sustentádoa dous anxos postos de pé queapresan unha palma coa man libre.

No centro do arco resalta un busto radiado quesimboliza o sol. Sen dúbida está evocando orecordo do Sol Divino, Cristo Xesús.

Como un colofón podemos asegurar que esteretábulo, tanto pola súa textura como pola súaimaxinería, ocupa un posto singular entre tódolosretábulos barrocos da provincia lucense.

Os retábulos da capela lateralA finais do século XVIII creouse unha capela, a

modo de longa nave, adosada ó lado sur do corpoda igrexa. Con ela comunícase mediante un granarco de medio punto apoiado no muro, facendoeste de pilastras.

Na cabeceira da capela hai un retábulo neoclá-sico, máis ou menos do tempo desta reforma.

É de tres rúas separadas por catro columnasestriadas con capiteis de follas (tipo corintio).

A rúa central está ocupada por unha fornacinarematada en arco de medio punto, que ten encada enxuta unha cabeciña anxélica.

Ocupa san Roque a rúa central e o SagradoCorazón de Xesús e san Xosé co Neno as late-rais. As tres imaxes son de factura moderna.

Remata o retábulo unha especie de templetecon outra fornacina, tamén de arco semicircular, e

cunha efixie de santa Bárbara. É de boa traza.O centro do banco, ou predela, ocúpao un

sagrario, que ten esculpido na porta un cálizcunha hostia superposta. A cada lado do sagrarioresaltan dous bustos anxélicos.

Ten relevante importancia o esquelete armadodoutro retábulo. Está adosado ó muro sur destacapela. É de estilo renacentista, seguramente daprimeira metade do século XVII. Tamén o seucorpo é de tres rúas enmarcadas entre catrocolumnas de estrías arriba e decoradas abaixocon ornamentación propia de dito estilo renacen-tista.

Remátao un segundo corpo que se correspon-de coa rúa central. Está composto, entre colum-nas, por unha case arruinada táboa esculturada.Nela representábase en relevo a Resurrección deCristo con dous gardas do sepulcro, un a cadalado.

O centro do banco, ou predela, ocupábao unsagrario, que segundo se deduce de Elías Valiña,tiña representado na porta a Xesús saíndo dosepulcro.

A cada lado do sagrario aínda se conservan, enperfecto estado, os bustos de san Pedro coachave e un libro, e san Paulo. Sostén este cunhaman o libro e coa outra o pomo dunha espada ine-xistente, porque para a súa plas-mación non hai espacio alí.

Tamém debemos resaltarque na arquitrabe doprimeiro corpo estánrepresentados trespares de bustosanxélicos con ás.Cada rostro vai rode-ado por abaixo porunha chamativa gri-nalda semicircular.

8 O Noso Lar

Programación Pastoral 2003-2004Descubrir e cultiva-la dimensióncomunitaria da feQue pretendenos neste cursoO individualismo vaise apoderando pouco a

pouco de parcelas importantes da nosa vida .Vaise instalando no noso ámbito familiar etamén parroquial. A mostra máis clara e eviden-te desta situación é que cada vez temos menosvida comunitaria, pensamos máis en nós mes-mos sen importarnos os demais. O curioso detodo isto é que a gran maioría estamos de acor-do que esta situación non nos axuda nin nosfavorece.

A vivencia e a celebración da fe axudou moitoa crear este clima comunitario nas nosas parro-quias. Nos últimos anos estase a perder esterico patrimonio que nos deixaron os nososantepasados.

Porque estamos convencidos da importanciaque ten a fe na nosa vida persoal, familiar esocial, por iso neste curso pretendemos axudara despertar e cultiva-la dimensión comunitariada fe.

A fe é un regalo, un Don, unha gracia, querecibimos o día do noso bautismo. Recibímolana comunidade parroquial que nos acolle.Nesta imos medrando e celebrando ó mesmotempo a fe recibida.

Cando xa somos grandes tomamos concienciade que somos membros vivos da comunidade;non imprescindibles pero sí importantes.

Colaboramos, na medida das nosas posibili-dades, nas actividades e necesidades dacomunidade.

Intentamos compartir e celebra-la vida e a fecos demais nas celebracións comunitarias.

Vivir e cultiva-la dimensión comunitaria da feaxudaranos a non perde-las nosas raíces e aconstruir un futuro máis esperanzado.

Compartimos e celebrámo-la feNo Día do Señor (Domingo)Desde o inicio do cristianismo, os cristiáns reuní-

monos os domingos para celebra-la nosa fe,facendo memoria da Pascua de Xesús.Celebramos e alimentamos a nosa fe que é fonteque enfortece a nosa esperanza.

Na Visita ós enfermos e na celebración daEucaristía semanal

Adicamos a cada parroquia un día ó mes, polasemana, para visita-los enfermos e celebra-laEucaristía

No sacramento do MatrimonioA celebración do sacramento do Matrimonio é un

dos momentos clave e trascendental na experien-cia de fe e de amor dos que se casan. A nosa von-tade e desexo é de preparar con esmero estascelebracións xunto cos protagonistas, que son osnoivos, de tal forma que sexan celebracións eencontros gozosos entre nós e con Deus.

No sacramento da Unción de EnfermosEste non é un sacramento de última hora, senón

que é a celebración da presencia consoladora doSeñor. É un sacramento para pedir e acolle-la gra-cia e a forza que Deus nos da para afrontar conpaz e serenidade as dificultades dunha idadeavanzada ou da enfermidade. Neste curso cele-brarémola comunitariamente en algunha parro-quia.

No sacramento do PerdónCando somos capaces de recoñece-las nosas

limitacións, infidelidades e miserias, con humilda-de e sinxeleza, estamos preparados para acolle-loperdón e a misericordia de Deus. Durante aCoresma e a Semana Santa celebraremos comu-nitariamente o sacramento do perdón en tódalasparroquias.

8

pastoral• •

Actividades

Coa xente nova:Encontros na lareira: O primeiro domingo de cada mes, ás 8 da tarde,

tódolos mozos/as que queiran, reunímonos enLousada, para falar e reflexionar sobre aquelas cues-tións que nos preocupan. E tamén para programar eavalia-las actividades

Xuntanza de confirmadosCos que se confirmaron nos 10 últimos anos. Será o

día 9 de maio ás 2 da tardeCampamento

Para rapaces/as de 9-17 anos, do 13 ó 23 de xullo enCangas do Morrazo.

Vacacións culturais a Bélxica e Países BaixosDo 31 de xullo ó 10 de agosto para maiores de 18 anos.Camiño de SantiagoDesde O Cebreiro a Santiago para mozos/as confirmados

que queiran seguir profundizando na fe cristiá. Será desde ó24 ó 29 de agosto.

Talleres de manualidadesDurante a primeira quincena de agosto para prepara-la

festa dos maiores.

Coa xente maior:Nadal no Noso LarInvitación ás persoas que viven soas a pasar desde o 20 de

decembro ó 20 de xaneiro na Casa de Acollida O Noso LarVacacións-convivencia en Gandía (Valencia)Para maiores de 65 anos do Municipio de Samos. Desde

o 15 ó 24 de abrilAcollida na Casa O Noso LarPara persoas necesitadas que por un espacio de tempo

necesitan ser cuidadas e atendidas. Celebramos compartindoCelebrar e compartir momentos significativos da vida dos

nosos pobos. Os destinatarios son a xente maior en xeral.Osdías sinalados son : 23 de novembro, 24 e 25 de decembro;31 e 1 de xaneiro; 18 de xaneiro, 23 de febreiro, 19 demarzo, 25 de abril e 30 de maio.

Convivencias - excursións interxeracionais:Peregrinación a SantiagoSerá o día 27 de marzo xunto con toda a Diocese de LugoExcursión interxeracionalPara tódolos que queiran o día 7 de agosto iremos a

Fisterra , Camariñas, etc.XIV Festa de Convivencia cos nosos maioresSerá o día 22 de agosto no Castro de Lourido

9 O Noso Lar

pastoral• •

Medramos na feO proceso de iniciación

cristiá ten como paso clavea catequese, na que taménsentimos a presencia deDeus camiñando con nós eensinándono-lo camiño.Como a fe hai que vivi-la encomunidade, a familia tenun importante papel.

No BautismoCon este sacramento

incorpórase á comunidade cristiá un novo fillo deDeus. Por iso é bo que os pais avisen con tempopara prepara-la celebración.

Na Primeira ComuñónSentíndonos colaboradores no camiñar cristián,

os nenos e nenas de 3º de Primaria ou que teñan9 anos, xunto cos seus pais, reunímonos quince-nalmente en Lousada (mércores ás seis da tarde).

Despois da Primeira ComuñónEn Castroncán e Lousada, os venres ás 5 da

tarde e en Estraxiz os sábados ás 10:30 da mañá,temos catequese cos que xa fixeron a primeiracomunión para seguir coñecendo e progresandono seguimento de Xesús.

Teremos ademais encontros con nenos e paisen Lousada o 2 de xaneiro e o 29 de maio de 3:30a 5:00

Na ConfirmaciónEste ano como se confirmaron os mozos/as que

se estaban a preparar, noraboa a todos eles, nonempezaremos a preparación para a confirmación.

10 O Noso Lar

LóuzaraSéculo IX

853: Hai parroquias do val de Lóuzara que xaaparecen mencionadas en documentos deseano: San Xoán e San Cristobo.878: Tamén se sabe que un tempo despois,algúns habitantes desas parroquias recoñecen asúa dependencia do mosteiro.

Século X922: Un documento do rei Ordoño II menciona asigrexas de San Cristóbal e San Xoán como per-tencentes á abadía de Samos, que establece aíun dos seus mellores prioratos.

Século XIIEse dominio do mosteiro sobre as parroquiasmencionadas é confirmado polo papa AlexandreIII.

Século XVIOs monxes de Samos comezan a instalarferrerías, unha delas en Gundriz.1553: As freguesías de San Cristóbal e SanXoán, cos seus bens e as súas rendas, agrégan-se á abadía de Samos, como unha prolongaciónda mesma. O abade nomeaba ós dous monxes,e a casa na que vivían chamábase priorato.

Século XVIIConstrúese unha ferrería en Santalla, tamén nabeira esquerda do río Lóuzara. Esta ferrería e amencionada antes producían máis de mil arrobasde ferro anualmente, o que supoñía uns ingresosde miles de reás.

Século XVIII1745: A memoria dese ano do mosteiro deSamos menciona o priorato de Lóuzara, consti-tuído por San Cristóbal, San Xoán, Santalla eGundriz.

1753: Existían varias confrarías: dúas das Áni-mas, unha de San Xoán Degolado, outra deNosa Señora do Rosario. 1761: Morre, en Parada, Francisco Castrelo. Einclúese este nome aquí porque, curiosamente,desde entón e ata 1830 polo menos (70 anos),os descendentes pagaron os estipendios damisa de aniversario.

Século XIX1809: A invasión francesa leva a que tres mil sol-dados estranxeiros ocupen a zona, ocasionandobastantes destrozos na igrexa de San Xoán ban-cos, mesas, confesionarios; e lévanse un cáliz eunhas crismeiras de prata.1870: As ferrerías de Gundriz e Santalla deixande funcionar ó montarse no País Vasco os AltosFornos e non poder competir con eles.1890: Nacen como parroquias San Xosé deSantalla de Lóuzara e San Andrés de Gundriz.1824: Debido a que se queimara o cárcere deSamos, tivo que poñer 2,5 reais cada veciño deSan Cristóbal e San Xoán, así como dalgúnsoutros lugares. Ata entón, os criminais tiñan queser arrestados en casas particulares por turno, ocal trastornaba a vida dos labradores, que nonpodían traballar cando lles tocaba vixiar día enoite ós presos.

Manuel Varela

10

parroquias• •

11 O Noso Lar

parroquias• •

Santiago deZóoNa ladeira do monte da Meda e, atravesada polo

camiño Frances de Santiago, sitúase a parroquiade Zóo. É unha das vintecatro que constitúen oconcello de Samos e dista uns nove quilómetrosdo nucleo de Samos.Forman a parroquia dous pobos: Un que leva o mesmo nome da parroquia, Zóo,

con 11 casas (das cales catro están cerradas tem-poralmente) e un total de 28 persoas.E outro chamado A Furela, con 7 casas (unha

delas cerrada temporalmente) e un total de 23 per-soas. Nestes datos está contada unha casa reha-bilitada hai pouco tempo e que se encontra nomedio dos dous núcleos de poboación que com-poñen a parroquia, no lugar chamado O Franco, eque ademais presta os servicios de bar e lugar deencontro para peregrinos e veciños.Para sacar datos conclusivos da parroquia, en

total hai 13 casas habitadas, que suman 51 perso-as. A súa distribución por idades é:

O templo parroquial é unha humilde peza rural,que se encontra na parte baixa da aldea de Zóo.O patrono da parroquia, como o seu nome indicaé Santiago, anque celebran a festa de San Antoniode Padua, xa que no mesmo pobo de Zóo consér-vase a capela adicada ó mencionado santo. NaFurela atopámonos tamén cunha capela propia,adicada a San Roque. Unha parroquia con dous

núcleos de poboación e tres lugares de culto, queson mostra da vivencia relixiosa que existe nestazona.Dunha forma anecdótica resaltar que ó pobo de

Zóo chegan viaxeiros buscando o parque de ani-mais salvaxes ignorando que a procedencia destenome é o dun home de procedencia árabe cha-mado "Zaalon", "Zalón" ou "Zaón", que se foi con-vertendo en "Zóo". Así nolo manisfestan os docu-mentos do Mosteiro de Samos, e os apelidosexistentes aínda hoxe no sur da península de"Zalón" e "Zalona" e, o apelativo andaluz "Zalona"que significa unha xarra grande de barro e conasas.Polo tanto, unha parroquia que nada ten que ver

o seu nome co lugar no que se empraza, nin coaspersoas que nela habitan, senón co nome da per-soa á cal pertenceu a "Vila de Zóo", e lle deu nomedende moi antigo ó pobo que se levantou ó redordesta antiga vila.Como datos curiosos dicir que entre o 1990 e o

2003 houbo trece defuncións e seis bautizos naparroquia de Zóo.

Manuel Otero

12 O Noso Lar

Viaxe a LeónSaímos de Sarria o día 26 de abril do ano 2003,

de mañanciña, un grupo de amigos e compañeirosdispostos a pasar unha fin de semana nunha dascidades con máis historia de España: León.

O noso propósito era pasalo o mellor posible,coñecer moito e durmir pouco. Había moito quever e pouco tempo para disfrutar de tódolos encan-tos que nos ofrecía a cidade: a súa xente, os seusedificios, a súa gastronomía e, como non, a súanoite.

O primeiro que visitamos foi a catedral.Percorremos as distintas rúas do centro histórico,ata chegar a unha das tres edificacións que oarquitecto catalán Gaudí fixo fóra da súa terranatal: a casa Botines. Seguindo o noso itinerario,chegamos á Real Basílica de san Isidoro, ondevisitamos o seu museo e Panteón. Alí puidemosadmirar as diferentes obras conservadas, das quedestacan unhas pinturas nas paredes que simulandistintas situacións.

O día foi pasando mentres percorriamos a cida-de, e aínda que estabamos cansos da camiñada,quedáronnos forzas para disfrutar dunha boa ceana que probamos os distintos pratos típicos, e paracoñecer despois a noite leonesa.

Xa de regreso, fixemos unha parada en Astorga,onde visitamos a catedral e o palacio episcopal domestre Gaudí. Tamén saboreamos, como non, asmanteigadas e probamos o doce chocolateartesán, que nos fixo moi doce o camiño de volta.

Desta viaxe hai que destacar a unión que reinouentre todos, a convivencia e, sobre todo, o enri-quecemento persoal e cultural que supuxo estacurta fin de semana. Non quero rematar sen agra-decer a tódolos que fixeron posible a viaxe e queme deron a oportunidade de expresar nestes liñaso vivido.

María Luisa

12

actividades• •

Coñecer Galicia

Desde o ano 1988 vimos percorrendo asnosas costas coa finalidade de coñecer milloras maravillas da nosa terra.Trátase dun día de lecer e de familia no que a

convivencia interxeracional é a nota predomi-nante.Participan cada ano unha media de 110 perso-

as (nenos, mozos,adultos e maiores).Os lugares visitados cada ano son:1988: Rias Baixas1989: Mondoñedo, Foz, Ribadeo1990: Coruña, Sada, Pontedeume1991: Noia, Muros, Carnota, Fisterra

1992: Pontevedra,Sanxenxo, Portonovo

1993: Padrón, Santa Uxia deRibeira, Poboa do Caramiñal

1994: Vigo, Baiona, Tui 1995: Malpica, Camariñas,

Muxía1996: Ferrol, S. Andrés de

Teixido1997: Vilagarcia, Cambados,

A Toxa1998: Noia, Muros, Fisterra

1999: Viveiro, Ribadeo, Foz2000: Padrón, Rianxo, Boiro2001: Rias Baixas2002: Marín, Bueu, Cangas, Vigo2003: Vilagarcia, Cambados

13 O Noso Lar

actividades• •

CampamentoCangas 2003

Somos dúas rapazas que, desde os 9 anos,temos 17, levamos participando no campamento,que organiza a Fundación " O NOSO LAR" deLousada. Por iso, estas liñas non son suficientespara expresar todo o que vivimos ó longo destesanos.Nos primeiros campamentos, sempre tiñamos

problemas coa comida, estabamos mal acostuma-das nas nosas casas; pero Saladina, coa pacien-cia que lle é propia, conseguiu que superasemosesta pequena (daquela, non tan pequena) dificul-tade, cousa que hoxe lle agradecemos.Unha das cousas, que lle hai que agradecer ó

campamento é que, desde moi pequenas aíndaque só sexa por uns días, ímonos facendo máisautónomas e independentes dos nosos pais.Tamén irnos introducíndonos na realización depequenos labores domésticos, que na nosa casaaínda non faciamos.Como somos do interior e aquí medramos, no

verán non había moitas posibilidades de ir á praia,para gran parte de nós. Os monitores levábannosa disfrutar do mar tódolos días do campamento,fixese o tempo que fixese. Lembramos días nosque había que ir con pantalóns e chaqueta, eaínda así había quen se animaba a bañarse, men-tres outros xogabamos na area.Sempre, para remata-lo día, organizábase unha

velada, na que todos participabamos, ben respon-sabilizándonos da súa organización ou colaboran-do con quen animaba. Ó remata-la velada, habíaque ir durmir (sobre as 12). Ós que tiñan máis de14 anos, permitíaselles, os sábados, saír unpouco cos minitores, de paseo por Cangas.Para rematar, hai que destacar que, gracias ó

campamento, descubrimos a moitas persoas que,se non fose pola convivencia, nunca lograriamo-lasúa amizade.Queremos agradecer sobre todo ós monitores

que, aínda que pareza mentira, non é un traballo

moi doado o que realizan, xa que a nosa idadesupón dificultades, para eles, á hora de compren-dernos e axudarnos. A pesar de todo, eles seguenestando aí. Graciñas.

Sabela e Sandra

MEDRAMOS XUNTOSSabemos, entre outras cousas, que a persoa

humana é capaz de descubri-los seus propiosvalores, de comprometerse, conscientementecon eles, de desenvolve-las súas propias capa-cidades e de decidir, responsablemente comoconduci-la súa vida. Sabemos, tamén, que esteproceso é moi lento, tan longo coma a propiavida, e que se vai facendo realidade na relaciónsocial. As relacións interpersoais axudan aabrirse ós demais, comezando pola familia,avanzando a outras relacións máis amplas(poderiamos seguir falando) ata chegar a unmundo, ás veces, manipulado, contradictorio,no que os valores poden estar en conflicto e, aeste mundo haberá que achegarse con simpatíapero con mentalidade crítica.

Porque cremos neste proceso, desde unhaóptica cristiá, é polo que a FUNDACIÓN "O NOSOLAR", segue a programar actividades de tempolibre, entre as que está o campamento deverán.

Josefa

14 O Noso Lar

Vacacións-convivencia en Suíza

Si, Suíza foi elixido este verán para a tradicionalviaxe organizada pola Fundación “O Noso Lar”.

A saída de Sarria foi o día 31 de xullo pola tardee o regreso o día 10 de agosto pola noite.

¡Menos mal que non se nos ocurreu leva-loequipo de esquiar porque ía volver sen estrealo!Alá tamén fixo moita calor...

Fixémoslle fronte á calor madrugando paraandar algo “pola fresca” e bebendo moita auga;por certo, aló é moi boa. Houbo quen aproveitouas numerosas fontes para bañar ó resto e un atarecibiu como regalo unha canción que dicía nonsei que dunha regadeira.

O caso é que a calor do tempo uníuse á calor dairmandade que tamén nos acompañou na viaxe.

Calorosa foi a benvida que nos dispensou JoséOtero, o galego que nos guiou nalgunhas dasnosas visitas e nos contou cousas de Suíza poisleva alí moitos anos como sacerdote, e amigo, dacomunidade de emigrantes.

Comentounos a súa visión do país e aprende-mos algo máis sobre os protestantes, maioría reli-xiosa en Suíza.

Por mediación de José coñecemos a outrosdous paisanos que estaban esperando as vaca-cións para viaxar a Galicia como outros tantos fanno mes de agosto tódolos anos.

E aínda con máis galegos nos reunimos; cunmatrimonio e os seus nenos, veciños e amigosduns compañeiros nosos de viaxe. Tratáronnoscomo familia.

Para todos eles un recordo agarimoso.

Durante a viaxe participamos na celebración daEucaristía en castelán na igrexa do SagradoCorazón en Ginebra. Foi impresionante oír cantara todo o mundo, sentir o viva que está aquelacomunidade. Nesta ocasión foi José Regal, undos sacerdotes que viaxaba con nós, quen conce-lebrou e dirixiu unhas palabras de agradecementoa todos na persoa do párroco, un sacerdote doBrasil.

Viaxar é estupendo porque nos permite disfrutare ademais aprender vendo como se desenvolvenoutras xentes na vida diaria. Moi boas lecciónsnos dan os suízos, e unha moi especial: o coida-do da natureza ¡E nós temos unha natureza moifermosa que manter!

O noso percorrido:Nîmes (Francia). Anfiteatro, catedral de Notre-

Dame e St. Castor, Maison Carrée.

Aviñon (Francia). Palacio des Papes, murallas,ponte de St. Bénézet.

Ginebra. Paseamos ó redor do seu lago e con-

14

actividades• •

15 O Noso Lar

templamos o “Jet d´eau” (enorme surtidorde auga) símbolo distintivo da cidade epateamos a parte antiga coa catedral e amoderna cos organismos internacionais.

Bordeando o lago Lemán e con vistas ásmontañas dos Alpes visitamos: Lausannecoa súa catedral, praza e escalinatas.Vevey, cidade importante polas súasindustrias leiteiras e de chocolates. Nopaseo do lago atópase o monumento aCharlie Chaplin. Montreux, cidade cons-truída en forma de anfiteatro cun fermosí-simo paseo arborado con flores e fontes ópé do lago. Évian (Francia), centro turísti-co onde se poden recibir tratamentos ter-mais.

Berna. Cidade medieval,considerada BenCultural Mundial da UNESCO. Dende a estaciónpercorremos as rúas coas súas fontes, soportais etorres. Destaca especialmente a torre do Reloxo ea catedral de San Vicente.

Lucerna. Importante cidade medieval coas súastorres, fontes e prazas con casas tan característi-cas como as do mercado do viño ou do gran.

Zurich. A cidade máis importante e popular deSuíza, con aspecto moderno: elegantes tendas,bancos, edificios señoriais e a súa parte antiga,onde destaca a catedral Grosmunster (gótica).

Visitamos tamén outras locali-dades máis pequenas e nonmenos interesantes como:Rapperswil, na marxe norte dolago de Zurich; Winterthur, cidadeindustrial; Schaffhausen, xunto áfronteira alemana, onde se podenvisitar as impresionantes catara-tas do Rin; Stein Am Rhein,pequena po-boación na que pare-ce que vives un conto pola deco-ración das súas casas eConstanza, cidade alemana a1.950 km de Santiago deCompostela.

Xa de volta en Francia desde Bourdeaux, coanosa amiga Magdalena, desprazámonos a St-Émilion, marabilloso pobo, no distrito do viño tinto,cun mosteiro e estreitas rúas, que conserva casasmedievais e parte das murallas. E para repoñerforzas unha paradiña en Royan, na praia ou noparque.

Como vedes foi unha viaxe de paso de frontei-ras (francesa, suiza, alemana e española) que nostraía a todos algo nerviosos por se non estaban osdocumentos en regra e tiñamos que quedar aaprender idiomas. Con tanta fronteira tomamossalchichas por metro, bocatas e ata comida grega.

Tan pronto estabamos no tren,como no autobús, no tranvía ounun barco, algúns cos ollos pecha-dos. A pesar da andaina e o esgo-tamento agardamos que ninguénperdese nada da equipaxe porquehabía quen traía unha chocacunha mensaxe...

Damos gracias a Deus polaexperiencia vivida e non queremosesquece-la Fundación “O NosoLar”.

Dado o agradable da vivenciaesperamos algo para o próximoverán.

actividades• •

16 O Noso Lar

senón tamén por tódalas instalacións que posúe óseu redor. Para remata-lo día, visitámo-la localida-de de Santillana del Mar, lugar moi turístico cunhafermosa colexiata.

Entrada a noite, estivemos en Torrelavega,onde ceamos. Hospedámonos cunha congrega-ción de relixiosas que nos acolleu moi ben e noscedeu habitacións e duchas.

O segundo día erguémonos con algo de sono,máis que nada por non adicar tempo a durmir e sió estudio do ambiente nocturno da zona. Peroenseguida espelímo-lo sono.

Esa mesma mañá coñecemos Comillas, ondefixemos compras: paraugas sobre todo porque,¡cousas do tempo!, comezou a chover de veras eseguiu facéndoo durante todo o camiño de regre-so. En Comillas visitamos algunhas das marabillasde Gaudí. Despois de xantar emprendémo-locamiño de volta ós nosos fogares, ós que chega-mos ás 10 da noite, só con unha pena: un par dedías máis para seguir disfrutando.

Eu levaba tempo sen participar nas actividadesque leva a cabo a Fundación ó longo do ano edecidín voltar a participar porque botaba algo enfalta.

Dígovos que valeu a pena. Na viaxe, ademaisde coñecer novos lugares, pasei dous días moiagradables na compañía de tódolos compañeiros.

Así que xa sabedes: animádevos a participarnas actividades da Fundación. Ademais de sentir-vos satisfeitos persoalmente, disfrutaredes epasarédelo ben. Iso é o que me pasa a min polomenos.

¡Ata outra!Víctor

Viaxe a Cantabria

¡Ola amigos! Desta volta tocoume a min contár-vo-la experiencia da última viaxe que fixemos aCantabria.

Pois ben, ás seis da mañá do día 25 de outubrosaímos de Sarria. Despois dunhas paradas nece-sarias, para repostar ou para meterlle algo ócorpo, chegamos a Santander a media mañá.Visitámo-la catedral gótica do século XIII e demosunha volta pola cidade para coñecela un pouco.

Achegándose xa a hora de xantar, dirixímonosás inmediacións do estadio do Sardinero, ondedisfrutamos todos xuntos dun bo xantar.

Xa pola tarde visitámo-lo Pazo da Magdalena,que impresiona non só polas súas dimensións

16

actividades• •

17 O Noso Lar

actividades• •

Fontes de vidaCanción interpretada na XIII Festa Popular Campestre de conviven-cia cos nosos maiores. Teivilide

FONTES DE VIDA

Hai augas que regan sementes perdidas,hai augas que lavan memorias feridas.

Son augas que pasan, mais deixan ledicia,augas que percorren camiños de vida.

AUGA SON AS BÁGOAS, AUGA É A SUOR,A SEDE NOS GUÍA, BUSQUÉMO-LA FONTE...FONTES DE AUGA VIVA NOSOS VELLOS SON.

Hai augas que dan consistencia ás cinzas,hai augas que unen as pedras vencidas.

Son augas que caen, mais non perden frescura,augas de esperanza nas noites escuras.

AUGA SON AS BÁGOAS, AUGA É A SUOR,A SEDE NOS GUÍA, BUSQUÉMO-LA FONTE...FONTES DE AUGA VIVA NOSOS VELLOS SON.

Hai augas que moven a noria dos días,hai augas que arrastran as terras baldías.

Son augas sinxelas, mais cheas de enerxía,augas que teñen a forza da vida.

AUGA SON AS BÁGOAS, AUGA É A SUOR,A SEDE NOS GUÍA, BUSQUÉMO-LA FONTE...FONTES DE AUGA VIVA NOSOS VELLOS SON.

PREPARATIVOS DAFESTA

Un ano máis, a medida que se acerca o verán,comezan a poñerse en marcha os preparativosnecesarios para a celebración dunha gran festa xapor todos moi agardada: a Festa de convivenciacos nosos maiores.

Son moitos os traballos que se han de realizar paraque todo estea a punto ese día. Pero co granciño dearea que cada un vai aportando, e as gañas de queese día tódolos participantes disfruten do encontro,ese traballo convértese nunha satisfacción.

Este ano o lema elixido foi Fontes de vida,seguindo co tema tratado no anterior boletín.

Para empezar, habíaque conseguir que todaa xente que participasena festa, fose un poucoconsciente do que sequería expresar; igualque as fontes son unben de incalculable valorpara a vida, así taménos nosos maiores sonunha riqueza que haique coidar. Partindodesta base creouse unconto en torno ó cal sedesenvolvería toda afesta: "O pobo da augaperdida". Intentouse ambientar a carballeira comoun pobo coa súa fonte no centro da praza comotradicionalmente se situaron tódalas fontes, nocorazón do pobo; a praza lugar de reunión, demercado, de festa e de unión de tódolos veciños.

Pero, ademais de toda a historia, houbo moitostraballos que realizar. Había que idear o detalleque se ía entregar a tódalas familias e, unha vezpreparado, percorrer os pobos para facer chegar a

invitación da festa a cada casa. En todas elasfomos, como sempre, ben recibidos, quedando asípatente o interese que todos manifestan.

Para escenificar o conto, un grupo de rapacesxuntábanse semanalmente para ensaiar estapequena obra que ían representar ese día. Taméndeseñamos un traxe co que nos ataviar e que ser-

viría de complemento atoda a escenografíaque daría vida ó lugar;e así, detalle a detalle,ir dando á festa unambiente máis acolle-dor e familiar.

Ó mesmo tempo, enLousada reuniamonospara realizar laboresartesanais como a pin-tura sobre vidro, deco-ración de manteis…para expoñer na festa erecadar fondos.

A medida que se acercaba o día intensificáronseos traballos e apuros, pero gracias á colaboraciónde tódolos participantes, os xoves e non tan xovesque traballaron para ter a punto o encontro, asparroquias e os organizadores, deu como resulta-do o marabilloso día de festa no que rapaces emaiores, todos xuntos, conseguimos pasar un díade ledicias e ilusións compartidas.

Cristina

18

actividades• •

19 O Noso Lar

actividades• •

GRATITUDE E CAMBIOUn ano máis celebrouse a festa de convivenciacos nosos maiores. Nesta ocasión tocaba enTeivilide, co aliciente de que este ano era nunlugar novo, o cal non foi escusa para que tódalasactividades programadas non saísen ben, todo ocontrario, sae todo mellor do que tiñamos pensa-do.No 2003 acompañáronnos as condicións meteo-

rolóxicas, algo que non pasara en edicións ante-riores nesta zona, o que fixo posible que todos dis-frutásemos máis do que alí estaba a suceder.Como na edición anterior, este ano a festa xiraba

en torno a un conto "O pobo da auga perdida".Toda a carballeira estaba adornada con grinaldas,carteis e outros adornos, para que o público alípresente se metese un pouquiño máis na historia.O motivo deste conto foi que o ano 2003 era oAno Internacional da Auga, o que derivou no lemada festa "Fontes de vida". Se desenvolvemos algoeste lema, ten moito que ver co que nós preten-diamos: os nosos maiores son a fonte mediante acal é posible a nosa existencia, polo que debemosagradecérllelo sempre.A xente debe pensar que organizar un acontece-mento deste tipo, despois das edicións que selevan celebrando, debe ser sinxelo, pero na miñaopinión cada ano que pasa resulta un pouquiñomáis complicado, xa que tódolos presentes espe-ran algo diferente ó ano anterior, algo que lles pro-duza asombro e admiración.Pero calquera esforzo que fagamos non é pouco.

Nós vivimos nunha zona rural, e isto quere dicirque as relacións entre persoas están moi limita-das: os maiores, debido ás súas carencias físicas,non se relacionan da mesma maneira cá xentenova ou de mediana idade. Nunha cidade istosería moito máis sinxelo. Por iso, os xoves destacomarca e outra xente axudan e colaboran nesteacontecemento, ben sexa co seu traballo ou coasúa presencia.Eu quixera pedirlles a tódolos que lean este arti-

go que un simple feito, palabra ou xesto ante un

ancián, para nós non é nada, pero para eles écariño, comprensión e, o máis importante, facé-molos sentir vivos.Por iso gustaríame moito que os nosos maiores

non só tivesen un día ó ano a nosa gratitude,senón os 365 días se é posible. Nesta vida temosque pasar por momentos difíciles todos, uns máisque outros, pero un só non os dá superado, tenque haber sempre alguén ó seu carón. Nestecaso, cando nos vemos limitados pola nosa idade,temos que poder contar coa axuda dos outrosmáis novos.Polo tanto, dende a miña modesta opinión, tere-

mos que aprender a ser un pouco máis solidariose comprensivos cos demais, e sobre todo cosnosos ancestros.

Miguel Sampedro López

20 O Noso Lar

Presencia en Internetda Fundación O Noso LarUn pouco de historia.

A primeira idea do que sería posteriormenteInternet nace nos anos 60 do s. XX tanto polanecesidade militar de comunicarse, como polanecesidade científica de compartir investiga-cións. Case tódolos documentos sobre estetema comezan falando dos tempos da GuerraFría, de científicos soviéticos que puxeron enórbita o primeiro Sputnik en 1957 e así acelera-ron as paranoias estadounidenses, o cal derivouna fundación dunha axencia pseudosecreta emilitar para a investigación de proxectosestratéxicos coñecida polas siglas ARPA. Logoo relato da historia de internet faise complicado.En liñas xerais, diremos que a finais dos ditos60 créanse as sólidas bases teóricas de Internete é cando aparece o primeiro programa decorreo electrónico.

Xa nos anos 70 as institucións educativas eas empresas conéctanse a Internet. É cando sedefinen e se desmarcan do militar; é cando se

produce a conexión a Internet de Europa ecomezan a detectarse ataques contra a seguri-dade, isto xa cara a 1990. O nacemento daInternet comercial é relativamente recente,acontece en 1995 e a súa explosión pasou polaentrada de servicios tradicionais como a radio, atelevisión, a banca e a telefonía, que se vanintegrando en maior ou menor medida á rede deredes.

O futuro de todo isto pasa porque a redeamplíe o ancho de banda para permitir aplica-cións como telemedicina e videoconferencia dealta calidade, e pola telefonía sen fíos, desdeonde se poderá acceder a multitude de servi-cios.

Esta posta en antecedentes que vos pretendofacer sobre a orixe de Internet no mundo vén aconto xa que a Fundación “O Noso Lar” acabade inaugura-lo seu sitio na rede de redes. Coadenominación http://www.onosolar.org arté-llase toda unha serie de información que nosofrece a nosa Fundación: sobre a laboura pas-toral, as publicacións semestrais, as actividadesculturais, as parroquias, a súa historia,…

Deste xeito, tódolos que queiran ter informa-ción de primeira man e actualizada somentesteñen que sentarse diante do ordenador; amarabilla deste mundo cibernético é que unsamonense que viva en Australia, por exemplo,poida ver información do lugar dos seusanceios; neste punto caberia propor que sepodería abrir un foro de debate na páxina paraque as xentes de alá puidesen comunicarsecoas de aquí. A vocación de servicio coa que

20

opinión• •

21 O Noso Lar

opinión• •

naceu a nosa Fundación trasládase agora a unmundo totalmente misterioso. A información naglobalización cara á que vivimos é vital, e “ONoso Lar” non debe quedar atrás. Non pretendíncon esta miña reseña facer unha descrición da

páxina en si, de ningún xeito. Para que estascousas funcionen hai que facer uso delas e sermoi curioso e facer propostas, dende aquí inví-tovos a facelo.

Gustaríame neste punto facer unha reseñabreve dun problema co que nos atopamos nonoso Concello e que leva anos sen arranxarse.Gustaríame que algunha autoridade tomasecartas no asunto seriamente porque non é xustoque un pequeno que viva en Samos teña acce-so a Internet e un cativo que viva en Trascastroou Manxar non poida. ¿Cal é o problema? Queo expliquen, pero se tódolos españois debemosvivir nun mundo de igualdade de dereitos écomprensible que tamén teñamos este dereito.Non vale con que Telefónica non está prepara-da para o troco da telefonía rural; se non estápreparada é o seu problema, a nós a fin de mescóbranos como a un madrileño ou a un coruñése eles teñen acceso a todaesta información que nosofrece Internet e na que osrapaces do noso Concellolevan un atraso de anos.Recapacitemos todos e esi-xamos o que nos pertencepor dereito, e se hai que col-gar o teléfono cada vez quenos chamen de Telefónicapara esta ou outra ofertatamén o facemos pero sem-pre dicindo: “En Samostamén queremos Internet”.

José Luis Garza

22 O Noso Lar

Zoupadas:causasQue facer para non levar zoupadas.As caídas constitúen un fenómeno frecuente

entre os anciáns (13-25% dos maiores de 65anos, 31-35% dos maiores de 85 anos), e con pre-ferencia nas mulleres ata os 75 anos, idade enque a frecuencia queda igualada para ámbolosdous sexos.

As caídas constitúen unha causa importante delesións (4-8% de fracturas), de incapacidade eincluso de morte nos anciáns, sendo a causa prin-cipal de morte por lesións en maiores de 65 anose son un indicador importante en xeriatría ó defini-lo ancián fráxil. Sábese que nos anciáns activosas caídas, aínda sendo menos frecuentes, teñenpeores consecuencias.

Para conserva-la postura necesítanse mecanis-mos de regulación complexos e integrados nosque participas os nervios, o corazón, os músculos,os ósos e os sentidos. Os anciáns en xeral teñenmáis dificultades para conserva-la estabilidade, oque se manifesta pola existencia dunha posturaríxida e en flexión, pasos curtos e lentos, xiro enbloque, desequilibrio, base de sustentación ancha,e menor oscilación dos brazos. Ademais, co enve-llecemento pérdense as respostas fronte ás caí-das, como a extensión de mans e brazos.

Entre as alteracións fisiolóxicas relacionadascoa idade e que predispoñen ás caídas, destaca-mos: · Alteracións oculares: diminución da agudeza

visual, da visión cercana e da nocturna.· Alteracións auditivas: Perda de oído, con tras-

torno na interpretación da linguaxe , tendencia aacumulación excesiva de cerume.· Alteracións do sistema nervioso: maior tempo

de reacción, diminución do recoñecemento polossentidos.

Por outro lado, favorecen as caídas discapaci-dades como: enfermidade de Parkinson, demen-

cia, parálise, graves deformidades nos ósos, eproblemas de corazón. Tamén se sabe que aperda de oído é un maior risco de caídas, poisparece que as "pistas" auditivas cumpren un papelimportante na capacidade de manterse activo.

Outros factores que predispoñen ás caídas sonos trastornos emocionais, a depresión e o nonacepta-las limitacións físicas que levan ó individuoa sobrevalora-las súas capacidades evitando aaxuda doutras persoas ou de dispositivos.

Ademais das enfermidades, o consumo de deter-minados medicamentos pode favorecer moito aexistencia de alteracións do equilibrio e da marcha(hipnóticos, antidepresivos, antipsicóticos, hipo-tensores, diuréticos). Chega a dicirse que o ele-mento predictivo máis importante das caídas é oconsumo de sedantes.

Tamén o consumo de alcohol é un importantefactor que predispón ás caídas.

Podería resumirse que os factores máis determi-nantes do risco de caídas son:· Persoa maior de 75 anos.· Alteración da estabilidade e da marcha.· Existencia de caídas previas aumenta o risco de

volver a caer.· Consumir 4 ou máis fármacos.· Ancián fráxil.· Vivir fóra do entorno familiar.Ademais destas causas de orixe persoal hai que

considera-la importante influencia dos factoresambientais para o maior risco de caídas: ilumina-ción, barreiras arquitectónicas, emprego correctode equipos de adaptación. Estudios en anciánsmostran que a maioría de caídas son por defectosdo medio en que viven ou malas adaptacións domesmo

22

saúde• •

23 O Noso Lar

saúde• •

Zoupadas:prevención

A prevención inclúe medidas en varios ámbitos:Hábitos de vida: mante-la capacidade funcional,

exercicio físico, ausencia de hábitos tóxicos.Medidas de seguridade ambiental: no fogar e no

medio comunitario.Detección precoz e corrección de factores pre-

dispoñentes.A continuación propoño unha serie de recomen-

dacións tanto ós maiores como ós seus coidado-res para reducir no posible o risco de caídas. Parapoñer en práctica estas medidas non se precisaun gasto excesivo, senón simplemente o interesepara levalas a cabo.

- Colocar luces potentes en tódalas zonas davivenda para mellora-la agudeza visual, pero evi-tando os deslumbramentos.

- Coloca-los interruptores da luz de forma quesexan accesibles nada máis entrar na habitaciónpara evitar atravesala a escuras.

- Evita-lo uso de alfombras rotas. Colocar debai-xo das alfombras un piso adherente de goma efixalas para que non se enruguen.

- Usar mesas o suficientemente estables parasoporta-lo peso dunha persoa inclinada sobre osseus bordes, facilitando o apoio das persoas conmal equilibrio.

- Reparar patas de sillas rotas e estabilizalas.Utilizar sillas con brazos para apoiarse ó levantar-se ou ó sentar. Preferentemente as sillas seráncon respaldo alto.

- Dispone-los mobles e os apeiros de forma quenon interrompan o paso.

- Evita-lo chan mollado; colocar alfombras degoma nas zonas molladas habitualmente (cociñase baños) e usar zapatos con sola de goma.

- Retirar cerrollos das portas do baño ou utilizarcerrollos que poidan abrirse polos dous lados, per-mitindo a outras persoas entrar en caso de produ-cirse unha caída.

- Na bañeira colocar alfombras de goma ebarras laterais para asirse. Usar “asentos “ deducha se fose necesario en persoas con mal equi-librio.

- Se o wáter é demasiado baixo para o ancián,hai no mercado elevadores do asento. Os toallei-ros deben ter seguros os enganches das barraspara poder apoiarse neles ó sentar e ó erguersedo inodoro .

- Nas escaleiras debería evitarse a altura exce-siva dos chanzos e deben instalarse ou anclarseben cilíndricos, separados da parede 2´5 a 5 cm.Prolongaranse máis alá do primeiro e derradeiroescalón cos extremos voltos cara a dentro.Colocar alfombras antideslizantes en tódoloschanzos e ter iluminación suficiente na zona daescaleira.

¡Que ninguén perda o equilibrio, para poder vermoitos amenceres como o da foto.

Conchita Rodríguez Fernández

24 O Noso Lar

Vacas tolas epolos griposos

Nestes últimos anos estamos vendo un fenóme-no que xa criamos era parte do pasado e non seía repetir; isto é, dalgún xeito, a volta de moitaspestes que afectan ós animais e ás persoas. Sedos animais estamos a falar entón teremos quefacer mención de xeito especial nestes intres aenfermidades como a das vacas tolas e tamén ocaso da gripe do polo de gran actualidade dendeeste mes de xaneiro de 2004.

O primeiro que debemos saber é a denomina-ción máis científica das enfermidades, pois suce-de en moitas ocasións que ó escoitar nomes noncientíficos ou excesivamente coloquiais pode con-levar o feito de malinterpretar algunhas das carac-terísticas dos procesos dos que estamos a falar.Por ese motivo, aínda que é un nome moiperiodístico e estase a usar moito nos medios decomunicación, temos que dicir que o xeito máiscorrecto de denominar á enfermidade das vacastolas é chamala Encefalopatía EsponxiformeBovina (EEB). Por outro lado, o xeito máis correc-to de denominar á gripe do polo sería chamalainfluenza aviar, se ben neste último caso o feito dechamala gripe do polo axústase máis á realidadedo mal que no caso da encefalopatía esponxifor-me.

A encefalopatía esponxiforme bovina é unhaenfermidade dexenerativa do sistema nerviosocentral do gando vacún que ten como principalpeculiaridade o feito de que está causada por unaxente infeccioso que non contén ADN, o materi-al que transmite a herdanza, senón que se tratadunha proteína. Este mal vén do Reino Unido,pero é bo sinalar que aínda que este proceso tivoa súa orixe nunha illa, conseguiu saír de dita illa ealcanzar o continente. A pesar das medidas quese puxeron, a enfermidade conseguiu estendersea Portugal, Francia, e outros moitos países ade-mais do noso. A última noticia deste proceso é que

apareceu nos Estados Unidos, o cal dá boa contada extensión dunha enfermidade.

Polo que respecta á gripe do polo, o axente cau-sante desta enfermidade é un virus, ó igual que ocausante da gripe das persoas, concretamentetrátase dun virus da familia Orthomyxoviridae,xénero influenzavirus que vai causar, tras unhaincubación entre os 3 e os 5 días, un proceso detipo respiratorio nas aves ás que lles afecte. Nonse trata dun proceso novo, pero ó igual que suce-de no caso da gripe das persoas, existen diferen-cias entre as distintas cepas causantes do mal, detal xeito que no caso destes últimos brotes, tráta-se dunha cepa moi infecciosa e moi contaxiosa.Concretamente, denomínase H5N1, resultandocapaz de causar unha mortalidade nos pitos decase o 100% dos animais. Outro aspecto de inte-rese a ter en conta é que pode contaxiar tanto ásaves como ás persoas, e isto último é o máis pre-ocupante, xa que se ben non afecta ó noso país ébo telo en conta pois débese de manter una altavixilancia epidemiolóxica e estar alertados. Enefecto, resulta do máis perigoso a circulación des-tes virus altamente patóxenos, por seren moi ines-

24

hixienealimentaria• •

25 O Noso Lar

tables, e a cocirculación de virus de animais alta-mente patóxenos conxuntamente con virus huma-nos podería dar lugar a un novo virus para o cal aspersoas non tiveramos ou tiveramos moi poucainmunidade. Isto último parece que é o que está aacontecer nestas últimas datas en tanto en cantoxa parece que se demostrou o contaxio entre per-soas deste mal.

Este brote de influenza aviar probablemente tena súa orixe primaria na China, se ben é noVietnam onde se están a producir a maioría doscasos, incluídos os casos na xente e xa afecta a 9países no momento de escribir estas liñas.

A encefalopatía esponxiforme bovina ou ainfluenza aviar son para min un bo exemplo danova vertente das enfermedades infecciosas dosanimais, cada vez cunha maior demostración daposibilidade de transmisión ás persoas, e unhacapacidade de propagación moi grande e que apesar do maior desenvolvemento científico e damaior posibilidade económica dos países, cadavez resulta máis difícil controlar. Baixo o meupunto de vista, parte do problema vén da non har-monización dos métodos productivos cos métodosde control e xestión da producción agraria.Poñendo un exemplo para entendernos mellor;nestes días poidemos observar como en paísescomo Vietnam ou outros países do lonxanoOriente onde se está a desenvolver o brote deinfluenza aviar o número de explotacións cun altonúmero de animais é importante, isto é que semodernizaron as medidas productivas, e que polotanto a cría intensiva dos animais está en boamedida posta a punto. Pero, por outro lado, taméntiven a ocasión de ver diversas reportaxes na tele-visión nas que se dicía que moitos labregos tira-ban os pitos mortos ó río ou que os venderan nosmercados. Non é moi difícil de imaxinar que conesas medidas de control a peste non fará senónincrementarse e ir de país en país.

Do mesmo xeito cabe sinalar que tamén unhaenfermidade como a encefalopatía esponxiformebovina, a pesar de nacer nun país que poida pare-cer tan avanzado coma o Reino Unido, sucede ófinal que dito proceso non pode ser controlado porcanto non existía un sistema de identificación dogando vacún axeitado para o control destes pro-

cesos, sendo tamén unha enfermidade que xurdiupolo emprego de determinadas prácticas na ali-mentación dos animais.

Este tipo de cousas son consecuencia inevitableda globalización dos mercados, e do abundantetránsito de persoas, animais e outros productos,incluídas as tecnoloxías e os métodos productivoscos que se comercia entre os distintos países.Esta globalización non sempre se encontra har-monizada de forma axeitada, e polo tanto as pecu-liaridades de cada país van facer que o quenalgúns países funcione noutros acabe por provo-car pestes como as que estamos a comentar nes-tas liñas.

Aínda que España e Galicia non están a sufrircon toda a súa forza moitas destas pestes, en boaparte polas férreas medidas de control existentesna xestión da nosa gandería, sería bo estar aten-to a tódalas circunstancias que se poidan dar nofuturo nun mundo no que cada vez é máis doadocomprar todo tipo de productos en calquera partedo mundo, co perigo que isto pode acadar en oca-sións. De aí que todo animal ou producto que mer-quemos deberá ter toda a documentación quesexa esixible para garantir que só nos imos bene-ficiar das vantaxes da globalización dos merca-dos, e non imos sufrir os seus inconvenientescomo pode ser a falta de garantía sanitaria.

Carlos M. Franco

hixienealimentaria• •

26 O Noso Lar

Elección dos plásticos para ensiladoIntroducciónNo modelo agrícola da nosa zona son moi

importantes os forraxes ensilados dentro da ali-mentación do noso gando, por iso prestámosllemoita importancia ó ensilado.

Para un bo ensilado temos en conta: as datasde corte da herba, o presecado, a recollida (conautocargadores picadores), o pisado no silo, aaplicación de conservantes; pero non podemosesquecer que para que ese alimento nos dure notempo é moi importante o plástico co que pecha-mos ese ensilado.

No mercado atopamos distintos tipos de plásti-co, que se clasifican dependendo das cualidadesfísicas e químicas que posúan. Esta clasificaciónatende a unha serie de normas de carácter inter-nacional.

Clasificación dos plásticosOs plásticos podémolos clasificar atendendo a

diversos parámetros :Atendendo ó tipo de producto- Plástico en lona.- Bolsas de ensilado.- Film estirable de encintado.Atendendo á cor- Negro, branco, branco-negro, branco-verde,

negro-verde, outros.Este parámetro non é determinante na calida-

de final do ensilado. En ocasións si pode terinfluencia no prezo do plástico, xa que algunhascores precisan aditivos colorantes que o encare-cen.

Atendendo á natureza da materia prima- Polietileno virxe, que non sufriu ningunha fun-

dición previa.

- Polietileno reciclado, que sufriu algunha fun-dición.

Este parámetro é un dos que máis inflúe norendemento axeitado dos plásticos e vai determi-na-la súa duración. Os plásticos de polietilenoreciclado poden ocasionar problemas, pois namaioría dos casos empréganse materiais de reci-claxe pouco seleccionados e pouco limpos.

Atendendo ó tipo de fabricación- Mono-extrusión ou monocapa: producto ela-

borado cunha soa capa de polietileno.- Co-extrusionado: producto que ten dúas ou

tres capas de polietileno.Este é outro parámetro moi importante na cali-

dade final dos plásticos. O problema é que nomercado existen moi poucos plásticos co-extrusio-nados polo alto custo das máquinas que os fabri-can.

Atendendo ó tipo de aditivación- Plásticos aditivados- Plásticos sin aditivarEste parámetro vai determina-la duración dun

plástico que estea á intemperie. Un plástico aditi-vado pode durar tres veces máis no tempo. Moitosvendedores acuden a plásticos sen aditivar paracompetir en prezo.

Atendendo ó grosorOs plásticos preséntanse en distintos grosores

(que se miden en galgas). Pero isto do grosorpode dar lugar a enganos, pois un plástico cun bogrosor pero que non cumpre adecuadamente ascaracterísticas anteriores é unha fraude.

ConclusiónsA calidade da forraxe é algo superior empre-

gando plástico en lona e film estirable que empre-gando bolsas de ensilado.

A solución máis cara é o film estirable e a máisbarata é o plástico en lona.

Existen algúns plásticos de cor verde que polanatureza do aditivo que levan son sensibles epódense degradar en contacto cos conservantesdo ensilado.

Por último, á hora de comprar debemos esixirun xustificante por escrito das características doplástico e que o prezo sexa por peso e non porunidade.

Óscar López González

26

agricultura emedio ambiente• •

27 O Noso Lar

Para os crentes, o Nadal non é un conto ninunha " nana" para durmir, ignorando así, o queocorre no noso mundo. Nadal é acepta-la salva-ción de Deus, que é: paz, cercanía, comprensión,loita pola xustiza...Sempre que estes valores, ououtros, que fan medrar á persoa como tal, seviven, é Nadal. Algún autor di: " O Nadal é uncamiño que non ten pandeireta porque Deus resoadentro de quen vai en fraternidade..."

Desde estes presupostos, no NOSO LAR deLousada, celebramos esta realidade de sermosirmáns, reuníndonos para compartir, os días 24,25 de decembro, Noite vella e Aninovo, cunhas 15persoas, contando, entre elas, os maiores, quetemos acollidos. A comunidade do NOSO LAR faia invitación pero non é a protagonista. Ninguén émáis ca ninguén. ¡Que fermoso é vivir e compartircando non agroman diferencias!, ¡ canta riquezahai no fondo de cada persoa, cando pode com-partir en liberdade! Sentimos que estas son expe-riencias, que nos fan medrar por dentro, que nosconstrúen como persoas. Non cambiamos estexeito de vivi-lo Nadal por calquera outra oferta detipo consumista. Vale a pena seguir optando poristo. Podería medra-la creatividade pero a músicade fondo, ha de seguir sendo a da solidariedade ea fraternidade

Este é o estilo de vivir dos seguidores de Xesús,desde o comezo. Hoxe, estes seguidores deXesús, somos nós, a Igrexa que camiña, taménpor estas terras, entre as sombras da dificultade:somos poucos, estamos física e localmente moidispersos, a soedade faise, cada vez máis pre-sente na vida de moitas persoas... pero, taméncamiña, esta Igrexa (nós), na luz do Señor, que sefai presente, coma promesa, nos nenos quenacen, aínda que sexan poucos, nos mozos emozas, que se xuntan para pensar, buscar e tomardecisións xuntos, no sacrificio e preocupación dospais e das nais, na madurez da xente, que camiñapacientemente, apoiada no seu caxato, nos enfer-mos que saben sufrir.

Cando toda esta realidade positiva, se celebra,coma comunidade, coma fraternidade, vivimos naluz do Señor e non podemos esquecer que témo-lo compromiso de sermos esta luz para os demais.

Comunidade O Noso Lar

experiencias• •

S U B S C R I C I Ó N C O L A B O R A D O R

Festa en homenaxe ós nosos maiores: unha celebración gozosa, entrañable e solidaria;as vacacións−convivencia para maiores: merecida recompensa tras unha vida de traballo;

casa de acollida temporal: onde os anciáns teñen un fogar,catro libros con aportacións á historia de Samos desde a nosa cultura,

o presente boletín semestral...Nestas e outras actividades vaise concretando o lema da Fundación O Noso Lar:

Ó servicio da xente da nosa terra. Se queres recibi−los sucesivos números deste boletín, envía á Fundación O Noso Lar,

San Román de Lousada, 27620 Samos, Lugo, os teus datos (nome e enderezo)

Nome e apelidos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

NIF . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Rúa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Nº . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Piso . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Porta . . . . . . . . . . . . . . . . . . Código postal . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..

Localidade . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Provincia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Teléfono . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

IMPORTE

12 Euros

30 Euros

60 Euros

Outros ...................... Euros

PERIODICIDADE

Mensual

Trimestral

Semestral

Anual

Única

FORMA DE PAGO

Domiciliación bancaria

Talón bancario a nome de:Fundación O Noso Lar

Xiro postal

CONTAS PARA DONATIVOS A TRAVÉS DE INGRESOS E TRANSFERENCIAS

Banco Pastor - Samos. 0072 - 0247 - 92 - 0000200484

D O M I C I L I A C I Ó N B A N C A R I A

Titular da conta . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Banco ou Caixa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Direccion bancaria . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Nº . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Código postal . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Poboación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Provincia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

CÓDIGO CONTA CLIENTE

Código entidade Código oficina D. C. Número de conta

Periodicidade ................................................. Importe .....................................................

Firma do titular

Se ademais desexas colaborar economicamente cos fins da Fundación O Noso Lar, envíanos tamén os seguintes datos:

“Diferentes personalidades, diferentes cores de pel.

Uns os luns, outros os xoves ou... os sete días da semana.

En todo tempo.Todos cun horizonte común.

Homes e mulleres anónimos quesudan a camiseta polos máis”.

Voluntarios, voluntarias.

Matilde Arrizado