O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que...

32

Transcript of O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que...

Page 1: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano
Page 2: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

SumarioPresentación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 1

PersoeirosPersoeiros . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 2

O LemaFontes de Vida . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 3

MaioresVivir con tenrura . . . . . . . . . . . . . . . . . . 4Decálogo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .5

ArteA arte na igrexa deSan Andrés de Gundriz . . . . . . . . . . . . . .6

A nosa historiaA feira do catro en Castroncán . . . . . . . .8

ParroquiasEncontro de confirmados . . . . . . . . . . . .9As nosas fontes . . . . . . . . . . . . . . . . . .10

ActividadesSocios de honor . . . . . . . . . . . . . . . . . .14A noite dos Reis . . . . . . . . . . . . . . . . . .16Un ano máis . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .17Vacacións−convivencia en Cádiz . . . . . .18

Hixiene alimentariaA hora da matanza do porco . . . . . . . . 20

SaúdeO coidado dos pés . . . . . . . . . . . . . . . . 22

Agricultura e medio ambienteO bo aproveitamento dos prados . . . . . 23

ExperienciasDías de convivencia en Samos . . . . . . 24Graciñas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .26O Nadal derrete a neve en Lousada . . .27

Boletín de suscripción . . . . . . . . . . . . . . . . .28

Edita:Fundación O Noso LarSan Román de Lousada27620 SAMOS – LugoTel.- Fax : 982 187004

Director: Miguel Gómez Vázquez

Consello de redación:Saladina Diéguez VillaravizJulio Fernández DovalManuel VarelaAmparo Páramo VázquezMiguel Gómez VázquezJosé Manuel CastroCastedo

Colaboradores:Jaime Delgado GómezCarlos SampedroAdela Arias ConejoOscar LópezMiguel SampedroJosé Luis GarzaXulio Pérez PereirasAlba M. Álvarez VergaraConcepción RodríguezFdez.Manuel OteroSanty LópezIsabel ChousaCarlos M. Franco AbuínEva Fernández Limeres

Fotos portada econtraportada:Santy López

Depósito Legal:LU-229-01

ISSN:1579-8909

Maqueta e Imprime:GRAFIC-LUGO, S.L.

Page 3: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

3O Noso Lar

Tendo en conta a preocupante realidade na que se atopa a auga, a ONU decla−

ra o 2003 como Ano Internacional da Auga Doce. Trátase dunha chamada á responsabili−

dade de todos para que nos sensibilicemos e actuemos en consecuencia de cara a evitar

todo mal uso, derroche, contaminación, etc. E que se vexa na auga unha riqueza de incal−

culable valor, imprescindible para a vida humana, animal e vexetal.

A Fundación O Noso Lar, consciente desta situación, desexa face−la súa peque−

na aportación neste eido. Esta é a razón do lema deste Boletín, que coincide co da Festa

de Convivencia cos nosos maiores, do 24 de agosto en Teivilide.

O achegamento ás fontes dos nosos pobos supón un mergullarnos, por unha

banda, nun aspecto importante, aínda que moitas veces esquecido, da nosa cultura, o que

nos proporciona satisfacción. Por outra banda, e isto xa non satisfai tanto, decatámonos

de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga.

¡Canta vida brotou da infinidade de fontes que regan a nosa terra! ¡Canta fres−

cura e limpeza teñen facilitado! Ante isto, non podemos deixar de reivindicar para as nosas

fontes que sigan sendo fontes de vida.

Este tema dá pé para falar metaforicamente doutras fontes das que mana vida:

os maiores, coa aportación da súa experiencia; a súa sabedoría; a súa humanidade, que

vén marcada pola entrega sacrificada e pacífica a favor da nosa terra, das nosas familias e

da comunidade parroquial. Se reivindicámo−la necesidade de coida−la auga, ¿como non

imos reclama−lo lugar que corresponde ós nosos maiores? Teñen dereito a recibir da socie−

dade respecto, apoio e acollida, por eles mesmos e polas aportacións que fixeron ós

demais.

Os máis novos tamén son fonte na medida en que, coa súa entrega voluntaria,

animan a vida dos nosos pobos. Aí está a súa gran participación nas distintas actividades

recollidas neste Boletín.

presentación

Page 4: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

4O Noso Lar

en resumen

persoeiros� �

Seguimos a tratar neste apartado a relacióndaquelas persoas, destacadas dalgún xeito, queou ben naceron e adicaron parte da sua vida etraballo a este concello, ou ben ás que dalgunhamaneira tiveron relación con el.

Nesta ocasión falaremos dunha persoa quecomo moitas outras aproveitou a ocasión que llebrindou o mosteiro de Samos para pasar una tem-pada da sua vida e así mesmo inspirarse paraescribir unha obra á que xenerosamente titulou“Samos”.

Falemos logo de Ramón Cabanillas, poeta edestacada figura do galeguismo.

Ramón Cabanillas é o poeta máis importan-te das Irmandades da Fala e un dos máis sobran-ceiros das Letras Galegas.

Naceu en Cambados no ano 1876. Untempo despois no 1910 emigra a La Habana ondefoi contable do comercio e Administrador doTeatro Nacional, propiedade do Centro Gallego.En 1913 sae en La Habana o seu primeiro libro“No desterro” e dous anos máis tarde publica“Vento mareiro”, en ditas obras manifesta unhaexaltación de Galicia como unidade colectiva.Unha vez que volta a Galicia sae a luz “Da terraasoballada” e ingresa na Academia Galega paramáis tarde aceptar a cadeira de representante daLingua Galega na Real Academia Española. É poreste motivo polo que se traslada a Madrid candoestalou a guerra do 36.

No final da sua vida pasa un tempo no mos-teiro de Samos e volta a Cambados onde finou no1959.

Ramón Cabanillas é o primeiro escritormonolingüe en galego, cunha extensa obra, cul-tuvou o teatro, ensaio e poesia os que tratou tantoo tema amoroso como o relixioso e social.

Dentro da sua obra poética está “Samos”,libro que publica no ano 1984 e que leba o nomedeste concello quizais pola relación que tivo oescritor co mosteiro samonense.

Aquí temos outro exemplo da repercusiónque tivo e seguirán a ter as terras de Samos den-tro da vida e obra destes persoeiros.

Alba M. Álvarez Vergara

Ramón Cabanillas

Page 5: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

O Lema� �

5O Noso Lar

Fontes de vida

Tódolos seres vivos, din os científicos, teríana súa orixe no medio líquido.

A auga é moi vital pero ó mesmo tempo ébreve, por escapar sempre. Isto dálle unaspecto de algo transitorio e melancólico.

Pode parecer que as fontes non son grancousa, pero están na orixe de ríos pequenos egrandes.

As actitudes ante a auga son, basicamentedúas: 1) para uns, a auga é un simple mediopara producir e, polo tanto, puramente político;2) outros non ven a auga só como algo útilsenón que a relacionan coas emocións dunhacomunidade. Nos países ricos, a relación emo-cional coa auga escureceuse por mor do fun-cionamento de institucións que aseguran osubministro (só hai que abri-la billa).

Unha fonte dá menos auga nunha parte doano que noutra, aínda que pode sorprende-lagran cantidade de auga nunha época na quese esperaba menos.

Segundo os estudiosos, a vida dos ríosrepártese en 3 tempos: no curso alto –mocida-de do río– teñen fortes pendentes e granpotencia de escavación do terreo. No cursomedio, as vertentes son máis suaves e xa nonescava tanto: é a etapa de madureza. Por fin,chégalle a súa vellez (curso baixo do río),cando vai lentamente. Pero en Galicia moitosríos nacen vellos para, ós poucos, ir rexuvene-cendo ó longo do seu percorrido. Preto do marfórmanse canóns, encaixamentos e mesmo fer-venzas.

Tódalas persoas teñen vida, evidentemente,porque lla deron os maiores.

No outono da vida, pódese vivir con melan-colía por ver que os amigos desaparecen, eque a vida pásalle moi rápido a un.

Por veces minusvaloramos ós anciáns, sendecatarnos de que eles preocupáronse, porexemplo, de mellora-la vida dos seus.

As actitudes cos vellos poden ser: 1) veloscomo seres que xa non producen e, politica-mente, lembrarse deles só cando hai elec-cións; 2) aprecia-la súa contribución á cultura,as súas aportacións emocionais á familia. Hoxehai o perigo de que a atención ós maiores nonsexa tan persoal, por facerse en residencias,aínda que tamén se recoñece a necesidade depresta-las atencións no propio fogar.

A vida dunha persoa pode ser menos plenanunha etapa da súa vida ca noutra. Pero istonon depende necesariamente da idade: a ple-nitude pode chegar na vellez.

Segundo o tópico, a mocidade equivalería árapidez; a madureza, a unha estabilización e avellez sería unha época de máxima calma.Pero na última etapa da vida, unha persoapode querer desquitarse das penalidades quepasou, recuperar dalgunha maneira a mocida-de perdida. Entón lánzase a facer cousas quenunca fixo. En canto á saúde, hai máis proble-mas na vellez, pero hai persoas que tiveronmáis achaques na mocidade. E de vellos, senser uns atletas, van pasando libres de enfermi-dades.

F o n t e s, r í o s M a i o r e s

Manolo Varela

Page 6: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

6O Noso Lar

en resumen

Maiores

Vivir con tenrura

Moito se ten falado e segue a falarse do queos vellos aportan ós máis novos e tamén a elesmesmos.

Na miña convivencia diaria con eles, asóm-brome da multitude de xestos e actitudes que meaxudan a descubri-lo moito que os vellos nostransmiten e aportan día a día. Hoxe quero fixar-me na tenrura. ¡Canta tenrura descobres na cer-canía e compaña dos nosos maiores, sobre todonaqueles ós que consideramos coas súas facul-tades mermadas.

¡Canta tenrura nas

Caricias, que a través dunhas mans que tremen euns dedos deformados pola reuma... fanse unsós outros cando teñen algunha dor ou pena.Ou fan ás persoas que os coidan, para expre-sárlle-lo seu agradecemento.

Verbas cheas de sabedoría, experiencia e cariñocoas que se dirixen ós que ven tristes e danconsello cando se lle pide.

Compaña preta, calada e silenciosa ós enfermosdeitados na cama que non teñen a ninguénnese momento.

Dispoñibilidade á hora de levar unha cadeira derodas dun lugar a outro; botar unha man quennon é capaz de leva-lo culler á boca ou poñer-se de pé para comezar a camiñar.

Alegría e sinxeleza cos que dan un vasiño deauga a quen ten sede.

Bicos e abrazos cos que acollen a quen vai visi-talos adicándolles algo de tempo, por percibirneles cariño e cercanía.

Gracias que dan dunha forma espontánea a quenos coida ou fai compaña.

Cariño, que se ve cando falan dos seus seresqueridos ou cando gardan con moito interesealgo que lles gusta.

Alegría, que manifestan cando se senten valora-dos e útiles.

Mirada e os ollos cheos de tenrura cando recibenalgo bo e séntense queridos e seguros. Etamén a mirada que amosan cando se acercana ti solicitando algo que realmente necesitan ecren que poden molestar.

Sorriso co que compensan e pagan todo aquiloque eles cren que deben. Ver un vello sorrirenche de ledicia e plenifica a quen está coneles.

Unha vez máis agradezo este privilexio depoder vivir cos vellos e descubri-la riqueza quedeles recibo cada día.

Manteñámo-los ollos e o corazón ben aber-tos para acoller todo o que eles nos transmiten.Facéndoo así, todos teremos unha axuda paravivir con máis tenrura, cariño e solidariedade.

Adela

Page 7: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

Maiores� �

7O Noso Lar

Decálogo para os que conviven con anciáns

1. Mirarás ó ancián como unha bendición de Deus.

2. Oirás ó ancián dúas veces o mesmo coa mesma atención.

3. Falarás ó ancián despacio, claro e ó oído, se está un pouco xordo.

4. Desviara-la mirada cando a man que treme do ancián derrame o vaso.

5. Con gusto escoitarás cando o ancián saca o tema dos seus tempos pasados.

6. Farás ver ó ancián que o seu exemplo e consello é o maior beneficio para a familia.

7. A oración continua do ancián é unha maneira de desafogarse, o seu mellor oficio

e o maior beneficio para a familia.

8. A alegría e o cariño familiar é para o ancián a mellor calefacción en inverno e

o mellor refresco en verán.

9. As túas preguntas e visitas ós anciáns valen máis cós regalos e esmolas.

10. Chamar ó sacerdote cando o ancián necesita ánimo, saúde e gracia é un mandato do Señor.

Merecen todo os que todo o deron por nós.

C. I. Moreno: La ancianidad, 1994

Page 8: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

8O Noso Lar

en resumen

arte

A arte na igrexade San Andrés de Gundriz

Jaime Delgado Gómez

O edificioCompoñen a súa estructura unha bastante

espaciosa nave e un presbiterio de igual anchurapero máis alto, cuns muros feitos de material piza-rroso, propio da zona.

Na súa moi recente restauración, sendopárroco don Julio Fernández Doval, deixouse ávista o interior das paredes, seguindo a modaactual.

No proxecto da estructura dos muros, sendúbida incluíase un arco triunfal de pedra, comoelegante elemento divisorio e de pasoda nave ó presbiterio, ou capelamaior. Para soporte do arco, embe-beuse no muro de cada lado unhapilastra que remata nunha ben rema-tada imposta, a modo de capitel.Sobre elas apoiouse un arco, perofeito de barrotiño revestido de masacaliza. En dita restauración, suprimiu-se ese arco e, sobre as impostas,continuáronse ambas pilastras, rema-tándoas cun elemento de sección rec-tangular feito de masa cementosa.Serven estes agora tamén de apoioós extremos de dúas trabes, postas ápar e sobre as que se monta o teitopor ese extremo da nave. Taménnesta restauración se puxo unhacuberta nova, lucindo un bo artesona-do disposto a dúas augas na nave e acatro na capela maior.

No interior do corpo da nave,námbolos dous muros laterais, un fronte ó outro,escaváronse dous arcos de medio punto. Encada un deles hai un retábulo coa súa correspon-dente mesa de altar.

Os dous retábulos lateraisSon de moi elemental estructura. Aínda que

poidan parecer renacentistas, son neoclásicos(século XVIII). Compóñense dun único corpo dis-

posto en tres rúas verticais con fornela en cadaunha delas.

No retábulo dereito, a rúa central está enmar-cada por dúas columnas con basas áticas e capi-teis dóricos. Sobre eles apóiase unha sinxelaarquitrabe que serve de base a un liso remate tra-pezoidal. As fornelas laterais están coroados porremates lobulados cos ángulos das bases en espi-ral.

Ocupa a fornela central a efixie do titular, oapóstolo San Andrés. Mide de alto 0,70 metros e

na súa man esquerda sostén ungroso libro aberto. A súa factura éde extraordinaria execución.Maniféstana tanto a serena e equi-librada beleza do seu rostro comoo ben proporcionado corpo. Levatúnica, de pregues verticais, cinxi-da á cintura, e un manto con colode lapelas. Sería unha figurabarroca da primeira metade doséculo XVIII.

No nicho da dereita exhíbeseunha valiosa imaxe da Virxe Nai,de tan só 0,40 metros. Un elegan-te veo cobre a súa cabeza eenvolve o seu fermoso e expresivorostro, chegando logo ata os pésa modo de manto moi ampuloso.O Neno Xesús é sostido polobrazo esquerdo da Virxe. Tanto omovemento que se ve na Nai, emáis aínda no Fillo, como a ampu-

losidade da roupa, lévannos ó barroco (metadedo século XVIII).

Tamén de gran interese artístico é a imaxe deSanta Lucía. Ocupa o nicho esquerdo e mide 0,65metros. É dun doce e sereno rostro de non poucabeleza. A súa cabeleira alóngase moito por diantedos ombros. Sen dúbida apresaba coa súa mandereita a desaparecida palma do martirio e sostén

Page 9: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

arte� �

9O Noso Lar

coa esquerda o seu atributo característico do pra-tiño cos dous ollos nel, símbolo tamén do seu mar-tirio. Unha longa túnica cáelle elegantemente ó serdo corpo; vai cinxida á cintura e adórnase confinos e uniformes pregues verticais. O belo e sere-no rostro da efixie, xunto coa esveltez do seucorpo, trasládanos ó gótico e primeiro renacemen-to. Pero o bo estado de conservación fai que sexamáis acertado datala no neoclasicismo xa do sécu-lo XIX.

Ocupa o camarín central unha imaxe devestir da Virxe do Rosario co Neno no brazoesquerdo. Ambos acobíllan-se baixo un mesmo mantobordado, ademais de vestirunha fina túnica. Taménteñen os dous unha coroa,sendo a de María esplendo-rosamente radiada.

Na fornela dereito haiunha figura episcopal. Levamitra e sostén na súa manesquerda o báculo. Á vez,estende o brazo dereito,facendo coa man o acenoda palabra. Viste túnicaampla sen cinxir, deixándo-se ve-la cruz pectoral.Sobre a túnica, un ampulo-so manto, ou capa pluvial,ábrese ó vento sobre osbrazos abertos. Tanto a súavestimenta episcopal e acti-tude de pronunciar un dosseus elocuentes sermóns,como tamén algún dicir dopobo de ter aquí un SanAgostiño, obríganos a concluír que o representaesta imaxe. É barroca, da metade do século XVIII.

Na fornela esquerda expóñense dúas ima-xes. Unha é de San Xosé, que coa súa man derei-ta agarra no alto a man esquerda do Neno Xesús,posto de pé. É gracioso o rostro e actitude deambos, pero son de moderna factura.

A outra imaxe, aínda que bastante tosca,non deixa de ter un certo encanto. Mide 0,60metros. Viste longa túnica cinxida na cintura. Ponun dos seus pés sobre o dragón infernal, sosten-

do en alto coa man dereita unha rústica espadae encolle o brazo esquerdo sobre o costadopechando a man como se apresase un xa inexis-tente escudo. Aínda que lle faltan as ás, debemossupoñer que se trata do arcanxo San Miguel,representando ó gran capitán da milicia celestefronte ós rebeldes anxos malos. Non é doadoespecifica-la súa datación, pero a súa actitude demovemento inclínanos a datalo na primeira meta-do do século XVIII.

Retábulo da capela maiorAdemais dos dous retábulos reseñados, hai

outro de maiores dimen-sións no muro testeiro dacapela maior. Pertence óestilo neogótico do primei-ro tercio do pasado séculoXX. Etapa esta na que secopia a esvelta beleza dotan elegante gótico dosséculos XIII, XIV e aíndaXV.

Está composto por unúnico corpo de tres rúasverticais, resaltándose acentral polo seu maiortamaño e altura. En cadarúa hai unha fornela. Arqui-ños trilobulados co lóbulocentral apuntado adornan,tanto a predela, ou bancoinferior, como a fronte dasfornelas. Igualmente estáembelecido polos típicospináculos góticos. Rema-tan estes as tres rúas doretábulo e tamén o sagra-

rio incrustado no centro da predela. Se ben amodernidade deste neogoticismo réstalle o valordo tempo, cando este pase, o seu interese artísti-co non será pouco...

Na fornela central hai unha imaxe modernísi-ma do Sagrado Corazón de Xesús, pero feita decartón-pedra. Un San Antonio de Padua domesmo material ocupa a fornela esquerda. Encambio, na dereita está San Bieito (neoclásico doXIX).

Page 10: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

10O Noso Lar

en resumen

� �

¿Sabía que, segundo contan os maiores do lugar, onome de Castroncán débese a que na primeira feira quese fixo só había á venda un castrón e un can? Curioso,¿non si? ¿Que pode haber de verdadeiro nisto? Pois... nonse sabe, pero o certo é que resulta curioso que o poboasociara o nome do lugar con esta actividade comercial.

¿Que queda hoxe da feira de Castroncán? Polomenos tres cousas. A primeira é a data da feira: o díacatro de cada mes. A segunda son as casetas dopulpo, que aínda hoxe permanecen dispostas en rin-gleira polo campo da feira prestando servicios tan dis-pares coma garaxes ou pendellos para a leña picada. Aterceira cousa que nos queda son os recordos que per-viven no maxín daqueles que participaron dalgún xeitona feira.

Dicía Uxío Novoneira, escritor do Courel, que Sólembrar é volver, cando se lembran soños. Volvamos,pois, a outro tempo no que Castroncán era unha alga-rabía de xentes e gando a través das lembranzas dal-gúns veciños do lugar.

A actividade principal desta feira era a venda degando, principalmente becerros, cochos, ovellas, bes-tas, etc. Cada especie animal tiña asignado o seu sitiono campo da feira. Así, había unha parte da feira, a queestaba ó lado do colexio, chamada a feira da montaña,porque alí se situaba o gando que viña de Triacastelaou doutras zonas da montaña.

En tempos xuntábase tal cantidade de becerrosque xa os traían antedía e pechaban o camiño dascasetas; alí facían garda toda a noite dúas ou máis per-soas ata o día seguinte. Ás veces os becerros vendidosna feira deixábanse para o día seguinte; despois levá-banos andando ata Santa Mariña, lugar desde o que ostransportaban en camión ata Monforte de Lemos.

Relacionado coa figura dos piqueiros, que eran oscompradores do gando, estaban os chamados caba-neiros; compraban vacas e chegaban a un acordo coslabradores, sobre todo os labregos máis humildes,mediante o cal estes últimos coidaban as vacas a cam-bio da metade de producción do animal.

Outra das actividades importantes eran os comer-cios como o de Amadeo, o de Novo, que foi un dos pri-meiros en ter cafeteira exprés, e o de Celestino, entreoutros. O volume de negocio que había nun día de feiravémolo, por exemplo, no comercio do Celestino. Así,para o día da feira contaba con varios empregados. Odía 2 de cada mes mataba un becerro que se consumía

integramente o día da feira. Pero non só se consumíacarne estufada ou tamén á maragata pois costeletas,bistés, polos, lacón cocido e callos formaban parte domenú desta fonda. O pulpo púñano as pulpeiras nascasetas do campo da feira.

Tamén acudían á feira numerosos postos devenda ambulantes tales coma cacharreiros, que vendí-an olas de barro que deixaban antedía na casa doCelestino. Tampouco faltaban á cita os quinquilleirosque traían os caixóns ateigados de botóns, fíos, agullas,etc; moitos deles viñan da parte de Monforte ou doutrossitios, coma o Álvaro de Ourense.

A hospitalidade da xente de Castroncán non sóera cos quinquilleiros pois ós tendeiros que viñan conroupa axudáballes o José de Aira a montar os tendere-tes e mesmo llelos gardaba dunha feira para outra. Undos tendeiros traía a roupa nun carro tirado por dúasmulas.

Da zona de Lemos viñan a maior parte de rosqui-lleiros e vendedores de uvas.

Coma en cáseque todas as feiras do rural galego,non faltaban os ferradores para limpar os cascos e ferraras caballerías. Entre os máis coñecidos estaba oRamón do Incio, que traballaba o catro todo o día e que-dábase para o día seguinte porque remataba a faena xaben entrada a noite.

Ademais das transaccións comerciais, a feira tiñaoutra faceta máis lúdica, máis festeira. Din os que teñenou tiveron negocio en Castroncán que o día de feira eracoma un día de festa pois despois de xantar facíase unpaseo de mozos e mozas polo campo da feira abaixo.Era ese o momento no que os mozos aproveitaban parapretender as mozas ou simplemente para facerlles oconto.

Neste ambiente festeiro sitúase a presenciadunha especie de atracción que traía elefantes, xirafas,tigres, leóns, etc.

Mais non todo foi festa e alegría pois houbo unsuceso que no seu día conmocionou profundamente áxente. Nunha das feiras houbo unha tronada e un raiomatou un chofer de camión e a un home alcumado OPetolo, que estaba comendo nunha fonda.

Hai quen suxire que o suceso anterior foi o motivodo esvaecemento da feira ata a súa morte definitiva,malia que se intentou revitalizar en dúas ocasións. Senembargo, as causas da súa morte, coma a de moitasoutras dos arredores, habería que buscalas no progre-sivo abandono das explotacións dedicadas ó sectorcárnico ou ó auxe de feiras coma a de Sarria ouPedrafita onde se ofrecen moitos máis servicios (ban-cos, médico, administración, etc.)

Xulio Pérez Pereiras

A feira do catroen Castroncán

a nosa historia

Page 11: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

� �

11O Noso Lar

parroquias

Despois de recibircon grata ilusióna agardada invitación,dirixímonos cara Lousadanun coche que era unha pasadaacudindo á chamadapor todos esperada.Fómonos encontrando con xente de outro bandoe iamos comentandoa alegría que producíapoder pasar un gran díacon tan boas compañías.Saladina e Inés facían o entremés,Xosefa cortaba xamóne tamén o salchichón.A empanada ¡que pasada!entraba como nada,pero sempre acompañadadun viño moi divinoque non hai que ser adivinopara saber que procedía¡non dun chorro de auga fría!senón dunha boa bodegaou da mellor adega.Miguel, para ameniza-la velada,quería deixarnos sen tarta xelada,pero alí estaba Ramón cun magnífico roscón, e Manolo anxelicalpoñía paz no local.E así transcorreu a xornada¡tan magnífica e esperada!vivindo a convivenciacon moi boa apariencia.

A valoración final foi dunha reunión xeniale así concluímo-lo díacon boa filosofía.Xa terminada a festa

tomámo-la decisiónde esperar con ilusióna ansiada invitaciónda nova organizaciónpara unha próxima reunión.

Encontrode confirmados

Page 12: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

12O Noso Lar

en resumen

parroquias

O 2003 foi declarado Ano Internacional daAuga Doce e por iso adícanse estas páxinas asnosas fontes. De todos é coñecida a importanciadas fontes para a vida vexetal, animal e humana.Na nosa terra, temos, por exemplo, que en moitoscasos a auga sobrante é recollida por regatosque alimentan o río Oribio ou río Sarria.

NomesA súa ubicación nas aldeas veu a dar inclu-

so o nome a aquela casa que máis preto estaba“Casa da Fonte”. Este nome lévao unha dascasas máis antigas da aldea de Aián, San Estevode Reiriz. A fonte que hai alí está no medio dolugar, protexida por unhas lousas, pero o seuestado non é bo. Foi unha fonte de boa auga, ataque se construíron os pozos de pico e pa dentrodas casas ou preto delas. Nos últimos vintecincoanos do século pasado comezou a construcciónde pozos de barrena de máis de trinta metros deprofundidade, que secaron os anteriores e moitasfontes de superficie.

En “Fontearcuda”, nome dunha aldea deSan Martiño de Lousada. Recibe o nome dunhafonte que existe alí. Está claro o significado da pri-meira parte. Sobre “arcuda” dinos Nicandro Aresque significaría ‘ruidosa, estridente’.

Non só ten interese comprobar que o nomedunha casa ou dunha aldea poden depender daexistencia dunha fonte. Tamén resulta interesantecoñece-lo motivo polo que a unha fonte se lle pono nome que leva. Así, na fonte Carreteiros bebíanos homes que ían nos carros coa herba. No casoda fonte Concheiro (Lousada) o seu nome corres-póndese co do lugar. Destaca pola friaxe daauga, dicían que estaba conxelada.

A fonte do Bispo chámase así porque dinque pasaba por alí un bispo e que a bendeciu,

As nosas fontes I

Page 13: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

parroquias� �

13O Noso Lar

contase que despois levaban alí os nenos. Afonte Ferreas (Zoo) ten moito ferro, din que dabafame e íana buscar cando alguén perdía o apeti-to. A fonte de Matahomes está en riba da FonteVella; seica foi un home beber e alí quedou.Outras fontes son as de Carronciño e Concello naparroquia de Renche, a fonte da Capela e dasAguas Ferreas en Vigo do Real, e a Fontecova enToca.

Fontes desaparecidasEntre as fontes que desapareceron están,

por exemplo, a fonte da Chousa e a deCarralcova, no lugar de Vilameá, Romelle. Nesteúltimo lugar, a fonte máis importante é, sen dúbi-da, a de Abraído. Trátase dunha fonte que estápreto das casas. Non seca nunca. Antigamenteabastecía os fogares dos veciños, que ían reco-ller auga para lavarse, lava-la roupa, cociñar... Éunha fonte pública, pero tamén hai no lugar deRomelle fontes privadas, como a de Montecelo,da que se serven os veciños da Casa da Ponte,ou a fonte da Chousa, que abastece ós propieta-rios da Casa Chin.

Historias

A fonte do Coio (Escalleira) nace debaixodun coio grandísimo. É moi abondosa. Contanque debaixo había dúas olas agachadas. Unhatiña ouro e a outra alquitrán. Se destapaban a deouro o podían levar, pero se era a de alquitránardía toda a comarca; nunca se destaparon asolas. Uns veciños de Val do Mao, viñeron e qui-

xeron move-lo penedo e o único que atoparon foi“salamancas”.

O Forno de Augas Rubias e unha cova deaugas ferruxinosas que está chea de moitas len-das. Dise que é a cova que atravesa o castro.

Contan que había unha moura escondidaalí, que saía e se peiteaba fóra, e que tiña untesouro grandísimo e que un monxe pasou por alía cabalo e vendo as xoias que alí había colleuunha cruz, que a levou para o mosteiro. Taménfalan dunha vaca que alí entrou e nunca saiu.

Da fonte da Fada (Caracha) contan quenela viña a beber unha fada de fermosos cabe-los.

Fontes no Camiño de Santiago

Ademais das fontes do Bispo e deFontearcuda, xa mencionadas, outras fontes queestán no Camiño de Santiago son, por exemplo,as seguintes:

Fonte Chafarico (Montán), a uns cen metrosda igrexa. Está sinalada para que beban os pere-grinos.

Fonte Abedul. Subministra a auga de con-sumo para o pobo de Montán. Está situada noCamiño Real ou Camiño de Santiago, cerca deMontán anque nun terreo que xa pertence a Zóo.Fonte do Lobo, fonte do Lagarto, fonte Focara.

Conclusión

Existe a necesidade de que as instituciónspúblicas promocionen o coidado das fontes,tanto para os veciños como para os peregrinos.

Page 14: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

14O Noso Lar

en resumen

parroquias

As nosas fontes IIRÍO

¡Río da miña infancia, cobra de augaescoando lixeira vagoadaabaixo!

Moitas veces (de mociño)puxen sobre as túas ondas correntíaso mesmo S.O.S. metido nunha botella.

Logo fiquei na orelaagardando en silencio,ollándome no espello dos teus clarosrelanzos.

Todo foi en van, compañeiro:¡ela inda non chegou a miña carón!

Fiz Vergara Vilariño

FONTE DA COVA

Esta Fonte da Cova garuleira,xigantesca vaxina de pena caliza,en cada onda tráeme novas de ti,e en cada golforón dime por que existo,por que estou aquí,

xunto ó vello muíño,agardándote

espiollado.

Do corazón da rocha duraxorde xelada e cristalinanun enorme regueiro escumante,entoando cantigas aprendidas antanonos mesmos labios dos devanceiros mortos.

Ten un arrecendo a paxaros e labregos,nacidos en lonxanas terras de ningures,e chega ós meus beizos con sabor a ti,noiva desexada

enunca tida

enteiramente.Do fondo desta Fonte nemorosa,templo catedralicio da miña nenez,quixera verte xurdir algún día,núa, abrazada ás ovas verdecentes,como se foras unha sirea de auga doce

e acabaras de copular cun somorgullo.

Fiz Vergara Vilariño

Page 15: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

parroquias� �

15O Noso Lar

Unha nena foi á fonte

por unha verza bebía,

a verza estaba raxada

toda auga lle vertía.

Pilar López e Urbano López

(informantes)

Unha vez mandaron unha nena

á auga e decía:

-Miña mai mandoume á auga

á fonte do Salgueiriño,

mandoume lava-la xarra

con flores de San Martiño.

E laveina con area

e rompinlle o cacheliño.

-Anda, pícara traidora,

¿onde tiñas o sentido?

Non o tiñas tu na roca,

nin tampouco no sarillo,

que o tiñas no teu galán

canda a noite vai contigo.

Josefa Ares González (informante)

Page 16: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

16O Noso Lar

en resumen

actividades

Socios de honor da Fundación O Noso Lar

Ás trece horas do día vintedous de febreirode 2003, tivo lugar na sede social da Fundación ONoso Lar, en San Román de Lousada (Samos), aentrega dos títulos de SOCIOS DE HONOR daFundación a:

- Frei Xosé Gómez González, Bispo daDiócese de Lugo.

- Dª. Manuela López Besteiro, Exconselleirade Familia e Promoción de Emprego, Muller eXuventude.

- D. Antonio Calvo Varela, DelegadoProvincial de Cultura.

BenvidaO acto comeza dando a benvida ós asisten-

tes por parte do Presidente da Fundación, MiguelÁngel Gómez Vázquez:

a Xosé Antonio Labrada Losada,Subdelegado do Goberno; Inmaculada GarcíaAsorey, Superiora Provincial das RelixiosasFranciscanas; Carlos Belón Ares, Alcalde doConcello de Samos; Ana Chao, DelegadaProvincial de Asuntos Sociais; Coro Piñeiro,Delegada Provincial de Familia, Xuventude eVoluntariado; Luís Abades, exdelegado deSanidade e amigo entrañable da Fundación; óssocios de honor, protagonistas desta celebración;ás persoas maiores que estaban na Casa deAcollida; ós veciños presentes e ós membros doPadroado da Fundación.

Ó servicio da xente da nosa terraO Presidente recorda o lema e a razón de

ser da Fundación O Noso Lar: Ó Servicio da Xenteda Nosa Terra.

Fai un resumo dos doce anos de historia. Unproxecto que nun principio era unha esperanzaconvertiuse nunha realidade esperanzada. Isto foie está a ser posible gracias :

- Á escoita atenta e a acollida agarimosa darealidade rural na que vivimos.

- Ó traballo en equipo dun grupo heteroxéneode persoas do que xermolou o proxecto daFundación O Noso Lar.

- Ó convencimento de que este proxecto eranon só realizable senón tamén necesario, e de queeramos capaces de levalo a cabo.

- Á ilusión e tenacidade dos que directamen-te estabamos implicados.

- Á cálida acollida, a alentadora solidariedadee xenerosa colaboración dos veciños das parro-quias de Samos (con mención especial para osmozos/as) e de moitas outras persoas e de institu-cións públicas e privadas.

ActividadesMenciona as distintas actividades levadas a

cabo pola Fundación:Cos maiores: as Vacacións-Convivencia, a

Festa de Convivencia cos nosos maiores, a Casade Acollida.

Cos máis novos: os campamentos, a progra-mación e animación da festa cos nosos maiores,cursos e talleres, o entroido, as viaxes culturais...

Os libros sobre a historia das nosas parro-quias.

A restauración do 80 por cento das igrexasparroquiais coa colaboración dos veciños, doBispado e da Delegación Provincial de Cultura daXunta de Galicia.

Recoñecemento públicoToda esta árdua e apasionada tarefa é posi-

ble pola discreta e alentadora presencia, no nosocamiñar, de persoas concretas (e moitas) quedesde un primeiro momento animaron, estiveron eseguen a estar cerca, apoiando e colaborando cal-

Page 17: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

17O Noso Lar

quer iniciativa que redunde en beneficio da xenteda nosa terra.

O Padroado da Fundación O Noso Lar cons-ciente de todas estas colaboracións quere mani-festar públicamente este recoñecemento e agra-decemento. Por estas razóns decidiu nomearSocios de Honor a tres persoas (podían ser per-fectamente moitas outras).

Estas son: Mauela López Besteiro, Frei XoséGómez González e Antonio Calvo Varela.

Lectura da acta A Secretaria da Fundación da lectura da Acta

da reunión do Padroado onde foron nomeadosSocios de Honor.

A continuación faise entrega dos títulos hono-ríficos.

Os homenaxeados dirixíronse ós asistentesagradecendo a distinción recibida. Comezan sina-lando que é algo inmerecido, pois o que intentan écumpri-lo seu deber de apoiar á xente. Desamaneira exercen unha tarefa de xustiza social, queé un dereito de tódalas persoas.

AgradecementoPecha o acto oficial o presidente da Funda-

ción agradecendo ós colaboradores deste proxec-to:

1. Ós veciños das parroquias de Samos.2. Ós amigos da Fundación de varios lugares

de España: Barcelona, Valencia, Cádiz, Jerez de laFrontera, Málaga, Almería, Salamanca, A Coruña,Santiago, Pontevedra, Tui, Ourense, Lugo, etc.

3. Ás empresas colaboradoras: CLINOR de ACoruña, e tamén á Fundación Barrié de la Maza.

4. Ós medios de comunicación.5. Ó Concello de Samos, representado polo

seu alcalde, Carlos Belón. Apoiou desde o comezoa idea do proxecto e colaborou, desde as súasposibilidades, en programas puntuais.

6. Á Comunidade de Relixiosas Franciscanasque, con sinxeleza e xenerosidade, fan posibleque desde esta casa se irradie gratuídade e tenru-ra.

Amparo Páramo

Page 18: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

18O Noso Lar

en resumen

actividades

A noitedos Reis

Hai experiencias que non morren, por máisque o tempo pase. Esa é, neste momento, a decanta-los reis, polo que supón de unión, de com-partir, de vivi-los últimos días do Nadal, coa xentedas aldeas.

O día cinco de xaneiro, pola noitiña, cungrupo de mozos e mozas, que tiñan gañas defacer felices ós demais, desprazámonos ás alde-as de Lamas e Manxar, onde fomos acollidos, conagarimo e moita alegría. Preguntámonos, quendisfrutou máis, se eles ou nós.

Ó recordarmos estas experiencias, decando eramos pequenos, a felicidade que nosproporcionaba; ós que xa imos entrados en anos,parecíanos que non nos facía menos felicesagora.

Rematamos en Zóo, onde nos acolleroncunha cea desas que encerran tanta forza decalor humana, que só se pode coñecer partici-pando. É a maxia dunha familia, dunhas manssinxelas e dun corazón no que cabe o mundo.

Gracias a tódalas persoas, que nos propor-cionaron esta experiencia.

Inés

A auga no refraneiro

A auga nin envellece nin empobrece.Cada un quere leva-la auga ó seu muíño e dei-

xar seco o do seu veciño.Auga sobre auga, nin cura nin lava.Boa é a auga, que costa pouco e non embria-

ga.Quen xunto á auga ten a súa terra, primeiro

rega.Ó enfermo que é de vida, a auga élle menciña.Con auga non hai terra mala.Cando cae a chuvia, auga anuncia.Auga e soles fan labores.

Page 19: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

actividades� �

19O Noso Lar

Un anomáis…e vancatro. Poissi, xa haicatro anosque os mo-zos e mozasda Funda-ción se reú-

nen de festa para celebra-lo Antroido. Faciamolo para amosa-la loita pola liberda-

de, a transgresión, a burla, o pasa-lo ben de cal-quera xeito,… Hoxe en día este senso atópasedisimulado en tódolas comparsas e persoas quese poñen unha máscara, e que ó fin querensuplantar á personaxe que representan.

No noso caso, no das xentes da Fundación,creo que fixemos do Antroido un verdadeiro actosocial. Como de costume non é só o mero feito deaparecer disfrazado deste ou daquel xeito; é algomáis: é reunirse para programar, mercar, traba-llar, disfrutar,… en definitiva todo un alarde decreación ó servicio dun grupo numeroso de xenteque cada ano fai do Antroido unha grande reu-nión, que durante meses ocupa un pequenoespacio na vida das xentes de Samos.

Xa o ano pasado, entre os que participaranna comparsa quedara un bo sabor de boca conaquela recreación da música “dance” dos anos60 e 70. Moitas xentes de Sarria, Monforte eSamos bailaron ó son da nosa comparsa. Ocomentario xeral entre os participantes era que setrataba dun show a pé de rúa, co que se pasabaxenial. Este ano era moi difícil recuperar aquelaemoción, e fíxose, en definitiva, a partires datransgresión. Tratouse de representa-lo famosoLago dos Cisnes, pero cambiando os papeis. Asbailarinas eran homes e os bailaríns mulleres ves-tidas de aguerridos soldados. A idea era moi sin-xela: era facer ver ós que nos observaban que decalquera xeito todos nos podemos divertir; por-que o comentario que oías polas rúas era o quenós pretendiamos: “dá gusto velos, aínda que sósexa polo ben que o están a pasar”.

A imaxe do Antroido de O Noso Lar, dendelogo que vai moito máis alá. Nunca nos cansare-mos de dicir que tras de toda a parafernalia quese monta co esplendor da súa carroza, o vistosodos seus traxes; hai todo un traballo en equipoque se vai recompensando día a día. Non é cues-tión de gañar premios, tolos seriamos se nonaceptaramos que son benvidos; o que conta éfacer que cada ano a xente se ilusione dende oNadal, e saiba que o traballo en comunidade ésempre o que realmente dá os froitos. Tras duntraballo en equipo, hai unha coordenación; trasdunha coordenación hai cabezas pensates, esobor de todo moitas reunións, moitos pequenosactos sociais. En definitiva, o que pretendemos,ano tras ano, é que as xentes do noso rural sexanfelices. Felices de saber que o humano ten unhaobriga moi precisa para cos seus conveciños.Fagamos entre todos que esa felicidade sexa nonsó tras dunha máscara e traslademos ese espíri-to ás nosas vidas cotiás.

¿E para o ano que vén?. Tranquilos, xa seestá cocendo algo nos fornos da imaxinación, sóé cuestión de tempo e de moito traballo. E logo,irán cinco, cinco anos…

José Luis Garza Silvela.

Un ano máis...

Page 20: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

20O Noso Lar

en resumen

� �actividades

Desde hai 14 anos, a Fundación O NOSOLAR vén realizando, ano tras ano, estas vaca-cións-convivencia para a xente maior do Concellode Samos.

Un ano máis levouse a cabo esta fermosaviaxe, con moito entusiasmo e cariño, por partede tódolos participantes.

O itinerario foi preparado, con todo detalle,con antelación, procurando que todo estiveseprevisto neste evento tan importante.

Desde o día 14 ó 23 de marzo, no grupogozamos e disfrutamosxuntos dun encontro econvivencia, por luga-res tan bonitos comoSalamanca (na ruta daPrata) . Hospedámonosna Residencia dos PPReparadores, unha resi-dencia ampla e fermo-sa. Chegamos paraxantar, pola tarde visitá-mo-la catedral e demosun bo paseo pola zonamonumental, admirandoe contemplando a beleza de tanta arte.Pernoctamos alí. A pesar do cansancio, xa nestaprimeira noite empezouse a imaxinaria nocturna;os novatos tivemos problemas para atopa-laroupa das camas, tendo que durmir algúns senela, pero todo se solucionou con bo humor. Ó díaseguinte partimos camiño de Cádiz, disfrutamosda paisaxe tan variada e bonita e da animaciónque, en todo momento reinaba no interior do auto-car.

Paramos en Cáceres para xantar, descan-sar e visita-lo centro da cidade e logo continua-mos viaxe a Chipiona, un pobo, coma tódolos daCosta da Luz, alegre, cheo de flores, con moitoschalés e unha extensa praia. Tamén é de desta-ca-lo grandioso santuario da Virxe da Regla, rexi-

do polos PP. Franciscanos. A este lugar acodemoita xente daquela zona, xa que, segundo nosinformaron, todos lle teñen moita devoción á Virxeda Regla. Isto pódese comprobar na cantidadede imaxes que aparecen nas portas de tódalascasas.

Na residencia dos PP Franciscanos, situa-da a carón deste santuario, estivemos nós ata odía 20, que partimos para Portugal. A estancia alífoi moi agradable e divertida. Sentímonos moi benacollidos e, coa colaboración de todos, creouse

un clima defamilia, poloque nos atopa-mos moi agusto.

En nin-gún momentofaltou a nota dehumor; tivemosgrandes es-pecialistas, conmoito enxeño ecreat iv idade,que traballaban

día e noite para nos sorprender. Pola noite, podí-anse percibir distintos sons de animais: galos,pitas; tamén de motos, música etc. Había trasnosque entraban e saían das habitacións coas portaspechadas; daban á auga das duchas distintascores e ata puidemos disfrutar dunhas grandesrebaixas do “Corte Inglés”, situado no corredor, econ prezos asequibles para todos.

Desde Chipiona fixemos varias saídas.Visitamos Cádiz, desde onde puidemos admira-loAtántico, azoutado por un forte vento do leste;Jerez de la Frontera, onde nos esperaban Alfonsoe Ana Mary, grandes amigos de Miguel e detodos. Acompañáronnos a visita-la Mezquita e oPatio de Armas, Patio das Laranxeiras e a Fontedas Ablucións, para lavabarse antes de entrar

Vacacións-convivenciaen Cádiz

20 O Noso Lar

Page 21: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

actividades� �

21O Noso Lar

nos recintos importantes; a Capela de SantaMaría, aberta ó culto, tanto cristián coma musul-mán. Tamén visitámo-lo Museo de arte flamenca.Degustamos un bo e abundante xantar. A pesardo vento tan forte do levante, que case non nosdeixaba andar, pasámolo moi ben.

Outro día fomos a Vejer de la Frontera, unpobo pintoresco; as torres indican que foi unhafortaleza importante. Entre outros, tamén visita-mos Porto de Santa María, Rota, San Fernando.

O día 20 saímos cedo para Portugal; fixe-mos unha parada en Lisboa e chegamos polanoite a Fátima, onde permanecemos dous días.Desde alí, visitamos Nazaret. Con calma, sabore-amos e gozamos do ambiente mariano, que sepercibe no santuario da Virxe de Fátima.Rezamos coa xente, que alí se atopaba e pedí-moslle á Virxe por todos, tamén polos que queda-ron nas súas casas.

O día 23, emprendémo-la viaxe de regre-so. Detivémonos en Braga, algúns aproveitaronpara face-las últimas compras. Seguimos ataPonte da Barca, onde nos esperaba Xoán, o nosoquerido médico, que nos acompañou nestes díase que tanto nos fixo disfrutar, ademais das aten-cións médicas. Con el estaban: Carmela, XoánAmós, tamén Camilo, Sabela e Paula. Non sabe-mos se por se-lo último día ou pola influencia doDr. Xoán, a comida foi, como din os portugueses,“moito boa” e con detalles incluídos, nos calesnon podían falta-los galos portugueses...Seguimos ata Tui, onde fixemos unha breve para-da e ás 9,30 chegamos ó noso destino, Sarria eSamos, agradecendo todo o bo que recibimosnestes días; pensando xa na próxima, na que vosesperamos a todos

Saladina

Page 22: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

22O Noso Lar

en resumen

saœde� �

Unha gran porcentaxe da poboación mundialsofre algún tipo de alerxia, padecemento que se faimáis recorrente na primavera e doadamente se podeconfundir con outros.

O aumento dos casos de alerxias no mundo étal, que para o ano 2010 a metade da poboación dospaíses industrializados sufrirá algún tipo deste mal. Acausa é o aumento de elementos contaminantes noambiente, os cales afectan ás defensas do nosoorganismo.

CausasAs alerxias xorden como consecuencia dunha

alteración dese sistema defensivo, que responde demaneira esaxerada á presencia de sustancias ás queé sensible, e que son inofensivas para a maioría dapoboación. Trátase de compostos como o pole, cer-tos alimentos, po, humidade, pelo de animais, medi-camentos, cosméticos, productos químicos oualgúns materiais téxtiles, entre outros moitos, cos quetemos contacto permanente e ós que podemos seralérxicos.

A principal causa pola que se sofre algunhaalerxia é a predisposición xenética; é dicir, se somosalérxicos é moi probable que os nosos fillos tamén osexan. Outra causa moi importante é a tendencia cre-cente a automedicarse ante o primeiro síntoma deenfermidade, sen deixar que o sistema defensivoactúe por si mesmo. Tamén hai que ter en conta apresencia de praguicidas , sustancias químicas quese verten desde a sementeira e ata a colleita comoprotección e que favorecen a aparición de procesosalérxicos.

Para coñece-lo mecanismo de acción da aler-xia, imaxinemos que cando a sustancia que podeprovocar alerxia se introduce no organismo, estereacciona como se fose atacado por virus ou bacte-rias. Así, produce anticorpos que se pegan ás pare-des dos tecidos e ó facer acto de presencia nova-mente a sustancia causante de alerxia, desprénden-se para atacala. Esta separación do tecido provocaun deterioro que dá orixe á liberación dunha sustan-

cia química que a través do sangue chega á pel e ásmucosas, dando lugar ós síntomas característicos daalerxia.

TiposAs manifestacións deste padecemento poden

confundirse coas doutras enfermidades. Por exem-plo, algunhas sustancias que provocan alerxia ata-can as membranas mucosas da boca, o nariz e agorxa, provocando estornudos, moco, proído, olloschorosos e infección nos oídos, polo que se poderíapensar que é gripe. Outras manifestacións da alerxiason: trastornos dixestivos, fortes dores de cabeza,mareos ou arcadas. Ás veces o único síntoma con-siste nunha alteración superficial da pel, como urtica-ria ou eccema.

Os tipos máis comúns de alerxias que sofre apoboación son: conxuntivite, eccema, rinite...

Ata agora, a medicina non ten solucións defini-tivas contra a alerxia, só alivia momentaneamente ossíntomas a través de fármacos (antihistamínicos queevitan a liberación de histamina, broncodilatadoresque facilitan a respiración en crises asmáticas, corti-coesteroides, que son hormonas sintéticas que elimi-nan os síntomas da inflamación.

SoluciónsPara trata-las alerxias, nun 80% dos casos,

están as vacinas, despois de facer estudios específi-cos de cada paciente. Para indica-la vacina perti-nente, o médico realiza na pel do enfermo unhaproba de sensibilización: reprodúcese unha reaccióndese tipo mediante o contacto con sustancias queprovocan alerxias, segundo a historia clínica dopaciente. Outro tipo de probas son as de provoca-ción oral, útiles para diagnostica-lo padecementocando está ocasionado por medicamentos e alimen-tos. Desta forma identifícanse os elementos causan-tes da alerxia, e cos resultados prepárase unha sus-tancia que protexa ó enfermo.

É importante ir ó médico xeral para que, en fun-ción da gravidade, derive a un especialista na mate-ria (alergólogo).

Alerxias:causas, tipos e solucións

Page 23: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

23O Noso Lar

saœde� �

A alerxia a alimentos é unha reacción adver-sa producida pola inxestión, contacto ou inhala-ción dun alimento no caso de persoas que sesensibilizaron previamente ó alimento.

A alerxia máis coñecida é IgE afecta apacientes de calquera idade, aínda que é máisfrecuente en nenos. É frecuente que nenos alérxi-cos debuten na primeira infancia cunha dermatitee/ou alerxia alimentos , desenvolvendo posterior-mente rinite e / ou asma alérxica, que pode per-sistir ata a idade adulta.

A alerxia a alimentos en España é a quintacausa, en orde de frecuencia, que se atende naconsulta de alerxias e supón un 3, 6 % dospacientes alérxicos. En nenos menores de 5 anos,o ovo e o leite de vaca, seguidos de pescados,froita e legumes son os alimentos máis implicadosnas reaccións alérxicas. En adultos e adolescen-tes, a froita fresca, froitos secos, pescados emariscos son os que máis frecuentemente produ-cen alerxia.

Aínda que calquera alimento pode producirunha reacción alérxica, os máis frecuentes son:leite de vaca, ovos (sobre todo a clara). Na pobo-ación adulta a causa máis frecuente de alerxia ali-mentaria é a froita, sobre todo mazás, pexegos,pera, cereiza, ameixa. En España, a alerxia a froi-tas e hortalizas aparece con moita frecuenciaentre os alérxicos ó pole de gramíneas. Os pes-cados que soen producir máis alerxia son: galo,pescada, linguado e bacallau; e dentro dosmariscos, a gamba. Tamén as legumes podenproducir alerxias, sobre todo as lentellas, gara-vanzos e chícharos. Soen asociarse ós que teñenalerxia ó pole, os froitos secos como noces, cas-tañas, avelás, pistachos...

Despois de comer ou incluso unha hora oudúas despois, os síntomas máis frecuentes son aurticaria e a inchazón de pavillóns auriculares,labios, pálpebras ou outras partes do corpo.

Tamén poden aparecer síntomas dixestivos comodor abdominal, vómitos e diarrea.

O único tratamento efectivo é a exclusióndo(s) alimento(s) ó(s) que o paciente é alérxico. Aevolución habitual en nenos é a tolerancia do ali-mento despois dunha dieta de exclusión duranteun período variable.

As RECOMENDACIÓNS que debemos ter enconta son:

- Se a reacción alérxica foi grave deben seradestrados no uso de adrenalina.

- No caso de nenos, os familiares e profe-sores deben estar informados sobre o que facer.

- Os pacientes con reaccións graves debenevita-las comidas non controladas e levar unhaidentificación dos alimentos ós que son alérxicos..

- Deben ler coidadosamente as etiquetaspara coñece-la composición dos alimentos antesde tomalos.

Conchita Rodríguez Fernández

Alerxiase alimentos

Page 24: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

24O Noso Lar

en resumen

hixienealimentaria� �

Intoxicacións alimentariasno verán

Agora no verán cambiámo-las comidas.Cando é inverno e escoitamos o son da choiva eo vento soprar, ¿a quen non lle apetece un boprato de caldo, ou unha sopa? Pero agora osnosos costumes cambian. Dunha beira xa nonimos ter tantas gañas de come-lo caldo, e candovémo-los raios do sol asomar por entre as regan-dixas das portas só pensamos en tomar cousasfrescas. Si, é a época da ensaladilla, e das sal-sas.

Cando deixamos pousada sobre a cociña acomida que sobrou no mediodía, logo á hora decear quentámola un pouco e sérvenos taménpara antes de nos deitar. No verán todo isto cam-bia de xeito radical. O certo é que entre a hora dacomida e a hora da cea van polo menos seis ousete horas, no verán normalmente máis, xa que osdías son mais longos e aprovéitanse máis que noinverno, e durante esas seis ou sete horas osmicroorganismos que poden estar na comida vanter tempo de sobra para multiplicarse, este fenó-meno non vai acontecer no inverno xa que astemperaturas ás que están sometidos eses ali-

mentos no inverno van ser sensiblemente máisbaixas.

Alguén pode pensar que se os alimentos osconsumimos despois dun bo cociñado non debende ter ningún microorganismo que poida causar-nos enfermidade, pero isto é unha afirmación quedebemos descartar, xa que sempre poden que-dar bacterias aínda que en baixo número, sendoesas horas que deixamos os alimentos a tempe-ratura ambiente as responsables de que vaianproducir a intoxicación alimentaria.

Non tódalas bacterias poden causa-lomesmo tipo de enfermidade, hai moitas que nonnos van causar ningunha sintomatoloxía e tan sóvan ser as responsables de que a comida se alte-re. ¿Quen non se percatou nalgunha ocasión deque un prato se acidificara ou se agriara e tivoque tiralo. Pois ben, tamén é mala sorte o feito deque moitos dos xermes que van causar intoxica-cións alimentarias non van a ser detectadas polosabor acedo, agrio... que poidera te-la comida.

Entre as bacterias máis coñecidas, senlugar a dúbida témo-la Salmonella, pero haioutras moitas poden causar intoxicacións alimen-tarias: E. coli, Yersinia, Campylobacter, Listeria,Clostridium, Staphylococcus.

Page 25: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

hixienealimentaria� �

25O Noso Lar

Pero quizais o máis importante sería sinalarunha serie de medidas que debemos tomar paraevitar ser presa das intoxicacións:

A primeira medida a tomar sería ter en contaque non é bo ter moitas sobras de comida noverán, especialmente as salsas. Por outra banda,en caso de facer comida o díaanterior ou no caso de quenos sobrase comida domediodía, esta comida debemeterse o máis rapidamenteposible no refrixerador, ase-gurándonos de que dito refri-xerador ten a temperatura osuficientemente baixa, o idealsería entre os 2 e os 4 graoscentígrados. Non debemostampouco esquecer consumireses alimentos que temosconservados no refrixerador omáis rápido posible.

A ninguén se lle escapatampouco o feito de que asalsa maionesa é a principalresponsable das salmonelo-ses; pois ben, deberemos deter en conta tamén algúnsaspectos ó respecto de facerde forma caseira esa salsa. Oprimeiro sería lava-la cáscarados ovos cos que imos face-lasalsa. Tamén sería convenien-te usa-la maior cantidade posible de limón, pois asúa acidez, ou a doutros acidificantes como ovinagre non lle van sentar nada ben ás bacteriascausantes das intoxicacións alimentarias. Unhavez que temos isto en conta, voltaremos a facerfincapé na necesidade de meter inmediatamenteno refrixerador a salsa, e procurar usala todadunha soa vez.

Non é a maionesa a única salsa que vaiestar involucrada nas intoxicacións alimentarias,tamén outro tipo de salsas como a salsa boloñe-sa, ou outras salsas de carnes, etc. Tódolos pro-ductos líquidos ou semilíquidos non moi acedosson dos que debemos sospeitar, xa que as bac-terias pódense multiplicar máis facilmente nestesproductos.

Outro aspecto que sinalaremos é que nasalsa ou o alimento no cal houbo multiplicacióndas bacterias estas puideron producir toxinas elogo intoxícannos aínda que quentemos moito acomida ou botemos vinagre ou limón. O que esta-mos facendo é destruí-los microorganismos, pero

non esas toxinas que van pro-ducirnos a sintomatoloxía.

Se falamos por último dasintomatoloxía que nos podenproducir eses alimentos conta-minados con estas bacterias,teremos que sinalar de entra-da que a maior parte destesprocesos van cursar cunhasintomatoloxía de tipo gas-trointestinal logo dun períodode incubación máis ou menoslongo dependendo do tipo demicroorganismo que causa oproceso. Os signos máis fre-cuentes son os vómitos e asdiarreas, malestar xeral, etc.

Aínda que podemosdicir que as intoxicacións ali-mentarias son uns procesosque en boa medida semprevan existir, se temos en contaalgúns destes consellos pode-remos contribuír a que a por-centaxe destes desagrada-bles incidentes que poden

sorprendernos no verán sexa o máis baixo posi-ble. Polo menos se estamos a falar das intoxica-cións que ocorren no fogar, que por mor do baixonúmero de persoas afectadas por brote, teñenpouca repercusión nos medios de comunicacióne, sen embargo, globalmente son un importantenúmero de persoas as que se ven afectadas. Osgrandes brotes que ocorren en establecementosde hostelería teñen pola contra gran repercusiónmediática, e pouco podemos facer nós para evi-talos, senón deixar que os inspectores de sanida-de fagan o seu traballo asegurándose de que osrefrixeradores dos establecementos funcionanben e os productos son elaborados con procede-mentos hixiénicos óptimos.

Carlos Franco Abuín

Page 26: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

26O Noso Lar

en resumen

En case tódolos pobos da nosa zona temosdúas ou tres fontes e pasa cerca algún río ouregato. Por todo isto podémonos considerar unsprivilexiados, xa que contamos cunhas importan-tes reservas de auga, tan necesarias na agricul-tura e na gandería.

Pero esa auga temos que procurar non con-taminala (que é o que está pasando en paísescomo Holanda, alí presentan contaminación pornitratos a maioría das reservas de auga ). Paraevitar isto temos que ter en conta unha serie denormas. Nelas aconséllanse unhas prácticas agrí-colas respectuosas coas reservas de auga. Esanormativa resúmese a continuación nos seguintespuntos:

Condicións de aplicación de fertilizantes enterras próximas a cursos de agua

# Deixar unha franxa de entre 2 e 10 metros deancho sen fertilizar, xunto a tódolos cursos deauga (ríos, regatos, presas, etc ).

# Para reduci-lo risco de contaminar augassubterráneas, o xurro (purín) e fertilizantes quími-cos non deben aplicarse a menos de 35-50metros de fontes, pozos e perforacións que sub-ministren auga para o consumo humano e de ani-mais.

Prevención da contaminación das augas porescorredura nos sistemas de rega

Dependendo do tipo de rega imos ter máisou menos problemas de contaminación dasaugas.

# Na rega a manta, para evita-la perda de nitra-tos, aconséllase emprega-la unicamente en terre-os profundos.

# Cando se emprega a rega por infiltraciónlateral “por regos” convén lembrar que o risco delavado dos nitratos medra :

- Ó principio dos regos.- En solos superficiais.

- En cultivos con pouco sistema radicular.

# No caso de que se practique a rega poraspersión, para evitar perda de nitratos por lava-do ou escorredura superficial, debemos ter enconta :

- A cantidade de aspersores e a súa distribu-ción na parcela.

- A pluviometría dos aspersores (a auga quebotan nun certo tempo).

- A cantidade de cultivo, pois inflúe na augaque vai chegar ó solo.

Aplicación de fertilizantes químicos e estercosás terras para contrala-las perdas de nutrintescara ás augas

Cando aplicamos esterco, xurro (purín) efertilizantes químicos ás terras temos que ter coi-dado e non excedernos, pois os nutrintes sobran-tes van cara ós manantiais e cara ós cursos deauga. Para evitar isto debemos de ter en conta oseguinte :

# As necesidades de nitróxeno que teñen oscultivos.

# Calcular unha dose de nitróxeno para cadacultivo, atendendo as reservas de nitróxeno quexa ten o solo e ó nitróxeno que deixa o rastroxo docultivo anterior.

# Unha vez fixada a dose de nitróxeno reco-méndase aplicar este en varias achegas, paraque así o cultivo dispoña del cando máis o nece-sita.

Conclusión

Todas estas normas debemos telas moi enconta e tomarnos isto en serio, pois o que esta-mos a facer é contaminar un ben tan precisocomo é a auga, “Fonte de Vida” para as plantas eanimais que cultivamos e criamos.

Óscar López González

Protección de mananciais

agricultura emedioambiente� �

Page 27: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

experiencias� �

27O Noso Lar

De volta aLousada

Non sei como empezar este artigo.Quizais dándolle gracias a Deus por poderestar, de novo, con esta boa xente, conquen xa compartira, anteriormente, cincoanos e medio. Lousada non é, logo, algonovo para min. Si que é novo o avance, queaprecio, en vós, a nivel de participación ecompromiso.

O regalo da vosa cercanía, o dis-frutar da natureza, o sosego e a paz, queisto proporciona, é algo que, ó agradecerlloa Deus, hei de llo agradecer, tamén, ás per-soas da miña Congregación, que nomomento dun traslado, cando a miña dispo-ñibilidade era a de ir alí onde se me puidesenecesitar, ofrecérenme vir a Lousada.

Atópome, de novo, en casa, deverdade. Ó longo do tempo, que estivenfóra, aínda que, fisicamente, non vos visitei,vós contabades na miña vivencia e mantívo-se, ademais, unha relación moi significante,para min, ó seguir atopándome coas perso-as que, por diversos motivos, relacionadoscoa súa saúde, pasaron polo meu lugar detraballo.

Quero colaborar, no que estea damiña parte, a potencia-las nosas relacións ea que o ritmo de crecemento non se deteña.

Inés

Page 28: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

28O Noso Lar

en resumen

experiencias� �

Un día calquera do mes de xuño de 2002,endiálogo fraterno, con quen ten ,neste momento, amisión de animar e coordina-las comunidades deirmás franciscanas, que nos atopamos espalla-das pola xeografía galega,fíxoseme unha propos-ta: pasar a formar parte, duhna comunidade,insertada nunha zona rural, concretamente en S.Román de Lousada. Ofrecéuseme un tempo parapensalo.

O que escoitei,un día, xa lonxano: “DEIXAESTA TERRA,PONTE A CAMIÑAR CARA OUTRAQUE XA CHE MOSTRAREI (Xen 12,1)” Esa terranon era outra senon a que pisan e na que gozane sofren os homes e mulleres, cada día O que seme quería ensinar daquela, era a forma de pisala,a orientación duhna vida, que ha de loitar por seabrir á fraternidade e a Deus, que está sempre nonoso camiño.

Pasaron xa moitos anos, teimando por vivirdeste xeito, entre luces e sombras, adicada alabores moi distintos dos que tería en Lousada: a

difícil pero apaixoante tarefa da Educación. Sintoque este labor mereceu a pena.

Filla de labregos, amantes da terra e agra-decidos ó que esta lles proporcionaba(sacaradiante a súa familia), pareceume escoitar, nesemomento: “Volve á terra da que saíches...” Nonprecisei moito tempo para o pensar.

E, agora estou aquí, nesta pequena comuni-dade, que se preocupa, de que a súa vida fra-terna medre, nun ambiente de oración ( de rela-ción co Señor), neste lugar, eu atreveríame achamarlle, un pequeño paraíso terrenal, no queviven, aínda que sexan núcleos moi pequenos,homes e mulleres, mozos e mozas, nenos enenas, cos que dá gusto atoparse. Son xenteacolledora, receptiva colaboradora, xente queestá viva e coa que podes contar

Creo que o Proxecto da Fundación, que pre-tende un servicio ás xentes da nosa terra, no quecolabora esta comunidade, desde o seu carismafranciscano ( alomenos eso pretendemos), mere-ce a pena.

Neste medio ano largo, que levo enLousada,só poido dicir: gracias a Deus,gracias ácomunidade, ó equipo de Pastoral, a tódalas per-soas, que van pasando por este Lar, a tódoloscolaboradores/as máis directos e a tódolos veci-ños de Lousada e das demais parroquias.

Josefa

Viviré camiñar

Page 29: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

cartas� �

29O Noso Lar

Principios:

I. Non hai vida sen auga. É un ben valiso, indispensable para tódalas actividades humanas.

II. Os recursos de auga doce non son inesgotables. É imprescindible preservalos, controla-los e, se é posible, acrecentalos.

III. Altera-la calidade da auga, significa prexudica-la vida do home e dos demais seres vivosque dependen dela.

IV. A calidade da auga debe preservarse en niveis adaptados á utilización á que estea des-tinada e debe satisface-las esixencias da saúde pública.

V. Cando a auga, tras ser utilizada, sexa devolta ó seu medio natural, non debe poñer enperigo os ulteiores usos, sexan públicos ou privados, ós que se destine.

VI. A conservación da cuberta vexetal adecuada, preferentemente de tipo forestal é esen-cial para a conservación dos recursos da auga.

VII. Os recursos de auga deben ser obxecto de inventario.

VIII. A xestión correcta da auga debe ser obxecto dun programa deseñado polas autorida-des competentes.

IX. A conservación da auga implica un esforzo crecente de investigación científica, de for-macion de especialistas e de información pública.

X. A auga é un patrimonio común cun valor que deber ser recoñecido por todos. Todo omundo ten o deber de economizala e de utilizala con coidado.

XI. A xestión dos recursos da auga deberíase inscribir no marco da cunca natural máis cano das fronteiras administrativas e políticas.

XII. A auga non ten fronteiras. É un recursos común que require dunha cooperación inter-nacional.

Carta Europeada Auga

Page 30: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

S U B S C R I C I Ó N C O L A B O R A D O R

Festa en homenaxe ós nosos maiores: unha celebración gozosa, entrañable e solidaria;as vacacións−convivencia para maiores: merecida recompensa tras unha vida de traballo;

casa de acollida temporal: onde os anciáns teñen un fogar,catro libros con aportacións á historia de Samos desde a nosa cultura,

o presente boletín semestral...Nestas e outras actividades vaise concretando o lema da Fundación O Noso Lar:

Ó servicio da xente da nosa terra. Se queres recibi−los sucesivos números deste boletín, envía á Fundación O Noso Lar,

San Román de Lousada, 27620 Samos, Lugo, os teus datos (nome e enderezo)

Nome e apelidos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

NIF . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Rúa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Nº . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Piso . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Porta . . . . . . . . . . . . . . . . . . Código postal . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..

Localidade . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Provincia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Teléfono . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

IMPORTE

12 Euros

30 Euros

60 Euros

Outros ...................... Euros

PERIODICIDADEMensual

Trimestral

Semestral

Anual

Única

FORMA DE PAGODomiciliación bancaria

Talón bancario a nome de:Fundación O Noso Lar

Xiro postal

CONTAS PARA DONATIVOS A TRAVÉS DE INGRESOS E TRANSFERENCIAS

Banco Pastor - Samos. 0072 - 0247 - 92 - 0000200484

D O M I C I L I A C I Ó N B A N C A R I A

Titular da conta . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Banco ou Caixa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Direccion bancaria . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Nº . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Código postal . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Poboación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Provincia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

CÓDIGO CONTA CLIENTE

Código entidade Código oficina D. C. Número de conta

Periodicidade ................................................. Importe .....................................................

Firma do titular

Se ademais desexas colaborar economicamente cos fins da Fundación O Noso Lar, envíanos tamén os seguintes datos:

Page 31: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano

En este mundo hay tan poquitas cosascapaces de endulzarle a uno la vida,

digamos la esperanza amanecidao la lluvia que brilla en las baldosas.

La verdad es que todo lo que amamostodo lo que nos duele y lo que somos

existe más acá del horizonte.

MARIO BENEDETTI

ˆTiñas as crechas diante dos ollos. Nas fazulas, as pegadas das mans. Polo zapatiño fuxía

un dedo ansioso. O vestido estaba engurrado e éralle pequeno. Pero a meniña ría feliz

mentres ollaba cara o fondo do estanque con aqueles ollos de auga, tan leda e tan abraia−

da que semellaba sentirse a descubridora dun gran tesouro. Un tesouriño tan inmenso e

tan sinxelo coma a natureza mesma. Un descubrimento tan grande coma a certeza de que

as meniñas que non teñen lazos no pelo nin zapatos brillantes tamén se ven reflexadas na

auga˜.

ISABEL CHOUSA

Page 32: O Noso Lar · Agricultura e medio ambiente O bo aproveitamento dos prados . . . . .23 ... de que faltan traballos por facer para coidar mellor a auga. ... libro que publica no ano