O noso proxecto - mondonedoferrol.org · O noso proxecto: Na presente edición, Mans Unidas Vilalba...

2
O noso proxecto: Na presente edición, Mans Unidas Vilalba participa no proxecto: Formación e protección dos dereitos humanos en San Pedro de Sula (Honduras). Honduras é un dos países de América Latina onde a violencia e a inseguridade son os problemas máis graves aos que se enfronta a poboación. Ademais, os dereitos humanos e as liberdades vense afectadas por factores económicos, sociais, políticos e culturais que determinan situacións de pobreza e exclusión social, sobre todo en mulleres e nenos, maiores, discapacitados, indíxenas, inmigrantes e persoas con VIH. Esta situación viuse agravada pola corrupción e o crime organizado (narcotráfico, trata de persoas e tráfico de armas) que inflúe na confianza da poboación nas institucións públicas. A situación social de San Pedro de Sula é dramática, non só polas cifras de homicidios (unha das máis altas do mundo) senón pola impunidade ante as forzas de orde público e a xustiza. Por iso, Monseñor Garachana, Bispo de San Pedro de Sula, solicita a Mans Unidas levar a cabo un proxecto de formación e protección dos dereitos humanos en seis concellos, que beneficiará a 4.300 persoas. Preténdese o desenvolvemento de accións por parte dos defensores dos dereitos humanos para garantir a aplicación da xustiza e o cumprimento de políticas públicas, facendo un seguimento do labor das organizacións gobernamentais. Mans Unidas achegará fondos para a formación e capacitación de líderes comunitarios e axentes de pastoral como defensores dos dereitos humanos; a difusión de programas de radio, creación e seguimento das redes, persoal e funcionamento. O importe total para este proxecto ascende á cantidade de 68.,068 Euros. TODOS/AS SOMOS IMPORTANTES PARA CONSEGUILO! GRAZAS!!! Colaboran: CONCELLO DE VILALBA - IMPRENTA JUNOR QUEIXERÍAS ENTREPINARES - QUEIXERÍA DON CRISANTO - PANADERÍA VILLALBESA - PANADERÍA A NOVA - TAHONA CURRÁS - ACISAL - XAMÓNS E EMBUTIDOS www.elote.es - CARNICERÍA GENEROSA - CARNICERÍA JOSÉ MANUEL -REPRESENTACIONES CABARCOS S.L. - BODEGAS BAAMONDE - ESTRELLA GALICIA

Transcript of O noso proxecto - mondonedoferrol.org · O noso proxecto: Na presente edición, Mans Unidas Vilalba...

Page 1: O noso proxecto - mondonedoferrol.org · O noso proxecto: Na presente edición, Mans Unidas Vilalba participa no proxecto: Formación e protección dos dereitos humanos en San Pedro

O noso proxecto:

Na presente edición, Mans Unidas Vilalba participa no proxecto: Formación e protección dos dereitos humanos en San Pedro de Sula (Honduras). Honduras é un dos países de América Latina onde a violencia e a inseguridade son os problemas máis graves aos que se enfronta a poboación. Ademais, os dereitos humanos e as liberdades vense afectadas por factores económicos, sociais, políticos e culturais que determinan situacións de pobreza e exclusión social, sobre todo en mulleres e nenos, maiores, discapacitados, indíxenas, inmigrantes e persoas con VIH. Esta situación viuse agravada pola corrupción e o crime organizado (narcotráfico, trata de persoas e tráfico de armas) que inflúe na confianza da poboación nas institucións públicas. A situación social de San Pedro de Sula é dramática, non só polas cifras de homicidios (unha das máis altas do mundo) senón pola impunidade ante as forzas de orde público e a xustiza. Por iso, Monseñor Garachana, Bispo de San Pedro de Sula, solicita a Mans Unidas levar a cabo un proxecto de formación e protección dos dereitos humanos en seis concellos, que beneficiará a 4.300 persoas. Preténdese o desenvolvemento de accións por parte dos defensores dos dereitos humanos para garantir a aplicación da xustiza e o cumprimento de políticas públicas, facendo un seguimento do labor das organizacións gobernamentais. Mans Unidas achegará fondos para a formación e capacitación de líderes comunitarios e axentes de pastoral como defensores dos dereitos humanos; a difusión de programas de radio, creación e seguimento das redes, persoal e funcionamento. O importe total para este proxecto ascende á cantidade de 68.,068 Euros.

TODOS/AS SOMOS IMPORTANTES PARA CONSEGUILO! GRAZAS!!!

Colaboran:

CONCELLO DE VILALBA - IMPRENTA JUNOR – QUEIXERÍAS ENTREPINARES -

QUEIXERÍA DON CRISANTO - PANADERÍA VILLALBESA - PANADERÍA A

NOVA - TAHONA CURRÁS - ACISAL - XAMÓNS E EMBUTIDOS www.elote.es -

CARNICERÍA GENEROSA - CARNICERÍA JOSÉ MANUEL -REPRESENTACIONES

CABARCOS S.L. - BODEGAS BAAMONDE - ESTRELLA GALICIA

Page 2: O noso proxecto - mondonedoferrol.org · O noso proxecto: Na presente edición, Mans Unidas Vilalba participa no proxecto: Formación e protección dos dereitos humanos en San Pedro

ASOCIACIÓN CULTURAL ANDRADE DE VILALBA

Esta asociación vén enriquecendo a vida cultural da vila dende xa hai ben anos. Tra-

ballando con grupos de nenos e nenas, rapaces e rapazas de idades comprendi-

das entre os dous e os dezanove anos, foi desenvolvendo as distintas escolas

coas que hoxe conta a asociación, entre as que destacan a Escola de Baile, con-

ducida por Noelia Blanco, a de Pandeireta e Canto Tradicional, a cargo de Va-

nessa Siso e a de Gaitas que, xunto con Linguaxe Musical, é responsabilidade

de Ángel Sindín. Todas elas nos van deleitar co seu talento e bo facer nesta xor-

nada solidaria

XOSÉ MANUEL CARBALLO Cura rural, escritor, ilusionista, humorista, animador cultural e social... e unha

morea de cousas máis. Ao seu labor sacerdotal hai que engadir o docente co-

mo profesor de relixión e colaborador en todo tipo de actividades culturais.

Como escritor, é dramaturgo, narrador, autor de obras de carácter relixioso e

colaborador en diversos medios de difusión (radio, prensa e tv),nos que utili-

zou sempre o galego como lingua de comunicación.

Realizou en torno a catro mil actuacións de maxia e ilusionismo por toda Gali-

cia e fóra dela. Ademais é animador e mestre de magos e “padriño” do Colecti-

vo Mágico Waldemar de Lugo.

Hai que dicir del que xa non fala polos cóbados, senón por un tubo. Hoxe co-

municarase con nós a través do seu enorme corazón de ilusionista!

ÓSCAR BELLO Por estudos, informático; por vontade, iIusionista. Na súa aínda curta traxecto-

ria leva percorrida a Terra Chá por enteiro, actuando en Vilalba, Mondoñedo,

Pastoriza, Castro de Rei, Guitiriz,... nas dúas galas de Terra Chá Máxica celebra-

das en Castro Ribeiras do Lea e cada ano en eventos máis importantes. Os seus

espectáculos con maxia de cartas, pombas e prendas lémbrannos os dos magos

de máis sona e, por suposto, os do seu mestre X. M. Carballo, sempre orgulloso

dos seus alumnos.

LOS DUQUES Chuppy (semifinalista de Recantos do programa Luar da TVG ) e o seu pianista e amigo Vincenzzo de Angelis, presentan o seu novo espectáculo Los maiores primero, pensado para os grandes heroes da sociedade de hoxe en día, para os nosos maiores e as cancións coas que se namoraron, coas que criaron aos seus fillos e coas que agora adormentan aos seus netos. Os temas de sempre interpretados por novas voces que, de seguro, serán do seu agrado. Estes dous amantes da música con unha dilatada carreira profesional no mun-do da verbena galega e cunha ampla traxectoria internacional deciden unir as súas forzas e tras dun longo período de reflexión musical están a rematar o seu primeiro traballo discográfico que leva por título Canciones para toda la vida que sae ao mercado a primeiros de ano.

PROXECTO VOCAL “CONCERTO TEMPO” Fundado o 15 de setembro de 2006, o Proxecto Vocal "Concerto Tempo" está formado por mozas e mozos da bisbarra de Ferrolterra que, como ben é coñe-cido, conta con unha tradición importante no eido musical, destacando sobre todo a música vocal. Todos os membros da agrupación coral teñen unha im-portante relación coa música, xa que algúns deles exercen profesionalmente a docencia musical (tanto na educación primaria e secundaria coma en distintos conservatorios do país) e outros son alumnos de conservatorio ou xente con experiencia no canto, por pertenceren anteriormente a outras formacións vo-cais. Dirixe dende a súa fundación José Antonio García Mato.

ESCOLMA DE MEUS Este nome ten un significado singular: grupo de amigos afíns, con un mesmo sentir. Este grupo, pois, aínda que sometido a certas variacións de persoas que por circunstancias particulares tiveron que deixar esta actividade, está forma-do por unha ducia de voces con base instrumental propia: acordeón, órgano, violín, guitarra acústica, baixo, batería e ritmo. A súa actividade desenvólvese en todo tipo de eventos culturais, litúrxicos e festivos, mais coa súa sé sempre no Casino de Viveiro Club Náutico que vela en todo momento pola súa continuidade e a quen se amosan sumamente agrade-cidos. Hoxe, en Vilalba, van a dar o mellor si, desinteresadamente, como todo o res-

to de artistas, por esta boa causa.