O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la...

28

Transcript of O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la...

Page 1: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos
Page 2: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

SumarioPresentación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 1

PersoeirosFrei Martín Sarmiento . . . . . . . . . . . . . . 2

O LemaColabora... é posible . . . . . . . . . . . . . . . . 3

MaioresEnvellecemento activo . . . . . . . . . . . . . . 4Decálogo da ancianidade . . . . . . . . . . . .5

Arte¿Dúas táboas de Moure no retábulo maiorde San Xoán de Lóuzara . . . . . . . . . . . .6

ParroquiasA parroquia en Galicia . . . . . . . . . . . . . .8San Martiño de Romelle . . . . . . . . . . . . .9

Tradición OralA voda de Pantarrollico . . . . . . . . . . . . .10

ActividadesAntroido, ruptura coa rutina . . . . . . . . . .11Un ano de amizade . . . . . . . . . . . . . . . .12Teatro en Bustofrío . . . . . . . . . . . . . . . .13Unhas vacacións . . . . . . . . . . . . . . . . . .14

OpiniónInternet: Unha biblioteca universal . . . . 16

O seu funcionamento . . . . . . . . .17Situación no mundo rural . . . . . .18

Saúde¿Qué nos quita o sono ? . . . . . . . . . . 19

Hixiene alimentariaHixiene do Queixo . . . . . . . . . . . . . . . . 20

Agricultura e medio ambienteResiduos agrícolas . . . . . . . . . . . . . . . 22

Cartas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 23

Boletín de suscripción . . . . . . . . . . . . . . . . .24

Edita:Fundación O Noso LarSan Román de Lousada27620 SAMOS – LugoTel.- Fax : 982 187004

Director: Miguel Gómez Vázquez

Consello de redación:Saladina Diéguez VillaravizJulio Fernández DovalManuel VarelaAmparo Páramo VázquezMiguel Gómez Vázquez

Colaboradores:Jaime Delgado GómezAntoine PasseratAdela Arias ConejoOscar LópezMiguel SampedroJosé Luis GarzaXulio Pérez PereirasAlba M. Alvarez VergaraConcepción RodríguezFdez.Manuel OteroSanty LópezIsabel ChousaCarlos M. Franco AbuínEva Fernández Limeres

Depósito Legal:LU-229-01

ISSN:En trámite

Maqueta e Imprime:GRAFIC-LUGO, S.L.

Page 3: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

1O Noso Lar

Todos somos sabedores e conscientes de que a situación actual donoso mundo rural, e máis en particular da xente maior que vive nel, noninvita ó optimismo. O número crecente de falecementos e o escaso núme−ro de nacementos agudizan máis o noso sentimento xeneralizado de queisto vai acabarse e de que non hai nada que facer.

O feito de que cada día, no mundo, 30.000 persoas cumpran 60anos, vén a confirma−la tese por todos coñecida do envellecemento pro−gresivo e acelerado da poboación. Sendo certo que non son datos posi−tivos e que non estimulan a esperanza, poden e deben facer que abrá−mo−los ollos aínda máis, en vez de pechalos.

No contexto no que vivimos, ilusionarse co futuro non é nada doado.Sen embargo, a tarefa que todos temos por diante é apaixoante. Unhasociedade que coñece e ama as súas raíces busca e xenera, con creativi−dade, mecanismos e recursos para construí−lo seu propio futuro. A esca−sez de posibilidades, a falta de recursos de todo tipo, os problemas propiosdunha sociedade envellecida e dispersa deberían agudizar máis o empe−ño solidario e responsable por parte de todos de comprometernos coa terraque nos viu nacer, poñendo sempre os intereses comunitarios por diantedos intereses individuais. Pensando no ben común antes que no persoal.

É de xustiza, por outra parte, recoñece−la aportación que as xentesdos nosos pobos fixeron durante as súas vidas e seguen a facer paraconservar e enriquecer o noso patrimonio cultural, etnográfico, medioam−biental e relixioso. A estas aportacións corresponden uns dereitos queninguén pode arrebatar ou anular polo mero feito de seren poucos nocontexto da poboación.

Neste esforzo compartido por contruí−lo futuro as AdministraciónsPúblicas teñen o deber e a responsabilidade de poñer tamén un gran dearea para mellora−la calidade da vida no campo. Sería bo que non esque−cesen as carencias que lle impiden a ese mundo rural subirse ó tren dasnovas tecnoloxías da información. Dificultades como o feito de que unhaentidade ou persoa, se quere ter páxina na Internet, deba facelo fóra. Ouque a xente non poida acceder a esa páxina desde o medio rural.

Todos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga deseguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosospobos non se pare nin se faga aburrida, insoportable.

Colaborando... todo é posible.

presentación

Page 4: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

2O Noso Lar

en resumen

persoeiros� �

Non moitos meses atrás, en concreto, o día17 de maio celebrábase o Día das LetrasGalegas. Este ano eloxiouse a figura do PadreSarmiento, un home que destacou polo seu inte-rese con respecto ás linguas e en concreto polanosa, o galego, a pesar de residir a maior parteda súa vida en Madrid.

Únenos ó P. Sarmiento a relación que tivoeste co noso Concello, Samos, xa non só elmesmo, senón tamén a súa familia directa.

Frei Martín Sarmiento nace no ano 1682 enVillafranca, aínda que os seus pais eran naturaisde Galicia. A nai, dona Clara, naceu na CasaGrande de Perros. Anos despois, a familia de freiMartín Sarmiento trasládase a Pontevedra, pero onoso homenaxeado decide ós quince anos ingre-sar no convento de San Martín de Madrid parafacerse frade.

En Madrid foi onde comezou o seu interesepola nosa lingua, e nas varias viaxes que fixo aGalicia preocupouse por recoller tódalas pala-bras que lle chamaban a atención: árbores, paxa-ros, herbas…

Ó regreso dunha destas viaxes, tivo quepasar unha longa tempada no mosteiro deSamos illado pola neve. Aproveitou esa estanciapara visita-los arquivos que contiñan textosmedievais escritos no que el consideraba, naquelentón, a verdadeira ortografía da lingua galega.

Alba M. Álvarez Vergara

Frei Martín Sarmiento,ilustre e ilustrado

• Recopilación de muchas palabras, vocesy frases de la lengua gallega.

• Onomástico etimológico de la lenguagallega.

• Idea de un diccionario de la lengua galle-ga.

• Estudio sobre el origen y formación de lalengua gallega.

• Carta sobre las industrias que podríanestablecerse en Galicia.

• Catálogo de algunos libros curiosos yselectos, para la librería de algún parti-cular que desee comprar de tres a cua-tro mil volúmenes.

Algunhas obras de Sarmiento

Page 5: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

O Lema� �

3O Noso Lar

Colabora...é posible

No refraneiro popular atopámonos conditos como “Obra de común, obra de ningún” ou“Deixémo-lo mundo como está, que el se gober-nará”. Pero tamén hai outros refráns que din: “Oque non pode un, pódeno moitos” e “Fai benaínda que non saibas a quen”. Segundo comoactuemos, a sociedade será dunha maneira oudoutra. As posibilidades serían tres.

Hai persoas que non se fían nin da súapropia sombra, pero nunha sociedade na que sepractique o sálvese quen poida, todos levan asde perder.

Tamén hai persoas que se deixan arras-trar por unha competitividade enfermiza, peronunha sociedade que alente o individualismo, unsgañan e outros perden.

E por último, témo-los casos das persoassolidarias. Ás veces é unha solidariedade só depalabra: un pode actuar “polo ben de todos”pero impoñendo ese “ben” ou estando en realida-de ó servicio dun grupo de poder. Sen embargo,cunha solidariedade efectiva gañan todos.

Saber vivir cos demais esixe a boa edu-cación e o conceder valor ó respecto e á digni-dade con que debe ser tratado calquera serhumano. Pero isto, que é abondo, non é todo,pois falta algo que dá sentido á nosa vida: trátaseda dispoñibilidade e a solidariedade, entendidascomo actitudes de servicio e unha procura doben común.

Non debemos renunciar á nosa liberdadee ó respecto que nos debemos a nós mesmos.Hai que evitar caer na despersonalización e noservilismo.

Unha maneira de colaborar é mostrándo-nos animosos nas nosas expresións de alento efelicitación. Os eloxios serven de estímulo paraque a xente se supere a si mesma e continúemáis reconfortada polo camiño do ben.

Non podemos pensar só en nós mesmos,pois sería colaborar en matar rapidamente ocampo. Todo isto faise máis necesario na nosarealidade concreta. O mundo rural, cada vez máisdisperso e envellecido, necesita dunha solidarie-dade efectiva por parte de todos: maiores, adul-tos, mozos e nenos. Todos temos moito que apor-tar. Todos son necesarios. Coa colaboración detodos e cada un é posible poñer un pouco de ilu-sión e de dinamismo nos nosos pobos. É posiblea festa en homenaxe ós nosos maiores. Son posi-bles as vacacións-convivencia para maiores. Éposible a casa de acollida temporal. É posible aorganización do Antroido…

Manolo Varela

Page 6: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

sección 1� �

4O Noso Lar

enresumen

Maiores

Envellecemento

4 O Noso Lar

A nivel mundial cada día 30.000 persoascumpre 60 anos. Hoxe os maiores representan aquinta parte da poboación nos países desenvolvi-dos e no futuro será a cuarta parte. Na provincia deLugo xa é maior unha de cada catro persoas. Apesar desta realidade, nalgúns lugares son uncolectivo "invisible" para os gobernos. Para evitaristo, entre outras cousas, no pasado mes de abrilcelebráronse en España a II Asemblea Mundial doEnvellecemento e o Foro Mundial de Organiza-cións Non Gubernamentais (ONG).

Os temas tratados foron moitos e aquíimos escoller só algúns, indicando o ámbito noque se estudiaron.

Participación. No Foro uníronse asideas de calidade de vida e participación social. Oenvellecemento activo é esencial para elevar acalidade de vida: facilita a autonomía e a produc-tividade dos cidadáns de máis idade, retarda aaparición da dependencia e afórranse costessociais. Conseguir que as persoas maiores siganactivas é unha necesidade.

A calidade da vida dos anciáns é o resul-tado de correctas políticas sociais e económicaslevadas a cabo polos gobernos, coa participacióndos interesados das súas organizacións. É preci-so que se estimen as aportacións das persoasanciás nas tomas de decisións. A súa voz non hade faltar nunca cando se trata de decidir acercadas súas condicións de vida ou do futuro da comu-nidade á que pertencen. Hai que considerar a súaparticipación activa como un remedio fundamentalpara a construcción dunha sociedade xusta paracon tódalas idades. É deber da autoridade consi-derar qué Comités, Consultas… son mellores parafavorecer a participación, tendo en conta que apoboación de Samos reúne unhas peculiaridadesque non teñen por que coincidir con outros lugares.

Solidariedade. Algunhas das cuestiónstratadas son de interese para os anciáns de cal-quera parte do mundo e non debería haber dificul-tades para aplicalas. Por exemplo, no Foro viuse anecesidade de aproveitar o recurso social quesupoñen as persoas maiores para o desenvolve-mento dos seus países en tarefas de solidariedadeinterxeracional e con outras persoas maiores, pre-servando sempre a súa dignidade. Neste sentido,as organizacións de maiores e as ONG deben serapoiadas á hora de levar a cabo as súas activida-des. Para que a sociedade progrese é importantea participación de todos e, de feito, as persoasmaiores fan as súas aportacións, a miúdo poucovisibles. As persoas maiores teñen bastante capa-cidade de iniciativa para organizarse, sobre todo se

gozaron de educación e coñecen os seus derei-tos, viven desafogadamente e teñen unha imaxepositiva de si mesmas. E nun lugar onde en prin-cipio habería menos oportunidades, como éSamos, está ben promover de forma creativa ini-ciativas que estimulen a actividade dos maiores.

Xubilación Flexible. Na Asembleafalouse deste tema, consistente en que unha per-soa, se así o desexa, que traballe ata candopoida. Pero isto xa é algo ben coñecido polaxente da nosa comarca.

Manolo Varela

activo

Santy López

Page 7: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

Maiores� �

5O Noso Lar

Decálogo da ancianidade

1. Entrar na vellez debe ser considerado como un privilexio, pois non todos tiveron asorte de alcanzar esa meta.

2. Na ancianidade podemos considerar máis fructuosamente o pasado, para coñecer evivir con maior profundidade o misterio pascual.

3. A ancianidade ten todavía por diante unha misión que cumprir e unha aportación quedar ós demais. Por iso, a existencia dos anciáns ten un fondo significado de gracia.

4. A vellez é unha feliz coroación das etapas da vida, xa que conleva a colleita do quese aprendeu.

5. Igual que no remate dunha gran peza musical como é a sinfonía, na vellez reapare-cen os temas dominantes da vida para unha poderosa síntese. Isto dá cordura, equili-

brio, bondade, paciencia, comprensión e amor.

6. Aprender a envellecer necesita sabedoría e valor. A experiencia da vellez é un doscapítulos máis difíciles da gran arte de saber vivir.

7. Na vellez a espiritualidade presenta os seus propios desafíos e invitacións: a chama-da á reconciliación, que se debe afrontar valentemente.

8. Na vellez pódese saborear mellor cada momento da vida, admirando e agradecendomellor que antes a amizade, a solidariedade e a beleza do mundo.

9. Hai novas posibilidades para a oración: rezar mediante palabras e abandonándonosconfiadamente nas mans de Deus.

10. A ancianidade é unha invitación a renova-lo interese pola vida. Ten como responsa-bilidade unha experiencia que se debe compartir.

Page 8: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

6O Noso Lar

en resumen

arte� �

¿Dúas táboas de Moureno retábulo maior de San Xoán deLóuzara?

IntroducciónNo número anterior deste boletín, ó tratar do ini-

cio e evolución dos retábulos, escribía o seguinte: “En pleno Renacemento (século XVI) as escenas pinta-

das nos retábulos empezan a ser esculturadas. Os máisgrandes escultores dese tempo, incluídos algúns galegos,deixáronnos extraordinarios exemplares”.

Agora, no retábulo maior de San Xoán deLóuzara temos a oportunidade de recrearnos coapresencia de dúas escenas bíblicas. Ámbalasdúas están esculturadas en dúas táboas, quealcanzan a beleza e o interese artístico máis ele-vado do tempo ó que pertencen.

Componse o retábulo de dous corpos con tresseccións. A sección central do corpo inferior tenunha gran imaxe de San Xoán Bautista, o titularda igrexa. É dun barroco posterior ó retábulo emide 1´55, sobrepasando o espacio dispoñible.Nese espacio estaría a imaxe de San Xoán queagora está na sacristía.

En cada unha das seccións laterais do corpoinferior están asdúas táboas.

Ocupa o centrodo corpo superiorun calvario; ousexa, o Cristo cru-cificado entre aVirxe e San Xoán, oapóstolo evanxelis-ta. Na parteesquerda, segundose mira, apareceunha refiguraciónpintada de SanBenito e a súa irmáSanta Escolástica

no lado dereito. Entre unha encasetonada predelaenmárcase un gran sagrario. Vai esculpida na súaporta a figura de Cristo resucitado; no lateralesquerdo aparece San Pablo, e no dereito SanPedro.

Pero o máis singular de todo este conxuntoson as tan interesantes táboas esculturadas, quenarran o nacemento de San Xoán Bautista (naesquerda) e a súa degolación (na dereita).

Nacemento de San Xoán o BautistaEsta escena sitúase nunha suntuosa estancia

na que ricas cortinas ocultan as paredes. Nunhaescenografía de deseño moi estudiado e unhaexecución técnica moi fina, aparecen sete perso-as realizando cada unha a súa función. Esta com-plexa escena resúmea San Lucas no seu Evanxeo(cap.1 , v.1) con esta frase: “Chegoulle a Isabel otempo de dar a luz e pariu un fillo”.

Alí aparece no plano superior a recén naiIsabel, deitada nunha elegante e ben representa-da cama. Unha muller de fermosa fisonomía eben proporcionado corpo, á recén parida estendesobre un prato unha cunca de caldo. Sen dúbidaestá quente, a xuzgar por un pucheiro postoxunto ó lume nunha lareira situada no recantoinferior esquerdo, e o fume recólleo unha chemi-nea de boca cuadrangular. Escondendo a caseinvisible cabeza entre as cortinas no ángulo supe-rior dereito, vemos o rostro de Zacarías, o caldeixa repousar solícito unha man sobre a camada súa esposa Isabel. Abaixo fan un grupo com-pacto as outras catro persoas da escena. Cara áesquerda ocupa un lugar máis amplo e visible afigura da parteira que, sentada no chan, esten-dendo as perna, ten no colo a figura do nenoXoán.

No lado dereito, unha rapaza, sen dúbidaunha criada, pola cofia que cobre a súa cabeza,pon unha man por baixo da cabeciña do neno.Entre a parteira e a criada está a rapaciña MaríaSan Xoán Bautista

Jaime Delgado Gómez

Page 9: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

arte� �

7O Noso Lar

que, moi atenta tamén ó neno, mostra parte doseu cabelo.

A degolación do BautistaA táboa do lado dereito narra o que se di no

Evanxeo de San Mateo (cap. XIV, 1-12). Estánextraordinariamente unifi-cados nunha única esce-na con moi suxestivosdetalles, Xoán encarcera-do, o banquete do reiHerodes con Herodíassentada ó seu carón, adecapitación do Bautista ea entrega da súa cabeza aHerodías.

Todo o dito sobre o des-envolvemento, magníficodeseño e preciosa execu-ción artística da escenaanterior, repítese igual-mente nesta.

Resalta na parte inferiorunha mesa cun mantel moielegante. Aparece benservida con dous longoscoitelos, un pequenogarfo, un redondo pan edous pratos sobre os quehai unha especie de cazo-la con algo dentro.

Rexiamente vestidos,sentan á mesa o reiHerodes e Herodías.Herodes cunha coroa real,viste túnca e elegante manto. Mira con insistenteatención algo fóra da escena e o seu rostro, deexquisita labra, loce longa barba e cabeleira,ámbalas dúas primorosamente rizadas.

Á súa esquerda, dereita do que mira, sentaHerodías. A labra do seu rostro e corpo visible éde gran exquisitez artística. Ensina uns elegantesmechóns de pelo suxeitos cunha diadema real,trala que asoma o velo que cobre o resto dacabeza. Alza ameazante o brazo dereito cunpuño pechado, mentres que coa man esquerdaagarra os pelos da moi ben tallada cabeza doBautista.

Á dereita, insinuando o calabozo no que está,con só a cabeza á vista e algo do seu corpo,asoma a figura de Xoán Bautista. Mira á infielparella e, sinalándoo coa man, parece estar alíresoando aínda aquel seu valente reproche ó rei,de “non che é lícito ter á muller do teu irmán”.

Tamén á dereita, xunto ámesa, aparece unha rapaza,a filla de Herodías.

Na parte superior están overdugo, posto de xeonllos,e as cabezas de catro perso-as que poderían ser convida-dos ó banquete con queHerodes celebraba o seucumpreanos.

Estudiadas ámbalas dúastáboas, véxome obrigado acrer que son obra do granmestre Francisco de Moure,un dos máis xeniais esculto-res do inicial barroco danosa Galicia. En primeirolugar, tanto a execución daroupa como o fino acabadodos rostros, o detallismo doselegantes peiteados e o pre-ciosismo do rizado das bar-bas e cabelos, non fan máisque reproducir o tan fermosofacer deste tan singular artis-ta. Para comprobalo, abon-da coa comparación destasdúas táboas con algunhasdo coro da Catedral lucense,

obra asinada polo mesmo Moure no ano 1624.Un dato máis a favor é o da súa presencia no

mosteiro de Samos, onde, antes de facer o coroda catedral, realizara ata cinco retábulos, en boaparte conservados hoxe. A este respecto hai quedicir que estas terras de Lóuzara estaban daque-la baixo a xurisdicción de Samos, e os monxesprestaban atencion pastoral.

Así pois, da segunda década do século XVIIdebemos considerar este retábulo.

É probable que outro entallador do seu tallerfixese o resto da obra.

Retábulo maior

Page 10: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

8O Noso Lar

en resumen

Se un castelán fala da súa parroquia refíreseexclusivamente ó templo parroquial. Se un galegodi ser de tal parroquia, refírese a todo o territorio. Encada poboación de Castela hai unha praza maiorque constitúe o centro da localidade. En Galicia, axente reúnese á porta da igrexa.

O primeiro documento existente sobre a orga-nización parroquial en Galicia é un do século VI.

Algúns galegos que sempre viviron na aldea,séntense nela máis seguros que na vila, aínda quenesta estivese o cacique que lle puidese resolveralgún problema material. Pero a autoridade do caci-que fundamentábase na forza e no control queexercía sobre os manexos do poder. Para pediraxuda de todo tipo na aldea, a persoa ten ó párro-co, ó que non lle viña a autoridade da forza senóndo feito de estar encargado da parroquia. En parte,para quitarlle forza a esa realidade vital que é aparroquia, foi polo que se crearon no século XIX osconcellos e as provincias.

A parroquia pode apa-recer como un organismoadministrativo ó servicio da comunida-de. E neste organismo, desprovisto deaparato xurídico, realízase a evanxeliza-ción, culto e servicio. A comunidadeestá unida pola participación das mes-mas inquedanzas, da mesma preocu-pación apostólica e pola participacióndo mesmo Corpo de Cristo.

Ó longo da historia, os freguesesconservan e sosteñen á parroquia e poriso considérana súa: a súa igrexa, assúas campás, a súa cruz, o seu adro.Entre outras cousas, isto crea a unidaderelixiosa, que une ós fregueses e esta-blece entre os seus moradores un fortevínculo de solidariedade, sabéndosefillos da mesma Igrexa, practicantes do

mesmo credo, bautizados na mesma pía, protexi-dos polo mesmo santo patrono.

En Samos na maior parte das parroquiasteñen menos de 100 habitantes. É por iso polo quemáis ben hai que falar de microparroquias. Anteisto, hai quen fala de cambiar a organización ecle-siástica. Pero a parroquia aínda é necesaria por serunha institución que recolle perfectamente unhadas dimensións íntimas do ser humano: unión dapersoa coa súa comunidade, cos seus amigos, coasúa terra, coa súa historia, cos seus.

En fin, eliminar as parro-quias sería unha solucióncontraria ó sentimento daxente e a realidade social.

Non obstante hai que ir pensan-do en que é imposible, como acontecena actualidade, que cada parroquiateña a “súa” misa cada semana eincluso cada mes. Si, seguiranse cele-brando as festas, funerais, bautizos eacontecementos importantes.

Polo demais para alimenta-la fecelebrala e vivila cos demais seránecesario que todos fagamos un esfor-zo e apoiemos as celebracións comu-nitarias que se van centralizando enparroquias concretas dunha formarotatoria.

� �

A parroquiaen Galicia

Santiago: 4 parroquiasSanta María: 3San Martiño: 3San Cristovo: 2Santa Marta: 1San Silvestre: 1San Xil: 1San Xoán: 1San Miguel: 1San Silvestre: 1Santo André: 1 Santo Estevo: 1Santa Xertrude: 1San Mamede: 1San Xoán: 1San Xulián: 1

Santos Patronos das Parroquias do Concello de Samos

parroquias

Page 11: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

� �

9O Noso Lar

É unha das 24 parroquias que configuran oConcello de Samos. A súa extensión é de 190,4hectáreas, que veñen sendo 1,87 km2. Romelle,Paraxuá e Vilameá son os lugares desta parroquiae suman un total de 33 habitantes repartidos en 9casas. Hai que facer constar que en Paraxuá nonhai ningunha casa habitada. A orixe da denominación de Romelle pode se-lo

nome dunha muller, Romildi, que era unha con-desa que viviu no século IX. Tamén pode ser queo nome veña do río Melle. Precisamente dunsséculos despois hai documentos nos que apare-ce o nome Riomelli e Sancti Martini de Romelli. Copaso do tempo, estes nomes quedaron converti-dos en Romelle, pola tradición popular. Neste lugar é onde está situada a igrexa parro-

quial, restaurada hai uns anos. Ten nave a dúasaugas, sobre madeira con cinco vigas tirantes. Ocabildro é o típico da zona: cerrado con dousaccesos, a tres augas. Os santos son: SanMartiño, San Marcos e Santo Domingo.O nome Paraxuá tal vez se refira a unha peque-

na parada ou pousada, pois estaría relacionadocoa palabra “parage”.Vilameá aparece en documentos dos séculos XI

e XII: “Villa Mediana”. Este último nome pode refe-rirse a un propietario chamado Medianus, homeadulto de mediana idade.

Manuel Otero

San Martiñode Romelle

Estatística parroquias

DO 1 DE XANEIRO DE 1990 Ó 1 DE XULLO DE 2002

Page 12: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

10O Noso Lar

en resumen

TradiciónOral� �

A voda de Pantarrollico

Era un día un galo que ía para a voda dePantarrollico e no medio do camiño encontrouunhas moras maduras e comeunas. Máis adianteencontrou unha malva e díxolle:

-Malva, límpame o pico que vou á voda de Pantarrollico.A malva seguiu andando e non lle fixo caso.

Máis adiante encontrou unha ovella e díxolle:-Ovella, come a malvaque a malva non quixolimparme o picoe eu vou á vodade Pantarrollico.A ovella non lle fixo caso e máis adiante

encontrou o lobo e díxolle:-Lobo, come a ovellaque a ovella non quixocomer a malva,a malva non quixolimparme o picoe eu vou á vodade Pantarrollico.Tampouco lle fixo caso o lobo. E despois vai

e encontra un can e díxolle:-Can, mata o loboque o lobo non quixo,comer a ovella,a ovella non quixocomer a malva,a malva non quixolimparme o pico,e eu vou á voda de Pantarrollico.Tampouco lle fixo caso e máis adiante

encontra o pau e díxolle:-Pau, mata o canque o can non quixocomer o lobo,o lobo non quixo comer a ovella,a ovella non quixo

comer a malva,a malva non quixolimparme o pico,que eu vou á vodade Pantarrollico.Tampouco lle fixo caso o pau. Encontra o

lume e díxolle:-Lume, queima o pauque o pau non quixomatar o can, o can non quixomatar o lobo,o lobo non quixocomer a ovella,a ovella non quixocomer a malva,a malva non quixolimparme o pico,que eu vou á vodade Pantarrollico.Mais tampouco lle fixo caso. Despois, máis

adiante, encontrou a auga e díxolle:-Auga, apaga o lumeque o lume non quixoqueimar o pau,o pau non quixomatar o can,o can non quixomatar o lobo,o lobo non quixocomer a malva,a malva non quixolimparme o pico,que eu vou á vodade Pantarrollico.Como auga non non se parou a atendelo

seguiu andando e encontrou o burro e díxolle:-¡Burro, bebe a auga!E o burro bebeu a auga e así acaba a histo-

ria.(Adaptación feita por Xulio Pérez Pereiras

dun conto recollido a Úrsula Sampaio)

Page 13: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

actividades� �

11O Noso Lar

Antroido,ruptura coa rutinaEsta festa da risa e da burla supón unha paréntese nadura vida diaria. É un tempo co seu propio ritmomaneiras de comportarse.Cando un vive o Antroido, atópase nunha dimensióntotalmente distinta á vida cotiá. Nesta, a xente levaunha vida máis orientada ó privado, mentres que notempo carnavalesco, domina máis o ámbito público.Nótase un gusto particular por compartir, como se veno feito de acumular comida, especialmente a carnede porco.Na vida cotiá comunicámonos con palabras, acom-

pañadas de xestos, pero estes últimos teñen máisimportancia durante o antroido.Ese tempo tamén supón unha inversión da modera-

ción cristiá. Vivindo dunha maneira que non poderíasoportar nin a economía nin a propia saúde, vémonosobrigados a recoñecer que, na vida ordinaria é nece-saria a moderación.Igual que durante a celebración dunha romaría, no

tempo de Carnaval foméntase a solidariedade e déi-xanse de lado as diferencias. Desta maneira, os intere-ses egoístas de cada membro da sociedade non eli-minan o cemento social indispensable en toda convi-vencia.A festa do Antroido serve para facer máis firmes os

lazos de unión existentes nunha aldea ou nunha parro-quia. E para destacar aquilo que as distingue doutras.Isto último non quere dicir que non se superen os lími-tes parroquiais, pois as comparsas van dun lugar aoutro.Como en anos anteriores, xuntouse moita xente naFundación O Noso Lar para preparar o carnaval.Todos estamos esperando este tipo de actividades eencontros para facer algo diferente na rutina das

Nº DE PARTICIPANTES: . . . . 100 persoasIDADES: 4-63 anosDESFILES: Sarria, Monforte, SamosGASTOS: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .2.283’57 EurosINGRESOS:

Aportación Participantes . . . . . . .1.083 EurosPrimeiro Premio Monforte . . . . . .246 EurosSegundo Premio Sarria . . . . . . . . .450 EurosSuperavit ano anterior . . . . . . . . . .240 Euros

SALDO DEFINITIVO: Déficit de 264’57Euros

Ficha Técnica

nosas vidas.Esta alternativa, como outras tantas das que se reali-

zan no Noso Lar, gústalle moito á xente, xa que cadaun aprende a colaborar e a comparti-lo traballo.

Este ano o disfraz estaba baseado na película“Priscila, raíña do deserto”. Foi un disfraz moi bonito eá súa vez moi divertido, no cal destacaba o colorido,a maquillaxe, a estupenda coreografía e a posta enescena.As xuntanzas para o carnaval empezaron despois doNadal e continuaron durante tódalas fins de semanaata o 8 de febreiro. Foron xornadas de actividadeentre telas, pinturas e as demais materias primasnecesarias para a elaboración do disfraz e da carro-za.Este ano participamos no concurso en Sarria (segun-dos), Monforte (primeiros) e Samos.

Como reflexión final, dicir que todos compartimosunha mesma impresión: rematamos esgotados, peroé unha experiencia digna de ser vivida por tódalaspersoas, como se pode comprobar.

Miguel Sampedro

Page 14: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

sección 3� �

12O Noso Lar

en resumenactividades

Un ano máis o grupo de monitores daFundación O Noso Lar reuníuse para facer unha acti-vidade para eles; e alá se foron a esquiar, a PuertoPajares, pola zona de Asturias. Ben, o de esquiar é unfalar se temos en conta que non había moita neveaínda que a algún lle chegou ata a cintura. Candoalguén se pon a programar unha viaxe deste estilo, averdade é que ten medo para dar cos gustos detodos, pero parece ser que este non foi o caso: con-xugáronse perfectamente o deporte, a natureza, aarte (co disfrute da marabilla do prerrománico astu-riano) e a troula na estación invernal de PuertoPajares, en Pola de Lena, en Mieres, en Oviedo,.. Enrealidade, iamos descansar e a relaxarnos un poucoda monotonía que vivimos aquí pero logo sempresacas moitas conclusións.

Persoalmente alí, como de costume vin ungrupo de amigos, de dezasete camaradas, que íanpasalo ben, e así foi. Todos disfrutamos do descoñe-cido e da convivencia, que en definitiva era do que setrataba. Sempre fun dos que pensou que a verdadei-ra amizade é algo demasiado grande para poderandar xogando con ela; ese afecto persoal, puro edesinteresado, ordinariamente recíproco, que nace ese fortalece co trato, lábrase día a día e co tempo;non é algo que nace así de repente; é máis ben froitodas dificultades, das diferencias, das loitas persoaise do Amor á humanidade. Pois si, do Amor, e ¿porque non?. Ás veces quédaste pensando e recoñe-

ces que todos seríamos moito máis felices se fixera-mos tódolos días unha demostración de Amor, unsimple bico ou unha aperta a un amigo. O que moitasveces nos pasa é que simplemente nos deixamoslevar por esta sociedade encorsetada que aínda nonve moi ben a naturalidade e avoga por un “corte” quea todos nos pon dos nervios, xa que estamos a miraro que pensa aquel ou aquela. Pois nada, “pasemos”,e a partir de agora fagamos un acto de Amor tódolosdías e cando levemos un tempo, recapacitemos.Probádeo, seguro que vos sentides moito mellor.Despois contádesnolo.

Falo no nome dos meus compañeiros de viaxese digo que cando temos este tipo de convivencias oque en realidade facemos é fomentar esa unión e esaamizade entre nós e as xentes que se nos van arri-mando; ese Amor que nos profesamos uns ós outrose polo que imos seguir loitando. É cuestión de queprobedes. ¡Veredes que ben vos sentides!

José Luis Garza Silvela.

Un anode amizade

Nº DE PARTICIPANTES: 17IDADES: entre 16 e 35 anosDÍAS: 4-5 maioGASTOS: 1.021 EurosINGRESOS:

- Participantes . . . . . . . . . . .1.021 Euros

Ficha Técnica

Page 15: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

actividades� �

13O Noso Lar

Teatroen Bustofrío Donas e cabaleiros, a función vai comezar.Vai xa para oito anos que en Bustofrío representa-mos, o véspera da festa para maiores, unha obra deteatro. Os “argalleiros” de todo isto foron o Pepe doCampo e o Fiz e a eles sumámonos uns cantos. Ogusto polo teatro ós de Bustofrío vénnos de lonxe:nos anos 1940 representaron na casa de JuanRamón da Ponte de Lóuzara “O mercader deVenecia”, de Shakespeare, con moito éxito.No ano 1994 Pepe do Campo atreveuse a traballarcuns rapaces de Bustofrío e Santo Sidro que nontiñan experiencia no mundo do teatro pero si volun-tarismo e dedicación. Sóasí se entende que despoisde oito anos pasaramosxente tan dispar comorapaces/rapazas do lugar,que compaxinamos o tra-ballo nas nosas casas cosensaios, actores que viñandiariamente desde Sarria,Savane do Courel ou ACasela. Tamén participa-ron veraneantes e xentesde Catalu-ña e Colombia.Esta diversidade taménafectou ás idades pois tive-mos desde unha nena de 7meses ó seu avó, o señorBautista, con 94 anos.A primeira obra representada foi “O muíño vellonunca morrerá”. Despois viñeron “A traxicomediados peidos do demo”, “Cando a morte baixa aMilrosas e neva a retortoiro” e o ano pasado “As pul-gas nunca dormen”; todas elas da autoría de Fiz. Aúltima obra citada xa escenificada en 1979.Fiz acudiu á representación de todas elas ata omomento do seu pasamento. E tamén se comprome-teu a escribir obras para os anos 1990; só a súamorte impediu a estrea en 1997 dunha obra que xaestaba no seu maxín.Ademais destas obras do Fiz, tamén dramatizamos“O achado do castro” de Manuel Núñez Singala;“Encol da morte do Bieito”, que é un conto de RafaelDieste; poemas de Rosalía de Castro (“A xustiza pola

man”); poemas de Uxío Novoneira (“A letanía deGalicia”) e poemas de Fiz.As representacións fixéronse sempre ó aire libre, naterraza da casa do Pepe, con entrada gratuíta. Istofíxonos gañar un marco no que o patio de butacas édo máis enxebre e permite romper a fronteira públi-co-actores. O noso é un teatro interactivo, si, esapalabra que está tan de moda para referirse ásnovas tecnoloxías. Interactivo no sentido de facerpartícipe ó público: nunha obra tivéronnos que axu-dar a levar o ataúde, co morto dentro, por suposto;noutra ocasión había unha voda das de antes onde

se brindaba e os padri-ños daban tabaco ósbrindadores e torta óresto do público, e quédicir cando un ano can-tamos todos o poemade Fiz “Cantiga ó meumuíño” mu-sicado por AQuenlla. Interacti-vo,tamén, porque os nososveciños e mesmo xentedoutras aldeas, entreeles a familia do Fiz,prestáronnos materialpara os decorados. Colleitamos tantasvivencias, anécdotas e

lazos afectivos que sería moi difícil traelos todos aeste anaco de papel. Por iso este ano cumpriremoscon esta cita cultural que se mantén gracias á fideli-dade do noso incondicional público. É gratificantexuntar dúas centas persoas como o ano pasado ouaquel ano que chovía a chuzos media hora antes decomezar e había trinta persoas agardando debaixodos paraugas ou de sacos de plástico. Isto é o quemantén viva esta escola de teatro que, modestamen-te, pretende achegar a cultura a calquera recunchoda Lóuzara Xabreira á que tanto cantou o nosoamigo Fiz Vergara Vilariño.Vémonos o 24 de agosto á noite. A cita é enBustofrío. Non faltes.

Xulio Pérez Pereiras

Page 16: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

14O Noso Lar

en resumen

� �

A Fundación “O Noso Lar” organizou do 28de febreiro ó 9 de marzo do 2002, as xa tradicio-nais e gozosas vacacións para os maiores. Olugar de destino foi Málaga e tódolos seus arre-dores.

Como tódolos anos a viaxe foi preparadaxa con antelación, con moito esmero e cariño, coi-dando que non faltaran solucións rápidas paratódolos imprevistos que poideran xurdir.

A saída foi de Samos, o día 28 pola mañá.Fixéronse as paradas reglamentarias para des-cansar e para outras cousas ademais de xantaren Medina del Campo. Despois dun bo paseo,emprendemos de novo a viaxe ata o Escorial. Alíchegamos con tempo para situarnos, acomodar-nos, e pasear polo pobo, ceamos tranquilos ecómodos. Despois da viaxe aínda quedabahumor para xogar unha partidiña de cartas, ve-latelevisión...

O día 29 emprendemos de novo o camiñocara Granada, onde xantamos. ¡Que bonita!Comemos no restaurante Mesón Andaluz, deunostempo para facer un bo recorrido polo barrio típi-co da cidade. E xa ás nove da tarde estabamosen Málaga. ¡Que recibimento! Aloxámonos naresidencia do Seminario de Málaga, xa non era aprimeira vez, moitos eran coñecidos. Inma, que é

a administradora, sempre manifestou que tiñaganas de volvernos a ver (o recordo que outrasveces se deixou sempre foi moi bo). Non cremosque despois desta siga tendo ganas de aturarnosmáis veces. ¡Que perrerías se fan!.

Con nós viaxaron tamén dúas galiñas, queInma esperaba, pois noutra viaxe xa houbera pro-blemas con outras galiñas. Durante o camiño,había que pasealas, darlles de comer... todo sedeu feito. ¡Que cara de sorpresa a de Inma!Cando viu semellantes hóspedes. Ían moi bendocumentadas, levaban colgada unha ficha deidentidade. Foron moi ben recibidas e enseguidalles buscaron galiñeiro.

Os días en Málaga, aínda que o tempo nonse luciu moito, foron ben aproveitados.Percorremos detidamente a cidade, visitamos:Mijas, Marbella, Fuengirola, Benalmádena,Torremolinos, Antequera, Torre del Mar, Frigiliana.Tamén fomos un día a un muíño de acei te enMoldrón, alí explicáronnos todo o proceso de ela-boración do aceite puro de oliva, virxe e extra. Foimoi interesante e non faltou logo a compra corres-pondente. Case temos que quedarnos alí paraque o coche pudiese co aceite. Tampouco faltoua comida dos “pescaítos” nun restaurante doBarrio de El Palo de Málaga, a carón da praia.

Algo grande de resaltar foi a boa conviven-cia que ó longo dos días existiu entre todos. Unhapreocupación de todos era facer os días o máisagradable posible para todos.

Sentímonos moi ben acollidos e moi bentratados, con certa predilección. Cada día antesde entrar no comedor nunca faltou o vasiño deaperitivo e outros detalles que nos facían sentir-nos ben. O día que o Deportivo xogou a “Copa doRei” o champán non faltou para celebralo e unhasboas pastas. Era tanto o afán que tiñan de tratar-nos ben que andaron desesperados pola cidade

Unhas vacaciónsmerecidas

actividades

Page 17: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

actividades� �

para atopar uns sacos de leña para face-la quei-mada, ¡e conseguíronnos! Non sabemos quentomou o pelo a quen. Eles a nós ou nós a eles. Aleña tivemos que traela para aquí, alí non quixe-ron quedar con ela.

En Málaga tivemos a sorte de atoparnoscon Ester e Asún, coñecidas e queridas por moi-tos. Acompañáronnos uns cantos días. Para oscoñecidos moitos recordos e abrazos. Algúns dosparticipantes tiveron tamén a sorte de encontrar-se cos seus familiares que residen por esa zona.

O 8 de marzo emprendemos a viaxe deregreso. A noite anterior pouco se pudiera durmir,(non se quere decir que se durmira moito as ante-riores, porque algún trasno tamén nos visitou). Adespedida foi longa: agradecementos ó persoalda residencia, con detalles incluídos, máis gali-ñas e para completar a granxa tamén coellos.Tivémo-la queimada e estiveron con nós un grupomalagueño rociero que moito nos animou cosseus cantos e bailes. Á hora prevista e moi pun-tuais despedímonos de Málaga e chegamos acomer a Córdoba. Impresionante a Mezquita e osseus arredores.

Á hora de cear estabamos en Ocaña, unpobo de Toledo, nunha residencia dos PP.Dominicos, a única casa onde non tivemos quesubir ningunha escaleira porque estaba todo

nunha planta, pero ¡que corredores! Non se vía oremate. Alí durmimos e o día seguinte antes desaír, demos un percorrido polo pobo.

Comemos en Tordesillas, un prato moi típi-co, lechazo.

Ás nove da tarde, o día 9 de marzo estaba-mos en Samos, agradecendo ó Noso Señor e unsa outros o ben que o pasaramos e o moito quedisfrutamos, animados e con ganas de repetir oano que vén ¿A onde?

Adela Arias Conejo

Page 18: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

16O Noso Lar

en resumen

opinión� �

Internet unha biblioteca universal

Internet coñécese con outros nomes:rede de redes, autoestradas da información,biblioteca universal. Particularmente, gústameeste último.

Todo o mundo fala de Internet. Podemosatopar referéncias nun libro de mercadotecniacomo nunha revista do corazón ou nunha pelícu-la, ¿que ten de especial esta rede de redes paraatraer tan poderosamente a atención?

Hai poucos anos a palabra Internet per-tencía ao vocabulario dun selecto grupode persoas que tiñan o privilexio depoder acceder a esta rede global deinformación. Estes personaxes, normal-mente profesionais ou estudiantes deinformática, dispoñían de conexiónsabondo lentas e moitos menos serviciosque hoxe, e daquela moitísimo menosamistosa para o usuario.

En Internet é posible atopar toda clase deprogramas para unha gran variedade de ordena-dores e sistemas operativos. De modo sinxelopódese estabelecer unha conexión con algún dosmiles de ordenadores dedicados a prover, deforma gratuíta, os arquivos que posúen. Asípoden copiarse programas de uso público, e apli-cacións comerciais para avaliación, incluídosxogos de ordenador.

A través de Internet poden consultarse oscatálogos das bibliotecas máis importantes domundo, acceder a bases de datos cos temasmáis diversos e transferir copias dos documentosatopados.

É posible visualizar e copiar arquivos deimaxes con fotografías de todo tipo ou reproduc-cións de cadros.Poden facerse cousas comoconversar a tempo real. Dúas persoas, separadaspor miles de quilómetros, poden comunicarse através de Internet escribindo no ordenador.

Internet constitúe unha fonte de recursosde información e coñecemento compartidos aescala mundial. É tamén a vía de comunicaciónque permite establecer a cooperación e colabo-ración entre grande número de comunidades egrupos de interese por temas específicos, distri-buídos por todo o planeta. Non soamente é posi-ble obter información ou utilizar algún tipo de ser-vicio. O usuario tamén pode ofrece-los se o des-exa. Unha das formas máis sinxelas é participarnun grupo de noticias ou nunha lista de correos.

Os artigos que alá se envíen serándistribuídos automaticamente entretodos os membros da lista, e estespoden ser miles repartidos portodo o mundo.

Aínda hai máis actividadesposibles:

- Parolar con xente que estea simultane-mente conectada á Rede.

- Publicar información para que sexa visi-ble en todo o mundo, a un costo incomparable-mente máis baixo que por outros medios.

- Transferir dun lugar a outro programasde computador e arquivos ou diferentes datos(documentos, fotografías, etc.).

-Mercar productos e servicios de empre-sas de todo o mundo, contando coa posibilidadede comparar rapidamente prezos e ofertas devarios provedores. Ofrecer e comercializar osseus productos ou servicios a unha praza mun-dial.

A lista de cousas que poden facerse ouconseguirse a través de Internet sería intermina-ble. O que se busque ou atope depende en granmedida dos intereses particulares e da ocupaciónde cada un, resultando imposible dar unha imaxediso nunhas cantas liñas. O mellor é que cada un

Eva Fernández Limeres

Page 19: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

opinión� �

17O Noso Lar

o seu funcionamentoexplore por si mesmo e descubra o apaixonanteque pode resultar unha viaxe a través das auto-estradas da información. Unha viaxe por Internet.

Internet é un conxunto de redes de orde-nadores e equipos fisicamente unidos mediantecables que conectan puntos de todo o mundo.Estes cables preséntanse en moitas formas:desde cables de rede local (varias máquinasconectadas nunha secretaría ou Campus) acables telefónicos convencio-nais, dixitais e canais de fibraóptica que forman as "estradas"principais. Esta xigantesca Rededifumínase en ocasións porqueos datos poden transmitirse víasatélite, ou a través de servicioscomo a telefonía celular, ou por-que ás veces non se sabe moi ben onde estáconectada.

En certo modo, non hai moita diferenciaentre Internet e a rede telefónica que todos coñe-cemos, dado que os seus fundamentos sonsemellantes. Basta saber que calquera cousa áque se poida acceder a través dalgún tipo de"conexión," como un ordenador persoal, unhabase de datos nunha universidade, un servicioelectrónico de pago (como CompuServe), un faxou un número de teléfono, poden ser, e de feito,forman, parte de Internet.

O acceso ós diferentes ordenadores eequipos que están conectados a Internet podeser público ou estar limitado. Unha rede de cai-xeiros automáticos ou terminais de banco, porexemplo, poden estar integrados en Internet peronon ser de acceso público, aínda que formenparte teórica da Rede. O interesante é que cadavez máis destes recursos están dispoñibles a tra-vés de Internet: fax, teléfono, radio, televisión,imaxes de satélites ou cámaras de tráfico sonalgúns exemplos.

En canto á organización, Internet non tenen realidade unha cabeza central, nin un únicoorganismo que a regule ou, ao que pedirlle con-

tas se funciona mal. Grande parte da infraestrutu-ra é pública, dos gobernos mundiais, organismose universidades. Moitos grupos de traballo encár-ganse de que funcione correctamente e continúeevolucionando. Outra grande parte de Internet éprivada, e está xestionada por empresas de ser-vicios de Internet (que dan acceso) ou simple-mente publican contidos. Como Internet está for-mada por moitas redes independentes, que falan

a mesma linguaxe, nin sique-ra están claros os seus lími-tes.

¿De quen é Internet?A Rede non ten un únicodono; é unha interconexiónde redes e canais pertencen-tes a diferentes entidades.

Cada unha é administrada autonomamente, demaneira federal. A pesar de ser independentes,cooperan e negocian entre si utilizando os mes-mos protocolos e estándares para poder interco-nectarse.

En Internet, as comunicacións concretasestablécense entre dous puntos: un é o ordena-dor persoal desde o que a voz accede e o outroé calquera dos servidores que hai na Rede e faci-litan información.

Internet é o maior conxunto que existede información, persoas, ordenadores e progra-mas informáticos funcionando de forma coopera-tiva, publicando e organizando información, einteractuando a nivel global.

Internet sería pois o que se deu en cha-mar “a aldea global”. ¡Pero a aldea non é global!

Page 20: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

18O Noso Lar

en resumen

opinión� �

situación no mundo ruralSe a aldea fose global, non ficarían fóra

máis de 260.000 lares españois onde viven algomáis de un millón de persoas condenadas a vivirsen a Rede, porque Internet non chegou ás súascasas, onde só dispoñen dunha liña telefónicarural. En Galicia, son en torno a 80.000 os afecta-dos que non poden ter acceso a este servicio.Pero noutras pequenas aldeas repartidas polaxeografía española tampouco poden acceder aInternet. Por moito que o goberno proclame anecesidade de embarcarse na Sociedade daInformación, aquí, segue habendo cidadáns deprimeira e de segunda. É dicir, que a pesar daspromesas, a aldea global non chega ás aldeas,ubicadas en zonas remotas, ás que levar o cabletelefónico é caro, e difícil, iso din. Telefónica deci-diu hai máis dunha década un sistema entón novi-doso, que chamaron TRAC. Son teléfonos quefuncionan cunha tecnoloxía celular (por radio, enfrecuencias de 900 MHZ) tan obsoleta que nonpermite a transmisión de datos, co que acceder aInternet é absolutamente imposible. Ás veces,mesmo manter unha conversación telefónica domáis normal xa se volve unha odisea.

Entre os anos 1992 e 1994, Telefónica,disposta a cumprir coa súa obriga de dar serviciouniversal, decidiu instalar estes teléfonos noslugares onde non chegou, (nin chegará), o tendi-do de liñas telefónicas (analóxicas, dixitais, RDSIou ADSL) nin moito menos o cable.

Os sufridos usuarios destamoderna tecnoloxía xa non sabemoso que facer. Eu mesma, levo tentandoreclamar por varias vías mediantechamadas a Telefónica, unha solu-ción a esta situación e a resposta ésempre a mesma: “Non hai as condi-cións técnicas axeitadas para quepoidamos darlle unha liña convencio-nal”.En Telefónica ampáranse na pre-misa de que como o acceso aInternet non está incluído dentro doconsiderado servicio universal, elesnon teñen por que ofrecer isto ao

100% do territorio español.“Non podemos levar otendido a todas as aldeas, ou as casas que estánen medio do monte. É inviable”

A Comisión Europea “xa aprobou queeste servicio se considere universal, e por tanto,todos os cidadáns teñen dereito a este servicio,independentemente do seu nivel adquisitivo oudo seu lugar xeográfico”. No Ministerio aseguranque, unha vez acabado o trámite burocráticoeuropeo – que levará algúns meses– comezarasea traballar no asunto, pero nin siquera saben quetecnoloxía se vai utilizar para substituír ós obsole-tos teléfonos, nin se se vai facer por concurso ouserá Telefónica quen estea obrigada a prestar oservicio. E mentres tanto, os usuarios sen poderconectarse á Rede, unha situación que segundofontes do Ministerio se prolongará, polo menos,outros dous anos máis.

A fundación “O Noso Lar”contará próxi-mamente cunha páxina web propia, cuya direc-ción ou URL será a seguinte secuencia:

http://www.onosolar.org

Page 21: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

¿Qué nos quitao sono…?

saœde� �

19O Noso Lar

Un problema importante, na poboación enxeral e na chamada terceira idade en particular, éa existencia de dificultade para comezar oumante-lo SONO ou ben a falta de sono reparador.A persoa queda coa sencación de non ter des-cansado dabondo. Isto chámase INSOMNIO.

Estudios feitos en Europa e América amo-san que unha grande maioría de anciáns estáninsatisfeitos coa duración e/ou a calidade dosono. No noso concello é tamén unha das causasfrecuentes de consulta médica.

Para diagnostica-lo insomnio é necesarioque se presente polo menosdurante tres días á semana nunperíodo dun mes e que sexa osuficiente como para provocarrepercursións ó día seguintecomo: irritabilidade, cansancio,mal humor e pérdida de memoria.

O primeiro paso na valora-ción do insomnio inclúe unha histo-ria clínica completa, tendo en contaa existencia de enfermidades cróni-cas que poidan se-la causa doinsomnio, como cardiopatías, alte-racións prostáticas, artrosis, inconti-nencia urinaria, enfermidade derefluxo gastroesofáxico. Para coñe-ce-los aspectos do sono é impor-tante que a parella, os familiaresmáis directos ou coidadores habituais participen naenquisa e entre todos se confeccione un pequenodiario do sono, no que se recollan os aspectos máissalientables como o horario da cea, o horario dedeitarse, o tempo que tarda en durmir, o número deveces que desperta na noite, o número de vecesque se levanta pola noite, o tempo total de sono, ahora de levantarse, as sestas diurnas e o estado dapersoa durante o día.

É importante o consumo de tóxicos, alco-hol e tabaco e de sustancias excitantes como o

café, o té ou o chocolate. Con certa frecuencia, osfármacos empregados para outras patoloxíaspoden interferir no sono, polo que tamén hai queconsideralos.

O manexo do insomnio inclúe diversas evariadas estratexias, sendo a primeira e máisimportante a educación do paciente e da familiasobre este problema.A continuación indícovos unhas NORMASBÁSICAS PARA MELLORA-LO SONO:1. Siga un horario regular para levantarse e dei-

tarse. Fágao sempre á mesma hora. 2. Evite tomar excitantes despoisdas merendas.3. Evite as ceas copiosas e abun-dantes.4. Reláxese un pouco antes de dei-tarse.5. Empregue a habitación soamentepara durmir.6. Se non concilia o sono en trintaminutos, levántese e entretéñasecunha actividade tranquila hastavolver sentir sono.7. Non permaneza na cama máis deoito horas.8. Evite as sestas durante o día.9. Realice exercicio físico durante odía, pero non inmediatamente antesde deitarse.

10. Se precisa levantarse a mexar moitas veces,non tome líquidos a partir da media noite.

11. EVITE O USO CRÓNICO DE HIPNÓTICOS ESEDANTES.

Sempre nos queda a opción de CONTAROVELLIÑAS...FELICES SONOS

Conchita Rodríguez FernándezMédico de Atención Primaria-Samos

Page 22: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

sección 9� �

20O Noso Lar

enresumen

hixienealimentaria

Hixienedo queixo

O queixo foi de sempre un dos alimentosmáis populares da nosa terra. A pesar de quetodos cremos que coñecemos ben este nutritivoproducto, é necesario ter en conta certas circuns-tancias hixiénicas para evitar que sexa unha fontede enfermidade en vez dun delicioso manxar.

O primeiro que debemos ter en conta éque cada tipo de queixo é distinto, e os proble-mas que pode traer consigo poden ser diferentes.Dos queixos de Galicia o do Cebreiro é o máisacedo, e logo veñen no escalafón os queixos dopaís, Tetilla, Ulloa-Arzúa e mailo queixo de SanSimón da Costa. O queixo do Cebreiro, ó ser decallada aceda, o cal afecta máis ós xermes, émáis seguro desde o punto de vista da hixienecós chamados queixos do país, Tetilla ou daUlloa, que son queixos de callada enzimática.Logo podemos sacar unha información de intere-se no feito de que a maior acidez no queixo,cando esta acidez é xenuína e característica doproducto fai que sexa hixienicamente mellor. Porsuposto que non teriamos espacio nestas liñaspara falar doutros queixos de fóra da nosa terra,dado o gran número de tipos diferentes que sefan no mundo.

Outro aspecto a ter en conta témo-lo nofeito de se os queixos son caseiros, e polo tantofeitos por nós, ou se son comprados. A maioríados que se venden hoxe en día teñen etiqueta,aínda que ás veces teñamos a tendencia a fuxirdos queixos con etiqueta pensando que sonindustriais e identificamos este feito cun alimentode baixa calidade. Nembargantes, moitos destesque teñen etiqueta están feitos tamén de xeitoartesanal por pequenos productores, aínda quecoa axuda dalgunha pequena maquinaria, coaconseguinte garantía de sabor. Na maioría doscasos a etiqueta vai indicar que o queixo foi pre-parado con leite tratado termicamente, o cal senningunha dúbida constitúe una garantía hixiénicade primeiro orde. Se o feito de quenta-lo leite

pode levar algunhas diferencias de sabor no ali-mento final, a garantía de destrucción dos xermesque constitúe a pasterización do leite de fabrica-ción ben vale a pena de acostuma-lo paladar.

Elaboración propia do queixo

Se nos atrevemos a face-lo queixo co leitedo noso ganado, teremos que ter en conta taménalgunhas cousas. Desde logo o primeiro será te-laseguridade de que o leite vén de gando vacúnperfectamente san, negativo nas campañas desaneamento gandeiro, ausencia de mamite clínicaou subclínica ou doutros procesos. Tamén, nonestar a tratar os animais con fármacos, xa quemoitos destes fármacos vanse eliminar polo leite een ocasións farán que o queixo non sexa bo, e oque é peor, nalgunhas ocasións eses fármacospoden producirnos alerxias, como é o caso dosantibióticos, ou causar outros problemas de saúdeó come-lo queixo. Logo do anterior, dicir que oideal dende o punto de vista hixiénico sería quen-ta-lo leite un certo tempo a 63 ºC polo menosdurante media hora, esto sería o que chamaria-mos unha pasterización baixa, se ben é certo quecando se quenta moito o leite é máis difícil face-loqueixo a causa de certos fenómenos que sucedenno leite tratado pola calor. Se non tratámo-lo leitecon calor, entón ademais de ter unha seguridadesuplementaria sobre a saúde dos animais debere-mos de extremar máis se cabe a hixiene do cal-deiro onde imos face-la callada do leite así comoo leite en si mesmo, manténdoo lonxe de fontes decontaminación, como poden ser por exemplo osensilados. Aínda que calquera aparello queempreguemos poida parecernos limpo debemos

Tanto a corteza como a masa ou interior dos queixos cons-titúen partes interesantes a ter en conta desde o punto devista hixiénico.

Page 23: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

hixienealimentaria� �

21O Noso Lar

lembrar sempre que os microorganismos quepoden ser causa de enfermidade nas persoas eanimais non son visibles a simple vista, poderia-mos falar logo do que sería a limpeza a simplevista e o que sería limpeza "bacteriolóxica" queinclúe a desinfección. Para os que teñan cuba defrío ou circuíto de ordeño é bo recordar que debeobservarse unha hixiene similar con calquerautensilio que empreguemos para face-lo queixo.Cando facemos queixo na casa non é usualempregar fermentos. Pero teremos en conta quemoitas das características dos queixos adquíren-se durante o curado dos mesmos mediante olabor que fan os microorganismos presentes no

leite inicial; por iso, é fundamental que non se tratede bacterias patóxenas, e non sería malo que seempregasen fermentos específicos e controladosque ademais impedirán a multiplicación dos xér-menes indesexables que poidan estar presentesno producto.

Seguindo co anterior é bo recalcar quecanto maior sexa o tempo de curado, menor seráa probabilidade de que poida haber xérmenespatóxenos no queixo, pois durante o curado oscambios físico-químicos e microbianos que teñenlugar no queixo fan que este non sexa bo para asupervivencia dos patóxenos.

O queixo na mesa

Un derradeiro consello á hora de come-loqueixo é tamén ter en conta que debe de elimi-narse a súa corteza, aínda que normalmentepode parecernos sabrosa en determinados quei-xos, é bo sinalar que polas súas característicastanto físico-químicas como de exposición a dife-rentes fontes de contaminación externas, a corte-za pode ter xérmenes patóxenos, polo que nondebemos comela. No caso dos queixos moi fres-cos ou sen unha corteza definida, como sucedeco queixo do Cebreiro, sería bo raspar a superfi-cie exterior antes de consumilos.

E se acabamos de falar da corteza do quei-xo, tamén é bo dicir algunha cousa da masa domesmo, xa que do que atopemos no interior pode-mos sacar algunha conclusión hixiénica. Así,podemos falar dos tipos de buratos que teñenalgúns queixos. Os buratos redondos son debidosó gas que xeran certas bacterias. Normalmente nocaso de queixos pouco curados, tal é o caso damaioría dos nosos queixos, podemos atribuír esesburatos ós coliformes, o cal indicaría unhaspobres condicións hixiénicas. Pola contra, osburatos que son irregulares non indican crece-mento de coliformes, senón que se forman ó elimi-narse parte do soro.

Son moitas as cousas que debemos ter enconta dos queixos desde o punto de vista hixiéni-co. Non debemos olvidar nunca que a comidapode ser fonte tanto de saúde como de enfermi-dade, aspecto este a considerar cando seleccio-namos os nosos alimentos.

Carlos M. Franco Abuín

Queixo de Arzúa-Ulloa

Queixo Tetilla de Galicia

Queixo do Cebreiro

Queixo de San Simón da Costa

Page 24: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

22O Noso Lar

en resumen

agricultura emedioambiente� �

Hoxe en día a agricultura en xeral pódese consi-derar coma unha gran industria que a partir da terra,maquinaria e materias primas varias xera unha grancantidade de productos básicos e necesarios para aalimentación humana. Pero esta forte industrializaciónda agricultura trae consigo un dos principais proble-mas das industrias, que é o dos residuos.

Unha definición sinxela de residuo sería: Aquelmaterial sobrante e despreciable. Ainda que hoxe amaioría dos residuos tratándoos adecuadamentepódense volver aproveitar.

A continuación vou falar sobre os principais resi-duos que xera a agricultura e que están incluídos noPlan de Xestión de Residuos Agrarios de Galicia.

Estercos e Xurros (puríns)Os estercos e puríns son compostos orgánicos

formados polas dexeccións sólidas e líquidas dogando. Estes residuos son naturais e hai que conside-ralos coma un bo fertilizante para os cultivos e pastos.Pero unha mala utilización dos puríns está provocan-do que se convirtan nun residuo que contaminana aauga con nitratos, o solo con metais pesados e o airecon malos cheiros e amoníaco.

O Plan de Xestión de Residuos Agrarios contem-pla unhas alternativas para a xestión dos excedentesdo purín: arranxo e mellora das fosas de purín de cadaexplotación; construcción dunha fosa de almacena-mento colectivo e planta de tratamento

Son instalacións nas que a partir dun residuo“purín” obtéñense unha serie de productos finais(auga depurada, abono orgánico, gas natural, electri-cidade, etc.) mediante unha serie de procesos e trata-mentos.

Plásticos de ensiladoOs plásticos de ensilado provocan en Galicia uns

problemas ambientais moi importantes. Son abando-nados e acumulados en calquera sitio provocando unimpacto na paisaxe moi desagradable. Son queima-dos incontroladamente despedindo a atmosfera gasesmoi nocivos e perigosos para a saúde humana.

O Plan de Xestión de Residuos Agrarios esta-blece sistemas de recollida e xestión dos plásticos deensilado. Esperemos que esto sexa posible cantoantes polo ben sobre todo da nosa fermosa paisaxe.

Envases de Fitosanitarios e ZoosanitariosOs contidos dos envases son normalmente sustan-

cias tóxicas e perigosas que poden contaminar aauga, o solo, as plantas, etc. O abandono destesenvases en calquera sitio provoca un deterioro da pai-saxe. Ó queimalos emítense gases contaminantes aatmosfera.

Para estes envases o Plan de Xestión de ResiduosAgrarios contempla un sistema de recollida e xestión.

Cadáveres de animaisHoubo un antes e un despois debido a aparición

en Galicia da enfermidade das vacas tolas. A partirdesto démonos de conta que o enterramento en calviva que nós facíamos e que o goberno facía non erao correcto. Tamén nos decatamos de que non conta-bamos co número de fornos crematorios suficientestendo en conta a cabana gandeira de Galicia.

Hoxe contamos cunha recollida de cadáverespor parte da Xunta a través dunha empresa. Perotemos esa recollida previo pago dun seguro ou previopago de 180 euros/cadáver. Polo que incluso unhaperda económica como é a morte dun animal nosresulta ainda máis cara.

Oscar López González

O residuos agrícolas

Page 25: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

cartas� �

23O Noso Lar

Á Fundación O Noso Lar:

En abril deste ano, tiven ocasión de volver a Sarria,e pedín que me levasen a coñece-la casa daFundación O Noso Lar de San Román de Lousada.

Pasaran 15 anos desde que o Bispo de Lugo nospedira, que atendesemos a Lousada, Montán,Loureiro, Zóo, Romelle, San Mamede e Lier, parro-quias que quedaran sen sacerdote.

Eu, relixiosa da Asunción, e galega que estiveragran parte da miña vida en colexios de cidade dandoclases de ciencias naturais, matemáticas, relixión...vivín, xunto con Asun, unha experiencia preciosa.Encontreime con xente acolledora, agradecida, queaceptaba a nosa boa vontade e toda a nosa inexpe-riencia.

Ós poucos meses é nomeado un cura. Do seuamor a Galicia, o seu empeño de ser testemuñas dabondade de Deus entre os homes e o seu desexo demellora-la vida dos pobos, aprendimos, que habíamoitísimas cousas que facer, que eramos capaces defacelo, que as dificultades desaparecían cando esta-ba en xogo o mellorar unhas vacacións para os nenos,catequeses, celebracións ou proximidade dos nososmaiores.

Só puiden estar un ano, pois pedíronme que fosedar clases a un colexio de Madrid. Por Asun e Estherfun seguindo os proxectos: A Fundación, a casa deLousada, as colonias de verán, a festa dos maiores, asviaxes, a chegada de Saladina, Adela e Inés, francis-canas da Divina Pastora.

Ó revivir este ano de experiencia, agradezo, admi-ro e “envexo” a tanta xente que segue colaborandocon este proxecto.

Recordo que cando lle preguntamos ó Bispo deLugo qué facía falta para traballar en Galicia, el con-testou: “Querer a Galicia”. Esa condición, afortunada-mente témola moita xente. Se ademais existe o dina-mismo e a ilusión dos que forman a Fundación, aesperanza dunha Galicia máis feliz está en camiño.

Margarita

(Carta traducida do castelán)

Unha parella decide ir de vacacións a Florida.A muller debe realizar unha viaxe de negocios eplanea atoparse co seu marido o día seguinte. Nohotel, o marido decide enviarlle á súa esposa uncorreo electrónico avisándoo que chegou sen pro-blemas; envíalle unha mensaxe por correo electró-nico.

Desafortunadamente, o enderezo electrónicoque escribe non é o correcto e a mensaxe chegaa unha viúva. Cando a viúva ve o seu correo elec-trónico, berra horriblemente e desmáiase. Os seusparentes entran e miran o ordenador onde estáescrito o seguinte:

“Querida esposa: todo está listo para a chega-da. O teu marido, amante eterno.

P.D: Pois si que vai ben calor aquí”.

- Teño un can listísimo. Non creo que haxaoutro coma el. Un día pasou por onda unha far-macia, parou diante do escaparate, quedoumirando, levantou unha pata de atrás e...

- ¡Pois non vexo eu qué é o que ten iso de inte-lixente!

- É que no escaparate había un letreiro quedicía: “Análises de urina”!

Cando saían da misa, a muller comentáballe óhome:

-¿Víche-lo traxe que levaba a señora de diantede nós? ¿E bolso da do banco do ó lado? ¿E fixá-cheste no vestido tan descarado da que estaba átúa esquerda?

- Pois non -recoñeceu o home-. A verdade éque non me fixei na xente.

A muller reprochoulle. “¡Ti es parvo! ¡Non sei aqué vés á misa!”

Humor

Page 26: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

S U B S C R I C I Ó N C O L A B O R A D O R

Festa en homenaxe ós nosos maiores: unha celebración gozosa, entrañable e solidaria;as vacacións−convivencia para maiores: merecida recompensa tras unha vida de traballo;

casa de acollida temporal: onde os anciáns teñen un fogar,catro libros con aportacións á historia de Samos desde a nosa cultura,

o presente boletín semestral...Nestas e outras actividades vaise concretando o lema da Fundación O Noso Lar:

Ó servicio da xente da nosa terra. Se queres recibi−los sucesivos números deste boletín, envía á Fundación O Noso Lar,

San Román de Lousada, 27620 Samos, Lugo, os teus datos (nome e enderezo)

Nome e apelidos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

NIF . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Rúa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Nº . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Piso . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Porta . . . . . . . . . . . . . . . . . . Código postal . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..

Localidade . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Provincia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Teléfono . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

IMPORTE

12 Euros

30 Euros

60 Euros

Outros ...................... Euros

PERIODICIDADE

Mensual

Trimestral

Semestral

Anual

Única

FORMA DE PAGODomiciliación bancaria

Talón bancario a nome de:Fundación O Noso Lar

Xiro postal

CONTAS PARA DONATIVOS A TRAVÉS DE INGRESOS E TRANSFERENCIASBanco Pastor - Samos. 0072 - 0247 - 92 - 0000200484

Caixanova - Sarria. 2080 - 0364 - 11 - 00400002902

D O M I C I L I A C I Ó N B A N C A R I A

Titular da conta . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Banco ou Caixa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Direccion bancaria . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Nº . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Código postal . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Poboación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Provincia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

CÓDIGO CONTA CLIENTE

Código entidade Código oficina D. C. Número de conta

Periodicidade ................................................. Importe .....................................................

Firma do titular

Se ademais desexas colaborar economicamente cos fins da Fundación O Noso Lar, envíanos tamén os seguintes datos:

Page 27: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos

Un ser en nós “Vexo ó señor calado ata os ósos ¡que quentiño na miña

camiña!” Este pequeno poemiña chámase un Œhaiku‚. Nace no século XVI no

Xapón. Este Œhaiku‚ cóntano-la historia dun home humilde, chamado Issa, que

ve pasar dende a súa casa a comitiva dun señor feudal. Fóra chove e vai

frío. Issa ollao dende a súa cama ben quente, mentres o señor, ¡tan

importante!, está xeado. Os Œhaikus‚ están vencellados ós sucesos de tódolos

días, ó devir natural. No aspecto relixioso teñen moita importancia,

básicamente no budismo e na súa afirmación de que en todo hai un ser.

Esquezámo-las diferencias culturais e raciais e decatémonos de que se en nós

hai un ser, tamén o hai nos demais, nas cousas e nas criaturas que nos

envolven de vida. Non agardemos mirando pola fiestra como sofre o noso

irmán. Se compartimo-lo noso calor con el o mundo será máis xusto, e máis

quente.

ISABEL CHOUSA

Santy López

Page 28: O Noso Laronosolar.org/boletin/boletin3.pdfTodos sabemos e podemos aportar moito. Todos témo−la obriga de seguir aportando o noso gran de area para que a historia dos nosos pobos