O OS!!cgtcorreosfederal.es/sites/default/files/buzón rebelde27... · 2019-06-10 · Para o 01/07...
Transcript of O OS!!cgtcorreosfederal.es/sites/default/files/buzón rebelde27... · 2019-06-10 · Para o 01/07...
O R G A N O D E D I F U S I Ó N D A C G T C O R R E O S – A C O R U Ñ A
cgtcorreosacorunha @gmail.com telefone: 674 070 105 RICO 83230
NESTAS PÁXINAS
Eleccións/Sábados/Axudas de ac-
ción social/Concurso de traslados/
Aportación de vehículo no rural/
Nova imaxen de marca/
Restructuracións/Solidariedade
internacionalista
Lembrade que tedes moita mais
info en www.cgtcorreosfederal.es
4 anos despois… VOLVE O CONCURSO DE TRASLADOS!! E faino peor que nunca...
E CONVERTESE NA MARCA FAVORITA DOS TROLLS
Correos repite estratexia publicitaria enchendo as redes so-
ciais de bromas, chistes, memes, etc. e xerando unha forte
polémica. A imaxe é “nova” (¿?) pero todo segue igual...
Instamos a Correos no mes de marzo mediante o escrito 18205416L a que cumpra a lei
de contado unha vez constatado oficialmente de que nos vehículos particulares non se
pode repartir paquetería, nin realizar ningúnha actividade laboral ou comercial. Logo do
caso “Amazon” onde non se lle permitiu empregar este tipo de vehículos para o reparto.
Agardamos desde febreiro a resposta de Correos que dende a CGT pasa por que a empre-
sa aporte o vehículo inmediatamente.
As pasadas campañas electorais
amosaron a incapacidade da
dirección para xestionar
axeitadamente estes procesos.
Por 2 veces repetíronse os erros, o
principal: a racanería na
contratación. O resultado: a cidadanía
prexudicada e a imaxe de Correos polo
chan, así non é de extranar ca queiran
mudar.
Entre as medidas improvisadas e
chapuceiras que se tomaron, a mais grave
para a CGT foi o feito da apertura en
festivos e á ampliación da xornada, que se
ben no día 28 de abril tratouse dunha
medida imposta pola Xunta Electoral
Central, os restantes festivos que se trocaron
en laborables foi por vontade propia da
empresa co beneplácito das oo.ss.
asinantes.
E isto, compañeir@s, é abrir a porta á
desregularización da xornada; é abrir a
Caixa de Pandora.
“Somos volcáns. Cando nós as mulleres
ofrecemos a nosa experiencia como a nosa
verdade, como a verdade humana, cambian
todos os mapas. Aparecen novos montes.”
Úrsula K. Le Guin
E chegou xuño e non sabemos nada da solución do
tema dos sábados tan cacarexada no acordo
plurianual de decembro do ano pasado. Pero o
retraso para amañar este tema é aínda moito maior.
Fagamos memoria: No outono do ano pasado dous
sindicatos de Correos (CGT e SL) levaron ante a
audiencia nacional o feito de que Correos non estaba
a respectar o descanso obrigatoria semanal, facendo
“trampas” no seu cómputo de horas entre a
finalización de unha semana laboral e o comezo da
seguinte, onde debe haber 48 horas de descanso. Por
exemplo, se traballas un sábado até ás 13:30 non
poderías comezar o luns ás 08:30, pois non se
cumpren estas 48 horas.
Nese xuízo Correos (coa axuda de CCOO, UGT e
CSIF) evitou unha máis que cantada sentencia que lle
obrigaría a cumprir con este descanso legalmente
establecido chegando a un acordo de “amañalo antes
de que acabe o ano”. A finais do 2018 pasaron meses
e meses até chegar ao famoso acordo plurianual que
volve a dar “seis meses” para amañar este tema.
Insistimos, tema estaría solucionado xudicialmente
en outono de 2018.
Pois ben, a punto de cumprirse os seis meses e
seguimos sen saber a solución para que se cumpra a
lei. O texto fala superficialmente de “crear unha bolsa
de eventuais para levar a cabo esta labor” (vanse
abrir de novo as bolsas??) fala que se “con carácter
xeral farase con persoal voluntario e remunerado” (e
se non hai voluntarios/as?), todo meras declaracións
de intencións sen concreción ningunha.
A nosa preocupación ven agora, lendo os
comunicados de algún sindicato onde, en vez de
situarse a carón do persoal e do seu dereito ao
descanso ESIXEN QUE O GOBERNO FAGA UNHA
EXCEPCIÓN CON CORREOS NO CUMPRIMENTO
DOS DESCANSOS SEMANAIS, isto é: o que están
pedindo os sindicatos é que o goberno faga un
decreto polo cal Correos non teña a obriga de nos
respetar o descanso semanal , para poder seguir
traballando os sábados. Delirante...
Colabora co Buzón Rebelde.
Envía os teus textos a [email protected]
Secretario xeral de CCOO Correos no programa “Informe Semanal”
O 5 de xuño Correos publicou as
bases do Concurso Permanente de
Traslados, a ultimas convocatorias
foran nos anos 2011 e 2015, a
pesares do que indica o III
Convenio Colectivo
(periodicidade anual).
A presente convocatoria continúa
deteriorando o CPT e faino cos
parabéns dos sindicatos asinantes.
Primeiro reducíronse os tempos de
incorporación ao destino. Máis
tarde o CPT volveuse “cego” e
temos que pedir sen saber as
vacantes reais, sabendo que as
veces nin sequera cobren as
vacantes reais; e agora continúa a
tendencia a primar a formación
empresarial por encima da
antigüidade ou a conciliación
familiar.
Limítase a puntuación máxima por
antigüidade e non hai proporción
entre os tramos para computala,
redúcense as opcións de destino
(de 75 a 20), a conciliación familiar
segue a ser o aspecto menos
valorado á hora de solicitar un
novo destino (un miserento 0,5) a
pesares de que “Correos concilia”,
os servizos médicos voltan a ter a
derradeira palabra, a formación
online ten un peso
desproporcionado de tal xeito que
ter feito un curso online de SGIE/
PDA para reparto conta o mesmo
que 3 anos traballando e usando a
diario esas ferramentas.
Na CGT entendemos que esta
situación, que xa vivimos na
apertura das bolsas de
contratación e nos procesos de
consolidación, é o resultado dun
proceso de mercantilización que
inclúe tamén as/aos traballadoras/
es. Non compartimos este modelo
de mobilidade e temos clarísimo
que estas bases non benefician á
maioría do persoal. E sen embargo,
aquí as temos.
Así de claro. E Correos sábeo.
Simplemente, unha vez máis mira
para outro lado “a ver que pasa”.
Sábeo porque desde a CGT xa nos
diriximos para llo explicar no
escrito 18205416L de 18 de marzo
de este ano á dirección indicándolle
que a lei non permite que
transportemos mercadorías para
terceiros nos nosos vehículos
particulares.
A lebre saltou no verán do 2018,
cando AMAZON tentou empregar
vehículos privados de particulares
para repartir a súa paquetería. Si, tal
como facemos en Correos o persoal
rural. Desde ese momento a
patronal do transporte UNO e
diferentes organismos tales como a
policia Foral de Navarra, a
consultas de CGT, aclararon que
non se pode repartir NADA en
vehículos particulares. Así de claro.
Tal como indica o artigo 101 da
LOTT (Ley de Ordenación del
Transporte Terrestre), que define
con claridade o concepto de
transporte privado particular, e dos
diferentes regulamentos sobre
Tráfico, Circulación de Vehículos a
Motor y Seguridad Vial (anexo I) e
“General de Vehículos” (anexo II).
Onde se establece: «Por tanto, el
vehículo “turismo” está concebido para
el transporte de personas y, aunque es
apto técnicamente para transportar
objetos o paquetes, estos han de tener la
consideración de enseres propios y
particulares del titular del vehículo, no
de mercancías que se transportan por
cuenta de terceros desarrollando una
actividad profesional que da lugar a
remuneración dineraria directa o
indirectamente» . Aparte disto o
artígo 22 dicta que para facturar por
la prestación de servicios de
transporte se debe ser "titular de una
licencia o autorización que habilite para
realizar el transporte".
Correos leva décadas incumprindo
a lei e pedindo ao persoal rural que
empregue o vehículo
“turismo” (concebido para o
transporte de persoas) para realizar
unha actividade comercial. Se ben
ao longo dos tempos tanto Correos
como o persoal “miramos” para
outro lado, o aumento da paquetería
e do volume transportado no coche
fai que isto sexa xa insoportable e
imposible de ocultar por máis
tempo. Por iso a CGT esixe a
Correos que poña solución de xeito
inmediato a este tema, aportando
de maneira inmediata a empresa os
vehículos necesarios para a
prestación do servizo.
Imos seguir pelexando para que
a antigüidade sexa o criterio
principal e para que se
adxudiquen todas as vacantes
nun concurso semestral que sexa
transparente e xusto.
Para o 01/07 esta prevista a posta en funcionamento da reforma en Ponteceso, con una nova UR que vai
incorporar as circulares de Malpica. Seguimos á espera de ver que vai pasar en Vedra e Boqueixón, onde a
situación de Correos foi un dos temas estrela nas pasadas eleccións municipais. Oleiros é outro dos lugares onde
a reestruturación é inminente... en verdade falta fai a vista das sobrecargas de traballo que soporta o persoal.
Logo da
concentración en BCN
fronte ao consulado
francés de fai unas
semanas, o pasado 8
de xuño tivo lugar en
Madrid outro acto de solidariedade
internacional cos carteir@s do
distrito 92 de París. Como moit@s xa
sabedes estes compañeir@s levan
máis de un ano en folga indefinida
en protesta polo despedimento do
compañeiro e sindicalista Gaël
Quirantes (quen estivo presente no
acto), contra os abusos e as agresións
de La Poste cara @s traballador@s,
contra os dimensionamentos e
contra o peche de oficinas.
Vimos de asistir á mediática
presentación da súper anunciada
renovación da imaxe corporativa.
Un pequeno cambio no logotipo
acompañado de outra potente campaña
nas redes sociais e medios de
comunicación, outra vez anuncios
molones e esta vez a ritmo de trap, que é
o que “o peta hoxe”. Ademais da
correspondente presentación in situ co
presidente da empresa facendo os
honores e toda a parafernaliña das
grandes ocasións.
Segundo nos contan a nova imaxe é
mais sinxela e actual. Representa os
piares estratéxicos da empresa:
internacionalización, dixitalización e
sustentabilidade . Tamén destacan que o
novo deseño aforra tinta.
Sen entrar a valorar o deseño, e
marketing aparte, parécenos importante
este dado sobre a tinta cara a afrontar a
moi “sostenible” tarefa de cambiar un
logotipo en milleiros de buzos,
vehículos, oficinas, uniformes, etc..
Para a CGT este gasto de centos de miles
de euros parécenos outro despropósito a
vista da perdida de calidade do servizo
e da crecente precariedade laboral.
Se como din dende o departamento de
prensa, o motivo de este cambio de
imaxe da “marca” Correos foi facer
como fan as grandes marcas e
“prescindir do innecesario”… pois
podían ter empezado buscando polo
centro directivo..
Iso si, a tipografía chamase “cartero” e
din que é acorde ao noso carácter..
¿Como vos quedades? Eh?
Outro ano mais
repítese o guión.
Proposta
descavillada,
negociación
inexistente, e mesma
convocatoria do ano
pasado. Outro ano
máis moita xente
quedará excluída
polas limitacións
retributivas.
Especialmente entre o
persoal rural.