O pintor do sombreiro de malvas

26

description

Trazos biográficos e pictóricos de Vincent van Gogh a través do libro de Marcos Calveiro.

Transcript of O pintor do sombreiro de malvas

Page 1: O pintor do sombreiro de malvas
Page 2: O pintor do sombreiro de malvas

“_A beleza reside na

verdade, na vida tal e

como se nos presenta.

Eu só tento reflectila

con humildade… A arte

é o home engadido á

natureza, e aquí mesmo,

arrodeado por ela, estou

eu.” (Páx. 21)

Page 3: O pintor do sombreiro de malvas

“O forasteiro vestía pantalón e

chaqueta brancos e gastaba un

chapeu de palla… Permanecía quedo,

ergueito o seu queixo afiado, e

dirixía a cabeza con movementos

calmosos. Semellaba que uliscase o

aire da tarde, como tentando

Page 4: O pintor do sombreiro de malvas

apreixar todos os seus recendos.

Despois quitou o sombreiro e, cos

ollos pechos, orientou o rostro cara

ao horizonte, procurando que as

raiolas lle quecesen a face. Tiña o

cabelo, as cellas e a barba rubios, a

cute pálida e un nariz prominente.” (Páx. 15)

Page 5: O pintor do sombreiro de malvas

“_ Hai que ser moi valente para

retratarse así, con toda a

crueza, sen ocultar nada. Que lle

pasou na orella?” (Páx. 34)

Page 6: O pintor do sombreiro de malvas

“Levabamos dende a mañanciña

diante da granxa das irmás

Cavaignac e, por volta do

mediodía, Vincent xa case

rematara o lenzo verderolo. Nel

víase a casa das señoras co

Page 7: O pintor do sombreiro de malvas

colmo do teito trazado con

grandes brochadas verdes,

unhas vides reviradas gabeando

pola fachada branca e,

achegándose a ela, as dúas

irmás, unha diante e a outra

máis afastada, apoiándose no

seu caxato.” (Páxs. 37, 38)

Page 8: O pintor do sombreiro de malvas

“_O que non entendo é por que pinta a

igrexa pola traseira…

Page 9: O pintor do sombreiro de malvas

_ Porque ás veces, na traseira das

cousas, como no interior das

persoas, atópase o máis fermoso

delas. Tendemos a quedarnos

sempre co aparente, coa primeira

mirada, sen afondar, sen ir máis

alá dos prexuízos do noso propio

ollar. Pasamos pola vida coma

cegos, batendo co noso caxato na

verdade sen recoñecela, e cando

nos decatamos xa é tarde de

máis.” (Páx. 60)

Page 10: O pintor do sombreiro de malvas
Page 11: O pintor do sombreiro de malvas

“Pasamos a mañá nun prado, a

carón dunhas acacias

espiñentas. Vincent decidiu

representalas nun pequeno

lenzo. Pareceume que se

demorara en exceso para

retratar tan pouca cousa.”

(Páx. 63)

Page 12: O pintor do sombreiro de malvas

”Moi ben pintadas non parecían. Se

me apuraba, nin semellaban vacas,

senón unhas estrañas bestas

pardentas.” (Páx. 72)

Page 13: O pintor do sombreiro de malvas

“_ … hai un fermoso bosque de lamigueiros

preto de Bessancourt. (…)

O bosque aparecía tal como Vincent o

describira, coa excepción dunha parella

collida do ganchete que ocupaba o espazo

central do cadro, el con traxe negro e

chapeu, ela cun vestido e diadema.

Sorprendido por tan estraña presenza,

pregunteille.

_ E esa parella?

_ (…) Son monsieur Chaos e madame Harmonie,

que veñen ao noso encontro.”

(Páxs. 91, 94)

Page 14: O pintor do sombreiro de malvas
Page 15: O pintor do sombreiro de malvas

“… aínda non nos internaramos no

vizoso xardín de Daubigny, un

afamado pintor morto uns anos

antes… Se había un lugar fermoso

na vila era ese… O xardín

estendíase en pendente dende a

casa… ata o camiño case en fronte

da estación.” (Páx. 105)

Page 16: O pintor do sombreiro de malvas

“Non pechei os ollos e disparei os dous

tiros. Os corvos grallaron asustados e

botaron a voar, afastándose de nós.

Mentres sostiña o revólver, Vincent,

lixeiro, deu varias pinceladas negras aquí e

alá sobre o lenzo. Logo, mesturou na paleta

un chisco de branco e dous remuíños de

fume xurdiron de socate sobre o ceo azul

do cadro.” (Páx. 116)

Page 17: O pintor do sombreiro de malvas
Page 18: O pintor do sombreiro de malvas

“… Vincent acudira á casa de

Gachet para celebrar o vixésimo

primeiro aniversario de

Marguerite. Leváballe como

agasallo un retrato dela que

rematara uns días antes e que

aínda non secara de todo. O lenzo

acadaría ben o metro de altura e

nel víase á mociña cun vestido

branco e rosa sentada nun tallo

tocando o piano.” (Páx.87)

Page 19: O pintor do sombreiro de malvas

“_ Ese Gachet éche un chisco

excéntrico… Mais ama a pintura por

encima de todas as cousas…” (Páx. 30)

Page 20: O pintor do sombreiro de malvas
Page 21: O pintor do sombreiro de malvas

“Devagar, como as pinceladas no

lenzo, xurdiron os contornos

cinsentos dunha figura. Logo

sucedéronse pequenos estralos de

cor que me obrigaron a pechar con

máis forza os ollos. E de súpeto,

nítido como se comparecese ante

min, emerxeu o rostro riseiro da

miña querida Adeline.” (Páx. 86)

Page 22: O pintor do sombreiro de malvas

“O 14 de xullo, o día da Festa

Nacional, en que o Concello amenceu

engalanado con bandeirolas, Vincent

refuxiouse no seu cuarto e negouse a

saír…” (Páx. 121)

Page 23: O pintor do sombreiro de malvas

“Theo parecíase moito a Vincent. Era máis

pequecho, pero, coma el, tiña o cabelo e

as cellas rubios, e gastaba un bigote ben

recortado…”

(Páxs. 67, 68)

Page 24: O pintor do sombreiro de malvas

“Fomos á ribeira do Oise, preto de

Chaponval, e pasamos o día no merendeiro

con embarcadoiro que alí había. Vincent

pintaba as barcas que abalaban coa

corrente manseliña do río, onde as longas

pólas das árbores abeberaban sedentas

polo solleiro.” (Páx. 41)

Page 25: O pintor do sombreiro de malvas

“_ Sabes o que fai desaparecer

ese cárcere onde estamos

pechados? O amor e a amizade.

Estar entre amigos, entre

irmáns, amar: esa é a forza

soberana que, coma un feitizo,

abre a vagaván as portas desa

gaiola. Quen non a posúe, fica

nesa cadea ata a fin dos seus

días.” (Páx. 149)

Page 26: O pintor do sombreiro de malvas

“A tristeza non rematará xamais…

Contra ese andazo non era doado

atopar remedio nin solimán” (Páx. 167)

“Para el só había dúas cousas que

pagaran a pena nesta vida miserenta:

a humanidade e a arte… A arte era o

que el amaba por enriba de todo… e a

que o fará vivir de novo e ficar

connosco para sempre…” (Páx. 172)