O REFORMISMO BORBÓNICO

18
O REFORMISMO BORBÓNICO TEMA 3 4º ESO

description

O REFORMISMO BORBÓNICO. TEMA 3 4º ESO. INDICE:. Guerra de Sucesión Reformismo Borbónico: Reformas políticas Reformas militares Reformas Económicas Crise do Antigo Réxime. GUERRA DE SUCESIÓN 1701-1713. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of O REFORMISMO BORBÓNICO

Page 1: O REFORMISMO BORBÓNICO

O REFORMISMO BORBÓNICO

TEMA 3 4º ESO

Page 2: O REFORMISMO BORBÓNICO

Guerra de Sucesión

Reformismo Borbónico:

◦ Reformas políticas◦ Reformas militares◦ Reformas Económicas

Crise do Antigo Réxime

INDICE:

Page 3: O REFORMISMO BORBÓNICO

Carlos II, morreu sen descendencia, en 1700.

Hai dous pretendentes ao trono: Felipe V e Carlos de Habsburgo.

Os países europeos toman partido por un ou outro candidato.

Os distintos reinos españois tamén se decantan por un deles.

A guerra perdura de 1701 a 1713.

Remata co tratado de Utrech de 1713.

O ascenso ao trono español de Felipe V representaba a hexemonía francesa e o temor da unión de España e Francia baixo un mesmo monarca. Este peligro levou a Inglaterra e Holanda a apoiar ao candidato austriaco. As diversas potencias europeas posicionaronse ante o conflicto.

A guerra rematou co triunfo de Felipe V.  Carlos de Habsburgo heredou en 1711 o Imperio alemán e perdeu o interés de aspirar a reinar en España. As súas aliadas, Inglaterra e Holanda, pasaron nese momento a ver con prevención a posible unión de España e Austria baixo un mesmo monarca.

GUERRA DE SUCESIÓN 1701-1713

Page 4: O REFORMISMO BORBÓNICO

MAPA TERRITORIOS ESPAÑOIS TRAS O TRATADO DE UTRECH

España cede os seus territorios e perde a unidade territorial (Xibraltar e Menorca), ademáis asiste a entrada dos ingleses no comercio americano.

Isto influirá na súa política posterior que estará dirixida a recuperar os territorios perdidos.

Page 5: O REFORMISMO BORBÓNICO

REFORMISMO BORBÓNICO

Todos os borbóns, especialmente Carlos III, impulsaron reformas nalgúns aspectos da organización do Estado para aumentar a súa eficacia.

Page 6: O REFORMISMO BORBÓNICO

NOVO MODELO DE GOBERNO (inspirado no sistema absolutista francés):

◦ O rei, rodeado da súa corte, constitúese como único centro de decisión política.

◦ Centralízase o poder suprimiendo os foros e leis que rexían nos diferentes territorios (Decretos de Nova Planta), o que supoñía a aplicación neses territorios das leis casteláns. Afectou Aragón, Cataluña, Mayorca e Valencia.

◦ Creáronse gabinetes formados por ministros ou secretarios de despacho, que se encargaban de dirixir os asuntos principais de goberno: Estado-Mariña-Facenda.

◦ Suprímense os virreinatos e créanse novas demarcacións provinciais. O capitán xeral, con funcións militares e administrativas, exercía de gobernador en cada unha das provincias.

◦ Créase a figura do intendente: funcións fiscais, xudiciáis e económicas.

REFORMAS POLÍTICAS

Page 7: O REFORMISMO BORBÓNICO
Page 8: O REFORMISMO BORBÓNICO

Creánse os Reximentos.

Reclutamento triple: voluntarios extranxeiros, levas obrigatorias de vagos e maleantes e quintas.

Creación da Guardia Real.

Fomento da armada: construción de barcos e aumento dos astilleiros.

REFORMAS MILITARES

Page 9: O REFORMISMO BORBÓNICO

AGRICULTURA:◦ Cesión das terras de mans

mortas (Reguengos) para a súa explotación

INDUSTRIA E FACENDA:◦ Favoreceuse a industria

popular◦ Reorganización da facenda◦ Reconto da poboación e

elaboración de catastros

REFORMAS ECONÓMICAS

Page 10: O REFORMISMO BORBÓNICO

TRES ETAPAS:

◦ Reinado de Carlos IV: 1789-1808

◦ España pasa por dous procesos: 1808-1814 Guerra de Independencia contra os franceses Cortes de Cádiz, primeiro intento de rematar co sistema do

antigo Réxime e sentar as bases dunha nova organizaicón social e política.

◦ Reinado de Fernando VII:1814-1833 Supón a volta o antigo réxime e o triunfo do absolutismo.

Comeza a loita entre liberais e absolutistas por acadar e conservar o poder.

CRISE DO ANTIGO RÉXIME

Page 11: O REFORMISMO BORBÓNICO

CARLOS IV: Crise da monarquía en España

Familia de Carlos IV

Carlos IV foi un rei de escasa capacidade para gobernar, que tivo que enfrentarse a crises de subsistencia e endeudamento do estado.

O temor a revolución francesa e ambición do ministro Godoy farán que se produza unha alianza con Napoléon (TRATADO DE FONTANEIBLAU) no que España deixará entrar as tropas francesas par atacar Portugal (aliado de Inglaterra).

Período de intrigas políticas, xa que o principe Fernando VII, etará desconforme ca política de Godoy, e rebelarase contra o seu pai (MOTÍN DE ARANJUEZ).

Ínvasión de Napoleón e instalación no poder de Xosé Bonaparte. Exilio dos monarcas españois.

Levantamento do pobo de Madrid 2 de maio de 1808 contra as tropas francesas.

Page 12: O REFORMISMO BORBÓNICO

GUERRA DE INDEPENDENCIA

Fusilamento do 2 de maio

Francisco Goya

O levantamento exténdese por todo o país.

Na principais provincias créanse as Xuntas de Defensa para organizar a Guerra cotra Francia, e unha Xunta Central para asumir o goberno.

Alianza con Gran Bretaña que enviará tropas a península.

Tras seis anos de guerra en 1814 o exército francés retírase de España.

Page 13: O REFORMISMO BORBÓNICO

CORTES DE CÁDIZ Durante a guerra en

1812 a Xunta central de Sevilla reuniuse en Cádiz nas primeiras Cortes Xerais co fin de dar a España unha Constitución, a primeira da historia de España.

Esta constitución simbolizaba a supresión do Antigo Réxime

Constitución 1812:

◦ Soberanía reside na nación◦ División de poderes:

Lexislativo nas Cortes. Executivo no rei. Xudicial nos tribunais

establecidos polas leis.◦ Sufraxio universal

masculino.◦ Abolición dos señoríos

xurisdicionais◦ Supresión da inquisición◦ Liberdade de expresión e

de prensa

Page 14: O REFORMISMO BORBÓNICO
Page 15: O REFORMISMO BORBÓNICO

REINADO FERNANDO VII VOLTA O ABSOLUTISMO

Finalizada a guerra e falecido Carlos IV, é Fernando VII quen volta a España en 1814.

Partidario do absolutismo suprime a Constitución de 1812, apoiado polo exército.

Os liberais tiveron que emigran ante as persecucións.

Nos anos seguintes produciránse varias sublevacións de oficiais liberais do exército.

FERNANDO VII

Page 16: O REFORMISMO BORBÓNICO
Page 17: O REFORMISMO BORBÓNICO

PRONUNCIAMENTO 1820

Rafael de Riego

En 1820 o tenente-coronel Riego púxose ao fronte das tropas que tiñan que embarcar cara América e sublevouse contra Fernando VII, proclamando de novo a Constitución de 1812.

Comeza o TRIENIO LIBERAL, unha época de inestabilidade, polos continúos enfrontamentos entre liberais moderados (doceanistas) e radicais (exaltados).

En 1823 Fernando VII invoca o Tratado da Santa Alianza e un exército francés (100000 fillos de San Luís) invaden España e repoñen o goberno absoluto de Fernando VII. Iníciase a DÉCADA OMINOSA (repuxo a inquisición, cerrou universidades…).

Page 18: O REFORMISMO BORBÓNICO

Fernando VII vai a iniciar unha serie de contactos cos liberais moderados ou doceanistas co fin de que apoiasen a sucesión da súa filla Isabel, e a supresión da LEY SÁLICA por medio da PRAGMÁTICA SANCIÓN (daba prioridade ao varón pero deixaba reinar á muller en ausencia de descendentes masculinos).

Isto provoca a reacción dos absolutistas que se agruparán en torno o irmán do rei Carlos, como candidato ao trono, dando lugar ao futuro partido carlista.

En 1833 Fernando morre deixando a súa filla Isabel, menor de idade, como heredeira a coroa, o que abrirá as portas a unha guerra civil, entre os partidarios de Carlos e os de Isabel.

ULTIMOS ANOS DO REINADO

O infante Carlos María Isidro, autoproclamado rei

co nome de Carlos V.

Isabel II