El sexenio democrático(1868 1874) y la Restauración monárquica(1874-1898 (1)
O Sexenio Democrático (1868 - 1874) BAC tema... · O Sexenio Democrático (1868 - 1874)...
Transcript of O Sexenio Democrático (1868 - 1874) BAC tema... · O Sexenio Democrático (1868 - 1874)...
O Sexenio Democrático (1868 - 1874)
Cronoloxía básica
Os Gobernos do Sexenio
Os partidos políticos
A revolución de 1868.
“España con honra” Españois: A cidade de Cádiz posta en armas, con toda a súa provincia, coa Armada ancorada no seu porto (...), declara solemnemente que nega a súa obediencia ao goberno de Madrid (...) resolta a non depoñer as armas ata que a nación recobre a súa soberanía, manifeste a súa vontade e se cumpra (...). Aldraxada a lei fundamental (...), corrompido o sufraxio pola ameaza e o suborno (...), morto o municipio, pasto a Administración e a Facenda da inmoralidade (...), tiranizado o ensino, muda a prensa (...). Tal é a España de hoxe (...). Queremos que un Goberno provisional que represente todas as forzas vivas do país asegure a orde, en tanto que o sufraxio universal bota os cementos da nosa rexeneración social e política. Contamos para realizar o noso inquebrantable propósito co concurso de todos os liberais (...), das clases acomodadas (...), cos ardentes partidarios das liberdades individuais (...), co pobo todo e coa aprobación, en fin, da Europa enteira (...). Acudide ás armas, non co impulso do rancor, sempre funesto; non coa furia da ira, sempre débil, senón coa solemne e poderosa serenidade con que a xustiza empuña a súa espada. Viva España con honra! DUQUE DE LA TORRE [Serrano], Juan PRIM, Domingo DULCE, Francisco SERRANO BEDOYA, Ramón NOUVILAS, Rafael PRIMO DE RIVERA,
Antonio CABALLERO DE RODAS, Juan TOPETE. Manifesto. 19 de setembro de 1868
Españois: A cidade de Cádiz posta en armas, con toda a súa provincia, coa Armada ancorada no seu porto (...), declara solemnemente que nega a súa obediencia ao goberno de Madrid (...) resolta a non depoñer as armas ata que a nación recobre a súa soberanía, manifeste a súa vontade e se cumpra (...).
Declaración inicial de desobediencia ao Goberno, como punto de partida dun pronunciamento militar decidido a derrocar a Isabel II, en nome da nación á que afirman representar, para que “recobre a súa soberanía”. Precisan o lugar donde se iniciou a sublevación militar e os corpos militares implicados.
Aldraxada a lei fundamental (...), corrompido o sufraxio pola ameaza e o suborno (...), morto o municipio, pasto a Administración e a Facenda da inmoralidade (...), tiranizado o ensino, muda a prensa (...). Tal é a España de hoxe (...).
Xustificación do alzamento como unha resposta necesaria ante a situación do país, que caracterizan cos seguintes trazos negativos: "aldraxada a lei fundamental": refírese á frecuente suspensión dos dereitos e garantías constitucionais polos Gobernos
moderados. "corrompido o sufraxio pola ameaza e o suborno": manipulación das eleccións. "morto o municipio": centralización asfixiante imposta pola lei de Concellos de 1845, que eliminaba la autonomía
municipal. "pasto a Administración e a Facenda da inmoralidade": corrupción administrativa e fiscal, inmoralidade da Corte e da vida
privada da raíña. "tiranizado o ensino": alude ao control do ensino por parte do Goberno, que prohibía que os catedráticos publicasen
opinións contrarias ás posicións ideolóxicas e educativas oficiais. Esta situación provocou os sucesos da noite de san Daniel (10 de abril de 1865).
“muda a prensa”: ausencia de liberdade de prensa, censura gubernativa. Queremos que un Goberno provisional que represente todas as forzas vivas do país asegure a orde, en tanto que o sufraxio universal bota os cementos da nosa rexeneración social e política. Reivindicacións: constitución dun Goberno provisional que represente a todos os partidos contrarios á monarquía e convocatoria de eleccións por sufraxio universal. Aquí vemos o ideario demócrata. Co pronunciamento perseguíanse esencialmente dous obxectivos: derrocar a Isabel II e convocar Cortes constituíntes elixidas por sufraxio universal para decidir o futuro do país.
Contamos para realizar o noso inquebrantable propósito co concurso de todos os liberais (...), das clases acomodadas (...), cos ardentes partidarios das liberdades individuais (...), co pobo todo e coa aprobación, en fin, da Europa enteira (...). Apoios con que contan: séntense representantes de todos os cidadáns españois , que esperan que os respalden na loita, sexan ricos ou pobres, tanto dos partidos liberais como da burguesía acomodada, da Igrexa e do pobo. Insisten en que buscan a orde e a legalidade, para non asustar co perigo dunha revolución. Acudide ás armas, non co impulso do rancor, sempre funesto; non coa furia da ira, sempre débil, senón coa solemne e poderosa serenidade con que a xustiza empuña a súa espada. Viva España con honra! Rematan solicitando a colaboración popular, para acadar o triunfo do pronunciamento militar, xa que consideran que a súa causa é xusta, baixo o lema "Viva España con honra".
As causas da revolución de 1868
O Goberno provisional (outubro 1868 - xuño 1869)
primeiras medidas
a política económica
a frustración das aspiracións populares
Constitución de 1837 [18 xuño] Constitución de 1845 [23 maio] Constitución de 1869 [1 xuño] P
rin
cip
ios polític
os Réxime liberal progresista.
Soberanía nacional (no preámbulo), na
práctica era soberanía compartida.
Monarquía constitucional e hereditaria.
Separación de poderes implícita.
O Estado non se declara confesional, pero
se compromete a manter o culto católico.
Os restantes principios como en 1812.
Réxime liberal doutrinario.
Soberanía compartida entre o Rei e as
Cortes.
Monarquía constitucional e hereditaria.
Non se proclama a división de poderes.
Establece explicitamente a confesionalidade
católica do Estado e a súa obriga de manter
a Igrexa.
Réxime liberal democrático.
Soberanía nacional, en realidade popular.
Monarquía constitucional limitada, con
predominio das Cortes.
Ríxida separación de poderes.
Aconfesionalidade do Estado, que se obriga
a manter o clero. Liberdade de cultos.
Descentralización administrativa e xudicial.
Xefatura do
Estado
Recae no rei: irresponsable e inviolable.
Posúe iniciativa lexislativa, sanciona e
promulga as leis.
Nomea e destitúe os ministros.
Convoca, suspende e disolve as Cortes, con
certas limitacións. Designa os senadores.
Dereito de veto ilimitado dunha lei.
Rei: competencias máis amplas: ten o poder
executivo, comparte o lexislativo coas Cortes
Sanciona e promulga as leis.
Pode convocar, pechar, suspender, e disolver
as Cortes case sen ningunha limitación.
Designa os senadores.
Ten dereito de veto absoluto.
Recae no Rei: competencias similares
A súa capacidade lexislativa redúcese a
sancionar e promulgar as leis sen
capacidade de vetalas.
Pode disolver Cortes unha vez en cada
lexislatura, pero estas reúnense tras un
prazo fixado
Poder executiv
o Reside no Rei, que ademais comparte coas
Cortes o poder lexislativo.
Os ministros poden ser deputados; exercen
as mesmas funcións que na C-1812´
Predominio da Coroa sobre as Cortes.
Recae no rei. Nomea e destitúe libremente o
Goberno. En vez de nomear presidente de
Goberno o líder da maioría parlamentaria, a
raíña nomea o político que prefire, o cal
disolve as Cortes se non lle satisfán e fabrica
outras que lle sexan adictas.
Predominio claro da Coroa sobre as Cortes
O Rei é o titular do poder executivo, pero
este é exercido polo Goberno (ministros),
que debe referendar os actos do monarca
(o rei reina pero non goberna)
O Goberno é responsable ante as Cortes.
Poder le
xis
lativ
o
Reside nas Cortes co Rei.
Cortes bicamerais: Congreso e Senado.
Congreso elixido por sufraxio censatario:
son electores quen pagan uns determinados
impostos directos, e elixibles quen posúen
unha determinada renda; só vota o 4'3% da
poboación.
Senado nomeado polo rei entre a
aristocracia presentada en ternas (lista tripla
proposta polos electores en cada provincia).
Reside nas Cortes co Rei.
Cortes bicamerais: Congreso e Senado.
Congreso elixido por sufraxio censatario máis
restrinxido (só vota o 0'8%). Alóngase o
mandato dos deputados de tres a cinco anos.
Implántase como unidade electoral o distrito
reducido (un deputado), o cal facilitaba o
control dos caciques e as autoridades
Senado vitalicio composto por un número
ilimitado de membros, designados polo rei
entre as altas instancias da administración, o
exército, a Igrexa e a clase política.
Cortes bicamerais: Congreso e Senado,
corpos colexisladores con = atribucións.
Congreso elixido por sufraxio universal
masculino directo (1 deputado/40.000 hab).
Senado: por sufraxio universal indirecto
(electores) e censatario (elixidos) entre as
elites sociais. 4 senadores por provincia.
Competencias: asumen en exclusiva o
poder lexislativo, controlan a acción do
Goberno, aproban os orzamentos, poden
interpelar o executivo e presentar moción
de censura contra el
Constitución de 1837 [18 xuño] Constitución de 1845 [23 maio] Constitución de 1869 [1 xuño]
Poder xudic
ial Título X especificamente dedicado a el.
Reside nos tribunais e xulgados.
Establece garantías para a independencia e
exclusividade dos xuíces.
Restantes funcións como na C-1812.
Xuízos por xurados para delitos de imprenta
Suprímese a expresión poder xudicial.
Limítanse as garantías de autonomía de
tribunais e dos xuíces.
Restantes función igual que as anteriores
Elimínanse os xuízos por xurados.
> independencia dos xuíces; fixa sistema de
oposición para ingreso na carreira xudicial.
Organismo de control: Consello de Estado
Os xuíces son responsables por delitos
cometidos no exercicio do seu cargo
Xuízos por xurados para delitos políticos
Réxim
e lo
cal
Deputacións e concellos elixidos por sufraxio
censatario restrinxido.
Resto igual que na C-1812.
Restablécese a Milicia Nacional.
Remítese a unha lei posterior a regulación de
Concellos e deputacións
Lei de Concellos (1845): os alcaldes de
municipios de máis de 2.000 habitantes e os
presidentes das Deputacións serán elixidos
polo Goberno. O resto polo gobernador civil.
Supresión da Milicia Nacional.
Descentralización: concellos e deputacións
teñen unha gran autonomía, mesmo para
fixar os impostos.
Eleccións por sufraxio universal masculino.
Dereit
os in
div
iduais
Título específico dedicado aos dereitos e
liberdades dos cidadáns, e declaración máis
ampla que na C-1812.
Igualdade ante a lei
liberdade de imprenta sen censura previa
certa tolerancia relixiosa
dereito de petición ás Cortes ou ao rei
hábeas corpus
inviolabilidade do domicilio
seguridade persoal...
Declaración de dereitos similar á de 1837,
cunha diferenza fundamental: a maior parte
deles remiten a súa regulación a leis
posteriores que os recortan ou limitan de
feito ⇒ supresión de feito da liberdade de
imprenta mediante a censura previa da
prensa.
Por vez 1ª inclúe unha extensa e precisa
regulación dos dereitos e liberdades fund.:
hábeas corpus
inviolabilidade de domicilio e correspond.
liberdade de expresión (non hai censura
nin depósito previo)
dereitos de reunión e asociación
liberdade de ensino, de circulación e
residencia, de industria, de propiedade...
Todos estes dereitos están garantidos polas
leis
Titul 13 13 11
Artig 77+2 adicionais 79+1 adicional 112
A rexencia do xeneral Serrano (xuño 1869 - xaneiro 1871)
Conflitos internos e externos:
O reinado de Amadeo de Savoia (2 xaneiro 1871 - 11 febreiro 1873)
Amadeo de Saboya (1845-1890)
María Vittoria dal Pozzo della Cisterna (1847-1876)
A Primeira República (11 febreiro 1873 - 29 decembro 1874)
O proxecto de Constitución federal de 1873 Art. 1. Compoñen a Nación Española os Estados de Andalucía Alta, Andalucía Baixa,
Aragón, Asturias, Baleares, Canarias, Castela a Nova, Castela a Vella, Cataluña, Cuba, Estremadura, Galicia, Murcia, Navarra, Porto Rico, Valencia, Rexións Vascongadas.