o sistema nervioso

12
O SISTEMA NERVIOSO CEIP FRIAN - TEIS

description

presentación sistema nervioso

Transcript of o sistema nervioso

O SISTEMA NERVIOSO

6º CEIP FRIAN - TEIS

ESTÍMULOS E RESPOSTAS

• O noso corpo ten a capacidade de producir respostas ao recibir estímulos do exterior.

• Existen dous tipos de estímulos:

– Estímulos:

• Internos: se producen do interior do noso corpo. Exemplo: fame, sede.

• Externos: se producen do exterior do noso corpo. Exemplo: olor dunha froita, a textura dunha tea.

ESTÍMULOS E RESPOSTAS

• A resposta é o resultado do organismo ante o estímulo.

• Existen dous tipos de respostas:

– Respostas musculares: movementos que realizan os músculos como resposta a un estímulo. Exemplo: retirar a man se tocamos algo moi quente.

– Respostas glandulares: fan que as glándulas produzan diversas substancias. Exemplo: as glándulas sudoríparas producen suor ante a calor.

ESTÍMULOS E RESPOSTAS

• Para recibir os estímulos dispoñemos de dous tipos de receptores:

– Receptores internos: os que nos permiten captar sensacións internas producidas polo noso propio corpo. Exemplo: os que perciben a fame, a sede...

– Receptores externos: os que nos permiten captar os estímulos externos e localízanse nos órganos dos sentidos.

ESTÍMULOS E RESPOSTAS

O SISTEMA NERVIOSO

• O sistema nervioso está formado polos centros nerviosos e polos nervios.

• Os centros nerviosos interpretan a información, elaboran respostas e forman o sistema nervioso central.

• Os nervios transmiten a información e constitúen o sistema nervioso periférico.

O SISTEMA NERVIOSO CENTRAL • Está formado polo:

– Encéfalo: situado no interior do cranio, composto por: • Cerebro.

• Cerebelo.

• Bulbo raquídeo.

– Medula espiñal: groso cordón formado por moitas neuronas, que discorre pola columna vertebral.

O SISTEMA NERVIOSO PERIFÉRICO

Está formado polos nervios que podemos clasificar en:

– Nervios sensitivos: transmiten información desde os órganos dos sentidos e os órganos internos ao sistema nervioso central.

– Nervios motores: transmiten a resposta desde o sistema nervioso central aos músculos e ás glándulas do nodo organismo.

AS NEURONAS • As neuronas son as

células do sistema nervioso e están formadas polo:

– Corpo celular: contén o núcleo e os órganos celulares.

– Dendritas: ramificacións do corpo celular que conectan as neuronas.

– Axón: é a ramificación máis longa.

O CEREBRO

OS MOVEMENTOS VOLUNTARIOS

Os nervios sensitivos levan a información ao cerebro, que elabora unha resposta e esta, a través dos nervios motores, transmítense aos

músculos.

OS MOVEMENTOS INVOLUNTARIOS OU REFLEXOS

Nestes movementos os nervios sensitivos

transmítenlle a información á medula

espiñal, esta elabora unha resposta moi rápida e

transmítea aos músculos a través dos nervios

motores.