O Software Libre nos concellos de Galiza 2007

39
2007 O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA

description

Informe de resultados das Enquisas sobre a situación do Software Libre nos Concellos de Galiza 2007

Transcript of O Software Libre nos concellos de Galiza 2007

2007

O SOFTWARE LIBRE NOS

CONCELLOSDE GALIZA

O SOFTWARE LIBRE NOS

CONCELLOSDE GALIZA2007

PALABRAS CLAVE

Software libre, TIC, PEME, empresas, concellos, Administración local,ensino, formación, Galiza, informática.

LICENZA

Esta obra é libre e está sometida ás condicións dunha Licenza CreativeCommons: Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 3.0.

Para unha copia completa da licenza visite a web:http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/deed.gl

Este é un informe que presenta os resultados obtidos do estudo sobre o uso

e a implantación do software libre nos concellos de Galiza, conclusións

obtidas del e recomendacións para a dinamización do uso do software libre.

O Estudo "O Software Libre nos Concellos de Galiza" é unha iniciativa promovida

pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información

da Consellaría de Innovación e Indústria. A publicación deste informe

correspóndese coa iniciativa CES-LA2-I4 Acceso Libre aos contidos de orixe

pública, do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI).

D.L. VG 570-2008

1. Introdución ................................................................................................................92. Análise dos datos.....................................................................................................10

2.1. Principais datos do software libre .....................................................................102.2. Concellos que usan o software libre..................................................................162.3. Concellos que non usan o software libre...........................................................192.4. Formación e xestión ..........................................................................................222.5. Visión xeral dos concellos .................................................................................272.6. Concellos como provedores de servizos públicos ..............................................30

3. Principais conclusións..............................................................................................344. Principais recomendacións.......................................................................................365. Metodoloxía .............................................................................................................37

5.1. Definición do universo de estudo ......................................................................385.2. Definición da mostra de estudo.........................................................................38

ÍNDICE

Figura 1: concellos que teñen software libre instalado..................................................10Figura 2: concellos con software libre. 2006-2007 ..........................................................11Figura 3: concellos con software libre en ordenadores e servidores. 2006-2007 ............11Figura 4: concellos con software libre e propietario ......................................................12Figura 5: porcentaxe de ordenadores con software libre e propietario ..........................12Figura 6: repartición das aplicacións libres e prop. nos ordenadores ............................13Figura 7: concellos con soft. libre nos ordenadores e servidores. 2006-2007 .................13Figura 8: concellos con software libre nos ordenadores ................................................14Figura 9: concellos con software libre nos servidores. 2006-2007 ..................................14Figura 10: idioma das aplicacións nos concellos. 2006-2007 ..........................................15Figura 11: nivel de satisfacción do uso do software nos concellos................................16Figura 12: satisfacción do uso do software libre nos concellos. 2006-2007 ....................17Figura 13: aplicacións de s. libre existentes nos ordenadores de usuario .....................17Figura 14: implantadores do software libre nos concellos .............................................18Figura 15: previsión da evolución do uso do s. libre nos ordenadores. 2006-2007.........18Figura 16: previsión do uso do s. libre nos concellos que non o usan. 2006-2007.........20Figura 17: áreas previstas de uso do s. libre nos concellos que non o usan .................20Figura 18: concellos que non usan s. libre que beneficiarían co uso. 2006-2007 ...........21Figura 19: motivos polos que os concellos non usan software libre. 2006-2007 ............21Figura 20: formación en informática e s. libre no último ano para os usuarios.............23Figura 21: formación aos encargados das actividades informáticas. 2006-2007 .............23Figura 22: formación aos encargados das actividades informáticas...............................24Figura 23: concellos con encargados con titulación relacionada coa informática...........25Figura 24: coñecementos software dos encargados e usuarios. 2006-2007 ....................25Figura 25: concellos que desenvolven software. 2006-2007 ...........................................26Figura 26: valoración global que os concellos dan aos provedores de software ............27Figura 27: accións comerciais en s. libre recibidas polos concellos. 2006-2007..............28Figura 28: estimación da evolución do software libre no mercado. 2006-2007...............28Figura 29: estimación dos concellos sen licenzas regularizadas. 2006-2007...................30Figura 30: concellos con páxina web. 2006-2007............................................................30

ÍNDICE DE FIGURAS

O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007

Figura 31: concellos con web que permiten descargar documentos. 2006-2007.............31Figura 32: distribución dos estándares de descarga nas webs dos concellos ................31Figura 33: concellos que ofrecen aos cidadáns acceso público a internet .....................32Figura 34: distribución do software nos ordenadores de acceso público a internet.......32Figura 35: participación en actividades de promoción das TIC.......................................33Figura 36: distribución das actividades de promoción das TIC.......................................33

O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007

8

9

O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007

1. Introdución

O presente estudo sobre a situación do software libre nos concellos de Galiza no ano 2007 é a se-gunda parte doutro estudo elaborado con anterioridade a finais de 2005 e a principios de 2006.Ambos os traballos encádranse nun proxecto do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)e a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galiza que ten como obxectivo divulgar epromover o software libre en Galiza. O conxunto do proxecto alcanza, ademais dos concellos,tamén os centros de ensino, as PEME e as empresas informáticas.

Brevemente, o software libre pode definirse como “o software que, unha vez obtido, pode ser em-pregado, copiado, estudado, modificado e distribuído libremente”. Moitas das súas calidades xor-den xustamente da transparencia e colaboración na súa elaboración e da liberdade dedispoñibilidade e distribución para facilitar o seu uso. Son xustamente estas características “pú-blicas” as que fan as administracións públicas e concretamente os concellos uns destinatarios“naturais” para o emprego do software libre. Así pois, este contorno de “comunidade pública”no que se atopan os concellos podería ser un ambiente propicio para explotar en profundidadeas vantaxes máis propias do software libre (personalización, transparencia, etc). Sería, pois, con-veniente ollar os datos e as informacións que seguen con esta perspectiva que se acaba de si-nalar.

Afondando xustamente na adecuación do software libre ao ámbito público e no tema da perso-nalización, convén indicar que o software libre pode así mesmo achegar unhas importantes van-taxes para a normalización do idioma galego nas aplicacións informáticas, un tema de primeiraorde no que as administracións públicas están fortemente implicadas.

Para concluír, é preciso apuntar que este documento foi realizado cos obxectivos de ser breve eclaro a fin de invitar á súa lectura. Nel trátanse de reflectir os aspectos máis importantes do es-tudo realizado e pretende animar a facer unha reflexión como punto de inicio de posibles accións.O documento principalmente comprende unha análise da situación, un resumo das principaisconclusións e unha proposta de recomendacións a prol do software libre co fin de acadar unhanormalidade desta modalidade de software.

2. Análise dos datos

A análise da situación do software libre nos concellos de Galiza está baseada nos resultadosdunha enquisa telefónica aos concellos de máis de 5000 habitantes. A enquisa céntrase princi-palmente en dous aspectos fundamentais:

· Os concellos como usuarios do software libre.

· Os concellos como provedores de servizos públicos electrónicos (e-servizos).

A análise como usuarios do software libre estrutúrase nos seguintes apartados:

· Principais datos do uso do software libre.

· Características dos concellos usuarios de software libre.

· Características dos concellos que non usan software libre.

· A formación e a xestión informáticas e en software libre.

A análise dos concellos como provedores de e-servizos alcanza a páxina web e os estándares dosdocumentos dispoñibles nela, os puntos de acceso público a internet para os cidadáns e as ac-tividades públicas de promoción do software libre feitas polo concello.

Convén sinalar que na análise que se desenvolve a continuación se inclúen referencias ao estudoanterior elaborado entre decembro de 2005 e xaneiro de 2006, de xeito que os datos actuais pro-porcionan uns resultados moi valiosos da evolución a través do tempo. Débese, pois, ter presenteque esta evolución comprende un período de case dous anos, aínda que pola denominación(2006-2007) aparenta ser dun ano.

2.1. Principais datos do software libre

Unha porcentaxe importante dos concellos (o 49%) ten software libre. O uso do software libre nosconcellos de Galicia é razoablemente alto, xa que o 49% destes afirma ter software libre. Esta por-centaxe resulta ser moi alta tendo en conta que o software libre é un fenómeno de recente im-plantación no mercado.

CONCELLOS CON SOFTWARE LIBRE

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 1: concellos con software libre instalado

10

Atendendo á dimensión dos concellos, son os de maior poboación, os de máis de 50.000 habi-tantes, os que rexistran unha situación máis destacable, pois absolutamente todos contan conequipos con software libre. Este feito é especialmente importante, pois a miúdo estes concellosson a referencia para os de menor tamaño, polo que é probable que co paso do tempo estes mu-nicipios máis pequenos imiten este comportamento e os datos globais de uso do software libresexan aínda máis elevados.

O software libre no conxunto dos concellos experimentou un notable avance (17%). Comparandoos datos obtidos na presente edición cos da anterior vaga, obsérvase un importante avance, xaque a presenza do software libre medra desde o 32% dos concellos ata o 49% na actualidade, édicir, prodúcese un aumento en termos xerais do 17%.

Como xa se mencionou, os concellos de máis de 50.000 habitantes merecen unha mención espe-cial, posto que neste período de tempo o software libre pasa de estar presente no 67% a encon-trarse en todas e cada unha das grandes cidades galegas .

Á vista destes resultados, pódese dicir que o software libre no caso dos concellos está a experi-mentar un grande aumento no seu uso e que son os grandes concellos a referencia para a súaimplantación, e os ordenadores persoais os dispositivos nos que se encontra con maior facilidade.

CONCELLOS CON SOFTWARE LIBRE NOS ORDENADORES E SERVIDORES. 2006-2007

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 3: concellos con software libre en ordenadores e servidores. 2006-2007

CONCELLOS CON SOFTWARE LIBRE. 2006-2007

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 2: concellos con software libre. 2006-2007

11

O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007

O maior aumento no uso do software libre produciuse nos ordenadores de usuario. Se compara-mos os resultados ofrecidos polo anterior informe e os obtidos en 2007, vemos que o maior au-mento se dá en ordenadores de usuario, cun 27% de crecemento. No caso dos servidores taménse experimenta un forte ascenso, que, pese a ser alto, é máis moderado que no caso dos orde-nadores, xa que é dun 13%.

Neste sentido, parece apreciarse un cambio na tendencia de uso, xa que no ano 2006 a utilizaciónnos servidores superaba lixeiramente a súa aplicación nos equipos de usuario. Non obstante,atendendo ao patrón de crecemento descrito polos datos deste ano, o uso do software libreparece que estará marcado polos equipos de usuario.

Aínda existen diferenzas importantes entre o uso de software libre e propietario. En canto á com-parativa co software propietario, débese dicir que, aínda que o camiño por percorrer é longo parachegar a equipararse co uso do software propietario, o libre está a ter presenza en case a metadedos concellos, polo que as perspectivas a medio prazo son moi favorables.

O software libre úsase principalmente nas aplicacións libres e execútase sobre un sistema operativopropietario. Atendendo á distribución do software libre dentro das instalacións realizadas, vese cla-ramente que o elemento tractor do software libre son as aplicacións, xa que son estas as que pareceque están a reducir a súa fenda con respecto ás realizadas en tecnoloxías propietarias.

PORCENTAXE DE ORDENADORES CON SOFTWARE LIBRE E PROPIETARIO

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 5: porcentaxe de ordenadores con software libre e propietario

CONCELLOS CON SOFTWARE LIBRE E PROPIETARIO

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 4: concellos con software libre e propietario

12

Por outra banda, no que respecta aos sistemas operativos vese que neste sentido a presenza desistemas libres non é tan alta como cabería esperar (2%). Polo tanto, dedúcese que o uso do soft-ware libre se centra no modelo de aplicación libre executado sobre un sistema operativo de tipopropietario. Isto pode deberse a que este modelo de uso é sen dúbida o máis sinxelo, pois podenser os propios usuarios os que instalen nos seus equipos as aplicacións de tipo libre, como o na-vegador ou o paquete ofimático. O feito de adoptar sistemas libres adoita levar parellas configu-racións e modificacións nos equipos que non están ao alcance de moitos usuarios, polo que estepaso ten que promoverse desde os respectivos departamentos de informática.

Dentro das aplicacións, a repartición entre software libre e propietario garda similitudes co restode ámbitos analizados. A porcentaxe de aplicacións libres instaladas nos ordenadores sitúase no19%, fronte ao 81% de aplicacións propietarias.

Produciuse un cambio no patrón de uso do software libre e agora hai máis concellos que empregan osoftware libre nos ordenadores de usuario (44%) que nos servidores (34%). Anteriormente comentábaseque parece existir un cambio no patrón de uso do software libre, posto que ata este ano 2007 a presenzaen servidores era maior: no 2006 había un 21% en servidores fronte a 17% en ordenadores. Este cambiona tendencia pode indicar certo grao de madurez, e o que parece claro é que os usuarios finais se estána decantar por esta opción, é dicir, o software libre xa non está só no ámbito dos xestores das tecnoloxíasda información do concello, senón que saltou definitivamente aos propios usuarios.

CONCELLOS CON SOFTWARE LIBRE NOS ORDENADORES E SERVIDORES. 2006-2007

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza. Figura 7: concellos con software libre nos ordenadores e servidores. 2006-2007

REPARTICIÓN DAS APLICACIÓNS LIBRES E PROPIETARIAS NOS ORDENADORES QUE TEÑEN AMBAS

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 6: repartición das aplicacións libres e prop. nos ordenadores

13

O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007

Existe correlación entre o uso do software libre nos ordenadores e a dimensión do concello. A ti-poloxía do concello parece que é importante na adopción do software libre nos ordenadores deusuario, de xeito que son os concellos máis grandes os que semellan ter unha mellor disposicióná hora de implantar esta tecnoloxía.

A adopción de novas tecnoloxías está moi unida aos recursos materiais e humanos con que conta oconcello. O feito de dispoñer de máis medios é o que probablemente fai máis sinxelo que os grandesconcellos adopten este tipo de tecnoloxía. No caso dos pequenos, carecer en moitos casos de recur-sos, tanto para a instalación como para realizar un seguimento na fase de adaptación das novas apli-cacións en software libre, fai que estes non se decanten tan claramente por este tipo de solucións.

O uso do software libre nos servidores amplíase a todos os concellos de maior dimensión. Entodos os segmentos de municipios analizados aprécianse avances importantes na aplicación dosoftware libre nos servidores, pero destacan especialmente os que teñen máis de 50.000 habitan-tes, pois pásase de empregalo nun 36% no ano 2006 a estar presente en todos os concellos(100%). A pesar de que este grupo posúe pouca relevancia á hora do cálculo do número total deconcellos, dado que o seu peso é pouco significativo, débese ter moi en conta, pois a miúdo sonos que marcan a tendencia no uso de servidores e tecnoloxías en xeral.

CONCELLOS CON SOFTWARE LIBRE EN SERVIDORES. 2006-2007

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 9: concellos con software libre nos servidores. 2006-2007

CONCELLOS CON SOFTWARE LIBRE NOS ORDENADORES

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 8: concellos con software libre nos ordenadores

14

Existe un crecemento importante dos concellos con aplicacións informáticas en galego. Os con-cellos con aplicacións informáticas en idioma galego aumentaron de forma importante (un 8%).O software libre é probablemente un dos principais factores responsables deste aumento, xa quenos últimos dous anos foron traducidas ao galego moitas das aplicacións de software libre máispopulares: OpenOffice, Mozilla Firefox, Mozilla Thunderbird, etc. Polo tanto, o software libre estáa ter un efecto normalizador do galego no eido da informática. Ademais, o galego segue a ocuparo segundo posto, precedido polo castelán.

Outro dato de interese con respecto á vaga anterior do 2006 é o aumento do inglés ata o 12% dosconcellos con aplicacións instaladas neste idioma. Este aumento pódese deber tamén ao uso dosoftware libre, pois unha maioría deste software desenvólvese e documéntase neste idioma, oque leva a que as súas primeiras instalacións se realicen en inglés. Se estas aplicacións son deinterese para os usuarios, levará posteriormente á aparición da súa tradución, polo que se iden-tifica unha oportunidade para a ampliación da presenza do galego.

PRINCIPAIS CONCLUSIÓNS DO APARTADO

· O uso do software libre nos concellos de Galicia é razoablemente alto, xa que a metade dosconcellos (o 49%) afirma ter software libre. Esta porcentaxe resulta ser moi alta tendo en contaque o software libre é un fenómeno relativamente novo no mercado tecnolóxico.

· O software libre experimentou un importante avance nos últimos dous anos, pasando dun 32%na anterior vaga ao 49% na actualidade. Os concellos de máis de 50.000 habitantes ampliarono uso do software libre desde o 67% de concellos no 2006 ata o 100% en 2007.

· O modelo de uso do software libre caracterízase polo emprego de aplicacións libres executadassobre sistemas operativos de tipo propietario. Esta situación é lóxica, pois os propios usuariospoden sen dificultades instalar nos seus equipos aplicacións libres, mentres que o cambio desistema operativo leva asociadas dependencias con outros sistemas ou aplicacións.

· Ao contrario do que sucedía no pasado, o software libre pasa a ter unha maior presenza nosordenadores que nos servidores. Polo tanto, o seu uso amplíase máis alá do ámbito dos xes-tores das tecnoloxías da información e chega ata os propios usuarios finais.

IDIOMAS DAS APLICACIÓNS NOS CONCELLOS. 2006-2007

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 10: idioma das aplicacións nos concellos. 2006-2007

15

O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007

· Medraron de forma importante os concellos con aplicacións en idioma galego e é probable-mente o software libre un dos principais factores responsables deste aumento. Tamén o inglésexperimentou un crecemento importante, polo que pode existir unha demanda de traduciónde novas aplicacións.

PRINCIPAIS RECOMENDACIÓNS DO APARTADO

· Promover a realización de proxectos de implantación de software libre nos concellos que aíndanon son usuarios. Estes proxectos deben constar principalmente de accións de información eformación, así como de demostracións de implantación, administración e soporte.

· Realizar un estudo polo miúdo das aplicacións libres que se están a empregar nos concellose que aínda non contan cunha versión en galego, co fin de detectar novas oportunidades noeido da localización de software.

· Amosarlles aos concellos de menor dimensión as vantaxes da utilización de servidores, tantoa nivel interno, coma para a prestación de servizos ao cidadán, facendo especial fincapé naaplicación do software libre neste campo.

2.2. Concellos que usan o software libre

A satisfacción mostrada polos usuarios de software é maior no caso do uso do software libre queno software propietario. Os usuarios do software libre mostran un nivel de satisfacción maiorque os do software propietario, aínda que globalmente esta diferenza é pequena. En ambos oscasos obteñen unha valoración notable.

A satisfacción polo uso do software libre mantense constante. Se analizamos a evolución da sa-tisfacción polo uso do software libre, observamos que, aínda que en termos xerais se mantén nomesmo nivel que no ano 2006, apréciase unha lixeira baixada nos concellos con máis de 20.000habitantes.

NIVEL DE SATISFACCIÓN DO USO DO SOFTWARE NOS CONCELLOS

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 11: nivel de satisfacción do uso do software nos concellos

16

Dada a importancia da satisfacción nos usuarios para a continuidade no uso, é clave que nos pró-ximos estudos se analice de novo a correlación entre a satisfacción e o uso do software libre. Asímesmo, parece que pode ser interesante o estudo da satisfacción en diferentes ámbitos, xa quese observa que esta diminúe nos concellos que teñen un maior uso do software libre.

Os concellos usan sobre todo as aplicacións de navegación de internet e as de ofimática. As apli-cacións de software libre que se instalaron con maior frecuencia nos concellos son os navegadoresde internet (37%), as aplicacións relacionadas coa ofimática (36%) e os xestores de correo elec-trónico (17%). Este resultado reforza a hipótese de que o elemento dinamizador do software libreson as aplicacións de escritorio. Precisamente neste eido é onde a Iniciativa Galega polo SoftwareLibre traballou máis intensamente lanzando en colaboración coa comunidade de usuarios do soft-ware libre a versión en galego do paquete ofimático OpenOffice, o navegador Firefox ou o clientede correo Thunderbird, entre outros.

Os implantadores do software libre son os propios concellos. O propio concello é quen se mani-festa como principal impulsor do software libre. Así, un 51% de municipios sinala que son elesmesmos os que levan a cabo a implantación do software libre, seguido dun 29% que conta coaaxuda de empresas externas e un 26% que recibiu apoio doutras entidades. Este resultado non

APLICACIÓNS DE S. LIBRE EXISTENTES NOS ORDENADORES DE USUARIO DOS CONCELLOS

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 13: aplicacións de s. libre existentes nos ordenadores de usuario

NIVEL DE SATISFACCIÓN POLO USO DO SOFTWARE LIBRE MANTENSE CONSTANTE

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 12: satisfacción do uso do software libre nos concellos. 2006-2007

17

O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007

sorprende, xa que os provedores, como se comentará máis adiante, non están facendo unha ac-tividade comercial moi intensa neste eido. Por outra banda, resulta lóxico que os concellos sexanos promotores deste tipo de software, dadas as súas limitacións tanto en persoal dedicado ás tec-noloxías da información como en recursos para poñelas en marcha.

Hai unha percepción moi positiva sobre a tendencia futura do software libre. Na presente edicióndo estudo mantense a percepción de que o software libre evolucionará positivamente dentro doconcello, xa que un 69% pensa que a medio prazo aumentará esta tecnoloxía dentro dos orde-nadores de usuario. Ademais, obsérvase un aumento dos concellos que comparten este punto devista, posto que en 2006 era o 61%. Tamén é importante comentar que ningún concello dos ana-lizados manifesta que haberá un retroceso do software libre dentro deste ámbito.

PRINCIPAIS CONCLUSIÓNS DO APARTADO

· A satisfacción mostrada polos usuarios de software libre é superior á amosada polo softwarepropietario, aínda que globalmente as diferenzas entre as cualificacións dun e doutro non sonmoi distantes e ambas obteñen valores notables.

PREVISIÓN DA EVOLUCIÓN DO USO DO S. LIBRE NOS ORDENADORES DOS CONCELLOS. 2006-2007

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 15: previsión da evolución do uso de s. libre nos ordenadores. 2006-2007

IMPLANTADORES DO SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 14: implantadores do software libre nos concellos

18

· As aplicacións máis frecuentes nos ordenadores de usuario dos concellos son as de escritorio,é dicir, navegador de internet, paquete ofimático e cliente de correo electrónico.

· O propio concello é quen adoita implantar o software libre. Este feito coincide coa tipoloxíade software máis presente, pois é facilmente instalable polo propio concello ou mesmo polosusuarios finais.

· Aumenta a percepción de que o software libre gañará posicións dentro dos ordenadores deusuarios a medio prazo e ademais ningún concello manifesta que esta tecnoloxía retrocederáneste campo de aplicación.

PRINCIPAIS RECOMENDACIÓNS DO APARTADO

· Crear paquetes de software que resolvan as necesidades comúns dos concellos máis pequenosbaseándose na experiencia dos concellos usuarios.

· Realizar unha recompilación de casos exitosos de implantacións do software libre nos concellosgalegos, de xeito que poidan servir como orientación ou estímulo para os municipios nonusuarios de software libre.

· Promover a creación dunha comunidade que sirva de punto de encontro para os usuarios desoftware libre da Administración local, onde se poidan compartir experiencias de uso e recursosde software, así como deseñar propostas de desenvolvemento de software que favorezan aseconomías de escala e a colaboración entre concellos.

2.3. Concellos que non usan o software libre

Neste apartado convén subliñar que o grupo de concellos non usuario de software libre está for-mado unicamente polos que teñen menos de 50.000 habitantes, posto que todos os concellos cuntamaño maior están a empregalo na actualidade. Ademais, tamén debe comentarse que estegrupo de municipios coincide exactamente coa poboación, xa que os sete concellos que cumprenesta característica (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo) foron conside-rados para a realización do estudo. Polo tanto, dentro desta sección, cando se dean datos seg-mentados por tamaño de concello, teremos soamente dous grupos, os de 5.000 a 20.000habitantes e os de 20.000 a 50.000.

Unha parte importante dos concellos que aínda non usa software libre prevé facelo nos próximosanos. Entre os concellos que non usan o software libre a previsión de uso é máis favorable quenos resultados obtidos no estudo realizado no ano 2006. Antes dun ano pensa usar software libreo 4% dos concellos, o 13% nun prazo de entre un e dous anos e o 22% manifesta que precisa máistempo, máis de dous anos. Como se pode observar, a previsión de uso aumenta de forma moisignificativa a partir de dous anos e ademais diminúen os concellos que aínda non consideraroneste tipo de tecnoloxía, desde o 66% en 2006 ata o 55% na actualidade. É polo tanto posible quenovos concellos que aínda non usan o software libre se decidan a usalo. Así pois, parece apre-ciarse unha clara tendencia ao uso, tanto por parte dos “xa usuarios” do software libre como polosque aínda non o son.

19

O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007

Os ordenadores de usuario son o ámbito máis probable para a incorporación do software libre noconcello. En liña coa situación descrita anteriormente no caso dos concellos que están a usar naactualidade software libre, o ordenador persoal é o seu principal campo de aplicación. Así, un 37%dos municipios non usuarios de software libre pensa que implantaría esta tecnoloxía nestes equi-pos. No caso dos servidores, é un número menor de concellos os que aplicarían o software libreneles: o 24%. Estes datos resultan lóxicos, pois este tipo de software estase a empregar nos or-denadores de usuario e sobre todo nas aplicacións de uso máis común: as de escritorio. Polotanto, resulta normal que os concellos que decidan pasar a empregar software libre sigan un pa-trón de uso semellante aos que xa o están facendo na actualidade.

Só unha pequena parte dos concellos que non usa o software libre manifesta que se beneficiaríaco seu uso. Entre os concellos que non usan o software libre, tan só o 6% manifesta que cre quese beneficiaría co seu uso. Esta porcentaxe corresponde a un 4% dos concellos pequenos e a un20% dos medianos, mentres que os grandes xa son todos usuarios do software libre. Estes datosparecen reflectir un gran descoñecemento das vantaxes e beneficios que o software libre podeofrecerlle ao grupo dos concellos que aínda non é usuario.

ÁREAS PREVISTAS DE USO DO SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS QUE NON O USAN

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 17: áreas previstas de uso do s. libre nos concellos que non o usan.

PREVISIÓN DO USO DO S. LIBRE NOS CONCELLOS QUE NON O USAN. 2006-2007

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 16: previsión do uso do s. libre nos concellos que non o usan. 2006-2007

20

As principais razóns para non usar o software libre son a falta de formación e o descoñecementoou falta de información. No que respecta aos motivos que fan que os concellos non estean a em-pregar software libre, destacan dous de xeito significativo: a falta de formación (57%) e o desco-ñecemento ou falta de información (51%). Pese a este feito, apréciase que existe unha evoluciónque amosa certa madurez, xa que en dous anos baixaron de maneira importante os factores an-teriormente comentados (desde o 70 e o 73%, respectivamente), produciuse un incremento nosconcellos que atoparon incompatibilidades co software actual (pásase do 16% de municipios ao41%), e os que detectaron a falta de provedores ou o soporte necesario incrementáronse desdeo 19 ao 30%. Polo tanto, parece que entre os concellos que na actualidade non empregan softwarelibre existe un grupo importante que xa comezou a interesarse por el e atopou as dificultades ha-bituais á hora de adoptar unha nova tecnoloxía.

A conclusión que se pode deducir dos datos é que as campañas de promoción do software librea través da formación e da introdución de información no eido do software están a funcionar.

Como é lóxico, entre os concellos non usuarios de software libre a influencia dos provedores paraque subministren este tipo de software tamén é moi determinante e neste caso o sector infor-

MOTIVOS POLOS QUE OS CONCELLOS NON USAN SOFTWARE LIBRE. 2006-2007

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 19: motivos polos que os concellos non usan software libre. 2006-2007

CONCELLOS QUE NON USAN SOFTWARE LIBRE QUE CREN QUE SE BENEFICIARÍAN CO SEU USO

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 18: concellos que non usan software libre que cren que se beneficiarían co seu uso. 2006-2007

21

O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007

mático parece estar agardando a que se produza tanto unha demanda do mercado por parte dosclientes como unha intervención sobre os sistemas herdados existentes. Así pois, as compatibi-lidades entre os vellos e os novos sistemas son realmente difíciles, debido á interacción que sepide nestes e tendo en conta que moitos dos produtos propietarios herdados non cumpren osestándares e nalgúns casos nin se dispón de toda a información para facer a interacción.

PRINCIPAIS CONCLUSIÓNS DO APARTADO

· Unha parte importante dos concellos que aínda non usa software libre prevé facelo nos pró-ximos anos e ademais diminúe o número de municipios que aínda non considerou esta posi-bilidade.

· Os equipos destinados aos usuarios son o ámbito máis favorable para comezar a empregar osoftware libre no concello.

· Os motivos máis comúns para non empregar software libre son a falta de formación e o des-coñecemento ou falta de información. Pese a isto, apréciase que os concellos tentaron realizaralgunha aproximación ao software libre, pois aumenta o número de municipios que detectouincompatibilidades ou falta dos provedores axeitados.

· Só unha pequena parte dos concellos que non usa o software libre manifesta que se beneficiaríaco seu uso, feito que pode confirmar as necesidades informativas e formativas neste sector.

PRINCIPAIS RECOMENDACIÓNS DO APARTADO

· Crear grupos de traballo para a posta en común de posibles necesidades non cubertas polassolucións que actualmente están dispoñibles no mercado.

· Crear redes de soporte que axuden aos concellos de menor dimensión na adopción de solu-cións de software libre, tanto na fase inicial de determinación da aplicación máis axeitada .para a súas necesidades e posta en produción, como na formación aos usuarios e técnicos.

· Elaborar material divulgativo onde se recolla información xeral sobre o software libre, a equivalenciaentre as aplicacións de software propietario máis comúns e a respectiva alternativa libre, etc.

· Realizar xornadas de formación para técnicos dos concellos, nas que se presenten soluciónsde software libre específicas para estes e onde concellos xa usuarios do software libre poidanamosar a súa experiencia de uso, de xeito que xeren dinámicas de colaboración entre os dis-tintos municipios.

2.4. Formación e xestión

A formación en informática e software libre dirixida aos usuarios informáticos aumentou de ma-neira importante. En dous anos creceu o número de concellos que durante os últimos doce mesesofreceu formación aos usuarios con temática relacionada coa informática e software libre, con-cretamente, no caso da formación informática, o 71% dos municipios afirma ter organizado al-gunha actividade desta índole para os traballadores de perfil non informático. Este dato supón

22

unha notable mellora, pois na anterior vaga era o 58% de concellos o que se encontraba nestasituación. Particularizando para o caso do software libre, tamén atopamos un importante crece-mento, pois partindo dun 6% de municipios que no ano 2006 formaron neste tipo de aplicacións,alcánzase neste último estudo un 13%, o cal supón duplicar a presenza desta temática dentro dosplans de formación dos traballadores do concello. Malia este importante avance, o software librecontinúa tendo pouco peso en relación co total de formación en informática que o concello ofrecepara os empregados non técnicos.

A formación en software libre tamén medra entre os encargados das actividades informáticas. No casoda formación dirixida aos traballadores relacionados coa xestión das actividades informáticas, detéctasena presente vaga un retroceso na formación en informática, pois no ano 2006 un 60% dos concellos afir-maba achegarlles esta aos técnicos relacionados con este ámbito, mentres que na actualidade é o 43%dos municipios o que se atopa nesta situación. Este feito que inicialmente debería afectar a formacióninformática centrada no software libre non parece afectala, senón que se produciu un crecemento entermos absolutos do 3%, polo que o software libre está presente no 16% dos concellos. Aínda que é certoque este dato aínda é baixo, pode ter unha interpretación positiva, pois, a día de hoxe, a formación ensoftware libre ten moito máis peso sobre a formación informática que hai dous anos. Nesta situacióninflúen, por unha banda, o crecemento da temática relacionada co software libre e, por outra, a reducióndas actividades formativas no eido da informática.

FORMACIÓN NO ÚLTIMO ANO AOS ENCARGADOS DAS ACTIV. INFORMÁTICAS. 2006-2007

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 21: formación aos encargados das actividades informáticas. 2006-2007

FORMACIÓN NO ÚLTIMO ANO AOS USUARIOS. 2006-2007

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 20: formación en informática e s. libre no último ano para os usuarios

23

O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007

Facendo unha análise polo miúdo da distribución das actividades formativas en cada un dos tiposde concellos analizados, atopamos que nos municipios de tamaño medio e grande a formaciónen software libre comeza a ter un peso moi importante sobre o total de formación recibida, postoque, por exemplo, nos de máis de 50.000 habitantes observamos que o 57% formou en informáticae o 43% formou en software libre. Nos de tamaño medio dáse a mesma cifra para o caso da in-formática, e esta é lixeiramente menor para o software libre (36%). En ambos os dous grupos oresultado alcanzado é altamente satisfactorio, tendo en conta que o software libre comezou a in-troducirse nos programas formativos hai relativamente pouco tempo.

A situación detectada no presente estudo debería tomarse como unha posible oportunidade paraa introdución da formación sobre software libre dirixida aos técnicos encargados das actividadesinformáticas, xa que a miúdo a formación en software propietario está organizada polos propiosfabricantes ou distribuidores destes produtos, polo que se é certo que está a haber un freo nesta,a organización de actividades centradas nas necesidades dos departamentos de tecnoloxías dainformación podería xerar un crecemento no uso do software libre, tanto no propios departamentoe nos servizos soportados coma nos propios usuarios dentro do concello.

A xestión das tecnoloxías da información está moi condicionada pola dimensión do concello.Aínda que en termos xerais un 54% dos concellos conta cun titulado do ámbito informático a cargodas actividades informáticas, este dato non reflicte totalmente a realidade dos concellos galegos,pois atopámonos con dúas tipoloxías ben diferenciadas de concellos atendendo á xestión das TIC.Por unha banda, existen os municipios cunha poboación superior a 50.000 habitantes, que contanna súa totalidade cun xestor das actividades informáticas formado neste eido. Atópanse nestamesma situación case todos (o 93%) dos que teñen entre 20.000 e 50.000 habitantes. Por outrabanda, están os pequenos concellos, con máis de 5.000 pero menos de 20.000 veciños, nos quenon se reproduce esta situación e dos que tan só o 45% dispón de especialistas a cargo das ac-tividades informáticas.

Mellora o nivel de coñecemento do software libre entre os encargados e os usuarios informáticos.Desde a anterior vaga do estudo aumentou o coñecemento que os usuarios e responsables in-formáticos teñen do software libre e, así, no caso dos encargados das actividades informáticas,

FORMACIÓN NO ÚLTIMO ANO AOS ENCARGADOS DAS ACTIVIDADES INFORMÁTICAS

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 22: formación no último ano aos encargados das actividades informáticas

24

alcanza unha valoración de 5,7 puntos sobre unha escala de 0 a 10, onde 0 é nulo e 10 moi alto.Aínda que este valor non resulta excesivamente elevado, é importante lembrar que en 2006 serexistraba un nivel baixo, concretamente un 4,7 sobre 10. Outro dato de interese é que se reducea fenda entre o coñecemento do software propietario e o libre, pois no anterior estudo era de 3puntos, mentres que no ano 2007 é inferior a 2 (1,85 exactamente).

A situación do software libre entre os usuarios informáticos é menos favorable, pois aínda que écerto que se rexistran avances no coñecemento desta tecnoloxía dentro deste colectivo (pásasedun nivel do 1,7 a 3,3 sobre unha escala de 10 puntos), segue a ser moi baixo e aínda perdurauna fonda fenda entre este e o nivel alcanzado polo software propietario, de 3,6 puntos.

O desenvolvemento de software mantense como unha actividade secundaria, mais, pese a isto,o software libre gaña protagonismo fronte ao propietario. A porcentaxe de concellos que desen-volve software internamente mantense en valores moi semellantes aos rexistrados na anteriorvaga e é na actualidade o 25% o que realiza esta actividade. Respecto ao impacto do softwarelibre, a situación parece mellorar, pois temos un crecemento do 2%, de xeito que alcanza o 8%

COÑECEMENTO DE SOFTWARE LIBRE DOS ENCARGADOS INFOR. E USUARIOS. 2006-2007

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 24: coñecementos de software libre dos encargados e usuarios. 2006-2007

CONCELLOS CON ENCARGADOS CON TITULACIÓN RELACIONADA COA INFORMÁTICA

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 23: concellos con encargados con titulación relacionada coa informática

25

O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007

de municipios. Se temos en conta o feito de que só se desenvolven aplicacións informáticas nacuarta parte dos concellos, o software libre está entón presente nun de cada tres. Por outrabanda, apréciase un descenso na utilización de tecnoloxías propietarias nos desenvolvementosinformáticos, xa que baixa a porcentaxe de uso desde o 25 ao 20%.

PRINCIPAIS CONCLUSIÓNS DO APARTADO

· Nos dous últimos anos aumentou de maneira importante a formación informática dirixida aosusuarios e dentro desta a formación en software libre experimentou avances moi significativos,pois duplicou a súa presenza nos concellos.

· Os encargados das actividades informáticas dos concellos recibiron máis formación en softwarelibre, pero baixa a porcentaxe de municipios que os formou no último ano no eido da informática.

· O modelo de xestión das TIC é moi distinto entre os concellos pequenos e os de tamaño medioou grande, pois dentro do primeiro grupo menos da metade conta con titulados técnicos á frontedas actividades informáticas, mentres que no segundo o habitual é contar con este perfil.

· Aínda que persiste a fenda con respecto aos coñecementos sobre software propietario, detéc-tase unha mellora no coñecemento dos usuarios e os encargados das actividades informáticassobre o software libre.

· Son poucos os concellos que están a desenvolver internamente software. Con respecto á tec-noloxía elixida, o software libre medra, mentres que o propietario rexistra retrocesos.

PRINCIPAIS RECOMENDACIÓNS DO APARTADO

· Organizar actividades formativas en software libre dirixidas aos responsables das actividadesinformáticas, pois probablemente resulte complexo encontrar esta formación no mercado. Istopodería ter un efecto dinamizador do software libre, tanto no departamento de sistemas doconcello como no usuario final.

CONCELLOS QUE DESENVOLVEN SOFTWARE. 2006-2007

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 25: concellos que desenvolven software. 2006-2007

26

· Crear unidades de apoio e soporte técnico en software libre para os concellos de menos de20.000 habitantes. Deste xeito impulsarase o software libre nos concellos que polas súas ca-racterísticas non poidan contar con persoal especializado.

· Impartir cursos para os usuarios informáticos dos concellos, principalmente centrados na ofi-mática e nas aplicacións de xestión, mostrando desde un punto de vista totalmente prácticocomo resolver os problemas máis comúns (expedientes administrativos, concursos públicos,etc.) e empregando para iso ferramentas libres.

· Avaliar as necesidades que os concellos máis pequenos teñen no eido das aplicacións infor-máticas de xestión e e-administración e tentar satisfacelas desde a Administración con des-envolvementos en software libre que dean resposta ao conxunto de concellos.

2.5. Visión xeral dos concellos

A valoración que os concellos fan dos provedores de software libre é moi semellante tanto no casoso software libre como no caso do software propietario. Os provedores de software libre recibenunha valoración elevada, 6,7 puntos nunha escala de 0 a 10, practicamente igual á recibida polosfornecedores de software propietario. Este feito parece confirmar que o software libre está a ofre-cer un nivel de resultados satisfactorio e que existen provedores cos coñecementos necesariospara a súa implantación nos concellos.

As accións comerciais sobre software libre comezan a ser frecuentes entre os concellos con máisde 20.000 habitantes. O ámbito que parece ser obxectivo de accións comerciais enfocadas aosoftware libre é a Administración local, xa que o 35% dos concellos foi informado sobre produtosou servizos de software libre. Así mesmo, comparando cos datos da anterior vaga, apréciase unaumento moi importante da actividade comercial, xa que en termos xerais se triplicou, pois en2006 tan só un 11% dos concellos se atopaba nesta situación. Tamén é moi destacable o feito deque a totalidade dos concellos de maior tamaño, é dicir, os que teñen máis de 50.000 habitantes,recibiu accións comerciais en software libre.

Parece, pois, que as empresas provedoras de software libre detectaron un posible nicho de mer-cado na Administración local e iniciaron durante os dous últimos anos de forma xeneralizada

VALORACIÓN GLOBAL QUE OS CONCELLOS DAN AOS PROVEDORES DE SOFTWARE

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 26: valoración global que os concellos dan aos provedores de software

27

O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007

campañas co fin de ofrecer os seus servizos aos municipios, sobre todo aos que teñen unha en-vergadura que os obriga a ter unhas necesidades máis elevadas no campo tecnolóxico.

Un dos feitos que quizais animou as empresas informáticas a interesarse por este ámbito é a apa-rición de iniciativas, como a promovida pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta deGalicia, destinada a facilitar o acceso á sociedade da información dos concellos menores de 6.000habitantes e de entre 6.000 e 35.000 habitantes. Subvenciónanse os custos de deseño e realizacióndunha páxina web, así como os gastos de mantemento e hospedaxe durante un ano. Entre os cri-terios esixidos figuraban os seguintes: o galego sería a lingua vehicular ou a primeira opción nocaso de existir máis, a páxina debería cumprir as normas de accesibilidade W3C-WAI-AA ,e por úl-timo, o mantemento do portal debería facerse a través dunha aplicación xestora de contidos(CMS) de código aberto, ou no caso de concellos de maior tamaño que preferisen un desenvol-vemento a medida, este debería facerse sobre a base do software libre.

Os concellos consideran maioritariamente que o mercado do software libre crecerá. Do mesmoxeito que na pasada edición deste estudo, mantense unha percepción moi positiva sobre o posible

ESTIMACIÓN DA EVOLUCIÓN DO S. LIBRE NO MERCADO. 2006-2007

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 28: estimación da evolución do software libre no mercado. 2006-2007

ACCIÓNS COMERCIAIS EN SOFTWARE LIBRE RECIBIDAS POLOS CONCELLOS. 2006-2007

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 27: accións comerciais en software libre recibidas polos concellos. 2006-2007

28

desenvolvemento futuro do mercado do software libre e, así, unha maioría de concellos (77%) con-sidera que este evolucionará favorablemente.

A pesar de que o dato é moi alentador, preséntase un pequeno grupo de municipios (3%) queparece mostrar certo rexeitamento ou desconfianza, xa que afirma que o software libre sufrirá unretroceso no futuro. Aínda que se trata dunha porcentaxe baixa, é recomendable seguir a súa evo-lución en estudos futuros.

Os concellos estiman que hai unha porcentaxe elevada de incumprimento na regularizacióndas licenzas de software propietario. A percepción que os concellos teñen sobre o cumpri-mento da legalidade no respectivo ás licenzas de software propietario mantense pasados dousanos, é dicir, existe a día de hoxe a visión de que a maior parte dos concellos (o 65%) usa,en menor ou maior grao, aplicacións de software propietario de modo ilícito, ben sexa por ca-recer da licenza necesaria ou por non contar co número axeitado para o total de ordenadoresnos que se emprega.

PRINCIPAIS CONCLUSIÓNS DO APARTADO

· A valoración feita polos concellos dos provedores de software é notable, tanto no caso do soft-ware libre como no caso do propietario.

· Detéctase un aumento na realización de accións comerciais por parte das empresas informá-ticas que ofrecen produtos ou servizos baseados no software libre. Esta mellora é máis notablenos concellos de tamaño medio ou grande.

· A percepción sobre o futuro do mercado do software libre é moi positiva e aumentaron en dousanos os concellos que consideran que este crecerá,

· A visión que os concellos teñen sobre o uso das licenzas de software propietario segue amo-sando un elevado nivel de incumprimento da legalidade.

ESTIMACIÓN DOS CONCELLOS SEN LICENZAS REGULARIZADAS. 2006-2007

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 29: estimación dos concellos sen licenzas regularizadas. 2006-2007

29

O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007

PRINCIPAIS RECOMENDACIÓNS DO APARTADO

· Fomentar as iniciativas de apoio ás implantacións ou desenvolvementos a medida baseados nosoftware libre para estimular a difusión deste nos concellos e xerar unha demanda que leve asempresas TIC a comprender as potencialidades e beneficios que esta tecnoloxía pode achegar.

· Concienciar sobre a importancia do cumprimento dos termos establecidos nas licenzas desoftware privativo e amosar como, cun menor custo e igual nivel de resultados, o software librepode axudar aos concellos a resolver as súas demandas en tecnoloxías da información e dacomunicación.

2.6. Concellos como provedores de servizos públicos

Neste apartado móstranse os aspectos relacionados co papel dos concellos como provedores de ser-vizos ao cidadán e como axentes dinamizadores da sociedade da información no seu contorno.

Agás os concellos máis pequenos, todos os municipios teñen páxina web. O 93% dos concellosgalegos dispón na actualidade de páxina web. O feito de que este servizo non estea xeneralizadoen todos débese a que unha parte dos concellos de menor dimensión aínda non conta con ela(8%). No resto de grupos, é xa algo moi común e o 100% dos municipios xa ten presenza na rede.

Nos dous últimos anos aumentou o número de concellos que permite descargar documentosdesde a súa páxina web. Na actualidade, o 76% dos concellos galegos permite descargar docu-mentación desde os seus sitios web. Esta cifra elévase ata o 93% nos de tamaño medio e alcanzao 100% nas cidades. Nos dous últimos anos rexistráronse avances en todos os segmentos, menosnos municipios máis poboados, nos que xa na anterior edición se ofrecía este servizo de formaxeneralizada.

Os estándares abertos son os máis empregados para os documentos que se descargan dos sitiosweb municipais. Os concellos optan maioritariamente polo emprego de estándares abertos (71%)nos documentos que se colgan nas súas webs. Pola contra, os estándares pechados utilízanse nun

CONCELLOS CON PÁXINO WEB. 2006-2007

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 30: concellos con páxina web. 2006-2007

30

29% dos casos. O feito de que os estándares abertos sexan os máis frecuentemente ofrecidos ga-rante que o usuario poida optar libremente polo software que considere máis adecuado e ademaisnon supón un freo para o desenvolvemento do software libre.

Á vista dos datos obtidos no estudo, parece desvelarse que, canto maior é o municipio, máis au-menta o uso de estándares abertos na documentación posta a disposición do cidadán no sitio webdo concello. Así pois, por exemplo nos de maior dimensión, os estándares abertos chegan ao 88%.

A práctica totalidade de concellos galegos ofrece acceso público a internet para os cidadáns.Todos os concellos con máis de 20.000 habitantes contan na actualidade con puntos de accesopúblico á rede situados en espazos públicos, como poden ser bibliotecas municipais, o propioconsistorio, etc. No caso dos de menor tamaño, tamén se lle ofrece ao cidadán esta posibili-dade nun número moi alto de localidades, un 93%. Polo tanto, asegúrase o acceso a internetpara a maior parte da poboación dos concellos, independentemente da dimensión do muni-cipio.

DISTRIBUCIÓN DOS ESTÁNDARES DE DESCARGA NAS WEBS DOS CONCELLOS

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 32: distribución dos estándares de descarga nas webs dos concellos

CONCELLOS CON PÁXINA WEB QUE PERMITAN DESCARGA DE DOCUMENTOS 2006-2007

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 31: concellos con web que permiten descargar documentos. 2006-2007

31

O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007

O software propietario predomina nos equipos destinados a dar acceso público a internet nos con-cellos. O software propietario ten un maior peso nos computadores postos a disposición dos ci-dadáns para o acceso á rede, cunha porcentaxe dun 66% fronte a un 34% no caso do softwarelibre. Esta situación é semellante á que presentan os propios equipos da Administración local des-tinados a uso interno. Non se indagou sobre o tipo de aplicacións ou sistemas de software libreque están dispoñibles nos equipos para uso público, pero todo fai pensar que se tratará de com-putadores con sistema operativo propietario e que o software libre se centrará principalmente nasaplicacións de ofimática e navegación web.

Case a metade dos concellos participou nalgunha actividade relacionada coa promoción das TICe internet. O 45% dos concellos participou nalgunha actividade de promoción das tecnoloxías dainformación e das comunicacións e internet para os administrados: publicidade, formación, even-tos, distribución de software e apoio a provedores TIC. Apréciase que entre os municipios de ta-maño medio, os que contan cunha poboación entre 20.000 e 50.000 habitantes, houbo unhaactividade máis intensa que no resto, xa que o 57% se viu involucrado nalgunha actividade destaíndole.

DISTRIBUCIÓN DO S. LIBRE E PROPIETARIO NOS ORDENADORES DE ACCESO A INTERNET

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 34. distribución do software nos ordenadores de acceso público a internet

CONCELLOS QUE OFRECEN AOS CIDADÁNS ACCESO PÚBLICO A INTERNTE

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 33: concellos que ofrecen aos cidadáns acceso público a internet

32

As actividades de promoción das TIC céntranse no eido do software propietario, máis que no soft-ware libre. No que respecta á distribución das actividades de promoción das TIC entre softwarelibre e propietario, a segunda tecnoloxía ten máis presenza (76%) e o software libre queda rele-gado a un segundo posto (24%). Sen dúbida ningunha esta situación debe observarse no futuroe apoiar os concellos que opten pola promoción dos produtos libres, posto que así se lles facilitaráaos cidadáns o acceso á sociedade da información.

PRINCIPAIS CONCLUSIÓNS DO APARTADO

· A maior parte dos concellos galegos dispón de páxina web e é ademais moi frecuente que sepoña a disposición dos cidadáns documentación para a súa descarga.

· Os concellos optan maioritariamente por empregar estándares abertos na documentación di-rixida aos cidadáns no portal web do municipio.

DISTRIBUCIÓN DAS ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DAS TIC DENTRO DOS CONCELLOS

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 36: distribución das actividades de promoción das TIC

PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DAS TIC DENTRO DOS CONCELLOS

Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Figura 35: participación en actividades de promoción das TIC

33

O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007

· O acceso público a internet está practicamente garantido nos concellos galegos, pero nos equi-pos destinados a este uso ten pouca presenza o software libre.

· A metade dos concellos galegos participou nalgunha actividade de promoción das tecnoloxíasda información e da comunicación, aínda que estas se centran máis en aspectos relacionadosco software propietario que no libre.

PRINCIPAIS RECOMENDACIÓNS DO APARTADO

· Fomentar a instalación de software libre nos equipos dirixidos a ofrecer acceso público a in-ternet. Deste xeito darase a coñecer esta tecnoloxía e impulsará a moitos usuarios a empregalaa título persoal.

· Informar sobre a importancia dos estándares abertos e as vantaxes que proporcionan tanto áAdministración como aos cidadáns.

· Organizar actividades de promoción das TIC e formación aos cidadáns neste eido, prestandoespecial atención ás aplicacións e sistemas de software libre máis comúns (GNU/Linux, Ope-nOffice.org, Firefox, etc.).

3. Principais conclusións

O software libre está presente na metade dos concellos galegos. O software libre emprégase nunnúmero razoablemente elevado de concellos (o 49%), pois non debemos esquecer que se tratadun fenómeno relativamente recente no mercado do software. Ademais, o uso do software libreaumentou de maneira importante, posto que hai dous anos estaba a usalo o 32% dos municipios.

O uso do software libre está xeneralizado nos concellos de maior tamaño. Nos municipios con máisde 50.000 habitantes, o software libre pasou de ter unha presenza do 67% a empregarse no 100%.Este feito ten moita importancia, pois a miúdo os municipios de maior dimensión son o modeloque seguen os de tamaño máis reducido.

O ámbito de aplicación do software libre son os ordenadores de usuario. O software libre empré-gase fundamentalmente no eido dos equipos de usuario máis que nos servidores ou equiposcentrais. Dentro deste grupo destaca nas aplicacións informáticas, pois son poucos os concellosque adoptan sistemas operativos libres.

Aumenta a presenza de aplicacións informáticas en galego. O idioma galego está presente no 65%dos concellos, de xeito que medra oito puntos desde o 57% rexistrado na anterior vaga. Tamén sedetecta un crecemento da presenza de aplicacións en lingua inglesa, polo que é probable que existannovas demandas de tradución, que poden ser aproveitadas para difundir aínda máis o galego.

Os concellos usuarios de software libre están satisfeitos e móstranse optimistas sobre a evolucióndeste nos ordenadores de usuario. O software libre acada un nivel de satisfacción entre o usuarios

34

notable (7,2 puntos sobre 10) e ademais detéctase unha percepción moi positiva sobre a tendenciaque rexistrará no futuro o software libre nos ordenadores de usuario de concello. A combinacióndestes dous factores sen dúbida facilitará que en próximas observacións se poidan ver datos deuso aínda máis altos.

O principal implantador de software libre é o propio concello. O persoal do concello é quen estáa implantar o software libre na maior parte dos casos (51%). Este feito probablemente garde re-lación co tipo de equipos onde se emprega, os de usuario, e coas aplicacións máis frecuentes:as de ofimática, navegación web e correo electrónico.

Un grupo significativo de municipios non usuarios de software libre prevé incorporaralo nos pró-ximos anos. Case a cuarta parte (o 39%) dos concellos que non emprega na actualidade softwarelibre ten pensado implantalo nun prazo que vai desde menos dun ano (4%) ata máis de dous anos(22%). Respecto ao campo máis probable para a súa introdución, é no ordenador de usuario(37%) onde parece que se introducirá primeiro.

Os principais motivos para non usar software libre son semellantes aos da anterior vaga. A faltade formación (57%) e o descoñecemento ou falta de información (51%) mantéñense como ascausas fundamentais para non empregar o software libre, pero comezan a ser significativos outrosmotivos, como a incompatibilidade co software actual (41%) ou a falta de provedores ou soporte(30%), que revelan intentos de adopción e necesidades derivadas de plans de implantación desoftware libre.

Aumentan os concellos que forman os seus empregados e responsables informáticos en materiasrelacionadas co software libre. No caso dos usuarios informáticos, rexístrase un avance impor-tante, dado que en tan só dous anos se duplica a porcentaxe de concellos que achegou formaciónen software libre, pois pásase dun 6 a un 13%. Dentro dos encargados das actividades informáticastamén se observan melloras, aínda que máis contidas, pois medra a porcentaxe de formación ensoftware libre desde o 13%ao 16%. Este dato debe enmarcarse no contexto dunha redución noglobal da formación informática, dado que baixou desde o 60 ao 43%.

Os provedores informáticos intensifican a acción comercial en software libre. En dous anos tripli-couse a porcentaxe de concellos que recibiu algún tipo de acción comercial relacionada con soft-ware libre (visita comercial, material publicitario, etc.), que alcanza xa o 35% de municipios. Nestefeito poden ter influído as accións de promoción do software libre e da sociedade da informaciónpromovidas desde a Administración, tales como o apoio para a creación de portais web mediantetecnoloxía libre e accesible.

A visión de futuro sobre a evolución no mercado do software libre é moi positiva. Un 77% dosconcellos afirma que nos próximos anos se producirá un aumento do mercado do software libre.Pola contra, só un 3% considera que se producirá unha contracción neste.

A práctica totalidade de concellos ten presenza na internet e opta por empregar estándares aber-tos na documentación dispoñible no seu portal web. O 93% dos concellos ten habilitado un sitioweb corporativo. Esta cifra elévase ata o 100% nos municipios que superan os 20.000 habitantes.Á hora de escoller os formatos para a documentación ofrecida no seu sitio web, unha maioría optapolos estándares abertos (o 71%), de xeito que lles permite aos usuarios escoller que software

35

O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007

queren empregar para manipulalos e non os forzan a empregar un programa propietario concusto de licenza.

Os concellos achegan internet ao cidadán e participan en actividades de difusión das TIC, peroo software libre ten pouca presenza en ambas as iniciativas. O 94% dos concellos galegos pona disposición do cidadán puntos de acceso a internet, pero nestes o software libre non ocupaun lugar destacado, xa que representa o 34% fronte ao 66% do software propietario. Os mu-nicipios tamén actúan como axentes dinamizadores da sociedade da información, organizandoactividades de promoción das TIC, pero novamente estas céntranse máis no software propie-tario que no libre.

4. Principais recomendacións

Detectar as necesidades informáticas dos concellos non usuarios de software libre. Realizar unhaanálise das necesidades no eido dos sistemas informáticos que os concellos, especialmente osde menor dimensión, teñen na actualidade, intentando ofrecer asesoramento e solucións base-adas en software libre para resolver estas carencias.

Promover a creación dunha comunidade de concellos usuarios de software libre. Establecer omarco colaborativo necesario para a posta en marcha dunha comunidade de concellos que em-prega na actualidade software libre e que sirva como punto de encontro para compartir experien-cias, recursos e deseño de novos proxectos en común, de xeito que xere economías de escalaentre concellos e una esforzos.

Crear unidades de apoio e soporte técnico en software libre. Posto que moitos concellos polas súascaracterísticas non contan co persoal preciso ou cos coñecementos necesarios para poder abordarproxectos de implantación de software libre, faise necesaria a posta en marcha dunha rede deapoio, tanto para os aspectos máis técnicos do proceso, como para os relativos á formación nouso destas ferramentas.

Deseñar actividades formativas en software libre para os traballadores dos concellos. Xa quea formación segue a ser unha das principais demandas dos concellos, faise imprescindibleafondar neste campo e introducir nos plans de formación unha maior variedade de actividadesrelacionadas co software libre. Débense diferenciar, por unha banda, as iniciativas dirixidas aosusuarios informáticos, que deberían estar enfocadas a resolver as súas tarefas cotiás medianteo emprego de ferramentas libres, e, por outra, unha formación tecnicamente máis complexapara os encargados das actividades informáticas, centrada na prestación de servizos baseadosno software libre.

Apoiar as iniciativas de implantación do software libre ou desenvolvementos baseados neste.Achegar axuda aos concellos que opten por trasladar algún dos seus servizos a software libre ouque precisen de desenvolvementos a medida baseados en software libre para satisfacer as súasnecesidades no campo dos sistemas de información. Deste xeito pódese xerar unha demanda queleve as empresas TIC galegas a valorar os beneficios que o software libre pode ofrecer e a apostardecididamente por este.

36

Realizar campañas divulgativas centradas no software libre. Achegarlles aos concellos informaciónxeral sobre o software libre: as súas vantaxes, recompilacións de aplicacións, alternativas libresao software propietario habitualmente empregado no concello, casos de éxito noutros municipiosdo seu contorno, todo isto con fin de estimular os concellos non usuarios na adopción desta tec-noloxía.

Aproveitar a baixa presenza de servidores centrais nos concellos pequenos como vía de entradado software libre. Na actualidade, os servidores non están a ter todo o protagonismo que deberannos concellos que teñen menos de 20.000 habitantes, o que pode ser unha porta de entrada parao software libre. Deste xeito, as administracións públicas con máis recursos (autonómica, centrale incluso as deputacións) poden axudar a estes pequenos municipios e así contribuír á moder-nización do concello, á mellora dos indicadores da e-Administración e a dar a coñecer as alter-nativas ao software propietario.

Levar a cabo unha campaña de concienciación sobre a importancia do cumprimento das licenzasde software e o uso dos estándares abertos nos concellos. Desde os concellos tense a percepciónde que existe un elevado incumprimento dentro da Administración local dos termos establecidona licenzas de software propietario, polo que resulta necesario dar a coñecer as consecuenciasxurídicas desta situación e informar de como o software libre pode axudar a corrixir esta anomalía.Ademais, debe informarse sobre a importancia de empregar estándares abertos na documentaciónelectrónica que o concello produce, xa que, deste xeito, o cidadán non se ve forzado a mercarunha aplicación concreta para poder interactuar coa Administración e ademais non se fomenta ouso inapropiado das licenzas de software.

Seguir traballando na localización de software libre ao galego. Dado o incremento de aplicaciónsen inglés, que probablemente sexan software libre, analizar posibles novos proxectos de traducióndeste software ao galego, ben poñendo a disposición dos usuarios ferramentas colaborativas delocalización ou ben deseñando novos proxectos de tradución executados por empresas TIC.

Apoiar as actuacións dirixidas ao fomento do uso das TIC que teñan como base o software libre.Fomentar as actividades centradas na promoción das tecnoloxías da información que fagan fincapéno emprego do software libre: instalación de puntos de acceso público a internet dotados destesoftware, organización de cursos de formación sobre aplicacións ou sistemas operativos libres,xornadas divulgativas, etc.

5. Metodoloxía

Antes de comentar os aspectos metodolóxicos deste estudo, convén sinalar algúns elementosimportantes que condicionaron a súa orientación.

O estudo actual enmárcase nun proxecto máis amplo do CESGA e a Consellería de Innovación quexa desenvolveu un primeiro estudo a finais do ano 2005 e principios de 2006 e que tamén inclúeactuacións directas destinadas aos catro ámbitos de estudo:

· Pequenos e medianos concellos de todos os sectores empresariais

37

O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007

· Empresas informáticas

· Administración local

· Centros de ensino.

Así pois, o estudo actual ten un corpo común, tanto para estes catro ámbitos como respecto aoestudo anterior, a fin de extraer conclusións adicionais que puidesen xurdir da comparacióndestas catro realidades e momentos temporais.

5.1. Definición do universo de estudo

O universo que forma a base total das entidades estudadas componse dos concellos de Galiza queteñen máis de 5.000 habitantes.

Como base de datos de referencia para determinar o universo do estudo tomáronse as cifras depoboación do padrón do Instituto Nacional de Estadística dispoñible na súa páxina web.

5.2. Definición da mostra de estudo

A mostra formouse con 103 concellos. Para realizar as entrevistas telefónicas, elixiuse unha mostrade 103 entidades. Os datos de contacto foron obtidos do Directorio da Xunta de Galicia.

A distribución da mostra realizouse por segmentos atendendo a dous criterios: polo tamaño doconcello e pola provincia.

Para establecer o tamaño do concello recorreuse á variable do número de habitantes. Establecé-ronse os seguintes grupos: de 5.000 a 10.000 habitantes, de 10.000 a 20.000, de 20.000 a 50.000e de máis de 50.000.

Para a distribución da mostra, e para un nivel de confianza do 95,5% e p=q, o erro obtido é do3,8% para o conxunto.

Para obter os resultados globais aplícanse coeficientes de ponderación dos segmentos de tamañodo concello segundo os grupos: de 5.000 a 20.000 habitantes, de 20.000 a 50.000 e de máis de50.000.

O traballo de campo realizouse do 8 ao 31 de outubro de 2007.

38

Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre de Galiza

Praza de Europa, nº 10A, 6ºB · 15707 Santiago de Compostela (Galiza / Spain)T +34 981 957 867 · F +34 881 999 113 · [email protected]

http://www.mancomun.org

CRS_OBSERVAR_ENTIDADESGZ_ED2007_2008052801