O tigre branco

6
O TIGRE BRANCO EN PERIGO EXTINCIÓN Laura García García 5º B

Transcript of O tigre branco

Page 1: O tigre branco

O TIGRE BRANCO

EN PERIGO EXTINCIÓN

Laura García García 5º B

Page 2: O tigre branco

A XENÉTICA• Os tigres brancos son especímenes individuais do tigre ordinario (Panthera tigris)

cunha condición xenética que case elimina o pigmento na pel normalmente laranxa, aínda que as raias negras non ven afectadas. Isto ocorre cando un tigre herda dúas copias do xene recesivo para a coloración pálida: nariz rosa, ollos cor azul xeo, e pel de cor branca crema con raias negras, grises ou de cor chocolate (Existe outra condición xenética que tamén produce raias pálidas; os tigres deste tipo son chamados «brancaneves»).

• A única excepción sería se o proxenitor laranxa fose tamén un tigre heterocigoto con xene recesivo para coloración pálida, o que lle daría un 50% de posibilidades de ser dobremente recesivo para branco ou heterocigoto para laranxa.

• Comparado cos tigres laranxa sen o xene branco, os tigres brancos tenden a ser máis grandes tanto no nacemento como no seu máximo tamaño de adulto. Isto pode darlles unha vantaxe a pesar da súa coloración inusual. Os tigres laranxas heterocigotos tenden tamén a ser máis grandes que outros tigres. En 1960, Kailash Sankhala (director do zoolóxico de Nova Deli) suxeriu que «unha das funcións do xene branco pode ser manter o xene de tamaño na poboación, no caso de que se necesitase».

Page 3: O tigre branco

A REPRODUCIÓN

• Os tigres brancos non constitúen unha subespecie separada e son tan fértiles como os tigres laranxas, aínda que todas as crías resultantes serán heterocigotos polo xene recesivo, e a súa pel será laranxa.

Como todos os tigres, son animais solitarios e xeralmente non viven en grupos, fóra das femias, que viaxan coas súas crías en grupos de tres ou catro. Os machos coidan un territorio onde viven varias femias coas que aparean. Os machos e as femias só se reúnen durante a época de reprodución, aínda que se mencionaron casos de machos que alimentan ás súas crías cando a nai faleceu. A maioría das crías nacen entre febreiro e maio, e tras unha xestación de entre 98 e 108 días, dan a luz unha camada de 1 a 6 cachorros (normalmente de 2 a 4) de 1.1 kg de peso. A esperanza de vida para os tigres brancos machos é de entre 10 e 12 anos, mentres que para as femias é un pouco máis longa; con todo, os exemplares en catividade poden chegar a vivir ata 26 anos. Os expertos descubriron recentemente que aproximadamente o 25% dos tigres machos do parque nacional de Kanha morren en loitas con outros tigres.

Page 4: O tigre branco

A SUA ALIMENTACIÓN

• A alimentación do tigre branco consiste de mamíferos grandes; como cervos, porcos salvaxes , vacas e outros. En tempo de escaseza come todo animal que atope; desde lagartijas, ras e insectos ata monos e elefantes novos e algunhas serpes. Rexístraselle de tamén comer aves, peixes, e outros félidos, cánidos e ata osos.

É considerado como un animal sumamente agresivo por natureza.

• A alimentación do tigre branco consiste em mamíferos grandes; como cervos, porcos salvaxes , vacas e outros. En tempo de escaseza come todo animal que atope; desde lagartixas, ras e insectos ata monos e elefantes novos e algunhas serpes. Rexístraselle tamén comendo aves, peixes, e outros félidos, cánidos e ata osos.

Page 5: O tigre branco

¿ Por que están en perigo de extinción?

O tigre branco é unha especie en serio risco de extinción, dos que se calcula quedan 210 exemplares en todo o mundo e a maioría deles en cativerio.

Está en perigo de extinción, xa que a súa pel é moi cobizada debido á crenza de que posúe poderes reais .

O tigre branco é un dos mais estraños na súa especie e esta desaparecendo. Este exótico animal é unha das especies mais rechamantes dos felinos;só existen aproximadamente entre 10 e 8 especies, as cales se atopan en zonas protexidas para que estes sigan reproduciendose e asi protexelos da caza. O tigre branco é un dos animais mais belos do mundo pero tamén un dos máis perigosos e agresivos.

Page 6: O tigre branco